13 lucía

Page 1

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 143

Menores de idade e medios de comunicación: estudo dos xornais galegos Lucía Álvarez Gromaz -­‐ lucia.gromaz@gmail.com (Universidade de Santiago de Compostela) Artigo recibido: 02/10/2014 Artigo aceptado: 19/10/2014 Artigo publicado: 10/12/2014 Resumo O caso Asunta está deixando ríos de tinta escritos tras de si. A maneira que tiveron os diferentes medios de comunicación de facerse eco do ocorrido foi cuestionada desde diferentes ámbitos. En concreto, a Asociación de Xornalistas de Galicia fixo unha análise de dito tratamento, e asegura que: “Os medios de comunicación poden, e deben, ter unha actitude distinta á que tiveron na publicación de informacións sobre este caso”. Para saber se o ocorrido na cobertura informativa do caso Asunta é extensible a un espectro máis amplo, ou non; este traballo ten por obxectivo analizar tanto o tratamento que reciben os menores de idade na prensa escrita en Galicia, como o comportamento dos futuros xornalistas. Palavras-­‐chave: Menores, tratamento, xornalismo, prensa galega Abstract The case Asunta is leaving rivers of ink, written behind it. The way to write the context and the information of this fact was questioned from different fields. The Association of Journalists of Galicia, in particular, has done an analysis of the treatment of this case, and ensures that: “The media can, and should, have a different attitude we had in the publication of information on this case”. To find out if the one in the news coverage of the case Asunta is extensible to a broader spectrum or not; This paper aims to analyze the treatment received by children in the written press in Galicia, and the behavior of future journalists. Key-­‐words: Minors, treatment, journalism, galician press Introdución “Os nenos son máis vulnerables as consecuencias de aparecer nos medios de comunicación, que os adultos” José Manuel Suárez, presidente de APEGA Que entendemos por menor? A Convención sobre os Dereitos dos Nenos do 20 de novembro de 1989 publicada pola asociación sen ánimo de lucro, UNICEF, di no artigo primeiro: “enténdese por neno todo ser humano menor de dezaoito anos de idade, salvo que, en virtude da lei que lle sexa aplicable, teña acadado antes a maioría de idade” . Os menores sempre foron un colectivo exposto a moitos tipos de abusos. Este é un dos motivos polo que os nenos/as requiren unha atención e protección especial, sobre todo, dentro dos medios de comunicación. Segundo José Manuel Suárez presidente de APEGA: “Os nenos son máis vulnerables ás consecuencias de aparecer nos medios de comunicación que os adultos”. Esta vulnerabilidade é un máis dos motivos que fai que se considere aos nenos como un grupos social minoritario en desvantaxe, e desfavorecido, polo tipo de representatividade que teñen nos medios. Para Aurora Labio Bernal, profesora da Universidade de Sevilla, a


144 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

incorporación das minorías sociais ás distintas axendas informativas supón unha revisión das prácticas xornalísticas incorrectas que fomentan os estereotipos. Precisamente para saber ata que punto eses estereotipos están inmersos, ou non, na realidade xornalística galega a continuación procederase a detallar as dúas partes que engloban este estudo, a análise dos xornais galegos e as enquisas aos estudantes de xornalismo. Estudo dos xornais galegos Para levar a cabo esta parte, tomáronse como referencia catro dos xornais máis representativos da comunidade galega: La Voz de Galicia , El Progreso , La Región e o Diario de Pontevedra . Este estudo non se centrou tampouco nas edicións territoriais especiais, senón no xornal principal. Ese tamén é un motivo polo cal se pode entender a escolla destes catro exemplares. O período de análise destas publicacións comprendeu os meses de xaneiro, febreiro e marzo do ano 2014. Foron analizados de luns a domingo, xuntando así un total de trescentos xornais revisados. Para ordenar e cuantificar os resultados que se ían obtendo, estimouse pertinente a utilización de táboas divididas en dous eixos. Por unha banda un eixo horizontal que fai referencia ao ámbito territorial (que vai desde a área provincial, ata a internacional), e pola outra, un eixo vertical onde figuran os diferentes campos temáticos dentro dos cales se foron clasificando as novas estudadas. Na elaboración deste último apartado foron tomados como referencia algúns campos utilizados nun traballo de investigación sobre a prensa diaria vasca, realizado por profesionais da Universidade do País Vasco . Na franxa vertical esquerda figuran, pois, dez áreas temáticas: actividades protagonizadas ou dirixidas aos nenos/as, educación, inmigración; infancia, familia e sociedade, menores como vítimas, menores infractores, menores e alimentación, menores e saúde, fillos de famosos e outros. Estas son as bases que sumadas ao estudo da linguaxe e as imaxes que acompañaban as novas, farán posible obter unha visión de conxunto a cerca de como son tratados os menores de idade dentro da prensa escrita en Galicia. La Voz de Galicia (Anexo 1) Unha das cousas que máis chamou a atención desta análise, non foron sómente as 117 (48,7%) novas dedicadas aos menores como vítimas, senón tamén o feito de que o 70% destas facían referencia ao caso Asunta. Ademais outros temas máis amables, como é presentar aos menores como protagonistas de actividades, ou menores e educación; non chegan ao 15% e o 5% de representatividade respectivamente. Este desequilibrio temático vén acompañado por imaxes chocantes a cor , a tres ou a catro columnas (Anexo2), e ademais adoitan ir antecedidas por titulares bastante suxestivos ou pouco apropiados, en moitos casos. Entre outros podemos lembrar algúns dos referentes ao caso Asunta, La Voz de Galicia titulaba a súa portada do 24 de setembro do 2013 dicindo “La niña muerta en Santiiago pudo haber sido asfixiada con una almohada”. Tamén nos atopamos con outros titulares de novas, como este do 2 de outubro do 2013: “Asunta se matriculó en cuarto de piano, nueve días antes de morir”. En canto á redacción e a terminoloxía xoga moito coa estimulación dos sentimentos, e ás veces o excesivo uso dos adxectivos, tamén se puido observar que empregaban o termo “menores infractores”, no sito de “adolescentes en conflito”. No caso deste xornal teñen máis peso os sucesos que teñen por protagonistas a nenos do resto do país, 83 novas en concreto, seguidas das 77 de ámbito internacional, das 47 de Galicia, e 36 na provincia da Coruña.


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 145

El Progreso ( Anexo3) Foi un dos xornais mellor parados no que á diversidade de temas se refire. É o que maior número de novas ten de nenos relacionados con outras temáticas, (neste caso seren protagonistas de actividades, campo que suma 63 noticias), a pesar de que tamén segue a ter en primeiro lugar aquelas informacións onde aparecen os menores como vítimas. Ademais este diario conta coa a revista semanal “Pícaros”, que conta con reportaxes onde os nenos son os únicos protagonistas, ben sexa a través das actividades que realizan nos colexios, ou a través doutro tipo de talleres. Nas últimas follas deste suplemento tamén teñen xogos adaptados aos máis pequenos e mesmo algunhas actividades en inglés. Unha característica que fai que este medio se diferencie do resto, é a gran importancia que lle da aos feitos locais (125 noticias en concreto que representan unha porcentaxe do 40% do contido analizado deste xornal) e sobre todo no caso dos menores. Aínda que a través de breves, na maior parte dos casos, recolle a meirande parte dos concursos e actividades nas que se ven inmersos, ou poden estar interesados os rapaces da zona. Do mesmo xeito é igualmente salientable o tratamento que fai do Caso Asunta, xa que pesar de ser tamén un pouco reiterativo, non tira da morbosidade fotográfica nin dialéctica. Ao contrario, incluso moitas das novidades que se van sabendo do caso aparecen a unha ou a dúas columnas sen foto, ou cunha foto pequena. La Región (Anexo4) La Región amosa un bo equilibrio da novas relacionadas con calquera dos catro niveis xeográficos (internacional un 10% das novas e os outros tres ámbitos, un 30%). A variedade é un punto tamén en común co resto xa que unha vez máis non se amosa nada equilibrado, cos menores como vítimas á cabeza seguido das 57 novas que teñen aos nenos como protagonistas de actividades. O uso das imaxes é bastante correcto sen incorrer en demasiadas excentricidades, e a linguaxe é bastante informativa aínda que con certas carencias terminolóxicas. Diario de Pontevedra (Anexo5) En xeral temos que falar de que o volume de novas que teñen aos menores como protagonistas no Diario de Pontevedra, é bastante menor en relación aos outros tres xornais galegos. Sen moitas imaxes e con textos curtiños, as novas céntranse, a parte do xa máis que mencionado carácter negativo dos menores como vítimas, nas actividades locais nas que se ven inmersos os rapaces. Hai que remarcar un aspecto moi a ter en conta dentro do apartado gráfico. As seleccionadas son sempre imaxes que non lle quitan notoriedade ao texto e que non buscan distraer ao lector. Chama a atención, na súa edición dixital, que é un dos poucos xornais que levou para adiante a iniciativa de pixelar a cara dos nenos cando están en condicións nas que a súa imaxe se ve prexudicada. (Anexo 5) Comparativa En liñas xerais, destaca a superioridade da aparición dos menores como vítimas, chegando nalgúns casos a significar case a metade das noticias, como é no caso de La voz de Galicia, onde un 48,7% das noticias protagonizadas por nenos, os amosan como vítimas dalgún feito violento; na maior parte relacionados cos abusos sexuais. Cunha porcentaxe máis moderada pero aínda así alta; está El Progreso cun 35,6% e o Diario de Pontevedra cun 31,5%. La Región segue a La Voz de Galicia cun 37,8%. En contraposición, un apartado que debería de ter moito máis peso, polo seu aspecto positivo e motivador como é o de actividades para nenos, ou protagonizadas por eles, en


146 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

xornais como La Voz de Galicia, este apartado só representa o 15% das novas de nenos que publican, seguido do Diario de Pontevedra co 18%, El Progreso, co 20%, e La Re-­‐gión co 25% de novas dedicadas a esta temática. Pero ademais deste desfase temático tamén se manifesta unha incerteza do trato ter-­‐ minolóxico que se deixa ver en todos os xornais. Iso si, todos respectan certos aspectos básicos recollidos polo código penal, como é o de poñer só as iniciais dos menores cando se ven afectados tanto como vítimas ou infractores. Estudo dos futuros profesionais Unha vez analizadas as novas, estimouse pertinente ter tamén coñecementos sobre as persoas que se encargan de escribilas, os xornalistas. É o obxectivo desta segunda parte do estudo saber ata que punto o están preparados os que serán futuros xornalistas. Para desenvolver esta tarefa, foi repartido un cuestionario de dez preguntas a 50 alumnos de primeiro de carreira, e a outros 50 do último ano da Carreira de Xornalismo de Santiago de Compostela. Os resultados obtidos nas dez preguntas que se realizaron ofrecen resultados moi claros, decantándose en bloque marcadamente por unha opción. Falamos de porcentaxes entorno ao: 90%/10%, 80%/20%; e 70%/30%. A continuación analizarase canda unha das respostas obtidas, de cada grupo, agora detallaranse as respostas dos alumnos de primeiro ano de carreira. Cando se lles preguntou aos estudantes se coñecían as sancións ás que estaban expostos se non respectaban os dereitos dos menores, o 80% confesou que non, mentres que só un 20% respondeu afirmativamente. Pero sorprendentemente deron a talla, nun terreo moi escabroso, como é a cuestión legal, xa que o 70% deles contestou correctamente, ao defender que non era legal identificar a un menor con nome e apelidos, aínda que houbese unha sentencia firme. Tamén amosan boas destrezas na rama da ética e a deontoloxía, xa que cando se lles preguntou se lles parecía lícito entrevistar pola rúa a unha persoa que atravesou unha separación dificultosa e que ía co seu fillo; o 92% respondeu que non. Firmes nesta liña, a maioría tampouco sucumbiu, cando se lles quixo tentar cunha foto roubada en exclusiva “dun neto da Pantoja”. O 90% deles respondeu que non lle compensaría publicala, fronte a un 5% que si o faría. Cando o que se pon en cuestión é a efectividade que ten o feito de que se lle pixelen, ou non, os ollos ao neno para protexer a identidade; os enquisados tamén o teñen claro e o 72% respondeu negativamente, fronte ao 28% que si que o ve útil. Chama a atención o que foi un dos apartados máis interactivos, no que se lle pediu aos estudantes que escribisen un titular acorde ao seguinte texto: “A veciñanza de Cuntis espertouse conmocionado tras recibir a noticia de que a pequena Amelia de 5 anos foi atopada morta na súa casa. Fontes policiais informaron de que a nena tiña negróns por todo o corpo. A nai está detida como principal sospeitosa á espera de máis información” Estas foron, entre outras, algunhas das respostas que sucumbiron á espectacularidade, e ao emprego de adxectivos e diminutivos cando non é necesario. -­‐ Nai acusada de matar a súa filla . -­‐ O pobo de Cuntis espertou conmocionado coa morte da pequena Amelia de 5 anos. -­‐ A pequena Amelia foi atopada morta na súa casa.


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 147

E estas outras, máis comedidas son as que respectaron a escasa información, e os supostos nos que se baseaba: -­‐ Aparece morta no seu domicilio unha nena de 5 anos con aparentes signos de violencia. -­‐ Unha nena de cinco anos foi atopada morta na súa casa, a nai está detida como principal sospeitosa. -­‐ A policía investiga a norte dunha nena, con síntomas de violencia, en Cuntis. En canto á cuestión terminolóxica a cousa afrouxa un pouco máis xa que neste grupo, máis do 80% escollería “menores infractores” (que é o termo equivocado para referirse a menores nunha situación delicada, como infractores da lei); en lugar de “nenos, adolescentes en situación de conflito”. Pero un dos puntos onde sen dúbida se mantiveron máis unidos á hora de responder, foi o relacionado coa discriminación social. Aquí un 96% dos enquisados afirmou que non se trataba igual a noticia se o acto vandálico o cometía un rapaz acomodado, que se o facía un neno pertencente a unha familia desestruturada. Finalmente e a pesar de que a nosa lei de protección de datos non o permita , case o 70% dos enquisados deste grupo estaría a favor da publicación das fotos dos pederastas nos medios de comunicación. Análise dos resultados obtidos dos alumnos de último ano Aínda que raspado, os 50 alumnos de cuarto de xornalismo aproban en coñecemento das sancións que lle poden ir enriba a aqueles que non respecten aos menores nos seus escritos. Concretamente un 68% fronte ao 32% que non as coñece. Non o fan así respecto dos coñecementos legais. Aínda que por moi pouco, están “suspensos”, xa que o 54% defendeu que si se podía identificar a un menor con nome e apelidos se había sentencia firme no caso no que estaba implicado. Son moi tallantes respecto da utilidade de pixelar os ollos aos nenos para protexer a súa identidade, o 96% pensa que non é útil. E igualmente de restritivos son co feito de que apareza a foto de Asunta cada vez que hai unha nova dela; tamén cun 96% de votos negativos. Pero amósanse un pouco máis dubitativos nas cuestións éticas xa que sorprendentemente ao 58% compensaríalle publicar unha foto roubada do “neto de Isabel Pantoja”. En cambio amósanse moito máis reticentes a entrevistar pola rúa a un home que sufriu unha separación tormentosa e que vai acompañado do seu fillo; concretamente un 84% estaría en contra deste tipo de práctica. Cando se lles pide que escriban o titular do mesmo texto que se lles da aos de primeiro, atopámonos coas seguintes respostas: -­‐ Atopada morta unha menor con síntomas de violencia en Cuntis. -­‐ Unha menor falece na súa casa en Cuntis. -­‐ Amelia de 5 anos presuntamente maltratada pola nai, aparece morta. Na cuestión terminolóxica, os participantes patinan un pouco ao defender o 68% deles, a versión incorrecta de “menores infractores” en lugar do que sería o correcto, “nenos, adolescentes en conflito”. Pero no relativo ás desigualdades sociais de nenos, son moi claros ao afirmar o 94% dos enquisados, que non se trata da mesma maneira unha nova dun menor acomodado coma se fose dunha familia des estruturada; sobre todo cando se fala dunha situación prexudicial para a súa reputación. Comparativa Polos resultados obtidos pódense atopar certas similitudes e diferencias en ambos cursos. Os dous grupos atopan innecesario pór unha foto da nena Asunta cada vez que se fale dela, e


148 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

falando con eles moitos atopan isto demasiado recorrente e inxustificado. Pero no apartado que máis coincidiron, era no que se falaba do seguinte aspecto: A día de hoxe, pensa que é tratado da mesma maneira nos medios, un caso de delincuencia levado a cabo por un neno de familia acomodada; a outro que sexa provocado por un neno procedente dunha familia desestruturada? 1º Xornalismo 4º Xornalismo Si 3 6% Si 2 4% Non 47 94% Non 48 96% Ademais, comparten unha debilidade con moitos dos xornalistas que están agora en activo, a incorrección terminolóxica. Un apartado que presenta moitas dúbidas e no que ambos grupos erraron. Os de primeiro nun 84% (que foron os que, cando se lles preguntou escolleron a opción incorrecta); e os de cuarto tamén erraron pero en menor medida, cun 68% de xente que apoiou “ menores infractores” en lugar de “nenos, adolescentes en conflito”. Como diverxencias un dos aspectos máis significativos tal vez sexa o feito de que, mentres que os de primeiro curso parecen máis firmes nos seus ideais; os de cuarto déixanse caer máis no que a xente quere, e non, no que lle deberían ofertar. Tan exemplo disto era a pregunta número cinco. Nela presentábase o suposto de que tiña chegado á redacción unha foto rouba dun famoso, e por conseguinte preguntábaselle á xente se lle compensaría publicala ou non. E este foi o resultado: Acaba de chegar ao xornal, que vostede dirixe, unha foto do neto de Isabel Pantoja “roubada”. Compénsalle publicala e cargar coas consecuencias, pensando nos beneficios que vai obter? 1º Xornalismo 4º Xornalismo Si 5 10% Si 21 42% Non 45 90% Non 29 58% Curiosamente tamén difiren nos coñecementos xurídicos. Contrariamente ao que se puidera pensar, os de primeiro son máis conscientes do que poden escribir, ou non; que os de cuarto. Isto pode explicarse no feito de que os de primeiro teñen máis recente a materia de dereito; mentres que os de cuarto puideron esquecer algunhas cousas. Pero para compensar, os titulares máis correctos e con menos dramatismo, tamén eran os dos alumnos do último ano. E para finalizar un empate, o resultado de preguntar acerca da publicación ou non publicación da fotografía dos pederastas. Neste punto ambos grupos responderon positivamente cun 70% de votos favorables a esta iniciativa, a pesar de que España estea prohibido facelo pola lei de protección de datos (Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro), cousa que noutros países si que se pode facer. Conclusións Como denominador común, a meirande parte dos diarios presentaron unha variedade temática moi descompensada onde a figura do neno aparece como vítima dalgún feito violento nunha ampla porcentaxe das súas novas. Hai, polo tanto, un problema claro á hora de escoller os fragmentos de realidade que se van plasmar nas páxinas dos diarios. O motivo?; José Ignacio Armentia e José María Caminos falan do seguinte: “unha sociedade cada vez máis allea á dor, e máis consumidora do morbo, a


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 149

escravitude respecto dunha inmediatez, que non deixa rematar o proceso, coherente, de elaboración dunha noticia”. Pero non só iso, senón que os futuros profesionais que se encargarán de realizar as noticias dubidan en cuestións de dereito (á hora de non saber o tipo de sanción que se lles pode impoñer se vulneran os dereitos do menor) e incluso éticas (xa que como se viu unha importante porcentaxe de alumnos de último curso publicaría a foto roubada “do neto de Isabel Pantoja”). Pódese dicir que en certa maneira a xente si que ten motivos para desconfiar do que le. Isto é interpretado no sentido de que a información é escollida de forma tendenciosa, polo que abundan as novas que involucran a nenos en situacións violentas por enriba do resto. Ademais o seguimento dunha nova faise segundo o interese da temática chegando á saturación como ocorreu no mencionado caso Asunta, así o recollen os profesionais da Asociación de Xornalistas de Galicia que o estudaron : “O caso Asunta utilizouse ampliando a súa importancia e alongándoo no tempo para intentar aumentar as audiencias ou as vendas”. Con todo o que a xente sabe sobre casos como o de Asunta, Madeleine, ou Ruth e José, sería desexable que os medios de comunicación tamén desen a coñecer outras realidades coma a de Lee Jong Boo, un pequeno de once anos, estrela do Clube de Golf de Lugo, cun palmarés mellor ca o que tiña Tiger Woods á súa idade. Referencias AIMC (2014) Estudio General de Medios. Madrid Álvarez Pousa, l., Crespo Argibay, O.Evans Pim, J. (2007): Comunicación e Xuventude. Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e Observatorio Galego dos Medios, Santiago de Compostela. Armentia, José Ignacio y Caminos, José Mª (2009): Redacción Informativa en Prensa. Ariel Comunicación Barcelona. Azurmendi, A., (2008) La información sobre menores delincuentes y sus procesos judiciales en vol.col. Egúzquiza,I., y Vidal V., La información judicial, COSO, Valencia Casado Del Río, Miguel Ángel; Jiménez Iglesias, Estefanía (2013) Adolescencia en las noticias: representación y tratamiento informativo de los menores de edad en la prensa diaria vasca, Universidad Complutense de Madrid García, Isabel (2011): Autorregulación o normativa, en Menores en los medios de comunicación. Madrid, Defensor del Menor de la Comunidad de Madrid, Con¬sejo general de la Abogacía Española, Asociación de la Prensa de Madrid. Iglesias, Meritxell(1998) El crimen de Alcàsser: de los hechos locales a las decisiones políticas generales. -­‐El papel de los medios en la construcción de la alarma social-­‐ Revista de Comunicación Voces y Culturas. Madrid, nº13 Labio Bernal, Aurora (2006) “Comunicación, xornalismo e control informativo Estados Unidos, Europa e España”, Ed Anthropos, Barcelona, Lanza, Edison; Baleato,Paula. (2012)Guía: Periodismo de calidade para a cobertura e promoción dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes.Uruguai Lanzada, Edison e Beleanto, Paula (2012) “Guía: Periodismo de calidad para la coberturay promociónde los derechos de niños, niñas y adolescentes” en Gráfica Mosca, Uruguai, Maneiro, Arturo; Ferreiro, Manuel; Baltar, Amalia; Pardo, María; Fernández Roca, Ana; Castro, Chus; Somoza, Tita; Videla, José; Rodríguez, Manolo; Alejandro, Valentín; González, Domingo; Lito Abad, José (2014) Documento del Grupo de Análisis Periodísticos (GAP-­‐ APG) El caso Asunta. A Coruña Martucci, Daniela,(2007) ¿Cómo lograr un lenguaje periodístico que promueva los derechos de la niñez y adolescencia? Agencia Pana, Cecodap.


150 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

-

Mcintyre, P,(2002) Los Derechos del Niño y los medios de comunicación: Restituir los derechos de la infancia. Guía para periodistas y profesionales de la prensa. FIP. Misle, Oscar, (2003) La Niñez y Adolescencia en los Medios: Preguntas y Respuestas. Ediciones El Papagayo, Cecodap, Save the Children Suecia. Pérez Oliva, Milagros (2010): “Criterios para el tratamiento de las imágenes de menores”, en El País, 12 de julio, [Última data de consulta: 21 de febrero de 2014] Rivero Hernández, F.(2000) El interés del menor. Editorial Dykinson. Save the Children e UNICEF (2010): Infancia y Medios de Comunicación. Recomendaciones para el tratamiento de la infancia en los medios de comunicación [Última data de consulta 22 de xullo do 2014] UNICEFF (2006) Convención sobre los derechos del niño. Madrid UNICEFF (2010) Infancia y medios de comunicación. Recomendaciones para el tratamiento de la infancia en los medios de comunicación. Marí Montañana Gráficas,Uruguai Entrevistas José Manuel Suárez, presidente de APEGA (Asociación Profesional de Pedagogos de Galicia). Con data de 24/06/2014 realizada en Santiago de Compostela Manuel Arza, secretario do Colexio de Avogados de Santiago. Con data de 14/07/2014, entrevista realizada no despacho en Santiago de Compostela Luís Menéndez, presidente da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela. 22/08/2014 no seu lugar de traballo en Santiago de Compostela Anexo 1. La Voz de Galicia Tema Actividades protagonizadas ou dirixidas aos nenos/as Educación Inmigración Infancia, familia e sociedade Menores como vítimas Menores infractores Menores alimentación Menores e saúde Fillos de famosos Outros Fuente: Elaboración propia

Ámbito xeográfico

Total Xeral

AC 2

Galicia Estado 8 14

Internacional 12 36

6 5

3 2

2 2 8

11 2 15

32 2

18 1 1 8

38 2 4 9 9 2

29 3 1 6 5 5

117 8 6 23 14 7


ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 151

Anexo 2

Anexo 6

Anexo 3. El Progreso Tema Actividades protagonizadas ou dirixidas aos nenos/as Educación Inmigración Infancia, familia e sociedade Menores como vítimas Menores infractores Menores alimentación Menores e saúde Fillos de Famosos Outros Fuente: Elaboración propia

LU 56

Ámbito xeográfico Galicia Estado Internacional 2 4 1 63

25

5

6

1

37

8

5

10

6

29

17 4 3 3 9

48 2 3 1 7

26 4 3 9 2 7

19 3 1 4 1

110 13 9 14 6 26

Total xeral


152 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2014

Anexo 4. La Región Tema

Ámbito xeográfico Total Xeral Ou Galicia Estado Internacional

Actividades protagonizadas ou dirixidas aos nenos/as 38 5 Educación 10 4 Inmigración 2 Infancia, familia e sociedade 3 2 Menores como vítimas 8 43 Menores infractores 1 4 Menores alimentación 3 Menores e saúde 1

9 3 7 19 3 2 8

5 2 1 16 1 1 2

57 19 2 13 86 9 6 11

Fillos de Famosos Outros Fuente: elaboración propia Anexo 5. Diario de Pontevedra Tema

4 10

3

6 18

Actividades protagonizadas ou dirixidas aos nenos/as Educación

2 2 3

Ámbito xeográfico Total Xeral PO GALICIA Estado Internacional 23 7 3 2 35 10 6

4

3

23

Inmigración

Infancia, familia e sociedade

7

3

10

20

Menores como vítimas

9

28

22

11

60

Menores infractores

8

3

5

3

19

Menores alimentación

2

4

3

1

10

Menores e saúde

3

4

2

9

Fillos de Famosos

2

1

3

Outros Fuente: elaboración propia

3

2

5

1

11


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.