Xornal21 nº168

Page 1

MOS

PROVINCIA

Mos converterase contará co primeiro centro de coidados intermedios

O territorio do Miño fará ‘lobby’ para multiplicar o seu financiamento europeo

12

Galicia Coidados Porta a Porta atendeu máis de 850 persoas nos primeiros 15 días 04 Feijóo pide ao goberno central 64 prazas de medicina familiar 04

O PORRIÑO

A Audiencia de Pontevedra rexeita os recursos contra o arquivo do accidente do tren Celta

06

www.xornal21.es

Nº 168 / Abril 2022

Periódico galego de distribución gratuita

Imaxe dun grupo de Turistas que regresan de visitar as Illas Cíes.

Provincia O Pazo Provincial transformouse nunha sala de concertos na II edición de “Descúbreas”

06

Detido o presunto autor de corenta roubos en furgonetas na zona sur da provincia 07

15

VIGO

Vigo Vigo seguirá abastecéndose da auga do río Oitavén

08

Fernández-Tapias ve o Salón do Automóbil como o “escaparate” para a recuperación do sector 08 Saude As máscaras deixen de ser obrigatorias, salvo excepcións 22

COMARCAS >

10 - 16

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

TUI >

19

Baixo Miño

19

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

Galicia acada unha ocupación por riba do 80% en Semana Santa A Xunta eloxia o traballo de Protección Civil Tui

A Louriña

>

O Condado

18

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

A afluencia de visitantes e turistas tamén volveu bater récords na provincia de Pontevedra, chegando a rexistrar unha ocupación media do 80% nos establecementos hoteleiros que mesmo superou os rexistros do 2019.

04

>

Val Miñor

20

Nigrán | Gondomar | Baiona

>

Redondela

17

05

A Asociación Provincial de Viaxantes e Representantes de Comercio distingue aos máis veteranos 09


2

Axenda

Xornal 21 Abril 2022

Opinión...

Frases para reflexionar

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

“Un experto é alguén que che explica algo sinxelo de forma confusa de tal maneira que che fai pensar que a confusión sexa culpa túa”.

Inactividade do Transporte Por Jesús Antonio Fernández Olmedo Pídeselles aos camioneiros e transportistas que Os artistas e empresas culturares e aos mece‐ sexan "solidarios" coa xente en xeral cando a eles nas saíron incólumes da súa folga. Teña vostede á xa non lles chega o soldo non a fin de mes senón beira un xornal ou documentación daquel ao primeiro do mesmo. momento e senón búsqueo en Google. Unha persoa que traballa cun camión, e que Claro que os medios de comunicación e tele‐ xa non gaña, pois terá por mínimo que manifes‐ visións privadas así como esta folga da cultura re‐ tarse e as resposta que lles chega desde o goberno cibiron diñeiro xa que se dedican a "entreter" ás que se supón goberna para eles todo xustifícase poboacións e servir como altofalante ao seu go‐ por unha crise internacional da subida do gasóleo. berno e iso e só iso fano extraordinariamente ben. Que ocorre aquí neste país que o goberno non Coidar aos medios é importante e non se lles goberna para a súa xente só para os oligarcas deste critica xa que en menos dun mes déuselles 76 mi‐ país ou para a clase alta? llóns aos da cultura por que dixeran que non ían Non pode ou o goberno está incapacitado publicar nada na internet. para negociar prezos diante dos entes interna‐ Veciños da Palma aínda despois de 180 días cionais? esperan axudas que aínda non recibiron. Agora imos facer para ilustrar ben esta situa‐ Unha carambola boa é que a ministra españo‐ ción actual do transporte con outras que se deron la asocia aos transportistas co "tirano que invadiu fai non moito: Ucraína" e que están asociados con el así como Se cando as protestas da cultura en pandemia manipulados pola ultradereita. de maneira virtual, fixeron estes unha Folga Vir‐ Nin aos medios , xornalistas nin ao sector da tual, o sector da industria cinematográfica , man‐ cultura ameazóuselles nin tampouco se lles puxo tiveron unha presión contra o goberno, en breve, en contra da poboación. en 20 días o goberno aprobou axudas á cultura Vaia bóla esta, se lla tragan vostedes é que ven dando un xiro de 180 graos. moita televisión e pouco danlles á razón.

Opinión Galicia

William Castle.

Abril Lúns

Martes Mércores Xoves

4 5 6 7 11 12 13 14 18 19 20 21 25 26 27 28

Maio Venres

Sábado Domingo

Lúns

1 2 3 8 9 10 15 16 17 22 23 24 29 30

2 9 16 23 30

Martes Mércores Xoves

Venres

Sábado Domingo

1 3 4 5 6 7 8 10 11 12 13 14 15 17 18 19 20 21 22 24 25 26 27 28 29 31

FESTIVOS LOCAIS

Redondela: 25 de abril (Lúns do Cristo) | Tui: 25 de abril (Lúns de San Telmo)1 | Galicia: 17 de maio (Día das Letras Galegas)

Farmacias de garda MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

San Roque, 2 - Leirado

TOMIÑO M. del Carmen Pardo 986 62 22 85 Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 986 641 795 Farmacia Picoto, 3 - Areas 986 642 215 Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

Pablo Iglesias, 14 – Priegue

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

GONDOMAR

986 332 003

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 344 006

986 658 158 Claudia

Vidal / Avda.

Portugal,

11

986 658 108 TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

NIGRÁN ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

986 368 046

ALONSO BRAVO, JORGE

986 366 252

Rúa dos Pazos, 142 - Camos ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN

O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

986 337 055

986 331 307 986 333 212 986 331 373

Rosalía de Castro, 10 - Villamean PRIETO ESTURILLO, CB.

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

986 365 894

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44)

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B. Telleiro, 9 - Donas

986 354954

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte

986 346 529

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

986 389066

MOLINA GAMARRA, TOMÁS 986 649 266

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN 986 343 057

Avda. Del Conde, 22

986 360002

VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO. 986 657 672

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

Teléfonos de interese A GUARDA Concello 986 610 000 Policía Local 986 610 025 Centro de Saúde 986 614 450 AS NEVES Concello 986 648 038 Policía Local 986 648 038 Centro de Saúde 986 648 837 BAIONA Concello 986 385 050 Policía Local 986 358 011 Centro de Saúde 986 385 160 GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

OIA Concello Centro de Saúde

986 362 125 986 362 344

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014 O ROSAL Concello 986 625 000 Centro de Saúde 986 626 035 MONDARIZ Concello 986 664 306 Policía Local 680 461 151 Centro de Saúde 986 656 138 MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 656 136 Centro de Saúde 986 662 436

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Staff

Director Técnico: Pablo Freijeiro Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.one Whatsapp: 692 150 055 Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348 106 Redacción: redaccion@xornal21.es Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21. Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

REDONDELA Concello 986 400 300 Centro de Saúde 986 400 387 Policía Local 986 402 610 SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034 TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811

TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505 902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra EMERXENCIAS a violencia GALICIA de xénero

Número 168 / do 15 de Abril ao 15 de Maio de 2022 | Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán) e Redondela. Dpto. Circulación: Dpto. propio / CCT Express Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gráficas Depósito legal: VG 1138 – 2007

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa. CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 | Whatsapp: 692 150 055 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.twitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia

Abril 2022 Xornal 21

3

A Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga entrará en vigor no verán

Incentívase a xestión profesionalizada e especializada, apostando pola explotación agrupada das infraestruturas

O Goberno galego vén de contrastadas, técnicas e económi‐ ese apoio para xestionar as infraestruturas e servizos aso‐ crear un novo marco normativo cas, que teñen moitos munici‐ depuradoras, pero tamén os ciados, partindo do coñece‐ para acadar unha mellor xestión pios para prestar axeitadamente colectores, algo que ata agora mento minucioso dos sistemas das infraestruturas de abastece‐ e con eficacia estes servizos non era posible, e os sistemas de e da ordenación completa das mento e saneamento e uns servizos municipais, que inciden na abastecemento “en alta”. súas instalacións. de calidade en todos os concellos calidade das augas, no medio A nova norma implica, polo Ademais procúrase unha de Galicia, buscando un uso racional dos recursos hídricos, o aforro de auga e a optimización Augas de Galicia porá á disposición de todos os concellos directrices do funcionamento das redes de saneamento, co fin de mellorar para o control de vertidos, para o saneamento e depuración en pequenos a depuración das augas residuais e previr a contaminación. núcleos de poboación, para mellorar a xestión das augas pluviais e para O Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de mellora da a eficiencia enerxética das instalacións existentes xestión do ciclo integral da auga co obxectivo de mellorar a prestación dos servizos públicos relacionados co ciclo integral da natural, na saúde das persoas e tanto, igualdade de trato a todos xestión agrupada das infraestru‐ auga e poñer á disposición dos en actividades económicas como os municipios, cun modelo único turas e a aplicación de econo‐ concellos un sistema voluntario a pesca, o marisqueo, a acuicul‐ e prezos homoxéneos e xustos mías de escala, que implica que garanta unha xestión profe‐ tura ou o turismo. no conxunto da Comunidade. menores custos derivados da sional e de calidade. A lei está en liña co Pacto optimización de materiais, A Comunidade galega mo‐ Apoio aos concellos Local da Auga asinado coa equipos e persoal, permitindo bilizou máis de 1.100 millóns Na actualidade, en Galicia FEGAMP, coa participación aforros do 10%. de euros desde 2009 na execu‐ conviven distintos modelos de activa dos Concellos e das ción de obras e infraestruturas xestión da auga, desde a xestión deputacións provinciais, para o Reducir as fugas e verteduras hidráulicas en apoio aos muni‐ municipal dos propios sistemas; impulso dun instrumento A norma prioriza as actua‐ cipios no exercicio das súas consorcios, mancomunidades e público e integral de todo o ciclo cións nas redes co fin de limitar competencias. Estas interven‐ sociedades supramuniciais; e da auga, con solvencia técnica, as infiltracións de augas brancas cións e investimentos incidiron depuradoras que son xestionadas tarifas igualitarias e homoxéneas e as verteduras contaminantes, na mellora da calidade das augas directamente por Augas de en todo o territorio e con posi‐ así como a mellora da eficiencia e no nivel de cumprimento das Galicia, como axuda aos concellos bilidades de vías de financia‐ enerxética das instalacións, co normativas comunitarias na nas súas competencias munici‐ mento para a realización de fin de aumentar a eficiencia materia. Ademáis, dos servizos pais, 28 na actualidade. investimentos baseados en cri‐ dos sistemas. de abastecemento, saneamento O novo modelo regula o terios técnicos. Búscase, deste xeito, reducir e depuración, é preciso tamén apoio aos concellos, dándolle a as fugas das redes de abastece‐ unha boa xestión e mantemento oportunidade a todos aqueles Xestión profesionalizada mento municipal, que en desas infraestruturas, que per‐ que así o soliciten, de forma Con este novo marco ocasións superan o 40%, e evitar mita prestar os servizos con voluntaria, de encomendar a regulatorio búscase dar un paso as infiltracións de augas de calidade e eficacia. xestión dos seus servizos á Xunta. máis no camiño da correcta chuvia, de mar ou dos ríos, que A Xunta considera necesario Ademais de ampliar e reforzar xestión do ciclo integral da auga supoñen ineficiencias nos sis‐ avanzar neste novo modelo para ese apoio a todas as entidades apostando pola integración de temas de saneamento e depu‐ axudar as entidades locais que locais que así o queiran, a lei servizos e pola xestión profesio‐ ración, causando gran parte das así o soliciten ante as dificultades ofrece a posibilidade de estender nalizada e especializada das 263 verteduras que aínda

soportan as rías galegas. Tamén, de cara a facilitar o exercicio das competencias municipais en materia de augas, a Xunta porá á dispo‐ sición de todos os concellos directrices técnicas que lles axuden nestas tarefas. Tramitación da lei O procedemento de trami‐ tación desta lei, que completa o corpo normativo en materia de augas, tivo unha amplia participación pública. O ante‐ proxecto foi sometido ao trámite de consulta pública e audiencia, publicouse no portal de trans‐ parencia e goberno aberto da administración autonómica e foi remitido a todas as adminis‐ tracións, corporacións e enti‐ dades interesadas, ampliándose ata en dúas ocasións o período de consultas públicas. Durante a tramitación do texto normativo emitíronse os informes preceptivos, o Con‐ sello Reitor de Augas de Ga‐ licia foi informado sobre o texto do anteproxecto de lei, que tamén foi obxecto do ditame preceptivo do Consello Económico e Social de Galicia, emitido por maioría absoluta e sen votos en contra. Tras recibir o visto e prace do Consello da Xunta, o proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga inicia agora o seu trámite parlamentario co obxectivo de que resulte defini‐ tivamente aprobado no presente período de sesións e que poida entrar en vigor o vindeiro verán.


4

Galicia

Xornal 21 Abril 2022

Galicia acada unha ocupación por riba do 80% en Semana Santa

O bo tempo meteorolóxico e as reservas de última hora para os días festivos, permitiron que Galicia peche unha Semana Santa cunha ocupación media por riba das previsións establecidas polo sector en boa parte dos destinos turísticos galegos, que o sector sitúa por riba do 80%. No caso de destinos turísticos como Ferrol, Ourense Santiago de Compostela, a Mariña lucense ou Ribeira Sacra a ocupación foi incluso maior, situándose entre o 90% e o 100% nalgúns casos. Desde o Goberno galego púxose en valor o gran traballo do sector turístico e a elección do viaxeiro, maioritariamente de orixe nacional e de proximidade, que soubo ver en Galicia o destino ideal para esta Semana Santa. O Camiño de Santiago no marco da celebración deste Xacobeo 21-22 xogou un papel fundamental neste bo comportamento na chegada de viaxeiros, acadando unha media de máis de 2.000 peregrinos diarios durante os días festivos, o que se traduciu na chegada de máis de 6.700 peregrinos entre o Xoves Santo e o Domingo de Pascua. Ocupación por provincias Por provincias e territorios, destacou o bo comportamento da provincia da Coruña, onde

Santiago e a Coruña cumpriron expectativas de ocupación, situa‐ das arredor do 80% que foron dun 90% en Ferrol durante os días grandes mentres que a Costa da Morte a ocupación foi arredor do 60%. Na provincia de Pontevedra, Sanxenxo tamén marcou unha media de ocupación do 80% das súas prazas hoteleiras, que incluso rondou o 90% nos hoteis de máis categoría. En Vigo a ocupación quedou arredor do 70% mentres que na provincia de Lugo foi a Mariña lucense a que acadou as mellores cifras de ocupación, cun 75%, xunto á Ribeira Sacra en que a ocupación estivo arredor do 80%, con cifras incluso superiores nos establecementos de turismo rural. Finalmente a provincia de Ourense non quedou atrás, marcando unha ocupación de xoves a domingo arredor do 80%. En termos xerais cumpre destacar que os establecementos turísticos con maior categoría e os rurais foron as tipoloxías reguladas que marca‐ ron os mellores resultados de ocupación na que foi a primeira Semana Santa sen apenas restricións e na que os viaxeiros amosaron non só gana de viaxar se non que tamén se decantaron por destinos turísticos de calidade e seguros como é o destino Galicia.

Coidados Porta a Porta atendeu máis de 850 persoas nos primeiros 15 días O programa Coidados Porta a Porta, posto en marcha pola Consellería de Política Social, atendeu nos seus primeiros quince días de funcionamento máis de 850 persoas. Os autobuses, que percorren desde o pasado día 30 todos os concellos galegos agás as sete cidades, ofre‐ cen servizos de podoloxía, audio‐ loxía e estimulación da memoria ás persoas maiores de 55 de anos que o soliciten. Ao longo destas dúas semanas os autocares visitaron os municipios coruñeses de Cambre, Bergondo, Carral e Culleredo; os lucenses de Ourol, Xove, Valadouro e O Vicedo; os pontevedreses de Baiona, To‐ miño, Nigrán e O Rosal; e os ourensáns de San Amaro, Melón Cenlle e Beade, onde permaneceron entre dous e tres días para prestar servizo a todos os veciños que o

pedisen. Nos vindeiros días viaxarán aos concellos de Miño, Alfoz, Tui e Castrelo de Miño. A Xunta de Galicia investirá 10 millóns de euros nesta iniciativa pioneira, que permitirá achegar a todos os galegos revisións e valora‐ cións auditivas; atención podolóxica para prevención, diagnose e trata‐ mento das principais patoloxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas de xeito gratuíto.

Feijóo pide ao goberno central 64 prazas de medicina familiar Ante a próxima elección de prazas polos MIR que aprobaron o exame hai unhas semanas, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou que a Xunta remitiu unha carta á ministra de Sanidade para que, no proceso de elección, os futuros residentes poidan esco‐ ller as 64 prazas de medicina familiar cuxa acreditación foi solicitada pola Administración autonómica en novembro. “Esperamos que o Executivo central non rexeite contar con estas prazas que Galicia está disposta a financiar”, dixo, incidindo en que só así se poderá paliar o problema de falla de profesionais. Nesta liña, durante unha visita ao centro de saúde-PAC do Po‐ rriño, con motivo da súa amplia‐ ción, Feijóo recordou tamén que hai só unhas semanas a Xunta anunciou unha pioneira oferta

pública de emprego para cubrir 106 prazas vacantes de medicina de familia a través dun concurso de méritos. “E ademais, desde 2019, creáronse 331 novas prazas de distintas categorías”, engadiu. Ao longo da súa intervención, Feijóo garantiu a firme aposta do Goberno galego pola reforma da Atención Primaria, tanto na ampliación de persoal como a nivel de equipamento e infraestruturas. Ao respecto, subliñou que a reforma do centro de Saúde do Porriño, que contará cun orzamento de máis de 4,5 millóns de euros, permitirá que a mediados de 2023 os veciños conten cunhas instalacións amplia‐ das, con máis servizos, entre os que destacan: dúas consultas novas de medicina familiar, unha consulta de enfermaría, unha área de fisioterapia e unha nova consulta de pediatría. O presidente da Xunta concluíu

lembrando que o Plan de infraes‐ truturas galegas de Atención Pri‐ maria, aprobado a finais de 2021, consta de tres fases e en todas elas se inclúen actuacións na área de Vigo. Así, na fase 0 -obras en tramitacións-, inclúese o Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo, no que se investirán preto de 13 millóns, ademais dun novo centro de saúde en Moaña, co proxecto construtivo xa rematado e á esperara da cesión da parcela por parte do concello para licitar a obra, que contará cun investi‐ mento de 6 millóns de euros. Na fase 1 -actuacións urxentesatópase o Centro Integral de Saúde de Cangas e o da Guarda; e na fase 2 -obras estratéxicas que comezarán na segunda metade da lexislaturainclúese o novo centro de saúde en Mos, o novo centro de saúde de Ponteareas e a ampliación do ambulatorio do Rosal.

A Xunta destina 46m€ ao Plan Emprega para persoas con discapacidade A Xunta está a poñer en marcha políticas efectivas para que as persoas con discapaci‐ dade teñan as mesmas oportunidades no ám‐ bito do emprego que calquera outro traballa‐ dor ou traballadora en Galicia. Tal e como relatou a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, ante a Comisión parlamentaria non permanente sobre políticas de discapacidade, a Comunidade ten en marcha un programa es‐ pecífico, o Plan Emprega disca‐ pacidade e exclusión social, que, con 46M€ de orzamento, incor‐ pora liñas específicas de axuda para fomentar a empregabilidade deste colectivo. O programa incide na necesidade de abordar a orien‐ tación, a formación, a contrata‐ ción e o emprendemento das persoas con discapacidade desde un punto de vista específico, complementando outras actua‐ cións da Consellería de Emprego e Igualdade nas que este colectivo

segue a ser prioritario, con in‐ centivos para acadar a súa in‐ serción e/ou participación nas actividades formativas. Menos paro e máis contratación Durante a súa intervención, a directora xeral debullou algúns indicadores de emprego que evi‐ dencian que as políticas dirixidas ás persoas con discapacidade promovidas polo Goberno galego están a dar resultados. Lembrou que, segundo os últimos datos da EPA sobre este grupo de poboa‐ ción, entre 2014 e 2020 a taxa de paro retrocedeu en Galicia máis de 15 puntos ata situarse en 20. En paralelo, matizou, que

tanto a taxa de ocupa‐ ción (+10 puntos) como a de actividade (+8,5) rexistraron incrementos no período. “O número de con‐ tratos a persoas con discapacidade ascendeu (2021) a 18.401, o que representa unha in‐ serción do 2% sobre o total”, detallou Toca, quen remarcou que este índice “supuxo un 21,66% máis que no ano 20”. Nesta liña, a directora xeral subliñou que se pode concluír que “os efectos negativos da pandemia van quedando atrás, tamén para as persoas con discapacidade”. Toca destacou programas que, a través do novo Plan Emprega discapacidade e exclusión social, lanzado pola Consellería de Em‐ prego e Igualdade este ano, darán resposta ás necesidades específicas deste grupo de traballadores. Un deles, exemplificou, será o servizo de intermediación avanzado, que suporá máis de 5,5 millóns de euros de investimento en dous anos “coa previsión de atender a máis de 1.300 persoas”,


Galicia

Abril 2022 Xornal 21

O 112 Galicia atendeu máis de 4.500 búsquedas de persoas desaparecidas O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou no Parlamento galego a colaboración da Xunta, a través da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), coas forzas e corpos de seguridade na busca de persoas desaparecidas. Nos últimos 5 anos, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, recibiu máis de 4.500 chamadas sobre desaparicións en Galicia, pa‐ sando de 723 en 2017 cunha media dun milleiro cada ano desde 2019. Desde o CIAE 112 Galicia dase traslado de toda a información sobre calquera desaparición, en coordina‐ ción coas forzas e corpos de seguri‐ dade, para que resposta sexa a máis áxil e eficaz posible. Segundo explicou Santiago Villanueva, ademais de informar destes casos á Policía Autonómica, á Policía Local, á Policía Nacional e á Garda Civil, tamén se poden mobilizar outros medios como as Agrupacións de Voluntarios e os servizos municipais de Protección Civil, os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), bombeiros e medios do servizo de prevención e extinción de incendios forestais, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GI‐ PCE), así como efectivos sanitarios, equipos caninos de busca ou a Uni‐ dade Operativa de Drons da AXEGA. Neste último caso, os drons do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA foron mobilizados desde 2015 en máis de 70 ocasións. O director xeral de Emerxencias e Interior aclarou que, ademais de drons con cada vez maior autonomía, dotouse á AXEGA doutro equipamento para este tipo de actuacións, como novos vehículos 8x8 cos que chegar a zonas de difícil

acceso, novos equipos de iluminación de apoio aos postos avanzados de búsqueda e rastrexo e equipos móbiles destinados á montaxe dos postos de mando e coordinación de busca en calquera lugar da comunidade. Na mesma liña, incidiu no compromiso do Goberno galego no reforzo do equipamento das Agru‐ pacións de Voluntarios de Protección Civil, un colectivo clave nestas incidencias. Co obxectivo de que poidan afrontar a súa participación nos dispositivos de busca de persoas desaparecidas, entre o material cedido a estas agrupacións inclúense vehícu‐ los, remolques de emerxencias con equipos de iluminación móbil, tendas de campaña para despregar nos operativos e embarcacións para a busca e rescate en medio acuático. Santiago Villanueva sinalou ademais as actividades de forma‐ ción levadas a cabo a través da Academia Galega de Seguridade (AGASP) dirixidas tanto ás forzas e corpos de seguridade como aos servizos de emerxencias para que conten coa preparación adecuada ante estas intervencións. Por outra parte, o CIAE-112 incorporou un novo sistema de lo‐ calización móbil avanzada AML que axuda a xeolocalizar ás persoas que realizan a chamada e, polo tanto, chegar antes ao lugar do suceso.

5

As mulleres xa avantaxan aos homes na creación de novas cooperativas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora xeral de Emprego, Traballo Au‐ tónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron na Xornada Mujeres de Cooperativas: búsqueda de nuevas oportunida‐ des en el ámbito de la Economía Social organizada por Coopera‐ tivas Agroalimentarias de España, onde animaron ao sector a seguir

comprometido para acadar unha participación igualitaria das mulleres, nun ámbito no que Galicia xa conseguiu que o número de promotoras de cooperativas supere ao dos homes. Ambas as dúas representantes da Xunta subliñaron o relevante papel que a economía social desenvolve na Comunidade como fórmula resistente e comprome‐

tida co futuro da súa contorna e coa igualdade de oportunidades no eido laboral. A economía social resulta clave no mercado laboral de Galicia, representando o 7% do PIB. Neste modelo, o traballo feminino está a gañar cada vez máis espazo e xa na actualidade o 50,7% das novas cooperativas son promovidas por mulleres.

Feijóo define ao Parlamento de Galicia como o “templo das liberdades”

Ángeles Vázquez anima a seguir o exemplo de Galicia no “urbanismo responsable” A conselleira de Medio postela a directores xerais e cargos Ambiente, Territorio e Vivenda, públicos relacionados coa materia Ángeles Vázquez, animou aos de diferentes puntos de España. responsables das políticas ur‐ Acompañada polo delegado banísticas e de ordenación do territorial da Xunta na Coruña, territorio de todo o país a seguir Gonzalo Trenor, a conselleira o exemplo de Galicia, que desde subliñou que para seguir avan‐ hai máis dunha década aposta zando na liña impulsada pola polo “urbanismo responsable” Xunta en materia urbanística, o como unha vía eficaz de preservar próximo fito será a aprobación o medio físico e poñelo ao servizo da nova Lei de arquitectura de dos cidadáns. Galicia, a primeira específica Así o indicou durante o nesta materia e a segunda de Encontro autonómico “Xacobeo carácter autonómico que se 21-22 por un urbanismo respon‐ tramita no país polo que situará sable”, unha iniciativa da Xunta á Comunidade nunha posición que reunía en Santiago de Com‐ de vangarda.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, definiu ao Parla‐ mento de Galicia como o “templo das liberdades galegas” e resaltou o labor dos órganos de control, sen os cales, dixo, xa non é posi‐ ble concibir o exercicio do autogoberno. “Grazas á institución que dirixe a Valedora Dolores Fernández Galiño, e ao Consello do que é conselleiro maior José Antonio Redondo López, a cidadanía galega ten unha protección adicional”, aseverou, subliñando que dist‐

inguilos coas Medallas do Parla‐ mento de Galicia non é máis que facer oficial un recoñecemento do que xa gozan por parte do pobo galego. Por outra banda, e en canto ao Consello da Cultura Galega, afirmou que a Cámara outórgalle a súa máxima distinción ao que é, en suma, un punto de encontro de épocas e mentalidades. “Reflicte que Galicia e a súa cultura son obra de todos, na que todos teñen participación e acomodo. Somos, en efecto, unha cultura viva que

avanza e descubre novos horizontes, na que poden convivir avós e netos, sen que ningunha xeración se sinta estraña”, abundou. Ao longo da súa intervención, o presidente da Administración autonómica resaltou o amor á liberdade característico dos gale‐ gos, “sen o cal esta Cámara sería un mero monumento baleiro”, afirmou, incidindo en que os debates que se producen no Parla‐ mento son a transposición de moitos outros que os galegos celebran ao longo da súa vida.


6

Provincia Galicia

Xornal 21 Abril 2022

O Pazo Provincial transformouse nunha sala de concertos na II edición de “Descúbreas”

O salón de plenos do Pazo Provincial transformouse nunha espectacular sala de concertos e no mellor escenario para presentar a II edición de “Descúbreas”, o programa da Deputación, impul‐ sado por Regalamúsica, para amosar o talento feminino mu‐ sical da provincia e as redes de mozas que xa se están a tecer entre as protagonistas. Un talento que tivo rostro, voz e son a través das potentes actuacións de Eva, Sara, Law, Sinner e Xía, cinco das oito rapazas que xa teñen iniciado a súa carreira musical tras partici‐ par na primeira edición. Elas, xunto a profesoras e alumnas de escolas de música, foron as protagonistas deste concerto exclusivo presentado por Woyza co que arranca a segunda edición que ten como obxectivos visibi‐ lizar e axudar ás mozas que que‐ ren dar os seus primeiros pasos profesionais. Como subliñou a presidenta, Carmela Silva, “na súa primeira edición este progra‐ ma foi un rotundo éxito, vós sodes a mellor das probas, e a segunda que iniciamos vai ser a da súa consolidación como referente na provincia”. Carmela Silva subliñou o feito de que o catálogo de mulleres artistas creado a través de Des‐ cúbreas xa ten posibilitado a contratación de moitas delas para actuacións e destacou que, a pesar de levar só un ano, “este programa ten conseguido todos os seus obxectivos”. “Estamos moi orgu‐ llosas tanto do programa de men‐ torización como das iniciativas que están a desenvolverse na plataforma de Descúbreas para a visibilización de todo este talento que amosades. Este é un programa que naceu con vocación de continuidade, porque queremos realmente rachar con esa brecha que imposibilita ás mulleres ter carreiras profesionais neste eido cultural. E nesta segunda edición imos potenciar aínda máis toda

a súa programación”. Este ano, como dixo a presentadora Woyza, unha das premisas é “recuperar o contacto entre todas, e que ese contacto sexa real, presencial e que as rapazas o sintan así; un dos pilares de Descúbreas é conseguir tecer vínculos de cola‐ boración entre as mozas que comezan neste mundo, as escolas e as profesionais”. Esta filosofía plasmouse esta tarde nesta gala única, para a que as cinco protagonistas prepararon as adaptación das cancións que gravaron e publicaron o pasado ano en todas as plataformas dixitais. Elas non só actuaron acompañando ás mozas mento‐ rizadas, senón que tamén prota‐ gonizaron o estelar momento final coa emocionante interpre‐ tación conxunta do tema “Ima‐ gine”, de John Lennon. Antes dese momento, Eva puxo en escena “La última canción”, mentres que Sara interpretou “20 veces más”; Sinner, o tema “B.T”; Law, con “Veni, vidi, vici” e Xía a canción “Ya no”. Xunto a elas actuaron Rebel Spirit, formado por Raisha Méndez Guerra (Rai), baixista e cantante; Soraya Adán (Sory), batería e Andrea Vieira, guitarra. Tamén as docentes María Pérez, pianista da Academia Compás de Vigo, amais de cantante e líder do grupo Soa, e Paula Rego, guitarrista e batería, profesora da Escola Bonobo de Pontevedra e batería de Ago‐ raphobia. E sete das alumnas da escola Maison do Porriño, Laura González, Melani Lemos, Sara Losada, Carla Rodríguez, Nuria Vázquez, Laura Dios e Azahara Suárez, foron as encargadas de cantar a sorpresa final, que foi coreada polo abarrotado salón de plenos. Amais, ao longo da gala visionáronse tamén varios audiovisuais, entre eles o resumo da I edición, así como outro que dá voz ás alumnas de escolas de música e un vídeo das mellores

O territorio do Miño fará “lobby” para multiplicar o seu financiamento europeo

cancións feministas feitas por artistas galegas. A segunda edición O concerto supón o pistoletazo de saída desta edición de “Des‐ cúbreas”, que naceu no 2021 co obxectivo de proporcionar ferra‐ mentas para terminar coa brecha de xénero que existe na industria. En marcha xa está o programa de titorización, que permitirá a 8 mozas ter acceso a un itinerario individualizado, así como á gra‐ vación dunha canción propia en estudio e á gravación e realización dun vídeo musical. Entre as mentoras estará este ano Salomé Limón, gañadora de cinco Latin Grammy amais de presidenta de PIAudio (Asociación Iberoame‐ ricana de Produtoras e Enxeñeiras de Audio). Únese a Raquel Seijo, de Sweet Nocturna e presidenta de Festivais de Galicia; Patricia Hermida, de Dotbeat e copresidenta do International Music Managers Forum (IMMF) e Wöyza. Amais do proxecto de mento‐ ring, o programa aporta outras ferramentas para a visibilización dispoñibles na súa páxina web, como o directorio de profesionais e escolas do que xa teñen xurdido algunhas oportunidades laborais para técnicas e artistas ou os videotutoriais e o foro para resolver dúbidas e axudar ás mo‐ zas a dar os seus primeiros pasos no seu proxecto musical. A plataforma ofrece tamén infor‐ mación e axenda de concertos con perspectiva de xénero. Entre as novidades deste ano, atópase o fortalecemento dos vínculos con entidades que tra‐ ballan na mesma liña e a colabo‐ ración en rede. Entre estas actua‐ cións, xa o ano pasado, Descúbre‐ as sumouse ao compromiso do proxecto europeo KeyChange, participou na Feira Internacional de Música BIME e participou recentemente no Encontro de Escolas ou Vira Fest de Portugal.

O territorio do Miño aumentará a súa coordinación e as súas sinerxías para funcionar como lobby e multiplicar o seu financia‐ mento europeo no novo marco comunitario 21-27. Así o mani‐ festaron as e os representantes da Deputación, a CIM Alto Minho, o AECT Río Minho e os concellos da ‘raia’ nunha xornada de traballo para a preparación de proxectos europeos para a zona. Todos os axentes pretenden superar amplamente os 6 millóns de euros acadados no período 1420 dos fondos POCTEP, unha cifra que apenas chega ao 2% dos 300 millóns dispoñibles para a UE, e que se considera moi escasa para un territorio como é o miñoto:

moi extenso e dobre e duramente afectado pola COVID nos últimos dous anos. Neste sentido destacouse que “só unidos, facendo lobby, poderemos reclamar e presionar para ter fondos”, destacou o deputado de Cooperación Trans‐ fronteiriza e vicedirector do AECT Uxío Benítez, que fixo de condutor das xornadas. O obxectivo será aumentar o volume de recursos a investir no territorio presentando proxectos en eixos estruturantes e de grande potencialidade como a valorización da marca turística Rio Minho e a creación dun Anel Verde de sen‐ deiros, a mobilidade suave, a gobernanza conxunta e a dinami‐ zación económica.

Máis dun millón de euros para os clubs federados e para o deporte náutico A Deputación de Pontevedra segue a impulsar o deporte coa aprobación das bases para os clubs federados que participan en competicións de ámbito infe‐ rior ao estatal así como para o deporte náutico da provincia. A institución provincial investirá 1.125.000 euros nestas achegas, que serán outorgadas mediante concorrencia competitiva. Aos clubs que compiten en ámbito inferior ao estatal chegarán 625.000 euros repartidos entre as entidades das distintas modalida‐ des que participan en campionatos deste ámbito (575.000 euros), e aos clubs de fútbol que compiten en preferente (50.000 euros). Para a súa concesión, valorarase o

orzamento dos gastos subvencio‐ nables que presente cada entidade e o número de licencias federati‐ vas, nas que puntuarán de xeito especial as licencias femininas ou as de deporte adaptado. No ano 2021 estas subvencións da Depu‐ tación chegaron a 393 clubs de 48 concellos. No que respecta ás axudas ao deporte náutico, a institución provincial aprobou unha convo‐ catoria por medio millón de euros que beneficiarán a entidades deportivas que participen en competicións de piragüismo (280.000 euros), remo (145.000 euros) ou vela (75.000 euros) como xa o fixeron o ano pasado 55 clubs de 23 concellos da provincia.


Provincia

Abril 2022 Xornal 21

7

Os espectaculares datos supoñen vinte puntos máis do previsto para establecementos hoteleiros e doce puntos máis para vivendas turísticas do 65% no Condado e A Para‐ danta e do 58% en Deza e Terra de Montes.

Afluencia de visitantes e turistas récord na provincia de Pontevedra Esta Semana Santa a afluencia de visitantes e turistas volveu bater récords na provincia de Ponteve‐ dra, chegando a rexistrar unha ocupación media do 80% nos establecementos hoteleiros que mesmo superou os rexistros do 2019. Os espectaculares datos que recolle o Observatorio de Turismo da Deputación de Pontevedra supoñen vinte puntos máis do previsto para establecementos hoteleiros e dez puntos máis para vivendas turísticas, chegando a ser, nalgunhas localidades, un 15% superiores á Semana Santa do 2019.Nos establecementos de

turismo rural a porcentaxe situou‐ se en toda a provincia por riba do 70%, mantendo a cifra estimada antes dos festivos. A comarca que rexistrou a maior porcentaxe de ocupación en establecementos hoteleiros foi a de Vigo, que superou o 80%. Neste comarca destacan os resultados da cidade de Vigo que se situaron entre o 85 e o 90% ou os de Baiona que chegaron ao 80%. Sigue á comarca viguesa a do Morrazo, que chegou ao 78% e a do Salnés que superou o 76%. Neste último caso, concellos como O Grove superaron o 86% de

ocupación hoteleira e Sanxenxo rexistrou mesmo o 87% en hoteis de maior número de estrelas. No caso da comarca de Caldas a porcentaxe situouse no 74% e na de Pontevedra no 73, superando o 85 en cidades como Pontevedra. As comarcas do Condado e da Paradanta chegaron ao 72%, O Baixo Miño ao 70% e Deza e Terra de Montes rozou o 65%. Pola súa banda, nas vivendas turísticas da provincia a ocupa‐ ción foi tamén mellor do previsto, superando o 92% o que supón 12 puntos máis que o estimado antes da Semana Santa. Esta

porcentaxe media provincial foi superada en localidades como Sanxenxo ou Cangas que chegou ao 100% entre o xoves e o do‐ mingo. Nestes establecementos aloxáronse principalmente persoas de Asturias, Castela e León e do Norte de Portugal. En canto aos establecementos de turismo rural a ocupación chegou ao 70% de media na provincia de Pontevedra, sendo de case o 100% no Baixo Miño, do 73% na comarca de Caldas, do 71% no Salnés, do 70% no Morrazo, do 68% na comarca de Pontevedra, do 60% na de Vigo,

Castelos e persoas visitantes Durante a Semana Santa achegáronse aos castelos muse‐ alizados pola Deputación de Pontevedra na provincia 1.884 persoas. 1434, 144 máis que no 2021, fixérono a Soutomaior e 450 acudiron ao castelo de Sobroso, que estreou musealiza‐ ción dixital, esgotando todas as prazas para desfrutar das xorna‐ das de portas abertas. A fortaleza do Condado volverá a abrir as portas ás visitas nos primeiros días de maio. En canto ás persoas que visitaron o destino Pontevedra Provincia durante a Semana Santa do 2022 proviñan principalmente do Estado e en concreto de Madrid, Vizcaya e Barcelona. En canto ás/aos turistas estranxeiros proce‐ deron de Portugal, Alemaña, Francia, Colombia, Estados Unidos e Reino Unido. Todas e todos eles tiñan maioritariamente entre 35 e 60 anos, aloxáronse en hoteis durante 4 e 6 días e acudían á provincia motivadas por aspectos relacionados coa cultura.

Detido o presunto autor de corenta roubos en furgonetas na zona sur da provincia A Garda Civil detivo a un veciño de Madrid, e investigou a outro, pola comisión duns corenta roubos en furgonetas de traballo, perten‐ centes a empresas ou autónomos vinculados cos sectores da constru‐ ción, fontanería e albañilería. Por mor do amplo dispositivo de prevención e investigación que viña realizando con motivo do incremento de roubos neste tipo de furgonetas, que se estaban producindo desde o mes de xaneiro en distintas localidades do sur da provincia de Pontevedra, iníciase un operativo por parte da área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, que culminou coa detención do presunto autor, que ten o seu domicilio habitual en Madrid.

Os roubos, que sempre eran efectuados co mesmo modus ope‐ randi, consistente en forzar as fechaduras das furgonetas, tiñan como obxectivo subtraer sobre todo ferramentas eléctricas de gran valor para darlle saída en establecementos de compravenda de obxectos usados, ou a través de plataformas dixitais na internet. Durante o transcurso da investigación púidose comprobar que a persoa sobre a que recaían as sospeitas hospedábase nos días que se producían os roubos, en distin‐ tos establecementos da provincia. De feito, a detención produciuse en Cangas ao saír dunha hospedaxe onde pasara a noite anterior. No momento da detención intervéuselle o vehículo no que se

desprazaba, que fora roubado con violencia e intimidación, o pasado 13 de marzo en Madrid. No interior do turismo gardaba unha gran cantidade de obxectos subtraídos nos seus últimos roubos, ademais das ferramentas que utilizaba para forzar as fechaduras das furgonetas, xunto con 4 computadores portáti‐ les e varios teléfonos móbiles. As investigacións que viñan realizando foron determinantes para concluír que esta persoa fora o suposto autor dunha corentena de roubos que, co mesmo modus operandi, cometéronse durante os últimos meses nos municipios de Baiona, Tui, O Porriño, Moaña, Mos, Gondomar, Marín, Ponteareas, Vigo, así como nas provincias de Toledo e Madrid.

A Deputación de Pontevedra presenta a “Pequena enciclopedia da fotografía (fragmentada)” A mostra “Pequena enciclo‐ combinación de dous soportes pedia de fotografía (fragmentada)” como son a fotografía e a pedra da artista canguesa Rosa Neutro para deconstruír a imaxe que -exposta entre xaneiro e marzo na durante toda a historia da arte se sede da Deputación en Vigo- ven deu das mulleres e dos seus corpos. de materializarse nun volume que O catálogo foi presentado pola recolle unha serie de imaxes coa presidenta Carmela Silva, acom‐

pañada da propia artista e da deputada Victoria Alonso, quen destacaron as imaxes do libro, que amosan un novo xeito da creadora de construír unha peza artística a partir de pedras ou cascallos recollidos na rúa.


8

Galicia Vigo

Xornal 21 Abril 2022

Vigo seguirá abastecéndose da auga do río Oitavén, de “calidade excepcional” Redacción Xornal21.es | Vigo

Abel Caballero explicou e que o informe “dá “enteiramente a razón a Vigo” e conclúe que a cidade “vai estar sempre abastecida da auga procedente do río Oitavén e da confluencia do Verdugo co Oitavén; é dicir, da conca desta zona”. Tamén chegará auga do Miño para outros municipios, non para Vigo. O rexedor puxo en valor a conca do río Oitavén da que “queremos seguir sendo abasteci‐ dos” xa que a auga chega por gravidade, sen necesidade de bombeo, “é absolutamente limpa, de calidade excepcional, sen necesidade de pasar por depu‐ radora”. O estudo conclúe tamén que é preciso mellorar a condu‐ ción de auga desde Eiras ata a potabilizadora de Vigo, en particu‐ lar no túnel de Amoedo, que debe duplicar a súa capacidade para ter máis caudal cando sexa necesario, algo que “compartimos enteiramente”.

Caballero apuntou que a presa de Eiras é pequena en relación ao consumo que abastece; “estaba pensada para o Vigo de hai 30 anos” e, dado o cambio climático, é posible que o seu caudal sexa insuficiente para abastecer a ci‐ dade no caso de que se producise unha seca de varios meses. No caso de que esa situación de seca se dera agora, a solución pasaría por un transvase e captación de auga na confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo cara Vigo, que sería provisional ata que, a longo prazo, se habilite unha pequena presa augas arriba do encoro de Eiras, no leito do Oitavén, que servirá de almacén de aba‐ stecemento para Eiras, e que xa non faría necesario o transvase de emerxencia. O estudo sinala que estas actuacións garantirían o aba‐ stecemento de Vigo e os concellos de Moaña, Cangas, unha parte de Redondela e unha parte de Mos, que reciben auga da potabilizadora de Vigo, mentres Zamáns recibiría

auga do Miño e abastecería a zona do Val Miñor. O obxectivo do estudo, realizado pola empresa PROTINTEC durante 18-20 meses, é mellorar a regulación e o almacenamento de auga para garantir o aba‐ stecemento de Vigo e outros 14 municipios: Redondela, Soutomaior, O Porriño, Mos, Salceda, Moaña, Cangas, Baiona, Nigrán, Gondo‐ mar, Tui, Ponte Caldelas, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Abel Caballero resaltou a importancia deste estudo que achega as claves para “enfocar a resolución do problema do aba‐ stecemento da auga da cidade para os seguintes 100 anos” e agradeceu ao Goberno de España que “estea apoiando a Vigo na resolución de seguramente o noso problema máis grave”. Ademais, sinalou que dentro dun ano a nova potabilizadora do Casal estará en funcionamento xa que o Concello avanzan na súa construción, “pagada por Vigo”, cun investimento de 25 millóns

de euros aproximadamente, para que se negou a Xunta de Galicia a que cidade pediu a cooperación “deixando tirada a cidade” e inician‐ da Xunta porque vai dar auga a do posteriormente un “ataque Cangas, Moaña e parte de Re‐ feroz a Vigo criticando a calidade dondela e Mos pero “a Xunta dixo da auga e chegando a poñer unha que non a pagada. Unha vez máis multa que vén de ser revocada dá as costas á cidade”. polos tribunais”. Apuntou que O rexedor lembrou a “fortísima non foi ata o Goberno de Pedro seca” sufrida no ano 2017, cando Sánchez cando se encargou este Vigo propuxo, entre outras estudo que agora achega conclu‐ solucións, o abastecemento de sións para solucionar o aba‐ emerxencia na zona de Eiras, ao stecemento de auga da cidade.

Fernández-Tapias ve o Salón do Automóbil como o “escaparate perfecto” para a recuperación do sector Redacción Xornal21.es | Vigo

Tanxugueiras actúan en Castrelos o 30 de xullo Tanxugueiras soben ao escenario do Auditorio de Castrelos o vindeiro 30 de xullo para ofrecer ao público da cidade o seu directo no que combinan a sonoridade da pandeireta coa electrónica. Tanxugueiras está a realizar a xira de presentación do seu

novo disco, “Midas”, e súmase á programación de verán confirmada xa para o audito‐ rio municipal: Sebastián Ya‐ tra o mércores 13 de xullo, Leiva o xoves 4 de agosto, Sting o sábado 6 de agosto e Hombres G o domingo 14 de agosto.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, salientou durante a presentación do XXX Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo, que se celebrará no Ifevi entre o 27 de abril e o 1 de maio, o importante papel da maior exposición do motor de Galicia como o “escaparate perfecto dun sector clave na economía da comunidade”. No acto celebrado no Auditorio Abanca, a representante autonómi‐ ca destacou o novo récord de facturación da automoción galega en 2021, con 11.200 millóns de euros, reeditando a primeira posición na produción nacional de vehículos. “De aquí seguen saíndo 1 de cada 4 coches ensamblados en España, con Stellantis-Vigo como a fábrica máis produtiva e cun récord nas exportacións de 8.610 millóns de euros. A automoción supón un terzo do total das vendas de Galicia ao exterior e dá emprego a 23.500 persoas, case o 14% do total do

UXT: " Vitrasa pretende garantirse os seus beneficios á conta dos vigueses" O procedemento polo cal VITRASA pretende rebaixar máis do 30% os salarios aos seus tra‐ balladores sacou á luz "o avultado patrimonio dunha empresa que desde hai décadas explota o servi‐

zo de transporte urbano, mentres de presentar documentación eco‐ o servizo cada día é máis precario" nómica da mesma. Desde o de‐ segundo explican desde UXT. partamento de análise económica Entre as obrigacións da emp‐ de UXT detectamos, froito das resa na tramitación do descolgue contas presentadas pola empresa: salarial exposto, está a obrigación "contas e balances económicos

emprego industrial da Comunida‐ de”, sinalou. Fernández-Tapias mencionou a necesidade de que a planta viguesa de Stellantis conte coa liña de Alta Tensión e tamén avogou por un reparto adecuado dos fondos do Perte. A representante autonómica destacou

contraditorios, resultados econó‐ micos do mesmo exercicio, dis‐ tintos, en función da auditora que as realizara, unha gran saúde financeira cun patrimonio de 53,7 M/€ en 2020 e de 48,2 M/€ en 2021, cocientes financeiros que mostran boa saúde financeira e un bo cociente de solvencia para pagos a curto prazo de 6,73, can‐ do o valor satisfactorio é 1,5"

tamén o papel do Salón do Auto‐ móbil e a capacidade dos seus responsables para superar as situa‐ cións máis adversas durante a crise sanitaria. “Agardamos que de ma‐ neira progresiva a situación poida normalizarse para dar continuidade á actividade e aos postos de traba‐ llo”, apuntou.

Nas contas anuais presen‐ tadas pola empresa, recoñecen que esperan fluxos de caixa po‐ sitivos e que os recursos dispo‐ ñibles no curto prazo son su‐ ficientes para facer fronte ás súas obrigacións, polo que non teñen previsión de tensións de tesou‐ rería. A sociedade manifesta que non existe ningún risco de conti‐ nuidade da sociedade.


Vigo Galicia

Abril 2022 Xornal 21

9

A Asociación Provincial de Viaxantes e Representantes de Comercio distingue aos seus asociados máis veteranos

Insignias de ouro.

Distincions honoríficas.

O pasado día 26 de Marzo celebrábase en Vigo, nos salóns do Círculo de Empresarios de Galicia, o acto anual de entrega de insignias e distincións aos asociados, interrompido pola pandemia durante os anos 2020 e 2021 Na xornada contouse coa presenza do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Concelleiro de Comercio, Angel Rivas, o Presidente de ATA Autónomos de Galicia, Rafael Selectos e o Bispo, Monseñor Luís Quinteiro

Coas insignias de Prata e Diplomas polos seus 25 anos na Asociación foron recoñeci‐ dos Rosa Alvarez, Javier González, Isaac Troncoso, Luís Cavallé, Adolfo Pérez, Adriano Cruces, Joaquín Solleiro, Fer‐ nando Celada, Domingo Tei‐ jeiro, Carlos Martínez, Marcos Bouza, Marcos Saavedra e Antonio Morán. Ademais, outorgábanse in‐ signias de Ouro e Diplomas polos seus 50 anos na Aso‐ ciación a Francisco Nogueira,

Francisco Dasilva, Emilio Martínez, Francisco Serodio, Manuel Liste, José Antonio Bas, Alberto Barrio e José Luis Cid. A título póstumo recolleron a distinción os familiares de Francisco Sueiro e Julio Alonso. Durante o acto tamén se outorgaron distincións hono‐ ríficas pola súa permanencia na Asociación desde os anos 1963 a Sergio do Palacio, 1964 a José Manuel Lorenzo, 1965 a Luis Nieto, e desde 1966 a Da‐ niel Novoa.

Vigo concorrerá ao Perte de microchips coa fábrica de fotóns e unha inversión de 50,4 millóns

Vigo pretende formar parte “desa máquina de fabricación de microchips semicondutores” á que aspira a Unión Europea” que se porá en marcha coa aprobación do Proxecto Estratéxico para a Recu‐ peración e Transformación Económica (PERTE) anunciado

polo presidente do Goberno de España e que está dotado con 11.000 millóns de euros. O alcalde lembrou que a cidade traballa des‐ de marzo do ano pasado nun proxecto promovido desde a Zona Franca -en colaboración coa Universidade - para construír unha

fábrica de circuítos fotónicos e un laboratorio de I+D que permita abastecer de chips o territorio. Trátase dun investimento de 50,4 millóns de euros, que en tres anos podería estar funcionando e xerando 150 postos de traballo directos e 700 indirectos.

Insignias de prata.

A Xunta destina preto de 198.000 euros a 20 comunidades de usuarios de augas da área territorial de Vigo A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Ta‐ pias, visitou a Comunidade de Usuarios de Augas de Xestoso, en Bembrive, para comprobar os traballos de reforma e reparación que se están a realizar ao abeiro da liña de axudas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade dirixida á mellora da calidade das augas dos sistemas de abastece‐ mento veciñais. No caso concreto de Vigo resultaron beneficiarias na convo‐ catoria deste ano as comunidades de usuarios de Naia, Sabaxans e Cortellas, a do barrio Carballal en Cabral e a citada de Xetoso en Bembrive. A estas se suman na área territorial, as de Coiro (Can‐

gas) e Meira de Abaixo e Palmas Costa de Moaña; Cantín, Mina do Ferreiro, Campo do Monte Santa Marta e Casal, Casalmorto e Roublín (Mos); Revolta e Rotea Camos (Nigrán); Chaín (Gondo‐ mar); San Jorge de Mosende (O Porriño); Negros e Río das Cabras (Redondela); e Outeiro, Castro Barreiro, A Feira e Santos Justo y Pastor (Salceda de Caselas). Tal e como informou a repre‐ sentante autonómica, o obxectivo é impulsar actuacións que melloren a prestación do servizo de abaste‐ cemento de auga para consumo humano e a calidade de auga xestionadas por comunidades de usuarios, fomentando o emprego eficiente dos recursos hídricos.


10

Mos

Xornal 21 Abril 2022

A Louriña

Licenza de primeira utilización para 3 das 11 empresas do PEMOS-18 Ven de aprobarse en Xunta de Goberno a licenza de primeira utilización das 3 primeiras empre‐ sas instaladas no proxecto singular de naves modulares de AEMOS no Polígono da Veigadaña, PE‐ MOS-18. As 3 empresas que ocupan un total de 6 parcelas son Trans 2005, Tecnomicra e Tecdisma. Trans 2005, con actividade

como operador loxístico, ocupa as parcelas M1, M2 e M3 que suman unha superficie total de 4.490 metros cadrados. Tecnomi‐ cra pola súa banda, é un estable‐ cemento industrial para planta de mecanizado de pezas e fabricación de utillaxe, que ocupa as parcelas M6 e M7 sumando unha superficie total de 2.507 metros cadrados.

Mos inviste máis de 700.000 euros en mellorar os camiños rurais O Plan que se executará durante o presente ano 2022 xa está aprobado e iniciado o procedemento de contra‐ tación da empresa que acometerá as obras de mellora da pavimentación. O inicio do expediente levouse esta mesma semana a aprobación en Xunta de Goberno Local, segundo informaron a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o tenente

alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto. Con este contrato, que se financia con fondos propios da administración local mosense e ascende a preto de 400.000 euros, mellorarase a seguridade viaria mediante a reposición do firme en 17 camiños municipais de todas as parroquias mosenses, que suman unha

E por último, Tecdisma é un establecemento industrial para planta de deseño e fabricación de útiles para máquinas ferramentas que se asenta na parcela M10 cunha superficie de 1.248 metros cadrados. Estas 6 parcelas suman unha superficie total de 8.245 metros cadrados. As 18 parcelas nas que se lonxitude total de 5 quilómetros. O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoven estes 17 novos asfaltados no termo municipal. Ademais, próximamente iniciarase tamén o procedemento de contrata‐ ción da mellora da Estrada da Vía na súa lonxitude total de 3,5 quilómetros. Obra que se financiará con cargo ao Plan Concellos cun importe de 354.928,61 euros.

A senda cicloturista Alto de BarreiroSantiaguiño xa conta con financiación Un dos principais proxectos do Plan Mos Humanizado, co que o Concello actuará en 11 quilómetros das 10 parroquias mosenses, é o carril bici desde a rotonda do Alto de Barreiro ata o Santiaguiño en Guizán. Obra que xa conta con financiación, pois o Consello da Xunta aprobou unha subvención, mediante convenio, da Vicepresidencia Primeira de máis de 750.000 euros a tal fin. A finais de ano a alcaldesa, Nidia Arévalo, anunciaba que tiña presentado varios proxectos do Plan Mos Hu‐ manizado na Xunta de Galicia en busca de apoios. Pois ben, Arévalo informa agora da resolución favora‐ ble de axuda autonómica (a través de convenio de colaboración entre Concello e Turismo de Galicia) para un dos proxectos máis importantes deste plan municipal que se iniciou na pasada lexislatura. En total humanizaranse nesta recta final de lexislatura preto de 11 quilómetros nas 10 parroquias mosenses: Dornelas, Torroso, Pereiras, Mos, Guizán, Cela, Louredo, Tameiga, Petelos e Sanguiñeda. Deste xeito a Xunta colabora co Concello de Mos no impulso do cicloturismo e a seguridade viaria peonil no Camiño. O obxec‐ tivo do convenio de colaboración asinado con Turismo de Galicia é mellorar a seguridade viaria e a convivencia entre peóns, vehículos e ciclistas, especialmente no tramo en que o trazado coincide co Ca‐ miño de Santiago. A actuación mellorará un tramo de 3,5 quilómetros de lonxitude e suporá un investimento de máis dun millón de euros distribuídos en dúas anualidades co obxectivo de seguir avanzando na mellora da mobilidade e nun Camiño máis seguro.

O Consello da Xunta aprobou o convenio de colabo‐ ración entre a Axen‐ cia Turismo de Ga‐ licia e o Concello de Mos para a execución dunha senda ciclo‐ turista e actuacións encamiñadas á me‐ llora da convivencia entre peóns, vehículos e peregrinos entre o alto de Barreiro e a Capela de Santiaguiño, onde a estrada conflúe co Camiño Portugués. A intervención suporá actuacións nun trazado que se estende ao longo de 3,5 quilómetros en que se fará un investimento total de algo máis dun millón de euros (1.084.413,74 euros) dos que Turismo de Galicia asumirá algo máis de 750.000 euros, distri‐ buído en dúas anualidades de 361.471,28 euros este ano e 391.646,12 euros en 2023. O carril bici desde a rotonda de Alto de Barreiro (en estrada PuxeirosMos) ata a Capela de Santiaguiño (Estrada Peinador-Os Valos) trátase dun carril de 3,5 km de desenvolve‐ mento pola marxe esquerda. A actuación pretende mellorar as circulacións deste vial, incluíndo proteccións para as zonas de cruza‐ mento de peregrinos, así como a posta en valor dos elementos patrimoniais como o Cruceiro dos Cabaleiros O ámbito de actuación corres‐ póndese co trazado da estrada municipal que comunica as parroquias de Torroso e Mos co núcleo rural de Santiaguiño, na parroquia de Louredo. O obxectivo que se pretende acadar con este proxecto é que o Concello de Mos poida seguir avanzando en materia de mobilidade e de seguridade viaria, con especial atención á pro‐

tección dos colectivos máis vulnera‐ bles: peóns, ciclistas e persoas con mobilidade, nun trazado en que a actuación ten que ser especialmente coidada, xa que afecta nunha parte o Camiño de Santiago. Trátase dun trazado municipal moi transitado cun ancho reducido que non dispón ata o momento de itinerarios peonís seguros polo que a actuación estaría encamiñada a deseñar un trazado seguro onde convivan peóns e ciclistas cun ancho non inferior a 2,5 metros que permitan xerar plataformas de convivencia con vehículos, especial‐ mente naqueles tramos onde o trazado convive co Camiño. Precisamente neste sentido, o convenio aprobado permitirá embe‐ lecer o camiño coa disposición de zonas empedradas con lastros nos encontros do camiño coa vía e, especialmente na contorna do Cru‐ ceiro de Santiaguiño, co fin de pór en valor o patrimonio cultural e favorecer a sinalización silenciosa do itinerario de peregrinación. Cómpre lembrar que a actuación se sitúa no Camiño Portugués, o segundo itinerario máis escollido polos peregrinos que transitan cara á Santiago. Xunto ao Portugués da Costa aglutina case a cuarta parte dos peregrinos que recollen a súa acredi‐ tación de ter feito a peregrinación.

construíron as 11 naves modulares que conforman o proxecto singular PEMOS-18 suman 24.000 metros. A Asociación de Empresarios

de Mos, AEMOS, impulsa este proxecto conxunto de implanta‐ ción para PEMES en 18 parcelas do Polígono da Veigadaña.

Mos repite programa de andainas medioambientais duplicando saídas Tras o medio milleiro de participantes que fixeron as andainas medioambientais do Concello de Mos o ano pasado, a concellería de Medio Ambiente Sostible que dirixe o edil Leo Costas organiza un novo programa de andainas co que se prevé superar os 500 camiñantes da pasada edición. O ano pasado organizáronse un total de 5 andainas, cifra que se duplica nesta ocasión, na que se realizarán un total de 10, unha por parroquia; de xeito que se farán camiñatas por Cela, Dornelas, Gui‐ zán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Tameiga, Torroso e Sanguiñeda. O concelleiro Costas informou de que desde a administración local estase deseñando o percorrido das andainas en colaboración con diferentes colectivos parroquiais e xa se atopan definidas as caracterís‐ ticas comúns que compartirán as 10 andainas. Todas terán un percorrido cunha lonxitude mínima de 6 quilómetros e máxima de 9 quilómetros. Nin‐ gunha delas poderá ter máis dun 20% do traxecto que transcorra por asfalto. Fomentarase o paso por zonas máis descoñecidas para a veciñanza como poden ser sendeiros de regadío, carreiros, pistas, etc. Toda aportación e idea dos diferentes colectivos colaboradores será benvida. A novidade deste ano é que ao inscribirse (a inscrición atópase xa aberta), os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa das

andainas 2022 coa listaxe das 10 camiñatas coas 10 parroquias polas que transcorren. Xunto coa inscrición, que as persoas interesadas deben formalizar a través da Sede Electró‐ nica do Concello ou presencialmente no Rexistro Xeral Municipal, teñen que indicar a súa talla para a camiseta. A participación neste programa é totalmente libre e de balde, e poden acudir membros de toda a familia, tamén cans se son sociables. Todas as persoas inscritas entrarán ademais a formar parte dun sorteo dun premio a consumir na hostalería local, nun negocio hostaleiro mosense. As andainas celebraranse durante os meses de maio a outubro, os domingos en horario de 10 a 13 horas da mañá. Os asistentes contarán con auga para beber durante o traxecto e vixianza e acompañamento por parte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos. Este programa de andainas trátase dunha iniciativa que perse‐ gue o obxectivo de promover un lecer de goce do patrimonio natural local mosense, así como de concien‐ ciación medioambiental. Ocio pro medio ambiente.

Mos anima á veciñanza a acoller nenos saharauis Desde a concellería mosense de Política Social e Igualdade infórmase de que despois de dous anos sen poder levar a cabo o programa de acollida de nenos saharauis, VACACIÓNS EN PAZ, debido a pandemia; por fin se retoma e os nenos e nenas saharauis poderán vir este ano a pasar os meses de verán a Galicia en xeral e a Mos en particular. O Concello de Mos participa neste programa organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e anima á veciñanza mosense a que se inscriba como familia acolledora. As persoas interesadas poden solicitar información nos servizos sociais municipais.

Existe un convenio co Sergas polo cal os cativos saharauis recén chegados poden beneficiarse de todo tipo de revisións médicas e se lles poñen as vacinas necesarias e correspondentes ás súas respectivas idades. Facilitar a atención sanitaria a estes nenos e nenas que non poden acceder á mesma no seu país de orixe é, sen dúbida, unha das finalidades máis importantes desta iniciativa solidaria. Unha causa solidaria que trae sorrisos a nenos e nenas que o nece‐ sitan. Para máis información pódese contactar co Concello de Mos, a través dos servizos sociais ou co teléfono 986 26 26 37 (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui).


A Louriña

Mos

Abril 2022 Xornal 21

Inicio das obras que completarán o saneamento en Pereiras

11

Campaña de prevención do abandoo de mascotas

A Xunta inviste 430.000 euros nestes traballos que teñen un prazo de execución de 4 meses A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil da parroquia mosense de Pereiras, Leo Costas, anunciaron o inicio das obras para completar e rematar a rede de saneamento na parro‐ quia de Pereiras. A Xunta de Galicia adxudicou á empresa concesionaria a con‐ tratación destes traballos por un importe de 430.000 euros. O prazo de execución é de 4 meses. O contrato foi adxudicado á empresa Vázquez y Reino, S.L. Este contrato enmárcase na colaboración entre a entidade dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Augas de Galicia, e o Concello de Mos. Mediante esta colaboración dáse cumprimento ao acordado co Concello, que en decembro de 2019 executou xa parte da rede de saneamento na zona sur desta parroquia, financiada integramen‐ te pola entidade local. Deste xeito, a Xunta asume o seu compromiso de financiar o 75% as obras de saneamento desta nova fase na parroquia de Pereiras, que serán financiados no marco do eixe REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 20142020, como parte da resposta da UE á covid-19. O concello de Mos pertence

ao Consorcio do Louro e dirixe as augas residuais do concello á estación depuradora de augas residuais de Guillarei. A parroquia de Pereiras divide a súa rede de saneamento en zona norte e zona sur, quedando pendente de com‐ pletar toda a zona norte e parte da sur non executada e que quedarán completadas unha vez rematada esta obra. A rede deseñada servirá unha poboación máxima de 96 habi‐ tantes na zona norte e 132 habi‐ tantes na zona sur e completará e rematará a rede de saneamento na parroquia de Pereiras. Segundo o proxecto redactado por Augas de Galicia, as actuacións que se levarán a cabo para com‐ pletar a rede de saneamento da

parroquia de Pereiras dividiranse en dúas zonas. Na zona norte proxéctase un colector principal, cunha lonxi‐ tude duns 593 metros en PVC 315 mm, e un colector secundario, cunha lonxitude de 178 metros, en tubaxe de PVC 315 mm. Executaranse tamén 35 pozos. Na zona sur, completarase a intervención coa execución de 1.052 metros de tubaxe de PCV 315 mm e un total de 46 pozos. Os traballos completaranse coa reposición dos firmes das vías que resulten afectadas. Unha vez recibidas as obras polo Concello, o Consorcio do Louro asumirá a súa posta en servizo, explotación, mantemento e conservación.

Tras o éxito da primeira, Mos emprende a segunda campaña de prevención do abandoo e/ou perda de cans mediante a subven‐ ción do microchip obrigatorio. O concelleiro de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informou de que está aberto o prazo para solicitar esta axuda municipal ata o 31 de maio. A campaña preventiva consiste na subvención por parte do Concello da meirande parte do custe da implantación do dispo‐

sitivo nos cans beneficiarios da mesma. Tendo os seus donos que asumir únicamente o pago de 10 euros por mascota. As persoas interesadas en optar a esta axuda poderán solicitalo desde o 18 de abril ata o 31 de maio presencialmente no Rexistro Xeral, sito na Casa Consistorial mosense, en horario de 9 a 14h de luns a venres, ou telemáticamente a través da Sede Electrónica do Concello de Mos.


12

Mos

Xornal 21 Abril 2022

A Louriña

Mos converterase en referencia co primeiro centro de coidados intermedios O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou o compromiso coa atención sani‐ taria e social, coa creación en Mos dun complexo sociosanitario pioneiro, dotado cun centro de saúde, unha residencia de maio‐ res, un centro de coidados inter‐ medios e unha escola infantil. Durante o acto de presen‐ tación do proxecto, Feijóo pre‐ cisou que estas novas instala‐ cións, que estarán situadas no antigo Hospital Psiquiátrico O Rebullón, contarán: cun novo centro de saúde que incremen‐ tará nun 50% a superficie do

actual e para o que xa se elabo‐ rou o plan funcional; cunha residencia de maiores, co fin de prestar atención a 90 veciños; cun centro de coidados inter‐ medios para atender a persoas maiores que, por exemplo, sofren un accidente doméstico e reci‐ ben a alta hospitalaria pero precisan dunha atención tran‐ sitoria antes de regresar á súa casa; e unha escola infantil. “Mos converterase en referen‐ cia co primeiro centro de coida‐ dos intermedios. O antigo edificio do Rebullón será a plasmación física da aposta por un proxecto

O autobús de Coidados Porta a Porta chega a Mos Os maiores de 55 anos poden xa pedir cita gratuíta para servizos de podoloxía, audioloxía e memoria os días 10, 11 e 12 de maio O autobús de Coidados Porta a Porta chega a Mos para ofrecer servizos de podoloxía, audiolo‐ xía e estimulación da memoria aos maiores. Estará durante tres días aten‐ dendo de maneira gratuíta ás persoas maiores de 55 anos. Serán os vindeiros 10, 11 e 12 de maio en horario de 09.00 horas a 20.00 horas no Multiusos das Pozas. O autobús de Coidados Porta a Porta, promovido pola Con‐ sellería de Política Social da Xunta de Galicia, ofrecerá servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores da localidade de maneira gratuíta. O programa Coidados Porta a Porta, posto en marcha pola Consellería de Política Social, leva xa atendido a numerosas persoas

en diferentes localizacións das catro provincias da xeografía galega. En cada un dos concellos polos que pasa, este autobús permanece tres días ofrecendo servizos desti‐ nados aos maiores de 55 anos. Para acudir é necesario solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaporta.politicasocial‐ @xunta.gal A Xunta de Galicia investirá 10 millóns de euros nesta iniciativa pioneira, que permitirá achegar a todos os galegos revisións e valo‐ racións auditivas; atención podo‐ lógica para prevención, diagnose e tratamento das principais pato‐ loxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

ambicioso e multidisciplinar”, dixo, incidindo en que o novo modelo contempla a protección da saúde e da calidade de vida como un obxectivo único. Feijóo concluíu facendo fincapé en que este complexo suporá un punto de inflexión na abordaxe das necesidades socio‐ sanitarias das persoas maiores, na que a tecnoloxía se porá ao servizo do benestar das persoas dependentes; e na que os profe‐ sionais sanitarios e os sociosani‐ tarios traballarán máis unidos que nunca para garantir a mellor calidade de vida.

Un veciño de Mos finalista no Campionato Ibérico de Capoeira O concelleiro de Deportes mosense, José Areal, visitou no Centro Dotacional de Torroso, onde imparte clase, ao mosense veciño de San Antoíño, parroquia de Louredo, Arturo Seminario Wunder, máis coñecido como “Bambino”, para felicítalo como medallista no último Campionato Ibérico da escola Abadá-Capoeira, onde logrou 2 medallas. “Bambino” é Graduado da escola Abadá-Capoeira e Profesor de Capoeira en Mos no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. Imparte clases todos os mércores en horario de 20.15 horas a 21.15 horas. As persoas de 13 anos de idade en diante interesadas en practicar esta arte marcial poden inscribirse nas clases de Seminario, preguntando por elas no propio Centro Dotacional. Arturo Semi‐ nario está interesado en ampliar o rango de idades o vindeiro curso e impartir clase en Torroso tamén á poboación infantil. A cidade de Burgos acolleu en febreiro os Jogos Ibéricos da escola Abadá Capoeira, na súa XVIII

Arturo Seminario trouxo para Mos 2 medallas e imparte clases no Centro Dotacional os mércores de 20.15 a 21.15 horas edición. Capoeiristas de España e Portugal mediron as súas forzas na 2º competición de maior enverga‐ dura celebrada fóra de Brasil, o país de orixe desta arte marcial afrobrasileña, que combina loita, acrobacias e música. “Bambino” é un capoeirista que ama o que fai e ademais

gústalle competir. O pasado febreiro obtivo dúas medallas, unha de finalista e outra como mellor ‘jogo de Siriúna’; representou a España e leva o nome de Mos a todos os lugares onde dá clase e compite, é dicir, por todo o mundo, xa que é competidor a nivel internacional.


A Louriña

Mos

Abril 2022 Xornal 21

O alumnado mosense recibe a visita da Policía Local e Emerxencias Ven de iniciarse o programa de visitas da Policía Local de Mos e do Servizo Municipal de Emer‐ xencias do Concello de Mos aos colexios do municipio que pe‐ riódicamente se organiza desde a concellería de Educación. Trátase dunha actividade dentro do horario lectivo que ten un enorme éxito e xera gran expectación entre a cativada, pois trátanse de colectivos profesionais que o alumnado admira profun‐ damente. Os nenos e nenas reciben a policías, bombeiros e Protección Civil sempre cun sorriso e moitísima emoción. As actividades organizadas nos centros educativos, dirixidas a alumnos/as de Educación Infantil e de 1º a 5º de Primaria, inclúen circuito de educación viaria, charla de seguridade viaria, charla descriptiva do servizo municipal de Emerxencias do Concello de Mos, exposición e explicación do

funcionamento do parque móbil, tanto policial como de emerxen‐ cias, etc. Os obxectivos desta iniciativa son dar a coñecer entre o alum‐ nado do municipio tanto os recursos materiais como perso‐ ais do servizo da Policía Local e de Emerxencias. E coñecer o seu funcionamento dunha for‐ ma lúdica.

A actividade lévase a cabo na súa primeira parte no interior do colexio e na segunda parte, relativa á exposición dos vehícu‐ los e material, no patio ou zona exterior do centro educativo. Alí os axentes da Policía Local e/ou persoal de Emerxencias explican as súas funcións e lles ensinan aos nenos algúns dos recursos materiais dos que dispoñen.

Mos promove a compostaxe cunha nova entrega gratuíta de composteiros

Desde a concellería de Medio Ambiente Sostible do Concello de Mos que dirixe o edil Leo Costas, informouse de que se inicia unha nova campaña municipal de pro‐ moción da compostaxe mediante reparto de composteiros de xeito gratuíto entre a veciñanza. Ademáis dos composteiros clásicos, entregaranse por pri‐ meira vez no municipio, cubos de compostaxe para ter dentro das casas. As persoas interesadas en facerse cun deles xa poden solicitalo por escrito a través do Rexistro Xeral do Concello ou on line na Sede Electrónica. Nos últimos anos lévase experimentado en Mos un ver‐ dadeiro ‘boom’ da compostaxe. O concelleiro de Medio Ambiente sostible mosense, Leo Costas, dec‐ larou neste sentido sentirse “moi satisfeito do interese, a implicación e a concienciación cidadá neste

senso” e salientou que “continua‐ mos coa campaña anual de composteiros para seguir a fomen‐ tar entre os habitantes do munici‐ pio a compostaxe, unha práctica que comprobamos que xa está moi arraigada entre a veciñanza, como ven a demostrar a gran demanda que se rexistra”. Estes composteiros sonlle concedidos ó Concello de Mos pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, dependente da Consellería de Medioambiente, de xeito totalmente gratuíto. O Concello entrégallos aos veciños solicitantes a domicilio cun manual de uso e unha explicación técnica para o seu correcto emprego, e fáiselles unha revisión anual do composteiro para garantir o correc‐ to funcionamento do mesmo. O reparto dos composteiros faise a domicilio dos beneficiarios, unha vez alí, instalánselles e se lles explica como empregalos correc‐

tamente; e entregáselles ademais un manual de uso para consultar posibles dúbidas. Esta iniciativa supón un paso máis na optimización da recollida selectiva de residuos no Concello de Mos. É crucial a axeitada xestión dos residuos para un mantemento sostible da localidade mosense. E é que cos composteiros se reutilizan restos de materiais orgánicos de orixe vexetal dando lugar a que a porcentaxe de residuos sometidos a tratamento final sexa menor o que supón unha gran vantanxe ambiental, económica e social. Ademais tamén lles permite ós particulares en posesión dun composteiro eliminar ou, polo menos minimizar, o uso de fertilizantes químicos como abono; e reducir o número de viaxes ós contedores para levar o lixo, posto que case a metade do lixo que se xera nos fogares galegos está formado por materia orgánica.

13

O ‘Comité Antifascista Lourinha’ ataca a bandeira de Ucraína en Mos

O Concello de Mos denuncia e rexeita os actos vandálicos contra a bandeira de Ucraína instalada na fachada do Concello que foron realizados presuntamente polo movemento ‘Comité Antifascista Lourinha’ Dende o Concello de Mos veñen de manifestar "a nosa máis rotunda condea e repulsa aos actos vandálicos reivindicados e perpetrados presun‐ tamente polo ‘Comité Antifascista Lourinha’, nos que retiran, pintan coa esvástica nazi, e substitúen por outra de apoio á invasión rusa de Ucraína, a pancarta de ‘Mos con Ucraína’ que se atopaba instalada

na fachada da Casa Consistorial". A administración local mosense rexeita e denuncia públicamente estes actos que fan apoloxía da violencia, da guerra, e da vulnera‐ ción dos dereitos humanos e da autonomía dos estados soberanos; e comunica que xa se interpuxo denuncia formal dos feitos no cuartel da Garda Civil.

O Concello asumiría as obras para desbloquear a situación de San Antoíño A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o secretario municipal, Carlos Piñeiro, o xurídico do departamento municipal de Urbanismo, Víctor Rodríguez, a interventora, Sonia Dapena, xunto cos demais voceiros dos grupos da Corporación Muni‐ cipal, reuníronse no salón de sesións do Concello coa nova directiva encabezada polo pre‐ sidente, Juan Carlos Recouso, e a administradora da Comuni‐ dade de Propietarios da Urbani‐ zación de San Antoíño, na parroquia de Louredo, para tratar sobre o procedemento de exe‐ cución subsidiaria e recepción das obras de urbanización. A Comunidade de Propieta‐ rios manifestou a imposibilidade

de xestionar a execución das obras de urbanización necesarias para a recepción expresa. Ante o que o Concello aceptaría executar subsidiariamente as obras de urbanización necesarias para a subsanación das deficien‐ cias existentes. Por parte da administración local mosense xa se remitiu a proposta para a devandita execución subsidiaria á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, detallando como asumiría o Concello as obras. Unha vez validada pola Xunta esta proposta, presentaráselles aos veciños de San Antoíño para a súa aprobación.


14

O Porriño

Xornal 21 Abril 2022

A Xunta estudará a posiblidade de desenvolver unha aldea modelo no Porriño

A Consellería do Medio Rural estudará a posibilidade de des‐ envolver un proxecto de aldea modelo dentro do termo munici‐ pal do Porriño. Así o acordaron o titular deste departamento da Xunta, José González, e o alcalde da localidade pontevedresa, Ale‐ jandro Lorenzo, nunha xuntanza de traballo na que tamén partici‐ pou, por videoconferencia, o di‐ rector xeral de Defensa do Mon‐ te, Manuel Rodríguez. Así, os servizos técnicos de Medio Rural avaliarán a idonei‐ dade de diversas localizacións para a posta en marcha da inicia‐ tiva, que se enmarca na Lei de

recuperación da terra agraria de Galicia, xunto a outras como os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión con‐ xunta. Todos estes instrumentos, tal e como lle trasladou o con‐ selleiro ao rexedor municipal, teñen como principal obxectivo poñer en valor terras en desuso para poñelas a producir e xerar riqueza e emprego no rural, ao tempo que se fai unha pre‐ vención activa diante dos incendios forestais. No caso concreto das aldeas modelo, o obxectivo é fomentar o aproveitamento agroforestal do perímetro do núcleo de pobo‐

ación, co fin de xerar actividade nesa franxa e dese xeito contribuír á dinamización das terras e, si‐ multaneamente, á anticipación aos incendios forestais. Na reunión tamén se afondou na cooperación entre a Conselle‐ ría e o Concello en materia de prevención de lumes, en particu‐ lar no que atinxe aos labores de roza mecanizada para o control da biomasa. Ademais, a xuntanza serviulles aos responsables da Consellería do Medio Rural para coñecer de primeira man as nece‐ sidades e demandas dos veciños deste municipio pontevedrés re‐ lacionadas co agro.

Restablecido o subministro da Fonte de San Sebastián O Concello do Porriño levou a cabo obras de acondicionamento da fonte para evitar, na medida do posible, posibles focos de contami‐ nación que afectaban á calidade da auga e causaban reiterados cortes de subministro. As obras consistiron na canaliza‐ ción do caudal no tramo do nacente

ata o grifo para impedir filtracións contaminantes e na construción dunha arqueta na entrada da mina para a conexión da auga non potable coa rede de pluviais. “Unha vez realizadas as analíticas os valores paramétricos volveron á normalidade e por iso acordamos restaurar o subministro”, explicou o

concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, “Dentro dun mes volveremos analizar a auga para comprobar que segue a ser apta para o consumo”. Pola súa parte, o alcalde, Alejandro Lorenzo, reiterou que dende o Concello “farase todo o necesario para manter o subministro con todas as garantías sanitarias”.

A Louriña

A eliminación da especie invasora ‘Fallopia Japonica’ nas Gándaras de Budiño custará 70.000 euros

A Xunta licitou por 73.724 euros o contrato de servizo para a eliminación da Fallopia japonica, unha especie exótica invasora, nas Gándaras de Budiño, no concello do Porriño. Esta especie vexetal, que ten a súa orixe no Xapón e na China, introduciuse en Galicia como una planta de uso ornamental. Na actualidade está a afectar á con‐ servación dos hábitats que se loca‐ lizan nesta zona de especial con‐ servación (ZEC) do concello pontevedrés e a súa área de influencia; principalmente aos bosques aluviais de ameneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxi‐ nus excelsor: Alno-Padion, Alnion incanea e Salicion albae). O obxecto deste servizo, licitado a través da Plataforma de contratos públicos da Xunta, é eliminar os focos e puntos desta especie de flora exótica invasora que son a orixe da propagación cara ao espazo

protexido, que será repoboado con vexetación autóctona. Os traballos, que teñen un prazo máximo de execución de 19 meses, consistirán na roza manual e tratamento fitosanitario para eli‐ minar os pés da especie invasora. Cómpre lembrar que estas actuacións enmárcanse nos obxec‐ tivos que se establecen na proposta técnica do plan estratéxico para a xestión de especies exóticas inva‐ soras en Galicia, que fixa como prioritaria a súa erradicación con dous eixos de actuación: a erradicación temperá de focos de invasión de especies de alto risco de recente naturalización, como é o caso da Fallopia japonica; e a protección local dos sitios priori‐ tarios para a conservación de especies autóctonas —principal‐ mente a Rede Natura 2000— fronte as exóticas con alto risco de impac‐ to, neste caso a ZEC das Gándaras de Budiño.

As pistas de tenis do Porriño contarán con vestiarios equipados Os tenistas do Club Tenis Porriño e todos aqueles que fagan uso das pistas municipais de tenis dispoñerán de vestiarios totalmente equipados. Ata o de agora, os usuarios e usarías destas insta‐ lacións carecían dun lugar apro‐ piado para cambiarse e asearse tras a práctica deportiva e con esta actuación non terán que desp‐ razarse ao polideportivo munici‐

pal como viñan facendo. Para acometer estas obras, cuxo importe ascende a 48.389,49 eu‐ ros, o Concello do Porriño asinou un convenio de cooperación coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. En virtude do mesmo, o ente autonómico aportará preto de 40.000 euros e o restante o asumirá o Concello con fondos propios.


A Louriña

Mos O Porriño

Abril 2022 Xornal 21

A Audiencia de Pontevedra rexeita os recursos contra o arquivo do accidente do tren Celta Nos autos, o tribunal indica que os recorrentes tratan de imputar “unha hipotética impru‐ dencia na súa conduta” á persoa que decidiu enviar ao tren con pasaxeiros por vía desviada a comprobar unha avaría, o que, segundo o seu criterio, aumentaría o risco de accidente ferroviario A Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso interposto por Comboios de Por‐ tugal e pola esposa dun dos fale‐ cidos, ao que se adheriron outras tres persoas, contra o auto do Xulgado de Instrución número 2 do Porriño que decretou, en marzo de 2021, o sobresemento provi‐ sional das dilixencias relativas ao descarrilamento do tren Celta, que une Vigo e O Porto, sucedido en 2016 na entrada da estación o risco de accidente ferroviario. do Porriño. Dos 420 viaxeiros que “Esa afirmación non conta co máis ían no convoi, faleceron catro e mínimo indicio de ser certa. En 47 resultaron feridos. concreto, do informe da Comisión Nos autos, o tribunal indica de Investigación de Accidentes que os recorrentes tratan de Ferroviarios (CIAF) despréndese imputar “unha hipotética impru‐ que este procedemento de actua‐ dencia na súa conduta” á persoa ción (facer circular trens por vías que decidiu enviar ao tren con desviadas) é levado con total pasaxeiros por vía desviada a habitualidad por parte do persoal comprobar unha avaría, o que, de Adif ao longo de todas as segundo o seu criterio, aumentaría estacións repartidas por España”,

subliñan os maxistrados, quen entende que, por ese motivo, “en ningún caso estamos #ante unha situación de excepcionalidade na que os traballadores de Adif actuasen de forma imprudente, sen saber as consecuencias das súas accións”. O tribunal, ademais, afirma que todos os informes periciais son concluíntes “no punto de que o sinistro se produciu por un

O BNG critica o recurso do Concello sobre a sentenza dos montes de Atios

En febreiro de 2018, a xuíza do xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 3 do Porriño ditou sentenza sobre o procedemento a instancia da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios contra o Concello do Porriño. Ditaminouse que as parcelas destinadas ás canteiras e industrias están incluídas no mon‐ te veciñal Carrascal e Laxedo e son propiedade indubidable dos ve‐ ciños de Atios. O fallo xudicial recolle a realidade física e histórica do terreo e ratifica o que sempre defendeu o BNG: os montes son veciñais desde tempo inmemorial,

porque así os viñan posuíndo e aproveitando para usos forestais, agrarios, gandeiros ou incluso, para extracción de pezas de granito para construción. O Bloque instou no seu momento á Corporación Municipal a non recorrer a sentenza mais a maioría plenaria rexeitou a nosa petición e avalou a interposición dun recurso ante a Audiencia Provincial. O pasado día 15 de marzo a audiencia resolveu este recurso presentado polo Concello desestimándoo e ratificando a sentenza do Xulgado do Porriño. Ante esta nova sentenza, o BNG

presenta unha moción para instar ao Goberno local a non interpor un novo recurso sobre o fallo da Audiencia Provincial, que volve a dar a razón á CMVMC de Atios. Segundo o BNG “o PP pasa por riba da vontade maioritaria do pleno e recorre igualmente a sentenza, indo contra a Xunta de Montes de Atios e volvendo meter o Concello e cartos públicos noutro preito que ten pouco futuro”. Para os nacionalistas “as dúas sentenzas son claras: o monte é das veciñas e veciños de Atios”

exceso de velocidade do maqui‐ nista falecido”, polo que conside‐ ran que os recursos de apelación deben desestimarse. O tren, segundo o informe da CIAF, circulaba a unha velocidade de 110 km/ h cando a prescrita para pasar polo cambio era de 30 km/ h. Os datos obtidos, segundo os autos, demostran que o maqui‐ nista “recibiu o sinal de precaución na avanzada e pulsou dúas veces

15

o botón de recoñecer a orde de circular a 30 Km/ h. polo desvío de entrada na estación e que, á súa vez, recoñeceu o sinal de precaución na baliza previa ao sinal de entrada da estación e non diminuíu a velocidade, desobe‐ decendo o prescrito polos sinais e recoñecido por el, xa que, se non pulsase o botón de recoñe‐ cemento, o tren activase o freo de emerxencia automaticamente”. Os recorrentes sosteñen que a superación da velocidade per‐ mitida por parte do maquinista foi debida “á confusión derivada da sinalización”. A Audiencia, con todo, recalca que “ningún indicio existe de que ocorrese desta forma, sendo o afirmado unha pura especulación, sen base fáctica algunha”. “En todo caso, de todo o informe non se desprende que existise ningún defecto na sinali‐ zación que puidese ser conside‐ rado como unha imprudencia por parte do administrador de feito ou de dereito da persoa xurídica encargada das sinaliza‐ cións da vía”, recalcan os xuíces, quen indica que o informe da CIAF é “contundente e rotundo sobre esta cuestión, de maneira que non pode entenderse que exista culpa algunha na sinaliza‐ ción en cuestión”. Contra os autos da Audiencia Provincial non cabe presentar recurso.

Causan graves danos na Capela de San Benito A Capela de San Benito foi obxecto dun roubo con forza e destrozos no mobiliario e imaxes. A Policía Local e a Garda Civil abriron investigación para dar cos responsables dos feitos. Os autores do roubo accederon ao interior e fixéronse co lampadario (peto con donativos a cambio de velas iluminadas), ademais de causar múltiples danos no altar e nas imaxes relixiosas. O alcalde, Alejandro Lorenzo, mostrou a súa “rotunda condena”

a uns feitos que “non só supoñen un gran dano patrimonial senón tamén ao sentir de moitos porriñe‐ ses e porriñesas”.


16

Salceda de Caselas

Xornal 21 Abril 2022

Redondela A Louriña

O Concello de Salceda incorporou 15 persoas desempregadas ao seu cadro de persoal O equipo de goberno local deu a benvida ás novas incorpo‐ racións de persoal contratadas ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos 2022-2023 da Depu‐ tación de Pontevedra. O persoal contratado ocupará postos de traballo para facer fronte a diferentes tarefas en diferentes servizos que presta o concello como os de Medio Ambiente, Recadación, Orienta‐ ción Laboral, Conserxería, Bi‐ blioteca e Mantemento de dependencias municipais. A tipoloxía de postos de

traballo que se ocuparán grazas a estas contratacións serán 6 persoas para os postos de peón de xestión de residuos, 2 persoas para os postos de peón forestal, 2 persoas para os postos de conserxe/bedel, 2 persoas para os postos de auxiliar administra‐ tivo, 1 persoa para o posto de condutor/a de camión, 1 persoas para o posto de bibliotecario/a e 1 persoa para o posto de Téc‐ nico/a de Orientación Laboral. As novas incorporacións terán un contrato de seis meses de duración a xornada completa.

Salvaterra, Salceda e As Neves presentan un proxecto de apoio ás mulleres Os Concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves veñen de presentar ante a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia un Programa conxunto de promoción da igual‐ dade e prevención da violencia de xénero destinado a mulleres dos tres municipios, que suman mais de 23.000 habitantes. O conxunto das actuacións do Programa desenvolveranse mediante xestión compartida e permitirá, ademáis de aforrar custos, mellorar a eficiencia da xestión nun progra‐ ma tan especializado como este, eliminar duplicidades e cumprir coa normativa de estabilidade ao tempo que se incrementa a calida‐ de dos servizos prestados. O Programa, que espera unha participación de 80 mulleres como mínimo, contempla asesoramento, orientación e apoio psicolóxico, xurídico e laboral especializado e personalizado para as participantes e con talleres e outras actividades formativas destinadas a reforzar a autoestima, o benestar e a calidade

de vida das participantes así como o seu empoderamento e mellora da participación en todos os eidos. De feito, a promoción da inserción laboral das mulleres a través de ferramentas formativas, recursos e mediación é outro dos obxectivos que se marca esta ambiciosa actua‐ ción conxunta. O Programa, que contempla visitas a empresas e encontros grupais, valorizará o coñecemento

e a experiencia mediante o debate, a cultura e o audiovisual. O servizo de asesoramento personalizado prestarase a demanda e individualmente durante os 4 meses que dure o programa, cun mínimo de 6 horas semanais de atención. Pola súa banda, impar‐ tiranse 48 horas de formacións ás participantes máis 8 horas noutras actividades complementarias. O Programa, para o que se

O PP asegura que o goberno “segue a deixar centos e centos de facturas sen pagar” O Grupo Municipal Popular no Concello de Salceda de Ca‐ selas, ven de facer púbilcas unhas declaracións respeto do REC e da aprobación inicial do Orzamento para este ano 2022 que se deu no pleno extraordina‐ rio para tratar estas duas cues‐ tións. Consideran que non hai nada novo, séguese a mesma liña de actuación e non mudan a ma‐ neira de xestionar e executar os recursos públicos dos veciños. Según din, seguen “a deixar cen‐ tos e centos de facturas sen pa‐ gar, non planifican as inversións, gastan sen ter a partida econó‐ mica para facerlle frente o pago dos traballos, non fan un pro‐ cedemento de contratación na maioría dos casos, adxudican a

“dedo” (según se interpreta do informe de intervención) e pa‐ gan facturas sen ter en conta a relación de orde de entrada”. Por todo elo veñen de mani‐ festar que: “a señora Alcaldesa volve a fallar noutro compromiso os salcedenses, xa que non é quen de controlar o seu goberno o cal tendría que liderar. Non decimos que aplique o “outro xeito de go‐ bernar” que nós prometía, que xa sabíamos que era un slogan e engaño, se non de ter un goberno unido e traballando na mesma dirección. Vese claramente como cada parte do goberno vai o seu, sen importarlle o ben común, que é o que deberían estar”. Tamén indicab que “Os dous REC, suman 1.731.000 € de fac‐

turas sen pagar no ano 21, 1290 facturas que teñen que esperar a que o bipartito acorde imputalas o exercicio seguinte, polo que seguimos arrastrando impagos dun ano a outro de forma abusiva, sen rigor, sen planificación, ga‐ stando o que non se ten, deixan‐ do a deber a dúcias de provee‐ dores”. Para os populares “o orzamen‐ to de 2022 de 5.460.000€ que se aprobou inicialmente a semana pasada, xa so lle quedan 3.729.000 €, un 31,4% xa o ga‐ staron no ano 21 e que agora hai que pagar no 22 con cargo o deste ano. Un presuposto que ten unha reducción dun 26% na partida de educación, e de un 0% na partida de custe do goberno local, o máis

solicita unha axuda que ronda os 12000€, foi presentado xa ante a Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia As representantes dos tres Concellos consideran que esta actuación compartida pode ser un paso máis para consolidar servizos municipais especializados e dotalos de instrumentos que contribúan activamente ao desenvolvemento de políticas públicas de igualdade. As tres entidades locais queren ademáis reforzar a protección das mulleres que se enfrontan ou se enfrontaron nalgún momento das súas vidas á violencia de xénero e asegurarlles unha atención profesional e integral, como sinala a normativa estatal, galega e o Pacto de estado contra a Violencia de Xénero. É a primeira vez que Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves únense para traballar nun Programa conxunto e integral, fomentando a igualdade e previn‐ do a violencia contra as mulleres.

caro da historia de Salceda (aquí tod@s a cobrar do Concello men‐ tres lle pedimos os veciñ@s que paguen máis IBI) e o máis caro de Galicia tendo en conta o orzamento municipal e o número de habitantes”. Din ademais que “os salceden‐ ses seguen a sufrir a política recau‐ datoria e de suba de impostos do goberno das señoras Tourón e Castiñeira. Pagaremos un 44% máis polo recibo do IBI do ano 2018. Prevén ingresar 440.000€ enriba do xa pagado no seu día polos veciños por esta anualidade da urbana”. “As entidades veciñais, centros culturais, tecido asociativo e de‐ portivo, así como as do eido so‐ cial, teñen neste orzamento 22 as mesmas cantidades en subvencións que tiveron nos últimos doce anos. E curioso ver e leer como se lles enche a boca de bonitas pa‐ labras, xestos e propaganda dende o goberno hacia o noso Entroido,

“Corre por Salceda” se retomará este ano cumprindo a súa IX edición O vindeiro 8 de maio celebrarase de novo, a carreira popular “Corre por Salceda”, que este ano se retomará cumprindo a súa IX edición, despois do obrigado parón provocado pola pandemia.Trátase dunha proba organizada pola Concellería de Deportes e as Escolas Deportivas Municipais, que conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. A carreira se desenvolverá polo casco urbán e por algunhas das sendas do municipio, e constará das seguintes categorías: categoría absoluta(anos 2006 e anteriores) de 10 km e 5 km con saída conxunta as 10:30 horas e resto de categorías(escolares e menores) con saída a partires das 12:15 horas A categoría absoluta de 10 km de distancia será, como en anteriores edicións, proba puntuable(ruta) para o Circuito Galego de Carreiras Populares 2021/2022.

e logo ver como seguen a ter a mesma aportación económica nos orzamentos ano tras ano” sinalan dende o PP. “No capítulo de inversión, non existe para o ano 22 con fon‐ dos propios. Non destinan nada a unha nova obra maís alá da de todos os anos do Plan Marco da Xunta de Galicia. Unha triste realidade que logo se verá en obras a dedo, sen licitación corres‐ pondente e deixandoas sen pagar para logo trasladalas os REC do ano 2023” explican. Por último explican que “vo‐ tamos en falta un Plan de inver‐ sión claro, onde o saneamento, limpeza e conservación, melloras das instalación deportivas e viarias sexan prioritarias, concisas e prio‐ ritarias. É moi preocupante ver como o PXOM non é un asunto que lle preocupe nin lles ocupe o o bipartito. Así un pobo non pode avanzar e xerar oportunidades para os seus veciños”.


A Louriña Mos Redondela

Abril 2022 Xornal 21

17

O alumnado do IES Chapela planta árbores autóctonas

O atletismo redondelán contará cunha pista no IES Illa de San Simón

Alumnas e alumnos do IES Chapela levaron a cabo, o pasa‐ do 7 de abril, a plantación de árbores autóctonas no camiño do Bosque, unha plantación moi desexada polas persoas que

adoitan subir á Senda da auga, a través da senda paralela ao río Fondón, unha zona de alto valor por ser un corredor ecolóxico, segundo o Plan de Ordenación do Litoral.

O Concello inicia as obras de humanización da Avenida Santa Mariña Cun orzamento de máis de 450 000 euros as obras mellorarán unha das principais vías de entrada ao núcleo urbano O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento da veciñanza que darán comezo, a finais de mes, as obras de humani‐ zación da Avenida Santa Mariña. Os traballos para os que se destina un investimento de 450 686,84 con cargo ao Plan Concellos 2021 permitirán non só a transformación deste espazo urbano, unha das principais vías de entrada á vila, senón tamén á mellora da rede de subministro e saneamento. A alcaldesa Digna Rivas salienta a importancia destas obras que “permiten a transformación dos espazos a fin de mellorar a mobi‐ lidade, as condicións de vida e dotar aos veciños e veciñas dos servizos aos que teñen dereito independentemente do lugar onde residan”. As obras inclúen a instalación de sistemas de alumeado e sinalización, mobiliario urbano, canalizacións para saneamento e abastecemento, tubaxes para liñas de comunicación e condución

eléctrica, mellora de beirarrúas e pavimentación. O firme de todo o trazado obxecto das obras, nunha extensión de 680 metros cadrados, será pavimentado con aglomerado asfáltico de 6 cm de espesor. En ámbalas dúas beiras da rúa, insta‐ laranse canalizacións para a reco‐ llida de pluviais que contarán con sumidoiros no lado sur e nos dous lados da rúa procederase á instala‐ ción integral da rede de abastece‐ mento de auga potable. Os traballos completaranse coa mellora integral das beirarrúas e a instalación de alumeado público que mellore, non só as condicións de luminosidade da zona senón que permitan unha mellora da eficiencia enerxética en canto ao consumo e emisións de CO₂. Finalmente, dotarase á zona da correspondente sinalización de tráfico, tanto horizontal como vertical e de mobiliario urbano (xardiñeiras, bancos, papeleiras e varandas).

“Tíñamos un compromiso adquirido coas e cos atletas de Redondela e este Goberno ten a gala cumprir as obrigas con‐ traídas”, afirmou a alcaldesa, Digna Rivas, ao dar conta da construción dunha pista de atle‐ tismo no IES Illa de San Simón logo de que a Xunta de Galicia remitira, o preceptivo convenio de colaboración, documento ne‐ cesario dado que a pista construi‐ rase nunha instalación educativa. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou a súa satis‐ facción polo convenio remitido pola Xunta á que agradeceu “a súa colaboración para que Re‐ dondela poida contar cunha pista deportiva acorde ás necesidades dos clubs do municipio”. Para a construción desta pis‐ ta de atletismo que será finan‐ ciada con fondos propios do Concello, a Concellería de De‐

portes que xestiona Nacho Gon‐ zález, investirá de preto de 170 000 euros, partida que será reflectida nos Orzamentos mu‐ nicipais que, nestes momentos, están en fase de negociación cos grupos da oposición. Os traballos a acometer per‐ mitirán dotar ao municipio dunha pista de atletismo de 4 rúas de 90 cm de ancho e unha corda aproximada de 180 me‐ tros. Asi mesmo, o proxecto in‐ clúe unha prolongación de rúas que permitan habilitar unha recta de 60 metros, con zona de saída de 3 metros e de freado de 15 metros. A instalación comple‐ méntase cun foxo de salto e de‐ mais instalacións propias dunha zona de atletismo como poden ser os círculos de lanzamento. Amais dos traballos perime‐ trais da instalación de saneamen‐ to e drenaxe, procederase á ade‐

cuación da pista polideportiva existente mediante a aplicación dunha pintura que homoxeneíce a actuación, xa que se solapará formigón existente con formigón novo, modificándose a posición da pista. A alcaldesa explicou que a nova instalación permitirá a usuarias e usuarios, realizar ades‐ tramentos “cun pavimento de al‐ tas prestacións perfectamente apto para adestramentos cunha pista de 60 metros para carreiras de velocidade e un foxo para salto de lonxitude”. A raíz do convenio asinado, puntualizou Digna Rivas, a ins‐ talación “poderá ser utilizada polos clubs e atletas fora das horas lectivas, polo que a súa construción supón incrementar o número de infraestruturas deportivas con que contamos no municipio”.

Redondela quédase sen Feira do Libro O Goberno local de Redondela Para o Goberno socialista de eventos, teñen que ser as cualificou de “falta de sensibilidade” redondelán, celebrar a Feira do protagonistas absolutas”. a proposta de datas realizada pola Libro nas datas tanto na Festa da Doutra banda, a outra data Federación de Libreiros de Galicia Coca coma do Festival Interna‐ 'baleira' sería durante o mes de para a celebración da Feira do Libro, cional de Títeres, “supoñería xullo, opción que foi rexeitada ofrecendo ao Concello, como datas desvirtuar completamente un logo de que o Concello mantivera posibles, as que coinciden coa Festa evento cultural de primeira mag‐ unha reunión coas libreiras e da Coca, Festival Internacional de nitude e que debería ser unha libreiros. “Xullo é, salvo contadas Títeres ou no mes de xullo, esta festa grande non só do libro excepcións, un mes moitísimo última rexeitada polas librerías senón da cultura en xeral e arredor calor e en pleno período vacacio‐ locais ao coincidir con período de da que se organizan interesantes nal, co que a afluencia de público vacacións estivais e un mes habitual actividades complementarias”. sería case que simbólica”, asegura de altas temperaturas “que case Nun casco urbano ateigado a rexedora local redondelá. garante a escasa ou nula afluencia de público como acontece na “Redondela é o cuarto muni‐ de público”. Festa da Coca, e con multitude cipio da provincia, non só dende Tanto a alcaldesa de Redondela, de escenarios móbiles como é o aspecto demográfico, senón Digna Rivas, como a concelleira habitual no Festival Internacional tamén por importancia cultural de Cultura, Iria Vilaboa coinciden de Títeres, “os postos da Feira e social”, afirma con rotundidade ao sinalar que non é de recibo “que do Libro terían que ser traslada‐ Digna Rivas para quen “deixar ás ao cuarto municipio da provincia dos a lugares afastados do centro veciñas e veciños sen un evento de Pontevedra se lle ofrezan as datas urbano e, polo tanto, con menos cultural de primeira orde, como baleiras logo de ter pechado o visibilidade”, explica Digna é unha Feira do Libro, non só é calendario con municipios de Rivas quen asegura que “estaria‐ unha falta de sensibilidade senón menor entidade en canto a número mos a facerlle un fraco favor ás que é unha falta de respecto a de habitantes fai referencia”. librerías locais que, neste tipo toda a veciñanza”.


18

Xornal 21 Abril 2022

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | Salvaterra de Miño | Ponteareas Mos

OACondado Louriña

O Goberno local celebra a aprobación do proxecto de mellora da N-120 en Ponteareas

A nadadora do CN Ponteareas Sofía Carballo subcampioa de España Júnior en 100 braza Nova rolda de éxitos para o Club Natación Ponteareas, que participou e no XXII Campionato de España Open Absoluto – XXXVIII Campio‐ nato de España Júnior cele‐ brado na localidade malagueña de Torremolinos, onde as e os catro deportistas do equipo ponteareán amosaron un alto

nivel de forma que promete unha interesante segunda parte da tempada. No encontro, que congregou aos principais nadadores e nadadoras estatais, destacou o papel de Sofía Carballo, que se proclamou subcampioa de España Júnior en 100 braza, parando o crono na mellor

marca galega da súa idade. Un logro que xa repetira a xornada anterior, onde marcaba a me‐ llor marca galega nos 50 braza. Uns resultados na competición grazas aos que Carballo pasa a obter o recoñecemento e a formar parte do Grupo de Deportistas Galegos de Alto Nivel (DGAN).

Dá resposta ás demandas realizadas dende Concello e colectivos veciñais, avanzando na solución ao grave problema de seguridade viaria nesta estrada O Goberno municipal do BNGPSOE celebra a aprobación provisional do proxecto de mellora da N-120 por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, unha noticia moi positiva para Ponteareas que dá resposta as demandas realizadas dende Concello e colectivos

veciñais para poñer fin ao grave problema de seguridade viaria que se viña vivindo nesta estrada dende hai décadas. “É un avance impres‐ cindible para solucionar un pro‐ blema que vivimos dende a aper‐ tura da autovía no ano 1996”, salienta a alcaldesa, Cristina Fer‐ nández Davila.

O PP esixe reparacións urxentes nas instalacións deportivas de Pardellas Os populares, que visitaron inutilizados. Unha maior limpe‐ recentemente a instalación convo‐ za en toda a contorna e melloras cados por representantes dos clubs de iluminación. No exterior, “sería e usuarios, fan referencia na súa necesario mellorar a iluminación, solicitude a cuestións como a o asfalto e pintar as prazas de deterioración do céspede natural aparcamento”. nun dos campos, a fontanería e os En definitiva, os populares problemas de electricidade, aban‐ solicitan unha reforma integral das dono de materiais, “hai sacos con instalacións de Pardellas, cunha restos de caucho inservible e restos partida económica para este 2022 de podas en varios lugares da , “poderíase facer con parte do instalación”. Tamén solicitan o diñeiro que reciben do Plan arranxo dos vestiarios, “totalmente Concellos, máis de 1,1 millóns cada abandonados”, reparar o muro de ano”, e así mellorarían esta insta‐ peche que está roto en varios tramos lación que é utilizado por clubs e nos locais encima das bancadas deportivos e deportistas individuais do campo de herba natural os teitos que agora mesmo teñen que recorrer están desprendidos e entra auga os a outros espazos ante a deteriora‐ días de choiva. Portais de acceso ción de Pardellas.

Unha vintena de voluntarios e voluntarias limparon a contorna do río Uma Gran labor o realizado polo grupo rapaces e rapazas do volun‐ tariado ambiental xuvenil, que retomaron as saídas cunha recollida de residuos no na contorna do Uma. Unha mañá de traballo na que percorreron as beiras do río retirando unha morea de residuos da máis variada tipoloxía, dende extintores e aceites e disolventes, ata colchóns, xeringas ou distintas partes de automóbiles, como defensas ou rodas.

Obras de saneamento en Cabreira O Concello de Salvaterra ven de iniciar as obras de saneamento nos barrios da Poza, Arras e Monte da Bouza, na parroquia de Cabreira por un importe su‐ perior aos 43.000,00€ a través do Plan Concellos da Depu‐ tación Provincial. As obras incluídas neste pro‐ xecto consisten na construción de varios tramos de colector de sa‐ neamento coa canalización de tuberías de PVC e todas as ac‐ tuacións complementarias: esca‐ vacións, pozos e reposicións.

En total executaranse 436 me‐ tros de tubería de PVC de 250mm de diámetro nominal. Os tramos a executar desembocarán en colectores existentes, polo que as vivendas poderanse conectar á rede de saneamento actual, unha vez rematada a obra. Nos puntos necesarios, tales como cambios de dirección, cone‐ xións con outros colectores e co‐ nexións con acometidas domicilia‐ rias, instalaranse pozos de rexistro, que facilitarán tamén as labores de limpeza dos colectores


Baixo A Louriña Miño Mos A Guarda | O Rosal | Oia | Tomiño | Tui

Abril 2022 Xornal 21

19

Tomiño prepárase para cumprir coa nova Lei de Residuos

A Xunta eloxia o traballo da arupaciónsde Protección Civil Tui O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou recentemente a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Tui, á que a Xunta apoiou nos últimos anos nos seus gastos de funcionamento e na dotación de material de emer‐ xencias con máis de 43.500 euros. Santiago Villanueva incidiu que co seu labor altruísta e desinteresado velan cada día pola seguridade dos seus veciños. Por iso, sinalou o compromiso da Xunta para dotar do equipamento necesario a estas agrupacións para que poidan realizar o seu traballo con seguridade e mellorando a eficiencia do servizo. Por unha parte, coas axudas anuais coas que o Goberno galego financiar os gastos das Agru‐ pacións de Voluntarios de Protec‐ ción Civil (AVPC) dos concellos de menos de 50.000 habitantes, ás que este ano se destinou 340.000 euros para as 234 agru‐ pacións da comunidade, co obxectivo de atender as necesi‐

dades de equipamento e unifor‐ mes; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; custos de actuación ou formación dos seus membros; pago de seguros; así como os gastos derivados do mantemento, transporte, ou conservación e alugamento da base e medios de intervención xunto co equipamento de material informático e de comunicacións. Co obxectivo tamén de reforzar o equipamento das agrupacións, o Goberno galego destinou o ano pasado 1 millón de euros á orde de axudas, a través da que se dotaron a distintas AVPC de 19 vehículos todocamiño tipo pickup, 6 remolques para a atención das emerxencias, 26 tendas de campaña, 8 coitelas para a re‐ tirada de neve e oito esparexe‐ dores de sal. En total, nos últimos anos a Xunta leva destinados 18 millóns de euros en apoio ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, máis de 4

millóns para sufragar os seus gastos de funcionamento e máis de 14 millóns de euros no reforzo do seu equipamento. No caso da agrupación de voluntarios de Protección, a Xunta apoiou a súa actividade coa do‐ tación dun desfibrilador e, o ano pasado, cun vehículo todocamiño tipo pick-up para labores relacio‐ nados co medio ambiente e outras actuacións en favor da veciñanza. Ademais, os voluntarios de Protección Civil prestan, tamén con apoio do Goberno galego, labores de asistencia e apoio aos peregrinos do Camiño Portugués ao seu paso por Tui. Santiago Villanueva tamén lembrou que a este investimento hai que sumar os 47 millóns destinados aos Grupos de Emer‐ xencias Supramunicipais (GES) dos que a Xunta asume máis da metade do seu custe de funcio‐ namento, o que supón 40 millóns de euros nos últimos anos, aos que se suman outros 7 millóns en material de emerxencias.

Tomiño leva traballando dende tactar co 30% das vivendas ás que o 2018 no tratamento separado lle corresponde o uso destes cen‐ dos biorresiduos, a través da tros (1089 pisos en altura, suman compostaxe in situ, tanto individual os núcleos urbanos de Goián e coma colectiva, no marco do Plan Seixo), ás que se lles foi entregado REVITALIZA, para adaptarse á o caldeiro (344 unidades entrega‐ recente norma estatal de residuos das) para separación do residuo "Lei 7/2022, de 8 de abril, de orgánico, e dos cales estimamos residuos e solos contaminados para que o usan un 80%. unha economía circular", que obriga ás entidades locais a establecer Coidados porta a porta” estará sistemas para a xestión separada en Oia do 25 ao 28 de abril dos biorresiduos antes do 31 de A unidade móbil do programa xuño do 2022. “Coidados porta a porta” que a Por outra banda, o Concello Xunta de Galicia vén de poñer en está en plena realización dun marcha visitará Oia este mes de “Estudo técnico de xestión e pre‐ abril, ofrecendo consultas de vención de residuos municipais”, audioloxía, podoloxía e estimula‐ no que se integrará un estudo ción de memoria. O vehículo económico da solución ou solu‐ situarase na explanada do campo cións propostas que sirvan de base de fútbol de Oia os días 25, 26, para futuras ordenanzas, adaptadas 27 e 28 deste mes. á nova normativa, e para o cal ten Este servizo gratuíto está dirixido concedida unha subvención de a persoas maiores de 55 anos. 15.000 € por parte da Deputación Funciona con cita previa, que pode de Pontevedra, en xunta de goberno solicitarse chamando ao teléfono do 24 de xaneiro de 2022. 622.748.283 ou ben a través do “No ámbito da compostaxe, sen correo electrónico coidadosporta‐ chegar aínda ós obxectivos marca‐ aporta.politicasocial@xunta.gal. A dos, os datos son alentadores”, inscrición previa tamén pode fa‐ comenta a concelleira de Medio cerse no teléfono do Concello de Ambiente, Ana Belén Casaleiro, Oia: 986.36.21.25. pois no ano 2021 xestionáronse Ademais, o día 25 ás 12.30 nos 16 Centros de Compostaxe horas haberá unha charla na Casa Comunitaria (CCC) de Tomiño Consistorial na que se explicará en 159 toneladas de biorresiduos e que consiste a iniciativa e se poderán restos vexetais. Conseguiuse con‐ consultar dúbidas.

Play-Doc encara o seu XVIII edición en Tui do 4 ao 8 de maio A Xunta colabora na mellora das dependencias da Policía Local

O Festival Internacional de Cinema de Tui Play-Doc anuncia o peche da súa convocatoria para a recepción de películas que formarán parte dos programas competitivos da súa próxima edición. As películas seleccionadas poderán optar aos

tres premios que outorga o festival nas súas categorías de longametraxe, curtametraxe e premio Galicia. A 18 edición de Play-Doc, que se celebrará do 4 ao 8 de maio na localidade pontevedresa, acollerá primeiras retrospectivas españolas,

europeas e internacionais, non só de cineastas de culto e verdadeiras lendas do cinema documental, senón que tamén contará con estreas en grao sumo destacado do cinema contemporáneo actual e da produción galega máis recente.

A directora xeral de Admi‐ nistración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron o concello da Guarda ao que o Goberno galego desti‐ nou preto de 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de uso público para a reforma e adecuación das dependencias da Policía Local e financiou por renting un vehículo Eco para a mobilidade sustentable que vai ser empregado pola Policía Local. Segundo explicou Natalia Prieto, o concello solicitou unha axuda para levar a cabo a reforma e adecuación a norma das depen‐

dencias da Policía Local e con esta reforma preténdese a reno‐ vación das instalacións, mello‐ rando a zona de atención o público, vestiarios e aseos así como creando un novo espazo para oficinas e sala de xuntas. Ademais, o concello solicitou tamén a axuda para a adquisición de vehículos alternativos, me‐ diante o sistema de renting, con destino aos corpos de Policía Local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental, contando cun novo vehículo para a unidade medioambiental da Policía Local con distintivo ambiental cero emisións ou Eco.


20

Nigrán | Gondomar | Baiona

Xornal 21 Abril 2022

A Mancomunidade do Val Miñor aportará 25.000 euros en axuda alimentaria aos campamentos saharauis A Mancomunidade do Val Miñor levará ao pleno do 4 de maio a aportación de 25.000 € ao Fondo Galego de Coopera‐ ción e Solidariedade para que os destine a axuda alimentaria de emerxencia nos campamentos de refuxiados saharauis e á recollida de residuos e sensibili‐ zación ambiental nestes territo‐ rios arxelinos. Asi llo comunicou o presidente da Mancomunida‐ de, Juan González; o rexedor de Gondomar, Francisco Ferreira; e a concelleira de Servizos Socias, Concepción Vara, ao delegado do Fronte Polisario en Galicia, Mohamed Mehdi, nun encontro no Concello de Gondomar. Estes cartos súmanse aos 10.000 € que xa aprobou ao respecto o Concello de Nigrán e a outros 15.000 € que achegará directa‐ mente o Fondo Galego despois de que o rexedor nigranés, presidente tamén do Fondo, visitase xunto ao seu homólogo de Gondomar os campamentos en febreiro e apreciasen in-situ estas necesidades.

Ovalmi ofrece un curso gratuíto de inglés para hostalaría Nigrán aposta por posicionarse como destino de calidade inter‐ nacional mellorarando a atención ao peregrino e ao turismo estran‐ xeiro nun dos sectores que máis trascende en redes sociais: a hos‐ talaría. Por este motivo, en cola‐ boración con Ovalmi, ofrece desde o martes 26 de abril e ata o 13 de maio un curso gratuíto de inglés de 53 horas para que aque‐ las persoas que traballan en esta‐ blecementos de restauración

adquiran unhas competencias mínimas que lles permitan atender satisfactoriamente a este tipo de clientes e, adicionalmente, au‐ menten a visibilidade do negocio en redes elaborando un vídeo e dous post, ademais de traducir a carta. O curso desenvolverase nun bloque presencial de 9 sesións de 27 horas entre o 26 de abril e o 13 de maio no Pazo de Pías e de 26 horas non presenciais. Os interesados deben inscribirse a través do 697891872 (indepen‐ dentemente de que estean asocia‐ dos a Ovalmi).

A Garda Civil detén a unha veciña de Nigrán por venda e distribución de drogas A Garda Civil detivo por un presunto delito de tráfico de drogas a unha veciña de Nigrán que suposta‐ mente se dedicaba á venda e distribución de cocaína a consumidores habituais da zona. Ademais de incautarse algo máis de 26 gramos de cocaína, inter‐ viñéronselle tamén cinco teléfonos móbiles e o vehículo que utilizaba nos desprazamentos, para levar a cocaína aos compradores cos que contactaba telefonicamente. as investigacións realizadas por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, iniciáronse o pasado mes de decembro por mor de varias alertas telefónicas informando de que unha veciña do municipio de

Froito da actividade opera‐ tiva que require este tipo de investigacións, púidose consta‐ tar que durante o tempo que durou a operación policial, realizou preto dunha decena de transaccións de droga, que le‐ vou a cabo con coñecidos consumidores habituais de Nigrán dedicábase á venda e distribución estupefacientes, non só en Nigrán, de estupefacientes a pequena escala. senón tamén en Baiona e Vigo. Tele‐ As pescudas que levaron a cabo fonicamente recibía as demandas e era conduciron á localización desta persoa, ela mesma a que se desprazaba ás que ten o seu domicilio nunha parro‐ distintas localidades onde residían os quia do municipio de Nigrán, e non “clientes” para levarlles a cocaína. tardaron en confirmarse as sospeitas Tanto a detida, como a droga e os ao comprobar que levaba un nivel de efectos incautados, entregáronse no vida moi por encima das súas aparentes Xulgado de Instrución nº 8 de Vigo, posibilidades económicas. que decretou a súa liberdade con cargos.

ValMotor Miñor

O GES do Valmiñor denuncian “falta de transparencia” no proceso de estabilización do emprego O servizo dos GES no Valmiñor está a sufrir momentos de grande tensión entre o persoal que pode desencadenar graves consecuencias no correcto desenvolvemento do servizo. A CNT chama ao en‐ tendemento e ao diálogo para evitar que sexa a cidadanía a que pague a falla de consideración da delegada de persoal. A negociación que se está a levar a cabo marca as bases do concurso de méritos e o proceso de estabilización, que definirán que persoal consolida a súa praza. A Delegada de persoal está tratando de negociar, unilateralmente, unhas bases que a beneficien a ela e ao persoal achegado a ela, sen ter en conta a opinión e os dereitos do resto de traballadores e traballadoras. Tras a reunión mantida os días 10 e 21 de marzo de 2022 entre a Mancomunidade con tra‐ balladores dos GES, a CNT observa unha grave falta de transpa‐ rencia e de diálogo, xa que os

traballadores de baixa temporal non son informados e non lles permiten asistir nin acceder ao centro de traballo para participar das conversas. Unha sentenza xudicial ven de constatar a división dos e das traballadoras, tras o acontecido o 30 de xuño do pasado ano, cando D. Juan Francisco Ferreira González, presidente da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, como xefe de persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), emitiu o comunicado que impedía ás traballadoras en si‐ tuación de incapacidade temporal acudir ao Centro de Traballo para formar parte das negociacións.

Melloras no parque de maquinaria de Gondomar O parque de maquinaria que a Deputación de Ponte‐ vedra ten en Gondomar foi obxecto de varias actuacións de mellora coas que a insti‐ tución deu un novo aspecto a este centro desde o que se coordinan os proxectos que se realizan no sur da provin‐ cia. As obras, cun investimento de 105.320 euros, consistiron na construción dun novo almacén, melloras na nave principal ou na reposición dos peches. Así o pui‐ deron comprobar a deputada e os deputados provinciais Iria Lamas, Carlos Font e Santos Héctor, quen xunto ao alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, achegáronse ao

parque para coñecer de preto estas novas actuacións. As instalacións situadas neste concello do Val Miñor centralizan as actuacións da Deputación nesta zona no que ten que ver con reparacións, mantemento, depó‐ sito de materiais e outros traballos dirixidos á posta a punto da flota da institución provincial.


A Louriña Motor

Mos

Abril 2022 Xornal 21

A sétima xeración do BMW Serie 7, agora tamén vén dispoñible cun sistema de propul‐ sión totalmente eléctrico. O BMW i7 é un exemplo de exclusividade e dunha forma de entender a mobilidade premium orientándoa á sustentabilidade. As innovacións pioneiras ofrecen un confort superior en viaxes longas, un manexo intuitivo e unha conectividade intelixente. Excepcional combinación de deseño para garantir o típico equilibrio de BMW entre dinamismo e confort en todas as variantes do sistema de propulsión. O BMW i7 M70 xDrive é o futuro buque insignia da marca (consumo eléctrico combi‐ nado: 26,4 -21,2 kWh/100 km e emisións de CO2: 0 g/km no ciclo WLTP) con sistema de propulsión totalmente eléctrico, e híbrido enchufable no BMW M760e xDrive (consumo de combustible combinado: 1,2 - 1,1 litros /100 km; consumo eléctrico combinado: 26,9 kWh - 25,8 kWh/100 km e emisións de CO2 combinadas: 28 - 25 g/km en ciclo WLTP) dispoñibles a partir de principios de 2023 / ao longo de 2023 respectivamente. Os modelos BMW M electrificados ofrecen unha eficiencia sobresaliente e as características de rende‐ mento que se esperan dun M.

21

O novo BMW Serie 7 abre un novo camiño

A marca dos catro aros presenta o Audi urbansphere concept

O Citroën Grand C4 Spacetourer deixará de fabricarse Vigo As expectativas dos clientes evolucionaron, a expresión de modernidade e de valor engadido trasladouse a outros tipos de carrocería e as formas de entender a mobilidade cambiaron. Por todos estes motivos o Grand C4 SpaceTourer deixa de estar dispoñible. A oferta familiar de Citroën componse actualmente do Novo SUV C5 Aircross, recentemente redeseñado e que achega todo o espazo e a modularidad

dun monovolume e do Novo C5 X que se presenta como un gran vehículo familiar de viaxe, alcanzable e dotado dun confort sen igual. Os que necesiten transportar á familia ou aos amigos poden dispoñer da capacidade do ë-Berlingo ou do ë-SpaceTourer. A produción de Grand C4 SpaceTourer na planta de Vigo en España deterase a principios de xullo unha vez atendéronse os pedidos existentes.

Volvo Cars inviste nunha empresa Israelí de baterías

StoreDot está a traballar nunha tecnoloxía pioneira que, segundo as súas declaracións, permitirá fabricar baterías que ofrecerán unha autonomía eléctrica pura de 160 km con só cinco minutos de carga. O investimento brindará a

Volvo Cars a oportunidade de colaborar estreitamente con Sto‐ reDot nesta nova e impresionante tecnoloxía, xa que o seu obxectivo é converterse, antes de 2030, nun fabricante de vehículos exclusiva‐ mente eléctricos.

Será no Salón do Automóbil de Pequín 2022, un estudo conceptual deseñado principalmente para o tráfico das megaciudades de China. Nestas áreas metropolitanas, onde o espazo persoal é particularmente limitado, o concept car ofrece o habitáculo máis espazoso de calquera Audi ata a data. Ademais, coordínao de forma intelixente con tecnoloxías e servizos dixitais que apelan a todos os sentidos e ofrecen

unha nova experiencia de calidade. O desenvolvemento do Audi urbansphere concept levouse a cabo en estreita colaboración entre os estudos de deseño de Audi en Pequín e a sede central da empresa en Ingolstadt. Por primeira vez, tamén participaron os clientes potenciais de China, achegando os seus propios desexos e experiencias ao proceso de desenvolvemento (coñecido como “co-creación”).


22

Actualidade Saúde

Xornal 21 Abril 2022

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

A saúde conectada crecerá un 40% no próximos cinco anos As máscaras deixen de ser obrigatorias, salvo excepcións

A saúde conectada podería beneficiar cada fase da experiencia do paciente, pero menos do 20% dos casos leva á práctica na actualidade Espérase que o número de ofertas de saúde conectada aprobadas creza un 40% no próximos cinco anos, dado o seu gran potencial para aumentar a participación e compromiso dos pacientes, as novas posibilidades de tratamento e o diagnóstico, e a detección temperá de enfermidades. Con todo, só o 16% das empresas sanitarias está a probar ou aprobou produtos de saúde conectada no mercado. O desenvolvemento xeral da saúde conectada para a maioría das organizacións é só "emerxente". Así se desprende do último informe do Instituto de Investigación Capgemini, Unlocking the Value in Connected Health, no que se detallan as principais áreas terapéuticas nas que a saúde conectada podería reportar importantes beneficios aos pacientes, así como os obstáculos que deben superar as organizacións sanitarias para conseguilos. Segundo o informe, as principais áreas terapéuticas para os futuros produtos sanitarios conectados no próximos cinco anos inclúen enfermidades relacionadas coa neurociencia, como a esclerose múltiple, o Alzheimer e a epilepsia, seguidas de enfermidades raras e a inmunología. Para conseguilo, máis do 50% das organizacións sanitarias ten previsto desenvolver casos de uso no próximos cinco anos para a monitoraxe remota de pacientes, aplicacións de biomarcadores dixitais (por exemplo, biosensores portátiles), diagnósticos preditivos e medicina preventiva con Intelixencia Artificial. Con todo, o sector está aínda moi lonxe de realizar este tipo de casos de uso, e só unha cuarta parte das organizacións sanitarias enquisadas avanzou en áreas crave da saúde conectada como o deseño de produtos ou a estratexia de desenvolvemento destes. A investigación tamén atopou que menos dun terzo das organizacións ten as capacidades dixitais, tecnolóxicas e de colaboración necesarias para levar a cabo as iniciativas de saúde conectada con éxito. Por exemplo, só unha cuarta parte utiliza a Intelixencia Artificial para realizar análises preditivas sobre os datos en tempo real dos produtos sanitarios conectados. Menos aínda (21%) ten un Centro de Excelencia para impulsar a innovación, as sinerxias e as mellores prácticas nas súas ofertas de saúde conectada. En palabras de Olivier Zitoun, Responsable Global

do sector Sanidade en Capgemini: "A realidade é que na actualidade existe unha gran demanda e unha oportunidade de mellorar os resultados dos pacientes, ademais dunha serie de tecnoloxías que nos achegan a posibilidade de revolucionar as vías de tratamento e as interaccións dos pacientes cos provedores de atención médica. Para aproveitar os beneficios das tecnoloxías de saúde dixital, as organizacións terán que abordar as brechas de habilidades, a tecnoloxía e a estrutura co fin de xerar unha oferta de produtos de saúde conectada expansible, personalizada e integrada. As organizacións sanitarias máis grandes mostran signos de madurez máis prometedores, pero coas grandes entidades tecnolóxicas que tamén teñen en conta o potencial, o mercado no seu conxunto debe avanzar ao mesmo ritmo". As organizacións que se atopan máis avanzadas en materia de saúde conectada, e que por tanto superaron a fase de estratexia, son na súa gran maioría as grandes empresas. Case a metade das organizacións sanitarias con máis de 20.000 millóns de dólares de ingresos afirma alcanzar a madurez na estratexia de desenvolvemento de produtos e planificación destes, en comparación con só o 17% das empresas con menos de 1.000 millóns de dólares. As razóns que explican esta discrepancia son múltiples, pero en gran medida redúcense á maior capacidade das empresas máis grandes para superar os dous principais retos do desenvolvemento e a ampliación da saúde conectada: as vulnerabilidades de seguridade e a aprobación regulamentaria. Segundo o informe, as organizacións sanitarias máis pequenas están a tomar medidas para poñerse ao día, e as razóns da súa falta de madurez poderían deberse a unha discrepancia na percepción entre os executivos de tecnoloxía e de negocios das habilidades dispoñibles na empresa. Por exemplo, preto da metade dos que desempeñan funcións empresariais cre que a empresa de saúde conectada ten as competencias adecuadas en materia de realidade aumentada e virtual, mentres que só o 20% do persoal técnico está de acordo. A realidade aumentada/virtual, o pensamento sistémico e a interoperabilidade, a enxeñería e o deseño centrado no ser humano son as principais habilidades técnicas con maior escaseza.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, argumentou que os altos índices de vacinación fronte ao COVID-19 e a situación epidemiolóxica en España permitiron adoptar esta medida. O 92% da poboación -39 millóns de persoas- ten a pauta completa, o que provocou que a enfermidade descendese e que a maior parte do territorio atópese en nivel de risco baixo. Carolina Darias aclarou que a máscara non será obrigatoria nos ámbitos escolares. Na contorna laboral, con carácter xeral, tampouco o será. Con todo, os responsables en materia de prevención de riscos laborais, e de acordo coa correspondente avaliación do risco do posto de traballo, poderán establecer as medidas preventivas adecuadas que estimen convenientes, como o uso de máscara. Nos eventos multitudinarios, como competicións deportivas ou concertos, celebrados tanto en interiores como en exteriores non será obrigatorio levar máscara. Respecto a a continuidade das limitacións de aforos, a ministra indicou que a competencia corresponde ás comunidades autónomas. Excepcións á eliminación das máscaras Darias concretou que as máscaras seguirán sendo obrigatorias en determinados contextos, como nos centros, servizos

e establecementos sanitarios -hospitais, centros de saúde ou de transfusión, farmacias-, tanto para as persoas que traballan neles como para os visitantes. Tamén o serán nos centros sociosanitarios e nas residencias de maiores para os empregados e os visitantes, pero non para os residentes. A obrigatoriedade mantense igualmente no transporte aéreo, por ferrocarril, nos autobuses, e nos barcos cando non se poida manter a distancia de seguridade de 1,5 metros. No acceso ás estacións ou nas plataformas, a máscara non será obrigatoria. Uso responsable da máscara A titular de Sanidade afirmou que o Executivo recomenda o uso responsable das máscaras na poboación vulnerable, como os maiores de 60 anos, as persoas inmunodeprimidas, con enfermidades de risco ou as mulleres embarazadas. Tamén aconsellou o seu uso ao profesorado ou alumnado con algún factor de vulnerabilidade, nos eventos multitudinarios, nas aglomeracións e en celebracións familiares ou privadas cando asista algunha persoa vulnerable. A ministra afirmou que a medida adoptada responde de forma estratéxica á situación epidemiolóxica actual e á proposta case unánime dos integrantes do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde reunido en Toledo o 6 de abril.


Actualidade Saúde

Abril 2022 Xornal 21

23

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Punto de lectura

Cinema

Este mes recomendamos...

Chef sapiens: Das orixes á actualidade en 100 receitas

Arde Notre Dáme

O secreto de Vicky

Estrea: 22/04/2022

Estrea: 29/04/2022

A película recrea o incendio que sufriu a Ca‐ tedral de Notre-Dáme de París en abril de 2019. O virulento incendio provocou que a súa emblemática agulla, construída entre os séculos XII e XIV, e o tellado da catedral gótica da capital francesa colapsasen e tan só unha hora despois de declararse o incendio derrubásense. A primeira pedra da catedral colocouse en 1163 e desde que terminou a súa construción Notre Dáme foi símbolo do catolicismo, do skyline parisiense e un dos monumentos máis visitados do mundo con ao redor de 13 millóns de visitantes ao ano.

Stéphane decide mudarse a unha bonita rexión montañosa do centro de Francia para retomar a relación coa súa filla de 8 anos, Vitoria, que perdeu o fala desde que morreu a súa nai. Durante un paseo polo bosque, un pastor regálalle á nena un cachorro cha‐ mado " Mystère". Con este agasallo, a nena empeza a abrirse ao exterior. Pero, desegui‐ do, Stéphane descobre que o cachorro é en realidade un lobo... A pesar das advertencias e do perigo da situación, a Stéphane non queda máis remedio que separar á súa filla desta bóla de pelo, en aparencia inofensiva.

Top Gun: Maverick Estrea: 26/05/2022 Despois de máis de 30 anos de servizo como un dos mellores aviadores da Armada, Pete " Mavericks" Mi‐ tchel (Tom Cruise) atópase onde sempre quixo estar, em‐ puxando os límites como un valente piloto de proba e esquivando o alcance no seu rango, que non lle deixaría voar emprazándoo en terra. Cando se atopa adestrando a un destacamento de graduados de Top Gun para unha misión especializada, Maverick atópase alí co tenente Bradley Bradshaw (Miles Teller), o fillo do seu defunto amigo " Goose"... Secuela de Top Gun.

Este novo libro de Marcos Vázquez xunto coa chef Elizabeth Ochoa percorre as distintas «idades» da alimentación -a etapa como cazadores- recolectores, a revolución agrícola, a revolución industrial e a era dixital-. En cada un destes apartados propóñennos receitas deliciosas e sas a partir dos alimentos e os hábitos máis característicos de cada período pero facendo unha proposta alimentaria adecuada á época en que vivimos. 100 pratos orixinais pero de preparación sinxela para o día a día e elaboracións culinarias cun toque máis gourmet. Porque a comida saudable non está rifada co #gozar do padal e porque cociñar facernos humanos.

LÍMITES: Como educar con límites conscientes Míriam Tirado, unha dos principais referentes da crianza e a educación conscientes, dedica o seu novo libro a un dos aspectos máis importantes e, como ben sabemos, máis complicados para nais e pais: os límites, esas liñas vermellas que protexen a integridade dos máis pequenos e permítenlles compartir a vida con outras persoas. Como soster uns límites conscientes e unhas normas acordadas que acheguen estrutura e seguridade ás nosas fillas e fillos? Como evitar caer no autoritarismo e a arbitrariedade ou, pola contra, nunha falta de límites que leve aos pequenos para sentir medo, inseguridade ou a buscar validación custe o que custe? Coa xenerosidade que a caracteriza, Míriam Tirado comparte as súas propias dúbidas, aprendizaxes, desafíos e logros no camiño cara aos límites amorosos e responsables. Unha obra profundamente persoal, que nos acompaña con empatía e humor na exploración de nosa propia relación cos límites para queseamos capaces, con axuda de distintos exercicios e ferramentas, de achegar aos nenos e ás nenas unha contención coherente.

OHumordeCosme

O Poder: Un estratego le a Maquiavelo Astucia, prudencia... Pedro Baños multiplica os ensinos de Maquiavelo e actualízaas cando a realidade estratéxica, que coñece tan ben, esíxeo. Como se alcanza o poder? Como conservalo? O poder cambia de forma ou pasa de mans, pero sempre está aí, moi presente. Nicolás Maquiavelo escribiu 'O Príncipe' pensando nos gobernantes do seu tempo, pero, como o coronel Pedro Baños revélanos, as súas ideas pódense aplicar ao que hoxe chamamos líder, xa exerza as súas funcións na política, no terreo militar, na empresa ou mesmo cando se trata dun liderado social. Este sagaz diálogo que Pedro Baños mantén con Maquiavelo a través dos séculos permítenos entender as maneiras de obter o poder, como gañar a confianza e o respecto dos cidadáns, a importancia das alianzas e a prevención non só #ante os inimigos declarados, senón tamén #ante os propios amigos. Aínda que os líderes actuais deben adaptarse a un mundo complexo, non lles convén esquecer os acertos (e erros) do máis prestixioso « influencer» de todos os tempos: Nicolás Maquiavelo. Esta nova edición contén tamén unha tradución íntegra, revisada e actualizada de 'O Príncipe' de Maquiavelo.


SALA “TAO”

TERRAZA “BALI”

ABIERTO TODO EL AÑO Finca con más de 1.000 m²

9

Información y reservas

RESERVA AHORA TU ESPACIO

Ajedrez Gigante

Mini Golf

.. PROXIMAMENTE.

Ângkôr Wôtt

ALQUILER DE ESPACIOS PARA REUNIONES, FORMACIÓN, EVENTOS, OCIO...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.