Boletín nº 89, Especial Mes do Libro

Page 1

Curso 2018/19

Boletín de biblioteca

número 89

No mes do libro e a lectura…. Editorial

Artigos de interese especial  No mes do libro e a lectura  Ano Mundial da Táboa periódica  Manga e anime  500 anos sen Leonardo da Vinci  XVII Xornadas literarias: Joseph Conrad

“ao leres irás voando nun paxaro de papel, na folliña dun poema que tiraches do andel, viaxe ao fondo das preguntas: o libro leva a contraria ao “así foi e así será” a toda a rutina diaria pois a lectura é rabuda, descrida e impertinente aprende a desaprender a mirar con outra lente

Con estas palabras de Marilar Aleixandre ilústrase o díptico que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria editou para conmemorar este día 23 abril de 2019 no Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

a gozar co máis difícil turrar na porta até que abra entrar no descoñecido beber viño de palabras”

2019 Ano Mundial da Táboa periódica Os de sempre: Sabías que? Novidades, a nosa selección Premios e premiados: Letras Galegas 2019 Mª Victoria Moreno

O 2 de novembro de 2017 a Organización de Nacións Unidas proclamou o ano 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos. Como se razoa na nota que acompaña á resolución, a proposta realízase para este ano, entre outros: “Observando que o ano 2019 coincide cos aniversarios dunha serie de fitos importantes na historia da táboa periódica, en particular co illamento do arsénico e o antimonio por Jabir ibn Hayyan fai uns 1200 anos; o descubrimento do fósforo hai 350 anos; a publicación dunha lista de 33 elementos químicos clasificados en gases, metais, non metais e térreos por Lavoisier en 1789; o descubrimento da lei das tríadas por Döbereiner en 1829; a creación da táboa periódica por Mendeleev hai 150 anos; e o descubrimento do francio por Marguerite Perey en 1939…”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.