Sra. Alcaldesa-Presidente deste concelho de Ponteareas .
O, Día internacional da Mulher Trabalhadora, conmemorado cada 8 de marzo, é reconhecido como xornada para reivindicar e pular pola igualdade entre xéneros na nosa sociedade .
Tradicionalmente desde a Casa do Concelho é adicada esta data a umha vecinha de nós destacada en algumha das distintas disciplinas: arte, ensino, literatura, sociedade … A esta Directiva vecinhal desta parróquia de Angoares parece estar no seu deber solicitar a esa Alcaldía tenha em consideración como digna candidata a este recoñecemento do 8M à nosa vecinha María Rodríguez Fernández.
Polo que logo a seguir exporemos, entendemos que com motivos sobrados para umha tal merecida homenaxe como é a do 8 de marzo quer como mulher galega esforzada, exemplo daquelas xa cantadas por Rosalía pola sua a fouteza para se enfrontar soas à vida nun mundo de escaseza e masculino, quer como oficiante competente dese reconhecido pan que con mimo e bon facer nos agasalha cada día.
Quen é Maruja?
María Rodríguez Fernández, conhecida como “Maruja do pan de milho”, é mulher animosa que preto de facer os 90 anos no seu obradoiro do barrio do Carbalhal da nosa de Angoares segue na actividade profisional de fabrico e venda do seu , por decisión propia de vida e por amor ao seu labor .
Maruja, como tantas outras ao longo da história , herdou o saber e o oficio de panadeira da sua
avoa Felisa Rodríguez e, logo, da sua nai Peregrina Fernández, que xa cocían o pan no actual forno daquel xeito e coidado do “pan de sempre “ tal e como segue a facer ela a día de hoxe.
Por isto, outro dos valores que aporta Maruja à súa sociedade , a nosa de arestora , é o de nos achegar a elaboración do pan de milho daquela maneira artesanal en forno de lenha como era feito com aquel devagar e coidado dos velhos tempos .
María Rodríguez contribúe deste xeito a manter vivo e, degustado!, o noso patrimonio inmaterial.
Se tal cousa é reconhecida habitualmente como mérito suficiente aquí máis se couber por ser vivido e gozado por tantos e tantos que non faltan no mercado à cita coa súa saborosa bóla de milho.
Como engadido, non menos importante, o seu coidado en confiar no produto local de agricultores
vecinhos de Nogueira para conseguir a súa materia prima que non pode faltar para um bom noivado e lograr a meritória artesanía e calidade do seu produto .
Maruja, mulher autosuficiente, oficia de luns a luns. Em ela a vida e o ofício non se diferencian como podemos comprobar cada manhá no seu posto na praza de abastos de Ponteareas tamén herdado da sua nai, aberto de luns a sábado e como tamén desfrutan no mercado de Mondariz aos domingos onde vende a súa arte no pan de milho.
Por todo o exposto consideramos que Maruja, nesta comarca de bon pan, é merecedora de un lugar salientable neste 8 de marzo.
Angoares, Ponteareas en 8 de febreiro de 2024.
, Aquí a entrega a Maruja do merecido diploma e do agasalho de maos da actual Alcaldesa, Nava Castro.
Para a lembranza as outras homenaxeadas .