certame literario artístico conmemorativo das letras galegas 2015

Page 1

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA CPI MONTE CAXADO

Avda. Monte Caxado, s/n 15320 - As Pontes (A Coruña) Teléfono: 981-450086 - Fax: 981-453085 e-mail: cpi.monte.caxado@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/cpimontecaxado

A A.N.P.A. DO C.P.I. MONTE CAXADO CONVOCA O XXVIIIº CERTAME LITERARIO-ARTÍSTICO CONMEMORATIVO DAS LETRAS GALEGAS 2015

BASES PARTICIPACIÓN:

-Poderá participar todo o alumnado do Centro. -A lingua empregada será a Lingua Galega. PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS: O prazo de presentación dos traballos rematará o día 15 de Maio de 2015. MODALIDADES:

a. CREACIÓN LITERARIA: Poderán presentarse poemas, narracións, contos… O traballo será elaborado de forma individual.

b. CREACIÓN ARTÍSTICO-PLÁSTICA: Poderán presentarse traballos de pintura, debuxo ou cómic. O traballo será elaborado de forma individual ou, como máximo, por DÚAS persoas.

c. CREACIÓN MUSICAL: Poderán presentarse cancións con letra e con música inéditas ou xa coñecidas. A canción presentarase gravada, cun máximo de CINCO persoas por grupo.

TEMA LIBRE

1


NORMAS:

a. De todos os traballos haberá que presentar un orixinal, sen firma e cos datos (nome e apelidos e curso) de cada participante nun sobre pechado e unido ó traballo.

b. Nos traballos de creación artístico-plástica admítense todo tipo de técnicas. c. Nos traballos de creación musical admítense todo tipo de estilos musicais. d. O xurado estará formado por membros do Equipo de Dinamización Lingüística, así como o seu fallo será inapelable.

2


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.