Lei de Protección de Datos. Guía para familias e alumnado

Page 1

Guía sobre Protección de Datos

2

1. De que estamos a falar?

No ámbito educativo teñen a cualificación de datos persoais do alumnado o seu nome e apelidos, o seu número de teléfono, o seu domicilio, o correo electrónico, etc., e tamén os datos relativos ás cualificacións, ás ausencias xustificadas ou inxustificadas e ás fotografías ou vídeos (imaxe persoal).

Dentro do sistema educativo, se tratan tamén datos relativos ás persoas proxenitoras e á contorna familiar ampla do alumnado, do persoal que presta servizos no ámbito educativo (profesorado, persoal non docente…), e mesmo doutras persoas que inciden accidentalmente na vida escolar.

3

2. Principios da protección de datos

O tratamento dos datos persoais no ámbito educativo presentan as seguintes peculiaridades:

2.1 Principio de licitude, lealdade e transparencia

Os datos persoais serán tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación coaspersoas interesadas.

Unicamente poderá realizarse o tratamento de datos persoais ao abeiro dalgunha das bases lexitimadoras ás que se refire o artigo 6 do RXPD. (Regulamento Xeral de Protección de datos)

A obriga de transparencia e información implica que no momento da recollida dos datos persoais se debe facilitar ás persoas interesadas, aínda que non sexa necesario o seu consentimento para o tratamento dos seus datos, información sobre puntos como os seguintes:

» identidade da persoa responsable do tratamento:

» datos de contacto do/a DPD. (Delegado de Protección de Datos)

» finalidade para a que se solicitan os datos persoais (por exemplo, para o exercicio da función educativa ou para difundir e dar a coñecer as actividades do centro).

4

» base lexitimadora para o tratamento dos datos.

» persoas destinatarias dos datos persoais.

» dereitos das persoas interesadas e onde exercitalos.

» prazos de conservación dos datos.

» dereito a presentar unha reclamación diante da autoridade de control (Axencia Españolade Protección de Datos).

Todos os documentos a través dos que se recollan datos persoais deberán incluír a correspondente cláusula informativa.

2.2 Principio de limitación da finalidade

Os datos persoais deben ser recollidos con fins determinados, explícitos e lexítimos, e non poden ser tratados ulteriormente de maneira incompatible cos devanditos fins. Isto supón que os datos deben recollerse para unha finalidade concreta que debe coñecer a persoaafectada.

2.3 Principio de minimización de datos

Só deben recadarse os datos persoais que sexan adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados. Non poden recollerse datos máis alá do estritamente necesario para a finalidade que se pretende conseguir en cada caso.

2.4 Principio de exactitude

Os datos deben ser exactos e, se fose necesario, actualizados. Adoptaranse todas as medidas razoables para que se supriman ou rectifiquen sen dilaciónos datos persoais que sexan inexactos con respecto aos fins para os que se tratan.

5

2.5 Principio de limitación do prazo de conservación

Os datos deben ser mantidos de forma que se permita a identificación das persoasinteresadas durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento.

2.6 Principio de integridade e confidencialidade

Os datos persoais deben ser tratados mediante a aplicación de medidas técnicas ou organizativas apropiadas, de tal maneira que se garanta unha seguridade adecuada, incluída a protección contra o tratamento non autorizado ou ilícito e contra a súa perda, destrución ou dano accidental.

6

3. DEREITOS DAS FAMILIAS EN RELACIÓN AO COLEXIO

1. Acceso

Permite aos titulares dos datos coñecer información sobre se os seus datos están a ser obxecto de tratamento, con que finalidade, que tipo de datos ten o responsable do tratamento, a súa orixe (se non proceden dos interesados), e para quen están destinados.

Está excluído da documentación accesible o expediente académico, que se rexe normativa independente, salvo se este comprende datos especialmente protexidos, como información clínica. Se se dá esta situación, o colexio haberá de facer unha copia deste apartado para a súa entrega.

Poderá exercerse o dereito de acceso unha vez cada doce meses, a non ser que se acredite un interese lexítimo, só entón poderá solicitarse o acceso con anterioridade.

7

Rectificación

Permite corrixir erros, modificar os datos que resulten ser inexactos ou incompletos e garantir a certeza da información obxecto de tratamento. En canto á rectificación de cualificacións de exames ou traballos ou expediente académico, tamén está regulada por outra normativa.

Cancelación

Permite que se supriman os datos que resulten ser inadecuados ou excesivos. A revogación do consentimento dá lugar á cancelación dos datos cando o seu tratamento estea baseado nel. Sobre os datos do expediente académico, serán cancelados unicamente cando este xa non estea en prazo de ser solicitado polos estudantes, mentres que os de saúde pasarán a cancelarse unha vez finalizada a escolarización do alumno.

Oposición

É o dereito do interesado a que, por motivos relacionados coa súa situación persoal, non leve a cabo o tratamento dos seus datos de carácter persoal ou se cese no mesmo.

Dereito ao esquecemento

Permite á persoa que o solicita desapareza dos sistemas. Este dereito está recoñecido para casos graves como o falecemento dunha persoa.

8

Dereito á portabilidade

A persoa que o solicita pode pedir que todos os datos que ten a entidade sobre ela mesma se lle envíen nun formato lexible, alcanzable e fácil de ler (unha folla de cálculo é o exemplo máis claro).

Obriga de contestar aos interesados

Dita obriga é ineludible, mesmo cando non se dispoña dos datos sobre os que verse o dereito exercitado, nese caso haberá que responder no devandito sentido, informándolles do dereito para presentar unha reclamación diante a Axencia Española de Protección de Datos.

Tfno:

cpi.tino.grandio@edu.xunta.gal

9 MÁIS INFO: CPI Plurilingüe Tino Grandío
982870363
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.