SANTIAGO DE COMPOSTELA DEIXOU FASCINADO a Federico García Lorca. Descobre a cidade con 18 anos, durante unha viaxe de estudos por Galicia, e axiña escribirá: «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas no ano 1932, ben como conferenciante, tamén como director de La Barraca e sempre como famosísimo poeta. En Santiago será recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade. Lorca dá a coñecer aquí algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. En decembro de 1935 sairán publicados en Santiago os Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino lle tributará á nosa lingua e cultura. O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade nun detido relato a modo de crónica que revive estes días únicos. Tamén recolle as impresións do poeta cando regresa a Madrid, ou durante a súa estadía en Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. Este volume achega numerosos datos e máis de setenta ilustracións e documentos, boa parte deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste eterno Lorca en Compostela. www.alvarellos.info
alvarellos.info
INCLÚE A RUTA A LORQUIAN DE POLA CIDA
FEDERICO GARCÍA LORCA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA HENRIQUE ALVARELLOS
GAL
GAL Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é escritor, editor e promotor cultural. Licenciado en Filoloxía Hispánica e Máster en Medios de Comunicación, en 2018 rescatou a crónica da primeira viaxe de García Lorca a Galicia, realizada en 1916, que publicou baixo o título El gran viaje de estudios de García Lorca; tamén preparou a edición facsimilar e ilustrada dos Seis poemas galegos (Premio ao Mellor Libro Editado de Galicia en 2018). En 2020 traduciu ao galego Medio pan e un libro (Kalandraka), a conferencia pronunciada por Lorca en 1931 na inauguración da biblioteca de Fuente Vaqueros, a súa localidade natal.
Henrique Alvarellos
FEDERICO
GARCÍA
LORCA
Alvarellos é autor de varios libros: Territorio auroral. 36 memorias vivas de Compostela (1997), Teoría de Lugo (2004), Galicia en cen prodixios (2004), Descubrir Lugo (2006), Diario dun pai acabado de nacer (2008), Santiago, 1909 (2009), Balada ceibe no bosque de Conxo (2018) e o conto, A nena que abrazaba as árbores (2020), ilustrado por Xulia Nieto. Dirixe desde 2004 Alvarellos Editora. Henrique Alvarellos é así mesmo impulsor de diversas e significativas iniciativas culturais como a conmemoración do centenario da Exposición Rexional Galega de 1909 (2009), a apertura do Bosque do Banquete de Conxo de 1856 (2018) ou a posta en marcha en 2018 do 25 de outubro como Día de García Lorca en Galicia.
EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
OESTE divulgación&ensaio