fonseca 33 (outubro 2012)

Page 25

24

S ervi z os d a U niversi d a d e / S ervicios d e la U niversi d a d

A Oficina Web é a responsable da mellora constante do espazo que a USC ten na rede Nada en 2005 co obxectivo de facilitar o mantemento e a mellora do espazo web da Universidade de Santiago de Compostela e dar soporte técnico aos seus usuarios, esta Oficina encárgase de dinamizar e coordinar a comunicación da institución a través da Internet.

piloto” en 2007. Nese intre, comprobouse que esta nova aplicación era quen de soportar un bo número de usuarios traballando na web ao mesmo tempo. En 2009 fíxose un cambio de deseño na web da USC e implementouse, de xeito máis masivo, a FXC.

A Oficina Web emprázase no Pavillón de Servizos da USC no Campus Vida

uda a súa web A Asociación m Asociación r de semanas a Desde hai un pa da USC os nos e Amig de Antigos Alum oderno m áis espazo web m conta cun novo pación ru ag ste xeito, a e funcional. De para a ta en egar a Ferram comeza a empr a polo ad oi ntidos (FXC) ap Xestión de Co orou lab co ina Web quen equipo da Ofic ción ica un m Gabinete de Co activamente co das to bo ca para levar a da Asociación estas melloras.

T

an só tres profesionais integran o cadro de persoal da Oficina Web da USC que persegue, entre outros fins, o de dar soporte aos usuarios para facilitar a descentralización das tarefas de mantemento dos diversos espazos web da Universidade compostelá. Tamén no eido tecnolóxico, a Oficina está a implantar unha Ferramenta para a Xestión de Contidos (FXC) que facilita a edición de páxinas estáticas ou a creación de contidos estruturados. Tal e como comenta o director da Oficina Web, Pedro Rey Sanchiz, esta ferramenta implantouse a través dunha “web

Na actualidade, case todos os servizos e centros da USC están a traballar con esta aplicación de sotfware libre. Con este xestor de contidos, “acadamos unha aplicación que garante que os seus usuarios, sen requirir de grandes coñecementos informáticos, sexan quen de manter actualizadas as súas páxinas web”, asegura Rey Sanchiz. Garantir a actualización, a tempo real, da web universitaria é primordial. “Tamén buscamos que os usuarios/as, que traballan no mantemento da web, non se teñan que preocupar do cumprimento de determinados requisitos como son a imaxe corporativa ou a accesibilidade web. O xestor encárgase diso. Queremos unha web sinxela. Unha web que poida ser editada polo propio persoal da USC”, comenta. No eido da comunicación e da difusión, a Oficina Web encárgase do deseño da imaxe do sitio web da USC en consonancia coa normativa da imaxe corporativa e mais da identidade visual vixente na Institución. A maiores, tamén colabora co Gabinete de Comunicación para o establecemento de políticas de comunicación que afectan directamente á contorna da web da Universidade. Deste xeito, o Gabinete é quen edita o Xornal da USC coa Ferramenta de Xestión de Contidos e quen ten poder de decisión sobre as novidades e ligazóns que aparecen na páxina de inicio da web. Tamén manteñen actualizada a listaxe de cursos e congresos que se ofertan desde a Universidade de Santiago. É tamén función da Oficina Web velar polo cumprimento da normativa legal vixente: a Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI) e a Lei de Protección de Datos. A isto, súmaselle o asesoramento continuado aos usuarios da web ao redor de temas menos coñecidos como pode ser a accesibilidade web. Tanto é así que o equipo participa, como membro activo, no Grupo de Traballo da CRUE-TIC sobre Usabilidade e Accesibilidade Web no que se pretende avaliar o nivel de cumprimento dos estándares e incentivar as universidades para que se impliquen máis neste eido, asegura Pedro Rey Sanchiz. Xa por último, cómpre salientar que a Oficina Web participa activamente na elaboración dos diversos Plans Estratéxicos en materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (PETIC) que se levan a cabo desde a USC. Os Plans Estratéxicos son informes que pretenden establecer as liñas de traballo no eido das TIC. Falamos pois dunha especie de folla de ruta, que a través duns indicadores predeterminados, permiten avaliar o cumprimento ou grao de desenvolvemento das súas propostas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.