PLAN DE FORMACIÓN ANUAL
GRANDÍO
2024/2025
1. DESCRICIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO EDUCATIVO
Traballamos nun CPI rural da provincia de Lugo. A base socioeconómica do entorno é do sector primario sendo prioritaria a gandería. O centro é dunha soa liña dende Educación Infantil ata 4º de ESO. O 79% do alumnado é usuario do transporte escolar e comedor. O claustro está formado por 28 profesores no curso actual.
Trátase dun centro no que tratamos de actuar como unidade a pesares de albergar etapas tan diferentes do sistema educativo. Así participamos de forma conxunta en plans de innovación e proxectos varios. Vimos traballando dende hai anos no PLAMBE, no Club de lectura de alumnado e adultos e club de ciencias. Fomos centro Abalar dende os comenzos e agora participamos e Evaedixgal. Contamos dende hai anos con seccións bilingües en 2º de ESO na área de Música e 4º de ESO nas áreas de Música e Xeografía e Historia (neste curso só se atopa activa a de 2º ESO) e en Educación Infantil e Educación primaria na área de Educación Artística formamos parte da rede de centros plurilingües.
Participamos activamente cada ano nos Contratos-Programa fóra do horario lectivo. Vimos participando dende o seus comenzos nos Plans Proxecta. Durante este curso participamos nos seguintes programas:
- Programas de éxito educativo: PROA+, Club de ciencias, E- DIXGAL e Proxectos de inclusión educativa (PIE).
- Plan Proxecta: Clases sen fume
Ademais continuamos poñendo en practica a robótica en EP e nos cursos anteriores formámonos mediante una PFPP en Educación Emocional e na elaboración do Plan Dixital de centro. Tamén este curso comezamos a poñer en práctica o programa de prevención do Acoso Escolar, TEI "Titoría entre Iguais", neste caso entre os cursos 3º e 5º EP e 1º e 3º ESO. Para poñela en práctica de maneira satisfactoria estamos a formarnos
mediante un PFPP que conta cun seminario que leva por título Avanzando no programa Titoría entre iguais, que xa comezou o curso pasado no que recibimos formación de profesorado con ampla experiencia no tema.
Ademais este curso o noso PFPP consta dun seminario que leva por título “Iniciación á metodoloxía Maker nos Polos Creativos” xa que estamos a recibir un amplo abano de material e o profesorado do centro queremos estar o suficientemente formados para poder sacar o máximo partido a estes recursos co noso alumnado.
2. METODOLOXÍAS DIDÁCTICAS NO CENTRO
A metodoloxía de traballo no centro trata de fomentar o traballo en equipo, comenzando polo profesorado. Únense metodoloxías diversas dende algunhas máis tradicionais ata outras mais innovadoras e relacionadas coas TIC.
Tratamos de ser un centro inclusivo onde se atenda ás necesidades educativas e ás características individuais de cada alumno ou alumna. Contamos con medidas de atención á diversidade como a participación no programa PROA+ e Proxectos de inclusión educativa (PIE) cunha metodoloxía activa e participativa dentro do horario lectivo. En Primaria tratamos de respectar que o alumnado reciba o apoio por parte da profesora de PT e AL dentro da súa aula, sempre que esta medida sexa a máis adecuada para o alumno ou alumna. Ademais tamén levamos a cabo apoio dentro da aula do profesorado con dispoñibilidade horaria para apoiar ao alumnado con dificultades de aprendizaxe nas distintas materias e contamos xa dende fai varios cursos coa figura do mestre de PROA + (xeralmente con perfil de PT) para apoiar o alumno con NEAE de todas as etapas educativas.
3. RECURSOS
En xeral as instalacións do centro están coidadas e dan resposta ás necesidades actuais, se ben podemos atopar certos déficits no pavillón, sobre todo na zona de aseo e vestiarios, e na pista exterior de xogo.
Os recursos tecnolóxicos melloraron considerablemente nos últimos cursos tendo un bo funcionamento xeral. Todas as aulas contan con pantallas dixitais que foron instaladas entre o curso 2023/2024 e comezos do actual .
Con respecto aos recursos persoais podemos sinalar como fortaleza a estabilidade dunha gran parte do claustro e coma debilidade non poder contar co profesorado suficiente para atender de xeito óptimo ao alumnado, tendo en conta que temos un número proporcional moi elevado de alumnado con NEAE e que a falla de recursos culturais na contorna fai necesaria a figura dunha escola compensadora das desigualdades se a comparamos cunha escola dunha vila ou cidade
4. OBSERVACIÓN DE DÉFICITS E FORTALEZAS NA AULA.
En cursos anteriores, dende o departamento de orientación, fíxose unha análise das circunstancias que observábamos e que en ocasións impedían o correcto funcionamento do centro e das aulas en particular.
En referencia ao clima de centro e aula a relación entre os iguais e a relación do centro coas familias apareceron como factores deficitarios e que era preciso mellorar. A raíz da posta en marcha do programa TEI observamos que a relación coas familias neste eido é fundamental que sexa estreita e compartamos conceptos que fagan posible unha convivencia baseada na cultura de Paz. Consideramos importante poder formar e manter unha relación fluída coas coidadoras do comedor e do transporte escolar coma necesidade fundamental para erradicar calquera condutas relacionadas co acoso escolar.
A mellora deste clima de centro e de aula tamén está detrás do plan de formación do profesorado relacionado coa Educación Emocional e que continúa nestes momentos a través do programa TEI que tantos beneficios trouxo á comunidade educativa desde o punto de vista persoal e social.
A actitude do profesorado é de disposición a formarse e participar en proxectos e esta é unha das fortalezas coas que contamos.
5. OBXECTIVOS DE MELLORA A CURTO E MEDIO PRAZO
Os obxectivos que nos propoñemos mellorar a curto e medio prazo coa posta en práctica deste Plan de Formación son:
- Responder ás demandas da comunidade educativa en materia de xestión de emocións e de prevención do acoso escolar.
- Reflexionar e modificar as metodoloxías para facer do noso centro unha verdadeira escola inclusiva.
- Mellorar a relación e as canles de comunicación centro-familia.
- Mellorar a integración didáctica das TIC no noso centro e as aprendizaxes a través da metodoloxía maker que consiste en aprender de forma colaborativo elaborando elementos dixitais ou manuais .
6. LIÑAS DE TRABALLO
Para conseguir estes obxectivos centrámonos en dúas liñas de traballo:
- A Convivencia escolar e o clima de aula. Centros saudables. Relacións coas familias.
- Polos Creativos. Uso de novas tecnoloxías na aula. Novos métodos de ensinoaprendizaxe.
7. ITINERARIOS
Os itinerarios de formación son dous:
- Ano 2: Avanzando no programa de Titoría entre iguais.
- Ano 1: Iniciación á metodoloxía maker nos Polos Creativos.
8. EQUIPO DE FORMACIÓN
O Equipo de Formación do noso centro está formado polo profesorado seguinte:
- DE LA FUENTE COBAS MARÍA BELÉN
- ABUÍN GÓMEZ, PATRICIA
9. ACTIVIDADES ASOCIADAS
O noso PFPP con código L2431002 para este curso coas seguintes actividades:
ACTIVIDADE
PFPP L2406032 Iniciación á metodoloxía Maker nos polos creativos
L2406031 Avanzando no programa TEI
MODALIDADE HORAS PARTICIPANTES
Seminario 20 11
Seminario 20 11
10. AVALIACIÓN DO PLAN DE FORMACIÓN
Os itinerarios formativos terán un plan de avaliación e seguimento que será levado a cabo pola persoa coordinadora e o equipo de formación. Así mesmo o Plan de Formación será un tema tratado de maneira periódica na CCP ou de ser o caso no claustro coa finalidade
de avaliar o proceso e tamén de facer partícipe ao profesorado non participante dalgunha das actividades. Todas as suxestións, preguntas e achegas serán recollidas nas diferentes reunións nas que se trate o PFPP.
Para avaliar o noso Plan de Formación centrarémonos en dous aspectos:
- A aplicación da formación á aula
- O impacto da formación na aula
10.1. A aplicación da formación á aula.
O enfoque que queremos darlle ao noso plan de formación é eminentemente práctico polo que a formación e a posta en práctica das medidas irán paralelas no tempo dende o comezo do PFPP tendo en conta a situación previa á formación e as melloras despois da implantación no PFPP. Dende o principio valoramos a necesidade de formarnos no centro para dar resposta de maneira concreta ás situacións educativas que vivimos nas nosas aulas no día a día durante o proceso de ensino aprendizaxe.
Con respecto ao itinerario de Mellora da Convivencia valoraremos o emprego do programa TEI para a mellora da convivencia escolar durante o desenvolvemento do plan, procurando que o profesorado participante na formación valore e realice actividades co alumnado de información, formación e cohesión para mellorar a convivencia escolar.
En canto ao itinerario de uso educativo dos polos creativos pretendemos lograr a realización de actividades educativas de elaboración e construción creativa dixital e manual, tendo en conta que polos menos o 75% do profesorado participante na formación realice algunha actividade educativa na que se empreguen os recursos dos Polos Creativos.
10.2. Impacto da formación na aula
O impacto na aula do itinerario de Uso educativo dos Polos Creativos, valorarase analizando si o alumnado é quen de interactuar cos recursos dixitais e manuais de xeito autónomo e creativo nalgún grupo-clase traballando colaborativamente na creación de proxectos maker empregando o material de Polos Creativos recibido no centro.
Con respecto á valoración do impacto na aula do itinerario de Mellora da
Convivencia: TEI valorarase analizando se houbo unha melloría na convivencia no centro desde que se puxo en práctica o programa e polo tanto se está a previr o acoso escolar.
Guntín 04 de Decembro de 2024
Coordinadora de Formación do Profesorado V. e pr. Directora
Asdo. : María Belén de la Fuente Cobas
Asdo.: Patricia Abuín Gómez