Xornal21 nº 165

Page 1

Mos

Redoncela

Asinado o convenio para a reforma da Biblioteca de Mos

09

Novo Plan de emprego dos Empresarios de Redondela 17 Galicia Axudas de ata 3.000 € para mellorar a imaxe exterior de vivendas 05

GALICIA

Xunta e o Goberno central xestionarán conxuntamente o Ingreso Mínimo Vital 04

O “stand” de Galicia premiado como un dos mellores en Fitur

www.xornal21.es

Nº 165 / Xaneiro 2022

Periódico galego de distribución gratuita

03

O PORRIÑO

Provincia A Provincia de Pontevedra, mellor destino de calidade turística de España

07

Vigo O Concello estudará de forma “exhaustiva” as alegacións ao PXOM

08

Saude Consellos contra o insomnio 22

O Porriño recibirá 3 millóns de euros para a descontaminación por lindano 15

Motor O prototipo secreto de DS Automobiles desvelado nas Vegas

21 05

COMARCAS

GALICIA >

As mulleres do Camiño Portugués protagonistas en FITUR A Xunta financiará 30 novas casas do maior

05

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño regresou por terceiro ano consecutivo a FITUR para seguir dado a coñecer o territorio dos seus 14 concellos e todos os aspectos que os definen e os unen. Este ano o Xeodestino pon en marcha unha campaña que cede o protagonismo ás ‘Mulleres do Camiño Portugués’, unha orixinal proposta que conta coa narración coral de cinco mulleres vinculadas profesionalmente ao mundo do turismo que contan en primeira persoa a importancia que ten para os municipios do Camiño de Santiago. 07

A Louriña

10 - 16

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

>

Baixo Miño

19

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

>

O Condado

18

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

>

Val Miñor

20

Nigrán | Gondomar | Baiona

>

Redondela

17


2

Axenda

Xornal 21 Xaneiro 2022

Opinión...

Frases para reflexionar

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

O máis importante que aprendín a facer despois dos corenta anos foi a dicir non cando é non.

Democracia ou autoritarismo enmascarado?

Gabriel García Márquez

Jesús Antonio Fernández Olmedo

En que se poden diferenciar hoxe as Democracias das Ditaduras? Ao exporse esta cuestión e poñémonos a reflexionar seriamente e situamos esta pregunta sobre a mesa para axilizar un debate estamos a reflexionar sobre un dos aspectos máis importantes a nivel de sistema no que se basean as nosas sociedades. As democracias son soamente unha forma de control de as masas a nivel mental máis sutil e non tan descarado como son as ditaduras pero no fondo é o mesmo. Hai unha sorte de autoritarismo encuberto detrás de todas esas caras amables e riseiras que nos venden "a democracia" e iso podémolo percibir no noso día a día. As imposicións , censuras, bloqueos, ataques á liberdade de expresión, moral , relixiosa , extorsións e etc... das "democracias" son infinitos. Estas "democracias" non son máis que comparsas que van cantando diariamente a súa

Opinión Galicia

canción para entreter, confundir, meter medo e controlar todo desde redes ata medios, co cal quen pode falar hoxe de dereitos e liberdades ? As "democracias" aliáronse cunha serie de inimigos invisibles para cos seus pobos e que como xogos da “Play” atacan de cando en vez cando a situación reláxaselles demasiado. Estas "democracias" ademais son moi amigas de países ditadores , que non respectan en absoluto dereitos humanos e que ademais apuntan á cabeza de nenos indefensos coas súas armas, masacrando poboacións enteiras. Véxase para mais inri a venda de armas de países "democráticos" a países ditatoriais. Así como tamén nunca os poñen en cuestión real e néganlles compromisos adquiridos cando estes países directamente comenten crimes. Que podemos concluír entón , que non , que as democracias son un conto para durmir pola noite pero é algo irreal.

Xaneiro 2022 Lúns

Martes Mércores Xoves

Venres

3 4 5 6 7 10 11 12 13 14 17 18 19 20 21 24 25 26 27 28 31

Febreiro 2022

Sábado Domingo

Lúns

1 2 8 9 15 16 22 23 29 30

Martes Mércores Xoves

Venres

Sábado Domingo

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28

FESTIVOS LOCAIS

O Rosal: 4 de febreiro (Día da Saúde)

Farmacias de garda MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

San Roque, 2 - Leirado

TOMIÑO M. del Carmen Pardo 986 62 22 85 Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 986 641 795 Farmacia Picoto, 3 - Areas 986 642 215 Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

Pablo Iglesias, 14 – Priegue

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

GONDOMAR

986 332 003

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 344 006

986 658 158 Claudia

Vidal / Avda.

Portugal,

11

986 658 108 TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

NIGRÁN ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

986 368 046

ALONSO BRAVO, JORGE

986 366 252

Rúa dos Pazos, 142 - Camos ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN

O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

986 337 055

986 331 307 986 333 212 986 331 373

Rosalía de Castro, 10 - Villamean PRIETO ESTURILLO, CB.

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

986 365 894

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44)

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B. Telleiro, 9 - Donas

986 354954

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte

986 346 529

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

986 389066

MOLINA GAMARRA, TOMÁS 986 649 266

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN 986 343 057

Avda. Del Conde, 22

986 360002

VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO. 986 657 672

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

Teléfonos de interese A GUARDA Concello 986 610 000 Policía Local 986 610 025 Centro de Saúde 986 614 450 AS NEVES Concello 986 648 038 Policía Local 986 648 038 Centro de Saúde 986 648 837 BAIONA Concello 986 385 050 Policía Local 986 358 011 Centro de Saúde 986 385 160 GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

OIA Concello Centro de Saúde

986 362 125 986 362 344

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014 O ROSAL Concello 986 625 000 Centro de Saúde 986 626 035 MONDARIZ Concello 986 664 306 Policía Local 680 461 151 Centro de Saúde 986 656 138 MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 656 136 Centro de Saúde 986 662 436

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Staff

Director Técnico: Pablo Freijeiro Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.one Whatsapp: 692 150 055 Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348 106 Redacción: redaccion@xornal21.es Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21. Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

REDONDELA Concello 986 400 300 Centro de Saúde 986 400 387 Policía Local 986 402 610 SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034 TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811

TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505 902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra EMERXENCIAS a violencia GALICIA de xénero

Número 165 / do 15 de Xaneiro ao 15 de Febreiro de 2022 | Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán) e Redondela. Dpto. Circulación: Dpto. propio / CCT Express Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gráficas Depósito legal: VG 1138 – 2007

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa. CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 | Whatsapp: 692 150 055 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.twitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia FITUR, a Feira Internacional de Turismo organizada por IFEMA MADRID, distinguiu un ano máis as mellores casetas da súa 42 edición. Un galardón que recoñece a profesionalidade, deseño e promoción de cada un das casetas destacadas, valorando a súa adecuación ás necesidades de comercialización, a súa identifica‐ ción co produto que promocionan, e o seu grao de orixinalidade e innovación. Na categoría de Comunidades Autónomas e Institucións, as casetas destacadas foron Turismo de Galicia, Castela A-Mancha e Asturias. Na caseta de Galicia, a modernidade mestúrase coa tradición a través dun contraste harmónico de materiais e luces, entre volutas de mar e nubes que arroupan as distintas áreas da rexión; Castela a Mancha ofrece un paseo polos atractivos gas‐ tronómicos e culturais que ofrece esta comunidade baixo a sombra dunha enorme vide milenaria que lembra que nesas terras, tanto o viño tinto como o branco merecen ser degustados; a caseta de Asturias traslada a proposta verde ao longo e ancho da rexión, de natureza desbordante, nunha proposta que atrapa as miradas cunha fervenza ficticia moi ben lograda. Doutra banda, na categoría de Países e Rexións, FITUR galardoou as casetas de Korea Tourism, República Dominicana e a Oficina Nacional de Turismo de Polonia.

Xaneiro 2022 Xornal 21

O “stand” de Galicia premiado como un dos mellores en Fitur

A caseta de Corea enmárcase nunha a nube xigante, branca e impoluta como contedor do que este país ten que ofrecer ao mundo. Baixo esta nube, ademais, saen escintileos de cor que resaltan máis a brancura de todo o conxunto e contrastan cos coloridos traxes que portan os seus anfitrións. A imaxe vangardista e tecnolóxica desta caseta non deixa indiferente a ningún visitante.

República Dominicana mostra a exuberancia contemporánea e un destino con moito que ofrecer, a través dunha caseta que se estende, visualmente, desde unha esquina cara a todo o pavillón. A calidez da madeira representando a area, as imaxes e pantallas colocadas estratexicamente foron un gran acerto, xunto a detalles moi coidados, que conseguen demostrar que República Domi‐

nicana teno todo. Polonia, mostra un xogo de ilustracións alternadas con fotos, a maneira dun colorido álbum de cromos despregado. Os marcos negros con cadros do pintor TytusBrzozowsk e fotos das paraxes polacas que lle inspiran, organizan eficientemente os puntos de atención. Tamén destacan mara‐ billosas e vivas imaxes que chegan mesmo á vestimenta de quen

3

recibe aos visitantes da caseta. Ao centro do espazo, unificando todo o conxunto, unha ilustración final de cidade multicolor fainos elevar a vista. Máis de medio cento de destinos turísticos A Xunta acollleu no stand de Fitur medio cento de presentacións de produtos e destinos turísticos da nosa comunidade nun espazo de máis de 1.000 metros cadrados no que presentouse a Galicia como destino aberto ao turismo inter‐ nacional da man do Xacobeo e co Camiño de Santiago como eixo central. A 42ª edición da feira interna‐ cional de turismo se celebrou de xeito presencial do 19 ao 23 de xaneiro, os tres primeiros días para profesionais do sector e a fin de semana, para o público en xeral. Tamén houbo mostras de produtos enograstronómicos galegos de calidade coa participa‐ ción de profesionais e de persoal de Centro Superior de Hostelería de Galicia, así como espazos para a exhibición de artesanía en vivo, co apoio de medios audiovisuais e da campaña Camiña a Galicia. Ademais dun espazo de promoción da provincia de Pontevedra aten‐ dido por persoal da Xunta. Os espazos que deixaron dispoñibles a Deputación de Pontevedra e o concello de Vigo foron ocupados por outros desti‐ nos de Galicia, habendo unha alta demanda de solicitudes para poder estar presente no stand galego.

‘7 días, 7 parques’

Galicia enfocada en ser un destino internacional de referencia Alberto Núñez Feijóo afirmou en FITUR que Galicia está enfo‐ cada neste 2022 a ser un destino internacional de referencia. Durante a presentación do Xacobeo 2021-2022. Camiña a Galicia en FITUR, onde acompañou ás Súas Maxestades Os Reis no seu percorrido inaugural polo expositor da Comunidade, Feijóo fixo deste xeito unha “invitación formal” a visitar esta terra e desfrutar do Ano Santo, “a festa universal de Europa occidental”. “Sempre é un bo momento para visitar Galicia e sempre hai un sitio para quen de‐ sexe coñecela”, abundou. Nesta liña, afirmou que o que naceu para indicar ao peregrino o final da súa meta -en alusión a lanterna que coroa a Torre do Re‐ loxo da Catedral-, hoxe simboliza

unha chama de ilusión por deixar atrás a covid e volver acender o xúbilo do Ano Santo 21-22. “O esplendor do Camiño volve ser o mellor antídoto contra a tebra da pandemia”, recalcou. Con este obxectivo, recordou que o Goberno galego adaptou os albergues, os locais e o Camiño á nova situación sanitaria; formou ao persoal; inxectou máis de 120 millóns ao sector hoteleiro; e implantou un seguro coronavirus para dar confianza ao viaxeiro. Ademais de avanzar unha nova edición para este 2022 do Bono turístico, con descontos nos hoteis galegos e que, desde a súa posta en marcha, entregou xa 12.000 tarxetas. Así mesmo, salientou que “nunca antes estiveramos tan cerca de todos e de todo”, referíndose á posta en

servizo do AVE Madrid-Ourense. Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta fixo fincapé en que Camiñar a Galicia é facelo cara a un destino de calidade inigualable, marcado por escena‐ rios excepcionais, pola cultura, a gastronomía e a hospitalidade, como exemplifican os 328 estable‐ cementos coa Q de calidade turís‐ tica cos que conta. Sobre este punto, aseverou que o Goberno galego seguirá compro‐ metido co sector, que en 2021 fixo posible que a demanda turística na Comunidade crecese 25 puntos máis que a media de España; “e acabamos o pasado ano con 180.000 compostelas entregadas, 40.000 máis por riba do obxectivo máis ambicioso que tiñamos”, precisou.

A Xunta invitou a explorar Galicia en 7 días, 7 parques para coñecer, con premio incluído, a inmensa riqueza do Parque Nacio‐ nal e os seis parques naturais localizados na Comunidade. A conselleira de Medio Am‐ biente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, visitou a Feira Internacional de Turismo, Fitur 2022, onde presentou a nova campaña da Consellería. Salientou que desde o seu departamento hai unha forte e firme aposta por fomentar o turis‐ mo de natureza, que en Galicia ten un gran potencial a través dos seis parques naturais –Fragas do

Eume; Complexo dunar de Co‐ rrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; Monte Aloia; Serra da Enciña da Lastra; O Invernadeiro; Baixa Limia-Serra do Xurés— e no Parque Nacional marítimoterrestre das Illas Atlánticas. Os visitantes de Fitur foron os primeiros en coñecer a nova inicia‐ tiva 7 días, 7 parques, e saber que visitar estas sete xoias naturais ao longo de 2022 terá premio. Tal e como explicou a conselleira, os 20 primeiros que visiten antes do 30 de setembro os seis parques naturais e o Parque Nacional serán recom‐ pensados cunha fin de semana para dúas persoas nun dos establece‐ mentos hostaleiros da Rede de Turismo de Galicia localizados na área de influencia destes espazos.


4

Galicia

Xornal 21 Xaneiro 2022

Feijóo pide ao Goberno central que os trens Avril cheguen a Galicia no verán O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao Goberno central un compromiso firme para que os trens Avril cheguen a Galicia no verán e a priorización das obras das autovías na Comu‐ nidade; unhas obras que, segundo recordou, van a un “ritmo inasu‐ mible”, con atrasos nalgún caso de fai 20 anos. Durante unha reunión, coa ministra deTransportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sán‐ chez, Feijóo incidiu na necesidade de que o tren de Alta Velocidade se estenda ao resto das cidades galegas, “xa que estamos a falar dun activo extraordinario para Galicia e para o noroeste de España, tanto no eido da industria como no relacionado co sector turístico”, precisou. Nesta mesma liña, resaltou a importancia de cumprir os tem‐ pos de conectividade pactados: Santiago-Madrid en 2 horas e 50 minutos; Pontevedra-Madrid en 3 horas e 10 minutos; Vigo-Madrid en 3 horas e 20 minutos; e CoruñaMadrid en 3 horas e 15 minutos. “E acordamos tamén abordar nas vindeiras semanas cun grupo técnico como levar o ancho inter‐ nacional ata Santiago, co fin de facilitar a conectividade e a com‐ petitividade”, engadiu. En relación ás intermodais, o presidente autonómico cualificou de “boa noticia” o anuncio da

licitación neste semestre de 2022 de trazado non se poderá aspirar da estación de Ourense, conver‐ a unha conexión con Madrid téndose na primeira gran estación competitiva; e, en relación con de alta velocidade de Galicia. “E, Ferrol, demandou unha planifica‐ deste xeito, quedarían pendentes ción e que se leve a cabo o baipás as intermodais da Coruña e de de Betanzos. Ademais resaltou o Lugo”, recordou, facendo fincapé necesario compromiso coas cone‐ en que, pola súa banda, a Xunta xións de Vigo con Ourense e Porto, xa ten consignado unha partida coa Variante exterior en Ourense nos orzamentos para levar a cabo -da que falta máis da metade por as obras das estacións de autobuses. licitar-, así como coas obras pen‐ O responsable autonómico dentes da remodelación do antigo referiuse tamén ao risco de confi‐ túnel do Padornelo. gurar unha rede ferroviaria galega No que se refire ao ferrocarril de dúas velocidades na que Lugo de mercadoría, o titular da Xunta e Ferrol queden descolgadas. Así, valorou a creación por parte do no caso de Lugo, ademais da Ministerio de Transportes dun planificación de modernización comisionado no que participen da liña, reiterou que sen variantes as comunidades e se prioricen as

cuestións de rede básica do Co‐ rredor Atlántico. E, especificamen‐ te, valorou a confirmación da licitación, o vindeiro mes, da conexión ferroviaria a Punta Langosteira; e solicitou que se dea prioridade á saída sur de Vigo e á conexión con Porto. Ademais de demandar nova‐ mente a transferencia da AP-9, o presidente galego aproveitou o encontro para solicitar que se apliquen na autoestrada SantiagoLalín (AP-53) as mesmas bonifi‐ cacións que se están a implementar noutras autoestradas. Feijóo e a ministra Raquel Sánchez abordaron tamén os necesarios avances nas autovías

que o Goberno central está a construír na Comunidade. Ao respecto, instou ao Executivo a desbloquear as obras da autovía Lugo-Ourense, planificada hai 18 anos e con só o 9% do trazado executado; así como a fixar unha data de finalización da autovía Lugo-Santiago, toda vez que o tramo Melide-Palas de Rei estará rematado no 2023 e queda aínda pendente o treito Arzúa-Melide. “Sobre a autovía Ourense-Pon‐ ferrada expuxen a necesidade de priorizar as variantes do Barco de Valdeorras e de Monforte, ademais do tramo Villamartín-Requejo-O Barco”, dixo, valorando tamén o obxectivo do Ministerio de Fo‐ mento de licitar neste 2022 o subtramo Foz-Burela da autovía da Mariña. Por último, e como alternativa á A-55, o titular da Xunta trasladou a proposta do Executivo galego de converter en autoestrada de peaxe en sombra o treito da AP-9 entre Vigo e O Porriño. Finalmente e ante a posibi‐ lidade de que o Goberno central implante un sistema de pago en todas as autovías de España, Feijóo insistiu en que a opción do custo por quilometraxe sería discriminatoria para os territo‐ rios máis periféricos, “estamos a falar dun modelo que que‐ brantaría a competitividade da economía”, abundou.

Xunta e o Goberno central xestioarán conxuntamente o Ingreso Mínimo Vital O presidente do Goberno galego, “solidariedade e lealdade”. Alberto Núñez Feijóo, e o ministro “Esperemos que nas próximas de Inclusión, Seguridade Social e semanas poidamos ter un texto no Migracións, José Luis Escrivá, que avanzar”, afirmou Feijóo, acordaron que a Xunta e o Goberno recalcando que este acordo é posi‐ central xestionen conxuntamente tivo para unha xestión eficiente do o Ingreso Mínimo Vital (IMV). gasto público e para unificar as Trátase dunha fórmula que xa se rendas mínimas que están á dispo‐ emprega coas pensións non con‐ sición dos galegos. tributivas, nas que os fondos pro‐ O encontro entre o titular do veñen da Administración Xeral do Executivo galego e o ministro Estado e a tramitación e pagamento Escrivá serviu ademais para presentar aos beneficiarios depende da co‐ o proxecto que Xunta e Goberno munidade autónoma. central porán conxuntamente en “Galicia xestiona 37.000 pen‐ marcha para axudar á inclusión sións non contributivas, polo que social das familias con menos re‐ pensamos que o Ingreso Mínimo cursos e con menores a cargo. Vital debería funcionar dunha Cun investimento de 10,7 forma parecida, é dicir, a través millóns de euros e máis de 1.700 dunha xanela única para todos os familias beneficiarias, estes fogares cidadáns”, explicou Feijóo, inci‐ terán a súa disposición un apoio dindo en que esta fórmula será boa social personalizado, destinado a para o Goberno central, para a achegar estabilidade e certezas á Administración autonómica e, sobre familia e a apoiar a traxectoria todo, para os cidadáns. Esta coxes‐ escolar dos nenos. Dentro deste tión levarase a cabo, tal e como acompañamento desenvolveranse puntualizou o presidente, con medidas como clases de reforzo

escolar, asesoramento para mellorar a empregabilidade, cursos para a xestión da economía doméstica ou de promoción de hábitos saudables e axudas directas para o pago do aluguer, compra de gafas ou facturas de dentista. “Creo que esta iniciativa é unha boa colaboración entre dous go‐ bernos para xuntos impulsar a inclusión. Unha iniciativa útil para depender o menos posible da Risga ou do ingreso Mínimo Vital, para buscar un traballo e ter así un salario que permita abandonar esa situa‐ ción”, abundou. Ao longo do encontro, Feijóo referiuse tamén á reforma do siste‐ ma de cotización dos autónomos e á necesidade de que as cotizacións se axusten aos ingresos; así como a importancia de que España avance cara a un sistema de pensións que garanta a cohesión interxeracional, un elemento que esixe un sistema con vocación de permanencia. Por último, o responsable do

Executivo galego trasladou ao ministro Escrivá a necesidade de contar cunha política de retorno activo por parte da Administración Xeral do Estado, como piar fundamental das medidas de reto demográfico. “Nos vindeiros anos necesitaremos poboación activa, capacidade de produción e que mellor que impulsar unhas políticas

activas de emigración en favor dos españois residentes no exterior; españois que emigraron e que os seus fillos naceron na diáspora, pero que teñen pasaporte da Unión Europea”, dixo, recordando as iniciativas que, neste eido, está a desenvolver a Comunidade co fin de facilitar o regreso dos galegos do exterior.


Galicia

Xaneiro 2022 Xornal 21

5

A Xunta financiará a creación de 30 novas casas do maior O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta financiará a creación de 30 novas casas do maior para acadar os 113 centros que pres‐ tan este servizo en concellos do rural galego. Logo de salientar que “o prin‐ cipio reitor do sistema de depen‐ dencia en Galicia é que os maiores poidan decidir libremente como e onde se fan maiores”, Feijóo incidiu en que “lle damos un novo pulo a este recurso de conciliación de atención” cun investimento de 3 millóns de euros. Deste xeito, increméntanse un 25% as prazas de casas do maior

existentes e, ademais, aumentan as axudas ás que levan tres anos en funcionamento. Segundo explicou o presidente da Xunta, incremen‐ tamos un 25% a axuda anual que perciben, pasando dos 19.600 euros actuais aos 24.200 euros. Tamén haberá un financiamento extra de 5 euros por persoa/día para facerse cargo do desprazamento. Para concluír, Feijóo lembrou que nas casas do maior, “fórmula pioneira en España”, se atende de xeito totalmente gratuíto a 5 persoas maiores durante un máximo de 8 horas diarias de luns a venres, con flexibilidade horaria e garantías de seguridade e calidade.

Axudas de ata 3.000 € para mellorar a imaxe exterior de vivendas A Xunta de Galicia convoca dúas liñas de axudas dirixidas a particulares e a concellos para executar actuacións que permitan corrixir os impactos paisaxísticos causados polo paso do tempo ou unha mala conservación en viven‐ das, edificios e equipamentos públicos municipais. Os particu‐ lares que se acollan ao programa terán acceso a un máximo de 3.000 euros, mentres para as entidades locais a subvención poderá chegar ata os 40.000 euros. Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que acompañada polo alcalde de Lalín, José Crespo, visitou unha das oito vivendas particulares do municipio nas que o ano pasado se realizaron traballos de renovación grazas a esta liña de axudas. De feito, o concello pontevedrés foi un dos que máis subvencións recibiu en 2021 para obras de corrección de impactos paisaxísticos. Neste sentido e tras lembrar que o seu departamento apostou

o ano pasado de forma pioneira por estas axudas, Ángeles Vázquez anunciou que mañá sairán convo‐ cadas no DOG dúas novas reso‐ lucións por un importe de 1,6 millóns de euros, aínda que esta dotación inicial será ampliada ata chegar aos 2 millóns de euros

—1,2 millóns de euros para os particulares e 800.000 euros para os concellos—. En canto á presentación das solicitudes, o prazo abrirá este xoves, 20 de xaneiro, e rematará o vindeiro 19 de febreiro, no caso das axudas dirixidas a

particulares, e o 28 de febreiro no caso dos concellos de menos de 20.000 habitantes. Éxito dunhas axudas pioneiras En vista do éxito da primeira convocatoria, a conselleira explicou

que a Xunta decidiu, no marco da súa aposta polo fermosismo, brindar de novo apoio económico a aqueles cidadáns e concellos dispostos a executar actuacións de renovación, mellora e acondicio‐ namento sobre edificacións da súa titularidade co fin de lograr unha repercusión positiva sobre a con‐ torna, demostrando así o seu compromiso co coidado e a pro‐ tección paisaxística. Cómpre lembrar que o balance das dúas primeiras ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos foi de máisdemediomilleirobeneficiarios —445 familias e 66 concellos— que recibiron axudas por un importe total de 2 millóns de euros e permitiron intervir nun total de 222 municipios galegos. Ademais, tendo en conta que a achega da Xunta cubre o 70% da actuación, estímase que grazas a estas subvencións o ano pasado se mobilizou en Galicia un investimento total de 2,9 mi‐ llóns de euros.


6

Provincia Galicia

Xornal 21 Xaneiro 2022

A Deputación aproba o convenio por dous anos coa Xunta e a FEGAMP para os GES

O CAAN pechou 2021 cun novo récord de 660 adopcións

O convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o funciona‐ mento dos Grupos Supramuni‐ cipais de Emerxencias (GES) por un período de dous anos quedou aprobado, por unani‐ midade, no Pleno da Deputación. O acordo manterá, como avanzou o deputado de Economía e Facenda, Carlos Font, “as mesmas condicións económicas e terri‐ toriais” que o extinguido o pa‐ sado 31 de decembro. Unha vez

garantida a continuidade do servizo, as deputacións de Pon‐ tevedra, A Coruña e Lugo ne‐ gociarán agora en pé de igualdade coa Xunta para alcanzar un novo modelo de convenio. Carlos Font lembrou que os GES foron creados pola Xunta de Galicia en 2013 como fórmula para reforzar o sistema de emerxencias. A partir de entón fóronse introducindo cambios nas cargas económicas de cada parte. Así a achega das deputa‐ cións pasou do 20% do custo

total do sistema ao 40%, men‐ tres a Xunta reducía a súa parte do 60% do total ao 52%. En paralelo, a Deputación de Pontevedra asumiu tamén o cofinanciamento dos Grupos de Emerxencias Municipais (non incluídos no sistema GES) dos concellos de máis de 20.000 habitantes e que, en ningún caso, serían de competencia provin‐ cial. Son os casos da Estrada, Lalín, Ponteareas e agora, coa última ampliación proposta pola Xunta, Redondela.

David Regades continuará catro anos máis á fronte do PSdeG-PSOE da provincia tras un acordo con Paloma Castro David Regades e Paloma de apoio a tódalas agrupacións Castro alcanzaron un acordo para socialistas da provincia, especial‐ presentar unha candidatura única mente ás máis pequenas. á renovación da Secretaría Xeral David Regades manifesta do PSdeG-PSOE de Pontevedra que o acordo foi sinxelo “porque provincia que seguirá encabezada todas e todos somos compañei‐ polo actual secretario, David ros e compartimos visión do Regades, durante outros catro mundo e paixón polo socialismo anos, dando así continuidade ao que representan as nosas siglas”. traballo emprendido. “O proxecto do Partido Socialista O pacto, que ambas partes nesta provincia é un proxecto consideran que contribúe a refor‐ compartido e que representa zar aínda máis ao Partido na ás/aos case 2.700 militantes. Un provincia máis socialista de Galicia, proxecto do que todas e todos está baseado na plena coincidencia formamos parte e no que, como para levar a cabo unha axenda sempre digo, non sobra nin‐ progresista coa vista posta no guén”. Engadiu que a porta da feminismo, o municipalismo e a Dirección provincial estivo aberta cohesión social. Ademais, no durante estes catro anos e que plano orgánico hai plena coinci‐ o diálogo constante formou dencia en dar continuidade á liña parte da cultura do partido ao

longo deste último mandato orgánico. Con estes precedentes considera que o acordo alcan‐ zado é “algo natural”. Pola súa banda, Paloma Castro afirma que “traballaremos por unha estrutura provincial forte, onde todas e todos teña‐ mos espazo, na que se integren todas as sensibilidades e cun diálogo leal”. A deputada socialista engade que un dos obxectivos a afrontar é o de ampliar a base social e contar coa mocidade, “para iso temos que estar na rúa e dar respostas á cidadanía dende a esquerda e coherentes cos nosos principios, para seguir sendo un partido referente na nosa provincia”.

2021 foi o mellor ano da historia ciana (2), Estremadura (1) e do Centro de Acollida e Protección Canarias (1). Das tramitadas en de Animais (CAAN) da Deputación Galicia, 502 adopcións foron na de Pontevedra. Se xa no 2020 se provincia de Pontevedra, 36 na establecera un récord de adopcións, Coruña, 25 en Lugo e 11 en cun total de 583, no pasado ano Ourense. O concello con máis foron 660 os animais que puideron adopcións foi Vigo (90), seguido atopar un novo fogar desde o de Pontevedra (52) e A Estrada centro, rompendo tamén, como (38), mentres que tamén destaca‐ subliñou Carmela Silva, o reto que ron Poio (26), Meis (25), Sanxen‐ se tiña marcado de lograr 600 xo (24) ou Cambados (23). adopcións. A presidenta provincial Carmela Silva fixo fincapé en volveu felicitar ao equipo do que o reto inicial de chegar aos 600 CAAN, dirixido polo veterinario cans e cadelas adoptados logrouse José Luis Pedreira, e a o deputado xa en novembro con “Col”, que Manuel González, polo “compromiso viaxou ao seu novo fogar en Riba‐ e traballo en prol do benestar dumia, e tamén destacou que o animal” que se ten reflectido nestes pasado 2021 logrouse dar saída aos datos “extraordinarios”, que su‐ animais de maior idade no CAAN: poñen un aumento do 13,2% das “Macarena”, de 8 anos, unha mastín adopcións. Neste 2022 xa son que chegara de Pontecesures; “Pitu”, tamén 14 as adopcións logradas: de 10 anos, que chegara de Catoira; “Agora o reto é chegar aos 700 e “Adia”, pastora alemá de 9 anos que estou segura que o imos acadar”. viñera das Neves e “Paradita”, de Das 660 adopcións deste 2021, 8 anos, mestiza recollida en Meaño. 1 foi en Portugal e o resto en Na actualidade, o can que leva máis España. A maioría foron en Galicia tempo no centro é “Posto”, un (574), seguida por Castela e León cruce de pitbull de tres anos que (54) e o resto repartíronse entre está desde o 2018 no CAAN, tras Madrid (13), Cataluña (5), País ser recollido en Redondela, e para Vasco (5), Castela a Mancha (2), o que se volveu facer un chama‐ Asturias (2), Comunidade Valen‐ mento para a súa adopción.

Tras dous anos de parón volve “Depo en Marcha” A Deputación retoma neste poida facer un uso cotiá da 2022 o programa “Depo en Mar‐ informática avanzada”, obradoiros cha”, que foi suspendido nos dous de conservación da memoria, últimos anos por mor da pandemia musicoterapia ou terapia emocional. e co que a institución provincial A presidenta provincial puxo o busca favorecer o envellecemento aceno nestes últimos e cualificou‐ activo das persoas maiores da nos como “fundamentais neste provincia a través de distintos momento porque se alguén sofre obradoiros. Así o informou a as consecuencias da Covid-19 son presidenta provincial, Carmela as persoas mozas e maiores e Silva, tras aprobar en Xunta de ademais -apuntou- está aumen‐ Goberno as bases do programa para tando moitísimo o número de o que “este ano incrementamos o persoas que teñen secuelas emo‐ orzamento nun 20% e imos dedicar cionais e polo tanto van a ser 168.800 euros”. esenciais”. Tamén se referiu aos Carmela Silva puxo en valor obradoiros de ximnasia de mante‐ as temáticas sobre as que xiran os mento e pilates considerándoos distintos obradoiros entre os que “fundamentais para que axente se atopan talleres de “habilidades maior poida manter unha boa dixitais para que a xente maior capacidade de actividade física”.


Provincia

Xaneiro 2022 Xornal 21

As mulleres do Camiño Portugués, protagonistas en FITUR

O Xeodestino puxo en marcha a súa nova campaña, na que cinco mulleres vinculadas profesionalmente ao mundo do turismo contan en primeira persoa a importancia que ten o Camiño de Santiago para os concellos O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño regresou por terceiro ano consecutivo a FITUR para seguir dado a coñecer o territorio dos seus 14 concellos e todos os aspectos que os definen e os unen. Este ano o Xeodestino pon en marcha unha campaña que cede o protagonismo ás ‘Mulleres do Camiño Portugués’, unha orixinal proposta que conta coa narración coral de cinco mulleres vinculadas

profesionalmente ao mundo do turismo que contan en primeira persoa a importancia que ten para os municipios do Camiño de Santiago. Mar Rodríguez, de Teetravel; Lucía Fragata, de Turismo de Baiona; Noelia Martínez, de Casa do Marqués; Patricia Muñoz, de Amodo Turismo; e Rosalía Verde, de Turismo A Guarda, dan voz a un atractivo que cada ano trae a

miles de turistas ao xeodestino. “O desenvolvemento sostible do turismo ligado ao Camiño Portugués ten unha importancia social, cultural e económica inne‐ gable no noso territorio. E elas son todas mulleres traballadoras que axudan a transformar e mellorar o noso atractivo turístico, por iso non podemos máis que darlles as grazas”, recordou durante a presentación no stand de Galicia

en FITUR a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo. A rexedora salientou no acto que “tecendo estratexias conxuntas somos mellores, máis eficientes e xeramos sinerxías que son imprescindibles para recoñe‐ cernos como un territorio común. Un territorio que tedes que coñecer. Non vos arrepentiredes”. O acto tamén contou coa presenza da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; do alcalde de Tui, Enrique

7

Cabaleiro; do rexedor de Gondomar, Paco Ferreira, e de concelleiros dos municipios de Pazos de Borbén e Nigrán. A nova campaña conta cun vídeo promocional no que todas as protagonistas, que coñecen e tratan con peregrinos e pere‐ grinas no seu quefacer diario, contan a súa experiencia persoal e as vantaxes do territorio. O Camiño Portugués segue a medrar ano tras ano coa chegada de viaxeiros e viaxeiras que dende o aeroporto de Porto, principal vía de entrada, inician unha experiencia de calidade e unha viaxe para non esquecer. Na presentación participaron, ademais das protagonistas, Sil‐ vana, que xestiona un albergue privado para peregrinos e pere‐ grinas en Tui, e Vanesa, que traballa nun da rede pública de albergues do Camiño Portugués no concello de Mos. Todas elas destacaron todo o que ten que ofrecer o Xeodestino para aquelas persoas que chegan a peregrinar: dende patrimonio cultural ou a riqueza natural e patrimonial ata o servizo de calidade en todos os eidos, a gastronomía, o trato coa xente. Con esta campaña FITUR volveu coñecer parte da bagaxe e dos produtos turísticos de calidade baseados nos recursos, identidade e tradición do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, composto por 14 concellos: A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño eTui. A pesar das diferentes realidades de todos estes munici‐ pios, o xeodestino consigue aglutinalos a todos para unha xestión turística unificada, opti‐ mizando recursos e creando produtos turísticos diferenciados.

A Provincia de Pontevedra, mellor destino de calidade turística de España A provincia de Pontevedra foi a gran protagonista na entrega dos XII Premios Nacionais SICTED ao ser escollida como o mellor destino de calidade turística de toda España, “un recoñecemento extra‐ ordinario que temos que valorar de forma moi importante”, mani‐ festou unha emocionada Carmela Silva ao recibir o galardón, no Centro de Convenciones de Fitur, de mans do Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés. O Premio á Deputación e a Rías Baixas “polo o seu esforzo e traballo e polo seu compromiso en favor dos servizos turísticos e do destino en xeral, así como o impulso do proxecto dentro do territorio”, converte así a Pontevedra Provincia no único destino galego en recoller un Premio, o primeiro entre os 19 que conseguiron este ano un galar‐ dón. “Sempre tivemos claro que a calidade tiña que ser un dos nosos grandes obxectivos en materia de xestión turística do destino desta provincia e estamos a ver os froitos desta firme aposta” sinalou a presi‐ denta da Deputación. “É un feito excepcional, froito dun traballo

colectivo co sector turístico e os concellos que, amais, se suma a que o pasado ano recibimos xa o galar‐ dón á mellor técnica de xestión SICTED de España”. A Deputación de Pontevedra, tal e como destacou Carmela Silva, é unha das adminis‐ tracións máis veteranas na xestión do SICTED, “e a nosa provincia lidera no estado o número de esta‐ blecementos con este distintivo de calidade. Son xa 302 e agora estamos a traballar con 350 empresas de toda a provincia e todos os subsec‐ tores relacionados co turismo, polo que este premio é un enorme recoñecemento tamén a todos eles”. O sistema integral de calidade está aliñado co Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2021-2023, que marca entre os seus obxectivos a mellora da competitividade do destino e contempla accións enca‐ miñadas a espallar o compromiso coa calidade en eidos como a sos‐ tibilidade e a dixitalización. Neste eido a Deputación está a impartir formación convencional específica e a sensibilizar ao sector para prestar un servizo óptimo, de calidade, innovador e sostible.


8

Mos

Xornal 21 Xaneiro 2022

A Louriña Vigo

A Praza América recoñecida pola CNC como obras de enorme relevancia

A Praza América e a EDAR do Lagares aparecen na relación das 26 obras seleccionadas pola Confederación Nacional da Construcción que “melloran a vida dos españois e son de enorme relevancia para a cidadanía”. O alcalde puxo de manifesto que Vigo ten dúas e aparece xunto a outras de gran calado como a remodelación da estación de metro de Gran Vía en Madrid, a estación de Santa Justa de Sevilla, o proxecto de recuperación do Caminito del Rey en Málaga, a liña de alta velocidade ferroviaria de Madrid ata Murcia, o Gran Bulevar El Vasco en Oviedo, a

O alcalde subliñou a importancia das obras que, segundo a Confederación Nacional da Construcción “melloran a vida dos españois e son de enorme relevancia para a cidadanía” planta solar fotovoltaica da cidade da xustiza de Valencia ou o parque Agrisolar de Menorca. Segundo sinalan desde a propia CNC, os indicadores para a selección están relacio‐ nados coa innovación, a sosti‐ bilidade, relevancia social e impacto económico nas respec‐ tivas zonas xeográficas. Caballero lembrou que a

Logo de tres meses de exposición pública, o documento entra na fase de estudo das alegacións presentadas, das que un 38% se realizaron de depuradora do Lagares foi una forma presencial e un 61,2% de obra “urxida desde o concello forma telemática. Para o rexedor con Elena Espinosa como minis‐ o plan "vai mellorar substancial‐ tra de Medioambiente e Emilio mente a situación global da cidade Pérez Touriño como presidente en aspectos como o acceso á vivenda da Xunta”. En canto a Praza a prezos razoables e accesibles". América valorou que “é un modelo A concelleira de Urbanismo de actuación cidadá” e valorou explicou que este é un proceso de positivamente o novo empraza‐ participación cidadá “importante” mento co deseño da escultura de que tratou de facilitarse co novo Silverio Rivas nese espazo. formato telemático e coa amplia‐ ción nun mes do prazo regrado de presentación das alegacións. Amais, o Concello mantivo encontros con 23 asociacións veciñais para explicar o documento, cubrindo todo o termo municipal. A Xerencia de Urbanismo recibiu 4.445 alegacións ao documento, o 38% (1,728) presentadas de forma presencial no rexistro habi‐ litado no Auditorio Mar de Vigo e 2.717, presentadas telematica‐ mente, o que supón o 61,2% do total. Durante os 3 meses de expo‐ sición pública, acudiron 3.076 persoas á oficina disposta no Auditorio polo Concello. María Xosé Caride apuntou que o proceso de información pública do PXOM do ano 2008 recolleu 60.992 alegacións, das que 43.000 eran contrarias ao documento polo que o actual plan é “moito máis aceptado que o anterior”. O alcalde cualificou o plan de “extraordinariamente ben adecuado enviados para aprobación munici‐ á cidade de Vigo, con amplísima pal en maio ao Concello. aceptación social. Vai mellorar A superficie total da ampliación substancialmente a situación global de San Paio de Navia é de 266.820,12 m2 e á súa urbanización destinaranse preto de 26 millóns de euros. Outra consecuencia da “falta de colaboración por parte da Administración local” é que ata que non aprobe o proxecto de urbani‐ zación, a Xunta non poderá con‐ vocar o concurso para a adxudica‐ ción das 98 parcelas dispoñibles no polígono 1, nas que prevé a construción de 331 vivendas.

A Xunta licitará en febreiro a urbanización dos 100.000 m² en San Paio de Navia

A Xunta de Galicia licitará no vindeiro mes de febreiro, por un orzamento de 11 millóns de euros, as obras de urbanización do primeiro dos tres polígonos nos que se divide a ampliación de San Paio de Navia en Vigo. Deste xeito, darase forma a 100.000 m2 de solo nos que se construirán 733 vivendas das 1.600 que se proxectan nesta nova bolsa residencial da cidade olívica. O Consello accedeu ao contido dun informe sobre o estado de desenvolvemento de San Paio de Navia, no que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) indica

que licitará as obras de urbanización do coñecido como polígono 1 sen agardar pola aprobación do pro‐ xecto por parte do Concello. Así, unha vez rematada a adquisición de solo para a ampliación e redac‐ tados os tres proxectos de urbani‐ zación, a Xunta decide dar este paso na urbe con maior demanda de vivenda. Cómpre lembrar que o proxecto do polígono 1 foi remitido ao Concello no mes de abril de 2021 e na actualidade atendéronse todos os requirimentos esixidos. En relación cos polígonos 2 e 3, foron

O Concello estudará de forma “exhaustiva” as 4.445 alegacións presentadas ao PXOM da cidade en aspectos como o acceso á vivenda a prezos razoables e accesibles” con ata 15.000 vivendas de protección, defensa dos espazos medioambientais, respecto importante ás condicións de tódo‐ los ámbitos da cidade. Engadiu que o documento usa a “posibili‐ dade de solo industrial para seguir xerando riqueza na cidade”. A edil de Urbanismo sinalou que o Concello vai facer co equipo redactor un “traballo exhaustivo” de análise e estudo das alegacións presentadas “coa mellor vontade de incorporar todas aquelas cues‐ tións que poidan ser incorporadas” no documento e “contestaremos individualizadamente a tódalas cuestións propostas”, tanto as aceptadas como as rexeitadas, “coa mellor vontade de que entre todos consigamos un documento mellor, máis corrixido, máis referendado”. O PP denuncia que “se tramitou en segredo e a porta pechada” O portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, asegurou que “o Plan Xeral empezou mal e terminal mal. Tramitouse en segre‐ do, aprobouse a porta pechada e limitouse todo o posible a infor‐ mación pública”. O grupo municipal lembrou que “este PXOM está copiado doutros e o goberno local ha tentado ocultar os pelotazos de Samil ou a desaparición do chan industrial da cidade”. Por último piden “que se corrixa o Plan e que se mellore substancialmente”.


A Louriña Galicia

Mos

Xaneiro 2022 Xornal 21

9

recursos turístico dispoñible, tanto para a parroquia de Pereiras como para o Concello de Mos. A consolidación da vivenda castrexa e escavación de sondaxes por un arqueólogo director, un adxunto de dirección, un restaurador e tres auxiliares conta cun orzamen‐ to de 18.071,35 €. Tamén resulta de interese continuar escavando outros sec‐ tores do Castro de Pereiras. Isto permitiría ampliar os datos relativos ao urbanismo, extensión e com‐ plexidade de dito xacemento.

A Xunta financiará a segunda fase da prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuníase recentemente en Santiago de Compostela co Con‐ selleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, para tratar diversos temas de interese para o municipio mosen‐ se, entre os que se atopaba a segunda campaña arqueolóxica no Castro de Pereiras. Nesta xuntanza o Conselleiro avanzoulle á rexedora local que a segunda fase da prospección con‐ tará con financiación autonómica, tras ser custeada a primeira pola

Comunidade de Montes de Pereiras, de quen partiu a iniciativa de coñecer e estudar en profundidade o xacemento. Esta nova proposta de esca‐ vación e consolidación no Castro de Pereiras daralle continuidade a primeira fase promovida pola Comunidade de Montes en Man Común de Pereiras, propietaria de parte dos terreos onde se sitúa o xacemento denominado ‘Castro de Pereiras’. Esta Comunidade de Montes mostrou, dende o ano 2019, o seu interese por

coñecer e divulgar dito xacemen‐ to arqueolóxico. En setembro de 2021 foi posible unha primeira campaña de escavación arqueolóxica dirixida a identificar restos arquitectónicos relacionados coa existencia do xacemento prehistórico. Campaña arqueolóxica que pode ser consi‐ derada como un grande éxito. Non só pola exhumación de varias estruturas relacionadas con dito Castro prehistórico, senón polo interese xerado, non só na Parro‐ quia de Pereiras, senón en todo

o Concello de Mos. Como parte do proxecto, realizáronse varias actividades de divulgación dos resultados dos traballos e realizáronse visitas guiadas a máis de 350 persoas. A realización dunha segunda campaña arqueolóxica implicará a exhumación completa dunha das cabanas circulares localizadas na campaña do ano 2021. Esta exhumación estaría complemen‐ tada coa súa posterior consolida‐ ción. Isto permitiría que dita cabana fora visitable, sendo outro

Primeira fase Na primeira fase da escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras fíxose o descrubrimento deste xacemento da Idade de Ferro. Grazas a esta excavación atopáronse un muro de unha edificación e 200 pezas de cerámica da Idade de Ferro. Entre as 200 pezas atopadas hai un asa de ola e pezas de cerámica romana, fragmentos de terra sigi‐ lata, da que se dí que é unha das cerámicas máis caras e de prestixio da época; ademáis dun tipo de cerámica que se fabricaba desde o século I A.C. ata mediados do século 3, aproximadamente, de posible producción hispánica. Este proxecto nace polo interese da veciñanza desta parroquia a dar resposta con documentación que abale a historia e a posta en valor do xacemento arqueolóxico. O propio conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, puido comprobar o pasado 24 de setembro en persoa, nunha visita ao Castro, os grandes avances feitos grazas aos labores de escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras, onde, grazas ao encargo dunha investigación por parte da Comu‐ nidade de Montes de Pereiras, fíxose o descrubrimento do xace‐ mento da Idade de Ferro.

Concello e Deputación asinan o convenio para a reforma integral da Biblioteca Municipal A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinaba en Pontevedra, xunto coa presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, o con‐ venio de colaboración entre as administración local e provincial para a acometida da reforma integral da Biblioteca Municipal que levará o nome de María Magdalena. Ata o de agora prevíase unha reforma cun orzamento de 481.375,53 € do que se financiaría con cargo ao Reacpon da Depu‐ tación de Pontevedra 361.031,65 €, o 75% do total, e os 120.343,88 € restantes (o 25%) asumiríaos o Concello con fondos propios municipais. Sen embargo, tras unha recente reunión en Santiago de Compostela da rexedora municipal co Conse‐ lleiro de Cultura, Educación e Uni‐ versidade, Román Rodríguez, este avanzoulle a Arévalo que o proxecto contará con financiación autonómi‐ ca de 250.000 euros repartidos en

dúas anualidades. Polo que o orzamento total da obra ascenderá, dos 481.375,53 € previstos inicial‐ mente, a máis de 600.000 euros. Coa achega económica da Xunta aportaranse os máis de 120.000 euros de achega municipal e am‐ pliarase o proxecto de mellora incluíndo a maiores o acondicio‐ namento dun novo espazo de biblioteca para uso exclusivo infantil, co fin de fomentar a lectura na primeira infancia. Espazo para contacontos, esparexemento, lecer e lectura. Un recuncho exclusivo evitando os ruídos nas outras zonas da biblioteca. Durante o acto de sinatura do convenio con Carmela Silva a alcaldesa mosense destacaba a importancia da “reforma integral da Biblioteca Municipal e especial‐ mente que será bautizada co nome da Poeta María Magdalena, em‐ blema das letras mosenses, falecida o pasado agosto. Foi a gran poeta

da Louriña, Medalla ao Mérito do Concello de Mos, cunha longa traxectoria persoal e literaria que se prolongou durante case un sécu‐ lo. Toda unha vida de entrega, traballo e creación artística. Naceu en Mos e desde moi novo foi moi afeccionada á lectura, especialmente de poesía e sempre tivo unha gran inquietude por aprender. Apren‐ deu a ler e escribir grazas á súa nai, ata que empezou a ir á escola. Empezou a escribir poesía e, durante anos, ninguén da súa contorna o sabía. Muller exemplar que foi unha pioneira da literatura, da reivindicación do papel da muller no rural, tanto no ámbito doméstico como profesional, intelectual, cultural e artístico. A poeta de Mos, da miña mesma parroquia, foi unha traballadora e loitadora incansable. Exemplo para min e para tantas mulleres do municipio e da comarca, referente e estela a seguir. O camiño por ela percorrido

abriunos portas ás mulleres de xeracións posteriores”. E tamén salientou Nidia Arévalo que “desde o Concello de Mos tamén estamos moi orgullosos de que o proxecto da mellora da Biblioteca e Xulgado de Paz de Mos, sexa autoría doutra muller mosense de gran talento, da arquitecta local Estefanía Grandal, xunto con Ludmila Castro, que a acompaña

neste proxecto. Grandal é unha arquitecta en pleno despunte pro‐ fesional, por ter recibido dous pre‐ mios autonómicos pola Escola Infantil a Galiña Azul da Veigadaña (premio COAG 2019 e Premio de Arquitectura de Galicia 2020) e por atoparse tamén inmersa noutro proxecto de reforma integral xusto ao carón do da Biblioteca: o da Escola Infantil da Porteliña”.


10

Mos

Xornal 21 Xaneiro 2022

Renovación do contrato de Axuda no Fogar por 2.208.849,45 euros O último Pleno do Concello de Mos de 2021 aprobou por maioría dos seus membros (todos os votos a favor agás o de Gaña‐ Mos en contra) a adxudicación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar que seguirá a prestar a mesma empresa que o facía ata o de agora. O Concello mosense é punteiro no SAF, no que actualmente conta con 62 traballadoras que atenden a 116 usuarios/as, e casi 65.000 horas anuais de servizo, fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas. O obxetivo deste contrato que supera o orzamento anual de 1 millón de euros é mellorar a vida das persoas usuarias, posibilitar que sigan vivindo no seu domicilio e no seu entorno, e que sigan a ter as súas relación familiares e sociais. Valoráronse tamén no novo prego de condicións os servizos complementarios destinados a mellorar a calidade de vida dos

enfermos como por exemplo as medidas de protección integral axudas técnicas tales como camas contra a violencia de xénero en articuladas, grúas, cadeiras de caso de traballadoras do SAF rodas, de ducha, discos xirato‐ vítimas de violencia de xénero, rios… Servizos como o de podo‐ ou material de prevención de loxía, fisioterapia, terapia ocupa‐ riscos laboráis”. cional, limpeza de choque… “Renovamos polo tanto o Con este novo contrato contratro do Servizo de Axuda adxudícase un servizo para un no Fogar, un contrato acorde a total de 64.831 horas de servizo un Concello como o noso”, anual de 2 anos de servizo máis destacaron as representantes 2 de prórroga; é dicir 4 anos de municipais Arévalo e Cebreiro, prestación de servizo. “un Concello punteiro no SAF A alcaldesa de Mos e a no que actualmente contamos concelleira de Política Social e con 62 traballadoras que atenden Igualdade, Sara Cebreiro, expli‐ a 116 usuarios, casi 65.000 horas caron a este respecto que “no fronte a concellos con máis ha‐ novo prego de condicións reco‐ bitantes e coa metade de horas. lléronse todas aquelas propostas Na actualidade non temos que os técnicos municipais ningunha persoa de grado 3 e 2 consideraron viables e que opti‐ en lista de espera”. mizarán e implementarán o E é que o Concello de Mos servizo; tales como máis axudas é un dos municipios galegos con técnicas, máis EPIs, o servizo de máis horas anuais de SAF, xa terapia ocupacional, etc. E outras que outros municipios con moitas suxerencias relativas a 15.000 habitantes ao igual que temas de máxima prioridade en Mos, contan con menos da persoal de este sector tales como metade de horas.

O BNG de Mos renova o seu Consello Local

O Responsábel Local, Óscar Rodríguez Campo, obtivo o apoio unánime da Asemblea para seguir á fronte do Consello Local, que se renova para consolidar a liña “ascendente dos últimos anos integrando experiencia e mocidade”. Deste modo, Sara Samartín será a

nova Vicerresponsábel local; Xosé Carlos Cabaleiro “Pesca‐ dor”, responsábel de Organi‐ zación; Francisco García Cobas, de Comunicación e Cristina Represas, de Finanzas. Pola súa parte, o concelleiro Gustavo Barcia seguirá á fronte da área de Acción Municipal.

A Louriña

Malvela grava novo disco en Torroso O emblemático grupo mosense, Malvela, do que forma parte a cantante Uxía, realizou en dúas xornadas, a gravación

alberga a Escola Municipal e Conservatorio Profesional de Música de Mos. O grupo musical Malvela é

do seu novo disco que está previsto sala á luz a vindeira primavera. A gravación realizouse nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso que

un dos principais emblemas culturais do Concello de Mos, promotor da tradición galega e mosense, e da identidade cultural e musical senlleira.

O lema SOMOSMOS chega a todas as rotondas fronteirizas

O slogan municipal SOMOS‐ MOS está de moda e conta cunha gran aceptación, popularidade e éxito entre a veciñanza de Mos, facendo crecente o sentimento de pertenza dos veciños e veciñas, que grazas a el ven reforzada a condición identitaria mosense, polo que está a ter unha gran repercusión. Neste sentido, para reforzar

aínda máis ese sentimento veciñal de orgullo de formar parte do pobo de Mos, para dar a benvida ao municipio e tamén con obxectivos informativo e estético de embele‐ cemento dos viais, o Concello de Mos instalou en 2021 a sinalización de SOMOSMOS en todas as rotondas e insterseccións viarias dos accesos a Mos desde concellos

limítrofes, que comezaba a princi‐ pios de ano pola do Alto de Puxeiros en Tameiga (límite con Vigo). Así remataba o 2021 cos novos letreiros lumínicos en Cela-Alto de San Cosme (límite con Vigo), Louredo-Os Valos (límite con Redondela), Torroso-Peinador (límite con Vigo) e Guizán-Santia‐ guiño (límite con Redondela).


A Louriña

Mos

Xaneiro 2022 Xornal 21

11

Consenso para regularizar a situación da Urbanización de San Antoíño

O himno de Mos busca a súa "letra" A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o xurídico do departa‐ mento municipal de Urbanismo, xunto co tenente alcalde e con‐ celleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e demais voceiros dos grupos da Corporación Munici‐ pal, veñen de runirse no Multiu‐ sos das Pozas coa nova directiva e a administradora da Comuni‐ dade de Propietarios da Urbani‐ zación de San Antoíño, na par‐ roquia de Louredo. Tras a sentenza favorable ao Concello de Mos, que establece o ámbito privado da urbanización, e a vontade de consenso por parte da nova directiva da Comunidade

de Propietarios, retómanse as xestións e traballo conxunto de cara a que sexa posible unha futura recepción da Urbanización por parte do Concello. O primeiro punto abordado entre ambas partes, e principal prioridade, é a conexión da urbanización á rexe xeral de saneamento do Consorcio de Augas do Louro. Unha obra cun orzamento total de 150.000 euros cuxa execución será asumida entre o Consorcio e os propios veciños, subsanando así unha problemáti‐ ca de fai moitos anos. Desde xeito, goberno local e Corporación Municipal agrade‐

ceron a vontade da nova directiva de empezar a traballar conxunta e consensuadamente co Concello e trazar as liñas para solucionar a situación da Urbanización de San Antoíño. Así, a Comunidade de Propietarios iniciará a conti‐ nuación a redacción do proxecto das necesidades a executar, como a mellora de beirarrúas, entre outras, e a avaliación dos custes das mesmas; contando sempre co asesoramento, axuda e colabora‐ ción dos técnicos municipais. Continuarase, polo tanto, avanzando no procedemento do que se irá dando conta en futuras reunións.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Participación Cidadá mosense, Sara Cebreiro, informaron da apertura do prazo de presentación de propostas para a letra do himno oficial do Concello de Mos, que permanecerá aberto durante 60 días a contar dende o xoves 20 de xaneiro de 2022. As bases foron aprobadas en Pleno pola maioría de membros da Corporación Municipal o pasado mes de decembro. Mos xa conta cun himno municipal propio, a Alborada CAMIÑO DA ROSA, do gaiteiro e compositor Xulio Lorenzo (apro‐ bado en pleno con data 18 de decembro de 2017), e agora, co obxectivo de que este himno conte

ademais cunha letra que o diferencie do resto dos municipios, iníciase este procedemento. A letra do himno deberá ser aprobada en Pleno. Os participantes deberán ser os lexítimos titulares dos dereitos da letra e estar dispostos a ceder os seus dereitos ao Concello de Mos. Sobre as características da letra, esta poderá presentar unha proposta calquera veciño, veciña ou colectivo (Asociación veciñal, social, cultural, Escola, Grupo, Centro Educativo...) de Mos ou doutro lugar. A letra terá que ser en galego. A letra de‐ berá ser acorde á historia, ás tradicións e costumes do lugar e á paisaxe do municipio de Mos. Deberá ser unha letra inédita do propio escritor ou compositor.


12

Mos

Xornal 21 Xaneiro 2022

Empresas de Vigo e Mos estudan marcharse polas “presións” das Comunidades de Montes

Un grupo de empresarios de Mos e Vigo reuniuse recentemente co presidente da Câmara Munici‐ pal de Valença, José Vaz Carpin‐ teira, para estudar un posible traslado das súas empresas (actual‐ mente nos polígonos de Monte Faquiña – Mos- e Cotogrande e O Gorxal – Vigo-) “diante a presión das comunidades de montes de Tameiga e Cabral”. No caso das empresas asentadas en Mos trátase de xa do segundo encontro nos últimos meses “diante a presión das empresas en buscar novos emprazamentos de seguridade xurídica”. Os contactos iniciados meses atrás por empresarios de compañías asentadas en Monte Faquiña coa Câmara Municipal de Valença do Minho para estudar un hipotético traslado das súas instalacións ao Norte de Portugal son cada vez

máis intensos, dada a inamovible postura da Comunidade de Montes en Man Común de Tameiga de incrementar desmesuradamente o canon que pagan estas empresas polos terreos que ocupan. Na reunión tamén estiveron presentes empresarios da parroquia viguesa de Cabral, onde xa un xuíz de primeira instancia de Vigo fallou a favor da Comunidade de Montes para que varias empresas do polígono de Ou Gorxal entregasen os seus terreos aos comuneiros. Desde Aemos mostraron a súa preocupación porque en Cabral acabe ocorrendo o mesmo que en Monte Faquiña e esta sentenza abra a porta a unha situación de inestabilidade e inseguridade cara á propiedade privada. En Vigo hai 300 traballadores afectados por esta situación. En ambos os casos, a proble‐

mática xurdiu por mor de que os tribunais outorgasen a propiedade do chan que ocupan as compañías ás comunidades de montes. Os comuneiros de Tameiga decidiron non respectar as condicións dos contratos fixados no seu día polo Concello de Mos coas firmas empresariais, que realizaron millonarios investimentos para poñer en marcha as súas activi‐ dades baixo a premisa de contar cun canon determinado e unha duración da concesión suficiente para garantir a amortización do negocio. Moitas delas atópanse agora con que as súas concesións caducan, sen que se respecten sequera os acordos alcanzados co Concello para prorrogalas, e que a entidade comunal pretende impoñer un canon totalmente desorbitado e inasumible. Ao encontro deste mes asistiron

representantes de compañías como Grupo Redcom, AG Turis‐ mo, Dalot, Exclusivas Cotogrande ou Juan Lumbreras, así como o xerente da Asociación de Empre‐ sarios de Mos ( Aemos), Francisco Domínguez. Por parte portuguesa estiveron presentes o novo presi‐ dente da Cámara de Valença do Minho, José Vaz Carpinteira, e un técnico municipal. A reunión serviu para constatar a vixencia da dispoñibilidade xa mostrada o pasado setembro polo anterior presidente, Manuel Lopes, para facilitar o asentamento das empresas galegas. É máis, tras o cambio de goberno derivado das últimas eleccións locais, mesmo se puxeron sobre a mesa outras posibilidades de chan máis aló das directamente dependentes da administración municipal. Neste sentido, ademais de apuntarse a

A Louriña

existencia de entre 30.000 e 40.000 metros cadrados de chan completamente urbanizado e preparado para a súa ocupación inmediata, José Vaz Carpinteira lembrou o proxecto de ampliar o actual polígono industrial competencia da Câmara en 400 hectáreas. Tamén se referiu ao desenvolvemento dunha platafor‐ ma loxística de promoción privada e á opción de contar con chan industrial dependente de comu‐ nidades veciñais en concesión e a prezo simbólico. O presidente da Câmara de Valença fixo mención expresa ao seu interese por atraer investi‐ mentos ao municipio, para o que ofreceu total dilixencia, asesora‐ mento e axudas. Pola súa banda, a delegación galega informoulle da situación de indefensión que están a sufrir moitas empresas nos polígonos de Tameiga, Cotogrande e O Gorxal, e anticipoulle que existen xa com‐ pañías con conversacións moi avanzadas para facer asine o seu traslado a outras localizacións. Entre as compañías ameazadas, ademais das representadas na visita, figuran firmas como Ralotrans, PMA Nutrigas, Termojet, Blanco Quintás, Pneumáticos Berbés, Grupo Copo, Locatel, Integral Data, Optiflota, Uniforz, Compost Galicia, Lidera Solujciones, Mekddes, entre outras. José Vaz Carpinteira compro‐ meteuse a facer chegar a Mos e Cabral un dossier coa información detallada e actualizada sobre toda a oferta de chan industrial no seu municipio, e anticipou tamén a súa disposición para devolver a visita para facilitar as negociacións.

Aprobado en Pleno o Convenio de Colaboración para o GES de Mos A principios de xaneiro produciuse a aprobación en Pleno pola maioría dos seus membros, cos votos a favor do goberno local (PP) e do grupo municipal do PSOE de Mos e os concelleiros non adscritos Verónica Costas e Román González, e a abstención de GañaMos e BNG, do Convenio de Colaboración en materia de Emerxencias e Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, para o desenvolvemento do Grupo Sostible, Leo Costas, posto que de Emerxencias Supramunicipal “este operativo supón un impor‐ (GES) de Mos durante os anos tantísimo apoio e reforzo para o 2022 e 2023. Servizo Municipal de Emerxencias O operativo mosense, está de Mos e para a Agrupación de dotado de 6 operarios e supón Voluntarios de Protección Civil un importantísimo apoio e reforzo de Mos”, declararon os represen‐ para o Servizo Municipal de tantes municipais. Emerxencias e para Protección Arévalo e Costas, declararon Civil de Mos. que “a administración local O convenio asinado entre a mosense conta cun Servizo administración local mosense, Municipal de Emerxencias que Xunta de Galicia, Federación por número de habitantes non Galega de Municipios (FEGAMP) estaría obrigada a ter e que está e Deputación de Pontevedra para dotado dunha partida do orza‐ a continuidade durante 2 anos mento municipal anual de 100.000 do novo GES de Mos considérase euros, dunha base cunhas insta‐ fundamental pola alcaldesa de lacións totalmente equipadas, Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro dun coordinador do Servizo de Emerxencias e Medio Ambiente traballador municipal e de 4

camións motobomba”. “É por elo que está demostrada a necesidade deste GES que tamén temos sobradamente merecido”, insistiu a rexedora local mosense. Arévalo destacou que esta dotación é enormemente necesaria para a localidade mosense e aplaudida pola veciñanza. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal mosense está operativo desde fai uns meses integrado dentro do mencionado Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos. A aportación económica anual por parte da administración local que require o convenio para o desenvolve‐ mento do GES de Mos ascende a 10.500 euros.

Costas advirte do perigo das árbores preto das vivendas OconcelleirodeMedioAmbiente Sostible do Concello de Mos, Leo Costas, informou da caída dunha gran árbore na parroquia de Pereiras, co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de cortar os exemplares próximos ás casas para evitar o perigo que representan. O suceso aconteceu ás 03.00 horas da madrugrada do sábado 8 ao domingo 9 de xaneiro. Tratábase dunha acacia de máis de 20 metros de altura que caeu ao carón dunha vivenda, invadindo

o terreo exterior da mesma. Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Mos, dos Bombeiros do Consorcio Provincial do parque do Porriño e da Policía Local de Mos. Deste xeito o concelleiro Leo Costas insistiu na importancia e necesidade da concienciación da veciñanza e particulares propietarios de fincas no Concello de Mos sobre a corta das árbores próximas ás casas, estradas, cables do tendido eléctrico, etc.


A Louriña

Mos

Xaneiro 2022 Xornal 21

Conectadas as depuradoras de Herville e Petelos á rede de saneamento do Consorcio

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e conce‐ lleiro de Vías e Obras, Camilo Au‐ gusto, e o xerente do Consorcio de Augas do Louro, Rufino Rodríguez, informaron de que xa está realizada a contratación do proxecto de conexión á rede municipal da rede de saneamento de Herville e rede de Abelenda que será acometido polo Consorcio de Augas do Louro, comezando a obra en breve, e polo que a depuradora municipal de Herville pasará a verquer directamente á rede de saneamento. Por outra banda, atópase tamén en proceso de licitación a obra para inhabilitar tamén a depuradora de Petelos, a piques de rematar o período de exposición pública, polo que as empresas poderán presentar as súa ofertas ata comezos da semana próxima. Ao igual que no caso de Herville, a depuradora de Petelos pasará tamén a verquer directamente á rede de saneamento do Consorcio do Louro, quedando desde xeito inhabilitadas as dúas únicas depu‐ radoras municipais que permane‐ cían en activo. Deste xeito non queda xa ningunha depuradora municipal activa en Mos, posto que as de Torroso e Tameiga xa estaban inhabilitadas vertendo á rede do Consorcio e agora con este proxecto

as outras dúas, en Herville-Cela, e Petelos, farano tamén. A EDAR de Herville está situada no marxe dereito dun regato, afluente do río da Miñoteira. Foi construída no ano 2011 para tratar os vertidos correspondentes a 450 habitantes equivalentes e un caudal de entrada de 135 m3/día. A esquina inferior esquerda da parcela delimitada polo peche da EDAR, atópase dentro do DPH. Neste proxecto contémplase a execución das obras precisas para manter a EDAR de Hervill fóra da zona de servidume do cauce do río, así como a execución dos colectores necesarios para a conexión das augas residuais que chegan a este punto, á rede de saneamento existente. A EDAR de Petelos está situada na marxe dereita da rúa Brea e ao oeste do rego Cerqueira. A impul‐ sión proxectada discurrirá nos seus primeiro 164 metros baixo a cuneta en terras situada na marxe esquerda da rúa Brea, cruzando posterior‐ mente o camiño que da acceso ao pabellón e as pistas polideportivas. A continuación, discurre baixo o aparcamento situado nese mesmo marxe da rúa nunha lonxitude de aprox. 315 m, pasando fronte ao Instituto de Educación Secundaria e o Colexio Público de Petelos. A

continuación, nun tramo de 85 metros discurre polo carril esquerdo da rúa e no seu último tramo disporase pola zona verde situada fronte ao Multiusos de Mos, para conectarse á rede de saneamento existente no pozo de rexistro exis‐ tente. Proxéctase un pozo de bombeo, que se situará na parcela onde está situada a EDAR de Petelos, desde o que partirá unha impulsión PEAD de presión nominal 10 atm e de diámetro 180 mm nunha lonxitude de 685 m. O pozo de bombeo realízase en formigón armado de dimensións interiores en planta 3,70 m por 4,00 m e 4,00 m de profundidade. O espesor das paredes é de 0,40 m. Dentro disporase de dúas bombas capaces de elevar, individualmente un caudal de 22,3 l/s a unha altura de 6 m.c.a. O sistema de funcionamento será mediante 2 bombas (1+1) e a regulación de velocidade das bom‐ bas con variadores de frecuencia para que o réxime de impulsión sexa o máis regular e laminar po‐ sible. Contará cun cestón de gru‐ esos e un aliviadeiro con válvula antirretorno. No proxecto presen‐ tase un prazo de execución de 6 meses e un presuposto de execución por contrata: 140.405,00 €.

O PSOE de Mos pide ao Concello que informe dos erros cometidos polo ORAL Nestes días, a veciñanza mosense está recibindo as cartas en relación o Imposto de Bens Inmobles cos atrasos do ano 2018, ditas cartas conteñen “algún erro” polo que os socia‐ listas piden que "dende o con‐ cello se informe a veciñanza e se habilite un punto municipal ao que os veciños poidan acudir a solucionar as dúbidas. Dito

punto sería similar a situacións que aínda non abonaran o IBI anteriores, nas que se informaba de 2018 e o resto tería que pagar da revisión catastral”. a diferenza” SINALAN. “Nalgúns dos casos, o impor‐ Dende o PSOE xustifican, te coincide co do 2021 no canto ademáis, que dita solicitude de ser a diferenza que corres‐ “ven provocada polo complexi‐ ponde ao ano 2018. Dito erro, dade que pode resultar para dase nas cartas emitidas polo algúns veciños solicitar a cita e Oral provocando confusión. Xa acudir as instalacións do Oral, que so terían que pagar o sendo máis doado facer o trámi‐ importe total, aqueles veciños te no municipio”.

13

Rematadas as pistas de skate e multideporte en San Rafael

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou recentemente Mos para comprobar os resultados de obras de mellora e construcción de infraestruturas deportivas en San Rafael, que contaron con subvención autonómica, e do‐ tacións para os Campos de Fu‐ tbol das Baloutas e Cototorrón, da UD Mos e Club Louro Tameiga, respectivamente. Lete Lasa estivo acompañado por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, José Areal, concelleiro de Deportes e o concelleiro da parroquia de Pereiras, de Moci‐ dade e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas. A zona de San Rafael, na parroquia de Pereiras, viuse beneficiada dunha importante optimización grazas ao investi‐ mento de fondos autonómicos e locais. Grazas á subvención por parte da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia por importe de preto de 28.000 euros (o orzamento total supera os 37.000 euros) realizou‐ se a mellora da eficiencia ener‐ xética na rede de luz pública mediante a instalación de iluminación led. Trátase dun proxecto de mellora integral da zona de San Rafael (parroquia de Pereiras), que inclúe tamén unha nova pista deportiva multideporte, unha pista de skate park e mellora da seguridade viaria. A obra da pista multideporte realizouse grazas a un convenio de cooperación coa Secretaria

Xeral para o Deporte polo importe total de 19.986,58 euros, asu‐ mindo a Secretaría Xeral para o Deporte 17.755,96 euros e o Concello de Mos os 2.230,62 euros restantes. Pola súa banda o skate park conta tamén con subvención autonómica por parte da Vice‐ presidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo de case 35.000 euros (o orzamen‐ to total ascende a preto de 50.000 euros). A maiores o Concello asumiu a instalación do céspede artificial da pista multideporte, a zona de calistenia, a ampliación da zona de skate e circuito BMX e os traballos de xardinería aportando 73.909,87 euros de fondos propios a maiores. Polo que o total da inversión realizada nesta melllora de San Rafael ascende a 180.933,01 euros. O Secretario Xeral para o Deporte visitou tamén esta mañá os campos de fútbol das Baloutas e Cototorrón onde puido saúdar aos presidentes da Unión Depor‐ tiva Mos e do Club Louro Ta‐ meiga, Pablo Alonso Serodio e Patricio Farrapeira, respectiva‐ mente, instalacións deportivas municipais que foron dotadas de novo equipamento deportivo, cuxa adquisición foi posible grazas a un convenio de colabo‐ ración entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. As infraestruturas deportivas beneficiarias desta renovación de material son o Pavillón Oscar Pereiro (ximnaxio e piscina), Campo de Fútbol das Baloutas e Campo de Fútbol de Cototorrón.


14

O Porriño

Xornal 21 Xaneiro 2022

A Louriña

Un Plan busca mellorar a accesibilidade no centro urbano O Concello do Porriño executará un ambicioso plan de obras para mellorar a accesibilidade das rúas do centro urbano. O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado do edil de Vías e Obras, Ramón Porto, e a arquitecta municipal, visitaron a zona onde se proxectan as primeiras intervencións. Intervirase en seis viarios e as obras consistirán na renovación das beirarrúas das rúas Pinar, José Fernández López, Enrique Pei‐ nador, Doutor Paz Varela e Tranvía, que presentan un importante e crecente estado de deterioro. Tamén se acometerán

melloras nas das rúas Codesal e Cruceiro, onde se eliminarán os afundimentos existentes, e repa‐ raranse os bordos e baldosas rotos ou desprazados. Planéase tamén ampliar beira‐ rrúas en varios tramos para mello‐ rar o tránsito de peóns, conservan‐ do as árbores existentes e plantando algúns exemplares novos, e intervir en puntos nos que se detectaron barreiras arquitectónicas que limitan a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida. A planificación do concello inclúe tamén a renovación do firme de varios destes viais. En definitiva, trátase de adecuar,

potenciar e acondicionar o que é un dos principais itinerarios peonís da vila. “Falamos dunha obra moi necesaria para o tránsito de peóns que ao mesmo tempo recuperará a estética dunha das zonas máis concorridas do Porriño”, explicou o alcalde, “Estas rúas dan acceso ao Centro de Saúde, ao instituto, aos colexios e a moitos servizos que cada día usan os porriñeses, ademais que contar coa maior que se trata só do primeiro dos densidade de poboación do centro proxectos de obra encargados urbano. É unha das principais dentro do plan de mellora da arterias do municipio e debe ser accesibilidade do centro urbano. accesible, habitable e disfrutable”. “Somos conscientes de que non é O rexedor concluíu explicando o único punto do centro que

Sandra Estévez publica "A Predicadora" Sandra Estévez Calvar, naceu un trece de septembro no Porriño. Traballou coma contable durante 16 anos; profesión que abandonou para adicarse a súa paixón: a escritura. Autora de 11 novelas, entre elas Invisible, una historia basada en feitos reais ou Mátame, se podes, un thriller ambientado en Inglaterra. Nas súas novelas gústalle tratar temas de índole social coma a violencia de xénero, o acoso laboral e escolar ou a homofobia entre outros. Na Predicadora, unhas

misterioras desaparicións de rapazas altera a vida dos habitan‐ tes da cidade do Vaticano, tinguíndoa de escuridade e xe‐

rando medo e inseguridade. O detective Mario Rossi, cunha irmá que fora secuestrada anos atrás, e axudado por unha atractiva e incombustible Nydia Cuente, encargarase de investigalas pargando un prezo moi caro. Non será fácil, e por facer o correcto veranse franqueados por unha trama con muros infranqueables a e a morte de inocentes, pagando un precio muy caro. Lograse traelas coas súas familias e levar aos culpables diante da xustiza?

O goberno de Alejandro Lorenzo prescindirá de 5 vehículos do parque móbil O goberno local que preside Alejandro Lorenzo anunciou que prescindirá de cinco vehículos -os de máis luxo e cilindrada- do parque municipal para aforrar "gastos innecesarios". Son o tres SEAT Ateca, o Mini Cooper e o Renault Megane que foron adscritos á Alcaldía, concelleiros do goberno municipal e á Policía Local. Os cinco vehículos supoñen o 20% do custo, é dicir, 56.572 € de euros de aforro, da operación de renting por un importe total de 627.602 euros que realizou en 2019 o anterior equipo de goberno para renovar o parque municipal.

presenta carencias neste sentido”, afirmou, “As necesidades que presenta O Porriño son moitas e é necesario planificar as actuacións. Desa maneira poderemos dar resposta a todas elas”.

O Concello anuncia "contundencia ante os verquidos ilegais" Dende a Concellería de Medio almacenamento dos mesmos tense Ambiente, que dirixe Antía Carrera, que levar a cabo en condicións de advertiuse que o Concello do seguridade e salubridade adecuadas Porriño actuará con contundencia e en instalacións que cumpran coas ante os verquidos ilegais que se condicións establecidas na deVan‐ están a detectar no municipio. dita normativa”, explicou a edil, A concelleira amosou a súa Antía Carrera. preocupación polo aumento de Pola súa banda, o alcalde depósitos de residuos en zonas Alejandro Lorenzo, explicou que non permitidas do municipio e “estes verquidos non son só unha recorda que se trata de acción falla de civismo, senón que su‐ ilegais que conlevan importantes poñen un deterioro grave para o sancións económicas. medio ambiente e por iso dende o En moitos casos trátase de Concello serán perseguidos”. O neumáticos que están sendo tirados rexedor concluíu apelando á cola‐ en vertedoiros ilegais. “Tal e como boración cidadá para “poñer fin a recolle a normativa sobre a xestión estas prácticas que nos perxudican de neumáticos fora de uso o a todos e todas”.

O BNG denuncia as deficiencias no Centro de Saúde do Porriño Para os nacionalistas "o Centro de Saúde, ademais de contar cun cadro de persoal insuficiente para as dimensións do noso municipio e para os servizos que presta a outros da contorna, tampouco conta cunhas instalacións que permitan prestar unha atención digna. Despois de anos de retrasos inxustificados, a Xunta debe ini‐ ciar canto antes unha obra de

ampliación para a que xa ten licenza concedida polo Conce‐ llo". Dende o BNG cargan en contra do goberno do PP "a Xunta está poñendo en risco a saúde dos veciños e veciñas do Porriño, e nestes días vén de agravar a situación pechando a atención primaria coa escusa da Covid-19".


A Louriña

Mos O Porriño

Xaneiro 2022 Xornal 21

A proba “O Gran Camiño” sairá do Porriño

15

Sobre as declaracións de humanización en San Benito Diante das informacións verquidas por Jose Ángel Carrera, veciño da localidade do Porriño, a través dunha nota de prensa, a veciña de San Benito, Raquel, que rexenta un negocio de serigrafía na zona, quere aclarar que non subs‐ cribe o contido do comunicado de prensa emitido o pasado 06/12/2021 no que se aseguraba

que os “veciños, clientes e co‐ merciantes de San Benito (O Porriño) mostran o seu desacordo coa falsa humanización”. Raquel tamén aclara que devandito comunicado emitiuse sen a súa autorización e que en ningún momento actuou como representante dos veciños nin dos comercios.

Aceesca contará con seis novas prazas públicas O Porriño dará o pistoletazo de saída da proba deportiva que recuperará unha volta ciclista profesional en Galicia tras dúas décadas de suspenso, “O Gran Camiño”. O que será un dos maiores eventos deportivos do ano na comunidade galega disputarase entre o 24 e o 27 de febreiro e constará de catro etapas, unha por cada provincia, asegurando espectáculo, valores deportivos e difusión mediática. “Como alcalde e como porriñés é un orgullo que O Gran Camiño comece no Porriño”, manifestou o rexedor, “O noso é un concello berce de ciclistas, onde este deporte ten unha arraigada tradición. Tamén é un concello de comezos,

que abre unha nova etapa na que perseguimos unha maior proyec‐ ción cara o mundo”. Neste sen‐ tido, Lorenzo afirmou con rotun‐ didade que “O Porriño é un lugar único e o mundo debe coñecernos” e concluíu, que “`O Gran Ca‐ miño´ será un escaparate perfecto que nos axudará a conseguilo”. O Porriño, saída da primeira etapa O Porriño foi elixido como saída da primeira etapa que se disputará o 24 de febreiro. Percorrerá algo máis de 163 km finalizando en Vigo. Será unha etapa chaira na súa maior parte na que, a 23 km da meta, os corredores subirán a Peinador antes de chegar ao sprint no

centro de Vigo. A segunda delas disputarase na Coruña, a terceira na pro‐ vincia de Ourense e a última será en Lugo. O Gran Camiño está incluida no calendario UCI, na categoría 2.1, conseguindo chamar a atención de equipos profesionais de alto nivel, tanto nacionais como internacionais. Xa está confirmada a participación de Movistar, Israel Start Up Nation, Education First, Cofidis, Tavira e Euskaltel Euskadi. Tamén do RP-Boa Vista, Eolo Kometa, Androni Giocattoli e Bardiani. Conta co respaldo das cinco principais institucións galegas: a Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais.

A Xunta de Galicia investirá 3 millóns de euros no Porriño para a descontaminación por lindano A Xunta de Galicia investirá 3 millóns de euros nos traballos de retirada e descontaminación dos residuos de lindano no viario prin‐ cipal do lugar do Contrasto, no Porriño, unha obra que comezará este ano. Así llo trasladou a con‐ selleira de Medio Ambiente, Te‐ rritorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao novo alcalde ponte‐ vedrés, Alejandro Lorenzo, con quen mantivo unha reunión para abordar este e outros asuntos de interese para o municipio. A conselleira explicou que con cargo aos orzamentos da Xunta deste ano xa se está actualizando o proxecto redactado en 2017 para intervir na pista municipal do Con‐ trasto polo que estima que, tan pronto como se complete este paso, poderá iniciarse a tramitación do contrato para executar as corres‐ pondentes obras. Este esforzo investidor sumarase ás outras xestións e iniciativas impulsadas polo Goberno au‐ tonómico para intervir ante a presenza deste material contami‐ nante no Porriño. Así, recordou que o Goberno galego consignou

nos últimos anos máis de 6,5 millóns de euros de fondos propios á posta en marcha de diversas actuacións para identificar e atallar a situación neste municipio, como o estudo da cela de seguridade ou o plan de investigación integral das zonas afectadas en todo o termo municipal porriñés. Por iso, tras incidir en que a Xunta sempre apoiou ao Concello na busca dunha solución á pre‐ senza de lindano, a responsable autonómica e mais o rexedor coincidiron na necesidade de que o Goberno do Estado amose agora con Galicia un compromiso igual ao que xa demostrou coa Comu‐

nidade de Aragón para atallar este problema. Neste sentido, Ángeles Vázquez lembrou que o pasado 2 de no‐ vembro o Consello de Ministros aprobou a concesión dunha axuda directa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico dun millón de euros para os traballos de control e vixilancia da contaminación de solos pola produción de lindano en Sabiñánigo (Huesca). Por iso, considerou que Galicia e O Porriño merecen un trato similar xa que a situación provocada polo lindano “non debe ser asumida” en solitario pola Xunta.

A Xunta impulsou a creación de seis novas prazas públicas de aten‐ ción no centro de día da Asociación de Apoio a Persoas con Diversi‐ dade Intelectual (Acees‐ ca), no Porriño. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou as instalación acompañada do novo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo. Fabiola García concretou que con este incremento o número de prazas públicas no centro de día chegan ás 36 que se suman a outras 37 prazas públicas no centro ocupacional. En total, o Goberno galego financia un total de 73 prazas nos centros de Aceesca no Porriño. As persoas usuarias colaboran na xestión do punto limpo da localidade, coidan do seu inver‐ nadoiro de plantas de temporada

ou participan en labores de limpeza e xardinería. A conse‐ lleira destacou que Aceesca per‐ mite que as veciñas e veciños do Porriño teñan a oportunidade de avanzar cara a plena inclusión. Ademais do financiamento destas prazas, a Xunta colabora con esta asociación a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF para a mellora e adecuación das súas instalacións. Na última convocatoria, esta entidade percibiu 52.000 euros. Deste xeito, o Goberno galego destina anualmente a Aceesca 800.000 euros para facilitar o seu labor.

Acipor entrega 70 premios na campaña de Nadal 2021 Acipor CCA Morea do Porriño ven de entregar os premios da campaña de Nadal 2021. En total foron 2.100 euros en vales compra para disfrutar nos comercios adheridos. Coa entrega cantidade completábanse

os 4.200 euros que Acipor CCA Morea Porriño sorteu neste Nadal, cun total de 70 personas bene‐ ficiarias, que apoiaron e confia‐ ron no pequeno comercio do Porriño para realizar as súas compras navideñas.


16

Salceda de Caselas

Xornal 21 Xaneiro 2022

Redondela A Louriña

O Entroido de Salceda volve ás rúas

A Xunta investirá preto de 2,2m€ na ampliación do Instituto Pedras Rubias A Xunta de Galicia vai investir preto de 2,2M€ nas obras de ampliación do instituto IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas, co que se garantirá a incorporación das ensinanzas de Bacharelato. Tal e como se pode consultar na plataforma Contratos de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de licitar a redacción do proxecto por un importe de preto de 82.000€ e un período de redac‐ ción de tres meses. Unha vez redactado, será o

proxecto técnico o que defina as características das obras que se van levar a cabo neste centro e que vai supoñer a dotación duns 1.600 metros cadrados de nova superficie útil que se destinará á zona docente (con oito aulas, dous aseos, laboratorio, polo creativo e espazo Foro entre outros), a administración e departamentos didácticos e a servizos comúns (almacéns e taquillas). Así mesmo, engadiran‐ se tamén espazos exteriores como un acceso e un patio cuberto e zona de estacionamento.

O Concello de Salceda de Caselas, en coordinación cos barrios da Feira e do Castro Barreiro traballa xa na organiza‐ ción do Entroido 2022, unha cita clave na axenda cultural do municipio e referente en todo o país, que volverá celebrarse logo do parón do pasado ano por mor da COVID19. Ademais do centenario enfrontamento, o Concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez traballa xa na elaboración das bases e do protocolo para a celebración do XXIII Desfile de Carrozas e Comparsas o domingo 27 de febreiro, logo de reunirse coas comparsas do Concello, nunha xuntanza na que se apostou pola celebración do evento dun xeito seguro. Todos os colectivos implicados coinciden na importancia de recuperar o evento máis impor‐ tante da axenda cultural de Sal‐ ceda, aínda que a celebración nas tradicionais datas estará condi‐ cionada pola incidencia de con‐ taxios da COVID19 e polas posibles restricións que aplique a Xunta de Galicia, que xa anun‐ ciou un protocolo específico para estas festas.

pola pouca empatía que ten o goberno bipartito coas afestadas e afectados, xa que non aceptaron a proposta feita por nós, para que as bonificacións fosen de oficio e automáticas dun ano para outro, e que non teñan que ser os veciños quenes teñan que solicitalas todolos anos. Se se despistan de aplaudían o catastrazo e vían para solicitalas, tendrán que pagar, é in‐ outro lado”. xusto. As administración deben de Doutra banda indican que “neste estar para axudar e non para complicar último ano, o noso Grupo presentou a vida os administrados”, lamentan. máis de dez medidas para paliar os Dende o PP local aseguran que efectos negativos nas economías "fai días que solicitamos que se notifique familiares deste procedemento. Moi‐ individualmente e con documentos tas delas foron rexeitadas inicialmente asinados, oficiais e que teñan validez polo goberno, que meses despois xurídica, a nulidade dos recibos do apoiou ante a presión social e a IBI correspondentes os atrasos mal insistencia pola nosa parte. Entre elas, emitidos do ano 2018, xa que moitos a baixada do tipo impositivo do 0,50% veñen sen o desconto do xa pagado o 0,40% para este ano 22”. Ademáis en aquel ano” Tamén lembran que aseguran que "estamos decepcionados “Os veciños pregúntanse se un anuncio

O PP califica de "caótico e inxusto catastazo do goberno" O Grupo Municipal Popular atendeu na súa sede local da dúcias de veciños ante "a incerta que está a producir o catastrazo". Dende os populares salcedenses, manifestan que "o goberno local pretende escurrir o problema achacando a ORAL e Catastro toda responsabilidade, cando en realidade teñen moita os membros do goberno bipartito salcedense por como, cando e de que xeito se está a levar todo este procedemento, según manifestan. “Dende o minuto un deste proce‐

demento o goberno local estivo de acordó co mesmo, xa que non pre‐ sentou ni un so recurso contra o mesmo, nin deu oportunidade de alegación os veciñ@s, nin a colectivos nin o noso Grupo, xa que calou a información que tiñas dende finais do ano 2020”explican, engadindo que “a proba evidente de que están de acordo co Catastrazo, é que o ingreso polo mesmo, os tiñan previs‐ tos no orzamento do ano 21, máis de 800.000€. Agora non vale decir que están o caron dos afectados, cando

en redes sociais é serio, se iso pode substituír a un decreto ou documento asinado por un responsable onde este acompañado cun cuño oficial de dita administración. Quen lle garante os contribuíntes que o non pagar ditos recibos non lles vai xerar recargo de incrementos sobre os importes ini‐ ciais?, de verdade pensa a Sra. Alcaldesa que isto é serio?”indican. Por último solicitan que "que deran a cara, que se reúnan cos afectados e que vaian ca verdade por diante. Xa ninguén ten confianza e cre a nun goberno que dende o inicio deste lamentable proceso recaudatorio, non dixo a verdade e non fixo todo o posible para minimizalo e que fose xusto, proporcional e realista ante a situación que estamos a vivir de pandemia e crise social” sinalan dende o PP.


A Louriña Mos Redondela

Xaneiro 2022 Xornal 21

17

Novo Plan de emprego da Asociación de Empresarios de Redondela

A Asociación de Empresarios de Redondela anuncia a selección de 100 persoas desempregadas para participar no plan integrado para o emprego que se desenvol‐ verá durante o ano 2022. Entre os colectivos deste novo programa compre destacar o número de prazas para os menores de 30 anos con titulación, nun proxecto enfocado a reter e potenciar talento. Pero tamén outros colectivos como mulleres, maiores de 45, menores de 30 sen cualificación e incluso vítimas de violencia de xénero teñen cabida neste programa con reser‐ vas de prazas específicas. O proxecto tamén contempla itinerarios de apoio ao autoem‐ prego o que abre un importante apoio a posta en marcha de novos proxecto de emprende‐ mento empresarial. O 60% da oferta formativa prevista estará baseada no catálogo de especialidades do servizo público de emprego estatal desenvolvida no marco do Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral o que garante unha titulación regulada coa adquisición de competencias, contidos e espe‐ cificación técnicas tamén regu‐ ladas. Ademais, grazas ao finan‐ ciamento da Xunta de Galicia das persoas participantes contarán con becas de asistencia. Este tipo de programa de acompañamento á persoas desem‐

pregadas son unha gran oportu‐ nidade para relanzarse profesio‐ nalmente e contar cun asesora‐ mento personalizado para trazar os obxectivos profesionais. O ámbito do programa comprende os concellos de Re‐ dondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Sotomaior, Vilaboa, Ponteareas e Vigo, polo que calquera persoa en situación de desemprego destes concellos pode presentar a súa solicitude para participar no programa. As solicitudes para participar no programa poden tramitarse a través da web www.empresasre‐ dondela.gal ou nos enderezos e teléfonos habituais da entidade. Principais Materias del programa Neste programa a formación xoga un papel clave para a mellora das competencias profesionais de cada persoa usuaria, e deseñase coa intención de situar as persoas usuarias en mellores condicións de partida tanto para o acceso como para o mantemento do emprego. As Novas tecnoloxías da información e a comunicación xogarán un papel crucial en todos procesos formativos. O proxecto contará como punto de partida con formación prelaboral, e dicir, aquela dirixida a adquisición de competencias persoais e sociais. Este tipo de formación será administrada

como píldoras formativas de curta que terán como obxectivo o posicionamento no mercado laboral, a mellora da autoestima e a formulación dunha busca de emprego activa a través das novas tecnoloxías. O programa comprenderá accións de: Información, orien‐ tación e asesoramento; Forma‐ ción transversal en novas tecno‐ loxía e/ou idiomas; Coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; Habilidades sociola‐ borais e obradoiros de entrevista; Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandan‐ tes de emprego participantes; Prácticas profesionais non laborais en empresas, destacando a capa‐ cidade deste programas para adaptarse ás necesidades das persoas seleccionadas e poder orientarse de forma máis eficaz a consecución dos obxectivos de inserción previstos. Pola súa banda tamén haberá un Programa de acompañamento á empresas que comprenderá servizos tales como: realización de procesos de preselección, seguimento de persoas incorpo‐ radas, fomento e asesoramento en Responsabilidade Social Empresarial, convenios en prácticas, colaboración no deseño e implantación de accións forma‐ tivas específicas para a cobertura de postos de traballo.

Sinalizados os xacementos prehistóricos de Monte Penide A Concellería de Patrimonio do Concello de Redondela, que xestiona María Castro, deu por rematados os traballos de reposi‐ ción da cartelería e sinalización dun dos seus grandes bens patri‐ moniais e culturais: os xacementos prehistóricos de Monte Penide/ Mirallo. Na actualidade, a cartelería existente atópase en moi mal estado debido aos oito anos que leva exposta a intemperie e ás accións da luz solar, nuns casos, e as

actuacións incívicas noutros. A estes danos engádese a desaparición de todos os postes de dirección colocados nos camiños. As actuacións, tal e como sinala María Castro, “permitirán a reposición dos vinilos en mal estado que permitan poñer en valor este ben cultural e a colocación dos postes indicadores desaparecidos, que axuden ás e aos visitantes, a localizar estes emprazamentos do xeito máis doado”.

Programa 'Maiores en Movemento' O Concello de Redondela non só busca a mellora da saúde poñerá en marcha, neste ano, física das persoas participantes o programa 'Maiores en (xerontoximnasia e Tai Chi na Movemento' –unha iniciativa rúa), senón tamén a prevención pioneira, aposta persoal da do deterioro cognitivo a través alcaldesa Digna Rivas–, que das actividades de Memoria se desenvolverá por primeira Activa e o aproveitamento das vez en todas as parroquias do novas tecnoloxías “habilidades municipio e que está formada que lles permitirán realizar por catro actividades: Memo‐ xestións, obter información, ria Activa, Maiores en Redes, manterse en contacto con amigos Xerontoximnasia e Tai Chi e familiares e seguir vivindo na na rúa. súa contorna”, explica a alcal‐ Maiores en Movemento desa Digna Rivas.


18

Xornal 21 Xaneiro 2022

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | Salvaterra de Miño | Ponteareas Mos

OACondado Louriña

O xeodestino Condado Paradanta: unha opción para o turismo internacional

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta presentou o territorio na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebrou en Madrid. Trátase do quinto ano que esta agrupación que representa a dez concellos (Arbo, A Cañiza, O Covelo, Cre‐ cente, Mondariz, Mondariz-Bal‐ neario, As Neves, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas) estiveron presentes no stand de Galicia. Nesta ocasión dende o GDR vólvese a facer unha aposta polo turismo deportivo. Se o pasado ano presentaban o deseño do centro BTT agora dan a coñecer

o resultado deste proxecto, que supón máis de 250 quilómetros formado por un gran trazado circular que recorre todo o terri‐ torio, ademais de percorridos máis curtos en cada un dos concellos que trasladan ao visitante aos recursos de interese do territorio. Trátase de rutas de fácil recorrido orientado sobre todo ao turismo familiar e outras de longas distan‐ cias para deportistas profesionais e afeccionados. Xunto co centro BTT presentan o deseño do circuíto de trail, do cal se proxectan tres trazados, un de 21 quilómetros, outro de 13 e outro de seis, distribuídos polo territorio e que

complementan aos de BTT. Tamén fixeron fincapé no Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTEC), un programa de tra‐ ballo orientado á mellora da calidade turística en empresas e servizos turísticos co obxectivo de conseguir unha visión global de destino. Este proxecto é xestio‐ nado dende o 2020 polo GDR e, a día de hoxe, existen no territorio un total de 47 empresas e servizos adheridos a este selo, o cal permite garantir un servizo turístico de calidade, un turismo 10. E a previsión neste 2022 e poder adherir unha quincena máis.

As Neves dá un novo paso na recuperación de espazo público na vila co Plan ReacPon O Plan ReacPon da Deputación facilitará ao concello das Neves poder dar un novo paso cara á progresiva recuperación de espazo público na vila coa cofinanciación do proxecto de humanización da rúa Travesía Eira da Liñaza, cuxo convenio asinaron en Pontevedra a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, acompañados do

vicepresidente provincial César Mosquera. Cun investimento total de case 400.000 euros, dos que a Deputación achega 359.798, a actuación está enmarcada no mo‐ delo de mobilidade sostible, a recuperación do espazo público para o uso da veciñanza, e nos obxectivos da Axenda 2030 e da Rede de Concellos Ágora polo Espazo Público.

O PP lamenta a condea ao goberno de Ponteareas "por non rebaixar a taxa do lixo"

O CEIP Nosa Señora dos Remedios recoñecido pola súa inclusión educativa A Xunta de Galicia recoñece o traballo de oito centros educati‐ vos galegos co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2021, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Univer‐ sidade co obxectivo de impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas así como recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos. Trátase, deste

xeito, de promover unha escola que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa a creación de contor‐ nas e culturas inclusivas. O CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas) acadou o terceiro premio con Aquí cabemos todos, un proxecto global co obxectivo principal de mellorar a conviven‐ cia de todo o centro, fomentando o emprego de espazos totalmente abertos e con patios dinámicos,

que baixo diferentes liñas de acción levan ao obxectivo común de acadar a plena inclusión a través de dinámicas activas e innovadoras. As tres liñas de acción de traballo son: imple‐ mentación de metodoloxías inclusivas, colaborativas e crea‐ tivas a través da aprendizaxe por proxectos, o desenvolvemento das TIC e o traballo en facer os patios máis inclusivos, máis activos e máis dinámicos.

Os populares lamentan “a desidia do goberno local que repercute negativamente no peto dos veciños porque non só non se benefician da redución no recibo do lixo senón porque agora teñen que pagar os intereses da sentencia”. O Grupo Municipal do PP xa advertira ao goberno local a principios do ano pasado que votar en contra da moción que presentamos no Pleno para actualizar a ordenanza municipal de Recollida e Tratamento do

Lixo, e reducir o canon que se lles cobra aos veciños, ía traer perxuizos. E nestes días “confir‐ mouse cunha sentencia dos Tribunais o que decíamos, e condénase ao bipartito a pagar máis de 60.000 euros con intereses de demora” sinalan. O PP solicita "por segunda vez no Pleno que de xeito urxente se modifique a ordenanza para rebaixar nun 10% o canon que pagan actualmente os veciños e que poidan beneficiarse desa bonificación a partir de agora".

Mondariz prevé un aforro de 43.000 € en enerxía eléctrica Un novo contrato para a subministración de enerxía eléc‐ trica foi votado na última sesión do Pleno da Corporación Mu‐ nicipal, resultando aprobado con cinco votos favorables (BNG, PSOE e Ciudadanos) e cinco abstencións (Alternativa por

Mondariz e Partido Popular). A través do Acordo Marco realizado pola FEMP (Federa‐ ción Española de Municipios e Provincias) e, segundo o prezo da luz de 2021 tomado como referencia, asegura un aforro anual de 43.000 euros.


Baixo A Louriña Miño Mos A Guarda | O Rosal | Oia | Tomiño | Tui

Xaneiro 2022 Xornal 21

19

O PP nomea unha xestora no Rosal

Positivo balance da presenza de Tui en Fitur O Partido Popular deu a máis de un ano para demostrar coñecer os nomes das persoas que somos a única alternativa que integrarán a nova xestora posible, un goberno do PP que do Rosal, que estará presidida volva a poñer O Rosal na senda por Carlos Rodríguez Vicente. do progreso”. E para iso, sinalou, Foi durante un acto con afiliados “é fundamental traballar por todo que se celebrou no Centro Social aquilo que vos importa no voso Polivalente, no que participaron concello. Hai que saír á rúa, o presidente provincial, Alfonso escoitar, recoñecer con toda a Rueda, e o secretario xeral, Luis humildade os erros que se López. Rueda subliñou que “é puideron cometer, facer propostas o momento de cambios, de e xerar confianza. Só estando na apostar por un novo proxecto rúa, próximos aos veciños, pode‐ ilusionante do que forman remos acertar”. parte todos os afiliados e todos O líder provincial puxo en os veciños que se senten próxi‐ valor as novas incorporacións á mos ao noso partido, e por iso xestora, para que o partido hoxe comeza a renovación do continúe crecendo, pero tamén PP do Rosal”. que se tivese en conta a todas Rueda aproveitou a súa as persoas que suman tanta intervención para pedir unidade experiencia. “Trátase de sumar do partido e moito traballo ao xente nova, pero sen prescindir novo equipo. “Temos por diante de ninguén, para conseguir un

proxecto do PP no que todos os afiliados se sintan integrados e identificados”. Carlos Rodríguez presentou unha xestora integrada por 10 persoas. Entre as que figura como vicepresidente o ex alcalde, Jesús María Fernández Portela, e como secretario, Javier Calvo Simois. Completan a lista sete vogais: María Carmen Alonso, voceira do grupo municipal e ex alcaldesa; Charo Tabales, concelleira; Mauro Fernández, concelleiro; Fernando Domínguez, concelleiro; Mabel Franco, concelleira; María Jesús Videira e María Ángeles Vicente. O novo presidente da xestora agradece o xesto de todas as persoas que forman parte do equipo, dispostas a sumar e dedicar o seu tempo para traballar polo Rosal.

A alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, participou como representante do Concello de Tui nun total de catro presen‐ tacións nas que a cidade tiña especial protagonismo celebradas na Feira Internacional de Turismo – Fitur 2022 que se celebrou na capital de España. Especial interese suscitou a presentación do proxecto “Río Miño, un destino navegable” ao que asistiron os rexedores de Tui,

Salvaterra de Miño, Valença e Monçao xunto co Presidente de Turismo Porto e Norte, Luis Pedro Martins, e o Vice-presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. Neste acto foi promocionado este novidoso e ilusionante proxecto de creación dun novo produto turístico que pon en valor o río Miño e a súa dimensión transfronteiriza así como os recursos turísticos dos catro municipios miñoto.

Oia transformará a Praza do Campo co Plan Reacpon

Protección Civil de Tui realizou 242 servizos en 2021 A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou ao longo do 2021 un total de 242 servizos empregando nos mesmos 1.583 horas. A súa intervención foi requirida a tra‐ vés do 112, da Policía Local, do Concello ou entidades locais. Os voluntarios da agrupación, pese a non estar operativos ao 100%, foron quen de acudir ao 75% dos servizos solicitados. Os accidentes de tráfico e incidencias de circulación cen‐ traron a meirande parte dos servizos con 62 e 30 interven‐ cións. Amais membros de Pro‐ tección Civil colaboraron o ano pasado en 28 eventos culturais e 27 eventos deportivos. Foi requirida a súa intervención en 22 ocasións pola presenza de animais soltos, e en 21 ocasións por incidencias varias. Ao longo dos últimos 12 meses dende Protección Civil de Tui realizaron 20 servizos sanitarios, acudiron a 13 incendios urbanos e 4

forestais, así coma a 7 accidentes laborais. Tamén acudiron en 5 ocasións a retirar árbores caídas e colaboraron na busca de 3 persoas desaparecidas. Por outra parte cómpre destacar o evento solidario organizado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil a favor de SOS Tomiño Baixo Miño no Teatro Municipal no mes de decembro no que recolleron 3,1 toneladas de alimentos non perecedoiros.

Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento a todas as persoas voluntarias que integran esta Agrupación polo seu labor solidario e altruísta. Así o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, destaca a gratitude á este colectivo “polos seus desvelos en actuacións dirixidas a evitar danos e perigos para os cidadáns, sendo conscientes pola nosa parte que isto implica un indubidable sacrificio persoal”.

O plan ReacPon da Depu‐ tación de Pontevedra “suporá a radical transformación da Praza do Campo en Burgueira-Oia cun proxecto de recuperación do espazo público que se traducirá nun novo punto de encontro e de esparexemento para a cidadanía”. A presidenta da institución provincial, Car‐ mela Silva, asinou coa alcaldesa Cristina Correa o convenio para

esta actuación, que suporá un investimento total de 267.867,45 € dos que a Depu‐ tación achega 241.080,71 €, e que cambiará por completo esta zona de Burgueira. “Participar neste plan da Deputación é unha importante oportunidade para converter este espazo, que a día de hoxe está morto e non ten atractivo, nunha grande praza”, manifestou a alcaldesa.


20

Nigrán | Gondomar | Baiona

Xornal 21 Xaneiro 2022

Os fondos do Plan ReacPon impulsarán a remodelación da contorna do Paseo de Pinzón

“A inversión da Deputación en Baiona na anterior lexislatura foi de 6,5 millóns de euros e a da Xunta de Galicia 1,8 millóns. Creo que con iso dicímolo todo”. Con esta rotunda afirmación o alcalde Carlos Gómez agradeceu á administración provincial o esforzo do Plan ReacPon no acto de sinatura do convenio coa presidenta, Carmela Silva, acompañada polo vicepresidente, César Mosquera. Cun orzamento de máis de 1,7 millóns de euros, cofinanciados por Deputación e concello, este plan extraordinario permitirá facer realidade o esperado proxecto de remodelación da contorna do paseo Pinzón. A presidenta da deputación, Carmela Silva, sinalou que con este proxecto “seguimos camiñando e facendo obras conxuntamente, unha actuación moi potente que se corresponde co proxecto de transformación dos concellos que

defende a Deputación e que permite crear vilas onde da gusto vivir”. Ademais, resaltou que as actuacións proxectadas compren cos “principios de sostibilidade que contempla a Axenda 2030 e todo o que ten que ver coa transición ecolóxica”. Alén do proxecto do Paseo Pinzón, a Deputación leva investidos máis de 9,6 millóns de euros en Baiona con outros plans extraordinarios como o DepoRemse co que o concello mellorou a mobilidade e seguridade viaria na avenida de Sabarís, o novo Multiusos de Sabarís do Plan Concellos, ou os investi‐ mentos en infraestruturas para a mellora da seguridade viaria en Baredo-Lourenza ou en SabarísBelesar, actuacións “que teñen transformado absolutamente luga‐ res que non son o centro da vila e, polo tanto, espallan este modelo de mobilidade e para o conxunto de Baiona”.

O Entroido de Baiona adiántase ao sábado 19 de febreiro O Concello de Baiona adianta unha semana a celebración do Entroido. Aínda que a data oficial será a última fin de semana de febreiro, desde a Concellería de Cultura decidiuse adiantalo sete días para que a súa celebración non estea tan próxima á festa máis popular da vila, a Arribada, que este ano se celebrará o 4, 5 e 6 de marzo, e que tamén encherá de fantasía, neste caso medieval, as rúas da localidade. Deste xeito, o Concello de Baiona será unha dos primeiros en levar a cabo esta celebración. O concurso de comparsas de Entroido terá lugar o sábado 19

de febreiro de 2022, con saída ás 17:00 horas desde a Avenida Urbana de Sabarís e percorrerán as rúas Santa Marta, Monterreal e Elduayen para terminar no Paseo Ribeira. O Concello de Baiona repartirá 6.500 euros entre as comparsas participantes distri‐ buídos entre os seguintes pre‐ mios: 1º premio 900 euros; 2º premio 650 euros, 3ª premio 500 euros, 4º premios 400 euros e 5ªpremio 300 euros. O resto do montante repartirase entre as comparsas participantes no desfile e distribuirase en función do número de compoñentes.

ValMotor Miñor

Gondomar renovará a Praza de Rosalía de Castro co Plan Reacpon

“Gondomar está facendo grandes cousas grazas á Deputa‐ ción”. Con esta rotunda frase, o alcalde Francisco Ferreira mostrou a súa satisfacción na sinatura do convenio coa presidenta provin‐ cial Carmela Silva para a próxima adecuación urbana e sostible da Praza de Rosalía de Castro. Esta nova actuación de recuperación do espazo público na vila será posible co Plan ReacPon da institución provincial, que se traducirá nun equipamento transformador e pensado para as persoas que mobilizará un total

de 833.544,36 € dos cales a Deputación achega 666.835,49 €. “Non poderíamos facer este tipo de transformacións nos concellos sen os recursos da Deputación, sería impensable”, destacou o alcalde. A presidenta provincial, Carmela Silva, cualificou o proxecto de “modélico e exemplo a seguir”, que, amais, dá continuidade á transformación que tivo a Praza da Paradela, executada tamén con fondos da Deputación. A presi‐ denta eloxiou o “compromiso de Gondomar coa reconstrución da

trama urbana dun concello que agora, tan só seis anos despois, non hai quen o recoñeza”. Nese sentido, recordou que “o mundo local está amosando que é o que ten máis capacidade para facer fronte ás demandas reais da veciñanza, que é eficaz e eficiente e capaz de executar grandes proxectos”, polo que “hai que esixir ás outras administracións, á Xunta e ao Goberno do Estado que dediquen recursos aos concellos, que son os que mellor responden ás transformacións do século XXI”.

Vive Nigrán anuncia a primeira confirmación da súa sexta edición Superado con éxito o reto da anterior edición de Vive Nigrán 2021, a organización, fiel o seu espíritu, regresa este 2022 coa sexta edición do festival, que novamente se situasé a escasos metros de Praia América, o seu incomparable escenario de cada verán no campo de fútbol de Monte Lourido. O festival conta unha vez máis co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma musical de “Mahou Cinco Estrellas” que busca reivindicar os encontros como algo esencial para vivir mellor, ademáis do apoio do Concello de Nigrán. O fenómeno RIGOBERTA BANDINI é un dos proxectos máis exitosos que xurdiron últimamente na escena musical española.Assúasprimeirascancións fixéronse virales en plena pandemia e agora converteuse nunha das artistas máis desexadas por festivais e programacións con cancións como ‘ In Spain We Call It Soledad’, ‘Cadela ou ‘ Too Many Drugs’, que creadora catalá de 30 anos leva transferencia bancaria. Pero foi a conseguiron coarse entre as máis cantandodesdeosseis,compoñendo música que crea e interpreta baixo virales de Spotify. As súas cancións desde os sete, actriz de dobraxe o seu alter ego Rigoberta Bandini cativan á primeira escoita. Letras sendoavozenespañoldepersonaxes a que a converteu nun dos fenóme‐ ácidas, irónicas, divertidas, pero como Caillou ou en pelí culas como nos musicais do ano. nada inocentes e esa adictiva “A viaxe de Chihiro». Ademáis, Ademáis, Rigoberta Bandini, mestura de pop e electrónica publicou unha novela de auto participa no Benidorm Fest con levárona a aumentar de forma ficciónchamada«Vértigo»,estreado "Ai Mamá", que se celebrasé durante exponencial o seu número de as súas pezas teatrais como directora, o mes de xaneiro e cuxo gañador seguidores e a ser sen dúbida una dramaturga e actriz no Festival será o representante de España en das artistas do momento. Tempada Alta de Xirona ou oTeatre Eurovisió n 2022. Esta proposta Paula Ribó é a persoa detrá s Lliure, entre outros lugares, e atopa promete conservar o selo persoal de Rigoberta Bandini. Artista inspiración para escribir poesía ata da artista nunha canción que rende multidisciplinar onde as haxa, a cun concepto como o dunha homenaxe a todas as nais e mulleres.


A Louriña Motor

Mos

Xaneiro 2022 Xornal 21

My Ami Cargo con tecnoloxía 100% eléctrica As necesidades de profesionais e empresas son unha fonte de inspiración constante para Ci‐ troën. Moitos negocios dunha gran cantidade de sectores teñen que realizar moitos traxectos curtos por uns centros urbanos no que as restricións aos vehículos térmi‐ cos non fan máis que multiplicarse. Pensando nos seus problemas de

mobilidade, a marca desenvolveu o Citroën My Ami Cargo, un novo vehículo de repartición eléctrica que incorpora todas as vantaxes do Citroën Ami cun volume útil total de máis de 400 litros e unha carga útil de 140 kg grazas a un espazo optimizado e modular no sitio que habitualmente ocuparía o asento do pasaxeiro.

O prototipo de pneumático sen aire Coa mobilidade urbana e a repartición de última milla como claves para as solucións sostibles do futuro, Michelin está a desen‐ volver produtos, ofertas e servizos para unha mobilidade máis segura, accesible, limpa e conectada. Como parte desta estratexia, Michelin presentou o prototipo de pneumático radial sen aire MICHE‐ LIN X Tweel para vehículos de repartición no Salón da Electrónica de Consumo CES 2022 que tivo lugar en Las Vegas, equipado nun triciclo eléctrico de Coaster Cycles. “Michelin aposta pola innova‐ ción para resolver os retos do mañá

neste mercado tan complexo e esixente”, declarou Tony Marconi, director de negocio de Tweel. “Aspiramos a liderar as solucións sostibles para as frotas urbanas e sabemos que o paso máis custoso da loxística adoita ser a repartición de última milla. A nosa innovadora solución Tweel ha resolvido retos noutros segmentos nos que as picadas son un problema. Quere‐ mos adiantarnos a estes obstáculos no ámbito da mobilidade urbana e pretendemos ofrecer a mellor solución posible aos clientes para maximizar o tempo de actividade e minimizar os problemas”.

Optimismo en Soportal para a Fórmula E O equipo ETIQUETA Heuer Porsche de Fórmula E afrontará a oitava tempada Campionato de Mundo de Fórmula E ABB FIA no E- Prix Diriyah, Arabia Saudita, os días 28 e 29 de xaneiro. Tomará parte en dúas carreiras nocturnas no circuíto urbano de 2,495 quilómetros próximo a Riad, onde o Porsche Taycan Turbo S debu‐ tará como coche de seguridade da Fórmula E. Co Porsche 99X Electric, André Lotterer (Alemaña, nº 36) e Pascal Wehrlein (Ale‐ maña, nº 94) buscasen un bo resultado para Porsche como base

para unha exitosa tempada. O Campionato de Mundo de Fórmula E ABB FIA, que consta de 16 carreiras en dez importantes cidades, terá un alto nivel de competitividade con 10 equipos e 22 pilotos. Esta tempada haberá varios cambios no regulamento que afectarán á carreira e, sobre todo, á cualificación. A loita por a pole position ten a configura‐ ción de eliminatorias, con emo‐ cionantes duelos a dous. Ade‐ mais, incrementouse a potencia máxima durante o modo ataque e na cualificación.

21

O secreto de DS Automobiles desvelado nas Las Vegas Desde o seu lanzamento, DS Automobiles tivo a electrificación no centro da súa estratexia cunha gama 100% electrificada que está á venda desde 2019. Co DS 3 CROSSBACK E-TENSE 100% eléctrico máis os híbridos enchufables DS 4 E-TENSE, DS 7 CROSSBACK E-TENSE e DS 9 E TENSE con 225 a 360 cv de potencia, cada un dos modelos DS teñen unha versión electrificada. Esta táctica ten como obxectivo ofrecer eficiencia técnica, dinamismo e refinamento. Tamén pode garantir sen problemas mobilidade fronte á intensificación nas normas en torno ao uso do automóbil, especialmente no centro das cidades.

DS Automobiles, o primeiro fabricante premium en participar na Fórmula E, é a única marca que gañou dous títulos de equipos e pilotos. Agora, DS Automobiles renovou o seu compromiso ata 2026, comezando co desenvolvemento dunha nova xeración de monoplazas máis competitiva e eficiente. Este laboratorio tecnolóxico permite seguir avanzando cos modelos de produción. No Consumer Electronics Show, DS Auto‐ mobiles presenta o DS E-TENSE FE21, o monopraza do Campionato de Fórmula E pilotado polos seus campións: Jean-*Éric Vergne e António Félix dá Costa.

Novo casco integral G80 FLY- R Garibaldi presenta a súa nova integral G80 FLYR, un casco de deseño moderno pensado para achegar un alto nivel de protección e unha gran aerodinámica, sen esquecerse do confort. A súa gráfica sinxela e elegante confírenlle unha personalidade única. Para conseguir o confort que todos desexamos nun casco integral, o deseño do seu calota exterior, fabricada en policarbonato de peso reducido (1450+- g), está optimizado para ofrecer en tempo de calor unha maior entrada do fluxo de aire e por tanto un maior rendemento na ventilación xeral do casco. Este eficiente sistema de ventilación está formado por unha entrada de aire na zona superior, unha na mentonera e un extractor de aire posterior integrado para ofrecer unha óptima refrixeración interna. A calota interior en EPS de

multidensidade para absorber mellor os posibles impactos, está cuberta con acolchados inte‐ riores totalmen‐ te desmonta‐ bles e lavables de gran comodi‐ dade. Para os que usan lentes, o seu sistema " Easy Fit" permite pasar as baleas das lentes cómoda e rapidamente sen danalas, grazas a unha ranura que separa o acolchado superior de almofádalas laterais.


22

Actualidade Saúde

Xornal 21 Xaneiro 2022

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Consellos contra o insomnio sobrepeso é un factor de saúde que redunda no benestar xeral e no soño en particular. Ademais, hai que evitar as ceas copiosas e os alimentos que poidan retardar ou dificultar a dixestión a última hora do día, como os fritos, o allo, o picante, etc. 11. Diminuír o consumo de líquidos a partir de certa hora Todo o mundo sábeo: tomar líquidos pouco antes de ir á cama producirá espertares para ouriñar. 12. Aparcar os problemas Hai que aprender a xestionar as preocupacións, os malos recordos, os enfados... É importante saber mandalos a outra habitación e meterse na cama visualizando situacións pracenteiras, unha paisaxe agradable ou un pensamento banal como que roupa poñerse mañá ou que facer de comida. O bo manexo emocional resulta imprescindible para conciliar o soño. Os medicamentos teñen algún tipo de efectos adversos, pero as consecuencias non desexadas son moi inferiores ás beneficiosas. Por exemplo, un antibiótico pode producirnos molestias estomacais por uns días, pero a cambio combate eficazmente ás bacterias que poderían causar problemas graves e mesmo a morte. Hai quen padece unha enfermidade crónica e debe medicarse durante toda a súa vida, pero o normal é que os fármacos combatan problemas de saúde concretos e que, unha vez superados, non requiran ningunha medicina. Con todo, isto non sempre ocorre coas pastillas para durmir, segundo datos que manexa TKE Home Solutions, a compañía líder en salvaescaleras para o fogar, entre un 30 e un 40 % dos españois teñen insomnio transitorio, unha das principais causas polas que se empeza a tomar ansiolíticos e, en moitas ocasións perpetúase o seu uso. As pastillas para durmir deberían ser un remedio temporal, non habitual. Cando se toman durante longo tempo crean adicción e poden producir problemas de memoria, confusión, perda de reflexos, falta de concentración, baixo rendemento... especialmente nas persoas máis maiores, que son, polo xeral, as que máis utilizan estes fármacos xa que adoitan ser quen máis dificultades teñen para conciliar o soño. Ademais, perden a súa eficacia. En ocasións, o efecto relaxante prolóngase durante o día, co que se incrementa o risco de accidentes. Pero, entón, Hai que suspender as pastillas para durmir? A resposta é non, ou polo menos non sen supervisión médica. Existen trastornos de soño e vixilia que si requiren medicación. Con todo, noutros casos podería tentarse unha reeducación. En calquera caso, estes medicamentos non deben retirarse nunca de forma brusca

porque poden producir cadros de dependencia con síntomas de ansiedade, tremores, irritabilidade, mareos, risco de caídas... Se alguén desexa deixar os ansiolíticos, debe consultar co seu médico e, se este o considera oportuno, prescribirá outros medicamentos de transición ou pautará unha diminución lenta e progresiva das doses. Durmir é imprescindible para a vida e para preservar a saúde física e mental. É necesario descansar as horas que cada un necesite, que nas persoas maiores adoitan ser entre seis e nove. Os expertos de TKE Home Solutions lembran que os patróns de soño cambian coa idade. Estes son os seus consellos máis eficaces para ter boas noites e tratar de esquecernos das pastillas para durmir: 1. Levar horarios regulares Os hábitos axudan a durmir mellor. Hai que deitarse e levantarse cada día cara á mesma hora. Por exemplo, irse á cama ás doce e levantarse como moi tarde oito horas despois, con independencia de se se durmiu ben ou non. 2. A sesta, mellor breve Hai persoas que se botan as sestas coñecidas como “de pixama e orinal” durante tres horas e logo cren que poden durmir pola noite sete horas máis. O aconsellable é durmir non máis de media hora se o costume é repousar ao mediodía e, se é posible, facelo no sofá ou nunha cadeira de brazos, con luz e ruído ambiente, nunha contorna distinta do que se utiliza para o soño nocturno. 3. Practicar exercicio cada día Se é posible, ir ao ximnasio, nadar, facer ioga, pilates... Se non, practicar en casa unha rutina de exercicios diarios, pero mellor pola mañá ou, polo menos, tres horas antes de irse á cama. Ademais, convén camiñar un intre ao aire

libre. O deporte e a vida activa están directamente relacionados coa calidade do soño. 4. Usar o dormitorio para durmir O ideal sería que non houbese tele, que non se escoitase a radio, que non se utilizase como salga de lectura... Á cama vai relaxar #se e a durmir. Os móbiles, totalmente prohibidos se estamos na cama! 5. Crear bo ambiente O dormitorio debe ser un lugar onde se estea a gusto, cunha decoración agradable e cores relaxantes. É importante illalo de ruídos cunhas xanelas apropiadas. Convén poder diminuír ou suprimir a luz segundo preferencias, pero mantendo certa luminosidade de emerxencia ou a facilidade para acendela e non correr riscos en caso de ter que levantarse durante a noite. Hai que evitar ter pantallas acesas ou que entren escintileos da rúa. Un bo colchón e unha almofada de calidade son imprescindibles. A temperatura da habitación ha de ser fresca, non fría nin moito menos calorosa, para evitar espertares. 6. Ter unha rutina Igual que aos nenos ensínaselles a durmir tras o conto de boas noites, os adultos deben ter a súa rutina: ler un intre, ver un programa da tele tranquilo, facer un crucigrama, darse un baño... Hai que seguir un proceso que se repita cada día xusto antes de ir á cama para durmir. 7. Tomar o sol (con moderación) O sol ten os seus riscos, pero tamén grandes vantaxes: axuda a durmir mellor porque facilita a segregación de melatonina, a hormona que regula os ritmos circadianos de soño e vixilia. Para evitar os efectos adversos, hai que tomalo á primeira hora da mañá

ou a última da tarde, nunca entre as 12 e as 16 horas, e é suficiente con menos de dez minutos diarios. Abonda con que dea na cara, nas mans, no escote e os antebrazos. Pode tomarse en casa, nunha habitación asollada, abrindo a xanela, ou no parque, mentres se dá un paseo. O sol permite tamén sintetizar a vitamina D, imprescindible para os ósos e tan necesaria nas persoas maiores. Iso si, sempre utilizando protección solar. 8. Non fumar nin beber alcol, e menos antes de deitarse A nicotina é mala acotío, pero ademais prexudica o soño. Tamén o dos que están á beira dos fumadores. O alcol, aínda que en principio pode parecer que axudar a durmir, provoca un sopor artificial, probablemente incremente os ronquidos, e o espertar producirase en canto pasen os seus efectos sedantes. Por outra banda, deshidrata. 9. Evitar as bebidas excitantes Bebidas excitantes como o té, o café, os refrescos de cola non favorecen o soño. Hai quen cre que non pasa nada se se toma o café ao mediodía ou o té da tarde, pero os seus efectos poden perdurar durante horas e dificultar a conciliación do soño. 10. Manter unha dieta saudable Comer ben e non ter

13. E se non... outra vez será Durmirse non é automático nin pode controlarse a vontade. Se pasado un tempo non se concilia o soño, non é unha traxedia. Unha opción é quedar tranquilos, gozando do descanso, da escuridade, do silencio... Pero se a situación de insomnio xera ansiedade, é preferible levantarse e poñerse a ler no salón ata que entre o adormecemento. Despois vólvese a tentar e, se non funciona, repítese o proceso de levantarse e deitarse tantas veces como sexa necesario. Leandro Palomo, Responsable de Saúde e Seguridade de TKE Home Solutions comenta: “De cando en vez, a todo o mundo resísteselle unha noite, ou varias. É normal. O importante é non obsesionarse, non sentir #estrés #anticipar, non angustiarse pensando no mal que estaremos ao día seguinte, non dar voltas a iso da hora que é e eu aínda sen pegar ollo! E sobre todo, non empezar a tomar ansiolíticos a non ser que nolos prescribiu un médico e sempre facelo nas doses receitadas. Con determinación persoal, tras unhas noites malas, calquera acabará por conciliar o soño, aínda que periodicamente poidan aparecer recaídas de insomnio. É preferible perseverar e poñer en práctica estes consellos que desde TKE Home Solutions quixemos dar antes que depender toda a vida das pastillas para durmir”.


Actualidade Saúde

Xaneiro 2022 Xornal 21

23

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Punto de lectura

Cinema

Este mes recomendamos...

O músico e escritor Miguel Alonso publica nova novela

Uncharted O cuarto de Mona Mona (Sabela Hermida) é unha mu‐ ller na crise dos corenta sen traballo, sen parella, sen diñeiro e co soño de ser actriz. Cansa desta situación decide tirarse por unha ponte, pero unhas chamadas no último momento lembraranlle que queda pouco para os seus aniversarios. O que pa‐ rece que pode ser un intento de volver á normalidade e de mirar a cara positiva da vida desencadeará nunha semana frenética con todo tipo de situacións disparatadas.

Estrea: 11/02/2022 Baseada na serie de videoxogos, Unchar‐ ted preséntanos a un mozo, astuto e caris‐ mático, Nathan Drake (Tom Holland) na súa primeira aventura como cazatesoros co seu enxeñoso compañeiro Victor “ Sully” Sullivan (Mark Wahlberg). Nunha épica aventura de acción que se estende por todo o mundo, ambos se embarcan nunha peri‐ gosa procura de “o maior tesouro nunca an‐ tes atopado” á vez que rastrexan as claves que lles poderían conducir ao irmán de Na‐ than, perdido fai xa moito tempo.

Moonfall

Estrea: 04/02/2022

Unha forza misteriosa golpea á Lúa fóra da súa órbi‐ ta e envíaa en choque directo contra a Terra a toda velo‐ cidade. Unhas semanas antes do impacto co mundo ao bordo da aniquilación, a executiva da NASA e ex astro‐ nauta Jo Fowler (Halle Berry) está convencida de ter a clave para salvar o noso planeta. Pero só o astronauta Brian Harper (Patrick Wilson) e o teórico conspiranoi‐ co KC Houseman (John Bradley) crena. Estes heroes inverosímiis montarán unha misión imposible ao espa‐ zo, deixando atrás a todos os seus seres queridos, para aterrar na superficie lunar e tentar salvar á humanidade, enfrontándose a un misterio de proporcións cósmicas.

Miguel Alonso conta cunha traxectoria musical que abarca xa tres discos, ademais de proxectos paralelos como Minguante ou a banda infantil Música Miúda, sempre vencellado á música de autor en galego. En 2017 sorprendeu publicando a súa primeira novela, “O caso Quintana” (Belagua Ediciones), primeiro libro da serie “Os casos do cuarto 010”, as aventuras da estudante de psicoloxía Laura Mariño. Agora publica “O caso dos amantes de París” (Belagua Ediciones), a segunda destas historias. Nesta novela negra, na que Laura terá que desenlear un novo misterio ao ritmo da chanson francesa, poderemos atopar críticas nada veladas ao xornalismo actual que exercen algúns medios.

Senlleiras: 373 (Literaria) A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada. Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.

OHumordeCosme

Irmán do vento "Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza. "Irmán do vento" é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.