a product message image
{' '} {' '}
Limited time offer
SAVE % on your upgrade

Page 1

MEMORIA 2018

I ALUMNI USC


MEMORIA 2018

I ALUMNI USC


ÍNDICE

I

I ÍNDICE

3

I PRESENTACIÓN

5

I

7

01 A ASOCIACIÓN

_ A Xunta Directiva 7 _ Asembleas • Asemblea Xeral Ordinaria • Asemblea Xeral Extraordinaria de Outono

8 8 9

_ Asociados/as

10

_ Socios protectores

10

_ Tesourería

16

_ A asociación na internet

17

_ A asociación e a Universidade 18 • Axuda institucional 18 • EnMente 18 • Coordinadores/as nos centros da USC 18 _ Actos académicos

19

_ A asociación e a cidade

21

_ Aniversarios

22

I

02 ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC _ En Santiago de Compostela • Curso de marcha nórdica • Exposicións: «In tempore sueborum» e «Quessada. Sociedade e represión» • Plantación de árbores no Gaiás • Seminario «Emprender e montar un negocio» • Visita ao hostal dos Reis Católicos • Charla sobre Ángela Ruiz Robles • Conferencia de Rosa Calvo • Mesa redonda PROYDE • Paseo pola Alameda • Excursión ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz • Xornada mariñeira no Joaquín Vieita • Ruta xeolóxica • Presentación do poemario de Xoán Xosé Fernández Abella • Obradoiro de Antonio Guillén • Presentación dun libro de Áurea Sánchez • Visita a FINSA • Mesa redonda «O asociacionismo: forza ou debilidade»

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

25 25 25 26 27 27 28 29 29 30 31 32 33 34 35 36 36 37 38

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

3


I

PRESENTACIÓN

ÍNDICE

_ En Lugo • Charla-coloquio «Ejercicio físico y salud» • Charla de Marta Ramos Goicoa

39 39 39

_ Premio relato curto

40

_ Actividades do Club de sendeirismo

41

I

45

I

47

03 REVISTA FONSECA 04 RELACIÓNS INSTITUCIONAIS _ Foro Cívico Empresarial

47

_ Museo Casa de la Troya

48

_ Federación Alumni España

49

I

Ano tras ano a nosa asociación realiza actividades diversas co propósito de manter e fomentar a relación entre socios e socias e de dar a coñecer o seu labor e interese entre a cidadanía en xeral, especialmente nas cidades de Santiago de Compostela e Lugo. O 2018 foi un ano intenso neste sentido e na presente memoria presentamos dun xeito sintético as actividades realizadas, ilustradas con imaxes. Gustaríame salientar algunha sen que isto signifique restarlle importancia ás demais. Empezarei polas fermosas andainas do club de sendeirismo que este ano comezou a peregrinación a Santiago de Compostela por unha variante do camiño portugués para conmemorar o percorrido que levou a cabo Frei Martin Sarmiento en 1745. Celebramos a terceira edición de EnMente que se vai consolidando como unha actividade de grande interese dada a importancia que a intelixencia emocional ten para o desenvolvemento da vida profesional, familiar e persoal. Tamén quero mencionar o seminario “Emprender e montar un negocio”, impartido por un membro da Xunta Directiva e dirixido particularmente á xente moza, e o obradoiro de fotografía microscópica que tivo unha grande acollida e participaron nel ademais de socios e socias, docentes de secundaria e numerosos estudantes. Outra actividade salientable foi a mesa redonda «O asociacionismo: forza ou debilidade». Tanto as intervencións dos membros da mesa coma o coloquio foron moi interesantes e a principal conclusión foi a necesidade de colaboración entre as diferentes asociacións participantes. No ano 2018 puxemos en marcha unha iniciativa consistente en nomear en cada centro docente da USC unha persoa que actúe como coordinador/a de Alumni USC. O seu principal papel é dar a coñecer a asociación entre o profesorado e o PAS e, sobre todo, entre o alumnado para que comprendan que pertencer a esta asociación lles pode achegar beneficios cando se gradúen. Para isto desenvolveran actividades de interese para cada titulación. Outro obxectivo no que estas persoas poden contribuír grandemente e apoiar a Xunta Directiva, e fomentar o sentimento de pertenza á Universidade de Santiago que consideramos de suma importancia. E deixei para o final un acto memorable: o nomeamento como socio de honra do profesor Juan Viaño que durante a súa etapa como reitor demostrou que consideraba Alumni USC como un proxecto importante para a Universidade. Neste acto o novo reitor Antonio López pronunciou unhas palabras moi esperanzadoras e ilusionantes manifestando que recoñece e valora a nosa asociación. Esperemos que estas palabras se traduzan nun apoio real.

Benita Silva Hermo Presidenta

4

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

5


A ASOCIACIÓN

A Xunta Directiva

I 01

I

En 2018 continúa a Xunta Directiva que foi nomeada o 12 de decembro de 2015 despois da última modificación feita a finais 2018.

Presidenta_ Dona Benita Silva Hermo Doutora en Ciencias Químicas. Profesora titular na USC

Vicepresidenta_ Dona Mª Julia Melgar Riol Doutora en Farmacia e Catedrática da USC

Secretaria_ Dona Mª del Mar Fernández Vázquez Diplomada en Estudos Avanzados pola USC

Tesoureiro_ Don Agustín Pena Herva Diplomado en Maxisterio e empregado na empresa privada

Vogais_ Don Benigno Amor Barreiro Licenciado en Dereito e xerente de empresa privada Dona Isabel Aneiros Penedo Diplomada en CC. Empresariais e Licenciada en C.C. Económicas e Empresariais pola USC. Analista do departamento de fondos de capital risco en Xesgalicia Don Francisco R. Durán Villa Doutor en Xeografía e Historia. Profesor titular na USC Don Manuel Fraga Carou Licenciado en Filoloxía Hispánica pola USC e administrador de empresa privada Don Víctor A. García Dopico Licenciado en Dereito pola USC e avogado en exercicio Don Carlos Herrero Latorre Doutor en Ciencias Químicas. Profesor titular na USC no Campus de Lugo Don Jesús López Romalde Doutor en Ciencias Biolóxicas. Catedrático na USC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

7


01

I

A ASOCIACIÓN

Asembleas

A ASOCIACIÓN

I

Asemblea Xeral Extraordinaria de Outono

Asemblea Xeral Ordinaria O 15 de xuño celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria no salón de actos da facultade de Filosofía, na que se presentou a Memoria 2017. Contouse coa presencia de Roberto Almuiña Díaz, quen como peche do acto impartiu a conferencia titulada «El cuarzo y sus aplicaciones».

8

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I 01

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

O 14 de decembro levouse a cabo, como xa é habitual nos últimos anos, a Asemblea Xeral Extraordinaria, á cal nos referimos como «de outono». O acto tivo lugar no Paraninfo da facultade de Xeografía e Historia e serviu de marco para celebrar o nomeamento como socio de honra do anterior reitor Juan Viaño. Presidiron a sesión o actual reitor, Antonio López, e a presidenta de Alumni USC, Benita Silva. Tamén se contou coa presencia do catedrático de Pedagoxía e Didáctica da USC, Antón Costa Rico, quen ofreceu a conferencia titulada «A luz de Frei Martin Sarmiento: co corazón en Galicia, a terra amada».

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

9


01

I

A ASOCIACIÓN

Asociados

A ASOCIACIÓN

I 01

I

Rematamos o ano 2018 cun número total de socias e socios de

655

(627 ordinarios e 28 protectores)

Socios protectores

I

NINO Centro de Impresión Digital

Hotel Monumento SAN FRANCISCO

Avda. Rosalía de Castro, 58, bajo 15706 Santiago de Compostela TEL_ 981 590 302

Rúa Campillo de San Francisco, 3 15705 Santiago de Compostela TEL_ 981 581 634

www.copynino.com

www.sanfranciscohm.com

Librería FOLLAS NOVAS

Segundo os estatutos da asociación, socios protectores son «aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que colaboren economicamente co sostemento da asociación, patrocinándoa, cooperando nalgunha actividade ou evento, achegando algunha axuda ou apoiándoa doutro xeito». No ano 2018, Alumni USC incrementou en tres o número de socios protectores, chegando a un total de vinte e oito, que se relacionan a continuación:

Rúa Montero Ríos, 37 15706 Santiago de Compostela follasnovas@follasnovas.es TEL_ 981 594 406 FAX_ 981 590 612 www.libreriafonsecadecompostela.es/es/

Carrocera CASTROSUA Estrada da Coruña Km. 59,5 15890 Santiago de Compostela TEL_ 981 552 460

SANTIAGO DE COMPOSTELA E COMARCA

www.castrosua.com

Cafetería LEMBRANZA Rúa Montero Ríos, 39 15701 Santiago de Compostela TEL_ 981 593 636 www.cafeterialembranza.com

10

PARADORES de Turismo de España Praza do Obradoiro s/n 15704 Santiago de Compostela TEL_ 981 582 200 www.parador.es/es/paradores/ parador-de-santiago-de-compostela

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

LÁPICES 4

JOSÉ OTERO Rúa Xeneral Pardiñas, 13, baixo 15701 Santiago de Compostela TEL_ 981 569 230

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

Avda. da Coruña, 4, baixo 15701Santiago de Compostela TEL_ 981 580 429 www.lapices4.com

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

11


01

I

A ASOCIACIÓN

A ASOCIACIÓN

Autos COMPARADO Restaurante CASA CAMILO Rúa A Raíña, 24 15705 Santiago de Compostela TEL_ 981 584 593

Praza Nosa Señora da Mercé de Conxo, 6-1º C 15706 Santiago de Compostela TEL_ 981 554 407

Rúa Espíritu Santo, 23 15200 Noia (A Coruña) TEL_ 981 820 938 630 877 424 info@autoscomparado.com

www.vialactea.es

www.autoscomparado.com

VÍA LÁCTEA Comunicación

I 01

CÁMARA DE COMERCIO de Santiago de Compostela San Pedro de Mezonzo, 44 baixo 15701 Santiago camara@camaracompostela.com www.camaracompostela.com

LUGO E COMARCA

Limpiezas SALGADO Rúa Fernando III El Santo, 41 15701-Santiago de Compostela TEL_ 981 599 089 www.salgadolimpiezas.es

UNA Grupo Business Global

Restaurante FONTE DO REI

PRELO

Avda. Barcelona, 33-local 1 A 15706- Santiago de Compostela TEL_ 902 150 152

Avda. de Madrid, 5 e 63 27002 Lugo TEL_ 982 245 608 / 982 223 711

Ronda da Muralla, 34, baixo 27002 Lugo TEL_ 982 280 359

www.unagrupo.com

www.fontedorei.es

www.prelo.es

San Pedro de Mezonzo, 28 15701 Santiago de Compostela

Instalaciones CRUZ

EL PROGRESO DE LUGO

Loft Santa Marta - Avda. de Montevideo, 1-1º E 15706 Santiago de Compostela TEL_ 881 998 791 / 670 417 405

Rúa Río Sil, 44, baixo 27003 Lugo TEL_ 982 253 446

Rúa Ribadeo, 5 27002- Lugo TEL_ 982 298 146

www.hyggepilates.com

www.instalacionescruz.com

www.elprogreso.es

HYGGE by Sabucedo & León A CESTA DA SAÚDE Rúa Ramón Cabanillas, 10 15701-Santiago de Compostela TEL_ 981 592 595

12

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

13


01

I

A ASOCIACIÓN

A ASOCIACIÓN

I 01

PONTEVEDRA E COMARCA

Restaurante MESÓN DE ALBERTO

ARESA Agrícola

Rúa da Cruz, 4 27001 Lugo TEL_ 982 228 310

Avda. de Madrid, 187 27002 Lugo TEL_ 982 222 400

www.mesondealberto.es

www.aresa-agricola.com

Avda. de Breogán s/n 27370 Rábade (Lugo) TEL_ 982 390 371

Conejos Gallegos COGAL S. Coop. Gallega Alceme 36530-Rodeiro (Pontevedra) TEL_ 986 790 100

Óscar Guimeráns Rodríguez Rúa Cobian Roffignac, 19-baixo 36007-Pontevedra TEL_ 986 167 176

www.cogal.net

AMSLAB Avda. Benigno Rivera, 56 27003 Lugo TEL_ +34 982 808 074 www.ams-lab.com

Bodegas TERRAS GAUDA Estrada Tui- A Guarda km 55 36760 O Rosal (Pontevedra) TEL_ 986 621 111 www.terrasgauda.com

14

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

15


01

I

A ASOCIACIÓN

Tesouraría INGRESOS

I

A ASOCIACIÓN

A Asociación na Internet CONCEPTO

Cota social Ordinaria e socios protectores Vodas de Prata e Ouro EnMente III Matrícula EnMente III Patrocinios Xunta, Castrosua e USC XII Premio Relato Curto Patrocinio de La Rosaleda Actividades varias TOTAL

GASTOS

CONCEPTO

IMPORTE 21.968,00 € 9.594,00 € 5.049,00 € 3.650,00 € 500,00 € 1.839,02 € 42.600,02 €

16

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I

Alumni USC continuou a difundir as novas e as actividades desenvolvidas durante o ano na súa páxina en liña

http://antigosalumnos.usc.es/antigosalumnos/gl/index.html e nos seus perfís de Facebook e LinkedIN.

IMPORTE

Gastos de persoal Nóminas e Seguridade Social 16.379,97 € Actividades varias 1.839,02 € Patrocinios e Federación 800,00 € Vodas de Prata e Ouro 8.619,44 € XII Premio Relato Curto 500,00 € EnMente III 5.797,29 € Cursos e programas, seguros 3.606,15 € Gastos diversos 2.931,74 € Remanente 2018 2.126,41 € TOTAL 42.600,02 € Remanente 2017 2.815,33 € Remanente 2018 2.126,37 € Superávit neto

I 01

https://www.facebook.com/alumniUSC.asociacion/

https://www.linkedin.com/in/alumni-usc-b5aa57ba

4.941,70 €

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

17


01

I

A ASOCIACIÓN

A Asociación e a Universidade Axuda institucional

A ASOCIACIÓN

I

I 01

Actos académicos

A USC ademais de ceder a Alumni USC o local da súa sede na Casa da Concha, corre cos gastos de correo postal, teléfono e demais gastos ordinarios (luz, auga e servizo de limpeza), igual que en anos anteriores.

Alumni USC foi convidada ao solemne acto de graduación de Medicina, que tivo lugar o 25 de abril no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Ao acto asistiu como representante da asociación Julia Melgar, vicepresidenta de Alumni USC.

Tamén cedeu gratuitamente os locais da Universidade para celebrar gran parte das súas actividades.

EnMente. III Encontro de intelixencia emocional da USC Na terceira edición de EnMente (Encontro de intelixencia emocional) contouse coa colaboración da Xunta de Galicia e da empresa Castrosua. Asistiron como relatores: Rafael Bisquerra Alzina, Leticia Garcés Larrea, Manuel Mariño, Estefanía Zardoya Cabo, Mar Castro e Mónica González López. O resultado foi moi positivo pois cubríronse todas as prazas e o grao de satisfacción dos participantes foi alto.

Coordinadores/as nos centros docentes No ano 2018 púxose en marcha unha iniciativa consistente en nomear en cada centro docente da USC unha persoa que actúe como coordinador/a de Alumni USC. O seu principal papel é dar a coñecer a Asociación entre o profesorado e o PAS e, sobre todo, entre o alumnado para que comprendan que pertencer a esta asociación lles pode achegar beneficios cando se gradúen. Para isto organizarán actividades nos centros e difundirán as organizadas por Alumni USC. Outro obxectivo no que os/as coordinadores/as poden contribuír grandemente é fomentar o sentimento de pertenza á Universidade de Santiago de Compostela entre a comunidade universitaria e tamén entre as persoas que se formaron nela. Dos 25 centros docentes da nosa universidade xa contan con coordinador ou coordinadora 18 deles, e seguimos a traballar para completar o cadro.

18

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

19


01

I

A ASOCIACIÓN

A ASOCIACIÓN

A asociación tamén foi convidada á graduación de Química, o 21 de xullo, que se celebrou no Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Como representante da asociación participou no acto Jesús Lopez Romalde, vogal de Alumni USC.

I 01

A asociación e a cidade En Santiago de Compostela: sinalética Alameda Este proxecto comezouse no ano 2016, con motivo da conmemoración do 20º aniversario de Alumni USC e foi promovido polo Concello de Santiago de Compostela e patrocinado por FINSA. A finais de 2017 colocáronse os carteis coa sinalización das árbores pero foi o 16 de xaneiro do ano 2018 cando se realizou unha inauguración oficial coa asistencia do alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega. Con este motivo realizouse un paseo pola Alameda para observar as máis de setenta árbores que foron identificadas co obxectivo de recoñecer a magnífica variedade natural deste parque histórico.

20

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

21


01

I

A ASOCIACIÓN

A ASOCIACIÓN

Aniversarios

Vodas de Prata Medicina

Vodas de Ouro Química A promoción de 1963-1968 de Química reuniuse en Santiago de Compostela o 2 de xuño para celebrar os cincuenta anos da súa licenciatura. No acto participou a decana da facultade de Química, Pilar Bermejo, e en representación dos/das exalumnos/as interviñeron Mari Álvarez Lirez, Pili Rodríguez e Ángel Sanjurjo. En representación de Alumni USC, asistiu o vogal Jesús López Romalde.

22

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I 01

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

O 27 de outubro celebráronse en Santiago de Compostela as Vodas de Prata da promoción de 1987-1993 de Medicina. No acto participou o decano, Julián Álvarez Escudero, e en representación do alumnado da promoción asistiron Inmaculada Rodríguez Calvo e Manuel Antonio López Rodríguez. En representación da asociación, asistiu Julia Melgar, vicepresidenta de Alumni USC.

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

23


ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

En Santiago de Compostela Curso de marcha nórdica O 27 de xaneiro realizouse o curso de marcha nórdica, deporte que consiste en camiñar cuns bastóns específicos empregando unha técnica baseada no esquí de fondo para activar a maior parte da musculatura corporal. O curso foi impartido por Ignacio García Pérez, licenciado en Ciencias da actividade física e o deporte, e tivo lugar na Alameda de Santiago de Compostela.

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

25


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Exposicións: «In tempore sueborum» e «Quessada. Sociedade e represión»

Plantación de árbores no Gaiás

Un nutrido grupo de socios e socias viaxou a Ourense o 4 de febreiro para ver a exposición «In tempore sueborum», que rememora a instalación dos suevos no noroeste da Península Ibérica sendo a máis importante de Europa sobre o reino suevo.

O 3 de marzo varias persoas da asociación realizaron unha colaboración simbólica na construción do Bosque de Galicia coa plantación de árbores no Gaiás, actividade promovida pola Fundación Cidade da Cultura co apoio da Fundación USC Deportiva e o patrocinio de Viaqua.

Seminario «Emprender e montar un negocio» O 19 e 20 de marzo, o vogal Víctor A. García Dopico (licenciado en Dereito pola USC e avogado en exercicio), impartiu o seminario «Emprender e montar un negocio». Celebrouse na Facultade de Dereito e estivo aberto ao público xeral. Contou coa asistencia de Eva López Barrio, directora de Women Emprende, quen acudiu ao evento para presentar a nova convocatoria do concurso de ideas empresariais innovadoras organizado pola USC.

A viaxe a Ourense completouse cunha visita á exposición «Quessada. Sociedade e represión» na sala de exposicións Afundación onde os socios e as socias puideron coñecer e admirar obras procedentes de diferentes coleccións do comprometido artista Xaime Quessada e outras xoias do patrimonio Galego.

26

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

27


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Visita ao hostal dos Reis Católicos

Charla sobre Ángela Ruiz Robles

Os días 23 de marzo e 13 de abril realizáronse dúas visitas ao hostal dos Reis Católicos, un dos edificios máis emblemáticos de Santiago de Compostela, que, no marco do noventa aniversario de Paradores, ofertou visitas guiadas polo actor Suso Martínez, caracterizado como Nicolás de Neira e Páramo, un dos administradores do Hospital Real no século XVIII. A visita foi solicitada por moitas persoas da asociación de aí que se celebraran dúas visitas. Resultaron moi amenas e de grande interese.

O 4 de abril Alumni USC organizou unha conferencia sobre a figura senlleira de Ángela Ruiz Robles, mestra, escritora e inventora da primeira enciclopedia mecánica. Foi impartida pola súa neta, Mª Luisa Souto Grandal, socia da asociación. A charla, coa que Alumni USC quixo contribuír a dar unha maior visibilidade a aquelas mulleres que desenvolveron un traballo importante nos ámbitos da cultura e a investigación, contou coa colaboración da Oficina de Igualde de Xénero da USC, representada por Eva Aguayo Lorenzo, a súa coordinadora.

Conferencia de Rosa Calvo A catedrática de Edafoloxía e Química Agrícola da USC e socia de Alumni USC, Rosa Calvo de Anta, impartiu o 11 de abril a conferencia titulada «Galicia y los sistemas forestales: una ecuación compleja» no salón de actos da facultade de Filosofía. A charla versou sobre o medio natural galego e as aptitudes do territorio para diferentes usos, enfatizando as alternativas forestais.

28

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

29


02

30

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Mesa redonda PROYDE

Paseo pola Alameda

O 18 de abril Alumni USC sumouse aos actos conmemorativos do 30º aniversario da ONG PROYDE (Promoción y Desarrollo) cunha mesa redonda na que participaron os relatores Alfonso Vázquez Ruzo, delegado de PROYDE en Galicia; Amalia Soneira Agulla, delegada de PROYDE en Santiago de Compostela; e Manuel Carreira Sebio, frade santiagués e misioneiro en Guinea Ecuatorial. O acto foi presentado e conducido por Manuel Fraga Carou, vogal de Alumni USC.

O 5 de maio realizouse un percorrido polo paseo da Ferradura do parque da Alameda compostelá guiado polo catedrático de botánica, o profesor Izco Sevillano, e polo tesoureiro da asociación Agustín Pena, gran afeccionado á botánica e que tivo un papel moi activo no proxecto de sinalización das árbores. O paseo tiña como obxectivo coñecer e admirar as árbores sinaladas e tamén historias ou anécdotas relacionadas con elas.

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

31


02

32

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Excursión ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz

Xornada mariñeira no Joaquín Vieita

O 12 de maio varios socios realizaron unha excursión á IX edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Este festival enche o espazo a carón do Río Arnoia de propostas imaxinativas, recreando atmosferas nas que os autores seleccionados ofrecen a súa visión do erotismo no xardín.

Un ano máis, un grupo de socios e socias realizaron un magnífico paseo no balandro Joaquín Vieta. Nesta ocasión a travesía foi pola ría de Muros e Noia e celebrouse o día 30 de xuño.

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

33


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Ruta xeolóxica

Presentación do poemario de Xoán Xosé Fernández Abella

O 15 de setembro realizouse a ruta xeolóxica Pico Sacro-Touro, na que os/as socios/as participantes puideron descubrir a orixe e as características xeolóxicas máis salientables dos arredores.

O 19 de setembro realizouse a presentación do libro Loanzas sentidas e outros poemas, escrito polo veterano socio de Alumni USC Xoán Xosé Fernández Abella, no salón de actos da facultade de Filosofía.

Acompañados polo guía do percorrido, Francisco Canosa, os asistentes gozaron da xornada.

No acto tomaron a palabra Sabela Arias, ilustradora do libro; Pilar Sampedro, escritora e animadora cultural quen recitou uns poemas do libro; e Rafael Silva, dono da librería Follas Novas. Para amenizar a xornada, os cantautores Miro Casabella e Manoele de Felisa interpretaron uns temas baseados no poemario.

34

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

35


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Obradoiro de fotografía microscópica de Antonio Guillén

Visita a FINSA

Nos días 5 e 6 de outubro, Alumni USC organizou a actividade “A vida baixo o microscopio. Obradoiro de observación e fotografía microscópica”. Este obradoiro foi impartido por Antonio Guillén, doutor en Bioloxía e profesor no IES Escultor Daniel de Logroño, quen mereceu numerosos premios e recoñecementos nacionais e internacionais pola súa moi innovadora actividade docente. Tivo unha grande acollida e participaron nel, ademais de socios e socias, docentes de secundaria e numerosos estudantes.

O 18 de outubro un grupo de socios e socias de Alumni USC realizou unha visita a FINSA. Despois do percorrido polas instalacións da factoría tivo lugar unha charla moi interesante con varios representantes da empresa.

Presentación libro de Áurea Sánchez O 9 de outubro realizouse a presentación do libro de Áurea Sánchez, Las Marías de Santiago, na facultade de Filosofía, na que a autora abordou as súas protagonistas. O acto estivo moi concorrido e ao final do mesmo tivo lugar un animado coloquio.

36

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

37


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

Mesa redonda «O asociacionismo: forza ou debilidade» O 7 de novembro Alumni USC convocou unha mesa redonda sobre asociacionismo, que foi moderada por Xosé Ramón Pousa, decano de Ciencias da Comunicación. Participaron na mesa: Kai Baltrusch, representante da asociación estudantil da facultade de Bioloxía Bota e Bata; Paula Sande, representante da ATEGAL (Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos); Ramón Lois, representante da Asociación de Empresarios do Tambre; Manuel LópezRivadulla, representante do Ateneo de Santiago de Compostela; e Benita Silva, representando a Alumni USC. Tanto as intervencións dos membros da mesa coma o coloquio resultaron moi interesantes e a principal conclusión foi a necesidade de colaboración entre as diferentes asociacións participantes.

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

En Lugo

I 02

I

Charla-coloquio «Ejercicio físico y salud» O 11 de maio, na Casa do Saber do Campus de Lugo, a doutora Charo Solana Galdámez, especialista en Medicina da Educación Física e o Deporte, impartiu a charla-coloquio «Ejercicio físico y salud».

Charla de Marta Ramos Goicoa O 13 de abril, Marta Ramos Goicoa impartiu a interesante conferencia titulada «Demencia ou Alzheimer» no salón de actos da Casa do Saber do Campus de Lugo. A conferenciante é licenciada en Psicoloxía pola USC, Diplomada en Estudos Avanzados en Neurociencias (ámbito neurodexeneración) e cursou un Posgrao Oficial en Xerontoloxía pola USC. Actualmente está a realizar a súa tese de doutoramento sobre a actividade electrofisiolóxica en persoas maiores sans e con deterioro cognitivo leve.

38

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

39


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Entrega do XII Premio relato curto

XIII Premio de relato curto

O 22 de maio celebrouse no salón de actos da Facultade de Filosofía o acto de entrega do XII Premio de Relato Curto a Rocío Leira Castro (Cee, 1979) polo relato Paxaros caídos. Entregoullo Rafael Silva, director territorial de HM, patrocinador do premio; a autora leu o relato galardoado e Héctor Cajaravillle tratou sobre o subxénero do relato curto.

A nova edición do Premio de relato curto estivo aberta entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2018 para os autores cuxos escritos se axustaran ás bases da convocatoria. Nesta ocasión recibíronse cincuenta textos inéditos candidatos ao premio.

O xurado estivo composto por: Xesús Fraga, xornalista; Raquel Fernández, médica; María González, gañadora da XI edición do premio; e Mª del Mar Fernández Vázquez, representante de Alumni USC con voz pero sen voto. O texto premiado foi elixido por unanimidade, logo de valorar os trinta relatos que se presentaron á convocatoria.

XIII PREMIO

de Relato Curto Tema libre, en galego e para público xeral

PREMIO

500 euros

31 de decembro de 2018 BASES NA WEB www.antigosalumnos.usc.es PRAZO DE PRESENTACIÓN

40

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

41


02

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

ACTIVIDADES ORGANIZADAS DESDE ALUMNI USC

I 02

Actividades do Club de sendeirismo

Camiño do Frei Martín Sarmiento

O Club de sendeirismo estivo moi activo ao longo do ano, realizando dúas rutas diferentes: a Ruta dos Faros e o Camiño do Frei Martín Sarmiento.

Este ano tamén se realizou a Peregrinación a Santiago de Compostela desde Pontevedra que Frei Martin Sarmiento (1695-1772), gran ilustrado galego, fixo en 1745. Este camiño é unha variante do Camiño de Santiago Portugués.

Ruta dos Faros Ao longo deste ano o club de sendeirismo da asociación continuou coa Ruta dos Faros pola Costa da Morte, porque quedaban dúas etapas do camiño emprendido o ano anterior: Porto de Santa Mariña-Valarés e de Balarés a Dombate. Neste último punto xeográfico os camiñantes visitaron o famoso Dolmen.

42

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

43


REVISTA FONSECA

I 03

Revista FONSECA Un ano mรกis Alumni USC publicou a revista FONSECA que reflicte algunhas das actividades salientables desenvolvidas, ademais de tratar diversos temas de interese. A revista pode consultarse e descargarse desde o perfil de Issuu de Alumni USC:

https://issuu.com/asociacionantigosalumnosusc/docs/fonseca_41_baja

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci รณ n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

45


RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

I 04

Foro Cívico Empresarial Como en anos anteriores, o Foro Cívico Empresarial convidou a Alumni USC a participar nas súas xuntanzas. O tesoureiro, Agustín Pena, acudiu en representación da nosa asociación ao Foro, que neste ano realizou dúas reunións. Na primeira, celebrada o 12 de abril na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o colectivo tratou da depuradora da Silvouta e do Ano Santo 2021. O encontro tamén serviu para que a entidade se despedise de Xesús Asorey, presidente da Cámara e moderador do Foro. A segunda xuntanza celebrouse o 26 de decembro a petición do Concello para falar dos orzamentos de 2019, os cales finalmente non foron aprobados no Pleno do 29 de decembro.

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

47


04

48

I

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

I 04

Museo Casa de la Troya

Federación Alumni España

Ao longo de 2018 celebráronse varias actividades co motivo do XXV aniversario da inauguración do Museo Casa de la Troya. A primeira delas foi un acto conmemorativo, celebrado o 27 de febreiro no Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago. O acto foi moderado por Benigno Amor, e contou coas intervencións dos membros do Padroado da Casa de la Troya e a estrea do documental A Compostela da Casa da Troya, que recolle intervencións de distintas persoas da cidade compostelá que achegan a súa visión sobre o Museo.

Os pasados 25 e 26 de outubro celebrouse en Salamanca, no edificio central da universidade, o XXII Encontro da Federación Alumni España. Este encontro, que se levou a cabo no marco das celebracións do oitavo centenario da Universidade de Salamanca, contou cun elevado número de asistentes, entre outros a delegación da Xunta Directiva de Alumni USC, formada pola súa presidenta, Benita Silva, e polo vogal Carlos Herrero.

< A s oc i a c i ó n d e A ntigo s Alum no s e Am igo s da Univers idade de Santiago de Compostela

I MEMORIA 2018 ALUMNI U SC

MEMORIA 2018 A LUMNI US C

I

A s o ci a ci ó n d e A nti go s A l u m n o s e A m i go s d a Un i ve rs i d a d e d e S a nt i a go d e C omp ostel a >

49


Profile for Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

Memoria de actividades 2018  

Memoria de actividades 2018  

Advertisement