¿Que son as tecnoloxías disruptivas?

Page 1

Algúns exemplos de tecnoloxías disruptivas e as súas posibles saídas profesionais

Ciencia y Tecnología

en femenino


Edita: APTE Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España Sede: Parque Tecnológico de Andalucía C/Marie Curie, 35 Campanillas 29590 Málaga (España) Tlf: +34 951 23 13 06 info@apte.org/ www.apte.org O documento foi deseñado usando imaxes de www.freepik.es creadas por Vectorjuice Maquetación: Lole Franco González DL: MA 976-2021

2


¿QUE SON AS TECNOLOXÍAS DISRUPTIVAS? Estamos familiarizados co concepto de tecnoloxía, pero ¿que quere dicir que sexa disruptiva? As tecnoloxías disruptivas son calquera tecnoloxía ou innovación capaz de deixar anticuadas tecnoloxías anteriores. A imprenta, o ferrocarril, o teléfono ou Internet son exemplos do que, no seu momento, foron tecnoloxías disruptivas. Usamos o termo disruptivo porque estas tecnoloxías orixinan rupturas bruscas que ocasionan profundos cambios nas nosas vidas e permítennos cambiar a forma na que vivimos, traballamos, pensamos e nos comportamos. Neste breve documento queremos mostrarvos algunhas das novas tecnoloxías que xa están revolucionando o mundo: blockchain, big data, intelixencia artificial, 5G, ciberseguridade e computación cuántica. Ademais de achegarnos grandes avances, estas disciplinas van necesitar unha gran cantidade de profesionais cualificados e van crear multitude de novas profesións que aínda non podemos chegar a predicir. ¿Anímaste a coñecer máis sobre elas?


Blockchain Antes de nada… ¿que é iso de blockchain? O termo blockchain quere dicir “cadea de bloques”. Poderiamos dicir que é unha tecnoloxía que nos permite almacenar datos de tal forma que é case imposible de falsificar. Algo así como un libro de contas enorme no que todos os rexistros (os bloques) que facemos están encriptados e enlazados para protexer a súa privacidade e seguridade. Pensa nunha construción de bloques de Lego, onde cada bloque é unha operación de blockchain e cada vez que poñemos un novo bloque, este inclúe a información de todo o anterior. A dita información non pode ser modificada nin borrada e para realizar un movemento, este ten que ser aprobado por todos os participantes da rede de ‘bloques’. Por exemplo, a tecnoloxía blockchain podería utilizarse nos rexistros de saúde para unilos e almacenalos de tal forma que a historia médica de cada paciente estaría segura e dispoñible para cada médico autorizado, independentemente do centro de saúde onde se atendese o paciente. Práctico, ¿verdade?

42


Blockchain Algunhas saídas profesionais:

Coñecemento e habilidades

Consultora ou experta en blockchain: é un perfil enfocado aos negocios que se encarga de asesorar as empresas e entidades sobre como poden aplicar esta tecnoloxía para mellorar procesos e reducir custos.

Os estudos de programación informática ou desenvolvemento de software son esenciais se queres dedicarte a unha profesión relacionada co desenvolvemento de blockchain. Por iso, moitos dos profesionais que traballan neste ámbito estudaron un grao en enxeñería, informática ou telecomunicacións, ou ben son desenvolvedores de software con experiencia.

Desenvolvedora en blockchain: é un posto máis técnico con amplos coñecementos na tecnoloxía que soporta o blockchain. É a persoa responsable de deseñar, implementar e dar soporte a unha rede baseada nesta tecnoloxía a través de varias etapas de desenvolvemento e produción. Arquitecta en blockchain: outro perfil técnico que ten avanzados coñecementos en cadeas de bloques e que se encarga de verificar os procesos e as identidades para que operen de maneira segura.

Con respecto aos coñecementos, os expertos en blockchain deben ter dominio de diversas linguaxes de programación que dependerán das necesidades de cada empresa, ademais de coñecementos en software específicos.

3


Big data

Cando navegamos por Internet, damos a un ‘gústame’ nunha rede social, enviamos un vídeo ou compramos online por internet deixamos un rastro ao noso paso e imos xerando datos. A estes datos que non paran de crecer e cuxa complexidade fai que non poidan ser tratados polo software tradicional chamámoslles big data ou datos masivos. Ademais, o big data fai referencia ás tecnoloxías que foron creadas para poder xestionar esta gran cantidade de información e poder extraer valor deles. Por exemplo, cando Netflix che recomenda suxestións de contidos, está facendo uso desta tecnoloxía para procesar todas as nosas accións na súa plataforma e en base a iso, darnos suxestións que na maioría dos casos acertan cos nosos gustos, ¿verdade? Os reloxos intelixentes tamén fan uso do big data cando rexistran os nosos pasos e o ritmo cardíaco, soben á rede estes datos e poden recomendarnos actividades físicas e hábitos saudables comparando a información de millóns de usuarios.

64


Big data Algunhas saídas profesionais:

Coñecemento e habilidades

Analista de datos: é a responsable de procesar e realizar análises estatísticas de datos. O seu traballo permítelle descubrir como se poden usar eses datos, sacar conclusións e resolver problemas que se presentan nunha organización.

Se che atrae este campo, xa hai algunhas universidades que están comezando a ofertar os primeiros graos universitarios en big data. Outra opción é apostar por un grao en matemáticas, informática ou algunha enxeñería e posteriormente especializarte cun máster ou un curso nesta temática.

Enxeñeira de datos: encárgase de dirixir o deseño e a implementación de solucións para xestionar grandes volumes de datos en función das necesidades de cada empresa. A súa diferenza respecto á analista é que os datos cos que traballa son moito maiores. Científica de datos: explora e examina de forma máis profunda os datos e desenvolve métodos analíticos novos con complexos algoritmos matemáticos, baseados en programación estatística. Así mesmo, transforma todos os datos obtidos en información útil e estruturada que axuda á toma de decisións e ao establecemento de estratexias dun negocio.

As profesións relacionadas co big data demandan perfís con coñecementos en matemáticas, estatística, análises de datos, linguaxes de programación e ferramentas como Spark, Hadoop, Cloudera, Python e intelixencia de negocio.

Directora de datos: é a responsable máxima dos datos dunha empresa. Entre as súas funcións está o definir os plans de seguridade para xestionar e almacenar os datos, as políticas de privacidade, así como manterse ao día coa regulación que marcan as leis de cada país. Arquitecta de datos: a súa función é velar polo bo funcionamento das plataformas e o hardware que conteñen os datos. Para iso, debe ser unha persoa formada tanto en programación e hardware como en ciberseguridade, posto que garantir a protección dos datos tamén se encontra dentro das súas funcións.

5


Intelixencia artificial

¿Máquinas que pensan como seres humanos? Soa a algo do futuro. Non obstante, isto empeza a ser moi real. A intelixencia artificial é o campo científico da informática que se dedica á creación de programas, mecanismos ou máquinas capaces de pensar e razoar pola súa conta. A intelixencia artificial fixo posible que xa en 1997 un ordenador fora capaz de ganar unha partida de xadrez ao mellor xogador da historia, o ruso Gary Kaspárov. Esta tecnoloxía non para de desenvolverse e ao imitar o comportamento humano permitirá posibilidades infinitas. Poderá ser utilizada para conducir coches autónomos, recoñecer rostros, interpretar fotos…

86


Intelixencia artificial

Algunhas saídas profesionais:

Coñecemento e habilidades

Especialista en intelixencia artificial: encontramos dúas ramas: os perfís máis técnicos, que se encargan de deseñar e desenvolver modelos algorítmicos complexos para resolver todo tipo de problemas de optimización; e os máis próximos aos negocios, achegando aplicacións reais nunha industria concreta.

A intelixencia artificial é un cóctel de disciplinas e aplicacións. A demanda destes profesionais é tan nova que o mellor é ter unha boa combinación de coñecementos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), especialmente formación avanzada en matemáticas e dominar linguaxes de programación.

Experta en machine learning: trátase de enxeñeiras capaces de achegar os recursos, algoritmos e programas necesarios para que a intelixencia artificial funcione e sexa efectiva. Traballan moi estreitamente cos analistas de datos e son os profesionais máis escasos e difíciles de incorporar ás empresas. Consultora PLN (procesamento da linguaxe natural): o procesamento da linguaxe natural ou PLN estuda as interaccións entre as computadoras e a linguaxe humana. A interpretación desta linguaxe é un aspecto fundamental no campo da intelixencia artificial, xa que os dispositivos dotados desta tecnoloxía evolucionan a partir de melloras neste ámbito concreto do sector. Por iso, é importante que haxa profesionais capaces de interpretala.

Os graos da rama de ciencias como matemáticas, física ou enxeñerías técnicas (informática, industrial ou de telecomunicacións) son as máis recomendables para orientar o teu camiño a unha futura formación en intelixencia artificial.

7


5G

Seguro que escoitaches xa falar do 5G, ¿pero para que servirá exactamente? Poderiamos dicir que calquera cousa que fagamos agora cos nosos móbiles poderemos facela mellor e máis á présa grazas ao 5G. Esta tecnoloxía é a quinta xeración de conectividade internet móbil que promete descargas moito máis rápidas, unha ampla cobertura e conexións máis estables. A implantación do 5G cambiará a maneira de comunicarnos e posibilitará que obxectos cotiáns, desde a neveira ata os automóbiles, poidan conectarse (con nós e entre si) en tempo real. Tamén que se poidan realizar intervencións cirúrxicas teleasistidas desde calquera lugar ou que drons poidan cooperar entre si para levar a cabo misións de busca e rescate. Soa ben, ¿verdade?

10 8


5G

Algunhas saídas profesionais:

Coñecemento e habilidades

Especialista en procesos: permite a planificación, a instalación, o mantemento e a posta en marcha da infraestrutura das redes 5G e os equipos de interconexión que residen nos centros de datos.

Este tipo de profesional necesita coñecementos sobre sistemas microinformáticos e redes, instalacións eléctricas e automáticas, así como telecomunicacións que poden ser adquiridos a través de ciclos formativos de Formación Profesional.

Desenvolvedora de aplicacións de realidade virtual ou aumentada: traballa tanto en móbil como na rede creando contidos 3D, eSports que aproveiten as novas características de 5G. Ademais, encontramos especialistas en Internet das cousas (IoT), en sistemas industriais conectados con 5G e en automoción.

Ademais, outros estudos aconsellables son carreiras de enxeñería de software, enxeñería informática e de telecomunicacións. Tamén é posible especializarse nalgún dos masters e cursos en 5G que están aparecendo.

9


Ciberseguridade

¿A que oíches falar de ciberataques ou de ciberdelincuentes? Hoxe en día facemos unha multitude de tarefas en Internet, como comprar, poñer os nosos datos nunha plataforma, publicar contido en redes sociais ou comunicarnos cos nosos amigos. Cando facemos estas accións tamén estamos expoñéndonos a numerosos perigos. Por iso, a ciberseguridade é agora máis importante ca nunca, xa que se encarga de asegurar a seguridade informática dos usuarios, pero tamén a dos gobernos e as grandes e pequenas empresas, a través de ferramentas e programas cos que podemos protexernos destes ataques.

12 10


Ciberseguridade Algunhas saídas profesionais:

Coñecemento e habilidades

Experta en seguridade informática: é a encargada da privacidade e a protección de datos das empresas para facer fronte aos ciberataques. Trátase dunha persoa especialista en seguridade informática con amplos coñecementos no ámbito.

Se che interesa o mundo da ciberseguridade, estudar un grao en enxeñería informática ou de telecomunicacións pode darche uns coñecementos sólidos e son unha garantía ante as empresas que buscan estes perfís. Se posteriormente te especializas cun máster de ciberseguridade, posicionarate cun perfil moi atractivo para iniciar unha carreira profesional nun sector cunha alta demanda.

Hacker ético: busca os fallos de seguridade dos sistemas informáticos das empresas para que, así, se poidan tomar medidas e remedialos canto antes. Son perfís moi demandados en bancos e multinacionais. Consultora de seguridade informática: supervisa e asesora sobre as medidas de ciberseguridade que necesita unha empresa para protexer tanto os seus bens como os seus clientes. Administradora de seguridade de rede: é responsable dos sistemas de recuperación de datos en caso de error no sistema. Realiza de forma periódica copias de seguridade.

Tamén podes iniciarte neste campo a través dun ciclo de grao medio ou superior de Formación Profesional da familia da informática e as comunicacións.

Analista de seguridade: este perfil adestra os equipos en materia de seguridade, prevén riscos e controla a implementación de sistemas de seguridade no negocio. Analista de malware: encárgase de analizar calquera posible ameaza en forma de software malicioso como troianos, vermes, bots ou calquera outro tipo de perigo informático. En caso de infección, é quen se coordina co resto de profesionais de seguridade da empresa para trazar un plan de acción.

11


Computación cuántica

A computación cuántica, ademais de parecer cousa de maxia, postúlase como unha das tecnoloxías máis revolucionarias da humanidade. Non obstante, ata o termo soa un tanto complicado, así que imos aclaralo. Todos os nosos ordenadores funcionan cos chamados bits que se basean nunha linguaxe informática a través de valores de 0 ou 1. Non obstante, os ordenadores cuánticos funcionan cos chamados qubits, un concepto complexo que vén da física cuántica e que se basean noutro tipo de linguaxe informática composto por combinacións de 0,1, ambos á vez, ou valores intermedios. Por tanto, a computación cuántica é unha forma distinta de facer computación que fai que estes ordenadores teñan moita máis potencia de cálculo que os ordenadores tradicionais. Cos ordenadores cuánticos poderiamos facer operacións complexas que incluso permitirían facer predicións relacionadas con fenómenos atmosféricos, cotizacións en bolsa, desenvolvemento de novos medicamentos, etc. Se ben o potencial desta tecnoloxía é enorme, aínda estamos xusto ao principio desta prometedora carreira. ¿Por que non ser parte entón desta gran revolución que necesitará moitos profesionais capaces de facela posible?

14 12


Computación cuántica

Algunhas saídas profesionais:

Coñecemento e habilidades

Aínda non podemos aventurarnos a falar dunha profesión concreta enfocada neste campo, porén, actualmente xa existe unha ampla demanda de analistas ou investigadores en algoritmos cuánticos e na súa aplicación a problemas prácticos. As persoas graduadas en enxeñería de telecomunicacións están actualmente entre os profesionais cun maior coñecemento desta disciplina.

Non existe un só camiño para acceder a este campo profesional e, de feito, non ten por que ser a través da universidade. Non obstante, si será recomendable acceder a esta tecnoloxía desde estudos de física, matemáticas e enxeñería informática e de telecomunicacións que poden completarse cun máster en computación cuántica.

O que resulta evidente é que formarse en computación cuántica é unha aposta ganadora. Actualmente centros de investigación e empresas compiten para captar o talento dispoñible, pero resúltalles complicado xa que escasean as persoas coa formación adecuada.

Os tres piares dunha formación en computación cuántica son: a mecánica cuántica, a matemática dos sistemas cuánticos e a algoritmia. Por iso, é fundamental adquirir unha base sólida en programación e algoritmia antes de comezar a estudar fundamentos de computación. Por exemplo, aprender Python ou outra linguaxe de programación.

13


¿Sabías que...?

Google xestiona máis de 40.000 buscas cada segundo, os usuarios de Instagram fan 95 millóns de publicacións cada día e LinkedIn recibe máis de 4.200.000 solicitudes de postos de traballo cada hora.

En 1999 as computadoras da NASA estiveron 21 días sen funcionar debido a un ataque perpetrado por un hacker. O responsable foi Jonathan James, un mozo de 15 anos que tamén hackeou O Pentágono.

Alba Cervera, física e investigadora española experta en computación cuántica foi recoñecida cos IBM Awards en 2018, premios outorgados pola empresa IBM, nos que compiten científicos de todo o mundo para avanzar nesta tecnoloxía.

16 14


A tecnoloxía 5G permitiu que en 2019 se levara a cabo a primeira intervención cirúrxica a distancia da historia durante a celebración do Mobile World Congress (MWC en Barcelona).

Os comezos do blockchain remóntanse a 2008 co nacemento do Bitcoin, a moeda virtual. A identidade impulsora desta tecnoloxía coñécese polo pseudónimo de Satoshi Nakamoto, pero non sabemos se é real ou ficticia.

A física Teresa de Pedro foi precursora dun dos primeiros sistemas de intelixencia artificial no noso país. Tamén dirixiu o programa Autopía, no que se conseguiu o primeiro vehículo autónomo español nos anos 90.

15


Este documento forma parte da iniciativa Ciencia e Tecnoloxía en feminino impulsada por APTE (Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España), cuxo obxectivo é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de ciencias ou tecnoloxía en educación secundaria e opten posteriormente por estudos STEM, acrónimos en inglés de: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas. A guía foi elaborada en colaboración coa Plataforma Tecnológica Española de Tecnologías Disruptivas (DISRUPTIVE) secretariada por APTE e apoiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través da Agencia Estatal de Investigación, e que promove a transformación dixital das entidades españolas, abarcando o ámbito das tecnoloxías dixitais máis disruptivas. É por iso, que o presente documento ten como obxectivo visibilizar as 5 tecnoloxías nas que se enfoca a plataforma, así como achegar algúns exemplos de posibles saídas profesionais relacionadas con estes ámbitos. Desde APTE consideramos que os parques científicos e tecnolóxicos poden contribuír en gran medida ao aumento da presenza feminina en estudos e profesións do ámbito dixital, piar básico para a competitividade do noso país.

16


@cytfemenino @STEMfemenino

#STEMfemenino

cytfemenino www.apte.org/ciencia-tecnologia-en-femenino

19


Coa colaboración de:

Plataforma Tecnológica Española de Tecnologías Disruptivas Con financiación de:

20