Xornal21 nº 102

Page 1

DEPORTES

Óscar Martínez vencedor no Open de Galicia de Enduro

22

Galicia Galicia aforrará 65 M€ ao beneficiarse do fondo de financiamento para comunidades que cumpren o déficit

A GUARDA

Nº 102 / Outubro 2016

www.xornal21.es

Periódico galego de distribución gratuita

A Deputación adxudica o contrato para a implantación da administración electrónica nos concellos da provincia 06 Deportes O II Vertiatlón Solidario recada máis de 5.000 euros para impulsar a vela adaptada en Galicia

Ismael Fernández gaña a Álvaro Pino o Desafío Santa Tegra

Motor O novo Fiat Qubob destaca polo seu carácter orixinal, funcional e dinámico

17

20

19

Saúde Só o 30% de españois sabe realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP) 21

DEPORTES

O Rías Baixas pechou a tempada como terceiro mellor equipo Élite de España

Provincia

03

20

Unidos pola supresión das vías do tren polo centro do Porriño Unhas 500 persoas manifestáronse polas rúas do Porriño para reclamar a supresión do paso a nivel sen barreiras e o paso das vías do ferrocarril que afectan a esta vila dende os anos 50. Na xornada leuse un comunicado no que se esixe ós reponsables de Renfe que “se reúnan cos membros da Corporación do Porriño ofrecendo compromisos claros e precisos sobre a retirada da vía e cun calendario detallado de actuacións para conseguir o Obxectivo ao que non imos renunciar: a eliminación das vías do tren polo centro do Porriño". 12

NIGRÁN

MOS

Un membro do GES de Nigrán participará coma voluntario nun campo de refuxiados en Grecia

18

PROVINCIA

O programa “Conectadas 2016” inicia 24 novos obradoiros en 20 concellos da provincia 05

Mos celebra a décimo terceira edición das Xornadas Micolóxicas Haberá una gran Degustación de Cogomelos que se celebrará no contorno do Pazo de Mos o domingo 23 de outubro e a partir desa data e ó longo de todo o mes de novembro nos propios restaurantes. 07

>

COMARCAS A Louriña

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

>

07 - 15

O Condado

16

Baixo Miño

17

Val Miñor

18

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

>

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

>

Nigrán | Gondomar | Baiona


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Outubro 2016

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Cita

Se un día séntesche inútil e deprimido… lembra que fuches o espermatozoide máis veloz de todos!!!

Que "pinta" o rosa na miña vida? A miña mala saúde de ferro e a incerteza da data da miña próxima intervención impedíronme este ano, con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama, facer unha campaña nos medios de comunicación. É necesario dar a coñecer a realidade obxectiva e sen rumbos de como ten que afrontar a vida diaria unha enferma que carece de protección económica e social nun Estado que se proclama de Benestar. Esta semana o rosa será o protagonista. Centos de iniciativas póñense en marcha, moitas marcas sumásense a elas e as lapelas da maioría de cidadáns irán adornadas co lacito rosa. A retórica sobre o cancro de mama céntrase no "pensa en positivo e vencerás ao cancro".

Con todo, a experiencia de cancro debilita e empobrece a moitas persoas afectadas. Fálase moi pouco da calidade de vida e das secuelas brutais do cancro. Tampouco aparecían nos medios de comunicación ata o inicio da miña denuncia pública para visibilizar a situación de indefensión socioeconómica de moitas destas enfermas coa lexislación vixente. Como é que non se penaliza de forma exemplar en España que che despidan por ter un cancro? Se estás en activo as altas médicas do INSS aínda que non esteas recuperada obríganche a elixir entre a túa saúde ou o teu traballo sen apenas forzas para realizalo. Despois dun cancro non sempre se pode volver á vida normal cando a Ad-

ministración impono e necesítase protección “para que non che mate a Seguridade Social despois de que o sistema sanitario fixo tantos esforzos para que sobrevivises”. A cultura rosa e o pensamento positivo ocultan as cicatrices sociais e económicas dunha enfermidade cuxa recuperación e curación proxéctase a medio ou longo prazo, anestesia a rabia e suprime o espírito crítico. Por iso as miñas reivindicacións como activista e enferma son un exemplo desalentador da falta de coñecemento público sobre o impacto da enfermidade. “A vida non segue igual” despois dun diagnóstico de cancro, polo menos non, para moitas de nós.

Groucho Marx

O utubrO

A GUARDA Concello 986 61 00 00 Policía Local 986 61 00 25 Centro de Saúde 986 61 44 50

AS NEVES Concello 986 64 80 38 Policía Local 986 64 80 38 Centro de Saúde 986 64 88 37

BAIONA Concello 986 38 50 50 Policía Local 986 35 80 11 Centro de Saúde 986 38 51 60

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

OIA

986 36 21 25 986 36 23 44

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

O ROSAL Concello 986 62 50 00 Centro de Saúde 986 62 60 35 MONDARIZ Concello 986 66 43 06 Policía Local 680 46 11 51 Centro de Saúde 986 65 61 38 MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 65 61 36 Centro de Saúde 986 66 24 36

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Staff

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348106 Redacción: redaccion@xornal21.es

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21. Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

Teléfonos de interese

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 31 25 26 27 28 29 30

TOMIÑO 986 62 22 85 M. del Carmen Pardo Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15

Beatriz Figueroa

N OvembrO

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS 986 641 795 Farmacia Elduayen, 7 Farmacia Picoto, 3 - Areas 986 642 215 Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034 TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811 TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 332 003

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO MOLINA GAMARRA, TOMÁS

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra a violencia de xénero

Número 102 / do 15 de outubro ao 15 de novembro de 2016 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán).

Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urgente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia

Outubro 2016

Galicia aforrará 65 M€ ao beneficiarse do fondo de financiamento para comunidades que cumpren o déficit Redacción / Xornal21.es

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou o pasado día 13 na rolda de prensa do Consello que Galicia aforrará 65 millóns de euros ao beneficiarse neste 2016 do Fondo de Financiamento para comunidades que cumpren o déficit. Logo de que o Consello da Xunta aprobase o acordo de adhesión ao Fondo de Facilidade Financeira correspondente ao cuarto trimestre de 2016, Rueda salientou que só Galicia e Canarias se poden adherir a este fondo, “xa que son as únicas que cumpriron”, dixo, precisando que a comunidade galega pechou o pasado exercicio cun déficit do 0,68%, por debaixo do límite do 0,7% fixado polo Consello de Política Fiscal e Financeira. Durante a súa intervención, o vicepresidente en funcións lembrou as numerosas vantaxes deste fondo que ofrece financiamento a custe 0, incidindo en que isto permitirá á comunidade aforrar en xuros 65 millóns de euros coa adhesión a este mecanismo neste 2016. Alfonso Rueda afirmou que Galicia quere seguir sendo a comunidade de referencia no control do déficit e da débeda pública. “Seguimos pensando que este é o mellor camiño: non gastar o que non temos, non hipotecar o futuro de vindeiras xeracións e seguir co rigor nas contas públicas”, asegurou, facendo fincapé en que tamén é a autonomía que menos incrementou o seu volume de débeda desde 2008. Sobre este punto, recordou que Galicia ten unha ratio de débeda seis puntos inferior á media; é a terceira que menos aumentou o seu déficit desde 2010, cumprindo cada ano os

Xornal 21

3

Os Cruceiros C osteiros pechan a súa primeira tempada con 1.400 pasaxeiros Con esta iniciativa preténdese desenvolver unha oferta náutica e turística diferenciada ademais de achegar un novo uso ás embarcacións de transporte turístico en tempada baixa. Redacción / Xornal21.es

Rueda salienta que só Galicia e Canarias se poden adherir a este fondo e precisa que a comunidade galega pechou o pasado exercicio cun déficit do 0,68%, por debaixo do límite do 0,7% fixado polo Consello de Política Fiscal e Financeira. límites fixados polo Consello de Política Fiscal e Financeira, e mantense entre as autonomías que pagan con máis axilidade aos seus provedores, case un mes antes que a media. “Imos seguir mantendo o modelo de crecemento baseado en controlar o déficit e a débeda; reforzando o gasto social, que agora chega ao 80% do orzamento; mantendo o gasto investidor, e somos a comunidade cun maior esforzo en 2015; e seguiremos pagando con axilidade aos provedores”, abundou. Rueda concluíu asegu-

rando que Galicia seguirá coa folla de ruta marcada polo Plan Estratéxico de Galicia ata 2020. “Xa crecemos a un ritmo do 3% e queremos acadar un crecemento medio do 2,5% ata 2020; fixemos a maior baixada de impostos da historia da Autonomía e seguiremos afondando nese camiño; e os principais indicadores macroeconómicos nos apoian, como as exportacións ou o índice de produción industrial”, dixo, facendo fincapé en que co este modelo, “queremos seguir consolidando a recuperación económica de Galicia”.

Os pasaxeiros dos Cruceiros Costeiros organizados por Portos de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Actividades Náuticas - Agan+, alcanzaron a cifra de 1416 pasaxeiros na súa primeira tempada de vida. Así o comunicaron o pasado día 14 o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e o presidente de Agan+, Manuel Soliño, na estación marítima de Baiona, onde fixeron balance do primeiro ano desta iniciativa ideada para impulsar o turismo náutico e contribuír a crear unha oferta turística fose da tempada alta. No acto tamén participou o alcalde de Baiona, Anxo Rodal, a directora de promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita Urgoiti, e a patroa maior da confraría de Baiona, Susana González. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, recoñeceu que a proposta que puxeron encima da mesa resultaba moi atractiva ao permitir gozar da paisaxe, a gastronomía e o patrimonio histórico e cultural das Rías Baixas, en catamarán ou en barco a vela, e adaptarse ás preferencias do cliente. Ademais, durante todos estes meses fíxose un importante labor de promoción que "notamos que calou profundamente en empresas do sector porque é un produto novo e diferente”. En total, os Cruceiros Costeiros chegaron a máis de 4500 axencias de viaxe de España e Portugal. Segundo explicou o presidente de Portos, a captación de clientes para esta actividade responde en boa medida ao traballo de promoción realizado a través dos medios de comunicación, redes sociais, campañas de publicidade e

o contacto directo co sector do turismo náutico. En total realizáronse 69 saídas polas seis rutas definidas, dúas por cada ría, con clientes principalmente galegos e do arco atlántico europeo, pero tamén doutros países como México e Cuba. “É importante que o turista estranxeiro coñézanos, pero máis importante é que quede contento e repita”, afirmou o alcalde de Baiona, Anxo Rodal. O perfil

do viaxeiro que optou por realizar estes minicruceros de varios días polas Rías Baixas, responde a "unha persoa de poder adquisitivo medio alto, que busca paisaxe e gastronomía e que valora de forma importante todo aquilo que se lle ofrece", tal e como afirmou o presidente de Agan+, Manuel Soliño, que tras relatar brevemente os principais datos que arroxa esta primeira tempada dos Cruceiros Costeiros describiuna como “moi boa para ser o arranque”, ao que engadiu “os próximos anos serán mellores agora que o produto xa está en marcha poderemos centrarnos nos labores de promoción”. RIA DE VIGO A ría de Vigo foi a máis solicitada durante esta primeira tempada de Cruceiros Costeiros. En total, máis do 50% dos pasaxeiros optaron polas rutas desta ría atraídos pola beleza das illas Cíes, a illa de San Simón, ou as cidades de Vigo e Baiona, na que se fai especial incidencia na visita á carabela e o núcleo histórico da vila.


4

Galicia

Xornal 21 Outubro 2016

O Plan de reforzo de firmes prevé en 2017 un investimento de 20 millóns de euros O obxectivo do Plan deste ano, que é actuar sobre 638 quilómetros de estradas, xa está cumprido ao 80 por cento.

/PURESTOCK

Comezou a tempada de caza para máis de 45.000 cazadores galegos Redacción Santiago

A tempada de caza xeral 20162017 en Galicia iniciouse o pasado 16 de outubro. O colectivo de cazadores galegos, que se sitúa actualmente en máis de 45.000, poderá dispoñer de licenza para exercer esta actividade en 454 tecores, que superan os 2,6 millóns de hectáreas de terreos cinexeticamente ordenados. A esta cifra hai que sumar as 28 explotacións cinexéticas comerciais autorizadas. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recorda que o período hábil de caza prolongarase ata o vindeiro 6 de xaneiro de 2017, con alcance xeral, ambas datas incluídas. Considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico. NOVIDADES Entre as principais novidades que se recollen para a nova tempada, destaca o feito de que nos terreos de réxime cinexético especial que teñan autorizada a prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro ata o 15 de marzo de 2017 os xoves, do-

Considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico.

mingos e festivos de carácter estatal ou autonómico. Nos terreos de réxime cinexético especial establécese, así mesmo, un período mínimo de dous meses consecutivos durante o cal non se pode adestrar cans nin aves de cetraría (escollidos nun único período entre abril e xullo, proposto polo titular do terreo cinexético, entendéndose no seu defecto que se corresponde cos meses de maio e xuño). En canto á caza do raposo nos Tecor e explotacións cinexéticas comerciais, posibilítase realizar batidas de xestión en toda a súa superficie os sábados do período hábil de caza menor, cando se planificaran e executaran actuacións de mellora sobre aquelas poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente polo raposo. No tocante ao aproveitamento cinexético da cabra montés, está prohibida a súa caza excepto nos Tecor do Xurés especificados no

plan de aproveitamento cinexético aprobado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, aumentándose o período de caza para esta especie respecto ao da tempada anterior, ao permitir a súa caza dende o 15 de setembro de 2016 ata o 15 de marzo de 2017. Mediante a modalidade de cetraría, permítese a caza da gaivota chorona común (Larus ridibundus), corona clara (Larus argentatus), estorniño pinto (Sturnus vulgaris), pega rabilonga (Pica pica) e corvo (Corvus corone), tanto en terreos de réxime cinexético común como especial, durante todo o ano, agás nos meses de abril, maio e xuño. Nos terreos de réxime cinexético especial con autorización do titular do aproveitamento e nas zonas libres de caza, con autorización da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza.

A Xunta retira preto de 1.600 caixas de expedientes dos Xulgados de Vigo Os arquivos permanecerán no depósito á espera de que a Xunta de expurgo determine a súa eliminación ou conservación por razóns de interese histórico. A Xunta retirou 1.584 caixas de documentación xudicial para trasladalas ao Arquivo Xudicial Territorial situado no edificio administrativo de Pontevedra. En concreto trasladáronse 798 caixas do xulgado de Instrución número 5 de Vigo e 786 dos xulgados do social. Hai que ter en conta que a Xunta leva trasladadas máis de 13.000 caixas ao depósito habilitado no Edificio administrativo de Campolongo para actuacións relacionadas coa organización dos arquivos xudiciais e o ex-

purgo, ás que agora se suman estas preto de 1.600 novas caixas. A documentación permanecerá gardada neste depósito á espera de que a Xunta de Expurgo determine a súa eliminación definitiva ou a conservación naqueles casos nos que esteamos a falar de documentos con interese histórico. A Dirección Xeral de Xustiza está levando a cabo diversas iniciativas para desconxestionar os arquivos xudiciais. Entre estas actuacións destaca a habilitación deste local

en Pontevedra, no edificio da delegación Territorial da Xunta, en Campolongo, que conta con preto de 500 metros cadrados e unha capacidade para unhas 25.000 caixas de expedientes.

O vicepresidente do Goberno galego en funcións, Alfonso Rueda, avanzou este mes que o Plan de reforzo de firmes comprenderá en 2017 novas obras en 85 estradas da rede autonómica galega. Este plan suporá actuacións en 700 novos quilómetros cun investimento que, como en 2016, roldará os 20 millóns de euros. Rueda subliñou que a Axencia Galega de Infraestruturas manterá o esforzo do Plan deste ano, que xa se atopa executado en máis do 80 por cento. O obxectivo para este exercicio é o de actuar sobre 638 quilómetros de estradas cunha mobilización de 24 millóns de euros. A día de hoxe xa se obrou sobre 520 quilómetros de es-

tradas autonómicas. Neste último ano a aposta pola mellora dos firmes cun triplo obxectivo: incrementar a comodidade na condución, procurar maior eficacia á Administración —xa que está acreditado que canto máis tempo pasen os firmes deteriorados máis custosa resulta a súa reparación— e mellorar a seguridade viaria. Con respecto a isto, o vicepresidente en funcións indicou que precisamente o Plan de reforzo de firmes forma parte do Plan de seguridade viaria 2016-2020, aprobado a principios deste ano co fin de reducir nun 50 por cento as vítimas mortais nas estradas respecto a 2011.

Medio Rural permite a tramitación de permisos para queimas A Consellería do Medio Rural permite de novo desde o día 14, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas. A realización de queimas de restos agrícolas e forestais

prolongouse ata agora debido á climatoloxía adversa. Por tanto poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, e a través da páxina queimasweb.xunta.gal.


Provincia

Outubro 2016

Xornal 21

5

O programa “Conectadas 2016” inicia 24 novos obradoiros en 20 concellos da provincia O programa de Igualdade “Conectadas 2016” levará a cabo 24 novos obradoiros repartidos entre os seguintes 20 concellos da provincia: Baiona (conservación de alimentos, conservas artesanais), Barro (tapas, petiscos e canapés), Caldas de Reis (cociña: menú diario), Cambados (cociña e alimentación: hábitos saudables), Crecente (zumba), A Estrada (cociña: menú diario e intelixencia emocional), Meaño (cestaría), Meis (conservación de alimentos, conservas artesanais), Mos (pilates), Oia (percusión e canto e risoterapia), Pontevedra (ioga), O Porriño (pilates e arte floral: ornamentación), Rodeiro (pilates), Salvaterra de Miño (cestaría), Sanxenxo (ximnasia de mantemento e poda e tarefas do campo dende a sustentabilidade), Tui (pastelaría e repos-

A iniciativa de Igualdade ten como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres e mellorar a súa formación básica. taría creativa), Vigo (pilates), Vila de Cruces (zumba), Vilagarcía de Arousa (conservación de alimentos, conservas artesanais) e Vilanova de Arousa (cociña: menú diario). Estes obradoiros do programa elaborado polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra recollen temáticas moi diversas, que van dende as actividades físicas (zumba, ioga, ximnasia de mantemento), pasando pola artesanía e manualidades (traballos en tea, coiro, madeira e outros; costura creativa; iniciación á costura) ou a alimentación

A DXT incorporará o Plan Movese da Deputación na súa estratexia de seguranza viaria para as travesías O deputado de Mobilidade Uxío Benítez participou en Madrid nunhas xornadas de traballo para aportar fórmulas e estratexias de calmado de tráfico. O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, participou este mes en Madrid na xornada obradoiro da Dirección Xeral de Tráfico sobre “O tratamento de travesías para a seguranza viaria e a habitabilidade” para presentar o Plan de Mobilidade e Velocidade Segura (Movese) da Deputación de Pontevedra. Este Plan foi considerado “experiencia de referencia” por parte da DXT e será incorporado no documento que o organismo está a elaborar sobre a chamada “Estratexia T”, que recollerá directrices e pautas de actuación para mellorar a seguranza viaria nas travesías de todo o estado. “Os técnicos da DXT e da consultora que está a elaborar a “Estratexia T” consideraron moi ambiciosa a aposta da Deputación co Plan Móvese tanto polo seu volume de inversión, polo seu alcance nas vías provinciais, como pola fórmula para calmar o tráfico”, explicou Benítez, quen sinalou que a a DXT tamén aposta pola filo-

sofía da mobilidade sustentable poñendo aos peóns como principais protagonistas ao realizar actuacións en estradas. O deputado afirmou que a Dirección Xeral de Tráfico xa recoñeceu o traballo da Depo simplemente co feito de convidala a participar na xornada obradoiro, a onde a consultoría que realiza a “Estratexia T” convidou ás institucións con traballos máis destacados, pero salientou que o feito de que “os xestores en infraestruturas teñamos o aval da “Estratexia T” da Dirección Xeral de Tráfico nas nosas actuacións danos autoridade para seguir apostando no futuro por tratamentos de estradas sustentables”, asegurou. Na súa presentación o deputado falou da concepción de violencia viaria e lembrou os datos de sinistralidade dos últimos tempos: 247 peóns faleceron en sinistros dentro de áreas urbanas do estado español, que tamén sufriu 13.436 feridos nas cidades (1.763 de gravidade) no 2015.

(conservación de alimentos, conservas artesanais; cociña e alimentación: hábitos saudables; tapas, petiscos e canapés), así como alfabetización dixital (fotografía e edición) e psicoloxía (risoterapia, mindfulness), entre outros. Lembramos que “Conectadas 2016” ten como obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres, mellorar a súa formación básica e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, así como o intercambio de experiencias. Faino mediante accións formativas e coa incorporación de maneira trans-

versal dos principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación nos distintos eidos persoal, laboral e familiar. Ademais, tamén pretende contribuír á mellora da empregabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo, reducindo a brecha dixital mediante o emprego da información e as novas tecnoloxías. As actividades estanse a realizar ao longo de 60 concellos da provincia e son máis de 5.000 alumnas e alumnos os que se beneficiarán en total do programa. Cada un dos cursos ten unha duración de 35 horas

e precisa un mínimo de 15 persoas participantes, organizándose en grupos de entre 20 e 25 persoas como máximo e con preferencia ás mulleres. Só un 25% das prazas se reservan para homes, agás no caso dos cursos relacionados coa cociña e alimentación, onde a distribución de prazas está a ser mixta. “Conectadas 2016” é unha iniciativa desenvolvida polo servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra. Esta área, que se creou por primeira vez esta lexislatura, ten como finalidade funcionar non como un departamento independente, senón integrado nas distintas áreas da institución provincial para implantar criterios de Igualdade entre mulleres e homes en todas as iniciativas que se desenvolven dende a institución provincial.


6

Provincia

Xornal 21 Outubro 2016

Carmela Silva destaca a colaboración co Concello de Soutomaior para valorizar o castelo O alcalde Agustín Reguera alaba o proxecto da Deputación de Pontevedra para poñer en valor as instalacións e os xardíns do entorno. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva destacou recentemente a colaboración co concello de Soutomaior e o seu alcalde, Agustín Reguera, co cal mantivo unha xuntanza, para poñer en marcha o proxecto de valorización do castelo de Soutomaior. A Presidenta adiantou que antes de final de ano é moi probable que se poidan presentar as tres rotas deseñadas e elaboradas para recorrer o conxunto do castelo e todo o seu entorno, “que presentaremos unha vez este concluída a sinalización e balizamento das mesmas e que permite coñecer a totalidade das instalacións”. Ao respecto o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, agradeceu o traballo feito no proxecto de valorización do castelo e á propia Presidenta da Deputación xa que se trata de algo que vai a ser bo para todo o concello. Para o próximo ano, tanto Carmela Silva como Agustín Reguera, coincidiron en comezar a traballar cara a poñer en marcha o proxecto de museali-

zación do castelo ademais de aumentar o número de visitas teatralizadas e de personaxes que participan nelas, dada a grande demanda de persoas que queren participar.

A primeira edición de “Tecendo Lazos” contará cun presuposto de 60.000 euros

bilidade e mobilidade ó recinto; completarase o equipamento do parque; crearanse paseos e itinerarios polo recinto, áreas de picnic, merendas, obradoiros, etc.; impulsaranse actividades e exposicións, festas e mercadillos temáticos, teatros, música; poranse en marcha parques e espazos de xogos infantís así como micro-paisaxes ligadas ás colleitas dos principais produtos da zona como castañas, uva ou camelias, entre outros.

O programa pretende impulsar relacións entre xeracións encamiñadas á construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias.

A aposta da Deputación de Pontevedra co castelo é convertelo nun espazo de atracción turística na nosa provincia cun espazo adicado ao ocio familiar. O proxecto contempla melloras nos xardíns, plantacións e parque forestal; enriqueceranse os cultivos; dotarase de accesi-

Carmela Silva destacou o grado de colaboración co alcalde de Soutomaior ao que agradeceu todas as súas aportacións ao plan director, como a ampliación dun dos sendeiros ate a “Silla da marquesa” ou como o maior valor a musealización do Castelo.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación, por importe de 60.000 €, da organización, desenvolvemento e execución da primeira edición do programa “Tecendo lazos”. O programa, impulsado polo servizo de cohesión social e xuventude, ten como obxectivo desenvolver obradoiros entre xeracións no ámbito do lecer e do tempo libre, encamiñados a construír sociedades máis xustas, integradas e solidarias partindo do impulso dos lazos afectivos. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que “a través de “Te-

cendo lazos” pretendemos promover o envellecemento activo das persoas maiores, mellorando a súa actividade física, cognitiva e social e mellorar as habilidades sociais, empatía e tolerancia cara o diferente das mozas e mozos da provincia”. “Tecendo lazos” terá vixencia ata o 15 de xaneiro de 2017 e será ofertado a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes en forma dos obradoiros “Risos en familia”, “Coas mans nos pucheiros”, “Álbum familiar”, “Brincadeiras de sempre” e “O noso son”. Nestas actividades terán preferencia as persoas que se anoten en familia e pertenzan a diferentes xeracións.

A presidenta da Deputación convida á mocidade da A Deputación adxudica o contrato provincia a sumarse ó I Certame Xuvenil DepoRúarte para a implantación da administración electrónica nos concellos da provincia

O certame, que servirá para clausurar o programa DepoRúarte, terá lugar o vindeiro venres, 21 de outubro, entre as 11:30 e as 13:00 h. en Montero Ríos. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou o I Certame Xuvenil DepoRúarte, que terá lugar o vindeiro 21 de outubro, entre as 11:30 e as 13:00, na Avenida de Montero Ríos de Pontevedra. Silva convidou a todas as mozas e mozos da provincia a sumarse a esta iniciativa “para que as actividades de socialización ligadas á cultura urbana estean presentes nas administracións”. O I Certame xuvenil DepoRúarte será o colofón da primeira edición do programa do servizo de cohesión social e xuventude e servirá

AULOCE S.A. será a encargada de dar solución de administración electrónica nos concellos de menos de 50.000 habitantes. Redacción / Xornal21.es

para que as mozas e mozos da provincia que participaron no mesmo demostren as destrezas adquiridas. Aademais de poder ver todo o que aprendeu o alumnado participante no programa, as mozas e mozos que asistan poderán gozar de clases maxistrais de grafitti,

hip-hop e funky. Ó respecto, a Presidenta da Deputación, Carmela Silva manifestou o seu desexo para que "o certame sirva de punto de encontro da mocidade e contribúa a promover, xerar e articular espazos públicos integrais para a xuventude".

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación do procedemento aberto relativo a un acordo marco que rexerá a prestación do servizo para a implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para concellos. A empresa AULOCE S.A. será a encargada de impulsar a posta en marcha da administración electrónica nos concellos de menos de 50.000 habitantes. “Nestes últimos meses -tal e como manifestou a Presidenta da institución provincial, Carmela Silva- a Deputación de Pontevedra levou a cabo un proceso de implantación da administración electrónica nos seus centros de traballo, segundo o disposto na Lei 11/2007

de 22 de xuño de acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos. Con este contrato, que ascende a 847.000 €, o que pretende a institución provincial é dar servizo ós concellos da provincia que, debido ó seu tamaño e ó custe desta actuación, non contan cos recursos suficientes para levar a cabo a adaptación e dar cumprimento á lexislación”. A través deste contrato, a Deputación de Pontevedra impulsará solucións de administración electrónica para que os concellos de menos de 50.000 habitantes poidan dispoñer dunha sede electrónica personalizada así como un portal de tramitación para os seus traballadores que permita a xestión integral dos procedementos e expedientes por medios electrónicos.


A Louriña

Outubro 2016 Xornal 21

mos

Mos celebra a décimo terceira edición das Xornadas Micolóxicas Redacción Xornal21.es

O acto de presentación da XIII Edición das Xornadas Micolóxicas e Forestais do Concello de Mos tivo lugar no restaurante A Cova de Senlle, sito na Avenida de Sanguiñeda. A presentación contou coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Medio Ambiente, Julia Loureiro, o tamén edil municipal Luis Alonso, a experta micóloga Puri Lorenzo, representantes da Comunidade de Montes de Mos e representantes dos seis restaurantes mosenses participantes nas Xornadas Micolóxicas 2016 que ofreceron unha degustación dos pratos que van a servir na Gran Degustación de Cogomelos que se celebrará no contorno do Pazo de Mos o domingo 23 de outubro e a partir desa data e ó longo de todo o mes de novembro nos propios restaurantes. Ditos pratos son croquetas de setas con castañas e empanada de trigo con setas e castañas da Adega da Tía Carmen, croquetas de xamón e setas e mexilóns tigre con salsa mariñeira e setas, e tarta de oruxo e setas caramelizadas de A Cova de Senlle; empanada de pan de millo de carne de xabarín con setas, carne de xabarín estofada con setas de Bar Faquiña, salteado de setas con gulas con reducción

A iniciativa aúna gastronomía, cultura, micoloxía e formación forestal grazas á colaboración de Concello, Comunidade de Montes de Mos e hosteleiros. de vinagre de Módena e salsa de frutos vermellos do Cruceiro, setas empanadas con tosta de tetilla con membrillo de Tapería A Cepa; e pizza mar e monte de salmón afu-

mado con variado de setas e queixo García Ulloa de A Favorita. Esta degustación estivo maridada con viños xentileza de Disgobe, cos que patrocinaron o evento. E ademais, como novidade, na Gran Degustación do día 23 haberá pan de setas elaborado pola panadería Amaquía.

Outras novidades que haberá o domingo 23 de outubro no contorno do Pazo de Mos é que a Gran Degustación estará complementada cun mercado micolóxico, postos

nos que poder probar café e té de setas, a presenza dun artesán que realiza esculturas de setas de madeira. A xornada gastronómica do vindeiro domingo prolongarase dende as 12.00 horas ata as 15.00 horas, horario durante o que se contará coa amenización da Charanga Charamujas.

Pola tarde, a partir das 18.00 horas, no auditorio do Pazo de Mos, proxectarase cine infantil, concretamente será a película ‘Minúsculos, el valle de las hormigas perdidas’. A exposición, consulta de identificación de cogomelos será de 10.30 horas a 14.00 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas no Pazo de Mos. O sábado 22 de outubro de 10.00 horas a 13.30 horas realizarase a saída didáctica para a recollida e identificación de cogomelos, que contará co acompañamento, asesoramento e instrucción de dous monitores especializados. Para participar na mesma requírese inscrición previa no Concello de Mos no departamento de Medio Ambiente, presencialmente ou chamando ao teléfono 986 097 037 ata o día 20 de outubro. Ese mesmo sábado ás 16.00 horas haberá unha exhibición e práctica para o público de tiro con arco a cargo da Sociedade de Caza con Arco ‘Cazarco’ e ás 20.30 horas a Empresa Touceda impartirá unha charla sobre caza.

7

Terceira edición da Ruta do Terror de Cela O Centro Cultural de Cela organiza a súa III Ruta do Terror que terá lugar o día 31 do presente mes de outubro. Para participar requírese inscrición previa cun prezo de tres euros por persoa e que cada grupo vaia equipado cunha lanterna. O percorrido será de 3 quilómetros durante os que os participantes atoparanse con demos, trasnos e diaños; pero contarán con avituallamento líquido para sobrelevar mellor o medo. Os interesados en obter máis información e coñecer as normas de participación poden chamar aos teléfonos 687 79 18 11 e 646 73 11 73 ou escribir ao Facebook do Centro Cultural (Celado Cela Celado).

Educación pon en marcha novos Programas Este curso 2016/2017 dende a concellería de Educación porán en marcha diversos programas , dende A Aula de Integración, xornadas de consumo responsable, talleres de integración social ata actividades extraescolares como Tiro con Arco, ou Surf entre outras. “Preténdese que, ademais da importante formación académica, o alumnado alcance coñecementos que lle proporcionen ferramentas para unha mellor capacitación e desenvolvemento no seu día a día, a nivel persoal e social” sinala Kely Monzón responsable de Educación do Concello de Mos.


8

Xornal 21 Outubro 2016

mos

A Louriña

Comezan os cursos de natación e ximnasia para maiores do programa municipal “Exercítate” O tenente alcalde e edil de Deportes, Alberto Méndez, e a concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, visitaron ós alumnos e alumnas dos cursos iniciados de natación e ximnasia de mantemento do programa municipal “Exercítate” para persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. Realizan únicamente a actividade de natación 48 persoas e só a de ximnasia 33, mentres que asisten a ambos cursos: natación e ximnasia un grupo de 20 usuarios/as, o que suma un total de 101 beneficiarios/as. Cada curso divídese en dous grupos que teñen clase dous días á semana: os de natación son os martes e xoves de 10.45 horas a 11.30 horas e os mércores e venres de 11.00 horas a 11.45 horas, e os de ximnasia de mantemento son por unha banda os mércores e venres e por outra os martes e xoves, en ambos casos en horario de 10.45 horas a 11.45 horas. O proxecto “Exercítate” está dirixido á xente da terceira idade do Concello de Mos e a súa finalidade é mellorar a calidade de vida das persoas maiores, e potenciar tanto a saúde física coma a mental mediante actividades lúdico-deportivas. Sobre este programa os representantes municipais Méndez e Monzón declararon que “a actividade física é moi beneficiosa para a saúde, sobre todo practicándoa con regularidade, e con

ela preténdese conseguir o mantemento da independencia funcional dos beneficiarios/as necesaria para o desenrolo das actividades de vida diaria básicas. Axuda tamén a previr enfermidades crónico-dexenerativas e a aparición dunha serie de limitacións que aínda que non constitúan secuelas dunha enfermidade impiden ou limitan a realización de moitas actividades. Do mesmo modo a actividade mental aporta incontables beneficios para a terceira idade, fomenta o envellecemento activo, retrasa a situación de dependencia e mellora a autoestima”. Con todo isto, o proxecto “Exercítate” proporciona ás persoas maiores uns efectos beneficiosos, tanto preventivos que axudan a previr o envellecemento do cerebro e con el as enfermidades que teñen que ver coa perda da

memoria (demencia, alzheimer, etc.), como de mantemento, rehabilitadores, psicolóxicos en canto desenvolve un espírito de superación importante que inflúe en todos os ámbitos de vida cotiás, á vez que axuda a combater o estrés, a ansiedade e a depresión e distrae e evade das preocupacións; e sociais, posto que favorece o traballo en equipo e desenvolve o espírito de compañeirismo. O obxectivo xeral deste programa é mellorar a calidade de vida das persoas maiores do Concello de Mos, así como aumentar a súa independencia funcional e autoestima. Utilizando unha metodoloxía activa e moi participativa, baseada na dinámica de traballo grupal, buscando as vantaxes que pode ofrecer un grupo tales coma favorecer as relacións sociais, facer as actividades máis amenas, etc.

Os maiores de Mos póñense ao día en tecnoloxía

O Pazo de Mos reforza a súa programación cultural cunha Mostra de Cine Galego en colaboración coa Agadic “Maimiño e o espello máxico”, “Os fenómenos”, “A praia dos afogados”, “Inevitable” e “Lobos sucios” danlle forma á carteleira que se desenvolverá ata o 26 de novembro. Redacción

A Fundación Pazo de Mos e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colaboran no desenvolvemento da Mostra de Cine Galego de Mos, que terá lugar no auditorio deste espazo ata o 26 de novembro. “Maimiño e o espello máxico”, “Os fenómenos”, “A praia dos afogados”, “Inevitable” e “Lobos sucios” son os cinco títulos que conforman esta carteleira, inserida á súa vez no programa de actividades culturais promovido a través do protocolo de colaboración que manteñen este ano a Fundación Pazo de Mos e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

ENTRADA LIBRE O resto do programa concentrarase nos sábados do mes de no-

Tras o rotundo éxito acadado no pasado curso, a acción formativa “Coñece o teu móbil” para maiores do Concello de Mos, inicia a súa segunda edición coa principal novidade de que nesta ocasión conta con dous grupos: un de iniciación e outro de perfeccionamento. Trátase dunha actividade totalmente gratuíta para os participantes, que son persoas empadro-

adas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. O grupo de iniciación recibirá clases ata o día 20 de decembro. En horario de martes e xoves de 11.30 horas a 13.00 horas. Neste grupo participan un total de 15 alumnos/as. O grupo de perfeccionamento terá clase ata o 21 de decembro. En horario de luns e

mércores de 11.30 horas a 13.00 horas. Este grupo está integrado por un total doutros 15 maiores mosenses. Polo tanto, son 30 en total os alumnos/as da iniciativa “Coñece o teu móbil”. Iniciativa organizada e desenvolvida nas instalacións do centro Multiusos das Pozas pola concellería mosense de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón.

vembro, durante os que se proxectarán outras catro producións con participación galega: “Os fenómenos”, de Alfonso Zarauza (día 5); “A praia dos afogados”, de Gerardo Herrero (día 12); “Inevitable”, de Jorge Algora (día 19); e “Lobos sucios”, de Simón Casal (día 26). Estes catro pases están programados para as 22.15 horas e, do mesmo xeito có do vindeiro domingo, serán de entrada libre ata completar a capacidade da sala. Con esta Mostra de Cine Galego péchase a programación cultural que se vén desenvolvendo desde o pasado mes de agosto e dentro da que se celebraron, así mesmo, os concertos de Treixadura, Tiruleque e a Galicia Fiddle Orquestra, ademais de contacontos na rúa para poñer en valor a oralidade en lingua galega.


A Louriña

Outubro 2016 Xornal 21

mos

Primeiro reparto de alimentos “Mos Axuda” Bota a andar unha ambiciosa rede solidaria municipal, ávida de apoiar ós máis necesitados e dende a que se anima á veciñanza a implicarse en labores de voluntariado. A concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, informou de que este mes se recibiron 5.500 quilos de alimentos a través dun proxecto de colaboración coa Cruz Vermella e que foron distribuídos mediante o programa “Mos Axuda”. Estas cinco toneladas e media de alimentos foron repartidas entre as familias mosenses que contan co pertinente informe emitido polos Servizos Sociais municipais. Cebreiro aproveitou para explicar tamén que a partir de agora o banco de alimentos e o roupeiro do Club de Leones pasan a ser xestionados por este novo proxecto solidario municipal que é Mos Axuda. A desta tarde foi a primeira entrega de alimentos realizada dende a iniciativa Mos Axuda. Unha importante novidade que inclúe Mos Axuda é o reparto semanal de peixe fresco ás familias beneficiarias, producto que é doado por unha empresa pesqueira. A edil de Política Social do Concello de Mos avanzou tamén que “este mesmo mes empezaremos a organizar a tradicional campaña da tempada navideña, Nadal Solidario, que xa é un referente na nosa localidade”. Nela colaboran dende empresarios ata supermercados, colexios, asociacións e particulares mosenses. Sara Cebreiro recalcou que o proxecto Mos Axuda é posible gra-

zas á participación no mesmo de numerosos voluntarios: permanentemente os de Protección Civil e actualmente os oito mozos e mozas

sados e impartido pola Cruz Vermella, no que todas as persoas que queiran participar aínda están a tempo de inscribirse”. Mos Axuda tamén ten habilitado un número de teléfono de contacto, o 627 133 828, ao que se poden dirixir todos aqueles voluntarios/as que desexen entrar a formar parte do programa; así coma calquera particular interesado en colaborar facendo doazóns de todo

Excursión á Ribeira Sacra para a terceira idade A saída está prevista para o sábado 29 de Outubro e está aberta para os maiores de 65 anos ou prexubilados maiores de 55 anos. A concellería de Participación Cidadá dirixida por Kely Monzón, oferta ós maiores de Mos unha saída pola zona da Ribeira Sacra. Esta excursión está programada para o sábado 29 de outubro. A saída da excursión será dende o Concello (edificio Urbanismo) ás 8:00 horas da mañá con dirección a Doade, onde os participantes poderán realizar unha visita no tren Abba Sacra polos bancales de Doade, Amandi e Chanteiro. A continuación realizarase un almorzo nun restaurante desa fermosa zoa natural, e ramatarán a saída cunha viaxe en catamarán polos Cañons do Río Sil. Poderán participar todas as per-

soas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. No caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en Mos. O prazo de inscrición é dende o xoves 6 de outubro ata o 19 de outubro, presentando a solicitude no Rexistro do Concello ou nas oficinas do Multiusos. O día 20 de outubro farase pública a lista de admitidos/as, para que os participantes poidan facer o ingreso do importe (30 €uros para os empadroados e 40 €uros para os non empadroados) ata o 26 de Outubro.

Sétima edición do Festival de Habaneras e Polifonía O “VII FESTIVAL DE HABANERAS E POLIFONÍA” organizado por ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, celebrarase o domingo día 30 de outubro, ás 19:00 horas. Terá lugar no auditorio do centro Multiusos das Pozas, sito do programa de Voluntariado Xuvenil subvencionado pola Xunta de Galicia. “Sen embargo”, explica Cebreiro, “dada a necesidade de persoal implicado neste proxecto social, dende o Concello continuamos coa campaña de captación e formación de voluntarios e, xustamente estes días, estamos a formar un grupo para levar a cabo un curso formativo sobre voluntariado gratuíto para tódolos intere-

tipo para os beneficiarios do proxecto: tanto alimentos como roupa ou calquera outra aportación (mobiliario, obxectos de puericultura, etc.). O horario de atención neste teléfono é continuado e ininterrompido, mentres que o horario de entrega e recollida de doazóns no local de Mos Axuda é todos os martes de 18.00 horas a 20.00 horas da tarde. A dirección do local é Avenida de Peinador 25, Puxeiros-Mos.

“MOS VERDE” actuou xa en Guizán O Obradoiro de Emprego “MOS VERDE” no que participan 15 mozos ten como finalidade recuperación de espazos ambientalmente degradados. Desde o pasado día 7 os alumnos da especialidade de Limpeza de espazos públicos e xestión de residuos, estiveron realizando unha actuación na vía do camiño de Santiago ao seu paso por Mos, consistente en acondicionamento do Camiño: limpeza de beirarrúas, restos orgánicos, herbas, sinalización de puntos que poidan representar algún perigo e clasificación de residuos, para que posteriormente a empresa responsable de xestión de residuos poida realizar a súa xestión adecuada. Para estes traballos están en coordinación permanente as concellerías de emprego e a de medio ambiente.

9

O Obradoiro de Garantía Xuvenil Mos Verde iniciouse o día 15 de setembro e a súa duración é de 6 meses. Durante ese período, o Obradoiro ten como finalidade: a recuperación de espazos ambientalmente degradados, promovendo a través desta actuación a mellora na calidade de vida da poboación do municipio, así como unha mellora ambiental da contorna; e doutra banda porán en valor os recursos locais e ambientais do beneficio, visibilizando os mesmos en materiais gráficos. Os alumnos da especialidade de deseño gráfico realizaron unha visita á ruta dos muíños

Salgueira, para posteriormente realizar unha reportaxe gráfica que se inclurirá no proxecto gráfico da ‘Ruta da auga’. Ademais visitaron fontes e lavadoiros para a súa incorporación ao inventario municipal e ao proxecto gráfico da ‘Ruta da auga’. Paralelamente están a deseñar e programando actividades de sensibilización ambiental para realizar nos colexios, en coordinación cos mesmos e coa concelleira de educación. Asímismo, van facilitar composteiros para cada colexio, para que os alumnos/as, sensibilícense da súa utilidade e beneficios ambientais. Todos os alumnos/as recibiron no mes de setembro e antes de iniciar o traballo e as prácticas específicas de cada unha das especialidades, a formación en prevención de riscos laborais, necesaria para que os alumnos/as estean nas mellores condicións de seguridade ao realizar o seu traballo.

en Petelos, e nel actuarán a Coral Polifónica Queixumes do Hío (de Hío-Cangas do Morrazo), a Coral Polifónica Ponte das Febres (de RibadelouroTui) e a anfitriona Coral Polifónica ASOMAMOS. A entrada será libre e de balde ata completar o aforamento.

As Pedriñas organizan unha excursión á casa do Patrón de Lalín O Centro Cultural As Pedriñas en colaboración coa Comunidade de Montes de Tameiga, convidan aos comuneiros de Tameiga e socios do centro a participar o sábado 29 de outubro nunha excursión a Lalín,

onde poder desfrutar dunha xornada de convivencia cun programa cultural e de lecer moi completo por 20€ e con todo incluído. Para máis información e reservas: 986288057 / 616823507.


10

Xornal 21 Outubro 2016

mos

A Louriña

A nova adxudicataria da recollida ‘Autos Lar’ comeza a do lixo activa un teléfono prestar o servicio de transporte municipal gratuito de información Este servizo básico busca “a excelencia trala adxudicación do servizo de recollida a unha nova empresa, renovar o parque de contenedores” e por a disposición dos cidadáns un número de teléfono GRATUITO -900 720 190- así como se intensificará o control dos puntos de recollida.

O período de contratación da empresa concesionaria, Autos Lar, será dun ano.

Redacción / Xornal21.es

Segundo se informou por parte da edil de Medio Ambiente, Julia Loureiro, URBASER, a nova empresa que está levando a cabo a recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, pon a disposición dos cidadáns un número de teléfono GRATUITO, o 900 720 190, en horario de 09:00-13:00 horas, ao que se deberá chamar para poder programar a recollida de enseres voluminosos e mobles. Dito número de teléfono tamén está dispoñible para recoller calquer tipo de queixa, suxerencia ou dúbida que se teña do servizo de recollida e limpeza viaria. Hai que dicir que ante a gran demanda que xa existía no concello para a recollida deste tipo de residuos, a frecuencia mínima de recollida será de unha vez por semana (xeralmente os martes), aínda que se aumentará en función da demanda existente en cada momento. Aproveitase para indicar aos cidadáns que fagan uso deste teléfono para a recollida destes residuos e non os depositen sen previo aviso á empresa, pois dese xeito poden quedar acumulados varios días producindo unha mala imaxe de limpeza no concello. A empresa está realizando unha recolocación de 400 contenedores de nova adquisición por todo o termo municipal de Mos. Nunha primeira fase esta labor realizarase en zonas máis urbanas e posteriormente irase ampliando ás zonas rurais do Concello. O parque de contenedores do concello verase deste modo renovado para dar o maior servizo de calidade que a

poboación demanda neste servizo de recollida de residuos. Así mesmo, a empresa actual está realizando a reparación de todos aqueles contenedores que teñan algún desperfecto "nun tempo inferior a unha hora dende a recepción do aviso" aseguran. Así mesmo, URBASER tamén está levando a cabo durante os meses de setembro e outubro, un lavado e desinfección de todos os contenedores, tanto interior como exterior, de tal forma que se garantan na medida do posible as condicións hixiénicas máis axeitadas e se minimicen os olores que se poidan producir. A frecuencia de lavado dos contenedores será trimestral (cada 3 meses), salvo para os contenedores de papel-cartón que será anual. Así mesmo, aumentarse dita frecuencia en épocas estivais de verán, por verse incrementados os olores debido ás altas temperaturas. Tamén se viu reforzado o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria durante a celebración das festas que ten lugar en todo o termo municipal ao longo de todo o ano, mediante a instalación de máis contenedores e o reforzo de personal de limpeza viario nos días de celebración das mesmas.

A concelleira de Medio Ambiente, tamén informou que se están a substituir as xaulas existentes para a recollida de aceites de cociña usados, por outro sistema moito máis cómodo e menos contaminante para o usuario, como son contenedores urbanos de exterior deseñados para tal uso de capacidade 180 litros. Deste xeito o usuario non terá que verter directamente o aceite, como se facía previamente nas xaulas, senon que o sistema de recollida será introducindo directamente o envase/botella de aceite no interior do novo contenedor.

Pili Carrera, premio honorífico do I Salón Empresarias Galicia A Asociación Empresarias Galicia entregará o próximo 20 de Outubro ás 18.30 h. o seu premio anual, con motivo do I Salón Empresarias Galicia que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo. Nesta ocasión, a Asociación quere recoñecer con este galardón a traxectoria da empresaria galega Pili Carrera, que contribuíu de maneira significativa a promover o papel da muller no ámbito empresarial da comunidade.

Directivas de la Asociación Empresarias Galicia.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Mobilidade, Kely Monzón, informaron de que, unha vez rematado o procedemento de contratación e adxudicada a concesión do servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros do Concello de Mos, este comezará a operar o vindeiro luns, 24 de outubro. De cara á fin de semana todos os veciños/as mosenses irán recibindo nos seus respectivos domicilios por correo postal un folleto informativo no que se detallan as liñas do transporte municipal con tódolos seus horarios, frecuencias e paradas. O servizo municipal de transporte conta cun regulamento aprobado por unha Comisión de Estudo integrada por representantes de toda a Corporación Municipal, no que se establecen, entre outras directrices de funcionamento, os dereitos e deberes dos usuarios do mesmo, as características que deben ter os autobuses que prestan o servizo, condicións de accesibilidade, etc. As rutas e horarios deseñados poderán ser modificados pola

administración local como considere segundo se vaian perfilando as necesidades do servizo unha vez este bote a andar. Esta posibilidade de modificación ven xa estipulada no regulamento aprobado pola Comisión de Estudo. O estudo económico de costes do transporte municipal está estimado nuns 45.000 euros anuais polo departamento municipal de Intervención, aínda que para establecer os costes reais hai que esperar a coñecer o volume real de usuarios do servizo e, en función dos mesmos, os ingresos anuais que lle reportará á empresa concesionaria a prestación do servizo en Mos. Ditos ingresos calculáronse agora en base a unha estimación media de 7.000 euros/ano. A tarifa establecida para o billete do transporte urbano mosense será a máis simple: 0,85 euros. Será un billete único e os usuarios non terán que volver a pagar durante unha hora aínda que fagan transbordo a outra liña tanto do transporte urbano como do interurbano a outros municipios da Área Metropolitana.


A Louriña

Outubro 2016 Xornal 21

O Porriño

O Porriño lidera a baixada do paro da Área Metropolitana O paro volveu a baixar o mes pasado en O Porriño que lidera o descendo do desemprego en toda a Área Metropolitana. En setembro atoparon traballo no concello 60 persoas máis, unha caída que se suma ás 5 do mes de agosto, 118 de xullo, 67 en xuño, 41 en maio ou 46 en abril e que supón que o número de porriñesas e porriñeses desempregados situouse, o pasado día 30, en 1.836. Dacordo cos datos oficiais sobre a evolución do paro, difundidos este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, dende que actual Goberno local tomara posesión, o paro en O Porriño reduciuse en 303 persoas, pasando de 2.139 desempregados en xuño de 2015 a 1.836 a finais de setembro deste ano. Esta baixada, é especialmente importante considerando que na Área so en Vigo atoparon traballo máis persoas que en O Porriño-62 na cidade fronte a 60 na capital do Louro-, que na provincia de Pontevedra o número de desempregados aumentou en 361, en Galicia en 1.291 e, segundo os datos do Ministerio de Emprego, no conxunto do Estado, 22.801 traballadores se quedaron na rúa. No que vai deste ano, o número de desempregados descendeu no concello do Porriño en 269 veciños: dos 2.105 que estaban na procura de traballo a principio de xaneiro, aos 1.836 que están na ofician de emprego na actualidade, o que sitúa a taxa de paro no 20,7%, preto dun 4% menos que cando comezou o actual mandato municipal. A alcaldesa Eva García de la Torre, acolleu os datos con optimismo e con precaución e volveu a insistir que o Concello ten na creación de emprego o seu principal obxectivo e, nesta liña, seguirá incrementando o seu esforzo por impulsar a formación, a cooperación coas empresas radicadas na vila, de xeito que esa formación se achegue ás necesidades de persoal destas firmas e, como ven de facer dende o primeiro día, favorecer a actividade económica do comercio local como base da economía porriñesa.

11

O Concello instala 11 novas caldeiras que aforrarán un 50% de enerxía “Estamos nunha acción decidida por acadar un concello respetoso co medio ambiente”. Con esta frase explica o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, a instalación, ao mesmo tempo, de 11 novas caldeiras de pellets en distintas dependencias municipais. Dous delas empezarán a funcionar no propio Concello, tres no Pavillón de deportes- unha delas para proporcionar auga quente á piscina e outra para o sistema de auga quente e fría do resto do emprazamento; outras dous nos vestiarios do Campo Municipal do Lourambal, e nos campos do Pontellas, do Carballo, en Atios, no Campo do Budiño e nas instalacións deportivas do Polígono Industrial de A Granxa. “As novas caldeiras cumpren co dobre obxectivo que consideramos: o primeiro reducir as emisións de CO2- logramos un 40% menos de dispersión de dióxido de carbono á atmosfera- e, en segundo lugar, acadar un aforro enerxético senlleiro, que será do 50%”, subliña Manuel Carrera. Ademais, engade, as das dúas

caldeiras do Concello e das tres do Pavillón actúan “en cascada”, isto quere dicir que se accionan dacordo coas necesidades, “se so se precisa unha non se acenden as outras que entran en funcionamento en base ao consumo, o que alonga a vida útil das mesmas”. Carrera explica que o orzamento para acometer esta renovación, 217.176,85 €, ven dunha subvención solicitada á Consellería de Economía, Emprego e Industria, que permite asumir o custo

de 78.141,80 € para a colocación das novas caldeiras de Piscina e Pavillón Municipal, 54.667,80 € das do Concello, 27.091,9 € do Campo do Lourambal, 15.246 € do Campo das Reloas, 14.937,45 € do Campo da Granxa, 13.545,95 € do Campo de San Campio e a mesma cantidade para o Campo do Carballo. Asimesmo, adianta o tenente de alcalde, neste mesmo mandato, e aproveitando as axudas da Deputación e o Instituto para a Di-

Campaña de promoción do balonmán Baixo o lema “Temos o poder” a Federación Galega de Balonmán emprende unha campaña de promoción do balonmán galego a través dos derbis, que se realiza en colaboración cos clubs galegos masculinos e femininos que xogarán choques de rivalidade nas máis altas

categorías do balonmán español (BM Porriño e Guardés na Liga Loterías feminina e Cisne e Teucro na División de Honra Prata). O obxectivo desta campaña é dar a coñecer os valores que defende este deporte a través dos derbis galegos feminino e masculino máis

importantes que podemos ter nestes intres. Así, esta iniciativa ve a luz xusto uns días antes de que Guardés e Porriño se enfronten na Guarda (sábado 22, 18:30 horas, TVG-2 e por streaming na web da Real Federación Española de Balonmán) no máis alto da táboa cla-

versificación e Aforro de Enerxia (IDAE), se completará o cambio das caldeiras do Campo de Fútbol do Mosende e dos distintos centros culturais. Manuel Carrera subliña o “importantísimo paso adiante” que ven de dar o Goberno local para acabar coa débeda que o Concello do Porriño tiña co Medio Ambiente, obtendo unha considerable redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, un 40%, o dobre do compromiso da Unión Europea para o ano 2020, e dúas veces e media o obxectivo expresado este ano polo Goberno de Galicia para rebaixar estas emisións un 15,8% en relación con 2014. Os esforzos do Concello neste eido, remata Carrera, seguirán na mellora e renovación do alumeado público, coa substitución das vellas lámpadas de mercurio por outras de sodio, a colocación de luces ‘led’, sen reducir os puntos de luz ou, como se fai xa noutros concellos, a posta en funcionamento de reloxos astronómicos que retarden o acendido e adianten o apagado do alumeado en función da luz natural.

sificatoria da Liga Loterías Feminina, xunto ao Bera . Bera, ao sumar so vitorias nestes espectacular inicio ligueiro. E a próxima semana (día 29, 20:30 horas), os que se verán as caras serán os dous equipos de Pontevedra, nun choque que non se celebra dende hai 32 anos (o último foi no ano 1984).


12

Xornal 21 Outubro 2016

O Porriño

A Louriña

Este mes de outubro o Centro Cultural Municipal acolle dúas exposicións de fotografía “Macro e auga” do fotógrafo porriñés Juan Carlos Giráldez, e “As nenas e nenos soldado” do senegalés Momar Badiane, xa poden visitarse no centro cultural municipal. Redacción O Porriño / Xornal21.es

Este mes o Centro Cultural Municipal acolle a exposición fotográfica “Macro e auga”, obra do fotógrafo Juan Carlos Giráldez, da parroquia de Atios. Juan Carlos Giráldez recoñécese especialmente apaixonado pola fotografía macro, que ofrece a posibilidade de destacar o máis imperceptible detalle de plantas, insectos, obxectos… A escala ampliada do obxecto/suxeito retratado, consegue centrar a atención naqueles elementos que habitualmente pasan desapercibidos a simple vista. Asimesmo, e co respaldo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ábrese a exposición “ As Nenas e Nendos Soldado’ de Momar Badiane. Momar Badiane, nacido no barrio de pescadores Yoff Tonghor, a 15 km da capital de Senegal, Dakar, é pintor, escenógrafo, deseñador gráfico e debuxante comprometido co seu tempo. A través da súa pluma, fala do seu mundo. E nesta perspectiva, Badiane elabora a súa exposición ‘As nenas e nenos soldados’ para denunciar unha das prácticas mais inhumanas que existen dentro dos con-

flitos armados, principalmente dende a súa óptica africana. Na súa obra, este artista e artesán, que comparte coa cidadanía galega a súa mirada e preocupación polo sufrimento do seu propio pobo, ofrece unha denuncia e reflexión inspirada nas situacións mais problemáticas, como é a das nenas e nenos combatentes. A exposición ‘As nenas e nenos soldados’, de Momar Badiane, é unha denuncia sobre unha triste realidade, a da utilización de menores de idade nos conflitos armados, que segue a estar presente en aproximadamente 18 países, entre eles Siria, República Centroafricana, Burundi, Colombia, Costa de Marfil, Malí, Nixeria, Birmania, Afganistán, Chad, Líbano, Somalia, Sudán do Sur ou Filipinas, entre outros, e que son vítimas das guerras civís e de diversos enfrontamentos bélicos. Todo isto sen excluír o recrutamento de nenas para fins de explotación sexual e laboral. Segundo diversas ONGD, a utilización de infantes por parte de exércitos, milicias e grupos armados clandestinos e irregulares, achégase aproximadamente a

Imaxe de Juan Carlos Giraldez.

250.000 menores de idade, e obedece principalmente a factores determinados pola dinámica do conflito, tomando en conta a vulnerabilidade psicolóxica das e dos pequenos, principalmente pola súa facilidade para o cumprimento de ordes e adoutrinamento, así como para labores de vixilancia, mensaxería e incluso espionaxe. Esta crúa realidade ofrece unha perspectiva dantesca, na que as nenas e nenos vense imposibilitados para acceder á educación, pervertendo a

súa formación a través do cometido de atrocidades e sendo recrutados pola forza, baixo ameazas de morte. No 2000, a ONU, apoiada por unha campaña dirixida pola Coalición para acabar co uso das nenas e nenos soldados, adoptou un tratado internacional que establece como idade mínima de recrutamento os 18 anos, así como a obriga por parte dos Estados de proporcionar rehabilitación e axuda para a reinserción das e dos ex nenos soldados. Ata

Unidos pola supresión das vías do tren polo centro do Porriño

/Hernández..

/Hernández..

Unhas 500 persoas manifestáronse polas rúas do Porriño para reclamar a supresión do paso a nivel sen barreiras e o paso das vías do ferrocarril que afectan a esta vila dende os anos 50.

Na xornada leuse un comunicado no que se esixe ós reponsables de Renfe que “se reúnan cos membros da Corporación do Porriño ofrecendo compromisos claros e precisos sobre a

retirada da vía e cun calendario detallado de actuacións para conseguir o Obxectivo ao que non imos renunciar: a eliminación das vías do tren polo centro do Porriño".

/Hernández..

hoxe, este tratado foi ratificado por 120 países. O 12 de febreiro é considerado como o Día Internacionalcontra a Utilización das Nenas e Nenos como Soldados. Como actividade complementaria a esta exposición, o Fondo Galego de Cooperación ofrece unha charla informativa sobre a problemática das nenas e nenos dentro dos conflitos africanos. Esta charla está programada para o día 21 de outubro, ás 20:00 h. no Centro Cultural Municipal.


A Louriña

Outubro 2016 Xornal 21

O Porriño

13

Rematada a mellora de máis dun quilómetro da estrada que sube ás Insuas, na parroquia de Atios Estudantes de Saraxevo, en BosniaHerzrgobina, e de Elbasan, en Albania, completan a súa formación no Porriño

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de rematar, con cargo a unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dentro do Plan Marco, a mellora da estrada que transita polas Insuas, na parroquia de Atios. Cun orzamento total de 81.605 €, foi posible actuar en máis dun quilómetro no que se fixo o cambio do pavimento, o aumento do ancho do vial, nalgún treito ata dous metros, supresión de curvas, retirada de obstáculos, lim-

peza, establecemento de beirarrúas e pintado. Como subliña Manuel Carrera, esta actuación puido levarse adiante grazas a cesión de terreo, “de xeito desinteresado, sen compensación económica”, por parte dos veciños que “levaban anos reivindicando a mellora desta estrada” na que hai zonas de especial perigo para a circulación. Acabar con esta perigrosidade e garantir a seguridade víal foi o obxectivo principal da obra, que terá continuidade nos vindeiros meses,

aproveitando que se cumpren os requisitos establecidos pola Axencia Galega de Desenvolvemento, que fixa, entre eles que o vial dea entrada a explotacións agrícolas, gandeiras ou, como neste caso, a montes veciñais. Aproveitando as obras, o Concello acometeu, ademais, a colocación do saneamento para varias vivendas que, dende agora, ademais de entrada dende a nova estrada, disporán xa dun subministro de auga igual que o resto das veciñas e veciños do Porriño.

O Porriño recibe máis de 200.000 € ao abeiro do Plan Concellos e completa o seu orzamento A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas novas axudas por valor de 218.165,72 € no concello do Porriño cos que acada o grao de execución do 100% dentro do

Plan Concellos 2016. Ambas as dúas axudas encádranse dentro da liña 1, de investimentos, do devandito plan, e correspóndense ás seguintes actuacións: por unha banda, a apertura dun camiño e o sanea-

mento do barrio da Igrexa, en Pontellas (cunha achega de 147.700,82 €) e, pola outra, a mellora as instalacións deportivas no C.F. Atios (unha axuda de 70.464,90 €). Esta achega súmase aos

30 alumnos de dous centros universitarios , da ‘Escola Superior CEPS’, en Kiseljak, preto de Saraxevo, e do ‘Logos Centar College’, en Mostar, que cursan estudos de Económicas, Dereito, Transporte, Tráfico ou Marketing, ensinos todos relacionados coa área de negocios, e outros 20, que proceden da ‘Universidade Aleksander Xhuvani’, de Elbasan, en Albania, que estarán entre 4 e 6 meses no Porriño, visitaron o Concello e coñeceron á alcaldesa, Eva García de la Torre, e á concelleira de Educación, Lourdes Moure. Acompañados pola directora do IES Ribeira do Louro, Juana Muñoz, por Amador Ordoñez, coordenador de proxectos europeos do centro, e por os profesores que os acompañan, e que permanecerán no Porriño dúas semanas, os estudantes amosaron a súa satisfacción por ter a oportunidade de ampliar a súa formación neste instituto, e nos de Ricardo Mella e Manoel Antonio dentro do programa Erasmus. Eva García de la Torre agradeceu a súa visita, animoulles a coñecer e

integrarse no Porriño, a relacionarse coas súas veciñas e veciños, e a aproveitar a estadía non so para aprender senón para “amosarnos a vosa cultura, os vosos costumes e deixarnos que os amosemos os nosos”. Como sinalou o profesor Ordoñez, ao mesmo tempo que están no Porriño, alumnos porriñeses melloran os seus estudos na Escola Superior CEPS, en Kiseljak, e en Elbasan, dentro do programa Erasmus KA 107, que se coordina dende O Porriño e que é, como subliña o profesor, “dos menos frecuentes, xa que é para países de fora da Unión Europea”, e que e se limitaban a estudos de pos grao, “e que agora son para ciclo superior e grao”, e que abrangue, asimesmo, a alumnos da India e de Tailandia. Dentro deste mesmo programa, indica Ordóñez, xa se estableceron, “ao longo do verán”, contactos con centros de Xordania, Líbano, Camboia e Vietnam, e “imos a recibir no Porriño, antes de final deste mesmo ano, a estudantes e profesores da India e de Tailandia, nun congreso que queremos organizar, aquí mesmo, en novembro”.

528.648,38 €, en liña 1, destinados á rede de saneamento en Albarín, a un saneamento na Pereira-Contrasto (na parroquia do Contrasto), á renovación das instalacións do alumeado exterior da vila e ao acondicionamento dun local como futura sede do arquivo municipal da vila. Ademais, 38.000 €, dentro da liña 3, para o financiamento da escola muni-

cipal de música e para o apoio e reforzo escolar a menores en desvantaxe e por último 228.150,60 €, liña 4, para a creación de trinta novos postos de emprego nos servizos municipais do concello. Co 100% do Plan Concellos 2016 xa completado, O Porriño recibe por parte da institución provincial un investimento total de 1.012.964,70 euros.


14

Xornal 21 Outubro 2016

O Porriño

AIMEN participa nun proxecto para fotovoltaicos autorreparables AIMEN Centro Tecnolóxico participa nun proxecto europeo que persegue optimizar a sustentabilidade e eficiencia da fabricación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar mediante o desenvolvemento de tecnoloxías que permitan producir células e paneis fotovoltaicos reducindo o seu impacto ambiental e o consumo de recursos. A iniciativa ECO-Solar, que se enmarca no programa Horizonte 2020 (GA Non. 679692), involucra a once socios de sete países e conta cun orzamento de 5,64 millóns de euros. Grazas a este proxecto transformarase a cadea de valor da industria fotovoltaica, mediante novas técnicas de fabricación, coas que se alcanzará unha redución de entre o 25 e o 30% na pegada de carbono no sector, mellorará a eficiencia de utilización de recursos nun 40% e diminuirase nun 50% o impacto ambiental na recuperación de módulos fotovoltaicos, entre outros avances. Para conseguilo, no marco de ECO-Solar están a identificarse os elementos das células fotovoltaicas que poden ser reutilizados; e desenvolvendo metodoloxías

de fabricación que permiten a reciclaxe, na mesma planta, de recursos usados en produción que son tratados como residuos (gas

ecoeficiente e reducen considerablemente o uso de metais escasos, custosos ou contaminantes como poden ser a prata ou o indio. Ta-

argón, auga desionizada, crisois de fusión ou po de silicio), o que favorecerá a mellorar a eficiencia en cada operación. Ademais, están a probarse innovadores deseños de células solares que facilitan a súa fabricación

mén se desenvolveron novos conceptos de paneis solares bifaciales que non precisan marco de perfilería metálica nin encapsulante, o que contribúe a reducir o seu peso e o uso de materiais na súa produción, así como a facilitar a

A Louriña

Unha das principais innovacións nas que está a traballar o proxecto ECO-Solar é “Cell-Doctor”, un sistema completamente automatizado capaz de identificar problemas en células solares defectuosas e reparar con láser aquelas que poden ser recuperadas.

súa desensamblado e reciclaxe. Outra das principais innovacións nas que está a traballar o proxecto ECO-Solar é “Cell-Doctor”, un sistema completamente automatizado capaz de identificar problemas en células solares de-

fectuosas e reparar con láser aquelas que poden ser recuperadas. Este sistema, único e de gran valor para a industria, empregará métodos de caracterización óptica, intelixencia artificial e procesado láser.

SmartPeme organiza distintas actividades ata finais de outubro O punto SmartPeme, pon a súa disposición de autónomos e péquenas empresas servizos gratuítos de información e asesoramento presencial e personalizado en relación ás TIC e ás novas tecnoloxías. Entre as distintas actividades que desenvolve SmartPeme, que terán lugar este mes de outubro na sede do mesmo no Multicentro do Concello do Porriño, en Torneiros, cabe salientar os seguintes: Martes, Xogadoras do club durante unha sesión de Balonmán na rúa.

A ilusionante “volta ao cole” do “Balonmán Porriño”

A boa saúde da que goza o balonmán entre os escolares do Porriño e o seu área de influencia é innegable. O 3 de outubro iniciábase un novo curso do programa Deporte Escolas e o responsable de coordinar esta actividade no “Club Balonmán Porriño”, Abel Estévez, celebra que xa “róldanse os douscentos inscritos”, o que supón un

incremento de “case un 20%” con respecto á anterior tempada. A iniciativa que un ano máis impulsa a Deputación de Pontevedra de outubro a maio ten por obxetivo achegar o deporte a nenos e xóvenes de entre 5 e 15 anos, aínda que “os alumnos de 1º a 6º de Primaria son os máis numerosos” nas escolas do ‘Ba-

lonmán Porriño”, apunta Estévez. O proxecto de divulgación do balonmán na comarca inclúe colexios de Mos, Ponteareas e O Porriño e cada ano segue aumentando os seus participantes. “A estas alturas, xa roldamos os 200 nenos sinala o tamén adestrador do Godoy Maceira, “e non temos límite de inscrición”.

día 18 ás 7 da tarde, “Linkedin, a túa rede de networking”; Mércores, día 26, á mesma hora, “Coñece as claves para a dixitalización documental”; Venres, día 28, “A túa páxina web con Wordpress”. Para asistir os eventos, pódese reservar praza, indicando evento, polos seguintes canles: chamando ao teléfono 886 20 20 20, por E-mail en: oporrino.smartpeme@depo.es e na web: www.smartpeme.depo.es.

Vinte participantes no obradoiro de emprego A concelleira de Emprego e Benestar, Soledad Girón, acompañada pola delegada territorial de Emprego da Xunta, deu a benvida aos 20 participantes no Obradoiro de Emprego que durante 6 meses, ata 28 de marzo de 2017, adquirirán coñecementos de albanelaría e traballo forestal. Os participantes, homes e

mulleres, seleccionados pola Oficina do Servizo Galego de Emprego, farán un traballo remunerado e con alta na Seguridade Social durante os seis meses de duración do obradoiro recibindo, ao mesmo tempo, formación, teórica e práctica, de profesionais acreditados que contribuirán a mellorar a súa empregabilidade.


A Louriña

Outubro 2016 Xornal 21

Salceda de Caselas

15

Os socialistas de Salceda botan en falta “políticas activas de emprego por parte da Xunta” Fan unha valoración das políticas de emprego no Concello de Salceda.

Aberta a licitación dos postos da Praza de Abastos O Concello de Salceda de Caselas ven de abrir o prazo para solicitar a concesión de un posto na Praza de Abastos Municipal. As bases contemplan a concesión de 14 postos de venta, un bar e 24 bancadas para a ven-

ta de peixe fresco. Nos catorce postos de venta poderanse optar a espazos destinados a carnicería (4), peixería (2), “delicatessen”, quiosco, chacinería, aves e ovos, florería, panadería, froitería e venta de bacallau.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 3 de novembro. A concesión farase por un período de vinte anos que se poderá prorrogar en cinco anos máis.

A Xunta mellora os viais municipais de Soutelo e Entenza As obras, cun orzamento de 56.493 €, está financiada pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. A Concellaría de Vías e Obras do Concello de Salceda de Caselasestá estes días a levar a cabo as obras de mellora do camiño de Paredes, na parroquia de Soutelo, e na Estrada do Outeiro ao Eido de Arriba. No caso de Soutelo, o camiño de Paredes, moi transitado para acceder á zona da Igrexa e o Cemiterio Parroquial, é un camiño histórico que ata o de agora se atopaba en moi malas condi-

cións, e que os veciños e veciñas de Soutelo levaban demandado en múltiples ocasións que se puidesen acometer obras de mellora.

A actuación significa o ancheamento e asfaltado do vial, nunha lonxitude de 376 metros. En Entenza, a Estrada de Outeiro ao Eido de Arriba, cunha lonxitude de 290 metros, serve de conexión entre a estrada de A Basquida co Eido de Arriba e cos Penedos. As obras, cun orzamento de 56.493 €, está financiada pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, dentro do Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal de acceso a Explotacións Agrarias 2016. O Concello, pola súa banda, asume os 11.863,53 € correspondentes ao IVE.

Na súa opinión, "a Xunta unha vez máis non lle da as mesmas oportunidades os veciños e veciñas de Salceda que a outros concellos gobernados pola súa mesma cor política". A voceira socialista fai un repaso do último ano, e sinala, que Salceda é un dos municipios esquecidos pola Xunta no eido do emprego e a formación “denegáronse todas as accións solicitadas e non se levou a cabo no noso concello ningunha acción formativa para desempregados (cursos AFD), Plan Integral de Emprego, Obradoiros e tamén o Técnico de Información e de Orientación Laboral. Todo isto, despois de facer un esforzo moi importante na lexislatura anterior dende a concellería que dirixíamos os socialistas, invertendo nun centro de desenvolvemento local que chegou a ser unha referencia en toda a comarca. “A Xunta non valora o esforzo feito polos veciños e veciñas de Salceda, e está claro que as políticas de emprego non son unha prioridade para o goberno do Partido Popular”. As concelleiras socialistas, sinalan tamén que esta situación de falta de interese total da Xunta, vese agravada polas escasas medidas de fomento do emprego levadas a cabo polo goberno local. “Aínda que as competencias en materia de emprego as ten a Xunta, consideramos que tamén existe unha inactividade neste eido por parte da concellería

de emprego, que nos levou por exemplo a perder o servizo de orientación laboral o ano pasado, circunstancia que nos limitou por outra banda para obter a puntuación mínima para poder volver a por en marcha o servizo de Orientación Laboral da Rede de colaboradores do Servizo Público de Emprego”. DEMANDAN DA XUNTA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA OS VECIÑOS DE SALCEDA Insisten, en que por parte do goberno da Xunta de Galicia, non se está a garantir a igualdade de oportunidades dos veciños e veciñas de Salceda, non só nesta materia, tampouco no eido sanitario ou ensino. Consideran de vital importancia que se adopten medidas para facilitar o acceso ó emprego, a formación e a mellora de competencias. “Temos un elevado número de desempregados, que necesitan apoio na búsqueda de emprego, e que dende o goberno autonómico están pechando os ollos a esta situación, concedendo axudas só naqueles concellos do seu interese, temos exemplos de concellos do noso contorno que recibiron subvencións para varios cursos, obradoiros e Plans Integrais de Emprego, e non concedendo ó noso ningunha destas accións”.

“Caselas con C de Comedia” O vindeiro sábado día 19 de novembro chega a terceira sesión do ciclo de humor “Caselas con C de Comedia”, que se celebra no Auditorio Municipal de Salceda, organizado por ACISA coa colaboración do Concello de Salceda, e baixo a xestión de Moita Merda Produccións.A cita será nesta ocasión con Carlos Blanco e o máis puro humor galego. O

ciclo remata o día 11 de decembro, por todo o alto, coa actuación de Quique San Francisco. Tódalas actuacións terán lugar no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas ás 21 horas e o prezo das entradas é de 10 euros no caso de que se merquen con anticipación e de 12 euros se se retiran na billeteira do propio Auditorio Municipal.


16

Xornal 21 Outubro 2016

mondariz | mondariz balneario | As Neves | Salvaterra de miño | Ponteareas

O Condado

Máis de 1.100 nenos e nenas de Salvaterra participarán na Campaña de “Consumo de Lácteos”

O CEIP “Fermín Bouza Brey” conta cunha nova pista cuberta que non está operativa Para o Portavoz do PP, Salvador González Solla, “tras un ano de retraso o goberno local segue dando mostras da súa nefasta e inoperante xestión e nula planificación, esquecéndose durante meses desta obra tan prioritaria para o conxunto da comunidade educativa do Fermín Bouza Brey, polo que esperaron á Xunta de Goberno do pasado 6 de xuño, preto do remate das clases, na que se aproba o expediente de contratación do proxecto (...) e adxudícase por resolución da alcaldía ben entrado o verán”. Solla explica que “vendo a evolución que estaban a levar as obras, o pasado 2 de agosto puxemos en coñecemento da prensa dito retraso, xa que a obra tería que estar remada para o inicio do novo curso escolar. O tempo deunos a ra-

zón, hoxe, a pista segue sen poder ser empregada polos alumnos do centro educativo, a instancias da dirección do centro, pero debido sobre todo aos reiterados desacordos do goberno local co centro, xa que primeiro deixaron a pasarela perimetral sen pavimentar, a pesar de que o goberno local presumiu da redacción dun modificado do proxecto orixinal que non contemplaba a pavimentación desta pequena área”. O Portavoz do PP asegura que “a dirección e ANPA do centro, ao enterarse deste pormenor, requiríronlle ao Concello que pavimentase esta zona, o Alcalde e a Tenente de Alcalde, botando balóns fóra, negáronse inicialmente a pavimentar esta area, argumentando que non tiñan cartos para a súa execución,

aconsellándolles que se dirixan á Xefatura Territorial para que esta a executará”. Xa iniciado o curso escolar, o concello chegou a un acordo co centro educativo para cofinanciar a pavimentación perimetral. O centro mercou o formigón e o Concello puxo a man de obra. Pero ademais, si isto fose pouco, a dirección do centro solicitoulle ao Concello a colocación dunha rede protectora, que a día de hoxe segue sen colocar, razón pola cal as pistas seguen pechadas para seren usadas polos cativos. Dende o Partido Popular de Ponteareas lamentan “este novo retraso e atranco das obras que impiden que os alumnos, a estas alturas xa de curso, non poidan empregar estas pistas cubertas nestes días de choiva”.

Preto de 100 persoas participaron na II andaina polo Río Mendo Un cento de persoas participaron na II andaina guiada pola contorna do Río Mendo que organizou a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro O pasado domingo 16 de outubro saíu da Igrexa de Leirado a II andaina guiada que organizou a A.C. Quinta do Piñeiro por unha das novas rutas verdes que acaba de preparar o Concello de Salvaterra de Miño, a Ruta do Río Mendo. Esta ruta intégrase as xa existentes no Concello, a do Río Miño e a do Río Tea, e que proximamente quedarán unidas nun circuíto de preto de 30km. A historiadora Rocío Pino dirixiu esta andaina pola senda fluvial co fin de dar a coñecer parte do noso valiosos patrimonio etnográfico, histório e natural, neste caso das parroquias de Leirado, Corzáns, Fiolledo e Oleiros. Un patrimonio composto por igrexas, cemiterios,

O Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar xunto aos directores e directoras dos Centros Educativos do Municipio, unha Campaña de Consumo de Lácteos dentro das aulas, actividade organizanda polo Concello dende fai anos e que se pon en funcionamento normalmente co inicio do Curso Escolar. Máis de 1.100 nenos e nenas da Escola (0-3) – Galiña Azul, do

CRA A Lagoa, do CEIP Infante Felipe, do CEIP Chan de Leirado, do CEP Carlos Casares e do IES de Salvaterra, serán os beneficiarios desta campaña de consumo de lácteos que busca crear hábito ente os nenos e nenas do municipio, co consumo neste caso de iogures bebibles, apostando dende un primeiro momento polo consumo de produtos galegos, neste caso leite 100% galega.

40 novas prazas de aparcamento a carón da Praza Maior O alcalde Xosé Represas asinou recentemente un acordo para dispor de varias fincas a carón da Praza Maior, na zona da rúa Santa Ana, destinadas a garantir novos espazos de estacionamento no núcleo urbano de Ponteareas. O Concello levará a cabo tarefas de desbroce e limpeza, así como adecuación do espazo, nas vindeiras

semanas para crear até 40 novas prazas de aparcamento. “Tentamos ampliar as zonas de estacionamento necesarias no centro da vila, mentres non cheguemos a unha solución máis global”, concordan o alcalde, Xosé Represas, e a concelleira de Urbanismo, Vias e Obras, María Jesús Garrote.

ECOVIÑO INFORMA O VITICULTOR TRABALLOS EN VIÑEDO • Aproveitar un día asollado para dar un tratamento antifúnxico antes da caida da folla. • Inspeccionar as cepas e marcar con cinta VERMELLA as enfermas (eutipiosis, yesca, mal agostadas, ect.) • Cortar e retirar da viña os acios podrecidos que quedaron sen vendimiar. TRABALLOS EN ADEGA • Lavar e desinfectar todos os utensilios usados para as trasfegas. • Manter as cubas e chans, limpos de chorreóns de mosto e viño. • Procurar manter as barricas cheas e repoñer as diminucións semanalmente. • Manter os viños coas doses correctos de sulfuroso para a conservación.

muiños fariñeiros hidráulicos, pontes, pontellas, lavadoiros e levadas coas súas respectivas explicacións e historia, pero tamén parándose a comentar as diversas particularidades e propiedades da diferente flora que nos fomos

encontrando pola ruta, que disfrutaron o preto de 100 persoas que participaron nesta II andaina guiada e que rematou cunha gran comida para repor as forzas esgotadas nas máis de 3 horas que durou a caminata.


Baixo Miño

Outubro 2016 Xornal 21

A Guarda | O rosal | Oia | tomiño | tui

Ismael Fernández gaña a Álvaro Pino o Desafío Santa Tegra Ismael Fernández impúxose no Desafío Santa Tegra que se disputou na Guarda. O atleta lucense foi o primeiro en chegar á liña de meta. Elena Arboleda impúxose na categoría feminina. Álvaro Piñeiro, que se enfrontou coa súa bicicleta a un numeroso grupo de atletas, ocupou o undécimo lugar na clasificación xeral. O exciclista cumpriu co seu obxectivo de chegar á cima. Julia Vaqueiro exerceu de madriña dun evento que foi seguido por numeroso público. O duelo foi igualado ao comezo, pero desequilibrado na parte final. Álvaro Pino tiña que percorrer cinco quilómetros por dous os seus opoñentes. Ao comezo da ascensión, os primeiros deportistas da proba atlética e o ciclista cruzáronse nun dos puntos do percorrido. Foi a única vez. A partir deste instante, Ismael Fernández impuxo un forte ritmo. Álvaro Pino, que utilizou

a mesma bicicleta e a camisola co que gañou a Volta a España en 1986, dosificou máis as súas forzas. No tramo final, as diferenzas aumentaron de forma considerable. Foron chegando corredores

mentres o ciclista afrontaban as últimas curvas e tamén un dos tramos máis complicados. Os dous foron recibidos por numeroso público que se congregou na chegada. Tamén moitas persoas apoiáronos durante a ascensión. Mentres Álvaro Pino fíxoa pola estrada, os atletas deberon superar un considerable desnivel e tamén varios tramos de escaleiras. Na categoría masculina, Ismael Fernández foi o gañador cun tempo de 13 minutos e 31 segundos. 17 segundos máis tarde chegou Iván Pimentel, que foi segundo. O terceiro posto ocupouno Anxo Álvarez. Elena Arboleda foi a gañadora na categoría feminina, cun tempo de 23:50. A segunda clasificada foi Isabel López, con 25:40, e a terceira Noelia Igrexas, con 27:32.

Alfonso Santos e Raquel Arreola gañadores absolutos do III Torneo Eurocidade de Tenis

O III Torneo de Tenis Eurocidade, organizado polo Club Tenis Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que se desenvolveu nas pistas de tenis de Areas e da piscina municipal de Valença, contou con máis de

190 participantes, nas doce categorías conformadas este ano, sendo todo un éxito de participación e de organización por parte do club tudense. Tras as fases previas, os partidos finais encumbraron aos

campións nas distintas categorías, sendo os últimos partidos disputados os das categorías sénior absoluto masculino e feminina, nos que Alfonso Santos e Raquel Arreola se proclamaron campións deste terceiro torneo.

Cadro final de campións e subcampións nas distintas categorías Categoría

Campión

Subcampión

Alevín

Héctor Rodríguez

David Noe

Cadete

David Dieguez

Noel Arias

Junior

Brais González

Óscar Domínguez

Sénior Masculina

Alfonso Santos

David Vidal

Sénior Masculina B

Rogelio Domingos

Alejandro Martínez

Sénior Consolación Masculina

Jesús Costas

Germán González

Sénior Femenina

Raquel Arreola

Alejandra De Saracho

Sénior Consolación Femenina

Patricia Rodríguez

María Crespo

Veteráns +45

Alberto Rodríguez

Manuel Vázquez

Veteráns +45

Joaquín Charroni

Víctor Palmares

Dobres Masculino

Manuel Vázquez e Óscar Fernández

Nicolás Durán e Miguel A. Pérez

Dobres Mixto

Nicolás Durán e Patricia Rodríguez Luis De Saracho e Alejandra De Saracho

17

A casa do concello de Tui deixará de abrir os sábados pola mañá

A casa do concello de Tui deixou de abrir os sábados pola mañá dende este pasado sábado 8 de outubro. Esta decisión vén motivada pola entrada en vigor o pasado 2 de outubro da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas que recolle os sábados coma día inhábil a

efectos do cómputo de prazos. Como até o de agora o único servizo que se prestaba os sábados era o de Rexistro para a presentación de documentos, de agora en diante a casa do concello non abrirá os sábados. O horario de atención ao público e de Rexistro no Concello de Tui é de luns a venres de 9 a 14h.

Tomiño pon en marcha a Oficina Municipal de Igualdade O Concello de Tomiño vén de por en funcionamento a Oficina Municipal de Igualdade, cun servizo de asesoramento xurídico, que atende ao público dende o luns, 17 de outubro, tras dedicar os primeiros días á organización e contactos cos axentes e institucións locais. A través desta nova oficina, ofrecerase asesoramento e orientación, tanto en asuntos de Dereito de Familia, coma el calquera outro ámbito relacionado coa igualdade, con espe-

cial atención ás vítimas de violencia de xénero, mulleres en situación de vulnerabilidade ou con dificultades especiais. Asemade, darase información sobre recursos existentes, e xestionarase a derivación a outros servizos da Administración, se fora necesario. En colaboración con outros servizos municipais, canalizaranse actuacións que poida levar a cabo o Concello co fin de fomentar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, e prevención da violencia machista.

Xornada de micoloxía organizada pola OMIX do Concello da Guarda O 12 de novembro terá lugar na Guarda unha xornada de micoloxía organizada pola Concellería de Xuventude. Nesta xornada aprenderemos a ecoloxía dos fungos, un mundo cheo de curiosidades sobre uns organismos fundamentais para o funcionamento dos ecosistemas. Ademais iniciarémonos no proceso de identificación de cogomelos; os froitos dalgúns fungos. Ante todo aprenderemos a respectar estes organismos e a actuar de for-

ma responsable no caso de que esteamos interesados na súa recolección. A xornada estará dividida en dúas partes: pola mañá terá lugar a parte expositiva a partir das 10 da mañá e pola tarde levarase a cabo unha saída ao monte co fin de exemplificar mellor a procura de setas. As prazas son limitadas polo que a inscrición será na OMIX ou ben a través do seu e-mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 614 546.


18

Xornal 21 Outubro 2016

Nigrán | Gondomar | baiona

Un membro do GES de Nigrán participará coma voluntario nun campo de refuxiados en Grecia

Redacción Nigrán

Pablo Martínez Lemos, membro do Grupo de Emergencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor, partiu o pasado día 16 cara ao campo de refuxiados de Katsikas, en Grecia, onde pasará 8 días. O bombeiro de 36 anos viaxa como voluntario da “Asociación Participa para la Inclusión Social” xunto a unha fotógrafa e outros dous compañeiros da Coruña co obxectivo de traballar na acumulación e distribución de material que dende hai un ano organiza a Agrupación Integral de Rescate e Emerxencias (AIRE) da Coruña. O Concello de Nigrán, na súa política de concienciación social fronte o drama dos refuxiados, participará no proxecto cunha exposición fotográ-

fica ao seu regreso e diferentes acción divulgativas. Non é a primeira vez que Pablo afronta este tipo de misión solidaria, en 2011 estivo traballando nunha casa de acollida en Etiopía e, ademáis, é experto en casos de emerxencia e discapacidade. “É un orgullo e unha sorte contar con xente coma Pablo Martínez no GES do Val Miñor, as súas accións o que reflexan é a profesionalidade desta xente que xa día a día, no seu traballo, arrisca as súas vidas polos demáis. Para nos é unha oportunidade marabillosa contar con él para continuar coa nosa política de concienciación social fronte o drama dos refuxiados, por iso desexamos coñecer a súa experiencia a través

dunha posterior exposición fotográfica”, sinalou o alcalde, Juan González. “Dende o Consistorio involucrámonos no proxecto de concienciación social ‘BuscandoaBashar’ e queremos continuar, ademáis asumimos a accesibilidade como eixo da nosa política de ‘Un Nigrán para todos’”, suliñou. “O mundo non se acaba na nosa cidade, hai xente máis alá que vive moi diferente a nos, que sí temos as necesidades básicas cubertas”, reflexionou Pablo, quen comparte o espíritu solidario coa súa familia. “Todos estamos vinculados profesionalmente a temas sociais e, ao mesmo tempo, participamos en proxectos solidarios”, explicou este bombeiro que, recoñeceu, “este tipo de experiencias cambia o xeito de ver a vida”.

“Boa Esperança” despídese de Baiona cun “show cooking” A ‘Boa Esperança’ ofreceu un show cooking aos baioneses como broche final á súa visita á real vila. A embarcación, que permaneceu uns días amarrada no porto pesqueiro de Baiona, partiu dirección ao porto de Vigo e, para despedirse, ha ofreceu uns petiscos a bordo. O que agora se chama, tanto aquí como no país veciño, showcooking. Promovido pola Rexión Turismo de Algarve o máis rechamante é que prepararon a típica cataplana de peixes «Podar chamar wok portugués, pero é mellor que ou wok»,

comenta Frederico Lopes, cociñeiro que se encargou de mesturar na cataplana polbo, boniatos, pementos vermellos e verdes, e cebola, entre outras cousas. Estaba realmente saboroso o guiso e máis aínda na cuberta dun barco con

música portuguesa e unha boa tarde. Numerosos invitados acudiron ao cóctel no que Joao Fernandes, VicePresidente de Turismo do Algarve e o Alcalde de Baiona, Anxo Rodal, exerceron de anfitrións. Entre os asistentes atopábanse Mª Ángeles Ferreiro Pérez, xefa da área de Turismo de Pontevedra, e, José Fernandez do Cabo, director da Fundación Nave Vitoria. Tamén representantes das distintas asociacións baionesas, hostaleiros e empresarios do municipio, así como membros da corporación municipal.

Val Miñor

Nigrán Decide presenta un Plan de Control de Vertidos no Litoral

Dende Nigrán Decide aseguran que “os vertidos ao litoral causaron que este verán estivese durante uns días prohibido o baño pola Consellería de Sanidade nunha zona de Nigrán. O goberno municipal, nunha actitude irresponsable, ocultou esta información, poñendo en risco a saúde da veciñanza”. O grupo municipal vai presentar unha moción para desenvolver un plan de control de vertidos no litoral de Nigrán, pois “a pesar de que o noso grupo leva solicitando ao goberno municipal desde principios deste ano que establecese dito plan, ademais de sinalarlle a existencia de numerosos desaugues que botan auga que sospeitabamos contaminada, o problema da contaminación no litoral de Nigrán non desapareceu”. De feito, este verán, como “consecuencia da existencia de vertidos ilegais, estivo prohibido o baño durante uns días nunha zona de Nigrán, información que o goberno muni-

cipal, poñendo en risco a saúde da veciñanza, ocultou nunha actitude irresponsable, ao non sinalizar a recomendación de non bañarse temporalmente”. Ademaios lembran que “na actualidade descoñécense as causas que motivaron dita contaminación”. José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE, ten sospeitas de que “non é a primeira vez que acontecen feitos como estes, pois, do mesmo xeito que neste ano a Xunta de Galicia non fai públicos, na súa páxina web, os resultados das análises que motivaron a prohibición do baño, na publicidade que obrigatoriamente ten que facer o Ministerio de Sanidade tampouco figuran a totalidade dos resultados das análises feitas en Nigrán nos anos 2014 e 2015; para finalizar indicando que os problemas non deben ser ocultados, pois se o risco do que foi advertido o concello chega a materializarse en dano á saúde das persoas, o prexuízo para a imaxe de Nigrán sería irreversible”.

Taller de memoria gratuíto en Baiona A Concellería de Cultura do Concello de Baiona oferta un taller de memoria gratuíto para persoas maiores de 50 anos. O curso dará comezo o próximo día 25 de outubro de 2016. Impartirase os martes e xoves nos meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro, en horario de 10:30 a 11:30 horas no Centro Multiusos Anxo Bedriñana. Vai dirixido a todas aquelas persoas que estean interesadas en previr as deterioracións cog-

nitivas normais da idade, que desexen adquirir ferramentas para a estimulación mental e que, cun bo adestramento e dedicación, poden chegar a aumentar as súas capacidades cognitivas e destrezas mentais. Os interesados en inscribirse poden facelo no Departamento de Cultura situado no 2º piso da casa do Concello de Baiona, ou no teléfono 986 385 925. Darase preferencia aos empadroados no municipio.


Motor

Outubro 2016

Xornal 21

19

O novo Fiat Qubob destaca polo seu carácter orixinal, funcional e dinámico

O novo No interior, un espazo excepcional por volumetría e flexibilidade: 16 configuracións diferentes dos asentos e ata 2500 litros de capacidade máxima. O estilo exterior mantén o carácter orixinal e dinámico típico do modelo, con faros altos para unha visibilidade perfecta: os retoques achegados fano aínda máis atractivo e moderno. O parachoques dianteiro e a calandra son novos, do mesmo xeito que o portón traseiro. As cores da carrocería enriquécense con dous novos tons: Bronce Magnetico e Azul Libertà. Tamén son novos as lamias de aliaxe diamantadas de 15" brunidas e de 16" en negro brillo, e os embellecedores das lamias de 15". No seu conxunto, o deseño conquista pola súa sinxeleza, a orixinalidade das formas e algúns detalles que se combinan coa funcionalidade típica deste modelo: de feito, ademais da capacidade, entre as características do Qubo destacan a accesibilidade e a visibilidade. Unha receita que se renova manténdose fiel ao concepto que deu orixe ao Qubo, perfectamente resumido no lema “Status Simple”. Un vehículo sinxelo no seu uso cotián, funcional en calquera situación con solucións prácticas e intelixentes. Todo iso destacado por un estilo dinámico e orixinal. O concepto orixinal do modelo combina unha extraordinaria modularidad -nada menos que 16 configuracións diferentes dos asentos- coa racionalidade e a regularidade das formas dos interiores. O espazo aproveitable

resulta excepcional por volumetría e flexibilidade: a capacidade do maleteiro é de 330 litros ata a bandexa cos asentos traseiros en posición normal e de ata un máximo de 2500 litros (ata o teito) cos asentos traseiros desmontados. Un auténtico récord se se ten en conta que o vehículo mide tan só 3,9 metros de longo e o mellor exemplo dunha xestión eficiente do espazo. O habitáculo redeseñouse e, mediante a introdución de novos elementos, presenta agora un deseño orixinal e é máis tecnolóxico. O volante, redeseñado e no que agora destaca unha moldura en negro brillo, pode integrar os mandos da radio e tamén está dispoñible con revestimento de pel, do mesmo xeito que o pomo e o capuchón do cambio manual. O panel de instrumentos presenta un novo grafismo retroiluminado, para unha mellor visibilidade. Tamén a tapicería renovouse nos tecidos e tons, e unha moldura central en negro brillo adorna o cadro de mandos das versións Lounge e Trekking. Entre as novidades dos interiores cabe destacar o sistema de infoentretenimiento con radio MP3 e pantalla táctil de 5" en cor, dispoñible tamén con sistema de navegación por satélite e que inclúe Bluetooth, streaming de audio, porto USB, conector auxiliar, 6 altofalantes e mandos no volante.

bmW Serie 5 berlina

BMW presenta a sétima xeración do Serie 5: a berlina de maior éxito comercial do mundo. Silueta dinámica e deportiva, estética distintiva. As dimensións externas son lixeiramente máis grandes, con 4935 milímetros de lonxitude, 1868

milímetros de ancho e 1466 milímetros de altura. Sensación de espazo máis xeneroso con máis altura interna e espazo para as pernas na parte traseira, así como maior capacidade de maleteiro. (530 litros). O seu lanzamento será o

próximo 11 de febreiro de 2017 con catro versións de motor (catro e seis cilindros, gasolina e diésel), con tracción traseira e opcionalmente o sistema xDrive de BMW. Todos os motores diésel veñen de serie co sistema SCR.

O novo Ford Kuga ofrece máis tecnoloxía O Kuga ofrece tecnoloxías e actualizacións que permiten unha condución máis sinxela, máis segura, máis disfrutable e máis alcanzable. Estes inclúen o novo sistema de comunicacións e entretemento SYNC 3, innovadoras tecnoloxías de axuda ao condutor, un interior ergonómico e cómodo e un novo motor TDCi 1.5 litros de 120 CV.

O novo Kuga tamén ofrece a tecnoloxía de Estacionamento Perpendicular de Ford, que axuda aos condutores para ma-

nobrar sen mans en prazas de aparcadoiro en batería; unha versión mellorada do sistema de evasión de colisións Active City Stop; e o sistema de Faros Frontais Adaptativos que permiten unha mellor visibilidade en situacións de luz tenue. Outras sofisticadas tecnoloxías inclúen o Portón Traseo Mans Libres e a Tracción Total Intelixente de Ford.


20

Xornal 21 Setembro 2016

Deportes

O Open de Galicia de Enduro O II Vertiatlón Solidario pechouse en Budiño con vitoria do recada máis de 5.000 euros campión Óscar Martínez para impulsar a vela

adaptada en Galicia

Vencedores e autoridades no Open de Galicia 2016.

Rematou a temporada de BTT en territorio galego e fíxoo sen sorpresas na última xornada do Open de Galicia de Enduro. Óscar Martínez del Campo conseguiu no Enduro BTT Faro de Budiño a súa cuarta vitoria do curso. O rider elite do Xtrembike chegou a esta cita no concello pontevedrés do Porriño co título asegurado matemáticamete e tampouco se rexistrou ningún cambio de líder nas outras seis categorías deste certame. Despois de que no 2012 se convertira nun dos primeiros enduros disputados en Galicia, a segunda edición do Enduro BTT Faro de Budiño regresou ao calendario organizado pola A.D. A Forna. Coa súa celebración púxose fin ao Open 2016 desta modalidade, que arrancou no mes de marzo e que nas súas seis anteriores xornadas tivo como escenarios Vigo, Mugardos, Salceda, A Cañiza e dúas probas en Gondomar. Na liña de saída situada na Asociación Cultural da Forna reuníronse 63 participantes, entre eles dous recentes campións de España, o máster-30 Tony Pérez (Laesport) e a elite feminina Desirée Duarte (Bopapel). A ponteareá foi a única muller ins-

crita en Budiño e non puido medirse a Eva Abadín (Barbanzabike), a vencedora do Open de Galicia, que está lesionada tras sufrir unha caída na anterior xornada deste certame na Serra do Galiñeiro. A clasificación scratch masculina viviu un pulso tremendamente igualado entre Óscar Martínez e Tony Pérez. Nun circuíto con cinco treitos cronometrados de dificultade media e un terreo húmido polas chuvias caídas a noite anterior, o representante elite do Xtrembike decantou a balanza no terceiro parcial. Martínez conseguiu sete segundos de vantaxe neste sector, o máis físico de todos, e administrou esa renda ata o final para impoñerse cun tempo de 20:49:969, sendo 5” máis rápido que o rider máster-30 do Laesport. A terceira posición foi para o tamén máster-30 José Manuel López (+Enduro) a 38” do gañador. No resto de categorías os mellores rexistros marcáronos Francisco Serantes (BTT Castrobike) en Júnior, Raúl Fernández (Insitu Ciclismo) en Sub23, Marcos José Ríos (THC Bike) en Máster-40, Carlos Táboas (Quebici Marcisport) en Máster-50 e Pedro Gonzalo (Bici Verde) entre os cadetes, un grupo de idade

que non conta para o Open de Galicia. CERIMONIA DE CLAUSURA Con Óscar Martínez e Eva Abadín como vencedores Elite, outros cinco riders recibiron na cerimonia de clausura os seus maillots como primeiros clasificados nos rankings finais do certame organizado pola Federación Galega de Ciclismo. Francisco Serantes fíxose co título en Junior, Brais Boullosa (Bici Verde) en Sub23, Tony Pérez en Máster-30, Marcos José Ríos en Máster-40 e Carlos José Táboas en Máster-50. A esta nómina sumouse o Club Ciclista Bici Verde de Vigo, gañador por equipos. Nesta entrega de premios participaron Manuel Carrera, concelleiro de Deportes do Porriño e excorredor profesional; Luis Martínez, presidente da Asociación Cultural de A Forna; Jacobo Ucha, ciclista profesional que actualmente milita no Radio Popular-Boavista portugués; e Begoña Carpinteiro, secretaria da Federación Galega de Ciclismo.

Máis info www.xornal21.es/deportes

Foto de familia con algunos participantes del II Vertiatlón Solidario de Baiona. /Foto Manuel Parada

As inscricións dos 215 atletas participantes permitiron recadar 5.375 euros para a Escola de Vela Adaptada do Monte Real para persoas con discapacidade. Redacción Xornal21.es

A vila mariñeira de Baiona acolleu este sábado a segunda edición do Vertiatlón Solidario, unha competición organizada polo concello de Baiona e o Monte Real Club de Iates co patrocinio de Verti Seguros co obxectivo de recadar fondos para impulsar a vela adaptada en Galicia. Douscentos quince atletas chegados de diferentes puntos do país colocáronse tras a liña de saída para disputarse as tres probas dun tríatlon sprint. Completaron 750 metros a nado na baía de Baiona, pedalearon 20 quilómetros polas rúas de Baiona e correron 5 quilómetros na península de Monte

Boi, rodeando o histórico Parador Nacional. O máis rápido empregou apenas unha hora en realizar todo o percorrido e cruzar a liña de meta. Foi Jacobo Crespo, do Olímpico de Vedra, gañador na categoría absoluta masculina. A súa compañeira de club, Aida García, levou a vitoria na categoría feminina, levantando ambos os ao club vedrense todo o máis alto do podio deste II Vertiatlón Solidario de Baiona. En segunda e terceira posición quedaron, na categoría masculina, Ricardo Rey, do Nosporlimit; e Iago Vara, do Sireno Tríatlon Club; e na categoría feminina, Án-

gela Chapela, do Olímpico de Vedra, e Nuria Álvarez, con licenza para un día. Na categoría de veteranos, as vitorias fóronse para a provincia da Coruña. O Nosporlimit da cidade de cristal colocouse no primeiro posto da categoría masculina da man de Ricardo Rey; e Aida García, do Olímpico de Vedra, subiuse ao primeiro banzo da competición feminina. Carlos Coira (Tríatlon Vilagarcía / Atenas Running) e Cristobal Cacheda (Team Corbelo) completaron o podio masculino; e a viguesa María José Velázquez e a baionesa Sandra Santodomingo, o feminino. Na categoría cadete, o triunfo foi para José Benito Silva, do Beariz Tríatlon, ao que non puideron impoñerse Marcos González (Club Tríatlon Mar de Vigo) e Alejandro Crespo (Beariz Tríatlon), que se tiveron que conformar co segundo e terceiro posto.

O Rías Baixas pechou a tempada como terceiro mellor equipo Élite de España Desde que o Club Ciclista Rías Baixas decidiu dar o salto ao campo amateur fai catro anos o seu crecemento foi constante ata situarse como un dos tres mellores equipos do pelotón español. A estrutura presidida por José Luis Chamorro pechou a tempada 2016 ocupando o terceiro posto no ránking Élite elaborado pola Real Federación Española de Ciclismo (RFEC). A este éxito hai que engadir a sexta posición asinada na clasificación Sub23, un espectacular balance

para este humilde proxecto que durante oito meses competiu ao longo e ancho de todo o país sen dispoñer do apoio dun patrocinador principal. O Lizarte navarro fíxose coa primeira praza na táboa Élite con 2418 puntos. No segundo lugar aparece a estrutura cántabra do Gomur-Liébana-Ferroatlántica, con 2102 puntos, e a continuación situouse o Club Ciclista Rías Baixas con 1911 puntos. O resto do Top-10 da categoría que supón a antesala

do profesionalismo complétano Gsport-Valencia (1811), Kuota-Construcións Paulino (1363), Controlpack (1203), Supermercados Froiz (1072), Massi-Kuwait Cycling Proyect (1003), Bicicletas Rodríguez Estremadura (953) e Caixa Rural (905). A este sobresaliente resultado han contribuído de forma directa achegando puntos tres representantes do persoal dirixido por Marcos Serrano. O cántabro José Manuel Gutiérrez sumou 910, obtendo a quinta posición

no ránking individual. Tamén entre os dez mellores ha concluído esta campaña o guardés Aser

Estévez, sétimo con 813, mentres que o palentino Anxo de Julián terminou 36º con 188.


Saúde

Setembro 2016

Xornal 21

21

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

O 24 de outubro comezan as vacinación frente a gripe

Lavámonos as mans!

Algo tan sinxelo como lavarse correctamente as mans pode evitar moitas enfermidades, lémbranolo cada 15 de outubro no Día Mundial do Lavado de Mans. Un sinxelo xesto de 20 segundos que require de xabón e só unha pequena cantidade de auga. As mans húmidas débense cubrir con xabón e fregar toda a superficie, incluídas as palmas, o dorso, as bonecas, entre os dedos e especialmente debaixo das uñas. Logo, débense aclarar ben con auga limpa e secalas, xa sexa cunha toalla limpa ou axitando as mans. O lavado con auga e xabón é unha práctica clave para evitar, algunhas infeccións respiratorias, como a gripe e a bronquiolitis, así como un hábito básico de hixiene. As mans deben lavarse con auga e xabón

ao preparar alimentos ou manipulalos, despois de tocar terra ou animais, de utilizar o inodoro ou ao cambiar cueiros, antes de tocar a bebés ou se se está en contacto con anciáns ou enfermos, tras estornudar ou toser se leva un a man á boca, nariz ou cara, etc.Tamén é aconsellable facer un bo lavado de mans ao chegar a casa e tras viaxar en transporte público ou despois de estar en espazos pechados e con moita xente onde estamos máis expostos aos virus das devanditas infeccións respiratorias e doutras. Cada ano, ao redor de 3,5 millóns de nenos morren antes de cumprir 5 anos por enfermidades prevenibles, principalmente a diarrea e enfermidades respiratorias agudas. De acordo con datos da enquisa da Enquisa de Saúde a Es-

A campaña de vacinación comeza o día 24 de outubro e finaliza o 23 de decembro, polo que os intresados dispoñen de tempo suficiente para vacinarse, sen necesidade de acudir os primeiros días de campaña. A vacinación é o método máis eficaz para poder diminuír

/PURESTOCK

colares Global (EMSE), máis do 15% dos escolares nalgúns países din que de cando en cando ou nunca se lavan as mans antes de comer. Cando unha persoa non se lava as mans adecuadamente con xabón, pode transmitir bacterias, virus e parasitos por simple contacto directo con outras persoas.

Só o 30% de españois sabe realizar a reanimación cardio-pulmonar (RCP)

Só 3 de cada 10 españois sabería realizar unha reanimación cardio-pulmonar (RCP) en caso de accidente cardíaco, segundo o "Estudo Cardioprotección en España 2016", realizado por B+Safe coa colaboración da Fundación Española do Corazón. Este dato reforza o papel crave dos desfibriladores intelixentes que poden ser manexados con éxito por persoas sen coñecemento sanitario previo e salvar vidas. O estudo é o resultado de 5.000 enquisas a persoas de diferentes sectores nas 17 Comu-

nidades Autónomas, Ceuta e Melilla. O obxectivo era coñecer o "estado da cardiopro-

tección en España" e, no seu caso, impulsar diferentes medidas, desde a formación e a sensibilización social

ás lexislativas, para reducir as elevadas taxas de mortalidade que se rexistran en España en caso de accidentes cardíacos. O traballo puxo foco en institucións e empresas onde se recomenda ou é obrigatoria, segundo a Comunidade Autónoma, a dispoñibilidade de desfibriladores como son Concellos, Clínicas, Colexios, Clubs depor tivos, Residencias, Hoteis, Empresas de menos e de máis de 150 empregados, Centros Comerciais, etc.

Arquivada a causa pola contratación de agullas de insulina

O Xulgado de Instrución nº1 de Santiago vén de arquivar a causa sobre o procedemento de contratación do subministro de agullas de insulina para as estruturas de xestión integradas do Servizo Galego de Saúde. O auto xudicial recolle que a Administración sanitaria tivo en conta as reclamacións que recibira sobre a calidade das agullas á hora de convocar un novo procedemento de contratación. Neste sentido, tras terse constituído un grupo de traballo técnico, asumiuse a proposta relativa a que nos criterios de selección se outorgase un maior peso á proba do produto por par te dos doentes. Así mesmo, o auto indica que se decidiu unha puntuación específica para a valoración da ausen-

/PURESTOCK

cia de efectos adversos derivados do uso da agulla durante o pinchazo. Tamén se estableceu un limiar mínimo de puntuación para continuar no proceso selectivo, de xeito que aquelas agullas que recibisen unha valoración moi nega-

tiva na proba de exame do produto quedasen excluídas da licitación, como de feito aconteceu con dúas empresas. Polo tanto, o Xulgado acordou o sobresemento provisorio e o arquivo da causa.

o número de casos de gripe, así como as complicacións graves e as mortes derivadas do seu padecemento, especialmente nos grupos de risco. Poden vacinarse nos centros sanitarios, solicitando cita do xeito habitual ou no seu centro médico de referencia.


22

Xornal 21 Outubro 2016

Actualidade

Punto de lectura

Este mes recomendamos...

«Un bo escritor non é experto en nada salvo en si mesmo. E sobre ese tema, se é listo, pecha a boca.» John lle Carré. Neste apaixonante relato, o autor comparte co lector a historia da súa vida, a historia da segunda metade do século XX. Lle Carré por fin desvela os episodios de espionaxe sobre os que sempre calou; a incrible historia do seu pai, as súas longas viaxes polo mundo? Presidentes, primeiros ministros, grandes escritores, un sinnúmero de interesantes personaxes que atopou no seu camiño, e que marcaron a nosa Historia, danse cita neste relato único. «A partir do mundo secreto que noutro tempo coñecín, tentei crear un teatro para os mundos máis extensos que habitamos. Primeiro vén a imaxinación; despois, a procura da realidade. Despois, a imaxinación outra vez, e o escritorio ante o cal estou sentado.» Desde os seus anos ao servizo da Intelixencia Británica durante a Guerra Fría, ata a carreira de escritor que o levou desde unha Cambodia desgarrada pola guerra ata o Beirut da invasión israelí de 1982, pasando pola Rusia de antes e despois da caída do Muro de Berlín, John lle Carré sempre escribiu desde o corazón dos tempos modernos. Nestas, as súas primeiras memorias, resulta tan divertido como incisivo, ao in-

Cinema

VOAR EN CÍRCULOS

Escrita e dirixida por Fernando Trueba

A Raíña de España

HISTORIAS DA MIÑA VIDA terpretar os sucesos dos que é testemuña coa mesma ambigüidade moral que impregna as súas novelas. Tanto cando escribe sobre o papagaio dun hotel de Beirut que imitaba á perfección o ruído das metralladoras e os compases iniciais da Quinta de Beethoven, como cando visita os museos de Ruanda dos mortos insepultos tras o xenocidio, ou celebra a Noitevella de 1982 en compañía de Yasir Arafat e o seu alto mando, ou entrevista a unha terrorista alemá na súa prisión do deserto do Néguev, ou escoita as sabias observacións do gran físico, disidente e gañador do Premio Nobel, Andréi Sájarov, ou cando se reúne con dous antigos xefes do KGB, ou ve como se prepara Alec Guinness para o seu papel de George Smiley nas lendarias adaptacións para a televisión da BBC, ou describe á cooperante que inspirou á protagonista do xardineiro fiel, lle Carré presenta cada episodio con humor e vívida intensidade, facéndonos rir a gargalladas ou convidándonos a recapacitar sobre acontecementos e persoas que criamos comprender. Mellor aínda, lle Carré permítenos albiscar o traxecto dun escritor ao longo de máis de seis decenios, e a súa propia procura da faísca humana que tanta vida e corazón conferiu aos seus personaxes de ficción.

Unha produción de Fernando Trueba P.C. e Atresmedia Cinema

A Raíña de España conta a his- de que se fose a Berlín a dirixir A toria dun daquelas incribles rodaxes nena dos teus ollos, 18 anos atrás, que viñeron gravar os americanos decide regresar e reencontrarse con ao noso país a partir de 1956. algúns Macarena Selecta (PenéloEstrearase o próximo dos seus pe Cruz), a gran estrela ?amevellos 25 de novembro amigos. A ricana? de orixe española, retorna á súa terra para encarnar súa chegaa Isabel a Católica. Ao decatarse da desata unha serie de acontecedisto, Blas Fontiveros (Antonio Re- mentos que poñerán a proba a rodaxe sines), que non volvera a España des- da superproducción.

FOTOS DE ARQUIVO

OHumordeCosme

A Luz de Candela

Dav id De bé n

Os raios de sol proxectan reflexos dourados nos charcos da choiva recente. Os vehículos, sempre cheos de presa, salpican finas gotas de auga de segunda man por toda a beira da rúa. Nunha marquesiña do autobús lixada polo po e as finas gotas, descansa do seu trafego diario Candela. Ela nunca ten presa, leva nos vellos zapatos de cor indefiníbel a pausa de anos e mais anos de deambular errático polas rúas da capital. Non se lle coñece familia nin achegado algún e sempre camiña soa falando en alto con sabe o demo quen. Saúda ós homes con grande pompa, estirando o porte achicado pola vellez, sobre todo se van en compaña de outras mulleres. Sempre ten unha migalla nos petos para lle dar ós cans abandonados, ós paxaros no parque

e ate a algún desalmado sen necesidade nin vergonza. Mais a pesares de todo o vivido, Candela mantén o mesmo brillo nos ollos, a mesma ilusión inocente na mirada, e sorrí ó mundo enteiro coa súa boca engurrada na que hai máis ocos que dentes, coa súa face envellecida polo sol e o vento de milleiros de días á intemperie, amosando en cada engurra as pegadas dunha vida dura, na que, segundo din as malas linguas, apostou todo o seu futuro a unha carta que endexamais atopou. Candela aquece un pouco os xeonllos fretando coa palma das mans i érguese para saír do seu refuxio de ferro e cristal. Unha vez mais, renova a procura da súa aposta vital. Da busca daquel home que marchou unha mañá entre promesas e bicos tenros.

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es

CUPÓN ANUNCIOS BREVES TEXTO DO ANUNCIO (Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

>Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

________________________________________________________________________________________________________________________________________________ _____________________________________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:_____________________ APELIDOS*:___________________________________________________ D.N.I. ou Pasaporte*:________________________________ Lugar de residencia*:_______________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________

c Alugueres c Animais

c Automóbiles c Ensino

c Casas c Contactos

c Pisos c Solares e terreos

c Traspasos c Compras varias

c Vendas varias c Outros

c EMPREGO

c Retirar anuncio c Publicar anuncio

c Ofertas c Demandas

Firma

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.


Outubro 2016 Xornal 21

Anuncios breves

Alugeres TOMIÑO CASA amoblada. Planta baixa. Ubicada en Taborda. Finca amplia con barbacoa, garaxe, terraza, xardín. Dispón de 2 cuartos, cociña, 2 baños, sa de estar, galería con cheminea…Alúgase por 425 €/ mes. Tel. 986 33 35 02 VIVENDA barata busco. Son xubilado con pouca paga. 605 785 292 PRAZA garaxe en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705

HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67

ÁTICO EN O PORRIÑO. A estrear na Avda. Galicia. 65 m². 637 25 21 81

RAPAZ de 47 anos busca rapaza de entre 30 e 37 anos para relación estable. Seriedade 659 133 899

VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92

RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304

SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09

SEÑORA 50 anos, seria, busca cabaleiro serio para amizade. 687 69 15 08

O Porriño - 98 m/2 e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04

Ensino

VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semi. amoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12

CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717

VIVENDA amoblada, tres cuartos, cociña americana, baño, terraza. No Cerquido – O Porriño. 300 € 637 740 114 - 629 390 206

RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85

HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 VIVENDA económica no Porriño 671 35 74 26 APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727 LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75

Animais ADESTRAMENTO canino a domicilio: Obediencia básica, iniciación

LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330 INGLÉS, todos os niveis. 656 87 33 00 PROFESOR de Kung-Fu Monitor de Tai-Chi e Instrutor de Artes Marciais Mixtas. 629325431 PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776 EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64 PROFESORA FRANCÉS nativa, alta diplomada da cursos todos os niveis. Isabelle 986660890

SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175

PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548 OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659 QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327 MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353.

Contactos RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31 SEÑOR de 45 busca SEÑORITA de 44 – 49 anos para relación estable no Baixo Miño. Rógase seriedade. 669 627 495 RAPAZA busca rapez entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20 RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040 FUNCIONARIO busca relación seria con rapaza 43 anos. 638622549 SEÑORA busca amigas para saír (Tui ou arredores) Tel.: 687 691 508

INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322 XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02 BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353 CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19

FINCA en Tomiño 500 m² Prezo 5.000 euros 608 523 586

COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776

COMPRO Opel Frontera B Limited X22DTH para despece. Tel.: 651 07 87 05

TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993

TOMIÑO terreo de 1.200 m² Prezo 17.000 e negociables. Tel.: 608.523.586

GATIÑA PELUDA, se ten unha e non a queres chámame 650.610.633, adestramento en cachorros, estereotipias, corrección de condutas etc. T. 606503943

Automóbiles

Solares e Terreos TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas 655909351

Casas COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m2, hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634459555 CASA RÚSTICA con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02 ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m2. 658.312.090 SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646725195 MOS casa independente preto de San Antoiño. 4 cuartos, 2 baños, cociña grande, salón con cheminea, armarios encaixados, barbacoa, piscina.... Aluguer con opción compra. Prezo 280.000. Tel. 605082556.

Pisos

TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas 655909351

Compras varias

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090

ALBARIÑO de excelente calidade a 3 €/litro. Degustación sen compromiso. 986 334 985

DETECTIVES económicos. 677337434 MALETA “VINTAGE” ANOS 70 interior estampada a cuadros, bo estado. 30 euros. 986 33 23 30

REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887

VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 50 € 671 35 74 26

BUSCA coñecer a súa filla na Escola Viguesa de Maxisterio CARLOS 651774295

PORTAS sapelli con marco e pñeiro branco lacadas para reformas. 615 32 02 82 TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21 TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426 MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673 AIRE acondicionado 661 545 727 FREGADEIRO usado 20 € varios modelos. 651078705 Caldeira a Gasoil, depósito 500 l. e radiador de ferro. Prezo a convir. 679.75.11.58 DEPOSITO AUGA inxox 200 l. con patas. Prezo de coste. 627 95 20 66

Outros

MOBLE RECIBIDOR clásico con dúas portas 109 x 82 cm 50 €. 646 37 01 71

Has perdido las llaves del coche ¿Qué hacer? CERRAJERIA BERMA 986 33 74 07 / 649 66 66 55 O PORRIÑO Urbanización El Sol c/ Cruceiro, 23 bajo. Somos profesionales expertos en seguridad y cerrajería. CERRAJERÍA DEL AUTOMOVIL: Apertura de vehículos; Codificación de llaves por código; Tallado de llaves por código; Creación de llaves partiendo de la cerradura del vehículo, sin desmontar cerradura; Reparación de mandos y llaves; Igualamientos - Amaestramientos bombines de puertas y contacto. Profesionales altamente cualificados con atención personalizada y rápida.

UVAS da variedade Albariño 1,15€ kg 617268659

ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13 RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112633036768 (con coche) LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08 RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34

TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705

BICICLETA ESTÁTICA en bo estado. 661 545 727

MODISTA fanse arranxos de roupa. Tameiga 616.82.42.39

PORTA madeira interior 10 €/ Ud. 8 cegas e una acristalada 646 37 01 71

TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91

CÁMARAS ocultas, micrófonos, alarmas, … toda a tecnoloxía no teléfono 677337434

RAPAZ de Vigo recolle de balde sillas de bebe, de paseo, sillas de coche… 637 228 667

PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122

MESA formica estructura ferro 95,5 x 65 cm. lixeira, bo estado. 20 euros. 986 33 23 30

VÉNDESE ou CÁMBIASE APARTAMENTO en Torrevieja (Alicante) por apartamento, piso ou outros en provincia de Pontevedra. De 2 hab. 1 cociña 1 salón terraza zona estival. T. 619.985.001

CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051 TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00 SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641 SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21 RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35

SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70 RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827 SEÑORA para labores domésticas e coidado de maiores. Moi responsable. Tel.: 698 47 64 08 LOURIÑA para pasar o ferro ou limpeza, tamén cortar pelo a domicilio- 60897.55.72 MOZO de confianza fai mantemento de casa e xardín. 627 95 20 66 MARMOLISTA carnet carretilleiro, encargado almacén dous anos. Con experiencia. 686 22 12 95 RAPAZ de 32 anos busca traballo do que sea. Carnets C –C1 –C – BTP – E. Carretilla e manipulador de alimentos. 622 025 016 RAPAZ, traballo do que sexa. Carnés B - C1 - C - BTP, carretillero, manipulador de alimentos. 627.100.623

CAMA ARTICULADA e colchón, ideal para persoas enfermas. Seminova. 175€ 629 390 206–617 90 19 15

SECADOR profesional 1800 w con accesorios. Novo. 40 €. 637 16 76 57

DORMITORIO XUVENIL moi económico, con escritorio. 606611673

Demandas

MAMPARA de bañeira de 98,5 (50 €) wc, lavabo e bidet (50 €) xaboneira, portarolos (5 €) Tel.: 986 332 330

CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08

Vendas varias

EMPREGO

CUBAS de inox 300 e 400 l sen estrear. Prezo de coste. 627 95 20 66

ROUPEIROS artesáns con espello. 630 60 73 19

OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor OX22DTH Tel.: 651 078 705

REFORMAS, cantería, albanelaría, pintura... 676.85.76.79

MUEBLE de baño exclusivo modelo italiano. 606 611 673

BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688

CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64

PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136

MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491

MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84

PINTOR profesional para pintar piso no Porriño 986 33 01 78

VENTAS DE ALUMINIO segunda man, con marco 138x144,5x70 cm (70 €) e 109x147,5 (50 €) 986 33 23 30

RADIADORES. 646 37 01 71

VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379

PORTA aluminio acristalada con marco 1,57x2,02 m 120 €. 646 37 01 71

23

CONDUCTOR con todos os carnets. Experiecia nacional. 680 959519 FONTANEIRO con experiencia en instalacións de calefacción , gas, propano ,caldeiras e reparacións urxentes vivendas , comunidades. T. 698177740 RAPAZ de 37 anos busca traballo calqueira ocupación. Carné de conducir, coche, manipulador alimentos. 633 097 608 RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285 ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13 POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78 RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, O Porriño. Yolanda 606 77 31 97 ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838 RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos - Puxeiros. Nathaly 699514112

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es

RAPAZ novo busco traballo, Medio, Mantemento ou Cociña. 633.375.785 SEÑORA ofrécese para acompañar anciáns de noite ou tarefas do fogar por horas 651344532

Ofertas

COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20 COMERCIALES - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. ou datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.) COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066 PROFESOR DE PIANO. BUSCO persoa que imparta clases particulares de piano e se desplace a domicilio en Mos. 605082556



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.