Pallares UN
Orientación
UAIS IG E IA R C T N N IE E C N ÍA O R C O O IT N T A A N Amparo Veiga Vila CU RSOUCO TE I oso escolar ac o d n ió c n ve re p a Programa para
Departamento de Orientación
O programa Titoría Entre Iguais naceu en Barcelona, no IES Front Maritím, da man do psicólogo Andrés González Bellido e un grupo de profesores e profesoras preocupados pola prevención do acoso escolar no seu centro educativo. Despois de case dez anos de experiencia, e tras irse estendendo por diversos colexios e institutos da península, a finais do pasado curso chegou a nós grazas a Magú Puchades-Tella Villamarín, orientadora no IES do Camiño, que nos convidou a varios centros da contorna a participar na formación, sendo esta imprescindible para poder poñer en marcha o TEI no colexio.
vítima e coa intencionalidade do agresor ou agresores de facer dano. Trátase neste programa de incidir nos pasos previos a estas situacións que poden resultar dramáticas, é dicir, trátase de educar para dicir “non” a certos comportamentos que case temos asumidos coma normais no día a día do colexio. As burlas, os motes, o illamento social, o destrozo dos materiais...son algunhas das condutas que non queremos que sigan sucedendo e que soamente coa participación de todas e todos poderemos ir mudando. Así mesmo, parte da sensibilización vai dirixida a coñecer o chamado triángulo do acoso escolar onde se explica o papel que desenvolven as vítimas, os agresores/as e os espectadores, sendo estes últimos un elemento fundamental para que a situación se agrave e perpetúe coma para que poida pararse a tempo.Trátase aquí de concienciar á comunidade educativa da responsabilidade que temos de denunciar situacións inxustas nas que un ou uns compañeiros/as lle fan a vida imposible a outro/a.
Un grupo de sete profesoras e profesores formámonos durante unha fin de semana, tan intensa coma produtiva, de finais do mes de xuño de 2014. Acordamos co resto do profesorado alí asistente empezar a poñer en marcha de maneira coordinada esta experiencia nos respectivos centros educativos (IES do Camiño de Palas de Rei, IES de Monterroso, CPI Dr López Suárez de Friol e CPI Tino Grandío de Guntín).
ESPECTADORES
No CPI Tino Grandío comezamos a andaina aló polo mes de outubro facendo unha xornada de sensibilización co profesorado e presentando aos compañeiros/as as fases das que constaba este programa, despois veu a formación de titores e titoras de 3º e 4º de ESO, a sensibilización do alumnado de 1º da ESO e as charlas coas familias do alumnado.
VÍTIMAS
AGRESORES
Como se organiza a intervención? O gran protagonista desta iniciativa é o alumnado xa que a meirande parte dos conflitos os van resolver entre eles de xeito pacífico e a través do diálogo. Os rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO que, tras a xornada de sensibilización quixeron voluntariamente participar como titores e titoras emocionais do alumnado que comezaba a etapa de ESO, foron os grandes responsables do funcionamento desta estratexia educativa. Cada alumno/a de 3º ou 4º foi nomeado titor/a
Pero que é a Titoría Entre Iguais? É unha estratexia educativa para fomentar a convivencia escolar e previr o acoso no centro. Máis aló das actividades que propón, trata de ir construíndo entre todos unha cultura da paz e da non violencia. Podemos dicir que o acoso escolar existe cando se dá unha agresión repetida durante un período longo de tempo, sen provocación por parte da 24