Memoria 2019

Page 1

MEMORIA 2019


MEMORIA 2019


ÍNDICE

I

I ÍNDICE

3

I PRESENTACIÓN

5

I

7

01 A ASOCIACIÓN

_ A Xunta Directiva 7 _ Asembleas 8 _ Asociados/as

10

_ Socios protectores

10

_ Tesourería

18

_ Páxina en liña

19

_ A asociación na Internet

19

_ A asociación e a Universidade • Colaboración institucional • Coordinadores/as nos centros docentes • EnMente

20 20 20 21

_ Actos académicos

22

_ A asociación e a cidade • Proxecto Xardín Botánico de Santiago

22 22

_ Aniversarios

23

I

02 ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR ALUMNI USC

29

_ En Santiago de Compostela • Visita á empresa Aluminios Cortizo S.A. • Conferencia de Carlos Pajares • Visita guiada á exposición “Castelao Maxistral” • Conferencia de Francisco Cebreiro • Visita ao Pórtico da Gloria • Charla de Marisol Filgueiras • Homenaxe a Xabier P. Docampo

29 29 30 31 32 33 34 35

_ En Lugo • Conferencia de Carlos Pajares: Ciencia e relixión • Conferencia de Antonio Gregorio • Visita á Domus de Mitreo

36 36 36 37

MEMORIA 2019 >

3


I

PRESENTACIÓN

ÍNDICE

I

_ Outras • Excursión pola ría de Vigo: visita ás illas Cíes e San Simón

38 38

Un ano máis presentamos a Memoria de Alumni USC, que recolle dun xeito sintético as numerosas actividades desenvolvidas ao longo do 2019.

_ Entrega do XIII Premio de Relato Curto

39

_ Actividades do club de sendeirismo • Fin do Camiño de Frei Martin Sarmiento • Penúltima etapa do Camiño dos Faros • Ruta da Auga • Última etapa do Camiño dos Faros • Ruta de Espasante a O Barqueiro • Primeira etapa do Camiño de Inverno • Segunda etapa do Camiño de Inverno • Terceira etapa do Camiño de Inverno

40 40 40 41 41 42 43 44 45

Este foi un ano especial para min, cumpríronse catro desde que asumín a presidencia da nosa asociación e decidín presentar de novo a miña candidatura, que foi aprobada. Quero agradecervos, queridos socios e queridas socias, a vosa confianza. Foi unha experiencia enormemente enriquecedora que me permitiu coñecer o clima de colaboración xenerosa que reina en Alumni USC e o importante papel que pode desempeñar para apoiar a universidade e a sociedade galega en xeral.

I

47

I

49

03 REVISTA FONSECA

04 RELACIÓNS CON OUTRAS INSTITUCIÓNS _ Federación Alumni España

49

_ Foro Cívico de Santiago

50

_ Museo Casa da Troia

50

No primeiro mandato conseguimos afianzar as actividades que xa se viñan realizando e introducir novas iniciativas, como o nomeamento de Coordinadores/as de Alumni USC nos centros docentes da universidade e o obradoiro de intelixencia emocional EnMente. Pero dos logros do 2019 gustaríame salientar o proxecto “Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela”, que acadou o apoio do programa O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia e que se vai desenvolver no 2020. Este é un proxecto singular co que queremos contribuír á promoción desta ruta xacobea e, sobre todo, ao desenvolvemento das comarcas que atravesa, desenvolvemento do rural tan necesario na nosa querida Galicia. Outro fito deste ano foi a renovación da páxina en liña co obxecto de darlle unha imaxe máis actualizada e facer o seu manexo mais áxil, así como a renovación do logo que incorpora o termo Alumni, utilizado internacionalmente para este tipo de asociacións. Estamos a traballar en novos proxectos que permitan achegarnos á xente moza para que se animen a integrarse na nosa entidade achegando novas enerxías e ideas innovadoras. Acabamos o 2019 coa esperanza e a ilusión de avanzar nos nosos fins grazas ao apoio manifestado polo Reitor e a Presidenta do Consello Social.

Benita Silva Hermo

4

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

5


A ASOCIACIÓN

A Xunta Directiva

I 01

I

Na primeira metade do 2019 continuaba vixente a Xunta Directiva presidida por Benita Silva Hermo, que foi nomeada o 12 de febreiro de 2015 e modificada a finais de 2018, pero ao cumprirse catro anos de mandato foi necesario proceder á súa renovación. O proceso de renovación tivo lugar na Asemblea Xeral Extraordinaria do 4 de xullo. Benita Silva presentou de novo a súa candidatura a presidenta e foi reelixida por unanimidade. A continuación preséntase a relación das persoas que forman a Xunta Directiva para o período 2019-2023:

Presidenta_ Dona Benita Silva Hermo Doutora en Ciencias Químicas. Profesora Titular na USC.

Vicepresidente_ Don Carlos Herrero Latorre Doutor en Ciencias Químicas. Profesor Titular na USC no Campus de Lugo.

Tesoureira_ Dona Isabel Aneiros Penedo Diplomada en CC. Empresariais e Licenciada en CC. Económicas e Empresariais pola USC. Analista do departamento de fondos de capital risco en Xesgalicia.

Secretaria_ Dona Mª del Mar Fernández Vázquez Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Románica pola USC. Profesora externa do IV Ciclo na USC e Profesora Contratada Interina na UVigo.

Vogais_ Dona Loreto Fernández Fernández Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais. Profesora Titular da USC. Don Manuel Fraga Carou Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e administrador de empresa privada. Don Víctor A. García Dopico Licenciado en Dereito pola USC e avogado en exercicio. Dona Ángeles López Cabarcos Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais. Profesora Titular da USC no Campus de Lugo. Don Jesús López Romalde Doutor en Ciencias Biolóxicas. Catedrático na USC. Dona Mar Lorenzo Moledo Doutora en Filosofía e CC. da Educación. Profesora Titular da USC. Don Agustín Pena Herva Diplomado en Maxisterio e empregado na empresa privada.

MEMORIA 2019 >

7


01

I

A ASOCIACIÓN

Asembleas

I

Asemblea Xeral Ordinaria O 4 de xullo celebrouse a XXIV Asemblea Xeral Ordinaria correspondente a 2019, que foi presidida polo Vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane. Ademais de presentar a Memoria 2018, o Informe de tesourería 2018 e o Orzamento 2019, deuse a coñecer aos/ás socios/as a nova páxina en liña. Aproveitouse a ocasión para facer un acto de recoñecemento aos últimos socios protectores. José Ramón Franco, director xeral do grupo Intaf S.L. fixo unha intervención en representación de todos eles.

8

< MEMORIA 2019

A ASOCIACIÓN

I 01

Asemblea Xeral Extraordinaria A continuación tivo lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria motivada pola necesidade de renovar a Xunta Directiva por expiración do mandato. Benita Silva Hermo foi reelixida presidenta para o mandato 2019-2023. Agradeceu o labor de Mª Julia Melgar Riol, Francisco Durán Villa e Benigno Amor Barreiro, que cesaron a petición propia, e comunicou as incorporacións das profesoras da USC Loreto Fernández Fernández, Ángeles López Cabarcos e Mar Lorenzo Moledo, esta última Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos.

Asemblea Xeral Extraordinaria de Outono No 2019 celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria de outono o 13 de decembro. Nos últimos anos fíxose costume en Alumni USC celebrar unha asemblea extraordinaria a finais de ano co obxecto de manter un maior contacto cos/coas socios/as. Informouse, entre outros temas, da obtención dunha axuda da Xunta para o proxecto “Camiño de Inverno. De Ponferrada a Compostela” (sobre o que uns días máis tarde se mandou un escrito informativo aos/ás socios/as) e da cordial reunión mantida por membros da Xunta Directiva coa nova presidenta do Consello Social, na que se tratou da necesidade de mutua colaboración ao ter ambas as entidades obxectivos comúns.

MEMORIA 2019 >

9


01

I

A ASOCIACIÓN

Asociados/ as

A ASOCIACIÓN

I 01

I

Ao rematar o ano 2019 Alumni USC contaba con 661 socios e socias de número, con 9 socios de honra así como con 31 socios protectores de diferentes ámbitos empresarias.

661 socios

dos cales 31 son socios protectores

Socios protectores

NINO Centro de Impresión Digital

Hotel Monumento SAN FRANCISCO

Avda. Rosalía de Castro, 58, bajo 15706 Santiago de Compostela TEL_ 981 590 302

Rúa Campillo de San Francisco, 3 15705 Santiago de Compostela TEL_ 981 581 634

www.copynino.com

www.sanfranciscohm.com

I

Segundo se recolle nos estatutos, os socios protectores son “aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que colaboren economicamente co sostemento da asociación, patrocinándoa, cooperando nalgunha actividade ou evento, achegando algunha axuda ou apoiándoa doutro xeito”. A continuación enuméranse os socios protectores cos que conta Alumni USC, indicando o ano en que se iniciou a súa colaboración, e o lugar onde se asentan, seguindo a orde Santiago de Compostela e outras localidades coruñesas, Lugo e outras localidades lucenses, e Pontevedra e outras localidades pontevedresas.

Librería FOLLAS NOVAS Rúa Montero Ríos, 37 15706 Santiago de Compostela follasnovas@follasnovas.es TEL_ 981 594 406 FAX_ 981 590 612 www.libreriafonsecadecompostela.es

SANTIAGO DE COMPOSTELA E OUTRAS LOCALIDADES CORUÑESAS Desde 2014

Cafetería LEMBRANZA Rúa Montero Ríos, 39 15701 Santiago de Compostela TEL_ 981 593 636 www.cafeterialembranza.com

10

< MEMORIA 2019

Desde 2015

PARADORES de Turismo de España Praza do Obradoiro s/n 15704 Santiago de Compostela TEL_ 981 582 200 www.parador.es/es/paradores/ parador-de-santiago-de-compostela

Carrocera CASTROSUA Estrada da Coruña Km. 59,5 15890 Santiago de Compostela TEL_ 981 552 460 www.castrosua.com

JOSÉ OTERO Rúa Xeneral Pardiñas, 13, baixo 15701 Santiago de Compostela TEL_ 981 569 230

MEMORIA 2019 >

11


01

I

A ASOCIACIÓN

A ASOCIACIÓN

I 01

Desde 2017

LÁPICES 4 Avda. da Coruña, 4, baixo 15701 Santiago de Compostela TEL_ 981 580 429 www.lapices4.com

Restaurante CASA CAMILO Rúa A Raíña, 24 15705 Santiago de Compostela TEL_ 981 584 593

UNA Grupo Business Global Avda. Barcelona, 33-local 1 A 15706 Santiago de Compostela TEL_ 902 150 152 www.unagrupo.com

A CESTA DA SAÚDE Rúa Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela TEL_ 981 592 595

Desde 2018 VÍA LÁCTEA Comunicación Praza Nosa Señora da Mercé de Conxo, 6-1º C 15706 Santiago de Compostela TEL_ 981 554 407 www.vialactea.es

Desde 2016

12

HYGGE by Sabucedo & León

Autos COMPARADO

San Pedro de Mezonzo, 28 15701 Santiago de Compostela Loft Santa Marta - Avda. de Montevideo, 1-1º E 15706 Santiago de Compostela TEL_ 881 998 791 / 670 417 405

Rúa Espíritu Santo, 23 15200 Noia (A Coruña) TEL_ 981 820 938 630 877 424 info@autoscomparado.com

www.hyggepilates.com

www.autoscomparado.com

Limpiezas SALGADO

CÁMARA DE COMERCIO de Santiago de Compostela

Rúa Fernando III El Santo, 41 15701 Santiago de Compostela TEL_ 981 599 089

San Pedro de Mezonzo, 44 baixo 15701 Santiago camara@camaracompostela.com

www.salgadolimpiezas.es

www.camaracompostela.com

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

13


01

I

A ASOCIACIÓN

A ASOCIACIÓN

I 01

LUGO E OUTRAS LOCALIDADES LUCENSES

Desde 2019

Desde 2015

GENESAL ENERGY

GRUPO INTAF, S.L.

Parroquia de Cortiñán D-13-14 15165 Bergondo TEL_ 981 674 156 comunicacion@genesal.com

Estrada de Cedeira km 1,5 15570 Narón (A Coruña) TEL_ 981 397 142 intaf@intaf.com

www.genesalenergy.com

www.intaf.com

LIBRARÍA COUCEIRO

CAMPUS NA NUBE

Praza de Cervantes, 6 15704 Santiago de Compostela TEL_ 981 586 237 libraria@librariacouceiro.gal

Seminario de Estudos Galegos 15705 Santiago de Compostela TEL_ 881 814 854 antonio@campusnanube.com

www.couceirolibrerias.com

www.campusnanube.gal

Restaurante FONTE DO REI

PRELO

Avda. de Madrid, 5 e 63 27002 Lugo TEL_ 982 245 608 / 982 223 711

Ronda da Muralla, 34, baixo 27002 Lugo TEL_ 982 280 359

www.fontedorei.es

www.prelo.es

Instalaciones CRUZ

EL PROGRESO DE LUGO

Rúa Río Sil, 44, baixo 27003 Lugo TEL_ 982 253 446

Rúa Ribadeo, 5 27002 Lugo TEL_ 982 298 146

www.instalacionescruz.com

www.elprogreso.galiciae.com

AGARIMO CAFÉ-PUB Preguntorio, 2 15704 Santiago de Compostela agarimocervantes@gmail.com www.facebook.com/pages/Caf%C3%A9PubAgarimo/150962324951070

Restaurante MESÓN DE ALBERTO Rúa da Cruz, 4 27001 Lugo TEL_ 982 228 310 www.mesondealberto.es

14

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

15


01

I

A ASOCIACIÓN

A ASOCIACIÓN

I 01

PONTEVEDRA E OUTRAS LOCALIDADES PONTEVEDRESAS

Desde 2016

Desde 2016

ARESA Agrícola Avda. de Madrid, 187 27002 Lugo TEL_ 982 222 400 www.aresa-agricola.com

Avda. de Breogán s/n 27370 Rábade (Lugo) TEL_ 982 390 371

Conejos Gallegos COGAL S. Coop. Gallega Alceme 36530 Rodeiro (Pontevedra) TEL_ 986 790 100 www.cogal.net

Óscar Guimeráns Rodríguez Rúa Cobian Roffignac, 19-baixo 36007 Pontevedra TEL_ 986 167 176

Desde 2017

Bodegas TERRAS GAUDA AMSLAB Avda. Benigno Rivera, 56 27003 Lugo TEL_ +34 982 808 074

Estrada Tui- A Guarda km 55 36760 O Rosal (Pontevedra) TEL_ 986 621 111 www.terrasgauda.com

www.ams-lab.com

16

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

17


01

I

A ASOCIACIÓN

Tesouraría

A ASOCIACIÓN

I

Páxina en liña

INGRESOS E GASTOS 2019 INGRESOS

Concepto Importe

COTA SOCIAL

Ordinaria e socios protectores

20.656,00 €

RECANTO DA SAUDADE

Ingresos Vodas Prata e Ouro

10.439,00 €

ENMENTE IV

Matrícula

4.338,85 €

ENMENTE IV

Patrocinios: Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, Grupo INTAF e Castrosúa

5.235,00 €

XI PREMIO RELATO CURTO

Patrocinio Hospital HM La Rosaleda

ACTIVIDADES VARIAS

TOTAL

500,00 € 8.488,50 €

49.657,35 €

18

GASTOS

Concepto Importe

GASTOS DE PERSOAL

Nóminas e seguridade social

ACTIVIDADES VARIAS

4.945,10 €

PATROCINIOS E FEDERACION ALUMNI ESPAÑA

800,00 €

RECANTO DA SAUDADE

Gastos Vodas de Prata e Ouro

XI PREMIO RELATO CURTO

500,00 €

ENMENTE IV

6.806,00 €

CURSOS, PROGRAMAS E SEGUROS OBRIGATORIOS

1.992,43 €

GASTOS DIVERSOS

6.458,54 €

PÁXINA EN LIÑA E LOGO

2.102,20 €

Remanente 2019

391,52 €

TOTAL

49.657,35 €

< MEMORIA 2019

I 01

I

No ano 2019 renovouse a páxina en liña da asociación co obxecto de darlle unha imaxe máis actualizada e facer o seu manexo mais áxil. Unha utilidade da nova páxina é a posibilidade de que unha persoa se asocie telematicamente, o que facilita o trámite. Pero, como non pode ser doutra maneira, consérvase toda a información anterior á que se pode acceder mediante un enlace que figura na páxina principal (WEB HISTÓRICA anterior a 2019). Tamén este ano renovouse o logo que incorpora o termo Alumni, utilizado internacionalmente para as asociacións de exalumnos/as, pero conservando a triple A, símbolo da nosa asociación.

A Asociación na Internet

I

Alumni USC continuou a difundir as novas e as actividades desenvolvidas durante o ano na súa páxina en liña e nos perfís de Facebook e de LinkedIN

www.alumniusc.gal

16.379,97 € www.facebook.com/alumniUSC.asociacion/

www.linkedin.com/in/alumni-usc-b5aa57ba

9.281,59 €

MEMORIA 2019 >

19


01

I

A ASOCIACIÓN

A Asociación e a Universidade

A ASOCIACIÓN

I

Colaboración institucional A relación de colaboración entre a asociación e a institución universitaria é un dos obxectivos de Alumni USC que queremos incrementar. A Universidade de Santiago de Compostela sempre prestou a Alumni USC axuda para o seu funcionamento cotián. Así, ademais de cederlle o local onde se atopa a súa sede na Casa da Concha (Rúa da Conga nº 1), asume os gastos do correo postal, do teléfono e demais gastos ordinarios (luz, auga e servizo de limpeza), igual que en anos anteriores. Así mesmo, os servizos informáticos da USC prestan asesoramento e axuda ao persoal da oficina.

I 01

EnMente IV Encontro de Intelixencia Emocional da USC O 5 de outubro celebrouse na Facultade de Ciencias da Comunicación a cuarta edición de EnMente, o Encontro de Intelixencia Emocional da USC. O acto de inauguración estivo presidido por Benita Silva, acompañada por Covadonga Toca, Secretaria xeral de emprego, e por Ana Mª Porto, directora do Instituto de Ciencias da Educación da USC, entidade que colabora con Alumni USC nesta actividade. Esta edición contou co patrocinio da Xunta de Galicia e das empresas Grupo Intaf S.L. e Castrosua. A xornada constou de varios obradoiros que foron impartidos por profesionais do ámbito da intelixencia emocional, persoas expertas en comunicación, xestión de equipos e desenvolvemento persoal e profesional. Como en anos anteriores, o resultado foi satisfactorio pois cubríronse todas as prazas ofrecidas, destacando a presenza de moitas persoas mozas, e a satisfacción dos participantes foi notable.

Ademais, a asociación conta desde hai uns anos cunha delegación permanente no Vicerreitorado de Coordinación do Campus de Lugo, na Casa do Saber (Praza de Pío XII, nº. 3).

Coordinadores/as nos centros docentes O ano 2018 creouse a figura de coordinador/a de Alumni USC nas facultades e escolas da USC, responsabilidade que recae en membros do profesorado, polo que se pode considerar un apoio da universidade á nosa asociación. O seu papel é popularizar e dar visibilidade á asociación entre o persoal dos centros, sobre todo, entre o alumnado, xa que as persoas que hoxe están a estudar na USC serán exalumnos/as en poucos anos. Para isto os coordinadores organizan actividades e difunden as organizadas pola Xunta Directiva. No ano 2019 este proxecto experimentou un pulo notable e conseguiuse que os 25 centros da USC conten cun coordinador ou coordinadora. O fin principal deste proxecto é contribuír a crear entre as persoas que forman a comunidade universitaria da USC un sentimento de pertenza á institución, para o que Alumni USC é un instrumento idóneo.

20

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

21


01

I

A ASOCIACIÓN

Actos académicos

A ASOCIACIÓN

I

Aniversarios

I 01

I

Acto de Graduación de Medicina

Vodas de Ouro de Dereito

A presenza de Alumni USC nos actos de graduación é importante pois son unha magnífica ocasión para dar a coñecer aos/ás inminentes egresados/as os beneficios de pertencer a asociación.

A promoción de 1969 de Dereito reuniuse o 18 de maio para conmemorar o 50º aniversario da súa licenciatura. A esta promoción pertencen persoas que ocupan hoxe en día postos relevantes en órganos como o Tribunal Supremo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e a Audiencia Provincial. Asistiu ao acto como representante da asociación, Benigno Amor, membro da Xunta Directiva de Alumni USC nese momento.

O 24 de abril, Alumni USC foi convidada ao solemne acto de graduación da promoción 2014-19 de Medicina, que tivo lugar no Palacio de Congresos, e á que acudiu a Presidenta representando a asociación. Foi unha xornada de celebración para os mozos e mozas que cursaron esta emblemática carreira, unha das máis antigas da USC.

A asociación e a cidade

I

Proxecto Xardín Botánico de Santiago A creación do Xardín Botánico é un vello proxecto que por diversas circunstancias a Universidade de Santiago non puido facer realidade. No 2019 un grupo de entidades santiaguesas lideradas polo Ateneo, propuxeron recuperar esta iniciativa dado o seu interese para a educación ambiental e a investigación e para o uso recreativo do espazo para a cidadanía. Formouse unha Comisión cidadá que está integrada polo Ateneo, o Colexio de Arquitectos de Santiago, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural, A Sociedade Económica de Amigos do País e Alumni USC. Alumni USC sumouse a este proxecto que traspasa o ámbito universitario para converterse nunha iniciativa de grande interese para a cidade de Santiago de Compostela. Ao longo do 2019 a Comisión cidadá mantivo diversas reunións de traballo coas institucións implicadas no proxecto como son o Concello de Santiago, o Consorcio e a Universidade de Santiago. Acordouse que o primeiro paso é a creación dun ente de xestión, que moi probablemente será unha fundación, que posteriormente xestionará a financiación dun novo proxecto para o Xardín Botánico.

22

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

23


01

24

I

A ASOCIACIÓN

A ASOCIACIÓN

I 01

Vodas de Ouro de Filoloxía Románica

Vodas de Ouro de Químicas

O 29 de xuño tivo lugar o acto conmemorativo dos 50 anos de licenciatura da promoción 1964-69 de Filoloxía Románica, no paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, onde no seu momento estudaron estes/as antigos alumnos/as. Tomaron a palabra no acto os profesores Guillermo Rojo, como representante do alumnado, Luis Iglesias, como representante do profesorado, a decana da Facultade de Filoloxía, Mª José López, e a Presidenta de Alumni USC, Benita Silva.

As Vodas de Ouro da promoción 1964-1969 da licenciatura de Ciencias Químicas celebráronse o 5 de xullo no salón de graos da facultade. Despois da colocación dunha placa conmemorativa do evento no Recanto da Saudade do Campus Vida, tivo lugar o acto central no que interviron o vicedecano Pedro Rodríguez, o representante do profesorado Miguel Angel Ríos, os representantes do alumnado Carlos García e Luís Romaní, e a Presidenta de Alumni USC.

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

25


01

26

I

A ASOCIACIÓN

A ASOCIACIÓN

I 01

Vodas de prata de CC. Empresariais

Vodas de Prata de Medicina

O 5 de outubro de 2019, Alumni USC foi convidada ás Vodas de Prata de Ciencias Empresariais. O acto, que reuniu a un cento de antigos alumnos e alumnas, estivo presidido polo decano da facultade, Xoán Ramón Doldán García. Patricia Vigo, alumna da promoción, foi a encargada de presentar a gala que contou tamén coa participación da madriña da promoción, Marisa del Río, do exdecano e profesor emérito, José Carlos de Miguel e do profesor Rafael Millán. Os antigos estudantes estiveron representados por Antonio Novo Saavedra. Alumni USC estivo representada por Loreto Fernández, membro da Xunta Directiva e profesora da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

O sábado 26 de outubro reuniuse na Facultade de Medicina o grupo de antigos/as alumnos/as da promoción 1988-1994 que cumprían o 25º aniversario da súa licenciatura. O acto estivo presidido polo vicedecano da facultade, José Carreira Villamor; como representante do alumnado fixeron uso da palabra Natalia Alonso Vence e Pablo Rama Maceiras, e como representante do profesorado Xosé L. Otero Cepeda. Tamén interviu a presidenta de Alumni USC, Benita Silva Hermo.

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

27


ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR ALUMNI USC En Santiago de Compostela

I 02

I

Visita á empresa Aluminios Cortizo S.A. No ano 2018 Alumni USC comezou a organizar visitas a empresas co obxecto de fomentar as relacións co tecido empresarial, iniciativa que tivo moi boa acollida por parte de socias e socios. A tarde do 18 de xaneiro, un nutrido grupo de persoas fixo unha visita guiada polas instalacións da empresa Aluminios Cortizo S.A. en Padrón. Esta empresa é o primeiro fabricante e distribuidor de aluminio e PVC para a arquitectura e para a industria na península ibérica e un referente europeo no sector, estando presente en 60 países.

MEMORIA 2019 >

29


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Conferencia de Carlos Pajares

Visita guiada á exposición “Castelao Maxistral”

O 22 de xaneiro Carlos Pajares Vales impartiu unha conferencia titulada “Ciencia e relixión”. Ao remate do acto, presentado pola presidenta de Alumni USC e que contou coa presenza de Marcelino Agís, decano da facultade de Filosofía, tivo lugar un animado coloquio.

O 8 de febreiro, algúns socios e socias asistiron a unha visita guiada da exposición “Castelao Maxistral. A boa obra ao mestre honra”, comisariada por Miguel Anxo Seijas Seoane que estaba aberta ao público no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura. A derradeira lección do mestre (por primeira vez exhibida en Galicia) constitúe o eixe central desta exposición, xunto con outras 92 pezas. Os asistentes puideron contemplar estas obras que intentan mostrar o papel fundamental que tiveron os mestres e mestras a principios do século pasado, así como recoñecer unha vez máis o mérito de Castelao.

O Dr. Pajares, exreitor da USC, é un investigador de gran prestixio no campo da Física de Partículas e en temas relacionados coa orixe do universo. Tamén fixo un labor moi loable na divulgación do coñecemento científico; con este obxectivo publicou varios libros e numerosos artigos en xornais e revistas de divulgación.

30

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

31


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Conferencia de Francisco Cebreiro

Visitas ao Pórtico da Gloria

O 14 de febreiro o Doutor en Historia pola USC, Francisco Cebreiro, impartiu a conferencia titulada “Losada Sotomayor (1707-1790): O último banqueiro compostelán do Antigo Réxime”. O acto, que tivo lugar na Facultade de Filosofía, resultou de grande interese, o que se reflectiu no animado coloquio que se estableceu.

A restauración do conxunto do Pórtico da Gloria supuxo un grande empeño artístico, económico e científico, e a conservación desta obra singular esixe unas condicións especiais, de aí que os grupos de visitantes teñen que ser pouco numerosos. Por este motivo e polo grande interese manifestado polos nosos socios e socias, organizáronse dúas visitas os días 15 e 22 de febreiro. Resultou una ledicia para os asistentes poder contemplar esta importante obra e os detalles que non se podían apreciar antes da restauración.

Dr. Cebreiro, que na actualidade está a exercer de investigador na Universidade da Soborna en París, veu a Santiago a recoller o V Premio Valentín Paz Andrade á mellor tese doutoral en Economía de Galicia do 2018, que convocan conxuntamente o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e o Consello Económico e Social de Galicia. Esta circunstancia brindou á nosa asociación a posibilidade de poder contar con el para esta actividade.

32

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

33


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Conferencia de Marisol Filgueiras

Homenaxe a Xabier P. Docampo na Biblioteca Ánxel Casal

Marisol Filgueiras, licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e graduada en Nutrición e Dietética pola Universidade Alfonso X el Sabio, impartiu o 2 de abril unha conferencia titulada “Nutrición: mitos e verdades”. A charla suscitou un grande interese e foi seguida dun animado coloquio. A conferenciante, que exerce profesionalmente como nutricionista, insistiu na necesidade de implantar hábitos saudables desde a infancia.

O 4 de xuño celebrouse na Biblioteca Pública Ánxel Casal unha homenaxe a Xabier P. Docampo. O acto consistiu na lectura de diferentes textos do autor, no que participaron representantes de distintas entidades que colaboraban na homenaxe. En nome de Alumni USC asistiron os socios Xoán Xosé Fernández Abella e Fernando Lema. Posteriormente, María Jesús Fernández fixo un repaso da traxectoria do autor na súa charla “Xabier P. Docampo, el escritor. Tradición y modernidad”.

O acto, que se celebrou na Facultade de Farmacia, foi presentado pola Presidenta Benita Silva e contou coa asistencia do decano Francisco Otero Espinar, entre outras moitas persoas, das cales houbo numerosos estudantes xa que se fixo unha importante difusión do evento por parte da facultade.

34

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

35


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

Actividades en Lugo

I

Conferencia de Carlos Pajares: Ciencia e Relixión O 22 de febreiro o profesor Carlos Pajares impartiu no Campus de Lugo a mesma conferencia que impartira en Santiago un mes antes, dado o grande interese que manifestaron os socios e socias de Lugo e das localidades próximas. Nesta ocasión o acto foi presentado pola vicepresidenta de Alumni USC, Julia Melgar, e de novo foi un éxito, estivo moi concorrido e ao rematar a conferencia orixinouse un animado coloquio.

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Visita á Domus de Mitreo Os membros da Xunta Directiva de Alumni USC do Campus de Lugo organizaron o 10 de decembro unha actividade consistente nunha conferencia sobre a Domus do Mitreo e unha posterior visita guiada ás escavacións. Na actualidade este complexo monumental está convertido nun museo universitario no que se exhiben in situ os restos dun templo romano dedicado a Mitra; constitúe un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes de Galicia. A conferencia foi impartida por Celso Rodríguez Cao, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, responsable das escavacións e da posta en valor da Domus. A actividade, na que actuou como presentador o vicepresidente Carlos Herrero, tivo un rotundo éxito xa que asistiron arredor de 90 persoas que manifestaron unha gran satisfacción pola realización da actividade.

Conferencia de Antonio Gregorio O 9 de abril, Alumni USC organizou unha conferencia que foi impartida por Antonio Gregorio (profesor de Física e wikipedista) que levaba por título “Wikipedia cumpre os 18: maioría de idade dunha ferramenta comunitaria”, que tivo lugar na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo.

36

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

37


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

Outras

I

Excursión pola ría de Vigo: visita ás illas Cíes e San Simón O 29 de xuño de 2019, para celebrar o peche do curso académico 2018-2019, realizouse unha excursión pola ría de Vigo que incluía visitas guiadas ás Illas Cíes e á Illa de Simón. Un numeroso grupo de socios e socias percorreron as illas, nunha xornada soleada na que gozaron da contorna e das magníficas paisaxes e tiveron a oportunidade de coñecer máis sobre a rica biodiversidade autóctona. Dado que o número de asistentes estaba limitado e ante a gran demanda desta excursión, organizouse outra o 15 de setembro de 2019, coa que se deu comezo ao programa de actividades do curso académico 2019-2020. Esta segunda visita, igual que a primeira, resultou de grande agrado e interese.

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

Entrega do XIII Premio de Relato Curto

I 02

I

A entrega do Premio de Relato Curto na súa decimoterceira edición, tivo lugar o 5 de xuño, no auditorio Abanca na rúa do Vilar. O gañador desta edición foi o ourensán Ricardo Cid Paz quen, co seudónimo “Avelaiona” , tiña presentado o relato titulado “O isco”. O xurado estivo formado por Armando Requeixo Cuba, Inmaculada Sánchez Leira, Rocío Leira Castro e Mar Fernández Vázquez, esta última con voz pero sen voto. Os membros do xurado destacaron a alta calidade dos relatos recibidos tanto no que se refire ao uso do léxico galego coma á historia contada. O acto foi presentado por Manuel Fraga Carou. Fixeron uso da palabra, ademais dos compoñentes do xurado, Armando Requeixo, quen impartiu unha charla titulada “Estratexias e dirección na narrativa galega actual”, e o autor do relato premiado, que deu lectura á obra. Rafael Silva como director territorial de HM Hospitales en Galicia, empresa patrocinadora do premio, entregoulle o galardón a Ricardo Cid e foi o encargado de clausurar o acto xunto con Benita Silva, presidenta de Alumni USC, e Victoria Otero, Vicerreitora de Titulacións da USC, que ocupaban a mesa presidencial.

XIII PREMIO

de Relato Curto 38

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

39


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES DO CLUB DE SENDEIRISMO

I

O Club de Sendeirismo estivo especialmente activo no ano 2019. Organizou andainas practicamente cada mes, nas que participaron un gran número de persoas.

Fin do Camiño de Frei Martin Sarmiento

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Ruta da Auga O sábado 13 de abril o Club de sendeirismo organizou unha xornada en Mondoñedo na que se combinaron sendeirismo e cultura, facendo a Ruta da Auga, de 12 km circulares, na que se puido apreciar a espectacular fervenza do Salto do Coro e vistas da cova do Rei Cintolo. A xornada completouse cunha visita a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, recentemente inaugurada.

O 2 de marzo un nutrido grupo completou o camiño que Frei Martín Sarmiento realizara en 1745. Esta ruta é unha variante polo Salnés do Camiño de Santiago Portugués. Nesta ocasión os camiñantes fixeron a última etapa do camiño, que transcorre entre Padrón e Santiago de Compostela.

Penúltima etapa do Camiño dos Faros O 30 de marzo fixeron a penúltima etapa do Camiño dos Faros. Nos trece quilómetros que levan a Laxe desde Dombate, os camiñantes gozaron dunhas vistas excepcionais, acompañados duns agradables raios de sol.

Última etapa do Camiño dos Faros O sábado 25 de maio, un numeroso grupo de aventureiros remataron o famoso Camiño dos Faros, tras moitas andainas repartidas ao longo de dous anos. Os participantes gozaron do fermoso día compartindo experiencias do resto das andainas xa vividas. Esta duodécima e derradeira etapa foi de Laxe a Camelle, andando un total de 15 km. Os participantes puideron ollar a Praia dos Cristais, Soesto, o Roncudo e os penedos de Traba, entre outras marabillas.

40

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

41


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Ruta de Espasante a O Barqueiro

Primeira etapa do Camiño de Inverno

O sábado 15 de xuño, o club de sendeirismo de Alumni USC fixo a ruta que vai de Espasante (Ortigueira) hasta O Barqueiro (Mañón) seguindo a ruta sinalizada nos Camiños Naturais do Cantábrico.

O domingo 29 de setembro o Club de sendeirismo de Alumni USC comezou a súa actividade do curso 2019-2020 coa 1ª etapa do Camiño de Inverno que ten programado continuar en 2020. Esta primeira etapa non se corresponde co calendario previsto pero, por mor da beleza paisaxística da Ribeira Sacra nesta época do ano, pensouse que era o máis axeitado comezar con esta etapa, e mais cando está considerada a etapa raíña. Este primeiro tramo, de 17 quilómetros, transcorreu desde San Paio de Diamondi ata Santo Antón de Penasillás. Os camiñantes puideron coñecer o inicio das labores do viño, recurso tan importante nesta comarca.

Nesta etapa puideron camiñar por praias e cantís, admirar Pena Furada, extasiarse no “mellor banco do mundo” (O Coitelo) e pisar as areas da fermosa praia de Esteiro (zona de especial conservación: ZEC).

42

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

43


02

44

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Segunda etapa do Camiño de Inverno

Terceira etapa do Camiño de Inverno

O sábado 26 de outubro, máis dunha trintena de camiñantes percorreron a 2ª etapa deste Camiño de Inverno. A etapa, de 17 km, comezaba en Ponferrada e remataba no Castelo de Cornatel, que tiveron a sorte de poder visitar. O grupo puido contemplar a marabillosa paisaxe acompañados polo bo tempo.

O sábado 23 de novembro de 2019, o Club de Sendeirismo percorreu a terceira etapa do Camiño de Inverno, desde o Castelo de Cornatel ata a Ponte de Domingo Flórez. Un percorrido de 17 km no que os camiñante tiveron ocasión de pasar por as Médulas, ese sitio arqueolóxico testemuña da magnífica obra de enxeñaría dos romanos, chegando a Ponte de Domingo Flórez, o derradeiro pobo berciano na fronteira con Galicia.

< MEMORIA 2019

MEMORIA 2019 >

45


REVISTA FONSECA

Revista FONSECA

I 03

I

No ano 2019 Alumni USC publicou o nº 42 da revista FONSECA que reflicte algunhas das actividades mais salientables desenvolvidas e recolle artigos de opinión de temática diversa, reportaxes e entrevistas, unha delas co Reitor. Abre esta edición un foro de cinco estudantes universitarias, que fan unha crítica do plan educativo, malia que recoñecen o orgullo de formar parte da USC. Destácase o proxecto expositivo sobre o Camiño de Inverno, de Ponferrada a Compostela, para o que Alumni USC conseguiu unha relevante subvención do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia. A revista pode consultarse e descargarse desde o perfil de Issuu de Alumni USC:

https://issuu.com/asociacionantigosalumnosusc/docs

Revista da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela

número_

42

Decembro de 2019

A voz das universitarias MEMORIA 2019 >

47


RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

RELACIÓNS CON OUTRAS INSTITUCIÓNS Federación Alumni España

I 04

I

A Federacion reune á gran maioría das asociacións de antigos/as alumnos e alumnas das universidades españolas e ten como finalidade principal aunar esforzos para a consecución de fins de interese común e o intercambio de experiencias. Alumni USC forma parte da Federación desde os seus inicios no ano 1997. Cada ano a Federación celebra un encontro para promover a relación entre as entidades integrantes e para impulsar novos proxectos. No 2019 o XXIII Encontro Entidades Alumni España celebrouse na Universidade de Burgos os días 13 e 14 de xuño. En representación de Alumni USC asistiu o vicepresidente Carlos Herrero. Está previsto que no ano 2021, o encontro se celebre en Santiago de Compostela.

MEMORIA 2019 >

49


04

I

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Foro Cívico de Santiago Desde hai anos Alumni USC ten a honra de formar parte do Foro Cívico de Santiago de Compostela. Auspiciado pola Cámara de Comercio, que cede as súas novas instalacións no polígono de Costa Vella para as xuntanzas, o Foro é un colectivo variado de organizacións, unidas na procura de mellorar a capital de Galicia. Nas reunións mantidas, ás que asiste Agustín Pena en representación da nosa asociación, trátanse moitos temas estratéxicos para a cidade. É de salientar que en maio 2019 (antes das eleccións) se elaborou un documento de acordo que foi asinado polos partidos políticos con representación municipal e apoiado polos colectivos integrados no Foro, para defender e activar varios asuntos considerados estratéxicos para a cidade que trascenden unha lexislatura. Neste documento figuran como temas prioritarios: Industrialización de Santiago de Compostela, Estación Intermodal, Infraestruturas: A-54 e Orbitaliño, Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R) e Reforma e modernización da Administración Municipal.

Museo Casa da Troia Alumni USC forma parte do Padroado do Museo Casa da Troia. Sempre apoia as súas iniciativas e trata que algún membro da Xunta Directiva participe e represente á asociación nas súas actividades. Neste ano o director do Museo, Benigno Amor, mantivo as reunións pertinentes para lograr crear unha Fundación que xestione o patrimonio da Casa Museo.

50

< MEMORIA 2019



Articles inside

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.