O alumnado de 5º artellou o MANIFESTO, procurando información na rede, coa guía dos seus mestres. Accederon á web de ONU e UNESCO, e atoparon un fermoso discurso de Antonio Guterres (Secretario Xeral da ONU) con motivo do Día Internacional da Paz. Extractaron o máis relevante, e fórono adaptando á unha linguaxe que entendesen todas as nenas e nenos do colexio. Cando xa remataron, acordouse que participase, na lectura do Manifesto 2023, todo o alumnado de quinto; e houbo que ampliar o texto a ler. Entón, pensouse en facer unha poesía, e... meu dito, meu feito: a partir dun Poema sobre A PAZ, descarregado do Seminario Galego pola Paz, fixemos unha recreación de varias estrofas. E este foi o resultado: •
No Colexio Balaídos realizamos ao longo do ano moitas celebracións colectivas nas que participamos todos e todas. Son moitas ao longo de cada ano escolar. Pero, polos valores que defenden queremos salientar especialmente a celebración de dous días: O DÍA DE HOXE, 30 de xaneiro (O Día da Paz) e O PASADO 25 de novembro (Día contra a violencia de xénero exercida contra a muller). Destacamos estes dpus días porque somos un colexio que nos gusta loitar a diario polo respecto, a diversidade, a igualdade, a tolerancia e a Paz.
•
Sabemos que se pode acadar a Paz, que hai que traballalas, día a día, para facer un mundo mellor. Por iso hoxe, un ano máis, saímos ao noso Patio Escolar, un lugar importantísimo para nós, pois é onde xogamos, nos patios dinámicos, e convivimos case 400 nenas e nenos.
•
A Paz vai máis aló da ausencia de guerras: consiste en convivir coas nosas diferenzas (de sexo, de raza, de lingua, de relixión ou de cultura) promovendo o respecto universal á xustiza e aos dereitos humanos nos que se basea esa convivencia.
•
Por iso hoxe, no Día da Paz, queremos lanzar este berro: NON á guerra, SI á paz ! Non ao terrorismo, si ao diálogo e á comprensión !
•
Non á violencia de gobernos sen escrúpulos, si ás Nacións Unidas (verdadeiramente unidas). Non á pobreza, e si á solidariedade !