fonseca 34 (xuño 2013)

Page 42

R E V I S TA F O N S E C A

Moralejo, Juanjo, tanto amou e onde fundou a súa familia e desenvolveu a súa vida. Membro activo do Coro Universitario e do Collegium Compostellanum, colaborador indispensable de La Voz de Galicia, helenista, indoeuropeísta e paleohispanista prestixioso, infatigable portador de caña e trueiro na súa calidade de veterano pescador de río («son un pescador que en época de veda dá clases de grego», dixo), amigo fiel e conversador intelixente, as condicións vitais de Juanjo eran tan variadas e efervescentes coma o seu propio enxeño, no que sempre enarboraba a máis prístina retranca do país, unha descrenza e un estar de volta de todo á vez moi popular e moi intelectual. O seu irmán pequeno, Serafín, pola súa banda, catedrático de Santiago, investigador na Universidade de Pittsburgh e catedrático de arte medieval na de Harvard, fixo cachizas esa convicción social de que a enfermidade de Alzheimer se prevén coa ximnasia mental, pois nunca unha cabeza tan preclara e magnificamente organizada foi víctima cruel do máis virulento baleiro intelectivo. Serafín foise en 2011 e, axiña, aínda non repostos da súa marcha, o destino deu a todos os achegados á familia outra ruda mazada co falecemento de Juanjo en 2012. Agora remóntome a outubro de 1971, cando comezaba eu os meus estudos de Filoloxía Clásica e coñecín a un mozo profesor recén chegado que impartía grego e lingüística indoeuropea. Lembro que, cando os horarios mo permitían, asistía de oínte ás aulas de arte doutro mozo profesor, irmán do meu mestre de grego, só polo placer de oír o seu discurso docente, fluído nas súas formas pero sólido nos seus fundamentos. Máis tarde, despois da miña incorporación docente ao departamento de Grego, viñeron anos dunha intensa relación profesional e de amizade persoal con Juanjo, de colaboración continuada en múltiples iniciativas e de complicidade en numerosos proxectos. Ao final, tras tanto tempo, quedan as boas lembranzas do amigo, do colega do que tanto aprendín, do que tanto aprendemos todos os seus amigos e compañeiros. Os nomes de Juan José e Serafín Moralejo Álvarez son nomes de ouro inscritos na historia da nosa vella alma mater compostelá, esta casa venerable do saber, que eles, coa súa bonhomía e o seu maxisterio, fixeron, se cabe, máis nutricia e venerable. María José García Blanco Profesora Titular da USC mariajose.garcia.blanco@usc.es

As idades do home: reencontro co noso pasado A Confederación de Farmacéuticos de Galicia (COFAGA) organiza todos os anos unha excursión á exposición “As idades do home”, que este ano tiña lugar na bela localidade burgalesa de Oña. O artífice desta viaxe, Héctor Castro, farmacéutico e tamén membro desta Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, tivo a xentileza de invitar os socios da nosa Asociación que quixesen unirse e participar nela. Da experiencia só cabe extraer consecuencias positivas. Cando a fría mañá acaricia a cara dos participantes na excursión, subimos ao autocar que cruzará medio país ata alcanzar o primeiro dos lugares de visita, a cortesana e conventual vila de Lerma, chea de historia e que debe todo o seu esplendor a Don Francisco Gómez de Sandoval y Rojas, Duque de Lerma, valido de Felipe III. Este personaxe instalou aquí a corte durante os seus anos de goberno á sombra real, quen tras a morte do monarca caeu en desgraza e para non ser aforcado decidiu vestirse de colorado. Almorzamos no Parador de Lerma, antigo Pazo Ducal de marcado estilo herreriano e impoñente fachada, magnífico e incomparable marco para degustar a rica cociña castelá como preludio dos exquisitos manxares que nos aguardarían ao longo do que restase de viaxe. Tras repoñer forzas, unha amable e tranquila vila, cargada de historia que pivota arredor do duque que a situou no mapa e a converteu en cortesá, o guía recibiunos nas súas rúas cheas de monumentos de estilo herreriano, como o Pazo e a enorme Plaza Mayor de Armas á que se asoma o Pazo Ducal e un conxunto de edificios con soportais. A igrexa colexial e o Convento de clausura das Clarisas, ergueitos sobre característicos elementos barrocos e herrerianos, deixan impresionado o viaxeiro que os contempla á vez que a imaxe de Santa Calopia, patroa do pobo, contempla o visitante desde o seu pedestal. Tras abandonar Lerma, encamiñámonos, cruzando varios pobos diminutos, típicos de Castela, á localidade de Covarrubias, de fonda tradición medieval e canellas retorcidas que discorren entre casas antigas, algunhas delas con fachadas recubertas de madeira que resisten o paso do tempo. Visitamos a igrexa e o museo parroquial, que garda tesouros cuxo aprecio e coidado corren por conta do párroco desta pequena vila, pero bonita. En Covarrubias foi recluída Dona Urraca, e tal detalle histórico non pasa inadvertido ao visitante, toda vez que

41


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.