Familia galego

Page 1

30 DE XANEIRO DE 2015

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

Traballo realizado por CARLA MOAR, RAQUEL SUÁREZ, ALBA GONZÁLEZ E AMPARO GINÉS

¿QUE ENTENDEMOS POR FAMILIA? PERSPECTIVAS, TIPOS

A FAMILIA CON MEMBROS XORDOS ABORDAXE E CASOS

FAMILIA E XORDEIRA: SERVIZOS ENTREVISTA

A XORDEIRA NA FAMILIA

O noso primeiro laboratorio social A familia constitúe o primeiro grupo de pertenza do ser humano, ser gregario e social por natureza. Nese colectivo de persoas con proxecto vital común é onde se desenvolven os primeiros -e intensos- sentimentos de pertenza, identidade, intimidade, afecto e compromiso. Son moitos os lazos que, a través das xeneracións, manteñen a estrutura familiar como primeira unidade social. Segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a familia é o elemento natural, universal e fundamental da sociedade, e ten dereito á protección da sociedade e dos estados.

2ª AVALIACIÓN

Na familia apréndense e póñense en práctica por primeira vez os roles e habilidades que despois son necesarios para a vida nunha sociedade !1


30 DE XANEIRO DE 2015

Un sistema organizado A familia constitĂşe un sistema, mĂĄis ou menos complexo, onde se desempeĂąan unha serie de funciĂłns, roles e responsabilidades, e se dĂĄ resposta a numerosas necesidades. Isto fai que, para algĂşns autores, mĂĄis importante que as relaciĂłns de consanguinidade ou os compromisos legais sexan:

PSICOSOCIOLOXĂ?A PPXX

O 15 de maio celĂŠbrase o DĂ­a Internacional da Familia

* a interdependencia, a comunicaciĂłn e a afectividade * o vĂ­nculo afectivo estable entre coidadores e coidados * o compromiso persoal de longo alcance dos membros adultos entre si, e destes cara aos fillos.

A familia ĂŠ, desde que nacemos, o primeiro grupo de apoio e sostemento, comezando polas condutas de apego, que se desenvolven desde o nacemento e son as que proporcionan os sentimentos de confianza e seguridade, e rematando coa ponte cara ĂĄ socidade e o resto de relaciĂłns, a travĂŠs das habilidades e ferramentas obtidas na familia. A familia ĂŠ unha valorada instituciĂłn social que, ĂĄ vez, se relaciona con outras instituciĂłns.

O neuropsiquiatra e especialista en terapia familiar Mauricio Andolfi definiu familia no 84 como un conxunto organizado e interdependente de unidades ligadas entre elas por regras de compromiso e por funcións dinåmicas, en constante interacción entre si e en intercambio permanente co exterior. No sistema familiar xorderian tres subsistemas: o conxugal, o parental e o fraternal. Dito sistema ten relacións recíprocas con outros: - un mesosistema formado por influencias de contexto dentro dos propios membros da familia: aquí entraría o tipo de linguaxe, as actitudes fomentadas e o tipo de apego dos nenos/as cara aos seus pais. - un exosistema formado por outras estruturas soiais, formais ou informais: amizades, veciùos, compaùieros de traballo ou escola, outros familiares... - e un macrosistema composto polo contexto histórico e social onde vive esa familia: a cienia e tecnoloxía, a realidade cultural e o sistema social. 

2ÂŞ AVALIACIĂ“N

Etimoloxicamente, familia procede do latĂ­n familia, "grupo de servos e escravos patrimonio do xefe da gens" đ&#x;˜ą TamĂŠn vencĂŠllase ĂĄ raĂ­z fames (fame), de xeito que se referirĂ­a ao grupo de persoas que se alimentan na mesma casa e aos que o pater familias debe alimentar.

!2


30 DE XANEIRO DE 2015

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

Por tanto, as familias con membros xordos teen unha serie de condicionantes diferentes ás demais, posto que contan cun tipo de linguaxe distinta, un sistema cultural concreto -a Cultura Xorda-, e un contexto e referentes propios como son os modelos e personaxes importantes para o ámbito xordo, relatos próximos de discriminación, contexto laboral máis complexo...

FUNCIÓNS - A primeira e elemental, asegurar a supervivencia material dos seus membros. - Desenvolvemento emocional e autoestima, creación do autoconcepto, maduración psicolóxica. O benestar psicolóxico e emocionl dos adultos están, en primeiro termo, relacionados coa calidade do apego na infancia. - Educación e socialización. É a familia o primeiro lugar onde se establecen relacións e negociacións de tipo social: conflictos, cooperación, etcétera. En canto á educación entendida como formación, a familia comparte ou deixa paso na actualidade ás institucións educativas. Antes ostentaba en solitario esta responsabilidade -e tamén os niveis formativos eran outros-. - Apoio económico. - Transmisión de valores e cultura. A familia é o primeiro chanzo para o enlace interxeracional de determinados valores que, maioritariamente, non só comparte a familia senón que tamén sosteñen a sociedade á que esa familia pertence, dentro dun abano máis ou menos amplo. Por exemplo: a igualdade de homes e mulleres será un valor inculcad polas familias máis probablemente naqueles lugares onde este valor estea, se non xeralizado, polo menos introducido.

TIPOS DE FAMILIA Os cambios sociais variaron a tipoloxía máis frecuente de familias, ao tempo que teñen ampliado esta definición a aqueles núcleos conformados de acordo a modelos diferentes ao tradicional painai-fillas/os-outros parentes, e sen que medie necesariamente un matrimonio. Podemos hoxe atopar: - familias homoparentais, conformadas por parellas homosexuais que exercen a paternidade ou maternidade se existe descendencia. - familias monoparentais, sexan froito de separacións, divorcios ou viuvez, ou elección persoal de pais ou nais solteiras que teñen descendencia, biolóxica ou mediante adopción -a lexislación dos países, incluso os occidentais, ten determinadas restriccións a cuestións como adopcións sen que exista matrimonio, ventres de alugueiro, etcétera-.

2ª AVALIACIÓN

!3


30 DE XANEIRO DE 2015

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

En canto aos membros que nela conviven, distinguimos entre: a) familia nuclear: conformada pola figura ou figuras paterna/materna e fillos/as. b) familia extensa: inclúe a outros parentes en relación consanguínea menos directa ou doutras xeracións. c) familia ensamblada: agrega a duas ou máis familias, mediante a unión de persoas con descendencia de etapas anteriores.

PERSPECTIVAS A) ANTROPOLÓXICA: desde a antropoloxía sinálase que a familia, esencial para o desenvolvemento humano harmónico, se diferencia doutros grupos porque nela se dan tres relacións que só se distinguen na familia e que están vencelladas entre si: a filiación, a consanguinidade e a alianza. De todos xeitos, e aínda que hai unha realidade biolóxica de base (todas e todos somos fillas/os), para antropólogos e sociólogos queda demostrado que a mera bioloxía, a mera consanguinidade, non son suficientes por si soas para definir a alianza familiar, que implica outros elementos importantes para o desenvolvemento humano. A antropoloxía insiste na necesidade de estudar o feito familiar no seo dunha ultura ben definida. B) SOCIOLÓXICA: a familia é parte dun proceso de construción social. Desde este punto de vista, a sociedade sérvese das familias que a compoñen para reproducir os seus valores e, por tanto, perpetuarse e manterse no tempo. Serviría, tamén, ao inicio da aparición da propiedade privada, como garantía para transmitila a futuras xeracións. Na transmisión de valores, como xa dixemos antes, a familia ten certa autonomía pero non escapa á influencia doutras institucións preponderantes da sociedade como as educatias, os medios de comunicación e os diversos "produtores de subxectividade", digamos a Igrexa ata non hai tanto, por exemplo. A socioloxía da familia atopou relacións entre as transformacións sociais -cambios técnicos, económicos- e as familiares. C) PSICOLÓXICA: sendo as relacións de apego un importante predictor do benestar futuro, o papel da familia na psicoloxía é esencial. Incluso de adultos, o papel sostedor e as redes de apoio mutuo e seguridade proporcionadas pola familia son algúns dos elementos máis valorados nas enquisas sociais. A actual crise económica é un claro exemplo: reagrupamento de membros nun mesmo domicilio, axuda económica, etc. D) ECONÓMICA: existen autores que suliñan o papel económico da familia en tanto que "unidade de consumo". O Nobel de Economía no 92 Gary Becker afirma, por exemplo, que a familia realiza un grande investimento en capital humano de xeito altruísta, en referencia ao investimento dos pais en educación e saúde dos seus fillos, por exemplo. Do mesmo xeito, non hai que esquecer que no pasado os fillos eran man de obra para soster as precarias economías familiaires das clases baixas, que sobrevivían do inxente traballo no campo moitas veces. Deste modo, a familia sería, ademais dun elemento biolóxico e psicolóxico natural, un instrumento para conseguir a superivencia dunha maneira eficaz. As familias serían e foron, pois, as primeiras empresas.

2ª AVALIACIÓN

!4


30 DE XANEIRO DE 2015

FILLOS/AS XORDOS/AS DE PERSOAS OÍNTES UN MUNDO DESCOÑECIDO

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

FILLOS/AS XORDOS DE PERSOAS XORDAS MENOR IMPACTO FAMILIAR

O SUBSISTEMA FRATERNAL E A XORDEIRA

FAMILIAS CON MEMBROS XORDOS Coexistencia de lingua oral e signada As familias con membros xordos son aqueles sistems familiares onde cohabitan simultaneamente persoas xordas e persoas oíntes (pais/nais ou fillos/as, ou outros parentes en casos de convivencia en familia extensa). Nelas, polo tanto, coexisten dúas modalidades lingüísticas diferentes: a Lingua Oral e a Lingua de Signos. A abordaxe da xordeira non debe restrinxirse ao individuo Xordo, senón á familia no seu conxunto. Neste senso, non existe un modelo único pechado á hora de enfrentar, por parte do núcleo familiar, a xordeira dun dos seus membros. Non obstante, algunhas investigacións atoparon certas coincidencias recurrentes que poden conformar patróns, en canto á interacción, relacións e comunicación que se dan nestes casos.

O apoio ás familias tralo diagnóstico Cando unha nena ou neno son diagnosticados con discapacidade auditiva prodúcese un impacto na familia, ademais de na propia crianza. Por iso, requiren de toda a información e asesoramento posible, desde unha perspectiva integral: Un apoio integral, non exclusivamente No psicolóxico, para axudalos a sobrelevar o que nun primeiro médico, facilita un momento é un dó e preir a aparición de trastornos emocionais baseados nos sentimentos de culpa ou reproches. mellor afrontamento das No médico, para proporcionarlles todos os datos audiolóxicos dificultades e unha pertinentes. Esta perspectiva segue a ser a preponderante e a que acapara aceptación máis maior cantidade de recursos humanos, técnicos, financeiros e rápida da Xordeira 2ª AVALIACIÓN

!5


30 DE XANEIRO DE 2015

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

profesionais. Tomada en consideración illadamente, leva a orientarse unicamente á reparación da perda auditiva. No social, para orientalos en materia de programas de apoio, axudas públicas, alternativas de ocio, etcétera. Programas para pais desenvolvidos principalmente en Europa e América do Norte e que se demostraron eficaces, promoven o contacto e intercambio entre os pais e familias con membros xordos, proporcionándolles información, formación, comprensión e fomentando así a aceptación da XSordera y el compromiso de todos los miembros de la familia.

Diferencias segundo cal é a persoa xorda dentro da familia FILLOS/AS XORDOS/AS DE PERSOAS OÍNTES Prodúcese un primeiro momento de impacto emocional cando os pais reciben a nova de que o seu fillo ou filla é xorda. Este impacto é maior canto menor coñecemento previo exista do mundo da Xordeira, as implicacións, alternativas de comunicación, Cultura Xorda, etcétera.

Un segundo paso desexable é a adquisición paterna e/ou materna da Lingua de Signos para, así, poder establecer unha comunicación e vencello axeitdos e apoiar a futura aprendizaxe do neno/a. Ademais, en moitas ocasións implica para os pais oíntes involucrarse en toda unha cultura nova, a Cultura Xorda, da que o seu fillo ou filla formará parte. Todo isto no caso de que se produza a aceptación; aínda en moitos casos, a xordeira rexéitase e a Lingua de Signos non é contemplada como unha alternativa viable, nin sequera como apoio á oral.

Especialmente se non se produce esta comunicación, que permite o neno ou nena a súa participación e incorporación activa a todos os niveis da vida familiar, é frecuente que presenten un estado de hipervixilancia, para garantirse o acceso á información e enterarse dos acontecementos que lles afectan. Frecuentemente se lles describe como irritables e intolerantes, o que desencadea outros conflictos familiares.

FILLOS/AS XORDOS/AS DE PERSOAS XORDAS O impacto é menor que no caso anterior posto que, en primeiro lugar, os pais xa se plantexaron esta posibilidade. Ademais, contan xa cunha experiencia vital e con reursos para desenvolverse, coñecemento de posibles dificultades e solucións... O que as dota de maior capacidade de previsión. E moi importante: o neno ou nena conta con modelos cos que identificarse.

Parece lóxico que nestas familias a aceptación sexa máis doada, así como o contacto coa Lingua de Signos, que neste caso -se os pais son Xordos signantes, participantes da Cultura Xordaconstituirá de xeito naturala o primeiro vehículo de comunicación, espontaneamente e con maior riqueza expresiva e de vocabulario.

2ª AVALIACIÓN

!6


30 DE XANEIRO DE 2015

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

Os posibles problemas emocionais son tamén potencialmente menores, en tanto que, nun primeiro momento, non existe o mesmo medo por descoñecemento aos posibles danos ou desvantaxes que poida causar a xordeira, non hai base para posibles culpabilidades ou reproches e, nun segundo momento, o neno ou nena e os seus pais manexan os mesmos significantes, o que de entrada diminúe as posibilidades de frustraión por incomprensión, etcétera.

Non obstante, obsérvase o mito familiar de que nazza un fillo oínte que reivindique a xordeira da familia.

AS/OS IRMÁS/NS DO NENO/A XORDO/A Alén da relación materno e paterno-filial, o subsistema fraternal é o lugar onde as nenas e nenos aprenden a relacionarse cos seus iguais, en todas as súas facetas: competición, negociación, cooperación, conflicto, compartir, xogar. No caso de que convivan irmás ou irmáns ointes e xordas/os, poden producirse tensións e loitas por acaparar a atención dos pais, máis intensas do habitual entre irmáns oíntes. Esta competencia pode angustiar aos adultos e desestabilizar a familia, mentres que o manexo dunha lingua signada e a asunción de pautas de comportamento visual pode suavizar os conflictos. De todos xeitos, e pese á comprensible atención ás "necesidades adicionais do membro xordo o ideal é que a familia se adapte á situación como un todo en equilibrio, cuxas consecuencias repártense e recaen en todos os seus membros. Deste xeito, o subsistema fraternal tamén estará equilibrado. En resume, "se os irmáns e irmás xordos/as e oíntes poden compartir a vida familiar en igualdade de condicións, toda a familia se enriquece".

2ª AVALIACIÓN

!7


30 DE XANEIRO DE 2015

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

SERVIZOS DE APOIO A FAMILIAS CON MEMBROS XORDOS Entrevista a Javier Sánchez, responsable da área de formación, orientación educativa e atención a familias da FAXPG 26 xaneiro 2015

2ª AVALIACIÓN

- Como Federación, ¿que servizos prestades ás familias cun membro xordo, sexa un neno ou nena, o pai, a nai, etcétera? - En primeiro lugar, falareivos dos servizos en xeral da Federación, porque son susceptibles de ser utilizados polas familias, aínda que temos servizos máis especificamente destinados a elas tamén. Dispoñemos de seis áreas. Por unha banda, o servizo máis clave, que é o de intérpretes, e que unha familia pode solicitar. Por exemplo, uns pais xordos con un fillo oínte escolarizado que vaian falar co tutor do seu fillo poden solicitalo, ao igual que para ir ao médico co seu pai, unha filla... Actividades e xestións da vida cotidiana. Despois, temos un servizo de atención a persoas xordas (SAPS), que se centra sobre todo na xestión de servizos sociais. Axudas e subvencións en materia de discapacidade para persoas xordas, que poden ser

solicitadas por familias. Nese servizo hai un grupo de traballadoras sociais nas diferentes axencias que temos: Coruña, Lugo, Ferrol, Santiago, Ourense e Vigo. Dentro do ámbito social contamos cun servizo de atención psicolóxica e un servizo de logopedia. Este último tratamos de priorizalo en nenos, está especialmente dirixido á poboación infantil, 0 a 6 anos, aínda que temos tamén algúns mozos e adultos. O que pasa é que agora o servizo é limitado porque só temos 12 horas á semana de logopeda, por temas de financiamento. Despois, especificamente dirixido a familias temos un servizo que as atende sobre todo no ámbito educativo e da formación. Aquí, o que facemos é, primeiro, la atención á familia propiamente dita, unha atención individual ou actividades grupais como obradoiros, encontros a nivel de ocio... Por exemplo, facemos un encontro anual !8


30 DE XANEIRO DE 2015

cun grupo de familias importante. Adoitamos facelo en verán: unha convivencia nun lugar como unha granxa escola nalgún lugar onde se poidan beneficiar de actividades... E no ámbito diario, o traballo que facemos coas familias ten dúas vías: por unha banda, o apoio educativo aos rapaces escolarizados, con clases de reforzo das materias do cole, e por outra parte, impartimos obradoiros de Lingua de Signos para que se poida establecer unha comunicación no ámbito da familia.

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

¿Desorientadas?

- Sí, sobre todo desorientadas e demandando información. Unha familia cun peque con discapacidade auditiva o primeiro que quere é información, vías educativas, saber de Lingua de Signos, implante, axudas técnicas, todo o relacionado coa discapacidade auditiva. Normalmente o que vemos é falta de información e de diferentes perspectivas. No ámbito médico téndese a orientar máis cara ao enfoque rehabilitador que cara ao educativo. Isto ten o seu punto de lóxica, posto que o otorrino se centra na parte rehabilitadora, pero aquí buscan máis a parte educativa, social...

- ¿Como saben de vós?
 - Soe ser por centros - ¿Normalmente veñen aquí o ides a casa?

- Normalmente veñen aquí, pero a veces imos por exemplo ao centro escolar. Ben o especialista ou o profe de Lingua de Signos, ben la educadora, dependendo do que nos demanden: aprendizaxe de LS ou reforzo escolar.

- ¿Que é o máis demandado?
 - O SAPS ten moita demanda, pero non é específico para familias.

- ¿Con cantas familias traballades?

- O ano pasado, cunhas 50 familias en toda Galicia.

- ¿Como chegan aquí? ¿Derivadas dun médico, dunha persoa que ten contacto coa cultura sorda? 2ª AVALIACIÓN

educativos que nolos derivan. Noutros casos...

- Supoñemos que agora se informan por máis vías, como Internet...

- Sí, claro, existe a busca de información de motu propio. Desde o ámbito sanitario non hai moitas derivacións, a verdade. Sobre todo veñen desde o educativo.

- Neste sentido, e igual que cando vas á matrona tes información de grupos de lactancia, agora que aos bebés les fan o screening ¿non sería desexable que nese despacho houbese un cartel informativo sobre a LS, a Federación, etcétera? ¿Por que non se fai?

- Non é que non se faga. Nós en 2014 tivemos reunións con unidades de atención temprana, hospitais, sobre todo debido á implantación o

servizo de logopedia. Pero nos van derivando xente a contagotas. A realidade é que hai unha entidade como Fiapas que ten moito peso nese aspecto, no eido rehabilitador, e a derivación faise tamén cara a eles porque, aínda que teñen só implantación na Coruña e non no resto de provincias coma nós, é certo que Acopros si a nivel de familias ten xente. Pero non coñezo os seus datos. Tamén sucede que o seu servizo de logopedia é de hai tempo e o noso é de abril de 2014. Habilitámolo para abrir novos camiños, porque non podes centrarte só na LS senón intentar dar saída ás dúas perspectivas. Entón estamos empezando aínda a nivel de logopedia, que é o ámbito cara ao que os servizos sanitarios te poden derivar máis xente.

- Unha familia cun membro xordo, ¿como se informa dos seus dereitos e axudas para as súas necesidades específicas?

- Aquí dámoslle asesoramento, nese caso o primeiro servizo que tocaría sería as traballadoras sociais, para ver a que recursos teño dereito ou podo acceder. O traballador social derívache a educación, a emprego, ou a intérpretes.

- No caso da Lei de Dependencia, que habilitou axudas por exemplo para a adaptación do fogar de persoas con discapacidades, imaxinamos que agora mismo se conceden poucas.

- Si, houbo moitos recortes, a nivel de axudas técnicas todos os anos saían convocatorias e agora non

!9


30 DE XANEIRO DE 2015

as hai ou baixaron moito... Logo hai axudas para libros de texto, nas que se prima no baremo que haxa membros con discapacidade.

- ¿As familias descartan de entrada a LS?

- Hai un pouco de todo. O primeiro punto de vista que obteñen é o médico. Entón non é que o descarten, é que ao mellor non lles chega la información. Por outras vías chegan a nós, que as asesoramos máis a nivel educativo. Agora mesmo a realidade é que muchas familias acaban, en función de se o neno é apto para ser implantado, facendo o implante e non acudindo a nós. O que pode pasar é que isto non sempre funciona, ou por exemplo que o programa de rehabilitación do implante é un programa longo, agora mesmo no Materno dura uns 3 anos. Nese periodo, dicímoslles que aproveiten para aprender LS, porque non é excluínte, non podes esquecer o punto de vista comunicativo durante ese periodo de adaptación ao implante. O pai e a nai poden aproveitar e vir a aprender LSE. O ideal é, na nosa opinión, compaginar las dos cosas. De feito, atopamos casos xa moi tarde ou case desesperados, porque o implante en Primaria pode valer, pero despois se notan as carencias. E chegan a nós.

- ¿Entón é difícil que sigan o nivel da clase só co implante?

- Se chegan tarde si, é máis complicado que adquiran un nivel de lectoescritura, perfecto se non hai unha comunicación boa. Para nós

2ª AVALIACIÓN

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

é máis dificil e os resultados máis complicados de conseguir. É que nós, ao final, tampouco podemos prestar un apoio moi grande. Temos educadores, pero ao neno/a aténdeno 1 ou 2 horas á semana, por cuestión económica, xa que sufrimos unha reducción de plantilla nos últimos anos. Os educadores e profesores en LS somos 6 ou 7, pero organizams cursos non só dirixidos a familias, entón nese aspecto o apoio que podemos prestar non é suficiente: o neno está todos os días no cole e aquí un par de horas semanais. Refórzaselle todo o que se pode, pero milagres, de momento, non podemos facer [sorrí].

- Desde un punto de vista psicolóxico, ¿como chegan emocionalmente?

- A priori, adoita haber algo de shock e nunha primeira fase a falta de aceptación da xordeira, como acontece en calquera tipo de discapacidade. Angustia, shock emocional... Non obstante, neste sentido traballamos máis con adultos que perden audición ou persoas xordas que poden ter problemas psicolóxicos como calquera oínte. E resúltalles máis cómodo acudir a un psicólogo que saiba LS que a un que se exprese en oral e teña que acudir cun intérprete. Aínda que existe, como sabedes, un código deontolóxico, sempre é preferible para a persoa comunicarse en temas tan íntimos directamente. É unha vantaxe importante. Ademais, falamos dun sector de poboación que sofre gravísimos problemas de paro, e que non podería

costearse un psicólogo privado. Aquí o servizo é de balde.

- ¿Atendedes psicologicamente a pais ou nais cuxas fillas/os son diagnosticadas/os, ou a persoas adultas que perden a audición?

- A medida que desde o punto de vista terapéutico e educativo hai algún recurso máis, avánzase neste sentido.

- ¿Existe un movemento asociativo de familias con persoas xordas?

- Aquí, que nós sepamos, está Panxoga, que é de pais de nenos xordos. Despois hai outras de FIAPAS.

- O feito de que unha familia teña un neno xordo, ¿pode chegar a condicionala ou a sentirse máis cómodos con outras familias con nenos xordos porque comparten realidade?

- Realmente os nenos xordos están en centros con nenos oíntes e están acostumbrados. Pero se a Federación organiza algunha actividade, nótase que agradecen iso e demandan máis actividades, que por limitacións non podemos facer moitas máis.

- ¿Que necesidades específicas existen no caso de pais/nais xordas con fillos e fillas oíntes?

- Atendemos a bastantes. Normalmente non solicitan LS ou atención individual senón que demandan, sobre todo, obradoiros. Adoitan demandar o establecemento de normas no fogar, un pouco "supernanny",

!1 0


30 DE XANEIRO DE 2015

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

relacionarse cos fillos...

- Pero a nivel de comunicación, o neno ou nena aprende de forma natural a LS, ¿non?

- Claro. Aquí o problema non está a nivel comunicativo, senón en que os pais xordos poden ter menos acceso á información e formación en materia de pautas, conductas en casa, do neno cando é pequeno... Por iso piden máis este tipo de actividades que se fan de xeito grupaal, de ocio, tempo libre... No encontro que organizamos participan normalmente máis familias scon pais xordos de nenos oíntes que ao revés, porque eles non teñen a facilidade de ir a unha granxa escola e que esas actividades sexan adaptadas. O pai oínte con neno xordo, maioritariamente con implantes ou audífonos, pode acudir a un ocio en condicións máis iguais: na medida en que os pais acuden a unha granxa escola o neno vai con eles, pero o pai xordo non. Por iso, aos nosos encontros van moitas destas familias.

2ª AVALIACIÓN

!1 1


30 DE XANEIRO DE 2015

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

Conclusións • A interacción entre o ámbito sanitario e o social en materia de discapacidade auditiva é escasa, o que • • •

merma a cantidade e calidade de información que chega ás familias que se enfrontan á realidade da xordeira dun dos seus membros e adoita sesgala cara á perspectiva médica.

A falta de recursos económicos está limitando cuantitativamente a atención ás persoas xordas e as súas familias, no ámbito de servizos de apoio de todo tipo: emprego, educación, intérpretes, psicoloxía, logopedia.

Non obstante, a FAXPG habilitou o pasado ano un servizo de logopedia, aplicando unha perspectiva non excluínte de la LS cara á rehabilitación ou capacitación en Lingua Oral, para ampliar as habilidades das persoas xordas.

Sorprendentemente, son os pais/nais xordas/os de fillos/as oíntes os que máis servizos demandan, non de apoios comunicativos, senón de ocio integrador. Na medida en que os pais atopan unha barreira ao ocio pola súa discapacidade auditiva, é difícil que acudan a esa actividade co seu fillo ou filla, aínda que este sexa oínte. Algo que non sucede igual no caso de pais oíntes con nenos/as xordos/ as, posto que poden guiar ao seu fillo/a.

Os servizos específicos a familias que ofrece a FAXPG, de balde, son especialmente os obradoiros de comunicación en LS para pais oíntes de nenos/as xordas, e o reforzo educativo aos nenos e nenas para tarefas e temas do colexio.

2ª AVALIACIÓN

!1 2


30 DE XANEIRO DE 2015

PSICOSOCIOLOXÍA PPXX

BIBLIOGRAFÍA

‣ http://es.wikipedia.org/wiki/Familia ‣ https://escuelaserpadres.wordpress.com/2012/01/11/familia-definicion-y-tipos/ ‣ http://definicion.de/familia/ ‣ https://www.monografias.com/trabajos/antrofamilia/antrofamilia.shtml ‣ GÓMEZ PELLÓN, ELOY. Introducción a la antropología social y cultural. Universidad de Cantabria, 2011. ‣ VIDELA, L. La importancia de la familia en la economía. En: 200.16.86.50/digital/658/ revistas/vsi/videla9-9.pdf ‣ http://www.innatia.com/s/c-organizacion-familiar/a-sociologia-de-la-familia.html ‣ http://es.slideshare.net/mobile/noritamelo/psicologa-de-la-familia ‣ Mi hijo sordo -CNSE

AGRADECEMENTOS

A Javier Sánchez, da FAXPG, pola súa amabilidade e tempo dedicado.

2ª AVALIACIÓN

!1 3


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.