BRAZOLINDA
16
Xogos
Tel. 647 853 361 brazolinda@brazolinda.com www.brazolinda.com
Estes e outros xogos de Brazolinda poden mercarse en: - Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes) - Libraría Andel de Vigo (avenida das Camelias, 102) - Directamente en Brazolinda (brazolinda@brazolinda.com, tel. 647 85 33 61 ou no Facebook Brazolinda xogos). Entrega en persoa en Santiago ou por correo fóra de Santiago
36,00 €
A noite do meigallo A partir de 3 anos. De 2 a 4 xogadores
Este xogo de adiviñas facilitará a comprensión lectora e a capacidade de análise, favorecerá a reflexión e o razoamento e fomentará a curiosidade de grandes e pequenos. Érase unha vez un grupo de meigas que se xuntaron para facer do seu mundo un lugar mellor. Cos seus coñecementos de maxia, de herbas e de cantigas ancestrais comezaron a xuntar ingredientes nun pote para ver que pasaba. E o que pasou foi que lograron crear un mundo especial no que a lúa, as estrelas e os planetas se aliñaron de maneira marabillosa. O xogo consiste en ir resolvendo adiviñas polo taboleiro adiante e obter os ingredientes necesarios para elaborar os meigallos, tendo que inventar os xogadores un pequeno verso para cada meigallo que realicen.
A horta dos caracois A partir de 3 anos. De 2 a 4 xogadores
Trátase dun xogo cooperativo no que tódolos xogadores van no mesmo equipo. Está deseñado para iniciar ós nenos nos xogos de mesa, cunhas normas moi sinxelas pero coa emoción necesaria para que cada partida sexa unha nova experiencia. Despois de preparar o terreo, sementar, regar e coidar a horta chegou o momento de recoller os seus produtos. Pero esta non é unha horta calquera, é unha horta ecolóxica inzada de caracois. O que temos que facer é recoller toda a produción da horta antes de que a coman os caracois. O dado determinará se se colle un produto ou se se coloca un caracol. Gañarán tódolos xogadores cando non quede nada na horta por recoller; gañarán os caracois se se colocan tódalas súas fichas no taboleiro.
30,00 €