Issuu on Google+

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO. CEIP BALAIDOS. CURSO 2013-14.


PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: “A RECICLAXE” INTRODUCCIÓN: Este P.D.I. “A RECICLAXE” pretendemos que se desenvolva no noso centro: C.E.I.P. BALAÍDOS de Vigo, situado nun barrio obreiro xa que está preto da fábrica de Citroën. O centro conta con 6 aulas de Infantil e 12 de Primaria. Con este tema pretendemos cocienciar ao alumnado e as familias sobre a necesidade de cambiar hábitos que redunden nun mellor coidado do medioambiente. Co traballo desta unidade didáctica contribuiremos ao desenvolvemento das seguintes competencias básicas: • • • • • • •

Competencia lingüística: investigando teremos que comprender a información, saber discutila, chegar a acordos e comunicala. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico, descubrindo a nosa relación cos residuos. Competencia no tratamento da información e competencia dixital, usando Internet na búsqueda e o tratamento da información. Competencia social e cidadá, traballando en equipo na búsqueda de acordos. Competencia cultural e artística, coidando a apariencia dos documentos que imos a elaborar na tarea final. Competencia para aprender a aprender, animándonos a disfrutar do proceso para chegar ao coñecemento e das posibilidades que nos ofrece. Competencia para a autonomía e a iniciativa persoal potenciando o espíritu crítico para afrontar o tema da reciclaxe e buscar solucións responsables.

1-ALUMNADO E PROFESORADO QUE PARTICIPARÁ: Con este proxecto queremos implicar a toda a comunidade educativa, desde Infantil a 6º de Primaria. O proxecto traballaráse durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Traballaríase no horario de Coñecemento do medio, Lingua, Música, Artística e Biblioteca. Os profesores implicados serían: • • • • • •

Profesores que imparten Coñecemento, Lingua e Artística. Profesora de Música. Equipo de Laboratorio. Equipo de D. N. Lingüística. Equipo de Biblioteca escolar. Sección bilingüe.


2-QUE SABEMOS?, QUE QUEREMOS SABER? (ACTIVIDADES PROPÓSITO QUE SIRVEN COMO PUNTO DE PARTIDA): •

Infantil: comenzarían coa lectura do conto: o “ A maxia de reciclar” o “Yared e a reciclaxe ”.Pablo Álvarez Rosendo . Ed. Nova Galicia. 1º ciclo: a partir de: o “A maxia de reciclar” o “ Os Bolechas queren saber…que se bota no contenedor amarelo”. Pepe Carreiro. Ed. A Nosa Terra. 2º ciclo: o ”Os Bolechas queren saber…como producir menos lixo” . Pepe Carreiro. Ed. A Nosa Terra. 3º ciclo: o “Os Bolechas queren saber…que se fai co lixo que chega a Sogama”.. Pepe Carreiro. Ed. A Nosa Terra. Ideas previas sobre o tema a tratar en cada ciclo. o Primeiro, os alumnos expresan o que saben:  Qué sabemos?: servímonos das actividades anteriores para dialogar cos nenos e nenas e que digan os seus coñecementos. Cos datos obtidos elaboramos un mapa conceptual dos puntos de partida das nosas investigacións  Qué queremos saber?: Incluímos aquí os coñecementos procedementos ,mal adquiridos ou os que non sabemos. Despois dividimos as preguntas establecendo categorías.

EXEMPLOS: o

Infantil: • • • • • • •

Observación e exploración do medio. Recollida de lixo. Coñecer e clasificar os tipos de lixo: restos de comida, envases de cartón, vidro, latas, xoguetes vellos, roupa vella, etc. Lugares onde depositamos o lixo. (distinguir os diferentes contenedores. Consellos de cómo seleccionar o lixo nos diferentes contenedores). Clasificación dos distintos tipos de basura. Elaboración de obxectos con material de refugallo. Conclusión: o REDUCIR: Disminuir a cantidade de residuos que producimos. o REUTILIZAR: Aproveitar os residuos que poden ter algunha utilidade. o RECICLAR: Obter novos productos a partir de materiais de desfeito.


o

1º ciclo: •

• • • • •

Reducir, reutilizar e reciclar. o REDUCIR: Disminuir a cantidade de residuos que producimos. o REUTILIZAR: Aproveitar os residuos que poden ter algunha utilidade. o RECICLAR: Obter novos productos a partir de materiais de desfeito. Introducir cambios nas nosas conductas diarias para xerar menos residuos. Reutilizar cada produto antes de botalo ao lixo. Reciclar un produto cando deixe de ser reutilizable. Ideas prácticas co fin de reducir, reutilizar e reciclar. Verdadeiro ou falso. Mediante a realización desta actividade poderás comprobar se tes claro o que debes facer cos residuos:

V O papel deposítase no colector verde. As latas, envases de plástico e briks deben depositarse no colector amárelo. A pel de laranxa deposítase no colector azul. No iglú verde deposítanse as lámpadas. Un xoguete de plástico debe de ir ao colector verde. Todos os Concellos de Galicia levan os seus residuos a SOGAMA. Cando comes unha pizza, a caixa debe de ir ao colector azul. Un vaso debe de ir ao colector xenérico. Reutilizar é aproveitar os materiais dos residuos para elaborar novos productos. Reutilizar consiste en empregar as cousas en varias ocasións tentando darles a máxima utilidade antes de convertelas nun residuo. A Planta de Clasificación de Envases Lixeiros recibe os residuos do colector amarelo. Na Planta Termoeléctrica xérase enerxía eléctrica.

F


o

2º ciclo: • • • • • • • • •

ANTES Dentro da papeleira Envoltorios de plástico. Botellas de plástico. Papel e cartón. Briks. Papel de aluminio. Restos de comidas. Outros: TOTAL

¿Qué é RECICLAR? ¿Qué é REDUCIR? ¿Qué é REUTILIZAR? A vida despois da reciclaxe: Como se recicla o colector amarelo. Ventaxas de facer compostaxe.. Restos que se poden depositar no composteiro. Restos que NON se poden botar no composteiro. Facer pasta de papel. Comprobación dos residuos xerados no patio: ¿Pensaches alguna vez na cantidade de residuos que xeras ao dÍa?. Mediante a realización desta actividade tes a oportunidade de observar o que podes chegar a xerar na hora do recreo.

DO Fóra da papeleira

RECREO Cantidade Total

DESPOIS Dentro da papeleira

DO Fóra da papeleira

RECREO Cantidade Total


o

3º ciclo: • • • • •

• •

¿Qué é RECICLAR? ¿Qué é REDUCIR? ¿Qué é REUTILIZAR? O lixo: un problema do planeta. O camino da bolsa negra: o Restos que se depositan na bolsa negra. o Sogama seleciona estos restos. o Que se fai con estos residuos. Facer pasta de papel. Redacción sobre os residuos e a súa xestión: En media hora fai unha redacción sobre o que aprendiches sobre os residuos: ¿Qué son os residuos?, ¿Cómo se clasifican?, ¿Qué se fai con eles?, ¿Qué é Sogama?, ¿Cómo ensinarías á xente sobre a importancia de reducir, reutilizar e reciclar? Expón aqueles aspectos que che resulten de interese en canto a este tema.

3-ONDE BUSCAMOS A INFORMACIÓN?

(RECURSOS DOCUMENTAIS)

A partir de saídas, enquisas, entrevistas…e outros recursos documentais: •

Xerais: documentos de consulta que se atopan na Biblioteca escolar: enciclopedias, documentos específicos sobre cada tema, en calquera soporte (libros, DVDs, CDRom…): o Os Bolechas queren saber: que se bota no contenedor amarelo. Pepe Carreiro. Ed. A Nosa Terra. o Os Bolechas queren saber: Como producir menos lixo. Pepe Carreiro. Ed. A Nosa Terra. o Os Bolechas queren saber: Que se fai co lixo que chega ao Complexo Medioambiental de Sogama. Pepe Carreiro. Ed. A Nosa Terra. o Yared e a reciclaxe. Pablo Álvarez Rosendo. Ed. Nova Galicia . o Keco e as aventuras da ecopanda. Nº 1,2,3,4. Xosé Perozo. Ecoembes. o Limpiña: a Praia máis bonitiña. Sogama. o Os residuos (Cadernos de medio ambiente, nº 1 e 2). Adela Leiro lois. A Nosa Terra. o 50 cousas que os nenos poden facer para reciclar. Michele Montez. Sálvora. o Que me dis da…reciclaxe. José Precioso. Nova Edicións. o ¿Por qué debo proteger la naturaleza? .Jen Green. Anaya. o ¿Por qué debo reciclar?. Jen Green. Anaya. o Crea y recicla. Anna llimós. Parramón. o Manufacturas. Victoria Tubau. Combel. o Xoga e crea reciclando. Nova Galicia.


• •

o Divírtete reciclando. Nova Galicia. o Materiales de reciclaje. Anna Llimós. Parramón. o ¡Recicla! Neil Morris. Susaeta. o Os Trebón visitan Sogama. Sogama. Vídeos de You Tube. (están exemplos ao final) Páxinas web aportadas por Sogama.

4-QUE QUEREMOS FACER? (TRATAMENTO E ANÁLISE DA INFORMACIÓN) Cada ciclo despois de decidir o aspecto a invetigar decide as actividades que vai facer tanto durante o proceso de investigación para clasificar, ordenar a información obtida como o produto final.

Co material recollido elaboraránse: •

Infantil: o Libro sobre reciclaxe seleccionando materiais nos diferentes contenedores. o Murais. o Elaboración de xoguetes ou outras manualidades con materiais de desfeito.

1º ciclo: o Carteis con ideas prácticas co fin de REDUCIR. o Murais con ideas concretas co obxectivo de REUTILIZAR. o Lemas para lembrar á hora de RECICLAR. o Murais con sabías que… o Elaboración de xoguetes ou outras manualidades con materiais de desfeito.(sección bilingüe) o Visita do camión de reciclaxe do Concello.

2º ciclo: o Facer compostaxe no colexio. o Cartel con recortes de catálogos do super, cos restos que se poden usar para facer un composteiro. o Facer un cartel cos restos cos que NON se poden botar no composteiro. o Murales. o Murales con sabías que… o Elaboración de xoguetes ou outras manualidades con materiais de desfeito. o Visita do camión de reciclaxe do Concello.


3º ciclo: o Dossier con sabías que… o Murais. o Elaboración de xoguetes ou outras manualidades con materiais de desfeito. (sección bilingüe)

5-COMO IMOS A FACELO? (CUESTIÓNS ORGANIZATIVAS A TER EN CONTA): •

Agrupamentos:Cada titor proporá traballar en gran grupo ou pequeno grupo, segundo sexa a actividade a desenvolver en cada momento.

• •

Os espazos a utilizar serán: a propia aula, o Laboratorio, Biblioteca. O tempo: podemos establecer un tempo concreto cada semana (día, horas)ou adicar un tempo continuado a investigación de xeito que se traballe dende as distintas áreas.(Duas, tres semanas ou mais dependendo da motivación e interese do alumnado xa que durante o proxecto poden xurdir novas preguntas de investigación)

• Ferramentas TIC que se empregarán: • • •

Blogs. Vídeos. Páxinas web.

6-QUE APRENDEMOS? (ESTABLECER PRODUCTOS POSIBLES): O que aprendimos reflexarémolo en diferentes productos que terán como obxectivo dar resposta ás preguntas iniciais dun xeito claro e ordenado para poder difundilo entre a comunidade educativa. • Conferencias, exposicións dos materiais elaborados, como: o Elaboraránse libros, dossiers, presentacións en Power Point, murais… o Carteis con lemas sobre a reciclaxe. o Rimas sobre os consellos de reciclar.(inventar rimas sobre a reciclaxe)

7-OUTRAS ACTIVIDADES ARREDOR DO PROXECTO (cos mestres especialistas): • • • • •

Recollida de tradición oral: cancións, poesías, refráns, adiviñas... Lectura de contos relacionados coa reciclaxe. Nadal: Elaboración de xoguetes con material de refugallo para facer unha exposición. Construcción de instrumentos musicais con materiais de refugallo. Entroido: o Elaboraránse disfraces relacionados co tema traballado. o Canción de entroido co tema da reciclaxe: Os alumnos de 6º elaborarán rimas relacionadas coa reciclaxe, para facer unha canción. Diccionario de vocabulario e expresións inglesas relacionadas co tema.


• • • •

O arte e os materiais de desfeito. Exposición de obras pictóricas reproducidas polos alumnos (sección bilingüe). Día da poesía e o Teatro: Recital de Poemas relacionados coa recollida e selección de lixo. Día do Libro: Exposición de libros(contos cun traballo manual alusivo ao mesmo, feito con material de refugallo). Elaboración de diferentes manualidades con material de desfeito: o Papel reciclado. o Flores recicladas. o Ganchillo con bolsas de plástico. o Creacións con retales. o Velas Recicladas. o Convirte unha noz nuha bola de nadal. o Marca Páxinas Reciclados. o Ver máis nos libros do apartado 3.

8-AVALIACIÓN DO PROXECTO: Intentarase valorar todos os elementos do proxecto: • • • • • •

A elección do tema. A intervención do profesorado. A participación do alumnado e do que aprenderon no proceso do proxecto. O uso dos espazos e a súa organización. A organización do tempo. A organización dos recursos e as fontes de información.

Os alumnos deberán ser informados previamente de cómo e de qué aspecto serán avaliados. Favorecemos a autoavaliación do alumnado para coñecer o seu grao de satisfacción e os coñecementos adquiridos no desenvolvemento do proxecto como o seu traballo en grupo. As ferramentas empregadas para a avaliación serán: • • •

Ficha de autoavaliación do traballo en grupo. Rexistro de observacións. Grado de cumplimento dos obxectivos do proxecto. (demos resposta a todas as nosas preguntas?)


9-ANEXO: VÍDEOS E PÁXINAS WEB:

IMPORTANTES: www.sogama.es (educamos/ recursos educativos)

• • • • www.botons.eu

unidades didácticas. video contos aprende con ECO os tres “R” visita virtual a Sogama

(portal galego de educación)

www.vicenteariasdelamaza.blogspot.com.es (está feito con PREZI) • o composteiro • o plástico • colector amarelo • colector azul • colector verde • punto limpo • curiosidades. http://dl.dropbox.com/u/50994681/reciclaxe.htm (actividades para 2º ciclo en Java Clic) http://dl.dropbox.com/u/50994681/reciclaxe/lim.swf?libro=reciclaxe.lim (LIM para infantil e 1º ciclo)

LIGAZÓNS DE INTERESE: SEPARAMOS PARA RECUPERAR •

A tola historia duns colectores (traballo escolar dun colexio de Cangas) http://www.youtube.com/watch?v=oKpgmOCdjwc

A importancia de separar o lixo http://youtube.com/watch?v=XVrh5p2w7Ps

Recollida selectiva (spot televisivo catalán de 30 segundos) http://youtube.com/watch?v=vzOl_Mx2R8Y

Guía para crear o teu propio composteiro http://youtube.com/watch?v=w_DCNsfTrSs


OS TRES ERRES

Sogama. Educación ambiental http://www.sogama.es/gl/info/campanas-programas-e-cursos

Sogama en Facebook http://www.facebook.com/educacionambientalsogama

Sogama en Twitter http://twitter.com/#!/EASogama

Sogama en Tuenti http://www.tuenti.com/educacionmedioambientalsogama

RRR.com http://www.rrr.com.es/

Reutilizar.com http://www.reutilizar.com

Bitácora-Reciclaxe escolar http://reciclajescolar.blogspot.com/

Reciclar é de sabios- Mural coloreable para descargar http://www.actiludis.com/?p=19489

Basurillas http://www.basurillas.org/

Reciclar na casa http://escuelas.consumer.es/web/es/aprender_a_aprender/tarea14/2.php

The Three R’s of the Environment http://www.factmonster.com/ipka/A0775891.html

O Xogo dos 3 R http://www.fundacion-biodiversidad.es/minisites/2009/biodiver/paraninyos/juegos/reciclaje/reciclaje.htm

Reduce, Reuse, and Recycle http://kids.niehs.nih.gov/recycle.htm

ç


VÍDEOS •

A canción “Reducir, reciclar, reutilizar” http://www.youtube.com/watch?v=gKB_7MUPxT4

O Rap dos 3R http://www.youtube.com/watch?v=4qrMtM2bgPM

Reciclaxe artesanal de papel http://www.youtube.com/watch?v=ynJT9oi6p1A

Que o lixo non te ataque! http://www.youtube.com/watch?v=IkF5NKLM9VQ

A ESCOLA VISITA SOGAMA •

Sogama-Educación ambiental http://www.sogama.es/gl/info/campanas-programas-e-cursos

Sogama en Facebook http://www.facebook.com/educacionambientalsogama

Sogama en Twitter http://twitter.com/#!/EASogama

Sogama en Tuenti http://www.tuenti.com/educacionmedioambientalsogama

Botóns-Portal Galego de Educación http://botons.eu/


VIDA DESPOIS DA RECICLAXE •

Pocoyó ensina a reciclar. Pequeño vídeo onde o famoso personaxe nos ensina como separar correctamente para logo poder reciclar. http://www.youtube.com/watch?v=zb7rFETqdag

Reduce, reúsa e recicla (animación) http://www.youtube.com/watch?v=157ZI5y39Qo

Juguemos a reciclar (os xoguetes tamén se poden facer reciclando refugallo) http://www.youtube.com/watch?v=TpNH5GRwbEY

Os animais da selva tamén contribúen coa reciclaxe (animación) http://www.youtube.com/watch?v=1G1fLWkU9IQ

Reciclar vidrio (campaña televisiva de Ecovidrio)

http://www.youtube.com/watch?v=jC1b8YNvfRE

A COMPOSTAXE •

Manual de Compostaxe Doméstica de Sogama http://www.sogama.es/gl/campanha/programa-de-compostaxe-domestica

Introducción á compostaxe urbana doméstica (vídeo) http://www.youtube.com/watch?v=L7CFRQFa4aM

Fagamos un compost (vídeo) http://www.youtube.com/watch?v=yfrg03CRBNA

Como facer o teu composteiro (vïdeo divertido de cómo facer o teu propio recipiente) http://www.youtube.com/watch?v=s1Xmufr8zOM

Como facer a compostaxe (vídeo didáctico en portugués para facer o teu compost) http://www.youtube.com/watch?v=FKGizjrR35U

Dossier sobre a compostaxe elaborado pola asociación Adega http://educacionambientaladega.info/


O CAMIÑO DA BOLSA NEGRA •

O camino da bolsa negra (PDF) http://www.sogama.es/sites/default/files/users/3/esquema_bolsa_negra_galego.pdf

O camiño da bolsa amarela (PDF) http://www.sogama.es/sites/default/files/users/3/esquema_recorrido_bolsa_amarela _galego.pdf

Vídeos Sogama (institucional e técnico) http://www.sogama.es/gl

Toynet, xogos sobre reciclaxe http://www.toynet.cl/

O LIXO, UN PROBLEMA TEU E DO PLANETA •

Receitario para aproveitar a comida sobrante e convertela nun menú de luxo (editado por Sogama) http://www.sogama.es/gl/info/publicacions (descarga aquí o PDF) Que tipo de lixo se xera na túa casa?. Podes ver nesta ligazón unha enquisa personalizada que estima a porcentaxe de residuos do teu fogar. http://www.vidasostenible.org/ciudadanos/a1_04.asp (Fundación Vida Sostenible) Este vídeo é un magnífico exemplo de cómo mercar e á vez reducir embalaxes. http://www.youtube.com/watch?v=ZhwAMnBxEjM /Ecomania)

XOGOS, ACTIVIDADES TIC: •

www.cadernoverde.com

Reciclado de vidrio, noticias divertidas, cadena de reciclaje, concursos, juegos. www.reciclavidrio.com/entrar.htm

Entrar en colegios: juegos, guía didáctica para profes, reciclar en el cole. www.tutapelesimportante.com

www.damelalata.com

www.lapandilladeleo.com/ecologia/reciclaje.htm

https://sites.google.com/site/fantasticinfantil/recursos-juegos/el-reciclaje

www.slideshare.net/lauradue/laura-dueas-reciclaje-reducido-10276776


OUTRAS: •

www.maestrasdeinfantil.webnode.es/banco-de-recursos-tic-para-e-i/

www.ecoembes.com

www.ecopanda.org

Videos sobre reciclaxe: •

Reciclaxe para nenos, (de Lucho Cabezas )(9-11 anos) www.youtube.com/watch?v=KCztBCEI_0g

Reciclaxe video educativo (de Dagomd) (6-7 anos) www.youtube.com/watch?v=X6N_xkCon3w

Reciclaxe para nenos (de Ana Clauful)(infantil???) www.youtube.com/watch?v=0Y5913aRMwk

Video educativo sobre reciclaxe (de Lidia Lorente)(canción) www.youtube.com/watch?v=tTOxFUye5Eo

Reducir, reutilizar e reciclar (de Carlos Paredes) www.youtube.com/watch?v=JLMGjH-HJLU

Actividades para nenos. As 3 erres. Reciclar. (Los consejos de Thelma) www.youtube.com/watch?v=h_B1P24WNVc

• • • •

Protexe a terra:Separar para reciclar. www.youtube.com/watch?v_yAkwMvlzW8 Curtametraxe de animación “Prohibido Botar Basura” (de thissamj) www.youtube.com/watch?v=yHftrYf9a-E Reciclamos. Aprende y diviértete con Josefina. www.youtube.com/watch?v=DIPBqogEfT4 Escuadrón verde: Punto verde y Reciclón. www.youtube.com/watch?v=Eete-R14_a8



P d i reciclaxe