__MAIN_TEXT__

Page 1

Como xurdiu Todo comezou falando sobre o traballo que estaban a realizar os nenos e nenas de primeiro de primaria, pois estaban a investigar o mundo do que eles e elas chaman os “Trogloditas”. Isto da pé a unha conversa na que os nenos e nenas de 6º contan un pouco do aprendido no curso de 5º sobre a prehistoria, o interesante que lles resultou o tema e que cousas consideraban eles e elas relevantes sobre esta parte da historia. Esta conversa abre diferentes frontes de contidos históricos que emerxen de forma simultánea na aula, entre outros comentarios faise referencia ao mundo Celta e a relación que existe entre este mundo e a celebración que se vai facer a finais do mes, o “Halloween”. Alguén lembra o nome de Samaín como sinónimo de Halloween. Durante a conversa aporto ao grupo información sobre a posible orixe das dúas palabras, e danos pé a preguntarnos se os nenos e nenas pequenas saberán da existencia das mesmas. Propóñolles entón investigar máis sobre o tema e parécelles boa idea. Nos cuartos de primaria o proxecto xurdiu practicamente do mesmo xeito nas tres aulas. Falamos de que temas lles estaban resultando interesantes no resto de asignaturas e comentando os contidos de Coñecemento do Medio, falamos da época da prehistoria, tema sobre o que tamén estaban a traballar na clase de dramatización. Informeinos entón de que outros grupos do centro estaban investigando sobre o mesmo tema e propúxenlles ampliar coñecementos na aula de lingua. Aos tres Cuartos pareceulles boa idea. Póñome en contacto coas compañeiras de primeiro ciclo de primaria e infórmanme sobre a evolución dos seus proxectos sobre a época prehistórica, que contidos estaban a traballar e que tipo de actividades se estaban a realizar para desenvolver os mesmos. Ao mesmo tempo, falo coa mestra de dramatización que tamén me informa do seu traballo cos cuartos de primaria e o mesmo con outros mestres e mestras (música, matemáticas de terceiro ciclo, mestra de pedagoxía terapéutica, mestra de audición e linguaxe...) A mestra de inglés coméntame a idea que xurdiu no 1º ciclo de dedicar un día a festexar o Halloween e o Samaín xunto coas mestras de lingua de 1º de primaria. Cando informo aos alumnos e alumnas de 4º, alguén comenta que estaría ben facer un traballo conxunto entre todas as persoas do centro que están a traballar contidos relacionados cos “prehistóricos”, anotamos esta proposta pois pareceunos a todos e a todas moi interesante. En posteriores sesións, nas tres aulas de 4º de primaria foi dándoselle forma a idea de crear unha aldea Celta no monte do cole e preparar actividades relacionadas con este pobo para realizalas no día que os nenos e nenas de primeiro de primaria farán a festa do Samaín.


Comeza a chegar distinto tipo de material a aula: fotocopias de enciclopedias, textos e debuxos de internet, libros de bandas deseñadas sobre o Samaín, fotografías e debuxos feitos por eles e elas mesmos.... Todo o material vaise deixando nunha zona da aula, a que os nenos e nenas se achegan par ver, comentar, manipular, etc. Neste espacio, colocamos tamén (na parede) o que “imos facendo e aprendendo”, pois é importante que os nenos e nenas vaian aprendendo que para conseguir algo (saber, construír,...) seguimos uns pasos. Isto é a idea de proceso. Coméntase en asemblea a información que vai chegando: lendo o material, escribindo e discriminando a información e subliñando aquela que máis nos interese para o proxecto (ideas principais), é dicir, seleccionamos aquela información que responde mellor aos nosos interrogantes, dilemas,..., xurdindo actividades e novas propostas para facer (preparar textos relacionados cos Celtas, investigar sobre xogos típicos dos celtas e traballalos na aula de educación física, investigar sobre comidas típicas da época, descubrir como facían para repartir os alimentos, contar os animais, cazar, pescar, a que dedicaban o seu tempo de lecer, que instrumentos musicais tocaban... e preparar unha especie de representación para aprender dun xeito máis gráfico). A partir dun libro de banda deseñada titulado A Noite de Samaín, de Pepe Carreiro, Ed. Toxosoutos. xorde a idea de preparar unha representación para explicarlle aos nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria aspectos sobre a vida dos Celtas e o día Do Samaín en concreto. Manipulando esta información aparecen novos intereses por parte dos alumnos e alumnas de “6ºB”, resúltalle moi interesante investigar porque se crean os lindes dos países, que son as fronteiras, quen decide por onde poñelas... Comentamos a importancia que teñen en lingua as frases feitas, os ditos e os refráns, pois unha das personaxes da historia comunicábase practicamente a través deles, e anotamos a posibilidade de continuar investigando sobre este tema. Segue chegando material á aula e traballamos sobre el, en “4ºB” varias persoas trouxeron traballos realizados por eles. Falamos sobre que cousas lle resultaron interesantes. Noa falounos de que lle sorprendía que xa en aquela época, as mulleres se tiñan que quedar en casa facéndoo todo mentres os homes non se dedicaban a case nada das cousas do poboado. A raíz deste comentario xurdiu un debate na aula. Falamos entón sobre a “igualdade” entre homes e mulleres. Segundo os nenos de clase, as nenas, ao igual que na época dos celtas, son as que teñen máis tempo libre pois os nenos realizan máis actividades extraescolares polas tardes. Pregunto entón a todos e todas na clase que tipo de actividades realizan polas tardes e tras facer un reconto, as nenas facían unha media de tres actividades diferentes durante a semana, e os nenos máis ou menos tres. A principal diferencia era que, maioritariamente as actividades dos nenos eran deportivas (fútbol, natación...) e entre as nenas habíaas deportivas pero tamén académicas (inglés, pintura...). despois dunha posta en común ( Luís opina que nenos e nenas son iguais. Tatiana, tamén opina que son iguais. Anwar non sabe, non quere opinar sobre o tema. Carmen di que todos somos iguais, todos nacemos da mesma maneira e temos os mesmos dereitos, mais indica que seus irmáns deberían colaborar igual que ela nas tarefas de casa, pois considera que non o fan. Sabela nos conta que ela e seu irmán non fan as mesmas cousas en casa, cando lle toca poñer a mesa a el, este só fai protestar pois a el o único que lle gusta é ver a tele. Miguel cree que algunhas nenas poden facer cousas coma os homes, pero outras, algunhas veces non saben, e tamén recoñece que el non sabería facer cousas que fan as nenas. Noa pensa que non temos que ser distintos, aínda que na realidade pasa iso. Jorge Quintana ten dúas irmás e non fan as


mesmas cousas en casa, pois el ten moitas actividades, como fútbol, golf... e iso fai que non “poda” facer cousas de casa. Andrea ten un irmán máis pequeno ca ela e nunca fai o mesmo ca ela, pois aínda sendo máis pequeno, se se propuxera facer cousas, podería facelas. Alex pensa que as nenas e nenos son capaces de facer as mesmas cousas, pois Deus creounos iguais. Antía cre que si somos iguais e podemos facer as mesmas cousas. Jorge Quiroga afirma que todas as persoas están capacitadas para facer as mesmas cousas, en igualdade de condicións. Laura pensa, que en cuestión de deportes, todos podemos facer as mesmas cousas, os dereitos deberían ser iguais para todos. Brais di que os homes e as mulleres temos os mesmos dereitos. Blas opina que dependemos do que nos deu a natureza, pero que a natureza case nos deu a todos as cousas necesarias para intentar cumprir os nosos soños. Iago pensa que todo o mesmo é igual. Daniela pensa que as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos e capacidades. Claudia di que podemos facer as mesmas cousas , aínda que hai cousas que nos custan máis facer a uns e outras a outros. Carlos opina que non entende como as mulleres poder facer ballet. Ana cree que é inxusto que os homes se queden tirados no sofá mentres as mulleres fan todas as cousas da casa. Nicolás opina que sería un pouco raro ver aos homes facendo ballet e se levantan unha perna que se lle vexan todos os pelos, queda pouco estético. Antía pensa que todos temos os mesmos dereitos, ela ten un irmán que pensa que fai as mesmas cousas que ela. Manolo opina o mesmo que todos e todas, “os homes teñen que quedarse tirados no sofá e as mulleres facer todas as cousas da casa... que non, que é broma”. Adrián tamén opina que todos poden facer o mesmo, el vai a taekuondo e ve a mozas que teñen cinturón moi altos e loitan moito mellor que moitos nenos).

Jorge Quiroga destaca da información que trouxo á clase a cantidade de linguas diferentes que empregaban os Celtas para Comunicárense. Laura considera moi interesante que as mulleres, a parte de facer tódalas tarefas de casa que facían, tamén sacaban tempo para traballar a cerámica. Andrea contounos que os Celtas tiñan obsesión polo número “tres” e pintábano continuamente. Jorge Quintana impresionouno como eran capaces de construír tan ben esas casas. Ao mesmo tempo que analizamos a información traída por eles e por elas, tamén analizamos a información que xa se atopaba na aula e que trouxeran compañeiros e compañeiras doutras clases. En sesións posteriores, en grupos de traballo, discutiron sobre a actividade que máis lles interesaba transmitir aos nenos e nenas de primeiro. Así, Carmen, Sabela, Ana, Nicolás e Aitana propuxeron: Realizar xogos que facían no seu tempo de lecer, descubrir como era a súa roupa, que comían e como facían para atopar a comida, bailes tradicionais, medicinas que empregaban, como construían as casas, como viaxaban, como cazaban, como conseguían lume ou como decoraban as casas. Alejandro, Daniela, Jorge Antía e Andrea propuxeron: Andrea propuxo no grupo facer un teatro sobre os celtas e preparar preguntas para os nenos e nenas pequenas, para saber se entenderon. Jorge propuxo esconder cousas dos Celtas polo monte e facer que os nenos e nenas os atopasen, unha vez atopados, explicarlles eses obxectos. Alex propuxo facer unha guerra de landras. Daniela propuxo esconder uns papeis con preguntas, logo, por grupos, facer unha especie de concurso.


Laura, Iago, Brais, Blas e Félix propuxeron: Laura propuxo construír un castro, Félix, desenvolver os muros para protexer o castro, Iago quere falar sobre onde vivían e que cousas comían. Brais propón preparar un pequeno diálogo para falarlles aos nenos. Blas que teñan moito espacio para andar, para falar e explicarlle aos nenos e nenas. Noa, Jorge, Miguel, Carlos e Claudia propuxeron: Cada un deles e delas preparou unha proposta individual, logo discutíronas e votaron no grupo cal lles pareceu máis interesante, esa foi a que nos contaron, preparar roupa e explicarlles como vestían. Cravar as teas no chan e explicar o proceso de curtido, de como se tinxían as prendas ... Manuel, Adrián, Luís, Anwar e Tatiana propuxeron: Propoñen dicirlle aos nenos como era a historia do Samaín, contándolles que tipos de animais tiñan nos poboados e en que espíritos crían. Ademais foron uns dos primeiros en empregar o metal. Posteriormente, en asemblea, discutimos todas as propostas e analizamos as que nos pareceron máis interesantes, chegando á conclusión de que podíamos intentar realizar a “búsqueda do tesouro”, escondendo obxectos e explicándolles aos nenos e nenas para que servían eses obxectos. Para desenvolver esta actividade, dividímonos novamente en grupos de traballo: Alejandro, Adrián, Jorge Quintana, Nicolás,Félix: Prepararon un cartel e buscaron información sobre a lanza Daniela, Luís, Sabela, Blas, Iago: Están preparando uns dados nos que hai debuxos Celtas e explicarán o seu significado. Jorge Quiroga, Anwar, Brais, Miguel, Manolo: Teñen pensado prepara unha machada Celta e explicar o seu uso. Antía, Carmen, Carlos, Claudia, Noa: É un grupo que está a traballar moi ben, están a preparar unha ánfora para explicar os seus usos. Andrea, Aitana, Tatiana, Laura, Ana: Están a traballar moi ben, pensan ensinarlles aos demais como eran os escudos que empregaban os Celtas para se defenderen. Claudia trae para traballar no seu grupo “Mitos, ritos e lendas de Galicia”, pois pensa que lles pode resultar interesante e útil para elixir o obxecto. É moi interesante destacar que ao mesmo tempo que analizamos a información traída por eles e por elas, tamén analizamos a información que xa se atopaba na aula e que trouxeran compañeiros e compañeiras doutras clases, isto fai que todos os grupos se enriquezan entre eles, e continuamente estea chegando material á aula.


Así pois, en “4ºC” varias persoas tamén trouxeron traballos realizados por eles. Falamos sobre que cousas lle resultaron interesantes: Ana trouxo fotos de como eran os castros, como se construían e como foron desaparecendo. Chamoulle a atención o apertados que vivían os celtas, pois para ela, construían moi xuntos. Aroa conseguiu información sobre a historia, de onde viñan, como vivían e concretamente do Samaín. Chamoulle a atención que os celtas vivisen fundamentalmente da agricultura, pois ela pensaba que só se dedicaban a cazar. Xoel destacou da información que trouxo as festas que realizaban os Celtas e as lendas que tiñan, tiñan moitas crenzas e moitas lendas. César destacou a variedade de grupos de Celtas que vivían naquela época. Os pacíficos e os conquistadores aos cales, segundo César, pertencían os Galegos, pois eras os máis coñecidos. Sarai centrouse na festa do Samaín, resultoulle moi curioso que fosen os Celtas os inventores da mesma e non o Halloween. Alex comentounos o interesante que lle resultou a construcción das armas Celtas. En posteriores sesións segue chegando máis material á aula de “4ºC”: Guille comenta que lle resultou interesante cómo se espallaron os Celtas por toda Europa, e como tiveron que pasar polos Pirineos para Chegar ata as nosas zonas. Javi P. quedou sorprendido ao coñecer que os tellados das casas dos Celtas están feitas de palla e barro. Javi F. Contounos como facían a roupa coa pel dos animais. Arsú contounos que os guerreiros Celtas facían tatuaxes por todo o corpo. Manuel quedou sorprendido pola “escritura” e os adornos que facían os Celtas. En relación coa idea de preparar algo para os nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria , Os nenos e nenas de “4ºC” dividíronse en grupos de traballo e discutiron sobre a actividade que máis lles interesaba transmitir. Así: Daniel, Juan Uhía, Alex, Ana e Sara, propuxeron explicarlles aos nenos pequenos como preparaban os Celtas o Samaín e logo contarlles unha historia. Iago, Manuel, Juan De Cabo, Javi P. e Brais, propuxeron explicarlles como van a ser as casas dos celtas, que comían, como loitaban, teñen pensado coller un folio grande e con follas e paos, construír na folla un castro Celta. Uxía, Aroa, Laura, César e Pedro, propuxeron ensinarlles como inventaban as armas, como cazaban e despois facer un taller para ensinarlles a facer unha machada con un pao e unha pedra. Hugo T, Javi F, Ion, Arsú e Artai, propuxeron facer armas para ensinarlles como se protexían, logo tamén ensinarlles o tipo de roupa que empregaban, como facían os arcos, para que empregaban as machadas. Logo facer un taller para construír un arco Celta e un taller de pintura de cara para ensinarlles como se pintaban. Lucía, Sarai , Guillermo, Xoel e Hugo G, propuxeron mandarlle aos nenos e nenas facer unha casa pequena e ensinarlle de que materiais estaban feitos. Facer unha casa de papel e colorealos por dentro.


Taller para facer lanzas e explicarlles para que as empregaban e como as empregaban. Posteriormente, en asemblea, discutimos todas as propostas e analizamos as que nos pareceron máis interesantes, chegando á conclusión de que podíamos intentar realizar unha mestura de varias actividades creando un taller de manualidades para ensinarlles a construír diferentes armas que empregaban os Celtas, machados de pedra, arcos, lanzas (a idea é que os de 4º constrúan un modelo e os e as pequenas vexan como se constrúe), posteriormente, se faría un taller para: Daniel, Juan Uhía, Alex, Ana e Sara: O Samaín comezou así, unha noite moi famosa que ten como data o 31 de outubro, era xusto a noite na que os mortos viñas ao mudo dos vivos e os vivos ían ao mundo dos mortos. Contábanse moitas lendas e a xente adoitaba poñer cabazas para protexerse das bruxas Pero para quen é máis importante? Esta noite é a noite máis importante para os Celtas. Así é o Samaín.

Iago, Manuel, Juan De Cabo, Javi P, Brais: Están a preparar un manual para preparar unha maqueta dun poboado Celta

Uxía, Aroa, Laura, César e Pedro Están a preparar un manual para explicar no taller como se fai unha machada.

Hugo T, Javi F, Ion, Arsú e Artai Están a preparar un manual para explicar no taller como se fai un arco.

Lucía, Sarai , Guillermo, Xoel e Hugo G Están a preparar un manual para explicar no taller como se pintaban debuxos Celtas.

Segue chegando material á aula co que traballamos, en “4ºA” tamén falamos sobre que cousas lle resultaron interesantes de todos os traballos que ían traendo e xa había na aula. Pablo Arroyo, por exemplo, comentounos que lle chamaron a atención os rituais que empregaban os Celtas para venerar aos deuses, sorprendérono o emprego de caldeiros e potes nos que preparaban pócemas. En relación coa idea de preparar algo para os nenos e nenas de Primaria , Os nenos e nenas de “4ºA” dividíronse en grupos de traballo e discutiron sobre a actividade que máis lles interesaba transmitir. Así: P.Albertuz, P.Arroyo, Jesús, Bruno, David S. Propoñen unha actividade que se chama lanzamento de peso. Realizarase tirando landras. Aforcado con palabras relacionadas con Celtas. No chan pintaranse os espazos dalgunhas palabras para que os nenos e nenas descubran as mesmas. Taller Celta, crear unha fábrica de martelos, espadas de paos, para ensinarlles algúns obxectos típicos daquela cultura. A chave, van a facelo con cordas atadas e van a coller unha pedra para que lle dean aos paos. De todas estas propostas feitas polo grupo, elixiron para facer o taller. Oscar, Jorge, Adrián, María G.,Iago.


Teñen pensado explicarlles un pouco do que é a noite do Samaín. Tamén explicarlles un pouquiño que son os Celtas e como vivían. A súa actividade é unha especie de Oca ou Trivial para facérenlle preguntas aos nenos e nenas sobre a historia. Carla, Lara, P.Buján, María A.,Mario. Teatro do Samaín, teñen pensado facer cando os mortos veñen ao castro e despois collen a un dos do castro e convértese nun morto. Teñen un narrador que vai contando a historia. Outra actividade é un labirinto dos Celtas, mediante fotocopias crean un labirinto e danllo aos nenos e nenas para que o fagan. Carreira dos Celtas. Van a coller un obxecto do mundo dos celtas que poñen ao final dun circuíto. Aquel que primeiro o colla ten que levalo de novo ao comezo da carreira e alí se lle explicará que é e para que serve. Pintar debuxos dos Celtas, facer debuxos para que os e as pequenas teñan que colorealos. Das catro propostas elixen a carreira do circuíto para presentala como actividade de grupo. Aida, P.Lorenzo, P.Bernardez, Laura, Alex A pantasma cega, unha especie de pita cega, cando agarren a alguén debe adiviñar quen é esa persoa. Para comezar a actividade, teñen unhas papeletas con palabras sobre o Samaín, logo farán preguntas, e quen acerte comezará o xogo sendo a pantasma Cega. O Asasino. Cazadores de Pantasmas. Xogo similar ao pilla pilla pero caracterizado para o día do Samaín. Manualidades, facendo con papeis figuras do Samaín. Presentarán como actividade de grupo a de cazadores de pantasmas. David F, Alberto, Natalia, Sofia, Nicolás. A búsqueda dos Celtas, escondéndose con disfraces dos celtas, cando nos atopen explicámoslles como imos vestidos e dámoslle pistas para que atopen a outras persoas que tamén van disfrazadas. A Oca da información, temos un taboleiro e temos que poñer uns dados, cando tiramos os dados tócanos nunha viñeta que hai unha cara de orcabella, entón temos que explicarlle quen é orcabella. Conecta catro, poñemos como o catro en raia e abaixo de todo poñemos como caras de Celtas. Cando alguén faga unha liña, explicámoslles que roupa levaban, que facían. A persecución de Orcabella, xogo como a pita pero co personaxe de orcabella como persoa que colle. Para salvarse deben facer un círculo no chan. Bingo tolo, fan uns taboleiros con caras. E a cada neno e nena se lle da unha ficha, cando alguén faga unha liña coincidindo as caras do taboleiro coa do seu cartón, explicaráselle algo relacionado cos Celtas. De tódalas actividades, este grupo propón a búsqueda dos Celtas.


Posteriormente, en asemblea, discutimos todas as propostas e analizamos as que nos pareceron máis interesantes. Nesta sesión houbo un consenso case unánime de que tódalas propostas estiveran moi ben presentadas, polo que se chegou ao acordo de facer unha votación para elixir aquelas actividades que se realizarían en gran grupo. Así a Oscar , Alex, P.Arroyo, Jesús, P. Albertuz e Bruno, pareceulles moi interesante realizar o taller de Obxectos Celtas. Paula B, Jorge, Mario, Iago e María A. Opinaron que estaría ben realizar a Carreira para coñecer obxectos Celtas. Adrián, María, David, Sofía, Natalia, Alberto, Nico, Carla, Lara, Paula Buján, quixeron realizar a búsqueda dos Celtas. E Paula Lorenzo, Aida, David e Laura consideraban interesante realizar a Actividade dos Cazadores de Pantasmas no Samaín. Como houbo unha actividade que tivo un maior número de apoios, consideraron intentar realizar a búsqueda dos Celtas, na que os nenos e nenas se disfrazarían de Celtas por todo o poboado, e unha vez atopados, irán explicando en que consiste a súa roupa... Na seguinte sesión, en asemblea, discutimos a viabilidade de realizar esta actividade e consideramos a posibilidade de modificala un chisco, pois aínda que resultaba moi atractiva, todos e todas entenderon que podería ser moi complicada a súa realización. De tal xeito que houbo unha nova proposta: En vez de ser eles e elas os que se disfrazarían, construirían un maniquí para poñerlle a roupa que esconderían polo poboado Celta, así: Paula, Paula, Alex, Aida, Laura: pensaron en facer un maniquí dunha chica Celta: Iago, Jorge, Adrián, María, Oscar: pensaron en facer un maniquí dun chico Celta: Mario, Lara, P.Buján, Carla, MaríaA: teñen pensado facer unha chica troglodita, con un vestido de leopardo, un oso na cabeza e uns quentadores nas pernas. Jesús, Albertuz, Arroyo, Souto, Bruno: teñen pensado facer un maniquí chico Sofía, Natalia, Nicolás, David, Alberto: unha chica Celta con casco e con unha descrición detallada do maniquí.

En 6ºB varias persoas seguiron traendo traballos e tamén falamos sobre que cousas lle resultaron interesantes. Lupita viu como moi interesante o cambio de ano que se produce no Samaín. Natalia Tamén comentou como curiosidade que a fiestra que unía os dous mundos, no Samaín tiña que ter comidas doces para protexérense. Elia trouxo fundamentalmente debuxos, destacando un feito a ordenador, no que se facía unha composición dun guerreiro Celta a través de diferentes restos arqueolóxicos atopados en Galicia.


Shalom coméntanos que como curiosidade, os druídas facían debuxos nos menhires e nos dolmens. Marta pareceulle curioso, tamén dos druídas a forma de preparación do Samaín. Collían un pao e puñan a Cabeza do inimigo nel. Para ela foi interesante descubrir iso. Carmen considera interesante as partes nas que dividían as estacións do ano os Celtas, unha parte escura e outra luminosa. Estéfana quedou impresionada coas pinturas rupestres. Os Celtas consideraban como boa sorte os debuxos, pois consideraban que lles darían sorte para cazalas. Os nenos e nenas de “6ºB” de primaria discutiron sobre a actividade que máis lles interesaba transmitir aos nenos e nenas de primaria. Así, Estéfana, María, Lupita, Niels, Abraham : Representación da noite do Samaín Elia, Shalom, Helena, AnaD , Carmen: Xogos: que xogos facían os Celtas Natalia, Sofía, Xiana, Antón, Hugo: Taller de pinturas rupestres AnaJ. Aida, Marta, Iago, Pedro: Fabricar instrumentos: coa axuda do profe Rafa, realizar un taller de chifros de landras. Guilherme., Alex, John, Diego, Roi: Druídas: quen son os druídas, que facían, comida Certo é que desta vez, houbo xente que tivo que ceder un pouco pois prefería facer outra cousa, pero entendeu que o importante non é tanto o que se fai de xeito individual, senón o que se fai como grupo clase. Ao mesmo tempo que estamos a traballar nas nosas sesións, preparando e investigando sobre este mundo pre- histórico, en outras aulas faise o mesmo, prepáranse actividades e deséñanse uns días nos que se amosarán os traballos. Así, os nenos e nenas de 6ºA, elaboraron uns días de presentación de actividades, nos que se organizaría o traballo de exposición do seguinte xeito:


Martes 8 novembro

4ºA

4ºB

4ºC

9:10-9:25 9:25-9:40 9:40-9:55

1ºA Elisa 1ºB Fátima 1ºC Carolina

1ºB Fátima 1ºC Carolina 1ºA Elisa

1ºC Carolina 1ºA Elisa 1ºB Fátima

10:00-10:15 10:15-10:30 10:30-10:45

2ºA Sandra 2ºB Fátima 2ºC Jorge Pazos

2ºB Fátima 2ºc Jorge pazos 2ºA Sandra

2ºC Jorge Pazos 2ºA Sandra 2º B Fátima

recreo

recreo

recreo

11:25-11:40 11:40-11:55 11:55-12:10

3ºA Margarita 3ºB Fran 3ºC Belén

3ºB Fran 3ºC Belén 3ºA Margarita

3ºC Belén 3ºA Margarita 3ºB Fran

12:15-12:30 12:30-12:45 12:45-13:00

5ºA 5ºB 5ºC Álvaro, María/Alicia, Isabel P. recreo

5ºB 5ºC 5ºA Álvaro, María/Alicia, Isabel P. recreo

5ºC 5ºA 5ºB Álvaro, María/Alicia, Isabel P. recreo

13:35-13:50 13:50-14:05 14:05-14:20

6ºA 6ºB 6ºC Fran, Mar, Olaia/ José Mª A búsqueda das roupas Celtas

6ºB 6ºC 6ºA Fran, Mar, Olaia/ José Mª A búsqueda de tesouros Celtas

• ContIdos

Luns 7 novembro

5ºC

6ºB

6ºC

11:25-11:40 11:40-11:55 11:55-12:10

1ºA Elisa 1ºB Fátima 1ºC Carolina 2ºA Nicolás 2ºB Sandra 2ºC Jorge Pazos recreo 3ºA Margarita 3ºB Coqui 3ºC Pili

1ºB Fátima 1ºC Carolina 1ºA Elisa 2ºB Sandra 2ºC Jorge Pazos 2ºA Nicolás recreo 3º B Coqui 3ºC Pili 3ºA Margarita

1ºC Carolina 1ºA Elisa 1ºB Fátima 2ºC Jorge Pazos 2ºA Nicolás 2ºB Sandra recreo 3ºC Pili 3ºA Margarita 3ºB Coqui

12:15-12:30 12:30-12:45 12:45-13:00

4ºA Belen 4º B Oscar 4º C Pili

4º B Oscar 4º C Pili 4ºA Belen

4º C Pili 4ºA Belen 4º B Oscar

13:35-13:50 13:50-14:05 14:05-14:20

recreo 5ºA 5ºB ------María/Alicia, Rafa, Fran

recreo 5ºB ------5ºA María/Alicia, Rafa, Fran

recreo -------5ºA 5ºB María/Alicia, Rafa, Fran • Construc ción dun reloxo de sol • A medida no tempo na antigüed ade

10:00-10:15 10:15-10:30 10:30-10:45

• Contidos

• •

Calendario Celta As moedas Celtas Como contaban os Celtas

• • •

• •

Arte rupestre Instrumentos Xogos Celtas Lenda Druídas

6ºC 6ºA 6ºB Fran, Mar, Olaia/ José Mª Talleres: Pinturas Machado Samaín Arco Maqueta Castro

Tamén se elaborou unha circular para informar aos mestres e mestras sobre ditas actividades: Os vindeiros luns 7 e martes 8 de novembro, temos preparadas unhas xornadas que implicarán cambios significativos na rutina habitual de traballo de todas e todos nós. Con esta experiencia pretendemos que os nosos nenos e nenas aprendan investigando, escoitando, explorando... buscando novos camiños de axuda para pensar, confrontar ideas e facer súas diversas ferramentas que lles permitan descubrir información e medrar intelectual e moralmente a través desas adquisicións Sabemos que as interaccións entre as e os educandos son unha boa ferramenta de aprendizaxe, e ollar os seus resultados é o que os fai aínda máis interesantes. Por iso, adicaremos estes días a amosar o traballo que fixeron os alumnos e alumnas de segundo e terceiro ciclo de primaria, pois entendemos que esta forma de traballar fomenta a relación das informacións para pasar a formar parte da experiencia, sendo os propios nenos e nenas parte activa do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Pretendemos fomentar a idea de que todos e todas somos capaces de aportar, facendo as cousas cada quen ao seu xeito, sempre respectando a capacidade e o ritmo de cada persoa, e valoramos e apostamos dun xeito claro polo


traballo en equipo, a coordinación entre os distintos axentes educativos, chegando ao conxunto ou totalidade de primaria. Intentamos que o traballo sexa unha fonte de disfrute, tanto para nenos, nenas, mestres e mestras ... que participamos nesta experiencia, por iso invitámosvos a que durante estes días formedes parte activa dun conxunto de actividades que a continuación expoñemos nos horarios e contidos que se desenvolverán. Moitas gracias e agardamos que disfrutedes tanto ou máis que nós.

Con toda esta información, comezamos a traballar adaptando as nosas ideas e contidos ao tempo e espacios que se nos acababan de asignar. 4ºA tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación: Sofía, Natalia, Nicolás, David, Alberto encargaríanse de ensinar a súa Celta aos nenos e nenas de 1º de Primaria. Paula, Paula, Alex, Aida, Laura farían o mesmo cos nenos e nenas de 2º. Mario, Lara, P.Buján, Carla, MaríaA, cos e coas de 3º Jesús, Albertuz, Arroyo, Souto, Bruno encargaríanse dos 5º Iago, Jorge, Adrián, María, Oscar preferían realizarlle a actividade aos nenos e nenas de 3º, pero debateron con Mario, Lara, P.Buján, Carla e María e acordaron encargarse eles de 6º, pois ao final, entenderon que o importante era presentar a actividade a todos e todas. Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos. 4ºC tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación: Daniel, Juan Uhía, Alex, Ana e Sara: presentaranlle a historia aos nenos e nenas de 1º Hugo T, Javi F, Ion, Arsú e Artai: prepararanlle o traballo aos nenos e nenas de 2º Iago, Manuel, Juan De Cabo, Javi P, Brais: presentaranlle a maqueta aos nenos e nenas de 3º Uxía, Aroa, Laura, César e Pedro: prepararanlle o traballo aos nenos e nenas de 5º Lucía, Sarai , Guillermo, Xoel e Hugo G: presentaranlle o taller de debuxos celtas aos nenos e nenas 6º. Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos. 4ºB tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación: Daniela, Luís, Sabela, Blas, Iago prepararán os dados cos debuxos Celtas a 1º Antía, Carmen, Carlos, Claudia, Noa presentaranlle a ánfora a 2º Jorge Quiroga, Anwar, Brais, Miguel, Manolo prepararanlle a machada Celta a 3º Andrea, Aitana, Tatiana, Laura, Ana pensan ensinarlles os escudos a 5º Alejandro, Adrián, Jorge Quintana, Nicolás,Félix presentarán o traballo da lanza a 6º


Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos. 6ºB tomou a decisión de redistribuírse o traballo, cada grupo encargaríase de presentar a actividade a un dos cursos, e os demais grupos axudaríanlle na presentación: AnaJ. Aida, Marta, Iago, Pedro, María, Niels, Lupita: Fabricar instrumentos: coa axuda do profe Rafa, realizar un taller de chifros de landras 1º,2º,3º,4º,5º Coa letra “A”. Elia, Shalom, Helena, AnaD , Carmen, Roi, John, Alejandro: Xogos: que xogos facían os Celtas 1º,2º,3º,4º,5º Coa letra “B”. Natalia, Sofía, Xiana, Antón, Hugo, Estéfana, Abraham, Diego, Guilherme: Taller de pinturas rupestres. 1º,2º,3º,4º,5º Coa letra “C”. Deseñamos unhas guías de elaboración das actividades para ter claro que imos facer en cada un dos tempos.

Profile for Oscar Rúa

Experiencia sobre os Celtas  

traballo de investigación sobre o mundo dos Celtas

Experiencia sobre os Celtas  

traballo de investigación sobre o mundo dos Celtas

Advertisement