Page 1

apeneira Abril de 2010

Ano XXVI :: Nº 503 :: www.apeneira.com

Prezo: 2€

Entrevista a Abel Caballero, alcalde de Vigo

“O da Xunta é un goberno anti-sur de Galicia” O alcalde de Vigo, Abel Caballero, concede unha entrevista en exclusiva a A PENEIRA nun momento no que ten varias frontes abertas: a polémica do pago do IVE da depuradora, o anuncio da Xunta de construír un hospital con capital privado na cidade ou a eterna polémica da fusión das Caixas. Pulsamos a súa opinión sobre todos estes temas e outros.

Páxinas 12 e 13

Comarcas

Pontevedra

Entrevista: Ramón Villares

Vía de alta capacidade Tui-A Guarda. A liña da discordia

XXVII Edición da semana galega de filosofía en Pontevedra

‘A evolución sociolingüística de Galicia non depende dos gobernos’

A semana galega de filosofía estase a converter nun referente a nivel estatal, que cada ano suma participantes e asistentes. Así o dixo o alcalde de Pontevedra Miguel Fernández Lores. Entrevistamos ao presidente da Aula Castelao de Filosofía.

O Presidente do Consello da Cultura Galega déixanos a sensación, logo do encontro, de que aspira a facer do CCG algo máis que un recurso de consulta, divulgación e investigación.

Páxinas 16-17

K

KTeatro

Ensalle, a compañía que ama o risco

KEntrevista

a Alberte Pagán

Fernando Pereira na AdHoc de Vigo

K

Kalaikia, magazine Cultural

Páxina 14

O Papa e o andamio. Protección ou boato? O Pórtico da Gloria está danado.Co gallo da visita do Papa hai presións para retirar a andamiaxe. Os técnicos non o recomendan. Páxina 29

Páxinas 26 e 27

Deportes

A outra cara

Os veteranos galegos. Os grandes esquecidos Páxinas 38 e 39

Érica Esmorís, de veterinaria a modelo na revista de Ana Rosa Quintana Páxina 40


2 a peneira

ABRIL DE 2010

DE FÍO A FONDO Novos contidos, novo deseño e novo ‘staff’ definen un novo produto

a peneira encara a súa nova andaina con azos renovados Logo de vintecinco anos de andaina e con cincocentos números ás súas costas, a peneira decide dar unha viraxe no seu rumbo e presentarse perante os seus lectores completamente renovada. Un esforzo organizativo que fructificou no exemplar que vostede ten entre as mans. A PENEIRA Redacción A historia de A Peneira alóngase xa por espazo de 25 anos. Dende aqueles primeiros xornais, feitos de maneira practicamente artesán, ata a actualidade, foron moitas as vivencias dos distintos equipos de traballadores que pasaron pola nosa redacción, moitas as historias relatadas en papel impreso, moitas as imaxes vividas polos traballadores en s á

complicidade cos lectores deste xornal. Agora, A Peneira decidiu facer un lavado de cara en profundidade, malia que, no fondo, non é tanto. Seguimos relatando historias en papel impreso, pero xa pegamos ese chimpo virtual que nos colgou na rede de redes, e seguimos contando cunha manchea de seguidores fieis que nos animaron a cotío a renovarnos para poder encaixar

Presentamos un novo deseño, primeira e máis visible consecuencia desta renovación

mellor nun mundo tan complexo como o da información. E nesas estamos. Presentamos agora un novo deseño do xornal, primeira e máis visible consecuencia desta renovación. Presentamos tamén unha nova cabeceira, cun deseño máis acaído aos tempos actuais. Pero unha análise máis polo miúdo non pode máis que reflectir outra serie de modificacións importantes para nós. Renovamos os contidos pare centrarnos máis nas reportaxes de elaboración propia deixando para os dia-


ABRIL DE 2010

|

a peneira 3

DE FÍO A FONDO

rios a información do día a día. O noso é a análise pormenorizada das cuestións máis relevantes. Camiñamos por uns vieiros que nos levan a tratar de buscar as razóns polas que acontecen as cousas e as consecuencias que todo iso pode ter para a sociedade galega. Renovamos tamén o noso staff, que din os saxóns, para amoldarnos a unha nova estrutura organizativa coa que levar adiante o noso novo proxecto. A creación do posto de subdirector non foi un antollo, foi unha necesidade para poder enfrontar esta nova andaina na que nos mergullamos a partires deste mesmo intre. Antón Fernández Escuredo, redactor xefe da “vella Peneira”, asume agora este novo cargo co obxectivo de manter o interese xerado ata o de agora por esta pequena publicación. Da redacción encargarase dende agora Diego Giráldez e do deseño Xosé Ramón Couñago. E, coma sempre, amparados baixo a dilatada experiencia do noso eterno director, Guillermo Rodríguez, que se mantén á fronte dunha nave que inicia unha nova e ilusionante viaxe. Tamén renovamos o equipo de

A arañeira global acolleunos no seu colo e as páxinas de A Peneira xa están entre as dez máis visitadas de Galicia Creamos novas ilusións no equipo do xornal nun intre no que o pesimismo se vai espallando por todos os regos da nosa vida

colaboradores para tratar de ofrecer unha visión da actualidade o máis ampla posible. E creamos novas seccións. E novos proxectos dos que iremos dando conta paseniño. E, sobre todo, creamos novas ilusións no equipo que forma este xornal nun momento no que o pesimismo se vai espallando sen control por todos e cada un dos regos que forman a nosa vida. Non abonda con iso? Pois por se non abonda, aínda temos máis. A arañeira global acolleunos no seu colo sen miramentos e as páxinas web de A Peneira son cada día máis seguidas por unha morea de lectores. “apeneira.com” entrou xa entre os dez primeiros postos do baremo reali-

zado pola consultora Alexia. Alí pódese encontrar a información de última hora, pero tamén elementos audiovisuais que non teñen cabida na edición impresa. Nesta nova etapa reforzaremos os nosos contidos na arañeira global. E ademais contamos cunha presencia notoria nas principais redes sociais. Máis de 5.000 amigos en Facebook son testemuñas das nosas palabras, e cada vez máis en Twenti e en Latri.ca. A informática deixou de ser o futuro da información para se converter no seu presente e A Peneira pretende seguir ocupando un lugar destacado no corazón do xornalismo galego. Caberá preguntarse polas razóns de facer esta viraxe. Fai algún tempo, cando conmemorabamos o primeiro aniversario do noso magazine cultural, “Kalaikia”, o seu coordinador escribiu: “Non sei se Galicia necesitaba este suplemento. Nós si o necesitabamos”. Este mesmo argumento se podería aplicar nesta ocasión. Necesitabamos ilusionarnor e ilusionar tamén aos nosos lectores. Se o conseguimos ou non, será o propio lector o que o decida.

+reportaxes+investigación+aposta+opinión+imaxe+entrevistas +depor+ tes+plural +kalaikia +novaetapa +

deseño

cambio...


4 a peneira

ABRIL DE 2010

OPINIÓN en lugar a dúbidas este acto celebrado o día 6 de abril, en Pontevedra, vai marcar un antes e un despois no colectivo de Microempresas e Autónomos de Galicia. Este acto onde se empeza a fraguar a constitución dunha Confederación que represente ao colectivo con suficiente forza e representatividade ten coma principais cometidos, o de representar aos autónomos e microempresarios, diante das administracións a nivel institucional, participar en tódalas mesas ou foros onde se decidan temas que afecten a este colectivo que só en Galicia somos 300000 persoas, 300000 familias, que deste xeito estean representadas e defendidas como se merece este colectivo para deixar de ser ninguneados e ocupar o espazo que nos corresponde, organizados a nivel social e que dende agora ninguén decidiu por nós. Esta Confederación ponse en marcha co apoio de 45 organizacións de diversos ámbitos e sectores, coa esperanza que en

Organizacións de autónomos e microempresas

S

*José Conde García: Presidente da Federación de Profesionais e Autónomos de Galicia pouco tempo aumente o número de asociados, xa que esta Confederación non é un coto pechado e ademáis é vontade dos ata agora interesados que poidan incorporarse tódalas organizacións que pensen en que a unión fai a forza e que ésta é a oportunidade de dotar de forza e voz suficiente a unha entidade representativa do colectivo de autónomos como é a UGT ou CCOO, dos traballadores ou a CEOE dos medianos e grandes empresarios. Esta Confederación é un ente que tódolos autónomos e microempresarios solicitan, un ente que teña representatividade suficiente para que sexan atendi-

Comezouse a fraguar unha Confederación que defenderá os intereses deste colectivo formado por 300.000 persoas das as súas propostas para dar solución a tódalas carencias que aínda padece o colectivo de autónomos. Entre outros: 1)Rematar de desenvolver aqueles

artigos pendentes regulación do Estatuto do Traballo Autónomo.2)Xubilación nas mesmas condicións có Réxime Xeral.3)A posibilidade de contratación de cónxuxes e fillos. 4)A non obrigatoriedade de cotizar a Seguridade Social nas situacións de baixa laboral.5)A non obrigatoriedade de pagar as cotas das Cámaras de Comercio dotandoas de democracia na súa xestión.6)Regular axeitadamente o canon da Sociedade Xeral de Autores.7)E unha das cousas máis importantes deste intre, dotar da suficiente liquidez as microempresas e autónomos para que poidan seguir coas súas actividades creando emprego e riqueza.

A obsesión centralista

Enquisa da web

*Xoán Antón Pérez Lema Avogado

xeralmente coñecido que existe unha poderosa corrente de opinión radicada, nomeadamente, nos “media”, sectores de opinión e Universidades madrileñas e que contan con moi importantes apoios nas elites estatais do PP e do PSOE. Segundo esta corrente, o Estado está pouco menos que a piques de desaparecer, as competencias autonómicas inviabilizan a loita contra a crise e a responsabilidade do défice público provén do gasto público dos Gobernos territoriais. Segundo os voceiros desta liña de pensamento (Aznar, Jorge de Esteban, Isabel San Sebastián, Jiménez Losantos, mais tamén Joaquín Leguina, Arcadi Espada ou Fernando Savater) as autonomías desbaldan o Estado co seu gasto, a lexislación comercial e urbanística ha ser común e as caixas de aforro galegas haberían fusionarse con outras de fóra da Galicia. Por suposto, os Gobernos autonómicos terían de resignar as súas competencias sobre caixas de aforro, mais tamén as educativas e calquera outra que lles permitisen aplicar políticas sociais e económicas autónomas. Do que se trata, en último de contas, é converter ao autogoberno galego pouco máis ou menos que nunha mancomunidade de deputacións provinciais. Para estes conformadores da opinión pública (que, asemade, avanzan no control de boa parte dos contidos da grela televisiva, coas TDT estilo Intereconomía), o galego non é unha lingua de uso normal que outorga cohesión social, senón un problemas social e un motivo de división dentro do que chaman España (que é distinta da España na que acreditamos vostede e máis eu). Outrosí, a paixón pola “roja” é algo sán que vertebra a so-

É

Comentarios do Facebook O BNG declara a batalla contra o decreto de exterminio do galego e tentará evitar a súa aprobación Davide Lc: Falará do bloque ocidental? Fina Bastón: Da igual, David, de que bloque fale... ante todo respecto pola xente que formamos parte deste frente. As cousas pódense expresar de moitas maneiras e decir o mesmo... En fin, creo que estas persoas que pensan asi deberían ser elas as que cambiasen o pais... Fina Bastón: ... e creo que por mal camiño iriamos... Davide Lc: E tanto...

ciedade; a afección pola selección galega amosa só nacionalismo excluínte. Os touros constitúen a chamada “fiesta nacional”, sen que entendan un só cidadán do Estado que non a sinta como propia. Calquera problema para eles require dunha lei estatal. Esquecen que, por exemplo, o “botellón” só precisa dunha lei galega con ampla marxe de aplicación aos concellos. Non, por eles farían unha única lei e tamén unha única lei de horarios de hostalería e comerciais ou urbanística e ambiental común para todo o Estado. E sempre dende ese espirito de confrontamento, de división, de agresión contra todos os cidadáns que non partillamos ese concepto arcaico e infundado da “España única”. A nosa Galiza xa coñeceu as avantaxes do centralismo ao longo dos séculos XIX e até 1982: subdesenvolvemento, pobreza e emigración foron as súas resultas. Porque alén desta sinfonía de opinadores existen intereses económicos que están a perseguer que Galicia non teña empresariado de seu, que non teña poder de disposición ou política de seu sobre a súa enerxía eléctrica, que non defenda o seu comercio de proximidade a respecto das grandes superficies, que renuncie a vertebrar en chave galega a nosa actividade económica. Non nos chamemos a engano, miñas donas e meus señores. Tras das pulsións recentralizadoras están as intencións de se facer coa nosa estrutura empresarial, cos nosos cartos. Velaí a importancia de ampliar o noso autogoberno e mantermos a galeguidade das Caixas. Mais, tamén, dos nosos medios de comunicación e principais actores empresariais.


ABRIL DE 2010

|

a peneira 5

OPINIÓN

A catástrofe como construción

Editorial

Que nos permite o “Gran Hermano”

*Suso Mon: Presidente de ERGAC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya) o derradeiro suplemento de culturas do xornal catalán La Vanguardia achégase unha reflexión do fenómeno da catástrofe como espazo dende onde comezar a construír de novo. Trátase, xa que logo, de refacer da desfeita, de construír a partir da catástrofe, de experimentar o derrube como o punto de partida da creación. Dise que a caída é necesaria para erguérmonos. Éo. Lemos de xeito literal: “ Como sempre aconteceu, moitas imaxes, obras de arte, conceptos e pensamento inspíranse na traxedia colectiva”. A escola de Frankfurt, con pensadores como Theodor Adorno á cabeza xa fixera esta reflexión despois da desfeita moral, á banda da humana e social, que supuxera a segunda guerra mundial, aínda que para Adorno hai unha pregunta previa: Ten sentido o discurso e mailo pensamento despois de Auschwitz ? E a ar-

N

te e maila poesía ? Dito doutro xeito, ten sentido tentar crear reflexión e fermosura, escritura e plástica despois de termos visitado o inferno ? Hai uns días tivemos a oportunidade de ver o filme “No val de Elah (In the valley of Elah)” que reflexiona sobre a volta a casa dos marines norteamericanos despois de ter visitado o inferno da guerra de Iraq. No fondo do

Como refacernos despois de Iraq? como volver á vida digna despois de ter sido os promotores do mesmo inferno?

filme está a pregunta que se fai unha parte da sociedade americana: como refacernos despois de Iraq? como volver a vida digna despois de ter sido os promotores do mesmo inferno ? Parece que tanto no individual como no colectivo os tempos difíciles son necesarios para medrar. Velaí o movemento Hegeliano da Historia da humanidade: todo momento histórico é froito da superación de teses e antíteses, da superación do conflito e do fracaso. Cómpre non desesperarse. A reflexión, salvando dabondo as distancias, tamén vale para as políticas colectivas que se están a aplicar na Galiza territorio: derrube da protección da costa, da lingua propia, das políticas sociais e de innovación e desenvolvemento dos sectores punteiros que posúe o país. Se cadra un momento necesario para que haxa un futuro mellor. Catástrofe e construción. Morte e resurrección.

O mundo ao revés *Susana Rei: Guionista e cineasta

espois duns meses de letargo, volto a Valencia aturuxando aquilo de “Erase una vez, un lobito bueno…” Hai uns días que o lobiño Alfonso Rus, tras prohibir unha foto-exposición na que, polo visto, os camaradas do partido non saían moi favorecidos, xustificábase coa burda escusa de que exercía a “liberdade de opinión”. Claro que si, lobiño bo, pero hai que ver que túzaros son estes periodistas… E reclama vostede que “a arte non é política”. Dubido!, mas vendo os seus recursos estilísticos, seguro que a política é unha arte. Ademais, que pode ser mais “Cool” que prohibir un traballo creativo no mesmo seo dun museo chamado, con maiúsculas, da Modernidade? “Ai, se Franco erguera a testa… Que destello diabólico non nos brindaría?

D

A imaxe de Garzón sentado no banquiño pelos herdeiros de algúns daqueles lupus azuis que no seu día apertaron os dentes contra os corpos dos que aínda hoxe xacen nas cunetas esperando xustiza, fala por todos. E que dicir dos bos e xenerosos responsables da trama Gürtel, lobishomes de pro que roubaron as arcas da comunidade e aos que, agora, o gremio das togas lles guinda a deferencia de comparecer no caso para acusar, e quen sabe se condenar, ao xuíz que os encerrou? Por non profundar na declaración de bens de F. Camps: dúas contas de mileurista e un pisiño que non chega nin para cubrir a hipoteca de calquera traballador!! Coitado… Agora ben, os tres millóns en man do tesoureiro para librarse do suposto delito de roubarnos un millón, ven de

Por non profundar na declaración de bens de F. Camps: dúas contas de mileurista e un pisiño que non chega nin para cubrir a hipoteca de calquera traballador!! Coitado… superar a paciencia desta ovelliña mala na que, de certo, estou a me transformar.

Humor

Arturo Kemsch

a dixemos máis dunha vez que non é verdade iso de que a prensa sexa o cuarto poder. O poder nestes momentos pasa polos consellos de administración das empresas; tanto das editoras de medios como doutro tipo de produtos. Está demostrado que dentro dos muros dunha empresa mediática ten máis peso o departamento de publicidade que a propia redacción. Non é inhabitual que se “levante” unha información, a última hora, para dar paso a un anuncio. A publicidade manda porque é unha poderosa arma de penetración nos mercados para os produtos que xeran as grandes multinacionais. Hoxe nos medios, agás internet que aínda está libre, ata certo punto, dos controis das grandes empresas e dos poderes públicos, a libertade de expresión é un mito. Tempos atrás o escritor e xornalista Ramonet dicía que os xornalistas non se atevían a escribir sobre temas candentes que afectaran aos poderes públicos e empresarias. Non facía falla que o director lles dixera nada. Autocensurábanse, simplemente. Cada traballador agárrase fortemente ao seu posto de traballo porque sabe que fóra fai moito frío. Pero voltemos ao poder dos medios que deixemos non existe. Manuel Castells, titular da cátedra Wallis Annenberg da Tecnoloxía e Comunicación da Sociedade na Universidade de California do Sul, en Los Angeles, entre outros moitos cargos no eido da comunicación, fálanos, no seu libro “Comunicación y Poder” do estado e a política mediática, da propaganda e do control que os distintos estados exercen sobre os medios. Ponnos casos concretos de estados como o americano, o ruso ou o chino. No caso americano o máis salientable é de como fixo chegar á sociedade americana o que pasaba na guerra de Irak. Xa é público e notorio que o Departamento de Defensa infiltrou nos medios de comunicación antiguos militares que se encargaron de facer chegar aos medios aquelas noticias que o propio Departamento seleccionaba. Sería The New York Times quen publicaría unha información de que o Pentágono organizara un grupo de 75 analistas militares que traballaban para as principais cadeas de televisión entre 2002 e 2008, como Fox, NBC; VBS e ABC, ademais de colaborar con consorcios de periódicos. Os medios de comunicación sabían da existencia do grupo de analistas do Pentágono e miraban para outro lado. En canto ao estado ruso, Castells dinos que durante a transición democrática endexamais esqueceu as ensinanzas fundamentais do seu pasado soviético: a información é poder e o control da comunicación é a palanca para conservalo. A cantidade de medidas de represalia dende o Poder sobre os medios é infinita. O resumo total queda resumido en que o estado posúe máis do 80% da infraestrutura de radio e televisión, dos maiores estudos de cine (Mosfilm), así como das imprentas, do 40% dos periódicos e do 65% dos libros. China caracterízase polo continuo esforzo do estado por controlar as comunicacións. Logo do fracaso da “glasnost” de Gorbachov, considerada como un grave erro, a Administración Xeral de Prensa e Publicacións e a Administación Estatal de Radio, Cine e Televisión estableceron normas para os distintos medios de comunicación: diarios, publicacións periódicas, edicións de libros, publicacións electrónicas, películas, radios e televisión, tanto por recepción terrestre como via satélite. Resumindo, non existe a liberdade de expresión; a sociedade está nas mans dos grupos de presión capitalistas e dos estados máis ou menos ditatoriais. O Gran Hermano apenas nos pemite ir ao quiosco e mercar un xornal, encender a tele ou a radio e ver ou escoitar aquilo que xa teñen decidido que vexamos e escoitemos. Así de triste e así de sinxelo.

X


6 a peneira

OPINIÓN| ABRIL DE 2010

O exilio tralo levantamento de 1846

Nova sociedade *Breixo Lousada Valdés: Membro da Mesa Nacional de Isca!

*Xurxo Martínez González: Filólogo passado 27 de Março tivo lugar em Compostela a III Assembleia Nacional de Isca!, na que, baixo o lema “medrar para construir, construir para liberar”, acordamos num ambiente de ilusom e camaraderia diversas melhoras organizativas e as nossas linhas gerais de actuaçom nos principais âmbitos nos que trabalhamos. Sendo umha organizaçom com menos de 4 anos de vida e que nasceu num contexto adverso para o nacionalismo como o que ainda perdura, o facto de sermos capazes de medrar de jeito importante é por si próprio motivo de satisfacçom. Num cenário tam atomizado como é o do soberanismo juvenil, demos consolidado um espaço político próprio, capaz de gerar dinâmicas e iniciativas de seu em diversos campos e de ter certa visibilidade social, renovando tanto o discurso como as formas de intervençom pública. Porém, renegamos de qualquer tipo de triunfalismo absurdo, e somos conscientes do muito que nos resta ainda por caminhar. Com humildade, mas com firmeza e optimismo, seguiremos a construir umha alternativa que no seio do movimento naciona-

O

este mes de abril lembramos aos chamados Mártires de Carral. Na súa memoria, para que xamais os esqueceramos, a Liga Gallega da Coruña ergueu un monumento con forma de cruceiro na dita vila. Foi custeado por subscrición popular. E foron alí fusilados polo temor á reacción do pobo liberal e progresista da Coruña, onde inicialmente debían ser executados. Ao levantamento de Solís uniuse a moza elite intelectual galega que dende 1841 viñan centrando o seu discurso en Galiza. Os cabezallos da prensa da época así nolo indican. Unha preocupación que inicia a toma de conciencia que os leva a proclamar en 1846 que Galiza é unha colonia española. E segue sendo, madia leva! Trala derrota iniciouse a represión gubernamental. Coidamos que non se produciron máis mortes porque o goberno conservador de Narváez temía unha revolta. Galiza era unha nación profundamente progresista. Sempre estivo acompañando e, ás veces, liderando as loitas contra os absolutistas e conservadores. Mais no canto de aplicar unha represión física escolleron a dispersión dos líderes civís: Antolín Faraldo, Eduardo Chao, Rúa Figueroa, Romero Ortiz ou até o malogrado e bon poeta Francisco Añón. Moitos outros colleron o mesmo camiño que os levaron a Portugal, Inglaterra ou Madrid. Pero eles non rexeitaron as súas ideas.

lista aposte por organizar a mocidade em chave revolucionária, que tenha como perspectiva a derrota do sistema e nom a sua simples reforma. Estamos certos de que um outro modelo de nacionalismo juvenil é possível: crítico, antisistema, independentista, socialista e livre dos complexos que hoje lastram as correntes maioritárias. Um nacionalismo que seja capaz de avançar socialmente sem por isso renunciar à coerência e aos seus objectivos estratégicos. Que aposte na unidade, no frentismo e na pluralidade como valores a preservar para golpearmos juntos contra este sistema. Seguiremos a trabalhar de jeito construtivo em Galiza Nova, no movimento estudantil, no sindicalismo nacionalista, nos Centro Sociais e em todas aquelas iniciativas transformadoras de base que contribuam a construir desde já a sociedade nova pola que luitamos. Eis o nosso comprimisso. Da mao de quem queira caminhar connosco desde critérios de lealdade e o respeito mútuo, seguiremos a organizar-nos e a medrar para construir um futuro livre para a nossa naçom e a nossa classe.

N

Trala derrota iniciouse a represión gubernamental. Coidamos que non se produciron máis mortes porque o goberno conservador de Narváez temía unha revolta Organizáronse. Algúns chegaron a ministro da I República (Eduardo Chao), a deputados, senadores ou importantes xornalistas. E outros tiveron a honra de ser os primeiros deputados en votar contra a monarquía, é dicir, pola república (como Manuel Becerra). Pouco se ten estudado este exilio. Descoñecemos case todo das actividades dos exiliados tralo 1846. Debemos afondar nesas pescudas e nesa tarefa dedicamos arestora algúns dos nosos esforzos. Reparade que será no 1856 cando a inmediata xeración os lembrou dende as páxinas de La Oliva. Son os Aguirre, Compañel, Murguía, Pondal, Rosalía... Continuaban a estirpe galeguista e progresista. Brindaron en Conxo cos artesáns e Compostela tremía outra revolta. Dez anos despois a memoria seguía viva entre o pobo. Hoxe tamén.

Quiosco de prensa O xuíz do Gürtel interroga á Xunta Publicado en: GALICIA CONFIDENCIAL GC desvela un requirimento xudicial que proba que compañías están no punto de mira no Gürtel galego, incluída a empresa do construtor acusado de tentar matar a Cuíña. Cinco construtoras (Begar SA, Tecnología de la Construcción SA TECONSA, Construcciones Hispánica, UFC e FCC) e tres empresas de servizos (Acualia, Sufi SA e Persontrade) están no punto de mira do xuíz do caso Gürtel en Galicia. Así o proba un requirimento xudicial enviado polo TSJ de Madrid á Consellería de Facenda.

Máis cambio climático no sur de Pontevedra

O “decretazo” pasa factura interna ao PPdeG

PP, PSOE e BNG, a prol da reforma do voto emigrante

Publicado en: DIARIO PONTEVEDRA

Publicado en: VIEIROS

Publicado en: XORNAL DE GALICIA As tres forzas políticas parlamentarias manifestáronse, con diferentes matices, a favor da reforma do voto emigrante que podería derivar na fin da chegada de sufraxios do exterior nas eleccións municipais e autonómicas, e nunha forte restrición nos comicios xerais. En opinión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "non debe haber ningunha elección en España sen modificar o voto emigrante".

DE

O cambio climático será máis patente na provincia de Ourense e o sur de Pontevedra se se manteñen os parámetros que veñen observando, segundo Verónica Campos, membro da comisión de seguimento deste fenómeno ambiental creada na Universidade de Santiago (USC). O cambio climático xa se está percibindo en Galicia, sobre todo no aumento progresivo das temperaturas sobretodo dende 1972.

Editada por A PENEIRA CONDADO S.A.

O Goberno ten présa por pechar a hemorraxia política que lle está a supoñer a reforma do decreto de linguas. O Consello Escolar de Galiza rexeitaba o chamado 'decretazo' e a nivel interno, dirixentes como o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, ou o líder do PPdeG de Lugo, Xosé M. Barreiro, mostraron a súa preocupación, aínda compartindo a derrogación do decreto, polo perigo de que a sociedade estivese a percibir unha imaxe dun PP "antigaleguista".

Director: Guillermo Rodríguez Fernández (director@apeneira.com)

Redactor xefe: Diego Giráldez (redactorxefe@apeneira.com)

Subdirector: Antón Fernández Escuredo (subdirector@apeneira.com)

Redacción: Amparo Rodríguez Manrique Fernández J.Ramón Couñago

Administración: Beatriz Gil Vázquez Publicidade: Suso Vieito, Fran Eiró, Josué Campos , Francisco Puñal, Juán Louzán, Sheila Álvarez, Anxo Gutiérrez e X.M. Fernández

Fotografía: Riobó Prada - AGN - Alfredo Hernández

Depósito Legal: OR/57/84

Impresión: Publicaciónes Tameiga Mos (Pontevedra)

www.apeneira.com web controlada por


ABRIL DE 2010

|

a peneira 7

OPINIÓN

4 CARAS

FOULAS

Nós decidimos

MARIO CONDE

*Baldomero Iglesias “Mero”: Mestre e músico

E

m p e z a a q u í mesmo, c o n e s t a s “Foulas” u n h a h u m i l d e aportación chairega a e s e s o ñ o d e “ A Peneira” p a r a q u e n a s ú a longa a n d a i n a t e ñ a p o r d i a n t e m o i t a s m a i s páxinas d e l u z e d e esperanza. As foulas, meus, son partículas moi pequenas, case inaprezables, de materia en pó. Vense moi ben ao trasluz, mesmo nunha tea de araña. Antes, nesas arañeiras que había nos muíños, aparecían máxicas e misteriosas, perfilando as súas formas xeométricas como redes tecidas, de xeito anárquico e totalmente equilibrado. Eran debuxos no medio das sombras e coaban a luz tenue dun solpor ou dun mañá vigoroso. Eran momentos de cando a luz atravesaba aquel espazo comunal que nos procuraba o alimento máis principal da nosa economía magoada. Alimento que se acadaba despois de longos traballos e antes de que o gran madurecera. Trigais e centieiras carpidas a man eran comidas a man. Era o alimento, o pan, pousado na mesa do tremiñado para encher os sacos e levar ás casas para elaboralo artesanalmente en cada fogar. Roubáronnos

Semella que estamos a ver como de novo nos rouban, foula a foula, o noso pan. Os que agora calen serán tamén culpables da inmoralidade que pretenden: negarlle a un pobo o seu.

o noso pan. Aquel que comezaba no esforzo das sementeiras, das segas, das medas, das mallas. A aquel pan, ao pan da vida, tamén lle veu un “decretazo”. O

pan que agora comemos, ...non sabemos que pan é. Agora o mesmo decretazo vén de cara ao noso idioma, ao galego, en contra do galego. Semella que estamos a ver como de novo nos rouban, foula a foula, o noso pan. E coidado, que ninguén se faga o xordo. Os que agora calen serán tamén culpables da inmoralidade que pretenden: negarlle a un pobo o seu. O pan da vida. Este sí é o pan da vida. A Nosa Lingua é a chave da Dignidade, como pobo e nación, esa que habemos ter canda nós para presentarnos diante o mundo, para facela tamén compañeira inseparable da outra gran señora, a Liberdade. E nós somos partículas moi pequenas, como as foulas, case inaprezables que escaparon aos lugares máis recónditos do Noso Muíño, para tecer unha arañeira, na que, xuntas, podemos facer da Nosa Lingua, da Nosa Fala, unha obra de arte irrepetible, ...a maior das obras de arte que xa herdamos así, tan feita e tan luída, tan desprezada por uns e preciosa para os máis, ...tan nosa ou, no peor dos casos, tan deles?. Nós decidimos. Ninguén esqueza a obriga que para ela temos!.

En Tui, a Irmandade do Bo Xantar decidiu nomear “Confrade de Honra” ao seu paisano Mario Conde, outrora (mal) exemplo de éxito vertixinoso no mundo empresarial. En Tui xa houbo quen agochou os seus aforros baixo o colchón.

ESPERANZA AGUIRRE A flamante presidenta da comunidade madrileña vén de afirmar que grazas a ela se destapou o “caso Gürtel”. Arroutada? Fuxida cara adiante? Gañas de sacarlle as cores aos seus compañeiros de partido? Ou é que a Esperanza é o último que se perde?

ROMAY BECCARÍA O seu nome sona con forza para substituír a Luís Bárcenas á fronte das contas do Partido Popular. “O caso Gürtel” fai estragos entre os acólitos do principal grupo da oposición. Nunca está de máis elevarlle preces ao Altísimo neste duro trance.

DAVID MONTEAGUDO O cineasta Alejandro Amenábar, ollo espelido onde os haxa, acaba de mercar os dereitos da exitosa novela do escritor galego “Fin”. Ao mellor agora empezan a mirar a este lado do Padornelo na procura de ideas luminosas para o cinema.

Grazas

Cartas ao director

*José A. Presa Garrido (Ponteareas)

D

ende a ANPA do C.E.I.P. Fermín Bouza Brey de Ponteareas queremos dar as gracias o alcalde e os seus concelleiros pola labor de mantemento que está levando a cabo no centro, deixando caer os canelóns de recollida de augas, non cambiando as lámparas fundidas, inundando os baños e aulas de augas fecais, mantendo unha instalación eléctrica que non permite conectar proxectores, ordenado-

res ... (non son necesarias as novas tecnoloxías para dormitar nun pleno e levantar a man para votar en contra dunha comparecencia do alcalde sobre o tema). Asimesmo queremos darlle as gracias a consellería de educación e o Sr. Pérez Ares polo seu traballo en favor de non facer nada ante a masificación que sofre o centro e a súa incansable deixadez na búsqueda de solucións así como do seu desprezo

máis absoluto cara a comunidade escolar representada pola ANPA. Gracias por cambiar o horario dunha reunión na delegación en Pontevedra con dous días de antelación e a 1 da tarde para que nos coincida coa saída dos fillos e non poidamos asistir, facer caso omiso as nosas peticións de visita o centro (o segundo mais grande da provincia) e por, finalmente, vir sen avisarnos nin deixar constancia da súa visita.

Gracias o Sr. Vázquez, Conselleiro de Educación, por manter no seu posto a unha persoa como esta. Por último darlle as gracias os arquitectos que fai 40 anos deseñaron o centro por deixar uns pasillos tan anchos e luminosos para que agora se utilicen como aulas. Por toda esta deixadez e incompetencia, os pais dos mais de 600 alumnos deste centro dámoslles as gracias.

As cartas non deben superar os 900 caracteres, deberán acompañarse dunha copia de documentación válida do autor/a, e remitiranse a R/ Sarmiento Rivera 17 baixo, 36860 Ponteareas (Pontevedra, Galicia) ou ben ao correo electrónico redaccion@apeneira.com


8 a peneira

ABRIL DE 2010

GALICIA A trama Gürtel chega ata Galicia

O PP Galego e os cartos en B

Diñeiro negro, recursos B ou máis ben cartos que non se sabe (pero si se sospeitan) de donde viñeron é o que resume a trama do caso Gürtel. Novamente un escándalo salpica aos nosos políticos, neste caso o PP, supostamente e resumindo moitísimo, por crear empresas que logo se beneficiaban de fondos públicos tanto de concellos como dalgunhas comunidades autónomas

A. RODRÍGUEZ Compostela Prendo a tele, é a hora do parte, busco nas distintas canles, dá igual, non paga a pena, en todas falan do mesmo: O Caso Gürtel. Pero, que demos é isto! Por se non me chegara cos pagos das distintas facturas, a hipoteca, a soga ao pescozo polo acoso do ERE na empresa, etc, etc. Prendo a tele e de novo ás voltas co caso Gürtel, ese no que non paran de falar dos moitos cartos (seguramente de todos) que foron manipulados por uns cantos. Non podo vivir alleo pero tampouco quero empaparme. Busco na wikipedia. Velaí o resumo: Caso Gürtel é o nome dado á investigación instruída polo xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, en febreiro de 2009, cuxo fin é des-

O caso xorde a raíz dunha denuncia realizada o 6 de novembro de 2007 por José Luis Peñas, ex concelleiro do PP no concello de Majadahonda, en Madrid, e amigo de Francisco Correa dende 2001 a 2008

entrañar unha suposta rede de corrupción vinculada ao Partido Popular e encabezada presuntamente polo empresario Francisco Correa, cuxo apelido traducido ao alemán significa cinturón, parecido en significado a Gurt, correo, dá nome ao caso. Sigo a documentarme. O caso xorde a raíz dunha denuncia realizada o 6 de novembro de 2007 por José Luis Peñas, ex concelleiro do PP no concello de Majadahonda, en Madrid, e amigo de Francisco Correa dende 2001 ata 2008. A trama continúa cunhas gravacións ocultas realizadas pola administradora da empresa Easy Concept, que xunto a Special Events e Orange Market (todas propiedade de Correa) protagonizan a historia. Á cabeza desta trama estarán Francisco Correa e tres dos seus homes de confianza: Álvaro Pérez, Pablo Crespo e Antoine Sánchez.

Como non podía ser doutro xeito o caso Gürtel chega a Galicia xa que supostamente houbo achega de cartos para a campaña electoral galega de 2005

Supostamente este grupo establece diversos negocios co

obxecto de nutrirse de fondos de entidades públicas, concretamente dalgúns concellos e comunidades autónomas como Madrid, Valencia e Galicia, así como para saltarse as prohibicións legais en materia urbanística e medioambiental que poderían afectar aos seus negocios inmobiliarios. A súa vinculación co PP vén cando José María Aznar elixe a Correa como organizador de actos e eventos públicos do PP. Coa saída de Aznar en 2004, Mariano Rajoy e Esperanza Aguirre prescinden del. No caso desvélanse subornos a funcionarios e autoridades públicas pertencentes ao PP. José Luis Izquierdo, empregado de confianza de Pablo Crespo e F. Correa, amosou aos xuíces os asentos contables dos cartos, supostamente, relacionados con este asunto, a chamada “Caixa B”. Ao máis puro estilo hollywoo-


ABRIL DE 2010

|

a peneira 9

GALICIA

Declaración

Alberto Núñez Feijóo

Á cabeza desta trama están Francisco Correa e tres dos seus homes de confianza: Álvaro Pérez, Pablo Crespo e Antoine Sánchez. Supostamente este grupo establece diversos negocios co obxecto de nutrirse de fondos de entidades públicas, concretamente dalgúns concellos e comunidades autónomas como Madrid, Valencia ou Galicia

diense Francisco Correa pedíu ao seu empregado figurar como

Don Vito. Non lles recorda á personaxe interpretada por Marlon Brandon en El Padrino?

‘Máis non se pode facer’

O Gürtel salpica Galicia Como non podía ser doutro xeito o caso Gürtel chega a Galicia xa que supostamente houbo achega de cartos para a campaña electoral galega de 2005. O ex secretario xeral da organización do Partido Popular en Galicia, Pablo Crespo, é un dos imputados. Ademais, no auto de Garzón figuran unha empresa con sede en Vigo e un alto cargo do PP da Deputación de Pontevedra e ex-alcalde de Cangas. A Xunta de Manuel Fraga autorizou en abril de 2005 a construción dunha cementeira en Coirós, denominada Gallega de Molienda de Clinker e presidida por Ramón Blanco, citado a declarar por Baltasar Garzón e antigo socio de Pablo Crespo. Unha rede dunhas vinte compañías con sede en Galicia, lideradas por Ramón Cerdá Sanjuán, acabadas de crear ou sen actividade foi, ao parecer, empregada por altos cargos do Partido Popular implicados no caso Gürtel para lograr adxudicacións. O caso segue a deixar en interdito aos nosos políticos e así Juan Casares, ex-deputado do PP no Parlamento Galego, e José Enrique Sotelo, deputado provincial por Pontevedra e líder dos populares en Cangas do Morrazo,forman parte tamén da trama, ao ser supostamente responsables de ter certificados duns parquímetros inexistentes en Cangas. Por outro lado, as empresas da familia Casares recibiron un total de 19 millóns de euros en contratos da Xunta entre 2000 e 2005. Segundo un informe da Unidade Central de Delitos Económicos e Financeiros da Policía Nacional, no mes de setembro de 2009 máis do 52% dos gastos derivados do PP de Galicia nas contas das empresas relacionadas co caso Gürtel foi pactado en diñeiro negro entre os anos 1996 e 1999, sendo naqueles momentos Pablo Crespo o secretario de organización do partido.

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, declara que “máis non se pode facer” contra os asuntos relacionados coa corrupción e pedíu “tranquilidade e contundencia” no partido ante o levantamento do segredo

Feijóo pediu “tranquilidade e contundencia”

seguir sendo un partido irreprochable que é o que ten que ser o PP”. "Se uns cantos queren facer dano a tantos, equivócanse. Nestes intres de crise o importante é dar exemplo de xestión económica para axudar a sacar a España da situación na que se atopa e crear postos de traballo”.

de sumario do caso Gürtel e a imputación de Jaume Matas no caso Palma Arena. Feijóo asegura que o PP “está actuando e seguirá actuando cada vez que haxa un problema e que fará fronte e non mirará para outro lado nos casos de corrupción do seu partido”. Así mesmo engadiu que “o PP estará á altura das circunstancias para

Declaración

Pachi Vázquez

‘Feijóo debe dar explicacións aos galegos’ Pachi Vázquez, secretario xeral do PSdG, manifestou en relación á trama Gürtel a súa perplexidade ante a análise que fai o PP de Galicia sobre as derivacións desta trama. “Cando todos os medios de España poñen os focos sobre o PP de Galicia, Feijóo fala de contundencia dende Madrid, pero en Galicia non fai nada”, sinalou.

Crespo a patadas, o certo é que Feijóo non só non o botou senón que o mantivo no Consello de Administración de Portos de Galicia mentres foi conselleiro de Política Territorial, ata que chegou o PSdeG ao goberno da Xunta”.

Reclamou a Feijóo que dea unha explicación aos galegos Por iso, reclamou a Feijóo que dea unha explicación aos galegos ante as “cousas gravísimas que se están a dicir” e que aluden á relación do PP de Galicia e do propio Feijóo con empresas claramente implicadas na trama. “Como presidente do PP de Galicia, e por hixiene política, Feijóo debe dar unha explicación aos galegos”, sentenciou Vázquez, á vez que lembrou que “a pesar de que agora Fraga diga que o PP botou a Pablo


10 a peneira

GALICIA| ABRIL DE 2010

Antes do bipartito

Compostela

Concesións eólicas e hidráulicas O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, instou a "explorar" as concesións eólicas, hidráulicas concedidas durante o período de transición que transcorreu entre a derrota electoral do PP de Fraga en 2005 e a toma de posesión do Goberno bipartito. De feito, circunscribiu a acusación da Fiscalía sobre a piscifactoría de Rinlo (Lugo) a este "período negro". Lamentou que o que tería que ser unha época de transición "para trámites ordinarios" aproveitásese para acometer "un proceso de regularización dunha actuación ilegal como era a de Rinlo".

“A inmensa maioría" do PP ten as mans limpas.O primeiro que quere aclarar todo é o Partido Popular" para que os que incorran nalgún tipo de delito paguen polo feito. Para iso, pido que continúe a investigación". Alberto Núñez Feijóo LÍDER

DO

PPDEG

Créditos para universitarios A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e mailo Microbank veñen de asinar un convenio de colaboración por valor de dous millóns de euros para a concesión de microcréditos ao colectivo universitario, co obxectivo de que estudantes, licenciados e profesores poidan crear as súas propias pequenas empresas. Segundo o convenio, os créditos poderán acadar os 25.000 euros.

Mediante este acordo, a entidade finaicieira apoiaroa as necesidades para o autoemprego ou ampliación de empresas en función da súa viabilidade.

A visita do líder do BNG, Guillerme Vázquez, a Barcelona, cidade á que acudiu convidado por ERC, confirma o bo momento polo que pasan as relacións entre ambas formacións políticas. En novembro de 2009 xa visitara Compostela Joan Puigcercòs convidado polos nacionalistas galegos.

O BNG confirma a súa alianza con Esquerra Republicana de Catalunya ANTÓN F. ESCUREDO Barcelona Cando en 1998 o BNG asinaba un pacto estatal co nacionalismo de dereitas representado en Euskadi polo EAJ-PNV e en Catalunya por CiU, a denominada Declaración de Barcelona, houbo máis que unha diferencia de pareceres entre parte da militancia e a formación que lideraba Xosé Manuel Beiras sobre esta liña estratéxica. A idea, defendida en todo foro público e privado, era situarse a altura dos que daquela gobernaban. Daquela as relacións con outras formacións, como por exemplo ERC, eran cordiais pero sen ir moito máis alá. Coa chegada de Anxo Quintana a táctica foi a mesma. Despois do triunfo en 2003 da alianza post-electoral entre o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), Iniciativa per Catalunya-Els Verds (IC-V) e a propia ERC, moitos pensaron que o panorama de alianzas podería mudar. Non foi así como nos confirmaron logo os acontecementos. A chegada do independentismo a un goberno autonómico puxo

en pé de guerra a todo o aparato mediático de Madrid. Foi o momento en que se orquestrou toda unha campaña contra JosepLluís Carod-Rovira, nese intre Conseller en Cap da Generalitat. Daquela A Peneira entrevistou a Quintana en Barcelona (Nº 364, 2º quincena de febreiro de 2004) cando moitos demandaban unha postura máis decidida diante dos continuos ataques españolistas. Para o de Allariz a nova situación política, cun CiU debilitado na oposición, non era a mellor situación aínda que puntualizaba durante a entrevista apuntaba que “o noso interese non é nin será inmiscuirnos na política catalana”. Achegamento pola via europea O goberno tripartito catalán coincidiu no tempo co periodo na Xunta do BNG. Mália todo non será ata as eleccións europeas de xuño de 2009 que a relación entre nacionalistas galegos e ERC colleran un novo pulo. En maio dese ano o Bloque preséntase nunha coalición moi diferente a das pasadas eleccións ao Parlamento de Bruxelas e rexeita ir co PNV e

Na Sede Nacional de Esquerra, logo dunha entrevista de case dúas horas co líder de ERC, Vázquez e Puigcercós compareceron conxuntamente amosando unha moi boa sintonía.

CiU. A elección é agora a Europa dos Pobos-Os Verdes, na que comparte cartel con ERC, Aralar, Los Verdes, Eusko Alkartasuna, Chunta Aragonesista e Entesa per Mallorca. Aínda que os resultados non foron os agardados a nova alianza parece funcionar se temos en conta o traballo realizado dende entón e agardando que Ana Miranda colla o relevo de Oriol Junqueras. En xullo dese mesmo ano, en entrevista concedida a A Peneira (Nº 487, 1º quincena de xullo de 2009) Joan Puigcercòs aseguraba que “co BNG podemos e debemos traballar conxuntamente”. Nesa

mesma entrevista o lider catalán reflexionaba sobre o longo camiño andado polo nacionalismo galego ata este achegamento actual. “respectamos sempre a decisión do BNG de querer formar parte doutras coalicións. Respectámola e entedímola porque daquela o PNV era o partido exemónico e gobernaba Euskadi e CiU gobernou Catalunya durante 23 anos. O BNG quería unha homologación lóxica e lexítima cos nacionalismos que gobernaban”, aseguraba na entrevista. Encontro en Barcelona Nos últimos meses os encontros entre o BNG e ERC foron máis intensos. O pasado novembro visitou Compostela Joan Puigcercòs. Nesa viaxe mantivo varias reunións e foi convidado pola Fundación Galiza Sempre a dar unha conferencia sobre “A lingua propia, un factor de cohesión social”. Agora foi o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, quen visitou Barcelona a mediados de marzo. Na visita mantivo un encontro co presidente de Esquerra, Joan Puigcercós, e foi obxecto dunha recepción insti-

tucional no Parlament de Catalunya, onde se entrevistou co presidente da Cámara catalá, o tamén republicano Ernest Benach. Ademais pronunciou unha conferencia titulada “A nación galega nun Estado plurinacional”, convocada pola fundación Josep Irla de Esquerra Republicana. Ao final Joan Ridao agasallouno cun exemplar bilingüe catalán-galego do libro “Castelao e Catalunya” de Xosé Lois García. Na Sede Nacional de Esquerra, logo dunha entrevista de case dúas horas co líder de ERC, Vázquez e Puigcercós compareceron conxuntamente amosando unha moi boa sintonía.“Tivemos oportunidade de intercambiar opinións sobre diversos aspectos da actualidade, vistos sempre desde o prisma de cada unha das nosas realidades nacionais”, afirmou Guillerme Vázquez á prensa. Rematou a relación con CiU? En política non hai lugar a afirmacións contundentes. Polo de agora o que é seguro e público é que, se cadra, as cercanas eleccións deste 2010 en Catalunya tamén terán o seu peso en futuras decisións entre ambas formacións.


ABRIL DE 2010

|

a peneira 11

GALICIA BNG

Considérao “irrenunciable”

Campaña de propostas contra a crise

Guillerme Vázquez.

O BNG iniciará en breve unha campaña informativa por diferentes municipios galegos coa que dará a coñecer as súas propostas para saír da crise económica, segundo anunciou hoxe o voceiro nacional da formación, Guillerme Vázquez, en rolda de prensa. Así, mostrou a súa preocupación polo incremento "alarmante do desemprego" en Galicia, ante o que aprecia "desconcerto" por parte da Xunta, a que critica que estea "practicamente ausente". O nacionalista lamentou que o Goberno central estea sendo "incapaz de elaborar unha folla de ruta para sair da crise".

“É un pracer visitar de novo A Coruña, cidade de mulleres e homes libres, como asegura o seu alcalde. As cidades que apoian a cultura e o coñecemento sen dúbida garanten aos seus habitantes esa liberdade da que o rexedor está orgulloso Ángeles González-Sinde MINISTRA DE CULTURA

O importe supera os 7.000 millóns de euros

Fomento licita tres contratos de asistencia para as obras do AVE M. FDEZ Redacción O Ministerio de Fomento, a través do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), vén de licitar tres contratos de asistencia para as obras de contrución da liña de alta velocidade que enlaza Madrid e Galicia, por un importe total de 7.023.337,2 euros. A actuación contempla diversos ensaios nos traballos da plataforma, o control das obras e a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a súa execución. O primeiro dos contratos fai referencia aos servizos de asistencia para a realización de probas en tres subtramos da liña que discorren integramente pola provincia de Zamora. Será nos comprendidos entre A Hiniesta, Perilla de Catro, Otero de Bodas e Cernadilla. Esta actuación, cun orzamento de 2.125.954 euros, comprende a elaboración de plans de calidade; ensaios e auditorías para cada contrato de obra; probas en cada subtramo; as auditorías ás instalacións, subministros e laboratorios;

a xestión de non conformidades de ensaios; e un informe mensual de seguimento dos mesmos. Un segundo contrato inclúe a asistencia para o control dos traballos no tramo Zamora-A Hiniesta, cun orzamento de licitación de 2.771.705,2 euros.

De “mínimo irrenunciable” cualificou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a implantación do voto emigrante de forma “presencial en urna” e que “o voto por correo sexa sempre rogado”. Feijóo considerou urxente a necesidade dunha reforma neste senso antes de que se celebren outros comicios electorais. “Paréceme razoable que se faga unha reflexión sobre a posibilidade de votar a alcaldes e municipios que non se coñecen”, dixo.

O BNG insta á Xunta a pedir xulgados de violencia de xénero en todas as cidades REDACCIÓN Compostela A deputada do BNG Tareixa Paz rexistrou unha iniciativa na Cámara galega na que reclama á Xunta que clarifique se "asume" o mandato unánime do Parlamento polo que se insta a pedir ao Estado xulgados exclusivos de violencia de xénero para as cidades galegas ou se, pola contra, ten previsto renunciar á devandita demanda "e

As actuacións contemplan diversos ensaios nos traballos da plataforma, o control das obras, e a coordinación en materia de seguridade e saúde Segundo indicaron dende o departamento central, o seguimento farase sobre a execución das obras da infraestrutura ferroviaria, a montaxe de vía e en traballos complementarios, nos 8.120 metros do tramos Zamora-A Hiniesta. O terceiro contrato alude á prestación de servizos de asistencia para a coordinación en materia de seguridade e saúde das obras

Feijóo reclama o voto emigrante en urna

incorrer de novo nun incumprimento dos acordos da Cámara". Paz mostrou a súa preocupación polas recentes declaracións dun alto cargo da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nas que afirmaba que Ourense non cumpría un volume de entrada anual de asunto de violencia de xénero que xustificase a creación dun novo órgano xudicial, polo que non trasladarían a demanda ao Ministerio de Xustiza.

Os galegos somos os que menos falamos polo móbil REDACCIÓN Compostela

nos tramos comprendidos entre Zamora e Lubián, no límite da provincia de Ourense. Dende Fomento explicaron que os coordinadores que realizarán esta asistencia levarán a cabo as funcións da normativa en prevención de riscos laborais vixente. A licitación conta cun orzamento de 2.125.678 euros.

Os galegos son os cidadáns que menos tempo dedican a falar por teléfono móbil a nivel estatal, só unha hora e dez minutos de media ao mes para facer chamadas, sendo os españois que menos utilizan este servizo para comunicarse. Así o revelan os datos obtidos nun estudo recente

realizado polo operador móbil lowcost MÁSmovil. A investigación realizouse entre os usuarios de MÁSmovil en todo o territorio nacional. Segundo os resultados, os homes galegos falan polo móbil tres minutos máis de media ao mes que as mulleres e son, en conxunto, os españois que menor consumo fan en chamadas a través do aparello móbil.

A Xunta prohibirá ser opositor e tribunal en ningún proceso e obrigará a renunciar a membros se concorren familiares á convocatoria O tribunal non poderá pertencer a unha categoría inferior a que se examina AGN Compostela O Goberno galego acordou adoptar medidas que permitan garantir "transparencia" nos procesos selectivos de empregados públicos, tras as denuncias realizadas polos socialistas nas últimas semanas en materia de función pública. O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, anunciou tras unha das reunións semanais da Xunta que as medidas adoptadas impedirán que un oposi-

tor forme parte tamén dun tribunal, "aínda sendo dun proceso selectivo diferente". Os integrantes do tribunal deberán, así mesmo, renunciar, se na mesma convocatoria participan familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade. A terceira medida implica que un membro do tribunal de selección non poderá pertencer a un grupo profesional inferior ao do obxecto da convocatoria. O obxectivo deste acordo é "aumentar as esixencias" para dotar aos procesos selectivos de "máis obxectividade e transparencia",

segundo explicou Feijóo, quen manifestou que a decisión adoptada modifica "a normativa que permitiría" que se producisen estes supostos. Así, "casos que se deron nalgúns tribunais non se poderán dar non futuro", aseverou o dirixente autonómico en rolda de prensa. Así, e fronte ás críticas da oposición, o actual Goberno asegura que non se detectou ningún caso que infrinxa a normativa do ano 2007. Á marxe das modificacións na normativa para os procesos selectivos e a participación en tribunais, a Xunta estableceu novas esi-

xencias. Os traballadores da dirección xeral organizadora que sexan admitidos como aspirantes en calquera proceso, deben comunicalo á dirección xeral para que se adopten medidas que garantan a seguridade do proceso e que os aspirantes accedan ás prazas cumprindo os criterios de igualdade, mérito e capacidade. O mesmo terán que facer aquelas persoas que estean implicadas na organización dun proceso selectivo no que vaian participar familiares de ata o segundo grao de afinidade ou consanguinidade.


12 a peneira

ABRIL DE 2010

VIGO

Abel Caballero, alcalde de Vigo

“O da Xunta é un goberno anti-sur de Galicia” DIEGO GIRÁLDEZ Vigo -Cumpriuse un ano do novo goberno da Xunta. Cúmprese esa teoría dos “gobernos amigo” e os que non o son? -O da Xunta é un goberno anti-Vigo. É tremendo que o alcalde dunha das primeira cidades de España teña que dicir algo así pero é o que están a demostrar. Tomaron a opción política do norte de Galicia, de favorecer o norte de Galicia, e chegaron á desfachatez de querer regalar unha Caixa solvente para resolver un problema do norte. Isto non ten precedente na historia política de ningún lugar do mundo. Temos tamén un serio problema de depuradora. Está a Xunta incurrindo a todas luces nun incuprimento das leis porque non quere dedicar recursos a depuradora; padecemos tamen un problema de lentitude en relación coa Área Metropolitana; as inversións están paralizadas, etc. En definitiva tentan paralizar esta cidade e Vigo segue o seu ritmo; non precisamos maiormente deles pero teñen que cumprir coas súas obrigas. Nos continua-

A Xunta tenta paralizar esta cidade e Vigo segue ao seu ritmo; non precisamos maiormente deles pero evidentemente teñen que cumprir coas súas obrigas.

mos camiñando e eles estanse a quedar absolutamente marxinados. Vaticínolles un cataclismo electoral nesta cidade. -Mencionou o tema das Caixas. Vostedes segue a utilizar a palabra “absorción” para definir o proceso... -Non é que eu utilice esa

palabra é que se está a tratar unha absorción. Feijóo aceptou que era unha absorción que ía ser dirixida por Julio Gayoso, por José Luis Pego, polo Consello de Administración de Caixanova, que ía a ter a súa sede en Vigo e que derogaría unha parte da súa lei anti-Vigo para falicitar esa absorción. Entre as múltiples mentiras e falsedades de Feijóo, a máis relevante era aquela de que cáseque non se necesitaban recursos para esta absorción. Non, está absorción- a famosa fusión- nace morta salvo que exista unha aportación moi importante de recursos públicos e isto é o que se está nestes momentos dilucidando. Eu pódolle dicir que, neste momento, creo que Caixanova vai seguir soa. As dúas opcións son boas: ou ben absorbe a Caixa Galicia ou ben sigue soa, para o Alcalde de Vigo as dúas valen. É a gran mentira de Feijóo. Enganou a toda Galicia porque o que quería realmente era regalarlle unha Caixa espléndida ao norte e deixarnos ao sur sen ela. -O deputado Carlos Aymerich nunha entrevista concedida a A PENEIRA no número anterior, declarou que a súa

Para inaugurar a sección “Vigo” da nova etapa de A Peneira era necesario falar con Abel Caballero, o alcalde da cidade. As reflexións do socialista parten sempre do local para adquirir unha dimensión autonómica. Caballero foi neste primeiro ano da etapa Feijóo o seu crítico máis sonoro. O das Caixas é “absorción”, non o dubida.

Neste momento, creo que Caixanova vai seguir soa. As dúas opcións son boas: ou ben absorbe a Caixa Galicia ou ben sigue soa, para o Alcalde de Vigo as dúas valen. Aymerich? Fálame vostede dun señor da Coruña? Ou me fala do máximo dirixente do BNG que convocou unha manifestación anti-Vigo?

posición sobre o asunto das Caixas é “electoralista”... -Fálame vostede dun señor da Coruña? Ou me fala do máximo dirixente do BNG que convocou unha manifestación anti-Vigo? Non cabe dúbida de que son persoas que teñen unha perspectiva territorial distinta. Sabe o que me preocupa? que o BNG de Vigo ceda a esa presión, non defenda

a súa cidade e se sitúe máis preto dos intereses do norte de Galicia. -Deixando a un lado a polémica das Caixas... Tras o esforzo do Ministerio de Medio Ambiente e os meses de negociación, chegarase a un acordo en relación co IVE da depuradora? - Non lles queda máis remedio que pagalo, está obrigados por lei. Trátase dun disparate máis do goberno de Feijóo e antiviguismo puro e duro. É algo que nunca se discutiu no convenio porque o marca a lei. En todos os borradores que se traballaron e se aceptaron estaba así recollido; ao final a Xunta decidiu frear o inicio da depuradora en Vigo e o están a retrasar; que está claro é que o teñen que pagar, repito, non lles queda máis remedio. O problema é que polo camiño terán que pagar un nutrido número de multas da Unión Europea e canse a arruinar porque lle farán pagar 20 millóns de euros de multa cada seis meses. Realmente creo que están sumidos na incosciencia. É engano tras engano. O que está a pasar en Galicia con este goberno é un auténtico drama. Nun ano teñen o maior desgaste que


ABRIL DE 2010

|

a peneira 13

VIGO

O Caso Gürtel

- Que opinión lle merece as supostas relacións do PP galego coa trama Gürtel? -O PP ten que dar unha rápida resposta a isto que está acontecer. O asunto está a calar na sociedade; a cidadanía está a percibir a involucración dos populares galegos nesta trama. O caso está a chegar ás máximas instancias do PP e teñen que dar explicacións

houbo nunca na historia deste país. -Pensa vostede que a presión social e política fará mudar os actuais plans do PPdeG en relación coa Sanidade en Vigo? -Estou seguro de que ou iso acontece ou desaparecen politicamente desta cidade. Somos 600.000 habitantes aos que lle queren facer un hospital privado; non hai precedentes. Aquí estamos a reclamar o mesmo que teñen noutros puntos de Galicia: un hospital público como teñen en Santiago, A Coruña, Ferrol ou Ourense. É unha insensatez máis dun goberno de mediocres. Non entendo porque se dedican a retrasar todos estes proxectos para Vigo, pero o que teño claro é que ao final terán que materializar todo porque se imporá a

rapidamente e comezar a tomar decisións. Non cabe dúbida de que esta marea de corrupción os s está a arrastrar. Polo de agora o que se está a constatar é que os populares en vez de afrontar o problema fai como se nada tiver acontecido e mira para outro lado.

realidade. Non se pode mentir indefinidamente; os cidadáns son intelixentes, perciben estas cousas e crean estados de opinión. Saben que o goberno da Xunta é un goberno absolutamente antisur de Galicia. -Gostaríame que agora me contestara máis como expresidente do Porto que como Alcalde. En que situación está agora mesmo o Porto de Vigo? -Atravesa unha crise moi importante; ano pasado tivo unha caída sen precedentes na historia. Observo tamén que o Porto ten un importante número de problemas aos que non se lle dá resposta; dende as súas ampliacións ata aspectos relacionados con temas clave como a pesca pasando por temas relacionados co propio urbanismo. Nós tiñamos

FOTOS RIOBÓ PRADA

O Porto de vigo está absolutamente entregado á fatalidade. Preocúpame moito isto porque o Porto é a espiña dorsal económica deste territorio.

un plan excepcional (Plan Nouvel) que estaría sendo considerado agora mesmo un dos máis importantes elementos arquitectónicos de España e Europa; isto cambiouse por catro cousiñas menores que queren facer agora e ademais ilegais. Agora mesmo o Porto está pasando por unha grave crise de mercancías, está tamén sumido na ilegalidade e estamos a piques de perder a autoestrada do mar. Estamos a ler na prensa estes días que a empresa concesionaria a quere facer dende Alxeciras e non vexo que no Porto se estea a reaccionar. O Porto está absolutamente entregado á fatalidade. Preocúpame moito isto porque o Porto é a espiña dorsal económica deste territorio. -Para rematar, o Xacobeo está a traer algún tipo de beneficio a Vigo? -Polo de agora, absolutamente ningún.

apeneira.com comenta esta entrevista na nosa web

Lorem ipsum dolor sit amet

“Vigo a Escena” inclúe 98 actuacións de 23 compañías profesionais e afeccionadas

O concelleiro de Cultura, Xesús López, xunto ao director do programa Xerome Calero

REDACCIÓN Vigo O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou a programación correspondente ao Vigo a Escena 2010, que nesta nova edición inclúe 98 representacións de 23 compañías teatrais. Ademais, na presentación, o edil salientou que este ano se integra de forma paralela o circuíto de compañías profesionais e o de compañías afeccionadas, respostando así a unha vella demanda do ámbito teatral. Xesus López asegurou que o Vigo a Escena 2010 é un "novo chanzo" na andaina dun dos programas dos que a Concellería de Cultura se sinte "máis orgullosa", e que se enmarca no "obxectivo xeral de potenciar a actividade cultural feita polos vigueses e viguesas para os vigueses e as viguesas". Neste sentido, explicou que este programa municipal permite, por unha banda, que o "excelente teatro" que se está a facer en Vigo chegue a toda a cidadanía grazas a súa programación nos barrios e parroquias da cidade. Asemade, o concelleiro de Cultura salientou que o circuíto teatral tamén permite que os vigueses e viguesas poidan desenvolver as súas habilidades "nun campo tan fermoso como é o teatro". Ao respecto destacou que a edición do 2010 inclúe 13 compañías no circuíto profesional, con seis actuacións cada unha delas, e 10 compañías afeccionadas, con dúas actuacións cada unha. "Son dous circuítos que se manteñen nun mesmo programa de xeito paralelo", sinalou. No tocante ás compañías afeccionadas o concelleiro do BNG engadíu que foron convidadas a participar na programación deste ano, pero para o Vigo a Escena do vindeiro ano anunciou que se convocará un certa-

me que se celebrará no mes de outubro. Un xurado decidirá a participación das compañías no programa do 2010. Xesus López tamén fixo referenza aos espazos nos que terán lugar as representacións. Indicou que ademais dos auditorios das asociacións veciñais da cidade, haberá actuacións no Conservatorio Superior de Música, no paraninfo do IES Santa Irene e no auditorio do IES Audiovisual de Bouzas. Convidou, asemade, a asistir ás representacións que terán lugar esta fin de semana. O sábado 10 de abril actuará a compañía David Fernández Rivera na CCA O Rueiro de Coia, Artello Teatro no CC San Miguel de Oia e Títeres en Acción na UVV CD de Candeán. O domingo día 11, a AVV Emilio Crespo de Navia acollerá a actuación da compañía Escoitade.

Xesus López asegurou que o Vigo a Escena 2010 é un "novo chanzo" na andaina dun dos programas dos que a Concellería de Cultura se sinte "máis orgullosa"

O concelleiro de Cultura felicitou ao director do programa, Xerome Calero, polo seu traballo e por ser a persoa que o puxo en marcha. "Vigo a Escena da un paso histórico coa incorporación dunha vellísima reivindicación das compañías afeccionadas", destacou o director da programación, en relación á incorporación dos grupos afeccionados. No tocante aos espectáculos que se presentan afirmou que son variados nos dous circuítos, pero nos que sobre todo predomina o humor.


14 a peneira

ABRIL DE 2010

PONTEVEDRA

XXVII Edición da semana galega de filosofía en Pontevedra A crise económica vista dende o plano filosófico S HEILA Á LVAREZ Pontevedra Dende hai vintecatro anos estase a celebrar en Pontevedra a semana galega de filosofía, desenvólvese na semana de pascua (do 5 ó 9 de Abril) e reune a tódolos interesados en facer uso da filosofía na resolución dos problemas que nos preocupan en cada época. Desta vez contaron coa asistencia de intelectuais galegos, españois e franceses, da talla de Jacques Bidet, Ubaldo Martinez Veiga ou Xose Manuel Beiras, entre outros. Con cada celebración son máis as persoas interesadas nestas xornadas filosóficas, aumentando cada ano o número de asistentes ó acto. Os resultados, un ano mais ,foron os esperados, recibindo máis de mil inscripcións de asistencia. A situación económica galega fronte ó Estado e o mercado

español, ocupou o papel central nestas xornadas, facendo tamén unha profunda reflexión da situación do panorama actual do traballo social galego, analizándoo na busca de novas solucións. O tema principal naceu fruto da situación de crise que envolve ao país e que dacordo coas palabras do propio Carlos Calviño, presidente da aula Castelao, debemos contribuir na loita social contra a crise económica. A organización do evento distribuise en cinco xornadas de case oito horas diarias, dividindo cada día en tres sesións de mañá, tarde e noite. O plantexamento de alternativas e solucións para o sistema e a situación actual da economía global tratado dende un punto de vista marxista ocupou as sesións matutinas da convención. As tardes adicáronse á busca de solucións aos problemas dende Galicia, expoñendo análises

A semana galega de filosofía estase a converter nun referente a nivel estatal, que cada ano suma participantes e asistentes. Según o alcalde de Pontevedra Miguel Fernández Lores.

sobre a situación económica e social da comunidade autónoma. En horario nocturno levouse a cabo unha crítica global da situación mundial, tocando temas de economía, sociedade e cultura. A semana galega de filosofía estase a converter nun referente a nivel estatal, que cada ano suma participantes e asistentes. Según o alcalde de Pontevedra Miguel Fernández Lores.

Entrevista

Carlos Calviño, Presidente da Aula Castelao de Filosofía

‘O modelo económico actual fundamenta as inxustizas’ S.A. Pontevedra -Un ano máis a filosofía é protagonista... -Si. Segundo o esperado. Pontevedra xa está costumada nestas datas a ter tres conferencias por día durante unha semana. Temos un público garantido dende hai moitísimos anos. -Que significado teñen para Pontevedra? -Xurdiu aqui hai 27 anos por unha serie de compañeiros desta cidade pero en realidade a actividade poderiamos dicir que é de ámbito galego. Estamos moi orgullosos de representar a filosofía e o pensamento de Galiza. Mesmo a nivel español e a outros territorios. Temos sona mundail. -Pensaron en sacalas fóra da cidade? -Non. É algo que temos moi claro. Sempre serána qui. -Nesta edición un dos

temas principais é a economía. Pensa que os cambios neste campo poden facer un mundo máis xusto? -Pensamos que o sistema, o modelo económico actual é o que fundamenta as inxustizas. É un problema de desigualdade entre as persoas que por enriba xera crises deste calibre. A maiores permite que determinadas persoas, oligarcas, por interese persoal, tenten gobernar o mundo a través da política e por enriba o planeta pode sufrir as consecuencias. O que agora estamos vendo.


ABRIL DE 2010

|

PUBLICIDADE

a peneira 15


16 a peneira

ABRIL DE 2010

BAIXO MIÑO O TSXG admite o recurso veciñal contra o estudo da vía de alta capacidade ao seu paso por Tomiño

Vía de alta capacidade Tui-A Guarda, unha liña de discordia A Xunta rebaixa o custo do corredor en 22 millóns de euros, co trazado agora elixido da opción sur que xa conta con declaración de impacto ambiental e que se desenvolve polo Concello de Tomiño, tendo a súa orixe na mesma ligazón e discorrendo ao longo de 10 km ata o punto km 14,300, onde enlaza co tramo 3 do corredor na glorieta da ligazón de Goián.

REDACCIÓN BaixoMiño A finais do ano pasado, a Xunta de Galicia recuperou para o treito II, PO-305-Enlace de Goián, da Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda o trazado do ano 2004, desbotando a rectificación que o goberno do bipartito tiña feito sobre este trazado ante o grande rexeito social que este tiña xerado. Para este proxecto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reservou unha partida de 6,4 millóns de euros para a vía de alta capacidade Tui-A Guarda nos orzamentos previstos para o ano 2010. O Diario

No 2004, gobernando o PP en Tomiño, rexeitouse en dous plenos e por unanimidade o trazado que agora a Xunta quere retomar Oficial de Galicia (DOG) publicou o anuncio polo que se revoga a tramitación do trazado deseñado polo bipartito.

O proxecto construtivo da VAC Tui-A Guarda, (incluído o enlace da autovía a Portugal), está conformado por 3 treitos, un deles agrupa dúas fases nunha única actuación. Concretamente, o treito I: Tui-Tomiño: (enlace A-55)-enlace PO-350, foi adxudicado á UTE Acciona Infraestruturas, S.A.COPASA cun orzamento de 27,7 millóns de euros e conta cun prazo de execución de 32 meses. Ante esta situación a Plataforma Cidadá para a Vía de Alta Capacidade (Pacivac), que se constituíu en marzo do 2004, presentou un recurso contencioso administrativo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de admitir a trámite.

O presidente da entidade de afectados, Pacivac, Eloy Barbosa, sinalou que o obxectivo é "que non se retome o trazado polo río, recorremos porque non nos deixan máis remedio”

Este recurso vai en contra da resolución da Dirección Xeral de Infraestruturas de data 24 de novembro de 2009, relativa á

aprobación do documento complementario ao estudo informativo da futura vía de alta capacidade Tui-a Garda, correspondente ao tramo proxectado para o municipio de Tomiño. Ademais do procedemento xudicial, o colectivo veciñal Pacivac que conta con 280 socios, presentará mil alegacións individuais ás dúas alternativas do tramo ao seu paso por Tomiño, unha polo norte e outra polo sur (río Miño), que a Consellaría ten a exposición pública. As mil alegacións solicitan que "se proceda a realizar un verdadeiro estudo de alternativas ou, subsidiariamente a modificar a selección efectuada no estudo compa-


ABRIL DE 2010

|

a peneira 17

BAIXO MIÑO

rativo de alternativas da Vía de Alta Capacidad Tui-A Guarda, tramo II: ligazón PO 350-enlace Goián, a favor da alternativa denominada "Norte", ao resultar máis respectuosa co medio natural e social do Concello de Tomiño". O presidente de Pacivac, Eloy Delgado puntualiza que "nós pedimos que se paralicen todas as actuacións, incluída a exposición pública dos trazados e pedimos que se faga un novo estudo de alternativas ou se mellore a alternativa Norte". Anuncia que a plataforma Pacivac presentará a súa propia alegación razoada, ademais das mil individuais dos afectados que presentan catro puntos onde precisa aspectos como a predeterminación da Consellaría á selección da alternativa denominada "Sur", polo río, que ademais comporta un custo moito máis elevado que o "Norte", algo que os afectados, nas súas alegacións, consideran "inconcibible no presente contexto socioeconómico". Lembra Eloy Delgado que "desde o ano 2004 vimos presentando os mesmos razoamentos para protexer o río Miño, pedindo que o viario discorra polo monte, con ligazón cara ao futuro polígono industrial de Tebra e con O Seixo". En vésperas de que se cumpran seis anos desde a primeira vez que se someteu a información pública o trazado da vía de alta capacidade do Baixo Miño e dous desde de que expirase o prazo previsto para a súa posta en funcionamento sen que se constrúa nin un só quilómetro do viario, a controvertida polémica sobre o seu trazado estase a xudicializar. A plataforma pola vía de alta capacidade (Pacivac) pouco despois de que comezase a fraguarse a infraestrutura, presentou no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un contencioso contra a Xunta polo anuncio en que revogou a tramitación do trazado deseñado polo bipartito para o tramo entre Tomiño e Goián. No mesmo confirmábase a recupera-

Reaccións

O PSOE esixe á Xunta que as obras do vía rematen en 2012 A urxencia da construción do novo viario Tui-a Garda, cun prazo límite para a súa terminación no ano 2012 e a finalización da circunvalación á Guarda neste ano, son o eixe central da reivindicación do PSOE PSdeG-PSOE, transmitida a través dos deputa-

dos socialistas María José Caride e Pablo Xabier López Vidal, que estiveron acompañados en rolda de prensa polo alcalde da Guarda José Manuel Domínguez Freitas e polo voceiro do PSOE no Concello de Tomiño Santiago Vergara.

BaixoMiño

Satisfación no PP de Tomiño pola aprobación do tramo 2 da VAC

ción do trazado inicial, o que supuxo o primeiro levantamento social. O presidente da entidade, Eloy Barbosa, ao presentar o recurso sinalou que o obxectivo é "que non se retome o trazado polo río, recorremos porque non nos deixan máis remedio e non entendemos que outras asociacións e administracións que tamén deberían facelo non o fan". "Defendemos a nosa insignia, que é o río, é unha zona sensible, a conservar e incluso a explotar, dunha maneira sostida como fai

A organización busca uns festexos nos que destaque a participación cidadá

REDACCIÓN

Reaccións

Esperanza Calzado, portavoz do partido popular de Tomiño, amosa a satisfacción do seu grupo poa favorable acollida que ten entre os veciñ@s a aprobación pola Xunta de Galicia do tramo 2 da vía de alta caspacidade, des-

As festas de San Telmo animan as rúas de Tui

pois de anos de angurias e inquedanzas provocadas poloanterior goberno bipartito, que en contra da maioría dos tomiñeses quería impoñer un trazado que afectaba gravisimamente ós intereses do Concello.

Cerveira", sinalan. Para a entidade, o trazado que agora retoma a Xunta, aínda coa premisa de que "está a traballar nuns axustes para minorizar o impacto", é "facer un dique de ata 12 metros de altura, unha autovía sobre terra desde Forcadela ata Goián". Sobre a impacto social, engaden, "240 casas que quedan na banda de afectación". Barbosa lembra, por outra banda que «no 2004, gobernando o PP en Tomiño, rexeitouse en dous plenos e por unanimidade o trazado que agora queren retomar».

As festas do patrón de Tui, San Telmo, desenvolveranse este ano desde o 11 ao 20 de abril. Dentro da Semana Gastronómica que organiza a Confraría do Bo Xantar, poderán degustarse cotizados produtos do Miño, como a angula e a lamprea, a prezos especiais que se ofrecerán en oito restaurantes de Tui.Cada ano asisten a estas festas os presidentes das Cámaras portuguesas de Valença do Minho e de Vila Nova de Cerveira o que lle dá un carácter internacional. O concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, destacou a importancia dos festexos que foron declarados de Interese Turístico Galego e agradeceu á organización e empresas colaboradoras o seu esforzo por levalos adiante. A comisión organizadora que preside Vicente Evaristo Álvarez Fernández, informou de que buscaron que o impacto acústico fose o menos posible e que se producise a máxima participación da cidadanía. O programa inclúe gastronomía, música, feira agrícola, actuacións e cine infantil.A raíña xuvenil das festas é María Otero Diz e as súas damas son

Lupe Pérez Fuentes e Yessica Casal da Veiga Pazos. A raíña infantil é Tatiana Alonso Pérez e as súas damas son Rocío Pazos Gómez e Marta Romero Salgueiro.

Xosé Ares Vidal foi o encargado de inaugurar os festexos en calidade de pregoeiro Xosé Areses Vidal, en calidade de pregoeiro, foi o encargado de inaugurar os festexos no momento oficial celebrado no teatro municipal e no que ademais recibiron as súas coroas as raíñas de San Telmo 2010. O mozo tudense, subdirector da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica do Ministerio de Política Territorial centrou o seu discurso no Miño, o seu patrón, o seu amor pola cidade e a natureza así como a súa preferencia polo Parque Natural do Aloia. A irmandade do Bo Xantar nomea nesta edición confrade de honra a Mario Conde e organiza ademais o “festival de degustación de produtos típicos”.

Anunciate na PENEIRA 986 660 986


18 a peneira

BAIXO MIÑO

Primeira aula aberta da natureza no río Furnia en Amorín A ruta ten un percorrido de 1.600 metros

| ABRIL DE

2010

Deporte en Tomiño

Exposición

Comeza a funcionar a Escola Municipal de Atletismo

I Concurso exposición da camelia en Tomiño

A Concellaría de Deportes e Lecer que dirixe o centrista Fernando Álvarez, vén de poñer en marcha a Escola Municipal de Atletismo en colaboración co Club Atletismo Porriño. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos do municipio e terá lugar os luns e mércores de 17.00 a 18.00 horas. O comezo das clases foi o día 22 de marzo no Campo da Carballa. A nova escola enmárcase dentro do programa de traballo da concellaría.

O Salón de Plenos do Concello de Tomiño acolleu o primeiro Concurso-exposición da Camelia en Tomiño 2010, organizada pola Asociación de Vigueses no Baixo Miño coa colaboración da Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal. A exposición permaneceu aberta ao público no Salón de Plenos durante o mes de marzo. Establecéronse tres premios para a categoría individual ou asociación e outros tres para establecementos comerciais.

Cultura de Tomiño organiza un concurso para elixir a mascota da festa do Kiwi A terceira edición da festa terá lugar a fin de semana do 8 e 9 de maio O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara

REDACCIÓN Tomiño A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Tomiño vén de pór en marcha a Aula Aberta da Natureza do Río Furnia, situada na ribeira do devandito río na parroquia de Amorín. A aula, a primeira do seu tipo no concello, “ten como obxectivo principal axudar a coñecer e valorar o ecosistema que se forma ao redor do río”, segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Vergara. A intervención consiste na instalación de varios paneis de diferente tamaño que informan da biodiversidade e características da flora desta zona húmida; unha zona medioambien-

A iniciativa, contou coa colaboración da Asociación dos Veciños de Amorín e a Comunidade de Montes

talmente protexida, na que se pode atopar un bosque de amieiros, máis de 20 especies distintas de árbores e arbustos e 60 especies de pequenas plantas e fentos. Aínda que esta nova aula aberta da natureza está pensada especialmente como zona de lecer a autoaprendizaxe, Santiago Vergara indica que a partir das

próximas semanas están previstas visitas guiadas dos colexios da vila, sendo os primeiros os alumnos e alumnas do CEIP de Sobrada. A iniciativa, que contou coa colaboración da Asociación dos Veciños de Amorín e a Comunidade de Montes desta parroquia, fíxose con cargo a fondos propios da concellaría, despois de que a Confederación Hidrográfica limpase a ribeira e canle do río hai uns meses. A actuación enmárcase dentro do programa da Concellaría de Medioambiente destinado a poñer en valor o patrimonio natural do municipio. Á ruta, sinalizada na estrada Tui-A Guarda, pode accederse polo camiño que pasa xunto ao campo de fútbol de Amorín.

REDACCIÓN Tomiño A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que dirixe Jesús Castiñeira, convoca un concurso para o deseño da mascota oficial da Festa do Kiwi do vindeiro ano. A concellaría convida a todos os rapaces e rapazas de Tomiño con idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos a participar no concurso de debuxo e manualidades para deseñar a devandita mascota, establecendo un primeiro premio consistente nunha videoconsola Nintendo WII; un segundo, dotado cunha videoconsola Nintendo DS, e un terceiro premio que consistirá nunha bicicleta.

O xurado dará a coñecer os gañadores/as do concurso o domingo 9 de maio

Segundo as correspondentes bases, poderá participar calquera neno ou nena que, residindo en Tomiño, estea cursando estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria. Cada participante só poderá presentar unha mascota, relacionada co kiwi, que entregará en formato de debuxo, papel maché, maqueta, marioneta, etc. O prazo para a recepción dos traballos remata o día 3 de maio de 2010.


a peneira 19

ABRIL DE 2010

CONDADO A debate os accesos entre a PLISAN e a A52 O BNG de Salvaterra di que non existe entrada cara a Ourense no novo enlace coa A52 REDACCIÓN Salvaterra

Unha canteira ameaza a ampliación da Rede Natura 2000 no Covelo As asociacións ecoloxistas Adenco, Asemblea do Suído e a Federación Ecoloxista Galega solicitan a protección do monte A. RODRÍGUEZ Covelo A empresa Minor Galicia, S.L. proxecta unha explotación mineira no Coto de Eira, no lugar de Prado de Arriba (P.I. Cloe 3007.1), na serra do Monte Maior, nos nacentes do río Alén (LIC Río Tea, ES1140006) e nas inmediacións do Suído segundo informa a Federación Ecoloxista Galega. O proxecto afecta a varios hábitats considerados de interese europeo ou prioritarios (é dicir, en perigo de desaparición e de estrita protección), os hábitats das especies de interese europeo (para os que tamén se requiren plans de xestión inexistentes a día de hoxe: saramaganta Chioglossa lusitanica, sapiño pinto Discoglossus galganoi, lagarto das silvas Lacerta schreiberi, papuxa montesa Sylvia undata, miñato abelleiro Pernis apivorus, aguia albela Circaetus gallicus, aguia caudal Hieraaetus pennatus, gatafornela Circus cyaneus, rapina cincenta Circus pygargus, falcón peregrino Falco peregrinus, bufo real Bubo bubo, curuxa das xunqueiras Assio flammeus, amarelle Narcissus cyclamineus) é unha unidade etnográfica e paisaxística de enorme importancia histórica e cultural, composta polo único foxo do lobo dobre de Galicia, un chozo (acubillo de pegureiros) mailas

chans, campas e brañas de pasto para o gando (que hoxe forman parte da ruta de sendeirismo GR58 “Sendeiro das Greas” e que ben poderían ser incluídos nos plans de protección da Lei 7/2008 de Protección da Paisaxe, no caso de que algún día a Administración galega decida romper o seu “sistemático incumprimento”, segundo adianta a Federación Ecoloxista Galega. Así, engade a FEG que de se levar a cabo o proxecto quedarían totalmente destruídos o “campo de acoso” do foxo do lobo (protexido polo Decreto 297/2008 do 30 de decembro polo que se aproba o Plan de Xestión do Lobo en Galicia e pola Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia) e as zonas húmidas de montaña e os corredores hidrolóxicos que a UE insta a protexer mediante a Rede Natura 2000 (Directiva 92/43 CEE), amais de se protexeren expresamente polo Decreto 127/2008 das Zonas Húmidas Protexidas de Galicia. Asemade, ao se situar a canteira nunha zona de nacentes, turbeiras e mananciais, o réxime hidrolóxico da zona quedaría totalmente alterado, o que afectaría incluso ao consumo de auga das vilas e aldeas adxacentes. A explotación mineira nos límites dos concellos de Covelo, Fornelos de Montes e Mondariz, sitúase nos terreos que son propiedade da Comunidade de Montes

O proxecto afecta a unha unidade etnográfica e paisaxística de enorme importancia histórica e cultural composta polo único foxo do lobo dobre de Galicia, un chozo mailas chans, campas e brañas de pasto para o gando que hoxe forman parte da ruta de sendeirismo GR-58 ‘Sendeiro das Greas’ Veciñais de Ventín, que xa manifestou o seu rexeitamento ao proxecto, do mesmo xeito que o propio concello de Fornelos de Montes (que tamén presentou alegacións), amais da comunidade educativa da zona (IES de Pontecaldelas). Por todo isto as aociacións ecoloxistas ADENCO, a Asemblea do Suído e a Federación Ecoloxista Galega solicitan á Xunta de Galicia que prevaleza o interese xeral do monte comunal sobre o interese privado da explotación mineira, ademais do interese público de conservación dos valores naturais e culturais do Coto de Eira.

O portavoz do BNG en Salvaterra, Gabriel Martínez, criticou a “pasividade do goberno local” ante a falta de acceso e saída dos vehículos procedentes de Ourense e con destino a esta localidade na autoestrada que conectará a Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN) e a autovía Rías Baixas (A52). Gabriel Martínez explica que a adxudicación da execución das obras que levou a cabo a Consellería de Medio Ambiente, non prevé o enlace completo coa autovía A52, xa que non contempla nin a entrada á A-52 en dirección Ourense-Madrid, nin a saída dos vehículos procedentes destas orixes con destino á PLISAN. “Para o BNG resulta

lamentable que a Xunta prevea a execución dunha obra desta transcendencia sen asegurar a funcionalidade completa da infraestrutura”, salienta o concelleiro do BNG.

O proxecto tampouco contempla a saída dos vehículos procedentes de Ourense con destino á PLISAN Ao seu xuízo, é inconcibible que non se prevea darlle servizo ao tráfico de mercadorías que cheguen ou saian cara a Ourense. “Se a PLISAN se formula como unha extensión do Porto de Vigo, a saída cara á meseta e fundamental para o seu funcionamento”, asegura.

Arbo acolle unha nova edición da Festa da Lamprea Esta Festa de Interese Turístico de Galicia celebra o seu 50 aniversario REDACCIÓN Arbo Os vindeiros 23, 24 e 25 de abril, o concello de Arbo acollerá unha nova edición da Festa da Lamprea que este ano afronta o seu cincuenta aniversario. Esta cita gastronómica ten o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia e, cada ano, recibe a visita de milleiros de persoas de toda a xeografía española. Ademais, das recetas a base de lamprea e dos mellores cal-

dos da zona con denominación de orixe Rías Baixas tamén con-

Ademais, os días 23, 24 e 25 terá lugar a Feira Agroindustrial e artesanal da bisbarra CondadoParadanta tarán coa XIX Feira Agroindustrial e artesanal da bisbarra Condado-Paradanta.


20 a peneira

ABRIL DE 2010

LOURIÑA Mos

Mos amplía o Paseo do Río Louro REDACCIÓN Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou de que nas próximas semanas comezará a obra da Segunda Fase do Sendeiro Ecolóxico do Río Louro entre a estrada PO-2601, na Ponte da Pesqueira, e o Camiño da Noveleda. Este novo tramo do Paseo do Louro, que chegará ata a parroquia de Louredo, realizarase co fin de consolidar unha senda peonil na marxe do río, a imaxe e como continuidade da xa executada na Primeira Fase. Esta obra, que é a terceira que se adxudica das incluídas no novo Plan E –as outras dous xa adxudicadas son a da instalación de placas solares no Campo de Fútbol da Baloutas e a de creación dunha pasarela sobre o Río Louro-, ten un orzamento de 200.000 euros que se investirá na realización de actuacións nun tramo de 1.130 metros aproximadamente, como a creación dun paseo de entre 2,50 e 2,80 metros de ancho, paralelo ao cauce do río . Arévalo declarou que “dende o goberno local fíxose o esforzo de incluír esta obra no Plan E porque o Paseo do Río Louro é unha das zonas do noso Concello das que máis desfrutan os veciños”. “Este sendeiro supón un importante gasto municipal en tarefas de mantemento, pero é un custo que merece a pena pagar tendo en conta o gran uso que a maioría dos mosenses lle damos”, recalcou a rexedora local.

O Porriño

Supresión do paso a nivel: quen se apunta o tanto? D.G. O Porriño O debate sobre a supresión do paso a nivel do centro urbano porriñés reábrese e, como non, os diversos partidos políticos afían as uñas para apuntarse o tanto da súa desaparición. A un ano das eleccións municipais, son sabedores de que a eliminación da barreira é un doce caramelo electoral que saboreará aquel que sexa quen de sacarlle antes o envoltorio. O debate está aberto e a batalla servida. O pasado 4 de marzo, visitou Vigo o Secretario de Estado de Infraestruturas, Víctor Morlán. Tanto o alcalde do Porriño, Nelson Santos, como o portavoz socialista, Iván Vaqueiro sabían que unha fotografía ao seu carón, acompañada dun titular acaído, podería ser altamente rendible. As conclusións, á saída das

respectivas xuntanzas foron, como é natural, politicamente dispares. Tan só coincidiron nun punto; falaron do anuncio “positivo” que Morlán lles transmitiu na reunión: o impulso que o goberno do Estado á variante ferroviaria do Porriño prevista na alternativa 1 do estudo informativo do tren de alta velocidade Vigo-Oporto. As conclusións, como diciamos, foron diversas: O alcalde do Porriño, Nelson Santos, logo da reunión co Secretario de Estado fixo unha valoración positiva do encontro. Para Santos, tal e como anunciou nunha entrevista concedida a este xornal, “a eliminación do paso a nivel é unha prioridade”. Dende que chegou ao goberno mantivo algunhas reunións relacionadas coa supresión da barreira e chegou incluso a poñerse á fronte das reinvindicacións da Plataforma Contra o Paso a Nivel chamando á cidadanía, a través doutros medios

de comunicación, a participar nas concentracións. “Que o tramo de Vigo á fronteira con Portugal transcorra polas aforas do Porriño, próximo á autovía A-55, libera a vila desa grande barreira histórica, que tantas consecuencias negativas trouxo para a vila”, explica Nelson Santos. O Secretario Xeral do PSdeGPSOE do Porriño, Iván Vaqueiro, fixo, tamén, unha valoración positiva da reunión. Pero o socialista foi moi duro co actual alcalde Nelson Santos que, segundo di, “agora se trata de sumarse ao carro desta vitoria para O Porriño”. Afirmou que “todo o mundo sabe que Nelson Santos, no 2007, foi un dos que máis criticou a proposta do PSOE do Porriño e agora ten a desvergoña política de tratar de sumarse a unha proposta que atacou e desprestixiou”. “Se alguén loitou en solitario para que este proxecto fose adiante, foi o PSOE. Santos tratou de

hipotecar o futuro do Porriño pero agora non lle quedou outra que aceptar a proposta de Fomento que nós presentamos porque era a máis sensata”. O BNG do Porriño quixo entrar tamén a analizar a visita de Morlán e no seu comunicado albíscase certa desconfianza logo do anuncio de Morlán. “O Ministerio mantén as súas posicións sobre un trazado que non consensuou co Concello e que pode supoñer unha nova barreira urbanística que comprometará o desenvolvemento urbanístico do Porriño por un período non menor de cen anos”, din. Ademais sinalan que “o actual rexedor porriñés e o seu goberno cambian de chaqueta e pasan a aplaudir agora unha solución que, no ano 2007, lles parecía aberrante e inaceptábel para O Porriño e nomeadamente para a parroquia de Torneiros”.


ABRIL DE 2010 |

PUBLICIDADE

a peneira 21


22 a peneira

ABRIL DE 2010

O MORRAZO

Emerxe no Morrazo unha fundación para dinamizar a cultura ANTÓN F. ESCUREDO Bueu A máxima da “unión fai a forza” foi o berce dunha iniciativa que pode mudar, co tempo, o panorama cultural na comarca do Morrazo. Os promotores de EmerxeBueu, a Asociación Troula na Banda, xunto a outros artistas da zona tiveron a idea de crear unha fundación que vertebrara a creadores e institucións para optimizar recursos á hora de realizar eventos que puideran axudar a dar a coñecer a obra dos artístas de Bueu, Marín, Moaña e Cangas. Comarcalidade e continuidade son os seus dous eixos básicos, segundo explicou na presentación pública realizada na Casa da Música de Bueu Diego Fernández, un dos seus xerentes. “Traballaremos cos artistas para mellorar as súas oportunidades”, sinalou en presenza de Félix Juncal, alcalde de Bueu, Xosé Bangueses, Presidente da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo), Andrés Lamosa, concelleiro de Cultura de Bueu, e Miriam Ferradáns, Concelleira de Turismo e Promoción Económica do Concello de Bueu. Precisamente este municipio cede a infraestrutura para sede do proxecto e foi o primeiro en participar. “Os proxectos deben de emanar da propia Comarca”, asegura Juncal, quen di que a

Comarcalidade e continuidade son os seus dous eixos básicos, segundo explicou na presentación pública realizada na Casa da Música de Bueu Diego Fernández, un dos seus xerentes.

idea “ten certa maxia porque nun momento no que a crise nos está sacudindo que xurdan este tipo de iniciativas que conlevan un risco importante, sobre todo para os promotores dela merece cando menos un aplauso”. Na fundación participa tamén o concello de Marín e xa se está en conversas avanzadas con Cangas e Moaña para que tamén se integren. O concelleiro de

Cultura deste último municipio, Diego Riobó, comentou a A Peneira que este ano non entraron por problemas orzamentarios pero que para o seguinte estarán.

Xosé Bangueses, Presidente da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo): “A administración deste proxecto está en boas mans e administraranse moi ben os recursos que se consigan”

Colaboración de empresarios e comerciantes Unha das bases de todo proxecto está no seu financiamento. Deste tema falou Xosé Bangueses, Presidente de Fecimo. “A administración deste proxecto está en boas mans e administraranse moi ben os recursos que se consigan”, asegurou. O alicerce da estructura terán que ser as propias administracións locais. Todas, como asegurou o empresario, xa que "Moaña e Cangas teñen que estar neste proxecto porque senón non sería un proxecto

comarcal”. No tocante ao punto de partida económica, a Fundación EmerxeMorrazo conta para este ano con 12.000 euros por parte do concello de Bueu (que poderían chegar a 16.000 nos vindeiros catro anos) e outros tantos por parte da administración local de Marín. “Os comerciantes e empresarios serviremos de comodín e poremos o resto aínda que poden contar xa cunha cifra semellante á dos concellos", asegurou Xosé Bangueses. Dinamizar dentro e fóra da comarca “Crear sinerxías”. Con estas palabras definía Diego Fernández o traballo a realizar para dar saída á importante creatividade da zona. Os responsables da iniciativa agardan que sexan os propios artistas os que digan cales son as súas necesidades. “Nós ofrecemos dende dotalos de material técnico para buscar actuacións, iniciativas como un festival novo en Marín (EmerxeMorrazo Marín), continuar co San Martiño de Bueu e colaborar con outros festivais como o de Muros e Ribadavia ata Traballar con salas de aquí e de fóra como as que xa contactamos en Ourense e A Coruña”, sinala Diego Fernández. Agora son os propios interesados os que teñen que achegarse e formular ideas. Axuda non lles vai faltar.

No tocante ao punto de partida económica, a Fundación EmerxeMorrazo conta para este ano con 12.000 euros por parte do concello de Bueu (que poderían chegar a 16.000 nos vindeiros catro anos) e outros tantos por parte da admnistración local de Marín.


a peneira 23

ABRIL DE 2010

ALEM MINHO

Municipío de Caminha tem nova marca A nova imagem foi criada com base em quatro pilares que definem o Concelho: a Água, a Natureza, o Património e a Inovação.

Viana do Castelo

Porto

Premio Floresta Autóctone

Agenda cultural de abril

O Presidente da Câmara Municipal de Viana do Castelo, José Maria Costa, entregou , no Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental, os prémios aos vencedores do concurso de cartazes escolares sobre a Floresta Autóctone. Os prémios foram atribuídos a escolas de Vagos, Aveiro e Abelheira (Viana do Castelo) pelos cartazes elaborados sobre a Floresta Autóctone. Na entrega estiveram representantes das escolas, alunos e representantes da Autoridade Florestal Nacional.

O Pelouro do Conhecimento e Coesão Social, através da Direcção Municipal da Cultura, divulgou a agenda de iniciativas que terão lugar ao longo de Abril, nos espaços municipais. De entre os diversos eventos, destaque para a exposição alusiva ao segundo Centenário do Nascimento de Alexandre Herculano, que decorre até 28 de Maio na Biblioteca Pública Municipal do Porto. Estápatente ao público uma outra exposição intitulada "Sinais do Porto".

A Praça de Galiza de Cerveira vai ser requalificada O preço base da obra é 2,2 milhoes de euros REDACÇAO Vila Nova de Cerveira

REDACÇAO Caminha Foi apresentada a nova marca do Município de Caminha. A cerimónia decorreu no dia 5 de Abril, dia do Município, às 10h30, no Salão Nobre da Câmara Municipal. A nova imagem foi criada com base em quatro pilares que definem o Concelho: a Água, a Natureza, o Património e a Inovação. A nova comunicação da Câmara Municipal pretende mostrar um Concelho com paisagens diversificadas com base no mar e na montanha, um vasto leque de património e tradições, tudo isto consolidado com uma política a pensar no futuro. A decisão de desenvolver uma nova marca surgiu da necessidade

de integração no século XXI, nas novas tecnologias e no paradigma da comunicação. Para a presidente da Câmara "é óbvio que também as autarquias têm de se adaptar ao mundo moderno, criando estratégias de comunicação mais cativantes, apelando desta forma a uma maior participação dos munícipes". "Comunicar não é opção, mas sim um dever das autarquias", lembra Júlia Paula Costa, e por isso "queremos fazê-lo bem, com o intuito de unir as nossas gentes e depois de promover o que é nosso com eficiência." Também Francisco Sampaio, actual Presidente da Assembleia Municipal de Caminha e presidente da ex-Região do Turismo do Alto Minho desde 1980 até ao ano passado, lembrou a importância de

A decisão de desenvolver a nova marca surgiu da necessidade de integração no século XXI, nas novas tecnologias e no paradigma da comunicação. termos "uma imagem única que nos distinga e nos aproxime dos outros mercados, perante a população caminhense, toda a população portuguesa e os turistas, em concreto o mercado espanhol". A apresentação da marca ficou a cargo de José Manuel Diogo, director-geral da Agenda Setting, agência responsável pelo estudo e desenvolvimento da nova imagem.

A Praça da Galiza de Vila Nova de Cerveira, que recebe todos os sábados a feira semanal do município, vai ser objecto de requalificação. O respectivo concurso público já foi lançado, decorrendo, nesta fase, os procedimentos habituais tendentes à adjudicação desta importante empreitada, cujo preço base é 2,2 milhões de euros. O projecto, da autoria do arquitecto António Albuquerque Calvão, comprende a remodelação daquele espaço de excelência urbana ao nível das infraestruturas básicas, pavimentações, iluminação pública e espaços verdes, estando ainda prevista a beneficiação da cobertura do mercado municipal com a execução do auditório municipal (1ª fase). Numa área definida pela

Prevê-se o arranjo paisagístico e a repavimentação de toda a área de intervenção, eliminando ao máximo as barreiras

muralha a sul, linha de caminho de ferro a poente, mercado municipal a norte e Avenida Heróis do Ultramar a nascente, a presente intervenção melhorará substancialmente os espaços destinados aos feirantes e ao estacionamento automóvel, cumprindo a legislação aplicável no que respeita às barreiras arquitectónicas. Em linhas gerais, prevê-se o arranjo paisagístico e a repavimentação de toda a área de intervenção, eliminando ao máximo as barreiras formadas pelos lancis de arruamentos.

Nova ETAR de Chaves inaugurada pela Ministra do Ambiente Está dimensionada para tratar 17.000m3/dia de efluentes domésticos, dando resposta a um equivalente populacional de cerca de 58.000 habitantes R EDACÇAO Chaves Entrou em funcionamento a nova Estação de Tratamento de Águas Residuais (ETAR) de Chaves e respectivo sistema, que vai beneficiar as populações de 12 freguesias do concelho. A infraestrutura foi inaugurada pela Ministra do Ambiente e do Ordenamento do Território, Dulce Álvaro Pássaro. No seu discurso, o presidente da Câmara, João Batista, aproveitou a opor-

tunidade para pedir à governante presente que as tarifas da água e saneamento sejam idênticas em todo o país e que estas não reflictam o custo dos investimentos realizados para o abastecimento e tratamento de águas, já que o preço da água nos municípios do interior chega a ser o dobro do praticado em grandes cidades. Trata-se de uma questão de “justiça” e de “solidariedade nacional”, segundo o autarca flaviense, que defende uma “distribuição equitativa e solidária dos recursos pelos territórios". Dando resposta às suas pretensões, a

Ministra do Ambiente garante que “o país vai conseguir resolver esse assunto, para que as zonas que têm uma tarifa mais baixa possam ajudar os que têm tarifas mais altas”, adiantando aliás que está já a ser estudado um mecanismo para concretizar essa harmonização de taxas, devendo ficar concluído no próximo mês de maio. A ETAR de Chaves está dimensionada para tratar 17.000m3/dia de efluentes domésticos, dando resposta a um equivalente populacional de cerca de 58.000 habitantes. Serve as populações da

Cidade de Chaves e zonas limítrofes constituídas no seu conjunto por 29 localidades. São elas: Chaves (freguesias de Santa Maria Maior e Madalena), Santa Cruz, Outeiro Seco, Seixal, Vilar de Nantes, Lombo, Cascalho, Nantes, Vila Nova de Veiga, Pereira de Veiga, Paradela de Veiga e Sesmil da freguesia de São Pedro de Agostém, Abobeleira, Vale de Anta, Várzea, Vargem, Cando, Granjinha, Soutelo, Noval, Outeiro Jusão, Campinas, Samaiões, Izei, Sanjurge e Seara da freguesia de Sanjurge, Eiras, S. Lourenço, Castelo e Bustelo.


24 a peneira

ABRIL DE 2010

ALDEA GLOBAL

Os crimes internacionais máis graves, ausentes na reforma do Código Penal O proxecto de lei non se axusta plenamente ao dereito internacional REDACCIÓN Compostela O Goberno de España presentou o pasado novembro o seu proxecto de lei de reforma do Código Penal para a súa tramitación no Parlamento, baixo a premisa de fortalecer a “loita contra a impunidade”. Case catro meses máis tarde, e a piques de finalizar o prazo para a presentación de enmendas parciais, non parece que a norma poida chegar a cumprir o seu cometido. “O proxecto de lei modifica máis de 130 artigos dun total de 639, mais o Goberno non atopou a maneira de incluír os crimes internacionais máis graves, algúns dos cales son cometidos precisamente polos Estados. Isto revela unha clara falla de vontade política de axeitar a nosa lexislación aos estándares internacionais de dereitos humanos, ao que está obrigado o Estado español, conforme os compromisos internacionais adquiridos”, declarou Esteban Beltrán, director de Amnistía Internacional España. “Sería preocupante que o Congreso non corrixise agora esta falla de alineación da nova norma co dereito internacional”.

Por exemplo...

O delito de tortura A definición deste grave delito segue sen axustarse plenamente á da Convención contra a Tortura. O proxecto de reforma segue considerando a tortura como un delito común sen establecer a súa imprescritibilidade, como esixiron varias veces diversos Comités das Nacións Unidas. Este “esquecemento” concorda coa falla de vontade política que, en

“Coa súa redacción actual, este proxecto de lei é unha oportunidade perdida para que o Código Penal inclúa os crimes internacionais máis graves contemplados no Estatuto de Roma, ratificado por España: xenocidio, crimes de lesa humanidade, crimes de guerra, tortura, desaparicións forzadas, execucións extraxudiciais, escravitude, etc.”, sinalou Estebán Beltrán. A responsabilidade de que o futuro Código Penal se reaxuste ao dereito internacional recae en pri-

moitas ocasións, mostraron as autoridades españolas para facer fronte de forma decidida e efectiva aos casos de tortura por parte das forzas de seguridade que seguen a acontecer, como denunciou en diversas ocasións Amnistía Internacional. Tampouco menciona que a violación sexual baixo custodia deba ser considerada tortura.

meiro lugar no Goberno, que está a tempo de modificar o texto, mais tamén nos Grupos Parlamentarios, que aínda non teñen a oportunidade de introducir enmendas no texto. “O Código Penal é unha norma fundamental na loita contra a impunidade. Amnistía Internacional mantivo contacto con case todos os Grupos Parlamentarios coa fin de que aproveiten esta última oportunidade para melloralo en aspectos de enorme impacto en vítimas de violacións de dereitos humanos”.


ABRIL DE 2010

|

PUBLICIDADE

a peneira 25


26 a peneira

ABRIL DE 2010

LINGUA Ramón Villares, Presidente Consello da Cultura Galega

‘A evolución sociolingüística de Galicia non depende dos gobernos’ Ramón Villares (Cazás, Xermade, Vilalba, 1951) preside desde 2006 o Consello da Cultura Galega (CCG). Sendo un dos cargos máis importantes e de "peso" do organigrama autonómico, cun sinfín de responsabilidades noutras institucións como a Real Academia Galega e a UIMP, este historiador segue conservando o trato cercano e sinceiro máis propio da súa etapa de docente, logo de reitor, na USC. Sabedor de que as súas palabras serán tidas en conta despois de ser publicadas, tenta ser conciliador e neutral. Iso si, coa cultura non negocia. Ao remate da entrevista deixa a sensación de que aspira a facer do CCG algo máis que un recurso de consulta, divulgación e investigación. Os tempos cambian, as institucións tamén... deberían cambiar. ANTÓN FERNÁNDEZ Lingua -Moitos galegos non teñen aínda clara a función do CCG, se cadra pola “invisibilidade” do traballo que aquí se realiza. Pensa que dende que vostede asumiu o cargo de presidente as cousas mudaron? -Espero que mudaran algo... Eu non son o responsable nin de que sexa invisible nin de que sexa moi visible. Son unha peza máis do eslabón dunha cadea. Escoitei con frecuencia esa afirmación, eu diría máis ben como crítica que como opinión. Ás veces somos un pouco cainitas con respecto ás propias institucións culturais galegas. Eu non lle dou moita importancia. O Consello foi un experimento verdadeiramente orixinal nacido coa Autonomía. Quizais se hoxe se plantexara non sairía da forma que saíu pero naquel contexto, onde todo era ilusión, utopía, incerteza... Coido que foi un acerto facelo como se fixo. Convido a xente a que pense un pouco máis e que aprecie o que ten. Ás veces é mellor do que se pensa. -Poderiamos dicir que o CCG só depende dos recursos... -A única dependencia é das ideas. Os recursos no mundo son abundantes. Eu non comparto a idea, moi común, de que sen recursos non se fai nada. Se todo dependese dos recursos entón

dependería de quen chos dá. Hai a idea de que se non es da corda de “tal” non che dan... Como se pode pensar iso? Sería a lei da selva. Unha sociedade complexa como na que estamos necesita liberdade, espazos de debate, de análise. -Precisamente a imaxe da cultura que se ten en Galiza é que está sometida á política... -Eu quero mudar iso pero non só non me deixa o poder... tampouco me deixan os usuarios. Porque aquí todo o mundo fai unha fundación, todo o mundo fai unha asociación... para logo pedir unha subvención... Entón, de que se queixan? Todo o mundo está tentando lograr recursos dos fondos públicos. A cultura hai que tratala dunha forma profesional e un pouco obxectiva. É o que quero facer algún día do Consello: que sexa unha institución que poida axudar non a distribuír subvencións, que xa non se dedica a eso, senón a crear criterios relativamente obxectivos para xestionar a cultura como se xestiona a política científica ou as obras públicas. A Cultura baséase moito na complicidade porque hai moito de individualismo, moito de creación, moito de proxección do propio individuo, do artísta, do escritor,... Entón é moi difícil que admita que a súa obra sexa avaliada por un comité... pero é que estamos falando de cartos públicos e hai que ter algún criterio. Fai falta un labor de pedagoxía. Por

‘A toda acción galega no exterior se se lle inocula unha dose de cultura é moito máis valiosa’

iso rebélome diante de que os cartos dependan da corda na que estás... Se cremos iso realmente non temos solución. Entón hai que facer política nos partidos e xa está. Para que facer máis? -Un punto importante para mudar a situación serían os xestores. Galiza é un país disperso e cada concello ten un concelleiro de cultura... -Hai cousas que son difíciles de mudar. Eu falo de criterios xerais. Non aspiro a chegar a ese nivel, gustaríame empezar polo nivel máis xeral, de políticas públicas... Despois nos aspectos concretos xa entrariamos noutro momento. -O CCG, entre outros traballos, asesora ao goberno galego. Teñen en conta os seus informes e os aplican? -De moitos si pero deste que estamos falando esixiría unha

posta en común entre as administracións e o Consello que de momento non fixemos. No pouco que se fixo sobre a Cidade da Cultura, sobre Patrimonio... sobre a Lingua que é un tema complexo, foi polo menos tido en conta, non digo que aplicado. Preocúpame menos porque é responsabilidade de quen toma as decisión e o CCG non toma decisións sobre tirar unha ponte ou levantala. O CCG por definición ten tendencia a ser un pouco conservacionista. É lóxico. Temos como mandato fundacional preservar os valores do pobo galego. Xa hai moitas forzas que non son conservacionistas... -Cre que hoxe temos esquecida a cultura galega que se fai no exterior, que cesou ese interese coa chegada da democracia? Quedámonos só cun coidado case paternalista dos centros de emigrantes? -Estou en contra de tratalos de forma paternalista. Si estou a favor de considerar o patrimonio e a cultura elaborada pacientemente, ás veces con moito esforzo, fóra de Galicia como unha parte substancial do que somos hoxe. Houbo unha laboura moi importante dos emigrantes que hoxe é moito menor porque a emigración cesou. Houbo tamén cun labor moi importante dos exiliados. Esta segunda parte recuperouse sobretodo en tempos da democracia e da autonomía. Agora tamén estamos nunha situación histórica na que temos que superar unha especie de maniqueismo que hai con bos e malos. No exilio había xente moi entregada e xente que non. Tratamos de devolverlles en

‘A memoria histórica é, no fondo, un debate sobre as propias orixes do sistema democrático en que vivimos’

parte o que eles fixeron a través de libros, congresos, estudos... Esa parte de diplomacia é moi complementaria da que podan facer empresas, institucións, concellos, etc. Uns van por motivos electorais, outros por motivos económicos, outros por motivos turísticos,... A toda acción galega no exterior se se lle inocula unha dose de cultura é moito máis valiosa. -Como se podería potenciar a proxección da cultura galega no exterior? Os cataláns teñen o Institut Ramón Llull... -Estamos actuando, en parte, en sustitución da inexistencia desas institucións e hoxe estamos facendo cousas paralelas ao Ramón Llull ou ao Instituto Vasco de Acción Exterior. Tentamos estar non só nas comunidades galegas no exterior senón en centros universi-


ABRIL DE 2010

|

a peneira 27

LINGUA

tarios de prestixio. Este ano empezamos na segunda mellor universidade do mundo, Stanford, cun curso de cultura e asinarei un convenio coa Universidade de São Paulo, a mellor universidade de Sudamérica. Así seguiremos pouco a pouco. Logo están os lectorados de galego en univesidades estranxeiras dos que o CCG non se ocupa. Gustaríanos estar presentes neles e mesmo coordinalos. Nós non temos competencias para abrir unha cátedra de estudos galegos en Munich... Se o goberno acordara facelo ao mellor pero non é o caso. Tamén temos unha vía moi sólida cos países nos que houbo emigración de galegos: Arxentina, Uruguai, Brasil,... agora empezaremos en Barcelona e Euskadi. -Falemos de lingua. Que importancia debe darlle a Xunta de Galicia á promoción do idioma galego? -Moita. A propia existencia da autonomía, de ser histórica, de ter un tratamento específico, entre outras cousas está derivado do feito de que houbo un plebiscito no ano 1936 e que Galicia ten unha cultura e unha lingua propias, como Catalunya ou Euskadi. Digamos que hai unha obriga moral de inicio que creo que todos os gobernos autonómicos galegos teñen que ter en conta. Este, o anterior e os posteriores. Outra cousa é a evolución sociolingüística de Galicia. Iso non depende dos gobernos. Pode depender pero non de todo. Nós no CCG debatemos moito este tema xa que as linguas non son estáticas, móvense. O caso de Galicia é un exemplo de situación problemática no que había un punto de partida dunha lingua maioritariamente falada pero no que a pesar das políticas lingüísticas e os recursos destinados foi baixando de falantes. Agora é cando hai que ser máis fino na implementación de políticas lingüísticas axeitadas para esta situación. O problema é que toda a política pública ao respecto da lingua ten que basearse nun consenso e nunha complicidade. Hai un exemplo paradigmático que é o de Euskadi. Alí o eúscaro era falado por unha porcentaxe mínima da poboación. Hoxe está nun nivel alto nalgúns niveis educativos. Como se fixo? En grande parte polas políticas decididas do PNV e tamén pola complicidade do PSOE, mesmo foi durante moitos anos membro do goberno e levando Educación. Houbo un consenso básico. Despois pódese discutir se a escola é máis grande ou máis pequena, ou se o profesor ten que ter un título ou ter que ter outro, iso é outra cousa. Aqui o que falta é o consenso. Lévanos a que a lingua galega está deixando de ser neutral. Ten o perigo de converterse nunha marca. Un que fale galego é unha cousa e outro que non o fale é outra cousa. É terrible. Que pasou con estes cataláns que foron confundicos cos de ETA? Que un xendarme escoitou que falaban nun idioma que non era nin español nin francés. Como falaban unha cousa distinta... pois había un problema. Non digo que pase co

O decreto do galego

Cal é a súa opinión sobre o novo decreto do Galego? -O presidente opina o que opinou o plenario do Consello. Nós fixemos un ditame que representa o sentir da maioría dos membros do CCG. Foi bastante pensado, discutido e construtivo, agora é o goberno galego quen ten que actuar.

galego pero si que corremos o risco de que o galego adquira unha cognotación, unha marca. Toda autonomía tentou desactivar isto. Antes quen falaba galego era de aldea e fala castelán o da cidade. A autonomía rebaixou isto e houbo unha especie de mestizaxe nas universidades, na administración fálase galego aínda que sexa ás veces un pouco liturxicamente. Non sei que vai pasar no futuro. -Comparte entón a idea de que os votos que mudaron o goberno son por cuestión lingüística? -Non. O debate sobre a lingua puido decidir a alguén no voto pero non creo que fose máis decisivo que as obras públicas ou o concurso eólico. Pero... ás veces por unha ferradura perdes un imperio.

‘Hai unha obriga moral de inicio (coa lingua galega) que creo que todos os gobernos autonómicos galegos teñen que ter en conta’

-Que pensa o Consello da Cultura Galega sobre a Cidade da Cultura? -En canto se acabe e se encha de contido vai ser o segundo referente da cidade de Santiago e de Galicia, probablemente. De momento é un proxecto que tivo un pecado orixinal: comezou como un proxecto arquitectónico e non cultural. Antes do 2020 non vai estar, sobre todo no contexto de crise no que estamos. -Vostede participou nunha Historia de España xunto a Josep Fontana. Como se fai unha obra así sen ferir susceptibilidades? -É complexo pero aí está a gracia. Foi unha experiencia moi estimulante que estamos case rematando. Non hai ningunha obra da historia de España que sexa per-

Nós non podemos substituír aos partidos. É un debate político e aí non actuamos. De todas maneiras, se un goberno quere facer unha cousa faina despois se non vai ben e a sociedade non o acepta perderá as eleccións. Se acerta gañará.

fecta, esta tampouco o é. Guiounos primeiro unha coherencia cunha tradición historiográfica, digamos de esquerdas, formada na tradición liberal e no materialismo histórico. Logo unha confianza nos autores. Buscamos a incorporación de moitos debates e maneiras de ver novas, con enfoques distintos. Introduce elementos ecoloxistas, feministas, pacifistas, que son eses dereitos de cuarta xeración que hoxe temos. Os nosos obxectivos eran que non fose estatalista. Unhas veces consíguese máis e outras menos. Sobre se a historia se conta diferente segundo que autonomía.... tamén en Arizona se conta unha historia sobre a orixe do mundo que non ten nada que ver co que saben os científicos en Xenebra... e ninguén di que sexan uns incultos. O polémico é que se escoita que o estado ten que intervir en todo, cousa que me estraña que o digan os liberais de dereita... -Hai uns anos comezouse unha importante revitalización, co nome de recuperación de memoria histórica, do traballo de investigación dun dos períodos máis escuros da nosa historia: a represión e a ditadura dende o 1936 ata a transición. Cre que queda aínda moito por descubrir? -Empezou dunha forma moi amateur, logo con investigacións máis concretas e finalmente xurdiu o prox e c t o interuniversitario que c r e o que permitiu

sacar a primeiro plano moita información. Galicia estaba un pouco atrasada e hoxe estámonos incorporándo. Non diría que é unha moda pero é unha fase que pasará. Os netos son os que están recuperando a memoria dos avós, non os fillos. Hai que ter en conta que o problema da memoria é universal. Pasou nos 90 en Italia, nos 80 en Alemaña,... No fondo é un debate sobre as propias orixes do sistema democrático en que vivimos. Agora non se lle pode dar a vida a quen foi fusilado nin se pode fusilar a quen fusilou. Temos un exemplo máxico, estraordinario en Sudáfrica. Os tribunais da verdade onde un conta o que fixo e o outro acepta a disculpa pero dando a

coñecer que pasou. Ti mataches a meu pai e eu perdóote... -Precisamente ese sistema aquí... -Aquí non. Nin aquí nin en Francia nin Alemaña... -Mesmo hai algún historiador procesado por dar nomes... -É un problema puntual que pode ser desagradable pero... un xuíz é autónomo. Tamén hai persoas que por roubar unha galiña pasan maís tempo no cárcere que outro que rouba mil millóns de euros. Non me vale de argumento. Hai xente que non o ve ben porque se ve afectada. Por que? Ten que pasar a ser un debate intelectual, sobre as raíces morais nun debate no que están. Non algo persoal.

apeneira.com le a entrevista completa na nosa web


28 a peneira

ABRIL DE 2010

ECONOMÍA

Sobran 238 oficinas bancarias

Concentración na Coruña en contra do peche das oficinas bancarias

Os datos actuais e os resultantes das fusións

As entidades bancarias deben agora pasar a tomar decisións sobre que oficinas deben desaparecer

Segundo un estudo privado sobre a situación destas entidades en territorio galego xestionar mal o peche pon en perigo o 50% do negocio de cada oficina ANTÓN F. ESCUREDO Economía A crise pasa factura tamén aos bancos. As grandes cifras de beneficio anual que presentan algunhas entidades contrasta coa situación de moitas oficinas que abriron ao calor dos tempos de especulación. A situación actual, segundo un estudo realizado por Cognodata, perxudicará a un total de 238 oficinas en Galiza durante este ano segundo. A consultora pioneira en Estratexia de Clientes, analizou o tamaño da rede en todo o Estado español e chegou a esta drástica conclusión. O proceso de crecemento en número de oficinas propiciou que entre 2000 e 2008 abriran 6.765 oficinas novas nas diferentes comunidades autónomas, chegando ata un total de 46.065. En 2009, pola contra, este proceso de expansión comezou o seu devalar quedando afectadas un 5% das oficinas e para este ano esta cifra podería aumentar ata un 11%. Decisión complicada As entidades bancarias deben agora pasar a tomar decisións sobre que oficinas deben desaparecer. "A maioría dos bancos elimina aquelas cun nivel de rendabilidade máis baixo”, asegura no estudo Raúl

García Monclús, socio director da firma e experto en banca, “sen embargo, esta estratexia é errónea posto que leva a manter os puntos tradicionais e consolidados en prexuízo das oficinas en novos mercados con maior potencial de futuro”, explica. O proceso de peche de oficinas tamén pode traer malos resultados ás entidades bancarias. Aquelas que xestionen axeitadamente este proceso poden reter ata un 90% do negocio actual. Pola contra, a quelas que non o fagan só poderán reter un 50% do mesmo. Segundo a empresa que realizou o estudo, a mellor estratexia é empregar ferramentas de xeomarketing e intelixencia artificial para clasificar con criterios claros ás oficinas segundo o seu potencial entre maduras ou en desenvolvemento. Ademais habería que analizar as distancias entre as oficinas alternativas á que se clausura e os clientes. Por último deberíase poñer en marcha un proceso de tutela dos clientes aos que se muda de oficina e aproveitar as oportunidades de captación nos procesos de peche de oficinas doutras entidades con estratexias baseadas na calidade de servizo e a proximidade.

apeneira.com comenta esta nova na nosa web

Infografía: A PENEIRA

Facenda controlará as comisións bancarias As comisións que cobran os bancos é un dos puntos máis polémicos para os seus clientes. En moitas ocasións rematan na cancelación de contas e a súa inexistencia é un dos atractivos da banca electrónica. A Consellería de Facenda, mediante os seus servizos técnicos, levarán a cabo a partir de agora unha campaña de inspección e control para garantir a total transparencia destes cobros. Este foi o compromiso que

fixo a titular de Facenda, Marta Fernández Currás, en resposta parlamentaria a unha pregunta oral sobre o control e encarecemento das comisións bancarias. Segundo explicou Fernández Currás, esta campaña vaise levar a cabo nas oficinas comerciais. a normativa básica do Estado ofrece liberdade ás entidades para a fixación destas comisións, co único requisito de que sexan comunicadas ao Banco de España.


a peneira 29

ABRIL DE 2010

CULTURA

O Papa e o andamio. Protección ou boato? O emblemático Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago está seriamente danado. Os restauradores están a frear o seu deterioro en pleno ano Xacobeo. Estes días xurdiu unha polémica: hai que retirar os andamios co gallo da visita do Papa ou a obra ten prioridade?.

DIEGO GIRÁLDEZ Cultura O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago está cuberto de andamios e o Xacobeo botou a andar hai catro meses. Segundo os especialistas, a emblemática obra está seriamente danada; falan de importantes fendas e humidades que están a corromper o traballo universal do Mestre Mateo. Nas últimas semanas encetouse unha áceda polémica protagonizada pola Xunta de Galicia e os partidos da oposición, logo de que a curia compostelá anunciara a posibilidade de levantar os andamios co gallo da visita de Benedicto XVI a Compostela o vindeiro mes de novembro. Xorde deste xeito unha dicotomía entre se a “medicación“ da obra ten prioridade ou, pola contra, o Papa ten que ser recibido de xeito relucinte e baixo un boato particularizado. O director xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, asegurou, logo dunha pregunta parlamentaria do deputado socialista Francisco Cerviño, que será un comité científico o único que decidirá se a andamiaxe se retira ou non, por riba do que poidan argumentar as autoridades eclesiásticas ou os patrocinadores da restauración da obra. Así e todo, as últimas informacións apuntan a que a retirada progresiva do andamio dende o vindeiro mes de xullo é unha realidade, co consabido

custo económico que implica (segundo Rey Pichel a montaxe da estrutura custou 80.000 euros). É evidente que existen presións para evitar que Ratzinger se adentre no Xacobeo pola “porta de atrás”. Durante séculos, a Igrexa Católica utilizou a Arte como método de propaganda e de ensalzamento do seu poder; puxérona ao seu servizo. O tempo fixo que a mentalidade mudara. Aínda que é certo que aquilo de que a Arte é para o pobo depende hoxe dos banqueiros (verdadeiros mecenas do século XXI) somos quen de entender que o patrimonio tamén nos pertence, que non temos por que correr o risco de frear o tratamento dunha obra de arte enferma para que aparente estar en forma diante de calquera xefe de estado. O Pórtico da Gloria é unha obra que disfrutamos todos- con maior ou menor sensiblidade- a visita do Papa non; é certo que moita xente, pero non todos. No Concilio Vaticano II, clausurado por Pablo VI en 1965, dirixiulle unha ”Mensaxe aos artistas”. Da totalidade do texto extraemos un fragmento: “Este mundo no que vivimos ten necesidade da beleza para non caer na desesperanza. A beleza, como a verdade, pon alegría no corazón dos homes; é o froito precioso que resiste a usura do tempo, que une as xeracións e as fai comunicarse na admiración. E todo iso está nas vosas mans”. E nas deles, sen dúbida. A usura do tempo danou a

Os brackets do Mestre Mateo

O Pórtico da Gloria é unha obra que disfrutamos todoscon maior ou menor sensiblidade- a visita do Papa non; é certo que moita xente, pero non todos.

porta románica, a da curia interrumpiralle a medicación prescrita por técnicos especialistas. Agardemos que a visita de Benedicto XVI non se converta nunha patoloxía máis grave que a que sofre o Pórtico. Cronoloxía da restauración No ano 2006, o Ministerio de Cultura e a Conferencia Episcopal, a través do Plan Nacional de Catedrais asinado en 1997, elaboran unha lista de templos que precisaban unha atención prioritaria para ser restaurados; a Catedral de Santiago estaba entre eles. Ese mesmo ano, a Fundación Barrié de la Maza asina un convenio no que se compromete a financiar a actuación no Pórtico e a restaurar as pinturas da cúpula da Capela Maior. No ano 2008 levántanse os andamios. A día de hoxe aseguran que obras estarán rematadas en 2012.

apeneira.com comenta esta nova na nosa web

*Renato Landeira: Xornalista e avogado. Director do xornal compostelán Santiagosiete ai que recoñecer que ver o tetramorfos a un par de palmos das gafas impresiona, e moito. Agora, non me atrevo a dicir que o beneficio duns poucos privilexiados que puidemos escalar o ferro de Ulma non supoña unha grande decepción para os milleiros de visitantes que cada día pisan Compostela. Segundo as previsións do goberno Feijóo, cada día deste Ano Santo un estadio cheo de Riazor, -unhas 30.000 persoas- viaxarán con destino a Galicia de cara a acadar a musical cifra dos 10 millóns de visitantes no que xa apresuraron en chamar ‘o mellor Xacobeo da Historia’. Deses millóns, uns sete pasearán por Compostela, por eses ríos de pedra que chamara García Lorca ás rúas do Franco, Nova e Vilar. Contan que o arcebispo amosouse moi entristecido

H

coas mediáticas críticas que recibiu o feito de que o Pórtico luciría uns brackets nun Ano Santo que non se repetirá noutros once. Tamén contan como Xulián Barrio dixera, aos seus íntimos, que as obras de restauración do Pórtico ían levar o tempo que resultase preciso e que non importa canto tempo sexa o anterior con tal de que o monumento poida admirarse polo menos outros 800 anos. O que xa está claro é que a obra do Mestre Mateo non terá brackets en Ano Santo por decisión dunha Compostela sedenta de divisa turística. A pulcritude dos investigadores e restauradores foi dar de bruzos coa premera dunha hostalería e xuntería na erma procura de resultados económicos. O de sempre, unha nova porfía entre o mercantilismo e as artes, neste caso restauradoras.


30 a peneira

ABRIL DE 2010

CULTURA

A nova normativa non contenta a ninguén

Un decreto para o conflito M. FERNÁNDEZ Redacción Tal e como anunciaran os agora gobernantes durante a campaña electoral previa ao seu ascenso a San Caetano, a Xunta de Galicia acaba de sentar as bases sobre as que se pretende redactar un novo decreto sobre o uso do galego co que se quere substituir ao anterior, aprobado no seu día polo anterior goberno bipartito. O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e mailo secretario xeral de Política Linguística, Anxo Lorenzo, cumprindo coa promesa do seu partido, presentaron días atrás o borrador do chamado “proxecto de decreto de plurlingüísmo”. Falar sobre a oportunidade dun decreto destas características daría moito de si. Só as voces de Galicia Bilingüe e de algúns pequenos grupos aledaños defenderon a necesidade de redactar unha nova norma sobre esta cuestión e, pola contra, a práctica totalidade de agrupacións, partidos políticos, sindicatos, organismos independentes, e un longo etcétera, manifestaron de unha e mil maneiras a súa disconformidade cos proxectos da Xunta.

O informe PISA sitúa a aprendizaxe en Galicia por encima da media estatal e incluso por enriba de algúns países europeos.

Así, mentras os redactores do documento alegan que “levará a liberdade ás aulas”, os seus detractores empregan cualificativos como que é a “meirande afrenta” ao idioma galego, que equivale a cualificalo como “lingua hostil”, que nos leva a unha “situa-

ción preautonómica”, e falan de “imposición” e de “desprezo”, como palabras máis lixeiras. Incluso Galicia Bilingüe se desmarca do proxecto argumentando que vai na dirección desexada, pero que non abonda. Convén sinalar que, tal e como teñen manifestado en diversas ocasións expertos xuristas, o decreto pode ser cualificado de “ilegal” por ir contra a nosa norma fundamental, o Estatuto de Autonomía, no que se precisa que o goberno galego debe potenciar o emprego da nosa lingua, así como contra a Lei de Normalización Lingüística de 1983. É posible que algún dos numerosos recursos que se anuncian remate por botar abaixo o decreto, outra cuestión é o dano que a súa aplicación pode supór respecto da convivencia nos centros escolares, punto principal de conflicto de toda esta cuestión. Os Equipos de Normalización Lingüística, promotores dunha morea de actividades (non sempre directamente vinculadas á lingua) que favorecían o desenvolvemento transversal dos alumnos, presaxian unha parálise substancial para o futuro inmediato. Algúns profesores anuncian insubmisión contra a nova norma por considerala ilegal, seguindo a recomendación dun sin-

A Xunta de Galicia pretende aplicar para o vindeiro curso 2010/2011 un novo decreto sobre o emprego do galego nas aulas que soporta un nivel de impopularidade superior á maioría de normativas de gobernos anteriores

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización: “Núñez Feijóo quere que este sexa o decreto para acelerar a extinción do galego e agora tócalle á sociedade mobilizarse para parar este despropósito”. Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino “O goberno quedou en soidade, co único aliado de Galicia Bilingüe”

dicato da tradición e implantación de CIG-Ensino, e algúns pais ameazan con demandalos. Antes de se aplicar o decreto, a tensión xa está perxudicando a convivencia nos centros escolares. Tamén conviría repensar a necesidade dun decreto destas

características e a súa repercusión pedagóxica. Na actualidade, o informe PISA, realizado a nivel internacional por un organismo independente con sede en Australia, ofrece datos clarificadores sobre o nivel dos nosos estudantes, que sitúan a aprendizaxe en Galicia por encima da media estatal e incluso por enriba de algúns países europeos. Os chamados “Premios Nacionais” concederon varios galardóns a alumnos galegos nos últimos anos. Incluso unhas recentes declaracións do rector da Universidade de Vigo aludían ás novas xeracións de estudantes universitarios como “as mellor preparadas en moitos anos”. Se as cousas están así, se o sistema está funcionando, onde fica a necesidade de modificalo? Toda a teimosía dos responsables da Xunta de Galicia baséase nunha enquisa difundida o ano pasado nos colexios que foi contestada só por unha baixa porcentaxe de pais e que daba resultados nada concluíntes, excluíndo así a todo o resto da sociedade da decisión. Como se a educación non fose cousa de todos. Como se os nenos de hoxe non fosen os nosos médicos ou avogados de mañá.

almanaque XANEIRO_2008 Constitúese a asociación Galicia Bilingüe, que de seguido inicia unha campaña contra o que consideran “imposición” do idioma

FEBREIRO_2009 Aínda en campaña electoral, o candidato promete rematar co decreto do bipartito que desenvolvía o Plan de Normalización Lingüística.

17-MAIO-2009 Coincidindo co Día das Letras Galegas, numerosos colectivos convocan unha primeira manifestación en defensa do galego

30-DECEMBRO-2009 O goberno fai público o primeiro borrador do decreto. Nace o concepto de “trilingüísmo” como ferramenta vehicular para o mundo académico

21-FEBREIRO-2010 Logo dunha chea de críticas ao borrador de distintos sectores, o ensino protagoniza unha nova gran manifestación contra o borrador

13-MARZO-2010 O goberno presenta o anteproxecto do novo decreto no que se desfai do “trilingüísmo”. Fálase agora de “bilingüísmo equilibrado”


ABRIL DE 2010

|

a peneira 31

LECER

LECER Cobrar por entrar na Catedral de Santiago? ‘Códice Calixtino’, manuscrito do século XII considerado a primeira guía turística da historia, informaba de que as portas da catedral de Santiago estaban abertas durante todo o día e toda a noite, dada a enorme afluencia de peregrinos a todas horas. Hoxe en día, non é posible por razóns de seguridade, tal e como explica o voceiro do Cabido compostelán, José Fernández Lago. Porén, lembra que o templo permanece aberto o maior tempo posible, desde as sete da mañá aos nove da noite, "sen cobrar nada", subliña. O voceiro eclesiástico é consciente de que o caso da catedral santiaguesa é unha excepción no actual panorama catedralicio español. "Algunha vez tivemos a tentación de cobrar, porque noutros lugares o fan, pero optamos por acoller ao maior número de fieis e se podemos continuar así farémolo", comenta. Así, José Fernández recoñece entre risas que si barallaron a opción de cobrar, pero "propuxémonos que mellor, non". A principal razón aducida polo voceiro do Cabido para decantarse pola gratuidade é a categoría de centro de peregrinación da catedral compostelá, ao nivel da Basílica de San Pedro en Roma ou de Xerusalén. Deste xeito, José Fernández asegura que "tomamos en consideración que é un centro de peregrinación. É procedente que un templo estea aberto, con maior razón ao ser centro de peregrinación". Por suposto, non esquece os importantes gastos que supón manter un templo destas características en condicións de seguridade e velando pola súa conservación, sobre todo en pleno Ano Santo, cando se prevé que a cidade reciba máis de oito millóns de visitantes. Así, afirma que "se vai sacando de aquí e de alá e ímonos arranxando".

O

Novo Caixa Galicia lanza unha guía para para fomentar o turismo sostible do Camiño Caixa Galicia acaba de difundir a través das súas webs (www.caixagalicia.es) tres guías de consellos verdes para contribuír a realizar un turismo sostible no Camiño de Santiago e aforrar enerxía no fogar e no lugar de traballo. As guías, sinxelas e pedagóxicas, enmárcanse no programa de medio ambiente da Obra Social Caixa Galicia que intenta facilitar que todas as persoas participen, cada unha na súa medida, na protección do medio. As guías de consellos compleméntanse con datos sobre as taxas de aforro enerxético e sobre prazos de degradación dos residuos máis habituais.

Bloguea Mondo Club_Vigo

Rivas e o máis extraño manuelrivas.blogaliza.org O escritor galego Manuel Rivas xa ten un espazo na rede no que envorcar as súas reflexións. É un recanto achegado no que o escritor fala, pensa e empata de xeito directo co consumidor do que alí se pon. É o que a Rivas se lle pasa pola cabeza, é dicir, pura literatura.

O Mondo Club é un espazo no centro de Vigo cun aforamento enorme. Dispón de varios espazos diferenciados onde a música é a verdadeira protagonista. Está o Mondo Lounge con cadeiras de brazos a media luz e música suave de calidade para gozar nas primeiras horas, o Mondo Club con música de baile pop, rock electrónico, disco e funk e o Submondo para os amantes do house máis vangardista e os sons electrónicos. As noites son divertidas e desenfreadas, onde a música segue sendo a protagonista, por carecer de complexos e etiquetas, e por onde entre 3.000 e 4.000 persoas danse cita cada fin de semana para tamén cantar a coro os himnos / hits rock-electrónica-80's-90's indie-pop-rock-electrónica-80's-90's etc, que foron a banda sonora das nosas vidas. Por alí pasaron algunhas das mellores bandas e Dj's do panorama nacional e internacional, consolidándoa como a sala de referencia no norte do estado. RÚA JOAQUÍN LORIGA Nº 3

Pazo de Oca_A Estrada Foi construído por Andrés Gayoso no século XVIII sobre as ruínas dunha fortaleza que fora do arcebispo Alonso I de Fonseca durante as guerras feudais e tamén casa forte de Suero de Oca. Posúe torre ameada e brasóns, e unha capela dedicada a San Antonio de estilo barroco con torres xemelgas. Nel encontramos especies de árbores autóctonas e exóticas que hoxe son xa centenarios, e fermosos estanques e fontes de gran valor artístico, elementos que lle valeron o sobrenome do “Versalles Galego”.


32 a peneira

NANI

TOMY

MARTIRENA

HUMOR| ABRIL DE 2010

DAVID VELA

MELLO


33 42 :: Coordinador: Diego Giráldez :: Deseño: Manrique Fernández

pedro_fresnada

Teatro O Ensalle, a compañía que ama o risco

Teatro Ensalle nace en Vigo o 3 de Outubro de 2003, no que ata un par de meses antes era un garaxe en desuso. Nese momento Vigo carecía dunha sala alternativa e parecía claro que era unha cidade que contaba cun público interesado en propostas de creación contemporánea. A vocación que dende a súa apertura tivo a sala foi a de xerar un espazo de encontro entre creadores e público, non cinguíndose necesariamente ao ámbito da exhibición de espectáculos, senon xerando fluxo de ideas e diversidade cultural, mediante cursos intensivos, residencia de compañías e dúas compañías fixas en residencia, Pisando Ovos (danza) e a propia Teatro Ensalle (teatro). Pasaron sete anos e nestes momentos Teatro Ensalle converteuse nunha “praza” referente dentro e fora de Galicia, a súa programación de Danza e os dous festivais que dende a sala se xestionan, Isto Ferve e Catropezas, son dous dos eventos anuais que están permitindo que o público de Vigo asista a espectáculos que teñen difícil cabida en programacións máis convencionais. Na actualidade, e ante a situación de fraxilidade á que as artes escénicas se enfrontan, é importante xerar espazos onde a calidade e o agarimo polo traballo sexan as señas de identidade. En Teatro Ensalle así o cremos; lonxe de outras correntes cuxo enfoque ten máis que ver co espectacular e cos grandes números, na sala se programa únicamente un espectáculo por semana, tres días consecutivos; os espectáculos seleccionados dentro da programación son sempre o resultado de procesos de investigación, enfocados a xerar novas linguaxes escénicas e o traballo de montaxe técnico que se realiza nos días previos á estrea é, de algún modo, o xeito de pechar este tipo de procesos. Pretendemos que as compañías saian da sala co espectáculo perfectamente pechado, e para aquilo poñemos á súa disposición todos os medios técnicos e humanos dos que dispoñemos. O resultado final dun traballo xerado con este nivel de esixencia, permite que á súa vez o público poida gozar momentos escénicos de gran calidade. Pedro Fresneda é co-xerente da compañía, director e dramaturgo.

Donatore di Groove_Dios es sixty_Sul

Uxío Novoneyra_Tempo de

Manu Mayo_Dous de vintetantos_Documental

Producciones

elexía_Alvarellos

Documental dirixido, guinizado e producido por Manu Mayo, no que se nos dá unha visión realista e en primeira persoa das consecuencias dos accidentes de tráficos. Nun deste sinistros perdeu aos seus pais fai algúns anos, pero a orixe desta cinta está na noticia dun accidente mortal no mesmo sitio e á mesma hora que o autor pasa por unha obra mal sinalizada na A6, só que en dirección contraria.

Logo dun EP con catro temas que se nos fixo curto de máis, e da colaboración con Juan Rivas no disco Un mundo feliz, Donatore di Groove volve á actualidade co seu primeiro disco de longa duración, retranqueiramente titulado Dios es sixty. Son retro con pingas de acid-jazz e funk ao longo de 13 temas nos que o Hammond é un compoñente máis da banda.

Edición bilingüe do segundo libro de Novoneyra no ano no que se lle adica o Día das Letras Galegas. Versos que, en palabras do autor, “buscan os estados límite do home diante do amor e a morte, a angustia e a distancia interior”, nunha fermosa edición acompañada dun CD que inclúe o recital inédito e íntegro que o poeta ofreceu en Lugo, no Instituto Lucus Augusti, en 1982.


34 a peneira francisco_puñal Tiven a oportunidade de coñecer persoalmente a Carlos Varcárcel, un mito vivo da fotografía galega costumista e paisaxística. O encontro tivo lugar nunha das tabernas emblemáticas da cidade de Lugo, o Mesón do Forno, con motivo da exposición que alí realiza o colega Román Montesinos Nacido en Lugo o 6 de xaneiro de 1929, Carlos Varcárcel é un personaxe clave da cultura galega, que ao reflectir nas súas imaxes a alma e a vida dos pobos e as súas xentes, converteuse nun exemplo de creación artística e honradez intelectual. As súas imaxes dos anos 60 e 70 teñen un desta-

ABRIL DE 2010

cado valor etnográfico e sociolóxico. Hai tres campos temáticos fundamentais na súa obra: a paisaxe galega rural e mariñeiro; os personaxes populares, con escenas da vida rural e urbana cotiás, coas súas festas, e os traballos no campo; e por último, os retratos de pintores, escultores e poetas, todos pertencentes ao círculo das súas amizades. Con diversos premios que recoñeceron o seu labor, e múltiples exposicións, aínda hoxe en día, con 81 anos cumpridos, Varcárcel continúa exercendo a súa profesión, e dá pasos superiores ao dominar a fotografía dixital. Co seu carácter bonachón, lembra como, por moitos anos e a pesar de estar casado e ter varios fillos, tras finalizar o seu traballo

nun banco onde estaba empregado, acudía rápido e veloz ao cuarto escuro que instalara na súa casa e preparaba os produtos químicos, revelaba os rolos e imprimía as fotos. Así foi durante moito tempo. “En ocasións -di- deitábame ás seis da mañá, embelesado polos resultados que obtiña no laboratorio. E pensar que entraba a traballar ao nove... Eu só pretendía realizar fotografía artística, con temas humanos, de paisaxe. O outro mérito, deuno o tempo. Os anos, son os meus verdadeiros aliados”. Hoxe en día, unha das súas netas segue os seus pasos, e proximamente o Campus Universitario de Lugo renderalle homenaxe ao inaugurar unha exposición permanente coas súas imaxes máis queridas.

Carlos Valcarcel, mito vivo da fotografía galega mentiras andrés_mahía*

A MIRADA PERFECTA Tiras cíclicas; humor corrosivo para padais selectos uck Comics vén de presentar novidades. Este inquedo grupo mergullado no eido da banda deseñada, acaba de sacar do prelo o seu primeiro monográfico, adicado a Davida. Tiras cíclicas, que así se chama o proxecto, é definido polos seus promotores como “o fanzine máis politicamente incorreto que nunca dera á luz este colectivo”. Unha carta de presentación que, cando menos, non nos deixará indiferentes. Pero cal é ese contido? En realidade non é unha proposta novidosa, xa que se trata dun monográfico no que se recompilan as tiras que dende fai ano e medio Davida foi publicando no portal de xuventude do grupo Caixanova, novaxove.com.

F

Pero tampouco seriamos rigorosos se dixesemos que non hai nada de novidoso, pois ás tiras que xa foron publicadas engádense algunhas inéditas. E todo isto, aderezado con unhas seccións de texto “para facer algo máis denso o tomo, como un consultorio sentimental ou unha recompilación de bocanegrismos, entre outras”. O tomo está protagonizado por unha familia un tanto atípica que, tira a tira, vai facendo un repaso crítico aos distintos tópicos da sociedade actual. E todo por só un par de euros. Unha moeda. Para atopalo, polo momento, só poderás facelo en Vigo, nas tentas Tipo Vigo, Banda Deseñada, Sousa Comics, La Contra ou Loita Underground.

n cerebro adulto pode albergar entre cen e cincocentos millóns de sinapses. Unha mirada, por furtiva que sexa, pode desencadear entre dez e douscentos millóns de conexións neuronais. Somos complexos. Steve Charles e Donna Salker publicaron en 2007 un estudio curioso no Bulletin of the American Biological Society. Baseándose nas diferentes áreas do cerebro afectadas, as respostas químicas suxeridas e a intensidade eléctrica da resposta, deseñaron a que sería a mirada máis intensa que un ser humano pode brindar. Deixaron de lado as posibilidades que incluían a chamada actividade sináptica de supervivencia: as tormentas neuronais relacionadas co medo, a fame ou o sexo. Eles querían atopar unha mirada limpa, unha tormenta eléctrica desencadeada por sentimentos comúns. E deron con ela. Precisábanse catro elementos: a sorpresa, a memoria, o amor e a desesperanza. Esa mirada teórica, descrita con non pouca lírica polos dous neurocientíficos, combinaba a fraxilidade do home ante o destino, a dureza do pasado, a atracción sentimental e a imposibilidade de superar o momento acudindo ós mecanismos da razón. Supoño que máis tarde ou máis cedo, se cadra sen sabelo, todos viviremos esa apoteose electroquímica. A mirada perfecta.

U

*Andrés Mahía é guionista


a peneira 35

ABRIL DE 2010

Alberte Pagán / POR XURXO GONZÁLEZ

‘A creación á marxe do sistema capitalista é unha boa arma anticapitalista’ Entre outras cousas, Alberte Pagán escribe sobre cine e fai películas. É autor de Introdución aos clásicos do cinema experimental, Imaxes do soño en liberdade: o cinema de Eugenio Granell, do capítulo dedicado ao cinema underground estadounidense no libro editado polo Festival de cine de Xixón Dentro y fuera de Hollywood, e un longo etcétera. Realizou as películas Como foi o conto, Os waslala e Bs. As., e A voz do trevón. Agora presenta Tanyaradzwa. E para coñecela contamos coa colaboración doutro director: Xurxo González. -Que papel xoga Tanyaradzwa na túa filmografía? -Tanyaradzwa é unha obra monumental, tanto pola súa duración como polo seu contido. Contén unha grande cantidade de información (demasiada, segundo me dixo alguén) que nos permite, como mínimo, asomármonos ao abismo da vida da protagonista. Supoño que tardarei en facer outra obra destas características. -É un filme de seis horas, que se pode ver en tres en dobre pantalla e se veu en dúas no Play-doc... Que aporta ao expectador cada experiencia de visionado? -A versión de 105 minutos (a catro pantallas) foi algo puntual, un experimento no sentido científico do termo. Nela ficaron fora moitas das pezas narrativas que nos axudan a completar o crebacabezas da vida de Tanyaradzwa. Só conservei as que se referían á sua experiencia persoal. É unha versión máis visual e menos narrativa. A que considero a versión definitiva, a de tres horas a dobre pantalla (a única que se proxectou en público), rompe a medida montaxe da orixinal de seis horas e subvirte a súa temporalidade. Digamos que a meditada montaxe lonxitudinal da versión longa ten que convivir, na de tres horas, coa azarosa e aleatoria montaxe transversal que nace da simultaneidade das dúas pantallas. A experiencia visual é moi diferente, até o punto de que podemos afirmar que se trata de dúas películas distintas, e non dúas versións da mesma. A temporalidade dos longos planos baleiros da primeira versión fica diluida desde o momento en que coinciden, na segunda versión, cun parlamento na pantalla contigua. A versión de longa é moito máis “dura” e experimental. -Aparte das cuestión experimentais, máis formalistas, os teus filmes posúen un forte til político. -Toda película é política, por militancia ou por omisión. A neutralidade sempre favorece ao poder. Iso non quere dicir que o contido das miñas películas sexa directamente político, pero si gosto de introducir elementos, máis ou menos sutís, que permiten unha lei-

premisa narrativa de United States of Tara é que a súa protagonista é unha muller cun trastorno mental. Ela e a súa familia teñen que convivir coas súas diferentes personalidades, o que provoca numerosos problemas de convivencia. Este é o gancho co que se pretende atraer aos espectadores cara esta teleserie, que en realidade non é máis ca un drama familiar que segue as vivencias dun matrimonio e dos seus dous fillos adolescentes. A serie foi creada por Diablo Cody, a gañadora do Oscar

A

tura política. Por outra banda eu entendo o experimentalismo (é dicir, a busca dunha nova linguaxe) como un acto político, como un ataque directo aos modos de expresión do poder, á súa linguaxe coa que queren oprimirnos e desactivarnos. Eu busco conxugar ambas loitas. Un bo exemplo é Os waslala, que é un breve exercicio formal pero que vai máis alá do experimentalismo precisamente polos elementos escollidos para a construción formal: tres labregos sandinistas. -Non tes medo de pecar de certo orientalismo (Edward Said) deformador da mirada colonialista occidental (que criticaba Sembene) e que aparecen en solfa de filmes como os de Jean Rouch o Oliver Laxe? -Por moito que Tanyaradzwa conteña suficientes elementos para desactivar esa ollada “orientalista” por parte do público, teño comprobado que a cor da pel da protagonista cega a moita xente. Pergúntanme se pretendía retratar “a muller africana” ou mesmo África. Nada diso. Se Tanyaradzwa se chamase Tania e fose branca e vivise no Carballiño a ninguén se lle ocorrería perguntarme se a miña intención era retratar “a muller carballiñesa” ou Galicia. Esa mirada que comentas está, por desgraza, no público, pero non na película. A miña presenza na película (o texto introdutorio, eu achegándome á cámara, a miña man, ou meu reflexo nas lentes de sol) non foi depurada na montaxe precisamente para deixar constancia de que esta non é unha visión omnisciente (ao estilo da narrativa décimo-nónica) senón o resultado do encontro de dúas persoas. E tampouco podemos afirmar que se tra-

4:3

ta da visión dun europeo en África: nos créditos finais Tanyaradzwa consta como coautora. Era ela a que me dicía o que podía e o que non podía filmar, a que me suxería certas escenas, a que propuña filmala mentres mexaba, a que me mandaba cortar cando non quería seguir. Tanyaradzwa é, por tanto, non un retrato, senón un autorretrato, unha autobiografía. Eu simplemente fun o medio que ela topou para contar o que tiña necesidade de contar. -Non cres que as mellores propostas audiovisuais galegas veñen de fóra da "industria"? Cres que é posíbel algún tipo de maridaxe? -Podemos augurar un robusto crecemento do cinema galego grazas ás propostas feitas á marxe da industria. O que a industria oferece é moi pobre. Non hai ningunha razón pola que non podan xurdir aquí produtoras máis arriscadas que permitan a creación dun cine alternativo de maior calidade, como sucede noutras partes. Pero o modo de produción non deixa de formar parte da propia película, e se toda película é implicitamente política, os seus modos de produción sono de xeito explícito. Se a grande maioría do cinema mundial é claramente conservadora é debido en gran parte aos modos de produción, que non permiten disidencias. A creación á marxe do sistema capitalista é unha boa arma anticapitalista.

jacobo_paz*

UNITED STATES OF TARA, INDIEPISODIOS por Juno. Como sucedía na película indie, o personaxe que acapara todo o interese é o da rapaza. Así, a estrambótica historia da nai e o seu trastorno de personalidade convértese nun estorbo que aturamos con paciencia para saber máis das andanzas da súa filla.

O problema de United States of Tara é a propia Tara. Sen ela, a serie perdería ese rebozado transgresor que con tanto éxito explota Showtime, pero a historia sería moito mellor. *Jacobo Paz é guionista


36 a peneira

ABRIL DE 2010

Os outros mundos de Fernando Pereira ana_gonzález_chouciño áis ao norte non hai nada, só o vacío convertido en xeo e un mar inmóbil ante o que se acaba o mundo. Fernando José Pereira viaxa ata o archipiélago de Svalbard. Alí o tempo non existe, ou quizáis sí, pero quedou atrapado nun instante eterno, nun lugar imposible no que casi non somos capaces de crer. A cidade de Barentsburg levántase sen cimentos porque o xeo nunca desaparece, aférrase á superficie mediante un fenómeno chamado “permafrost” que impide que o formigón se una á terra. E alí, no medio da nada, álzase unha cidade fantasma que non pertence a ningún lugar, unha arquitectura soviética en decadencia suspendida sobre a neve. Aínda que Svalbard é de soberanía noruega, un tratado de 1920 permitiu que todos os países signatarios tivesen dereito á explotación e foi Rusia quen controlou as minas de carbón. Adueñouse da paisaxe, construiu edificios inmensos, fábricas, hoteis que ao vaciarse tras a caida da URSS, parecían anunciar o fin dunha civilización. Fotografías de fábricas abandoadas, gravacións recorrendo unha cidade vacía na que soa un teléfono que ninguén vai coller… Como despertarse un día e descubrir aterrados que somos os únicos habitantes do planeta. Pereira trásladase nestas viaxes á fin do mundo e á fin da existencia; cada vez máis ao norte, cada vez máis preto da nada para descubrir que a natureza que habitamos convértese ás veces no reflexo dos nosos medos.

M

+info Fernando José Pereira. The artist as arctic explorer. #1 permafrost (barentsburg) Galería Ad Hoc, Vigo / Até o 7 de maio 2010

Vilagarcía de Arousa_Pontevedra

Vigo_Pontevedra

Teatro para adultos: A Pensión, a cargo de Redrum Teatro.

Concerto de pop a cargo de Nadadora .

16 de abril ás 12:00 e ás 21:00 horas.

16 de abril ás 00:00 horas.

Auditorio Municipal.

La Iguana Club.

Ponteareas_Pontevedra

A Coruña

Música de autor: concerto de Alberto Pérez.

Concerto de Mónica Naranjo: Adagio Tour.

18 de abril ás 21:00 horas.

17 de abril ás 22:00 horas.

A Regueifa.

Coliseum.

Vigo_Pontevedra

O Porriño_Pontevedra

Teatro para adultos: Buscase clown vello, a cargo de Santart Teatro.

Concerto da Tuna Rastafari.

7 de maio ás 22:00 horas

30 de abril ás 23:00 horas.

Teatro Arte Livre.

Bar Liceum.

Lugo

A Estrada_Pontevedra

Festival de Música Cidade de Lugo: Fantasy in blue - Purcell & Gershwin.

Teatro para adultos: Palabras encadeadas, a cargo de Talía Teatro.

6 de maio ás 20:30 horas.

8 de maio ás 21:00 horas.

Círculo das Artes.

Teatro Principal.

Vigo_Pontevedra

Ourense

Teatro para adultos: A esmorga, de Blanco Amor, a cargo de Sarabela Teatro.

Representación de Circo Galtük: A festa escénica, de Abel Martín

24 de abril ás 20:30 horas.

9 de abril ás 20:00 horas.

Centro Cultural Caixanova.

Auditorio Municipal.


a peneira 37

ABRIL DE 2010

DEPORTES Atletismo_10.000 m

Ciclismo_Descenso BTT

Fútbol_Campionato UEFA

Campionato Galego de 10.000 metros

Ainhoa Fontán segunda en Castellón

O sábado día 10 terán lugar, nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación (Pontevedra). O campionato Galego está aberto para todos os atletas absolutos e das categorías promesa e júnior que figuren entre os 20 primeiros do ranking absoluto.

Un gran numero de pilotos desplazáronse ao Vall d'Uixo (Castellon) para participar na primera proba do Open de España de descenso, destacando o 2º lugar de Ainhoa Fontán en feminas elite e tamén no 2º lugar en sub 23 (4º scracht) de Antonio Ferreiro.

Galicia campiona da copa de rexións da UEFA

Gala_Deporte galego

Proclamouse campiona da Copa das Rexións UEFA na fase nacional, tras vencer ao combinado andaluz na prórroga dun partido disputado en Portonovo que rematou cun resultado de 2 goles a 1 favorable aos locais.

Atletismo_Salto de lonxitude

Jean Marie Okutu na selecta lista do Programa ADO X.R.C. Deporte

Vigo acollerá a gala do Deporte Galego o vindeiro 22 de abril X.R.C. Deporte A cidade de Vigo é o escenario elixido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a celebración da gala do deporte galego deste ano. Así o explicou o máximo responsable deste departamento, José Ramón Lete Lasa, durante un almorzo mantido con xornalistas de medios escritos e audiovisuais que dan cobertura aos acontecementos deportivos que se celebran na cidade olívica e na súa bisbarra. A elección de Vigo como marco para homenaxear aos deportistas e clubs galegos é unha mostra do compromiso de José Ramón Lete Lasa cunha cidade que, a pesar das grandes satisfaccións que ten dado ao deporte galego, nunca

acolleu esta gala. A cita na que se homenaxeará aos atletas e agrupacións da comunidade autónoma será o vindeiro 22 de abril no centro sociocultural de Caixanova, o Teatro García Barbón. Nesta xuntanza cos xornalistas, na que estiveron representados numerosos medios de comunicación, Lete Lasa fixo balance dos casi doce meses de xestión que acumula á fronte da Secretaría Xeral para o Deporte, centrándose especialmente na zona sur da provincia de Pontevedra. Referiuse aos esforzos que está a realizar a Xunta para evitar a desaparición do Rally Rías Baixas. O Goberno autonómico, consciente da importancia desta proba para o mundo do motor e os seus afeccionados, traballa nun estudo económico para intentar colaborar con outras institucións e sortear os problemas

O atletismo galego, a RFEA publicou o listado de atletas estatais becados no programa ADO, destinado para a mellora dos resultados dos deportistas españois nos vindeiros Xogos Olímpicos. Jean Marie Okutu

figura no selecto listado de atletas que percibirán unha beca nivel E, correspondente a 12.000 euros para desfrutar nesta tempada co fin de axudarlle a acadar os mellores resultados. Okutu subiu ao podio no campionato de España absoluto na proba de lonxitude masculina na que se colgou o bronce cun salto de 7,44 metros.

Atletismo_Lanzamento de xavelina

É a primeira vez que a cidade olívica vai a acoller esta gala anual do deporte financeiros que poñen en perigo unha das convocatorias deportivas máis importantes de Vigo. No almorzo cos xornalistas, o secretario xeral para o Deporte tamén destacou a importancia de dous dos proxectos bandeira do departamento que dirixe: Galicia Saudable e Xogade. O primeiro foi deseñado para transmitir a importancia de hábitos de vida beneficiosos, mentres que o segundo está orientado á promoción da actividade física entre os estudantes galegos.

Borja Barbeito acada a mínima mundial júnior no Criterium de lanzamentos C.R. Deporte En Pontevedra disputouse o Criterium galego de lanzamentos e o atleta do Silva, Borja Barbeito Gómez non puido comezar mellor a tempada ao

aire libre, e consigue marca mínima para o mundial junior ao enviar a xavelina a 66,53 metros. O deportista cercedense, de 17 anos de idade, tense convertido nunha das maiores promesas do atletismo galego dende que Raimundo Fernández é o seu adestrador.


38 a peneira

Atletas olímpicos galegos

DEPORTES| ABRIL DE 2010

comunicación, ben mediante as retransmisións televisivas ou radiofónicas, ou ben a posteX.R.COUÑAGO riori nos medios impresos. De feito unha realidade que simboliza Deportes moi ben éste fervor de masas é que os medios deportivos impresos son con moita O mundo do deporte resulta ser diferencia os de máis tirada e audiencia a unha moeda de dúas caras, en nivel estatal. canto á competición de elite se Durante estes anos de actividade deporrefire. Os atletas que desta- tiva os competidores de alto nivel viven can nas diferentes especia- inmersos nunha especie de burbulla onde lidades son idolatrados adican todo o seu esforzo e atención á condurante a vida deporti- secución de grandes marcas para satisfacer Londres 1948 va e milleiros de sia- aos seus siareiros e conseguir acceder ás Manuel Suárez Molezún (110 m. valados) reiros acuden a ani- axudas e becas coas que poder financiar e malos aos esta- administrar a súa dedicación. Roma 1960 dios ou os Sen embargo, o corpo humano ten uns Carlos Pérez Alonso(10.000 metros) seguen a límites de lonxevidade e cada deporte pretravés dos senta unha fronteira de idade a partir do Toquio 1964 m e d i o s cal o rendemento dos músculos e articulaRogelio Rivas Abal (100 metros) d e cións vai decrecendo e tanto a velocidade como a potencia e resistencia tenden a México 1968 decaer paulatinamente. Ramón Magariños Duro (400 metros) Este é o momento a partir do cal esas Javier Álvarez Salgado (3.000 m. obstáculos) persoas, ata entón enaltezidas socialmenCarlos Pérez Alonso (Maratón) te, pasan a ocupar un segundo plano e perJosé Luis Martínez Vázquez (Martelo) den o foco mediático. Eses miles de Munich 1972 seguidores deixan de prestarlle a súa Manuel Carlos Gayoso Díaz (800 m.) atención e loubanzas polo que o Javier Álvarez Salgado (5.000 m. e 10.000 m.) deportistas como ser humano ten Carlos Pérez Alonso (Maratón) que afrontar un momento de cambio moi traumático e que Moscú 1980 en moitos casos supón un Isidoro Hornillos Baz (400 e 4x400). duro trance a nivel persoal. Seul 1988 En moitas ocaAlejandro Gómez Cabral (5.000 m.) sións optan por seguir relacionaBarcelona 1992 dos co mundo Ángeles Barreiro Rico (Disco) do deporte, Estela Estévez Barreiro (3000 m.) estes son Alejandro Gómez Cabral (10.000 m.) os máis Carlos Adán Arias (10.000 m.) Carlos de la Torre Allaríz (10.000 m.) David Martínez Varela (Disco)

Medallistas galegos

Atlanta 1996 Ouro David Cal (piragüismo C1-1000) Atenas 2004 Pedro Cea (fútbol) Ámsterdam 1928 Pedro Cea (fútbol) París 1924

Andrés Díaz Díaz (800 metros) Alejandro Gómez Cabral (10.000 m.) Carlos de la Torre Allariz (10.000 m.) Elisardo de la Torre Allariz (3000 m. Obs.) David Martínez Varela (Disco) Julia Vaquero Sousa (10.000 m.)

Prata Xosé Antonio Hermida (ciclismo) Atenas 2004 David Cal (piragüismo C1-500) Atenas 2004 Alexandre Avecilla (hóquei a patíns) Barcelona 1992 Fernando Romay (baloncesto) Os Ánxeles 1984 Luís Gregorio Ramos Misioné (piragüismo) Montreal 1976 Moncho Gil (fútbol) Antuerpe 1920 Luís Otero (fútbol) Antuerpe 1920 Bronce Henrique Míguez (piragüismo) Os Ánxeles 1984 Luís Gregorio Ramos Misioné (piragüismo) Moscova 1980 Cartel das olimpiadas de 1920 primeira na que os galegos conseguimos medalla

Sidnei 2000 María Abel (Maratón) André Díaz (1.500 m) David Martínez (Disco) Marta Míguez (Lanzamento de pica)

afortunados, xa que, con sorte parten dun recoñecemento inicial derivado do seu anterior éxito que lles reporta unha confianza e seguridade que axuda a abrir moitas portas. Noutros casos, aínda que non directamente conseguen reciclarse en actividades periféricas ao universo do deporte e así establecen un horizonte de futuro no que segue presente a súa condición anterior de deportista de éxito que serve de abal incuestionable. Sen embargo, e por desgracia, é un caso moi común o perfil do deportista que dende a súa infancia se ten adicado casi en exclusividade á actividade competitiva desbotando outras facetas da vida humana que para o normal desenvolvemento do individuo son fundamentais. É esta tipoloxía a que chegado o momento de ter que retirarse da práctica deportiva opta por abandonar completamente esa burbulla na que se viu encerrada. Atópase entón fronte a un mundo que deixa de ofrecerlle o anterior recoñecemento e agarimo e fronte ao inicio dunha nova actividade laboral descoñecida polo que deben partir dende cero a unha idade na que o ciudadán normal debería estar xa asentado laboral e economicamente. A nivel oficial e da administración as axudas para os deportistas son moi excasas, e se durante a etapa de competición os requerimentos para chegar ás becas fanas casi inaccesibles, peor se presenta a cuestión cando o deportista se retira ou deixa de realizar bos rexistros. Outra das dificultades á hora da reciclaxe do deportista de elite atópase no propio mundo do deporte, pois as institucións referidas a este ámbito desprezan na maioría dos casos a bagaxe colleitada durante anos de competición e adestramentos e se esquecen por completo de recorrer a eles e darlles a oportunidade de achegar todo ese coñecemento en favor das novas xeracións que van xurdindo e destacando nas distintas especialidades. Atopámonos con casos de xente allea que sen méritos aparentes ocupan o posto de individuos moito máis cualificados, tanto técnica como teoricamente, para unha mellor e máis exitosa continuación do ciclo deportivo.

Atenas 2004 Santiago Pérez Alonso (50 K.Marcha) María Abel Diéguez (Maratón) David Gómez Martínez (Decathlón) Pilar Hidalgo (Triathlon)

Pequín 2008 Santiago Pérez Alonso (50 K.Marcha) David Gómez Martínez (Decathlón) Alessandra Aguilar Moran (Maratón)


ABRIL DE 2010

|

a peneira 39

DEPORTES

A opinión dos veteranos

Alejandro Gómez

1) - Durante 30 anos. 2) -Ir a tres olimpiadas,ir coa seleccion española e sobre todo as medallas colleitadas, os campionatos de España, europeos, campionatos do mundo...

1) Durante canto tempo te dedicache ao deporte de alto nivel? 2) Cales foron para ti os momentos máis brillantes da túa carreira? 3) Canto tempo levas retirada das competicións oficiais?

3) - Levo 4 anos retirado.

4) Cal foi o motivo que determinou o momento da túa retirada? 5) Como foi a adaptación do teu ritmo de vida ao abandonar as competicións? 6) Crees que se poderían mellorar as axudas oficiais para facilitar esta adaptación? 7) Segues ligada ao mundo do deporte?

As lesións máis frecuentes En moitas ocasións os atletas vense forzados a renunciar á súa actividade debido ás lesións. As máis frecuentes son as que se producen nas articulacións das extremidades como son os xeonllos e os nocellos que están atallados por unha serie de ligamentos que sofren moito durante a práctica deportiva.

Recordman español xuvenil de 5.000 m , promesa de 10.000 m e junior de 2.000 m, 5.000 m e 3.000 m obstáculos. Campión de España de cross na categoría xuvenil en 1984, de 5.000 m e cross na categoría promesas en 1986, 1987 e 1988 e de 3.000 m obstáculos en 1987. En categoría absoluta foi varias veces campión de España de 10.000 m., de medio maratón e de cross. Estivo nos xogos olímpicos de Seúl 1988 en 5000 m , en Barcelona 1992 e en Atlanta 1996 na proba de 10.000 m , onde foi 15º.

Julia Vaquero Sousa

4) -Por un accidente de tráfico, un individuo deume un golpe por detrás no coche e debido a eso sangroume a glándula do tiroide e tiveron que operarme. A día de hoxe os médicos non dan coa dose de hormona que me fai falla e para non poder competir con garantías na elite mundial o mellor é facer o que fixen, deixalo. 5) - Máis sinxelo do que pensaba, cría que me ía a ser máis difícil de estar na alta competicion pasei a non poder facer nada polo accidente. Tamén teño que dicir que o meu punto forte é a psicoloxía. 6) - Claro !! Pensei que no meu caso que estiven 30 anos na elite mundial (non quero ser prepotente) pero a dia de hoxe son o mellor atleta en Galicia de tódolos tempos e un dos mellores deportistas de Galicia e que ningún organismo oficial bote unha man da túa sabiduría para ensinar aos pequenos, isto quere dicir que algo se está a facer mal. 7)- Si, armei un equipo de atletismo e a nosa filosofía é que todos o pasemos ben practicando este bonito deporte.

1) - Aproximadamente durante once anos. Desde os 18 ata os 29.

Os bíceps femorais Existen ademais outras partes da anatomía propensas a lesionarse, entre elas están os bíceps femorais situados na parte posterior do muslo e que dan lugar ás chamadas lesións de isquiotibiais.

Os xeonllos

Frontal

Posterior

Os nocellos Zona de ligamentos Interior

Exterior

Obtivo 9 títulos de campiona de España de Campo a Través: un júnior (1989), unha promesa (1990) e sete absolutos (1992-1998). Ademais conseguiu a medalla de bronce no campionato de Europa de Cross de Charleroi (Bélxica) en 1996, o cuarto posto no Campionato do Mundo de Campo a través de Turín en 1997 e a novena praza no final de 10.000m dos xogos olímpicos de Atlanta (1996).

Infografía A PENEIRA

Idade na que os deportistas alcanzan o seu mellor rendemento Fonte: ‘Fundamentos del entrenamiento deportivo’ autor: L.Matveev - Infografía A PENEIRA

2) - Na miña especialidade de cross foron os 8 títulos consecutivos que acadei a nivel estatal. Tamén o cuarto posto no campionato do mundo no que non fun terceira por un segundo. Logo xa, na modalidade de pista,a participación na olimpíada aínda que non quedei de todo satisfeita coa miña participación.Eu ese ano estaba moi ben de forma e acadei boas marcas pero notei demasiado a presión ao saber que era unha das mellores en canto a marcas. Tamén foi importante cando quedei sexta no campionato do mundo de cross en Sevilla. E o récord de España de 5.000 m. durante unha proba da Golden League en Oslo. 3) - Pois eu retireime no 2000, levo polo tanto 10 anos. 4) -A miña intención era continuar ata os 35 competindo en maratón, pero diagnosticáronme unha enfermidade psíquica e tiven que deixalo. 5) - Pois eu en realidade non tiven o que se pode chamar unha vida normal ata deixar o deporte. Entre os estudos e os entrenamentos non tiña tempo para outras cousas que facía a xente da miña idade. O deporte de alta competición encérrate nunha burbulla, esixe moita responsabilidade. Toda a miña enerxía e atención estiveron adicadas ao deporte. 6) - O deportista de alto nivel está un pouco abandonado á súa sorte en temas como o da cotización á Seguridade Social. Eu que estiven adicada ao deporte de alto nivel tiven que agardar aproximadamente 5 anos para empezar a vivir do meu traballo como deportista ata que cheguei a formar parte da élite. Por outro lado tes o contrapunto da vivencia de experiencias enriquecedoras e únicas. 7) - En certo xeito si, sigo competindo en carreiras populares. Afronto a práctica deportiva doutro xeito, un pouco máis lúdico e adestrando pola miña conta e gústame ver a cantidade de xente que fai deporte a nivel afeccionado. O mundo do atletismo non existiría se non estivese detrás toda esa xente que se adica ao deporte popular. O que teño claro e que me gustan os nenos e axudalos a iniciarse nas prácticas deportivas porque o deporte pódelles reportar moito a nivel educativo e de desenvolvemento persoal.


apeneira Cabildo da Catedral de Compostela vén de anunciar unha nova normativa que reduce o aforo do templo a non máis de 1.200 persoas e organiza os accesos e saídas do recinto. Pero de todas as cuestións que se prantexan, quero supoñer que por cuestións meramente organizativas e de seguridade, a que máis chamou a miña atención foi a imposibilidade de acceder ao interior con mochilas, pero si con bolsos de man. Cando coñecín a noticia supuxen que o asunto das mochilas

O

tería que ver coa seguridade, xa que todo ese asunto do terrorismo islámico estanos volvendo algo paranoicos. Incluso, como sabemos, a catedral foi sinalada como obxectivo polos fanáticos seguidores de Bin Laden e demais mala herba. Pero sendo así, resulta contraditorio que se permita o acceso con bolsos de man. Na actualidade existen modelos que son incluso máis grandes que as pequenas mochilas e que, dende logo, poden agochar no seu interior tanto ou máis perigo en

Edita: EDICIÓNS A PENEIRA CONDADO S.A. Sarmiento Rivera, 17 - 36.860 Ponteareas (Galiza) Telf./Fax: 986 66 09 86 Madrid: Tlf e Fax: 926 547606 - 91 539 52 41 Valencia: Tlf.: 659 50 47 36 Nova Iorque: 86-19,58 Av. Elmhurs - 11373 USA Vigo: vigo@apeneira.com Pontevedra: pontevedra@apeneira.com

Condado: condado@apeneira.com Louriña: lourinha@apeneira.com Baixo Miño: baixominho@apeneira.com Val Miñor: valminhor@apeneira.com Deportes: deportes@apeneira.com Publicidade: publicidade@apeneira.com Impresión: Tameiga Publicacións - Mos - 986 48 74 80 Depósito Legal: OR/57/84

Este xornal imprímese en papel reciclado

Mochilas na Catedral Manrique Fernández xornalista forma de explosivos. Revisando a fondo a noticia que falaba desta nova normativa atopamos algo que nos pode dar unha pista de por onde van os tiros. Cando cheguemos á Catedral disque nos impedirán o acceso se levamos unha mochila, pero

a cara

outra

en cambio porán ao noso dispór algúns puntos con taquillas para que depositemos o petate. E como iso de ter uns armarios cun candado resulta ser moi custoso de manter, vannos aplicar “unha pequena tarifa” que será fixada unilateralmente polo propio

Cabildo. Acabáramos. Velaí o perigo. Ou mellor dito: o uso que algúns fan da psicose colectiva na que nos vemos mergullados por culpa duns fanáticos que viven en Roma. Perdón, quixen dicir alén de Roma. Claro.

AMPARO RODRÍGUEZ

a súas críticas á irresponsabilidade cos recursos naturais. Literatura e cine que trata sobre utopías, como “Nosotros” de Zamiatin ou “Un mundo feliz” de Aldoux Huxley. Tamén Milan Kundera. -Entre as túas últimas actividades está a de modelo para a revista de Ana Rosa Quintana, como foi a experiencia? -Pois iso foi unha experiencia e como todas, un luxo! Ademais divertinme moitísimo diante da cámara. -Repetirás ou cambiarás totalmente de tercio para sorprendernos novamente? -Se podo repetir, repetirei. Non penso dicir que non a nada (a case nada). -Profesora de guión, apaixoada do mar... Sería capaz de vivir sen cambiar incesantemente? -Para min os cambios son sinxelos e fan a miña vida mais fluída e menos pensada. E atinada. Gústame escribir, pero máis aínda pensar que non sigo ningún guión, nin sequera un escrito por min.

ÉRICA ESMORÍS

De veterinaria a guionista e modelo de Ana Rosa A súa paixón polos animais levouna a licenciarse en veterinarias pero foi este mesmo amor a que a levou a deixar a profesión e refuxiarse na súa faceta máis creativa. Guionista de longametraxes e programas de televisión como "Acompáñenos", Érica Esmorís afronta unha nova etapa como modelo da revista de Ana Rosa Quintana. Polifacética, atrevida, cosmopolita e divertida. Esmorís fai unha radiografía do sector audiovisual. -De veterinaria a guionista...por que e por que o guión? -Licencieime en veterinaria hai uns anos. Despois de viaxar polo mundo adiante asenteime de novo en Galicia . Primeiro foron os cans e gatos e logo boteime ao campo, coas vacas, ovellas e cabras... e, aínda que me gustaba, sentía que non estaba a dalo todo. O teatro, que envolvera a nenez cos relatos de Gloria Fuertes ou de moza con Castelao, e as clases de literatura e narración quixeron acompañarme cando deixei a miña cidade para empezar a universidade. E neses cinco anos, nos que a universidade non pasaba só polos libros, o teatro foi o modo de crecer. Pero iso non o aprendín ata que me faltou. Non fixo falta moito tempo lonxe dos textos. Pero esta vez eu quería formar parte do primeiro escalafón da cadea. -Este cambio sorprendeu aos teus? -Non lles foi doado comprender o novo rumbo que lle quería dar a miña vida, nin o sinxelo que resultou para min. En cuestión de días tomei a decisión e colguei as botas de goma. Agora case ninguén lembra a que me dedicaba antes.

Asociación Española de Editoriais de Publicacións Periódicas

-Pensas que o mundo da televisión pode ser menos cruel co da ciencia? -Ben é certo que ser veterinaria non é fácil, e non me refiro a dar co diagnóstico exacto (se os animaliños falaran canto máis doado lles sería aos veterinarios!), senón a tratar xustamente coas persoas. Pero tampouco o considero cruel. Tes que afacerte, “inmunizarte”, e eu non quixen. A televisión non doe, polo menos da maneira que doen os animais, e si quixen e puiden afacerme. -Que sabor de boca che deixou o teu paso polo programa emitido en TVG "Acompáñenos”? -“Acompáñenos” non foi nin o primeiro nin o meu último traballo en televisión, pero si quizais o que máis me impuxo: dúas horas diarias e en directo! Era moito traballo! De pronto falabamos da familia Durcal como de seguido tiñamos un reporteiro en directo nun dos barrios máis marxinais de Galicia. Aprendín, que é o segundo mellor que se pode dicir dun traballo; e fixen boas amizades, que é, como non, o mellor que se pode dicir dun traballo. -Como guionista, que botas

Érica Esmorís fotografíada por Serafín Tilve

de menos na galega? -Creo que a revolución dixital está chegando pouco a pouco a Galicia e deberiamos xa facer un esforzo e mirar máis cara as novas tecnoloxías e os contidos que se precisan. Formatos curtos, cunha produción mínima, e cun contido atractivo. Gracias a youtube e similares afácemonos a ver o que queremos e no momento que queremos, e non nos importa tanto a calidade (nin de imaxe, nin de son, nin de localizacións...) como o contido: o continente non importa tanto, importa o contido. -Se puideses pedir un desexo, que pedirías para o audiovisual galego? -Que teña ben abertos os ollos e que saiba adaptarse á demanda dos galegos. Youtube, Series Yonkis, Emule están aí. Os mozos pasan xa máis tempo no ordenador

que diante da tele. Á publicidade interésalle xusto a franxa de idade que pasa máis tempo conectada a Internet. -Detrás dunha boa película, hai un bo guión? -Iso sempre! O guión o é todo... o comezo e a guía. Pero non sei por que acaba sendo o traballo menos recoñecido. O guionista ten un pouquiño de todo: de produtor, de director e mesmo de actor. - Que referencias narrativas e culturais tes para abordar un guión? -Gústame todo o relacionado co xénero artístico do realismo máxico. En literatura, por suposto, García Márquez ou Juan Rulfo, e cine filmes como “Whale Rider” de Niki Caro, ou autores como Julio Medem. Tamén todas as películas de Miyazaki, un auténtico xenio, e

Afeccionada a: improvisación Un sitio web: www.notcot.org (vale a pena) Un lugar onde refuxiarse: as Illas Cíes Unha película: “A princesa Mononoke” de Hayao Miyazaki Un libro: “Cien años de soledad” de Gabriel García Márquez Un cadro: “Choiva, vapor e velocidade” de William Turner Un momento do día: o momento de mergullarme na auga

A Peneira 503  

Nova edición do Xornal A Peneira.