Sra. Alcaldesa-Presidente deste concello de Ponteareas.
O, Día internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido como unha xornada para reivindicar e pular pola igualdade entre xéneros na nosa sociedade . Tradicionalmente desde a Casa do Concello é adicada esta data a unha veciña de nós destacada en algunha das distintas disciplinas: arte, ensino, literatura, sociedade ...
A esta Directiva veciñal desta parróquia de Angoares parece estar no seu deber solicitar a esa Alcaldía que teña em consideración como digna candidata a este recoñecemento á nosa veciña María Rodríguez Fernández.
Polo que logo a seguir expoñeremos, entendemos que com motivos sobrados para unha merecida homenaxe como é a do 8 de marzo quer como muller galega esforzada, exemplo daquelas xa cantadas por Rosalía pola fouteza para se enfrontar soas à vida nun mundo de escaseza e masculino, quer como oficiante competente dese recoñecido pan que con mimo e bon facer nos agasalla cada día.
Quen é Maruja?
María Rodríguez Fernández, coñecida como “Maruja do pan de millo”, é unha muller animosa que está preto de facer os 90 anos e que no seu obradoiro segue activa a nível profesional, por decisión propia de vida e por amor ao seu labor .
Maruja, como tantas outras ao longo da história , herdou o saber e o oficio de panadeira da suá
avoa Felisa Rodríguez e, logo, da suá nai Peregrina Fernández, que xa cocían o pan no seu forno do Carballal (Angoares), daquel xeito e coidado do “pan de sempre “ tal e como segue a facer ela a día de hoxe.
É por isto que outro dos valores que aporta Maruja à súa sociedade , a nosa de arestora , é o achegarnos a elaboración do pan de millo daquela maneira artesanal en forno de leña como era feito nos vellos tempos.
María Rodríguez contribúe deste xeito a manter vivo e, degustado!, o noso patrimonio inmaterial. Se tal cousa é recoñecida habitualmente como mérito suficiente aquí máis se cabe por ser vivido e gozado por tantos que non faltan à cita coa súa saborosa bóla de millo.
Como engadido, non menos importante, o seu coidado en confiar no produto local dos agricultores veciños de Nogueira para conseguir a súa materia prima que non pode faltar para lograr a meritoria artesanía e calidade do seu produto .
Maruja, muller autosuficiente, oficia de luns a luns. Em ela a vida e o ofício non se diferencian como podemos comprobar cada mañá no seu posto na praza de abastos de Ponteareas tamén herdado da sua nai, aberto de luns a sábado e como tamén desfrutan no mercado de Mondariz aos domingos onde vende a súa arte no pan de millo.
Por todo o exposto consideramos que Maruja, nesta comarca de bon pan, é merecedora de un lugar salientable no 8 de marzo.
Angoares, Ponteareas en 8 de febreiro de 2024.
A entrega do merecido diploma e do agasallo pola
actual Alcaldesa
Nava Castro a Maruja.
Por fín, co seu diploma máis o presente.
Máis ela non foi a única, as outras homenaxeadas
Na foto oficial coas outras homenaxeadas.
Unha foto para a memoria histórica as homenaxeadas dando ocasión à corporación municipal.
À s presas que eran horas de ir cocer o pan para ao outro día
leva-lo ao mercado e cumplir, como debe ser, cos desfrutadores do seu pan, clientes habituais da feira do sábado.