Xornal21 nº 21

Page 5

Mos Máis de 80.000 euros para mellorar o Parque de Costoias

Próximamente iniciarase a primeira fase da obra de adecuación do Parque Municipal de Costoias, ubicado no Barrio da Igrexa da parroquia mosense de Tameiga. A financiación destes traballos será posible gracias a unha subvención da consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia que ascende a 82.087,09 euros e que foi acadada polo equipo de goberno local. A alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo, anunciou a inminencia do comezo destas obras de acondicionamento no Parque de Costoias e informou tamén dos traballos de mellora que se van realizar durante esta primeira fase do proxecto, consistentes na pavimentación da explanada, sustitución de muros, mesas e bancos por outros novos; instalación dunha zona de xogos infantís e reforzo do alumeado público. Dende o Concello aclaran tamén que todas estas melloras que agora se van realizar son reivindicacións da Asociación Cultural de Costoias e dos veciños da zona dende fai anos.

Xuntanza coral de canto galego

A coral polifónica “o son dos cantares” organiza, en colaboración co concello de mos, a iv xuntanza coral de canto en galego. Neste evento daranse cita o orfeao de vila praia de ancora (portugal); coro de oleiros (a coruña); coral de burela (lugo); coral albricias de maceda (orense) e a coral o son dos cantares de mos. Acita será no multiusos (petelos) o vindeiro 25 de outubro ás cinco do serán.

Outubro de 2009 Xornal 21

Louzán Inaugura a reproducción da histórica fonte do marquesado do Pazo de Mos Rafael Louzán presidiu o acto que tivo lugar o sábado 17 de outubro.

Redacción

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, achagouse o pasado 17 de outubro ata o Pazo dos Marqueses de Mos para inaugurar xunto coa alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a reconstrucción da histórica fonte do Pazo. Trátase dunha réplica da fonte que tiña este emblemático edificio do municipio durante a época do marquesado e que agora foi construida por artesáns da Escola de Canteiros da Deputación a través da única imaxe que se conserva da peza primitiva, un cadro ó óleo do pintor San Luis. Dito cadro reflicte o Pazo, aínda nun estado ruinoso, coa fonte en primeiro plano, en segundo plano o campanario e unhas montañas ó fondo. A fonte que mañán se inaugurará está culminada por unha imaxe de Santiago, situada na parte máis alta da peza, e conta con dúas saídas para a auga con forma de cunchas. A explicación a isto atópase, segundo datos facilitados pola Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra, en que

tanto a fonte coma o Pazo atópanse situados nun lugar de paso do Camiño de Santiago. As dimensións desta nova fonte son 4,20 metros de alto, 4 metros de ancho, 3,65 metros de fondo e un espacio interior de 4 metros. Leva un banco de pedra ó redor, e esta feita a base de pezas de pedra de granito silvestre galego de 50 ou 60 centímetros traballadas con relevo.

5


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Xornal21 nº 21 by Xornal21 dixital - Issuu