Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego 2020

Page 39

GALICIA CONFIDENCIAL Rúa das Hedras, 4 • Milladorio-Ames www.galiciaconfidencial.com

MEDIOS DE COMUNICACIÓN Galicia Confidencial

Galicia Confidencial é o xornal en lingua galega con máis audiencia da internet e un dos xornais electrónicos máis lidos en Galicia. É, ademais, o e-diario decano da prensa en galego, pois leva en liña ininterrumpidamente dende 2003.

Audiencia e redes sociais

Xornais de Galicia

Segundo a auditora externa Alexa, do Grupo Amazon, GC é o xornal en lingua galega con máis audiencia da internet e un dos xornais electrónicos máis lidos en Galicia, por riba de grandes medios tradicionais como La Opinión de A Coruña, El Ideal Gallego, El Progreso ou Atlántico Diario.

En maio de 2018, GC puxo en marcha edicións locais e comarcais en colaboración con outros/as profesionais dos medios de comunicación. Desa colaboración xurdiron distintos xornais: xornaldevigo.gal, xornaldamariña.gal, lugoxornal.gal e xornaldelemos.gal.

15 anos informando en galego

En decembro de 2017 acadou un dos grandes fitos dos medios en galego, ao situarse como terceiro xornal dixital de Galicia. Actualmente, suma case 50 000 seguidores en redes e pode alcanzar a 500 000 usuarios de Facebook cunha soa información nun só día.

Xornal de Vigo nace o 2 de maio de 2018 e é o primeiro gran xornal dixital en galego de Vigo e a súa área metropolitana. Centrado na principal urbe galega, tenta abordar a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social de todo o sur de Pontevedra e quere dar voz aos pequenos concellos das comarcas do Val Miñor, Baixo Miño, O Morrazo, A Louriña e o Condado Paradanta.

900 000 lectores influíntes

Publicidade GC é o soporte escollido polas principais marcas e institucións de Galicia. Abanca, Gadis, as cervexeiras Super Bock e Estrella Galicia, deputacións, concellos ou editoriais son algúns dos anunciantes que se beneficiaron publicitariamente de GC nos últimos anos.

Temática Cunha cada vez maior énfase na información en profundidade e na aposta por temas claves para o noso país, como son o medio ambiente, a ciencia, a lingua e o patrimonio galegos, ademais da nosa teima xornalística por profundizar nas cuestións políticas do páis desde un prisma distinto ao convencional e as denuncias de toda clase de corrupción política e corporativa, veñen afianzando o noso modelo de xornalismo sustentable e cen por cen independente.

Xornal de Vigo (lugoxornal.gal), Xornal de Lemos (xornaldelemos.gal) e Xornal da Mariña (xornaldamariña.gal), que botaron a andar no Día das Letras Galegas, abordan a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social de todas as comarcas da provincia. Nacen co obxectivo de darlle voz a eses concellos do interior para que teñan máis vida, máis economía e máis dinamismo social, porque Galicia tamén é o interior, non só fachada atlántica. Prestan especial atención aos movementos sociais, ao medio ambiente e ao patrimonio.

39


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego 2020 by Abertos ao Galego - Issuu