Pallares 2024

Page 1

Pallares

Revista do CPI Plurilingüe Tino Grandío - Guntín - 2023/2024 - Nova época - Ano XXIII - Nº23
Pallares 23 2023-2024 2
Pallares 23 2023-2024 3 Índice: OS PIRATAS DO CPI TINO GRANDÍO 4 ACTIVIDADES EN PRIMEIRO DE PRIMARIA 7 TECENDO HISTORIAS EN 2º DE PRIMARIA......................................................................................10 ENTROIDO (SURFEANDO NAS ONDAS)...........................................................................................12 O RAP DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 15 EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA 16 ENGLISH IS COOL AT SCHOOL!........................................................................................................17 O BREAKING NAS GUNTÍN OLIMPÍADAS 19 EXCURSIÓN Á CORUÑA 21 EXCURSIÓN DO CLUB DE CIENCIA ..................................................................................................22 INTERVIEW TO LÉNA KOSKINEN.....................................................................................................24 LUÍSA VILLALTA 26 COMPOSITORAS GALLEGAS 31 MUJERES COMPOSITORAS DE BANDAS SONORAS.........................................................................32 COMPOSITORAS ESPAÑOLAS .........................................................................................................33 DESDE O CLUB DE LECTURA 35 ALGUNHAS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA......................................................................................37 SUXESTIÓNS DE LECTURA DO NOSO ALUMNADO .........................................................................39 INSPIRADOS POR CAMPEONEX 40

OS PIRATAS DO CPI TINO GRANDÍO

Alumnado de educación infantil

Pallares 23 2023-2024
Pallares 23 2023-2024 5

Para calcular o noso nome, buscamos que nos corresponde polo día e mes do noso aniversario:

MES DO TEU ANIVERSARIO

XANEIRO – BARBA

FEBREIRO – PATA

MARZO – GARFO

ABRIL – PÉ

MAIO – DEDO

XUÑO – CAPITÁN (A)

XULLO – MARIÑEIRO/A

AGOSTO – TERRIBLE

SETEMBRO – OLLO

OUTUBRO – TIBURÓN

NOVEMBRO – MAN

DECEMBRO - ÁNCORA

Pallares 23 2023-2024
DÍA
7
10
13
NEGRO/A 16
19
ANCHO/A 22
DOS 7 MARES 25 / 26 / 27 – DAS ONDAS 28 / 29 / 30 / 31 - AMIGABLE
DO ANIVERSARIO 1 / 2 / 3 – VERMELLO/A 4 / 5 / 6 – DE PAU
/ 8 / 9 – AFIADO/A
/ 11 / 12 – DE OURO
/ 14 / 15 –
/ 17 / 18 – RÁPIDO7A
/ 20 / 21 –
/ 23 / 24 –

ACTIVIDADES EN PRIMEIRO DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 1º de Primaria fixemos moitas actividades en grupo.

VELAQUÍ ALGUNHAS

Xogos cooperativos

Xogo de presentación: “Tea de araña”

Xogos cooperativos

No magosto comemos castañas nuns cestos superchulis!

Celebramos o Samaín disfrazándonos de personaxes terroríficos.

Pallares 23 2023-2024 7

Cóntame un conto.

Unhas sesións de contacontos pola igualdade, colaboración alumno de 4º da ESO e alumnas de 6º de primaria

Polo Nadal interpretando en linguaxe de signos a panxoliña “ Chegou o Nadal”

Polo Entroido disfrazámonos de ciclistas olímpicos.

Pallares 23 2023-2024 8

Cantándolle a Rosalía.

Celebrando o día da muller traballadora.

Tempo de lectura ao aire libre.

“Aire por aquí, aire por alá”.

Creando o noso muíño de papel.

Pallares 23 2023-2024

TECENDO HISTORIAS EN 2º DE PRIMARIA

Levabamos tempo pensando que facer coa máquina de coser que tiñamos na clase. E, por fin tivemos unha idea!! Aquí vos mostramos algunhas actividades que cosemos coa nosa máquina.

Completamos as clases de Ciencias con información de libros que collemos na biblioteca

Fomos engadindo cousiñas coma un rueiro de Pamplona ou o folleto que trouxemos do Vello Cárcere…

E, mentres estabamos a editar este artigo, andabamos facendo unha actividade de escritura na que, a partir de catro contos descoñecidos para nós, tiñamos que imaxinar unha historia usando como referencia a súa portada.

Alumnado de 2º de educación primaria

Despois dos libros informativos, collemos contos e libros para a hora de ler e fixemos fichas de lectura nas que nos familiarizamos con datos como o autor e a editorial dun libro.

Pallares 23 2023-2024 10

A verdade é que nos deu moito que pensar, que escribir e que debuxar, pero estamos contentos porque nos quedaron traballos moi chulos!

Pallares 23 2023-2024 11

ENTROIDO (SURFEANDO NAS ONDAS)

Alumnado de 3º de educación primaria

Na clase de 3º disfrazámonos de surfistas dentro da temática do Centro que este ano xiraba en torno ás Olimpíadas.

Igualdade

Traballamos pola igualdade e a non violencia de xénero realizando cartaces para expoñer na biblioteca e para o photocall.

Saídas

Os alumnos e alumnas de 3º de educación primaria fixemos un par de viaxes para aprender cousas moi interesantes.

Na excursión á queixería Arqueixal aprendemos a elaboración dun queixo e... puidemos facer un queixo coas nosas propias mans! Que rico estaba!

Pallares 23 2023-2024 12

Tamén realizamos unha viaxe a Santiago xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 4º. Nesta viaxe puidemos coñecer un pouco máis do mundo das abellas. Incluso nos puidemos meter no traxe de apicultor!

Á dereita podedes ver a trampa para a velutina: auga, azucre e fermento de pan.

Tamén fomos á cidade da cultura onde puidemos gozar da realidade virtual que nos gustou moitísimo e despois demos unha voltiña polo centro histórico de Santiago onde sacamos unha foto coas Marías.

Pallares 23 2023-2024 13

Traballos de aula

Na clase de Ciencias Naturais fixemos diferentes traballos para aprender un pouquiño máis sobre a naturezae ascousasquenos rodean.

Sementamos patacas, lentellas, xudías, allos, pementos, leitugas e algunha planta ornamental e… non senosdeu nada mal!

Tamén elaboramos diferentes ecosistemas con plastilina: selva, polos, bosque, mar, deserto.

Pallares 23 2023-2024 14

O RAP DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Alumnado de 4º de educación primaria

Os nenos e nenas de 4º E.P ímosvos demostrar o ben que sabemos rapear.

Ao compañeiro Lucas gústalle moito argallar e moito nos fai "gargallar".

E de Sabela que vos imos contar... compañeira coma ela non a ides atopar!

Se a nosa Sofía queredes contentar, unhas cantas apertas tedes que preparar.

A nosa compañeira María dáselle moi ben a poesía, por iso a Lucía gústalle moito estar con María.

A nosa compañeira Marina é moi boa bailarina.

A Irene gústalle moito a neve, mentres que Adrián prefire ir ao San Froilán.

A nosa Laura é moi ordenada e... todos os seus cadernos son... unha pasada!

A nosa mestra Isabel non lle gusta o mel, prefire un bo café

Pallares 23 2023-2024 15

EXCURSIÓN

A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Alumnado de 4º de E. Primaria

O día 19 de marzo do 2024, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria fomos de excursión a Santiago de Compostela.

Primeiro, todos subimos ao autobús coas nosas parellas e ao cabo dun tempo chegamos a Arzúa.

En Arzúa vimos como eran as abellas e contáronnos o que facían: limpan a súa colmea, alimentan as súas crías, constrúen o seu fogar e deféndeno. Despois vimos como son as abellas (molou moito) e tamén nos dixeron o proceso para facer mel.

Despois, todos os compañeiros e compañeiras fomos no autobús ata Santiago de Compostela e dirixímonos ao espazo Gaiás, que está na Cidade da Cultura. Alí, uns guías leváronnos a unha sala de realidade virtual e tivemos que poñer lentes que non son de ver, nin de sol; son unhas lentes 3D con son. Unha vez que estivemos ben preparados e preparadas, en grupos de catro entramos a sala na que había distintos ecosistemas. Primeiro, un axolote nadaba nunha peixeira e deixámolo en terra firme; fomos por unha ponte e tocamos auga dunha cascada; liberamos a un mono dunha gaiola e tocamos unha serpe. Despois fomos tocar un oso e ver unha fogueira, un cacto, unhas focas e un elefante. E tocamos unha balea e un tiburón!

Máis tarde, cando xa saimos da sala de realidade virtual, fomos ver unha exposición de José María Barreiro, na que había moitos poemas, cadros e esculturas. Foi moi bonito e divertido.

A verdade é que a estas alturas necesitabamos un descansiño e repoñer forzas entón paramos a xantar.

Cando rematamos fomos ver a catedral de Santiago de Compostela e gustounos moito. Había moitos peregrinos que estaban moi cansos e moi felices. Para rematar demos un pequeno paseo por Santiago ata a Alameda e atopamos as “DÚAS MARÍAS” tamén coñecidas como “ AS DÚAS EN PUNTO”.

Pero todo o bo remata e tivemos que volver para Guntín ...Iso si, cantando todo o camiño no autobús.

Pallares 23 2023-2024 16

ENGLISH IS COOL AT SCHOOL!

En 5º de primaria fixemos moitas actividades en Art, relacionadas con diferentes festividades: o Día da Paz, o Día

Internacional da Muller… somos moi creativos!

Alumnado de 5º de educación primaria

Nas olimpíadas de Guntín, participamos como xogadores de rugby, fomos os mellores All Blacks de Nova Zelanda da contorna!

Léna ensinounos unha canción para rifar en inglés moi pegadiza…

Xunto co alumnado da ESO, participamos nun intercambio postal de español-inglés cun colexio dos Estados Unidos, presentándonos primeiro en inglés e tamén contando un pouco de nós en español. Estabamos moi impacientes por recibir as súas cartas.

Pallares 23 2023-2024

Que alegría cando as recibimos! ☺ ☺ ☺

Gústanos moito falar en grupo nosas cousas con Léna en inglés.

Pallares 23 2023-2024

O BREAKING NAS GUNTÍN OLIMPÍADAS

Este ano celébranse as Olimpíadas de París 2024 e os alumnos e alumnas de 6º de Primaria celebrámolo disfrazándonos de B-boys e B-girls, deportistas que bailan Break Dance que é un estilo de baile urbano que debutará nestas olimpíadas.

Os xogos olímpicos ou olimpíadas, reciben este nome porque orixinalmente se celebraron na cidade de Olimpia (Grecia), celébranse cada catro anos. Nestes eventos deportivos multidisciplinarios participan atletas de todo o mundo.

Alumnado de 6º de educación primaria

Os primeiros xogos da era moderna celebráronse en Atenas no ano 1896 e participaron 291 atletas homes (non houbo participación feminina) de Alemaña, Australia, Francia, Gran Bretaña, Suecia, Suíza, Chile, Hungría, Grecia, Bulgaria, Dinamarca e Estados Unidos e competiron en dez deportes distintos (ciclismo en ruta, ciclismo en pista, atletismo, ximnasia artística, esgrima, tiro, natación, tenis, levantamento de pesas e loita). Este ano temos sorte porque no verán celebraranse novamente os Xogos Olímpicos.

Os xogos olímpicos de París 2024 transcorrerán entre o venres 26 de xullo ata o domingo 11 de agosto do 2024 na capital francesa. París xa acollera os xogos en 1900 e 1924 .É dicir, celebraranse exactamente 100 anos despois de que os acollera por última vez. Por outra banda os Xogos Paralímpicos terán lugar desde o 28 de agosto ata o 8 de setembro de 2024.

No centro decidiuse que no Entroido íamos facer unha Guntín Olimpíadas e os alumnos e alumnas de 6º de primaria decidimos escoller un deporte olímpico pouco coñecido e que se incorporou por primeira vez, o breaking. O breaking é un estilo de baile da rúa que se orixinou en EEUU e que se practica en moitos países de todo o mundo. Componse de catro elementos principais: top rock, down rock, movementos de potencia e conxelacións. Co recoñecemento do breaking como deporte olímpico seguro que segue crecendo a súa popularidade. Tres españois, un B-boy e dúas B-girls, competirán nas Series de Clasificación Olímpica e son o B-boy XAK, a B-girl Furia e a B-girl Raw-Law. En Galicia o B-boy David Amor e a B-girl Mini Ali son os máis coñecidos.

Para poder caracterizarnos de B-boys e B-girls primeiro buscamos información a partir duns documentos que nos colgou a nosa titora Belén en Eva-Edixgal sobre a historia olímpica e o Break Dance.

Pallares 23 2023-2024 19

Despois tivemos que escoller entre dúas cancións que eran JUMP e Gimme that. Esta última foi a que empregamos nas Guntín Olimpíadas.

A continuación tocou elixir a vestimenta e decidímonos por un estilo urbano, en concreto disfrazámonos cunha gorra, un suadoiro co noso dorsal que elaboramos na clase e un chándal.

Xa por último tivemos que aprender un baile ensaiando e bailando... na clase e na casa.

Esperamos que o pasarades ben véndonos bailar!!!

Pallares 23 2023-2024 20

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Nerea López de 1º de ESO

Pallares 23 2023-2024

EXCURSIÓN DO CLUB DE CIENCIA

Uxía, Sara, Lucía, Jero e Raúl

Este curso no Club de Ciencia pasámolo moi ben! Fixemos moitos experimentos pero sen dúbida o que máis nos gustou foi ir de excusión a Asturias! Fomos os cinco alumnos do Club: Sara, Uxía, Lucía, Raúl e Jerónimo e dúas profesoras: Laura (de Xeografía e Historia) e María (de Bioloxía)

Xusto á volta da Semana Santa, o día 2 de aímos as 9.30 do Estivo moi ben ver como os nosos compañeiros entraban ás aulas e nos ao bus que nos ía levar á nosa aventura. Despois de unha hora de camiño, ntes de chegar a Asturias paramos tomar algo no Asador de Barreiros. Estarricamos as pernas, descansamos e despois seguimos a nosa

Unha hora máis tarde chegamos ao noso primeiro destino asturiano: Cudillero, unha vila costeira moi bonita con casas de cores que puidemos observar mellor dende un miradoiro ao que subimos con algo de esforzo, pero serviunos para abrir o apetito!

Despois paramos a comer nun restaurante a uns 10 min de Cudillero e fíxonos moita gracia xa que Laura pediu un coitelo e un garfo para comer unha mandarina. Nunca viramos tal cousa! A verdade é que ten moita maña comendo a froita con cubertos! Neste restaurante comemos uns cachopos moi ricos!

Despois de comer, continuamos rumbo a Gijón e cando chegamos deixamos as cousas no hotel e fomos dar un paseo. É unha cidade moi fermosa! Á tardenoite volvemos ao hotel para poñernos guapos para ir cear unhas hamburguesas cas nosas profes. Estaban boísimas!! Cando acabamos, fomos dar un paseo polo paseo marítimo, pasámolo moi ben xa que nos puxemos a cantar e bailar nun banco e mandámoslle un vídeo para mandarlle saúdos á nosa titora Pili, e xa nos retiramos cara que, por certo, estaba xenial!

Pallares 23 2023-2024 22

Ao día seguinte, levantámonos as oito, almorzamos no bufete do hotel e logo fomos ao Acuario Bioparque Vimos moitos animais tanto de auga doce como marinos e o que máis nos gustou foi o axolote, unha tartaruga e o tiburón. Antes de marchar, tomamos algo alí e compramos uns detalliños para as nosas familias

Despois visitamos a Vila romana de Veranes, onde percorremos todas as estancias e vimos un mosaico moi grande e fermoso. Despois fomos comer a un restaurante antes de emprender o camiño de volta á casa. Polo camiño paramos tomar algo nunha cafetería e xa volvemos para Guntín. Pasámolo moi ben xa que nos rimos moito e foi unha viaxe inesquecible!

Pallares 23 2023-2024 23

INTERVIEW TO LÉNA KOSKINEN

ABOUT LÉNA

Celia Alonso: What did you study? Why did you choose it? And did you finally enjoy it?

Léna: In college I studied Public Policy. I chose it because I have a strong belief in public service and I really enjoyed it by the end of my college career.

Víctor Gómez: What is your favourite book?

Léna: My favourite book is probably Game of Thrones, I think.

Juan Loyo: What is the strangest dish you have ever tasted?

Léna: I think the strangest dish I've ever tasted was haggis when I visited Scotland. Not a big fan.

Alumnado de 3º e 4º de ESO

David Fernández: What do you think of this school?

Léna: I love this school a lot. I always went to very large institutions so it is nice to recognise every single person in this school every day.

Sergio Rodríguez: Do you have a driver's license?

Léna: I do have a driver's licence. I got my temporary license when I was fifteen and a half years old, and I started driving legally when I was sixteen.

Alejandro Romay: What is your favourite place in United States?

Léna: My favourite Place in United States is a small city in the northern part of Michigan called Marquette. My grandparents grew up there and went to the university there, and I visit it every summer.

Pallares 23 2023-2024 24
Léna in Seville Léna in Marquette (USA)

ABOUT HER EXPERIENCE IN SPAIN

Alba Vázquez: What motivated you to come here?

Léna: I visited Sevilla in 2022 and I loved it and I knew I wanted to come back for a longer period of time.

Diego López: What’s your favourite Spanish food?

Léna: My favourite Spanish food is raxo con patacas

Gael Lombao: Do you like living in Spain?

Léna: I do like living in Spain. It's very different from USA but different is good for me.

Samuel Extremeiro: What is the best of Galicia for you?

Léna: The best of Galicia for me is the nature. It is so much more green than other areas in Spain and I love it.

Brais Darriba: Do you like Lugo?

Léna: I do like living in Lugo. I’m a big history buff, so seeing the wall is very cool for me.

Manuel López: What’s the best part of Galicia that you have ever been to?

Léna: The best part of Galicia that I went to is the Cathedral Beach in Ribadeo.

Silvia Fernández: What aspects of the Spanish culture have surprised you the most?

Léna: I think the most surprising part has been the diversity in the Spanish culture because in the United States, we mostly see Andalucian culture, mostly flamenco is what people from the United States think of. So, very diverse.

Sabela Otero: What do you think you are going to miss about Spain?

Léna: I think I'm going to miss the quality of life a lot, because it's very different in the United States. In the United States I think we say "we live to work" and in Spain they say "work to live", "work to have a good life", whereas we always work in de US.

Verónica Vega: Would you recommend your friends to come visit Spain?

Léna: I would 100% recommend to my friends to come visit Spain.

Pallares 23 2023-2024 25
3º and 4ºESO students with Léna Léna in Ireland

LUÍSA VILLALTA

Celia Alonso, Silvia Fernández e Verónica Vega

Biografía

Luísa Villalta Gómez naceu na Coruña o 15 de xullo de 1957 e faleceu na mesma cidade o 6 de marzo de 2004. Estudou no colexio das Xosefinas e tamén no IES Eusebio da Guarda. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa.

Dedicou parte da súa vida profesional á docencia da Lingua e literatura galega no ensino secundario e deu clase no IES Xosé Neira Vilas, no IES Canido e no IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Ademais ten un título superior de violín e formou parte da Xove Orquestra de Galicia, da Orquestra de Santiago de Compostela e doutros grupos. Era tamén escritora, filóloga e violinista e destacou pola forza da súa voz.

Foi unha escritora prolífica e versátil, autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas, textos xornalísticos e tradutora.

Paralelamente á súa traxectoria como autora, desenvolveu unha intensa actividade cultural. Participou en seminarios, recitais de poesía, palestras, deu conferencias e colaborou en numerosas publicacións periódicas como A Nosa Terra, Tempos Novos, ou no Boletín Galego de Literatura. Formou parte activa na AELG, no Foro da Cultura Galega, na Mesa pola Normalización Lingüística, etc.

Como intelectual preocupada polo devir da literatura en xeral e da cultura galega en particular, tamén participou nas actividades da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en calidade de vogal e coordinou a "Área de Revisión histórica e análise crítica da cultura" no Foro da Cultura Galega. Foi moi frecuente a súa participación en pronunciamentos públicos en favor da defensa e consolidación da lingua e a cultura galega como expresión xenuína de Galicia.

A súa esencia persoal e creativa era unha fusión, unha dobre pertenza á música e á poesía.

Pallares 23 2023-2024 26
Luísa Villalta- Fonte RAG

A morte chegou para Luísa dun modo inesperado, por causa dunha parada cardíaca, o 6 de marzo de 2004. Tiña 46 anos e unha vida chea de proxectos.

Tras a súa morte sucedéronse iniciativas que lembran o seu nome e o seu labor en convocatorias anuais. A modo de exemplo, desde o IES Isaac Díaz Pardo de Sada –onde ela foi profesora– convócase o Certame Literario Luísa Villalta; desde a comunidade universitaria xorde o Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras para a promoción do uso do galego nas tres universidades galegas e a Deputación da Coruña convocou, tamén anualmente, o Premio Luísa Villalta a Proxectos pola Igualdade.

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas este ano. A RAG destaca dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90”.

Obras

Luísa manexou moitos dos distintos xéneros literarios, entre eles destacan:

• A poesía con obras como Ruído, Rota a la olla ou Conxuro.

• teatro con obras como Concerto para un home só, O paseo das esfinxes ou Os doces anos da guerra

• A narrativa con obras como Teoría dos xogos, As chaves do tempo ou Desperta do teu sono.

• Ensaio con obras como A lingua dos sons, A música e nós ou Libro das colunas.

• E por último, ten obras colectivas como Novo do trinque (co BNG), Negra sombra, Intervención poética contra a marea negra (para Espiral Maior: A Coruña) ou Poemas pola memoria (para a Xunta de Galicia).

Recoñecementos

• Unha rúa da cidade da Coruña leva o seu nome.

• I Certame Literario da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

• Accésit do Premio de Relatos Pedrón de Ouro no 1990, por A taberna do holandés

• Premio Espiral Maior de Poesía no 2003, por En concreto.

• A Universidade da Coruña creou o Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras

• Dedicatoria dun número da revista do IES Isaac Díaz Pardo de Sada

• Dá nome á biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

• Documental Luísa Villalta. Paixón e compromiso

• Homenaxe do CIRP o 6 de marzo de 2019 en Santiago de Compostela coa xornada Palabra de Muller.

• En 2022 foi a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras polo colectivo A Sega.

• En xuño de 2023 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2024.

Bibliografía

• https://es.wikipedia.org/wiki/Lu%C3%ADsa_Villalta_G%C3%B3mez

• https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4163

• https://consellodacultura-gal.translate.goog/album-degalicia/detalle.php?persoa=4163&_x_tr_sl=gl&_x_tr_tl=es&_x_tr_hl=es&_x_tr_pto=sc

• https://acorunhadasmulleres.gal/luisa-villalta/

Pallares 23 2023-2024 27

ENQUISA

SOBRE

A LECTURA ENTRE O ALUMNADO DE ESO DO CPI TINO GRANDÍO

Tal e como podemos ler frecuentemente en diversos medios, cada vez se cuestiona menos a importancia da lectura na infancia e adolescencia, tanto dentro como fóra do contexto escolar. Por esa razón se decidiu realizar unha enquisa entre o alumnado de ESO para ver a relación da lectura con outras variables.

Así, ao remate do segundo trimestre do curso actual, pasouse un formulario cunha enquisa anónima entre o alumnado de ESO na que se preguntaba por diversos hábitos do noso alumnado; gusto pola lectura, cualificacións en diferentes materias instrumentais e relación coa lectura desde a infancia. Algúns resultados desta enquisa quedan recollidos nos datos e gráficos que podedes ver a continuación.

No primeiro gráfico que presentamos, pódese apreciar como non hai unha tendencia concreta cara maior ou menos gusto pola lectura ao longo da ESO, sendo 3º o curso con maior gusto por ela e 4º no que menos.

Gusto pola lectura por curso

pola lectura por sexo

En cambio, si que vemos unha importante diferenza entre o gusto pola lectura de rapaces e rapazas. Máis dun 50% do alumnado masculino di non gustarlle a lectura, algo que só sucede no caso dunha alumna, o que supón o 8.3% do total de alumnas.

Outra variable que si vemos tamén asociada a un maior gusto pola lectura é o feito de que se refira que se lle leran libros na infancia. Este feito parece ter creado no alumnado un maior gusto por esta afección:

Gusto pola lectura segundo a frecuencia coa que se lle leu de neno/a

Pallares 23 2023-2024 28
11 7 9 3 5 4 2 2 0% 20% 40% 60% 80% 100% 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO
SI NON 11 18 13 1 0% 20% 40% 60% 80% 100% HOMES MULLERES Gusto
SI NON 0 3 9 11 6 1 2 4 5 2 0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100%
DIARIAMENTE
NUNCA POUCAS VECES DE VEZ EN CANDO CON FRECUENCIA
SI NON

Quixemos ver tamén se había algunha relación entre o gusto pola lectura e outras afeccións como podía ser xogar a videoxogos. Preguntamos polo tempo de xogo de luns a venres e durante a fin de semana, e neste último caso si parece que vemos certa correlación entre ambas variables.

Gusto pola lectura segundo o tempo dedicado a videoxogos cada sábado e domingo

Como podedes apreciar, canto máis se xoga a videoxogos a fin de semana, menos gusta a lectura.

O gusto pola lectura é un dato que nos parece relevante porque o estudo se realiza frecuentemente a través da lectura de textos de diverso tipo e con actividades derivadas deses textos. Por esta razón comprobamos en que medida se relacionaba o gusto pola lectura antes analizado co tempo dedicado a facer deberes e actividades de clase na casa durante a semana.

Gusto pola lectura segundo o tempo dedicado a deberes e estudo de luns a venres

Efectivamente puidemos ver como si existía esta relación, que no caso do tempo de estudo dos fins de semana non era tan clara.

Tamén decidimos analizar a relación entre o gusto pola lectura e o tempo dedicado a ler tanto durante a semana coma durante o fin de semana, apreciando que si existe unha correlación entre ambos datos:

Pallares 23 2023-2024 29
12 9 5 2 1 9 4 1 0 0 0% 20% 40% 60% 80% 100% 1 HORA OU MENOS 2 HORAS 3 HORAS 4 HORAS 5 HORAS
SI NON 6 5 4 6 5 3 1 2 2 4 2 3 0% 20% 40% 60% 80% 100% NADA MENOS DE 1 HORA 1 HORAS 2 HORAS 3 HORAS 4 OU MÁIS HORAS
SI NON

Gusto pola lectura segundo o tempo dedicado a ler de luns a venres

Gusto pola lectura segundo o tempo dedicado a ler en sábados e domingos

Finalmente analizamos a cualificación do alumnado en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e na media do total de materias e se existía unha relación co referido gusto pola lectura e si podemos apreciar que as cualificacións son sempre superiores, pero especialmente no caso das materias de lingua castelá e matemáticas.

Cualificación en diversas materias segundo o gusto pola lectura

LINGUA CASTELÁ

LINGUA GALEGA

MATEMÁTICAS

En conclusión, o gusto pola lectura do noso alumnado podemos relacionalo con máis tempo de estudo e mellores cualificacións, polo que fomentalo ao longo da infancia e da adolescencia podería ser unha medida positiva. Dedicar un tempo a lerlles libros aos nosos fillos, especialmente cando son pequenos, axudará a que se afeccionen pola lectura. Ao contrario, vemos como a medida que o tempo dedicado aos videoxogos durante a fin de semana se vai incrementando, así tamén diminúe a afección á lectura.

Pallares 23 2023-2024 30
6,21 6,72 6,17 6,86 5,86 6,64 5,71 6,71 0 1 2 3 4 5 6 7 8
MEDIA MATERIAS
NON SI 16 8 5 11 3 0 0% 20% 40% 60% 80% 100%
NADA MENOS DE 1 HORA DE 1 A 2 HORAS
SI NON 13 12 4 12 2 0 0% 20% 40% 60% 80% 100%
NADA
1
DE 1 A 2
MENOS DE
HORA
HORAS
SI NON

COMPOSITORAS GALLEGAS

Cristina Pato

Cristina Pato, música, escritora, educadora y productora, nació en Ourense en el 1980 y fue en esa ciudad donde inició su formación musical en el Conservatorio de Ourense. Con apenas 6 años ingresó en la Real Banda de Gaitas de Ourense, participando como solista y tocando en Berlín, Praga, Edimburgo, Londres, Chicago y Acapulco. A la edad de 18 años publicó su primer disco en 1999 titulado “Tolemia”. A Cristina le gustaba tocar algunos instrumentos, como la gaita por la que es tan famosa y el piano.

Cristina compone música celta, música gallega, es intérprete de música clásica, jazz, fusión...

Sus obras y arreglos más importantes son: Prueba de fuego, Tarantella y Muiñeira de Chantada.

Eugenia Osterberger

Brais Darriba de 3º ESO

Nació en Santiago el 20 de diciembre de 1852. Fue una compositora y pianista española del romanticismo. Eugenia pronto demostró interés por la música, aprendiendo desde niña a tocar el piano. Años después de su regreso de formarse en Francia se casó con el ingeniero francés Francisco Saunier y se instaló en la ciudad de La Coruña. Por sus contribuciones en la música fue nombrada miembro de la Real Academia Gallega cuando se fundó en 1906. En 1908 se trasladó con su familia a la ciudad de Niza, donde tuvo lugar su muerte.

Eugenia tocaba el piano, además de componer y ejercer como docente. Destacan sus obras para piano solo y para voz y piano. Mantuvo amistad con personalidades de la música y de la literatura gallega como Emilia Pardo Bazán y Canuto Berea.

Fue miembro de la RealAcademia Gallega por su labor en defensa de la cultura gallega.

Sus obras más importantes son: Adiós Galicia y Neve

María Mendoza

En el año 2002 se desplaza a Galicia donde comienza sus estudios de Composición en el Conservatorio Superior de Música de Vigo, allí fue profesora de esa especialidad durante seis años. En este momento ocupa su plaza como docente del departamento de Composición en el Conservatorio de Música de Ourense. Como pianista clásica dio numerosos conciertos por el País Vasco y Galicia, como solista, como pianista acompañante y en agrupaciones de cámara.

Sus álbumes más importantes son composiciones para piano: Nova, Cronos e Intro. También compuso para gaita, música de cámara y libros disco-infantiles.

Pallares 23 2023-2024 31

MUJERES COMPOSITORAS DE BANDAS SONORAS

Anne Dudley

Nació el 7 de mayo de 1956 en Chathan (Reino Unido). Es compositora y directora de orquesta y fue la primera en asociarse a la BBC Concert Orchestra. Se graduó en el King’s College London en música y es pianista, teclista y arreglista para músicos pop y rock como Elton John y Tina Turner. Tiene un Oscar a la mejor banda sonora por la película The Full Monty (1997); pero además compuso las de: Les Misérables, Buster o The Crying Game.

Hildur Guðnadóttir

Celia Alonso Rodríguez de 3º ESO

Rachel Portman

Nació el 11 de diciembre de 1960 en Hamslere (Reino Unido). Fue la primera mujer en ganar el Oscar a mejor banda sonora original con la película Emma en 1996 y aunque fue la única vez que ganó, también la nominaron por Las normas de la casa de la sidra y Chocolat. Se casó en 1995 con el director de cine Uberto Pasolini, con quien tiene 3 hijos. Aunque también tuvo carrera musical no cinematográfica, fue en el cine donde más destacó, componiendo música para largometrajes como: The woman in black, Oliver Twist o Benny and John y colaborando en la realización de una ópera basada en El principito.

Nació el 4 de septiembre de 1982 en Reikiavic, Islandia. Además de componer, es violonchelista y estudió música en la Reykjavik Music Academy. Está casada con Sam Slater, con quien tiene un hijo. Lleva en activo desde el 2001 hasta el presente, componiendo para películas tan conocidas como Joker, con la que ganó un Globo de Oro y un Oscar a mejor banda sonora. Pero también para otras como: El Renacido, María Magdalena o Ellas hablan. Además, es una firme defensora de los derechos humanos y piensa que la música puede ser usada como herramienta social.

Pallares 23 2023-2024 32

COMPOSITORAS ESPAÑOLAS

María de Pablos

Teresa Borrás

Silvia de 3º de ESO

María de Pablos Cerezo, más conocida como María de Pablos, nació el 8 de noviembre de 1904 en Segovia y falleció en Madrid el 1 de noviembre de 1990. Destacó principalmente por su talento para la composición, pero también por otras cosas, como, por ejemplo, fue la primera mujer directora de orquesta en España.

Antes de empezar a componer tocaba el piano en el Conservatorio de Madrid y posteriormente, cuando se centró más en la composición, ganó el Primer Premio de Composición del Conservatorio con un poema sinfónico propio titulado Castilla, que junto con su sonata Romántica es una de sus obras más conocidas.

Teresa Borrás i Fornell nació en Manresa el 30 de julio de 1923 y falleció en Mataró el 17 de julio de 2010. Fue una compositora, profesora y concertista de piano de Cataluña.

Comenzó sus estudios a los ocho años en el Conservatorio del Liceo de Barcelona, en piano, armonía y guitarra, y más tarde cursó contrapunto y composición. Fue durante siete años profesora de piano y guitarra en la Escuela Municipal de Música de Manresa y profesora de piano y armonía en la Escuela de Música de Mataró (filial del Liceo). En sus últimos años de vida ejerció como concertista de piano, especialmente para dar a conocer su obra.

Sus obras son de estilos poco convencionales y se caracterizan por una peculiar combinación de instrumentos y por una estructura original. En ellas, se proyecta una sólida formación de armonía y contrapunto.

Las más importantes son: Confluències, Op. 75 y 6 Preludis, Op. 67. Escuela de Música de Mataró (filial del Liceo). En sus últimos años de vida ejerció como concertista de piano, especialmente para dar a conocer su obra.

Pallares 23 2023-2024 33
María de Pablos Teresa Borrás

Sus obras son de estilos poco convencionales y se caracterizan por una peculiar combinación de instrumentos y por una estructura original. En ellas, se proyecta una sólida formación de armonía y contrapunto. Las más importantes son: Confluències, Op. 75 y 6 Preludis, Op. 67.

Como curiosidad, en 1979 fue becada para estudiar composición en Santiago de Compostela con Rodolfo Halffter, uno de los compositores más conocidos de la época. En 1997 obtuvo el Primer Accésit del premio ’Caterina Albert i Paradis’. Entre los años 1947-53 estuvo volcada en su faceta de intérprete, dando numerosos conciertos de piano.

María Rodrigo

María Rodrigo Bellido nació en Madrid el 20 de marzo de 1888 y falleció en Puerto Rico el 8 de diciembre de 1967. Fue una compositora, pianista y docente española.

Destaca sobre todo, aparte de por su talento para la composición, por ser la primera mujer en estrenar una ópera de España.

Estudió en el conservatorio y cursó estudios ordinarios que concluye a sus catorce años de edad, con Premio Fin de Carrera, siendo considerada niña prodigio. También trabajó como concertista en el Teatro Real de Madrid, dio conciertos por toda Europa y estrenó óperas y zarzuelas, algo novedoso en una mujer en aquella época. A partir del año 1933 fue profesora en el Conservatorio de Madrid, como catedrática de Conjunto Vocal e Instrumental.

Entre sus obras más destacadas están: Coplas de España (para guitarra, 1924) y Ayes (Canciones para canto y piano, 1925).

Por último, como curiosidades, cabe destacar que María fue la primera compositora, reconocida como tal y que vivió de su oficio en España. Era una mujer políglota, que aprendió alemán y francés. Amplió sus conocimientos estudiando en Alemania, Francia y Bélgica gracias a una beca de la Junta de Ampliación de Estudios. En Múnich estudió con Richard Strauss y entre sus compañeros estuvieron el famoso compositor alemán Carl Orff y uno de los directores de orquesta más notables del siglo XX, Wilhelm Furtwängler.

También creó junto con otras mujeres la Asociación Femenina de Educación Cívica, cuyo objetivo era fomentar la cultura de la mujer de la clase media trabajadora. Así, además de conferencias y cursos se daban clases de idiomas, taquigrafía, corte y confección, música y declamación, estas últimas impartidas por Rodrigo.

Pallares 23 2023-2024 34
María Rodrigo

DESDE O CLUB DE LECTURA

Desde o curso 2008-2009 seguimos desfrutando do Club de lectura Guntín. As finalidades principais do Club de lectura son:

• Fomentar o hábito lector entre o alumnado e favorecer o desenvolvemento da competencia lingüística e a comprensión lectora.

• Favorecer o establecemento de relacións interpersoais entre alumnado de distintos niveis educativos, o equipo docente e persoal non docente.

• Educar o sentido crítico da información e reflexionar sobre os contidos presentes nas lecturas seleccionadas.

Este ano funcionan seis grupos con alumnado desde 5º EP ata 3º de ESO, con 57 lectores, e o grupo de adultos (profesorado, exprofesorado, e persoal non docente) con 18 lectores. Cada membro do club recibe na primeira sesión un carné, que se sela coa asistencia e aproveitamento das lecturas e reunións; o selado completo é o billete para a saída cultural de fin de curso.

Ampliouse o estilo literario e presentación das obras comentadas, as canles de lectura, e fóronse mellorando os medios de difusión das actividades do club: taboleiro específico, e-mails, redes sociais, WhatsApp, e blog: http://clubdelecturaguntin.blogspot.com

Presentamos as lecturas mellor valoradas por cada grupo:

6º de educación primaria

A descrición da avoa era claramente recoñecible como a típica de calquera avoa, pero cando te introducías na lectura atopabas unha anciá aventureira cunha chea de segredos, toques atrevidos e de humor… con moitísima tenrura e unhas ilustracións marabillosas de Tony Ross…

O protagonista Ben e a súa avoa fixéronlles recordar a importancia de non fixarse nas aparencias, de vivir o presente e de pasar tempo de calidade con avós. Todo mesturado con humor e tenrura a cachón, recordándolles a Matilda nalgúns aspectos.

5º de educación primaria

Tódolos lectores foron quen de redactar un resumo das aventuras dos Sabuxos no Museo Prohibido.

Os Sabuxos viven nun barrio tranquilo e divírtense cada día sen maiores complicacións. Un día atopan un sitio tan secreto que ata ten boa cantidade de aparellos estraños e marabillosos para facer maxia. Alí divírtense á esgalla sen decatarse de que están pechados.

O máis relevante acto de maxia que experimentan é cando a un veciño lle escapan coellos e coa maxia dun sombreiro conseguen atraelos a todos para a súa casa.

Pallares 23 2023-2024 35

1º de ESO

Los diarios de Cereza, é unha colección de novelas gráficas ofrece una mestura orixinal de cómic e narrativa na que aparecen elementos compartidos no imaxinario colectivo dos nenos: primeira banda de amigos, cabana na árbore, bicicleta como medio de transporte, personaxes adultos intrigantes...

Destacaron a presentación da obra en cómic, os diálogos con debuxos moi coidados e coloridos que os incitaba a non deixar de ler.

A nivel educativo resaltar a solidariedade que une aos protagonistas compartindo o mundo dos adultos e dos nenos de xeito respectuoso e gratificante.

2º de ESO

Esta historia está situada na Coruña, e na desaparición misteriosa da coroa de Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade para conmemorar o bicentenario da batalla de Elviña; os protagonistas deben atopala inmediatamente para evitar un conflito diplomático.

Tintimán é un rapaz que herda do pai a paixón por investigar misterios , gústalle a aventura e preséntase como reporteiro dun xornal local. Axúdase das artimañas do seu gato torto, Grozni, e maila súa compañeira de clase Mónica, que quere conseguir algo máis que compañía.

3º de ESO

Por decisión unánime este grupo de lectores de 3º de ESO, escolleron á raíña do xénero da intriga, Agatha Christie, e ao lexendario tren, Orient Express para instruírse no labor da policía

Unha viaxe en principio tranquila polas datas e recorrido, vese alterada polo apuñalamento do americano Ratcher. Calquera viaxeiro pode ser considerado culpable, incluso unha altiva princesa e unha institutriz inglesa... porque ninguén saíu dos vagóns.

A brillante e intelixente dedución do axente Poirot, que enlaza os acontecementos , declaracións dos sospeitosos, pistas e obxectos atopados , dá cos autores do crime. É unha novela de lectura áxil, entretida, corta para tantos personaxes, datos e feitos, con trama moi forzada pero con final maxistral.

Grupo de adultos

A temática da explotación de menores, exposta nas redes sociais mediante imaxes diarias de menores, cedidas por uns pais con afán lucrativo, deixa entrever a súa propia infelicidade.

Amósanos a diferencia entre o que se ensina e a realidade que viven na familia. Desvela a progresiva insatisfacción dos protagonistas, que de adultos toman conciencia da súa existencia dixital e denuncian aos propios país e analiza patoloxías asociadas ás redes sociais e o mundo virtual.

Pallares 23 2023-2024 36

ALGUNHAS ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

Desde a biblioteca escolar leváronse a cabo ao longo do curso diversas actividades de dinamización e animación á lectura, como a celebración de días sinalados, concursos, charlas ou exposicións.

Así, durante o segundo trimestre, celebramos o Día da Paz con Lecturas compartidas en Infantil e Primaria. Nesta actividade o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria desfrutaron da visita de dous alumnos ou alumnas de 4º, 5º e 6º de EP que leron ou representaron un conto relacionado coa paz. Ademais pediuse a todo o alumnado do centro que decorase o símbolo da paz con frases, palabras ou debuxos inspiradores feitos en post-its.

Para conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro, organizouse unha pequena exposición na biblioteca con obras da autora e houbo tamén Lecturas compartidas en Infantil e Primaria, pero nesta ocasión foron os alumnos e alumnas de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria os que leron e recitaron poemas de Rosalía para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria. En cantoaSecundaria,dedicousea HoradeLer en todos os cursos á lectura dunha escolma de poemas de Rosalía.

Con motivo da celebración da Semana da prensa (do 4 ao 8 de marzo) e do Día da muller, o 8 de marzo, organizouse a exposición “A muller na prensa” con traballos do alumnado de 6º de Primaria e de todos os cursos da ESO, nos que se amosaban e comentaban diferentes novas que apareceran no xornal e que tiñan por protagonistas ás mulleres. Nalgún grupo optaron por elaborar carteis sobre mulleres relevantes da época actual (ás que se aludira na prensa) e outras que acadaron a fama en diferentes ámbitos, como a ciencia, a música e a literatura inglesa. No relativo a este último campo, o departamento de inglés montou una mostra con obras destas autoras.

Pallares 23 2023-2024 37

alumnas e de varios deportados españois que estiveran alí prisioneiros. A charla estaba destinada ao alumnado de 3º e 4º de ESO.

En próximas datas celebraremos a Semana do libro cunha nova sesión das Lecturas compartidas e a actividade “O libro da túa infancia”, que pretende implicar ás familias no amor pola lectura que tratamos de inculcarlle ao alumnado.

E para rematar o trimestre, o 22 de marzo, tivemos na biblioteca unha charla de Conchi Sanfiz sobre a visita ao campo de concentración de Mauthausen que fixo a citada profesora na compaña dun grupo de alumnos e

Ademais a biblioteca implícase en diversas actividades interdisciplinares nas que aporta os materiais que o profesorado precisa para levalas a cabo, procurando ao mesmo tempo adquirir novos fondos (tanto de libros informativos como de obras literarias) cos que enriquecer o noso catálogo

Pallares 23 2023-2024 38

SUXESTIÓNS DE LECTURA DO NOSO ALUMNADO

Pallares 23 2023-2024 39

INSPIRADOS POR CAMPEONEX

Alumnado de 2º de ESO

Pallares 23 2023-2024 40

GRUPOS

Pallares 23 2023-2024 41
DO CPI TINO GRANDÍO NO CURSO 2023/2024
Pallares 23 2023-2024 42
Pallares 23 2023-2024 43
Pallares 23 2023-2024 44
Pallares 23 2023-2024 45
Pallares 23 2023-2024 46
Pallares 23 2023-2024 47

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.