Page 1

O filólogo Xurxo Martínez González, experto no XIX, é o responsable desta edición: ocupouse da selección dos textos e redacta un amplo e revelador estudo introdutorio que sitúa, no seu tempo, a figura clave de Neira de Mosquera. O prólogo asínao toda unha autoridade na materia, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández. “Ahora o nunca”, exclama o noso protagonista nun dos artigos aquí recollidos, porque a defensa do país non podía agardar máis. Era o mes de abril de 1851.

ISBN 978-84-16460-21-2

Antonio Neira de Mosquera • galicia ante todo

O escritor e xornalista Antonio Neira de Mosquera (Santiago, 1823-A Coruña, 1854) é un dos grandes –e tamén esquecidos– protagonistas da primeira xeración de galeguistas, a que xurdiu na década dos anos corenta do século XIX: os chamados Provincialistas. O presente volume, titulado precisamente cunha das proclamas do autor —“Galicia ante todo”–, rescata vinte escritos de Neira de Mosquera, tanto xornalísticos coma literarios. Unha reveladora escolma onde se trazan as liñas básicas sobre as que se asentaría aquel movemento, a primeira xeración que loitou pola defensa e o rexurdimento de Galicia.

galicia ante todo PÁXINAS ESQUECIDAS DO REXURDIMENTO (1840-1853)

Antonio Neira de Mosquera


Galicia ante todo


Antonio Neira de Mosquera

Galicia ante todo Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853)

Edición e Estudo Xurxo Martínez González Prólogo Xosé Ramón Barreiro Fernández


Esta obra publícase baixo unha coedición entre o Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora. Forma parte da Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago e da Colección Rescate de Alvarellos Editora. [23] Premio Irmandade do Libro á Mellor Obra Editorial do Ano 2008 Premio da Edición de Galicia á Mellor Iniciativa Editorial de 2014

Directora da Colección: Olivia Rodríguez González Director editorial: Henrique Alvarellos Casas

Deseño e produción: Alvarellos Editora Na capa reprodúcese a ilustración que encabezaba a revista El Recreo Compostelano, núm. 5, marzo de 1842. (Arquivo gráfico de Alvarellos Editora). Na páxina 9, retrato de Neira de Mosquera pertencente ao Arquivo da Real Academia Galega e sinatura autógrafa do autor (arquivo de Alvarellos Editora). © Prólogo: Xosé Ramón Barreiro Fernández © Estudo introdutorio, notas e edición de textos: Xurxo Martínez González © Consorcio de Santiago, 2017 Rúa do Vilar, 59 |15705 Santiago de Compostela www.consorcio-santiago.org © Alvarellos Editora, 2017 Rúa de Sempre en Galiza, 4 |15706 Santiago de Compostela correo@alvarellos.info− www.alvarellos.info Impresión: Norprint ISBN [Alvarellos Editora] 978-84-16460-21-2 ISBN [Consorcio de Santiago] 978-84-16753-14-7 Depósito legal C 875-2017

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisa fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.


ÍNDICE

PRÓLOGO

por Xosé Ramón Barreiro Fernández............. 11

ESTUDO INTRODUTORIO

por Xurxo Martínez González.......................... 23

ESCOLMA............................................................. 83 I. O IMPULSO ROMÁNTICO (1840-1843)................ 85

El día 24 de julio de 1840................................ 87 El moribundo .................................................. 89 Apunte para la historia de la literatura gallega.... 93 Santiago desde la Torre del Reloj.................... 97 Glorias pasadas................................................ 105 La Historia de Galicia de Verea y Aguiar....... 111 Galería contemporánea: Nicomedes Pastor Díaz 117

II. A PRODUCIÓN FECUNDA (1843-1848)................ 123

Una noche en Camariñas................................. 125 El gaitero gallego ............................................. 131 La nariz de mi devoción................................... 155 A nuestro recomendable corresponsal en París... 163 Las ferias de Madrid (pasaxes)....................... 169 Lo que se puede ver desde la ventana de una casa de Madrid................................ 187

III. O REENCONTRO PROVINCIALISTA (1848-1854)... 201

Discurso pronunciado en el Liceo de la Juventud de Santiago......................... 203 Pan y carreteras............................................... 211 Ahora o nunca.................................................. 219 El Provincialismo gallego................................ 225


Historia de Galicia: Pardo de Cela................... 235 Tipos de Galicia: el Cadista.............................. 243 Un valle de Galicia: el Puente Ulla.................. 257


PRÓLOGO

Xosé Ramón Barreiro Fernández Catedrático emérito da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago

A

índa que para moitos o que sucedeu, sucede e sucederá procede dunha vontade allea ao cosmos que intervén providencialmente no devir do acontecer histórico, a realidade, ao noso entender, é que son as propias forzas naturais as que determinan a evolución do mundo. Unha evolución lenta e aparentemente pacífica que, ás veces, experimenta espasmos sociais ou loita para rachar a costra superficial do equilibrio interclasista para que agrome un novo tempo e reluza un novo sol. Os historiadores non temos un prontuario que nos sinale o camiño a recorrer para a reconstrución do pasado. Por iso hai tantas diverxencias entre nós, diverxencias motivadas polos principios filosóficos en que fundamos a nosa concepción da vida e, por conseguinte, da historia, e pola diversidade das metodoloxías en uso. Só a ignorancia e o fanatismo se sitúan fóra do debate historiográfico. Con estas precondicións abordamos o tema do tempo histórico no que Neira de Mosquera viviu, soñou, amou e, sobre todo, traballou pola redención de Galicia. Un tempo histórico ao que os historiadores de máis aló de Pedrafita e o Padornelo apenas se 11


Xosé Ramón Barreiro Fernández

Xosé Ramón Barreiro Fernández

asomaron ou fixérono coa habitual superficialidade que empregan na análise do pasado dos pobos sen Estado, atribuíndolle só a este a capacidade e enerxía simbólica para dirixir, e explicar a gran historia nacional. A ruptura do século XVIII Ninguén dubida que as dúas grandes revolucións do século XVIII (a independencia e a primeira constitución de América do Norte e a revolución francesa) alteraron radicalmente a vida económica, administrativa e simbólica dos pobos. Pero as revolucións, se son duradeiras, non nacen do acaso nin do azar. Sempre anteceden as ideas. Durante os séculos XVI e XVII subsistiu en Europa un pensamento laico, democrático e popular que, perseguido pola Curia Romana e polo absolutismo monárquico, sobreviviu en forma clandestina e oculta e que era transmitido en reducidos cenáculos a probados discípulos. A ruptura do catolicismo e a aparición do protestantismo prestou apoio a este pensamento clandestino. Foi entón cando en outubro de 1685 Luís XIV, rei de Francia revogou o Edicto de Nantes, prohibíndose en Francia, o exercicio da relixión protestante1, que motivou a emigración do territorio francés de mais de 50.000 familias, que se instalaron nos territorios protestantes. Entre eles ían os intelectuais e profesores, que foron acollidos en Holanda, en Inglaterra e en Norteamérica: Spinoza, Pierre Bayle, Juan de Clerc, Locke, o naturalista 1

Utilizamos o texto oficial do Edicto, tomado da Recueil des Édits, Déclarations, Arrests et Reglements du Conseil, Grenoble 1749, pp. 161-165. 12


Prólogo

Linneo, Musschembroek, o renovador dos estudos médicos Herman Boerhaave etc. A Royal Society de Londres, onde traballaban I. Newton, Robert Boyle, entre outros, acolleu tamén a diversos científicos procedentes de Francia. A liberdade científica dos centros e universidades de acollida, como Leyde, provocaron unha revolución epistemolóxica, optando polo empirismo científico2. A Ilustración Estamos ante un fenómeno que afectou a toda Europa e que se acomodou á idiosincrasia de cada pobo. Foi sen dúbida Francia quen liderou o movemento. Un elevado número de escritores e intelectuais comprometidos co avance das Luces utilizaron os xornais, o teatro, as tertulias e os discursos para achegárense ao pobo e proxectalo en favor da revolución. Para os espíritos máis esixentes eran capaces de deseñar e publicar a Enciclopedia que foi a súa obra magna. Pero sería un sofisma de xeneralización, no que incorreron non poucos estudosos, trasladar o espírito prerrevolucionario de Francia aos demais países. Fixémonos o que significou a Ilustración en España. Richard Herr3, un dos expertos máis acreditados do século XVII español, refírese aos tres principais condutos da Ilustración Española: a prensa, a universidade e as Sociedades Económicas de Amigos do País. Pero, engadimos nós, ningunha destas institucións tivo forza suficiente para alterar radicalmente a mentalidade colectiva: a prensa, que era minoritaria 2

Sánchez-Blanco Parody, F., Europa y el pensamiento español del siglo XVIII, Madrid, 1991.

3

Herr, R., España y la revolución del siglo XVIII, Madrid, 1971. 13


Xosé Ramón Barreiro Fernández

e só cubría certas áreas urbanas, estaba tan ameazada que Fernando VI suprimiu varias revistas e xornais sen que pasara nada e o mesmo sucedeu con algunhas tertulias; a Universidade estaba empeñada, baixo o mandato de Campomanes, en reorganizar os seus cadros4 e tiña abandonada a investigación. E as Sociedades Económicas5, iniciadas con entusiasmo, foron perdendo forza ata converterse nunha especie de tertulias. A Ilustración Española, especialmente as Sociedades Económicas, estaba lastrada por varios vicios de orixe. Estaban constituídas polo alto clero e a fidalguía, que pagaban mensualmente os gastos, e unha e outra clase tiñan moi claro que as Sociedades non podían atentar contra os seus dereitos. Case vinte anos tardaron as Sociedades en proxectar unha reforma agraria, que nunca se aplicou. E, sobre todo, defenderon usque ad nauseam o poder absoluto do monarca. Con elevadas doses de cinismo escribía León del Arroyal, un destacado ilustrado español: Para el logro de las grandes cosas es necesario aprovecharnos del fanatismo de los hombres. En nuestro populacho está tan válido aquello de que el Rey es señor absoluto de la vida, las haciendas y el honor que el ponerlo en duda se tiene por especie de sacrilegio y he aquí el nervio principal de la reforma. Yo bien sé que el poder omnímodo del monarca expone la monarquía a los males más terribles, pero también conozco que los 4

Barreiro Fernández, X. R., Historia da Universidade de Santiago de Compostela, T. II, Santiago 2002, pp. 21-29. 5

Barreiro Fernández, X. R., “As primeiras sociedades económicas de Amigos do País”, en Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, Fundación Caixa Galicia, Santiago 2006, pp. 25-32. 14


+ info en www.alvarellos.info


Xurxo Martínez González

ESTUDO INTRODUTORIO

Xurxo Martínez González Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo Mientras vivió el Sr. Neira, puede decirse que él personificó la nueva literatura galaica: él levanto más alto que nadie la enseña de nuestra resurrección literaria. Benito Vicetto

O romanticismo invade Europa

I

saiah Berlin, autor do imprescindible The roots of romanticism (1965), sinalaba que o ilustrado alemán Christian von Wolff levaba até o límite a interpretación racionalista do universo. Así podía explicar loxicamente os milagres de Cristo ó considerar que a transformación da auga en viño se debía á capacidade intelectual do fillo de Deus, entón visto como un extraordinario químico, e non a unha intervención divina do poder omnipotente. Esta lectura reflicte un dos propósitos da Ilustración ó pretender concilia-las contradicións existentes entre a fe e a ciencia. Un esforzo, en definitiva, por comprender cientificamente o infinito poder da divindade. Con esta anécdota pretendemos poñer en situación histórica o lector ou lectora deste volume. O Siècle des Lumières foi un período en que Europa experimentaba con intensidade o avance das ideas 23


Xurxo Martínez González

científicas, tecnolóxicas, filosóficas e económicas. A aparición do enciclopedismo, do liberalismo, dos parladoiros nos cafés, das institucións académicas ou dunha punxente burguesía, que pretendía ocupa-lo liderado social arrebatándollelo á aristocracia e nobreza, supoñía unha impugnación ó modelo do Antigo Réxime. A revolución de 1789 en Francia fotografa todo este complexo e poliédrico proceso. Mais xa a finais do século XVIII emerxe unha nova estética e uns valores que, en boa medida, eran un envite ós dogmas máis estritos do racionalismo. O romanticismo presentouse como o adversario da Ilustración malia que atopasen espazos en común e o primeiro se nutrise do segundo. A historia é un diálogo entre vangarda e tradición; a historia é unha espiral porque nunca se repite por moito que se lle asemelle. Como comentabamos, a estética romántica resultou, grosso modo, unha reacción ós dogmas máis ortodoxos do pensamento ilustrado. Os ríxidos lindeiros establecidos para as artes polo modelo neoclasicista foron interrogados e combatidos. Os románticos actuaron como transgresores dunha tradición cultural que fixaba os modelos a imitar. A cultura europea viviu unha pugna decisiva en paralelo ós episodios históricos (políticos, sociais, económicos etc.) que condicionarían a modernidade. O romanticismo propuxo entón a paixón fronte a razón, a diversidade fronte ó uniformismo, a liberdade fronte ás regras, o natural fronte ó xeométrico, o medievalismo fronte ó grecolatinismo, a expresión creativa fronte ó limitado modelo neoclasicista. No ecuador e, sobre todo, no crepúsculo do XVIII aparecen autores que adiantan a estética romántica que, cedo, invadirá todo o vello continente. JeanJacques Rousseau (Francia), James Macpherson (Reino Unido) ou Johann G. Herder (Alemaña) 24


Estudo introdutorio

son tres testemuños irrebatibles da introdución da corrente romántica que se afianzará nos primeiros compases do século decimonónico. A música, a pintura ou a literatura coñecerían novas expresións que esgazaban as rexas normas e cartografías racionalistas. Unha transformación ligada, insistimos, ó combate político-ideolóxico que abría un novo horizonte para os pobos europeos. Esta é a Europa do último Beethoven, Chopin ou Schumann; Delacroix, Friedrich ou Goya; Goethe, Lord Byron ou Victor Hugo; a Europa das guerras napoleónicas, das revoltas liberais, da industrialización; a Europa na cal o Estado español minguaba o seu poder imperial como anuncio da decadencia e retraso, con respecto a outros estados de igual condición, que atoparía o seu clímax na crise de 1898. Finalmente, neste diminuto repaso polo acontecer europeo, mencionémo-la aparición do nacionalismo e das súas aspiracións políticas. Porque o romanticismo e o liberalismo estimularon o parto destas reivindicacións en países como Polonia, Bélxica ou Italia aínda que nuns casos se tratase da independencia dun territorio pequeno con respecto a un grande estado, e noutras fose a unidade de territorios pequenos para fundar un grande estado. As fronteiras de Europa abalaban nun tempo de inestabilidade política. Todo o que sucedía no corazón de Europa tiña réplica na granítica Galiza. Os libros publicados en París ou Londres eran lidos en distintas cidades galegas na propia lingua de orixe. Incluso os libros condenados a arder chegaban por vías clandestinas para seren escoitados en lecturas en alto nunha sala, por exemplo, da biblioteca universitaria de Santiago de Compostela ou na rebotica de Julián Suárez Freire (a coñecida como “esquina do combate”, polo seu 25


Xurxo Martínez González

ideario de liberalismo exaltado). Até esta terra atlántica chegaban as novas dos sucesos máis relevantes ocorridos noutras latitudes porque o mar funcionaba como unha rápida e eficaz vía de comunicación con Europa, malia que certa (e errada) tradición sosteña que todo chegaba pola meseta. Entón a Ilustración galega fixara os seus ollos no progreso e felicidade do antigo Reino de Galiza. Aqueles homes, formados en idade adulta á calor do despotismo ilustrado, puxeron o acento nos males que aflixían o país e entregaron o tributo do seu esforzo na súa mellora. En Santiago de Compostela, lugar onde nos centraremos polo interese na biografía de Antonio Neira de Mosquera, constituíuse en 1784 a Real Sociedad Económica de Amigos del País1, institución central tanto para comprendela irradiación do liberalismo político e económico como para explica-la ascendente atención que xeraban os retos nacionais2. Moitas destas persoas parti1

Os fundadores Pedro Sánchez Vaamonde, Antonio Páramo y Somoza, Luis Marcelino Pereira, Benito e Antonio Gil Lemus son nomes que a cidade levítica debera honrar e lembrar por levaren adiante esta iniciativa que de inicio pretendeu chamarse Sociedad Económica del Reino de Galicia. 2

Na nosa opinión, conscientes de que a seguinte afirmación abre un debate que esixe unha argumentación demorada que o espazo do presente estudo non pode acoller, o provincialismo galego ten as raizames precisamente nesta Ilustración e neste modelo de institucións creadas para a riqueza, fomento e defensa de Galiza (que se proxectaba institucional e simbolicamente nunha inhábil pero existente xunta do Reino), nun período en que o país seguía sendo obxecto de desprezo, marxinación e aldraxe. O estudo da sociabilidade neste tempo (seguindo as teses de Maurice Agulhon) deitaría moita información para explica-la continuidade e avance do pensamento provincialista e liberal-progresista. 26


Estudo introdutorio

ciparon en parladoiros privados durante os cales se falaba e discutía sobre as novidades acontecidas en Europa, ora fosen asuntos sociopolíticos, ora fosen asuntos culturais. En relación con isto, non desatendámo-lo espazo universitario xa que os máis inquedos profesores e alumnos se unirían ás pretensións de liberdade, latexantes por toda Europa, que reclamaban un episodio áurico na historia. Aínda que a casa académica se mantivese, polo xeral, á marxe das mudanzas que acontecían no subterráneo institucional, sería un erro desconsidera-lo propio espazo de encontro que supón o recinto universitario. As clases letradas galegas coñecían e lían as obras que introducían o romanticismo no territorio peninsular. Ás veces copiábanse os textos para enviar por carta; noutras ocasións se convocaban ás persoas para unha lectura colectiva dos libros; ou se daban as referencias para poder adquirir ou consultar unha obra. Así se produce a recepción, primeiro en lingua orixinal e despois en tradución, da literatura europea. Axiña a estética romántica se difundirá grazas ás monografías realizadas polos irmáns Schlegel ou por Madamme de Stäel ou nos traballos de Johan Nikolas Böhl von Faber, interesado en recupera-los escritores do chamado Século de Ouro español (Calderón de la Barca, Lope de Vega, Quevedo etc.). Neste ambiente, de tensión política (absolutismo vs. liberalismo), económica (feudalismo vs. capitalismo) e cultural (neoclasicismo vs. romanticismo), nacerá e formarase Ramón Neira y Rioboo, pai de Antonio Neira de Mosquera, que influirá na súa educación e formación intelectual. 27


Xurxo Martínez González

A Xeración de 1846. Precedentes e formación A ocupación francesa foi un paradoxo para a política española que arestora evitaremos analizar por elocuentes razóns. Se ben se abría paso o constitucionalismo, grazas á tarefa das Cortes de Cádiz, tamén se loitaba por devolver a Fernando VII á Coroa, quen propulsaría o retorno ó Antigo Réxime. Mais, con certeza, o levantamento popular contra as tropas napoleónicas converteuse nun feito fundacional do proxecto liberal español ou, se prefiren, nun feito terminal do caduco sistema feudal. Para o caso galego tivo un impacto especial posto que, por medio da guerra de guerrillas, o noso pobo botou fóra o invasor e a xunta do Reino de Galiza gobernou durante máis dun ano en réxime de independencia. Este acontecemento ten, na nosa interpretación, un peso simbólico na afirmación e conciencia da identidade do propio pobo, por efémera que fose esta experiencia. Pero ademais supuxo un suceso de estimulación na confianza no propio poder das persoas como elementos civís, é dicir, como cidadáns e cidadás con dereito a opinar, discutir e decidir. Os círculos liberais máis importantes (A Coruña, Ferrol, Vigo ou Compostela), coincidentes coa nova burguesía, xeraron e ocuparon un espazo social inexistente no pasado. Aparece a primeira prensa galega, que se dividía entre as tendencias liberais e realistas3; novos espazos e formas de sociabilidade; a liberdade de opinión e discusión; un aumento e difusión de impren3

Citemos, como exemplos, na Coruña: El Ciudadano por la Constitución, Diario de la Coruña ou Gaceta Instructiva de la Junta Superior de Galicia; ou en Compostela: Gaceta Marcial y Política, El Patriota Compostelano ou La Estafeta de Santiago. 28


+ info en www.alvarellos.info


El Provincialismo gallego El Eco de Galicia, núm. 25 (21-VI-1851) e núm. 27 (28-VI-1851)

Santiago, sábado 21 de junio.

U

na de las condiciones necesarias para la agitación de los intereses intelectuales y materiales de un territorio, tal vez el de mayores consecuencias, es la fisonomía general y colectiva de sus autorizados representantes en la opinión pública. No basta que una provincia reclame su bienestar y se agite por su mejoramiento; no satisface las exigencias de un país que se multipliquen los esfuerzos aislados en favor de su prosperidad. Es menester disertar con exactitud el carácter esencial de sus aspiraciones y formular la completa y autorizada explicación de sus deseos. Lo primero que se debe hacer para la salvación de un país, ya sea bajo el aspecto económico ya sea bajo la consideración inteligente y comercial, es organizar las voluntades, agrupar las inclinaciones y someter las exigencias secundarias a la realización de un vasto y prolongado sistema. Para esta empresa lenta pero eficaz, reposada pero segura, se reconoce la necesidad de deponer cada cual sus tradiciones egoístas y sacrificar sus intereses particulares y sus compromisos aislados en favor del bienestar general. ¿Qué importa un pueblo, un puñado de hombres cuando se trata de una provincia? ¿Qué importa la sanción del tiempo o la última ratio de las circunstancias cuando se tiene enfrente el porvenir de un rico y di225


Antonio Neira de Mosquera

latado territorio? ¿Quién invocará las añejas exclusiones cuando se procura robustecer esa cadena que debe enlazar los intereses agrícolas, industriales y comerciales de la segunda provincia de España? ¿Qué significarán los sacrificios de hoy cuando se esperan las larguezas de mañana? La unidad de un pensamiento salvador para el porvenir de un territorio, se encuentra tan alta que deben colocarse bajo su égida los pasados hábitos y las envejecidas rivalidades. Este pensamiento militante, reflexivo, patriótico, solemne, debe ser la fórmula explícita y terminante del provincialismo gallego. Nosotros deseamos dar a este sentimiento provincial que crece y se dilata en el magnífico horizonte de la riqueza pública, la extensión de un territorio. Colocarlo en las vertientes de una localidad o a las puertas de una población es aminorar su importancia. Colocarlo en medio de las vías públicas o dentro de una aduana o un puente es estrecharlo hasta el extremo de que sucumba extenuado y raquítico. Nosotros aceptamos con la fe del convencimiento el provincialismo compacto, acorde, complejo de las cuatro provincias de Galicia, para borrar para siempre el apercibimiento receloso de las localidades y equilibrar las exigencias de hoy que retardan su influencia franca y decidida, con las ventajas de mañana con que se ensanchará el cauce de las públicas mejoras. Si nos atenemos a la reclamación parcial de las mejoras, si seguimos empleando las influencias parciales para realizar las limitadas esperanzas de las localidades, continuarán en su peligrosa virilidad las antiguas tradiciones de intereses estériles y el mal estará en pie, porque a los trabajos simultáneos 226


Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento

responderán las aspiraciones aisladas. El país subdividirá, permítasenos esta expresión, sus medios de mejoramiento colectivo y las personas influyentes seguirán en detalle, cuando bajo una involuntaria organización podrían alcanzar para el país un porvenir halagüeño y brillante. Ahora bien: cumple a nuestra empresa señalar el carácter homogéneo y general que debe aceptar el provincialismo gallego, y si no señalar, porque esta empresa es superior a nuestras fuerzas, advertir los peligros que encierra la dirección que ha tenido en su parte militante. Nosotros reconocemos en la actual situación de la provincia una necesidad imperiosa de conceder unidad y cohesión a los trabajos simultáneos de los promovedores del florecimiento industrial y comercial de Galicia, y esperamos que se agrupen todas las personas interesadas en la legítima prosperidad del país, para alcanzar en su beneficio la circulación de sus artefactos y el mejoramiento de sus productos. El provincialismo gallego después de su organización leal y desinteresada, el provincialismo gallego después de una inteligencia recíproca y generosa, puede alcanzar la fusión completa y deseada de los intereses parciales y conceder las proporciones de una empresa provincial a la limitada acepción de diversos intereses que al parecer se disputan su mutua exclusión porque se remueven en reducido espacio. Antes de examinar, con la circunspección e imparcialidad que requiere la gravedad del asunto, la posición respectiva no solo de las localidades sino también de las personas interesadas en su mejoramiento parcial, cumple a nuestra empresa consignar las condiciones necesarias e indispensables que el provincialismo gallego debe aceptar con respecto a la agitación 227


Antonio Neira de Mosquera

elevada y a su existencia íntima. Y entendemos por la existencia íntima de una provincia, sus hábitos, sus medios de relaciones intelectuales, comerciales e industriales, su protección a los intereses particulares y a las aspiraciones, aunque personales, legítimas y convenientes para el buen nombre de un territorio. Para nosotros el provincialismo gallego, porque se encuentra en la necesidad de reclamar mucho ya que se le ha dado poco; el provincialismo gallego, porque se verá obligado a una organización cuyos primeros trabajos exigen abnegación y desinterés, necesita la mayor perseverancia, elevada circunspección y privilegiada inteligencia. No debe invocar otro principio más que la salvación general del país: no debe seguir otra inspiración que la del mejoramiento colectivo de la provincia. Así pues, antes de entrar en el análisis detenido de esta empresa tan útil como conveniente, nosotros nos adelantamos a consignar en las columnas de nuestro periódico, las condiciones necesarias e indispensables que debe tener esta organización privilegiada. El provincialismo gallego debe ser formulado por medio de la previsión y de la inteligencia, aceptando en nombre del país todas las personas que por su autorizada influencia o distinguida capacidad estén llamados a la agitación de los intereses de Galicia. El provincialismo gallego debe ser la condición latente de todos los representantes del país que por sus pasados compromisos eficaces y terminantes o por sus actuales circunstancias recomendables y atendibles, puedan existir hoy y mañana en el parlamento con vida propia y vigorosa. El provincialismo gallego debe rechazar el principio egoísta e infecundo de las personalidades, aceptando la inteligencia o el crédito, venga de donde quiera e invóquese bajo cualquiera bandera política. 228


Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento

El provincialismo gallego debe acercar a su alrededor todas las personas de inteligencia y de arraigo, sin atenerse al espíritu meticuloso de las rivalidades personales y de las exclusiones imprudentes que algunas veces perpetúan el monopolio en menoscabo de la prosperidad general. El provincialismo gallego debe ser sobre todo… provincial, muy provincial, aceptando la responsabilidad en el círculo de su valimiento y formando con sus propias fuerzas una significación tan elevada como decorosa. Ahora no hacemos más que presentar las condiciones generales de esta organización salvadora para el país: en otra ocasión ampliaremos por medio del examen los rasgos principales de sus elementos constitutivos. Santiago, sábado 28 de junio. EL PROVINCIALISMO GALLEGO (II) La influencia legítima y la capacidad reconocida deben ser los principales elementos organizadores del provincialismo gallego. Las reputaciones inciertas y las exigencias egoístas no pueden establecer las condiciones de una propagación amplia y general de los intereses intelectuales, agrícolas, industriales y comerciales de un territorio. Donde quiera que se presente un nombre autorizado, una garantía para el mejoramiento colectivo de la provincia, allí debe estar la opinión pública, franca, decidida, generosa e independiente. De esta manera no solo se conseguirá un bien material, próximo y eficaz, sino que también se destruirá la proverbial relajación en los vínculos íntimos y generosos que elevan a un territorio, como la simpatía sostiene a los individuos y la amistad 229

+ info en www.alvarellos.info


O filólogo Xurxo Martínez González, experto no XIX, é o responsable desta edición: ocupouse da selección dos textos e redacta un amplo e revelador estudo introdutorio que sitúa, no seu tempo, a figura clave de Neira de Mosquera. O prólogo asínao toda unha autoridade na materia, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández. “Ahora o nunca”, exclama o noso protagonista nun dos artigos aquí recollidos, porque a defensa do país non podía agardar máis. Era o mes de abril de 1851.

ISBN 978-84-16460-21-2

Antonio Neira de Mosquera • galicia ante todo

O escritor e xornalista Antonio Neira de Mosquera (Santiago, 1823-A Coruña, 1854) é un dos grandes –e tamén esquecidos– protagonistas da primeira xeración de galeguistas, a que xurdiu na década dos anos corenta do século XIX: os chamados Provincialistas. O presente volume, titulado precisamente cunha das proclamas do autor —“Galicia ante todo”–, rescata vinte escritos de Neira de Mosquera, tanto xornalísticos coma literarios. Unha reveladora escolma onde se trazan as liñas básicas sobre as que se asentaría aquel movemento, a primeira xeración que loitou pola defensa e o rexurdimento de Galicia.

galicia ante todo PÁXINAS ESQUECIDAS DO REXURDIMENTO (1840-1853)

Antonio Neira de Mosquera

Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853)  

Antonio Neira de Mosquera é un dos grandes protagonistas da primeira xeración de galeguistas que xurdiu no século XIX. Este libro rescata 20...

Advertisement