Page 1

Darío Xohán Cabana

9

788489 323568

As floriñas de san Francisco

«Un delicioso libro de contos piadosos, a miúdo salferidos de graza e humor e sempre cheos de profunda emoción relixiosa, mística e fraternal. As figuras de san Francisco e dos seus compañeiros e seguidores xorden destas páxinas cunha extraordinaria capacidade de sedución, cheas de vida e de verdade e, por que non dicilo, de simpatía persoal».

As floriñas de san Francisco Tr a d u c i ó n d e

Darío Xohán Cabana Ilustrado por

Darío Basso


68


XXIV

Como san Francisco foi converter o sultán de Babilonia

an Francisco, instigado polo celo da fe de Cristo e polo desexo do martirio, foi unha vez a ultramar con doce santísimos compañeiros seus, para ir dereitamente onda o sultán de Babilonia.14 E ó chegaren a unha rexión de sarracenos onde os pasos eran gardados por certos homes tan crueis que ningún cristián que por alí pasase podía escapar sen que o matasen, prougo a Deus que eles non fosen mortos, senón presos, golpeados e atados e levados a diante do sultán. E ó estar diante del san Francisco, ensinado polo Espírito Santo, predicou tan devotamente sobre fe de Cristo que por ela até quería entrar no lume.15 Entón o sultán empezou a ter gran devoción por el, tanto pola constancia da súa fe como polo desprezo do mundo que vía nel, pois ningún don quería recibir del, aínda que era pobrísimo; e tamén polo fervor do martirio que nel vía. E desde aquel día en diante o sultán oíao de boa mente, e pregoulle que o volvese ver a miúdo, concedéndolle

14 Babilonia era o nome polo que daquela se coñecía O Cairo en Europa. O sultán Malik al-Kamil, home moi culto e gran diplomático, recibiu a san Francisco na súa viaxe a Oriente de 1219-1220 e deulle salvoconduto. Morreu en 1238, pero a súa conversión ó cristianismo non é máis ca unha lenda. 15 É dicir, quería someterse á proba do lume, segundo a práctica probatoria medieval.

libremente a el e ós seus compañeiros que puidesen predicar onde lles prouguer. E deulles un sinal polo cal non podían ser ofendidos por ninguén. Recibida, pois, esta libre licenza, san Francisco mandou aqueles seus compañeiros elixidos, dous a dous, a diversas partes dos sarracenos a predicar a fe de Cristo; e el canda un deles escolleu unha comarca, en chegando á cal entrou nun albergue para descansar. E había alí unha muller belísima de corpo, pero porca de alma, e a maldita requiriuno a pecar. E como san Francisco lle dixo «Acepto, imos á cama», ela levouno ó cuarto. E dixo san Francisco: «Ven canda min»; e levouna a xunto dunha grandísima lumarada que había naquela casa,16 e en fervor de espírito espiuse e deitouse encoiro ó carón do lume naquela lareira ardente. E convidouna a achegarse e espirse para deitarse con el naquel leito espelido e belo. E estando así san Francisco un gran pedazo con cara alegre e sen queimarse nin sequera chamuscarse, aquela muller, espantada e co corazón compunxido por semellante

16 En Casella 1926 lese «in quella camera», pero debe ser un erro –quizabes inducido polo «menò in camera» anterior inmediato– pois non acho esta lectura en ningún outro sitio; ademais, os Actus poñen «in illa domo». O episodio da prostituta é suprimido nalgunhas pudibundas edicións.

69


milagre, non só se arrepentiu do pecado e da mala intención, senón que tamén se converteu perfectamente á fe de Cristo, e chegou a ser de tanta santidade que por ela salváronse moitas almas naquelas terras. Finalmente, vendo san Francisco que non podía conseguir máis froito naquelas partes, por divina revelación dispúxose con todos os seus compañeiros a retornar entre os fieis. E unha vez que os xuntou todos, volveu a cabo do sultán e despediuse del. Entón díxolle o sultán: «Francisco, eu de boa gana me convertería á fe de Cristo, pero temo facelo agora; porque se estes se decatasen, mataríanme a min e a ti con todos os teus compañeiros. E como ti podes facer aínda moito ben, e eu teño que arranxar moitas cousas de moito peso, non quero provocar agora a morte túa e miña; pero ensíname como me podo salvar, e estou disposto a facer o que me digas». Dixo entón san Francisco: «Señor, eu marcharei agora de onda vós; mais desde que eu volva ó meu país e vaia ó ceo pola graza de Deus, despois da miña morte, segundo a vontade de Deus, mandareiche dous dos meus irmáns, dos cales recibirás o bautismo de Cristo e serás salvo, segundo me revelou o meu señor Xesucristo». E ti mentres tanto líbrate de todo impedimento, para que cando veña a ti a graza de Deus te encontre preparado para a fe e a devoción». E así prometeu facer, e fíxoo. 70

Despois disto, san Francisco retornou con aquel venerable colexio dos seus santos compañeiros; e despois dalgúns anos san Francisco por morte corporal devolveulle a alma a Deus. E o sultán, enfermando, espera a promesa de san Francisco e fai poñer gardas en certos pasos, mandando que se pasaban por alí dous frades co hábito de san Francisco llos levasen de inmediato. Naquel tempo san Francisco aparecéuselles a dous frades, e mandoulles que fosen sen demora onda o sultán e procurasen a súa salvación segundo el lle prometera. Os frades marcharon inmediatamente e, pasado o mar, foron levados polos devanditos gardas ante o sultán. E ó velos, o sultán tivo unha grandísima alegría e dixo: «Agora sei verdadeiramente que Deus mandou a min os seus servos para a miña salvación, segundo a promesa que me fixo san Francisco por revelación divina». Recibindo, pois, información da fe de Cristo e o santo bautismo dos devanditos frades, así rexenerado en Cristo morreu daquela enfermidade, e foi salvada a súa alma polos méritos e obras de san Francisco. En loor de Cristo bendito. Amén.


71


XXV

Como san Francisco sandou un leproso da alma e do corpo

verdadeiro discípulo de Cristo señor san Francisco, mentres viviu nesta miserable vida, con todas as súas forzas se empeñaba en seguir a Cristo, perfecto mestre; polo que moitas veces por divina operación acontecía que a quen el lle sandaba o corpo Deus sandáballe a alma no mesmo intre, tal como se le de Cristo. E como el non só servía de bo grado os leprosos, senón que ademais ordenara que os frades da súa Orde, andando ou parando polo mundo, servisen os leprosos polo amor de Cristo, que por nós quixo ser considerado leproso, sucedeu unha vez que nun convento, preto doutro onde vivía daquela san Francisco, os frades servían ós leprosos e enfermos nun hospital, no cal había un leproso tan impaciente e insoportable e protervo que todos crían, e así era de certo, que estaba posuído polo demo, porque aldraxaba con palabras e golpeaba tan brutalmente a quen o servía, e o que era peor, blasfemaba tan desvergoñadamente contra Cristo e a súa santísima Nai, que de ningunha maneira se atopaba quen o quixese ou puidese servir. E aínda que os frades se esforzaban por aturar pacientemente as inxurias propias e aldraxes por acrecentaren o mérito da paciencia, como as súas conciencias non 72

podían soportar as inxurias a Cristo e a súa Nai, determináronse de todo a abandonalo; mais non o quixeron facer antes de llo comunicaren ordenadamente a san Francisco, que vivía daquela nun convento preto de alí. E en canto llo comunicaron, san Francisco vai onda aquel leproso perverso; e en chegando a cabo del saudouno dicindo: «Deus che dea paz, meu irmán benquerido». Responde o leproso rosmando: «E que paz podo ter eu de Deus, que me quitou a paz e todo ben e me volveu todo podre e fedorento?» E san Francisco dixo: «Fillo, ten paciencia; porque as enfermidades do corpo sonnos dadas por Deus neste mundo para a salvación da alma, porque son de grande mérito cando son soportadas pacientemente». Respondeu o enfermo: «E como podo eu soportar con paz o tormento continuo que me aflixe día e noite? E non só son aflixido pola miña enfermidade, pois aínda peor me fan os frades que ti me deches para me serviren e non me serven como deben». Entón san Francisco, coñecendo que este leproso estaba posuído polo espírito maligno, por revelación divina, foi e púxose en oración e rogoulle a Deus devotamente por el. E acabada a oración,


volveu onda el e díxolle así: «Fillo, quérote servir eu mesmo, xa que non estás contento cos outros». «Está ben», dixo o enfermo, «pero que me vas poder facer ti máis cós outros?» Respondeulle san Francisco: «O que ti queiras, eu cho farei». Di o enfermo: «Quero que me laves todo enteiro, porque cheiro tan mal que nin eu mesmo me podo aguantar». Entón san Francisco fixo quentar inmediatamente auga con moitas herbas aromáticas; despois íspeo e comeza a lavalo coas súas mans; e outro frade botáballe a auga por riba. E por divina virtude e milagre, onde san Francisco tocaba coas súas santas mans, desaparecía a lepra e quedaba a carne perfectamente curada. E conforme empezaba a sandar a carne, tamén empezou a sandar a alma. Entón o leproso, vendo que empeza a curar, empezou a ter grande compunción e arrepentimento dos seus pecados e a chorar moi amargamente; de xeito que mentres o corpo se purificaba por fóra da lepra co lavamento da auga, a alma purificábase por dentro do pecado coa contrición e coas lágrimas. E estando xa perfectamente curado en canto ó corpo e en canto á alma, humildemente recoñecía a súa culpa e dicía chorando en alta voz: «Ai de min, que son merecente do inferno polos aldraxes

e inxurias que lles fixen e dixen ós frades, e pola impaciencia e blasfemias que tiven contra Deus». E así perseverou quince días en amargo pranto polos seus pecados e en pedirlle misericordia a Deus, confesándose enteiramente ó sacerdote. E san Francisco, vendo tan manifesto milagre que Deus obrara polas súas mans, deulle grazas a Deus e marchou de alí e foi a outra terra ben lonxe; porque por humildade quería fuxir de toda gloria mundana, e en todas as súas obras buscaba só a honra e a gloria de Deus e non a propia. Despois, como prougo a Deus, o devandito leproso, curado do corpo e da alma, ó cabo dos quince días da súa penitencia enfermou doutra enfermidade; e armado cos sacramentos da Igrexa, morreu santamente e a súa alma foi ó paraíso. En sinal disto aparecéuselle no ar a san Francisco, que estaba nunha fraga en oración, e díxolle: «Recoñécesme?» «Quen es?», dixo san Francisco. E el respondeu: «Son o leproso que sandou Cristo bendito polos teus méritos, e hoxe vou para a vida eterna, polo que eu dou grazas a Deus e a ti. Bendita sexa a túa alma e o teu corpo e benditas as túas palabras e as túas obras, porque por ti moitas almas se salvarán no 73


mundo. E sabe que non hai día no mundo que os santos anxos e os outros santos non dean grazas a Deus polos santos froitos que ti e a túa Orde facedes nas diversas partes do mundo; así que confórtate e dá grazas a Deus, e queda coa súa bendición». E ditas estas palabras foi para o ceo; e san Francisco ficou moi consolado. En loor de Cristo. Amén.

74


75


Darío Xohán Cabana

9

788489 323568

As floriñas de san Francisco

«Un delicioso libro de contos piadosos, a miúdo salferidos de graza e humor e sempre cheos de profunda emoción relixiosa, mística e fraternal. As figuras de san Francisco e dos seus compañeiros e seguidores xorden destas páxinas cunha extraordinaria capacidade de sedución, cheas de vida e de verdade e, por que non dicilo, de simpatía persoal».

As floriñas de san Francisco Tr a d u c i ó n d e

Darío Xohán Cabana Ilustrado por

Darío Basso

As floriñas de San Francisco, Darío Xohán Cabana (trad,) & Darío Basso (ilustr.)  

Una edición espectacular de un texto de finales del siglo XIV. Los "Fioretti" de San Francisco, traducidos al gallego por el experto Darío X...

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you