Folla xornal

Page 1

A Festa do Boi celébrase para recordar ao Xan de Arzúa A vila de Allariz recupera a época medieval durante varios días IKER E DAVID CEIP PADRE FEIJOO / 5ºC

A Festa do boi de Allariz celébrase en memoria do Xan de Arzúa. O Xan de Arzúa era un fidalgo que viviu no ano 1317. Este era un enormísimo fidalgo, porque escorrentou aos xudeus que se mofaban da procesión cristiá do Corpus Christi. A procesión dos gremios que se celebra o primeiro domingo da festa representa cando o Xan de Arzúa escorrentou aos xudeus nun boi. Este ano, a Festa do boi celébrase entre o 14 e o 22 de xuño. Os principais encargados dos bois nas cortes son Marisa, Alberto e o alcalde. Marisa é a presidenta da asociación Xan de Arzúa, e Alberto é o tesoureiro. Nesta festa os cidadáns de Allariz e algúns turistas doutras comunidades xúntanse na corte e agardan a que saia o boi para comezar a correr detrás del polas rúas. Este ano os catro bois baixarán de Penamá e correrán polas rúas de Allariz. Se algún dos bois nalgún momento non pode correr, van a Penamá e cámbiano. Os camións van recoller aos bois, polo camiño cara á Allariz paran en San Salvador e fan un xantar campestre. Cara ás catro, os bois camiñan ata Paicordeiro, onde fan a recreación do trato dos bois. Despois baixan con eles ata o Campo da Barreira pasando por Roimelo. Cando chegan Co campo da Barreira dáse comezo á festa. O domingo farase un concur-

OPINIÓN

Máis tempo para os nenos

U

n novo ano comezan os preparativos para a Festa do boi. É unha festa que, Leire e dende 1983, reÁngel cuperou a lenda do Xan de Arzúa saíndo polas rúas de Allariz para celebrar a festa do Corpus. Moita xente non está a favor da festa porque cren que o único que fai a xuventude é emborracharse. Outra das opinións en contra da festa é o maltrato aos animais xa que son obrigados a correr polas rúas da vila atados cun sedeño. Para rematar cremos que o tempo que a festa nos dedica é moi escaso xa que dos nove días de festa, soamente dous días están pensados para nós.

Para esquecer os deberes Un rapaz escóndese do boi detrás dunha casa do casco histórico de Allariz. JULIÁN E MARÍA

so de trobadores e sobremesas; o luns é a primeira carreira infantil do boi, que se repetirá o mércores e o sábado. Outra das novidades é a creación dun Arquivo Audiovisual da Festa do Boi polo que a comisión pide a todas as familias que faciliten o material do que

Este ano haberá máis carreiras do boi e máis actividades para os nenos

dispoñan. Este ano haberá máis carreiras do boi e máis actividades para os nenos. Vólvese repetir unha das actividades do ano pasado como é o Pistaboi, un xogo que consiste en seguir unhas pistas e atopar ao Xan de Arzúa. Como todos os anos, a comi-

O domingo día 15 farase un concurso de trobadores e sobremesas

sión pide a todos os participantes que sigan as recomendacións que aparecen nas entradas de todas as rúas do casco vello para evitar accidentes e poder ter unha festa sen problemas. Todos os que vivimos en Allariz convidamos a todas as persoas que queiran divertirse a que veñan á nosa vila nestas datas. Durante toda a semana de festas deberían prohibirse os deberes e os exames para que todos os nenos podamos pasalo ben na festa. (O equipo de Documentación que traballou nesta páxina está integrado por Paola, Paulo, Iría, Xoel e María).

A

Festa do boi comeza un ano máis. Gústanos porque se segue a tradición e non Aroa e hai feridos graXabier ves grazas aos homes do sedeño; tamén porque hai atraccións e déixannos saír polas noites. Outra das razóns pola que nos gusta é porque xa remataron as clases e non temos que pensar en deberes ou en estudar. Cando chegan os días de festa non somos capaces de estar atentos e os profesores enfádanse con nós; pero este ano imos ter sorte porque as clases xa remataron cando chegue o fin de semana do boi.

MARISA GONZÁLEZ PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN CULTURAL XAN DE ARZÚA

«Veñen moitos estranxeiros e tamén moitos estudantes que están de Erasmus» UXÍA, YAIZA E JAVIR 5º C

M

arisa González, a presidenta da asociación Xan Arzúa, leva colaborando 14 anos coa festa. —Por que se fixo a fundación Xan de Arzúa? —Para recuperar unha festa que data do 1316. —Veñen moitos estranxeiros á festa? —Veñen moitísimos estranxeiros e tamén moitos estudantes que están de Erasmus. Temos todo traducido en xaponés, inglés, francés, portugués... e en todos os idiomas.

—De onde son a maioría? —A maioría son ingleses, italianos e portugueses. —Canto tempo aproximadamente colaboran os voluntarios da festa? —En meses levamos xa abril, maio e xuño. Despois de xuño sentámonos e facemos avaliación. Ao empezar o ano empezan as reunións, elixir o material, botar contas... —Como pensades que se comportarán os bois criados en Penamá? —Vense moi mansos, moi tranquilos, din que os bois son animais moi nobres. Ademais, están criados alí e coñecen este clima.

Estamos seguros que se van portar moi ben. —Canta xente participa na festa? —Se se venden uns 8.500 panos, quere dicir que participan unhas 8.500 persoas. —A xente acostuma a cumprir os consellos das carreiras? —Sempre hai algún despistad@, pero os neno@s son os que mellor cumpren eses consellos, porque van vestidos de maneira axeitada, con roupa deportiva. Algunha que outra persoa aparece con tacóns, cos que non se pode correr... Os mellores son os nenos.

Marisa González amosa unha camisola do Boi 2014. JULIÁN E MARÍA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.