Especial Día do Libro

Page 1

Curso 2008/9

Boletín de biblioteca

número 21

Especial Día do Libro Última hora Entrevista a Johaness Gutenberg .... realmente chamábase así?

Editorial

“Ventana abierta a la diversidad de las culturas y puente tendido entre las civilizaciones, vector de valores, de saberes, del sentido estético y de la imaginación, el libro es ante todo obra de la inteligencia, la creatividad y la cultura humanas: por ello enriquece el patrimonio inmaterial de la humanidad..." Koichiro Matsuura, Director General de la UNESCO

Hoxe é un día especial: o 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega.

Curiosidades sobre o libro

Marcapáxinas conmemorativo

Tamén nun 23 de abril naceron ou morreron -outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e os seus autores, e alentar a todos, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a insubstituíble contribución dos creadores ao progreso social e cultural. A idea desta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional regalar unha rosa ao comprador dun libro.

Dende a biblioteca do IES Fernando Esquío invitámosvos a visitar a nosa exposición sobre a HISTORIA do LIBRO, ese marabilloso instrumento que nos fai "vivir dúas veces" "viaxar a mundos afastados"...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.