A Peneira da Louriña 66

Page 1

Nº 66 ANO V NOVEMBRO, 2009

O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS

1€

Entrevista:Carla Pérez Coya

Cultura

“Nun futuro gustaríame chegar a participar O río Fonteliño convertirase nun novo espazo nunhas Olimpiadas” de lecer para a veciñanza Páxina 22 Páxina 5

Rober Bodegas pecha o cartel do Liceum deste ano Páxina 21

O Porriño

O Porriño

Coral Polifónica do CRC. 50 anos no colo da noite

Páxina 11

Mos

Entrevistamos catros alumnos que están a participar nos cursos Páxina 16

Foto: Hernández

Dúas novas iniciativas de formación están a ser levadas a cabo dende AEMOS

Páxina 17


2

NOVEMBRO DE 2009

OPINIÓN

e d i t o r i a l “Eppur si muove” (e sen embargo móvese)

Edicións Val do Louro S.L. Sarmiento Rivera, nº 17 Teléfono e Fax: 986-660986 web: www.apeneira.com e-mail: lourinha@apeneira.com 36860-Ponteareas (Galiza).

Director: Guillermo Rodríguez Fernández

Redactor xefe: Antón Fernández Escuredo

Coordinador: Diego Giráldez

Colaboradores: David Rollano Carlos Rego Marisa Alonso David Pérez Rego “Cato” Soledad Castro Jénnifer Castrovello Alberto Álvarez Gil Juancho Castaño

A

índa que non corren bos tempos para a lírica e tampouco para botar man das vellas fontes da sabedoría, nós queremos deixar aquí constancia da nosa querencia por aqueles homes e mulleres (menos, é verdade) que nos deron leccións de bo saber, de reflexionar sobre as cousas da vida, do mundo; das miserias mundanas e das glorias científicas que aínda hoxe nos levan a suspirar “ oh tempus, oh mores” (con h ou sen ela, que tamén) tal como fixeran Cicerón e Tito Livio, referíndose aos tempos que eles vivían . Hoxe si podemos dicir con maior énfase, que tempos aqueles, que costumes! No eido da política parecera que as cousas non se teñen que mover, aínda que tal como lle pasou a Galileo, can-

É certo que cando unha persoa leva moitos anos nun cargo as ideas non flúen co mesmo vigor e louzanía que cando se estrea cargo ou se ten menos idade. do diante do tribunal da Inquisición tivo que desmentirse da súa teoría heliocéntrica fronte a verdade da fe da Igrexa e as verdades da ciencia representadas por Ptolomeo e Aristóteles. Alguén chegado a este punto preguntarase, a onda

Fotografía: Hernández - Foto Barros

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró- Suso Vieito publicidade@apeneira.com

Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal: OR / 57 / 84 A dirección do xornal non se responsabiliza das opinións emitidas polos seus colaboradores

Urxencias médicas Inform. toxicolóxica Incendios forestais

061 91 562 04 20 085

O Porriño

BOMBEIROS

DE

GALICIA

Mos

11 2

Salceda Concello de Salceda

986 349003

686 777 777

Protección Civil

660 600090

Centro de Saúde

986 486 667

Policía Local

639 821377

Taxis “As Angustias”

986 331 037

Centro de Saúde

986 349008

Taxis “Puxeiros”

986 487 343

Serv. Galego de Colocación 986 331 262

Taxis Servizo Permanente

986 488 989

Xulgado

986 347825

Protección Civil do O Porriño 696 99 49 45

Oficina de Correos

986 487 921

Oficina de Correos

986349076

Concello de Mos

986 331 200

Policía Local

986 337 320 986 330 014

Concello do Porriño

986 335 000

Policía Local

620 404 040

Centro de Saúde Taxis Oficina de Correos

986 334 455

Tanatorio Mos - O Porriño

986 336 719

quere ir parar este señor con estas explicacións de tempos pasados? Moi sinxelo. Galileo desmentía coa boca pequena as súas teorías para non ser castigado polo tribunal da Inquisición, pero murmuraba entre dentes que “non obstante movíase”, referido a que a Terra se movía arredor do Sol. Aquí e agora existen políticos ancorados nas vellas teorías (tanto científicas coma de fe) que entenden non se move nada. Levan anos e anos amarrados a un cargo público e sempre teñen desculpas para seguir aí, como se o mundo non se movera, pero “epur si muove” (sen embargo, móvese). En toda Galicia aínda temos alcaldes e deputados que subiron ao coche oficial aló polos anos setenta e tantos e

seguen aí, como se tal cousa. Non seremos nós quen pretenda que se vaian; iso teñen que facelo os veciños votantes, sen embargo si nos atrevemos a suxerir que dende os propios partidos e dende aquelas instancias sociais e políticas que teñen certo poder sobre estas persoas, lles indiquen unha retirada airosa antes que unha saída pola porta de atrás. Non hai dúbida que existen mulleres e homes novos que xa teñen a mente pasada; sen embargo tamén é certo que cando unha persoa leva moitos anos nun cargo as ideas non flúen co mesmo vigor e louzanía que cando se estrea cargo ou se ten menos idade. Os votantes e os partidos teñen a tixola polo mango para facer esta renovación que nós humildemente propugnamos.


NOVEMBRO DE 2009

OPINIÓN ZONA TEMPORALMENTE AUTÓNOMA

PePe SL. Embutidos e chourizos

D

A comunicación e a coliflor cocida

Marisa Alonso

in que en Lalín inventaron unha máquina moi avanzada para facer chourizos. Por un lado meten o porco enteiro e por outro saen os chourizos preparados. Din tamén que cando se produce un erro no seu funcionamento, e os chourizos non saen de boa calidade, volven meter os chourizos defectuosos outra vez na máquina e polo outro lado recupérase de novo ao porco. Din ademais que o tan adiantado trebello funciona con Correas. Non sei moi ben se existe en realidade esa máquina pero, se existise, o Partido Popular debería de mercala custase o que custase, porque ao longo e ancho do reino agrómanlle tan dentro da súa organización os casos de corrupción e chouriceo público tal que fose unha pandemia. Cargos públicos que se enriquecen dun día para outro, contas bancarias en paraísos fiscais, inmobles, chalets, coches, xoias, traxes, bolsos e ata servizos de prostitutas pagados polos erarios públicos; nunca tanto se chourizou e ninguén podía imaxinarse que as cousas chegaran ata eses extremos. Pero, aínda que o PP gaña de longo nesta miserable hit parade da ratería e a malversación, hai tamén casos noutros partidos donde os seus cargos públicos, coa mesma habilidade e caradura, meten a m n nos diñeiros públicos para enriquecerse, mentres gabachean de honorabilidade e de estar na vida pública só para servir e non para servirse. A solución a este problema é

3

David Pérez Rego “Cato”

N

N

on pode ser que calquera que roube uns xamóns se expoña a dous ou tres anos de cadea, e o que utilice o seu cargo público para facerse rico ou seus parentes, teña de pena unha pequena multa

moi doada. Todos a coñecen e non é outra que endurecer as leis que contemplan estes delitos. Non pode ser que calquera (poñamos por exemplo un obreiro sen emprego) que roube uns xamóns se expoña a dous ou tres anos de cadea, e o que utilice o seu cargo público para facerse rico ou seus parentes, teña de pena unha pequena multa ou uns días de cadea que, por suposto, arranxan co pagamento dunha fianza. Buscar a exemplaridade e a honradez dos cargos públicos, pasa por votar a persoas e partidos que defendan a ética e a honradez como primeiro valor, e pasa porque os que ousen roubar os diñeiros de todos se enfrenten a uns castigos proporcionais a súa mezquindade. Roubar o que é de todos aproveitando o cargo debe estar no código penal con toda claridade: podrecerse nunha cela ata que as rans boten pelo. Así de claro, así de sinxelo.

unha película de medo, o actor protagonista ten a impresión de sentir unha sombra que se desprazou pola ventá. Intrigado, achégase á fiestra con lentitude e abre as cortiñas cun rápido ademán. Pasamos uns segundos co corazón nun puño, pero suspiramos aliviados ao comprobar que non hai nada detrás do cristal. O galán pensa para os seus adentros que debeu ser unha imaxinación súa, dáse a volta e alí aparece de súpeto un tipo fantasmagórico coa cara tapada por unha careta infantil que sostén un enorme coitelo na man. Aesta situación chamámoslle un tópico, un clixé. Os tópicos son o produto máis directamente relacionado coa falta de imaxinación nos sistemas narrativos, e hoxe en día difúndense nos medios de comunicación como a indecencia na política. Cando un creador, sexa un escritor, un guionista ou un xornalista, recorre a un clixé é porque non encontrou nada máis orixinal que volver a mastigar o continuamente mastigado para ofrecernos un prato cheo de aburrimento. O tópico, o clixé, utilízase para saír dunha situación narrativamente difícil sen valentía, valéndose da repetición, de copiar solucións alleas que no seu momento foron singulares. O mercado da comunicación e a narración humanas, cheo de personaxes recorrentes, historias redundantes, sentimentos insistentes e solucións reiterativas, acabou sendo tan exótico como a coliflor cocida. Os “produtos culturais de eficacia probada”, caen tan continuamente nas chamadas “secuelas”, que de tantas secuelas a soportar parecemos as vítimas dun accidente con politraumatismo. Pero, por fortuna, non todos son proxenetas da arte e da comunicación: hai milleiros de creadores que pagan a pena, que nas súas obras escapan dos tópicos como a nécora do loureiro, e son eses creadores os que fan avanzar en positivo as formas de expresión humana. Nos medios de comunicación de masas, os tópicos están á orde do día. Tanta concentración no mero espectáculo e tanto becario ao que se lle pide o dobre do que se lle paga, provoca que os xornais e os telexornais estean caendo no panfleto folletinesco. Esaxeracións, gramáticas imposibles, informacións “desinformacio-

nadas” e indescifrables, e textos cargados de tópicos son o pan noso de cada día. Ás veces o público encóntrase na situación de ter que ler entre liñas como por obrigación, porque teñen a teima de querer convertir as noticias en pequenas narracións supostamente atraíntes e espectaculares, historias repetitivas con personaxes repetitivos, cheas de slogans publicitarios, verborrea diarreica, frases baleiras e tópicos machacones cando un soamente quere ser informado da tal noticia.

T

anta concentración no mero espectáculo e tanto becario ao que se lle pide o dobre do que se lle paga, provoca que os xornais e os telexornais estean caendo no panfleto folletinesco E así, no medio do ano, cando sae o primeiro raio de sol, sempre haberá un reporteiro nalgunha praia co micrófono na man para dicirnos que “algún valente se atreveu a dar o primeiro baño do ano”. Sempre volverán a repetir que os Globos de Ouro son a antesala dos Óscar como si tal cousa. Diana de Gales era a princesa do pobo e Belén Estebán a famosa do pobo. Os espectáculos son “dantescos”, sempre se “especula coa posibilidade” e “o carismático cantante canta nun directo rigoroso temas do seu último disco no que contou con colaboradores de luxo”. Por certo, “recibiu cálidos aplausos dun público entregado”. O rei, campechano, visita ás xentes acolledoras e laboriosas do pobo de turno, saltándose o protocolo para saudar directamente á multitude, como un cidadán máis. E o reporteiro, que entrevista ao dianteiro nos “aledaños do estadio”, pregúntalle que sentiu cando o cancerbeiro detivo o esférico entre os paus no inferno turco, respondendo o futbolista “Bueno, non puido ser… o fútbol é así… ¿non? somos once contra once”. taz-cato.blogspot.com

SINATURA CONVIDADA

Mos desdebúxase Moisés Álvarez *

R

ecoméndovos que escoitedes a Emilio José. Non o cantante melódico dos 70, senón o de Quins. É un tipo con barba que escribe cancións sobre mozas, aldea e política mentres se baña nas pozas de Melón. Escoitádeo: creo que non ocorreu nada máis revolucionario na música galega desde que Os Resentidos prenderon o naval con lume forestal. Eu non quero falar de Melón senón de Mos, pero non atopo mellor referente literario para o noso mimado terrorismo territorial que Emilio José. Nas pozas, debaixo dun viaduto da A-52, canta o evidente: “fixeron autovías / para non ter que parar nos pobos de provincias”. Mos debería ter o seu Emilio José, cantándolle á velocidade e a confusión desde o Solombo, aquela

presa no Louro na que se bañaban (eu era un covarde) os rapaces de Sanguiñeda. Hai anos que o Solombo non é. Os arqueólogos terían que buscalo entre matos e pedras debaixo do nó da autovía. Desapareceu do mapa e perdeu a súa memoria, para converterse nunha zona de sombra. Como son novo, non podo nin sequera imaxinar como era Mos antes de ser o que é: un revolto de soares e vías de comunicación, un bucle no que vivendas, camiños e leiras diminutas alternan con almacéns, pequenos negocios, naves industriais e vías de alta capacidade. Moléstame? Non moito, todos nos afixemos a esta maneira peculiar de someter o espazo tan habitual nesta parte do mapa. A fin de contas, foi o que escollemos como co-

lectivo, supoñamos que sabedores dos seus inconvenientes. Pero temo o seu avance. Temo que así como desapareceu o Solombo, desapareza Mos por enteiro. Non que se borre do mapa ao modo Hiroshima, senón que pouco a pouco os lugares vaian perdendo o seu nome e os seus recordos e se convertan en non-lugares. Ateoría pronunciouna un tal Marc Augé: os non-lugares son espazos contemporáneos sen memoria, destinados á circulación: autovías, autoestradas, aparcamentos, centros comerciais e os ocos que xeneran. Se colles o mapa da guía Campsa, verás que Mos é unha estreita franxa de terra que atravesan varias liñas de cores, cada vez máis grosas. A próxima anunciada é o tren: máis novo,

máis rápido, mellor. No caixón dalgún despacho figura que pasará elevado, sobre noiros ou sobre piares, pero deixando ao seu paso un rastro de ex-lugares. Ao tempo que as grandes infraestruturas fan o traballo pola parte alta da pirámide, nós, as formiguiñas, facémolo pola baixa. Máis ben por omisión, porque a vida contemporánea é a que é e é como é, e atender os campos é cousa pouco grata cando un traballa fóra 8, 10 ou 12 horas e a fin de contas rende máis comprar no súper. Así que aquelas leiras que non conseguimos transformar en soares, entregámosllas ás silveiras. Por iso volvo a Emilio José. Ese estivo a piques de ser o meu nome. O meu avó chamábase Emilio e pa-

sou as últimas décadas da súa vida cego nunha cama, pero sen deixar de preocuparse polo devir das veigas. O meu pai chámase José e herdou dos seus a obsesión polo traballo que moitas veces lle reprendín. Pero hoxe entendo que dalgún xeito é un heroe librando unha batalla particular que a sociedade non entende. Ten sete ou oito cachiños de terra que coida con desmesura. Parte o lombo, ao igual que outros heroes cincuentóns (ou máis) que ves os sábados pola mañá espallados polos campos. Sexamos contemporáneos: non o comprendemos. Abramos a perspectiva: poucos farán máis pola memoria común.

* Moisés Álvarez é xornalista


4

NOVEMBRO DE 2009

OPINIÓN

CAFÉ CON GOTAS

UN MUNDO FELIZ

Democrático pero errático

V de vendetta

Carlos Rego

David Rollano

V

El Roto

R

esulta curioso como se toman decisións na nosa democracia. O principio da maioría, por moi recorrido que este se faga, non ten por que facernos chegar sempre ás mesmas conclusións. Un exemplo o temos na nova autovía entre O Porriño e Mos, onde se pretende resolver un desaguisado non tendo en conta que o tempo pasou, as cousas cambiaron, e agora hai unha autopista. Esta estrada comunica Tui con Rande, Baiona ou Sárdoma, grazas ó nó de Puxeiros. Unha autopista de peaxe moi cara e que, precisamente por iso, vai baleira. A explicación: facer proxectos baseándose en golpes de efecto populistas en troques de criterios máis técnicos. Resulta politicamente máis rendible vender unha infraestrutura nunha grande bolsa de votantes como é a cidade de Vigo a cambio de seguir resquebrallando unha pequena bolsa de votantes como é o municipio de Mos. Logo teremos á alcaldesa Nidia botando fume porque isto non pode ser e tal, namentres, o alcalde

Abel dicindo que o Ministerio de Fomento cumpre con Vigo e que Xosé Blanco será un gran candidato á Xunta. Menuda área metropolitana! Cada cal varrendo para casa..., pero a vasoira baleira. O criterio custo-beneficio aplicado á recolección de votiños. Unha infraestructura deste tipo deberíase valorar cunha perspectiva máis ampla, porque os seus posibles beneficios ou custos supóñense moito máis afastados do que aconteza no centro da cidade olívica ou na parte alta da Louriña. Pero nada, aquí os políticos mercadean con todo, aínda que non vaia con eles. O carallo é vender. É igual se resulta menos custoso compensar a Audasa para liberar a peaxe no mencionado tramo da AP9, aproveitando logo a distribución do citado nó de Puxeiros. Que va, os de Vigo dirán que temos nova autovía e os de Mos que temos outra máis. Pero ninguén fala do que é realmente conveniente para todos, non existe ese enfoque. cafecongotas.wordpress.com

de Vendetta é unha das obras cumio da literatura en cómic de tódolos tempos. Neste fabuloso relato os seus autores, David Lloyd e o grande Alan Moore, creador de obras tan importantes como Watchmen (fai pouco defenestrada na gran pantalla polos fabricacartos de Holywood), narra, como xa o fixeron outros xenios das letras, unha historia acerca da perda da liberdade a mans dun todopoderoso e totalitario goberno. Moore desentraña as miserias do ser humano con cada páxina desta novela gráfica. A hipotética acción desenvólvese nunha Inglaterra subxugada por un poder opresor e autoritario, na que os cidadáns acabarán rebelándose en contra de toda esta maquinaria fascista que utiliza a policía e a tecnoloxía como método para a alienación das persoas e forma de amedrentamento colectivo. O punto detonante desta rebelión será a aparición dun inquietante e alegre personaxe enmascarado ó máis puro estilo Casanova, que entre verso e verso de William Shakespeare, sementará o terror entre o opresor por medio de diferentes acción. Lendo con detemento esta novela, percateime do cerca que está dela a nosa actual realidade, salvando as distancias claro está. A impunidade coa que o noso sistema xudicial trata a algúns en detrimento de outros déixame abraiado e denota as diferencias que existen entre o cidadán de a pé e algúns privilexiados de ‘guante branco’. Os editoriais dos periódicos repítense nestes días como un guiso pasado de allo. Caso Gurtell, estafa no Palau da Música en Cataluña, prevaricacións múltiples en distintos concellos de España, millóns de euros que desaparecen por arte de maxia, subornos entre as altas esferas, enchufismo, concesións urbanísticas

de dubidosa licitación… En moitos destes casos, por non dicir en todos, están involucrados póliticos de tódolos partidos (inclusive presidentes de comunidades autónomas), empresarios, banqueiros e se me descoido tamén algún que outro xuíz. É dicir, o poder executivo, lexislativo e xudicial (aqueles que quería separar Montesquieu), ou o que é o mesmo a cabeza do organigrama da nosa sociedade, andan a facer maldades para custear con fondos públicos, entre outras moitas cousas, as rodas dos seus flamantes vehículos. Axente observa atónita todo este bochornoso espectáculo de circo da man do Cuarto Poder, (o que Montesquieu non coñecía a fondo) os medios de comunicación, tan partidistas como poden dentro da maraña de multinacionais do audiovisual ás que pertencen. E mentres, a xente de a pé, cansada de ler, de escoitar e de discutir sobre o caso Gurtell, comeza a mirar os periódicos pola sección de deportes e pouco a pouco palidece, asimila e esquece. Ó tempo os piares do noso sistema democrático andan a xogar a policías e ladróns, salpicándose a merda de uns a outros e viceversa. O pobo que supostamente é o lexitimador, o que refrenda os representantes democraticamente elixidos anda a partirse o espiñazo para mellorar a súa condición vital mentres que os elixidos (salvando de novo as distancias) andan a partir os espiñazos dos demais para medrar no camino da súa propia opulencia, e o peor de todo é que sempre saen indemnes. Quizais necesitemos un xusticeiro enmascarado que poña a cada un no seu lugar ou quizais non, quen o sabe, pero o certo é que mal, o que se di mal, non viría unha V de Vendetta. lamarchadelashormigas.skyrock.com


NOVEMBRO DE 2009

O PORRIÑO

breves Lévanse a cabo obras de saneamento na parroquia de Atios, no Porriño

O Concello do Porriño mellora o enlace sur do Polígono Industrial das Gándaras

A ‘Asociación de Vecinos Virgen de la Guía de Atios’ quéixase do servizo de FENOSA na zona

Vías e Obras está a executar obras de saneamento no camiño veciñal Barrio da Torre – Outeiro, na parroquia porriñesa de Atios. O orzamento total desta actuación ascende a 100.585,75 €, financiados con cargo ao Plan Provincial de Cooperación 2009, da Deputación de Pontevedra. Pereira, afirmou que o Goberno do Porriño mantén unha liña de actuación dirixida a dotar de saneamento integral ás parroquias rurais. Reiterou este compromiso do Goberno “tanto a través de finamciamento propio como grazas á colaboración con outras administracións”.

A concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pedro Pereira, das obras de mellora do enlace sur do Polígono Industrial das Gándaras de Budiño, e do vial principal de dito parque empresarial. A mellora do enlace consiste na ampliación do mesmo, executándose un ramal de saída no espazo libre existente no vial actual, e deixando o existente para a entrada. A reparación do vial principal do polígono consiste na reparación do firme, eliminado os baches até o de agora existentes. Asemade, procederase a executar unha nova sinalización horizontal e vertical na zona.

A‘Asociación de Vecinos Virgen de la Guía de Atios’ denuncian a baixa potencia eléctrica que a empresa Fenosa lles está a proporcionar na zona. “Estamos preocupados polas consecuencias que están vivindo este grupo de veciños os cales, residindo nunha parroquia que leva moitos anos afectada polo progreso, non gozan deste dereito en toda a súa plenitude·, sinalan. O colectivo veciñal asegura que o problema que veñen denunciando dende hai dous anos é que cada usuario, ao ter baixa a potencia, paga ms polo consumo. “É dicir, os veciños non estar a gozar do dereito que si están a pagar”, rematan.

Conexión da autovía con Torneiros

O río Fonteliño convertirase nun novo espazo de lecer para a veciñanza Os Orzamentos Xerais do Estado recollerán unha partida de 1,5 millóns de euros para as obras de acondicionamento REDACCIÓN/O PORRIÑO

A deputada do BNG pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila, confirmou no Porriño que os Orzamentos Xerais do Estado recollerán unha partida de 1,5 millóns de euros para o encauzamento e mellora da senda fluvial do río Fonteliño (río Couso); grazas a unha emenda presentada polo grupo nacionalista na Comisión de Orzamentos. O Alcalde do Porriño amosou a súa satisfacción pola aprobación desta emenda. “Con esta obra iniciamos o en-

F

rancés: “Con esta obra iniciamos o encauzamento do río Fonteliño na zona máis urbanizada, e ábrese o camiño para que este afluente do Louro se converta nun novo espazo de lecer para á veciñanza”

cauzamento do río Fonteliño na zona máis urbanizada, e ábrese o camiño para que este

afluente do Louro se convirta nun novo espazo de lecer para a veciñanza”, afirmou Raúl Francés. AVE Vigo-fronteira portuguesa O BNG conseguiu na Comisión de Orzamentos, asemade, unha inversión adicional de 1 millón de euros para a partida do tramo do AVE Vigo-fronteira portuguesa. “Un proxecto que existe grazas á insistencia do noso partido”, indicou Fernández Davila. O Alcalde do Porriño, Raúl

Francés, sinalou a este respecto que “a conexión a Portugal do AVE estase a dilatar no tempo debido a que á Administración Central do Estado non se quere sentar a falar cos concellos afectados, que presentaron alegacións ao trazado. Seguimos agardando a que se nos convoque a unha reunión para falar do tema”. Francés reafirmouse na necesidade de crear un sistema ferroviario de cercanías para vertebrar a Área Metropolitana de Vigo, “unha aposta sempre defendida desde o BNG”, concluíu.

A outra emenda presentada polo BNG que afectaba directamente ao Porriño, como era a solicitude de conexión do Polígono Residencial de Torneiros coa autovía A-55, non foi aceptada ao non poder asumir economicamente esta actuación o Ministerio de Fomento, segundo o argumentado polo Goberno do Estado. Olaia Fernández Davila, indicou que o BNG seguirá a teimar pola realización desta obra ata que o Goberno do Estado asuma a mesma. “Imos tentar que esta actuación se inclúa nos Orzamentos do Estado do 2010, e de non ser aceptada, seguiremos a expor a necesidade da mesma a través de preguntas e propostas non de lei no Parlamento”, declarou a deputada do BNG “O proxecto de conexión do Polígono Residencial de Torneiros coa autovía A-55 é unha demanda da veciñanza do municipio que o BNG vén defendendo desde hai tempo tanto a nivel local como nacional. O Pleno da Coorporación Municipal do Concello do Porriño vén de aprobar por unanimidade a necesidade desta conexión. Francés quixo facer un chamamento aos grupos municipais que votaron a favor de instar ao Goberno do Estado a que se faga cargo da conexión, e que contan con representación en Madrid, nomeadamente ao grupo do PSOE, con responsabilidades de Goberno, para “que fagan o posíbel respecto ao voto dos seus senadores e senadoras neste asunto”.

5


6

NOVEMBRO DE 2009

O PORRIÑO

Iván Vaqueiro.

O PSOE presenta un paquete de obras de 1,8 millóns de euros ao goberno con cargo ao Plan E II REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Voceiro Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro, anunciou hoxe que o PSdeG-PSOE presentará no transcurso do pleno ordinario, unha moción na que recoller diferentes obras de investimento que consensuou con varios dos colectivos máis representativos das parroquias e do casco urbano, para facer fronte á investimento que lle corresponde a Porriño no 2010 con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local. Os socialistas, afirmaron que as obras consensuadas cos colectivos teñen como obxectivo, dentro dos diferentes tipos de obra que permite no 2010 o Plan E, facer fronte a necesidades de Porriño a través da participación dos colectivos sociais. “ No 2009, o noso grupo xa pediu ao goberno que tivese en conta a participación da Corporación na elección e tramitación das obras concedidas con cargo a este Fondo,

e este ano, dando un paso máis, consensuamos cos colectivos sociais porriñeses, as obras que máis interese tiñan para eles, conxugándoos coas necesidades que ten O Porriño. Entendemos que este debe ser o cauce normal para a elección das obras” Entre as obras máis destacables, os socialistas, incluíron, entre outras, melloras nos colexios públicos do Porriño, a reforma das antigas Escolas de Carracido e Atios, a mellora das redes de saneamento das parroquias, un plan de mellora de eficiencia enerxética do alumeado público e varias melloras no polígono de As Gándaras. Ademais, inclúen obras de eliminación de barreiras arquitectónicas e parques infantís en varias parroquias e nos colexios, así como a mellora de varias infraestruturas deportivas como a ampliación e peche do Polideportivo do Colexio Fernández López.

Nos postos aparecen os nomes das pescantinas.

A Praza de Abastos mellora a súa imaxe As obras de mellora consistiron no rotulado dos postos e na adquisición de indumentaria para o persoal dos postos da Praza R EDACCIÓN /O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Comercio, dirixida por Marcos Rodríguez Novás, do novo rotulado e da adquisición dunha indumentaria identificativa, co novo logo do recinto, para o persoal dos postos da Praza de Abastos. Estas obras melloraron notabelmente o aspecto do mercado porriñés.

“Desde o Goberno do Porriño apostamos por potenciar a Praza de Abastos como exemplo dun desenvolvemento local sostíbel. Con medidas como estas pretendemos revitalizar o noso mercado proporcionándolle unha nova imaxe, para que cumpra con dúas funcións importantes, a función económica de motor do comercio no Porriño, e a función

social de espazo de interrelación de porriñeses e porriñesas”, afirmou Marcos Rodríguez Novás. Dentro das medidas destinadas a revitalizar o Mercado, a concellaría de Comercio do Concello do Porriño vén de levar a cabo un proceso de regularización das prazas do mercado, así como o pintado e a limpeza do interior do edificio.


NOVEMBRO DE 2009

PUBLICIDADE

7


8

NOVEMBRO DE 2009

O PORRIÑO

O Porriño acolle a V edición de Feiraviva REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Miriam Martínez Troncoso, da presentación da V edición de Feiraviva, a mostra de produtos ecolóxicos e naturais. Nesta edición, a feira, organizada polo concello porriñés, consolida a súa andaina de catro anos, formando parte da rede de feiras Galiza Sustentábel, cofinanciada pola Xunta de Galicia. Terá lugar os días 14 e 15 de novembro. Martínez Troncoso, afirmou que “Os obradoiros amplian a súa oferta respecto a anos pasados, e nesta edición abrimos un espazo para o audiovisual, coa proxeccción de filmes e documentais de temática ambiental que reforzan a nosa visión dun mundo máis sustentábel”Feiraviva mantén a súa oferta de calidade, converténdose nun lugar de encontro para os produtores en ecolóxico de todo o país”.

As xornadas de degustación de pinchos ‘O Pinchorriño’ volve aos bares O Pinchorriño celébrase tódolos venres e sábados do mes de novembro en horario de 19:00 a 23:00 horas REDACCIÓN/O PORRIÑO

A IV edición do Pinchorriño xa está en marcha. As xornadas de degustación de pinchos organizadas están organizadas pola Concellería de Comercio en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) e a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia. Durante os venres e sábados do mes de novembro, en horario de 19:00 a 23:00 horas, dezaoito establecementos do municipio porriñés ofrecen pinchos gratuitos con cada consumición. Editouse un completo folleto cos establecementos participantes, onde se indica o pincho que estos establecementos van ofrecer ao longo de todo o mes, así como un pequeno mapa do Porriño coa localización dos mesmos. Dentro dos folletos existen uns cupóns para ser selados nos dis-

Durante a presentación das xornadas.

tintos establecementos que participan no Pinchorriño. Unha vez reunidos catro selos de diferentes locais, e cubertos os dados persoais, particípase nun sorteo de dúas estancias para dúas per-

soas nunha casa de turismo rural Marcos Rodríguez Novás, concelleiro de Comercio, afirmou que “Coa celebración do Pinchorriño, pretendemos promover a calidade da restauración

e a hostelaría do Porriño. Estas atractivas xornadas axudan a potenciar que a xente goze das súas horas de ocio na vila, sen que ter que desparazarse a outros lugares, e repercuten positivamente no conxunto do comercio local”. Pola súa banda, Juana Pérez Rodríguez, Presidenta de ACIPOR, sinalou que “Estas xornadas están xa consolidadas no noso municipio, tanto a veciñanza como os hosteleiros e hosteleiras do Porriño demandan iniciativas como esta. O Pinchorriño é xa un acontecemento social agardado polo conxunto do sociedade porriñesa”. A presidenta de ACIPOR destacou a calidade dos pinchos que se ofertarán nesta edición. “Os establecementos participantes esméranse especialmente na elaboración dos pinchos do Pinchorriño, e ofrecen un producto orixinal e de primeira calidade”


NOVEMBRO DE 2009

O PORRIÑO

9

O párroco de Budiño non accedeu a que entraran na igrexa os restos dos asasinados sinalando que xa levaban moito tempo mortos”

ANTÓN F. ESCUREDO FOTOS: HERNÁNDEZ

Os corpos dos cinco porriñeses asasinados e enterrados en Areas (Ponteareas) en decembro de 1937 xa descansan no seu municipio. Un sinxelo pero emotivo acto de homenaxe serviu para lembrar a memoria de Saturnino Vila Quiroga, Serafín Rodríguez, José Ramírez Vila, Manuel Pérez Vila e José Rodríguez Carrera ao tempo que se creaba, en palabras de Raúl Francés, “un lugar da memoria” no Porriño. Dous anos A recuperación dos corpos realizouse hai dous anos, o 3 de setembro de 2007. Daquela un equipo de arqueólogos da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Bierzo (ARMH) abría a foxa situada no adro da igrexa de Areas onde, segundo algunhas testemuñas, estaban enterrados. Co apoio institucional do concello do Porriño e a coordinación da Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas (AMH36) os traballos resultaron positivos e atopáronse cinco corpos que foron trasladados para a súa análise a Euskadi. Os traballos de identificación, realizados por Francisco Etxebarria, médico forense da Universidad do País Vasco, e pola antropóloga Lourdes Herrasti, da Sociedad de Ciencias Aranzadi, remataron hai só uns días. No seu informe oficial os expertos sinalaban que, malia o estado de conservación dos ósos, podíase

establecer unha aproximación na identificación dos restos. Homenaxe no Porriño Despois da entrega dos restos realizada o pasado 25 de outubro en Ponteareas, nun acto denominado “Rosas pola Memoria”, os familiares e o concello concretaron a homenaxe e enterro para o día 7 de novembro. O cemiterio de Budiño, por petición dos familiares a pesar de que un deles era de Cans, foi o lugar escollido para que descansaran definitivamente. Despois da cerimonia privada comezou o acto institucional no que participou como presentador Xosé Ramón Paz Antón, historiador, que fixo unha introdución breve pero completa dos feitos naquel ano 1937. Unha bisneta dun dos represaliados leu un texto enviado por Anxo Rodríguez, en representación da AMH36 e Antón Rodríguez, gaiteiro do grupo Na Lúa, tocou para a ocasión. José Ramírez falou en representación de todas as familias e agradeceu “ao concello por ter colaborado con nós para poder darlles un enterro digno”. Pechou o acto Raúl Francés, alcalde do Porriño. Despois houbo ofrendas florais realizadas por diversos colectivos. Entre os presentes deixáronse ver militantes do BNG e do PSOE (ningún en representación do PP e Independentes) e varias asociacións de veciños. Para Paz Antón “este acto pecha un proceso positivo de dous anos nos que se partiu dunhas pe-

quenas indicacións ata chegar a identificación final dos restos”. Raúl Francés sinala que é “un acto de xustiza, de recuperar a memoria dunhas persoas que foron asasinadas pola súa lealdade ao réxime constitucional republicano” e agradece a implicación dos familiares, a AMH36 e de Anxo Rodríguez neste tema. O alcalde reclamou que o Estado “asuma o seu papel e sexa el quen recupere os coprpos das foxas e os entregue aos seus familiares”. Iván Vaqueiro, secretario xeral do PSOE do Porriño, felicitou ao concello pola iniciativa e dixo que é “unha xustiza histórica para coas persoas que defenderon un país máis progresista”. Polémico párroco A nota negra do día foi a actuación do cura de San Salvador de Budiño, Emilio Gómez, que segundo afirmou algún dos familiares na cerimonia privada anterior á homenaxe “negouse a darlles cristiá sepultura dignamente”. Nun primeiro momento o párroco non accedeu a que entraran na igrexa os restos dos asasinados sinalando que xa levaban moito tempo mortos. Vista a situación, os familiares optaron por levar os cadaleitos directamente ao cemiterio. Unha familiar foi quen tivo que ir buscar auga bendita para celebrar o acto en condicións. Tampouco quixo cobrar pola celebración da “eucaristía”, pero unha das familiares deulle 6 euros.


10

NOVEMBRO DE 2009

O PORRIÑO

breves Entregáronse os premios do III certame de recolla da tradición oral galegoportuguesa no Porriño Celebrouse, no Centro Cultural Municipal, o acto de entrega dos premios correspondentes á 3ª edición do Certame que anualmente a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! convoca e dirixe aos centros educativos da Eurorrexión Galiza – Norte de Portugal. Este concurso está patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, contando coa colaboración da Direcçao Regional de Educaçao do Norte (DREN).

As curtas do Festival de Cans viaxan a Bruxelas e A Haia As curtas gañadoras da última edición do Festival de Cans de curtametraxes seguen co seu percorrido internacional de proxeccións, dentro do esforzo que cada ano fai este festival para difundir noutros países as obras dos novos creadores do audiovisual galego. Nestes últimos días, as curtametraxes gañadoras exhibíronse no Shoot-Me Film Festival da Haia, e o pasado xoves 29 foron proxectadas no Cinéma Vendôme de Bruxelas, nun acto organizado pola Asociación Couto Mixto, formada por galegos residentes na capital belga.

VI Noite do

Calacú

A pesares da chuvia, centos de persoas ateigaron o paseo de San Benito para celebrar a tradicional Noite do Calacú, organizada polos “veciños dalá abaixo” e a AA.VV de San Benito e San Sebastián coa colaboración do Concello. O obradoiro de Calacús, o pregón lido por Araceli Fernández Saavedra, a elección da Dama e o Cabaleiro, a homenaxe ao finado “Pepe da Vía”, o desfile, o magosto, os espantallos e as lentellas “da Avoa Gelina” pola mañán, deron forma un ano máis ao evento máis importante que se celebra nestes barrios logo das festas de verán. FOTOS HERNÁNDEZ

en imaxes


NOVEMBRO DE 2009

O PORRIÑO

11

Fotografía dun concerto da Coral cara ao ano 1960. FOTO MAGNO. AMI.

programa

27 NOV 20:00 h. Inauguración da exposición: HISTORIA DA CORAL POLIFÓNICA DO CRC (organiza): Arquivo Municipal da Imaxe do Concello do Porriño coa colaboración do Círculo Recreativo Cultural do Porriño Salón de actos do CRC. 27/11/09 – 11/01/10

5 DEC 20:30 h. Concerto: ORFEÓN PORRIÑÉS. Círculo Recreativo Cultural do Porriño

16, 17 e 18 DEC VI XORNADAS DE HISTORIA DO PORRIÑO Auditorio do Centro Cultural Municipal 16 DECEMBRO: Conferencia “A Canción Galega en Antonio Paz” por Eduardo Fernández Valverde 17 DECEMBRO: Conferencia “A Música Coral no Porriño” por Xosé Ramón Paz Antón 18 DECEMBRO: Mesa redonda “A memoria da Coral” interveñen: Jesús Álvarez Ordóñez, Mª Jesusa Baladrón Carpintero, Joaquín Diz Tato, Mª Rita Iglesias Miniño, Antonio I. Paz Valverde, Antonio Pereiro Pérez.

Nadal ENCONTROS DE CORAIS NO NADAL.Concellería de Cultura

DIEGO GIRÁLDEZ*

Hai cancións da Coral que quedaron para sempre pegadas na memoria colectiva e que están atadas ao devir da andaina vital en común. De cando en vez, en educativas sobremesas, reunións con familiares ou amigos, aparecen polo seu propio pé, como se ninguén as convocara. Desempoamos esas cancións e, nese momento, cando os baixos deixan cair a cabeza para conseguir os graves, os tenores fan o contrario estirando o pescozo e as sopranos pechan os beizos, decatámonos de que todos temos unha historia en común escrita con sete notas e en cinco liñas. A Coral Polifónica do CRC será sempre historia viva do Porriño porque o seu repertorio segue a estar fresco na nosa memoria. O acerto do Concello do Porriño, en colaboración co Círculo Recreativo Cultural, de lembrar os cincuenta anos da creación da Coral é xa un éxito absoluto, ao igual que cada concerto que a Coral ofreceu durante a súa andaina. A mostra, o concerto e as conferencias, servirán para lembrar e rendirlle un merecido tributo a todos os compoñentes da Polifónica e ao seu director, o mestre Antonio Paz. 1959-2009 A Coral Polifónica do Círculo Recreativo Cultural nace o 20 de novembro do ano 1959 despois de que un grupo de amigos e aficionados á música decidiran poñer en marcha o proxecto. Despois do seu primeiro concerto en San Xoán de 1960 no Cine Capitol do Porriño, a Coral, dirixida por Antonio Paz, foise consolidando pouco

a pouco e os seus sesenta e un compoñentes percorreron boa parte da xeografía galega levando o seu repertorio. A Coral porriñesa, ademáis, saíu fora de Galicia levando as cancións da terra, por exemplo, ata o Festival do Mundo Céltico na Bretaña francesa (1964) ou gravando en Madrid, para a Televisión Española, tres discos de “Canzón Galega”, nos que se pode disfrutar de temas como “O neno durmía”, ”No niño novo do vento”, “Si eu souper”, ou dunha misa composta integramente en galego. A Coral, como antes apuntabamos, adquiriu unha notoria relevancia no panorama musical galego e levou o seu repertorio por toda Galicia. Cómpre lembrar tamén, xa que forma parte da propia historia da Coral, o coro infantil

Antonio Paz visto polo pintor porriñés Antonio Fdez. Valverde para Acougo.

creado en 1969 co propósito de ser un viveiro de voces para a Polifónica. O coro cantaba sobre todo nas misas aínda que algún dos seus membros lembra, con certa nostalxia, un exitoso concerto no Círculo Mercantil de Vigo. Todo indica que o grupo desaparece definitivamente no ano 1974. Temos un mes por diante para refrescar a memoria da man da Coral; un mes para afinar o seu re-

pertorio e tentar recitar sen medo a equivocarnos a parte recitada do “Si eu souper”: ¿Quen agardaría a miña volta? / Eu soio, soio / acarón da miña bandeira, / ou do meu verso conquistado”. *Dedícolle este texto a Modesto Giráldez Ramírez, ex-compoñente da coral, barítono. Por aqueles cafés con achicoria prohibidos cantando cancións da Coral no colo da noite.

Actuación da Coral na igrexa parroquial de Sta. María do Porriño. Década dos anos 80. Autor S/I


12

NOVEMBRO DE 2009

MOS

breves A Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña terá un novo local

Xestur asegura que o polígono da Veigadaña activarase en xullo de 2010

Emprego organiza as xornadas `Hacia unha Galicia multicultural’

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou a sinatura de dous convenios de colaboración entre o Concello e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo as obras do Campo de Fútbol das Baloutas e do local social da Veigadaña. Os traballos no campo de fútbol están xa iniciados e os de construcción do local social comezarán en breve. O convenio para a realización dos traballos de construcción dun local para a Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña ascende a un importe total que supera os 200.000 euros.

Os accesos, as licenzas de obra e actividade, as naves de aluguer con opción a compra, a revisión do prezo, os víarios ou as prazas de aparcadoiro foron algúns dos temas que xeraron debate na reunión informativa sobre o Parque Empresarial de Mos, na Veigadaña, á que asistiron máis dun cento de empresarios. Desta maneira, representantes e técnicos dos dous entes públicos explicaron e describiron detalladamente a realidade existente, informando das características da urbanización, as infraestruturas, os servizos asociados e, sobre todo, dos prazos marcados.

Son unhas xornadas encadradas no Plan de Integración sociolaboral do concello dirixido a inmigrantes e retornados, que se desenvolve cada ano dende a Concellaría de emprego, dirixida polo concelleiro Gerardo Alonso Porto.Ditas xornadas van dirixidas a facilitar a integración social e laboral dos/as inmigrantes e retornados, e de concienciar á poboación de que o municipio e en xeral Galicia tende hacia unha sociedad multicultural. Nestas xornadas participan ademáis, a concellaría de participación cidadá e de benestar social do Concello.

A Xunta concédelle a Mos 130.000 euros para mellorar as pistas polideportivas de Abrente e Herville REDACCIÓN/MOS

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou por maioría na sesión ordinaria do mes de outubro e coa abstención do BNG, as anualidades para as pistas polideportivas de Herville e Abrente. A inversión en ambas pistas ascende a 180.000 euros dos cales 130.000 euros serán asumidos pola Xunta e o resto polo Concello. A concellería de Deportes que dirixe o edil Alberto Méndez logrou unha subvención de 130.000 euros da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia para o acondicionamento destas pistas e na sesión plenaria de onte aprobouse a achega económica a realizar cada ano para estes proxectos. As melloras que se van a acometer na pista de Herville son, entre outras, a instalación de gradas e dunha

pista novas, de porterías, etc. O acondicionamento a realizar na pista de Abrente contará coas mesmas melloras que a de Herville, coa diferencia de que as gradas serán reparadas mentres que nesta última colocaranse unhas novas xa que antes non as había. Segundo declarou onte o concelleiro Alberto Méndez, “o acondicionamento destas dúas pistas polideportivas era unha vella reivindicación da Asociación Cultural Abrente e do Círculo Cultural de Herville, de ahí a importancia de ter acadado esta subvención”. Ademais Méndez insistiu en que “este é o principio da colaboración entre o Concello de Mos e a Secretaría Xeral de Deportes para acondicionar todas e cada unha das pistas polideportivas do municipio”.

Imaxe do último pleno da Corporación mosense.


NOVEMBRO DE 2009

MOS

13

breves Boa acollida do programa ‘Preescolar na casa’

Axudas para material escolar

A concellería de Educación organiza o programa ‘Preescolar na casa’, unha acción socioeducativa subvencionada pola Xunta consistente nun plan dirixido a fomentar a comunicación e a mellora das relacións parentais. Segundo explicou a concelleira de Educación , “o que se fan son actividades conxuntas de asesoramento educativo ós pais, de estimulación ós nenos impartindo, entre outras, nocións de masaxe para bebés; e se promoven situacións nas que os pais interactúen con outros pais ó tempo que consultan e aclaran dúbidas sobre a educación dos seus fillos que, a súa vez, interactúan tamén cos seus iguais facilitando a futura incorporación á escola”.

As bases reguladoras de axudas do Concello de Mos para adquisición de material escolar e didáctico para o curso 2009-2010 están xa aprobadas e foron publicadas no Boletín Oficial de Pontevedra con data venres 30 de outubro de 2009. O prazo de solicitude destas axudas está aberto dende dita data e continuará ata transcorridos 20 días, contados dende o día seguinte da publicación do anuncio no B.O.P. Os pais de alumnos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria interesados en pedir a axuda poden facelo a través do Rexistro do Concello ou no departamento de Benestar Social.

Arévalo lamenta as novas recentes sobre a nova autovía Vigo-Porriño REDACCIÓN/MOS

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, fixo declaracións sobre a nova autovía Vigo-Porriño “ao verse sorprendida” por unha información publicada nun medio de comunicación na que se fala do trazado definitivo de dita infraestrutura. “É impresentable que un medio coñeza o trazado e no Concello de Mos, o gran afectado pola autovía, non teñamos documentación sobre o proxecto”. A rexedora local insistiu en que “aínda que dende Vi-

go se nos intente vender o trazado definitivo como favorable para Mos, a grande beneficiada segue sendo a cidade veciña e non nós; para este municipio a noticia de hoxe continúa a ser triste xa que o que aquí precisamos é a non construción da autovía ó ser unha infraestrutura evitable dada a existencia da autopista AP-9 que vai ata Portugal e que constitúe unha boa entrada para Vigo”. E é que a nova autovía representaría outra gran afección para o Concello e

os veciños mosenses que xa están afectados pola AP-9, a A-55 e o aeroporto, e veranse inevitablemete perxudicados tamén pola ampliación de Peinador, a autovía A-57 e o Tren de Alta Velocidade (AVE). Ademais, Arévalo insiste en que ese túnel de 3 kilómetros do que fala a prensa non solucionaría os problemas que a nova autovía lle causaría a Mos xa que a zona de Sanguiñeda e a saída do túnel quedarían de tódolos xeitos gravemente perxudicadas.

O Concello de Mos habilita no Multiusos un aula para os alumnos expulsados do instituto A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a directora do IES mosense, Begoña Pérez, e a presidenta da ANPA do instituto, Mª del Carmen Vázquez, asinaron un convenio de colaboración entre os tres organismos para elaborar un proxecto educativo piloto para a mellora da convivencia escolar neste centro educativo consistente nunha aula de integración que será posta en funcionamento no presente curso escolar 20092010. Esta aula, sita no centro Multiusos das Pozas e cedida polo Concello de Mos, acollerá ós alumnos que sexan expulsados das clases.

Os mosenses en Bos Aires celebraron a Festa da Rosa R EDACCIÓN /MOS

A Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires celebrou o domingo 25 de outubro, a súa Festa da Rosa. A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, estivo presente no acto, para o cal se desprazou ata a capital arxentina, dende onde declarou que “fai moitos anos que veño a visitar aos mosenses que viven en Bos Aires, pero nesta ocasión a visita é máis emotiva por ser a primeira vez que o fago sendo alcaldesa do Concello de Mos”. A Festa da Rosa na “dé-

cimo primeira parroquia de Mos”, así é como lle gusta á rexedora local denominar á comunidade de mosenses residentes en Bos Aires, é unha celebración que dende o Concello de Mos se considera de gran importancia, xa que persegue o obxectivo de conservar os costumes do municipio máis aló das propias fronteiras xeográficas. Ademais, contribúe a manter vivas nas persoas que emigraron e xa non residen en Mos, as tradicións culturais e sociais mosenses.


14

NOVEMBRO DE 2009

MOS

Éxito de público nas xornadas micolóxicas da Asociación Cultural de Herville R EDACCIÓN /MOS

As xornadas micolóxicas organizadas pola Asociación Cultural e Social de Hervill en Mos a semana pasada foron un éxito de público, segundo nos din os responsables do colectivo a través dun comunicado. O pasado sábado 7 de novembro organizáronse en grupos para ir buscar cogomelos ao monte para, máis tarde, pasar a súa posterior clasificación. Ás 17:00 comezou a clasificación e a

montaxe da exposición para o que contaron coa axuda de varios expertos. Ás 21:30 fíxose unha degustación de pratos de tempada feitos con cogomelos entre os que destacaron os seguintes: Montadiños de níscalos, Empanada de castañas con cogomelos. Boletus con nata, Paté de cogomelos, Tortilla de boletus,... Foi unha xornada cunha participación elevada e como resultado poideron facer unha exposición durante o domingo posterior.

O programa ‘Ocio en familia’ reuniu a medio milleiro de persoas REDACCIÓN/MOS

A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro puxo en marcha o domingodía 8 de novembro o programa ‘Ocio en familia’, que comezou a súa andadura cun espectáculo de títeres a cargo da compañía Tarabelos no centro Multiusos das Pozas. A función, co título de ‘O paxaro máxico’ logrou congregar a máis de 500 espectadores entre cativos e familiares adultos que os acompañaron. Ante o éxito acadado con esta primeira actividade de ‘Ocio en familia’, a concelleira responsable da iniciativa anunciou que o seguinte

encontro celebrarase o 13 de decembro, tamén no Multiusos, e consistirá nunha sesión de xogos infantís e contacontos. Loureiro explicou que ‘Ocio en familia’pretende crear e promover espacios e actividades alternativos de lecer en común para pais e fillos ou familiares con outro parentesco, de xeito que os nenos e os seus acompañantes poidan desfrutar de momentos de diversión xuntos que favorecen a mellora e o fortalecemento dos vínculos parentais”. Algo moi valorado pola poboación mosense vista a elevadísima afluencia de público rexistrada o domingo no centro Multiusos.

Xosé Manuel M. Ojea e Olaia Fernández Davila durante a conferencia de prensa.

O BNG presentou as emendas aos orzamentos do Estado REDACCIÓN/MOS

Olaia Fernández Davila , deputada do BNG no parlamento español, Xosé Manuel M. Ojea , portavoz municipal do BNG, e Miguel Aldea , responsable local do BNG, compareceron hoxe en Puxeiros diante dos medios de comunicación para explicar a situación de Mos nos Orzamentos Xerais do Estado e as propostas que os nacionalistas negociarán en Madrid estes días. O BNG presentará un total de 200 emendas aos orzamentos xerais do Estado das que catro, segundo sinalou Fernández Dávila, teñen unha relación directa co municipio de Mos. As propostas son froito dun intenso estudo realizado

pola agrupación local xunto a outras agrupacións e que se puxeron en común nunha xuntanza realizada en Vigo. As emendas apuntan a necesidade de arranxo do Alto dos Valos, un dos puntos negros da ´-550 (cun orzamento previsto de 300 mil euros), a humanización da N-120 nalgúns puntos (600 mil euros), a humanización da N-550 ao seu paso polas parroquias de Mos e Louredo (500 mil euros) e a continuación do paseo polo rio Louro en dirección ao Porriño e a Pazos de Borbén (500 mil euros). Segundo apuntou Olaia Fernández as reunións manteránse cos Ministerios de Fomento e Medio Ambiente nos vindeiros días.


NOVEMBRO DE 2009

a imaxe

MOS HISTORIAS

DO

15

TRANVÍA

Novembro, muro, santos e defuntos Soledad Castro

O

Nidia Arévalo,Julia Loureiro, Ana Rodríguez, e unha técnico de Participación Cidadá, participaron na iniciativa ‘Noite de terror 0,0’, dentro do programa Noites Vivas. Tratouse dunha reunión dirixida á mocidade do municipio. O evento contou cunha discoteca móbil e os asistentes poideron adentrarse en ‘A Caverna do Terror’,onde había personaxes que os fixeron tremer de medo. Sobre esta actividade a rexedora local declarou que “foi unha gran idea da concelleira responsable desta iniciativa celebrar unha festa sen alcohol nun lugar no que habitualmete se realiza o ‘botellón’, xa que pode ser unha boa maneira de erradicar este fenómeno; e que mellor forma de dar o primeiro paso cara ese fin que organizar a celebración dunha ‘Noite de terror’, tan característica destas datas”.

mes de novembro bautízase en lume de castañas, vai de visita evocando defuntos, reza en honra de tódolos santos, cata o viño novo e sentenza a vida do porco mantido. Acarrexa con el rituais aprendidos, herdados e incuestionados porque naceron dende sempre e seguen permanecendo, porque a terra así o dispón , ou viña dispoñendo. Este novembro achegouse cun engadido a celebrar, non ritual pero si excepcional : o vinte aniversario da caída do muro “ da vergoña”,. Diríase que non caeu senón que foi arrubándose . Feitos e antecedentes máis ou menos inmediatos foron socavando os seus cimentos. Poñamos por exemplo o unísono “o pobo somos nós” que vocexou a multitude espontánea na manifestación do 9 de outubro de 1989. Non resultou coma sempre, a manifestación que todos os luns despois de “a oración pola paz” adoitaba celebrarse , foi máis alá : “ sabiamos que aquela noite marcaría un punto de inflexión tras o cal dun xeito ou outro todo ía cambiar”…” Eramos máis libres e máis felices ca nunca” “Todo ía ser dis-

tinto, todos os muros ían caer”. Así rememora o escritor alemán INGO SCHULZE a súa emocionada e multitudinaria marcha polas rúas de Berlín. Non houbo estrondo precipitado e estrepitoso: así como ideas e ideais o foron erguendo, así outras razóns e pensamentos o foron deitando. Ata que chegado o 9 de novembro de 1989, a pedra, o ladrillo e o cemento, deixaron de significar e o vento puido soprar libremente de este a oeste, e viceversa, sen tropezos absurdamente

ideados. Aquí cóntase porque o tranvía veu sendo partícipe calado e activo segundo se narra : “os tranvías que agardaban nas paradas abriron as portas…e a xente uniuse á manifestación. Aquí evócase pois un novembro de aniversario; de defuntos por rezar un réquiem de tranvía , e santificado proclamamos o seu nome, porque morreu calado e resignado sen cuestionar a súa ignorada e interesada morte.


16

NOVEMBRO DE 2009

MOS

Dúas novas iniciativas de formación para demandantes de emprego están a ser levadas a cabo dende AEMOS REDACCIÓN/ MOS

A Asociación de empresarios de Mos está a desenvolver dous cursos orientados aos demandantes de emprego que buscan completar a formación dos aspirantes para a súa inserción nun posto de traballo. Trátase dos cursos para a obtención da acreditación no manexo de carretillas de carga e do permiso de conducir B1. O primeiro está organizado a través dun convenio co Centro de Desenvolvemento Local de Mos e o segundo está a ser impartido na Autoescola Lusant situada na estrada de Peinador en Mos. O curso de manexo carretillas de carga ten un horario de 5 horas cada xornada, de luns a venres durante 26 días. Pola súa parte, o

que prepara aos demandantes para a obtención do permiso de condución abrangue sete horas diarias cun número de xornadas similar ao anterior. Trátase de dúas actividades formativas realizadas en horario intensivo, debido a que o prazo de finalización ten como data límite o 15 de decembro. AAsociación de Empresarios de Mos levaba xa tempo xestionando a adxudicación destes dous ciclos complementarios para a necesaria adecuación e cualificación dos aspirantes á inserción no competitivo mercado laboral actual. Finalmente fóronlle concedidos e estanse levando a cabo coa subvención da Xunta de Galicia, concretamente da Dirección Xeral de Formación e Colo-

cación. As temáticas sobre as que versan estes cursos son de importancia crucial e están a ser protagonistas nas esixencias de diversos sectores á hora da selección de persoal. AEMOS pretende, pois, salvar os atrancos previos cos que se poden atopar os futuros traballadores no momento de ser escollidos polos ofertantes de emprego. As temáticas O carné de conducir converteuse, dentro do mercado laboral, nun punto ineludible incluído nos requisitos previos efectuados polas empresas. Non en poucos casos resulta un impedimento para xente que, cun perfil axeitado ao posto que se oferta, remata por

Entrevista a Manuela e Jesús, alumnos do curso de carretilleiro - Por que vos decidestes a participar neste curso? Jesús: - Eu estou actualmente sen traballo e pareceume unha boa oportunidade para formarme nunha actividade que me posibilita acceder a un posto laboral. Manuela: - Eu quedei sen traballo e unha das causas foi non ter a titulación e animeime a facelo por este motivo. -Cres que este curso che vai a facilitar un mellor acceso ao mercado laboral? Jesús: - Eu creo que vai a complementar a miña formación. É bastante completo e penso que vou aprender bastante nel. Manuela: - Eu pertenzo ao sector da fabricación e a embalaxe e penso que este curso vaime ser moi produtivo. - Pensas que se deberían levar a cabo máis actividades deste tipo? Manuela: - Penso que si, son cursos moi beneficiosos e máis no caso de que o curso no que participes pertenza ao sector no que se encadra a túa profesión. Tampouco é axeitado facer cursos que non teñan relación contigo senón buscar aqueles máis próximos á túa actividade. Jesús: - Eu son da mesma opinión. Non faría, por exemplo, un curso de costureiro porque non se axusta á miña formación laboral. Hai que buscar cursos que axuden na situación laboral de cada un.

-Que cursos propoñeriades vós, desde a vosa particular orientación laboral, para fomentar o emprego? Manuela: - No meu caso eu propoñería algo relacionado coa informática e cursos de atención a nenos e persoa dependentes. Jesús:- Eu suxeriría cursos como, por exemplo, o de carné de camión, onde hai ofertas de traballo. Resulta moi caro obter o carné de conducir e máis aínda no caso dos permisos para conducir un camión ou un trailer e por isto non veñen mal este tipo de axudas. -Tedes pensado participar nalgún curso máis? Manuela: -Si, se ofertan algún que me interese, por suposto. Jesús: - Eu apunteime neste día ao obradoiro de emprego. E gustaríame realizar algún curso de carpinteiro, cauchuteiro, forestal , etc. Todo o que sexa mellorar é positivo. -Gustaríavos engadir algo máis.. Jesús: - Eu é a primeira vez que fago un curso en Mos e creo que se trata, neste caso, dun curso moi completo. Son 26 días, 5 horas ao día, é moi completo. Manuela: -A min gustaríame que lle desen a máis xente a opción de poder participar neste curso. Trátase de cursos con aforo reducido, como teñen que ser, pero é moi pouca xente a que pode acceder a eles.

T

rátase dos cursos para a obtención da acreditación no manexo de carretillas de carga e do permiso de conducir B1.

non entrar a formar parte activa do mundo laboral polo simple feito de non posuílo. No caso do curso para a obter a acreditación como carretilleiro, esta iniciativa formativa convértese nun xeito, nalgúns casos, de aprender e noutros de mellorar a destreza e habilidade para manexar este tipo de vehículos de carga e transporte, poñendo especial atención nas accións de estiba e desestiba que tan frecuentemente

desempeñan os profesionais deste sector. Ao remate do curso, para a obtención da acreditación no manexo de carretillas de carga, avaliarase especialmente a destreza coa que os alumnos utilicen esta máquina, así como, o conxunto de medidas de prevención co que desenvolva a súa actividade e tamén a actitude que amose con respecto ao entorno funcional no que desenvolve a súa actividade de traballo. Dende a asociación están permanentemente avaliando o mercado de traballo para conseguir así as liñas máis axeitadas de actuación cara á preparación dos futuros traballadores e para a súa adecuación ao actual contexto de demanda ocupacional.

Entrevista a Sadrac-Loi e Milagros, alumnos do curso para obter o carné B1 - Que che parece este curso como posibilidade para sacar o carné de conducir? Sadrac-Loi: - Paréceme un curso interesante porque hai xente á que non lle é posible acceder a un curso para obter o carné e este é moi importante para conseguir un posto de traballo. Os cursos están ben estruturados e os mestres expoñen moi ben os contidos. É un bo curso. Milagros: -Eu estou casada e teño fillos e non tiña outro xeito para obter o carné. Non teño suficientes medios polo que este curso vénme como anel ao dedo porque me facilita facerme co carné e con el no futuro pode ter máis posibilidades de conseguir emprego. - Cres que farían falta máis iniciativas deste tipo para que os demandantes poidan acadar un posto de traballo? Sadrac-Loi:: - Eu creo que si. Estes cursos son moi positivos e máis no momento actual de crise nos que os desempregados dispomos de máis tempo para realizar cursos. Ademais este tipo de aprendizaxes ofrecen bastante saída laboral, non só este curso concreto para conseguir o carné, senon tamén, o de carretilleiro, por exemplo. Milagros: - Eu opino que si, que debería haber máis porque de feito que-

dou moita xente fóra que pensaba que ían a facerse en breve máis cursos deste tipo e segundo as últimas informacións non vai ser así. Gustaríame que lle desen máis oportunidades a xente coma min, non só mulleres senón tamén homes para que poidan acceder a estas actividades. -Que cursos propoñeriades vós, desde a vosa particular orientación laboral, para fomentar o emprego? Sadrac-Loi: - Eu creo que estes están moi ben. O de carné é moi adecuado, o de carretilleiro tamén está moi ben. Quizais farían falta máis obradoiros, por exemplo de albanel, para que a xente que lle guste esta profesión se poida especializar e teña mellor promoción. Milagros: - Eu tamén propoñería máis obradoiros. De feito, xa participei nun e quedei moi contenta de ter asistido, ogallá fagan máis. Cursos como este para obter o carné están moi ben e non só para atopar traballo senón tamén para poderte desprazar aos lugares sen ter que depender dun taxi ou dun autobús, que no caso de Mos está moi complicado porque non cobren todo o concello. Na zona onde eu vivo, que é Torneiros, teño que desprazarme bastante para poder tomar un autobús e ademais a frecuencia horaria é tamén moi limitada.


NOVEMBRO DE 2009

REDACCIÓN/SALCEDA FOTOS: HERNÁNDEZ

O sábado, día 31 de outubro de 2009, inaugurouse a Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui ou a tamén chamada ampliación da Praza do Concello O proxecto de “Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui” xa é unha realidade. Este proxecto foi financiado pola Consellería de Innovación e Industria nun 70% e polo Concello no restante 30%. En total a actuación conta cun orzamento de 300.000 €. A empresa encargada deste proxecto foi Construcciones Vale, A ampliación consistiu na pavimentación con granito GrisMondariz de 1.500 m2. estruturándose en tres zonas diferenciadas. Unha primeira parte onde o obxetivo foi resaltar a presenza das árbores existentes, tilos prantados algúns deles no ano 1941, en torno aos cales se fixeron bancadas aproveitando o granito dos antigos bancos que pechaban a praza. A segunda parte ten como obxectivo relacionar visualmente os dous edificios que presidirán a nova praza, a antiga Casa do Concello, do ano 1917, que se vai converter na Casa da Cultura e a actual Casa do Concello. Unha terceira parte, no entroncamento coa Rúa Pontevedra, mellora o acceso principal ó Auditorio Municipal, abrindo un espazo que se atopaba abandonado e pechado. Neste lugar instalouse un novo parque infantil, moi necesario nunha zona

SALCEDA

tan concurrida por nenos e nenas. Tamén se instalou unha nova iluminación e mobiliario urbano acorde coa nova imaxe da zona. Fortunato Álvarez, concelleiro de Vías e Obras manifestou que un dos obxectivos fundamentais foi converter a zona nun lugar máis amplo para o lecer e o esparcemento dos cidadáns e transformar a nova Praza do Concello no punto de refencia de ocio e actividades culturais da vila animando a tódolos veciños e veciñas a cuidar e conservar este lugar. Nava Castro, Directora Xeral de Comercio, salientou que proxectos coma este van impulsar o comercio e a restauración e servirán para potenciala como zona comercial. Marcos Besada, alcalde de Salceda afirmou que este é o primeiro paso dun plan de humanización que o goberno municipal deseñou para mellorar a calidade de vida e urbanística da vila.O goberno municipal aposta por converter Salceda nunha vila máis atractiva para os veciños e veciñas de Salceda e para os que nos visitan, protexer os edificios máis históricos e emblemáticos, favorecendo ao mesmo tempo o sector do comercio e a restauración. Apostou por unha “nova vila” para vivir, mercar e desfrutar, fronte ao anterior modelo que pretendía unha absurda vila dormitorio. “A humanización da Rúa Dr. Zunzunegui é o primeiro paso nese obxectivo”.

DE

CASELAS

17


18

SALCEDA

DE

NOVEMBRO DE 2009

CASELAS

Nun momento da rolda de prensa.

Investimento total de 2.099.759 euros

A Xunta aproba definitivamente o depósito de augas para Salceda REDACCIÓN/SALCEDA

O Consello da Xunta aprobou o acordo polo que se regula a colaboración técnico- financeira do Goberno galego cos concellos de Salceda de Caselas e O Porriño para a execución de obras de mellora do abastecemento que require o investimento dun total de 2.099.759 euros. Cómpre salientar que a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos achegará un importe de 1.749.729 euros distribuídos en dúas anualidades. O Concello de Salceda de Caselas contribuirá ao financiamento do 9,53% do proxecto, mediante unha achega

de 200.030 euros, e o Concello do Porriño achegará o 7,14%, o que significa unha cantidade de 150.000 euros. Ambas as dúas cifras tamén serán repartidas en dúas anualidades. As actuacións obxecto da proposta teñen como obxectivo dar maior capacidade hidráulica ao sistema de abastecemento a través dun aumento do caudal dispoñible, proporcionando a mellora da calidade da auga tratada. Por unha parte, levarase a cabo a instalación dun depósito e un ramal de abastecemento en Salceda de Caselas. O depósito proxectado ten 3.000 m3 de capacidade,

un diámetro interior de 25 m, unha altura de 6,5 m, un grosor de parede de 0,35 m e soleira de 0,50 m. Este depósito vaise conectar coa rede de abastecemento existente no núcleo de Salceda mediante un tubo de polietileno. O ramal está formado por un tubo de fundición, podendo distinguirse dous treitos en canto ao funcionamento se refire: condución por gravidade e por presión. Os dous tramos esténdense dende un tubo de 600 mm. dentro do polígono industrial ata o lugar de colocación dunha nova estación de bombeo situada na marxe esquerda da estrada PO-407, sentido Salceda.

A partir de aquí continúa pola mesma estrada ata a altura dos terreos denominados Montecelo onde, aproveitando a explanación dunha antiga canteira se prevé situar o depósito. O equipamento de bombeo disposto consta de bombas de 50 kW de potencia cada unha, que entrarán en funcionamento alternativamente. Por outra parte, no Porriño executarase outro ramal de abastecemento que, mediante un tubo de fundición, leva a auga dende o punto de acometida á rede existente ata o depósito que se proxecta no concello de Salceda. Discorre na súa totalidade baixo

a estrada PO-510 e está formado por un tubo de polietileno de alta densidade de 90 mm. de diámetro. Tamén se construirá un ramal de abastecemento á parroquia de San Salvador de Budiño, partindo do depósito que se vai executar en Salceda e discorrendo, practicamente na súa totalidade, baixo a estrada PO-407. A poboación beneficiaria das ditas actuacións de abastecemento alcanza os 7.000 habitantes, distribuídos entre os dous concellos: O Porriño e Salceda de Caselas. O prazo de execución estimado para a finalización das obras é de 12 meses.


NOVEMBRO DE 2009

SALCEDA

DE

CASELAS

19

O Concello de Salceda distribúe no municipio os fondos provinciais REDACCIÓN/SALCEDA

O alcalde Marcos Besada reuniuse cos veciños da zona.

Salceda consigue a inversión precisa para a mellora da traída de augas de San Xurxo REDACCIÓN/SALCEDA

O alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, vén de asinar un convenio de cooperación coa Consellería de Medio Rural para a realización de obras de infraestrutura rural (PEIM Rural) que se van materializar na mellora do abastecemento da Traída de Augas de San Xurxo por un importe de 88.194,82 €. As obras consistirán na colocación de 2 km. de nova rede de canalización ríxida dende o depósito de abastecemento ata o Centro Cultural e na instalación de 200 válvulas antirretorno nos accesos a cada vivenda. Nunha reunión mantida fai meses no Concello de Salceda de Caselas entre o Alcalde de Salceda de Caselas, o enxeñei-

M

arcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, considera prioritario o apoio da Consellería de Medio Rural ás traídas de augas situadas no rural ro da Consellería de Medio Rural e os representantes da mencionada traída, analizáronse as obras a realizar, así como os prazos de execución e os pormenores das actuacións. Marcos Besada, alcalde de Salceda de Caselas, considera prioritario o apoio da Consellería de Medio Rural ás traídas de augas situadas no rural galego,

xa que é unha maneira de dar calidade de vida a estas zonas. “Dende a Concellaría de Medio Rural, que dirixe Cándido Lorenzo, estase a facer un labor fundamental para facer chegar á Consellería de Medio Rural os problemas e necesidades das zonas rurais do Concello de Salceda de Caselas e para iso está sendo fundamental o constante diálogo coas distintas asociacións, comunidades de montes, traídas de augas, etc.” “Para o ano próximo esperamos que a Consellería continúe con este tipo de axudas e os usuarios da Traída de A Picoña poidan mellorar o abastecemento de auga ás súas vivendas como xa o fixeron os veciños de Entenza, Outeiro, Soutelo, Budiño e A Feira”

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou por unanimidade a distribución para o Plan de Inversións da Deputación Provincial de Pontevedra que lle outorga a Salceda de Caselas 842.316,03 € a distribuír en tres anualidades. Ó ano 2009 corresponden 430. 784,48 €, ó 2010 219.002,17 € e ó 2011 192.529,38 €. Estes fondos teñen como obxectivo realizar investimentos para afrontar a crise económica mobilizando os recursos económicos e técnicos que poidan xerar un aumento na creación de emprego. Aínda que a decisión de onde se van executar é do Concello, a contratación e a execución material dos proxectos dependen da Deputación Provincial.

O saneamento en Picoña, Outeiro e Parderrubias, a pavimentación de camiños na parroquia de Borralliño-Sobredo, a reforma do alumeado público en diversas zonas do Concello ou a pavimentación de camiños en Soutelo, Entenza, Budiño, Chan do Monte, Cotello e Parderrubias, son algúns dos proxectos que se levarán a cabo grazas ao devandito financiamento. O Alcalde, Marcos Besada, manifestou que estes fondos permitirán acometer obras e servizos de máxima urxencia en certas zonas do Concello. As parroquias veranse beneficiadas con obras reclamadas dende hai tempo polos veciños que se van ver complementadas con outros proxectos financiados polo novo Plan E do estado.

a imaxe

O Subdelegado do Goberno na Provincia de Pontevedra, Delfín Fernandez, visitou Salceda para comprobar in situ as obras relativas ó Fondo Estatal de Inversión Local, do cal a Salceda de Caselas lle correspondeu un financiamento de 1.360.332 €. O Alcalde, Marcos Besada , manifestou que estes fondos permitiron acometer obras e servizos de máxima urxencia no Concello, cun orzamento histórico para Salceda, comezando polo saneamento, que supón case a metade do importe total.


20

SALCEDA

DE

NOVEMBRO DE 2009

CASELAS

O Centro de Dinamización impartiu en outubro preto de 50 horas de formación tecnolóxica REDACCIÓN/SALCEDA

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en outubro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en Salceda de Caselas. No mes pasado impartiu un total de 5 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 36 persoas e que se estenderon ao longo de 48 horas. O máis impartido este mes foi “Alfabetización dixital: Informática e Internet” (dúas veces). Completaron o programa “Procesador de textos: Writer”, “Iniciación a Internet”, “Creación dunha conta de correo electrónico” e a charla “Manexo do usb”. Asemade, 18 persoas inscribíronse co-

mo usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada en 610 ocasións. En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Salceda de Caselas no ano 2007, foron xa 518 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo máis de 115 obradoiros, que se estenderon ao longo de 876 horas e nos que se formaron 793 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 5 charlas e 5 iniciativas.

A Turonia celebra a XIII Festa dos Cogomelos REDACCIÓN/SALCEDA

A Asociación Xuvenil A Turonia, leva a cabo un ano máis, e chegando xa a súa XIII edición, a Festa dos Cogomelos, que se celebra no Concello de Salceda de Caselas, parroquia de Entenza. Esta festa gastronómica consiste na degustación de cogomelos en diversas formas de cocción, como poden ser Setas

ó natural ou con nata, Empanada de Setas e Setas rebozadas. Estas diversas variedades pódense degustar o domingo día 15 de Novembro a partir das 10 da mañá. Sobre as 11:30 da mañá darase o pregón e comenzará a actuación a cargo da Charanga Divertida. Este día tamén dase apertura á exposición de diversos cogomelos da nosa zona, alcanzando nor-

malmente 150 exemplares diferentes, coas súas características. O sábado día 14 de novembro haberá as 19:00h. unha charla-coloquio sobre o mundo da micoloxía, e ás 21:00 horas "Serán dos Cogumelos", onde todos aqueles grupos de música tradicional queiran participar poden facelo.

a imaxe

A Fundación SEUR lidera unha campaña de fomento da lectura entre nenos e adolescentes de toda España que encontrou en Salceda o seu novo destino. Foron un total de 500 unidades de libros e dicionarios as que se entregaron á Concellaría de Cultura do Concello de Salceda que se encargará de distribuílas entre familias con necesidades de diferente índole e centros educativos e culturais do municipio. O acto de entrega levouse a cabo no Concello de Salceda e contou coa presencia do Alcalde do Concello de Salceda, Marcos Besada; e de dous representantes da Fundación SEUR. Ao evento tamén asistiu a Concelleira de Cultura, Teresa Pérez.


Rober Bodegas pecha o cartel do Liceum deste ano REDACCIÓN/O PORRIÑO

O monologuista Rober Bodegas pecha o cartel da sala Liceum o vindeiro 12 de novembro. “¡Y un condón por si pillo!” é unha historia con forma de monólogo na que Rober lembra a chegada do seu espertar sexual, e como, grazas á intervención de personaxes tan dispares como Lorena Berdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu da-lo paso de neno a home. Rober Bodegas xa se pode dicir que é un veterano no mundiño do humor e dos monólogos. Gañador do concurso de TVE El Rey de la Comedia , ten compartido escenario con artistas tan consagrados como Quico Cadaval, Cándido Pazó, Javier Veiga, Quequé ou Flipy. Ademáis disto é guionista e colaborador do programa da sexta Sé lo que hicisteis De todos os xeitos, ata esa data, aínda se poden desfrutar no Liceum outros espectáculos de calidade: este venres 14 de novembro, por exemplo, resoarán as paredes da sala ao ritmo da The Turre´s Band. O 20 de novembro, o son tradicional de Os Carunchos, o 21a gorxa cubana de Jamila Purofilin e o 27 o adianto do novo álbum de Sugar Mountain, pechan este mes.

A CUBANA JAMILA CASTILLO “PUROFILIN” HOMENAXEARÁ A MACHÍN NO LICEUM O VINDEIRO 21 DE NOVEMBRO. É CUBANA, HABANERA. NACEU NO BARRIO LA VÍBORA EN 1967 E ALÍ COÑECEU O "FILIN" DUNHA MANEIRA NATURAL. ESTIVEMOS CON ELA ANTES DE QUE ACTÚE NA SALA PORRIÑESA.

Jamila Castillo, cantante

‘Hai algo máxico en Machín’ A.F. ESCUREDO/COMPOSTELA

-A Jamila cantante naceu...? -Curiosamente en Madrid cando cheguei no 1997. Empecei a tocar nunha sala que se chama "El Montacargas" cando traballaba de camareira. Na miña familia por parte de pai son todos músicos e sempre levei a música dentro. -Por que Machín? -Machín é o cubano que quedou máis na memoria. É un arquetipo musical e artístico dunha época. Sentía moita curiosidade. A Machín non se lle recoñeceu en Cuba ata agora porque estivo fóra case dende os inicios da súa carreira. O amor que a xente lle ten non vai morrer nunca. Para nós, os emigrantes cubanos que temos problemas para inserirnos aquí, Machín deu un exemplo de interculturalidade. Cantaba os boleros con tremenda sabrosura e tiña moi claro o que estaba facendo. Unha persoa inqueda que non tiña problemas para comunicarse coa xente. Aquí, no país da saudade, atopámonos con moitas persoas maiores que van ao espectáculo e se sorprenden dos arranxos que facemos baseados no Latin Jazz. Tamén vén a vernos xente moi nova, hai algo de máxico en Machín. -Hoxe reinvéntase a música cubana a través de arranxos contemporáneos? -A música cubana estivo moi protexida, pola súa riqueza e mesmo pola grande estima que se sente por ela. Agora está nun momento de apertura e de busca, de

mestura moi interesante. Os músicos cubanos sempre estiveron pendentes da tradición. Hoxe interactúan con Brasil, por exemplo, ou coa música flamenca. É unha música de ida e volta. No meu caso é natural porque ao ter vivido en cidades como Barcelona ou Madrid sentes necesidade de tocar con outra xente. Esa frescura e revitalización en Cuba agradécese. -Non hai problemas cos defensores da tradición? -Non creo que en Cuba haxa moitos "tradicionalistas"... O cubano é un público moi culto nese sentido. Cuba vivirá unha etapa de apertura ao mundo e a música xogará entón un papel moi importante. A cultura estivo moi coidada en Cuba e vai ser un elemento fundamental do diálogo. En Cuba todo o mundo opina sobre música.


22

NOVEMBRO DE 2009

DEPORTES

Carla Pérez, campiona estatal en K2

‘Nun futuro gustaríame chegar a participar nunhas olimpiadas’ J.RAMÓN COUÑAGO/DEPORTES

- Como comezache no mundo do piraguismo? - Comecei porque viñeron a dar unha charla á escola, ensináronnos uns vídeos e gustoume, así que, apunteime porque pareceume interesante e divertido. - Tes conseguido varios títulos a nivel estatal. Fálanos do teu palmarés... - Fun acadando bos resultados nas competicións o que me permitiu clasificarme para participar en competicións a nivel internacional. Algúns dos resultados que tiven este ano foron campiona de España en k2 xuvenil 500 e 1000 metros, campiona de España k4 1000 e 500 metros xuvenil, e en 500 metros tamén na categoría k4 senior. - En que modalidades compites? - Principalmente céntrome no k1, aínda que tamén fago barcos de equipo como k2 e k4. E en canto ás distancias a principio de tempada, sobre febreiro-marzo, facemos fondo que son distancias un pouco máis longas de 5.000 metros. Máis adiante xa comezamos coa pista que son distancias de 1.000, 500 e 200 metros k. Estas últimas son as máis importantes. - Tes participado en competicións internacionais? Cales? - Este ano participei por primeira vez en dúas regatas internacionais, o europeo en Polonia no que disputei o k2 de 500 metros e rematei en sétimo lugar, e o mundial en Moscú no que participei en k4 500 metros e rematei no décimo posto. Para clasificarme e poder participar nestas regatas internacionais tiven que entrar no ranking das sete prime-

A ‘II Carreira Benéfica Óscar PereiroDivina Pastora Seguros’ terá lugar o 21 de novembro REDACCIÓN/MOS

rias do máster a nivel estatal. - En onde adestras e canto tempo lle adicas á preparación? - Pola semana adestro en Pontevedra no Centro de Tecnificación Deportiva e as fins de semana adestro en Tui, no meu club, o kayak Tudense. Dedico á preparacion sobre 12 horas á semana. - É difícil compatibilizar a

O

meu modelo a seguir é Teresa Portela vida normal e o deporte? - A verdade é que, ao principio se non estás acostumbrada, si que é difícil, pero todo é cousa de organizarse e saber administrar o tempo, aínda así non tes moito tempo.

- Cales son os teus obxectivos dentro do piragüismo? - Polo de agora céntrome en preparar as competicións desta tempada, pero nun futuro gustaríame chegar a unhas olimpiadas e demais competicións a nivel internacional. - Trátase dun deporte accesible para calquera ou require un gran investimento económico? Como conseguides o financiamento no voso club? - É accesible para calquera, xa que, a maioría dos clubs proporciona o material necesario para practicar este deporte. Conseguimos o financiamento a través de patrocinadores e subvencións que nos deron ao quedar campións de España por clubs. - Tes algún ídolo dentro do piragüismo? - Si, moitos pero o meu modelo a seguir é Teresa Portela.

Oscar Pereiro presentou, arroupado por máis de 900 nenos e mozos de Mos, a segunda edición da proba popular á que dá nome: a II Carrera Benéfica Óscar Pereiro-Divina Pastora Seguros”, que un ano máis recadará fondos para axudar á Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos desta localidade (ASODIFISI). O campión do Tour de Francia 2006 espera superar os

2.000 corredores nesta segunda cita: “a miña ilusión é superar esta cifra. Tras un ano de intenso traballo, o noso obxectivo é converter esta carreira nunha gran festa do deporte ”. Os participantes nesta proba impulsada por Óscar Pereiro doarán dous euros ao inscribirse; un diñeiro que irá destinado integramente a ASODIFISI “unha asociación que ten serios problemas económicos, á que esperamos axudar desde a miña fundación”.

O Pavillón Óscar Pereiro acolleu o Campionato Galego de Full Contact e Kickboxing REDACCIÓN/MOS

O pasado sábado 7 de novembro, tiveron lugar no Pavillón Óscar Pereiro (Mos) os campionatos galegos de FullContact, organizados polo trece veces campión do mundo Simón González. O certame resultou un rotundo éxito, tanto en resultados obtidos polos competidores da provincia como pola asistencia masiva dun público que puido gozar da elite galega en deportes de contacto. Como se pode ver nos resultados, os competidores do Ximnasio Simón de Vigo leváronse a casa a vitoria en case todas as categorías, cun total de 5 ouros e 2 pratas. O broche final aos campionatos púxoo un combate de Kick Boxing con regras K-1 semiprofesionais de pesos pesados, sendo esta a primeira vez que se celebra en Galicia un campionato destas características. Este combate foi gañado por Alfonso Valcárcel, tamén competidor do Ximnasio Simón de Vigo.

Os organizadores responsabilizan de parte do éxito do evento aos medios de comunicación e ao apoio incondicional do Concello de Mos, tanto da Alcaldesa Nidia Arévalo como do Concelleiro de Deportes Umberto Méndez. Os campións galegos 2009: Masculino 57 Kg. Alberto Mendes - Club BKC (A Coruña) 60 Kg. José Mª Pazo - Club Simón (Vigo) 63.5 Kg. Iván Rodríguez - Club Jo-vhen (Porriño) 67 Kg. Juan Carlos Otero - Club Simón (Vigo) 71 Kg. Francisco Farrapeira Club Jo-vhen (Porriño) 75 Kg. Carlos Pérez - Club Simón (Vigo) 81 Kg. Rolán Miranda - Club Simón (Vigo) 86 Kg. Daniel Fernández - Club Simón (Vigo) +91Kg. Fermín Muíños - Club Arcade (Arcade) Femenino 65 Kg. Kimberly Sinal - Club As Mariñas


NOVEMBRO DE 2009

EMPREGO

CONDUTOR: Empresa de transporte de mercadorías por estrada tanto a nivel estatal como internacional, require un condutor para ruta diaria en Barcelona. Xornada laboral: Completa de luns a sábado. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Imprescindible residir en Barcelona ou arredores. Preferiblemente persoa menor de 45 anos con experiencia mínima de tres anos en posto similar. Imprescindible posuír licenza de condución de vehículos articulados ata 12.000 kg. MOZO DE ALMACEN: Empresa dedicada á fabricación, distribución e venda ao por maior da máis ampla gama de accesorios para o automóbil require un Mozo de Almacén. Funcións: Recepción, colocación e referenciación de mercadorías, control de stocks, preparación e envío de pedidos. Xornada laboral: Completa. Horario: de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas de luns a venres. Salario: 1.000€/líquidos, pagas extras incluídas. Contrato temporal con posibilidade de indefinido. Requírese home menor de 45 anos con coñecementos no sector do automóbil, responsable, con iniciativa, con capacidade de liderado e con ganas de traballar. Valorarase experiencia en posto similar o no sector do automóbil. Permiso de conducir, clase B, e vehículo propio. VETERINARIO: Empresa do sector avícola necesita incorporar un Veterinario Clínico para a realización de traballos en campo. Xornada laboral: Completa. Salario: 1.200-1.500€ bruto/mes. Funcións: Control e seguimento de cabana de gañado, toma de mostras para controis analíticos... Contrato temporal con posibilidade

de permanencia na empresa. Requírese home menor de 40 anos licenciado en veterinaria con habilidades sociais, dispoñibilidade para desprazarse por Galicia, capacidade de aprendizaxe, con iniciativa, capacidade de adaptación ao cambio e con clara orientación ao cliente. Imprescindible estar colexiado e residir en Mos ou arredores. Valorarase experiencia en posto similar. Permiso de conducir, clase B, e vehículo propio. ADMINISTRATIVO: ETT selecciona un Administrativo para empresa situada no Porriño. Xornada laboral: Completa. Contrato: Temporal. Imprescindible nivel alto de inglés. F.P. Administración. Requírese home menor de 30 anos con experiencia mínima de dous anos en posto similar con residencia no Porriño ou arredores. Permiso de conducir, clase B, e vehículo propio. TELEOPERADORES: Call Center situado en Vigo require Teleoperadores para a televenda de aplicacións informáticas a empresas. Horario: de 10.00 a 14.00 e de 46.00 a 20.00 horas de luns a venres. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese persoa con clara orientación ao cliente, capacidade de traballo, resistencia ao estrés, flexibilidade horaria, capacidade de adaptación ao traballo e con experiencia como comercial e / ou vendas. Imprescindible posuír coñecementos informáticos. OPERARIAS: ETT precisa incorporar manipuladoras de conservas con experiencia mínima de seis meses, para conserveira situada en Vilaboa. Xornada laboral: Completa. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Posibilidade de

incorporación inmediata. Dispoñibilidade horaria. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. CONSEJER@S DE VENDAS/DEPENDENTES: Grupo téxtil internacional, require para un dos seus centros situados en Centro Comercial na área de influencia de Mos, 5 dependentes / consejer@s de vendas. Funcións: Asesorar e atender as demandas e preguntas dos clientes, alarmado e presentación de pezas de roupa. Xornada laboral: Parcial, 20 horas semanais. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese persoa nova, menor de 28 anos, con interese pola moda e as súas tendencias, con clara orientación ao cliente, coñecementos de merchandising, atención ao cliente e cobramento en caixa. Imprescindible experiencia demostrable en posto similar. Dispoñibilidade horaria para traballar a quendas. COMERCIAL: Empresa dedicada a dar apoio a empresas na xestión de importacións e exportacións, require un Comercial para o seu departamento de comercio internacional. Xornada Laboral: Completa. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Salario: Fixo + comisións. Horario: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Requírese experiencia demostrable de polo menos 1 ano en posto similar. Imprescindible nivel alto de inglés. F.P. II en Comercio Internacional ou Licenciatura en enxeñería, económicas ou similar. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. ADMINISTRATIVO/A: Empresa pertencente ao sector do transporte de mercadorías por estrada, require un/a

Administrativo/a menor de 40 anos. Funcións a realizar: Programas específicos de Contabilidade, xestión bancaria, cobramentos e pagamentos,... Xornada: Media Xornada. Contrato: Temporal, 6 meses, con posibilidades de permanencia na empresa. Retribución: Segundo convenio. Ciclo Medio ou Superior en Administración ou Diplomatura en Empresariais. Imprescindible experiencia de polo menos un ano en posto similar. Dominio Microsoft Office. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. AXENTE DE SEGUROS: Compañía de Seguros de ámbito nacional require Mediador de Seguros para a bisbarra de Vigo. Ofrécese: Plan de Carrera na Compañía cara ao perfil profesional de Inspector de Seguros. Contrato mercantil, con alta en autónomos a cargo da empresa, atendendo á consecución de obxectiva base establecidos. Experiencia laboral en xestión comercial. Capacidade de traballo por obxectivos. Afán polo logro e o desenvolvemento profesional no ámbito laboral descrito. TORNEIRO/FRESADOR: Empresa dedicada a mecanizados, moldes, matricería e utensilios, require un Torneiro. Xornada laboral: Completa. Horario: de 8.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas de luns a venres. Salario: Segundo convenio. Ciclo Medio en Mecanizado, Ciclo Superior en Produción por mecanizado ou en Desenvolvemento de Procesos mecánico. Imprescindible experiencia demostrable mínima de dous anos en fabricación e reparación de pezas, mecanizado CNC e interpretación de planos. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio.

As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS Estrada de Peinador, 41 - 36416 MOS (Pontevedra) Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: ofertas@aemos.es www.aemos.es

23


Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

A Peneira na Rede Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREAS Tel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Jénnifer Castrovello, Diego Giráldez, Juancho, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato” Fotografía: Antón, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró Montaxe e deseño: Diego Giráldez Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

lourinha@apeneira.com www.apeneira.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.