Issuu on Google+

Nº 65 ANO V OUTUBRO, 2009

O PORRIÑO - MOS - SALCEDA DE CASELAS

1€

Entrevista: Patricia Martínez

O Porriño

“Gostaríame tirar máis forte e gañar o O Concello e ACIPOR asinan un convenio de camiponato do mundo” colaboración por 6.000 euros Páxina 21 Páxina 7

Como está a dereita no Porriño? En que momento se atopa? Páxina 5

O Porriño

Mos

Alumnos de Mos mergúllanse en Europa Páxina 11

Salceda

Lucía Molares escoita as opinións de Besada sobre a Área Metropolitana de Vigo Foto: Hernández

ˆ Besada: “Débese de deixar claro como se financia e que competencias vai ter”

Páxina 14

Páxina 16

O Porriño

O artesán Paco Candán realiza a réplica da placa do ‘Km 0’ da Porta do Sol de Madrid Páxina 9

Cultura

A Asociación Cultural Tangaraño de Mos celebra o seu décimo aniversario Páxina 20


2

OUTUBRO DE 2009

OPINIÓN

e d i t o r i a l Loitar contra os elementos

Edicións Val do Louro S.L. Sarmiento Rivera, nº 17 Teléfono e Fax: 986-660986 web: www.apeneira.com e-mail: lourinha@apeneira.com 36860-Ponteareas (Galiza).

Director: Guillermo Rodríguez Fernández

Redactor xefe: Antón Fernández Escuredo

Coordinador: Diego Giráldez

Colaboradores: David Rollano Carlos Rego Marisa Alonso David Pérez Rego “Cato” Soledad Castro Jénnifer Castrovello Alberto Álvarez Gil Juancho Castaño

S

i, porque nestes momentos algúns, certo que unha minoría minoritaria, teñen declarada a guerra ao galego, á lingua galega. Que mal lles faría ela! Polo tanto temos que saír á rúa a loitar contra eses elementos discordantes que en vez de aprender a ler e escribir, ao tempo que gozar dun idioma máis están empeñados en demostrar que o galego é un idioma agresivo; que agride o castelán. Vaia por Deus! Cando un galego foi agresivo co seu idioma? Cando os galegos fixemos da nosa lingua unha única bandeira? O pasado domingo, 18 de outubro do 2009, Santiago foi invadida. Sí, invadida; só que cariñosamente, de boas maneiras. As rúas da capital galega estaban ateigadas de homes e mulleres de todo tipo e condición; alí non había ricos nin pobres, naciona-

listas, socialistas nin conservadores; alí todos eran un; todos eran Galicia en corpo e alma. Vellos e novos, homes e mulleres de todas partes, do mundo rural e das vilas e cidades. Ninguén, honestamente, pode dicir que esa macro manifestación solicitando respecto para o galego estaba manipulada por forzas políticas da Oposición ao goberno. Pero, que fai que máis de 50.000 galegos e galegas se concentren en Santiago, despois de recorrer moitos quilómetros, e berren alto e forte que queren vivir en galego? Pois algo tan sin-

Fotografía: Hernández - Foto Barros

Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró- Suso Vieito publicidade@apeneira.com

Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza).

Depósito legal: OR / 57 / 84 A dirección do xornal non se responsabiliza das opinións emitidas polos seus colaboradores

Urxencias médicas Inform. toxicolóxica Incendios forestais

061 91 562 04 20 085

O Porriño

BOMBEIROS

DE

GALICIA

Mos

11 2

Salceda Concello de Salceda

986 349003

686 777 777

Protección Civil

660 600090

Centro de Saúde

986 486 667

Policía Local

639 821377

Taxis “As Angustias”

986 331 037

Centro de Saúde

986 349008

Taxis “Puxeiros”

986 487 343

Serv. Galego de Colocación 986 331 262

Taxis Servizo Permanente

986 488 989

Xulgado

986 347825

Protección Civil do O Porriño 696 99 49 45

Oficina de Correos

986 487 921

Oficina de Correos

986349076

Concello de Mos

986 331 200

Policía Local

986 337 320 986 330 014

Concello do Porriño

986 335 000

Policía Local

620 404 040

Centro de Saúde Taxis Oficina de Correos

986 334 455

Tanatorio Mos - O Porriño

986 336 719

xelo como o absurdo comportamento do novo goberno co idioma galego. Somos galegos porque temos un idioma propio, dixo Castelao. Non é unha minoría (como por exemplo GB) quen defende o dereito de que o idioma galego, a nosa lingua propia, sexa amparada e defendida, ademais de propiciar o seu desenvolvemento entre a poboación como se di no noso Estatuto; eran moitos miles de persoas que representaban a outros moitos miles que non estaban en Santiago fisicamente pero si estaban en espírito. No Goberno

Central hai varios ministros galegos. Un deles, o de Xustiza, asistiu á manifestación.; declarou que estaba alí a titulo persoal porque defendía o idioma que mamou de pequeno, quería que os seus fillos e netos tamén puideran coñecelo e usalo. A prensa de Madrid non se lle ocorreu outra cousa que dicir que un Ministro do Goberno agredía ao castelán. Que lles pasa os de Madrid? Acaso nós, os galegos que queremos e amamos a nosa terra e a nosa lingua, non falamos e escribimos tamén en castelán? Acaso nós non sufrimos o feito de ser obrigados a coñecer e usar o castelán sen que pase o mesmo co galego para os castelanfalantes? Galicia ten un idioma; Galicia é unha nación, un país, como vdes. gusten; respéctennos, por favor. É moito pedir? Grazas.


OUTUBRO DE 2009

OPINIÓN ZONA TEMPORALMENTE AUTÓNOMA

A Ágora de Amenábar e nós

“comunicándom”

Vicente Maroucinho

David Pérez Rego “Cato”

T

L

evamos xa un pouco de tempo sentados nunha das primeiras filas da sala de cine. Asistimos agora á reconstrución dun dos momentos históricos máis dramaticamente empobrecedores da humanidade: a queima dos rexistros da Biblioteca de Alexandría. Sostén o filme que o fanatismo cristián, como todos intolerante cos outros puntos de vista, coa riqueza de saberes, coa diversidade cultural, decide, nunha arroutada de consecuencias irreparables, reducir a cinzas o coñecemento alí acumulado. A admiración percíbese na sala na forma dun suave marmurio que se levanta á volta. Os comentarios que chegan aos meus ouvidos teñen todos algo en común: son en castelán. E a min isto evócame unha nova queima da diversidade de puntos de vista, de saberes, de riqueza cultural. Saiban todas as galegas e galegos, que a súa escolla idiomática á hora de expresárense no seu propio país non é gratuíta.

Os idiomas só existen se son utilizados. Cada vez que unha persoa galega, sen necesidade algunha, emprega o castelán na Galiza, contribúe a matar un pouco máis o galego; contribúe un pouco máis a construír un mundo máis pobre, máis cincento. Incorre nunha neglixencia histórica equivalente á da queima da Biblioteca de Alexandría: a dun pobo que non preserva o legado que lle foi deixado. Aínda máis, as persoas galegas que agora usan o castelán alí onde non é necesario, han de saber que ese xesto, no fin das contas, representa un vergoñento fincar de xeonllo no chan, representa a claudicación dun pobo, o galego, perante outro, o castelán, que historicamente pretendeu eliminar, e que deste modo elimina, o idioma que libremente construiu a nosa xente ao longo de séculos e séculos. Un pobo, o castelán, que se serviu de tácticas moi diversas e que empregou a violencia, física e psicolóxica, no seu propósito. Tan pouco orgullo temos?

3

odo para comunicarme, pasei horas e horas da miña infancia garabateando entre as dúas liñas guía dos Cuadernillos Rubio, coa lingua por fóra de concentración e aplicación aos trazos verticais, escribindo sen pensar “Haré un hoyo en la arena” e “Dame un kilo de chocolate” e tentando axuntar sen éxito o rabiño da ‘o’ co extremo da ‘l’ sen levantar o boli do papel. A cousa estaba complicada, e perdía horas tentando endereitar aquelas liñas da caligrafía que se me tombaban sen querer, pouco a pouco, sen decatarme sequera ata chegar á ‘e’ do chocolate, despegar a fronte da mesa e botarlle unha panorámica xeral ao resultado. Miraba para a frase modelo e non comprendía como aquel raio de rapaz escribirá “haré un hoyo en la arena” sen que as minúsculas sobresaíran por riba da liña superior e os paus das letras non se lle declinaran a partir do ‘hoyo’; como podería conseguir aquel neno sabiondo que escribía para os Cuadernillos que os rabiños das vocais enlazaran graciosamente coas letras veciñas, sen que parecera que as amarraban con desesperación e pánico. Comprendía que a miña caligrafía carecía de gusto, delicadeza e gracilidade, e miraba con inquietude cara o futuro: sería quen de comunicarme? Por sorte para min, a adolescencia inundou de testosterona non soamente o meu corpo senón tamén a miña caligrafía. As filigranas convertéranse de súpeto en cousas de nenazas, polo que os rabiños e arabescos desapareceron da miña escritura deixando paso á marcial plenipotencia da letra de imprenta. Facerme maior parecía ser un camiño cara a austeridade. Sentíame libre, e o meu individualismo tipicamente adolescente facíase notar na miña grafía: excarcerei as letras da dependencia de sílabas e palabras, desaparecendo aquela liña continua, aquel escribir sen levantar o boli do papel. Abaixo o establecido, revolución: a miña caligrafía, por fin emancipada, libre de ataduras, gañou en confianza e deixei de escribir “Haré un hoyo en la arena” para escribir poemas e relatos existencialistas.

Os poemas chegaron case case da man da universidade. O alfabeto serviume daquela para plasmar en papel todas aquelas máximas que os profesores profesaban subidos nas tarimas. Alí copiabamos con desesperación cada palabra que se escoitara ávidos de coñecementos; incansables fábricas de escritura, reproduciamos no papel ata o son das moscas e inundabamos logo os corredores da facultade traficando con folios subliñados e fotocopiados. A dilixencia na copia motivou daquela cambios fundamentais na miña escritura: naceron os garabatos, os ideogramas, os pictogramas, as abreviaturas inconcibibles e a escritura “cherokee” que desprezaba artigos, conxuncións, e preposicións en pro da celeridade e inmediatez de expresión do verbo+substantivo. Case desapareceron circunstancialmente os adxectivos do meu vocabulario mentres os meus textos gravitaban do poético ao político e a caligrafía volvía a converterse nunha indescifrable liña continua. A máquina de escribir aparece na miña vida para concederlle luz e significado aos garabatos do papel. Canto machaquei os dedos naquelas teclas vertixinosas que se atrancaban unhas as outras, non o podería asegurar, polo que o descubrimento da máquina de escribir eléctrica foi unha nova liberación apenas embazada polas dificultades de cambiarlle a cinta correctora do aparato. Logo chegou o ordenador, pero polo camiño empreguei o dedo para consignar pensamentos na area das praias, para debuxar frases no aire ensoñadoramente e acariñar confesións segredas na pel feminina. Redactei co pé verbas na auga de varias fontes, busquei consoantes debaixo das cenorias da sopa e procurei vogais na caixa do Scrabble. Asinei con arabescos no chocolate de 33 tartas e escribín en Morse, en Braille, en linguaxe de signos, con luces e bandeiras, con sinais de fume, con caligrafía china, en código HTML, ¡cun bolígrafo de cinco cores! e todo para comunicarme. E agora escoito por aí “Eh…, joder, pois… o rollo… puf, non sei… mola” e leo “are 1 ollo nlarena”, e penso que xa volvín a facer o primo. Canto tempo perdido, carallo. taz-cato.blogspot.com

SINATURA CONVIDADA

Urbanismo e Sostibilidade no Porriño: desafíos ante o novo PXOM Iván Vaqueiro *

A

s oportunidades de planificación do noso urbanismo son momentos de especial significancia dentro da historia da construción do modelo de cidade que se desenvolve ó longo do tempo, e quizais, a elaboración dos plans xerais de ordenación, sexan o máis claro exemplo desas oportunidades. Desgraciadamente, a nosa historia recente foi máis a historia das oportunidades perdidas que as dunha alianza da cidadanía que os poderes públicos para o correcto aproveitamento desas oportunidades de configurar un modelo de cidade con calidade e vida e sostibilidade. Velahí os dous princípios rectores. Ante a nova reforma do PXOM que o goberno local acaba de adxudicar, a cidadanía debe ter voz

activa. Se ollamos ó pasado, poderemos ser conscentes da importancia capital de non repetir a elaboración dun PXOM como o aprobado polo PP no 2003, o que temos en vigor, aprobado pola mínima, sen participación cidadá, onde só primaban as alturas e o formigón e a carencia absoluta de espazos verdes. Un PXOM debe ser un instrumento non só de planeamento urbano, senón a cristalización dos desexos cidadáns de contar cunha cidade para vivir e poder acceder a unha vivenda digna, facendo que os aproveitamentos urbanísticos sexan reorientados para beneficio municipal e non de catro especuladores. Saco isto a colación á vista da desastrosa recalificación que o

goberno levou adiante, por certo, co apoio de todos os partidos, excepto do PSOE, na parroquia de Cans, a empresa Rojo de Jove S.L. nunhas condicións francamente beneficiosas para a empresa e a cambio de pouco máis do mínimo que a lei esixe, recalificación que a Xunta de Galicia vén de tumbar, danolle ó PSOE á razón nas nosas críticas. Velaí, outra premisa a ter en conta: o urbanismo é unha ferramenta para o interese público, dentro do normal e mesurado desenvolvemento privado. Non en van, os PXOM contan cun estudo económico onde se miden os aproveitamentos que o Concello gaña coa nova ordenación e onde debe investilos: en adquirir dotacións e espazos públicos e en creación de

vivenda. E o terceiro alicerce que esta vez non debemos descoidar, é o da sostibilidade. Tanto a Lei 9/2007 de Avlación Ambiental Estratéxica, como a Lei 8/2007 de Suelo aprobada polo Estado, dirixen claramente o novo urbanismo cara os principios da sostibilidade Urbana. Recomendacións que a UE está a facer dentro da estratexia de desenvolvemento urbano que deriva dos compromisos de Kyoto, Alhborg e a Carta de Lisboa. Aviso a navegantes, as “reformiñas” urbanísticas para recualificar non valen nesta nova oportunidade. E así llo fará saber o PSOE ó goberno local. A necesaria creación dun Foro Cidadán para a reforma do PXOM que garanta a transparencia e a

participación da cidadanía, a elaboración dun proxecto de cidade para gañar espazos, zonas verdes e xerar patrimonio municipal do solo e vivenda, e os obxectivos de sostibilidade e mobilidade sostible, a carón da defensa dos nosos espazos verdes, son os tres piares que os socialistas defenderemos porque son os desafíos ós que se enfronta o novo PXOM e O Porriño. Da súa correcta xestión dependerá que o novo PXOM sexa unha ferramenta ilusionante, ou un novo Plan para os especuladores. *Iván Vaqueiro é Licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Máster en Dereito Urbanísitico e Medioambiental pola Universidade de Vigo. Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Porriño.


4

OUTUBRO DE 2009

OPINIÓN

CAFÉ CON GOTAS

D

UN MUNDO FELIZ

O Porriño, seis anos despois

Mundo de tolos

Carlos Rego

David Rollano

on Xosé Manuel parecía infinito. Victorioso grazas a unha forma de goberno personalista, no clímax foi sucedido polo excelentísimo azote do pleno. O novo alcalde impuxo formas menos centrífugas, con maior harmonía e funcionalidade. Enseguida imprantou unha dirección de perfil máis tecnocrático (delegar naqueles que saben do tema e que non se durman nos plenos), aínda que non por iso menos sectaria nalgúnha área; ese mal endémico da pequena democracia hispánica. A pesares dos gobernos en minoría, do estratéxico veto deputacional, dun PXOU non querido e dos orzamentos nunca ou case nunca aprobados; a cousa foi tirando. Uns novos aliados xurdiron: a Xunta, en mans do bipartito, sucedendo ó tamén infinito Don Manuel. As transformacións no casco urbano foron máis que unha declaración de intencións, do mesmo xeito que o foi a amnesia que lle deu o ex-azote do pleno, nada máis sentarse no sillón, co tema das canteiras. Porque cando entramos en materia de números e falamos da facenda local, seguimos un tanto opacos. Non se publican boletíns sobre o estado patrimonial da casa do concello (non temos nin unha páxina web), non se actualiza a información para o Consello de Contas da Xunta, non se pon orde na actualización das taxas e dos impostos..., e pouco máis podemos dicir porque non sabemos o que pasa aí dentro. Perdón, seguimos sen saber que pasa cos números aí dentro, como na maior parte dos concellos e, como sempre, no Porriño. Houbo exitosas liñas de acción social e de emprego. Existe un gran empeño por arranxar dunha vez por todas os problemas de abastecemento e saneamento nas parroquias. Co tempo, apareceron os independentes dos independentes, rom-

peuse cos socialistas, foronse os aliados da Xunta e abrazamos o Plan E. Non temos unha idea clara sobre a meirande dos grandes eixos de actuación dun concello, eu diría, estratéxico no sur da provincia (infraestruturas de cultura e ocio, solo industrial e polígonos, estradas, transporte público, crecemento da vila, Torneiros, a saída sur do AVE, a depuradora de Guillarei, as finanzas, o noso lugar na área metropolitana...). Semella que levamos dous anos para-

(

...) a vila está moito máis fermosa. Por iso é xusto recoñecer ó actual goberno, que pronto espirará, o esforzo por facer que este pequeno anaco de terra comezase a saír daquel estupor invivible.

dos, sen cartos e sen impulso. Pero unha cousa dígovos: eu recordo vivir nunha vila feudal, aburrida e gris, onde cada catro anos se cambiaban catro farolas e moitos acudían ás urnas agradecidos porque o seu sobriño consta fixo naquela empresa ou polo empichado ao carón do garaxe. Hoxe en día a xente ten máis conciencia, é crítica, aínda que sexa porque somos un concello de dereitas. Ademais, a vila está moito máis fermosa. Por iso é xusto recoñecer ó actual goberno, que pronto espirará, o esforzo por facer que este pequeno anaco de terra comezase a saír daquel estupor invivible. cafecongotas.wordpress.com

F

alaba un sociólogo fai pouco, dos riscos que conleva a perda da humanidade dentro dos poderosos camiños da informática e das novas tecnoloxías. Dicía que nesta época escura na que vivimos, na que soamente somos números programados de xeito directo ou indirecto para consumir, producir e voltar a consumir, a xente de a pé (coma ti e coma min), necesitaba buscar unha válvula de escape para non morir no intento de vivir. Unha destas “válvulas de escape”, son os novos mundos virtuais. Videoxogos nos que o usuario adopta un perfil ou personaxe customizada ó seu xeito (o avatar), e deixa fluír a súa imaxinación tanto como pode dentro do mar de pixels que conforman os miles de universos paralelos da pantalla. Así se sente liberado, e o administrativo de turno pode ser un elfo dunha soa orella con poderes psicoquinéticos, ou o directivo dunha grande empresa pode mutar nunha amazona de grandes peitos que mata dragóns lanzando bicos venenosos. Ata aquí ben (quen non quixo ser algunha vez unha amazona de grandes peitos). O problema xurde cando ese mundo de luceciñas, estímulos e heroísmos personais é considerado como propio, e as persoas realízanse na virtualidade asmilando como “real” o rol que están a desenvolver dentro da pantalla. Existen videoxogos de carácter global, nos que os participantes poden mercar (con diñeiro de verdade) todo tipo de cousas, dende unha lámpada de deseño ata un Ferrari, coa teima de alcanzar un alto status de vida dentro do propio mundo virtual e conseguir unha “aparencia” de distinción e alta personalidade. Cara aí vai dirixido o conto, a intentar ser o que non se é, pero formando parte dun suculento negocio. O culmen do capitalismo, consumir inútiles produtos virtuais sen moverte da túa cadeira.

A

lgúns autores afirman que o uso irresponsable das novas tecnoloxías avoca ó home á completa deshumanización, a despersonalización e a perda de identidade. Cada día máis faise patente a teima de moita xente por aparentar o que non se é, de rodearse de posesións materiais que a identifiquen dun determinado xeito. O baleiro existencial que esta época de turbulencias e confusión brinda as personas enmascárase co consumismo salvaxe, coa degradación do espíritu por medio da lei da oferta e da demanda. “Estou baleiro por dentro pero cheo de cousas por fóra”. Algúns autores afirman que o uso irresponsable das novas tecnoloxías aboca ó home á completa deshumanización, á despersonalización e á perda de identidade. Sen dúbida non lle falta razón a esta afirmación. Pouco a pouco estase a producir unha transformación no eido das relacións humanas. O diálogo persoal, a aceptación dun sorriso por parte dun interlocutor na cola da pescadaría estase a cambiar por “smiles” en Facebook, Twitter ou Myspace. Canto máis comunicados máis incomunicados. Esta paradoxa pódese ver claramente as portas de calquera cíber. Grupos de nenos e adolescentes, que outrora andarían na rúa a darlle patadas a unha roída pelota e a manchar os pantalóns de verdín, xogando todos “xuntos” a un xogo online dende os seus cubículos na parte de atrás da sala. Real como a vida mesma. Para que vas a ser Josiño ou Carlitos se podes ser Cristiano Ronaldo ou unha amazona de grandes peitos. lamarchadelashormigas.skyrock.com


OUTUBRO DE 2009

O PORRIÑO

Como está a dereita no Porriño? Por Guillermo Rodríguez*

U

ltimamente vénse oíndo que iso da dereita e da esquerda é un conto pasado; que non existe ese antagonismo propio de primeiros tempos do século pasado cando xorde a revolución rusa e cando nacen as organizacións políticas comunistas e logo a socialdemocracia. Que a loita de clases desapareceu coa caída do muro de Berlín ou antes, e cousas por este estilo. Nós cremos que seguen existindo dereitas e esquerdas, no eido político-social. Que seguen existindo movementos políticos organizados que responden perfectamente ós esquemas de dereitas e esquerdas de que falabamos máis arriba; que a loita de clases está aí; hoxe representada polos obreiros do metal que loitan por un soldo digno e unhas condicións de traballo acaídas. Non se trata do proletariado contra a burguesía, aínda que tamén; só que a nobreza nestes momentos está representada por un lobby empresarial que dispón dos recursos do país; deste e dos demais, dominando esa economía de mercado que tan ben lles vai a todos eles. Centrándonos na Louriña, digamos que estivo dominada,

politicamente falando, pola dereita dende sempre. Nos anos noventa e tantos comezaron en Mos uns pequenos cambios, pero sempre dentro da dereita, agás coa entrada de Ramón Alonso que representaba o nacionalismo de centro. En 2004 chegaría o goberno da esquerda con PSOE + BNG. Volverían formar goberno en 2007 e perderíano de novo pola última moción de censura que lle presentou a dereita con Nidia Arévalo como alcaldesa. No Porriño estivo gobernando a dereita ata 2003 en que unha coalición de nacionalistas e socialistas lle birlou o goberno ó veterano alcalde Barros González. Unha candidatura de centro dereita con Gonzalo Ordóñez á cabeza tal vez fora a culpable de que a dereita perdera o poder; pois se sabe que o Sr. Hont prima as listas máis votadas e castiga os fraccionamentos. A dereita separada perdeu posibilidades. O mesmo pasaría en 2007; aínda que nestas datas se fraccionaría máis. Unha nova candidatura con Nelson (antigo compañeiro de Gonzalo) á fronte fixo que a dereita non fora quen de formar goberno tendo a maioría dos conce-

A

gora incluso se falou, entendemos que sen moito fundamento, da volta de Barros á política activa para endereitar a dereita, valla a redundancia. Pensamos que foi máis unha necesidade de encher páxinas que froito dunha información veraz. lleiros. Aquí as ansias de poder de Nelson que pretendía ser alcalde con só tres concelleiros (o PP ten catro e Gonzalo ten dous) non permitiron un un novo goberno de dereitas. Os nacionalistas seguen gobernando, en minoría ,por ser a lista máis votada. Logo de perder as eleccións en 2003, Barros foise para a casa. Sen embargo segue a ter influencia sobre un bo paquete de votos, que nas últimas eleccións, non foron aproveitados pola nova candidatura con Carrera á cabeza. Entenderon, posiblemen-

te, que había que facer tábula rasa do pasado e foi un erro. Dende as últimas eleccións no Porriño vense falando dunha moción de censura da dereita; moción que non da collido corpo. Os personalismos impóñense e os nacionalistas seguen a gobernar. Agora incluso se falou, entendemos que sen moito fundamento, da volta de Barros á política activa para endereitar a dereita, valla a redundancia. Pensamos que foi máis unha necesidade de encher páxinas que froito dunha información veraz. Xa se sabe, a prensa, un certo tipo de prensa, precisa de titulares e de crear morbo para vender. Nós cremos que o centro político en O Porriño terá que facer unha cura de humildade e saber que coas actuais guerras intestinas que se traen non volverán ó goberno da vila en moito tempo, se é que volven algún día. De todas maneiras, nós prometemos telos informados cando teñamos información veraz e contrastada que ofrecerlles. Polo de agora, afáganse ós gobernos que teñen, que van durar. Saúdos. * Guillermo Rodríguez é director de A P ENEIRA

5


6

OUTUBRO DE 2009

O PORRIÑO

breves O Concello inseriu laboralmente a 48 persoas a través do seu IV Plan Integral de Emprego O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Emprego, dirixida por Obdulia Diniz, da inserción laboral de 48 das 60 persoas participantes no IV Plan Integral de Emprego do concello porriñés. As actividades nas que se inseriron as persoas usuarias do plan, na súa maioría cunha formación básica, foron moi variadas, si ben predominanaron o sector da construción e o sector servizos. Diniz, afirmou que “os bos resultados obtidos amosan a existencia dun traballo realizado desde este Goberno, que segue apostando polo emprego como alicerce das súas políticas de benestar social”

AstraZéneca vende a CZV a súa planta do Porriño AstraZéneca asinou un acordo de venda coa filial de CZ Veterinaria (CZV), Biofabri S.L., da súa planta do Porriño. Froito dun intenso proceso negociador, segundo afirman sendas empresas, AstraZéneca considera que a fortaleza do negocio da biofarmacéutica é suficiente para permitir o mantemento máximo do emprego da planta para os próximos tres anos. O acordo, polo tanto, supón a continuidade do máximo dos postos de traballo.

Rematan as obras de saneamento nas parroquias de Pontellas e Chenlo Son dous proxectos financiados con cargo ao Fondo de Investimento Local para o Emprego REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Vías e Obras, dirixida por Pedro Pereira, de que veñen de rematar as obras de saneamento que se estaban a realizas nas parroquias de Pontellas e Chenlo. Nestes dous proxectos, financiados con cargo ao Fondo de Investimento Local para o Emprego, executáronse obras de saneamento, acometidas e mellora da capa de rodadura nos camiños veciñais dos barrios de Outeiro-Sampaio, na parroquia de Pontellas, e no camiño veciñal do Penedo - Abas, na parroquia de Chenlo. Arede de saneamento instalada en Pontellas está formada por 1.560 metros de PVC de 315 mm de diámetro, onde se intercalaron 52 pozos de rexistro. En colaboración coa Comunidade de Augas, levouse a cabo, asemade, a canalización con PVC e pozos de rexistro para a posterior renovación, da traída de augas dos veciños dos barrios do Outeiro e Sampaio. A eliminación da totalidade das augas fecais destes barrios, xunto cos de Centeáns, A Louriña, A Igrexa e San Campio, está pendente da execución do proxecto para a conexión desta rede de colectores ao colector xeral do río Louro, proxecto xa presentado polo concello porriñés en Augas de Galicia, e que conta cun orzamento de 1.064.232´88 euros. A execución deste proxecto supoñería a instala-

Os traballadores ultimando as obras.

P

ereira, afirmou que o Goberno do Porriño mantén unha liña de actuación dirixida a dotar de saneamento integral ás parroquias rurais do municipio ción de tres pozos de bombeo, e daría tamén servizo ao barrio de Quintenla, en Pontellas.

En Chenlo instaláronse 1.335 metros de PVC de 315 mm de diámetro, intercalándose 38 pozos de rexistro. Realizouse tamén, como obra auxiliar ao proxecto, a ampliación do ancho do vial da estrada, solucionando os problemas de visibilidade existentes até o de agora en diferentes curvas. O orzamento das obras realizadas ascende a 215.206,09 euros, no caso da obra de Pontellas, e a 217.711,99, no caso da de Chenlo. O concelleiro de Urbanismo, Pedro Pereira, afirmou que o Goberno do Porriño mantén unha liña de actuación dirixida a dotar de sa-

neamento integral ás parroquias rurais do municipio. “É clara a incidencia positiva desde o punto de vista sanitario e ambiental que producirirá a posta en funcionamento de colectores de saneamento nas vidas dos veciñosos e veciñas destes barrios de Pontellas e Chenlo”, sinalou Pedro Pereira. O concelleiro quixo reiterar o compromiso do Goberno do BNG coa paulatina instalación de redes de saneamento en tódolos núcleos rurais do municipio, “Tanto a través de financiamento propio como grazas á colaboración con outras administracións”, concluíu Pereira.


OUTUBRO DE 2009

O PORRIÑO

7

A concellería de Igualdade organiza un obradoiro de autoestima para mulleres R EDACCIÓN /O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Igualdade, dirixida por Obdulia Diniz, da celebración, o vindeiro xoves 5 de novembro ás 16:30 horas na aula de usos múltiples do Centro Neural, no Centro Multiusos de Torneiros, dun obradoiro de autoestima. Esta actividade formativa, dirixida a mulleres, ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento persoal, descubrir as fortalezas das mulleres participantes, e analisar as posiO Concelleiro de Comercio do concello porriñés, Marcos Rodríguez Novás; e a Presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño, Juana Pérez Rodríguez.

Concello e ACIPOR asinan un convenio de colaboración R EDACCIÓN /O PORRIÑO

O Concello do Porriño , a través da súa Concellaría de Comercio, dirixida por Marcos Rodríguez Novás, asinou un convenio de colaboracoa Asociación de Comerciantes do Porriño (A CIPOR ), cunha dotación económica de 6.000 euros. Esta colaboración ten como obxectivo acadar unha maior eficacia no funcionamento do Centro Comer-

cial Aberto do Porriño, “Morea”. A intención de Concello e A CIPOR coa potenciación do Centro Comercial Aberto “Morea”, é promover a revitalización deste espazo comercial tradicional, de servizos e de lecer do casco urbano da vila porriñesa. O convenio ten unha vixencia dun ano. O Concelleiro de Co-

mercio, Marcos Rodríguez Novás, amosou a súa satisfacción ante a sinatura do convenio “Desde a concellaría de Comercio apostamos por traballar para mellorar o pequeno comercio do municipio, e a sinatura deste convenio de colaboración coa Asociación de Comerciantes do Porriño vai contribuir a acadar este obxectivo”, afirmou o concelleiro porriñés.

bilidades de reforzamento das mesmas. O obradoiro será eminentemente práctico e participativo, pretendendo que as participantes analisen, describan, e sexan capaces de asumir unha atitude activa e crítica ante unha situación vital concreta. Esta actividade, organizada en colaboración co Servizo Galego de Igualdade (SGI), dependente da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller.

Medio Ambiente pon en marcha o II Programa de Compostaxe Caseira REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Miriam Martínez Troncoso, da posta en marcha no Porriño da segunda edición do programa Compostaxe Caseira. A intención do programa Compostaxe Caseira, é a de mellorar o aproveitamento da materia orgánica xerada cos residuos domésticos (horta, cociña, etc). Consiste na entrega ás persoas participantes dun composteiro que se deberá situar nunha horta, xardín ou garaxe para comezar o

proceso de compostaxe. O persoal de ADEGAvisitará os distintos fogares por tres veces ao longo dos sete meses de duración de Compostaxe Caseira, para asesorar e supervisar todo o proceso. As persoas interesadas en participar no programa, deben cumprimentar un documento de inscrición que se pode recoller na Casa do Concello e no Centro Cultural Municipal. É necesario estar empadroado no Porriño, e presentar o recibo do lixo para participar no programa. O prazo de inscrición remata o vindeiro 6 de novembro.


8

OUTUBRO DE 2009

O PORRIÑO

breves O 7 de novembro celébrase a VI Noite do Calacú nos barrios de San Benito e San Sebastián

O mes de novembro volve o ‘Pinchorriño’ aos bares porriñeses

As veciñas e veciños “Dalá abaixo”e a AA.VV. de San Benito e San Sebastián, en colaboración co Concello do Porriño, organizan a VI Noite do Calacú, unha festa que foi collendo sona ano tras ano. Apartir das 11:00h celebrarase a III Mostra de Espantallos polo paseo de San Benito. Cara ao mediodía, haberá degustación das lentellas da “Avoa Gelina”. Pola tarde, ás17:00h, comezará o obradoiro de calacús para os cativos. Máis tarde, a actriz Araceli Saavedra dará lectura ao pregón e dará paso ao nomeamento da Dama e Cabaleiro do Calacú. O grupo de animación de rúa, Quinquilláns, amenizarán a noite.

Os venres e sábados do mes de novembro en horario de 19:00 a 23:00 horas en 18 establecementos hosteleiros do casco urbano do Porriño, poderanse degustar de xeito gratuíto con cada consumición pinchos de plátano con bacon, voulavant de mar, chulas do vento, empanada de zamburiñas, setas ao alliño, montadiños de xamón asado, queixo e pementos entre outros, todos eles distintos. Tratáse da IV edición do “Pinchorriño”, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) en colaboración co Concello.

Xa está en marcha o novo curso da Escola Municipal de Teatro REDACCIÓN/O PORRIÑO

O pasado luns 19 de outubro de comezo o curso escolar da Escola Municipal de Teatro do Porriño. A matrícula formalízase na Omix, no Centro Cultural Municipal, ata comezos de Novembro. A Escola Municipal de Teatro está na rúa Fernández Areal. 30, ao carón da Escola de Música. As materias que oferta a Escola este ano son: Teatro para pequenas /os (de 6 a 10 anos), Teatro para nenas/os (de 11 a 14 anos), Teatro pa-

ra mozas/os (de 15 a 18 anos) e Interpretación para maiores de 18 anos (existen tres niveis). En canto a materias técnicas e específicas hai: Actividades Circenses para maiores de 14 anos, Caracterización (maquillaxe teatral e efectos especiais) para maiores de 16 anos e Hª do Teatro e das Artes que ademáis reune coñecementos de dramaturxia e semioloxía teatral. En todas as materias inclúese o material para o seu desenvolvemento. O profesorado está formado

pola actriz profesional Keka Losada, o actor profesional e técnico teatral Álex Sobrino e a Directora Teatral Irene Moreira. Aescola leva dous anos funcionando e xa recibiu o 1ª Premio no Certame de Teatro do Grove con máis de 30 funcións polas parroquias e arredores dos seus traballos de fin de curso Tambores na noite, de Bertold Brecht, Fando e Lis de Fernando Arrabal, Arte de Yasmina Reza e A excepción e a regra de B. Brecht.

Carrera proponlle ao goberno que permita a dobre circulación pola rúa Leandro Diz mentres duren as obras O PP do Porriño, a través do seu líder, Manuel Carrera, din que o desvío provisional que o Concello marcou mentres duren as obras na rúa Manuel Rodrigez “é un camiño cheo de buratos, auga e lama que fai moi difícil a circulación, e que debería ser mellor acondicionado para tal fin”. Ante esta situación, Carrera propón ao Concello que, de forma provisional, permita a dobre circulación na rúa Leandro Diz, no tramo que vai dende a saída do camiño utilizado como desvío ata a rúa Xogo do Ola.


OUTUBRO DE 2009

O PORRIÑO

O artesán Paco Candán realiza a réplica da placa do ‘Km 0’ da Porta do Sol de Madrid R EDACCIÓN /O PORRIÑO

A obra do artesán porriñés Paco Candán é por todos coñecida. Son poucos os que non teñen algunha peza de Candán nalgún estante do salón da casa: un hórreo, un cruceiro, un lavadoiro ou, se eres máis afortunado, un Premio Círculo ou mesmo un premio do Festival de Curtametraxes de Cans. Agora, a empresa encargada da remodelación da Porta do Sol de Madrid vén de encargarlle a réplica da antiga

placa que sitúa o “Km.0”, a orixe de todas as estradas do Estado; ese lugar no que todo o mundo con pinta de turista se quere tirar unha foto créndose unha persoa importante, pois aí. A placa de terrazo atópase incrustada na beirarrúa fronte á sede da Presidencia da Comunidade de Madrid desde 1950. Orixinalmente, o fito servía de referencia para os seis itinerarios creados, en 1720, para os postais do Correo.

O indio Sudipto Das gaña o concurso fotográfico ‘O pracer de ler’ de 2009 REDACCIÓN/O PORRIÑO

O Concello do Porriño informa de que se fallou o concurso fotográfico para a promoción da lectura, “O pracer de ler 2009”. O único premio, de 600 euros, recaeu no indio, natural da cidade de Behale, no sul de Calcuta, Sudipto Das. 2O pracer de ler” é un concurso fotográfico convocado pola Biblioteca Municipal co gallo da celebración do Día do Libro. O obxectivo deste concurso é a promoción da lectura e a dinamización da referida festividade, polo que as fotografías participantes poden versar sobre calquera aspecto relacionado co mundo da literatura, a lectura ou o libro. O xurado valorou na fotografía gañadora, tanto a súa calidade

artística como a mensaxe transmitida, unha alfabetización que chegue a todas as persoas, colectivos e rincóns do mundo. Este ano, no que o concurso alcanza a súa quinta edición, “O pracer de ler “tomou unha dimensión internacional, xa que alén do gañador, orixinario da India, participaron diferentes persoas desde Arxentina, México ou Venezuela; ademais de persoas desde todos os puntos do Estado, de Galiza, e do municipio. En total, as persoas participantes achegaron 380 fotografías ao concurso, coas que se realizará unha exposición virtual na páxina web da Biblioteca Municipal (www.centroculturalporrino.com/ BIBLIOTECA.htm).

-Como é que te encargaron esta réplica? -A través da empresa que fixo a remodelación da Porta do Sol, á que habitualmente lle fago este tipo de traballos. -Cambia algo da anterior en canto á estética e materiais? -En cantoá estética e medida segue mantendo a mesma, os materiais foron substituidos por granito de distintas tonalidades e os ecudos e textos foron feitos en bronce. -Foi tecnicamente complicado o proceso de elaboración? - Despois da elección de materiais, o máis complicado foi a incrustación do bronce no granito xa que e un labor moi delicado po lo risco de rotura do granito. -Sabes que o teu traballo será pisado por milleiros de persoas... -E fotografado tamén.

9


10

OUTUBRO DE 2009

O PORRIÑO

El grupo porriñés de rock alternativo El Cubo está a piques de lanzar ao mercado o seu terceiro traballo de estudo: “La marcha de las hormigas”. O venres 23, ás 23:00h. farán un adianto no escenario do Liceum.

REDACCIÓN/O PORRIÑO

A banda de rock El Cubo, está a piques de estrear o seu novo traballo “La marcha de las hormigas”, o seu terceiro disco de estudo, un traballo no que se conxugan forza, calidade e boas ideas a partes iguais. A banda atópase inmersa no proceso de posprodución e mestura das novas cancións. Temas que darán, sen dúbida, moito que falar. Para este novo traballo, El Cubo decidiu contar coa produción de Javier Abreu (Los Piratas, Boikot, Sugarless, Medusa…) para dotar ao seu contudente son de novos matices.

Tras o éxito de crítica e público dos seus anteriores traballos, El Cubo prepara o despegue con este novo disco. Produción de luxo para unhas cancións que, como diciamos, darán moito que falar. El Cubo conta con dous discos editados, “Aurora” (Pai-Música 05) e “¿Dónde está nuestro sitio?” (08). Ao longo da súa carreira, a banda ten compartido escenario con grupos relevantes da escena española como El Canto del Loco, Macaco, Siniestro Total, Sex Museum, Sugarless ou Dismal entre outros. El Cubo conta con distintos galardóns como son o premio “40 Principales Vigo

2005” ao mellor directo ou o premio do público do Festival de Curtas de Cans ao mellor videoclip 2007. A banda atópase inmersa na finalización dunha serie de concertos ata final de ano e na preparación dunha xira para 2010 que levará o grupo a tocar en Madrid, Barcelona e outros puntos da península.

+ info... www.myspace.com/elcubomusic Facebook Spotify


OUTUBRO DE 2009

MOS

11

breves Os veciños de Torroso reúnense con Concello e Deputación

Alumnos de Mos mergúllanse en Europa O Proxecto Sócrates Comenius permite a profesores e alumnos de España, Suecia, Italia, Grecia e Turquía realizar intercambios culturais e educativos REDACCIÓN/MOS

O instituto de Mos celebrou o acto de benvida a profesores e alumnos do Proxecto Sócrates Comenius procedentes de Suecia, Italia, Grecia e Turquía. Ó evento acudiu a edil de Educación do Concello de Mos, Julia Loureiro. Este proxecto, segundo informou unha das profesoras encargadas do mesmo no IES de Mos, está financiado con Fondos Europeos e conta coa colaboración do Concello entre outros organismos. O obxectivo fundamental é que profesores e alum-

nos poidan viaxar fóra dos seus países de orixe intercambiando información sobre os diferentes sistemas educativos tanto dende unha perspectiva xeralista coma chegando abordar temáticas concretas como poden ser as diferencias culturais ou o problema das drogas, entre outros. “A idea fundamental”, declaraba hoxe unha das profesoras do IES de Mos participantes no programa, “é que alumnos de aquí compartan casa e estudios con rapaces estranxeiros, e viceversa”. Estes días, mozos e mozas suecos e turcos están a convivir

coas familias mosenses dalgúns dos alumnos do instituto; logo, eles vivirán esta mesma experiencia en Suecia e Turquía. Segundo explica unha das docentes do IES mosense, “é un proxecto programado a dous anos durante os cales os estudiantes do instituto de Mos que participen nel viaxarán a Suecia, Italia, Grecia ou Turquía para permanecer en ditos destinos durante unha semana coñecendo outras culturas e practicando, de paso, o inglés”. Para os alumnos do IES de Mos xa están organizadas tres

viaxes, a primeira delas producirase en abril de 2010. Programación para estes días Os profesores e alumnos que durante esta semana se atopan de visita en Mos poderán desfrutar dunha serie de actividades. Mañán visitarán Santiago de Compostela, onde xantarán coa alcaldesa do Concello mosense, Nidia Arévalo, e coa concelleira de Educación, Julia Loureiro; alí os alumnos tamén participarán nunha gymkhana de xogos variados.

Representantes da Asociación de Veciños de Torroso reuníronse na estrada provincial que pasa pola parroquia mosense coa alcaldesa, Nidia Arévalo, os concelleiros Alberto Méndez e Ángel Pereira, e un enxeñeiro da Deputación de Pontevedra. O motivo do encontro foi a preocupación existente entre os habitantes de Torroso polo problema de seguridade vial que afecta ó vial anteriormente citado. A problemática fundamental radica en que os condutores que transitan pola estrada non respectan, en xeral, nin os límites de velocidade nin ós transeúntes.

Lévase a cabo a instalación do sistema de traída de auga no barrio sanguiñedense do Monte O Concello puxo en marcha as obras de acometida da rede de traída de auga potable no Barrio do Monte, sito na parroquia mosense de Sanguiñeda. Estes traballos contan cun orzamento de 200.000 euros, pero a inversión total para a traída de auga na parroquia sanguiñedense ascende a 60.000 euros máis, correspondentes á acometida dunha nova rede de abastecemento, que vai dende a Avenida de Sanguiñeda ata a Ponte do Senlle.


12

OUTUBRO DE 2009

MOS

O Colexio Castro-Mos terá un aparcadoiro para os pais de alumnos Os propietarios xa cederon os terreos e as obras estarán rematadas nunha semana R EDACCIÓN /MOS

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou acompañada de técnicos do Concello os terreos que se van a acondicionar para ser empregados como aparcadoiro de pais de alumnos do colexio Castro-Mos. O centro xa contaba cun espazo dedicado a aparcadoiro pero que resultaba insuficiente para os autobuses escolares e os vehículos dos pais, de ahí que a ANPA levase reivindicando que se habilitase un novo recinto dende fai moito tempo. Agora por fin se converti-

rá nunha realidade o aparcadoiro para pais, xa que o goberno municipal logrou a cesión dos terreos por parte dos propietarios das parcelas ubicadas fronte á fachada do colexio. Durante a visita a rexedora local anunciou que “as obras neste aparcadoiro, financiadas ó 100% polo Concello de Mos, estarán rematadas nunha semana”. Seguridade Os traballos a realizar consisten na instalación dun peche, en nivelar o chan e cubrilo de xabre para darlle máis estabilidade; e no acon-

dicionamento do recinto dotándoo dun sistema de recollida de pluviais para evitar acumulacións de auga no seu interior cando chova. Tal e como declarou Arévalo, “con este novo aparcadoiro incrementarase a seguridade dos cativos no momento de baixarse dos coches dos seus pais ó chegar ó colexio”. “Foi por iso que adoitamos o compromiso de crear un aparcadoiro para pais na última reunión que mantiven coa Asociación de Nais e Pais de Alumnos de Castro-Mos”, explicou a alcaldesa.

breves 80.000 euros para mellorar o Parque de Costoias

Obras de acometida da rede de traída de auga potable no Barrio do Monte

Proximamente iniciarase a primeira fase da obra de adecuación do Parque Municipal de Costoias. O financiamentodestes traballos será posible gracias a unha subvención da consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia que ascende a 82.087,09 euros. Os traballos de mellora que se van realizar durante esta primeira fase do proxecto consisten na pavimentación da explanada, substitución de muros, mesas e bancos por outros novos; instalación dunha zona de xogos infantís e reforzo do alumeado público.

Comezaron xa as obras de acometida da rede de traída de auga potable no Barrio do Monte, sito na parroquia mosense de Sanguiñeda. Estes traballos contan cun orzamento de 200.000 euros, pero a inversión total para a traída de auga na parroquia sanguiñedense ascende a 60.000 euros máis, correspondentes á acometida dunha nova rede de abastecemento, que vai dende a Avenida de Sanguiñeda ata a Ponte do Senlle, e que o Concello aproveitou para instalar durante a obra de humanización que se está a realizar.

Actividades durante dous meses

O Concello de Mos quere previr a violencia de xénero REDACCIÓN/MOS

A concellería de Benestar Social que dirixe a edil Ana Rodríguez puxo en marcha o ‘Programa de actuación para a sensibilización, prevención e erradicación da violencia de xénero no Concello de Mos’. Trátase dun programa “novedoso”, segundo explicou a concelleira responsable, “que se está a desenvolver no municipio e que conta con dúas partes ben diferenciadas; por unha banda está o aspecto de consolidación, coordinación e cooperación entre os profesionais que interveñen en situacións de violencia de xénero, e por outro lado atópase a parte de prevención, sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero na sociedade”. No que toca ós profesionais relacionados directa ou indirectamente con esta realidade, o

programa céntrase na realización dun obradoiro dirixido a persoal que atende a mulleres vítimas da violencia de xénero coma traballadores sociais, psicólogos, policía local, persoal sanitario do centro municipal de saúde e Garda Civil. O fin deste obradoiro, que se celebrará durante catro xoves pola tarde a partir do día 29 de outubro en horario de 16.30 a 20.30 horas no Pazo de Mos, é fomentar a coordinación e cooperación entre todos estes profesionais en situacións de violencia doméstica. Estas actividades desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro e constan dun obradoiro de teatro co título ‘A violencia a escea’cuxo fin é que os particiantes, ademais de adquirir nocións básicas de teatro, representen unha obra que verse sobre a temática da violencia de xénero.


OUTUBRO DE 2009

MOS

AEMOS ofrece as liñas estratéxicas para o bo funcionamento dunha empresa

Plan ‘renove’ de electrodomésticos REDACCIÓN/MOS

Os empresarios serán asesorados persoalmente por expertos e poderán establecer relacións comerciais con outras entidades nunha Xornada Aberta de Negocios REDACCIÓN/MOS

Co obxectivo de asesorar aos empresarios sobre a viabilidade dos seus negocios e a estratexia que deben de seguir para acadar a rendibilidade desexada, a Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), en colaboración con BIC Galicia –pertencente ao IGAPE – e o Concello de Mos, inaugurou un taller de Dirección estratéxica de xestión para pemes. O programa, totalmente subvencionado, conta coa participación dunha vintena de entidades da zona “que buscan un cambio de rumbo”, sinalaba Rebeca González, axente de emprego de AEMOS. O perfil dos participantes é moi diverso, de xeito que “hai desde empresas dun mes de creación ata de 15 ou 20 anos pertencentes a diferentes sectores”, apuntaba González. Formación, titorización e Xornada Aberta de Negocios O taller divídese en tres fases, todas elas co fin último de “fomentar a consolidación e o crecemento da empresa ”, explicaba Praceres Conde, coordinadora do proxecto por parte de BIC Galicia. Precisamente, con motivo da celebración deste taller elaborouse un manual práctico de dirección estratéxica co obxectivo de “converter a teoría

Nun momento do taller de formación.

en práctica”, remarca Conde, “unha teoría orientada á empresa e á busca de participación e debate entre os empresarios a través de exemplos reais”. A primeira das partes é un módulo formativo, de 40 horas lectivas, impartido por docentes experimentados nas que se tratarán aspectos que van desde a dirección e xestión ata o proceso comercial. Estas clases terán lugar os xoves e venres ata o 13 de novembro, de 16 a 20 horas na sede da asociación.

A titorización é a segunda fase na que unha selección de empresarios, con gran experiencia e longa traxectoria no mercado, axudará aos empresarios participantes no taller, e de maneira individualizada, a previr dificultades, identificar oportunidades e evitar o fracaso. “Os titores analizarán a empresa desde fóra ofrecendo consellos e / ou valoracións ao empresario naqueles aspectos nos que deba mellorar”, explica González. Para finalizar o taller, e a xeito

13

de complementación das outras dúas fases, celebrarase unha Xornada Aberta de Negocios na que participarán tamén empresas externas. “Esta actividade está centrada na posta en práctica do aprendido, así como na presentación de cada unha das entidades, ás que seguirá un coloquio entre as empresas en busca de intereses comerciais comúns co obxectivo de establecer un primeiro contacto “e, no mellor dos casos, pechar negocio”, subliña Conde.

Aconcellería de Medio Ambiente, en colaboración con Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), informa á súa veciñanza do plan ‘renove’ de electrodomésticos chamado Programa IDAE-INEGA 2009. A edil responsable do departamento de Medio Ambiente do Concello de Mos, Ana Rodríguez Cabaleiro, falou do fin que persegue este programa e que non é outro que o de “reducir o consumo de enerxía eléctrica no sector doméstico a través da substitución de frigoríficos, conxeladores, lavadoras, lavalouzas, fornos, placas de indución e placas de gas”. Para conseguir dito obxectivo, os usuarios que cambien os seus electrodomésticos por aparatos eficientes incluídos na listaxe do IDAE publicada na páxina web www.idae.es, recibirán axudas económicas que oscilarán entre os 50 euros para unha placa de gas e os 125 euros para un frigorífico ou frigorífico conxelador con clasificación enerxética A++. O prazo de presentación para renovar aparatos domésticos conforme a este programa iniciouse o pasado día 5 de outubro e rematará o 30 de outubro do vindeiro ano 2010. Para calquera consulta, os insteresados deberán chamar ao teléfono 986 331 200 ou dirixirse ao enderezo electrónico medioambiente@concellomos.es.

O BNG de Mos e Redondela demanda que se rematen as obras da N-550 REDACCIÓN/MOS

Dende o Bloque Nacionalista Galego das localidades de Mos e Redondela, ínstan a que o ministerio de Fomento remate as obras iniciadas hai meses na estrada N-550. Hai xa varios meses que se iniciaron as obras de reasfaltado desta estrada ao seu paso polos concellos de Redondela e Mos. A primeira fase consistíu en levantar parte do firme ao longo do trazado.”Pero van xa alá varios meses nos que non se fixeron ningún tipo de melloras, nin para o tráfico rodado, nin para a seguridade

vial dos e das peóns”, aseguran os nacionalistas. Dada a intensidade de vehículos tanto particulares como de camións, que esta estrada sofre a diario, dende o BNG dos concellos de Mos e Redondela, consideran prioritaria a finalización destas obras. As molestias e o malestar que entre os conductores e condutoras supón que a estrada se manteña co asfalto en condicións moi precarias, multiplícase no caso dos peóns que a diario teñen que circular pola cuneta desta estrada. Na actualidade a segurida-

de vial está en entredito, e non vemos os motivos para que estas obras non se finalicen de inmediato. Os nacionalistas mosenses e redondeláns esixen que o Ministerio de Fomento se poña a traballar para que as obras de acondicionamento da N-550 no treito Mos-Redondela, rematen canto antes. Así mesmo esixen que se prime a seguridade vial de peóns e veciños desta estrada, sobre o tráfico rodado, urbanizando os tramos que, segundo din, desde hai tempo o BNG vén reclamando.

O concelleiro Xosé Manuel Martínez Ojea.


14

OUTUBRO DE 2009

MOS

REDACCIÓN/MOS

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, achegouse ata o Pazo dos Marqueses de Mos para inaugurar xunto coa alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a reconstrución da histórica fonte do Pazo. Trátase dunha réplica da fonte que tiña este emblemático edificio do municipio durante a época do marquesado e que agora foi construída por artesáns da Escola de Canteiros da Deputación a través da única imaxe que se conserva da peza primitiva, un cadro ao óleo do pintor San Luis. Dito cadro reflicte o Pazo, aínda nun estado ruinoso, coa fonte en primeiro plano, en segundo plano o campanario e unhas

montañas ó fondo. A fonte inaugurada está culminada por unha imaxe de Santiago, situada na parte máis alta da peza, e conta con dúas saídas para a auga con forma de cunchas. A explicación a isto atópase, segundo datos facilitados pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, en que tanto a fonte coma o Pazo atópanse situados nun lugar de paso do Camiño de Santiago. As dimensións desta nova fonte son 4,20 metros de alto, 4 metros de ancho, 3,65 metros de fondo e un espacio interior de 4 metros. Leva un banco de pedra ao redor, e esta feita a base de pezas de pedra de granito silvestre galego de 50 ou 60 centímetros traballadas con relevo.

a imaxe

Presentouse no restaurante mosense Esteban a IV edición das Xornadas Micolóxicas de Mos. Asistiron, ademais do propio Esteban Cidanes, Alfredo de Casa Alfred, e máis coñecidos cociñeiros coma Toñi Vicente, Juan Cisneros do restaurante La Oca e Lourdes de Casa Alfredo. Tamén estiveron presentes Puri Lorenzo, da Universidade de Vigo e ponente das Xornadas, o distribuidor de viños Tomás Fernández, a alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, e a edil de Medio Ambiente, Ana Rodríguez.


OUTUBRO DE 2009

MOS

15

Festa do Codillo´09 e n

i m a x e s O pasado domingo, 18 de outubro, cociñáronse no recinto da festa, emprazado ao carón da Estrada Nacional 550, 2.500 kilos de codillo de porco, 500 kilos de arroz e 150 kilos de chícharos con pemento, cebola e allo. A preparación do prato quedou da man do cociñeiro Alfonso Rodríguez Blanco. Toda esta gran cantidade de ingredientes serviu para preparar un total de 6.000 racións que estiveron acompañadas por 5.000 bolas de pan e 2.000 botellas de viño. O pregón correu a cargo do xornalista Miguel Ángel Álvarez. O Grupo de Baile Santa Eulalia, a Banda de Gaitas Airiños do Castelo e o Grupo de Baile Airiños da Lagoa de Baíña-Baiona amenizaron a festa. Fotos: Alfredo Hernández


16

SALCEDA

DE

OUTUBRO DE 2009

CASELAS

Lucía Molares escoita as opinións de Besada sobre a Área Metropolitana de Vigo REDACCIÓN/SALCEDA

Lucía Molares, delegada territorial de Vigo e Norberto Uzal, Director Xeral de Administración Local visitaron o Concello de Salceda de Caselas nunha parada máis da rolda de contactos que están tendo para sopesar as opinións dos alcaldes e alcaldesas sobre a Área Metropolitana de Vigo. Foi recibida polo Alcalde, Marcos Besada, a primeira tenente de alcalde, Mónica Vizcaya e o segundo tenente de alcalde, Fortunato Álvarez. Nesta reunión, o alcalde, manifestoulle á delegada territorial as

B

esada díxolle á Delegada que antes de votar a andar esta Área Metropolitana se debe de deixar claro como se financia e que competencias vai ter súas opinións sobre a Área Metropolitana de Vigo e a súa constitución e contido que ten que basearse en tres aspectos fundamentais: o proxecto debe de ser consensuado por tódalas partes intervintes, tanto polos alcaldes dos concellos afectados como polos demais organismos públicos.

Ademais, Besada díxolle que antes de votar a andar esta Área Metropolitana debese de deixar claro como se financia e que competencias vai ter. Non debe de ser un ente que solape a outros nas súas funcións e para isto é necesario que a Deputación delegue parte das súas competencias e financiación

para que este novo organismo funcione. Tamén quixo deixar claro que a futura Área Metropolitana ten que ser un organismo útil para os veciños e veciñas. Unha das funcións mais importantes que debería resolver a Área sería o transporte público para unir aos concellos integrados nela. “Debemos de ter como referencia as áreas próximas que xa están funcionando, como poden ser as de Asturias ou a de Porto en Portugal. A Delegada Territorial escoitou en todo momento as opinións

do alcalde coincidindo na maioría delas e apuntando que son os concellos os que deben liderar a posta en marcha deste organismo sendo o consenso un precepto básico para a súa constitución. Marcos Besada tamén lle recordou á delegada os proxectos pendentes de executar pola Xunta de Galicia, como son os saneamentos de Budiño, Entenza e Soutelo e a mellora do abastecemento de augas municipal procedente do Porriño, co seu correpondente depósito, obras todas elas comprometidas polo goberno autonómico.


OUTUBRO DE 2009

SALCEDA

DE

CASELAS

17

O Concello recibe unha nova entrega de alimentos para persoas necesitadas do municipio REDACCIÓN/SALCEDA

A Concellería de Voluntariado, que dirixe Mónica Vizcaya acaba de recibir a segunda remesa de alimentos para xente necesitada do Concello de Salceda de Caselas con un volume de case 2.900 kg. 0 proxecto “Alimentos para Xente Necesitada” xorde co propósito de distribuír alimentos de primeira necesidade ós casos derivados dos servizos sociais ou a persoas que veñen por iniciativa propia. Este proxecto faise grazas á colaboración do Fondo Español de Garantía Agraria e a Cruz Vermella. Consideraranse como beneficiarios da axuda a todas aquelas persoas ou grupos familiares en precaria situación económica, que teñan dificultade de acceso aos medios básicos de supervivencia. Darase prioridade a aqueles individuos ou grupos familiares especialmente vulnerables pola súa dificultade para afrontar por si mesmos a situación de precariedade na que se atopen, como son: grupos familiares con nenos e/ou anciáns ao seu cargo, familias monoparentais, diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, persoas incapacitadas para o traballo ou incursas en toxicomanías ou sida, menores en situación de desamparo, mulleres

A concelleira Mónica Vizacaya supervisa a chegada dos alimentos.

maltratadas, minorías étnicas, inmigrantes, refuxiados, asilados, exreclusos, transeúntes e anciáns perceptores das pensións máis baixas. Os alimentos consisten en galletas, pasta alimenticia, produtos lácteos, etc., procedentes das existencias de excedentes comunitarios de produtos de intervención (arroz, manteiga,

leite en po, etc.). As cantidades distribuiranse aos beneficiarios en función da necesidade, tanto do numero de persoas da unidade familiar como das rendas da unidade. Trala recollida de documentación o equipo técnica fará valoración e aos beneficiarios entregaráselles un carné numerado para a recollida de alimentos

O 31 de outubro inaugúrase a humanización da rúa Dr. Zunzunegui REDACCIÓN/SALCEDA

O proxecto de “Humanización da Rúa Dr. Zunzunegui” xa é unha realidade a espera dos últimos “flecos” para ser inaugurada. Este é o primeiro paso dun plan de humanización que o goberno municipal diseñou para mellorar a calidade de vida e urbanistica da vila. Este proxecto foi financiado pola Consellería de Innovación e Industria nun 70% e polo Concello no restante 30%. En total a actuación conta cun orzamento de 300.000 €. A humanización, executada pola empresa Cons-

trucciones Vale, supón a recuperación da Rúa Dr. Zunzunegui para os viandantes e a ampliación da Praza do Concello nun total de 1.500 m2., un 43% máis. Un dos obxectivos fundamentais foi convertir a zona nun lugar máis amplo para o lecer e o esparcemento dos cidadáns e transformar a nova Praza do Concello no punto de refencia de ocio e actividades culturais da vila. As obras e a posterior peonalización van impulsar o comercio e a restauración e servirán para potenciala como zona comercial. Segundo din dende o

Concello “o goberno municipal aposta por convertir a Salceda nunha vila máis atractiva para os veciños e veciñas de Salceda e para os que nos visitan, protexer os edificios máis históricos e emblemáticos, favorecendo ó mesmo tempo o sector do comercio e a restauración. Marcos Besada, alcalde de Salceda, aposta por unha “nova vila” para vivir, mercar e desfrutar, fronte ó anterior modelo que pretendía unha absurda vila dormitorio. “A humanización da Rúa Dr. Zunzunegui é o primeiro paso nese obxectivo”.

o día que se determine. Farase unha única entrega por mes ata o mes de setembro que será levada a cabo polo grupo de voluntarios do Concello de Salceda de Caselas inscritos para tal fin. Mónica Vizcaya sinala que “na primeira entrega esgotouse toda a mercancía en poucos días, co cal se ve que este tipo de

iniciativas son moi importantes nestes tempos de crise económica xa que hai xente moi necesitada”. Apunta tamén que en Salceda hai unha concellería que loita polos intereses dos que máis o precisan e que está continuamente traballando para traer para Salceda todos aqueles servizos que melloren a calidade de vida dos seus cidadáns.

Fernández Liñares e Luis Piña visitaron a senda peonil do Río Caselas REDACCIÓN/SALCEDA

O Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, e o deputado socialista por Pontevedra no Congreso Dos Deputados Luis Gómez Piña visitaron a ruta por onde transcorrerá a senda peonil que a Confederación levará a cabo ao longo do Río Caselas, en concreto entre as parroquias de Picoña, San Xurxo e Santa María de Salceda. O Concelleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Concello de Salceda de Caselas, o Enrique Cabaleiro, recibiu Fernández Liñares e

a Gómez Piña e acompañoulles durante a súa visita. Fernández Liñares sinalou que “esta obra –que será financiada polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino e executada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil - conta cun investimento superior aos trescentos mil euros”. O deputado socialista Luis Piña manifestou que “esta obra pon de manifesto o compromiso do Goberno Central cos veciños e veciñas de Salceda, se van realizar outra obras complementaria como a desta senda peonil”.


18

SALCEDA

DE

O Concello activa a campaña ‘Salceda Reduce: para conseguilo necesitámoste’ REDACCIÓN/SALCEDA

Durante o mes de outubro a concellería de medio ambiente do concello de Salceda de Caselas co apoio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pon en marcha a campaña “Salceda Reduce: Para conseguilo necesitámoste”, que axudará a favorecer a redución dás cantidades xeradas neste municipio de residuos, así como a transmitir os efectos positivos que sobre o medio ambiente ten o esforzo solicitado aos veciños. Coas actuacións previstas espérase non só mellorar os rendementos nos procesos de reuti-

lización e redución, senón evidenciar a problemática que supón a xestión das 2.292 Tm/ano de residuos que se xeran no concello ao ano, o que implica unha media de 300 Kg de residuos por habitante e ano. A poboación estará indormada a través dun tríptico informativo que se vai facer chegar á poboación e da celebración de charlas informativas no Auditorio do concello durante o mes de outubro. A última charla será o mércores 28 ás 20 horas e terá como destinatarios a terceira idade.

Reformas de mellora na Escola de Música REDACCIÓN/SALCEDA

O vello edificio, que no seu momento foi a consulta médica do Concello de Salceda de Caselas e que ultimamente foi compartido pola Asociación Amigos da Música para a impartición de clases musicais e ensaios da Banda Municipal de Salceda e a Biblioteca Municipal está sufrindo unha importante transformación. Esta transformación é froito das obras de rehabilitación e ampliación que o Concello de Salceda de Caselas está execu-

OUTUBRO DE 2009

CASELAS

tando neste lugar, incluídas no Fondo Estatal de Inversión Local por un importe de 232.000 €. Coa futura ubicación da biblioteca na nova Casa da Cultura, resolvese un problema engadido de incompatibilidade entre as dúas funcións que ata o de agora tiña este enclave. Así pois a nova Escola de Musica do Concello de Salceda estase convertendo nunha realidade, froito do interés e preocupación que o goberno municipal amosa pola cultura e a música.

O servizo comeza en novembro

Cultura abre o prazo de matrícula para a Aula Municipal de Teatro REDACCIÓN/SALCEDA

A Concellaría de Cultura do Concello de Salceda de Caselas, que dirixe Teresa Pérez, vén de abrir o prazo de matrícula para o novo curso da Aula Municipal de Teatro, que se vai iniciar no mes de novembro. Todas aquelas persoas ás que lles guste o mundo do teatro poderán perfeccionarse en áreas como a animación teatral, interpretación, relaxación, improvisación, técnica vocal, expresión corporal, maquillaxe, iluminación e son... Este é o cuarto curso contando

con esta actividade, superando xa os 30 alumnos. A encargada do proxecto é Chelo Pampillón, asumindo as funcións de directora – profesora e coordinadora do curso. As clases impártense os martes e xoves de 19:00 a 23:00 horas no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas. Nos últimos dous cursos tense posto en marcha tamén o grupo infantil, cunha boa acollida por parte dos máis pequenos. As montaxes preparadas son postas en escena no Auditorio Municipal, e son des-

pois levadas aos centros culturais das parroquias, que contan así cunha actividade gratuíta que ten sempre moi boa acollida entre os veciños e veciñas. Teresa Pérez, Concelleira de Cultura, non quere deixar pasar a ocasión de “animar a todas as persoas ás que lles guste o mundo do teatro, xa sexan adultos ou cativos, a que se unan a este proxecto que tantos éxitos está a colleitar e que tantas satisfaccións lle está a proporcionar a este Concello, e a esta Concellaría en particular”.


OUTUBRO DE 2009

SALCEDA

Banco do Tempo, balanzo dun proxecto consolidado REDACCIÓN/SALCEDA

Dende xullo a setembro do 2009, dende a secretaría do Banco do Tempo do Concello de Salceda de Caselas, realizáronse unha batería de actuacións e actividades que permitirton albiscar a consolidación dun proxecto que está a funcionar positivamente no municipio. XORNADA DE CONVIVENCIA DOS BANCOS DO TEMPO SALCEDAVALLADARES O día 12 de setembro realizouse unha xornada de convivencia entre os Bancos de Tempo de Salceda de Caselas e Valladares. Contouse cos/cas usuarios/ as de ambos Bancos para o desenvolvemento deste día. Houbo que ir previamente ao Espicho do Faro para buscar a ruta que facer (unha usuaria de Salceda fíxonos de guía polo sendeiro), organizar aos diferentes usuarios/as para

que realizasen obradoiros de música tradicional, xogos populares e cantigas populares. Contamos ademais coa presencia dun usuario do Banco do Tempo de Valladares que nos deu un obradoiro de fotografía. Preparouse a publicidade do evento e convocáronse a todos os usuarios do Banco do Tempo. Ademais de todas as actividades que estaban programadas para este día, os/as usuarios/as dos dous Bancos do Tempo, contáronnos a súa experiencia persoal formando parte desta iniciativa. A este evento acudiron 25 persoas. Seguen co coidado da horta cada quince días por parte dos usuarios. Así como coas saídas a camiñar que se realizan cada martes e xoves ás 19:00h. Para a difusión do Banco do Tempo e das actividades que nel están a facer, estivemos presentes na Festa da Poesía de Salvate-

rra o día 5 de setembro e o día 6 do mesmo mes na Festa dos Callos de Salceda de Caselas. Para isto, fixeron unha montaxe nun panel, coas fotos dos obradoiros, reunións de usuarios/as e presentacións que levamos feito nestes meses. Ademais preparáronse cuartillas informativas do funcionamento do Banco do Tempo e das oportunidades que nos pode ofrecer como usuarios/as. Despois da preparación do material que se ía a expoñer, fixéronse as xestións e os contactos pertinentes cos responsables da organización destes eventos do Concello para poder realizar esta exposición e convocouse ó Equipo de Traballo do Banco do Tempo para que fosen eles, coa axuda de algún usuario, os que lle explicasen aos seus veciños o que lles supón estar inscritos nesta iniciativa. OS OBRADOIROS Os obradoiros realizados durante este período foron: OBRADOIRO DE XABÓN CASEIRO.- O día 21 de agosto unha das usuarias (Sara Alén) ensinou cal é o proceso para a realización de xabón caseiro a partir de aceites utilizados do fogar. A este obradoiro acudiron un total de 6 usua-

DE

rios OBRADOIRO “AS PATACAS DA CARMEN”.-O día 20 de agosto unha das usuarias explicou a receita da sua avoa para facer as patacas como acompañamento dun xeito diferente aos habituais. Acudiron 7 usuarios e 2 convidados.

AVOA

CASELAS

19


HISTORIAS

DO

TRANVÍA

Cambalache para o tranvía Soledad Castro

A

vida é un tango e a morte un pasodobre. O tranvía bailou moitos alegres tangos e algúns tristes pasodobres ata que as rodas non souberon seguir o ritmo dos pasos e decidiu deitarse nas vías, adurmiñado, á espera de que o tempo sentenciase o seu propio pasodobre. Non volveu espertar, nin erguer o seu lombo castigado, porque un errabundo sería nesta realidade que o proclamaría proscrito. A vida é un tango, bailado a distintos ritmos, con variadas letras; a morte exprésase en diferentes pasos con sentires diversos. . Agora, que xa non hai tangos para o tranvía, agora que o seu pasodobre xa foi pronunciado , sentenciado, nesta columna escrita, colócase o tocadiscos e xira ás voltas “Cambalache” para que as orellas do tranvía acollan os seus sons Que el mundo fue y será una porquería, E que dende o leito etéreo erga o seu corpo deitado por albiscar nun anaco estes tempos soletreados,anunciados Hoy resulta que es lo mismo ser derecho que traidor, ignorante, sabio, chorro, generoso, estafador. Evocar e adicar este tango xorde do susto que provoca asimilar a realidade, ler, escoitar, ver as noticias de cada día. Ao mellor a misión vital de cadaquén reside en facer do mundo menos porquería. Que o pasodobre nos colla preparados e libres de toda culpa. Que es lo mismo el que labora Noche y día como un buey Que el que vive de los otros Que el que mata o el que cura O está fuera de la ley Siglo veinte Cambalache…o vinteún ha ser peor...e por riba sen Tranvía.

A Asociación Cultural Tangaraño de Mos celebra o seu décimo aniversario REDACCIÓN/COMPOSTELA

Para festexar os seus dez anos de andaina, Tangaraño propón unha semana cultural con talleres didácticos para nenos, unha exposición de traxes, concertos e a súa gala anual. En xullo de 1999 nacía unha asociación cultural en Mos, Tangaraño; un proxecto dun grupo de mozos e mozas encabezados por Kari Cabezas. A Asociación Cultural Tangaraño, desde a súa orixe, naceu ao redor do seu grupo de baile, marcándose como obxectivo a convivencia nunha mesma agrupación de dous estilos de baile totalmente diferenciados e, moitas veces, alonxados: o tradicional e o coreográfico. Pouco a pouco a actividade da asociación foi medrando, sempre vencellada proxectos no eido cultural e

etnográfico; deste xeito, hoxe en día contan cunha escola de baile, un grupo de gaitas; tres grupos de pandereteiras e un de pandereteiros. Pero a actividade de Tangaraño non se centrou unicamente na música e no baile, senón que ao pouco tempo da súa fundación, comezaron a traballar no eido da etnografía: visitas didácticas; mostras e exposicións de traxes tradicionais, talleres, o proxecto didáctico “Espallar” co que achegar aos máis novos algún dos elementos da nosa tradición son algunhas das actividades desenvolvidas por Tangaraño. No eido didáctico, cabe salientar a edición xunto co Museo Liste do libro “O Vestido de Onte”; breve publicación didáctica que se inclúe na colección “Os saberes de Museo” e que naceu

tras a organización da exposición “O Humilde do Necesario”. Para a celebración do seu décimo aniversario, Tangaraño coa colaboración do Concello de Mos, organizou unha semana de actos culturais que principiará o vindeiro sábado, 24 de outubro e que rematará o día 31 coa gala O Son do Tangaraño. Así, o día 24, ás 12:30 da mañá, no Edificio Multiusos de Mos, inaugurarase unha exposición de traxes tradicionais, un percorrido pola vestimenta tradicional de cotío e de festa que estará aberta aos visitantes os días 25, 27 e 28 de outubro en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Tamén os días 27 e 28, nenos e nenas dos colexios de Mos participarán nos talleres didácticos do Proxecto Espallar: canto, per-

cusión ou nocións sobre a roupa tradicional serán algúns dos temas que se desenvolverán nos talleres. O venres, 30 de outubro, tamén no Auditorio do Multiusos de Mos, á partir das 22:30 horas, Álvaro Costas & Hot Band amosarán o seu último traballo; unha aposta pola mestura dos instrumentos e ritmos tradicionais cos máis actuais. E xa o sábado 31, para rematar os actos desta semana cultural, serán os compoñentes de Tangaraño os que presentarán unha nova edición da súa gala O Son do Tangaraño, na que farán un percorrido polos seus dez anos de historia a través da música e o baile. Unha gala chea de sorpresas e que contará con invitados da talla de Polo; Juan Eiras e Álvaro e Suso Costas.


Mos celebra a primeira edición do Trofeo de Baile Gabriel Carrera REDACCIÓN/DEPORTES

Celebrouse no Concello de Mos a presentación do I Trofeo de Baile Deportivo Gabriel Carrera. No acto estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, a bailarina e campeona de España, Patricia Martínez, o irmán de Gabriel Carrera, Alberto Carrera, e Miguel Abreu da Escola de Baile Pasos. A rexedora local destacou a importancia de Gabriel, falecido nun accidente de tráfico, para o mundo do baile en particular e do deporte en xeral no municipio de Mos. “Espero que tras esta primeira edición cheguen moitas máis e sexa posible que este evento deportivo poida celebrar o seu centenario”, declarou Arévalo, quen manifestou ademais sentirse moi orgullosa do panorama de grandes bailaríns mosenses, entre os que ocupa unha posición destacada Patricia Martínez.

T

erá lugar o domingo 25 de outurbro a partir das 12.30 horas no Pavillón Óscar Pereiro

Precisamente Patricia Martínez foi parella de baile de Gabriel Carrera durante sete anos que nunca esquecerá, segundo ela mesma declarou hoxe. Fai xa catro que adestra e compite con outro bailarín, Adrián, co que disputou a pasada fin de semana o Campionato do Mundo dos Dez Bailes celebrado en Barcelona e no que chegaron ata as semifinais

acadando un décimo primeiro posto; dato este que Patricia fixo hoxe público en primicia durante a presentación do Trofeo Gabriel Carrera. O I Trofeo de Baile Deportivo Gabriel Carrera celebrarase o

vindeiro domingo, día 25 de outubro, a partir das 12.30 horas no Pavillón Óscar Pereiro. Trátase dunha competición que puntúa para o Campionato de España e que incluirá un ‘open’no que bailarán todas as parellas partici-

pantes xuntas para facer o espectáculo máis especial. Miguel Abreu da Escola Pasos, actual adestrador de Patricia Martínez, declarou para concluír o acto de presentación desta mañá que “Gabriel foi unha figura

moi importante non só para o baile de Mos, senón tamén para o de toda Galicia; el e Patricia foron a mellor parella galega durante moitos anos consecutivos e un referente para tódalas escolas de baile da comunidade autónoma”.

Patricia Martínez, campiona estatal de 10 bailes de salón

‘Gostaríame tirar máis forte e gañar o campionato do mundo’ J.R.COUÑAGO/DEPORTES

- Como te iniciache no mundo do baile? - Pois empecei con oito anos e apuntáronme os meus pais. Eles ivan por diversión, eu ía con eles pero ó fin e ó cabo despois continuei eu. - Adícaslle moitas horas á preparación e adestramento? - Si, e de feito sigo adicándolle. Adestrámonos (Adrián e máis eu) unhas 3 horas ó dia, máis clases particulares e clases técnicas. - Tes algún referente dentro deste deporte? - Pola parte de formación o noso entrenador é Miguel Abreu (director da escola de baile Pasos) e aparte unha vez ó mes recibimos clases con Paolo Bosco e Silvia Pitton (Italia) que foron 3 veces campións do mundo en bailes estandar e Gabrielle e Antonella Goffredo (Italia) finalista do mundial de latinos. - En que consiste a modalidade de 10 bailes de salón? Practicas algunha outra? - Só hai dúas modalidades. Standard (bailes máis clásicos que son o vals inglés, tango, vals vienés, fox e quickstep) e por outra banda os bailes latinos (que son a samba, o chachachá, rumba, bolero, pasodoble e jive, un estilo do rock&roll).

- Que tal che foi no recente campionato do mundo de 10 bailes de Barcelona? - Pois a verdade é que a miña parella Adrián e máis eu estamos moi contentos porque é o primeiro ano que representabamos a España na categoría de adulto e obtivemos o undécimo lugar, cando o ano pasado España acadou o 25º con outra parella. - En febreiro conquistache o campionato de España adulto de 10 bailes

con Adrián Esperón como parella... é a túa parella competitiva habitual ou participas con outros bailaríns? - Si claro, sempre se compite coa mesma parella. Adrián e máis eu fai catro anos que bailamos xuntos. Ata entón bailei sete anos con Gabriel Carrera. - Tes colleitado máis títulos aparte dese campionato? - Si, no ano 2007 fumos campións de España tamén na categoría sub19 na modalidade de estandar e no 2008 campións galegos na categoría de adulto en bailes standard tamén. - Recibides algún tipo de apoio económico para custear os gastos? - Recibo unha pequena subvención de 1.000 € ó ano por parte do concello. Digo pequena porque 1.000 € gastámolos en menos de dous meses (clases, vestidos, zapatos, viaxes, etc.) - Poste algunha meta dentro do mundo do baile? - O meu primeiro obxectivo era gañar o campionato de España na categoría de adulto, cousa que xa está máis que conseguida. Agora gostaríame tirar máis forte e gañar o do mundo pero aínda faltan uns cantos anos... e xa máis para o futuro ter a miña propia escola e formar alumnos que consigan os seus propios obxectivos e teñan unha carreira deportiva como a miña.


22

OUTUBRO DE 2009

DEPORTES

Celebrouse unha proba da Liga Nacional de Billarda no monte da Risca No monte da Risca volveuse marcar un record de participación nun torneo de billarda: 108 palanadores participaron no II Torneo de Pincha do Porriño ���Festas do Cristo”. A explanada da Risca acondicionuse con catro pistas para xogar de forma simultánea. Unha infraestrutura necesaria para administrar a marea de xogadores desta tempada, que desborda espectativas. O palanador coñecido comoChupi gañou con autoridade a segunda proba da Liga Nacional de Billarda. Aínda que comezou con dúbidas no seu grupo, resolveu todos os cruces con solvencia. No seu camiño caeron Pablo dos Paquete Pinchas (gañador en Vigo o ano pasado), Xosé Miguel de Faísca (líder dos varados), Davide de Pincharango (o xogador revelación da tempada) e Rubén Otero dos Lideiras (o campión nacional e o seu máximo rival). Na final agardábao Luis Enrique, co que xa coincidira no grupo clasificatorio. O de Almuinha confirmou as boas sensacións ao colarse na súa primeira final. Para chegar aí tampouco tivo un camiño fácil: eliminou a Manolo de Se Foras Traballar, Fran dos Trece Catorce (campión no Aberto da Poesía de Salvaterra), Lolo de Pincharango e Amil.

nesta ocasión sumaron 17 puntos grazas ás boas actuacións de Luis e Manolo e de dúas fichaxes deste ano: Pedro e Juan. Isto serviulles para subir do posto 11º da clasificación ao 5º. Na clasificación xeral por equipos, colócase en 3ª posición Almuinha, moi regulares, e na 4ª A Ghudalla.

A final A final prometía ser emocionante, pero Chupi fixo un varado espectacular que arrancou as ovacións do público que rodeaba a pista. Resolveu o torneo, sen darlle oportunidade ao seu rival. A loita polo terceiro e cuarto posto foi reñida: Rubén Otero e Amil empataron con dous lanzamentos espectaculares nos que deixaron a billarda a un metro do varal no seu primeiro golpe. No desempate, Otero fíxose coa terceira praza. Varados e clasificación feminina As pistas da Risca eran longas, máis ben estreitas e cunha superficie de xabre que facía complicado levantar a billarda. Aínda así houbo dous varados: o de Chupi na final e outro de Rubén Otero. As condicións da pis-

ta atragantáronselle ás mellores palanadoras, de xeito que entre as mulleres só Fátima acadou a 3ª praza do seu grupo. E non o fixo nun grupo fácil, pois nel estaban os dous que chegarían á final. Agora encabeza a clasificación feminina empatada con Pauliña dos Treze Catorze, con 3 puntos cada unha. Os mellores equipos Os Paquete Pinchas proclamáronse mellor equipo da xorna-

Nova edición do trofeo Festas do Cristo de ciclismo

da grazas ao 4º posto de Amil e o 1º de Chupi. Por un punto impuxéronse aos Pincharango. Neste equipo Davide, Lolo, Arturo e Lemos firmaron actuacións destacadas e sumaron 19 puntos para o equipo, que xa é segundo na clasificación xeral con 32 puntos, só por detrás de Paquete Pinchas, que ten 38. Outros que estiveron moi finos no Porriño foron Se Foras Traballar. Se na primeira xornada non lograron bos resultados,

Unha nova edición do trofeo Festas do Cristo, reuniu na tarde do sábado día 19 a todos os ciclistas das escolas de toda Galicia. A primeira das categorías en disputa foi a de Principiantes que reuniu a case 50 ciclistas nunha pista na que a destreza se conxugaba coa rapidez, o vencedor o ciclista do Rosal, Manuel Dorna. A categoría de Alevíns acolleu 47 ciclistas, que se medían nun circuíto que os mozos do norte de Galicia non

dominaron e algúns se foron ao chan. Aínda así Rubén Miras de Teo fíxose co triunfo. A categoría raíña, a de infantís, ofrecía un cara a cara entre O Rosal e O Porriño, que ao final se decantou polo lado do ciclista local, Ángel Diz. Por ultimo, como é xa tradición en todas as carreiras que se disputan en O Porriño, houbo carreiras de promoción para os máis novos e aqueles que aínda non teñen licenza federativa.

Tres gañadores na quinibillarda A Quinibillarda recadou 30 euros en 30 apostas. Houbo 3 gañadores, que apostaron por Chupi e polos Paquete Pinchas: a nai, a moza e o irmán de Chupi. Eles repartíronse o 70% reservado para premios, é dicir, 21 euros, 7 euros cada un.

Asináronse os convenios deportivos para a tempada 2009-2010 no Porriño REDACCIÓN/DEPORTES

REDACCIÓN/DEPORTES

Os 8 mellores, de 8 equipos diferentes A clasificación individual está comandada por Chupi co seu pleno: 10 + 10. A segunda praza compártena Rubén Otero, Luis Enrique e Davide, con 13 puntos. Quinto é Xosé Miguel da Faísca con 11 puntos, e na sexta praza empatan con 9 Pablo (Culombio), Jacobo (A Ghudalla) e Manolo (Se Foras Traballar). Un dato que fala do igualada que arranca a liga entre os equipos. Os 8 primeiros na clasificación individual, os que ocuparían os postos que dan acceso ao Play-Off, pertencen a 8 equipos diferentes.

O Concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, Marcos Rodríguez Novás, e os presidentes das distintas entidades deportivas, asinaron os convenios da tempada 2009-2010, que ascenden a máis de 500.000 euros. O Concello do Porriño informa, a través da súa concellaría de Deportes, dirixida por Marcos Rodríguez Novás, da sinatura dos convenios deportivos cos clubs do municipio para a temporada 2009-2010. Os clubs beneficiados, cun número de licenzas deportivas que se achegan ás

2.000, son: os clubs de fútbol Porriño Industrial, C.F. Pontellas, C.F. Atios , Mosende C.F, C.F. San Salvador de Budiño e C.F. San Blas de Budiño; o Balon-

O

s convenios da tempada 2009-2010 ascenden a máis de 500.000 euros mán Porriño; o Club Ciclista Spol; o Porriño Baloncesto Base, o Atletismo Porriño; o Tenis Porriño, o Patín Club do Porriño; o club de natación Golfiños; o

Fútbol Sala Feminino; o clube de aeromodelismo Furaventos; e o club Colombofílico. O concelleiro de Deportes, Marcos Rodríguez Novás, afirmou que “Coa sinatura destes convenios reafirmámonos na aposta do Goberno do BNG polo fomento do deporte base. Estes convenios teñen como obxectivo apoiar aos clubs do municipio, e garantir que todas as persoas, e nomeadamente as máis novas, poidan acceder ao deporte, nun concello que se sitúa entre os primeiros de Galicia en canto á actividade deportiva”.


OUTUBRO DE 2009

EMPREGO

OPERARIAS: ETT precisa incorporar manipuladoras de conservas con experiencia mínima de seis meses, para conserveira situada en Vilaboa. Xornada laboral: Completa. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Posibilidade de incorporación inmediata. Dispoñibilidade horaria. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. CONSELLEIR@S DE VENDAS/DEPENDENTES: Grupo téxtil internacional, require para un dos seus centros situados en Centro Comercial na área de influencia de Mos, 5 Dependentes / Conselleir@s de vendas. Funcións: Asesorar e atender as demandas e preguntas dos clientes, alarmado e presentación de pezas de roupa. Xornada laboral: Parcial, 20 horas semanais. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Requírese persoa nova, menor de 28 anos, con interese pola moda e as súas tendencias, con clara orientación ao cliente, coñecementos de merchandising, atención ao cliente e cobramento en caixa. Imprescindible

experiencia demostrable en posto similar. Dispoñibilidade horaria para traballar a quendas. COMERCIAL: Empresa dedicada a dar apoio a empresas na xestión de importacións e exportacións, require un Comercial para o seu departamento de comercio internacional. Xornada Laboral: Completa. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Salario: Fixo + comisións. Horario: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Requírese experiencia demostrable de polo menos 1 ano en posto similar. Imprescindible nivel alto de inglés. F.P. II en Comercio Internacional ou licenciatura en enxeñería, económicas ou similar. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. AUXILIAR DE REPARTO: Compañía de transporte urxente e xestión loxística a nivel nacional require para o seu centro situado en Mos un Aux. de reparto. Xornada laboral: Completa. Horario: de 8.30 a 13.00 e de 16.30 a 20.00 h. de luns a venres. Funcións: recolleita e entrega de roupa de cama, unifor-

mes de traballo en servizos hospitalarios. Contrato temporal con posibilidade de permanencia na empresa. Imprescindible certificado de minusvalía superior ao 33% compatible co posto ofertado. Valorarase experiencia en posto similar e permiso de conducir, clase C. ADMINISTRATIVO/A: Empresa pertencente ao sector do transporte de mercadorías por estrada, require un/a Administrativo/a menor de 40 anos. Funcións a realizar: Programas específicos de Contabilidade, xestión bancaria, cobramentos e pagamentos,... Xornada: Media Xornada. Contrato: Temporal, 6 meses, con posibilidades de permanencia na empresa. Retribución: Segundo convenio. Ciclo Medio ou Superior en Administración ou Diplomatura en Empresariais. Imprescindible experiencia de polo menos un ano en posto similar. Dominio Microsoft Office. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio. AXENTE DE SEGUROS: Compañía de Seguros de ámbito nacional require Media-

dor de Seguros para a bisbarra de Vigo. Ofrécese: Plan de Carreira na Compañía cara ao perfil profesional de Inspector de Seguros. Contrato mercantil, con alta en autónomos a cargo da empresa, atendendo á consecución de obxectivos base establecidos. Experiencia laboral en xestión comercial. Capacidade de traballo por obxectivos. Afán polo logro e o desenvolvemento profesional no ámbito laboral descrito. TORNEIRO/FRESADOR: Empresa dedicada a mecanizados, moldes, matricería e utensilios, require un Torneiro. Xornada laboral: Completa. Horario: de 8.30 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas de luns a venres. Salario: Segundo convenio. Ciclo Medio en Mecanizado, Ciclo Superior en Produción por mecanizado ou en Desenvolvemento de Procesos mecánicos. Imprescindible experiencia demostrable mínima de dous anos en fabricación e reparación de pezas, mecanizado CNC e interpretación de planos. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Permiso de conducir, clase B e vehículo propio.

As persoas interesadas: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE MOS Estrada de Peinador, 41 - 36416 MOS (Pontevedra) Telf: 986 49 88 20 - Fax: 986 48 81 23 e-mail: ofertas@aemos.es www.aemos.es

23


Este Xornal faise con papel reciclado como contribución á conservación do Medio Ambiente

A Peneira na Rede Director: Guillermo Rodriguez Fdez. Edita: EDICIÓNS VAL DO LOURO S.L. Enderezo: Rúa Sarmiento Rivera, 17 - 36860 PONTEAREAS Tel e Fax: 986 66 09 86 - Colaboradores: Alberto Álvarez, Carlos Rego, David Rollano, Marisa Alonso, Jénnifer Castrovello, Diego Giráldez, Juancho, Soledad Castro, David Pérez Rego “Cato” Fotografía: Antón, Foto Barros, Foto Hernández Publicidade: Dpto. propio - Fran Eiró Montaxe e deseño: Diego Giráldez Impresión: Publicacións Tameiga. Tlf. 986-48 74 80. Mos (Galiza). Depósito legal: OR / 57 / 84

lourinha@apeneira.com www.apeneira.com


A Peneira da Louriña 65