Xornal21 nº 14

Page 15

Salceda de Caselas

Febreiro de 2009 Xornal 21

Absolto o ex alcalde de Salceda, José Manuel Fernández, da acusación de “falsidade en documento público” Redacción

A Audiencia provincial absolveu ao ex alcalde de Salceda, José Manuel Fernández, da acusación de “falsidade en documento público” presentada polo BNG salcedense sobre a iluminación do Cerquido. A recepción das obras, considera na súa sentenza a Audiencia, que é un acto formal ou formalista. Por tanto, a acusación de falsidade por certificar a obra antes de estar terminada “non é constitutiva de delito”, porque a obra realizouse ou completou máis tarde e o alcalde tivo en todo momento o control sobre ela e o concello non a pagou ata que se realizou na súa totalidade. Ademais a Audiencia na sentenza alude a que non houbo intención de dolo ou intención de enganar á Administración ou de non realizar as obras, xa que estas levaron a cabo e mesmo por encima do contratado. Desta maneira, o ex alcalde José Manuel Fernández moveuse, segundo o Tribunal, en todo momento por razón do interese público. E a prema do prazo da subvención e o medo a perdela foi o que lle moveu a certificala. é dicir, a Audiencia Provincial considera que dalgunha forma aprazouse a recepción. Fernandez estivo acompañado do seu avogado, Francisco Crusat, e apoiado pola portavoz do grupo municipal do PP, Enma Pereira, así como polo vicepresidente da xestora popular, Santiago Rodrí-

José Manuel Fernández estivo acompañado pola portavoz do grupo municipal do PP, Enma Pereira, o vicepresidente da xestora 'popular', Santiago Rodríguez Davila, e o seu avogado Francisco Crusat.

guez Davila. Fernández comentou, en rolda de prensa, que o día no que coñeceu o fallo do Tribunal, foi un dos máis felices da súa vida. “Cría, creo e seguirei crendo na Xustiza”, afirmou o ex alcalde. Esta denuncia tivo 5 anos preocupado a José Manuel Fernández que explicou que saíu absolto da acusación como doutras 4 acusacións do BNG ao longo dos seus 31 anos como alcalde. Con esta sentenza, Fernández considera que é o punto final a súa etapa pública na política. Agora o Concello terá que abonar uns 9.000 euros, estima o ex alcalde, de costas polo procurador e o avogado do José Manuel Fernández

O BNG móstrase “satisfeito” pola sentencia

O Grupo Municipal do BNG de Salceda de Caselas quixo manifestar a súa opinión sobre a sentencia do xuicio contra o ex rexidor Jose Manuel Fernández “Chicho” nunha nota de prensa na que indi-

caban que “se ben é certo que se lle absolbe, tamén é certo que, tal e como recoñeceu Chicho e como recolle a sentencia, o ex calcalde certificou unha obra sen rematar, incluso sen comezar, polo que esta irregularidade quedou demostrada no xuicio. Ademáis a fiscalía avalou en todo momento a postura do BNG”. Os nacionalistas indicaron que “grazas á denuncia do BNG, “Chicho” mandou realizar a obra, que de outra maneira, posiblemente quedara sen facer,

Comenzan a redacción do novo Plan Xeral O Alcalde de Salceda de Caselas e o representante legal da empresa adxudicataria, Consultora Galega, asinaron o contrato polo que esta sociedade estudará e redactará o novo Plan Xeral de Ordenación Urbana de Salceda.

O goberno municipal de Salceda considera prioritario o comezo dos traballos de redacción do planeamento dado que o Concello de Salceda conta na actualidade cunhas normas subsidiarias do ano 1997, totalmente desfasa-

recibindo a subvención dunha obra nunca realizada. A obra, finalmente, executouse 6 meses máis tarde ca certificación.” Marcos Besada, actual alcalde de Salceda, manifestou que o “obxetivo do BNG foi sempre a defender a verdade e a transparencia, como está a facer agora no goberno municipal”. Besada afirmoaba tamén que “o mellor xuicio para “Chicho” foi o resultado das eleccións de maio de 2007 onde a cidadanía sentenciou que debía abandoar a alcaldía”.

das e sen adaptar a Lei do Solo, en vigor. O contrato estipula un prazo de 31 meses para a aprobación definitiva do proxecto, que vai supor un custo de 191.000 €, dos que 137.023,33 serán sufragados pola Consellería de Política Territorial, grazas á subvención concedida en maio do ano 2008.

15

Mónica Vizcaya. /R.

Campaña para fomentar o uso do 061

A Concellaría de Benestar Social e Sanidade do Concello de Salceda de Caselas puxo en marcha unha campaña de concienciación sobre o uso do Servizo de Urxencias do 061. Mónica Vizcaya, explicou que esta campaña ten varios obxetivos. Entre eles o de concienciar ós veciños/as a utilizar os recursos sanitarios dunha forma responsable para non colapsar as Urxencias dos centros sanitarios. “A chamada ó 061 cando hai unha urxencia ten moitas vantaxes, xa que dende o primeiro momento vai ser atendida por un médico que orientará e asesorará sobre as medidas a tomar” “Ademáis, se é preciso o traslado do enfermo ou accidentado a un centro medico, unha ambulancia co equipamento preciso fará este servizo dunha forma máis rápida, segura e cómoda” Por outro lado, o uso do 061 vai favorecer que Salceda de Caselas poida ter no concello o servizo de ambulancia no futuro, xa que un dos criterios que a Consellería ten en conta para dar este servizo é precisamente o uso do 061. “O feito de que todas as chamadas que se fan o 061 queden rexistradas, permitirá ó Concello elaborar un informe que respalde a necesidade que ten Salceda de contar cunha ambulancia” Esta campaña eque está financiada pola Consellería de Innovación e Industria e o Instituto Galego de Consumo, contempla mais de 1000 folletos informativos, que se repartirán en puntos estratéxicos do municipio, como o centro médico, área de servizos sociais, biblioteca, centros culturais, etc.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.