Nelson mandela

Page 1

Folleto Informativo “Recinova” Nº 24 EDLG DO CEIP RECIMIL

XANEIRO 2014

NELSON MANDELA Nelson Rolihlahla Mandela, naceu en Mvezo (Suráfrica) o 18 de xullo do 1918. Fillo do xefe da tribo xhosa de Tembo, viviu na vila de Qunu durante a súa infancia. Aos sete anos, Rolihlahla Mandela foi o primeiro membro da súa familia en acudir á escola, onde un mestre lle puxo o nome de Nelson. O seu pai morreu cando tiña 10 anos e el continuou os seus estudos no instituto, aprendendo sobre a cultura occidental; rematándoo en dous anos no canto dos tres habituais. En 1934 comeza os seus estudos universitarios na Universidade de Fort Hare. Ao final do seu primeiro curso participa nunha folga de estudantes contra da política universitaria sudafricana polo que ten que deixar a súa universidade para continuar estudando por correspondencia na Universidade de Suráfrica en Johannesburgo ata que se pode matricular na Universidade de Witwatersrand onde se doutorou en Dereito.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Nelson mandela by ZONGALO QUIRICO - Issuu