Dosier premios mar%c3%ada casares 2015

Page 1


DOSIER DE PRENSA

O próximo xoves 26 de marzo, véspera do Día Mundial do Teatro, celebrarase a gala dos XIX Premios de Teatro María Casares no Teatro Colón da Coruña. No seguinte dosier atoparedes toda a información ao respecto dos galardóns, da cerimonia, os espectáculos que compiten nas 14 categorías, o Premio de Honra Marisa Soto e do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

CONTIDOS  Os galardóns da Escena Galega  A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)  María Casares, actriz universal  A historia dos Premios  Nomeados/as dos XIX Premios María Casares  Espectáculos finalistas  Vicente Montoto Premio de Honra  Xurxo Borrazas, autor do Manifesto Galego do Día Mundial  A Gala dos María Casares  Créditos da Gala

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Os galardóns da escena galega Os Premios María Casares son os galardóns de carácter anual que distinguen as producións escénicas galegas feitas en lingua galega. Outórganse no ámbito do país ás montaxes estreadas durante o ano anterior á súa concesión e a todos os profesionais que nelas participan. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) promove estes galardóns que, dende o ano 1997, buscan recoñecer o traballo realizado polos diferentes profesionais do sector na súa totalidade, dende os maquilladores, vestiaristas, iluminadores, músicos, guionistas, adaptadores, tradutores, autores, escenógrafos, iluminadores e directores até o corpo interpretativo. Deste xeito, os María Casares convértense dende a súa creación no gran escaparate do teatro feito en Galicia e visibiliza o labor desenvolvido por todos os seus traballadores. Con eses obxectivos, os galardóns constan de catorce categorías diferentes que representan todas as facetas da produción escénica. Ademais, a AAAG entrega cada ano o Premio de Honra Marisa Soto, co que o sector agradece e recoñece a traxectoria de colectivos e persoas relevantes no desenvolvemento do sector teatral. Nestes XIX Premios de Teatro María Casares, a organización decidiu crear unha categoría nova: á do Premio ao Mellor Espectáculo. Este novo apartado únese así aos trece xa establecidos dende os comezos dos galardóns: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actor secundario, mellor actriz secundaria, mellor actor protagonista, mellor actriz protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


A Asociación de Actores e Actrices de Galicia A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é unha entidade sen ánimo de lucro que agrupa a máis de 300 profesionais do audiovisual e das artes escénicas de Galicia, cuxa misión é articular, desenvolver e promocionar o sector, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais. O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público. Dende a súa constitución en 1985, a AAAG foi consolidando a súa representatividade e gañando posicións. Hoxe é o interlocutor de referencia entre as administración públicas e o sector empresarial escénico e audiovisual e un dos axentes culturais con máis presenza pública en Galicia. E todo cun papel proactivo, que se singulariza polo lanzamento de iniciativas produtivas que contribúen a xerar emprego para os asociados.

En materia laboral e de representatividade sectorial a asociación reivindica melloras e trata de garantir o cumprimento dos convenios; presta asesoramento laboral e xurídico aos socios; xestiona unha bolsa de emprego e actualiza un catálogo de profesionais asociados, en versión impresa, dixital en formato DVD e on line. Ademais, organiza cursos de formación e ofrece unha axenda con información sobre eventos, cástings, cursos e bolsas, mantén unha biblioteca virtual de textos de teatro e lecturas dramatizadas e elabora estudos e informes sobre o sector.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia conta cunha utilidade social debidamente contrastada e vén obtendo un constante recoñecemento e respaldo por parte de distintas entidades, desde un enfoque de fomento da demanda cultural en Galicia e de apoio á vertebración do noso sector escénico e audiovisual.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


María Casares, actriz universal As razóns que levaron a Asociación de Actores e Actrices de Galicia a bautizar os galardóns da escena galega co nome de María Casares vense sustentadas na propia biografía e nunha dilatada carreira profesional, merecedora de lle render homenaxe, de quen foi a primeira actriz galega de proxección internacional. María Casares estudou interpretación no Conservatorio de París, onde conseguiu ingresar en 1941 malia as dificultades cun idioma que aínda non dominaba. O seu primeiro papel María Casares profesional foi en A Celestina. En outubro de 1943 representou con grande éxito a obra de George Neveux A viaxe de Teseo e protagonizou varias obras escritas por Camus, como O malentendido, Estado de sitio e Os xustos, ademais de obras de Sartre, Jean Anouilh, Jean Cocteau, Genet e Claudel, converténdose na musa do existencialismo francés. En 1949 entra na Comédie Française e cinco anos máis tarde no Teatro Nacional Popular (TNP), compañía pública cunha forte preocupación social. Deulle vida ás grandes protagonistas dos dramaturgos máis recoñecidos, como Lady Macbeth, María Tudor ou Ana Petrova, en obras de Shakespeare, Victor Hugo, Antón Chéjov, Ibsen ou Eurípides, entre outros. Iniciouse no cine cun papel secundario nunha película de Marcel Carné, Os nenos do paraíso, e en 1944, protagoniza As damas da Fraga de Boloña de Robert Bresson. Jean Cocteau dirixiuna en Orpheo (1950). A súa residencia en París non foi libremente escollida senón produto do exilio. María Casares Quiroga acompañou a seu pai Santiago Casares Quiroga, ministro e xefe de Goberno da República durante o Goberno de Manuel Azaña, en 1939, pouco antes do final da Guerra Civil. Por este motivo representa aqueles artistas galegos que por razóns políticas e/ou económicas se viron forzados a emigrar. En 1977 voltou a España para representar El Adefesio, de Rafael Alberti, en Madrid e Barcelona. En 1989 conseguiu o Premio Moliére á mellor actriz de teatro e foi nomeada aos César. Recibiu do Goberno francés o Premio Nacional de Teatro, e en España, a Medalla ao Mérito das Belas Artes. Obtivo o Premio Segismundo da Asociación de Directores de España. A propia María Casares aceptou que os premios de teatro de Galicia levasen o seu nome, pero o seu pasamento en 1996 impediulle asistir á primeira edición dos mesmos.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


A historia dos premios A historia dos Premios de Teatro María Casares remóntase ao ano 1997, cando por iniciativa da Asociación de Actores e Actrices de Galicia se instituíron os primeiros premios que recoñecían o labor dos profesionais que fan teatro no noso país, enchendo un oco baleiro até o momento no eido do recoñecemento e estímulo para os artistas e técnicos da escena do país. Os premios son concedidos dende o criterio dos propios compañeiros de profesión, integrados nun censo de electores conformado polos asociados da AAAG, todos os gañadores e finalistas das edicións anteriores, os programadores de toda Galicia, os críticos e estudosos teatrais. A idea é promocionar e colocar o teatro no lugar que merece dentro das artes e da cultura.

Até este 2013, moitos foron os cambios do teatro en Galicia. Pasamos da ditadura á democracia, e coa democracia á Autonomía de Galicia. Un ano antes da creación da nosa Asociación no 1985, púñase en marcha o Centro Dramático Galego. A Asociación traballou intensamente dende o seu nacemento por mellorar e consolidar a actividade teatral profesional, con propostas que se recolleron no “libro roxo”, e que foron concretándose, por exemplo, na posta en marcha do IGAEM, hoxe AGADIC, da Rede Galega de Teatros, Auditorios e Salas, e da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. E mais recentemente, na consecución longos anos agardada, do Convenio Colectivo de Teatro. Os Premios de Teatro María Casares xa son un momento central no esforzo permanente por difundir e promover a actividade dos nosos profesionais e das compañías teatrais galegas. E por suposto, estimular o público, que nestes anos incrementouse dun xeito notable.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


NOMEAD@S XIX PREMIOS MARÍA CASARES MELLOR MAQUILLAXE Nomeado/a Fany Bello Fany Bello Raquel Fidalgo

Espectáculo As Fillas Bravas A Tempestade Pequenas Certezas

Compañía Chévere Voadora Sarabela Teatro

MELLOR VESTIARIO Nomeado/a Carlos Alonso Uxía P. Vaello Yaiza Pinillos

Espectáculo Ultranoite no País dos Ananos A tempestade Perplexo

Compañía Chévere Voadora IlMaquinario Teatro

MELLOR ILUMINACIÓN Nomeado/a Afonso Castro Dani Pais José Álvaro Correia Tito Asorey/ Germán Gundín

Espectáculo Ra Ra Ra Kassa A Tempestade Perplexo

Compañía Abrapalabra Creacións Elefante Elegante Voadora ilMaquinario Teatro

MELLOR MÚSICA ORIXINAL Nomeado/a Ailén Kendelman

Espectáculo PAN! PAN!

I. Pinheiro, M. de Nut, J. Ons, Kibitka, M. Ares, C. Suárez, S. Alonso, G. Guerreiro, D. Pais e Panforreteiro,

José Díaz, Hugo Torres e Fernando Epelde Xacobe Martínez Antelo

Kassa A tempestade Ultranoite no País dos Ananos

MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN Nomeado/a Espectáculo Avelino González e Olga F. Meu ben Nogueira Catuxa Pato e Tito Asorey Perplexo Manuel Cortés e Fernando A Tempestade Epelde MELLOR TEXTO ORIXINAL Nomeado/a Cándido Pazó Manuel Cortés Quico Cadaval

Espectáculo Demolición Ultranoite no País dos Ananos Bobas &Galegas

Prensa Premios María Casares

Compañía A Panadaría Elefante Elegante Voadora Chévere

Compañía Eme2 Producións IlMaquinario Teatro Voadora

Compañía Talía Teatro Chévere Producións Teatráis Excéntricas

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


MELLOR ESCENOGRAFÍA Nomeado/a Ana Luena Carlos Alonso Carolo Losada Soto

Espectáculo A tempestade Ultranoite no País dos Ananos Kassa

Compañía Voadora Chévere Elefante Elegante

MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA Nomeada Areta Bolado Mónica García Patricia de Lorenzo Sabela Gago

Espectáculo Pan! Pan! As fillas Bravas As Fillas bravas Pequenas Certezas

Compañía A Panadaría Chévere Chévere Sarabela Teatro

MELLOR ACTOR SECUNDARIO Nomeado César Goldi Borja Fernández Guillermo Weickert

Espectáculo Ultranoite no País dos Ananos A Tempestade A Tempestade

Compañía Chévere Voadora Voadora

MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA Nomeada Elina Luaces Laura Míguez Luisa Merelas Melania Cruz Sheyla Fariña

Espectáculo Meu ben Perplexo Longa viaxe cara á noite Perplexo Roedores

Compañía Eme2 Producións IlMaquinario Teatro Centro Dramático Galego IlMaquinario Teatro Redrum Teatro

MELLOR ACTOR PROTAGONISTA Nomeado Fran Lareu Fernando González Machi Salgado

Espectáculo Perplexo Perplexo O Feo

Compañía ilMaquinario Teatro IlMaquinario Teatro CatroCadeiras

MELLOR DIRECCIÓN Nomeado/a Chévere Tito Asorey Marta Pazos

Espectáculo Ultranoite no País dos Ananos Perplexo A Tempestade

Compañía Chévere ilMaquinario Teatro Voadora

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL Espectáculo Compañía Roedores Redrum teatro As fabas máxicas Caramuxo Teatro A casa do Avó Tanxarina MELLOR ESPECTÁCULO Nomeado A tempestade Perplexo Ultranoite no País dos Ananos

Compañía Voadora IlMaquinario Teatro Chévere

NÚMERO DE NOMEACIÓNS DOS ESPECTÁCULOS FINALISTAS E CATEGORÍAS 1. A TEMPESTADE (10): maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptacióntradución, escenografía, actor secundario (por partida dobre: Borja Fernández e Guillermo Weickert), mellor dirección e mellor espectáculo. 2. PERPLEXO (9): vestiario, iluminación, adaptación-traducion, actor protagonista (por partida dobre: Fran Lareu e Fernando González), actriz protagonista (por partida dobre (Laura Míguez e Melania Cruz), dirección e espectáculo. 3. ULTRANOITE NO PAÍS DOS ANANOS (7): vestiario, música orixinal, texto orixinal, escenografía, actor secundario, dirección e espectáculo. 4. KASSA (3): iluminación, música orixinal e escenografía 5. AS FILLAS BRAVAS (3): Maquillaxe, actriz secundaria por partida dobre (Mónica García e Patricia de Lorenzo) 6. PAN! PAN! (2): Música orixinal, mellor actriz secundaria 7. MEU BEN (2): adaptación-tradución, actriz protagonista 8. ROEDORES (2): actriz protagonista, mellor espectáculo infantil 9. PEQUENAS CERTEZAS (2): actriz secundaria, maquillaxe 10. DEMOLICIÓN (1): Texto orixinal 11. BOBAS&GALEGAS (1) Texto orixinal 12. LONGA VIAXE CARA Á NOITE (1): Actriz protagonista 13. O FEO (1): Actor protagonista 14. RA, RA, RA (1): iluminación. 15. AS FABAS MÁXICAS (1): espectáculo infantil 16. A CASA DO AVÓ (1): espectáculo infantil

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


MELLOR ESPECTテ,ULO

MELLOR ESPECTテ,ULO INFANTIL

Prensa Premios Marテュa Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


A Tesmpestade. Dez candidaturas

Voadora leva ‘A tempestade’ Shakespeare á súa illa estética A compañía Voadora adapta a Shakespeare nunha montaxe dirixida por Marta Pazos. N’A tempestade, Próspero, duque lexitimo de Milán, foi expulsado polo seu irmán e remata exiliado nunha illa, onde vive só coa súa filla e unha serie de espíritos e demos que goberna grazas ao seu control da maxia. Un día, o irmán usurpador nunha viaxe en barco sofre un naufraxio coa súa corte e o seu fillo pola intercesión do propio Próspero. Todos acaban na mesma illa, onde a vinganza e o amor se entrelazan na historia.

MAQUILLAXE

ACTOR SECUNDARIO

Fany Bello

Borja Fernández ACTOR SECUNDARIO

VESTIARIO Uxía P. Vaello ILUMINACIÓN José Alvaro Correia ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN

Prensa Premios María Casares

M. Cortés e F. Epelde

Guillermo Weickert ACTOR SECUNDARIO Iván Marcos DIRECCIÓN

ESCENOGRAFÍA

MARTA PAZOS ESPECTÁCULO

Ana Luena

A Tempestade

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Perplexo. Nove candidaturas

Unha comedia de ilMaquinario sobre as aparencias e as máscaras VESTIARIO

ACTRIZ PROTAGONISTA

Yaiza Pinillos

Melania Cruz ACTOR PROTAGONISTA

ILUMINACIÓN T. Asorey/ Germán Gundín TEXTO ADAPTADO

Fran Lareu ACTOR PROTAGONISTA

Tito Asorey/ Catuxa Pato ACTRIZ PROTAGONISTA

Fernando González DIRECCIÓN

Laura Míguez

Tito Asorey ESPECTÁCULO Perplexo

Prensa Premios María Casares

A segunda montaxe de ilMaquinario adapta un dos últimos textos de Marius von Mayenburg. Laura e Fernando volven á súa casa despois dunha viaxe e notan rapidamente que hai cousas que non encaixan, que cambiaron. Encargáranlles a uns amigos, Fran e Mela, que coidasen da súa casa. Cando esta nova parella entra en escena dá un xiro a historia: parecen eles os propietarios. Así iníciase unha comedia sobre as aparencias e sobre as máscaras sociais que usamos cada día.

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Ultranoite no País dos Ananos Sete candidaturas

Chévere celebra no País dos Ananos 20 anos de Ultranoite VESTIARIO Carlos Alonso MÚSICA ORIXINAL Xacobe Martínez Antelo TEXTO ORIXINAL Manuel Cortés ESCENOGRAFÍA Carlos Alonso ACTOR SECUNDARIO César Goldi DIRECCIÓN Chévere ESPECTÁCULO Ultranoite no País dos Ananos

Prensa Premios María Casares

A compañía Chévere creou unha Ultranoite especial para celebrar o vinte aniversario da Ultranoite, o formato de Cabaré e improvisación que creou a compañía na desaparecida Sala Nasa. Nesta ocasión, propoñen un Ultranoite de conmemoración nun país dos ananos que ben podería ser Galicia e na que empregan como grandes referentes a Celso Emilio Ferreiro, autor d’O país dos ananos e Jonathan Swift, autor d’As viaxes de Gulliver. A compañía, que recibiu no pasado ano 2014 o Premio Nacional de Teatro, escolleron estes dous escritores por estaren unidos polo seu mal xenio e un lirismo tan afiado coma insultante. A montaxe está dirixida polo conxunto da compañía e o texto pertence a Manuel Cortés.

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Kassa. Tres candidaturas

ILUMINACIÓN Dani Pais

MÚSICA ORIXINAL I. Pinheiro, M. de Nut, J. Ons, Mano Panforreteiro, Kibitka, M. Ares, C. Suárez, S. Alonso, G. Guerreiro e D. Pais.

ESCENOGRAFÍA Carolo Losada

Elefante Elegante inspírase n’A metamorfose’ Elefante Elegante achéganos un espectáculo de teatro visual, inspirado n’A metamorfose de Kafka, que se desenvolve en base aos principios da escultura. A estrutura escenográfica, os actores, os bailaríns e as videoproxeccións constitúen un organismo vivo en constante movemento.

As fillas bravas. Tres Candidaturas MAQUILLAXE Fanny Bello ACTRIZ SECUNDARIA Patricia de Lorenzo ACTRIZ SECUNDARIA Mónica García

Chévere, o humor e as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan como lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque son fillas do mesmo vento, mulleres de andar a pé de toxo, orgullosas de vir de tras a silveira.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Roedores. Dúas candidaturas Unha auténtica fábula a prol da igualdade Roedores, de Redrum Teatro, é unha fábula dramatizada que fomenta a igualdade facendo fincapé na igualdade de sexo coas peripecias dos protagonistas. Peludiño é un hámster que escapou da gaiola para vivir aventuras. Munda, unha rata soñadora que pasa as noites buscando no lixo para levarlles comida aos seus irmáns.

Espectáculo Infantil Roedores

Actriz protagonista Sheila Fariña

Meu Ben. Dúas candidaturas Retratro de tres xeracións de mulleres Amor, vida, sexo, morte e clases de salsa. Tres xeracións de mulleres nesta obra de Eme2. Un ano extraordinario. Ámber, que acaba de saír do instituto, vive sen ningún tipo de preocupacións. A súa nai Lorraine visita o médico de cabeceira tras atacar un cliente no traballo. A avoa Kay tenta superar a frustración de vivir cos setenta anos mentres coida do home enfermo.

Adaptación-tradución Avelino González/ Olga F. Nogueira

Actriz Elina Luaces

PAN!PAN!Dúas candidaturas Parodiar o western con só unha bandeira A Panadaría estréase cunha obra sorprendente, na que tres actrices constrúen oito personaxes, cinco espazos e toda a música só axudadas por unha bandeira dos EUA. Trátase dunha parodia dos westerns con música vocal en directo. Conta a historia de Harry, un cowboy namorado na procura da muller roubada polos indios Música orixinal Ailén Kendelman Prensa Premios María Casares

Actriz secundaria Areta Bolado

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Pequenas certezas. Dúas candidaturas Unha viaxe para loitar contra o baleiro Sarabela Teatro preséntanos Pequenas Certezas, unha viaxe, unha escala necesaria para seguir andando, un esforzo para moverse e non quedar varando ante o baleiro, ante o non atoparnos a nós mesmo. Maquillaxe Raquel Fidalgo

DEMOLICIÓN UNHA CANDIDATURA

Actriz secundaria Sabela Gago

BOBAS & Galegas UNHA CANDIDATURA

O FEO UNHA CANDIDATURA

Comidrama no precipicio

Viaxe ao Século de Ouro

A obsesión pola aparencia

Unha proposta de Talía Teatro entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros, mais Talía quixo probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé. Trátase dun comidrama, un termo que expresa esa alquimia dramática entre o humor e a emoción. A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O Fracaso do colectivo reverberando metaforicamente.

Producións Teatráis Excéntricas levan a Mofa e Befa, coa dirección e a autoría de Quico Cadaval, á literatura do Século de Ouro. Trasládanse a aquel tempo de gorgueiras nunha aposta de humor que mestura cabaré e texto en verso con personaxes propios do clown como son os dous segadores galegos en plena Castela ideados polos actores Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, que estrearon esta montaxe tan singular no Festival de Almagro. Na peza ofrecen un visión cómica do papel dos galegos nos textos de autores como Calderón.

Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como ensxeñeiro e goza dun matrimonio agradable, tranquilo e sen ningún tipo de sobresaltos. Mais un día descobre unha verdade: é espantosamente feo. Así comeza unha comedia que dun xeito moi divertido e mordaz denuncia a nosa obsesión pola beleza, o éxito e a aparencia. A obra achéganola Catro Cadeiras, unha compañía de nova creación que artella, principalmente, a súa estratexia creativa ao redor da aposta pola escenificación de dramaturxias contemporáneas.

TEXTO ORIXINAL Cándido Pazó

TEXTO ORIXINAL Quico Cadaval

ACTOR PROTAGONISTA Machi Salgado

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


RA, RA, RA UNHA CANDIDATURA

A música das ras

As fabas máxicas UNHA CANDIDATURA

A Casa do Avó UNHA CANDIDATURA

Xan, as fabas e Nova York Teatro social e de dereitos

Abrapalabra presenta o seu primeiro espectáculo familiar. Dirixido e escritor por Cándido Pazó e coa interpretación de Víctor Mosqueira, Toni Salgado, Carla Capeáns e Beatriz Méndez; esta produción vai “de cando as ras/ moitísimo tempo atrás/ pola noite non cantaban porque tiñan medo/ e deitábanse cedo. / Así chegaban as primeiras tebras/ e, negras/ pintabande sombras o río... /Que canguelo, que arrepío”. A produción conta cun corpo actoral que mestura a garantía da veteranía e o entusiasmo da mocidade.

Nesta espectáculo contado en primeira persoa e monicreques, Caramuxo Teatro achéganos unha nova versión do coñecido conto infantil Xan e as fabas máxicas. Tras criarse na aldea coa súa avoa, Xan vive agora de adulto nun apartamento en Nova York. Un día, coidando as plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras. Dirixida a nenos e a nenas de 4 anos, o obxectivo desta segunda proposta de Fala Redes é que o público familiar se achega ao teatro por medio dunha obra de humor e emoción.

MELLOR ILUMINACIÓN Afonso Castro

ESPECTÁCULO INFANTIL As Fabas máxicas

Tanxarina preséntanos a historia de Roberto, quen recibe a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Diante desta inxusta situación, o neno ponse en marcha para atopar a solución, e, nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario. Para Tanxarina, trátase dunha peza de teatro social e educativo onde os dereitos dos nenos e dos maiores van máis alá do artístico. ESPECTÁCULO INFANTIL A casa do avó

LONGA VIAXE CARA Á NOITE. UNHA CANDIDATURAS Retrato dunha familia americana ao bordo do abismo Eugene O’Neill presenta neste texto a crónica dun só día na vida dos Tyrone, unha familia norteamericana quebrada polas frustracións e os vicios: James, un actor de éxito que xamais formou realmente unha familia; Mary, a súa muller cunha adicción insuperable; Jamie, o fillo maior alcólico, e Edmund, unha sorte de alter ego do propio autor.

ACTRIZ PROTAGONISTA

Prensa Premios María Casares

Luisa Merelas

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


PREMIO DE HONRA MARISA SOTO

VICENTE MONTOTO Nacido en Untes

(Ourense) en 1943, Vicente Montoto é un

todoterreo no mundo do teatro. Intérprete, director e dramaturgo, é un dos referentes do teatro en Galicia, ao que viu medrar dende unha situación de práctica invisibilidade até a profesionalización e consolidación do sector. Sector que Montoto defendeu tanto dende os escenarios coma dende o punto de vista das condicións laborais, xa que formou parte desa primeira xeración de profesionais pioneiros que asentou as bases do teatro profesional e desenvolveu un importante labor sindical ao ocupar distintas responsabilidades, como ser secretario xeral do Sindicato Galego do Espectáculo de Comisións Obreiras. O seu primeiro traballo profesional na escena conseguiuno aos 16 anos na obra El octavo día, coa Compañía de Delia Garcés e Enrique Fava, dirixida por Jorge Petraglia. A obra estreouse en 1959 en Bos Aires, a onde Montoto emigrara como tantos outros galegos da súa xeración e onde se formaría como intérprete na Escola de Arte Dramática de Boyce Díaz Ulloque e no Instituto de Teatro da Universidade de Bos Aires. En terras arxentinas traballou tamén en diversas montaxes, entre as que se poden destacar El convidado de piedra ou El gran teatro del mundo. Non foi o único proxecto no exterior dun Montoto que, antes de regresar a Galicia e traballar a prol da profesionalización do teatro dende todas as súas vertentes, tamén visitou Suíza para dirixir e interpretar unha montaxe escrita por Xenaro Mariñas del Valle, titulada A Revolta. A peza estreouse en 1968 co Grupo de Teatro A Nosa Galiza de Xenebra, en Suíza. O seu traballo teatral -como actor, director e autor- estivo especialmente vencellado á compañía Uvegá Teatro, formación coa que estreou textos propios como Trínguilin Trángala (1988), Fedra Gómez (1989), Volve o cabaré (1992), Pa (1996), Zocos -escrita xunto a Manuel Lourenzo(1999) ou Pallasos (2004), gran parte delas dirixidas por el e das que formou parte do elenco como

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


actor. En Uvegá, ademais, adaptou textos como A casa dos espíritos de Isabel Allende ou O retrato de Dorian Grai, de Oscar Wilde, e dirixiu montaxes de autores como Vidal Bolaño, do que levou a escena Cochos en 1988; Álvaro Cunqueiro, do que dirixiu unha montaxe titulada A Elas e a Cunqueiro (19991), ou Strindberg, do que dirixiu A señorita Xulia no ano 2000. Vicente Montoto traballou con outras moitas compañías como actor. Con Caritel actuou en obras como Isto non é serio, señores, Ollo ó piollo, King Kong e Historias de Taparratá. Con Teatro do Atlántico participou en Liberdade Bremana e con Teatro do Aquí, compañía que dirixía Vidal Bolaño, formou parte do elenco da histórica Saxo Tenor. A pegada do intérprete tamén se deixou notar ao longo das décadas no Centro Dramático Galego. Na unidade de teatro público, Montoto traballou en máis dunha ducia de montaxes. Entre elas, destacan A Pousadeira, O mozo que chegou de lonxe, A noite vai coma un río, Nau de Amores, Viaxe e fin de don Frontán, A Lagarada, Hostia ou as monumentais O Incerto Señor don Hamlet e Xelmírez ou a gloria de Compostela. No audiovisual, Montoto tamén labrou unha prolífica carreira traballando tanto no cine coma na televisión. Entre as fitas nas que participou destacan a fundacional Urxa (García Pinal/Piñeiro, 1989), La ley de la Frontera (Adolfo Aristaráin, 1995), Nena (Xavier Bermúdez, 1997), Heroína (Gerardo Herrero, 2008), A noite que deixou de chover (Alfonso Zarauza, 2008) ou A praia dos afogados (Gerardo Herrero, pendente de estrea). Na televisión, ten participado en telemovies como Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2011), La Bella Otero (2007) ou Condenado a vivir (2001), e en series como Os outros feirantes (TVG, 1989), Pratos combinados (1995) Rías Baixas (2005) ou Gondar (2009). Na Radio Galega, presentou e guionizou o programa Chascarraschás e, como docente, ofreceu ao longo dos anos diversos cursos de formación para intérpretes.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Traxectoria teatral seleccionada Ano

Obra

Compañía

1959

El octavo día

1968 1985 1985

A revolta Historias de Taparratá Ollo ó piollo, King-Kong

1986

A noite vai coma un río

1987 1987

Cochos A Pousadeira

1988 1988

Tringuilín Trángala O mozo que chegou de lonxe

1990 1991 1991

Fedra Gómez A elas e a Cunqueiro O incerto señor don Hamlet

1992 1992

Volve o cabaré A Lagarada

1993 1995

Saxo Tenor Viaxe e fin de don Frontán

1995

Nau de amores

1999

Un home que se parecía a Macbeth Xelmírez ou a gloria de Compostela A señorita Xulia O retrato de Dorian Grai Mulleres Pallasos Lorenzo Varela, irmán, compañeiro, camarada Tío Vania Regreso ao deserto

Cía Garcés e Enrique Fava A Nosa Galiza (Suíza) Teatro Caritel Teatro Caritel, en coprodución co CDG Centro Dramático Galego Uvegá Teatro Centro Dramático Galego Uvegá Teatro Centro Dramático Galego Uvegá Teatro Uvegá Teatro Centro Dramático Galego Uvegá Teatro Centro Dramático Galego Teatro do Aquí Centro Dramático Galego Centro Dramático Galego Uvegá Teatro

1999 2000 2001 2002 2004 2004 2005 2006

Prensa Premios María Casares

Traballo Actor Director/actor Director/actor Actor Actor Director /actor Actor Director/autor Actor Director/autor Director/actor Actor Director/autor Actor Actor Actor Actor Director/actor/autor

Centro Dramático Galego Uvegá Teatro Uvegá Teatro Uvegá Teatro Uvegá Teatro Uvegá Teatro

Actor

A Factoría Centro Dramático Galego

Actor Actor

Director/adaptación Director/actor/adaptación Director/adaptación Director/autor/actor Director/actor

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


MANIFESTO GALEGO DO DÍA MUNDIAL DO TEATRO

XURXO BORRAZÁS O escritor Xurxo Borrazás (Carballo, 1963) será o encargado de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro durante a cerimonia dos XIX Premios María Casares. Deste xeito, o autor subirá o próximo xoves 26 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto, tal e como en edicións anteriores fixeron xornalistas como Camilo Franco, historiadores como Ramón Villares –presidente do Consello da Cultura Galegae escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín -ex presidente da Real Academia Galega- ou Cesáreo Sánchez -presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG)-, entre outras personalidades que se sumaron á festa do teatro.

Xurxo Borrazás agradécelle á Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos María Casares, a encarga de realizar o manifesto, o cal considera unha “auténtica honra”. En palabras do autor, na escena atópase a orixe mesma de toda literatura. “O teatro significa o berce da literatura. Dende o teatro clásico, a escena recolle todas as emocións posibles e retrata o seu propio tempo”, resume Borrazás, quen ademais destaca a “vinculación moi forte tanto a nivel persoal como estético” que o une ao teatro.

Narrador, ensaísta e tradutor, Xurxo Borrazás naceu en Carballo en 1963. Licenciouse en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela e, na actualidade, exerce de

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


profesor de inglés nun centro de ensino secundario de Vigo, cidade na que reside desde 1990. A súa obra escrita abrangue tanto novelas como ensaios, como tamén traducións de textos de carácter científico e colaboracións en diversos medios de comunicación, como son El País, Praza Pública, Sermos Galiza ou Tempos Novos.

A súa actividade literaria comezou en 1991, ano no que publicou en Sotelo Blanco a súa primeira novela, Cabeza de chorlito. A partir dese momento, converteuse nun dos autores máis destacados da literatura galega na década dos noventa, con títulos como Criminal (Sotelo Blanco, 1994), novela coa que conseguiu o Premio da Crítica Española e o Premio Arcebispo

San

Clemente; Eu é (Sotelo Blanco, 1996), Contos malvados (Xerais, 1998) ou O desintegrista (Xerais, 1999). No ano 2000, gañou o Premio Antón Losada Diéguez con Na Maleta. A partir de aí, escribiu outras obras de narrativa como Pensamentos impuros (Xerais, 2002), Ser ou non ser (Galaxia, 2004), Costa Norte/ZFK (Galaxia, 2008) ou Covalladas. Prosa vertical (Galaxia, 2010). Como ensaísta, Borrazás publicou en Galaxia a obra Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida no ano 2007, pola que lle outorgarían o Premio da Crítica de Galicia 2008 na categoría de Ensaio. Na súa faceta de tradutor, Borrazás trouxo ao galego, entre outras obras, Trópico de Cáncer, de Henry Miller, e O ruído e a furia, de William Faulkner.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


TEATRO Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. Autor: Xurxo Borrazás

Ser ... basicamente, é ser outro. Desde cativos xogamos a ser trastes e a ser quen non somos, e no marco dese xogo xogamos outros xogos dramatizados, teatro dentro do teatro, coma se non houbese límites. Xogamos despois a construír o personaxe en escenas de familia, de amor, de revolta, de desamor... Buscamos papeis de adulto e disfrazámonos de adulto para resultar críbeis. Xogamos a ser traballadores, ou pais e nais, sen estar moi convencidos de que eses sexan os papeis da nosa vida. Dicimos que a vida en parella é teatro, que a oficina é teatro, que unha voda, un xuízo, un discurso ou un funeral son teatro. Preguntámonos que facemos aquí e afirmamos que toda a vida é teatro... Quen lle dera! No teatro non se perde o norte. Na vida, quen máis quen menos cae no erro de tomarse en serio. E que ocorre cando alguén se toma demasiado en serio? Primeiro que os demais o toman a broma, segundo que o serio se radicaliza e tenta prohibir as bromas. E para non caer no ridículo de prohibir unicamente as que lle fan a el, ou ela, prohíbeas todas, a ver se así non se nota. No escenario máis extremo, nas dictaduras e as teocracias, prohíbese non só a escola, senón bailar e cantar, disfrazarse, a risa pública, a festa, a caricatura, e por suposto o teatro enteiro. Aquí non. Aquí somos civilizados e as autoridades non prohiben a festa, “sempre que sexa sá”, nin a protesta, “con tal que sexa construtiva”. Non se leva a ninguén ao cárcere por Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


protestar, simplemente se lle mete unha multa de cabalo para que a próxima vez o pense dúas veces antes de dar un couce. Da mesma maneira non se persegue o teatro, só se adurmece ninguneando as iniciativas ou menosprezando as compañías, racaneando o acceso ás salas, arrombándoo nas programacións culturais, desecando os orzamentos para a formación e o teatro público, subindo impostos para que o prezo actúe de barreira, renunciando á promoción... Ao teatro non hai que cortarlle os pés senón darlle patadiñas nas canelas e regalarlle ás de chumbo para que non voe, obrigar a que cada representación se convirta nunha epopea de actores e actrices que ao tempo deben ser directores, produtores, representantes, iluminadores, músicos, transportistas, maquilladores, escenógrafos, xastres, cobradores... e por suposto ter un traballo aparte que os manteña. O obxectivo último é impedir que o espectáculo se normalice e poida converterse en medio de vida digno, atraente e non desilusionante para quen se apaixone por el. Aqueles que se toman en serio son sistemáticos. A mesma medicina aplícanllela á literatura, aos medios, mesmo á música... se é en galego, porque a nai de todos os obxectivos é conter a lingua galega como emblema da nosa cultura. Os serios non teñen nada contra o polbo á feira, a praia da Lanzada, o Pórtico da Gloria, o albariño de Cambados ou a romaría da Franqueira. Son os primeiros en chorar cando escoitan unha gaita. O que non aturan é a diferenza da lingua. De maneira que a representación de Galiza prefiren deixala en mans de Enrique Iglesias, David Meca, ou Marina Castaño. E aínda así no teatro seguimos adiante, escachamos coa risa e fervemos cada vez que se descorre o pano e o público aplaude. Que frío vai no mundo! Que ben se está no teatro! Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


A GALA DE ENTREGA Un ceo de bombillas para iluminar uns Premios María Casares que viaxan á multiculturalidade da man de Elefante Elegante A proposta do Elefante Elegante para a presentación da Gala dos Premios María Casares de 2015 xorde da vontade de traballar arredor da viaxe, con todo o que isto implica. A idea ten espectros moi diferentes que vertebran o tema principal: A itinerancia como xeito de vida. Pola contra que noutros lugares non moi afastados, aquí as compañías representan os seus espectáculos en teatros sempre diferentes, dun xeito non moi arredado daquela troupe que non hai tanto tempo viaxaba a ningunha parte. Tres aspectos principais da concepción da gala. 

A multiculturalidade e o respecto á diferencia. Tomar distancia das nosas raíces para mergullar en culturas de referencias diferentes para mellor apreciar quen somos e quen son os outros. A multiculturalidade como riqueza, como expansión das posibilidades de ser.

A emigración como triste solución para saír da precariedade para persoas brillantes que non atopan o seu lugar e vense obrigadas a coller unha maleta chea de incertezas e iniciar unha viaxe de rumbo incerto. Porque hai viaxes e viaxes.

Ser artista ao lonxe. Con sutileza e elegancia trátanse o tema dos dereitos e rexímenes de traballo dos artistas mais aló dos Pirineos. As diferentes cotas de autónomos, o IVE, o chamado estatuto de artistas, a intermitencia. Porqué o sur de Europa é o sur de Europa.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


ESQUEMATIZACIÓN DRAMATÚRXICA E HAMLET Elefante Elegante propón unha sedutora a idea que pasa por tratar os diferentes aspectos do tema a través da visión dunha Troupe de Teatro. A compañía evita atarse a unha dramaturxia narrativa pechada, de xeito que a raíz do concepto de troupe, do teatro no teatro, pódese viaxar ao centro da profesión e homenaxear tanto as artes e a súa esencialidade na nosa cultura coma o seu labor social e espiritual. Os cómicos que Hamlet contrata para relatar a verdade do acontecido co seu pai e representar no palacio ante a súa nai e o seu tío, resultan para Elefante Elegante fortemente inspiradores e dalgún xeito motores dramatúrxicos desta proposta. A Troupe ideada por Elefante Elegante, espello da propia profesión das súas tensións, dificultades internas e loita pola supervivencia, é contratada para presentar a gala.

ESPAZO ESCÉNICO E ESCENOGRAFÍA O espazo escénico virá articulado por elementos relativos á viaxe e á itinerancia. Maletas, baúis e diferentes obxectos e materiais orgánicos que crearán os espazos segundo a necesidade de cada momento. Por outra banda, o escenógrafo Suso Montero será o encargado de realizar a escenografía da Gala dos XIX Premios María Casares. O autor destaca que no Teatro Rosalía Castro haberá un ceo de mil bombillas que acompañará á compañía Elefante Elegante na condución da gala. Para Montero, o conxunto de lámpadas poderá brillar coma simples vagalumes ou escintilar con toda a potencia do sol. Deste xeito, o gran número de lámapadas será o elemento esencial da escenografía. Pola súa banda, o Centro Dramático Galego encargarase de confeccionar o decorado.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


SUSO MONTERO Escenógrafo e artesán. Ten deseñado carteis, figurinos e decorados para máis de 35 producións teatrais profesionais, entre as que destacan Informe para unha Academia (Troula, 1983), Almas perdidas (CDG-Artello, 1987), Moleques (Ollomol, 1989), Batea (Artello, 1990), Escola de Bufóns, (1996, Ollomoltranvía) ,Metamorfose (2000, Ballet Druída), Footing (2001, Ancora), Daquel Abrente (2003, CDG) . Dende 1987 ten deseñado máis 200 decorados para diversos programas da Televisión de Galicia, entre eles A toda máquina (1987), Corazonada (1989), Adiviña quen vén esta noite (1990), Unha de romanos (1991), Luar (1993/2000), diversas xiras do Xabarín Club (1997/99), Supermartes (1996/2003), Máxima Audiencia (2004-2005), e innumerábeis especiais de Verán, Nadal, Reis, Aniversarios, Moda, 25 de Xullo, entregas de premios, etc., así como os decorados para o Telexornal dende 1990 ata o 2005 . En cinema e vídeo, entre outros traballos, foi axudante de dirección artística do filme O lapis do carpinteiro (2001), e director artístico das teleseries Mareas Vivas (1998), Galicia Express (2000) ou Pequeno Hotel (2001), Piratas (2012). Recibiu o premio ao mellor vestiario nos Premios María Casares, por Escola de Bufons (1997) e por Viaxe a Ningunha Parte (2013) e nos AGAPI por A noiva de medianoite. Ademais, foi galardoado coa Medalla de Ouro da Feira Internacional de Artesanía de Múnic (Alemaña, 1991), e co Premio de Deseño Artesanal de Consellaría de Industria e Traballo da Xunta de Galicia (1995).Premio de Honra Fernado Rey no ano 2009 a toda á súa traxectoria profesional.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Música. KIBITKA A música estará a cargo do grupo Kibitka, unha caravana, unha casa migratoria. A bagaxe e as viaxes dos músicos persoas que van nesta kibitka trouxeron músicas de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Galiza e Rusia, agregaron

ritmos

e

influencias

latinas,

rescataron sonoridades esquecidas. Kibitka construíu amodo músicas propias e un estilo orixinal. Toda unha equipaxe para esta viaxe migratoria que espreme traxectos, distancias, rupturas afectivas e seducións entre dous universos en confrontación: o da partida e o do acollemento. Os sons migran, polo tanto, coas persoas e a través delas, expoñéndose, igual que a xente de Kibitka, á aventura dun novo hábitat.

MÚSICOS DE KIBITKA NOS MARÍA CASARES Voz e guitarra

Andrey Volodim

Percusión

Antonio Vázquez Seoane

Gaitas e frautas

Manolo Vázquez

Violín

Tania Capon

Clarinete

Alfredo Gómez

Baixo

Yuri Sidar

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Elefante Elegante A compañía Elefante Elegante desde as orixes crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e mais no movemento. As súas creacións buscan na auténtica universalidade, xurdindo da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.

T R A X E C T O R I A

A compañía, de orixe galego-portuguesa, foi creada en 2007 por María Torres e Gonçalo Guerreiro e ten a súa sede na Coruña. Nace para dar forma artística ás súas inquedanzas sociais e existenciais Elefante Elegante comezou como proxecto experimental no ano 2000 co nome de Teatro Escondido. Este proxecto viaxou durante sete anos entre Galicia, Bélxica e Portugal e del facían parte actrices e actores de diferentes países europeos. A súa interpretación baseábase no xogo corporal co obxectivo de desenvolver unha linguaxe teatral universal. Estes anos de experimentación foron fundamentais para que puidera nacer o Elefante Elegante. Os seus espectáculos teñen sido acollidos en Galicia, Portugal, Bélxica, Suíza, Francia e Italia.

Entre as montaxes que levan producido nestes anos, atópanse Iliria (2008), Granito (2008), In (2009), destinadas ao público adulto, ou Tristán (2007), O forno (2008), O aviador (2012) e Nuncabunga (2012), para público familiar. Precisamente, con esta última montaxe, Elefante Elegante fíxose co María Casares ao Mellor espectáculo en 2013. Na actualidade, veñen de presentar Kassa, coa que aspiran a tres xerras dos premios do teatro na actual edición.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


ELENCO ÁNGELA BLANCO Naceu na Coruña en 1983. Con base de ximnasia deportiva, no ano 2004 comeza a formarse en danza contemporánea e creación escénica. De maneira non regrada achegase a disciplinas coma o teatro físico, a improvisación teatral ou a psicodanza; ademais de danza butho e canto. Aprende de Mestres como Ana Beatriz Pérez, Armando Martén, David Zambrano, Marta Carrasco, Juscka Weiguel, Hisako Korikawa, Lali Ayguade. Traballa con diferentes compañías galegas como Entremans (2008), proxecto de videodanza con Pisando Ovos (2006) e Elefante Elegante (2009). En paralelo desenvolve o solo de danza-teatro Descarriadas, diferentes performances en museos, e imparte clases de danza e danza teatro. Membro da asociación cultural Manicómicos e da asociación de danza galega Danesga, actualmente fórmase e interésase pola unión da danza e o circo, tamén chamado arte do imposible.

IRIA PINHEIRO Iria Pinheiro naceu en 1978. Con ampla experiencia en curtametraxes, onde se contan até catorce títulos (Premio Mellor Actriz no Festival Curtas na Rede 2010 por Freud, de Xabier Marques), traballou en longametraxes con directores como Mario Igesias ou Ángel Santos. Recentemente traballou na curtametraxe Cinco irmás (2013), dirixido por Isaki Lacuesta. Ademais, colabora habitualmente coas compañías de teatro Chévere e Elefante Elegante e coa de danza contemporánea de Branca Novoneyra, entre outros proxectos. Tamén formou parte

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


da montaxe d’As Dunas, do Centro Dramático Galego. Coñecida polo seu labor na televisión autonómica (TVG), actualmente é actriz e tertuliana no programa Laretando. Comezou a traballar nesta cadea en 2004 en programas como: Pillados, O Programón, Luar ou Zapping Comando. É principalmente no campo do cabaret no que se desenvolve a maior parte da súa actividade como actriz, cantante, guionista e compositora. Participou como actriz en numerosos videoclips de distintas bandas: Roy Ellis & Transilvanians, Lamatumbá, Juanito Brothers, Donatore dei groove, Eladio e os Seres Queridos, Heroínas e Caxade. No campo audiovisual ocasionalmente fai videocreacións para outras persoas, como o caso da peza realizada para o recital de Branca Novoneyra na Casa Encendida(Madrid) con motivo do premio La voz más joven 2010. Con quen repetiu como con co-directora e foto fixa da súa última peza, Linde (2012). Realiza videopoemas en colaboración do seu socio, Jesús Tejada, dentro do proxecto de poesía escénica DandyLady. É vocalista da Orquestra Os Modernos.

MARÍA TORRES María Torres naceu en 1975 en Palma de Mallorca e veu para Galiza con nove meses. Licenciouse en Ciencias Empresariais na Universidade da Coruña. En 1998 realizou un post-grao en Arte Dramática organizada pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como actriz en varias compañías galegas como o Teatro da Bufarda, Catrabucha Teatro, Espello Cóncavo, Trinke Trinke e Teatro do Alacrán. En 1999 iniciou unha viaxe por Europa que durou sete anos e que a levou a coñecer importantes mestres: Estudou Commedia dell’Arte con Antonio Fava en Italia e Teatro Antropolóxico con Eugenio Barba en Sevilla e na Polonia. Cunha bolsa da Deputación da Coruña diplomouse na Ècole Lassaad, en Bruxelas, que segue a pedagoxía de Jacques Lecoq do estudo do movemento. No cinema traballou cos directores Rosana Vázquez, Pablo Llorca e Beatriz del Monte. María Torres é actriz e codirectora da Compañía do Elefante Elegante.

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Gonçalo Guerreiro Gonçalo Guerreiro naceu en Lisboa en 1974. Concluíu o curso de formación de actores na Escola Superior de Teatro e Cinema de Lisboa despois de pasar pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid como bolseiro. Traballou como actor nas compañías portuguesas A Barraca e Teatro do Montemuro. Dirixiu espectáculos do Teatro Escondido, da Compagnie Imagerie e da Compagnie Blablablah na Bélxica. É diplomado pola École Lassaad, en Bruxelas, onde herdou a pedagoxía de Jacques Lecoq do Teatro de Movemento. Estudou Commedia dell’Arte con Antonio Fava en Italia e Antropoloxía Teatral con Eugenio Barba na Polonia, Dinamarca e Portugal. Ademais da súa actividade pedagóxica, Gonçalo Guerreiro é actor e codirector da Compañia do Elefante Elegante.

Pablo Sánchez Pablo Sánchez, Diplomado en Ciencias da Educación, Técnico en actividades físicas e Técnico en educación infantil, estuda Interpretación no curso de Posgrao da Universidade de Santiago de Compostela e tamén nas escolas internacionais Scuola Internacionale dell Atore Cómico (Italia), Circomedia (Inglaterra) e Dell Arte (EEUU). Asiste tamén a numerosos cursos onde traballa con mestres como Carlo Boso, Claudia Contin, Carlo Mazzone Clementi, Norman Taylor, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Michael Fields, Leo Bassi,Key Goto.... Empeza o seu traballo de actor no año 1987 e dende entón pasou por grupos como Sardiña, Hipógrifo Violento,Falcatrúa, Catrabucha Teatro, Trinke Trinke, Ollomol Tranvia, Berrobamban, Quinquilláns, Katarsis, Teatro Maltés, San&saN,Os Contos de Pablisimo, Elefante Elegante, Molierensemblen (Suecia) ou Teatr Formy (Polonia). Consegue o 1º premio no Festiclown de Pontevedra

Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


co espectáculo Concerto Bífido e o premio Escena Azul en Valencia co espectáculo Nasional Geografic. Realizou e dirixiu as loitas escénicas en películas como El regalo de Silvia, Sara e Diario de un Skin, e tamén traballou como actor en diversos programas do eido audiovisual. Como docente traballou con diversas idades e en diferentes escolas como Danthea, Escola de circo de Ferrol, Master de Estudos Audiovisuais da Coruña ou a Escola Universitaria de Relacións Laborais, Escola Universitaria de Ciendias da educación, Escola de teatro físico San&saN ou a Escola Municipal de teatro de Narón, onde imparte a materia de teatro físico dende o 2001. Como actor ten xirado con distintas compañías e por diversos festivais en países como Cuba, Arxentina, Irlanda, Singapur, Suecia, os EUA ou Polonia.

CRÉDITOS DA GALA DOS XIX PREMIOS MARÍA CASARES XUNTA DIRECTIVA Presidente Vicepresidenta Secretario Vogais

Avelino González Victoria Pérez Guillermo Carbajo Marián Bañobre, Diego Freire, Ricardo de Barreiro, Vicente Mohedano e Iria Pinheiro.

COMISIÓN PREMIOS MARÍA CASARES Victoria Perez, Ricardo de Barreiro, Guillermo Carbajo e Vicente Mohedano EQUIPO DA GALA María Torres e Gonçalo Guerreiro. Cía Elefant Dirección e guión Elegante Vadim Yukhnevich Dirección Musical Ánxela Blanco Coreografía Suso Montero Deseño escenografía Marcia Edleditsch, Centro Dramático Galego Vestiario Marujita Alegre Vestiario canción italiana Yolanda Paz Maquillaxe e Perruquería Marcial Blanco Asistente de dirección Ánxela Blanco, Gonçalo Guerreiro, Iria Pinheiro, Actores Pablo Sánchez e María Torres Prensa Premios María Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Atrezzo Realización e montaxe escenografía Iluminación e son Vídeo Nomeados: Voz en off Video Premio de Honra

Voz e Guitarra: Andrey Volodim Percusión: Antonio Vázquez Seoane Gaitas e gratuas: Manolo Gázquez Clarinete: Alfredo Gómez Baixo: Yuri Sidar Elefante Elegante, CDG CDG e Iluminaciones Santiaguesas SL Producciones Emsac SL Manuel Silv Vicente Mohedano TVG

Produción executiva e Produción Xeral Administración Comunicación Protocolo e RR. PP. Deseño cartel e grafismo Imprentas Deseño e realización figuras María Casares Fotografía Seguros Asesoría Notario

Marta Horjales Alberto Blanco Alberto Ramos Trevisani / TRC Manuel Silva Grafisant, Creade Sargadelos La Diapo, Corsino Mapfre Xestión Social Víctor Peón

Música: Kibitka

EQUIPO TVG Realizador TVG Iluminador TVG Produtor TVG Agradecementos

Prensa Premios María Casares

Gabi Paz Alberto Goitia Carlos Regueira Restaurante La Tita, Mohamed Azibou, Concello da Coruña Equipo Teatro Rosalía Castro, Centro Ágora, Centro Dramático Galego, Iluminaciones Santiaguesas S. L, Equipo TVG, Teatro de Ningures, AC Manicómicos, Sobre Rodas, Escola de Teatro de Narón

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Prensa Premios MarĂ­a Casares

Alberto Ramos / 653782838 / premios.prensa@aaag.es /www.aaag.es


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.