Arte clásica grega

Page 1

Vocabulario ilustrado: Arte Grega


Arquitrabe: Arquitrabe: Parte baixa do entaboamento. Recibe os empuxes do friso e descansa directamente sobre as columnas.


Basa (base) Base: Parte inferior da columna sobre a que se asenta o fuste.


Canon: Canon: Regra de proporciรณns humanas conforme ao tipo ideal de cara รก determinaciรณn da medida ou escala proporcional para o conxunto e as partes dunha escultura.


Capitel corintio O capitel é a parte superior da columna e que remata o fuste da mesma. Na orde corintia, o capitel está formado formado por follas de acanto con catros volutas nos seus ángulos superiores, chamados calículos.


Capitel dórico: O capitel é a parte superior da columna e que remata o fuste da mesma. Na orde dórica (a máis antiga), o capitel consta de dúas partes: ábaco (peza en forma de pequena táboa) e equino (moldura convexa e saínte, debaixo do ábaco


Capitel xónico: O capitel é a parte superior da columna e que remata o fuste da mesma. Na orde xónica, o capitel está formado por volutas.


Cornixa:

Parte sobresainte superior dun entaboamento ou do muro.


Curva praxiteliana Recurso escultórico que debe o seu nome ó xenial escultor grego Praxíteles e que consiste en nunha acentuada incurvación da cadeira creando así un ritmo de liñas e unha sensación de enorme sensualidade.


Entaboamento Nos templos grecorromanos, o conxunto horizontal de pezas arquitectรณnicas sostidas por columnas. O entaboamento estรก composto por tres elementos: arquitrabe,friso e cornixa.


Éntase: Mecanismo de corrección visual típico da arquitectura clásica. Mediante un engrosamento do fuste das columnas na súa parte media conséguese, por efecto de perspectiva, que o fuste semelle recto.


Estatua-columna Escultura de vulto redondo que fai tanto de soporte de carga como de elemento decorativo, a modo de fuste dunha columna normal.


Friso: Faixa decorativa de desenvolvemento horizontal. SitĂşase entre a arquitrabe e a cornixa nas ordes clĂĄsicas.


Fuste: Parte alongada dunha columna, comprendida entre a base e o capitel.


MĂŠtopa: Espacios cadrados separados polos triglifos no friso dĂłrico. Xeralmente decĂłrase con relevos ou simplemente con color.


Técnica de panos mollados: Práctica escultórica ideada por Fidias que consiste en presentar os panos, as vestimentas, das figuras pegadas ós corpos, tal e como se estivesen mollados.


Torso: Escultura que representa a unha persoa carente de pernas, brazos e cabeza.


Triglifo: Motivos decorativos dos frisos dóricos que se dispón en alternancia cas metopas. Son pequenos piares espaciados regularmente e que na súa fronte ofrecen dúas acanaladuras ou glifos e media acanaladura sobre cada aresta, a dereita e esquerda. Estas acanaladuras están separadas por filetes de igual ancho.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.