Xornal21 nº 96

Page 1

Galicia

PRIOVINCIA

Estréanse os primeiros cruceiros costeiros de Galicia coa súa primeira ruta pola Ría de Vigo www.xornal21.es

Nº 96 / Abril 2016

Periódico galego de distribución gratuita

Carmela Silva destaca a proxección internacional de Vigo e a Provincia grazas a o Celta

Provincia

Aprobado o Plan de Práctica Laboral destinado a 400 mozas e mozos sen experiencia laboral

04

Deportes

O kaiak Tudense gaña a copa de España 04

Antonio Liébanas e Aroa Sio impóñense no trail de Oia

MOS

Saúde

Medio cento de mosenses insertáronse grazas ó Plan Emprego 12

O PORRIÑO

Cirurxiáns de Povisa reimplantan con éxito un brazo amputado tras un accidente laboral

O aeroporto de Peinador incrementa a súa oferta

> >

06

O Porriño amosa o seu orgullo polo éxito da copa da raiña de balonmán 14

E special

Fogar&

Construción 17 - 21

A Louriña

28

O Condado

25

Baixo Miño

16 - 17

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

>

27

08 - 22

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

>

27

COMARCAS Mos | O Porriño Salceda de Caselas

O Aeroporto de Vigo foi empregado durante o pasado mes de marzo por 71.076 pasaxeiros, un 37,5% máis que no mesmo mes de 2015. En marzo de 2015 rexistráronse 51.710 pasaxeiros, co que os datos reflicten un saldo de 19.366 usuarios novos. Entre as novidades para este verán están pechadas varias novas rutas directas a estrear nos próximos meses, unha das compañías "veteranas" do Aeroporto de Vigo, Air Europa anuncia que estreará voos directos con Palma de Mallorca e Alacante. Air Nostrum conectará Vigo con París e Ryanair deixa Peinador a 2h e 45 minutos da cidade italiana de Bolonia.

03

Val Miñor

Nigrán | Gondomar | Baiona

26


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Abril 2016

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Éxodo humanitario Vergoña debería darnos consentir o maior éxodo humanitario do século XXI, ás portas de Europa, mentres os gobernantes dos 28 países da Unión Europea seguen mirando para outro lado. Aos miles de refuxiados que queren entrar en Europa, desde hai meses, certo é que non se lles mete nos crematorios nin nas cámaras de gas, como facían os nazis, pero déixaselles ser vítimas inocentes dos traficantes de persoas, de graves enfermidades así como de danos morais e psicolóxicos evidentes que os levasen ata os seus últimos días de existencia. O consentir, sen tomar ningún tipo de medidas de acollida en Europa ou en campos de asentamento provisionais, que cumpran con todos os requisitos de habitabilidade

fai que podamos afirmar que a propia Unión Europea está a consentir o exterminio sistemático e deliberado destas miles de persoas cuxo único pecado é fuxir da guerra e tratar de buscar un refuxio seguro para eles e os seus propios seres queridos. Mentres tanto e dando exemplo, cada día que pasa, a cidadanía, comprometida e solidaria de Europa, organízase para axudar a todas estas persoas, ante o pasotismo dos seus dirixentes políticos. Recadan fondos, alimentos, roupa, medicamentos e un longo etcétera de artigos de primeira necesidade que fan chegar aos países onde se asintan esas persoas refuxiadas e que ven obrigadas a permanecer coma se fosen “criminais”, en espera de ser repatriados. José Manuel Pena

Cita

“As tormentas fan que as árbores teñan raíces máis profundas” Claude McDonald

A bril

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

A GUARDA Concello 986 61 00 00 Policía Local 986 61 00 25 Centro de Saúde 986 61 44 50

AS NEVES Concello 986 64 80 38 Policía Local 986 64 80 38 Centro de Saúde 986 64 88 37

BAIONA Concello 986 38 50 50 Policía Local 986 35 80 11 Centro de Saúde 986 38 51 60

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

OIA

986 36 21 25 986 36 23 44

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

O ROSAL Concello 986 62 50 00 Centro de Saúde 986 62 60 35 MONDARIZ Concello 986 66 43 06 Policía Local 680 46 11 51 Centro de Saúde 986 65 61 38 MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 65 61 36 Centro de Saúde 986 66 24 36

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Staff

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es Tel.: 986 348106

Redacción: redaccion@xornal21.es

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21.

2 9 16 23 30

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

TOMIÑO M. del Carmen Pardo 986 62 22 85 Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15 986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 986 641 795 986 642 215 Farmacia Picoto, 3 - Areas Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034 TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811 TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 332 003

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

Distribución: Buzoneo: Zona sur provincia Pontevedra, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Ponteareas, Gondomar e Nigrán.

Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urgente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

MOLINA GAMARRA, TOMÁS

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra a violencia de xénero

Número 96 / do 15 de abril ao 15 de maio de 2016 / Periódico galego de distribución gratuita Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

Director Técnico: Pablo Freijeiro

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

1 3 4 5 6 7 8 10 11 12 13 14 15 17 18 19 20 21 22 24 25 26 27 28 29 31

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

FESTIVOS LOCAIS Tui: 4 de Abril (Luns de San Telmo) | Mondariz: 16 de Maio (Virxe da Franqueira) | Mondariz Blaneario: 16 de Maio (Peregrinación ao Santuario da Franqueira) | Oia: 16 de Maio (Virxe do Mar) | Ponteareas: 30 de Maio (Luns seguinte ao Corpus Cristi)

O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

Teléfonos de interese

M Aio

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430)

® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia

Abril 2016

Xornal 21

3

Estréanse os primeiros cruceiros costeiros de Galicia coa súa primeira ruta pola Ría de Vigo Apostan por unha desestacionalización do turismo nas Rías Baixas mediante a revalorización do patrimonio marítimo, cultural e gastronómico fóra da tempada de verán. Redacción

O salón principal do Real Club Náutico de Vigo acolleu o pasado día 15 o acto de presentación do primeiro Cruceiro Costeiro de Galicia, unha iniciativa promovida por Portos de Galicia e organizada pola Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+). Ao acto asistiu a Conselleira do Mar e Medio Rural, Rosa Quintana, O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga e o Presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas e representante da Rede Europea NEA, D. Manuel Soliño, entre

Galega de Actividades Náuticas, Manuel Soliño, quen explicou brevemente esta nova iniciativa. “é un modelo totalmente novo de turismo, integrando a oferta náutica coa terrestre e aproveitando o patrimonio natural, cultural e gastronómico das Rías Baixas”, explico Soliño. O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique Lopez Veiga, referiuse a estes cruceiros como “unha oportunidade de navegar de verdade, metendo a man na auga, ou nun cómodo catamarán, para os que prefiren o luxo e a navegación tranquila”, ao que agregou, “Estes cruceiros

Autoridades durante a presentación do primeiro Cruceiro Costeiro de Galicia.

Estes cruceiros constitúen un novo modelo de turismo nas Rías Baixas.

outras personalidades do Concello de Vigo, Xunta de Galicia e das distintas Autoridades Portuarias de Galicia. O encargado de abrir o acto e presentar ao resto de participantes foi o Presidente da Asociación

venden Vigo, venden Galicia e venden España”. Pola súa banda, a conselleira do Mar e Medio Rural, Rosa Quintana, quen se referiu ás nosas rías como “Unha divindade que nada ten que envexar ao Douro

A Xunta entrega aos bombeiros máis de cen traxes para a loita contra A vespa velutina O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou a finais de marzo equipamento para os catro consorcios provinciais de bombeiros de Galicia e o Consorcio Comarcal do Deza/Tabeirós. En concreto, fíxose entrega de 107 traxes especiais para a loita contra os niños de vespa velutina, 410 mangueiras, 3.000 litros de líquido escumóxeno e 6 cámaras térmicas dotadas coa última tecnoloxía e accesorios. Rueda remarcou que esta nova entrega de material evidencia o compromiso da Xunta coas emerxencias e con todo o persoal que traballa neste importante servizo, ben sexa Protección Civil, Grupos de Emerxencias Supramu-

nicipais (GES) ou bombeiros. O obxectivo destas entregas é conseguir que as persoas que traballan na xestión das emerxencias conten cos mellores medios e traballen nas mellores condicións, favorecendo atención ás emerxencias en calquera parte do territorio galego ao que dan cobertura os consorcios de bombeiros.

ou aos fiordos noruegueses”, que continuou, “en Galicia xa contamos cun gran potencial pesqueiro, agora debemos combinalo coa oferta lúdica, náutica e turística para sacar todo o potencial que o mar nos ofrece”, finalizou.

Estes cruceiros constitúen un novo modelo de turismo nas Rías Baixas, coordinando varios sectores económicos e apostando pola tempada baixa grazas ao potencial do patrimonio natural, cultural, gastronómico e histórico das rías. O seu obxectivo é crear unha oferta turística máis completa e accesible que poida atraer visitantes ás pequenas localidades costeiras de Galicia. Outra das novidades tecnolóxicas que ofrecen estes cruceiros, e da que gozaron os primeiros viaxeiros é a aplicación de realidade aumentada creada para estes cruceiros. Grazas a esta nova tecnoloxía os cruceristas poden ter información inmediata e actualizada nos seus dispositivos intelixentes do que están a visitar. Os Cruceiros Costeiros ofertan dúas modalidades. A primeira é “Tesouros das Rías de Galicia”, que inclúe tres días de navegación, e o “Cruceiro Illas Atlánticas e vilas mariñeiras”,

que ofrece rutas de dous días polas rías, de forma individual ou nun paquete completo que inclúe as tres rías. En total, os Cruceiros Costeiros ofertarán 198 días de navegación coa intención de desestacionalizar o turismo nas rías galegas, apostando polos recursos locais, con visitas a distintos emprazamentos, durmindo e comendo en terra, sempre en coordinación co sector hostaleiro. Estes cruceiros están operados polo turoperador Interrías e teñen prezos que van desde os 300 ata os 600 euros. Os Cruceiros Costeiros arrincaron coincidindo coa data de chegada de Cristobal Colón de volta a España en 1943. Os cruceiros costeiros son unha iniciativa que cumpre cos requisitos da Carta de Calidade NEA e a Carta Europea de Turismo Sustentable, aprobadas polos socios dá Rede Nea en España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido.


4

Provincia

Xornal 21 Abril 2016

A Presidenta da Deputación destaca a proxección internacional de Vigo e a Provincia grazas ao Celta Carmela Silva asinou co presidente do club de fútbol vigués o convenio de colaboración económica por valor de 200.000 euros. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou o pasado día 11 co presidente do Celta, Carlos Mouriño, o convenio de colaboración económica entre ambas institucións para a promoción do deporte. O convenio asinado en presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, contempla que a Deputación aporta a Fundación Celta de Vigo a cantidade de 200.000 euros. Carmela Silva subliñou que era un “orgullo como celtista e viguesa asinar este convenio pero tamén como unha persoa que cree no deporte como un valor na nosa sociedade para a promoción persoal dos nenos e nenas”. A Presidenta da Deputación destacou que a proxección internacional de Vigo e de toda a provincia vai unida ao Celta de Vigo, algo no que coincidiu o

presidente do club de fútbol, quen sinalou que sen o apoio das institucións, como neste caso da Deputación, sería case que imposible poder “saír fora e manter as tres escolas en México”. Como contrapartida a esta aportación económica a Funda-

ción Celta de Vigo facilitará que todos os nenos e nenas da provincia podan visitar o Museo do Real Club Celta mediante grupos escolares. Tamén facilitará o acceso aos partidos do R. C. Celta en Balaídos aos xogadores das escolas de fútbol da provincia nas

Blanca sobrevive a un lazo furtivo mentres criaba os seus cachorros O Centro de Acollida e Protección Animal (CAAN) da Armenteira conseguiu recuperar unha cadela en estado moribundo tras mes e medio de atención. O Centro de Acollida e Protección Animal (CAAN) da Armenteira viviu nas últimas semanas un dos casos máis alarmantes e conmovedores da súa historia: a entrada de Blanca e os seus cachorros. Os traballadores do centro trasladáronse ás Neves por un aviso para recoller un animal, pero a súa sorpresa foi maiúscula cando descubriron unha cadela extremadamente delgada, ferida ao estar presa dun lazo furtivo e que tiña unha camada de cachorros ao seu coidado. Blanca foi trasladada urxentemente ao centro xunto cos seus cachorros para poder atendela axeitadamente. Os veterinarios dubidaban que puidese saír viva dunha situación como a que estaba. O lazo furtivo estivera oprimindo o seu tórax incrustándose nel e provocando feridas moi graves, polo que foi necesario operala para poder pechar as de maior profundidade e mantela hospitalizada con fluidoterapia e tratamento médico durante un mes e medio. O dano causado a Blanca non foi unicamente físico, senón que o seu carácter esquivo e asusta-

dizo poñía de manifesto o sufrimento emocional ao que fora exposta. Esta situación, se cabe, agravábase aínda máis posto que Blanca tiña ao seu coidado uns cachorros de días aos que en ningún momento abandonou nin privou de cariño e atencións. Dado o estado de Blanca foi necesario axudala na crianza dos seus cachorros, evitando en todo momento separala destes e favorecendo así a súa recuperación emocional. Finalmente, e grazas á perseveranza e ganas de vivir que transmitía, chegou o día no que se pode dicir que está xa recuperada e volve confiar nas persoas, podendo ser entregada en adopción a un propietario responsable, xunto aos seus tres cachorros. Segundo manifestaron os traballadores e voluntarios do CAAN a historia desta cadela é, sen dúbida, unha das máis sorprendentes das que se poden atopar no seu labor diario no centro de recollida de animais. CATRO CASOS O caso de Blanca é o cuarto caso dun can recollido no

CAAN preso dun lazo furtivo. Esta trampa é un método de caza ilegal feito cun arame de aceiro delgado e moi duro que atrapa o animal e que, cando este trata de escapar, se estreita. O resultado é que o raposo, can, xabaril, corzo ou peza queda afogada polo pescozo ou pillada polo tronco ou as patas. Esta práctica xa foi denunciada polo CAAN noutras ocasións dada a gravidade das lesións que produce e a afección que pode causar tanto sobre os animais domésticos coma sobre a fauna silvestre. Os veterinarios do centro lembran que se trata dun delito tipificado no Código Penal e que pode levar unha pena de prisión de un a tres anos, así como a inhabilitación do dereito a cazar.

categorías Biberón, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil. Por outra parte, a Deputación disporá de becas ou descontos para os nenos e nenas das escolas deportivas municipais que queiran acudir ao Campus De-

portivo do Celta. Pola súa contra, o R. C. Celta inserirá na camiseta do CELTA B o logo da Deputación ademais de diversa publicidade estática no campo de Balaídos e noutros eventos que organice o club de fútbol.

Aprobado o Plan de Práctica Laboral destinado a 400 mozas e mozos sen experiencia laboral A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o Plan de Práctica Laboral 2016 en empresas para mozas e mozos sen experiencia laboral previa. Neste contexto, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que “o emprego é a prioridade absoluta do novo goberno da institución provincial porque é un dos principais problemas da sociedade, por iso estamos a impulsar políticas de incentivo de emprego como o Plan de Práctica Laboral que vimos de aprobar hoxe”. A través deste plan, tal e como manifestou Silva, “esperamos acadar un impacto positivo á hora de reducir a taxa de desemprego xuvenil, un dos retos máis importante ao que nos enfrontamos, e mellorar, nun futuro, a calidade e a estabilidade no emprego”. Así, a institución provincial vai destinar, durante 2016, 669.192 € para o Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra, a través do cal 400 persoas sen experiencia laboral previa no ámbito dos seus estudos poderán traballar en empresas do sector privado, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) e organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro) da provincia de Pontevedra, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica para facilitar a súa futura incorporación ao mercado de traballo. En con-

creto, 360 das persoas beneficiarias traballarán en empresas privadas e 40 en corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais, recibindo entre 700 e 800 euros ao mes durante 6 meses, con posibilidade de prórroga por outros seis. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que “desde que comezou a traballar o novo goberno da institución provincial, hai 9 meses, contratamos xa 3.312 persoas”, que se corresponden con 1.550 do ano 2015 e 1.762 entre o plan de emprego (1.162 persoas), o de práctica laboral en concellos e a institución provincial (200) e en empresas (400) durante o ano 2016. A Deputación de Pontevedra encargarase do financiamento do plan así como da selección, distribución, asignación das bolsas entre as empresas e entidades solicitantes, selección das persoas bolseiras, adxudicación das bolsas e pagamento da axuda e cotización á Seguridade Social. As empresas interesadas en participar no Plan de Práctica Laboral da Deputación deberán realizar unha preinscrición en liña nesta web e entregala, coa documentación solicitada, no Rexistro xeral da institución. Unha vez rematado o prazo realizarase unha convocatoria pública, destinada á mocidade, coa relación das empresas participantes e as titulacións demandadas por estas.


Provincia

Abril 2016

Carmela Silva destaca que a política deportiva da nova Deputación é “con e para todos” A presidenta destaca que os orzamentos de deportes da institución provincial se incrementaron nun nove por cento con respecto a 2015. Redacción Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou o pasado día 12 en rolda de prensa que a política deportiva da nova Deputación quere ser “con e para todos” e para iso conta coa implicación dos propios concellos, os clubs, as federacións, entidades e asociacións deportivas de toda a provincia. Silva subliñou que o deporte xoga un papel moi importante na nosa sociedade, non só como unha actividade lúdica senón de saúde, fundamental para o desenvolvemento dos mozos e mozas. A aposta polo deporte da nova Deputación é clara, como o demostra o incremento da partida dedicada ao deporte nun nove por cento en relación co que se destinou en 2015. O outro cambio que subliñou Silva na rolda de prensa foron os “criterios claros, obxectivos e transparentes que a nova Deputación puxo en marcha na área de deporte para que todo o mundo poida optar ás axudas”. Precisamente a presidenta insistiu en que o “novo modelo rachou coa discrecionalidade e a libre disposición, porque o novo goberno respecta os dereitos de todos os cidadáns da provincia”. Entre os eidos máis importantes, ao longo destes dez meses de mandato, Silva destacou que en novembro se puxeron en marcha unhas axudas para material deportivo para os clubs da provincia que solicitaban de xeito urxente estas equipacións. Fíxose unha repartición equitativa e con extenso coñecemento público do alcance das actuacións para que

todos puidesen solicitar material, cunha supervisión directa dos concellos onde se asentan as entidades deportivas e unha equidade entre os recursos e as demandas máis urxentes. Tamén en novembro se publicaron dúas liñas de axuda para material deportivo en concellos de menos de 50.000 habitantes e outra de subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes para a adquisición de desfibriladores, o mantemento, a reparación de instalacións deportivas e espazos públicos e a adquisición de material deportivo. Nestes primeiros meses de 2016 xa se publicaron as bases de subvencións a entidades e clubs deportivos da provincia de Pontevedra para o deporte base e deporte náutico e as subvencións a entidades e clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participen en competición federada

de ámbito nacional durante o ano 2016 por importe de preto dun millón de euros entre ambas. Explica que “se puxeron en marcha as subvencións dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas no ano 2016, cun importe de 490.000 €”. As axudas individuais para os deportistas olímpicos, as axudas aos clubs de elite da provincia coma o club de fútbol Celta ou o Pontevedra Club de Fútbol e a Copa Deputación de Fútbol foron outros dos exemplos que puxo Carmela Silva do apoio decidido da institución provincial ao mundo do deporte na provincia. Por último, a presidenta tamén destacou os programas polideportivos en Príncipe Felipe, que “teñen por obxectivo a promoción e organización de actividades deportivas e educativas destinadas ao lecer de 300 menores de idade (entre 7 a 14 anos) residentes na provincia de Pontevedra”.

Deputación aproba a licitación do programa “En ruta coa Depo 2016” O programa conta con máis de 18.000 prazas destinadas ás entidades sociais da provincia. A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da xestión e execución do programa“En ruta coa Depo 2016” por unha partida orzamentaria de 238.000 euros. A metodoloxía do programa baséase en pasar un día de convivencia coñecendo lugares da provincia, co acompañamento dun guía turístico especializado.

O número de prazas ofertadas é de 18.346, que poderán ser solicitadas por todas as entidades sociais da provincia, especialmente aquelas rexistradas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPPS). Os contratistas interesados na licitación deberán presentar as súas proposicións no Rexistro Xeral da Deputación, ou auxiliares, ou mediante correo. O prazo é de quince días naturais, conta-

dos a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOPPO. A Deputación publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa ao procedemento no Perfil do Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). “En ruta coa Depo 2016” é unha iniciativa que ten por obxectivo promover o asociacionismo e o lecer dinámico e saudable entre os colectivos de maiores, mulleres, xuventude e diversidade funcional, promovendo a igualdade de acceso aos recursos e creando espazos de unión.

Xornal 21

5


6

Provincia

Xornal 21 Abril 2016

O aeroporto de Peinador incrementa a súa oferta O Aeroporto de Vigo foi empregado durante o pasado mes de marzo por 71.076 pasaxeiros, un 37,5% máis que no mesmo mes de 2015. En marzo de 2015 rexistráronse 51.710 pasaxeiros, co que os datos reflicten un saldo de 19.366 usuarios novos. Entre as novidades para este verán están pechadas varias novas rutas directas a estrear nos próximos meses, unha das compañías “veteranas” do Aeroporto de Vigo, Air Europa anuncia que estreará voos directos con Palma de Mallorca e Alacante. Air Nostrum conectará Vigo con París e Ryanair deixará Peinador a 2h e 45 minutos da cidade italiana de Bolonia. IBERIA REXIONAL VOARÁ A PARÍS DESDE O 7 DE XULLO Air Nostrum, a aerolínea rexional do grupo Iberia, conectará Vigo e París en voo directo desde o próximo 7 de xullo. A compañía tiña previsto estrear ese mesmo día unha ruta directa entre Peinador e o aeroporto de Bruxelas-Zaventem, pero a imposibilidade de garantir a plena operatividade das súas instalacións tras os atentados do pasado 22 de marzo obrigou a reconsiderar esta conexión. Os novos voos terán como destino o principal aeroporto da capital francesa: Charles de Gaulle. Operaranse cada xoves e domingo ata o 25 de setembro e os billetes estarán dispoñibles en iberia.com e canles habituais nos próximos días, a prezos moi económicos.

CASE 1.000 PRAZAS SEMANAIS PARA VOAR A MALLORCA Volotea e Air Europa ofertarán este verán case 1.000 asentos semanais para voar entre Vigo e Palma de Mallorca; unha das rutas de máis éxito da grella de Peinador. Air Europa estreará o 10 de xullo unha nova ruta directa entre Peinador e o aeroporto da ca-

será a de Volotea, que arrincará o 16 de xuño. Desde esa data e ata o 24 de xullo, os voos da low cost catalá cara a/desde a illa despegarán cada xoves e sábado. Con todo, a súa programación sufrirá cambios desde o 25 de xullo, cando os voos pasarán aos luns e xoves ata finais de tempada. Pola súa banda, Air Europa operará todos os luns e doNOVAS RUTAS DIRECTAS CON ALACANTE Unha ruta que se estrea ao grande. Se ata 2016 non había voos directos entre Vigo e Alacante, este verán estrearase con 2 aerolíneas á vez. O 4 de xullo arrincan os voos directos de Iberia, que ofertará 2 conexións semanais. E uns días despois, o 9 de xullo, súmase Air Europa, con voos directos todos os sábados ata o 27 de agosto. De novo, serán operados por Embraer 195 de 120 asentos. ESTREA A RUTA A BOLONIA CON MÁIS DUN 90% DE OCUPACIÓN

pital balear, rompendo o monopolio que ostentaba ata agora Volotea na ligazón. A operativa máis temperá

mingos desde o 10 de xullo ata finais de agosto. Así, a oferta de prazas e frecuencias practicamente dobrará

A Deputación de Pontevedra promove o destino Rías Baixas no Festival de Cine de Málaga A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado delegado de turismo, Santos Héctor Rodríguez, o director do documental “Cociñando na fin do mundo”, Alberto Bahamonde, e o cociñeiro do grupo Nove e estrela Michelin, Pepe Solla, deron a coñecer recentemente a actuación promocional do destino Rías Baixas que terá lugar no marco da Gastroweekend do Festival de Cine de Málaga. Carmela Silva recordou que a través de Turismo Rías Baixas “estamos a realizar unha serie de actuacións para modernizar a nosa provincia e impulsar o sec-

tor turístico que iniciamos en Fitur, dando a coñecer a parte máis vangardista e moderna das Rías Baixas a través da súa arquitectura contemporánea, continuamos no “Espazo Atlántico” de Pepe Solla en Madrid, a través da campaña de gran repercusión “62 razóns para vir ás Rías Baixas” e seguiremos en Málaga, o vindeiro 24 de abril, no Festival de Cine”. Neste caso, e tal e como destacou Silva, Turismo Rías Baixas apostará pola gastronomía, a través da proxección do documental “Cociñando na fin do mundo”, protagonizado por 9 cociñeiros da provincia de Pontevedra per-

tencentes ó grupo Nove (Alberto G.Prelcic, Restaurante Silabario de Tui e estela Michelin; Antonio Botana, Restaurante Pandemonium de Cambados; Iñaki Bretal, Restaurante Eirado da Leña en Pontevedra; Javier Olleros, Restaurante Culler de Pau en O Grove e estrela Michelin; Pablo Romero, da vinoteca Bagos de Pontevedra; Pepe Solla, do Restaurante Casa Solla de Poio e estrela Michelin; Rafael Centeno, do Restaurante Maruja Limón de Vigo e estrela Michelin; Xosé Torres Cannas, do Restaurante Pepe Veira de Poio e estrela Michelin e Yayo Daporta, do Restaurante

a do pasado verán: 8 voos semanais fronte aos 4 de 2015 e ao redor de 988 prazas semanais fronte ás 500 de 2015.

Yayo Daporta de Cambados e estrela Michelin). Este documental permitirá dar a coñecer produtos e paisaxes das Rías Baixas, o tradicional cocido ou a pesca da lamprea, os viñedos da D.O. Rías Baixas que se alongan ata o mar, a horta aromática da finca de Pepe Veira ou o traballo da Misión Biolóxica con variades como o guisante lágrima. Ó mesmo tempo, a través do documental, tal e como destacou Carmela Silva, “poremos en valor unha das principais causas pola que os turistas veñen ás Rías Baixas, sinónimo de calidade, profesionalidade, un dos nosos puntos fortes, da man daqueles que teñen demostrado o seu bo facer por enxalzar o produto e materias primas da provincia de Pontevedra, situándoa en tan boa posición no mundo”.

Ryanair estreaba tamén, o pasado 1 de abril, a súa segunda ruta directa en Vigo, que deixará Peinador a 2h e 45 minutos da cidade italiana de Bolonia. No momento de anunciarse sorprendeu a moitos que a low cost irlandesa elixise esta conexión para estrearse no mercado internacional de Vigo. Con todo, parece que a súa aposta foi acertada, xa que as ocupacións de moitos dos voos programados para todo o mes de abril achéganse xa ao 90%.

Tripla Coroa Illas Atlánticas

Ao redor de 150 nadadores tentarán completar este reto. A Tripla Coroa Illas Atlánticas, 57 km a nado entre as Cíes e Baiona, é a proba de natación en augas abertas máis dura de España. En total haberá 150 prazas dispoñibles e as inscricións poden realizarse a través da páxina web da organización ata o 1 de agosto. Máis info www.xornal21.es


Abril 2016 Xornal 21

Especial Renda 2015

7

O Estado recadou en Galicia durante a pasada campaña da renda case 2.500 millóns Redacción Baiona

O Estado recadou o ano pasado en Galicia case 2.500 millóns de euros relativos á declaración de IRPF do total de 72.662 millóns de euros recadados en todo o territorio español. Os ingresos da administración central na rexión creceron desa maneira nun 3,3% en relación ao ano anterior, mentres que o incremento a nivel nacional alcanzou o 3,9%. En total, na campaña da renda do pasado ano presentáronse un total de 19.417.2564 declaracións, das que máis de 14,6 millóns presentáronse por Internet. O pasado 6 de abril comezaba a campaña da Renda 2015, que se estenderá ata o próximo 30 de xuño. Desde unha coñecida rede europea de asesorías, quérense remarcar unha serie de puntos a ter en canta á hora de elaborar a declaración para que os contribuíntes non leven sustos de última hora. En primeiro lugar, débese ter en conta se se está obrigado ou non a realizar a declaración. Os contribuíntes con salarios inferiores aos 22.000 euros brutos anuais non teñen por que facela, a condición de que procedan dun só pagador ou ben se, procedendo de varios, a suma do ingresado por parte do segundo e restantes non excede os 1.500 euros ao ano. En caso contrario, se supera esta cantidade, o límite exento será de 12.000 euros brutos anuais, en lugar de 22.000 euros.

Os ingresos da administración central nesta rexión creceron desa maneira nun 3,3% en relación ao ano anterior, mentres que o incremento a nivel nacional alcanzou o 3,9%.

Unha vez comprobouse que se está obrigado a redactar a declaración da Renda, recomendan que non se presente a declaración no último momento, como adoita ocorrer en moitos fogares españois, para poder emendar a tempo calquera erro que se derive da complexa Lei Tributaria. “A partir do pasado 6 de abril xa se abriron os servizos telemáticos e vía telefónica de información para que os españois poidan presentar os seus borradores e declaracións a través de Internet e a partir do día 10 de maio poderase realizar a declaración nas oficinas da Axencia. Desde a nosa rede de asesorías aconsellamos que os españois se poñan cos seus borradores canto antes, xa que se deben revisar con calma e é posible que xurdan varias dúbidas durante o proceso”, afirma José María Quintanar Isasi, Presidente de iusTime. Como xa lembraron desde a propia Axencia Tributaria, é imprescindible que se revisen todos os datos que aparecen o borrador, especialmente se a situación persoal cambiou ao longo do último ano. Os cambios de domicilio, contraer matrimonios ou un novo neno na familia inflúe nos impostos, de modo que haberá que revisar con lupa que todo estea correcto.

É neste momento cando convén ter a man as declaracións realizadas en anos anteriores, que sempre nos poden servir para lembrar algún dato importante que ter en conta para lembrar no actual exercicio e que se nos poida pasar. É importante que se mire con lupa as deducións que corresponden por motivos familiares, por exemplo ser familia numerosa ou ter a cargo algún descendente discapacitado, e aquelas que veñen dadas pola adquisición dunha vivenda ou as rebaixas que se producen por plans de pensións ou plans de aforro”, continúa o Presidente da compañía. José María Quintanar Isasi recomenda, por último, que “ante calquera problema ou indecisión que poida xurdir á hora de elaborar a declaración da renda, os contribuíntes déixense aconsellar e asesorar por mans expertas. É absolutamente normal que se non manexamos a lei todos os días e non estamos ao tanto das reformas fiscais que se van realizando desde o Goberno, escápesenos algún aspecto que nos poida ser beneficioso ou nos xurdan dúbidas durante a declaración. Non deixa de ser unha tarefa tediosa para moitos españois e neses casos sempre haberá un experto na materia que teña os coñecementos adecuados que servirán de moita axuda”.

Máis de 15.200.000 contribuíntes poderán utilizar “RENDA WEB” para facer a súa declaración por internet A Axencia Tributaria abría recentemente o prazo para confirmar, modificar e presentar por vía telemática a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente a 2015 (IRPF 2015), que conta como principal novidade coa implantación de “RENDA WEB” como plataforma única para unha xestión máis simple e flexible por internet de todas as declaracións de Renda que non inclúan rendementos de actividades económicas. RENDA WEB conta cun potencial de usuarios estimado en máis de 15.260.000 declaracións, case o 80% do total, incluíndo tanto a aqueles contribuíntes que o ano pasado podían utilizar o tradicional borrador de IRPF (uns 13,6 millóns), como a máis de 1.660.000 contribuíntes que o ano pasado aínda estaban obrigados a utilizar o “PAI” ou programas de axuda equivalentes. Na campaña que agora comeza unicamente algo máis de 4.100.000 declaracións deberanse seguir confeccionando co PAI por contar con rendementos de

actividades económicas, sendo obxectivo da Axencia Tributaria que tamén estes contribuíntes poidan utilizar RENDA WEB en próximas campañas. NOVO INCREMENTO NO NÚMERO DE DECLARANTES Está previsto que a presente campaña conte con 19.708.000 declaracións, o que supón un novo incremento no número de declarantes de IRPF tras o rexistrado na anterior campaña. Dese total, 14.673.000 declaracións darán dereito a devolución, por un importe total de 10.858 millóns de euros, e 4.260.000 declaracións sairán con resultado a ingresar, por importe de 7.948 millóns de euros. O prazo de presentación finalizará o 30 de xuño, tanto para as declaracións para ingresar como a devolver. Con todo, nas declaracións para ingresar se se opta por realizar o pago mediante domiciliación bancaria o prazo de presentación abarcará ata o 25 de xuño. A campaña presencial comezará o 10 de maio, do mesmo xeito que a asistencia en oficinas.


8

Xornal 21 Abril 2016

Mos

Mos renova este mes o contrato de servizo de recollida de lixo Arévalo, rexedora local mosense, anunciou que o vindeiro día 20 celebrarase a derradeira Mesa de Contratación. En dita Mesa proporase unha empresa como adxudicataria, que será a que teña obtido a maior puntuación das oito empresas que se presentaron a este procedemento aberto. Ese mesmo día levarase a Comisión Informativa dita proposta, que será aprobada no Pleno ordinario a celebrar o 25 de abril, data na que se producirá a adxudicación definitiva á empresa concesionaria.

nados á recollida de residuos sólidos urbanos (fracción resto e selectiva) -a tal efecto deberase acometer unha substitución de todos os contenedores RSU de 800 litros de capacidade, así como de envases lixeiros, papelcartón e vidro que estean en mal estado-; servizo de garda que permita intervir nos casos de emerxencias, ou realizar actuacións necesarias con motivo de festas ou eventos no Concello; servizo de concienciación cidadá mediante educación, marketing, publicidade, etc. para conseguir a mellora dos hábitos na poboación

de poda, tres carros portacubos para a limpeza viaria, maquinaria apropiada para realizar o varrido mecánico e baldeo incluído na limpeza viaria, contedores, medios para a recollida de mobles e retirada de entullos, vehículos para o persoal encargado ou xefe de servizo, e demais material de útiles, vestiario, etc. Será obrigatorio para o empresario adxudicatario da concesión a realización dunha campaña informativa anual de concienciación cidadá que sufragará el mesmo orientada a aumentar a colaboración cidadá e

alizar o servizo polo menos un dos días. A recollida dos residuos voluminosos (mobles e aparellos domésticos) a veciños particulares e colexios farase na vía pública nas inmediacións dos contenedores máis próximos dos inmobles dos usuarios, previa solicitude dos interesados mediante aviso telefónico ao número habilitado ao efecto. A frecuencia mínima de recollida será unha vez por semana, todos os martes, pasándose ao día seguinte no caso de que ese día sexa festivo. O servizo realizarase en horario

PREGO DE CONDICIÓNS E DETALLES DO CONTRATO

O presuposto anual do contrato é de 656.540,28 euros IVE engadido. A retribución liquidaráselle ó empresario mensualmente. Para a contratación dende a administración local esíxese solvencia do empresario tanto económica e financieira como técnica ou profesional. O tenente alcalde e concelleiro de Contratación, Alberto Méndez, e a edil de Medio Ambiente, Julia Loureiro, explicaron sobre este proceso que “na recta final do contrato subscrito coa actual empresa concesionaria e despois de máis de dez anos de vixencia do mesmo era momento de facer balance e análise, reforzar aspectos positivos, enmendar as deficiencias e formalizar un novo documento de directrices de actuación, no que se estableza un novo modelo de recollida de residuos e de limpeza pública axustado ás circunstancias actuáis do Concello de Mos”. Neste sentido declararon tamén que “preténdese establecer deste xeito unha base coherente para a definición da prestación conxunta do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e a limpeza viaria creando un modelo organizativo, tecnolóxico ou de xestión de maior eficacia e menor custe económico para este Concello”. O prazo inicial de duración do contrato é de catro anos, a contar dende o día seguinte á formalización do mesmo. O prazo inicial poderá ser prorrogado por períodos anuais, por dous anos máis. A duración total do contrato, incluídas as súas prórrogas, non poderá exceder de seis anos. As prestacións que terá que desenvolver a empresa concesionaria serán recollida de residuos sólidos urbanos, fracción resto e orgánica, así coma a fracción selectiva (vidro, envases lixeiros, papel-cartón), traslado dos residuos á planta de transferencia ou xestor de residuos autorizados; recollida de residuos voluminosos e mobles, nas zonas indicadas para elo; aprovisionamento, instalación, limpeza, mantemento e reposición de contenedores desti-

A Louriña

breves “Celado” acolle o 4º serán da parroquia mosense de Cela O Centro Cultural Celado, na parroquia mosense de Cela, acolle o IV Serán Celado-Cela que se celebrará o sábado 30 de abril a partir das 21.30 horas. Dende a organización animan a tódolos interesados a participar nesta velada durante a que pode bailar, cantar e debullar.

A Peña Celtista de Mos cumpre dez anos A “Asociación Peña Celtista de Mos” cumpriu este mes o seu décimo aniversario nun acto que se celebrou na súa sede en “Casa Panadeiro” de Petelos. Dende a sua creación en 2006 esta peña mosense non para de incrementar o seu número de socios, así como de actos desenrolados pola mesma, dende a realización da Festa do Ovo Frito, ata diversas homeaxes a distintos deportistas locais. Agora xa planean a próxima viaxe a Bilbao, o vindeiro 1 de maio, para animar incansablemente ó seu equipo.

respecto á producción e tratamento de residuos. No apartado de limpeza viaria a empresa concesionaria terá que realizar limpeza de rúas, beirarrúas, bordos, entorno de contenedores, parterres, zonas peatonais, etc.; baleirado das papeleiras instaladas e limpeza exterior e interior das mesmas, limpeza de herbas que crezan na vía urbana, baldeo e rego de vías públicas, limpezas de emerxencia como consecuencia de situación excepcionais tales como arrastres por choivas, vendavais, etc.; limpeza e transporte xestor autorizado de residuos e escombros vertidos de forma incontrolada e furtiva en terreos de dominio público e limpeza de mobiliario urbano. O persoal mínimo que deberá adicar ó municipio de Mos a empresa concesionaria será 1 xefe de servizo, 3 condutores, 5 peóns de recollida de residuos e 3 peóns de limpeza viaria. E o equipamento mínimo adicado a esta localidade deberá ser 2 vehículos de recollida de lixo, con caixa compactadora e cun peso non inferior a 16 toneladas, un vehículo recolector de recollida selectiva, un camión multivolgrúa, un vehículo para a recollida

á educación e concienciación cidadá sobre o medioambiente urbano, con especial atención a xoves e nenos, por iso ofertaranse actividades a realizar en centros educativos así coma asociacións veciñais. O deseño desta campaña informativa deberá ser aprobado previamente polo Concello e perseguir os obxectivos de inculcar hábitos de reducción na producción de residuos, separación dos mesmos, utilización dos servizos municipais de recollida de voluminosos, e uso responsable de contenedores e iglús, incluíndo recomendacións para os hábitos de reducción. A empresa concesionaria asumirá así mesmo o aprovisionamento, instalación, lavado, desinfección e mantemento de contedores que, en todo caso, dentro do primeiro ano de contrato deberán ser substituídos todos aqueles que se atopen actualmente en mal estado ou deteriorados. As frecuencias do servizo de recollida serán nas zonas urbanas diaria e nas zonas non urbanas días alternos na semana (mínimo 3 días) excepto domingos; e en caso de que coincidan dous festivos consecutivos, deberase re-

diurno a partir das 08.00 horas da mañá e os residuos se trasladarán ao Punto Limpo de Mos sito na Veigadaña. O servizo comprende tamén a recollida das distintas fraccións que separan os cidadáns en orixe e depositan en contenedores habilitados a tal fin, como son envases lixeiros, papel-cartón e vidro. A limpeza viaria pública do Concello de Mos incluída neste servizo comprende beirarrúas, vías, prazas, polígonos industriais e zonas en xeral destinadas ao uso público, e se realizará conforme ás tarefas de varrido manual e mecánico, baldeo, limpeza e baleirado de papeleiras e servizos especiais de limpeza. A xornada laboral para a limpeza viaria será de luns a sábados, quedando libres os domingos e festivos cun horario de traballo de 08.00 horas a 15.00 horas de luns a venres e de 09.00 horas a 13.00 horas os sábados. Os servizos especiais de limpeza incluirán retirada de carteis, adhesivos e pintadas, limpeza de excrementos caninos, sumidoiros, manchas de aceite, graxa ou calquera outro material líquido nas vías públicas e lugares asimilables a elas, e recollida de follas caídas e podas.

ASOMAMOS celebra a súa Primavera de Teatro ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos organiza a súa “5ª Xornada de Teatro en Primavera” que contará coa representación da obra “Prohibido Casar” de Atrezo Teatro, baseada na obra “Queda terminantemente prohibido o suicidio” de Doro Piñeiro. A adaptación do texto e a súa dirección corren a cargo de Chelo Pampillón. A representación terá lugar o sábado 23 de abril ás 19.00 horas no Pazo de Mos con entrada de balde ata completar aforamento.

Silvia González, nova edil do PSOE de Mos O pleno de Mos acolleu o pasado mércores día 30 a toma de posesión da nova concelleira do PSdeG-PSOE de Mos, Silvia González, que sustirá a, Alfonso Parada.


A Louriña

Abril 2016 Xornal 21

Mos

9

16 mosenses menores de 25 anos recolleron os seus certificados de profesionalidade

Medio ambiente integrará a zona do aparcadoiro de Petelos na área da casa consistorial O pasado día 6 celebrouse a clausura do Obradoiro Municipal de Emprego “Mos coa Mocidade”, no salón de actos da Axencia de Colocación. O acto contou coa asistencia do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, o xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ignacio López-Chaves, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, os membros da dirección e equipo docente do Obradoiro de Emprego “Mos coa Mocidade”, o alumnos/as do Obradoiro de Emprego “Mos coa Mocidade” que recolleron

os seus respectivos diplomas e certificados de profesionalidade e outros membros do equipo de goberno local mosense. O Obradoiro “Mos coa Mocidade” constou de dúas actuacións: unha de dinamización sociocultural educativa infantil e xuvenil, na que se desenvolveu un programa formativo asociado a este certificado de profesionalidade. E a segunda foi unha actuación fundamentalmente ambiental, e estivo dirixida á limpeza de espazos públicos abertos e zonas verdes e á xestión de residuos urbanos e industriais, coa finalidade de mellorar a organización, e revalorización e mantemento dos espazos públicos do municipio.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, asinaban o pasado día 5 o convenio de colaboración, aprobado a semana pasada polo Consello da Xunta, que permite a execución desta actuación recollida no Plan HURBE 2010-2016, que compromete un importe de máis 385.000 euros, e que responden ao programa de humanización de rúas e urbanización e mellora de espazos públicos. A responsable de Medio Ambiente adiantou que, tras a sinatura do convenio, a Secretaría xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

poderá licitar nas vindeiras semanas esta obra que mellorará a calidade de vida dos máis de 15.000 veciños e veciñas deste concello. Mato Otero destacou que se trata de integrar estes espazos na contorna, apostando pola humanización que rodea a casa consistorial. No que se refire ao aparcadoiro, executarase unha área superficial como continuación da praza da igrexa e prolongarase o pavimento e plantarase céspede, dando unidade ao conxunto e permitindo usos puntuais diversos cando sexa necesario (festas patronais, manifestacións relixiosas, etc.). Tamén se delimitará o acceso rodado e peonil ao cemiterio de

Petelos, achegando comodidade aos veciños ao mesmo tempo que se mellora o aspecto visual do contorno. Recordou que se trata da terceira actuación que se executa neste concello a cargo do Plan HURBE, pois en 2010 levouse a cabo o acondicionamento e pavimentación da contorna da igrexa de Santa Eulalia, cun investimento de preto de 95.000 euros; e no pasado ano executouse a reposición dun muro de contención en A Rans, na parroquia de Tameiga, cun investimento de 45.000 euros. Así, o investimento desatinado ata a data en Mos a través do Plan HURBE achégase aos 525.000 euros.


10

Xornal 21 Abril 2016

Mos

A Louriña

Mos sacará próximamente a licitación o transporte municipal Xunta e Concello analizan a derradeira documentación para a aprobación definitiva do PXOM A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, os arquitecto, secretaria e xurídico municipais, e o equipo redactor do Plan Xeral para analizar o estado actual da tramitación do PXOM, que foi achegado polo Concello para aprobación definitiva o pasado 19 de xaneiro, tras a súa aprobación provisional no Pleno ordinario de decembro do pasado ano 2015. Previo á súa aprobación provisional e en canto á materia ambiental, o PXOM seguiu o procedemento rigoroso dacordo á lei vixente, contando coa memoria ambiental favorable, así como cun total de 32 informes sectoriais favorables tamén. Encarnación Rivas trasladou-

lle á rexedora municipal que agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto presentado. Tamén lle indicou que a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que estea completo. Cómpre destacar que, como xa se dixo, o Plan Xeral foi aprobado provisionalmente o pasado 30 de decembro 2015 e constitúe un documento que porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende outubro de 1992. A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico deste documento que planificará o desenvolvemento do Concello mosense nos vindeiros 12 anos, para o cal concedeu axudas por importe de 200.000 euros.

A Piscina Municipal de Mos acolle a quinta edición do Campionato de Natación Escolar Val da Louriña O Club Natación Mos xunto co Concello de Mos organiza o V Campionato de Natación Escolar Val da Louriña que se celebrará o vindeiro 7 de maio na Piscina Municipal mosense sita no Pavillón Óscar Pereiro. Dende o Club Natación Mos informan de que este campionato está programado para nadadores non federados e non inscritos en clubs de natación, que teñen de prazo de inscrición ata o día 30 de abril. Todas as nenas e nenos que desexen participar deberán entregar a folla de inscrición na Piscina Municipal os luns, mércores e venres en horarios de 08.00 horas a 14.30 horas e de 16.00 horas a 22.00 horas; os martes e xoves ininterrumpidamente de 08.00 horas a 22.00 horas e o sábado de 10.00 horas a 12.45 horas e de 17.00 horas a 20.00 horas. O límite de prazas de participación é de 140 e serán adxudicadas por orde de entrada da solicitude de inscrición. Esta competición consta de catro categorías mixtas: na primeira competirán nenos e nenas de 6 e 7 anos de idade na-

dos nos anos 2009 e 2010 realizando unha proba de 25 metros crol, na segunda categoría os/as nados/as en 2007 e 2008 con 8 e 9 anos de idade e realizando unha proba tamén de 25 metros crol; na terceira incluiranse os de 10 e 11 anos nados en 2005 e 2006 e que realizarán unha proba de 50 metros crol; e por último a cuarta categoría incluirá ós rapaces/as de 12 e 13 anos de idade nados en 2003 e 2004 e que farán tamén a proba de 50 metros crol. O día da celebración do campionato abriranse as portas da piscina ás 16.15 horas da tarde, mentres que a competición dará comezo ás 17.00 horas. A exposición da lista de tempos dos nadadores/as participantes exporase no taboleiro da piscina. Todos os participantes deberán acudir equipados con óculos de natación, gorro e calzado de piscina, e bañador. Ó remate das probas realizarase a entrega de premios, consistente en diploma e agasallos para todos os participantes e medallas para os tres primeiros clasificados por categoría e xénero.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, e os xurídico e secretaria municipais reuníronse recentemente en Santiago de Compostela coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, e a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas de Santos, para ultimar os trámites previos á posta en marcha do Plan Municipal de Transporte. Durante a xuntanza abordáronse as alternativas posibles tratando de buscar a máis óptima para que o Plan Municipal de Transporte sexa unha realidade canto antes e o inicio do seu funcionamento se demore o menos posible no tempo. Deste xeito técnicos e representantes políticos de ambas administracións, local e autonómica, constituíron unha mesa de traballo matinal durante a xornada de onte para tratar de deseñar a estratexia máis eficaz e rápida para poñer en marcha canto antes o transporte municipal. O paso a dar a continuación é sacar a licitación a concesión, para que tódalas empresas que estean in-

teresadas en optar a xestionar o transporte municipal mosense poidan presentar as súas ofertas culminando coa contratación dunha delas como concesionaria e poñendo en marcha, a continuación, o devandito servizo de transporte; que dende a administración local estímase que será de cara ao vindeiro verán. O proxecto inicial do transporte municipal presentado polo Concello de Mos consiste nun sistema de buses lanzadeira distrubuídos en dúas liñas que comuniquen as dez parroquias mosenses entre sí e coas paradas do Transporte Metropolitano sitas en Puxeiros, Peinador, Tameiga, Sanguiñeda e San Cosme

en Cela; o que lles permitirá ós veciños e veciñas de calquera punto da localidade mosense desprazarse no transporte público en igualdade de condicións. Ademais este servizo comunicará cos principais puntos de interese e afluencia vecinal do municipio que son o Centro de Saúde do Rebullón, o Instituto nas Pozas e o Pavillón Óscar Pereiro nas Pozas tamén. “Este plan correspóndese ó proxecto de transporte municipal que o Partido Popular de Mos presentou como parte do seu programa electoral nos pasados comicios locais”, segundo declaraba a rexedora mosense.

Mos anuncia a implantación do disco vermello que dobra o tempo de estacionamento para as persoas con discapacidade A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informaba o pasado día 15 do éxito de implantación do sistema da Zona Azul en Puxeiros, que permitiu ordear o aparcadoiro na zona, permitindo que agora sempre queden lugares libres para aparcar dándolle moitas facilidades ós condutores. Esta medida repercutiu nunha visible optimización da ordenación do aparcadoiro nesta zona con gran presencia de servizos e negocios, así coma de tráfico tanto rodado coma peonil e unha crecente actividade. Ademais a rexedora local mosense e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, anunciaron tamén que xa é efectiva a implantación do disco vermello para o estacionamento de minusválidos na Zona Azul de Puxeiros. Unha vez aprobada a modificación da Ordenanza no Pleno Odinario do mes de febreiro, xa están dispoñibles os discos de cor vermella no Concello para que poidan solicitalos as persoas con discapacidade. O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou por unanimidade dos seus membros a modificación da Ordenanza Reguladora do Estacionamento con Horario Limitado Gratuíto, Zona Azul. Modificación que contempla a posibilidade de que os vehículos para persoas con discapacidade poidan estar máis

Os interesados poden recoller os seus discos no Rexistro do Concello ou nas oficinas da Policía Local. tempo aparcados na Zona Azul de Puxeiros, duplicando a estancia, que podería ser de ata tres horas de duración, en lugar de unha e media como o resto de vehículos. O de Mos caracterízase por ser un Concello concienciado coa discapacidade e moi volcado cos colectivos de persoas discapacitadas. No resto dos casos o estacionamento gratuíto con horario limitado (Zona Azul) regúlase co disco xenérico de cor azul que os interesados tamén teñen aínda dispoñible no Concello. Estes discos están a disposición dos veciños no Rexistro Xeral do Concello e na sede da Policía local de Mos. Esta medida ten como obxectivo a rotación e reparto igualitario das prazas de estacionamento de vehículos do termo municipal de Mos. É necesario colocar nun lugar visible, un disco horario no que figure a hora de chegada ao estacionamento.

Tamén son válidos os discos horarios doutros termos municipais da zona, como os de Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, A Guarda, O Rosal, etc., e incluso, en caso de urxencia ou necesidade, será válido escribir a hora de chegada nun papel.


A Louriña

Abril 2016 Xornal 21

Mos

11

Publireportaxe

Este curso estará en funcionamento o Conservatorio Profesional de Música de Torroso Redacción / C.R.C.Torroso

O Centro Dotacional do Medio rural de Torroso albergará o vindeiro curso 2016-2017, ademais da Escola de Música, o Conservatorio Profesional de Música de Torroso-Mos. Ubicada no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, na Estrada Puxeiros - Mos ó seu paso por Torroso, a Escola de Música e danza de Mos, é unha entidade sen ánimo de lucro, creada no seo do Centro Recreativo e Cultural de Torroso no ano 2003. A entidade está recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia como escola oficial.

En maio ábrese o prazo de matrícula para a Escola de Música e danza de Mos Conta nestes momentos con máis de 350 alumnos e dispón das seguintes especialidades instrumentais: vento-madeira (frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot e gaita); vento-metal (trompeta, fliscorno, trompa, trombón, bombardino e tuba); vento mecánico (acordeón), corda (violín, viola, violonchelo, contrabaixo, guitarra e piano); percusión clásica e tradicional, música e movemento (para nenos de 4 a 7 anos), educación vogal e auditiva, linguaxe musical para adultos, coro, conxunto instrumental, danza tradicional e ballet. Durante o mes de abril todos os nenos poden participar no “descobre o teu instrumento” que consiste en visitar a Escola de Música e probar os instrumentos que mais lle interesen. As probas son 5 minutos aproximadamente por instrumento dentro dun horario establecido. O prazo para as novas matriculacións comezará en maio. A Escola está subvencionada por diferentes institucións: Concello de Mos, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Comunidade de Montes de Torroso e o Centro Recreativo e Cultural de Torroso. Conta cun equipo directivo que xestiona e que se ocupa do bo funcionamento da escola e do futuro conservatorio, é a mesma que a do Centro Recreativo e Cultural de Torroso e todos os membros que a integran, co seu Presidente Iván Rey Grandal ao frente, traballan desinteresadamente para levar adiante esta iniciativa que se foi desen-

Para poder acceder ao grao profesional o alumnado deberá superar as probas de acceso que terán lugar no mes de xuño. volvendo co paso do tempo. A Escola de Música de Mos ten un valor importante e recoñecido, pois é a auténtica canteira de novos valores que pasan a formar parte da Banda de Música Xuvenil de Torroso. Grazas a esta canteira cabe destacar a creación da Banda Orquesta Sinfónica da Escola de Música de Mos, integrada por 30 músicos, todos eles alumnos e alumnas de idades comprendidas en-

deberá solicitalo do 25 de abril ao 6 de maio de 2016 na secretaría e aboar as taxas correspondentes. A partires do 21 de abril estarán publicadas as prazas vacantes para cada especialidade, ademais de toda a información necesaria tanto para as probas como para a posterior matriculación. A matriculación para o grao profesional serán a primeira semana de xullo. “Este primeiro ano poremos en mar-

especialidades de clarinete, contrabaixo, fagot, frauta traveseira, gaita, guitarra, óboe, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba e violín. O obxectivo será ir incrementando mais especialidades pouco a pouco. O grao profesional supón unha saída profesional e laboral xa que, con este título, o alumnado está capacitado para exercer como mestre de música. Para rematar, dende o Centro Recre-

tre os 6 e os 16 anos. O éxito desta Escola radica no amplo abano de actividades musicais que oferta, xa que o alumnado pode escoller a música como profesión (modalidade oficial) ou simplemente como actividade de ocio (modalidade libre). GRAO PROFESIONAL DE MÚSICA “O Conservatorio xurde como resposta á latente demanda do noso alumnado por continuar a súa formación profesional” segundo explica o presidente Iván Rey, quen adianta que “no vindeiro curso 2016-2017 implantaremos o grao profesional de música no noso centro. Trátase dun proxecto ambicioso pero que conseguimos levar a cabo con moito traballo e dedicación”. Para poder acceder ao grao profesional o alumnado deberá superar as probas de acceso que terán lugar no mes de xuño. O alumnado interesado en facer estas probas

cha o primeiro curso de grao profesional que se irá implantando de forma gradual, conseguindo no curso 2021-2022 a primeira promoción con formación profesional no noso conservatorio” sinala Rey. Para este primeiro curso contan coas

ativo e Cultural de Torroso, agradecen “á Comunidade de Montes de Torroso o seu apoio e axuda neste proxecto. Tamén agradecer a colaboración do Concello de Mos, da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia”.


12

Xornal 21 Abril 2016

Mos

Medio centenar de mosenses insertáronse laboralmente grazas ó Plan Integrado de Emprego

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, informaron sobre os resultados de inserción laboral durante o que vai do Plan Integrado de Emprego Mos 3.0, aproveitando que remataron este mes unha serie de accións formativas que se estaban impartindo e comezaron outras novas. O PIE Mos 3.0, continua desenvolvendo diversas accións formativas, que combinadas con prospección empresarial e orientación laboral, compoñen o proxecto presentado polo

Concello de Mos e aprobado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Desde que arrancou o Plan Integrado de Emprego, Mos 3.0, o pasado 1 de setembro de 2015, 48 persoas traballaron e 43 realizaron e finalizaron prácticas en empresas de diversos sectores. Foron prospeccionadas máis de 100 empresas e entidades. Ademais, realizáronse un total de 29 accións formativas cunha media de participación de 12 persoas por curso. O número total de persoas usuarias do PIE é de 90.

A Louriña

Mos comeza o 2016 cun despunte de licenzas de actividade nas que predomina o sector hosteleiro O municipio mosense experimenta unha notable dinamización da economía local, xa que en pouco máis de tres meses tramitáronse máis do dobre de licenzas que a estas alturas do ano pasado e un total de 11 son negocios de hostelería. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Urbanismo mosense, Julia Loureiro, informaron das crecentes cifras de licenzas de actividade tramitadas e concedidas polo departamento municipal que dirixe Loureiro. Estes datos apuntan que dito incremento está a producirse pola combinación de dous factores: grazas ó sistema de Comunicación Previa que axiliza enormemente os trámites para os titulares dos negocios, unido ó crecemento do número de negocios que demostra a dinamización da economía local. No ano 2015 tramitáronse 51 licenzas de actividade e no 2014 un total de 62, fronte ás pouco máis de 40 en 2013, ano no que comezou a implantarse o sistema de Comunicación Previa; as 39 do ano 2012 cando aínda non estaba implantado

dito sistema e as 33 do ano 2011. Os datos máis representativos son os do presente ano 2016. Nos tres meses e medio que van de ano, o departamento de Urbanismo mosense tramitou 31 licenzas de actividade, incluíndo actividades novas e cambios de titularidade. O que significa que se os trámites teñen resultado favorable, Mos tería xerado en menos de catro meses máis de 30 novos negocios. Cómpre destacar que no pasado ano 2015 tan só 3 licenzas de actividade tiveron resultado desfavorable e un dos titulares renunciou á licenza. Estas 31 licenzas de actividade tramitadas supoñen máis do dobre con respecto ó ano pasado, representando un crecemento porcentual do 138%. Por sectores, o que predomina de xeito aplastante é o da hostelería, destas 31 licenzas de

actividade tramitadas, 11 son para negocios de hostelería (o 36% do total), 4 para actividades comerciais varias (o 13% do total), 3 para almacén (menos do 10% do total), 2 para industria do automóvil, 2 para perruquería, e unha licenza nos casos de: empresa de eventos e concertos, distribución de productos cárnicos, construcción de embarcacións, lavandería autoservizo, aluguer de maquinaria e equipos de construcción, material sanitario, taller de carpinteiría metálica, plantas de xestión de residuos e descarga de propano. Respecto destas cifras, as representates municipais declararon sentirse orgullosas “tanto da dinamización e crecemento da economía local que revertirá en maior riqueza para o Concello e para os seus veciños e veciñas, así como na creación de novos postos de traballo que reduzan as listas do paro en Mos; como do funcionamento do departamento municipal de Urbanismo que, coa implantación do procedemento de Comunicación Previa, logrou axilizar trámites e facilitarlles a creación e apertura de negocios ós empresarios e emprendedores interesados en instalarse na localidade mosense”.

A sede dos Populares mosenses abrirá tres días a semana O presidente local do PP de Mos, Camilo Augusto e a alcaldesa popular Nidia Arévalo informaban este mes da “nova etapa que está a iniciar o grupo municipal popular”. Na súa sede de Petelos estanse a acometer melloras materiais “de cara a abrir as súas portas ó público tres días á semana, concretamente os luns, mércores e venres” explican. Augusto explicou que os luns e venres a sede abrirá en horario matinal de 09.00 horas a 13.00 horas e os mércores en horario de tarde, de 16.00 horas a 20.00 horas. Unha vez rematadas as melloras na sede local e abertas as súas portas novamente ó público, realizarase unha campaña de afiliación. Camilo Augusto declarou a este respecto que “aínda que o PP de Mos conta cun groso número de afiliados, rexistrouse últimamente a demanda entre os simpatizantes de abrir un novo período para realizar novas afiliacións”. Outra novidade na que se está a traballar dende o Partido Popular mosense é “na creación dunha páxina web máis funcional e atractiva acorde cos novos tempos que corren, na que todos os usuarios da mesma poidan contar cun espazo de consulta e participación” explica Arévalo, engadindo que “ó tempo que

O festival solidario recada 2600 quilos de alimentos se moderniza a web do partido, outro obxectivo será dinamizarse tamén nas redes sociais partindo do xa existente perfil de Facebook de Populares de Mos, que servirá de base a esta campaña de enfatización e presencia nas redes sociais”. “Todo este labor que se está a desenvolver e que continuará o longo dos vindeiros meses conta co apoio complementario e indispensable das persoas que conforman a directiva local do PP de Mos, así como de novas incorporacións humanas que decidiron sumarse a este proxecto” sinalan dende o partido.

Augusto comentaba así mesmo que “dende o Partido Popular de Mos cremos que o labor de partido debe extenderse moito máis aló da sede, por iso trataremos tamén de ser máis activos na organización de eventos sociais e culturais de interese xeral nos que poidan participar afiliados e simpatizantes”. Esta nova etapa surxe despois das derradeiras eleccións municipais celebradas en maio do ano pasado, para poñer en marcha o engranaxe de funcionamento do partido no ámbito local e para quentar motores de cara ás vindeiras citas electorais.

Xuventudes Socialistas de Mos repetiu a organización dun festival solidario co que “volveron a sorprender pola gran implicación, tanto das asociacións locais como dos veciños mosenses”. Nesta segunda edición dedicada á difícil situación que atravesan preto de 130 familias mosenses, estes mozos socialistas “decidiron implicarse e achegar o seu granito de área”. Por mor de que quixesen involucrarse coa problemática social que arrasa desde o estalido da crise a miles de familias, decidiron dedicar a súa segunda gala solidaria á recollida de alimentos. Pero, deixaron patente no seu dis-

curso que pretenden que esta actividade sexa unha experiencia que se converta en tradición e celebrala de forma anual. De forma previa, recadáronse 1800 quilos de todo tipo de alimentos non perecedoiros ademais de produtos de hixiene, e grazas á solidariedade dos asistentes conseguiuse chegar aos 2600 quilos. Os cales foron entregados ao banco de alimentos na mesma noite do festival. A directiva de leste dá as grazas a dita organización e declara “Agradecemos o labor desta mocidade xa que pola nosa banda coñecemos perfectamente o traballo desinteresado que se fai en beneficio dos demais”.


A Louriña

Abril 2016 Xornal 21

o Porriño

Unha empresa contratada polo Concello limpará as beiras do Louro O Goberno Local do Porriño ven de contratar os servizos dunha empresa que, dende o luns 11, empezou a limpar as beiras do río Louro. Os especialistas iniciaron o traballo na Ponte de Riego cara ao albergue, nos dous lados dos río ao tempo. A alcaldesa, Eva García de la Torre, informa de que o Concello encargou, ademais, un estudo que ten que sinalar “polo miúdo” cales son as deficiencias do paseo, do propio canle do río, a caída de árbores e a acumulación de lixo no treito do río. Eva García de la Torre agradece o labor dos veciños e a iniciativa posta en marcha para limpar o Louro, pero subliña que o Concello non pode deixar de cumprir coa súa obriga e, tampouco, “deixar de exixir á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que

O Porriño máis preto do 20.000 habitantes logo da rectificación do INE

Redacción O Porriño

asuma as súas competencias e o custo que terá o saneamento e limpeza do río”. A alcaldesa engadiu que o Concello non pode permitir que veciños e voluntarios corran ris-

cos que poden poñer en perigo a súa integridade e, insiste, os servizos locais son os que deben de “asumir o mantemento dos espazos públicos e ter os mesmos en perfectas condicións”.

O Concello do Porriño premiado polo seu traballo a prol do deporte fiminino de Galicia A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, recollerá o vindeiro día 22 deste mes de abril no Concello de Allariz o premio que a Asociación Mulleres Deportistas de Galicia (MUDEGA), ven de conceder por segunda vez ao Concello do Porriño. Mudega recoñece a laboura, feita a prol do deporte feminino de Galicia por deportistas, adestradoras, xuizas deportivas, clubes e entidades públicas, unha distinción que este ano recaeu no Concello do Porriño por conquerir a visibilidade do deporte practicado polas mulleres e o seu aprecio e coñecemento por toda a sociedade. A alcaldesa sinalou que “este premio pertence aos centos de deportistas porriñesas que fan que todas as veciñas e veciños nos sintamos orgullo-

13

sos da súa entrega, os seu esforzó e o resultado do mesmo que fan do deporte do Porriño unha referencia dentro e fora de Galicia”. Eva García de la Torre lembrou que cinco mulleres dirixen outros tantos clubes locais: Araceli Lorenzo, á fronte do Baloncesto Base; Raquel Acuña, presidenta do Club de Fútbol Pontellas, Eva María Domínguez, do Club de Fútbol San Salvador de Budiño, Patricia Diz, que rixe o Clube Atletismo Porriño e Mercedes Díaz, presidenta da Club Patín Porriño, “todos eles punteiros nas súas categorías, dende as competicións galegas ata as internacionais e, o que é maís importante, referentes na formación de novas deportistas”. Froito da laboura dos clubes do Porriño son os éxitos de deportistas como a palista Carla Pérez, a baloncestista Mónica Jorge, medalla de

Prata na categoría sub-20 coa Selección Española no Europeo de Baloncesto de 2009; a triatleta Iria Rodríguez, recente medalla de Prata no Campionato de España de Triatlón Escolar; a atleta María Martínez, as promesas do balonmán, Aitana Santomé, e da ximnasia, Mónica Rodríguez, ou unha das máis grandes deportistas porriñesas de todos os tempos, Begoña Fernández, Medalla de Bronce coa Selección Española de Balonmán nos pasados Xogos Olímpicos de Londres 2012. Grazas á súa entrega e ao seu talento, dentro dunha semana, O Porriño atraerá a mirada de todo o deporte español ao acoller a Fase Final da Copa da Raiña de Balonmán na cal, durante tres días, competirán as mellores equipos de España e moitas das mellores xogadoras europeas, entre elas as porriñesas.

Segundo confirmou o Instituto Nacional de Estatística (INE) oficialmente á alcaldesa, nunha comunicación que entrou no Rexistro Municipal con data 29 de marzo, a día 1 de xaneiro deste ano, a cifra de poboación do concello era de 19.559 habitantes. Eva García de la Torre sinala que este incremento de 1.009 veciños en relación co dato do que dispuña o INE, foi posible logo da reestructuración do departamento do Padrón Municipal e o “excelente traballo dos funcionarios” que, segundo subliña a alcaldesa, foron quen de actualizar a estatística real de habitantes da vila de xeito que, “agora reflicte a realidade e nos achega aos 20.000 habitantes”, unha cifra que podería estar máis preto ao final da recolleita de información que están levando a cabo os traballadores municipais en relación con 283 veciños. De confirmarse, finalmente, estos casos e a súa alta, dacordo coa lei, dentro do listado de empadroamento, O Porriño podería ter iniciado este 2016 con 19.842

habitantes, a tan so 158 dos devanditos 20.000. A alcaldesa quere poner en valor a importancia de chegar a este número de veciños, o cal se traducirá nun incremento da tributación que o concello recibe do Estado; a diferencia na débeda por habitante, a mellora nos ingresos que deben achegar a Deputación e o Goberno de Galicia, o peso e representación na nova Área Metropolitana de Vigo ou, no eido electoral, o aumento no número de concelleiros que integran a Corporación local. “Todas elas son ventaxes das que se beneficiarán as porriñesas e os porriñeses dado que serán os destinatarios de máis orzamentos e investimentos procedentes das distintas administración públicas, cantidades que terán coma destiño directo a mellora do benestar de todas e todos eles”. Eva García de la Torre quere agradecer o “excelente traballo dos funcionarios”, que veuse recoñecido pola actualización oficial do Instituto Nacional de Estatística INE), unha laboura en prol dos intereses dos porriñeses.


14

Xornal 21 Abril 2016

o Porriño

O Porriño amosa o seu orgullo polo éxito da copa da raiña de balonmán

A alcaldesa, Eva García de la Torre, acompañada polo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, e outros membros do goberno local, ofreceu o martes, día, 19, no Pavillón Municipal, unha recepción a todos os integrantes da Organización da Fase Final de Copa da Raíña, disputada dende o venres ao domingo pasado no Porriño. A alcaldesa salientou o “éxito rotundo” da cita que, engadiu, “amosou a toda España do que somos capaces os porriñeses”. Eva García de la Torre lembrou “con grande orgullo”, o balance do presidente de la Real Federación Española de Balonmán, Francisco V.

Blázquez, quen asegurou que “a de 2016 foi unha das mellores Copas da Raíña da historia”. García de la Torre agradeceu e recoñeceu “o grande traballo” do Club Balonmano Porriño e de “todas as veciñas e veciños, deportistas locais, afeizoados, dirixentes e adestradores” que fixeron posible que o nome do Porriño sexa “hoxe,

Terceiro “Feirón Porriño Saudable” Máis dun cento de expositores instalarán os seus postos o vindeiro domingo, día 24, na zona de San Sebastián e San Benito, co galo do 3º Feirón Porriño Saudable, que abrirá as súas portas ás 11 da mañá. A feira ecolóxica, foi presentada pola alcaldesa, Eva García de la Torre, o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, os seus organizadores, e os responsábeis da Asociación Veciñal San Sebastián e San Benito que, coincidindo co ‘feirón’, organiza una nova edición da súa ‘Andaina’, que percorrerá 4 quilómetros pola beira do Louro. Marcelino Coto salientou a importancia da feira que, sina-

lou, “congrega a máis de cen expositores chegados de distintos puntos de Galicia, e atrae cada ano a milleiros de persoas inte-

resadas na vida sa, nos produtos ben tratados e nas interesantes propostas dos especialistas que estarán nesta feira”.

Arden seis vehículos que transportaba un tráiler no Porriño Un incendio declarado o xoves día 6 nun camión que transportaba vehículos mantivo cortado durante algo máis dunha hora o acceso á N-550, á A-55 e á A-52, dende a AP-9. Sucedeu pouco despois das once da noite no Porriño. Por fortuna, ninguén resultou ferido, pero arderon por completo seis dos vehículos que transportaba o camión. Os servizos de emerxencias lograron salvar a cabeza tractora, unha furgoneta e outro turismo. Tras recibir a alerta, o persoal do CAE 112 Galicia activou un operativo no que par-

ticiparon os Bombeiros do Baixo Miño e os membros de Protección Civil da vila. Tamén foron informados os axentes da

O Concello organiza “Xuventude en Valores 2016” dirixido a preto de 1.000 alumnas e alumnos de secundaria O Concello do Porriño, en colaboración cos centros de Educación Secundaria IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro e CPI Ribeira, organiza, dende o pasado 18 de abril e ata o 8 de xuño, un ciclo de 42 charlas, obradoiros e cursos formativos dentro da I Edición do Programa “Xuventude en Valores 2016”, dirixido a 942 rapazas e rapaces. Os obxectivos destas iniciativas son: formar ao alumnado en valores, actitudes e habilidades sociais que axuden a reducir a aparición de futuras condutas de risco, exactamente coñecer qué tipo de valores son os que sustentan e acompañan as condutas saudables. Eliminar ideas negativas, estereotipos, prexuízos acerca doutras razas, culturas ou da homofobia de xeito que as

de novo”, unha referencia no mundo do deporte.

Garda Civil de Tráfico, que arredor das 00:45 horas confirmaron que o tráfico estaba completamente restablecido.

A Louriña

alumnas e alumnos de Secundaria coñezan que na nosa sociedade actual, coexisten valores e contravalores, así como modelos de comportamento social. En base a iso os programas e obradoiros serán os seguintes: “Non sexas bocachancla”, sobre comportamento nas Redes Sociais; “O meu corpo é meu”, sexualidade responsábel; “Drogas, tabaco e alcohol, cómo montamos a festa sen desmontarnos a vida”; “A dinámica da risa”; “Racismo”, tomando coma punto de partida a música e o cine, coa proxección da película “Crash” e, en base a ela, un debate; “Igualdade”. No desenvolvemento deste programa, ten especial importancia xerar reflexión e debate de forma participativa co alumnado.

II Marcha BTT Atios 2016 Tres campións de España estarán presentes na proba internacional de BTT ATIOS 2016 que se vai celebrar o domingo 24 de abril. Canda eles tomarán a saída centos de afeccionados á bicicleta de montaña, nunha marcha que na súa segunda edición consolídase como unha das máis atractivas dentro do calendario galego. A proba consta dun recorrido de 35 quilómetros polas fermosas paraxes dos montes de Atios, na súa meirande parte, e pequenos treitos de Budiño, Couso e A Picoña. A primeira metade será non competitiva, pero a partir dela os primeiros clasificados participarán na carreira final polos trofeos. A saída está programada para as 9:30 dende as inmediacións do campo de fútbol do Carballo. Na metade da ruta, na zona do Roupeiro, está previsto

o avituallamento e a continuación a saída neutralizada para os ciclistas que participen na parte competitiva. Aos 200 primeiros inscritos daráselle unha medalla. E tamén haberá premio para os gañadores, é dicir, para os tres primeiros, tanto de categoría feminina como masculina. Tamén se premiará ao corredor máis novo, ao máis vello e ao que proceda de máis lonxe. A organización fará unha homenaxe a Abel Maceira, veciño de Atios tricampión de España de ciclocross. Ademais obsequiará a Susana Alonso, campioa de España de BTT maratón, a Jose Rodríguez, campión de España de ciclocross e cuarto posto no mundial de EEUU, e a Ramón Troncoso, ciclista profesional, compañeiro de equipo de Óscar Pereiro na famosa Titan Desert, proba de extrema dureza.


A Louriña

Abril 2016 Xornal 21

o Porriño

O CCA Morea e Acipor ofrecerán importantes premios no día da Nai A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e o Centro Comercial Aberto “Morea” preparan xa a celebracion do día da Nai, que terá lugar o vindeiro 1 de Maio, na que ofrecerán aos consumidores

importantes premios por mercar no comercio local. Os consumidores/as poderán así, atopar un amplo elenco de bens e servizos para poder realizar as súas compras e agasallos nesta data sinalada.

Neste sentido, dende ACIPOR informaron que os compradores/as que realicen as súas compras nos centros adheridos ao CCA Morea, participarán nun concurso de 3 cheques agasallo por valor de

50 euros cada un, para gastar no comercio local. OUTRO XEITO DE AGASALLAR CON MOREA Asimesmo, os compradores poderán optar por outra

15

maneira de realizar os seus agasallos nesa data. Trátase das tarxetas-agasallo do CCA Morea, que permiten ao agasallado a posibilidade de elixir o seu propio agasallo. Os interesados nas tarxetas-agasallo poderán atopalas á venda nas Librerías Paz, Recondo e Copy Rey. O valor das tarxetas-agasallo será de 20 euros, 30 euros ou 50 euros, e poderán ser utilizadas para mercar en calquer establecemento adherido ao CCA Morea.

© Purestock


16

Xornal 21 Abril 2016

o Porriño

A Louriña

A corporación do Porriño aproba por unanimidade a moción sobre as demandas de dereitos laborais en Frigolouro O BNG solicita a readmisión a Servicarne dos cinco despedidos por defender os seus dereitos laborais como traballadores/as autónomos/as. Os grupos da corporación apoiaron por unanimidade a moción presentada polo BNG na que se solicitaba da corporación os seguintes acordos: Solicitar da dirección de Frigolouro e do Grupo Coren que modifique as condicións contractuais coa cooperativa Servicarne coa finalidade de igualar as condicións laborais dos/as Traballadores/as autónomos /as, que prestan os seus servizos en Frigolouro, aos de plantilla. Solicitar da corporación municipal o seu apoio a folga e ás reivindicacións laborais reclamadas polos autónomos/as da coo-

perativa Servicarne que traballan en Frigolouro. Solicitar da dirección Xeral de Traballo que interceda no conflicto laboral prantexado polo colectivo de autónomos/as da empresa Frigoluro coa finalidade de esixir da empresa Frigolouro que atenda as reclamacións de dereitos laborais prantexados polo colectivo de Traballadores autónomos/as da cooperativa Servicarne. Instan ao goberno da Xunta de Galicia e ao goberno do Estado Español a modificación da lexsislación laboral para evitar situacións de “explotación e escravitude laboral”. O Bloque Nacionalista Galego na sesión plenaria de onte tamén solicitou do goberno municipal que traslade á direc-

ción da empresa Frigolouro e a presidencia do Grupo Coren así como a cooperativa Servi-

carne a inmediata readmisións dos/as traballadores/as despedidos por represalias por defender

os seus dereitos laborais. Iniciativa que tamén contou co respaldo de todos grupos políticos da corporación. Dende o BNG consideramos que a empresa Frigolouro, que leva exercendo a súa actividade no pobo do Porriño dende a década dos sesenta, non debe manter as condicións actuais dos traballadores/as autónomos/as. O Grupo Coren non pode eludir a súa responsabilidade decindo que quen fixa as condicións laborais é a Cooperativa Servicarne, cando as condicións contractuais entre as partes son fixadas pola dirección de Frigolouro. Demandamos do Grupo Coren que se reúna coa corporación municipal do Porriño para tratar de resolver este conflito laboral.

As obras no regato Moure acompaña a alumnos de Secundaria á exposición “De Castelao Miñoteira evitarán o ao mañá. Unha ollada ao cómic galego” risco de asolagamento en Pontellas

A concelleira de Educación, Lourdes Moure, acompañou a alumnas e alumnos d 3º e 4º de Secundaria do Colexio “Hermanos Quiroga” á súa visita á exposición “De Castelao ao mañá. Unha ollada ao cómic galego”, aberta o pasado 31 de marzo, coa presenza da alcaldesa, Eva García de la Torre, e que permanecerá no Centro Cultural ata o vindeiro día 21. A exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra para celebrar o “Ano Castelao”, iniciou no Porriño o seu percorrido pola provincia con obras de Kiko da Silva, José Domingo, Miguelanxo Prado, Mar Abad o David Rubín. A concelleira de Educación subliñou que “esta exposición

da a coñecer unha das facetas artísticas máis descoñecidas de Castelao e vencella a mesma coas obras de autores actuais”. “De Castelao ao mañá. Unha ollada ao cómic galego” céntrase na produción do xenial pensador, político, médico, debuxante, escritor, escultor e pintor, nos primeiros anos da súa traxectoria na que foi quen de amosar unha mirada do mundo do arte coma un xeito máis de expresión e do propio sentir de Castelao quen, por medio do debuxo, amosou o seu compromiso coa arte e a lingua galega. As rapazas e rapaces puideron comprobar que, para facer a visita á exposición máis completa e accesíbel, puideron

facer uso do sinal QR, ademais de atender ás explicacións orais e escritas e ás explicacións na linguaxe de sinais, cumprindo co deber de facer accesíbeis os contidos para todas e todos os veciños. Seguindo a solicitude da Deputación e do Concello, que se suma deste xeito á campaña nas Redes Sociais para difundir o sinal co que se nomea a Castelao na linguaxe de sinais, os asistentes fixéronse unha foto “sinalando” a Castelao que poden subir a Twitter con la etiqueta #signaCastelao. O sinal consiste en colocar os dedos índice e polgar facendo un círculo sobre un dos ollos, referido ás gafas redondas que levaba Castelao.

O tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, asistiu o luns, día 18, á colocación dos 5 novos “marcos”, da obra que o Concello está realizando no regato Miñoteira, en Pontellas, logo dos asolagamentos do pasado mes de febrero, que afectaron a varias das parroquias do Porriño. Segundo explicou Manuel Carrera, con esta proxecto, iniciado a semana pasada, “acabarase co risco de inundacións nesta zona” logo de que se ampliase a canle de paso da auga,

que estaba nunhas medidas de 1,5 metros por 80 centímetros, na parte que está máis preto da ponte, a un paso que dispora dunha capacidade de caudal de 2,5 por 2 metros. Dende agora, engade Carrera, logo da colocación dos marcos, “se pasará á fase de drenaxe lonxitudinal e situación das aletas de dirección da canalización, en pedra, tanto de entrada coma de saída”, o que podería facer que a obra, na súa totalidade, estivese acabada a principios do mes que ven.


n ó i c u r t s n o C & Fogar Especial

Serenity e rose Quartz cores PANToNE® do ano Pantone LLC, unha empresa propiedade de X-Rite e a autoridade mundial en materia de cor provedora de estándares de cor profesionais para o sector do deseño, anuncia que PANTONE 15-3919 Serenity e PANTONE 13-1520 Rose Quartz, son os tons elixidos por PANTONE® como Cor do Ano 2016; trátase de “unha combinación armoniosa de tons suxestivos que evoca un estado de tranquilidade e paz interior”. Nun momento no que os compradores valoran o benestar e un estado de plena conciencia como antídoto fronte á tensión da vida moderna, as cores cálidas que psicoloxicamente satisfán o desexo de seguridade e consolo son cada vez máis prominentes. Incorpóreo e etéreo, como o vasto ceo azul sobre as nosas cabezas, Serenity nos reconforta e calma achegándonos sensacións de respiro e relaxación mesmo en momentos turbulentos. Rose Quartz é un ton persuasivo e amable que transmite compaixón e un sentido de compostura. «A combinación de Serenity e Rose Quartz, que sumados transmiten moito © Purestock máis que por separado, encarna o equilibrio inherente entre o ton rosa embriagador máis cálido e a tranquilidade do azul máis frío, para Deseño de interiores En si mesma ou combinada con outros tons, a reflectir un estado de conexión e benestar e un sentimento tranquilizador de orde e paz», afirma Le- combinación de Serenity e Rose Quartz transmite atrice Eiseman, Directora Executiva do Pantone calma e relaxación no fogar. Como unha serena posta de sol, Rose Quartz convida a reflexionar Color Institute. A combinación prevalente de Serenity e Rose sobre a nosa contorna, mentres que Serenity, un Quartz tamén desafía as percepcións máis tradi- azul extraordinario, evoca unha sensación de espazo cionais ao redor da asociación de cores. «En moitos conectado naturalmente. A elección ideal para allugares do mundo observamos como as fronteiras fombras e tapicerías, Serenity e Rose Quartz tamén entre xéneros se difuminan en sectores como a resultan efectistas en pinturas e accesorios de demoda, o que á súa vez influíu nas tendencias de coración. As mantas, coxíns e roupa de cama en cor no resto de ámbitos do deseño», confirma Ei- tecidos estampados e lisos recuperan unha sensaseman. «Este enfoque máis multilateral cara á cor ción de confort, asueto e benestar en casa. A incoincide cos movementos sociais que avanzan cara corporación de texturas salienta a dualidade e afiá continuidade e igualdade entre xéneros e o crecente nidade destas cores. Os aveños de cociña e os obuso da cor como vehículo de expresión dos consu- xectos de mesa, os accesorios do fogar como as midores dunha xeración menos preocupada por velas, os cuencos decorativos, os vasos e as flores sentirse encasillada ou xulgada. Todo iso sucede en Serenity e Rose Quartz engaden sutís acentos nun momento de gran intercambio de información de cor e contribúen a crear un lugar agradable e dixital que nos abriu os ollos con respecto aos dis- cheo de paz. Os acabados clave son mates, metálicos, translúcidos e vernizados. tintos usos da cor.»

Descobre un novo concepto de tarimas para exteriores Páx. 18 - 19

A cociña,

o lugar máis transformado do fogar

Páx. 20

Catro millóns de casas sen medidas de seguridade

Páx. 21


18

Xornal 21 Abril 2016

Suplento Especial Fogar

& Construción

Todos os tipos de coada, limpos en menos de 1 hora Indesit presenta a nova gama de lavadoras MyTime, pensada para rendibilizar o tempo día a día. É a única lavadora do mercado capaz de terminar todos os ciclos diarios en menos de 59 minutos. Desde o programa Mix Coloured 59’, para roupa de cor, ata o Express 20’, pasando polo ciclo de lavado Algodón 45’, para pezas de algodón delicadas, ou o Mix 30’, apto para lavar unha carga mixta de algodón e sintético branco ou cor a 30ºC. Ademais, inclúen o sistema Autolimpieza, capaz de aumentar a vida últil do aparello ao realizar un ciclo específico que elimina por completo a sucidade e os residuos que puidesen quedar no interior da lavadora, ou mesmo no conduto de saída de auga. Este ciclo é ideal para zonas nas cales a alcalinidad da auga é moi alta, nas que os compoñentes internos da lavadora sofren maior desgaste. Tamén contan coa opción Extra Wash, indicada para eliminar a sucidade máis resistente, e co

sistema Weight Sensor, que calcula en cada fase do lavado todos os parámetros necesarios para optimizar en cada momento o tempo, a temperatura da auga e

as RPM necesarias para alcanzar o máximo aforro sen perder poder de limpeza. A todo isto hai que sumarlle algúns ciclos específicos, como o de calzado deportivo ou edredones, por exemplo. A gama MyTime é unha nova aposta de Indesit por ofrecer solucións de máxima eficiencia e seguridade ás necesidades de cada usuario. Estas lavadoras están dispoñibles en cargas de 6, 7 e 8 kg e cunha certificación enerxética de A++ e A+++.

Velux crea unha nova cúpula lisa para as xanelas de cuberta plana Redacción Xornal21.es

Ademais das tradicionais xanelas de tellado, instaladas en cubertas inclinadas, VELUX ofrece unha gama de xanelas especialmente deseñada para que os edificios con cuberta plana poidan gozar de máis luz natural e aire fresco, mellorando así o confort dos seus habitantes. Existen varios modelos con diferentes prestacións para adaptarse a calquera necesidade construtiva, tanto en obra nova como en proxectos de rehabilitación. Como novidade VELUX presenta a nova cúpula lisa para a xanela de cuberta plana, un des-

Velux.

eño liso e elegante. Esta nova cúpula lisa é compatible coas xanelas de cuberta plana VELUX na súa versión fixa (CFP), eléctrica (CVP) e manual (CVP). Está fabricada en cristal tépedo de 4 mm e bordo de aluminio negro e atópase dispoñible en todos os tamaños excepto en 150x150 cm.

instalación extremadamente rápida Un revolucionario sistema de tarimas tecnolóxicas que destaca pola súa óptica e tacto naturais, a súa instalación extremadamente rápida e polos seus elevados valores de resistencia. RELAZZO style permíteche deseñar o xardín, terraza, piscina ou soportal coa máxima calidade e cunha instalación ata 6 veces máis rápida en comparación con outros sistemas. O revolucionario sistema necesita un 75% me-

nos de parafusos grazas á innovadora subestructura de aluminio de alta calidade con clips de instalación rápida. Así mesmo, as tarimas están dispoñibles nun ancho de 169 mm e en dúas medidas de longo, de 4 ou 6 metros. O innovador e sofisticado sistema de tarimas dispón dunha gran gama de accesorios e perfís que ofrecen infinitas posibilidades de deseño e que permiten obter un exterior espectacular.

As innovadoras tarimas para terrazas RELAZZO de WPC, está fabricadas con RAU-WOOD, un material composto de madeira e polipropileno desenvolvido en Austria, que é ideal para chans de exterior en terrazas e xardín. O denominado Wood Plastic Composite tamén coñecido pola súa abreviatura (WPC) é un material ecolóxico, que nos brinda unha óptima calidade, a estabilidade duradeira da forma, a resistencia á intemperie, o sinxelo mantemento, a lonxevidade e a ausencia de achas son algunhas das exce-


Suplento Especial Fogar

& Construción

Abril 2016

Xornal 21

19

Descobre un novo concepto de tarimas para exteriores Estreamos nova estación, aínda non renovaches a túa terraza? Chegan as novas e revolucionarias tarimas de exterior WPC coas que poderás deseñar o xardín, terraza, piscina ou soportal ao teu gusto e coa máxima calidade e prestacións.

lentes propiedades deste material. Este chan para exteriores presenta un acabado estético moi conseguido, que permite dar renda solta a deseños moi versátiles, capaces de adaptarse aos gustos e necesidades de cada cliente. O sistema dispón, ademais, dunha ampla carta de cores e acabados, á vez que ofrece as máximas prestacións. A tarima está realizada cun material ecolóxico de alta calidade: Rauwood, un WPC que está composto por polipropileno e fibras de madeira europea procedente de explotacións forestais sustentables, tal e como confirma o selo de calidade do comité Alemán de Control de Calidade de Produtos fabricados con Madeira, e o certificado PEFC.

A innovadora composición de Rauwood é precisamente a que lle confire unha longa vida útil á túa terraza, sen apenas necesidade de mantemento para conservarse en perfectas condicións, xa que presenta gran resistencia a condicións climatolóxicas adversas, ao ataque de insectos, mantendo inalterable a súa aparencia e cor. Presenta unha gran estabilidade, é antiescorregadiza e non se acha nin fisura co uso diario, polo que sempre está impecable e permite ser utilizado mesmo xunto á piscina. Infinitas posibilidades de deseño Ademais, este sistema de tarimas dispón de varios perfís, que ofrecen dife-

rentes tipos de acabados para adaptarse a todas as necesidades. Así, o perfil Classic, de 140 mm, é o perfil tradicional, mentres que o Pro, de 194 mm de ancho, ofrece un deseño máis actual grazas a que permite reducir a cantidade de xuntas empregadas na instalación. O programa tamén conta coa tarima Edge, un perfil moi versátil desenvolvido especificamente para conseguir un acabado máis estético nos bordos de terrazas e escaleiras. Ao tratarse dun perfil compacto, as tarimas poden cortarse na forma xeométrica desexada. A todo iso súmase unha gran gama de accesorios que facilitan a montaxe, e mesmo un perfil para escaleiras que per-

mite dispoñer de varios niveis, aínda que os terreos sexan desiguais. Un sistema de iluminación, a base de focos leds, acaba de completar o conxunto para obter un exterior espectacular. Estrea primavera coa innovadora proposta que che ofrece este novo produco para a personalización do teu espazo exterior. O chan para exteriores RELAZZO de REHAU, convértense na mellor elección pola súa elevada calidade, durabilidad e deseño.

De venda en: www.3milenio.es MOBILIARIO URBANO


20

Xornal 21 Abril 2016

Suplento Especial Fogar

A cociña, o lugar máis transformado do fogar Co paso dos anos, e nunha sociedade cada vez máis moderna, as cociñas convertéronse en parte fundamental das vivendas. Ningún outro espazo dos fogares experimentou tal transformación. Dun tempo para acó, deixaron de ser un lugar destinado só para o uso culinario, pasando a erixirse como a estancia máis importante e funcional de calquera vivenda. Redacción

e gañando con iso en funcionalidade, que apostar Ás cociñas fóiselles dando maior protago- polo deseño e o resultado estético. Por exemplo, nismo e maior diversidade de usos. Na actuali- As barras e illas centrais quedan limitadas a dade, demándanse outros elementos que com- amplos espazos con metros cadrados dabondo. plementan aos compoñentes tradicionais, como Xa sexa cun orzamento folgado ou non, o barras de almorzos, mesas auxiliares para a vida importante é a capacidade de almacenamento, cotiá e, mesmo, mesas de traballo. a funcionalidade e a estética. Os orzamentos Os orzamentos de cociñas abarcan un amplo espectro, posto que entran en xogo numerosos aspectos que fan que o prezo de reformar a cociña sexa máis ou menos elevado. Con todo, conseguir deseñar e integrar unha cociña a gusto do cliente, cun atractivo deseño estético e con multitude de elementos funcionais, non implica necesariamente un custo desorbitado. Os fabricantes de mobles do noso país botaron man de todos os seus recursos ao seu alcance para lidar o temporal económico Imaxen dunha cociña realizada por “Construcciones F60”. da crise inmobiliaria, baixando os prezos en gran medida e creando segundas de cociñas están suxeitos a un rigoroso estudo marcas máis alcanzables economicamente. do espazo para analizar as diferentes opcións e Nos orzamentos de cociñas, o rango é tan distribucións. A tendencia actual é esconder toamplo que se poden adaptar a todo tipo de petos, dos os elementos (electrodomésticos e tiradores sendo posible atopar mobiliario a prezo alcan- incluídos), buscando que todo estea integrado zable sen renunciar á vangarda e ás últimas ten- e unificado. De feito, o sistema de perfís gola dencias. Unha mesma configuración para un (perfil de aluminio oculto) substitúe aos clásicos mesmo espazo pode ter prezos moi dispares en tiradores de cociña, ofrecendo un resultado en función dos materiais, os módulos e os acabados, grao sumo moderno e integral, deixando de lado podendo custar desde uns 2.500 euros ata o as ostentacións. que o cliente desexe desembolsar. E é que, a As cociñas macizas de madeira, con diferentes gran variedade de herraxes que hai no mercado, relevos e molduras, deron paso a deseños miasí como, por exemplo, os caceroleiros extraíbles nimalistas e lisos, que facilitan a limpeza e o de gran tamaño ou as vitrinas, poden repercutir mantemento. Respecto dos novos materiais, o de maneira considerable no prezo final. É por estratificado e a melamina decorativa continúan iso que no prezo de reformar cociña inflúen sendo os máis demandados, abrigo, por prácticos, moitos factores. económicos e duradeiros. As encimeras sintéticas No caso dos espazos máis reducidos, o acon- tamén van gañando terreo ás encimeras lamisellable é esquecerse da estética e o deseño, para nadas convencionais. Despuntan tamén os macentrarse na funcionalidade e a capacidade. É teriais porcelánicos que, a diferenza do corian moito máis práctico facer unha óptima distri- ou cuarzo, soporta a calor e pódese cortar dibución, colocando os máximos mobles posibles rectamente sobre a superficie.

É hora de preparar a túa piscina para o verán Para manter a túa piscina en perfectas condicións de uso segue estes útiles consellos e aforra tempo e diñeiro. Redacción

Para unha posta a piques da túa piscina debes realizar os seguintes pasos: Primeiro debes calcular o volume da piscina: Todos os produtos químicos dependerán do volume da mesma. Para calcular o seu volume debemos coñecer a profundidade media da piscina sumando a profundidade máxima e a mínima e dividindo o resultado máximo entre dous. Dependendo da forma da piscina o cálculo será diferente, pois no caso de piscinas rectangulares multiplícase: longo X ancho X profundidade media. A preparación para os primeiros baños da tempada: Para a preparación dos primeiros baños da tempada necesítase regular o ph da piscina, desinfectar a auga engadindo cloro, previr as

algas e evitar a floculación (hai partículas pequenas como fungos e saes que non se poderán evitar se non é co uso de floculantes). Se non se realizou un mantemento da piscina durante os meses de inverno, os expertos recomendan que baleires a piscina e límpela antes de volver enchela. Lembra tamén que todos os produtos químicos que comentabamos anteriormente deben estar autorizados para o seu uso doméstico e fornecerse durante a tarde ou noite. Finalmente para mantela ao día durante os meses de uso deberás controlar o nivel de cloro, controlar o nivel de PH, usar limpiafondos, utilizar o recollefollas, limpar os filtros de area e acender a depuradora como mínimo 8 horas ao día.

& Construción


Suplento Especial Fogar

& Construción

Abril 2016

Xornal 21

21

Breves

Entra en vigor a nova Lei do solo A finais de marzo entraba en vigor a nova Lei do Solo, logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Un dos principais obxectivos que se marca este texto lexislativo é facilitar e axilizar a redacción dos planeamentos urbanísticos dos concellos galegos, de xeito que todos os concellos poidan contar cun instrumento de ordenación. A nova Lei do solo é un texto

máis sinxelo e simplificado, coa redución dun 31% de artigos respecto da normativa anterior; e que prevé a redución de trámites, acurta nun 75% a tramitación autonómica dos plans. Nace con vocación de futuro e de permanencia e pon o interese xeral que supón a paisaxe por riba de calquera interese privado ou particular… Segue lendo en xornal21.es

Construción americana en España: mitos e realidades

© Purestock

Catro millóns de casas sen medidas de seguridade Pese ao crecente aumento dos roubos en vivendas, en España segue habendo máis de catro millóns de fogares sen medidas de seguridade, por exemplo alarmas para casas. Resulta ilóxico vendo o número de furtos e violacións que se producen ano tras ano e que parecen non parar. Pero esa a desprotección dos fogares non se limita só a non posuír alarmas e é que, segundo un informe publicado pola División de Fogar dunha coñecida aseguradora, aproximadamente 11 millóns de vivendas en España non están aseguradas contra roubos, o que supón un sorprendente 42% do total. Este dato é igual de sorprendente que preocupante. Soamente durante o 2015 producíronse 120.000 furtos en vivendas, un 70% dos rexistrados hai menos de 10 anos, en 2007, xusto antes do estalido da crise económica, segundo rezan os datos que facilita unha fonte tan fiable como é o Ministerio do Interior. Realmente, coñecendo esta situación hai xente que se resiste aínda que sexa a instalar alarmas para casas nos seus fogares? Parece unha temeridade que pode custar moi caro, posto que, aínda que a cifra é lixeiramente inferior á de 2013, o certo é que si que existiu un aumento no número de furtos con violencia, e intimidación. Un aspecto para ter moi presente neste tipo de casos é que non se produce unicamente un dano ou perda de bens materiais ou diñeiro, se-

nón que se crea unha situación de vulnerabilidade, de ferida psicolóxica e impotencia que non chega a reparar as indemnizacións por danos e prexuízos. É un feito constatado que a crise económica que azoutou España nos últimos anos propiciou que se disparasen os roubos en casas particulares. De feito, segundo o informe anteriormente citado, nos fogares que se atopan baixo a súa protección prodúcese un intento de furto cada 34 minutos. Ademais, segundo púidose extraer dos datos, a posibilidade de que este delito ocorra nun chalé é máis do dobre con respecto a un piso. A pesar de todas as alarmas para vivendas que se poden instalar, os ladróns seguen tendo certas técnicas para tratar de entrar nos fogares. A máis habitual é a de colocar “marcadores nas casas”, un método polo que colocan durante varios días un plástico ou papel entre o marco e a porta para saber cales están baleiras. A segunda técnica máis socorrida é a do “método do escalo” por fachadas e a terceira vestirse coma se dun profesional de servizos de auga, gas ou repartidores tratásese.

Xa o dicía Albert Einstein: "Non pretendamos que as cousas cambien se sempre seguimos facendo o mesmo. É na crise onde nace a inventiva, os descubrimentos e as grandes estratexias". E non ía desencaminado o xenio, cando precisamente podemos comprobar como, nos últimos anos, conforme se foi reducindo o sector da construción, é tamén cando máis alternativas de solucións construtivas xurdiron, de tal maneira que, a día de hoxe, termos como construción industrializada, modular ou prefabricada, convertéronse no pan o noso de cada día dos estudos de arquitectura nacionais, curiosamente nun país con tradición

tan "ladrillera" como é España. Unha desas novas alternativas que se está implantando cada vez con máis forza dentro do sector, é o denominado sistema de construción "americano". Este sistema típico dos países anglosaxóns e nórdicos, mestura calidades da construción modular e industrializada co uso predominante da madeira como elemento construtivo. O resultado é un sistema construtivo áxil, versátil, e modular, pero con maior liberdade creativa que a maioría de sistemas prefabricados do mercado, que quedan sometidos a deseños moito máis repetitivos e/ou monótonos. Máis info. xornal21.es

A rehabilitación en España fai un salto cara a adiante, aumentando nun 13% Os visados para a reforma ou restauración de vivendas en España situáronse en 21.474 unidades entre xaneiro e outubro de 2015, o que supón un aumento do 13% con respecto ao mesmo período do ano anterior (19.011 permisos), segundo os datos recolleitos polo Ministerio de Fomento. Desta maneira, os permisos para reformar vivendas mante-

ñen unha tendencia de crecemento nos 10 primeiros meses de 2015. En 2014, os permisos para rehabilitar pisos sumaron catro anos consecutivos de caídas e marcaron un mínimo na serie histórica nos datos do Ministerio. Por outra banda, os visados para ampliar as residencias reducíronse un 12,3% ata outubro, con 1.156 unidades (1.318 en 2014). Máis info. xornal21.es

Cinco consellos para alugar un piso en tempo récord Cada vez son máis as persoas que deciden alugar no canto de comprar. Durante o ano 2015 a demanda de aluguer aumentou en 21% no noso país respecto ao ano anterior. Con todo, a oferta na internet é tan ampla que á

hora de poñer un piso en oferta, é necesario destacar por encima do resto. Para iso, os expertos dun portal de reservas online dannos 5 consellos crave para que o voso anuncio non pase desapercibido… Continúa en www.xornal21.es


22

Xornal 21 Abril 2016

Salceda de Caselas

O Concello de Salceda asegura que “facilita os pagos dos recibos de Catastro” O PP dí que propuxera a rebaixa do tipo de gravamen nun 0,50% para o 2016, "pero o alcalde ralentizou o procedemento para que non se puidera aplicar ata 2017" explican. O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellería de Facenda que dirixe José Luis González, ven de informar das facilidades que pon a disposición dos veciños e veciñas para realizar os pagos dos recibos do ORAL que están a recibir estes días despois do Proceso de Regularización catastral levado a cabo pola Delegación de Catastro do Ministerio de Facenda. Así, as débedas de ata 600 € poderán fraccionarse ata nun máximo de 6 meses, as débedas de 601 a 2.400 € ata 10 meses, as débedas de 2.400 a 6.000 € nun máximo de 15 meses, e a partires de 6.000 € as débedas poderán dividirse ata en 18 meses. O Concello

facilita esta medida conscientes da dificultade que para moitas familias pode supoñer o ter que facer frente ao pagamento das cantidades que se lles reclaman. Lembran dende o Concello de Salceda que a revisión dos bens inmobles iniciouse no 2013 polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas en todo o territorio español, e culmina neste ano 2016. O Estado trata así de detectar as melloras, ampliacións e novas edificacións realizadas polos veciños e veciñas, co obxectivo de que o Catastro teña información das modificacións realizadas e que, polo tanto, os seus propietarios paguen por elas. A ferramenta empregada, ademáis

do traballo de campo realizado, foi a das ortofotos, é decir, imaxes aéreas que reflicten os cambios realizados. Lembran tamén dende o Concello que hai xente que xa leva tempo pagando por todo o que ten (piscinas, galpóns, porches, bodegas, etc). Esta regularización corrixe estas desigualdades con respecto ós veciños e veciñas que xa estaban pagando por todo o que tiñan con respecto aos que non o facían. Lembran ademáis dende o Concello, que con este proceso evítanse as multas que poderían ter que afrontar os propietarios por non ter declaradas estas edificacións no rexistro do Catastro tal e como obriga a lei. Tras a regularización levada a cabo, agora os propietarios están a recibir nas súas vivendas os recibos do ORAL dos últimos catro anos (os anteriores prescribiron), polo que o Concello de Salceda se suma ás medidas de fraccionamento posibles para facilitar o pago dos mesmos aos seus veciños e veciñas. Para

A plataforma Pediatría Colapsada e Inaccesible “contenta” pola construcción do novo Centro de Saúde

elo, os afectados poden dirixirse á oficina habilitada para os temas relacionados con Catastro, no segundo andar da Casa do Concello. Jose Luis González, Concelleiro de Facenda: “Estamos ante un proceso do Ministerio de Facenda que afecta a grande parte dos nosos veciños e veciñas, sobre todo os habitantes do rural e que corrixe as desigualdades entre uns e outros. Poremos todas as ferramentas que a lei nos permita a disposición dos veciños e veciñas de Salceda para que estes e outros pagamentos desequilibren na menor medida posible as economías familiares”.

O PP de Salceda acusa ao alcalde de "venderlle favores aos veciños co aprazamento do IBI" Tralas declaracións do alcalde de Salceda de Caselas nas que asegura que o Concello facilitará os pagos dos atrasos dos recibos do IBI, o voceiro do Partido Popular aclara que "esta non é unha medida que aplique e dependa do Concello, xa que calquera veciño que teña un recibo pendente, emitido polo Oral, pode solicitar o seu fracionamento, tal e como recolle a Ley General tributaria, así como a Ordenanza Fiscal Xeral do ORAL publicada no BOP o 30 de abril de 2013". Nesta liña, Santiago Rodríguez Davila considera que "o alcalde pretende venderlle favores aos veciños cando hai unha lei e unha ordenanza que regula este aprazamento, pero con xuros, non a custo cero". A regularización do IBI implicará uns in-

gresos para o Concello de 320.000 euros, que lle servirán ao alcalde para pagar as cacicadas que fixo sen consignación orzamentaria en vésperas de eleccións "Ademais, o PP propuxera a rebaixa do tipo de gravamen nun 0,50% para o 2016, no pleno do 3 de novembro de 2015, pero segundo recorda o voceiro popular, o alcalde ralentizou o procedemento para que non se puidera aplicar en 2016, pero nun puido evitar a súa aplicación para 2017, tras ser aprobado polo pleno na sesión do 18 de decembro de 2015" sinala. "O tipo de gravamen aplicado polo Concello repercute na cuota a pagar, polo tanto, o alcalde non só non ten nada que ver no aprazamento ao que se poden acoller os veciños

para pagar os seus recibos, se non que se negou ademais a rebaixar este gravamen cando o PP llo propuxo" indican. Engaden que "os veciños teñen que coñecer as manobras que fai o alcalde de Salceda de Caselas, que non se corta á hora de insinuar e de facer ver que o Concello beneficia aos veciños, cando é el mesmo o que se nega a aplicar medidas que lles favorezan". O voceiro do PP sinala ademais que "a regularización do IBI, implicará uns ingresos para o Concello de 320.000 euros, que lle servirán, entre outras cousas, para pagar as facturas de obras feitas en plena campña electoral sen a súa correspondente consignación orzamentaria, é dicir, para pagar as cacicadas do alcalde en vésperas de votacións".

O PSOE insiste na necesidade de diálogo e consenso na zona industrial de O Cerquido para “evitar especulacións” A voceira socialista segue incidindo na necesidade urxente de planeamento da zona de O Cerquido, “era un punto do noso programa e seguimos defendendo a ordenación da zona industrial espontánea, para que teña as características de polígono industrial e as empresas poidan realizar a súa actividade coa seguridade xurídica necesaria, crecer e permitir a instalación de novas empresas, dinamizando así o tecido empresarial”. "O que non defendemos dende o grupo municipal socialista foi a forma de facelo, onde se adscribía un terreo de Rede Natura á zona industrial en solo rústico, con un único e claro beneficiario que era a empresa que mercou terreos a baixo custo e que dese xeito tería ese chan con moito máis valor na zona industria" explical. Xa na comisión informativa como no propio pleno -aseguran"deixamos clara a nosa posición a través do voto particular, 'futuro polígono industrial si, especulación non'. A iniciativa que presentamos con este voto era transparente e clara, ordenar a zona industrial, sen a inclusión do terreo de Rede Na-

tura que non vai a proporcionar máis postos de traballo, porque nela non se pode actuar". “Que non se aprobase tal como o Sr. Alcalde o presentou, non quere dicir que haxa que deixar morrer un asunto de vital importancia para o noso concello”, afirman dende o grupo municipal. A voceira insiste unha vez máis “díxeno dende un primeiro momento, o goberno terá o noso apoio en todo aquilo que sexa bo para Salceda e rexeitaremos o que non, e dende logo non apoiaremos nunca movementos especulativos, nin nos venderemos a intereses urbanísticos, como se pretendía aprobando o planeamento de O Cerquido deste xeito”, recalca Verónica Tourón. Os socialistas fan un chamamento para traballar conxuntamente no seno da corporación municipal e que se realice este planeamento contando con todos os grupos, abrindo un proceso informativo, de diálogo e de consenso, e tamén de interlocución cos interesados. “Apoiaremos un proxecto claro, par-

ticipativo e transparente. O goberno, co Sr. Alcalde á cabeza, ten que sentarse a dialogar e tentar de chegar a un consenso, nun tema tan relevante e importante como é a zona industrial de O Cerquido”. Considerando "a importancia deste asunto para o futuro de Salceda", os socialistas acaban de rexistrar unha moción para a creación dunha comisión informativa especial, para tratar este asunto de forma específica e facelo con extremo rigor. Aseguran, se porán a traballar para que así sexa e se realice o traballo baixo estas premisas. “Tendemos a man a un traballo conxunto, rigoroso, claro e transparente, onde non existan prácticas especulativas e se vaia co interese xeral por diante”.

A Louriña

Dente a plataforma Pediatría Colapsada e Inaccesible celebran o “remate dunha etapa e o comezo de outra”. Despois da firma, o pasado día 29, polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e o alcalde Marcos Besada, do convenio de colaboración para a construción do tan esperado Centro de Saúde. A plataforma asegura que esta “moi contenta por chegar ata este punto, esperamos poder gozar do novo Centro de Saúde o antes posible, para ter a accesibilidade que todo o mundo se merece”. En canto a crear prazas novas de pediatría ou médico de familia, explican que “teremos que esperar a ter este novo Centro de Saúde en funcionamento, e que sanidade estime oportuno crear estas prazas en función dos usuarios nese momento. Por suposto haberá mais salas de consultas e enfermerías que no actual”. Por último queren dar as “grazas a toda a xente que nos apoiou. Creemos que o noso esforzo esta sendo recompensado pasiño a pasiño, ata chegar o final”.


Val Miñor

Abril 2016 Xornal 21

Nigrán | Gondomar | baiona

23

O Concello de Nigrán Un grupo de 30 operadores de dispón dun novo almacén turismo arriban a Baiona para coñecer en Porto de Molle as posibilidades turísticas da vila

A medida, de carácter transitorio ata a compra dunha parcela e posterior construción dun local propio, vén respaldar o impulso do polígono empresarial por parte da administración local. O Concello de Nigrán xa dispón dun novo almacén municipal para o departamento de Vías e Obras no Parque Empresarial Terciario Porto do Molle. Trátase dun espazo de 738 metros cadrados localizado no módulo central do polígono, na nave 6-D, cuxo aluguer mensual é un 40% inferior ao que se pagaba polas antigas instalacións. Así, o custe actual sitúase en 1.691 euros ao mes, lonxe dos 4.235 euros mensuais que supuña a nave arrendada na rúa dos Pazos. Este novo espazo, moderno e dotado de todos os servizos, consta de tres plantas, unha baixa, na que se garda o groso do material e dúas superiores, que nun futuro se poderán utilizar como oficinas. Cumpre, ademais, todos os requisitos precisos relativos á normativa de saúde laboral e seguridade contra incendios. “Este novo emprazamento, no centro do municipio, vén respaldar a nosa aposta como administración local polo crecemento e consolidación de Porto de Molle como foco industrial da comarca", apuntou Juan González, alcalde de Nigrán. O responsable precisou que os vehículos municipais que antes se aparcaban no almacén se trasladaron á antiga escola taller de artes e oficios da rúa Paradellas, detrás do IES Val Miñor, no que tamén se atopan os vestuarios para o persoal laboral. O traslado do material e das ferramentas realizouse a principios de marzo, mes no que vencía o contrato de aluger firmado polo anterior goberno municipal en 2012 e que supuña un desembolso de case 51.000 euros anuais, sen contar o custe das reformas que se efectuaron no local, que ascenden a 28.909 euros. A isto hai que engadir que o solo no que se sitúa a nave é rústico, non industrial, de xeito que non é posible obter licenza para o seu uso como almacén. "Xa dende a oposición criticamos o derroche que supuña para as arcas municipais o arrendamento durante os catro anos do antigo local”, lembrou o rexedor.

Unha das promesas do goberno de Nigrán era buscar unha solución a este gasto desmedido, polo que unha vez concluído o contrato de aluguer, decidiron non renovalo e emprazar, con carácter temporal, o almacén municipal nunha das naves bioclimáticas de Porto do Molle por un prazo de dous anos prorrogables. Durante este período de tempo, o Concello ten previsto adquirir unha parcela no parque empresarial para construír un espazo propio co préstamo concedido pola Deputación de Pontevedra en agosto de 2015 e que ascende a 344.679,41 euros. “Estamos moi satisfeitos por ver cumprida unha das nosas promesas electorais, que permitirá aforrar unha importante cantidade de cartos ás veciñas e veciños de Nigrán”, declarou González, quen salientou a instalación do almacén no parque industrial, “que se está a converter nunha parte moi importante do presente e o futuro do municipio”.

PARA O PP “É MÁIS CARO” “Xa está ben de tanto conto e tanta mentira. A falsidade e demagoxia do goberno socialista só trata de enmascarar a parálise deste goberno municipal. A información que transmite o goberno socialista é falsa: nestes momentos alugouse unha nave moitísimo máis pequena que a que xa existía (pásase de máis de 2.000 m2 a pouco máis de 600 m2) e que non cobre con todas as necesidades de almacenamento que ten este concello; e comparativamente o prezo do metro cadrado salgue máis caro agora que durante o mandato anterior” explican os populares. O GPdN asegura que “a decisión do actual goberno municipal de abandonar a actual nave municipal e asinar un aluguer dunha nave en Porto do Molle xa está a xerar e agravando problemas porque non ten suficiente capacidade para cubrir as necesidades de almacenamento que na actualidade ten o Concello”.

A Concelleira de Turismo do Concello de Baiona, Beatriz González Pérez, recibiu o pasado día 15 a un grupo de 30 operadores de turismo de diferentes puntos de España que realizaron a travesía do primeiro mini cruceiro que desembarca na Real Vila co fin de coñecer de primeira man os innumerables atractivos da localidade que darán a coñecer e que promocionarán despois. Na súa visita á localidade, o grupo realizou a ruta pinzoniana polo que visitaron todos os recursos directamente relacionados co descubrimento de América: O Monumento Ato-

noso turismo permitindo que os comerciantes e hostaleiros teña unha maior afluencia de público en tempada baixa, polo que serán os grandes beneficiarios desta pioneira iniciativa”. “Ademais, trátase dun gran número de operadores que darán coñecer as posibilidades turísticas de Baiona”, matizou a edil. A visita deste Os operadores de turismo grupo de operadoarribaron en Baiona res de turismo enmárcase dentro da repartidos nun barco nova iniciativa de e en tres veleiros. mini cruceiros polas Rías Baixas, que po Entre Dous Mundos, o Paseo busca desestacionalizar o turismo Ribeira e o Pozo da Augada, o e que o combina coa oferta paMueso flotante da Carabela Pinta, trimonial, cultural e gastronómica. e o centro histórico da localidade. A acción está posta en marcha Na citada ruta tamén se lles expola Asociación Galega de Actiplicou a vinculación de Baiona vidades Náuticas. Os cruceiros coa expedición da Carabelas ao poderán realizarse en barco de paser o primeiro porto en ter cosaxe ou en veleiro e cuxa duración ñecemento do novo mundo. pode oscilar entre un e tres días. “O feito de que se inclúa a Aloxamento en hoteis e visitas Baiona como porto ao que arriban a adegas e restaurantes son os alidirectamente cruceristas é trecientes dun plan apoiado desde mendamente positivo para o mua Axencia Galega de Turismo, nicipio. Esta nova oferta turística Portos de Galicia e o Concello supoñerá a visita de máis de de Baiona. Os mini cruceiros que 10.000 cruceristas entre os meses comezaron este mes e manteranse de abril e outubro, o que benefiata mediados de outubro. A vila ciará de maneira directa á econode Baiona está incluída nos semía baionesa, destacou González. guintes itinerarios: o dos Tesouros Para a Concelleira, que a Asociadas Rías de Galicia, o que realición Galega de Actividades Náuzaron os operadores de turismo, ticas escolla a cidade como porto que contempla tres días de sinde escala "supón unha forte lomgradura -venres, sábado e dominbeirada para desestacionalizar o go-, do que uno deles se pernotará

e ceará na Real Vila. A outra modalidade, Cruceiro Illas Atlánticas e vilas mariñeiras, que inclúe un periplo de seis días -con saída o martes e chegada o domingo (en xullo e agosto serían 7 días, incluíndo o luns), cuxos pasaxeiros visitasen o municipio baionés. Esta oferta imita a outras desenvolvidas no Douro por operadores lusos e en Bretaña por operadores de turismo franceses. No caso de Baiona faranse escalas para visitar a Vila e todos os recursos directamente relacionados co descubrimento de América, igual que hoxe fixeron os profesionais, ademais para cear nos restaurantes participantes e pernoitar nos hoteis seleccionados. O Alcalde de Baiona, Anxo Rodal, mostrouse moi satisfeito porque Baiona estea incluída no itinerario: “Que Baiona estea incluída no itinerario non é casualidade. A nosa Vila é un referente turístico e gozamos dun rico patrimonio paisaxístico, ambiental e cultural que non pasan desapercibidos e que a xente demanda”. Entre os obxectivos búscase desestacionalizar a oferta turística, así como aproveitar os recursos locais para atraer visitantes, integrar a oferta en terra coa oferta desde o mar, aumentar os barcos en tránsito ou aumentar a venda de produtos de calidade locais a través dos menús específicos que ofrecerán os restaurantes colaboradores. Desta iniciativa beneficiaranse os hoteis, restaurantes, comercio, confrarías de pescadores, portos deportivos, é dicir, o destino en xeral. A idea é atraer turistas de poder adquisitivo medio-alto en tempada baixa a través dun dos nosos principais recursos: o mar.


24

Xornal 21 Abril 2016

Nigrán | Gondomar | baiona

A mancomunidade do Val Miñor recibe material de seguridade para combater a avespa asiática A dotación, composta por tres traxes especiais, xa se lle entregou ao Grupo de Emerxencia Supramunicipal. Redacción Val Miñor

A Mancomunidade de Concellos do Val Miñor (MCVM), integrada polos municipios de Nigrán, Gondomar e Baiona, vén de recibir novos materiais para combater a avespa asiática "con todas as garantías de seguridade", segundo afirmou Juan González, presidente da agrupación e alcalde de Nigrán. A dotación, cedida pola Xunta de Galicia, consta de tres traxes especiais, un de máxima protección e dous estándares, que o Concello de Nigrán xa entregou ao Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES), encargado da identificación e destrución dos niños da vespa velutina na comarca. Este equipamento permite a manipulación dos cortizos evitando a picadura do aguillón deste insecto, que pode alcanzar entre os 3 e os 6 milímetros de lonxitude. A MCVM está pendente, ademais, do envío dunha pértega adaptada para que os efectivos do GES poidan acceder aos avespeiros con maior facilidade, xa que xeralmente se localizan nas copas das árbores, a moita distancia do

chan, e inxectar así un insecticida específico (biocida) para a súa posterior destrución. "É a primeira vez que se proporcionan estes medios aos efec-

Val Miñor

A Marcha homenaxe ás víctimas do accidente da Guarda celebrarase o 1 de maio Tras non poder desenvolverse na data inicialmente prevista do pasado 20 de marzo ao coincidir co inicio da campaña de desprazamentos da Semana Santa, a Marcha homenaxe ás víctimas do accidente da Guarda celebrarase o vindeiro 1 de maio. A Federación Galega de Ciclismo e a Federación Galega de Tríatlon xa dispoñen de todos os permisos necesarios para levar a cabo esta concentración na honra do falecido José Antonio Casas Pérez (“Ñito”) e do resto de deportistas involucrados no tráxico suceso do 12 de marzo na PO-552. O lugar de concentración será a Ponte Romana da Ramallosa, no concello pontevedrés de Nigrán, onde ás 10:00 horas arrancará o pelotón formado por todas as persoas que se desexen sumar a esta iniciativa para percorrer en bi-

nistracións para poñer en marcha accións coordinadas de cara á erradicación desta praga", subraiou González. Neste sentido, o presidente da Mancomunidade destacou o plan de actuación contra estes predadores que se puxo en marcha o ano pasado no Concello de Nigrán, e que permitiu retirar máis de 110 niños deste insecto. Este ano estase a incidir

cicleta o traxecto ata o punto do sinistro. O accidente do que xa se cumpriu un mes custoulle a vida a “Ñito”, membro do clube Miñor Bike, e deixou sete feridos máis, tres deles aínda hospitalizados, que pasaron a engrosar a lista negra de víctimas mentres practicaban deporte nas estradas galegas e españolas nos últimos tempos. Lucindo crespóns negros en sinal de loito, os participantes rodarán aproximadamente durante hora e cuarto atravesando os concellos de Nigrán, Baiona, Oia e A Guarda, onde deixarán de dar pedais no escenario do accidente, no punto kilométrico 44 da estrada PO-552. Alí, procederase a ler un manifesto de apoio aos achegados das víctimas e no que se reivindicarán respeto e medidas a prol dos usuarios da bicicleta.

Baiona planea unha posta en valor do Faro Silleiro tivos do GES para loitar contra a avespa asiática nunhas condicións óptimas e que non entrañen risco para a súa saúde. Isto dá conta do esforzo que estamos a facer dende as distintas admi-

ademais na prevención, coa colocación de 50 trampas que atraen ás raíñas iniciadoras en nove puntos estratéxicos da localidade nos que en 2015 se detectaron más cortizos.

A posta en valor do faro de Cabo Silleiro a fin de usar este enclave como elemento dinamizador do turismo pode estar un pouco máis preto. É a principal conclusión da reunión mantida en Vigo polo Alcalde de Baiona, Anxo Rodal, co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga. Durante a reunión Rodal, mos-

trou un gran interese do equipo de goberno baionés por potenciar dous dos monumentos emblemáticos que a autoridade portuaria ten en propiedade na zona: os faros de Cabo Silleiro. O faro menor sitúase na zona baixa, o maior emprázase sobre o monte e ambos contan cunhas vistas espectaculares sobre o océano Atlántico.

Vitoria lusa no Trofeo AXA Axustadísima vitoria da tripulación portuguesa do Fifty no Trofeo AXA organizado por Monte Real Club de Iates. O equipo patroneado por Rui Ramada, finalizou a competición empatado a puntos co Bosch Service Solutions e o Aceites Abril, e o sistema de desempate recolleito no regulamento outorgoulle a vitoria aos lusos. Ouro pois para os do Monte Real Club de Iates, e prata e bronce, respectivamente, para o Bosch Service Solutions de Ramón Ojea, do Club Marítimo de Canido; e o Aceites Abril do Real Club Náutico de Vigo, con Luís Pérez Canle á roda. A competición iniciouse o sábado 16 cun atraso de trinta minutos sobre o horario previsto a causa do vento, que tardou en entrar na baía de Baiona. Os ORCs saíron en regata costeira rumbo a Borneira, pasando por Carallones e A Negra. Realizaron case trece millas de percorrido cun vento duns 8 nós de media. En ORC 1, a primeira posición foi para o Fifty de Rui Ramada, do Monte Real Club de Iates, seguido do Aceites Abril do Real Club Náutico de Vigo, lide-

rado por Luís Pérez Canle. Completou o podio o Starfighter de Xullo Rodríguez, tamén do náutico vigués. En ORC 2, o Bosch Service Solutions, con Ramón Ojea á cana, logrou o ouro e deixou a prata para o Marara 4 de Javier Montenegro, que navegou polo Club Marítimo Rías Baixas. En ORC 3, Jean Claude Sarrade, do Monte Real Club de Iates, levou ao seu equipo ata o primeiro posto do trofeo; e a Burla Negra, do Real Club Náutico de Vigo, quedou segundo. Na competición dos monotipos J80, a tripulación lusa do Miudo, de Francisca Barros, conseguiu escalar da terceira posición que lograra na primeira etapa ao posto de honra. levou o ouro do campionato, deixándolle a prata e o bronce ao Lúa Nova de Juan Luís Tuero e ao Virazón de Gerardo Alonso, que finalizaron a regata empatados a puntos. Na clase Fígaro, o Tutatis de Carlos Hernández, cunha tripulación de alumnos do equipo de regatas do Monte Real Club de Iates, conseguiu selar a vitoria conseguida na xornada inicial. Fíxoo ao lograr dous primeiros pos-

Tripulación do Fifty - Gañador do Trofeo AXA.

tos nas regatas disputadas este sábado. A segunda posición dos monotipos foi para o Serralleiras de Víctor Calviño, e o Silleiro de Santiago Meygide, empatado a puntos co Serralleiras, logrou un meritorio terceiro posto. Unha vez finalizadas as últimas probas da competición, o Monte Real Club de Iates acolleu a en-

trega de premios aos gañadores, un acto no que participou a directora territorial de AXA Seguros, Mar Romeu. Tamén estivo presente a concelleira de turismo de Baiona, Beatriz González; Ramiro Paz, de Ramiro Paz e Asociados, como colaborador do trofeo; e o presidente e varios directivos do club organizador.

Concluído o Trofeo AXA, o Monte Real Club de Iates prepara xa a súa próxima gran competición, a Regata de Primavera ? Trofeo Repsol, que neste 2016 cumpre o seu trixésimo novena edición. A cita será os días 30 de abril e 1 de maio nas rías de Vigo e Pontevedra, e xa está aberto o prazo de inscrición.


O Condado

Abril 2016 Xornal 21

Mondariz | Mondariz balneario | As Neves | Salvaterra de Miño | Ponteareas

Roi Groba será o pregoeiro do Corpus 2016 O xornalista ponteareán de RTVE será o encargado de inaugurar a maior festividade de Ponteareas. A Xunta de Goberno Local VÍNCULO CON PONTEAREAS O seu vínculo con Ponteaaprobou por unanimidade a designación de Roi Groba como reas vén “polo sangue e polo senpregoeiro das Festas do Corpus timental”; toda a miña familia Christi 2016 en Ponteareas. O provén da Vila do Corpus”, xornalista ponteareán de 35 anos, afirma o xornalista. O seu pai actualmente presentador da sec- Manuel-, é natural de Guláns. ción deportiva nos informativos O seu avó paterno era Alfredo matinais, conta xa cunha longa traxectoria na radio televisión pública estatal. Na actualidade traballa Un “comunicador con editor e presentador como moito talento, novo e con formidable proxección da sección de deportes do dentro dunha das canles Telediario Matinal (de luns televisivas de referencia no a venres, de 6’30 a 8’30h) eido internacional, que de seguro nos axudará a seguir levando o Corpus a aqueles lugares onde aínda non “da Almuíña”, gaiteiro moi lemsexa tan coñecido”, asegurou o al- brado na parroquia. E a súa nai -Maricarmen-, é de Xinzo, filla calde, Xosé Represas.

de Manolo “do Rochiña”, garda forestal da zona. “O meu pai marchou a traballar a Madrid antes de que eu nacera, así que eu son -como se adoita dicir-, fillo da emigración. Pero a pesar da distancia física, toda a miña vida me sentín moi preto de Xinzo, Guláns, Ponteareas e das súas xentes. A nosa casa en Madrid foi sempre un pequeno reduto ponteareán, onde sempre se falou en galego, e onde os costumes, celebracións e idiosincrasia sempre foron as de aquí, non as de alá”, asegurou o propio Groba.

Ponteareas leva a Pleno ampliar a cobertura das axudas de emerxencia social A sesión plenaria ordinaria do vindeiro martes, 19 de abril, servirá para debatir a aprobación da Ordenanza Municipal de Emerxencia social. A proposta, que será presentada polo concelleiro de Servizos Sociais, Manuel Troncoso, é “o resultado dun traballo conxunto realizado por todos os axentes que forman o Consello Sectorial Social e cuxa elaboración foi rexida baixo parámetros de democracia participativa”, tal e como vén de afirmar o propio Troncoso. O goberno local, que xa anunciou un incremento de máis 50% na partida orzamentaria de 2016 destinada a tratar os casos de emerxencia social constatados polo departamento municipal de Servizos Sociais, pretende, coa aprobación desta ordenanza, “seguir aumentando o número de instrumentos que permitan loitar contra a exclusión social, modificando a normativa para atender a máis familias que están nunha situación económica límite e que ata agora quedaban excluídas das axudas de emerxencia social, incrementando a contía das propias axudas e integrando o Centro de Reparto de Alimentos na propia Ordenanza

A modificación da Ordenanza xa foi debatida no Consello Sectorial Social. de Emerxencia Social, para que a xestión do mesmo se realice cos mesmos criterios que o resto das axudas de emerxencia”. As axudas de emerxencia social están pensadas para persoas ou familias que se ven incapaces de cubrir as súas necesidades básicas de alimentación, ou que non son capaces de pagar o aluguer, ou os gastos vinculados á vivienda, como auga, electricidade ou calefacción. Tamén contempla os casos de situacións nos que as persoas teñen que facer fornte a determinados gastos imprevistos e imprescindibles, como os tratamentos para unha enfermidade ou danos na vivenda, pero carecen dos recursos económicos precisos para asumilos. Manuel Troncoso tamén explicou que “as bases existentes na actualidade non contemplan, entre outras cuestións, algunhas axudas como, por exemplo, a dación de alimentos perecedoiros, por iso o goberno optou por modificar o documento e levalo a Pleno para a súa posterior aplicación en

Novo equipo de excarceración

As Neves estrea dominio .gal

Alfonso Rueda, acompañado de José Manuel Cores Tourís, fixo entrega ó Parque Municipal de Bombeiros de Ponteareas dun novo equipo de excarceración para salvamento e rescate no caso de accidentes, composto por unha cizalla, 1 separador, 1 set de proteccións brandas, 6 baterías eléctricas, 1 xogo de puntais de estabilización, 1 protector de airbag e un 1 xogo de bloques e cuñas.

Seguindo na linea de avanzar no uso e potenciación das novas tecnoloxías iniciada xa coa xestión administrativa, As Neves actualiza o enderezo do seu portal na rede, rexistrándoo co dominio .gal. Deste xeito, a páxina web municipal pasa de ser www.asneves.com a www.asneves.gal. Páxina, que ademáis será renovada ao longo deste ano.

beneficio dun maior número de persoas que desafortunamdamente teñen moitas dificultades para cubrir estas necesidades”. As persoas beneficiarias destas axudas deben estar nunha situación de emerxencia social verificada polo departamento municipal de Servizos Sociais. O Consello Sectorial Social é un órgano consultivo formado polo Concelleiro de Servizos Sociais; a concelleira de Benestar e Igualdade; un membro de cada grupo político con representación municipal; un membro de cada grupo político sen representación municipal; un representante de cada asociación e colectivo sen ánimo de lucro que realice actividades sociais demostradas en Ponteareas; un representante de cada organización sindical no ámbito da Comunidade Galega; un representante da FANPO e de cada ANPA con actividade no municipio e un responsable técnico dos Servizos Sociais do Concello de Ponteareas, que actúa como secretario.

A Deputación destina 340.700 € para obras en Salvaterra de Miño A Deputación de Pontevedra, mediante resolucións presidenciais, adxudicou subvencións por valor de 340.700,89 € a favor do concello de Salvaterra de Miño enmarcadas na liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. A través destas subvencións, o concello realizará a pavimentación de pistas municipais. A Deputación de Pontevedra destinou ó concello de Salvaterra de Miño a cantidade total de 634.146,66 € dentro do Plan Concellos 2016

25

Salvaterra celebrou un Taller de Primeiros Auxilios

A Escudería Surco e o Team Medical Sport contando coa colaboura do Concello de Salvaterra de Miño, Federacion Galega de Automobilismo e Ambulancias Ambunova, organizaron a finais de marzo un Taller de Primeiros Auxilios e Seguridade en probas deportivas automobilisticas. Desenvolvida na xornada matinal do domingo, composta de duas partes principais: Organización e estrutura de Seguridade nunha proba deportiva e a segunda parte de Primeiros auxilios enfocados á asistencia en probas deportivas

automobilísticas (Evaluacion do ferido, RCP, REUTE,...), sendo impartido dunha maneira teórico-práctica Esta xornada tivo unha gran acollida, por parte do Concello de Salvaterra de Miño e os alumnos, os cales estiveron moi participativos e preocupados en aprender o máximo posible. Dende a organización agradecen a participación e piden que esta “sexa a primeira de moitas xornadas desta materia, para entre todos nós facer un deporte o máis seguro posible para deportistas, organizadores e afeccionados”.

Unidade de Inspección Técnica de Agrícolas en Salvaterra de Miño O Concello de Salvaterra de Miño informa a todos os seus veciños e veciñas que do 6 ao 9 de maio desprazarase unha Unidade de Inspección Técnica de Agrícolas ao campo de fútbol de Dextros, co obxecto de facilitar o paso da Ins-

pección Técnica aos vehículos agrícolas do municipio. Os horarios serán de 09.00 a 13.30h a 15.15 a 18.00h, para a solicitude de cita precia poden dirixirse ao 902 30 90 00 ou tamén poden facelo a través da páxina web www.sycitv.com

ECOVIÑO INFORMA O VITICULTOR TRABALLOS EN VIÑEDO

• Revisar as bases das cepas e controlar as pragas de caracois. • Manter a cuberta vexetal baixa. • Eliminar “chupóns” e esperguras. • Tan pronto pasen as choivas aplicar un tratamento anti-excoriosis TRABALLOS EN ADEGA

• Facer último analisis pre-embotellado. • Se imos utilizar botellas usadas, separalas por diámetro de boca, lavar e esterilizar. • Comprar cortizas envasadas hermeticamente e de diámetro 5 mm., maior que a boca da botella.


26

Xornal 21 Abril 2016

A Guarda | o rosal | oia | Tomiño | Tui

A Consellería do Mar inviste mais de 70.000 euros na reparación das instalacións portuarias de Tui O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou as instalacións que conforman o porto deportivo de Tui, no río Miño, que conta con case un cento de prazas de atracada para embarcacións, fundamentalmente da sétima lista. Alí adiantou que o seu departamento vai investir máis de 70.000 euros na reparación destas instalacións portuarias, que resultaron danadas polos últimos temporais que afectaron á costa galega. Así, Portos de Galicia procederá ao refincado de catro dos pilotes –adhesión dos pilotes ao solo, á reparación dos accesos aos pantaláns e outras actuacións nas

propias instalacións. Ademais, cabe destacar que o ente público xa retirou 80 toneladas de residuos forestais que arrastrou o propio río e que danaron os pantaláns. Portos de Galicia prevé que as obras estean rematadas nun prazo dunhas semanas, sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan favorables para poder traballar no río. Estas actuacións, enmarcadas dentro dos programas de mantemento e conservación das instalacións portuarias, realízanse co fin de mellorar as vías e accesos aos portos e os servizos portuarios e náuticos, dando resposta ás necesidades dos usuarios que desenvolven a súa actividade neles.

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou esta mañá as instalacións que conforman o porto deportivo de Tui.

A Xunta e o Concello de Oia colaborarán para adaptar o PXOM en trámite á nova Lei do solo A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas recibiu á alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal, co fin de tratar a adaptación do PXOM en trámite á nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia. A alcaldesa trasladou a decisión municipal de non someter o PXOM á consideración do pleno para a súa aprobación inicial antes da entrada en vigor, o pasado día 19 de marzo, da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia, o que se traduce en que “retomarán o traballo feito ata o momento, corrixindo os erros detectados e dándolle un novo impulso para que sexa unha realidade durante o actual mandato municipal”. A secretaria xeral, Encarnación Rivas, comunicou que a nova lei 2/2016 do Solo de Galicia, simpli-

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas recibiu á alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal. /Autor: Conchi Paz

fica e axiliza a tramitación dos novos PXOMs ao unificar o procede-

mento urbanístico co ambiental, e ao reducir de 2 meses a un o prazo

do que dispón o Instituto de Estudos do Territorio para facilitar a documentación que soliciten os concellos para redactar o PXOM. Rivas Díaz, tamén destacou que agora o informe previo á aprobación inicial que emite a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo convértese nunha consulta máis dentro da fase tramitación ambiental, o que axiliza considerablemente os tempos ao concentrar as dúas vías que antes discorrían paralelas (ambiental e urbanística) nun único procedemento. A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este documento que planificará o desenvolvemento do concello do Baixo Miño, para o cal concedeu axudas por importe de preto de 130.000 euros.

Máis de 5.000 mozos e mozas utilizaron O Espazo Xove de Tui A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou este mes as instalacións do Espazo Xove de Tui. Un recurso que empregaron máis de 5.000 mozos e mozas durante o pasado ano segundo os datos presentados na memoria de actividades do centro. Durante a visita, a titular do departamento autonómico, coñeceu de primeira man as actividades que se desenvolven nesta instalación, que forma parte de Rede galega de información xuvenil. Do total de usuarios, 35 corresponden aos músicos dos distintos grupos e solistas que uti-

lizan o local de ensaio co que tamén conta o Espazo Xove. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, conta cun Coordinador de Información Xuvenil en Santiago e un total doce Espazos Xove, nos concellos de Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Chantada, Vilalba, Viveiro e Ourense. Todas elas son oficinas de información xuvenil e de recursos para a mocidade nas que se desenvolven actividades formativas, culturais, deportivas, creativas e artísticas, de lecer e do eido do tempo libre e voluntariado.

Baixo Miño

breves Éxito do curso de Deshabituación Tabáquica Balance positivo do curso de Deshabituación Tabáquica organizado pola concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro. Dez das doce persoas participantes nesta actividade deixaron de fumar o que demostra a grande efectividade das sesións terapéuticas nas que se brindou apoio técnico, consellos e compañía aos participantes.

Decide Galicia presentou a súa candidatura en Tomiño O pasado día 10, Decide Galicia, Coa Voz da Da Xente presentaba no Baixo Miño a súa candidatura ás eleccións primarias de Podemos Galicia. Decide Galicia defínese coma “unha candidatura participativa, ampla, plural, que recolle nos seus documentos formulacións como o de unha persoa un cargo; poder cidadán de revogación; transparencia; independencia financeira; participación; igualdade e conciliación; rotación de cargos ou control democrático”.

O Concello convoca o proceso para a contratación temporal de sete persoas O Concello de Tui procederá en breve á contratación de 4 auxiliares da policía local, un operario de mantemento electricista, un encargado de redes e aplicacións informáticas e un guía turístico. Os 4 auxiliares de policía local serán contratados por período de 4 meses, o operario de mantemento electricista que será contratado durante un período de 6 meses, e 12 meses de duración terá o contrato do encargado de redes e aplicacións informáticas. Mentres o guía turístico será contratado a tempo parcial por un período de 6 meses.


Deportes

Abril 2016

Xornal 21

27

II DESAFÍO OIA “MARQUÉS DE VIZHOJA”

Antonio Liébanas e Aroa Sio impóñense no trail de Oia

Foto de familia dos membros do CD Louro durante a visita de Sergi.

O celeste Sergi Gómez visitou ós cativos do Club Louro-Tameiga O defensa do Celta, Sergi Gómez, visitou este mes ós cativos e cativas do Club LouroTameiga, no Campo de Fútbol de Cototorrón, durante unha hora na que conversou con eles, puideron facerlle preguntas, e el asinoulles autógrafos en botas e balóns e regaloulles fotos. Os 60 nenos e nenas asis-

tentes, acompañados das súas familias, puideron tamén facerse fotos con Gómez para levar como lembranza desta tarde tan especial. Os pequenos eran na súa maioría membros do Club Louro-Tameiga, xogadores das categorías Biberón, Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.

Ademais dos nenos e os seus familiares, estiveron presentes neste acto o presidente do Club, Patricio Farrapeira, e os adestradores dos cativos. Todos os asistentes coincidiron en afirmar que se tratou dunha experiencia moi positiva e enriquecedora, sobre todo para os cativos, que quedaron moi contentos.

O kaiak Tudense gaña a copa de España

Mais de 230 corredores déronse cita no Mosteiro de Oia para non so desafiar á climatoloxía, senón tamén á dureza da segunda edición do xa renombrado trail Desafío Oia “Marqués de Vizhoja”. Por diante mais de 25km de percorrido cuns 1.600m de desnivel positivo acumulado. Tras un duelo emocionante entre os primeiros clasificados, o vencedor da proba foi Antonio Liébanas cun tempo de 2h 37min. 38seg., seguido de Raúl Mantilla a tan só 4 segundos e Estivel Martínez a 9 minutos e medio. Por categorías, en sénior masculino o pódium coincide

coa xeral da carreira. En sénior feminino a primeira clasificada foi Aroa Sio cun tempo de 3h 31min. 19seg., seguida de Raquel Lópeza 20min e Lorena Grégoresa 29min. En veteranos alzouse coa vitoria Miguel Dorado cun tempo de 3h 6min. 18seg., seguido de Jorge Diz a 15 segundos e de José Mª Carpintero a pouco mais de 2 minutos. O mellor corredor local foi Iván Pimentel, oitavo na xeral e cun tempo de 2h 54min. 34seg. Ao finalizar a proba nos comentarios dos corredores destacou a súa gran dureza e espectacularidade.

Prata para Lino Martínez en Portugal Subcampeonato de Portugal para Lino Martínez que se subiu ao podium no CAMPIONATO NACIONAL DE PORTUGAL DE VETERANOS celebrado o pasado día 17. O judoca do Judo Club Tudense que competía representando ao Juvalença ,conquistou o título de subcampión de Portugal colgándose a medalla de prata na competición realizada en Pinhal Novo – Setubal ,onde se deron cita mais de 80 judocas de todo Portugal. Lino gañou Podio K-4 1.000 masculino.

O Kaiak Tudense gañou a Copa de España de 1.000 e 500 metros que se disputou en Trasona (Asturias) ao superar na clasificación final ao Náutico de Sevilla e ao Breogán do Grove. Os tudenses tamén se manteñen á fronte da liga de Pista Hernando

Quella e a Copa do Rey e da Raíña despois de dúas probas. Quedan por disputarse outras dúas. Os padeeiros de Tui, do mesmo xeito que os seus adversarios, viviron unha xornada épica en Trasona. As malas condicións da pista case obrigan á suspensión

das dúas regatas máis importantes do calendario. Finalmente, en ambas as impuxéronse os tudenses. Gañaron o ouro en C-4 e K-4 1.000 metros na categoría masculina. Na feminina, o K-4 500 metros conquistaron a medalla de bronce.

tres combates e só sucumbiu contra o judoca das illas Azores que sería o que se alzou co campionato. Martínez viña de conquistar o ouro no Open Cidade de Lisboa o fin de semana anterior. Participou tamén outro tudense ,Luís Flores que conquistou o bronce, así como os judocas de Valença, José Lopes que se trouxo outra prata e José Barbosa que non subiu ao podium aínda que realizou unha honrosa competición.


28

Xornal 21 Abril 2016

Saúde

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Elisabet Giménez: “Ir ao dentista xa non é sinónimo de dor, de pasalo mal ou de tratamentos caros” “A odontoloxía evolucionou moito nos últimos anos” explica Giménez.

“O noso equipo está en continua formación para ofrecer aos nosos pacientes os mellores tratamentos coa mellor tecnoloxía”. Un destes tratamentos é o “Deseño do sorriso” que ofrece Grup Policlínic desde hai máis de 10 anos, pero que ultimamente se renovou con novas técnicas, e volveuse moito máis alcanzable. Grazas a este tratamento, en apenas catro horas, é dicir nunha soa mañá ou tarde, pódese cambiar a cor, a forma, o tamaño, e mesmo a posición dos dentes. Ademais, realízase

un estudo previo grazas ao cal o paciente pode ver o resultado antes de empezar o tratamento. “O resultado é espectacular, tanto a nivel estético como funcional, e o mellor de todo, sen necesidade de tallar o dente ou a peza, tal e como sucede cando se realizan fundas ou coroas?, engade Giménez. “É un tratamento máis conservador”. Outros tratamentos moi demandados son os implantes dentais, a ortodoncia convencional e a ortodoncia invisible, cos que “con máis tempo de

tratamento, tamén se obteñen uns resultados incribles. O paciente volve sorrir, e a comer absolutamente de todo. Cámbialle ata o estado anímico!”.

Diagnostícanse antes dos dous anos de vida, dúas de cada tres enfermidades raras A doutora Mercedes da Torre, xefa de Urxencias do Hospital Infantil Universitario “Niño Jesús”, asegurou que 'A baixa incidencia destas enfermidades fai que a investigación sexa moi difícil' Dúas de cada tres enfermidades raras diagnostícanse antes dos 2 anos, segundo datos da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER). “En moitos casos son nenos cun problema de saúde grave, crónico e con frecuencia invalidante”, explica a doutora Mercedes da Torre Espí, xefa da Unidade de Urxencias do Hospital Infantil Universitario “Niño Jesús” de Madrid e membro da Asociación Española de Pediatría (AEP). “A baixa incidencia destas enfermidades fai que a investigación sexa moi difícil”. “Con frecuencia non se consegue un número suficiente de pacientes que permita demostrar que un tratamento é efectivo con total seguridade ou que unha proba diagnóstica é válida. Con todo, calquera avance é unha esperanza para tres

millóns de persoas, así que non hai que escatimar esforzos”, destaca. A colaboración e a coordinación entre profesionais e institucións é esencial para adoptar medidas que poidan axudar realmente a estes pacientes. Neste sentido, a doutora subliña que o papel do pediatra é “crucial”. “Moitos nenos manifestan exacerbaciones que motivan ingresos hospitalarios. Nestes casos é básica unha boa coordinación entre primaria e especializada, con sistemas de comunicación accesibles que poidan facilitar o tratamento precoz de moitas destas situacións e evitar ingresos innecesarios e prexudiciais para estes nenos”, matiza a doutora da Torre. Así mesmo, suxire que, ao tratarse de enfermidades pouco frecuentes, non é práctico nin rendible

que cada paciente sexa atendido no seu hospital de referencia, polo que é importante que existan unidades multidisciplinares nalgúns centros que atendan a estes enfermos, sexan da comunidade autónoma que sexan. A coordinación entre a administración central e a autonómica é fundamental. Neste sentido merece a pena destacar o labor que leva a cabo o Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras (CIBERER), que favorece a cooperación entre grupos de investigación sobre aspectos xenéticos, moleculares, bioquímicos e celulares das enfermidades raras; e o traballo do Instituto de Investigación de Enfermidades Raras, pertencente ao Instituto de Saúde Carlos III e que conta coa colaboración do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade no desenvolvemento da Estratexia de Enfermidades Raras. Segundo datos da Organización Mundial da Saúde (OMS), existen máis de 7.000 enfermidades raras catalogadas. Para que unha patoloxía sexa catalogada como tal en Europa, a incidencia debe ser dun caso por cada 2.000 habitantes.

Galicia realizou un total de 181 transplantes de medula ósea durante o ano 2015

O número de transplantes de proxenitores hematopoéticos (medula ósea) efectuados en Galicia no ano 2015 ascendeu a 181, e dende 1998 realizáronse nos hospitais do Servizo Galego de Saúde preto de 2.600. Sinalar que o 99% dos transplantes se obtiveron das células do sangue periférico. Os transplantes de medula realizados distribúense entre os distintos centros da rede do Servizo Galego de Saúde do seguinte xeito: 59 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; 45

no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (6 dos cales foron en pacientes pediátricos); 44 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; 12 no Hospital Universitario Lucus Augusti; 12 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; e 9 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Sinalar, así mesmo, que a pesar de que no ano 2015 Galicia aumentou nun 32% o número de doazóns de medula ósea (1.347) respecto ao ano anterior (1.250),

as cifras acadadas fan que a nosa Comunidade se sitúe nunha posición inferior á media nacional. A tal efecto, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña ten a disposición das galegas e galegos unha páxina web http://galicia.medulaosea.org que facilita os trámites de rexistro aos potenciais doadores. Deste xeito, neste enderezo electrónico poden eles mesmos apuntarse. A doazón tamén pode efectuarse chamando aos teléfonos gratuítos 900 100 828 ou 900 102 688.

Cirurxiáns de Povisa reimplantan con éxito un brazo amputado tras un accidente laboral

O pasado 23 de marzo, Óscar González sufriu a amputación dun brazo mentres traballaba cunha máquina nas obras dun túnel do AVE ao seu paso pola parroquia de Cerdedelo, en Laza (Ourense). A súa extremidade chegou colgando por apenas un tendón. Quince días despois daquel suceso, Óscar comeza a mover os dedos do seu brazo accidentado e en breve poderá ser dado de alta. Trátase dun novo fito dentro da xa dilatada historia de Povisa no ámbito da cirurxía reconstructora e os reimplantes, e que foi explicado ante os medios de comunicación polos doutores Enrique Moledo e Beatriz Postigo, cirurxiáns do servizo de Cirurxía Plástica e Reconstructora, e Rafael Otero, cirurxián do servizo de Traumatología, acompañados polo director asistencial do hospital, Luís Geremías, e polo propio paciente. O doutor Enrique Moledo, cunha longa experiencia neste tipo de intervencións e coordinador dunha operación que se alongou durante máis de 7 horas, destacou

en primeiro lugar a boa actuación do 061, que trasladou ao ferido desde o lugar do accidente en pouco máis dunha hora, o cal resultou “clave en caso como estes onde o tempo corre en contra”. O brazo de Óscar sufría unha “amputación incompleta”, é dicir, que estaba unido apenas por algún tendón, polo que o doutor Rafael Otero procedeu en estabilizar os ósos e, posteriormente, o equipo de cirurxía plástica e reconstructora procedeu, utilizando as técnicas máis avanzadas de microcirugía, a “reconectar” os vasos sanguíneos e, finalmente, os nervios e tendóns. Pola súa banda, o paciente, Óscar González, agradeceu o traballo e a atención recibidos polo persoal médico e de enfermería de Povisa, e recoñeceu que cando chegou ao hospital non contaba con recuperar o brazo. Comezou a mover os dedos e, nese sentido, o Dr. Moledo apuntou que por diante queda un longo traballo de recuperación e rehabilitación para que aos poucos vaia recuperando a funcionalidade.

Os europeos gastan 24.000 millóns de euros anuais en drogas ilegais

O Informe de 2016 sobre os mercados da droga da UE («EU drug markets report»), publicado este mes polo Observatorio Europeo da Droga e as Toxicomanías (OEDT) e Europol, estima que os europeos gastan como mínimo 24.000 millóns de euros en drogas ilegais cada ano, facendo do seu comercio unha das actividades que xeran máis beneficios para a delincuencia organizada en Europa. O In-

forme ofrece unha análise da situación do mercado de drogas ilegais da UE, abordando as tendencias ao longo da cadea de subministración, desde a produción e o tráfico ata a comercialización, a distribución e o consumo. Tamén analiza os custos considerables destes mercados para a sociedade, incluíndo o seu impacto sobre as empresas, as institucións públicas, os barrios, as familias, as persoas e o medio ambiente.


Motor

Abril 2016

do para automóbiles convertibles. Mercedes-AMG presenta ao mesmo tempo dous vehículos de ilusión fóra de serie, o S 63 4MATIC e o S 65 Cabrio. 2016 é o ano dos cabrios e os roadsters en Mercedes-Benz. Ningún outro fabricante de automóbiles ofrece unha gama tan ampla e xuvenil de cabrios e roadsters como Mercedes-Benz Cars. Outros anuncios para a

29

Tráfico establece os requisitos para autorizar a circulación dos “megacamions” por estrada

A nova Clase S Cabrio de Mercedes-benz Stuttgart. O novo cabrio é a sexta variante da actual familia de modelos da Clase S. Ao mesmo tempo, é o primeiro vehículo convertible con catro prazas introducido por MercedesBenz no segmento de luxo desde o ano 1971. Ofrece un deseño inconfundible, sensual e exclusivo, o alto nivel tecnolóxico da Clase S e un concepto integral de protección fronte á calor e ao vento que inclúe un control intelixente do aire acondiciona-

Xornal 21

tempada de primavera son os dous roadsters modernizados, SL e SLC, así como os roadsters de altas prestacións de MercedesAMG. A oferta actual de convertibles de ilusión abarca desde o smart fortwo cabrio ata o cabrio da Clase S.

Ford abre o proceso de pedidos do novo GT Os usuarios que aspiran a facerse cun dos novos supercars de ultra altas prestacións Ford GT poden realizar as súas solicitudes de maneira oficial desde hoxe mesmo en FordGT.com As cantidades limitadas de fabricación do novo Ford GT propiciaron que Ford Performance cre unha experiencia única centrada no usuario que axude a elixir potenciais propietarios deste novo supercoche. Os solicitantes que reciban aprobación dispoñerán do novo Servizo Concierge Ford GT para

unha experiencia de compra personalizada. “O proceso de compra para o Ford GT é tan exclusivo como o noso novo supercoche”, asegurou

Henry Ford III, xerente de márketing global de Ford Performance. “Entendemos que os usuarios de GT son sólidos embaixadores de Ford Motor Company e estamos a desexar ofrecerlles un servizo tan especial como o coche en si” O Ford GT é o vehículo Ford fabricado en serie máis avanzado ata a data e está equipado co último en materiais lixeiros, aerodinámica e tecnoloxía de motor EcoBoost, todo unha mostra da innovación da que é capaz a marca Ford.

Dous vehículos autónomos do grupo PSA van de París a Ámsterdam en modo “Eyes off” O 12 de abril de 2016, dous Citroën C4 Picasso efectuaron máis de 300 quilómetros en modo autónomo para participar nun evento europeo en Ámsterdam que reuniu a unha decena de construtores automobilísticos e aos ministros de transporte da U.E., actualmente baixo presidencia holandesa. Os dous vehículos do Grupo PSA saíron de Vélizy en modo “Eyes off ” (sen supervisión do condutor) para cubrir unha dis-

Só o 11% dos condutores comparte coche para ir ao traballo Nun momento no que a economía colaborativa parece estar en auxe como fórmula para reducir gastos, só o 11,6% dos condutores recoñece compartir coche para ir ao traballo, segundo o estudo “Seguridade viaria na contorna laboral” realizado por Arval. Este informe pon de manifesto que sacudirse o espírito de propiedade non é tarefa fácil por unha cuestión non tanto de insolidariedade como de garantía de independencia. Desta forma, case a metade (48,7%) dos condutores recoñece que non tería inconveniente en compartir coche con persoas que tivesen exactamente as súas mesmas pautas de desprazamento ao traballo, para evitar así ter que desviarse para recoller ou deixar a compañeiros de viaxe.

tancia de varios centos de quilómetros polas vías autorizadas entre París e Ámsterdam. Este modo corresponde ao terceiro nivel de funcións de condución autónoma: o condutor non ten ningunha necesidade de intervir e simplemente debe permanecer atento aos sistemas. Esta nova etapa levou a cabo con motivo do evento europeo “The Experience” do 14 de abril de 2016, incluído no programa

dun encontro informal dos ministros de transporte da Unión europea en Ámsterdam. Con anterioridade, o consello de ministros publicou unha declaración na que se facía un chamamento á colaboración entre os fabricantes e os diferentes gobernos. O obxectivo é acelerar a investigación e o desenvolvemento no campo da condución autónoma e evolucionar tanto os regulamentos como as infraestruturas.

Este tipo de vehículos euro-modulares non poden superar as 60 toneladas de masa máxima e os 25,25 metros de lonxitude. A Dirección Xeral de Tráfico publicou este mes a instrución na que se establecen as condicións e protocolos conforme aos cales a DXT autorizará a circulación polas estradas de determinados conxuntos de vehículos en configuración euro modular EMS (European Modular System), máis coñecidos como megatrucks ou megacamiones, tras realizar a primeira proba de circulación real, o pasado 2 de marzo, dun conxunto Scania en tráfico aberto. Na proba se testó un conxunto de semirremolque máis remolque con dous tractoras Scania de potencias diferentes, 520 CV e 450

CV, nunha ruta que supoñía subir o porto de Somosierra por ambas as vertentes. O traxecto, de ida e volta, comezou no quilómetro 37 da A-1 e terminou no quilómetro 115 da mesma estrada. O deseño da devandita ruta planificouse buscando as condicións máis esixentes, xa que o conxunto afrontou pendentes de ata o 8% e varios tramos cun 67% de desnivel. O obxectivo deste tipo de conxuntos de vehículos é mellorar a eficiencia e a seguridade no transporte por estrada, á vez que permitir un funcionamento máis competitivo dos mercados, de acordo co Plan de medidas para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, aprobado co Consello de Ministros do 6 de xuño de 2014.


30

Xornal 21 Abril 2016

Actualidade

libros

JOSÉ ANTONIO JIMÉNEZ DENUNCIA O

ESTREA 22 ABRIL

ROSTRO MÁIS DURO DO BULLYING NA NOVELA

Cinema

“Toro”, a nova película de Kike Maíllo

“O NENO QUE NON QUIXO CHORAR”

Son poucas as obras de ficción que trataron, con quenda agudeza, a problemática xeneralizada do bullying. Neste sentido, o O neno que non quixo chorar do escritor José Antonio Jiménez-Barbeiro senta precedentes na literatura española. Cunha linguaxe directa e austera, Jiménez-Barbeiro presenta unha novela de impacto, sen fisuras, directa á tempa, cuxa misión, ao ser lida e comprendida por todos os públicos, cúmprese á perfección posto que o ritmo narrativo permite unha inmersión completa, sen floreos, na historia que se le, por momentos, como un documental. O neno que non quixo chorar narra a vida de Santiago, un neno que acode diariamente ao instituto como calquera outro, pero que baixo ese manto de aparente normalidade ocúltase unha sorte de vida paralela marcada polo acoso sistemático dun grupo de nenos que o someten a vexacións ante a mirada indiferente de profesores e alumnos. É imposible, por tanto, que o lector non senta e, por momentos, padeza, a tremenda soidade asfixiante que acompaña aos nenos neste tipo de epopeas silenciosas, moitas veces incomprendidas, ata dar co corazón do problema. Pero O neno que non quixo chorar é, ademais, a historia de “amor” entre Santiago e Lucía, unha nena nova no instituto, simpática, intelixente e dotada dunha gran sensibilidade, quen será a única capaz de descubrir o marabilloso mundo interior que oculta Santiago.

Sinopse “Toro” é un thriller de acción que transcorre durante 48 frenéticas horas. Dous irmáns reencóntranse despois de cinco anos. Un estivo no cárcere. O outro roubou a un perigoso perista e agora foxe xunto a Diana, a súa filla pequena. Os tres emprenden unha viaxe por unha Andalucía violenta, mítica, agreste e salvaxe. Unha viaxe no que aparecen as vellas feridas do pasado e no que os irmáns ven obrigados a reconciliarse para salvar a vida. A produción da película corre a cargo de Apaches Entertainment, Atresmedia Cinema, Zircozine, Escándalo Films, Maestranza Films, Telefónica Studios e Ran Entertainment, en asociación con BMedia 2013-Back up Media. Coa participación de Atresmedia, Movistar+, Canle Sur Televisión e TVG. Co apoio do ICAA, ICO, “Junta de Andalucía”, AGADIC e Xunta de Galicia. Filme Factory encárgase das vendas internacionais.

OHumordeCosme

FOTOS DE ARQUIVO

FIN DE CICLO

Dav id De bé n

Os ollos cheos de bagoas, a boca tensa nun aceno de tristeza e de dor, as mans no peito, a punzada profunda na alma e o móbil vibrando no interior da cazadora empapada de choiva. É tarde, un martes de maio, oito anos e pico despois. Toda unha vida ós seus ollos. Unha etapa na que pasaran demasiadas cousas, demasiados cambios; obxectivos que se cumpren, decepcións, aventuras, persoas que chegan, que se van, que perduran… novas amizades, novos círculos… De pronto sentes que estas entre dous mundos. Entre un pasado feliz que de súpeto queda obsoleto e un futuro repleto de vida, de novidades, de ilusión e de boas perspectivas. Unha nova porta que se abre ante os teus ollos, que che fai sentir viva e importante, que te

encamiña cara ó futuro. Quen antes o era todo, agora, día tras día, semella facerse pequeno, pesado, molesto... segue a ter cousas boas que te aledan, que queres, pero xa non é o mesmo. Algo no teu interior che di que xa non é así. Intentas manterte firme, cumprir co teu, seguir sendo quen eras... e nunha derradeira decisión pos todo o que tes en seguir con el. Pero non che sae. Desde o teu interior algo te empurra a estar de un mal humor constante que incluso che afecta fisicamente. Non sabes que pasa pero, un bo día, cansa, decepcionada co mundo, decides rematar con todo, darte unha nova oportunidade de ser feliz. Todo se volta gris ó teu redor pero logras ver unha porta de esperanza ó fondo cara á que camiñar. A decisión está tomada, solo falta ter o valor para facela efectiva. Cando o fas estas a

piques de esmorecer, de dar volta a todo, de deixarte levar pola compaixón por alguén que sabes que te quere. Aguantas os seus rogos, as súas bagoas, o seu enfado terrible... e marchas sen dar opción, serías incapaz de soportar un minuto mais. Agora camiñas cara a un novo obxectivo, unha nova vida. Será moi duro ó principio, sábelo de sobra pero valerá a pena. Na rúa, o mundo se tornou gris escuro e calquera cousa que observas che recorda anacos do pasado, dos días de ledicia que acabas de soterrar para sempre. Agora todo rematou nun instante, aquí, sobre a beirarúa enchoupada e da forma mais insospeitada e cruenta. Non agardabas esa reacción da súa parte. Esa violencia cega. Pechas os ollos, todo se volta negro, e o futuro esvara polo precipicio para caer na escuridade ate desaparecer.

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es

CUPÓN ANUNCIOS BREVES TEXTO DO ANUNCIO (Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

>Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

________________________________________________________________________________________________________________________________________________ _____________________________________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:_____________________ APELIDOS*:___________________________________________________ D.N.I. ou Pasaporte*:________________________________ Lugar de residencia*:_______________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________

c Alugueres c Animais

c Automóbiles c Ensino

c Casas c Contactos

c Pisos c Solares e terreos

c Traspasos c Compras varias

c Vendas varias c Outros

c EMPREGO

c Retirar anuncio c Publicar anuncio

c Ofertas c Demandas

Firma

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.


Abril 2016 Xornal 21

Anuncios breves

Alugeres RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 VIVENDA amoblada, tres cuartos, cociña americana, baño, terraza. No Cerquido – O Porriño. 300 € 637 740 114 - 629 390 206 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705

RAPAZ de 47 anos busca rapaza de entre 30 e 37 anos para relación estable. Seriedade 659 133 899 RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304 SEÑORA 50 anos, seria, busca cabaleiro serio para amizade. Absterse “malos rollos”. 687 69 15 08 RAPAZ de 27 boa presenza, licenciado, busca rapaza para amizade ou posible relación. T. 664.281.590

Ensino

VIVENDA económica no Porriño 671 35 74 26

RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85

APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727

LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330

LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75 TORNEIROS Fase 1 – 1º amueblado, 3 dormitorios, baño e salón – cociña. Próximo INEM. 676 47 34 78

Animais GATIÑA PELUDA, se ten unha e non a queres chámame 650.610.633 ADESTRAMENTO canino a domicilio: Obediencia básica, iniciación, adestramento en cachorros, estereotipias, corrección de condutas etc. T. 606503943

VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semi. amoblado, euros negociables. 125.000 646653883

Solares e Terreos TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993 PONTEAREAS – XINZO. EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo: 51.086 € Teléfono: 986 33 35 02

TOMIÑO terreo de 1.200 m² Prezo 17.000 e negociables. Tel.: 608.523.586

CUBAS de inox 300 e 400 l sen estrear. Prezo de coste. 627 95 20 66

RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285

PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776

TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas 655909351

MAMPARA de bañeira de 98,5 (50 €) wc, lavabo e bidet (50 €) xaboneira, portarolos (5 €) Tel.: 986 332 330

ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13

EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64 PROFESORA FRANCÉS nativa, alta diplomada da cursos todos os niveis. Isabelle 986660890

FINCA en Tomiño 500 m² Prezo 5.000 euros 608 523 586 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas 655909351

Compras varias

COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m2, hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634459555

CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08

COMPRO Opel Frontera B Limited X22DTH para despece Tel.: 651 07 87 05

SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646725195 MOS casa independente preto de San Antoiño. 4 cuartos, 2 baños, cociña grande, salón con cheminea, armarios encaixados, barbacoa, piscina.... Aluguer con opción compra. Prezo 280.000. Tel. 605082556.

Pisos TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705 TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91 VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090

HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67

RAPAZ novo busco traballo, Medio, Mantemento ou Cociña. 633.375.785

PROFESOR de Kung-Fu Monitor de Tai-Chi e Instrutor de Artes Marciais Mixtas. 629325431

PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15

SEÑORA busca amigas para saír (Tui ou arredores) Tel.: 687 691 508

SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70

DEPOSITO AUGA inxox 200 l. con patas. Prezo de coste. 627 95 20 66

MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688

RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31

RAPAZ de 37 anos busca traballo calqueira ocupación. Carné de conducir, coche, manipulador alimentos. 633 097 608

CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19

OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60

FUNCIONARIO busca relación seria con rapaza 43 anos. 638622549

REMOLQUE tenda económico 900 euros. 659 209 505

RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35

CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717

CASA RÚSTICA habitable por 39.065 euros., con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Máis información: 986.33.35.02

RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040

SECADOR profesional 1800 w con accesorios. Novo. 40 €. 637 16 76 57

RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34

INGLÉS, todos os niveis. 656 87 33 00

Automóbiles

Contactos

ROUPEIROS artesáns con espello. 630 60 73 19

LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08

Caldeira a Gasoil, depósito 500 l. e radiador de ferro. Prezo a convir. 679.75.11.58

ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m2. 658.312.090

MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353.

VENTAS DE ALUMINIO segunda man, con marco 138x144,5x70 cm (70 €) e 109x147,5 (50 €) 986 33 23 30

BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353

Casas

QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327

TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21

SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21

VERTEDOIRO de cociña dun seno con escurridor bo estado eb 15 euros. 671 35 74 26

SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175

CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659

PORTAS sapelli con marco e pñeiro branco lacadas para reformas. 615 32 02 82

INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322

COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776

KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548

O Porriño - 98 m/2 e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04

31

PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122 ÁTICO EN O PORRIÑO. A estrear na Avda. Galicia. 65 m². 637 25 21 81 VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379 VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92 SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09

BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827

ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13

Outros

RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, Porriño. Yolanda 606 77 31 97

SEÑORA para labores domésticas e coidado de maiores. Moi responsable. Tel.: 698 47 64 08 LOURIÑA para pasar o ferro ou limpeza, tamén cortar pelo a domicilio- 60897.55.72 MOZO de confianza fai mantemento de casa e xardín. 627 95 20 66

económicos.

MARMOLISTA carnet carretilleiro, encargado almacén dous anos. Con experiencia. 686 22 12 95

antigos

REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887

RAPAZ de 32 anos busca traballo do que sea. Carnets C –C1 –C – BTP – E. Carretilla e manipulador de alimentos. 622 025 016

OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor OX22DTH Tel.: 651 078 705

BUSCA coñecer a súa filla na Escola Viguesa de Maxisterio CARLOS 651774295

RAPAZ, traballo do que sexa. Carnés B - C1 - C - BTP, carretillero, manipulador de alimentos. 627.100.623

MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491 COMPRO LIBROS 676165136 / 986602106

Vendas varias ALBARIÑO de excelente calidade a 3 €/litro. Degustación sen compromiso. 986 334 985 BICICLETA ESTÁTICA en bo estado. 661 545 727 PORTA madeira interior 10 €/ Ud. 8 cegas e una acristalada 646 37 01 71 RADIADOR 12 elementos por 20 €, 3 elementos 10 € e 4 elementos por 10 €. 646 37 01 71 CÁMARAS ocultas, micrófonos, alarmas, … toda a tecnoloxía no teléfono 677337434 TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426 MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673

DETECTIVES 677337434

VÉNDESE ou CÁMBIASE APARTAMENTO en Torrevieja (Alicante) por apartamento, piso ou outros en provincia de Pontevedra. De 2 hab. 1 cociña 1 salón terraza zona estival. T. 619.985.001

RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112633036768 (con coche) ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838 RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos - Puxeiros. Nathaly 699514112 CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051

Ofertas

MUEBLE de baño exclusivo modelo italiano. 606 611 673

COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20

MODISTA fanse arranxos de roupa. Tameiga 616.82.42.39 PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066

MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84 CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64 REFORMAS, cantería, albanelaría, pintura... 676.85.76.79

EMPREGO

FREGADEIRO usado 20 € varios modelos. 651078705

Demandas

TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00

CONDUCTOR con todos os carnets. Experiecia nacional. 680 959519

VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 50 € 671 35 74 26

SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641

FONTANEIRO con experiencia en instalacións de calefacción , gas, propano ,caldeiras e reparacións urxentes vivendas , comunidades. T. 698177740

AIRE acondicionado 661 545 727

ELOY portes e mudanzas económicos. Dispoño de furgón carrozado de 3.500 kg con plataforma elevadora. Vigo teléfono 664537532 email yotuel39@yahoo.es

POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78

CAMA ARTICULADA e colchón, ideal para persoas enfermas. Seminova. 175€ 629 390 206–617 90 19 15

Has perdido las llaves del coche ¿Qué hacer? CERRAJERIA BERMA 986 33 74 07 / 649 66 66 55 O PORRIÑO Urbanización El Sol c/ Cruceiro, 23 bajo. Somos profesionales expertos en seguridad y cerrajería. CERRAJERÍA DEL AUTOMOVIL: Apertura de vehículos; Codificación de llaves por código; Tallado de llaves por código; Creación de llaves partiendo de la cerradura del vehículo, sin desmontar cerradura; Reparación de mandos y llaves; Igualamientos - Amaestramientos bombines de puertas y contacto. Profesionales altamente cualificados con atención personalizada y rápida.

SEÑORA ofrécese para acompañar anciáns de noite ou tarefas do fogar por horas 651344532

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es

COMERCIALES - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. ou datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.) PROFESOR DE PIANO. BUSCO persoa que imparta clases particulares de piano e se desplace a domicilio en Mos. 605082556



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.