Xterapeuticas_web

Page 61

supoña un gran investimento, porque eu creo que o que non se pode facer é reducir os investimentos nas series ou ficción que están agora en pantalla. Sinceramente esa é a miña opinión. ANXO QUINTANILLA Desde o punto de vista da TV, o que dixo Fernando… Non sei se vos acordades de series como Galicia Exprés ou Avenida de América. Precisamente por non poder emitilas cando se fixeron acabaron non tendo o éxito que teriamos querido, estando ben. Morris está poñendo todas as pezas do puzzle enriba da mesa. O que hai que intentar é casalas. É como o tema das TVmovies. Eu sempre crin que hai dúas cousas vitais para a televisión, desde hai doce anos. É o tema das miniseries-movies; e un formato que ten que vir, intermedio entre a serie e a miniserie, precisamente polas dificultades que hai. Logo desde o punto de vista da administración isto vai ser o que nós queiramos que sexa. E dígollo aos meus colaboradores sempre, porque os que están arriba están a outras cousas, a outras lerias. Evidentemente se o facemos ben non lles vai molestar, e se o facemos mal darémoslles a lata. É lei de vida. Estou de acordo con Fernando: o low cost non é unha alternativa a nada. E o das movies… a verdade é que a primeira tempada das TV-movies aquí foi un desastre, o resultado de audiencia. Pero eran os tempos tamén, porque grazas a dios cambiou moito todo na TVG. A ficción propia ía moi ben pero o cine nada, case que había que agachalo. E as primeiras TVmovies que se fixeron a principios do 2000 a verdade é que non funcionaban. Ao mellor era problema da temática o de tempo. En todo caso eu creo nese xénero. LUIS TOSAR Máis ou menos falar na liña na que falaba Morris. Insistir neste tema. Esta pregunta vai para Anxo, é o tema da distribución e é tamén unha reflexión. Facemos as películas, facemos produtos de altísimo nivel –ás veces, e falo tamén a nivel estatal- e parece que sempre temos o mesmo problema. Repasas a lei audiovisual e ao final no que fallamos é na comunicación, na última fase: que todos os produtos que fagamos cheguen ao público. Aquí, na tele, eu creo que hai produtos de éxito, e iso é indiscutible. Creo que hai series que están funcionando perfectamente ben con niveis de audiencia que son espectaculares comparados co ámbito estatal, pero por exemplo no tema do cine (e eu creo que é extensible ao mundo da TV con respecto aos actores) que aquí xeramos moitísima popularidade nos actores pero despois hai un problema de comunicación a nivel de prestixio, do que significan eses actores para nós. Temos primeiras figuras no mundo da TV, xente que traballa en cine fora de aquí, pero que parece que non acabamos de darlles o sitio que merecen a nivel de prestixio, de sinónimo de calidade total. Non sei se é un problema de comunicación final. E non sei se, respecto ao que falabas ti antes, se hai unha idea de facer algo con respecto ao Consorcio no futuro, é dicir, como facer para que as películas –Retornos, Doentes…- como podemos facer para conseguir unha maior proxección destes produtos? Porque os temos na rúa, é evidente. Facemos todo o esforzo humano e económico que conleva, pero despois seguimos tendo o problema de sempre, que non hai forma de chegar ao público. Supoño que isto tamén parte da propia asociación, supoño que haberá que saber venderse mellor, facer que o público saiba “Ah! Este tío non só é coñecido da tele, é un actorazo espectacular”. Como transmitir iso, non só en Galicia senón fóra? ANXO QUINTANILLA Eu antes de vir aquí fixen un cadriño de “se me atopo con tal cousa, leo isto; se me atopo con cal, leo estoutro...” E eu teño a túa reflexión aquí, mira, teño apuntado “produción-difusiónpromoción”. E teño apuntado que nestes días estreamos Retornos, Vivir para Sempre, A tropa de Trapo e The Way. Isto vaise estrear. Pero no cadriño de abaixo teño 18 Comidas, Os Crebinsky, Auga Fría de Mar, O Apóstolo, Todos Vós sodes Capitáns... Cando viña para aquí alguén me dixo “non te preocupes que Todos Vós sodes Capitáns xa ten distribución”. LUIS TOSAR E 18 Comidas, tamén.

60


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.