"Á PROCURA DA LUZ" YOLANDA CARBAJALES

Page 37

co rascado e brunido, acadamos a imaxe mediante a gradación tonal. É un método de mancha. Neste senso, é unha técnica inusual de impresión en oco, ben distinta doutras de engadido en que se parte do branco e se suman liñas, elaborándose o debuxo; na mezzotinta, pola contra, cómpre subtracción, xa que se parte do negro cara ao branco. Algúns substitúen o graneado tradicional con outros métodos máis rápidos, como augatinta ou fotogravado con polímero, cun resultado parecido, pero non igual. Granear ben require moita paciencia, perseverancia e habilidade. É gratificante o resultado final que proporciona o xeito tradicional; non é un proceso complicado pero si moi lento. Isto desanima a quen se achega até el. Por iso hai poucos gravadores a nivel nacional e internacional que se dediquen a esta técnica, sobre todo en exclusiva. Entre nós —con humor— dicimos moitas veces que somos “os máis tolos entre os tolos!”. A mezzotinta estivo moi vinculada desde os seus comezos ao chamado gravado de reprodución de pinturas. Temos por exemplo marabillosos gravados realizados por David Lucas de pinturas de Constable. Chamouse en Europa “gravado á maneira inglesa”, xa que foi moi popular na Inglaterra do século XVIII. Será máis tarde co empuxe da fotografía cando desaparece a súa primeira función de imitación, e temos obras como as de John Martin nas que os artistas se lanzan con independencia a explorar o medio de forma imaxinativa e sen prexuízos.

A do gravado é unha arte da que, en xeral, se ten pouco coñecemento. Que foi o que a impulsou a Vde. a dedicarse a ela? O gravado, e as técnicas de estampación, foi unha das materias que cursei en Belas Artes en Salamanca. Tras licenciarme na especialidade de Deseño e Audiovuais, decidín retomar o seu estudo porque me gustaba moito, Por outra banda, foi a materia en que obtiven a nota máis baixa da carreira, e consideraba que podía dar máis. De forma case autodidacta seguín profundando nela todos estes anos. O gravado pode chegar a ser moi absorbente; hoxe sigo neste camiño, mellorando e aprendendo cada día.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.