Xornal21 nº 33

Page 9

Mos

Novembro de 2010 Xornal 21

Os acesos do polígono da Veigadaña estarán rematados en decembro Unha vez recepcionado o Parque Empresarial, constituirase a Entidade Urbanística de Conservación. O pasado día 12 celebrouse no Centro de Desenvolvemento Local mosense unha reunión informativa entre Xestur, Concello e AEMOS sobre a evolución do polígono para todos os empresarios que ubicarán as súas industrias no Parque Empresarial da Veigadaña. Javier Domínguez, xerente de Xestur Pontevedra, anunciou que os accesos ó polígono estarán rematados a finais deste ano e a recepción do mesmo producirase a comenzos do vindeiro 2011. En canto ós accesos, Domínguez explicou que o viaducto do Louro está xa rematado e que o viaducto da Estrada Nacional 550 estarao en dúas semanas aproximadamente, xa que únicamente falta a instalación do alumeado e da sinalización, os sistemas de contención e a capa de rodadura dos viais secundarios. Estes días, segundo explicaron dende Xestur, estanse a realizar as comprobacións pertinentes do correcto funcionamento de tódalas tuberías dos sistemas de saneamento e abastecemento do polígono. O xerente de Xestur manifestouse satisfeito durante a reunión porque nos dous últimos meses lográronse solucionar tódolos problemas técnicos,

humanos e loxísticos existentes na Veigadaña para lograr que o polígono sexa unha realidade a principios do 2011. Ademais, dende Xestur informaban de que manterán o sistema de seguridade que actualmente funciona no polígono tódolos días de 22.00 a 10.00 horas ata que se recepcione o Parque Empresarial e que, unha vez recepcionado, será a Entidade Urbanística de Conservación a que se encargue da seguridade. O representante de Xestur tamén quixo informar ós empresarios de que de aquí a finais de decembro vanse reforzar os muros do polígono para que as parcelas se vexan favorecidas sempre compatibilizando ó máximo nas mesmas drenaxe, estabilidade e movemento de terras. E por último, de cara a facilitar a situación nestes momentos de crise, Javier Domínguez anunciou que dende Xestur estase a estudiar a opción, sempre dentro das posibilidades económicas da entidade, de concederlle ós empresarios modos de pago aprazado das súas parcelas. ENtIDADE uRbANíStICA DE CONSERVACIóN

No encontro a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reiterou o seu agradecemento a tódolos

Imaxe da reunión informativa entre Xestur, Concello e AEMOS sobre a evolución do polígono. /AEMOS

9

sarial, o mantemento das zonas verdes do mesmo e un centro integral de servizos entre os que se poderían atopar, por exemplo, unha gasolinera, un edificio de oficinas para exposicións e outras actividades. Neste sentido a alcaldesa insistiu en que “dende o Concello somos os primeiros interesados en que a Entidade se cree canto antes polo que dende a Secretaría municipal estamos a traballar para que se constitúa en canto se recepcione o polígono, que será a principios de 2011, unha vez se atopen rematados os accesos ó mesmo”. E é que Arévalo quere deixar claro que “tanto Xestur coma o Concello de Mos témoslle a nosa man ten-

empresarios presentes por ter decidido invertir en Mos e insistiu en que “dende o Concello estamos a traballar día a día nos expedientes de licencia das empresas do polígono da Veigadaña”. Por parte da Estado no que se atopan actualmente as obras dos accesos ó polígono. /Xornal21 Alcaldía mosense insistiuse tamén no compromiso de traballar Empresarial da Veigadaña dida ós empresarios”. para que a Entidade Urbanísti- entre en funcionamento “canto Pola súa banda José Mañas, ca de Conservación do Parque antes”. presidente da Asociación de A Entidade Urbanística de Empresarios de Mos, declaraba Conservación será un organis- que unha vez se atopa tan prómo, a modo de comunidade de ximo o feito de que o Parque O Parque Empresarial da Veipropietarios e usuarios, na que Empresarial da Veigadaña sexa gadaña conta cun total de 77 o Concello e Xestur terán a por fin unha realidade, os parcelas e a día de hoxe atómaior participación pero cada empresarios síntense ilusionapase ó 77% de ocupación. empresa do polígono estará dos e agradecidos da boa Nestes intres dende o Concedebidamente representada. Os comunicación establecida tanto llo estanse a tramitar un total servizos da Entidade Urbanísti- con Xestur coma coa Alcaldía de 19 solicitudes de empresas ca de Conservación serán os do Concello de Mos. Mañas que queren instalarse na Veique a propia Entidade Urbanís- destacou a importancia da reugadaña e 7 empresarios están tica de Conservación decida e nión por ser o momento previo a construir xa as súas naves entre eles deberían atoparse a á finalización dun gran proxecno polígono. seguridade do Parque Empre- to para Mos.

Un 77% de ocupación


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.