Traballos solidariedade

Page 1

A

SOLARIDADE

DA ANDORIÑA

Erase unha vez unha andoriña chamada Sophía,que tiña unha irmá case da mesma idade que ela.Xa chegaba o inverno a Galicia entón toda a súa familia marchaba para as Illas Baleares.Xa estaba todo planeado e decidiron coller o voó de inmediato,entón marcharon.Todas as andoriñas voaban felices ,ata que a irmá de Sophía quedou mais atrás,mesmo as outras andoriñas non se decataron da ausencia dunha compañeira.Pasou un pouquiño e Sophía non vía a sua irma e entón decidiu dar a volta en busca dela.A irmá foi levada por unha ventisca que a chegou a Africa.Estaba moi ferida.Estivo mais o menos un minuto e do calor que facia queceu un pouco.Pasou unha andoriña por ali,moi coqueta ,que decía que non podia axudala se non iase a marchar.Pasou outra que era velliña e non podia facer nada por ela.Pasou a Terceira que era unha andoriña normal e corente,e decidiu ir por axuda.Foi sola adoriña chamada "Maga Luksi".Era a maga que o podia facer todo.A maga fixo de todo para curarla pero nada.Entón recomendoulles a un amigo seu,pero antes


levaron a andoriña ferida para a casa da andoriña.Ainda que no era moi luxosa podiase estar.Chegou e recomendado dixolle queo que tiñan que facer era coller unha perna do seu mesmo sangue.Enton miraron se era compatible o sangre e si que era.A andoriña deulle a sua perna a irma de Sophía e ela deulle as grazas e díxolle que ía ter sempre non seu corazon polo que fixeron por ela e marcharou.Polo camiño encontrouse a Sophia e contoulle todo o que ocorrera,e foron coa súa familia.


as

aventuras

da casta単a e do ourizo


Había unha vez unha castaña e un ourizo. A castaña, que era divertía era a mellor amiga do ourizo. Vivían nun souto moi grande e tiña moitos amigos. Un día atopouse a castaña cun esquío e foi chamar ao ourizo, que estaba nunha árbore.

O ourizo foi ver ao esquío, e o esquío cando viu ao ourizo asustouse e fuxiu. Seguiron andando e viron un río. Arrimáronse e chegaron uns cisnes que pasaron de súpeto. Do susto o ourizo caeu ao río. A castaña, moi asustada, correu e correu detrás do ourizopolo río , pero non o deu collido. De súpeto acordouse dos seus amigos e chamou a unha folla para facerlle de balsa e dous paos para facerlle de remos. Subíu a folla agarrou aos paos e remou con todas as súas forzas. Coa corrente do río alcanzou ao ourizo todo mollado. Despois deulle as grazas a castaña á folla e aos dous paos e marchou a árbore, porque xa era de noite e o ourizo estaba mollado. Cando subíu á árbore deulle unha toalliña para secarse e un chocolate quente para que non tivese frío.

-1-


Ao día seguinte espertaron cedo e foron dar un paseo. Polo camiño encontraron un parrulo perdido e ferido. Intentaron axudarlle pero só puideron vendarlle a pata.

As doce do mediodía o parrulo tiña fame. Entón chamaron á aguia e díxolle o que pasara e quíxoos axudar. Sumerxiuse na auga ecolleu un peixe e levoullo ao parrulo famento. Cando acabou de comer,o parrulo intentou voar e non puido porque tiña a pata rota. Á aguia ocorreuselle levar ao parrulo coa súa nai que estaba no estanque e a castaña e o ourizo tamén foron. Cando chegaron viron á súa nai e leváronlle o parrulo e a súa nai deulle as grazas a aguia ao ourizo e a castaña.


-2-


Un día de marzo no 2004 unha familia de Cádiz que viñan de vacacións a Galicia, cando pasaban por Pedrafita do Cebreiro tiveron un pequeno accidente porque había unha gran nevada. Un veciño do lugar chamado Manolo , dunha nena chamada Ánxela, que tiña 6 anos foinos axudar co tractor para que puidesen sacar o coche da neve. Como as estradas estaban con moita neve non se podía transitar. Manolo díxolles: - O tempo que dure o temporal que quedaran na súa casa e ademais el tiña unha nena que co seu cativo pasarano moi ben. - Grazas , é moi amable pola súa parte, responderon os pais de Abraham. O neno Abraham e a nena Ánxela xogaban coa neve. Ánxela ensinoulle a casa e a paisaxe, que coa neve, era aínda máis fermosa. Durante catro días os dous nenos fixéronse moi amigos case coma se fosen irmáns. Eran os nenos máis fermosos do mundo. Ao cuarto día xa estaban abertas as estradas e a familia de Cádiz puido seguir coas súas vacacións, quedándolles moi agradecidos a Manolo e a súa familia por todos os coidados que tiveran con eles e o ben que o pasara Abraham e Ánxela. Durante dous anos os nenos chamábanse por teléfono ata que Abraham díxolle que marchaba coa súa familia a Estados Unidos. Desde ese momento perderon a comunicación. Anos despois a nena era unha gran fan de Abraham Mateo, tiña toda a súa habitación con fotos do artista. O que menos podía pensar Ánxela era que Abraham, o neno que estivera con eles naquela Semana Santa do 2004, era o mesmo que o artista que a ela tanto lle gustaba.


No ano 2014 Abraham xa estaba de xira e coincidindo cun concerto en Lugo acordouse da súa amiga de nenos e decidiu darlle unha sorpresa. Ánxela desexaba ir ao concerto de Abraham pero os seus pais non podían pagar , porque as cousas no agro non ían moi ben .Entón Abraham foi á casa de Ánxela e tocou o timbre Ánxela abriu a porta , e case lle da un ataque . Tiña diante súa ao seu artista preferido. Abraham díxolle: - Ti debes ser Ánxela, non te acordas de min? Como medraches! - Si ti es Abraham Mateo. - Non, son o neno co que xogaches de pequena hai anos. contestoulle Abraham. - Convídasme a unha Coca-Cola?, Preguntoulle Abraham. - Por suposto, contestoulle Ánxela. Entraron na casa e Abraham puido ver que a familia medrara, Ánxela tiña uns irmáns xemelgos de dous anos. Pasados os nervios, ensinoulle a casa, e a súa habitación chea de posters e fotos del. Explicoulle que a situación económica da familia era moi mala. Que ela o que máis desexaba era ir ao concerto pero que non podía. Abraham díxolle: Virás comigo, ti e a e túa familia e verédelo en primeira fila. Toda a súa familia asistiu ao concerto, despois foron cear con Abraham e logo volveron para a súa casa.


Días despois Abraham Mateo preocupado pola situación económica da familia que o axudara de pequeno, díxolle ao seu representante que se puxera en contacto co pai de Ánxela e así foi como Ánxela se converteu na nova bailarina de Abraham Mateo.

“Abraham Mateo doará todos os beneficios da canción "Lanzalo" a Unicef, para os nenos e nenas Sirias, que sofren as consecuencias da guerra no seu país”.


O duende dos desexos

MarĂ­a duende

e

o


O duende dos desexos Nunha tarde de primaveira unha nena chamada María tiña moita alerxia ao pole.Esa nena tivo moita sorte porque ao ir o monte estornudando,millóns e millóns de veces,viu un duende ao que lle molestaba que a xente o distrouxera do seu traballo: -Nena,é a primeira vez que un duende ten que saír do seu traballo por só unha pequena rapaza-dixo o duende enfadado -Primeiro chámome María,non rapaza,segundo ti eres máis pequena que min e terceiro non sabía que eras un duende-dixo María -Entón que pensabas que era,unha fada-dixo sarcásticamente o duende -Pois si-dixo María -Pero por que non te asombraches?-preguntou interesado o duende -Porque xa vin moitísimas fadas-dixo María Despois de moita más charla,o duende tiña traballo pero María non o deixaba facelo se non a deixaba velo.O duende de tanto por favor deixoulle a nena: -Teño que cumplir desexos-dixo o duende -Vale-dixo María


O duende fixo 100.000 desexos e faltáballe un pero xa non tiña forzas.O neno que quería o desexo estaba moi enfermo e estaba na casa porque no tiña diñeiro para ir ao hospital.María fixo de todo para que poidera coidar ese neno.O duende díxolle que lle ía pasar as súas últimas forzas e dilloxe tamén que se chamaba Pole: -Non,vas morrer O duende pasoulle as súas últimas forzas e morreu.A nena quedou soa,pero curou o neno.


A SEÑORITA ROSA

Rosa, unha ancía de 83 anos, ía paseando por unha rúa de Allariz. Estaba pasando polo banco Santander cando viu a Óscar, un pobre mendigo, que estaba a pedir esmola. Rosa, coma todos os días, deulle un euro e ocurreuselle unha idea xenial. Preguntoulle a Óscar se quería ir a vivir con ela á súa enorme casa. Óscar aceptou e foise con ela. Co paso dos meses Óscar fíxose todo un cabaleiro e disfrutaba moito de estar con Rosa. Un mes despois Óscar encontrou traballo nun bar “O Portal”. Rosa pasaba todos os días polo bar para tomar un café. Óscar gañaba tanto diñeiro que mercou un coche. Tamén axudaba a Rosa coas facturas da casa. Dous meses despois Rosa enfermou e morreu. Óscar heredou a casa de Rosa. E antes de ir a traballar, pasaba polo cemiterio para ir a ver a señorita Rosa. Óscar casouse con Andrea, unha moza moi lista, e foron a vivir a un piso e vendeu a casa de Rosa. Óscar e Andrea tiveron o primeiro fillo e chamarono Diego, que foi un neno moi forte e estoudioso. Aos 18 anos Diego empeza a traballar nunha secretaría. Diego foi presidente aos 29 e casou aos 30 anos con María a directora do colexio, e tiveron dous fillos: Óscar o maior que foi gobernante de Francia e Sara que se fixo monxa e deu de comer a moitos pobres. Aos 72 anos Óscar morreu e aos 89 morreu Andrea. Diego e María ían o cemiterio a ver aos pais de Diego. Diego e María déronse conta de que Óscar o seu fillo, morrera o 27 de xuño de 1970 nun accidente de tren que deixou 273 mortos. Sara seguía axudando aos pobres de Allariz nos tempos de fame.


O LIBRO

DESAPARECIDO


Un home de setenta e nove anos chamado Manolo,ao que xa non se lle acordaban as cousas,un día acordouselle que facía un mes ou así lle deixara a un ammigo seu un libro.O problema era que non sabía que libro era nin a qué amigo llo deixara.Entón foi a súa biblioteca,colleu o papel de todos os seus libros e púxose a buscar cal lle faltaba.Unha hora despois,na sección de maxia ,non encontrou o libro de Harry Potter;entón foi a procura do seu libro.Primeiro foi a casa de Xosé pero el non o tiña.Xosé dixolle que o ía axudar.Entre os dous foron reclutando aos amigos de Manolo.Todos se apuntaron a axudar a Manolo a encontrar o libro.Primeiro buscaron na aldea onde vivía Xosé,porque tamén era vello e se lle olvidaban as cousas,por si o perdera camiñando por alí.Buscaron por toda a aldea:nas casas,nos camiños e ata nos lameiros pero… nada.Despois de estar buscando tanto tempo,xa eran as cinco da tarde e Xosé invitou a todos os amigos de Manolo a merendar na súa casa.Alí tomaron café con galletas.Xa polas seis,foron a aldea de Xoán,buscaron por todos os rincóns coma na aldea de Xosé,pero…nada, non encontraron nada.Como esta xa era un chisco máis grande,tardaron máis en rexistrala.Acabaron a eso das nove,pero… como Xoán era moi xeneroso e tiña a casa máis grande da aldea,invitounos a cear e a durmir na súa casa.Esa noite durmiron todos menos Manolo que estaba ao pé da casa de Xoán intentando recordar onde deixara o libro. Cada vez estaba máis nervioso porque perdera o seu mellor libro e o que máis lle gustaba.Pero como tiña moi mala memoria,pola súa idade,tampouco recordaba o debuxo que tiña na portada.Ao día seguinte todos se levantaron,almorzaron,vestíronse e volveron intentar encontrar o libro que Manolo perdera facía un mes.Pero esta vez xa non buscaron en ningunha aldea máis senón que foron á vila máis cercana.Esa vila era Allariz.En Allariz buscaron por todos os rincóns,pero…tampouco encontraron nin unha follado libro.O que si encontraron foron uns detectives de primeira.Estes imprimiron cen follas;en cada unha delas estaba escrito este texto:Desapareceu un libro de Harry Potter.Quen o encontre que o leve a comisaría.Todos estaban esperando,pero os detectives dixeron que non se ían quedar esperando a que alguen trouxera o libro;entón,foron buscar aos


alrededores da vila,mentres que as persoas que miraban o cartel empezaban a buscar o libro perdido.Ao cabo dunhas horas toda a comarca estaba rexistrada.Entón xuntáronse en comisaría e decidiron votar a onde ían ir a buscar.Todos votaron a favor do bosque.Cara o bosque foi todo o pobo. No bosque separáronse en catro grupos.Cada grupo ía en dirección dun punto cardinal diferente. O do Norte buscou entre hervas, dentro de troncos que estaban ocos, en niños de paxaros etc. O do Leste fixo a mesma búsqueda que o grupo Norte e Oeste igual. Pero só un grupo o podía encontrar e, ese grupo foi o grupo do Sur. O libro estaba tirado no chan xunto dunha árbore. Este estaba todo picoteado. Os detectives decidiron subir á árbore para enterarse de quen fora o culpable. Na copa da árbore so había un paxaro que estaba incubando os seus ovos. Os detectives para saber se o culpable era o paxaro, collérono e cunha lupa miráronlle o bico. Pegados ao bico tiña uns pequenos restos de papel. Ao acabar de investigar ao paxaro, baixaron da árbore e preguntáronlle á xente si sabían quen fora o culpable. A xente contextou dicindo que non. Enton os detectives dixeron que o culpable fora un paxaro. O acabar todo o rollo da búsqueda do libro; Manolo dixo: “ Grazas por axudarme a buscar o libro. Grazas a todos ”. Cando xa se foran todos e so quedaban Manolo e os detectives, Manolo deulle as grazas e díxolles que habería que recoller os carteis. Entre os tres quitaron todos os carteis da comarca de Allariz. O final Manolo encontrara o libro pero estaba triste porque xa non o ía volver poder leer nunca máis.



Unha mañá de outono, as andoriñas emprenderon a súa viaxe de regreso. Só una pequeniña, María, quedou atrás. As demais andoriñas seguiron o voo sen decatarse que faltaba una. As andoriñas máis pequenas sempre ían ao final da bandada, pero a pequeniña, era tan pequena que non podía voar tanto e tan rápido, e quedouse atrás, moi atrás, ata que se separou da bandada. Intentou voar rapidísimo, para unirse ao grupo, pero as súas forzas non lle chegaban. Como viu que xa non podía unirse, decidiu ir a terra firme a descansar un pouco e a beber. Mentres, a bandada de andoriñas, xa andaba por Andalucía, cando se enteraron de que faltaba unha: a pequeniña María. - Pablo, sabes onde anda a miña filla María?. Preguntoulle o pai da desaparecida todo preocupado a Pablo, un amigo da súa filla María. - Non sei, creo que está con Lucía. Contestoulle Pablo. O pai da pequena andoriña, asustado, preguntoulle a Lucía se María estaba con ela, pero non estaba. “Onde estará a nosa filla María?” – preguntábanse os seus pais moitas veces. Rosa – dixo unha amiga de María – creo que a túa querida filla quedouse atrás e non puido volver onda nós – díxolle moi triste. María, a andoriña perdida, seguía en terra firme. De repente unha aguia viuna. A andoriña estaba triste e desolada, non sabía que facer. Nunca estivera soa, sen a protección dos seus pais, nin do resto do grupo.Sempre estoitara miles de historias sobre os perigos que corría un paxariño ao estar só, e indefenso como estaba ela. De repente mentres pensaba que facer, viu unha sombra dun paxaro, que lle resultou coñecida. Era a temible aguia dos terribles contos. A andoriña intentou esconderse nun burato dunha árbore, pero ese era moi pequeno e foi a outro que estaba máis arriba. Ese era moi pequeno para que a aguia puidera entrar a collela. Cando a aguia marchou, ela mirou un niño, e foi alí para descansar. Ao chegar encontrouse con dúas cigoniñas e a súa nai. - Pero que fas aquí? – preguntoulle. - É que me perdín do grupo e unha aguia intentoume comer, pero eu conseguín escapar. Os meus pais están de camiño a Exipto. Poderías axudarme? – preguntoulle María. - Eu non, pero teño uns curmáns que van ir para Exipto mañá moi cedo e podería avisalos. Ao día seguinte pola mañá, viñeron Xulio e Carmen, os curmáns de mamá cegoña, e marcharon todos xuntos cara Exipto.


Mentres, a bandada parara para descansar a comer. Os pais xa non tiñan esperanza de que a súa filla estivese viva. María ía toda contenta ao lombo de Carmen, a cegoña, pois así chegarían antes. Eles ían moi rápido, para poder alcanzar a bandada. Pasaron moitos días ata que as cegoñas alcanzaron ao grupo de andoriñas. María, toda contenta, empezou a voar rapidísimo, como unha bala, para chegar onda os seus pais. Eles non o podían crer. María estaba viva!. Os pais e toda a bandada estiveron moi satisfeitos, agradecidos, alegres, etc. , porque axudaran a María a volver cos seus pais. - Moitísimas grazas por axudar a María! – dixo Rosa. - De nada – contestáronlle. - Como volo podemos agradecer? - Non fai falta. Dende aquel días as andoriñas pequenas e anciáns foron sempre diante da bandada, para non quedar atrás.


A POMBA BOA


Unha pomba chamada Manola,pequeniña e divertida,casi nunca lle facía caso á súa nai.Un día a nai botouna da casa por non facerlle caso.A pomba non tiña comida,nin auga,nin casa.Apareceu unha pomba xigantesca e a pomba botou a voar.A pomba xigantesta acercouse a Manola e empezoulle a dicir que non tiñera medo que ela era boa.A pomba Manola xa non tiña tanto medo e entón preguntoulle como se chamaba e respondeulle que se chama Manolita,Manolita díxolle que parecía que non tiña nada,nin comida,nin auga e nin casa e Manola respondeulle que iso era verdade,non tiña nada,Manolita díxolle que a seguera. A pomba Manola seguiu a Manolita e Manola preguntoulle se quedaba moito e Manolita dixo que non. Cando chegaron,Manolita,deulle anacos de pan,auga e tamén a invitou á súa casa. Manola dixolle grazas e Manolita dixolle que de nada que a ella encantalle axudar as pombas que precisan axuda como a ella e Manola dixo grazas que é unha boa amiga. Manolita presentoulle á súa familia.Un día... veu unha aguia e levou a Manolita. Manola pensou que como ela lle axudara agora ela tiña que axudala.Foi en busca de Manolita e encontrouna pero a aguia tiñaa no seu niño. Manola dixolle que estaba aquí e Manolita dille que grazas que esta aquí Manola dixo que a iba rescatar. Colleu unha pedra e tirouna.A aguia foi por ela e Manola aproveitando o tempo colleu a Manolita e botaron a voar.A aquia mirounas pero non as quixo perseguir porque xa estaba moi cansa.Chegaron a casa e Manolita grazas que non pode facer nada sin ti e Manola dixo de nada que ella solo quereía recompensar a axuda que lle deu a ella.Manola preguntoulle se iban a almorzar e Manolita dixo que vamos.Empezaron a almorzar e cada un pediu o que quixo e... Manolita dixo se quería un pouco de auga e Manola dixolle que si. Foron á casa e,Manola xa tiña que facer as maletas,porque xa sabía onde vivía, e dicir,donde tiña a súa familia. Manola dixo que tiña que facer as maletas que estaba desexando ir onda a súa familia e Manolita dixolle adeus. Despedíronse e Manola xa se foi voando desexando chegar onda a súa familia.


OS DOUS AMIGOS


Non moi lonxe de aquí contan unha historia que pasou hai moitos anos. Un día meu curmán preguntouma e eu conteilla. No ano 1950, nun verán moi caluroso, veu de viaxe unha familia moi rica .Os pais tiñan moito diñeiro heredado de seus pais, ademáis eran moi avariciosos, pero o seu fillo non era así. Todas as mañás saían a dar unha volta, despois comían nun restaurante e máis tarde marchaban para a casa. Un día, seus pais marcharon por negocios e o seu fillo Marco quedou coa avoa, Margarita. Ao día seguinte Marco foi á praia e a avoa foi mercar a comida. Na praia encontrou a un neno que non tiña nada, entónmercoulle unhas fanequeiras e un bañador. O neno deulle as grazas eMarco preguntoulle: -Queres vir xogar comigo? -Vale, e moitísimasgrazas-contestou o neno. Así foron pasando semanas, meses e cada vez eran máis amigos. Unha tarde moi calurosa volveron seus pais e para darlle unha sorpresa a Marco dixeron de ir á praia a xogar con el. Cando seus pais o viron xogar co campesiño enfadáronse moito, collérono por unha orella ata o coche e polo camiño dicíanlle: -Como andas cun campesiño?-dixo a nai. -Iso!, e malgastando o diñeiro nel –berroulle o pai. -Quedas castigado no teu cuarto. –berrou a nai. -E só baixarás para almorzar, comer e cear.-dixo o pai. Ao chegar baixouse do coche correndo e berrando dixo: Sempre me castigades cando estou feliz, agora boto moito de menos a avoa . A nai moi triste foise a chorar ao seu cuarto e o pai moi enfadado, foise facer a cea. Nesa semana os seus pais chamaron a un amigo que tiña un fillo para que o trouxeran e xogara con Marco. Para Marco xogar con el era un castigo, porque era tramposo e pixo. Cando se foron, Marco sentíase moi feliz e seu pai chamouno para cear. Ao cear o seu pai preguntoulle:


-Que tal con Ronald? -Fatal, é un caprichoso e un pixo-contestou Marco -Pois por dicir iso vaste castigado o teu cuarto. Cando chegou ao seu cuarto dixo en voz moi baixa: -Coma vós. O seu amigo estaba moi preocupado porque facía un mes que Marco non baixaba á praia. Entón en internet buscou o seu apelido e encontrou onde tiñan a casa de verán. O seu amigo tiroulle pedras á ventáe Marco cando viu díxolle: -Estou castigado. -O que eu pensaba, pero ven a miña casa. -Vale. Marco saltou pola ventá e foi á casa do seu amigo. Á mañá seguinte a nai de Marco foino avisar de que tiña que ir a almorzar.Como Marco non baixaba, a súa nai subiu, pero non o viu. A nai moi histérica chamou ao paie saíron os dous a buscar a Marco. Cavilaron e cavilaron e seu pai pensou que estaría na Praia.Ao chegar viuno co campesiño e viu que seu fillo era feliz xogando co campesiño. Ao velo así decidiron non ser nunca máis avariciosose viviron alí toda a súa vida.

Aquí remata esta historia, pero o meu curmán que é moi charlatán díxome que a un amigo seu pasoulle o mesmo so que el non é rico e os seus pais son amables e cariñosos.



Era una vez un pobre que vivia debaixo dunha ponte.O seu nome era Pepe. Pepe non tiña familia nin ninguén que lle dera refuxio nin nada polo estilo.El só tiña un euro que conseguiu na rúa. Un día pola mañá Pepe ía andando pola rúa,de repente aparece un home que lle dicìa se podía ir con el para ofrecerlle unha cousa . Esa cousa era que lle ofreceu era un refuxio onde poder vivir durante o tempo que el precisase. Pepe dìxolle ao home que non era necesario que fixera eso por el,pero o home contestou: -Eu so quero axudar as persoas que non teñen diñeiro - Pois se ese e o teu traballo ,non teras mas remedio que facelo –dixo Pepe . -Ah unha cousa¡como te chamas? - Eu chamome Josè - dixo o home. -Pois encantado de conocerte O día seguinte levou unha gran sorpresa porque José tiña na man un monton de roupa para vestir.polo menos tiña dous pares de zapatos,uns cuantos calcetíns, moitos pantalóns e moitìsimas camisetas e chaquetas. Ao pasar dous ou tres anos aproximadamente José non estaba tan novo coma antes. Tiña uns noventa e nove anos.Pepe empezou a darse conta de que ao home José non tiña unha boa saúde.Entón decide lévalo ao hospital para poder saber se se encontraba ben. Pero antes de chegar ao hospital José faleceu. Pepe,no enterro dí: -José foi unha persoa moi amable conmigo durante toda a sua vida , e por iso veño a enterrar o meu mellor compañeiro.


MANUTE BOL: O ESPÍRITU DO LEÓN


MANUTE BOL: O ESPÍRITU DO LEÓN Amence nas chairas do Serengueti,mentres rasga o silencio o grito desesperado dun recén nacido. Un rapaz que sería bautizado co nome de Manute Bol. Quen podería imaxinar que aquel rapaz de corpo enclenque e desnutrido chegaría a xogar na liga de baloncesto máis importante do planeta?

O mesmo día que deixou a súa aldea para recalar nos Washinton Bullets prometeu volver para axudarlles a saír do seu estado miserable. As tempadas na NBA sucedíanse e Manute conseguía logros que ninguén houbera chegado a pensar. As únicas noticias que recibía da súa eran noticias de guerra e destrucción.Un porcentaxe alto do diñeiro que obtiña cada mes enviábao á súa aldea de orixe. Debido á súa saúde, Manute Bol tivo que deixar a NBA e así acabar coa súa carreira de deportista. Viaxou ao seu país coa intención de chegar a un acordo de paz pero non o conseguiu. De volta a EEUU, Manute Bol tivo un accidente de coche e rompeu un brazo e unha perna, e ademais diso estivo 3 días en coma. Tras espertar, os seus anteriores compañeiros de equipo fixeron un partido benéfico en honor a Manute.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.