Xornal21 nº137

Page 1

Deportes

Galicia

Uns 200 triatletas participan no Vertiatlón Solidario

A Xunta autoriza unha nova bonificación nocturna do 50% para as peaxes na AG-55 e AG-57

28

05

Galicia

Redondela

Amancio Ortega dona 90 millóns para sete centros de maiores

Afaga e o Concello inician un programa de estimulación para persoas con Alzhéimer

www.xornal21.es

Nº 137 / Setembro 2019

Periódico galego de distribución gratuita

A rede pública de albergues ampliada e mellorada para o Xacobeo 2021

03

Provincia

Carmela Silva inaugura o renovado campo de fútbol do Meixueiro

18

Mos

Saúde

Técnicas de relaxación express para frear a tensión

08

29

Deportes

As licenzas de obra maior crecen en Mos un 50%

05

Jesús Bamonde, campión galego de saltos na proba disputada no Alazán

28

09

O Porriño

As Rías Baixas acadan unha media do 83% de ocupación en Agosto Acordo para axilizar prazos e execución da ampliación do Centro de Saúde

Cun 83% de ocupación media, a provincia de Pontevedra sitúase “novamente como o puntal turístico de Galicia” segundo Carmela Silva quen detallou os datos de turismo “moi positivos” do pasado agosto, que responden a un estudo rigoroso procedente do Big Data, a través de fórmulas estatísticas que garanten un nivel de confianza do 95%. A presidenta da Deputación deu a coñecer as estimacións, “con moita prudencia”, para o mes de setembro e que sitúan á porcentaxe de ocupación nun 51%. 17

07

> > >

> >

COMARCAS A Louriña

09 - 20

Baixo Miño

23 - 24

O Condado

25 - 26

Redondela

18

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

Val Miñor

21 - 22

Nigrán | Gondomar | Baiona


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Setembro 2019

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Cita

Esíxeche moito a ti mesmo e espera pouco dos demais. Así te aforrarás desgustos.

Ante o asasinato triple feminicidio en Valga

Confucio (551 AC-478 AC) Filósofo chinés.

COORDENADORA GALEGA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES A violencia machista golpeunos con dureza este luns ao coñecer o asasinato de Sandra, María Elena e Alba diante das crianzas de 4 e 7 anos de Sandra. O asasino José Luis Abet Lafuente, o seu ex-marido, disparoulle ás tres para logo entregarse á Garda Civil. Un episodio de violencia que nos conmociona e mobiliza para dar resposta en cada recuncho do país. Máis unha vez o feminismo galego é capaz de mobilizarse en case 40 localidades para rexeitar a violencia e reclamar medidas reais e efectivas na súa prevención e combate. Mas precisamos desta mobilización durante todo o ano, precisamos construír dende o local ao nacional um feminismo forte que procure avances reais e medidas transformadores e non fique apenas en celebracións rutinarias ou meras medidas simbólicas. A axenda non pode tomar descanso no verán e voltar co ritmo da pugna polo poder nas institucións ou para servir de

S etembro

apoio a medidas que non se constatan como útiles ou que non se comprometen a revisar o que falla e pór recursos ao servizo desta causa. Fronte a este crime machista temos que lembrar que dúas das asasinadas, María Elena e Alba, non aparecerán para o estado como víctimas de violencia machista, pois pese a que este ten suscrito o convenio de Estambul e colocado a vontade de trasladar o mesmo á lexislación no Pacto de Estado, nada diso foi efectivizado ate hoxe. Segue no papel. A lexislación na Galiza, por contra, si considera estes crimes como crimes machistas, e sitúanos en posicións avanzadas para reclamar dende a nosa acción melloras ao que xa temos cunha axenda propia que tensione ás nosas institucións e dote de recursos as ferramentas das que xa dispomos… [ + info www.xornal21.es]

AS NEVES Concello 986 648 038 Policía Local 986 648 038 Centro de Saúde 986 648 837

BAIONA Concello 986 385 050 Policía Local 986 358 011 Centro de Saúde 986 385 160

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

O ROSAL Concello 986 625 000 Centro de Saúde 986 626 035 MONDARIZ Concello 986 664 306 Policía Local 680 461 151 Centro de Saúde 986 656 138

MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 656 136 Centro de Saúde 986 662 436

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Whatsapp: 692 150 055 Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348 106

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21.

Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 362 125 986 362 344

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

Staff

Redacción: redaccion@xornal21.es

OIA

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

FESTIVOS LOCAIS

A Guarda: 23 de setembro (Santa Tecla) | O Porriño: 23 de setembro (Festa do Cristo) Baiona: 26 de setembro (San Cosme y San Damian) | Tomiño: 16 de setembro (Lúns de alivio)

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

A GUARDA Concello 986 610 000 Policía Local 986 610 025 Centro de Saúde 986 614 450

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

TOMIÑO M. del Carmen Pardo 986 62 22 85 Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15

Teléfonos de interese

o utubro

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 332 003 986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 986 641 795 986 642 215 Farmacia Picoto, 3 - Areas Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

REDONDELA Concello 986 400 300 Centro de Saúde 986 400 387 Policía Local 986 402 610

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034

TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

MOLINA GAMARRA, TOMÁS

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra EMERXENCIAS a violencia GALICIA de xénero

Número 137 / do 15 de Setembro ao 15 de Outubro de 2019 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán) e Redondela. Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urxente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 | Whatsapp: 692 150 055 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia

Setembro 2019

A rede pública de albergues ampliada e mellorada para o Xacobeo 2021 Galicia contará cunha rede pública de albergues ampliada e mellorada, cun plan que primará a rehabilitación de edificios con valor patrimonial ou histórico nas distintas rutas xacobeas. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, precisou que esta iniciativa, dotada con 7 millóns de euros, permitirá a creación de 8 novos albergues públicos no Camiño de Santiago: en Vilasantar (Camiño do Norte), onde se reformará a antiga casa reitoral; no Saviñao (Camiño de Inverno), grazas á remodelación do Palacio Episcopal de Diomondi; na Gudiña (Vía da Prata), con melloras na coñecida como Casa da Viúva; no concello de Vigo; en Rodeiro (Camiño de Inverno) e na Coruña (Camiño Inglés); en San Cristovo de Cea (Vía da Prata), e en Sobrado (Camiño do Norte). Nestes dous últimos casos as actuacións serán de melloras e remodelación para incorporar á rede

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda repartirá nos próximos meses 1.645 contedores destinados ao depósito de papel-cartón e de envases lixeiros entre un total de 84 concellos galegos. Os novos colectores, aos que se destinarán máis de 550.000 euros, empezarán a ser distribuídos nas próximas semanas de maneira gradual, coa previsión de que todos poidan estar entregados antes de finalizar o ano. Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, no transcurso dunha visita a Laxe, un dos municipios beneficiados por esta iniciativa, que forma parte do chamado Plan Galicia Recicla impulsado no marco do convenio de colaboración asinado en 2016 entre a Xunta e Ecoembes. Concretamente, o Concello de Laxe renovará as súas infraestruturas de recollida de residuos coa incorporación de 30 novos contedores: 20 para envases lixeiros e 10 para papel e cartón. O Plan Galicia Recicla, tal e como explicou a conselleira, é un conxunto de medidas e actuacións que teñen como obxectivo común fomentar a reciclaxe entre os galegos, lembrando que unha boa ma-

da Xunta os xa existentes nos mosteiros de Oseira e Sobrado dos Monxes. E, no tocante a Vigo, cómpre subliñar que este será o primeiro albergue público do concello, que estará ubicado no barrio do Berbés e cuxas obras, que acaban de ser adxudicadas, comezarán este mes. Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que a outra parte do plan implicará destinar 3,7 millóns para: reformas nos establecementos, melloras de accesibilidade e eficiencia enerxética. Así, entre as actuacións recollidas destaca, por exemplo, a ampliación do albergue de Pontevedra. Entre as iniciativas para mellorar a atención aos peregrinos, o titular da Xunta destacou a acción para converter o Camiño nun espazo cardioprotexido, grazas á incorporación de desfibriladores semiautomáticos para os 70 albergues con 150 traballadores formados. Así como a aposta pola distinción Q de Calidade.

3

Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G Redacción Xornal21.es

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que Galicia desenvolverá 17 proxectos piloto que permitirán dispoñer dos servizos avanzados do 5G en eidos como a sanidade, a loita contra incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación. Durante o acto de presentación do Piloto 5G, déronse a coñecer os 8 novos proxectos que terán efectos en ámbitos tan relevantes como a asistencia técnica remota ás máquinas do sector naval ou a exploración e diag-

nóstico oftalmolóxico, e que se suman ás outras 9 iniciativas nas que xa están a traballar os principais operadores adheridos ao Nodo 5G do plan da Xunta. “En total desenvolveranse 17 proxectos en Galicia de uso en ámbitos de especial interese para a nosa comunidade”, abundou, incidindo en que, despois de que en xuño, Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades en contar con redes 5G de España, Galicia é hoxe, xunto con Andalucía, unha das dúas comunidades que acollerán o desenvolvemento dos primeiros pilotos

Medio Ambiente repartirá 1.700 contedores de papel-cartón e envases lixeiros neira de incentivar este tipo de prácticas consiste en dotar tanto aos concellos como aos cidadáns das ferramentas idóneas. Así, subliñou que desde o ano 2017 e contando xa coas novas unidades que están en proceso de

Xornal 21

repartición, o seu departamento leva investidos máis de 1,75 millóns de euros en dotar aos concellos galegos de 5.224 novos contedores deste tipo - 4.084 para envases lixeiros e 1.140 de papel-cartón- de tal maneira que a rede ga-

lega superará os 50.000 colectores a final de ano. A conselleira explicou que este tipo de medidas unidas ás políticas ambientais que está a desenvolver a Xunta, con campañas e iniciativas divulgativas para sensibilizar á ci-

5G subvencionados por Red.es. “Todas estas decisións que implican a operadores e administracións públicas non son fortuítas, senón que responden ao interese de Galicia e as súas administracións por esta nova tecnoloxía e ao traballo desenvolvido para situarnos como territorio preferente para acollela”, afirmou, facendo fincapé en que non é casual que a comunidade fose a única que presentou a esta convocatoria candidaturas dos tres principais operadores, sendo o de Telefónica o finalmente seleccionado.

dadanía sobre a importancia de reducir a produción de residuos no día a día e reciclar o maior número posible dos que se xeran, están a ter un efecto moi visible na evolución das taxas de reciclaxe na comunidade. Deste xeito, Ángeles Vázquez lembrou que o ano pasado conseguíronse cocientes espectaculares de reciclaxe deste tipo de material, cun incremento do 11,4% da recuperación de papel-cartón e do 9,3% no caso dos envases lixeiros en comparación cos datos de 2017. Neste sentido, celebrou a cada “vez maior concienciación dos galegos e galegas polo reciclaxe” pero tamén vinculou estas cifras co compromiso ambiental mostrado polo Goberno galego, que se plasma, insistiu, en medidas como a continua mellora da actual rede de contedores. Así, subliñou que nestes momentos o 99,8% dos galegos xa ten acceso á recollida selectiva de envases lixeiros e o obxectivo da Xunta é seguir renovando aquelas unidades que o precisen e incrementando os puntos de depósito para facer que este xesto sexa o máis "cómodo” e fácil posible para os cidadáns.


4

Galicia

Xornal 21 Setembro 2019

Gonzalo Caballero aposta pola educación como prioridade socialista de goberno O presidente do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, denunciou “a falla de aposta” de Feijóo pola calidade do sistema público de ensinanza e comprometeu “todos os esforzos” do PSdeG na súa mellora. “Non deixaremos de facer un só esforzo”, recalcou o líder dos socialistas galegos, consciente do “deterioro” que implicaron os 10 anos de Feijóo neste eido: 1.400 docentes menos, un gasto inferior nuns 180 millóns de euros, menos escolas e unidades, uns profesionais con máis horas de traballo e menos salario… Tras enumerar estes datos, subliñou as “dificultades” que a volta ao cole entraña para as familias. “Estamos fondamente preocupados”, proseguiu, e fixo fincapé nos “gastos extra” que teñen as familias no mes de setembro. Ao fío diso, lamentou que en Galicia “non sexa posible” dispoñer de libros de texto gratuítos, como ocorre noutras comunidades; unha cuestión que achacou á “falla de compromiso”

da Xunta de Feijóo. Fronte a iso, o secretario xeral do PSdeG comprometeuse coa “mellora da calidade da educación pública” a través da gratuidade dos manuais escolares en educación obrigatoria e do avance na escolarización de todos os nenos ata os tres anos en escolas xestionadas pola Consellería de Educación. Do mesmo xeito, o tamén candidato socialista á Presidencia da Xunta amosou o seu compromiso cun sistema que favoreza a conciliación das familias, que facilite ó acceso dos menores aos comedores escolares independentemente de que sexan usuarios do transporte escolar. En paralelo, Gonzalo Caballero apostou por mellorar a calidade dos estudos de Formación Profesional e por establecer a gratuidade das primeiras matrículas na universidade pública. “Manteremos o compromiso coa educación pública na oposición e será a prioridade absoluta dun goberno progresista”, remarcou.

A Consellería do Mar oferta máis de 40 cursos de formación marítima

Facenda confírmalle á Xunta que non vai pagar máis da metade da débeda O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou que a Xunta de Galicia recibiu unha carta do Ministerio de Facenda na que se confirma que o Goberno central non vai pagar máis da metade da débeda que mantén coas comunidades autónomas, e que no caso concreto de Galicia ascende a uns 700 millóns de euros, 530 dos cales están incluídos nos Orzamentos para 2019. Nunha rolda de prensa, o titular de Facenda explicou que esta é a primeira vez que neste 2019 o Goberno central diríxese á Comunidade Autónoma para explicar a situación da falta de pagamentos que mantén con Galicia polo bloqueo dos ingresos procedentes do sistema de financiamento autonómico, unha situación que non ten precedentes e que afecta directamente a todas as comunidades de réxime común. Na carta, o Ministerio de Facenda sinala que non previu pagar

os 170 millóns de euros de incentivos, que a Galicia correspóndenlle polo cumprimento dos obxectivos fiscais dos anos 2017 e 2018, por estar o Goberno en funcións, e tamén indica que o Goberno central tampouco vai pagar os 200 millóns da mensualidade do IVE, “diñeiro que o Goberno xa ten en caixa pero que se nega a transferir”. Esta negativa que o Ministerio de Facenda está a comunicar formalmente a Galicia ten unha afectación global ao resto de comunidades autónomas, o que implica que o Goberno vai seguir retendo uns 2.500 millóns de euros. En canto á transferencia das cantidades xa actualizadas das entregas a conta para 2019 –uns recursos que foron comunicados polo Goberno a Galicia en xullo de 2018, o Ministerio de Facenda tampouco garante o pago deses 330 millóns de euros e agora limítase a sinalar que está "a estudar alternativas".

Neste sentido, o Goberno afirma que este bloqueo é consecuencia do rexeitamento polas Cortes do proxecto de Lei de Orzamentos para 2019, un feito que se produciu o pasado mes de febreiro, é dicir, fai máis de sete meses. Na súa intervención, Valeriano Martínez advertiu de que o Goberno “ten o deber de dialogar, non de chantajear”. “Xa estamos a mediados de setembro e xa pasou o tempo das escusas”, indicou o conselleiro, que avanzou que a Xunta de Galicia “vai seguir reclamando o diñeiro que se nos debe, porque así nolo pediu o Parlamento e porque é diñeiro que lexitimamente nos corresponde”. “Que os galegos teñan a tranquilidade de que a Xunta de Galicia non se vai a render, e coa máxima serenidade e a máxima lealdade continuaremos traballando para que o Goberno acabe con este bloqueo”, concluíu o titular de Facenda.

Redacción Xornal21.es

A Consellería do Mar oferta ata finais deste ano máis de 40 cursos de formación marítima e de mergullo a través dos seus centros de ensino, que son a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira, a do Ferrol, o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) e o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo. Esta formación realízase atendendo ás necesidades do sector e a través dela poderán formarse arredor de 650 persoas. Dos 44 cursos que se ofertan ata finais de ano, 11 son de mariñeiro pescador, seis de patrón costeiro polivalente e un de capitán de pesca. Tamén hai tres de percebeiro, sete de mariscador, un de mergullo, seis relacionados cos primeiros auxilios no mergullo e actualizacións nesta materia, dous de habilidades sociais e comunicación, un de emprendemento para a creación dunha empresa e outros tres serán dalgunha destas dúas últimas materias en función das matrículas presentadas. Para estes cursos a matrícula está aberta ata completar a ofer-

ta e as persoas interesadas poderán consultar en cada un dos centros a dispoñibilidade de prazas. Outros cursos que se ofertan dentro dos 44 son tres de mariñeiro pescador na modalidade online, para os que a matrícula xa está pechada. En canto ao resto do curso, xa o ano que vén, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira prevé unha oferta de 15 cursos, entre eles de mariscador, mariñeiro pescador presencial e online, habilidades sociais e da comunicación, formación sanitaria e emprendemento, entre outros. O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo prevé ofertar para o ano que vén 20 cursos, entre eles de mariñeiro pescador presencial e online, de percebeiro, mariscador, e relacionados coas habilidades sociais e o emprendemento. Mentres, o Igafa e a EONP do Ferrol irán programando este tipo de formación do ano que vén segundo avance o curso. Esta formación súmase á que se imparte en distintos portos do litoral de Galicia e á formación regrada dos centros dependentes da Consellería do Mar.

As deputadas galegas de Cs preguntan pola cobranza das peaxes ás ambulancias Beatriz Piñeiro e María Vilas preguntan polas actuacións que vai levar a cabo o Goberno para evitar que as concesionarias das autoestradas galegas continúen cobrando a peaxe ás ambulancias que circulen no exercicio das súas funcións As deputadas galegas de Cidadáns (Cs), Beatriz Piñeiro e María Vilas, rexistraron unha batería de preguntas no Congreso dos Deputados sobre a “problemática” das

ambulancias en servizo de emerxencia ao seu paso polas peaxes de autoestradas de Galicia. "Hai que buscar unha solución canto antes a este problema e é o Goberno o que ten que aclaralo", insistiu Beatriz Piñeiro. As deputadas da formación liberal han lembrado que hai pouco menos dunha semana, desde o Ministerio de Fomento asegurábase que as ambulancias non debían pa-

gar ningún tipo de peaxe no seu paso por vías de pago en Galicia e Asturias. Desde o citado ministerio, aludían á resolución adoptada polo Consello de Ministro o 24 de agosto de 2018 da lei de Estradas segundo a cal “as ambulancias non terían que abonar peaxes”. Con todo, esta mesma resolución mantén que estes vehículos estarían exentos de pago a condición de que “xustificasen documentalmente que estaban a realizar as súas funcións específicas”. Está resposta, que para o Goberno resolvía calquera tipo de dúbida respecto a esta cuestión, non fixo máis que profundar na falta de claridade e ineficiencia que provoca o actual marco legal. “Este acordo do Consello de Ministros non aclarou, senón empeorado, unha situación que require de urxente solución”, insistiu Piñeiro. Para finalizar, pediron que datos ten o Goberno sobre posibles pagos efectuados erroneamente polos servizos de emerxencia co fin de evitar o engorroso trámite burocrático e proporcionar o máis rápido posible os seus servizos.


Galicia O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu o pasado día 13 un acto de sinatura do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Amancio Ortega (FAO), co obxectivo de poñer en marcha sete novos Centros Públicos de Atención Integral ás Persoas Maiores. Asinaron o documento a vicepresidenta primeira da FAO, Flora Pérez Marcote, e a conselleira da área, Fabiola García. A Fundación Amancio Ortega levará a cabo e financiará de xeito íntegro a construción dos sete inmobles, así como o seu equipamento completo, cun investimento inicialmente estimado en 90 millóns de euros, converténdose no maior proxecto singular da historia da entidade. Tal e como salientou Feijóo, “o mecenado desta institución permite descargar ás arcas públicas dun importante investimento, cuxa contía seguirá encadrada no ámbito social, pero poderá reorientarse a outros fins”. Os sete Centros Públicos de Atención Integral ás Persoas Maiores incorporaranse á rede pública autonómica. En total, ofrecerán 900 prazas residenciais: 150 en Vigo e na Coruña e 120 en Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e O Ferrol. O seu funcionamento diario permitirá a creación de máis de 800 empregos directos no sector da atención aos maiores. ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES PARA A DÉCADA DE 2020 Feijóo gabou o compromiso social da Fundación Amancio Ortega, que xa financiou a construción de seis escolas infantís públicas,

Setembro 2019

5

Amancio Ortega dona 90 millóns para sete centros de maiores

A FAO asumirá de maneira directa a construción dos inmobles e a dotación do equipamento necesario para o inicio da súa actividade, cun investimento inicialmente estimado en 90 millóns de euros dous centros interxeracionais en Ourense e Arteixo, e a nova sede da Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos na Coruña, e fixo importantes doazóns á diagnose e tratamento do cancro nos hospitais públicos, entre outras actuacións. A colaboración entre a FAO e a Xunta é “unha mostra da vocación altruísta que late no seo da sociedade galega, tanto no sector público como nas súas entidades privadas”, indicou.

Referíndose ás sete futuras residencias públicas, o presidente do Goberno galego apuntou que “ofrecerán unha atención asistencial con vocación de excelencia”, que as levará a ser as mellores de Europa, nuns edificios deseñados polo estudio galego Elsa Urquijo Arquitectos. “A atención ás persoas maiores de Galicia dá un paso máis na procura da excelencia e demostra que está preparada para abordar os retos da década

de 2020”, subliñou. O vicepresidente executivo da Fundación Amancio Ortega, José Arnau, agradeceu en nome da institución a confianza depositada nela, e subliñou a importancia de colaborar co maior esforzo posible para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores. Pola súa banda, a conselleira de Política Social enmarcou esta nova colaboración dentro da aposta que está a facer Galicia para ampliar

Nova liña de axudas para competitividade A directora da Axencia Galega de Innovación ( Gain), Patricia Argerey, presentou a nova convocatoria de axudas para fomentar a participación galega no Programa Marco de I+D+i da Unión Europea Horizon 2020. Esta nova liña de apoios, dotada con 1,55 millóns de euros, abriu o prazo de presentación de solicitudes ata o próximo 30 de outubro ou ata o esgotamento de fondos. O obxectivo é dobre: por unha banda, mellorar a competitividade do Sistema galego de innovación e, por outro, fomentar a súa internacionalización, a través da mellora da calidade das propostas galegas presentadas ao programa H2020, así como do apoio económico ás propostas cuxa excelencia foi avalada pola Unión Europea e que non accederon a financiamento europeo. Patricia Argerey subliñou que este programa permitirá seguir reforzando a participación dos axentes galegos, especialmente das empresas, no programa Horizon2020, o Programa Marco de I+D+i da Unión Europea. O retorno conseguido pola participación galega en H2020 creceu respecto do anterior Programa Marco, pasando de 89,95 millóns de euros nos 7 anos do FP7 a 93,04 millóns de euros nos primeiros cinco anos de H2020.

Xornal 21

A Xunta autoriza unha nova bonificación nocturna do 50% para as peaxes na AG-55 e AG-57 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a aprobación dunha nova bonificación nocturna do 50% para as peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57). Tal e como explicou Feijóo

será de aplicación directa a partir do vindeiro día 1 de outubro en todos os traxectos que discorran por estas autoestradas entre as 12 da noite e as 6 da madrugada. Así, prevese bonificar 200.000 viaxes no citado horario, xa que se aplicará a todos os vehículos,

pesados e lixeiros, que conten co sistema de telepeaxe. A este respecto, lembrou que na actualidade e desde o ano 2010 xa se aplica nestas autoestradas de titularidade autonómica nos días hábiles unha rebaixa do 25% do importe da viaxe de volta

e modernizar a rede pública de atención ás persoas maiores. As 900 novas prazas que se crearán nas sete principais cidades de Galicia contarán con servizos innovadores como as unidades psicoxeriátricas, especializadas na abordaxe do Alzhéimer e outras demencias. Fabiola García lembrou que, os últimos 10 anos, a comunidade autónoma incrementou un 42% o número de prazas públicas para maiores, ata chegar ás 8.000.

nun traxecto de ida de volta. Un desconto, incidiu, que se incrementa ata o 50% no segundo e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas co uso do vía-T. Ademais, Feijóo fixo fincapé no feito de que as autoestradas de peaxes de titularidade galega contan coas tarifas máis baixas de España, ao tempo que incidiu en que estas bonificacións nas horas de menos tráfico perseguen atraer cara ás vías de altas prestacións aos vehículos que circulan a estas horas polas estradas convencionais co obxectivo de mellorar a seguridade e mobilidade viaria. Cómpre salientar que as autoestradas de A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona dan servizo a centros de actividade económica como o Porto Exterior da Coruña, o polígono de Sabón e de Porto de Molle. Xa para rematar, o presidente da Xunta enumerou varias das propostas que se lle trasladaron ao Goberno central para facer extensible ás autoestradas de titularidade estatal o modelo de bonificacións galegos. Tales como que os descontos se amplíen aos vehículos pesados, que non se apliquen subas que non se deriven directamente do IPC, e que se aplique unha bonificación nocturna e unha bonificación para usuarios frecuentes.


6

Provincia

Xornal 21 Setembro 2019

O deporte provincial de máis alto nivel protagonista dunha xornada de gala

Os IV Premios Sofía Novoa repartirán 5.200 € O prazo para a presentación de solicitudes remata o 27 de setembro. As persoas interesadas poderán achegar os seus traballos por vía telemática ata o 4 de outubro Redacción Xornal21.es

A escalinata exterior do Pazo da Deputación foi escenario da primeira Gala do Deporte de Elite que impulsou a institución provincial para render homenaxe e recoñecer ás figuras dos e das deportistas de alto nivel e promesas do deporte: “heroínas e heroes. “Sodes un exemplo e queremos, con este acto, rendervos unha homenaxe de toda a provincia. Unha homenaxe a vós e ás vosas familias, polo seu compromiso, por non renderse nunca”, manifestou Carmela Silva. A presidenta da Deputación, acompañada das deputadas e dos deputados provinciais e de alcaldes, alcaldesas, concelleiros e concelleiras, da man do condutor e condutora do acto, Terio

todo como nai dun deportista de alto nivel, Carmela Silva falou da capacidade das persoas deportistas para xestionar o éxito e os fracasos e apostar por unha forma de vivir e relacionarse co mundo. “Son nai dun deportista de elite e teño vivido en primeira persoa bágoas, temor a non conseguir os obxectivos. Teño vivido fracasos e éxitos; renuncias do meu fillo a saír coas súas amigas e amigos, a non comer o que lle apetece. Téñoo visto chorar cando se lesionaba e estaba no momento máis importante da súa carreira e ter que volver a comezar de novo…”. A presidenta provincial fixo fincapé tamén na importancia do escenario escollido para a homenaxe: no espazo público, “o

Paloma e Paula González Esteban. Moitos e moitas deles e delas tiveron a oportunidade de compartir as súas experiencias e vivencias. Outros e outras, como os piragüistas Rodrigo Germade, Teresa Portela, Antia Jácome, Sergio Vallejo ou Adrián Siero non puideron estar presentes no acto por compromisos deportivos, en concreto por estar participando no Test Olímpico. Ademais, no transcurso da Gala tamén participaron iconas do deporte pontevedrés como Carlos Pérez (atleta nas Olimpíadas de México 1968), Franco Cobas e José Luis (remeiros en México 1968), así como, Álvaro Pino e Cristina Fernández. Tanto o ex ciclista, gañador da Volta Ciclista a España en 1986, como

O Boletín da Provincia de Pontevedra vén de publicar a IV convocatoria dos Premios Sofía Novoa Ortiz á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de fin de máster. Con estes premios, o goberno de Carmela Silva ten por obxectivo apoiar iniciativas que se están a impulsar na universidade para estender a igualdade e a perspectiva de xénero en diferentes ámbitos da sociedade. Deste xeito, os cuartos Premios Sofía Novoa Ortiz están dirixidos ao alumnado da Universidade de Vigo, pertencente aos campus de Pontevedra e Vigo, que teñan presentado, defendido e aprobado ben un traballo fin de grao ou ben un traballo fin de máster durante o curso 2018/2019. En total entregaranse dous premios, dotados con 1.000 euros cada un, e un accésit, de 600 euros, na modalidade de traballos fin de grao e outros dous premios, dotados con 1.000 euros cada un, e un accésit, de 600 euros, para traballos fin de máster. Para o goberno da Deputación

de Pontevedra é fundamental colaborar e impulsar a incorporación dos principios da igualdade dende o coñecemento, a investigación e a análise para promover o progreso e benestar social. Ademais, estes premios permiten tamén visibilizar e poñer en valor a figura de Sofía Novoa Ortiz, unha muller silenciada pola historia pero cun grande compromiso e cultura, ligada ao mundo da música. Sofía Novoa Ortiz ingresou aos 17 anos na “Residencia de Señoritas” de Madrid, dependente dunha institución que se encargaba de fomentar a renovación pedagóxica e científica en España no primeiro terzo do século XX. Alí, Novoa Ortiz, que buscaba a excelencia en todo o que facía, foi unha das artífices dun ambicioso e pioneiro programa educativo que posibilitou o acceso á educación superior a moitas mulleres. Destacou pola súa labor pedagóxica, polo emprego da música como vehículo para o ensino da cultura e o idioma, así como por loitar para que as mulleres puidesen ocupar espazos públicos.

Aberta a inscrición para as “Deporte Escolas”

Carrera e Begoña Fernández, e co acompañamento musical de “Two Mirror” e a actuación das/os ximnastas rítmicas de “Treboada”, participou activamente nun emotivo acto no que se rendeu homenaxe a máis de 112 deportistas que acadaron a categoría DepoDan e a máis de 71 DepoPromesa, que reciben, deste xeito, apoio da institución provincial para participar en competicións deportivas. “Os vosos éxitos son os éxitos deste territorio. Vivimos no paraíso e vós sodes o mellor deste paraíso”, asegurou Silva. Como presidenta, pero sobre

espazo que é da xente e onde está a xente. Queríamos estar na rúa para que todas e todos vos escoitaran xa que nesta administración facemos todo o que podemos para apoiar o deporte, porque é a nosa obriga e o voso dereito”. Na Gala do Deporte de Élite atopábanse, entre outros, deportistas como Pablo Graña, Jenifer Casal, Tamara Echegoyen, Solange Pereira, Nico Rodríguez, Martín Wizner, José Antonio Saavedra, Pablo Dapena, Susana Alonso, Raquel Meaños, Rodrigo Conde, Carla Frieiro, Antonio Serrat, Pedro Ameneiro e

a ex árbitra internacional relataron experiencias da súa traxectoria deportiva e remarcaron a importancia do esforzo, do sacrificio e do traballo que hai detrás dos éxitos. Un esforzo “extra” para as mulleres, tal e como relatou Cristina Fernández, quen asegurou que “hai que loitar moito para chegar, pero tamén seguir loitando para manterse”. O acto rematou no interior do Pazo cun ágape para celebrar o talento do deporte de elite da provincia e poñer en valor a proxección dos novos valores deportivos da provincia de Pontevedra.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a apertura do prazo para inscribirse nas “DEPOrte Escolas” 2019/2020, “o programa deportivo gratuíto da institución, do que o ano pasado gozaron máis de 10.000 nenos e nenas, que permite este curso que en ata 51 concellos da provincia haxa escolas deportivas, en moitos casos, as únicas que hai nos concellos”. “DEPOrte Escolas” é o programa deportivo da Deputación de Pontevedra en colaboración e coordinación coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e fomento da actividade deportiva de nenas e nenos en idade escolar. Silva subliñou que “grazas a este proxecto as nenas e nenos da provincia, vivan onde vivan, poden ter os mesmos dereitos” e engadiu que “o deporte é unha

actividade que se está a converter nun servizo fundamental e nun dereito, nós temos moi claro de que a nosa aposta polas "DEPOrte Escolas" é unha aposta por garantir a igualdade de oportunidades para todas as nenas e os nenos da provincia e porque haxa servizos que satisfagan as demandas da cidadanía en todo o territorio”. Para este curso 2019/2020 os deportes que ofertará de maneira totalmente gratuíta a Deputación son: atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo. A actividade arrancará a partir do 7 de outubro. A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).


Provincia

Setembro 2019

Xornal 21

7

Carmela Silva sitúa á Provincia como o “puntal turístico de Galicia”

Os datos de turismo rural son “espectaculares”, rozando o 84% de ocupación. Os albergues chegaron ao 85% e os cámpings ao 75,3%

Cun 83% de ocupación media, a provincia de Pontevedra sitúase “novamente como o puntal turístico de Galicia”. Carmela Silva detallou os datos de turismo “moi positivos” do pasado agosto, que responden a un estudo rigoroso procedente do Big Data, a través de fórmulas estatísticas que garanten un nivel de confianza do 95%. “A ocupación foi moi positiva a pesar de que agosto deste ano foi, segundo os informes de Meteogalicia, o segundo mes coa temperatura máis baixa da década e con precipitacións que o sitúan como o máis húmido do último lustro”, asegurou a presidenta da Deputación. Máis polo miúdo, e por comarcas, O Salnés acadou o 88% (chegando ao 90% en vilas como Sanxenxo e ao 86% no Grove), Pontevedra o 86% (sendo do 75% na cidade de Pontevedra), O Morrazo o 86,3%, Caldas o 76%, Vigo o 87% (coa mesma porcentaxe na cidade que acadou ademais o 100% durante a fin de semana do Marisquiño, e chegando ao 90% en Baiona), O Baixo Miño do 87,4%, O Condado e A Paradanta do 74% e Deza e Terra de Montes do 79%. Con respecto ao turismo rural os resultados “foron espectaculares”, cunha media provincial en agosto do 84%. Neste eido, a presidenta provincial fíxose eco dos datos proporcionados pola web escapadarural que sitúan á provincia como a terceira española coa maior porcentaxe de ocupación, soamente

peregrinas e peregrinos (11,98% máis) e o Camiño de Inverno con 454 persoas peregrinas (70,68% máis que no 2018).

superada por Málaga e Cádiz. Carmela Silva detallou o resultado de ocupación de turismo rural por comarcas que chegou ao 89% na do Salnés, 80,5% na comarca de Pontevedra, 92% no Morrazo, 91,4% na comarca de Caldas, 74% na de Vigo, 91,1% no Baixo Miño, 82% nas comarcas do Condado e da Paradanta e ao 71% nas do Deza e Terra de Montes. No que respecta aos albergues, a ocupación en agosto chegou ao 85% segundo informou a presidenta da Deputación. Máis polo miúdo, nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e O Morrazo chegaron ao 90%; na comarca de Vigo ao 83,6%; na de Caldas ao 99,3%; no Baixo Miño, O Condado e A Paradanta ao 90% e en Deza e Terra de Montes ao 62,5%. Pola súa banda os cámpings acadaron unha ocupación media provincial do 75,3%. Neste caso os cámpings do Salnés chegaron ao 82,4%, no Morrazo ao 71%, na comarca de Vigo ao 83,3%, no Baixo Miño ao 55% e nas comarcas do Condado e A Paradanta ao 85%. En canto ás vivendas turísticas, a presidenta provincial subliñou que a ocupación chegou ao 100% en zonas como Sanxenxo, Cambados, Poio, Pontevedra, Vigo, Nigrán, O Grove, Cambados e Silleda. En Baiona, Cangas, Vilagarcía, A Guarda e A Illa superaron o 92% e en Marín, Meaño, Nigrán, Caldas, O Porriño e Vilaboa o 87,5%. No caso destes

establecementos, o perfil de persoas usuarias é de familias formadas por entre 2 e 4 membros, procedentes de todo o territorio estatal e que desfruta de estancias entre 7 e 10 días.

PERFIL

DAS PERSOAS QUE ACODEN ÁS OFICINAS DE TURISMO RÍAS BAIXAS

A presidenta tamén facilitou o perfil das persoas que se achegan ás oficinas de Turismo Rías Baixas. Trátanse de persoas españolas (85%) procedentes de Madrid, Barcelona, Biscaia, Valencia e Valladolid. As que proveñen do estranxeiro (15%) veñen de Francia, Reino Unido, Italia, Alemaña e Portugal. O 54% conta con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos e alóxanse en hoteis entre 7 e 15 días. A maioría destas persoas

chegan ata a provincia por cuestións relacionadas coa cultura, ocio, gastronomía e natureza e a porcentaxe maioría veu por primeira vez ás Rías Baixas.

CASTELOS E CAMIÑOS A COMPOSTELA En liñas xerais durante agosto pasaron polo Castelo de Soutomaior e de Sobroso máis de 9.000 persoas. Concretamente foron 9.217, das cales 5.905 visitaron Soutomaior e 3.312 Sobroso No que respecta aos camiños pola provincia, o máis transitado no primeiro semestre do 19 foi o Portugués, con 30.534 peregrinas e peregrinas (13,33% máis que o ano pasado). Segue ao Portugués o Camiño pola Costa, con 8.578 persoas usuarias (82,5% máis que no 2018), a Vía da Prata con 4.310

ESTIMACIÓNS PARA SETEMBRO DO 2019 A presidenta da Deputación aproveitou a ocasión para dar a coñecer as estimacións, “con moita prudencia”, para o mes de setembro e que sitúan á porcentaxe de ocupación nun 51%. Máis polo miúdo, prevese un 53% para o Salnés, un 56% para a comarca de Pontevedra, un 45,5% para O Morrazo, un 65,6% para a comarca de Caldas, un 54% para a comarca de Vigo, un 57,2% para O Baixo Miño, un 31% para as comarcas do Condado e A Paradanta e un 47,2% para as do Deza e Terra de Montes.


8

Provincia

Xornal 21 Setembro 2019

Carmela Silva inaugura o renovado campo de fútbol do Meixueiro

Aprobadas as axudas básicas de emerxencia a vinte concellos A Deputación achega 175.000 euros a este primeiro grupo de concellos dos 52 que as reciben e que no 2018 chegaron a 1700 familias en situación de emerxencia Redacción Xornal21.es

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou esta tarde as obras de mellora do campo de fútbol do Meixueiro, no concello de Vigo. Cun investimento de 334.091 euros, a actuación enmárcase no convenio entre a Deputación e o Concello para a renovación de instalacións deportivas da cidade, cuxo orzamento total ascende a preto de 9,5 millóns de euros. O campo é utilizado habitualmente polo A. D. Lavadores e o C. D. Nieto, cuxos presidentes, Cándido Bastero e Agustín Rodríguez, tamén asistiron aos actos acompañados das directivas e das numerosas rapazas e rapaces que xogan nestas instalacións. Na súa intervención, a presidenta provincial destacou o seu orgullo "pola mellora deste cam-

po no que todas estas nenas e nenos crecerán como persoas e, por suposto, como futbolistas, que desexo que cheguen o máis lonxe posible". "Gozade destas instalacións", dixo Carmela Silva, "e facede equipo, porque xa sodes de primeira". Pola súa banda, Abel Caballero tamén quixo salientar "a nosa satisfacción pola apertura do campo, que ten novo céspede e novo sistema de iluminación". O alcalde vigués agradeceu a Silva "a súa aposta por melloras como esta que está a acometer na cidade e que mostran que, agora si, a Deputación é unha aliada de Vigo". As actuacións no campo do Meixueiro contemplaron a retirada e o almacenamento do material existente; a desmontaxe do céspede antigo e granulado de caucho; o saneamento, nivelación

A mostra Novos Valores 2019 pecha as súas portas con preto de 7.500 visitas

A exposición Novos Valores 2019, formada polas 31 pezas seleccionadas e as catro creacións recoñecidas coas bolsas para novos artistas, foron visitadas no Museo de Pontevedra por preto de 7.500 persoas, unha cifra considerada un éxito. A mostra tivo a meirande afluencia de público ao longo do mes de agosto, sendo visitada desde a súa inauguración (o día 8) por 5.782 persoas, e xa por 1.686 entre principios do mes de setem-

bro e o día da clausura. As pezas principais foron creadas por Mohamed El Amine Asselman Ordersound, Elena Matamoro Gómez de los Infantes La mirada que escucha, Rosa Pardal Aragunde Habitación n.º A, e Alba Castillo Costa, coa escultura denominada Maleza, que resultaron gañador e gañadoras das catro bolsas do certame Novos Valores de entre as 110 persoas participantes no concurso nesta edición de 2019.

e compactación da superficie; e a preparación da base coa revisión completa da pavimentación asfáltica. Finalmente, colocouse o novo pavimento deportivo elástico prefabricado e fíxose o acabado posterior coa instalación de céspede artificial de última xeración cunha superficie total de 6.877,5 m2. Pola súa banda, as obras tamén comprenderon a revisión e a reparación puntual das canaletas perimetrais para recoller as augas pluviais e o rego do campo, así como das reixas e canalizacións. Ademais, a actuación incluíu a renovación de todo o sistema de iluminación para mellorar a eficiencia enerxética e a instalación dunha caldeira de biomasa para ter auga quente sanitaria. As obras foron executadas pola Unión Temporal de Empresas Campos de fútbol Vigo (empresas Prace e Copsesa).

Ademais das e dos bolseiros que recibiron as achegas de 7.500 euros, o xurado tamén seleccionou outras 31 pezas, sete obras de pintura, nove de fotografía, tres debuxos, cinco esculturas, un vídeo, sete gravados, e tres pezas clasificadas no epígrafe como ‘varios'. Xa na inauguración da mostra o director do Museo, Jose Manuel Rey, quixo valorar o grande número de obras presentadas a esta edición, a existencia de moi diferentes traballos en todas as disciplinas artísticas, así como a súa calidade. O xurado seleccionador das propostas estivo composto polo director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey García; a artista e profesora da Facultade de Ciencias da Educación e Deporte de Pontevedra, Itziar Ezquieta Llamas; a crítica e comisaria de arte Mercedes Rozas Caeiro; a decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Silvia García González; a crítica e profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Susana Cendán Caaveiro; o deputado da Deputación de Pontevedra Carlos López Font; o secretario da Deputación de Pontevedra, Carlos Cuadrado Romay; e o director do Marco, Miguel Fernández-Cid Enríquez.

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación en Xunta de Goberno da primeira remesa de Axudas Básicas de Emerxencia que percibirán vinte concellos da provincia, cun investimento de 175.000 euros. Estas axudas están dirixidas aos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes e, como explicou Silva, todos as solicitaron e as percibirán, de xeito que en vindeiras semanas se irán aprobando as restantes, cun investimento que ascende en total a 465.000 euros. Silva explicou que estas axudas sociais se destinan a gastos en alimentación, gastos de vivenda, pagamento de recibos, pagamento de produtos de hixiene e limpeza, pago de produtos farmacéuticos, adquisición de electrodomésticos, pagamento de desprazamentos, pagamento de lentes ou audífonos, pago de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio e axudas de apoio á infancia. As persoas beneficiarias, como engadiu, “están en situación de emerxencia e precisan axudas das administracións, e esta Deputación destina recursos importantes para que todas as

persoas poidan ter uns mínimos dereitos básicos garantidos”. Máis polo miúdo, nesta primeira quenda de axudas entran os concellos de A Cañiza, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Agolada, As Neves, Baiona, Barro, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Forcarei, Fornelos de Montes, Meis, Moraña, O Grove, O Rosal, Poio e Salceda de Caselas. Os veciños e veciñas poderán solicitar estas axudas a través dos Servizos Sociais dos seus propios concellos. A presidenta da Deputación lembrou que no 2018 estas Axudas Básicas de Emerxencia deron cobertura ás necesidades básicas de 1.700 familias dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Delas, 1.272 tiñan menores ao seu cargo e 967 tiñan a ambos proxenitores en situación de desemprego. Así mesmo, 299 eran familias monoparentais; 352 eran usuarias do Servizo de educación e apoio familiar e 48 usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Ademais, 62 eran mulleres vítimas de violencia de xénero, 284 das persoas tiñan diversidade funcional ou grao de dependencia recoñecido, e 255 eran persoas maiores.

Adxudicadas 51 novas bolsas para que o alumnado de FP faga prácticas en empresas Trátase da sexta mobilidade do “Practicum Depo” coa que as persoas beneficiarias viaxarán a Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal Redacción Xornal21.es

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou a adxudicación por parte da Xunta de Goberno das novas bolsas de mobilidade para o alumnado de FP participante no proxecto “Practicum Depo 2018”. Trátase da sexta mobilidade e, como subliñou Silva, a penúltima desta iniciativa bianual, que deu comezo coa primeira saída de alumnado no 2018 e rematará o 31 de maio de 2020 coa chegada do sétimo grupo. Silva lembrou que o obxectivo deste programa de mobilidade para mozas e mozos titulados de Formación Profesional “é colaborar na súa integración no mundo laboral a través de prácticas profesionais en empresas e institucións estranxeiras”. Para esta nova mobilidade, a Deputación vai destinar 354.355 euros para 51 alumnas e alumnos de 18 centros educativos da provincia, que permanecerán en Finlandia, Grecia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal durante 162 días (algo máis de cinco

meses). Máis polo miúdo, as persoas beneficiarias proceden de 5 centros de Vigo, 4 de Pontevedra, 2 de As Neves e un de Salvaterra, A Illa de Arousa, A Estrada, Redondela, Sanxenxo, Lalín e Bueu, e recibirán bolsas por contías que abranguen entre os 6.460 e os 7.727 euros. En total, neste programa bianual “Practicum Depo 2018”, que rematará en maio de 2020 coa chegada da sétima mobilidade, participan 104 estudantes e docentes de 32 centros da provincia, cun investimento de 672.278,40 euros. Ata o momento, incluíndo o vixente de 2018, a institución provincial leva postos en marcha catro “Practicum Depo”, nos que en total está a investir máis de 2 millóns de euros. A través desta iniciativa, 400 mozas e mozos da provincia desfrutaron xa de mobilidades no estranxeiro, “mellorando a súa formación e acadando máis recursos para mellorar a súa empregabilidade”, como destacou a presidenta da Deputación.


A Louriña

Setembro 2019 Xornal 21

Mos

9

Perruquería solidaria en Mos

As licenzas de obra maior crecen en Mos un 50% A implantación do PXOM mosense, aprobado definitivamente en xaneiro de 2017, o crecemento do Parque Empresarial PEMOSVeigadaña, que se atopa ao 94% de ocupación, e o potencial como Concello Emprendedor Doing Business Galicia, fan que Mos leve experimentando nos dous últimos anos un aumento importantísimo das licenzas urbanísticas concedidas. Sen embargo, os datos da primeira parte do presente ano 2019 (de xaneiro a agosto) son especialmente positivos respecto dos anteriores, tal e como hoxe informaba o concelleiro de Urbanismo mosense, Alberto Méndez. No período de xaneiro a agosto deste ano 2019 incrementouse nun 14% o total de licenzas e comunicacións previas concedidas respecto das do mesmo período de 2018. De xaneiro a agosto de 2018 concedéronse un total de 281 licenzas fronte ás 321 deste ano (40 máis). O departamento técnico da concellería de Urbanismo ven de

elaborar o informe de licenzas concedidas e expedientes tramitados durante a primeira parte do ano e, esta mañá, o concelleiro mosense de Urbanismo, Alberto Méndez, fixo públicos os datos derivados dese informe, que ofrecen un balance moi positivo respecto da actividade neste departamento que, segundo considera o representante municipal, “foi en gran parte grazas ao pulo que supuxo a implantación do Plan Xeral, así como o despunte do polígono da Veigadaña e as vantaxes de ser Concello Emprendedor Doing Business Galicia”. Dentro das licenzas de obra maior as máis abundantes con diferencia foron as de construción devivenda (20 no que vai de 2019, 13 no mesmo período de 2018, e 23 en todo o ano 2018) que se incrementaron nun 54%. Seguidas polas de acondicionamento e canalizacións: 16 (no mesmo período do ano anterior foron 5 polo que o crecemento foi do 200%) e muro de contención: 13 (no mesmo pe-

ríodo do ano anterior foron 5 polo que o crecemento foi do 160%). Destes datos conclúese que “a existencia e implantación dun PXOM está animando aos particulares a establecer ou consolidar a súa residencia en Mos e que a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir”, explica Méndez. Por outra banda as licenzas de primeira ocupación concedidas en Mos de xaneiro a agosto de 2019 foron 10, fronte ás 7 do mesmo período do ano anterior (un crecemento do 42%). E as licenzas de actividadeforon 74, fronte ás 68 do mesmo período do ano pasado (un incremento do 8%). En resumo, nos catro tipos de licenzas (obra maior, primeira ocupación, actividade comunicación previa e declaración responsable; e obra menor e comunicación previa de obra menor) se produciu un significativo aumento respecto do período de xaneiro a agosto de 2018.

Cortes de pelo e peiteados mesturaranse o 28 de setembro con música, danza e moda para axudar a AECC Mos Redacción Xornal21.es

A conselleira de Política Social, Fabiola García, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Igualdade, Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, e o promotor do acto, Ángel García de ‘Ángel Estilistas’, presentaron no Multiusos das Pozas o evento de ‘Peluquería Solidaria’ que terá lugar o 28 de setembro no exterior do Pazo de Mos para recaudar fondos en beneficio da Asociación Española contra o Cancro AECC, Xunta Local de Mos. Esta idea surxiu fai xa dous anos, en 2017, co obxectivo de axudar a colectivos sensibles de Mos, como iniciativa do perruqueiro mosense, Ángel García. O formato da actividade consistirá en que os asistentes á mesma poderán cortar o pelo ou peitearse por un prezo simbólico mercando previamente un ticket de participación. E ademais ao longo da xornada haberá outras actividades de lecer, culturais e mu-

Tempo de Lecer abre o prazo de inscrición Recentemente celebrouse no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos unha reunión con representantes de todas as asociacións mosenses que participan no programa municipal Tempo de Lecer, xunto coa concelleira de Participación Cidadá mosense, Begoña Toucedo, a edil de Educación e Formación, Julia Loureiro, e a de Política Social, Igualdade e Cultura, Sara Cebrei-

Mos organiza a segunda edición da iniciativa ‘Mulleres nas Cíes’ A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro a edil de Participación Cidadá, Begoña Toucedo e a tamén edil mosense Julia Loureiro, presentaron xunto coa Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, a segunda edición da inicia-

tiva ‘Mulleres nas Cíes’, na que o ano pasado participaron centos de veciñas. A xuntanza feminina en Cíes está programada para o vindeiro 21 de setembro e persegue o obxectivo de poñer en valor a importancia da muller na sociedade mosense, así como previr e concienciar contra a

violencia de xénero. O prazo de inscrición nesta actividade permanecerá aberto ata completar o total de prazas dispoñibles. As interesadas en inscribirse deberán facelo presencialmente no Rexistro do Concello de Mos en horario de 09.00 horas a 14.00 horas.

sicais para o goce e entretemento de tódolos asistentes. O horario da actividade será de 16.00 horas a media noite, tempo durante o que os asistentes poderán cortar o pelo ou peitearse polo simbólico prezo de 5 euros que serán doados a AECC Mos. Ademais ao longo da xornada haberá actividades para nenos, desfiles, concertos, baile, etc. Haberá un total de 11 perruqueiros convidados ao servizo dos asistentes. Nas propias palabras de Ángel García, “o que pretendemos é que a xente se involucre e o pase ben, se logo queren cortar o pelo ou peitearse perfecto. Ademais quen queira colaborar económicamente sen facerse ningún tratamento de perruquería tamén pode”. García espera “que o evento deste ano saia ben, e alédase profundamente de ter podido darlle continuidade no tempo e repetilo xa neste terceiro ano, e que así sexa en moitas máis sucesivas edicións”.

ro.A xuntanza tiña por obxecto presentar a nova edición do programa Tempo de Lecer, e informar da apertura do prazo de inscrición para as asociacións; así como das novidades deste ano, referentes ao enfoque en materia de igualdade. E é que nesta ocasión o programa está subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia que dirixe Susana López Abella.


10

Xornal 21 Setembro 2019

Mos

O BNG reclama mais paradas do servizo comarcal de autobús Aseguran que o proxecto da Xunta contempla unha única parada en Puxeiros para as liñas que atravesan o termo municipal a través da N-120 e a A-55

A Louriña

A Unión Deportiva Mos organiza o 'I Desafío BTT As Baloutas'

Redacción Xornal21.es

"O concello de Mos sairá moi prexudicado se sae adiante a proposta para o transporte de viaxeiros por estrada realizada dende a Xunta de Galicia". Así o entende o BNG, que pediu explicacións no último pleno "ante a inacción do goberno do PP. O portavoz nacionalista, Gustavo Barcia, preguntou se o Concello de Mos presentara algunha alegación ao proxecto da Consellería de Infraestruturas e

Mobilidade e a resposta, por parte da concelleira Julia Loureiro, foi que o proxecto afectaba só a dúas liñas, minimizando así o seu impacto real". O BNG denuncia, ademais, que "o documento elaborado pola Consellería non é válido para unha correcta avaliación da proposta. Presenta numerosos erros e contradicións, un exemplo son as cifras relativas á demanda actual de mobilidade no concello de Mos".

Os socialistas de Mos reclaman o mantemento da fonte do Carreteiro A portavoz Victoria Alonso e o concelleiro Alejandro Figueroa estiveron en Cela atendendo as “reclamacións dos veciños da contorna en canto o estado da fonte do Carreteiro na costa da morte”. Os socialistas din que “dende que esta fonte foi feita o seu mantemento foi nulo; a iluminación avariada dende poucos

meses despois de facela, as letras do nome e ano desaparecidas dende hai tempo e o que consideran máis grave, que en unha fonte onde moita xente do concello e dos concellos veciños paran a coller auga, este continuamente cheo de barro e follas facendo que a utilización da fonte sexa un risco”.

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides Alonso, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Deportes e Participación Cidadá, Begoña Toucedo, o segundo tenente de alcalde, Alberto Méndez; e o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio, presentaban esta semana no Campo de Fútbol das Baloutas o I Desafío BTT As Baloutas que organizan conxuntamente a UD Mos, a

Peña BTT Cristo de Belén e Protección Civil de Mos, contando co patrocinio absoluto da Xunta de Galicia e Deporte Galego. A primeira edición da BTT As Baloutas celebrarase o domingo 29 de setembro con saída e chegada da zona deportiva das Baloutas. A saída efectuarase ás 09.00 horas da mañá. O prezo de inscrición anticipada é de 8 euros por participante e de 10 euros o propio día da proba. A inscrición inclúe seguro de RC e de accidentes, ademais de avituallamento gratuíto, lavado de bicis;

e pinchos e bebidas ao remate. Os participantes menores de idade deberán facelo con autorización dos pais. O casco é obrigatorio para tódolos asistentes a esta proba de dificultade media, consistente nun percorrido de 40 quilómetros. O evento deportivo contará tamén cun minicircuíto para nenos. Os interesados en obter máis información sobre a mesma poden facelo chamando ao número de teléfono 662 66 77 77 ou escribindo ao enderezo de correo electrónico: uniondeportivamos@gmail.com.

700 persoas celebraron en Costoias a Festa dos Maiores de Mos O Pleno de Mos aproba por unanimidade a adhesión ao Pacto polo Clima O Pleno do Concello de Mos aprobou durante a sesión ordinaria do mes de agosto, e por unanimidade dos seus membros, a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía. O Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía trátase dunha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. Este foi un dos principais asuntos que abordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, durante a reunión de traballo que mantiveron o pasado día 19 do presente mes de agosto. Naquel momento a conselleira felicitara ao Concello pola de-

cisión de sumarse a unha iniciativa que desde finais de 2017 a Xunta coordina e lidera en Galicia e que nestes momentos xa conta co apoio de 121 municipios galegos e doutros 22 que están aínda en trámite de adhesión. Pola súa parte o concelleiro mosense de Medio Ambiente, Leo Costas, aproveitou o Pleno para agradecer “o labor de apoio e asesoramento que brinda neste sentido a Consellería á hora de participar no Pacto” e declarou que “dende este equipo de goberno estamos moi sensibilizados e concienciados co medio ambiente e co cambio climático, polo que dende a administración local esforzarémonos ao máximo na elaboración do proxecto director e levaremos ata as últimas consecuencias a adhesión ao Pacto”.

Unha das celebracións máis emblemáticas do Concello de Mos, a Festa dos Maiores, chegou este ano á súa vixésimo novena edición que se celebrou onte logrando o seu habitual éxito de afluencia e contando coa asistencia de 700 persoas

entre homenaxeados, familiares e amigos. Este ano foron 43 as parellas mosenses que en 2019 cumpren 50 anos de casadas, é dicir, que contraeron matrimonio en 1969 e este ano celebran as súas Vodas de Ouro. Destes 43 ma-

trimonios 4 son da parroquia de Louredo, 1 de Dornelas, 3 de Tameiga, 5 de Petelos, 2 de Pereiras, 3 de Guizán, 4 de Torroso, 10 de Mos (a parroquia máis numerosa en parellas homenaxeadas), 4 de Sanguiñeda e 7 de Cela.


A Louriña

Setembro 2019 Xornal 21

Mos

11

A alcaldesa de Mos pide a 'Fenosa' máis "axilidade no permiso para retirar dous postes en San Eleuterio Mos anuncia os novos horarios de inverno do Bus Urbano Redacción Xornal21.es

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pide á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que axilice o permiso para poder retirar dous postes de Fenosa e soterrar a liña eléctrica no acceso a San Eleuterio, de xeito que se poida acometer o asfaltado do vial e rematar así a obra. O asfaltado está pendente da retirada de dous postes de media tensión de Fenosa. A eliminación dos devanditos postes é necesaria tanto para poder levar a cabo os traballos de reposición do firme como por seguridade viaria, xa que se trata de elementos que obstaculizan. Dende o Concello de Mos fai tres meses que se solicitou a Fenosa a retirada dos postes e,

á súa vez, a empresa pediu permiso para quitalos á Confederación Hidrográfica. Pola súa banda a administración local non pode eludir este trámite e actuar retirando os postes, en aras de evitar calquera tipo de expediente sancionador por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Arévalo destaca a premura do asunto e a necesidade do remate da obra canto antes “ao aproximarse o inicio do curso escolar e do curso deportivo e tratarse esta dunha zona de gran actividade e movemento en ambos ámbitos, xa que nela se atopan ubicados o Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga e a Escola Infantil

A Galiña Azul de Cototorrón”. Ademais dos postes, o Concello xa tivo que eliminar outros elementos que mermaban a seguridade viaria na zona. No mes de marzo retirouse unha construcción que obstaculizaba a visibilidade dentro da obra de humanización do acceso a San Eleuterio grazas a un acordo co propietario que permitiu a eliminación do obstáculo. A construcción obstaculizaba enormemente a visibilidade no cruce coa vía de servizo da autovía. O Concello de Mos chegou a un acordo co propietario e puido retirarse este obstáculo cuxa eliminación viña sendo solicitada históricamente pola veciñanza dende fai dúas décadas.

Dende a concellería de Mobilidade do Concello de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase da entrada en funcionamento e reestructuración das liñas do Bus Urbano de Mos adaptada ao horario de inverno. Dúas destas liñas son unha fusión das liñas azul e verde, unha con saída ás 07.15 horas de Herville e outra con saída ás 14.15 horas do IES de Mos. A que ten saída ás 07.15 horas dende Herville pasa polas parroquias de Cela, Pereiras, Sanguiñeda, Mos, Louredo, Guizán, e Tameiga, con chegada ás 08.01 horas á Avenida de Puxeiros para os viaxeiros que vaian ao Centro de Saúde no Rebullón e ás 08.08 horas para os que se dirixan ao Instituto (parroquia de Petelos). A que ten saída ás 14.15 horas dende o IES (Petelos) pasa tamén polas parroquias de Tameiga, Guizán, Louredo, Mos, Sanguiñeda, Pereiras, e Cela. As outras dúas liñas son circulares con saída e chegada ao Centro de Saúde. A liña verde ten dúas saídas, ás 09.15 horas e ás 11.20 horas, dende o Centro de Saúde para percorrer a continuación Cela, Pereiras, Sanguiñeda (con paradas

nas Angustias e no supermercado Eroski), Petelos, Tameiga, Puxeiros e regreso ao Centro de Saúde. A liña azul ten outras dúas saídas, ás 10.15 horas e ás 12.30 horas, dende o Centro de Saúde para percorrer a continuación Tameiga, Dornelas, Torroso, Petelos, Tameiga de novo, Louredo, Santiaguiño, Mos, Sanguiñeda (con paradas no cruce de Carracido, na notonda de Mercadona e nas Angustias) e regreso ao Centro de Saúde. Dende a concellería de Mobilidade do Concello de Mos aprovéitase para animar a toda a veciñanza a facer uso do transporte público urbán municipal, tanto por motivos medioambientais como de operatividade das diferentes liñas. Ademais Loureiro salienta que “se trata dun servizo moi completo que achega aos viaxeiros tanto ao Centro de Saúde para as súas citas médicas, ás zonas dos centros de estudo, aos supermercados para poder ir facer á compra… etc.”. “Trátase, en definitiva, dun servizo moi práctico e económico no que todo son vantaxes, polo que dende o Concello gustaríanos que progesivamente se fose incrementando o seu uso exponencialmente”, concluiu a concelleira Julia Loureiro.


12

Xornal 21 Setembro 2019

Mos

A Louriña

Reunión organizativa de deportes

Teatro en Igualdade de Mos comeza nova tempada de ensaios O Grupo de Teatro en Igualdade de Mos comezou a súa andaina no ano 2011 a través dun curso organizado polo Concello, logo de todos estes anos de éxitos e, tras un parón o pasado mes de agosto por descanso, as súas integrantes volven comezar os seus ensaios animando a todos aqueles homes e mulleres maiores de 18 anos que así o desexen a participar nesta actividade subvencionada pola Concellería de Igualdade. As persoas interesadas nesta actividade poden obter máis información sobre a mesma chamando ao teléfono 986 33 12 00. Os horarios de ensaios son os mércores e venres de 10:00 horas a 12:00 horas no auditorio do edi-

ficio Multiusos das Pozas. Se algunha persoa está interesada en pasar a formar parte do grupo pode inscribirse para comezar a participar nos ensaios, xa que esta agrupación está aberta a todos aqueles que desexen participar. As mulleres integrantes no Grupo de Teatro en Igualdade de Mos destacan da súa actividade teatral que dende que se iniciaron no teatro moitas puideron superar complexos, outras sacar forzas para solucionar problemas familiares ou atopar momentos de evasión. Todas coinciden ó afirmar que para elas “o teatro é unha terapia”. E é que todas elas teñen familiares ao seu cargo e, segundo

Aberto un expediente á empresa de recollida de lixo O Concello de Mos informa de que, ante as deficiencias detectadas nas últimas semanas no servizo de recollida de lixo por mestura no mesmo camión dos residuos orgánicos procedentes dos colectores verdes, cos plásticos e envases lixeiros depositados nos amarelos, así como o papel e cartón dos azuis, a administración local abriulle á empresa concesionaria do servizo, Urbaser, un expediente sancionador por infracción moi grave. Os informes periódicos que a enxeñeira municipal realiza para controlar a correcta prestación do servizo constatan as deficiencias. Ademais a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso, xa se reuniron con responsables da empresa para abordar este tema que os representantes municipais consideran “de máxima prioridade”. A postura do Concello é a de esixirlle a Urbaser a subsana-

ción das deficiencias na recollida selectiva e a garantía de que non se volvan producir, so pena de ser obxecto de medidas máis drásticas chegando incluso a poder producirse a rescisión do contrato se a situación perseverase e fose necesario. Ademais dende a administración local reclamóuselle á empresa un informe no que se especifique en detalle todo o lixo recollido e reciclado en Mos no último ano, con rexistros de depósito en Sogama que certifiquen a súa veracidade. Urbaser aportou xa un informe e comunicoulle ao Concello de Mos que as deficiencias na recollida selectiva que se viñeron producindo nos últimos días foron producto dunha mala praxis por parte da plantilla que se considera unha falta moi grave e que, polo tanto, veñen de iniciar unha investigación para indentificar ao traballador ou traballadores responsables e abrirlle o pertinente expediente.

elas mesmas afirman, durante as horas de ensaio ou función é cando poden, e realmente logran, “desconectar” das preocupacións. Elas se amosan moi contentas e ilusionadas con poder participar neste proxecto, que naceu da man da posta en valor da igualdade de xénero. Esta actividade está dirixida a contribuir a promover a igualdade entre homes e mulleres, e que esa normalización da igualdade axude a eliminar lacras sociais como a violencia de xénero. Este grupo de actrices ‘amateurs’ leva subido ós escearios dende o ano 2011 e agora atópase aberto o prazo de inscrición para tódolos interesados en unirse a elas.

A finais de agosto celebrouse no Concello unha reunión organizativa entre o alcalde en funcións, Camilo Augusto, a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo, o traballador encargado de coordinar o devandito departamento municipal, e un total de 10 clubes deportivos entre os que se atopaban os tres de patinaxe, Escolas de Patinaxe de Mos, Xiramos e Rosaleira; o Club Natación Mos e varios clubes de fútbol sala, balonmano, baloncesto, etc. Sobre a mesma, a edil mosense de Deportes, Begoña Toucedo, declarou que “rematamos o verán reuníndonos cos clubes deportivos que adestran nos pavillóns municipais para coordinar o funcionamento e distribución de horarios de uso dos mesmos de cara ao comezo da vindeira tempada deportiva, para continuar a prestar o mellor servizo aos deportistas mosenses”. O Concello de Mos conta con cinco pavillóns municipais: Óscar Pereiro –dotado tamén de Piscina Municipal-, Soledad Castro, Patricia Martíñez, Sanguiñeda e Atín;

nos que ademais de impartirse cursos e clases organizadas pola administración local, adestran e empregan para celebrar os seus torneos e actividades numerosos clubes deportivos. Os clubes deportivos mosenses congregan a un total duns 1.000 deportistas repartidos entre os 3 clubes de patinaxe, o Club de Tiro con Arco Archers Team, o Club de Natación Mos (Infantil e Master), os clubes de fútbol Alerta Sanguiñeda, UD Mos e Louro Tameiga; e o Club Xadrez Mos. As de partinaxe son unhas das escolas deportivas con máis integrantes do Concello de Mos. En total sobre uns 160 nenos/as e mozos/as practican este deporte formando parte dun dos tres clubes mosenses: Escolas de Patinaxe de Mos (que conta cuns 100 patinadores), Club Rosaleira (que conta con sobre 30 patinadores) e Xiramos (que conta con outros 30 integrantes). Todos estes xoves patinadores realizan os seus adestramentos no Pavillón Óscar Pereiro e no Pavillón Soledad Castro.

A gran festa da mocidade mosense logra o éxito na súa primeira edición

O concelleiro de Mocidade, Leo Costas, fixo balance da Holi Party e do Festival Moseando, que tiveron lugar o pasado sábado 31 de agosto. “Estou moi satisfeito do éxito acadado nesta primeira gran festa da mocidade mosense, o ambiente foi excelente e o índice de afluencia de

público moi bo, a pesar de tratarse da primeira edición; pola tarde na Holi Party participaron unhas 300 persoas e xa pola noite, no Festival Moseando, a cifra de asistentes achegouse aos 400”, declarou Costas, quen asegurou que seguirá “apostando por este evento no os parti-

cipantes disfrutaron enormemente de horas de música e diversión, de xeito que a intención dende o Concello de Mos é a de darlle continuidade a un acto que queremos se convirta en referente na axenda da programación municipal anual para a xuventude”.


Festas

do

Cristo 2019

Institúense os premios “Cabezudos de Honra” no Porriño

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Festas, colabora e apoia a iniciativa dunha asociación que ven de instituir os premios “Cabezudos de Honra” que pretenden homenaxear en vida a veciños e veciñas pola súa traxectoria e exemplo social. Roberto Cuerdo, portavoz da “Asociación Cabezudos de Honra do Porriño” explicou na presentación do evento que “entendíamos que existe unha necesidade de premiar a persoas cunha trascendencia social, cultura e laboral no noso pobo, non por un feito puntúal senón polo exemplo de toda a súa vida”, segundo manifestou.

Para esta primeira edición, a asociación promotora elixiu a: Josefa Paz Valverde, máis coñecida como Doña Pucha, profesora con máis de 60 anos de exercicio na docencia no Porriño; Joaquín Diz Tato, máis coñecido en toda a vila como Cuquín, funcionario xubilado despois de 50 anos e un día de traballar no Concello e persoa de gran trascendecia social; e finalmente Teté Delgado, actriz, cantante e presentadora de televisión, vencellada a O Porriño desde a súa infancia.

Estes galardóns consistirán na entrega dunha reproducción do busto do arquitecto Antonio Palacios e a confección dun cabezudo coa faciana caricaturizada de cada un dos galardoados que serán sacados nos festexos para ter presente a súa lembranza. Para o busto de Palacios tomouse un molde hai uns días, instante que reflicte unha das fotografías que incluímos. Os cabezudos son realizados por un taller de Chapela en poliéster. Os premios e os cabezudos entregaránse anualmente co gallo das Festas na mesma tarde que se realiza o pregón inaugural dos festexos. Polo tanto a estrea dos

Premios Cabezudos de Honra do Porriño será o vindeiro venres 20 de setembro nun acto nas escaleiras do Parque do Cristo ás 19 horas. David Alonso, concelleiro responsable da organización das Festas do Cristo manifestou pola súa banda que “desexamos que a partir deste ano, esta iniciativa dos Cabezudos de Honra se consolide como unha tradición e que perdure no tempo por riba de quen sexa o que goberne O Porriño”, sinalou.

O Porriño

Setembro 2019

Xornal 21

13

PROGRAMA DAS FESTAS DO CRISTO 2019

“Efecto Pasillo”, Dakídarría” e “Crebinsky” o prato forte das Festas A XXI “Feira de Oportunidades Merca na Rúa”, o concerto musical da artista local Xoana, e as Festas da Risca e a Medieval no CRC marcaban a pasada fin de semana, o inicio formal da programación festiva do mes de setembro organizada polo Concello do Porriño con motivo do Cristo, os festexos principais da vila. O orzamento dos festexos que rematarán o domingo 29 co “Recristo” e a XXVI Festa dos Callos como grande reclamo, será de aproximadamente 170.000 euros, “unha cantidade lixeiramente inferior, dez mil euros menos que no 2018”, segundo indicou David Alonso, concelleiro responsable da programación. O edil ponderou que “os eventos culturais, os deportivos e os musicais son os tres pilares básicos da programación”. Suliñou “diversas novedades no ámbito deportivo que acumula 26 eventos” como o “Porriño Street Festival” ou Rally Mix Concello do Porriño que se estrean este ano mentres que se garante a continuidade doutros como a Nocturna, é dicir o Criterium Ciclista”. O concelleiro responsable valorou que “un dos pratos fortes será a programación musical” e resaltou “especialmente os concertos dos grupos ‘Dakídarría” e “Crebinsky”que será o 20 de setembro e o dos canarios “Efecto Pasillo”, previsto para o 21, ambos na avenida Domingo Bueno”. “E o domingo do Cristo as actuacións das orquestas ‘América’ na praza do Concello e “Charleston” en avenida Domingo Bueno, ambas facendo dous pases”. E destacou tamén o concerto do luns 23 que será a cargo do grupo ‘La Fórmula’ que van realizar unha actuación tinuada durante cinco horas do que pensó non hai precedentes

Dakidarría

en ningún pobo de Galicia”. Asimesmo reivindicou “a recuperación da animación por barrios que será durante o ‘Recristo’ con actuacións musicais por barrios da cidade, en sete barrios históricos como San Benito, San Sebastián, a Alameda da Avenida de Galicia ou a zona de Sol, entre outros” citou o concelleiro. E por outra banda anunciou para o sábado 28 outra novidade de música itinerante que “será a actuación da Banda da Cultural de Arcade

que a bordo dun autobús descapotable de dous andares percorrerá toda a cidade e todas as parroquias para que a sensación de festa chegase a todos os rincóns do concello”. David Alonso lembrou que él como orixinario dunha parroquia pequena (Cans) “sempre botaba en falta que houbera esa conexión que agora pretendemos correxir”, engadiu. Pola súa banda a alcaldesa Eva García alabou o programa de festexos coordinado por David Alonso. “Estou segura que vai ser un éxito porque están pensadas para todos; atenden as demandas de todos os sectores sociais” e abogou “porque milleiros de persoas de toda a área metropolitana veñan ata O Porriño a disfrutar das nosas Festas”.


14

Xornal 21 Setembro 2019

Festas

do

Cristo 2019

O Porriño

PROGRAMACIÓN

FESTAS do CRISTO MÉRCORES 18 DE SETEMBRO Concerto musical: “Viaxe sonora” Coro Liceo de Vilagarcía Ás 21:00 h. • Círculo Recreativo e Cultural • Entrada libre e de balde ata completar aforo

XOVES 19 DE SETEMBRO Bailando no embarazo e na crianza cos bebés Asociacion Coliño Bailongo Ás 18:30 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios > En caso de choiva trasladarase ao Centro Cultural Municipal Contacontos infantil en inglés: “The far west” Organiza: Kids & Us O Porriño Ás 20:00 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios > En caso de choiva trasladarase ao Centro Cultural Municipal Teatro adultos: “Té con Kant” Compañía: Inversa Teatro Ás 21:00 h. • Carpa do Roxy • Entrada libre e de balde ata completar aforo

VENRES 20 DE SETEMBRO Concerto infantil: “Concerto con Fusión” Grupo Píscore Ás 18:00 h. • Carpa do Roxy • Entrada libre e de balde ata completar aforo Entrega de Premios Cabezudos de Honra do Porriño Adicados a: Doña Pucha, Tete Delgado e Cuquín Ás 19:00 h. • Parque do Cristo Pregón das Festas do Cristo 2019 e chupinazo A cargo de Jorge Punzón Ás 21:00 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios Concerto musical: Banda Crebinsky e Dakidarría Ás 22:00 h. • Rúa Domingo Bueno

SÁBADO 21 DE SETEMBRO Animación na rúa Xigantes e cabezudos, acompañados dos Gaiteiros S. Xurxo de Mosende, penediños de Atios, Charanga Imperiais e Charanga Vaite Xa De 12:00 a 14:00 h. / De 18:00 a 20:00 h. • Rúas da vila O Porriño Street Festival Club de Baile Deportivo Pasos Baile – Galicia


Festas

do

Cristo 2019

De 10:00 a 18:00 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios Teatro infantil: “Crunch!” Compañía: Muu Ás 18:30 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios > En caso de choiva trasladarase na Carpa do Roxy Concerto musical: Banda de Música Popular de Tui Ás 20:30 h. • Parque do Cristo > En caso de choiva trasladarase ao Círculo Recreativo e Cultural Verbena: Orquestra Marazul Ás 21:30 h. (pase I) / Ás 01:00 h. (pase II) • Praza Arquitecto Antonio Palacios Concerto musical: Efecto Pasillo Ás 22:30 h. • Rúa Domingo Bueno Divina Rave. Cristo Edition AMAROK + DJ Peblo + DJ lucas1to + The Factory DJ + DJ Pexe Ás 00:30 h. • Parque Infantil

DOMINGO 22 DE SETEMBRO Concerto musical: Unión Musical de Salceda Ao término da procesión • Parque do Cristo Animación na rúa Xigantes e cabezudos, acompañados da Charanga Imperiais e a Charanga Vaite Xa De 12:00 a 14:00 h. / De 18:00 a 20:00 h. • Rúas da vila

O Porriño

Teatro infantil: “Superharte” Compañía: Patty Diphusa Ás 18:30 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios Concerto musical: Banda de Música de Salvaterra Ás 19:00 h. • Círculo Recreativo e Cultural Concerto musical: Banda de Música de Salvaterra Ás 20:30 h. • Parque do Cristo > En caso de choiva trasladarase ao Círculo Recreativo e Cultural Verbena: Grupo América Ás 21:00 h. (pase I) / Ás 24:00 h. (pase II) • Praza Arquitecto Antonio Palacios Verbena: Orquestra Charlestone Ás 22:30 h. (pase I) / Ás 01:30 h. (pase II) • Rúa Domingo Bueno

LUNS 23 DE SETEMBRO Animación na rúa Xigantes e cabezudos, acompañados da Charanga Imperiais e a Charanga Vaite Xa De 12:00 a 14:00 h. / De 18:00 a 20:00 h. • Rúas da vila Concerto musical: Banda de Música de Marín Ao término da misa • Parque do Cristo Espectáculo de maxia: “Código” Compañía: Dani García Ás 18:00 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios

Setembro 2019

Xornal 21

15


16

Festas

Xornal 21 Setembro 2019

Concerto musical: Banda de Música de Marín Ás 19:30 h. • Parque do Cristo > En caso de choiva trasladarase ao Círculo Recreativo e Cultural Verbena: La Formula Ás 21:00 h. • Rúa Antonio Palacios

XOVES 26 DE SETEMBRO Teatro adultos: “Bicos con lingua” [ + info ] Compañía: Talía teatro Ás 21:00 h. • Carpa do Roxy • Entrada libre e de balde ata completar aforo Concerto presentación VI Montando Cristo Festival Bakintaun, A Thin Lizzy Tribute Ás 22:00 h. • Parque do Cristo

Verbena: Orquestra Televisión Ás 21:30 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios Actuación D.J. Antonio Varela Remenber música 70, 80 e 90´s Ás 23:00 h. • Carpa do Roxy

DOMINGO 29 DE SETEMBRO Festa dos Callos. XXVI Edición Organizan: ACIPOR. Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño e Concello do Porriño A partir das 11:00 h. • Establecementos hostaleiros da vila Animación na rúa por barrios Charanga os Viras, Grupo folclórico Feixoada, Charanga Fusión os Ventos, Grupo Lagoas e Grupo de Gaitas Os Zoqueiros

VENRES 27 DE SETEMBRO Teatro infantil: “Rogelio, un pallaso en recuperación” Compañía: Assircopatas Ás 18:30 h. • Centro Cultural Municipal • Entrada libre e de balde ata completar aforo VI Montando Cristo Festival You DOG!! + Calle del ruido + Spoonful + Mano de piedra Ás 22:00 h. • Carpa do Roxy • Entrada libre e de balde ata completar aforo Verbena: Orquestra La Estación Ás 21:30 h. • Praza da Central

De 12:00 a 14:00 h. Barrios da vila Animación na rúa Charanga Cantos Somos De 12:00 a 14:00 h. / De 18:00 a 20:00 h. • Rúas da vila Espectáculo de maxia: “Lafayette Show” Compañía: Cayetano Lledó Ás 18:00 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios Concerto musical: Banda da Escola Municipal de Música do Porriño Ás 19:30 h. • Parque do Cristo

SÁBADO 28 DE SETEMBRO Banda no bus. Música itinerante Banda de Música Cultural de Arcade De 11:00 a 14:00 h. • O Porriño e parroquias Animación na rúa Charanga Fusión os Ventos e Charanga Os Viras De 12:00 a 14:00 h. / De 18:00 a 20:00 h. • Rúas da vila Circo e acrobacias: “4.0” Compañía: Sue Moreno Ás 18:00 h. • Praza Arquitecto Antonio Palacios Concerto musical: Banda de Música Xuvenil de Xinzo Ás 20:00 h. • Parque do Cristo > En caso de choiva trasladarase ao Círculo Recreativo e Cultural

> En caso de choiva trasladarase ao Círculo Recreativo e Cultural Concerto musical: Agrupación San Xurxo de Mosende coa Coral Agarimo de San Salvador de Torneiros + convidados Ás 20:30 h. • Parque do Cristo > En caso de choiva trasladarase ao Círculo Recreativo e Cultural Verbena: Orquestra Solara Ás 21:00 h. (pase I) / Ás 24:00 h. (pase II) • Praza da Central Verbena: Orquestra Tango Ás 22:30 h. (pase I) / Ás 01:30 h. (pase II) • Rúa Domingo Bueno

[ + info www.xornal21.es ]

do

Cristo 2019

O Porriño


A Louriña

Xuño 2019 Xornal 21

O Porriño

“Amazon” anuncia o inicio da selección de persoal A Alcaldesa Eva García e o concelleiro de Emprego, David Alonso mantiveron esta semana unha reunión de traballo con Eva Pérez, representante de “Amazon Logistics” e representantes de “Manpower”, firma que se encargará da selección de persoal que se iniciará en breve con motivo da inminente apertura do centro loxístico da multinacional no Porriño. A previsión é que “Amazon” arrancará con 40 empregados na central loxística pero esa plantilla incrementaráse nas datas punta como “Black Friday”, campaña de Nadal e rebaixas de inverno. “Explicaronnos como van facer a selección de persoal que de inmediato publicitarán a través dos medios indicando un enlace onde os interesados e interesadas deberán dirixirse para remitir o seu curriculum. Aseguraronnos que será un proceso moi transparente baseado na valoración das capacidades e méritos de cada aspirante”, indicou Eva García. O Concello do Porriño prestará as instalacións de “Porremprego” no Multiusos de Torneiros para a realización das entrevistas de traballo ós aspirantes cando “Manpower” arranque o proceso de selección. A previsión é que “Amazon” poida abrir esta nova central loxística para o noroeste a finais de setembro ou principios de outubro.

17

O “Balonmán Porriño” exhibe músculo como club

Todos os equipos do “Balonmán Porriño” encabezados pola plantilla que xoga Liga Guerreras Iberdrola na máxima categoría feminina, participaron no acto de presentación no Concello que tivo lugar na praza do Arquitecto Antonio Palacios. O acto contou coa asistencia de Eva García, alcaldesa do Porriño; David Alonso, concelleiro de Deportes, Lourdes Moure, tenente de alcalde e Abel Estévez, tamén concelleiro e presidente do “Balonmán Porriño”.

O club exhibiu músculo coa presentación de todos os seus equipos en categorías base e élite que contan con máis de 250 federados. Abel Estévez agradeceu ós patrocinadores e as familias dos xogadores e xogadoras “o seu apoio e implicación” e “de xeito moi especial hoxe toca agradecer ó noso principal soporte que é Concello do Porriño”. “Eva, David e Lourdes, moitas grazas pola vosa colaboración co de-

porte porriñés e particularmente co balonmán” dixo Estévez que engadiu que “dende que son presidente sempre tiven e sentí moito apoio do Concello e agardo que siga sendo así por moitísimos anos máis” e pidiu que “sigades puxando porque somos un referente deportivo en toda España posto que somos o único club que ten dous equipos na primeira e na segunda división feminina martes e sen vosa axuda non sería posible” rema-

tou Abel Estévez. Pola súa parte Eva García lembrou “o que disfrutei o pasado sábado” no primeiro partido de Liga Guerreras que “Balonmán Porriño” gañou. A alcaldesa destacou que “é maravilloso ver como xogades” e suliñou que “xa levades 9 anos na máxima categoría do balonmán feminino e penso que haberá pouquísimos equipos en España que poidan presumir desa xesta”.

O Porriño acumula mais de 200 fincas sen limpar

Acordo para axilizar prazos e execución da ampliación do Centro de Saúde Un apretón de mans sellou o acordo entre Consellería de Sanidade e Concello do Porriño para que ambas administracións poñan o máximo empeño en axilizar prazos e execución da ampliación do Centro de Saúde da vila. O compromiso establece que en dous meses licitaráse a redacción do proxecto. O Conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña e a Alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre esce-

nificaron a firma do convenio polo que o Concello cede unha parcela anexa e comprometese a prestar os servizos e suministros necesarios para a posta en funcionamiento do Centro de Saúde. Pola súa banda, a Consellería executará a obra de ampliación e se encargará da dotación de material e persoal. Conselleiro e Alcaldesa presidiron a reunión celebrada este mediodía na sé da Consellería en

Santiago. No encontro estiveron os concelleiros do grupo EU Son, Pedro Ocampo e Blanca Francés, invitados pola alcaldesa a formar parte da representación municipal en recoñecemento ó seu protagonismo na reivindicación desta mellora sanitaria. Pola banda da Consellería, Vázquez Almuiña estivo acompañado por Alberto Fuentes, secretario xeral técnico, e por Antonio Fernández Campa, Xerente do SERGAS.

O Concello do Porriño xa comezou a notificar ós propietarios de fincas para que acometan o desbroce e limpeza en cumprimento da Lei de Prevención de Lumes Forestais de Galicia que establece a obriga de deixar franxas de seguridade. As notificacións que se veñen realizado son de oficio ou ben por instancia de parte. Diariamente recibense no Concello do Porriño 5 queixas de veciños que suliñan a existencia de fincas sen desbrozar, informa o concelleiro de Ambiente, Sergio Casal. Segundo as estimacións do edil actualmente pode haber

maís de 200 fincas de particulares sen limpar que incumpren co determinado pola Lei en materia de franxas de seguridade. A notificación advirte da posibilidade de execución subsidiaria no caso de incumprimento e da apertura dun proceso sancionador. Se no prazo de 15 días naturais os propietarios non limpan, a Administración pode asumir as labouras e repercutirlle os gastos ó propietario do terreo. As multas que se poden imponer van dende os 100 ata os 100.000 euros nos casos de extrema gravidade.


18

Xornal 21 Setembro 2019

Redondela

A Ponte de Rande terá unha iluminación ornamental de "referencia internacional"

Afaga e o Concello inician un programa de estimulación para persoas con Alzhéimer A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, aseguraba durante a inauguración da exposición ‘Rande, unha ponte entre dous séculos’, que o simbolismo deste viaduto se verá reforzado cunha iluminación ornamental que a converterá “nunha referencia internacional”.

Vázquez Mourelle destacou “que a todas luces, a Xunta de Galicia traballa e inviste para que Vigo progrese". Neste sentido, explicou que “hai tempo que a Xunta vén falando con Audasa para que a ponte acade este fito e está desexando examinar o proxecto e comprobar

a súa envergadura para determinar se é adecuado, para o que contarán co apoio do Goberno galego”. Remarcou que a ponte, facendo honra do seu simbolismo, aunará vontades e conseguirá un consenso pleno para traballar pola súa posta en valor cunha iluminación acaída.

Música, viño e gastronomía unirán a peregrinos na Guarda, Redondela e Tui

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, presentaron no Concello este Programa de Estimulación Terapéutica. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, presentaron esta mañá un Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con demencia do que se beneficiarán os veciños de Redondela e Chapela. Estes talleres diríxense a persoas con deterioración leve ou moderada e o obxectivo dos mesmos é retardar o avance da enfermidade a través da estimulación cognitiva e funcional.

Ademais, ponse en marcha un programa de respiro a familiares coidadores, a través do cal se ofrecerá información social, apoio psicolóxico e formación aos coidadores que o soliciten. Doutra banda, Digna Rivas destacou que o compromiso do Concello é dar continuidade a este programa, debido a que era unha necesidade moi grande na localidade, e poder impulsar no futuro unha Unidade Terapéutica de Demencias. Os talleres terán lugar os luns e mércores no Multiusos dá Xunqueira, en Redondela; e os martes e xoves no multiusos Pinal do Crego, en Chapela.

Aberta matrícula para actividades da Asociación Cultural e Social de Chapela O programa ‘Música e Viño no Teu Camiño’, posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, organizará tres eventos musicais no que tamén se porán en valor os viños de DO Rías Baixas e a gastronomía local Redacción Xornal21.es

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural porá en marcha o vindeiro mes de outubro o proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’, unha iniciativa que forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, e que busca crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Redondela e Tui. “Trátase de dinamizar e ofrecer a poboación e peregrinos experiencias positivas e desestacionalizadas naqueles concellos do noso territorio polos que pasa o Camiño de Santiago: A Guarda como inicio do Camiño da Costa, Tui como inicio do Camiño Portugués xa en Galicia e Redondela, onde conflúen os dous”, explicou Sandra González, presidenta de Eurural e alcaldesa de Tomiño, durante a presentación do proxecto. “Agardamos que sexa un primeiro paso para poñer en marcha novos proxectos co Camiño de

Santiago de protagonista de cara ao ano Xacobeo 2021, dinamizando os nosos produtos, as nosas empresas e os nosos concellos”, salientou. A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, quixo agradecer a iniciativa proposta por Eurural, porque “o Camiño de Santiago é unha historia coral escrita coa suma de vontades e de esforzos e temos que dar os parabéns a unha proposta como esta, que mestura algún dos elementos que máis turistas atraen a Galicia”. “Galicia é un destino cada día mellor porque está apoiado na nosa realidade turística e pon en valor os nosos recursos”, como demostran as máis de 350 iniciativas en todos os concellos de Galicia presentadas ao programa O teu Xacobeo. O acto de presentación tamén contou coa presenza do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; do primeiro tenente de alcalde de Tui, Rafael Estévez; da concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; e do concelleiro de Cultura e Turismo de Redondela, Daniel Boullosa.

TRES

EVENTOS

Ao abeiro do programa ‘Música e Viño no Teu Camiño’, o vindeiro mes de outubro A Guarda, Redondela e Tui acollerán un concerto musical ao aire libre e totalmente gratuíto que será o eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas subárea do Rosal e desfrutar da gastronomía local a prezos populares. Os eventos celebraranse nas seguintes datas: 4 de outubro de 2019. Concerto de The Soul Jacket na Praza da Torre de Redondela, 12 de outubro de 2019. Concerto de The Pretty Shirts Rock&Roll Band na Praza do Reló de A Guarda e 19 de outubro de 2019. Concerto de Best Boy na Praza de San Fernando de Tui. Todos os eventos comezarán a partir das 20.30 horas e contarán coa presencia e participación confirmada das adegas Quinta de Couselo e Terras Gauda.

Este curso a Asociación Cultural e Social de Chapela presenta unha amplía oferta de actividades pensadas para todas as idades. As persoas interesadas en participar poden elixir entre 17 actividades diferentes. Nas xa ofertadas en anteriores anos, conta con actividades de formación como cursos de inglés para nenos e adultos, manualidades, e pintura. Actividades saudables e de mantemento físico como Pilates, Aerobic latino, Ioga, Ximnasia, adestramento circuíto ou Zoa. Na súa Escola de Baile impartiranse clases de Baile en todas as modalidades tanto para nenos como adultos. Como cada ano tamén segue ampliando a oferta de actividades, e á parte dás anteriormente mencionadas, ás novas ofertas para este curso son: talleres de teatro para neno e adultos. A oferta conta tamén con cursos de defensa persoal. Os cursos de cociña para nenos e adultos pretende ofertar unha cociña participativa, con menús sans , nutritivos e de baixo orzamento, onde tamén se degustarán todos os pratos elaborados. Pensando nas persoas maiores e de mobilidade reducida ofértanse actividades de mobilidade articular, onde se realizan exercicios sentados e encamiñados á conservación e mellora das condicións físicas, tonificación e coordinación das articulación en

xeral. E pensando tamén no colectivo de maiores, continúa en horario matinal co espazo de lecer, creado o pasado curso, con sala de lectura, prensa diaria, xogos de xadrez, cartas, dominou, parchís etc. no que tamén se realizarán ao longo do curso diferentes talleres, charlas e conferencias cos mesmos obxectivos. Do mesmo xeito que o pasado curso tamén continuará cos roteiros de sendeirismo a diferentes zonas de Galicia e Portugal, os roteiros realizaranse de forma mensual e os participantes que o desexen poden ir acompañados das súas mascotas. Todas as actividades teñen un prezo reducido para socios e están impartidas “por monitores altamente cualificados”. Doutra banda informan que durante curso seguirase ampliando a oferta de actividades dependendo da demanda. Para a presentación deste novo curso a Asociación Cultural ofrecerá unhas Master-Clas gratuítas de diferentes actividades desde os días 23 ao 27 de setembro no Multiusos de Chapela. A entrada será libre ata completar o aforo e as persoas interesadas poden ampliar a información na web www.culturaldechapela.org,no teléfono 607883585 ou de xeito presencial nas oficinas da Asociación non Multiusos do Piñeiral do Cura (Chapela).


A Louriña

Setembro 2019 Xornal 21

Salceda de Caselas

Salceda estrea rede wifi gratuíta nos espazos públicos O Concello de Salceda bota a andar un servizo de wifi gratuíto en diferentes espazos públicos, para o uso do público en xeral O sistema conta coas últimas tecnoloxías wifi de 2,4 e 5 Ghz, capaz de soportar un gran número de usuarios sen descenso do rendemento. Contará con puntos de acceso na Praza do Concello, Casa da Cultura Castelao, Praza da Devesa, CDL O Torrón e Pavillón Municipal, e garantirá o acceso gratuíto mediante banda ancha ao público en xeral, o que garantirá tamén o acceso á administración electrónica, eliminando a barreira que supón para unha parte da cidadanía o acceso a internet. A Unión Europea supervisará que se cumpran en todo momento os criterios de calidade da conexión, que non debe baixar de 30 Mbps, e debe estar garantida por un período mínimo de tres anos. O proxecto supuxo un investimento de 28.846,60 €, dos cales 15.000 € son aportados pola Unión Europea dentro do programa wifi4eu, e o resto polo propio Concello. O programa wifi4eu estase a implantar en milleiros de municipios de toda Europa, dos cales unha vintena son municipios galegos, polo que para Salceda é un privilexio poder formar

A Xunta recorda que as obras do vial do Parque da Gándara “son ilegais” A Xefatura Territorial de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra asegura que o concello non conta coa autorización necesaria para realizar un entronque na glorieta de titularidade autonómica A Xefatura Territorial de Infraestruturas e Mobilidade de Pontevedra lémbralle á alcaldesa de Salceda de Caselas, Dolores Castiñeira, que as obras que o municipio está a realizar para facilitar o enlace do vial de servizo da PO510 á glorieta que dá acceso ao parque da Gándara non contan coa autorización necesaria. Dende a administración autonómica, recórdanlle á rexedora que tanto o vial de servizo como a PO510 son estradas de titularidade da Xunta de Galicia, e que para levar a cabo obras de mellora na mesma necesitan contar cun permiso por escrito e que “non todo vale”, segundo apuntou José Luis Díez, xefe territorial do departamento de In-

fraestruturas na provincia. Ante a perigosidade que presentan os traballos de acceso realizados, a administración autonómica acaba de instalar medidas de seguridade para impedir a entrada na rotonda Ante a perigosidade que supón a entrada de vehículos dende a vía de servizo á glorieta da PO-510, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade tomou a decisión de instalar medidas de seguridade que impiden o acceso á mesma. Estas medidas manteranse no tempo para garantir a seguridade viaria. Ademais, a administración autonómica acaba de abrir expediente sancionador ao concello “pola súa actuación desleal”.

Salceda regula a concesión de honores e distincións parte do programa. Salceda foi un dos cinco primeiros municipios de Galicia en beneficiarse do programa, xunto con Cerdido, Oleiros, Rianxo e Toén, aínda que na actualidade o proxecto xa está a chegar a unha vintena de concellos galegos. Loli Castiñeira, Alcaldesa de

Salceda, valorou o programa como “un privilexio para Salceda. A nosa veciñanza vaise beneficiar dunha rede wifi aberta, gratuíta e de grande calidade, o que sen dúbida constituirá un novo aliciente á hora de escoller Salceda como lugar de residencia para novos veciños e veciñas”.

Salceda solicitará a desafectación da aula de Revolta para poder darlle novos usos O Equipo de Goberno de Salceda levou ao Pleno ordinario do mes de agosto a solicitude de desafectación da que foi a escola de Revolta, na parroquia de Parderrubias. O edificio permanece pechado dende que no ano 2015 a Xunta de Galicia o “deixase sen actividade alegando falta de alumnado, e dende entón non se lle deu outra utilidade”. O Equipo de Goberno pretende agora recuperar o edificio para usos socioculturais, tendo en conta o bo estado do mesmo, así como a súa ubicación facilmente accesible, polo que o primeiro paso foi propoñer ao Pleno a desafectación do edificio. O Concello segue así co proceso de recuperación dos edificios en desuso, como está a facer na actualidade co edificio da antiga escola de Vendanova, na parroquia de San Xurxo, que na actualidade está a ser recuperada para reconvertila nun centro para maiores con enfermidades dexe-

19

nerativas como o alzheimer e otras demencias. Gela Ledo, Concelleira de Educación explicaba que “os edificios educativos en desuso son unha excelente oportunidade para destinar a usos sociais e favorecer así a numerosos colectivos que poidan facer uso dos mesmos”.

Mentres que Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda sinalaba que “Salceda ten unha grande demanda de espazos sociocomunitarios polo grande dinamismo asociativo co que contamos, polo que estudiaremos todas aquelas alternativas que poidan favorecer a estes colectivos que tanto enriquecen o noso municipio”.

O Boletín Oficial de Pontevedra ven de publicar o inicio do período de exposición pública do que será o primeiro Regulamento de Honores e Distincións do do Concello de Salceda de Caselas. O documento regulará a concesión de distincións como as de fillo ou filla predilecto/a, fillo ou filla adoptivo/a, salcedense distinguido ou distinguida, alcalde ou alcaldesa honorario, ou as persoas e entidades premiadas na Gala do Deporte, así como as condecoracións como “medalla do Concello” ou “Cronista oficial da vila”. Por outra banda, o regulamento tamén fai referencia aos procesos de denominación de espazos públicos, rúas, edificios públicos, sendas, prazas, etc. O Concello de Salceda celebra anualmente con motivo das festas do Cristo o acto de nomeamento de salcedenses distinguidos/as, no que se nomean tres persoas polos seus méritos en diferentes campos

da vida social. Ata o de agora esta distinción víñase facendo a proposta do Equipo de Goberno, e con este regulamento pasará a realizarse dunha maneira reglada e definida, incluíndo a aprobación plenaria das persoas propostas para o recoñecemento. O equipo de goberno (MS e PSOE) busca deste xeito garantir un maior consenso nos nomeamentos que se realicen, así como unha maior participación nas propostas. O Regulamento foi aprobado inicialmente na sesión plenaria do 30 de agosto cos votos a favor dos grupos de Goberno (MS e PSOE) e a abstención do Partido Popular, e a partir de hoxe conta con un prazo de exposición pública de 30 días onde tanto a veciñanza como os colectivos e asociacións poderán achegar as súas aportacións para proceder á aprobación definitiva do documento unha vez rematado o prazo de alegacións.


20

Xornal 21 Setembro 2019

Salceda de Caselas

A Xunta convoca os titulares dos terreos para a execución dunha senda en Parderrubias A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca os días 17 e 18 de setembro os titulares dos terreos necesarios para executar unha senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO411, en Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas, co fin de realizar o levantamento de actas previas. Os propietarios das fincas deberán acudir á Casa do Concello os citados días, no horario comprendido entre as 9.30 e as 13.30 horas. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a esta actuación un orzamento duns 900.000 euros, no cal se inclúe o pagamento aos titulares dos 94 predios necesarias para executar esta actuación. Trátase da execución dunha senda de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude na estrada de titularidade autonómica PO-411, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual e cun ancho que oscilará entre os 1,80 e os 2,30 metros. Trátase dun itinerario para peóns e ciclistas que se desenvolverá en tres treitos da estrada autonómica PO-411. Esta actuación no núcleo de Parderrubias desenvólvese en tres

treitos, un na marxe dereita da vía de acceso ao IES Pedras Rubias, outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985, e o terceiro tamén pola marxe dereita da vía autonómica, entre os puntos quilométricos 5+970 e 6+250. Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no punto quilométrico 3+715, a ampliación do paso sobre o regato de Landres, a mellora das interseccións e accesos ás vivendas. Nas obras se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento. Cómpre lembrar que con esta nova actuación impulsada desde a Xunta se completa o Plan de Sendas de Galicia para a Comarca de Vigo. Nesta comarca implicou a mobilización dun investimento total de 5,9 M€, que está a permitir a execución de máis de 12 quilómetros de novas sendas peonís e ciclistas en estradas de titularidade autonómica. Estas actuacións son cofinanciadas con Fondos europeos do programa operativo Feader 2014-2020.

Solicitado un programa de emprego para atender a 100 persoas O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. O plan acollería persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación, maiores de 45 anos, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 40% das persoas participantes. As persoas beneficiarias participarían nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante os 12 meses de duración do programa. Ademais da formación que se agrupa en catro itinerarios formativos: Administración e atención ao cliente, almacén, produción industrial e hostalería, ademais prácticas en empresas da zona coas

que o Concello establecerá convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado. O Concello de Salceda conta cunhas instalacións idóneas para levar a cabo este tipo de programas no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón, onde se establecería o programa e as técnicas que atenderían ás 100 persoas participantes. No caso de ser concedida esta iniciativa sumarase ás iniciativas municipais que nos próximos meses porá en marcha a concellería de emprego. Verónica Tourón, alcaldesa accidental e responsable da área de emprego e formación: “esperamos que a Xunta atenda a nosa petición e poidamos poñer en marcha este programa necesario para as persoas demandantes de emprego do noso concello, xa que é un programa integral de formación, prácticas e inserción laboral”.

A Louriña

Ata o día 28 Salceda celabra o "Pincho Folk"

Redacción Xornal21.es

Tralo éxito acadado os anos anteriores, vense de presentar a VII Ruta Pincho Folk, que se vai celebrar durante os venres e sábados ata o 28 de setembro. Un total de 15 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,50 € en horario de 20:00 a 23:59. A ruta de pinchos conta co engadido do folk, quedando aberta a participación a todos aqueles gaiteiros, pandeireteiros ou músicos en xeral que desexen asistir e pasar unas boas noites de foliada na compaña da mellor gastronomía. Os clientes que degusten os pinchos en diversos locais entrarán no sorteo de premios como circuítos termais, lotes de pro-

ductos ou cheques en efectivo. Para elo terán que recoller as tarxetas de participación nos establecementos hosteleiros e ir cubríndoas en cada un dos locais visitados. Tamén os hosteleiros optarán ao Pincho de Ouro elexido pola clientela e aportado por ACISA. O proxecto organízase conxuntamente entre o Concello e o sector hosteleiro, para o cal se levaron a cabo diversas reunións dos hosteleiros e hosteleiras con Verónica Tourón, Concelleira de Comercio, e Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura, encargados da coordinación. Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura, aproveitou para convidar aos diferentes grupos de música tradicional a participar no evento, consciente de que as diferentes iniciativas levadas a

cabo dende o Concello orientadas aos colectivos de música tradicional están a conseguir sempre unha elevada participación, nun Concello especialmente dinámico e con un amplo e consolidado tecido asociativo sempre disposto a colaborar neste tipo de actividades. Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, definiu o evento como una importante iniciativa para dinamizar o pobo e sobre todo os establecementos hosteleiros. “Pensamos en seguir organizando este tipo de eventos que apoien ao comercio local, neste caso á hostelería. A iniciativa do pincho folk foi prantexada dende o Concello fai xa sete anos e estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo por parte dos diferentes establecementos e coa colaboración obtida dende o primeiro momento”.


Val Miñor

Setembro 2019 Xornal 21

Nigrán | Gondomar | Baiona

Limpeza nos ríos Vello e Peitieiros A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos ríos Vello e Peitieiros, no Concello de Gondomar. Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes ríos ao seu paso polos lugares de Borreiros e Touróns, respectivamente. As obras inclúen o desbroce de maleza das marxes, a retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Deporte Galego renova o seu apoio á Vela Adaptada O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acaba de asinar co presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, o contrato de patrocinio polo que a Xunta achega á entidade un total de 9.000 euros para as actividades da Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica. Tras a firma do acordo, tanto Lete como Álvarez aseguraron que a accesibilidade e a inclusión deben ser prioridades na práctica deportiva, e é por iso que a Xunta e o Monte Real unen os seus esforzos para loitar por un deporte «plural, diverso, sen xénero nin idade, para todos e para todas, enriquecedor da sociedade, transmisor de valores, formador, igualador e motor de cambio social”, asegurou Lete Lasa.

Aberto o prazo de solicitudes para o mercado de San Cosme e San Damián 2019 O Concello de Baiona tren aberto o prazo para presentar as solicitudes para a instalación dos postos de venda na Romaría de San Cosme e San Damián 2019, ata o 23 de setembro. As solicitudes poderán presentarse ben por rexistro de entrada no concello en horario de 9:00-14:00h, ou ben pola Sede Electrónica. A Romaría de San Cosme e San Damián terá lugar na vila o mércores 25 e xoves 26 de setembro de 2019.

21

Paco Ferreira anuncia un concurso de escultura “para converter Gondomar nunha referente” O rexedor fixo o anuncio durante a presentación da exposición D’Pedra, promovida pola Deputación Provincial, e que mostra 16 pezas realizadas polo alumnado da Escola de Cantería de Pontevedra. “Con esta inauguración arrinca un proxecto máis ambicioso que desenvolverá o goberno que presido: converter a Praza dá Paradela nun verdadeiro museo ao descuberto”. Paco Ferreira avanzó, en líneas xerais, as bases desta convocatoria que se fará pública en próximas semanas nas que -deixou claro- “só hai un requisito fundamental que esixiremos: a pedra para utilizar ten que ser do país”, a mesma que se empregou hai uns meses na remodelación da Praza Paradela. Según explicou o rexedor o xurado estará integrado por

profesionais da arte e cultura, así como membros do goberno local, sen descartar unha participación popular “na elección das obras gañadoras que pasasén a ser de titularidade do concello de Gondomar para ser ex-

postas no municipio”. Paco Ferreira confía en que sexan moitas as persoas que se animen a participar e confirmou que este concurso dotasé económicamente os premios con 6.000, 3.000 e 1.000 euros, para o pri-

meiro, segundo e terceiro clasificados, respectivamente. “Queremos converter esta Praza desde hoxe e para sempre nun museo ao descuberto para que sexa visitado cada deía por os cidadáns. Queremos facer desta praza un referente cultural en todo o país”, concliu o alcalde. Así deuno a coñecer tras a inauguració n, xunto ás deputadas provinciais Iria Lamas e Ana Laura Iglesias, da exposición itinerante D’Pedra que permanecerá e Gondomar ata o próximo 9 de outubro. Promovida pola Diputación Provincial, a mostra está integrada por 16 pezas que dan a coñecer de primeira man o traballo realizado polo alumnado da Escola de Cantería de Pontevedra, abordando diferentes temáticas como os oficios, emigración, ou os animais entre outras.

Nigrán conta co primeiro espazo de recreo para cans na Ramallosa "Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans", explica o alcalde Redacción Xornal21.es

O Concello de Nigrán ven de habilitar o primeiro espazo específico de esparexemento para cans do municipio atendendo así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa. Este atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa 350 metros cadrados en forma de 'L' que están deseñados para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa. A superficie,

de céspede natural, foi delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen. Ademais, dotouse a zona de sanecáns para depositar os excrementos e de máis bancos, próximamente o parque será mellorado con elementos de distraccións específicos para este animais. Un panel informativo recorda as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estexa sempre vixiado polo seu

dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa

que o Concello optou por reconvertir esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso.


22

Xornal 21 Setembro 2019

Nigrán | Gondomar | Baiona

A Deputación inviste 56.000 euros para a xestión do lixo tecnolóxico no Val Miñor A Deputación de Pontevedra investirá 55.597,24 euros na adaptación dos puntos limpos de Gondomar e Nigrán, co obxectivo de acondicionalos de cara á recollida e xestión dos Residuos Eléctricos e Electrónicos (RAEE). Unha iniciativa que permitirá o cumprimento da normativa europea e española, vixente dende o ano 2015, para o tratamento do “lixo tecnolóxico”. A Xunta de Goberno Provincial tomou coñecemento do inicio dos expedientes. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que agarda que, unha vez rematados os trámites de contratación das obras e as subministracións necesarias, os puntos limpos estean plenamente operativos no primeiro trimestre de 2019. Culminará deste xeito un proceso que comezou coa captación dos fondos europeos FEDER a través da primeira convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza POCTEP 2014-2020. Naceu así o proxecto Estraee (Estratexia Sostible para a Xestión de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) do que se están a beneficiar 9 puntos limpos doutros tantos concellos da provincia de Pontevedra, xunto con outros 9 situados en territorio portugués.

O orzamento total de licitación dos contratos de subministración e obras para a adaptación dos 9 puntos limpos da provincia incluídos é de 618.074,23 euros, que se reparten entre os 238.275 euros para as subministracións e outros 379.799,23 euros para as obras de reforma. A Deputación achega directamente 154.518,56 euros, o 25% do orzamento global. Nos “ecocentros” de Gondomar é Nigrán é preciso subministrar sistemas de vixilancia, de control de accesos ao almacén, de control de accesos de vehículos, gaiolas e estanterías, transpaletas (máquinas para o movemento de palés) e, finalmente, subministración de equipos informáticos. En Nigrán obrarase para dotalo de nova iluminación e colocación de portas corredoiras con peche de seguridade. Construirase un edificio no nivel superior, apegado ao existente, para reutilización que poderá ser utilizado tamén como almacén de RAEE. Tamén será dotado de sistema de protección antiincendios e paneis indicativos. O custo en Nigrán ascende a 19.960,05 euros. O prazo de execución en ámbalas dúas obras será, unha vez adxudicadas, de dous meses.

Adrián Irago inaugura a exposición 'Dereitos humanos en Mozambique'

A praza do Concello de Nigrán acolle a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que precisamente o alcalde de Nigrán, Juan González, preside. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro de Nigrán Adrián Irago, quen viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III e que estivo presente nesta inauguración. A exposición permanecerá ata o 27 de setembro.

A mostra, que se estrea cando vén de celebrarse o 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humáns, estrutúrase en cinco cubos que nos achegan á realidade mozambicana, comezando polas iniciativas de loita contra a pobreza cofinanciadas desde o ano 2001 en materia de educación, saúde ou abastecemento de auga. O Fondo Galego ten impulsado no país africano unha decena de proxectos, que supuxeron uns 300.000 euros de investimento e que na súa maioría se levaron a cabo coa Casa do Gaiato e a súa “irmá” a Fundação Encontro como parceiros locais, pero tamén coa colaboración de ONGD galegas ou do Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento (PNUD).

Val Miñor

O pasado domingo 1 de setembro Prado Surf Escola proclamábase por duodécima vez consecutiva campión galego por equipos no Campionato Galego de Surf que se disputóna praia de Caión (A Coruña)

Prado Surf Escola, 12 vitorias consecutivas Durante a pasada fin de semana case 200 riders déronse cita na praia coruñesa de Caión para competir no Campionato Galego indiviudal e por equipos organizado pola Federación Galega de Surf e Bodyboard. Unha proba que conta co apoio da Xunta de Galicia e Abanca, e é ademáis clasificatoria para o circuíto nacional. Os integrantes do Prado Surf Club, desde as categorías sub 12 ata Open e Master competiron e fixéronse ata con 14 postos gaña-

dores. Entre as vitorias máis relevantes cabe destacar o primeiro posto de Erika Lago en Sub 16 feminino, Manuel Fernández en Sub 16 masculino e Derick Rey que logrou o primeiro posto na categoría Master. Ademáis, Prado Surf Escola volveuse a proclamar Campión Gallego por equipos por duodécima vez consecutiva, unha vitoria que recompensa todo o traballo realizado polo equipo detrás da escola e especialmente dos ades-

tradores Derick Rey, Pablo Occy, Pedro Aceval, Pablo Romero e Pedro manso, José Dominguez e Antón san Ildefonso. Fai anos xa que a escola aposta por manter a un equipo forte e só lido para competir tanto nos circuítos galegos como nacionais, ademáis dos adestramentos semanais en varias praias das costa galega e portugesa, Prado Surf Club organiza viaxes de perfeccionamento todo o añou ás mellores praias de Francia ou Maldivas.

Clausura do campus de Tenis de Gondomar con éxito de participantes

Un total de 35 pequeñvos e pequeñ as de Gondomar participaron nunha nova edición do Campus de Tenis de Gondomar, que por quinto añou organiza o goberno de Gondomar, a tra-

vés do seu concejalía de Deportes, en colaboració n co Club de Tenis Gondomar. A iniciativa enmárcase dentro da aposta clara do executivo que dirixe Paco Ferreira polo

O Concello de Baiona desenrola o programa "Tecendo lazos" Este ano o departamento de Servizos Sociais, apostou pola temática “OBRADOIRO DE XOGOS CON RISAS ASEGURADAS” dentro do programa “Tecendo Lazos” promovido pola Deputación

de Pontevedra. A inscrición no mesmo asegura a diversión, nos que poden acceder dende os máis pequenos ata os mais maiores de cada familia. Con unha duración de 16

apoio ao deporte basee, e que se concreta nos numerosos campus deportivos que se desenvolven durante os meses estivais, como o de tenis que acaba de clausurarse.

horas repartidas nas tardes dende o 7 ao 11 de Outubro, en horario de 16:00 a 19:30 horas. Os interesados en participar no obradoiro deberán facer a súa inscrición no departamento de Servicios Socias ata o 24 de setembro en horario de 9:00 a 14:00. Para calquera dúbida o consulta serán atendidos no número de teléfono 986 38 59 26.


Baixo Miño

Setembro 2019 Xornal 21

A Guarda | O Rosal | Oia | Tomiño | Tui

23

O campo de fútbol municipal “Álvarez Durán” de Tui estrea novos vestiarios

A 15 K do Atlántico ten abertas as súas inscricións

O deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde Enrique Cabaleiro coincidiron en subliñar “a importancia de que as mellores instalacións deportivas cheguen á veciñanza” Redacción Xornal21.es

A 15 K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño dá Costa vivirá o próximo día 29 unha edición moi especial. A proba atlética, entre Oia e A Guarda cun paso polo Rosal, xa ten as inscricións abertas e ademais desvela un amplo programa de actividades. A través da web championchipnorte.com pódense formalizar os datos para tomar parte na competición. O percorrido, co mar como gran protagonista,

é un dos grandes alicientes. Tres concellos acollerán a proba que xa se pode considerar como unha das máis emblemáticas destas características en Galicia. Desde que se instaurou por primeira vez, non parou de crecer. Ese é un do motivos polos que en cada edición ofrécense novos alicientes. Os organizadores programaron diversas actuacións musicais, a tamén tradicional marcha a pé, o servizo gratuíto de transporte e a atención

permanente ao deportista. Entre as novidades inclúense un roteiro dacabalo, que se celebrará o día 28, e tamén unha conferencia a cargo de Fernando Javier Costas. A 15 K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño dá Costa ten previsto realizar máis iniciativas nun evento para todas as idades. A gran festa do atletismo na comarca viguesa espera superar o rexistro histórico de participantes e seguir crecendo.

Novas medallas para o Atletismo Trega de Tomiño A finais de agosto, o concello Lucense de Guntín (Lugo) acollería o Campionato Autonómico das categorías de base Sub10, Sub12, Sub14, Sub16. Até alí desprazaríanse os mellores especialistas da canteira do medio fondo galego, para facerse cos títulos autonómicos de ruta (en asfalto) nun circuíto homologado pola RFEA. O atletismo Trega, levaría un importante nutrido de atletas da base, onde non fallou nos prognósticos e perspectivas nos pó-

diums autonómicos, conseguindo un ouro, unha prata, dúas de bronce, sendo así por segundo ano consecutivo o club de base mellor de

Galicia, empatado a pódiums con Atlética Lucense esta vez. O ouro e o título de Campión Galego conseguiríao Álex Sierpes na categoría Sub12 masculina, cun tempo de 3’19”. A prata para Marcela Morgado, na categoría sub16 feminina, cun tempo de 3’23”. E os bronces foron para Elisa Morgado, na categoría sub14 feminina, cun crono de 3’32” e na categoría sub10 masculina Yeray Dacuña S cun tempo de 4’00”.

Os novos vestiarios do campo de fútbol municipal Álvarez Durán, xa son unha realidade. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e ao presidente e aos xogadores do Tyde F.C., inauguraron a reforma das instalacións nun acto previo á disputa do primeiro partido do club tudense na casa fronte ao C.D. Arcade, da Primeira Autonómica. As obras foron financiadas polo Plan Concellos 2017 cun investimento de case 70.000 euros (69.889,60€). Santos Héctor e Enrique Cabaleiro coincidiron en destacar a importancia de actuacións como estas “para que a xente do noso deporte dispoña das mellores instalacións posibles, viva onde viva“. “O deporte é a revolución do século XXI, dixo o deputado de Cooperación, e o apoio das administracións é indispensable para que, desde a base, a nosa mocidade conte con equipamentos dignos para a práctica deportiva”. Santos Héctor subliñou tamén “os bos resultados que está a dar o Plan Concellos, un programa que valoran todos os alcaldes e alcal-

desas da provincia porque, con este goberno provincial, a distribución dos recursos realízase con equidade, con criterios técnicos e obxectivos, e trata aos concellos de igual a igual, respectando as prioridades que marcan os gobernos municipais. Son eles, lembrou o deputado, quen escolle cales son as obras que queren financiar coas partidas da Deputación”. Santos recordou que este ano o goberno de Carmela Silva destina co Plan Concellos a Tui máis dun millón de euros, un 3,25% máis que en 2018. A actuación nos antigos vestiarios do “Álvarez Durán”, consistiu na redistribución e optimización dos espazos existentes baixo a grada para crear vestiarios do equipo local, visitante e árbitros, dando cabida tamén a unha zona de duchas, aseos, bancos e unha sala de enfermería. Deste xeito, as obras comprenderon a reparación das paredes, tamén se despregaron máis de 100 metros cadrados de pavimento vinílico antideslizante e substituíuse a carpintería. Amais, realizouse unha nova instalación de fontanería, electricidade e saneamento, e pintouse o muro.


24

Xornal 21 Setembro 2019

A Guarda | O Rosal | Oia | Tomiño | Tui

O Goberno Municipal do Rosal reúnese coas traídas de augas veciñais

O goberno Municipal do Rosal, encabezado por Ánxela Fernández Callís, mantivo dentro do programa "AVeciñanzaConta", unha reunión coas Comunidades de augas de Traídas Veciñais. Na mesma, ademais da alcaldesa, participaron as concelleiras Sara Vicente, responsable da área de Ambiente, a Concelleira Sabela Rodríguez e o Concelleiro Germán Fernández. A reunión permitiu ao goberno municipal ter un primeiro contacto con membros de todas as Traídas Veciñas e sentar as bases do inicio dun Estudo para a elaboración dun Plan de Apoio ás Traídas de Augas Veciñais por parte do Concello. “As Comunidades de Augas veciñais traballan e están involucradas na xestión dun ben tan esencial e necesario como é a auga. A auga é un elemento inherente á vida das persoas. Podemos prescindir de moitas cousas, mais nunca poderemos prescindir da auga. Contar con veciñanza implicada na xestión

dun ben tan importante e vital conleva non só a necesidade dun recoñecemento pola nosa parte senón tamén dunha colaboración estreita e constante que responda a criterios obxectivos na xestión e que teña unha perpectiva de mellora que traballe non só na solución dos problemas cotiás que xorden senón tamén na previsión do medio e longo prazo. Por iso, realizaremos un estudo pormenorizado e detallado da situación de cada unha das Comunidades de augas co obxectivo de poder artellar e executar nun futuro próximo un Plan Anual de apoio ás Traídas de Augas Veciñais que responda a criterios obxectivos e que mellore progresivamente a realidade das mesmas. No noso Concello contamos cun grande capital humano tamén neste ámbito, con moitos veciños que levan anos implicados no mesmo. Demos inicio a un proxecto para nós fundamental no que temos moitas ganas de traballar" sinala a alcaldesa.

Baixo Miño

Entréganse os primeiros corenta e un composteiros individuais en Tui

Xa se entregaron os corenta e un primeiros composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, que reparte o Concello de Tui dentro do plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, entre aqueles veciños que así o solicitaron. A principios deste mes realizouse unha primeira entrega dos composteiros, recibindo os veciños e veciñas beneficiarios unha charla

sobre o uso do composteiro a cargo da mestra composteira. Asistiron ao acto no Centro de Formación en Guillarei o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Ambiente, Ismael Diz. Nas próximas semanas realizarase unha segunda entrega até completar o total de 81 composteiros dispoñibles. Unha vez superarada esta cifra crearase unha lista de agarda cos novas solicitu-

des que se vaian recibindo. Estes composteiros están destinados a espazos de horta e xardín, son sinxelos de instalar, teñen unha estética axeitada, permiten controlar as condicións de humidade e temperatura e permiten obter compost entre seis meses e un ano. Durante os dous primeiros anos levarase a cabo un labor de supervisión do emprego correcto do composteiro.

O Concello de Oia adxudica a redacción do PXOM A Guarda forma parte do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía O tenente-alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, reuniuse cos representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, entidade coordinadora na nosa comunidade do chamado «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» para impulsar e axudar a cumprir os compromisos en materia de enerxía e clima. O «Pacto de alcaldes para o Clima e a Enerxía» agrupa a milleiros de gobernos locais que de forma voluntaria comprométense a implantar os obxectivos da UE en materia de clima e enerxía, de redución dos gases de efecto invernadoiro

nun 40 % para 2030 e á adopción dun enfoque común para o impulso da mitigación e a adaptación ao cambio climático. A Guarda comprométese a realizar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostenible (PACES) no que se recollerán as accións chave que se pretenden acometer, cun plan de Inventario de Emisións de Referencia para realizar un seguimento das accións de mitigación e unha avaliación dos riscos e vulnerabilidades climáticas. Todo este proceso será monitorizado cada dous anos para comprobar a implantación destes plans no municipio.

O Concello de Oia adxudicou de forma provisional o contrato administrativo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á UTE Urben Consultores SL-Indultec Ingenieros, SLU, por un importe de 114.783,77 euros. O adxudicatario terá que acreditar a documentación xustificativa das circunstancias da personalidade, capacidade, solvencia, experiencia do técnico redactor e titulacións do persoal técnico. O acordo adoptouse na sesión plenaria do 5 de setembro, co voto a favor do Partido Popular e coa abstención dos grupos do PSOE e BNG. O equipo municipal conta con que, antes de final de ano,

o adxudicatario presente un plan de traballo cos prazos estimados de cada unha das fases de redacción do PXOM ata a súa aprobación definitiva. O contrato terá unha duración de 5 anos, que inclúe os prazos estimados cos que contan as distintas administracións para emitir os informes correspondentes.

MODIFICACIÓN PUNTUAL DAS NNSS

Mentres o PXOM vai cumprimentando os seus trámites, o executivo municipal vai avanzando na tramitación da modificación puntual de diversos aspectos normativos das Normas Subsidiarias de planeamento do concello. Esta modificación puntual

inclúe como proposta adaptar as normas á lexislación vixente en materia de alturas libres mínimas de locais comerciais e oficinas, co fin de facilitar a implantación deste uso en numerosos locais existentes no municipio que non cumpran este requisito. Tamén se incorpora unha nova redacción á hora de regular situacións fóra de ordenación, establecendo un réxime menos restritivo aplicable ás edificacións que se atopen en tal situación. Así, despois da publicación no DOG do informe ambiental estratéxico da modificación puntual, o Concello encóntrase agora elaborando a documentación para a aprobación provisional, previo informe dos servizos técnicos e xurídicos municipais.


O Condado

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | Salvaterra de Miño | Ponteareas

Setembro 2019 Xornal 21

25

A Deputación inaugura as obras de mellora da EP-4006 que transcorre por Ponteareas, As Neves e Salvaterra A Policía Local de Ponteareas "baixo mínimos" con só seis axentes activos As xubilacións e traslados do último ano a outros concellos deixan á plantilla da Policía Local con efectivos insuficientes para facerse cargo da seguridade dos seus 22 854 hab. (2018) Redacción Ponteareas / Xornal21.es

A Xunta Local de Seguridade de Ponteareas celebrou a semana pasada unha reunión extraordinaria a petición do Alcalde Xosé Represas que presidíu o encontro no que participaron o vicesecretario xeral e o asesor da Subdelagación do Goberno en Pontevedra, a xefa da unidade de Violencia de Xénero, o capitán xefe da Garda Civil da 1ª comandancia de Tui, o brigada comandante da Garda Civil do posto de Ponteareas e o secretario municipal, ademais do oficial da Policía Local e do concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera. Na reunión abordouse a necesidade de intensificar a cooperación entre a Policía Local e a Garda Civil. O Alcalde Xosé Represas e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade Roberto Mera expuxeron a situación da plantilla da Policía Local que conta na actualidade con só seis axentes activos e seis auxiliares, un número “claramente insuficiente para atender tres turnos diarios de traballo, sete días á semana”, sinalou Represas. O alcalde explicou que das 22 prazas de axentes que existen en plantilla, 12 están vacantes, 3 están de baixa médica pro-

longada e un atópase en prácticas na Academia de Policía. A maioría das vacantes débense a xubilacións, excedencias e traslados a outros concellos que se produciron no último ano. Represas lembrou que as prazas de axentes non se poden cubrir de forma inmediata en interinidade e requiren procesos lentos de selección e formación que se poden demorar até un ano e medio. Na actualidade Ponteareas ten convocadas cinco prazas para axentes que se prevé incorporar a mediados de 2020 e a intención é convocar outras cinco nos vindeiros meses que se incorporarían ao Concello en 2021. Á vista da situación os representantes da Subdelegación do Goberno e Concello, así como os mandos da Garda Civil e da Policía Local, acordaron reforzar a colaboración entre os dous corpos de seguridade para aproveitar con eficacia os recursos humanos dispoñibeis e garantir altos niveis de seguridade en Ponteareas. Na reunión facilitáronse tamén os datos sobre o índice de delitos en Ponteareas, salientando que se confirma e consolida a tendencia á baixa iniciada xa nos últimos tempos.

Carmela Silva, que visitou a reforma realizada xunto aos alcaldes de Ponteareas, As Neves e Salvaterra, subliñou a importancia de apostar por un novo modelo de mobilidade que recupere o espazo público para as persoas e as sitúe no centro das decisións A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto aos alcaldes das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e Ponteareas, Xosé Represas, e o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, visitaron esta semana a renovada EP 4006 que transcorre por Ponteareas, As Neves e Salvaterra. A actuación acometida, que ascende a preto de 570.000 euros, segue os principios de mobilidade centrados na recuperación do espazo público para as persoas. Carmela Silva asegurou que a estrada aposta polo modelo de mobilidade e seguranza viaria da Deputación de Pontevedra. “É unha obriga ética das administracións recuperar o espazo público para as persoas e situalas no centro das decisións”, destacou a presidenta provincial. Deste xeito, tal e como afondou Silva, o modelo de mobilidade da Deputación céntrase na seguridade das persoas, no calmado do tráfico e no compromiso co planeta. “Ao ano no mundo morren 7 millóns

de persoas por contaminación atmosférica así que dende o local temos que tomar medidas e manter un compromiso firme co planeta”, destacou a presidenta. A reforma da EP-6004 trátase “dunha actuación moi relevante, que abrangue case 13 quilómetros dunha vía que articula esta parte tan importante do territorio que temos que impulsar a todos os niveis, xa que non é posible manter poboación no territorio e crear crecemento económico sen recursos”, asegurou Carmela Silva. Neste eido, a presidenta amosou o seu compromiso para seguir investindo nesta parte da provincia e adiantou que “temos xa proxectos redactados que axiña imos converter en realidade”. Pola súa banda o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, destacou a importancia da actuación desenvolvida para a seguridade da xente e a redución da velocidade dos vehículos. Tamén neste aspecto incidiu o al-

calde das Neves quen aproveitou para agradecer á Deputación “o seu interese por esta zona do sur, xa que o equilibrio é necesario en todo o territorio”. Finalmente, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, amais de insistir na seguranza viaria tamén subliñou a repercusión medioambiental da actuación, “xa que a redución da velocidade implica que contaminemos menos”. A actuación desenvolvida na EP 4006 esténdese entre Ponteareas, As Neves e Salvaterra e enlaza coa autovía A-52. En concreto, a obra consistiu no fresado e reposición de firme en varios treitos da estrada (49.425 m2), para o que se necesitaron unhas 5.800 toneladas de formigón bituminoso, 290 toneladas de betún asfáltico, e na execución de microaglomerado en frío (48.300 m2). Amais tamén se levou a cabo o pintado da estrada, renovouse a sinalización horizontal e impulsáronse actuacións do Plan Móvese.


26

Xornal 21 Setembro 2019

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | Salvaterra de Miño | Ponteareas

A Xunta adxudica obras de mellora do firme no Condado Redacción Xornal21.es

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora do firme en seis estradas das comarcas do Condado, de Pontevedra e de Vigo por un investimento de máis de 790.000 euros. As actuacións, adxudicadas á empresa Marconsa S.L., comezarán este mes e terán un prazo de execución duns tres meses aproximadamente. Os traballos proxectados levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-255, PO403, PO-252, PO-261, PO-

262 e PO-244, ao seu paso polos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior. As actuacións consistirán no fresado e a reposición do firme naqueles puntos nos que a capa de rodadura presente carencias ou se atope deteriorada. Ademais, executaranse unha serie de medidas complementarias na PO-255, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19+980 e 23+250, de Ponte da Cereixa

a Barcias, onde se colocarán varios treitos de barreiras de seguridade. E na estrada PO244 executaranse tres pasos peonís sobreelevados, no p.q. 2+170, en Ponte Caldelas, e nos p.q. 9+910 e 12+440, no Concello de Soutomaior. Con estas intervención a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas.

Aberto o prazo para inscribirse nas DepoEscolas A concelleira de Deportes de Ponteareas, Nahir Covelo, informa ás familias que xa se poden inscribir no programa deportivo “Depo Escolas” que ofrece a Deputación de Pontevedra. As escolas estarán destinada a nenas e nenos en idade escolar que residan na nosa provincia

e os deportes que ofrecen para este curso 20019/2020 son atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo. A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios elecyrónicos a través do formulario normali-

zado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal). Abriránse dous prazos para a presentación de solicitudes. O primeiro será ata o 30 de setembro e o segundo prazo dende o 4 de novembro ao 13 de xaneiro.

Nova iluminación de baixo consumo nas pistas de tenis da Freixa

O Condado

Mellora a accesibilidade na Casa de Cultura de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño ven de contratar a instalación dunha plataforma salva escaleiras a través da subvención da Consellería de Presidencia, Administracións e Xustiza para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalación e equipamentos vinculados á prestación de servicios municipais e fondos propios do Concello, cun importe total de 13.992,00€. Con esta obra o Concello pretende instalar unha plataforma salva escaleiras Nexo – PTC V65 para dotar de accesibilidade a Casa de Cultura e que todas as persoas poidan acceder aos servicios, cursos e dotacións que alí se encontran. Non nos podemos esquecer que o longo do ano son moitas as persoas que se desprazan ata a Casa de Cultura para cursos, escola de Música, Grupos de Baile, corais, cursos do Concello ou biblioteca municipal. O edificio da Casa de Cultura está ubicado nas inmediacións da Casa do Concello, e funciona como centro multiusos onde se realizan, como ben

se acaba de redactar, numerosas actividades. Dada a antigüidade do centro faise preciso mellorar o seu equipamento. Amais e coa intención de mellorala accesibilidade preténdese adquirir este salva escaleiras para que tódalas persoas con dificultades de mobilidade poidan acceder a tódalas plantas do edificio sen problema, para conseguir así un acceso total. Esta plataforma estará instalada nun prazo non superior a dous meses e conta cun sistema de tracción mediante piñon. Cremalleira, brazos de protección, rampas de acceso e plataforma motorizadas, mando de presión, cun ancho de 45 cm e unha capacidade máxima de carga de 250 kg. Conta con sistemas de seguridade con dispositivos anticolisión e aplastamento, micros de seguridade de final de percorrido, limitador de velocidade, plataforma e rampas de acceso a piso antideslizantes e brazos e bandexas de acceso de plataforma automáticos con bloqueo durante o percorrido.

Dous nadadores Ponteareáns formarán parte da selección Española de Augas Abertas

Os e as tenistas da última edición do Torneo de Tenis estrearon a nova instalación lumínica das pistas de tenis da Freixafinanciadas pola Deputación de Pontevedra. En consonancia coas liñas marcadas na estratexia de crece-

mento “Ponteareas, Hábitat Saudable” o concello aposta pola eficiencia enerxética mediante a instalación de proxectores led de baixo consumo e de alto rendemento (maiores do 70%) de última xeración con elevada vida útil fronte a outras tecnoloxías.

A obra, convocada a través dun proceso de libre concurrencia, foi realizada por unha empresa local e contou co financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cun custe total de 21.586,78 euros.

A RFEN fixo pública a lista cos integrantes da Selección Española de Augas Abertas para a tempada 2019-2020. Andrea Domínguez Casabella e Pablo Cabana do Amo, do CN Ponteareas, forman parte do equipo. Isto constitúe unha recompensa aos seus resultados na tempada pasada na que participaron en varias citas internacionais. Ambos nadadores Ponteareáns renovaron recentemente a

súa bolsa como alumnos internos do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde compaxinan os seus estudos cos adestramentos e as competicións. Con Pablo e Andrea serán 8 os integrantes do equipo de tecnificación Infantil-Júnior que, xunto ao resto de categorías, compoñen un equipo de 27 nadadores e nadadoras que representarán á Natación en augas abertas Española.


Motor

Setembro 2019

Audi AI: trail Quattro, o todoterreo do futuro

Audi completa o seu cuarteto de vehículos futuristas coa presentación no Salón do Automóbil de Frankfurt 2019 (IAA) dun todoterreo eléctrico pensado

para o futuro: o Audi AI: TRAIL quattro, un concepto integral para a mobilidade sustentable capaz de circular fóra de estradas asfaltadas. Os catro prototipos

máxima puntuación nos tests de seguridade euroNCAP

A esperada cuarta xeración do SsangYong Korando, que chega aos concesionarios españois o próximo mes de outubro, obtivo 5 estrelas na última onda dos tests de seguridade do Programa Europeo de Avaliación de Automóbiles Novos (EuroNCAP), demostrando o compromiso da marca coreana coa seguridade e a súa determinación

por fabricar o SsangYong máis europeo da historia. O completo equipamento en materia de seguridade do último lanzamento do fabricante coreano especialista en SUV valeulle o recoñecemento de EuroNCAP como o SsangYong máis seguro da historia e un dos modelos máis seguros da súa categoría.

de Audi, o Aicon, o AI:ME, o AI:RACE e o AI: TRAIL, estarán presentes na caseta da marca dos catro aros no pavillón 3 do IAA.

Xornal 21

27

O Audi AI: TRAIL quattro combina a capacidade de condución autónoma cunhas excelentes aptitudes todoterreo. Os cristais que rodean o habitáculo esténdense ata o nivel do chan, o que proporciona unha visibilidade panorámica inigualable. A gran capacidade da batería garante unha autonomía suficiente incluso lonxe da extensa rede de estacións de carga. A parte ‘Trail’ do seu nome evoca a idea de explorar a natureza. Por iso non hai grandes pantallas a bordo para ver series de TV ou realizar videoconferencias. En cambio, a ampla superficie acristalada proporciona unha vista clara dos arredores. Así é como Marc Lichte, Director de Deseño de Audi, describe a formulación deste vehículo: “Co AI: TRAIL, mostramos un concepto offroad con propulsión eléctrica libre de emisións para unha experiencia de condución innovadora, lonxe das estradas pavimentadas. Consecuentemente, deseñamos unha carrocería básica monolítica co máximo acristalamento, para crear unha intensa conexión coa contorna. Un concepto de mobilidade sustentable á carta”.

mercedes-benz Vision eQS:

unha visión estética da mobilidade sustentable

O VISION EQS, un novo fito na folla de roteiro de Mercedes-Benz para o futuro da automoción. Mercedes-Benz mostra na súa caseta do Salón Internacional do Automóbil de Frankfurt (IAA), do 12 ao 22 de setembro de 2019, a súa resposta aos desafíos do futuro. A sustentabilidade pasa a ser un compoñente central da filosofía da marca, e un aspecto esencial da estratexia empresarial. O showcar satisfai xa hoxe estas expectativas e mostra un anticipo das grandes berlinas eléctricas de luxo do fu-

turo. Ao mesmo tempo, constitúe unha proposta específica de deseño para automóbiles eléctricos (« purpose design»). O VISION EQS de MercedesBenz é unha declaración de intencións a favor dos vehículos de alta calidade e da mobilidade individual. A perfección artesanal, un deseño suxestivo, materiais luxosos e o pracer da condución individual seguirán sendo un valor codiciable. Tanto hoxe como no futuro, o concepto de luxo está vinculado sobre todo á liberdade persoal.


28

Xornal 21 Setembro 2019

Deportes

Uns 200 triatletas participan no Vertiatlón Solidario

O evento permitiu recadar máis de 6.300 euros

para que persoas con diversidade funcional poidan practicar deporte en igualdade de condicións

lómetros polas rúas de Baiona máis pegadas ao mar e finalizaron o tríatlon correndo 5 quilómetros pola península de Monte Boi, rodeando o histórico Parador de Baiona. Por baixo da hora completou o trazado do Vertiatlón, o mozo de 17 anos Xosé Pérez Blanco, do Lamargha Beariz Tríatlon, rompendo a cinta de chegada en

de Vedra fixo o propio na categoría de veteranas femininas. Na categoría cadete, o triunfo foi para Xosé Pérez Blanco do Lamargha Beariz Tríatlon, que venceu nesta categoría ademais de en a xeral; e para Antía Pazos García, do Club Tríatlon Mar de Vigo, que revalidou o triunfo logrado na edición anterior. A categoría junior feminina que-

Foto de grupo del V Vertiatlín Solidario de Baiona. /Laureano Freier Redacción Xornal21.es

Novo éxito do Vertiatlón Solidario de Baiona que o sábado 14 celebrou a súa quinta edición coa recadación de 6.300 euros para a Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Iates, que desde hai anos traballa pola inclusión de persoas con diversidade funcional no mundo náutico, para que poidan gozar do mar en igualdade de condicións. Poder ofrecer máis cursos, actividades e mellores servizos a persoas afectadas con discapacidades físicas, psíquicas, sensoriais ou intelectuais, é o principal obxectivo da unión de forzas do Monte Real e o concello de Baiona á hora de impulsar este tríatlon solidario, no que tamén colaboraron, un ano máis, a Federación Galega de Tríatlon a nivel organizativo, e Verti Seguros como principal patrocinador do evento. Un evento que xerou este sábado unha gran expectación nas praias e rúas de Baiona, onde

centos de persoas, nun espectacular día estival, apiñáronse para animar aos máis de 200 atletas

celebrarse nun escenario 100% marítimo, un dos maiores atractivos do Vertiatlón de Baiona.

Ganadores masculino absoluto. /Makolvi

Ganadoras femenina absoluta. /Makolvi

participantes, que completaron un tríatlon sprint tendo o mar sempre á vista, xa que é precisamente esta peculiaridade, a de

Tras completar a nado os 750 metros que separan a praia da Barbeira do areal da Ribeira, os atletas pedalearon case 20 qui-

Jesús Bamonde, campión galego de saltos na proba disputada no Alazán

Jesús Bamonde Bermúdez de Castro proclamouse campión galego de saltos no Club Hípico O Alazán. O segundo lugar correspondeu o vigués Jacobo Fontán o terceiro lugar a Luís Milán Dopico. A competición

disputouse durante tres días e reuniu a case 150 xinetes e 200 cabalos. Ademais do Campionato Gallego celebrouse a Copa Galega. A xornada do domingo, coa celebración das finais, foi á que acudiu máis público.

O xinete coruñés foi o único que logrou terminar en menos de 30 segundos o desempate. Jesús Bamonde Bermúdez de Castro era un dos favoritos con ‘Caporal D’Elle’. Jacobo Fontán, con ‘Coltaire’,

59 minutos e 51 segundos. Foi o máis rápido de todos e alzouse co gran premio do tríatlon sprint, gañando a categoría absoluta masculina. Anais Rivas Torres venceu na categoría feminina absoluta, cunha gran actuación e un resultado dunha hora e oito minutos á chegada a meta. Na categoría de veteranos masculinos, Pedro Pablo Bernárdez subiuse todo o máis alto da caixoneira do podio; e Silvia Deira Barcala, do Club Olímpico

estivo preto de lograr o título autonómico, pero ao final tivo que conformarse coa medalla de prata. O vigués demostrou unha gran regularidade durante toda a competición. Pola súa banda, Luís Milán Dopico foi o terceiro con ‘Dulisca’. Entre os tres rexistrouse unha gran igualdade. Na categoría xuvenil, Sara Edreira foi a mellor con ‘Gyness’. Non rexistrou ningunha penalización en todo o torneo. Sofía Rodríguez Piñeiro, con ‘Ustinov Coco’, conquistou a medalla de prata, mentres Silvia Díaz logrou o bronce con ‘Vivaldi de Semente’. Olivia Tapias, con ‘Divaro de Maeza’, foi mellor

dou deserta e a vitoria da masculina foi para Yago Carballo, do Club Tríatlon Mar de Vigo.Se entregaron, ademáis, dos premios a los mejores clasificados censados en Baiona, que foron para Sandra Santodomingo e David Giraldez, dous dos deportistas máis destacados da vila marineira, que levan anos impoñéndose nas probas locais. [ + info www.xornal21.es]

na categoría infantil, mentres Irene Vidal Ribeira, con ‘Esparta’, foi a campioa na categoría alevín. A Copa Galega tamén rexistrou unha gran igualdade entre todos os participantes. A actividade no Club Hípico o Alazán foi intensa durante tres días, aos que se debe engadir outro máis de control veterinario e contacto coa pista. O campionato, que se disputou nas instalacións do Club Hípico o Alazán en San Cosme, pódese considerar como a proba máis importante da tempada nesta disciplina ecuestre. O club organizador organizou unha serie de actividades paralelas durante os tres días.


Saúde

Setembro 2019

Xornal 21

29

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Cinco alimentos para evitar a aparición de carie e problemas de enxivas

Técnicas de relaxación express para frear a tensión O cansazo e a ansiedade acumulados poden provocar problemas de insomnio, tensión muscular, molestias dixestivas, dores de cabeza, taquicardias ou, mesmo, depresión O ritmo frenético que marca o día a día na sociedade actual pode terminar por pasar factura na nosa saúde e benestar. Segundo a OCDE e a UE1, máis de 25 millóns de persoas en Europa viven nun estado de ansiedade constante, unha situación que pode ter un impacto moi negativo na saúde: problemas de insomnio, tensión muscular, molestias dixestivas, dores de cabeza, taquicardias ou, mesmo, depresión. Por iso, é moi importante emprender accións de relaxación que axuden a facilitar o descanso adecuado de mente e corpo. Tal e como mostra o estudo realizado por Cigna, ‘360 Wellbeing Survey 2019: Well and Beyond’, os mellores remedios para superar a tensión e a ansiedade diarios dos españois son facer exercicio (42%), falar coa familia e amigos (34%), practicar un hobby(24%), durmir máis (21%) e pasar tempo con amigos (20%). Ademais, existen algunhas técnicas de relaxación express que se poden poñer en marcha en calquera momento, e que Cigna ven de dar a coñecer con motivo da celebración do Día Mundial da Relaxación: Fase 1_______________________________ Tensión-relaxación: Consiste en contraer e relaxar os músculos de cabeza a pés: Cara, pescozo e ombreiros: Repetir tres veces os exercicios de tensión e distensión en cada punto con intervalos de descanso duns segundos, seguindo a seguinte orde de extremidades: fronte, ollos, nariz, boca, lingua, mandíbula, beizos, pescozo, caluga e ombreiros. Brazos e mans: contraer, sen movelos, primeiro un brazo e logo o outro co puño apertado, notando a tensión en brazos, antebrazos e mans. Pernas: estirar primeiro unha perna e despois a outra, levantando o pé cara arriba e notando a tensión en glúteos, coxa, xeonllo, pantorrilla e pé. Costas: poñer os brazos en cruz e levar os cóbados cara atrás. A tensión ten que notarse nos ombreiros e na parte inferior das costas. Tórax: inspirar e reter o aire durante uns segundos ata que o peito atópese en tensión e, posteriormente, expirar lentamente. Abdome e cintura: tensar e destensar os músculos do estómago e os glúteos.

Rir e sorrir. Ambas as accións contribúen á liberación de dopamina, endorfinas e serotonina, o que relaxa o corpo, reduce o ritmo cardíaco e diminúe a tensión arterial. En concreto, as endorfinas contribúen a acougar a dor e a serotonina actúa como antidepresivo. Visualización positiva. Trátase dunha variación da meditación tradicional, na que a concentración se centra en imaxes positivas e agradables. Consiste en recrear visualmente situacións que nos gustaría vivir ou lembrar momentos felices do pasado, poñendo o foco no cheiro, o tacto e os sons do que se estea imaxinando. Relaxación muscular progresiva. O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social destaca a relaxación muscular progresiva como unha das técnicas máis efectivas para reducir o nivel de tensión. Este método consiste na realización de exercicios de tensión muscular, pouco intensos e breves, e de relaxación, máis longos. O proceso divídese en tres fases:

Fase 2_______________________________ Repasar mentalmente que cada unha das partes traballadas está relaxada.

Fase 3_______________________________ Pensamentos relaxantes. Respiración diafragmática. Comprobouse que unha correcta osixenación dota de maior enerxía ao corpo, axuda a controlar as emocións, reduce o cansazo e mellora a función cardiovascular. Por iso, en momentos de axitación é recomendable realizar entre 5 e 10 inspiracións e expiraciones abdominais, de forma lenta e profunda desde o diafragma. Ademais, un estudo publicado pola revista Science determinou que unha respiración lenta e acougada suaviza a activación das neuronas que están directamente relacionadas coa axitación e a tensión. Ioga e pilates. Mediante a combinación de exercicios físicos e de respiración, ambas as prácticas permiten alcanzar un estado de relaxación óptimo e controlar de forma efectiva a tensión e a ansiedade. O ioga ten moitos estilos, formas e intensidades, mentres que o pilates traballa, sobre todo, o control do movemento con exercicios de respiración, concentración e conciencia.

O período estival é a época do ano en que as comidas fóra de casa e o consumo de alimentos ricos en azucres e bebidas carbonatadas son máis frecuentes. As vacacións, coa consecuente perda da rutina, e os malos hábitos bucodentais, poden provocar serios problemas de saúde oral. Un dos problemas dentais máis comúns ao regresar de vacacións son as caries que, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), son o trastorno máis prevalecente de entre as enfermidades bucodentais. As caries son perforacións que se producen na estrutura dos dentes como consecuencia da acción da placa bacteriana acumulada, provocada por unha mala hixiene bucodental e unha dieta rica en azucres e amidóns. Este tipo de alimentos, especialmente se se inxeren entre comidas, facilitan que as bacterias cariogénicas actívense para dixerilos e producen acedos que atacan os dentes. A prevención é a clave para manter uns dentes sans. Evitar as lambetadas, a bolería industrial ou as bebidas azucradas, así como cepillarse os dentes despois de cada comida e utilizar seda dental axudará a reducir as posibilidades de padecer este tipo de problemas. Doutra banda, unha revisión nunha clínica dental despois das vacacións é a mellor maneira de previr riscos innecesarios e asegurarse de que a saúde oral segue intacta despois do verán. Ademais, existen alimentos que axudan a combater o risco de sufrir carie e outras complicacións ou doenzas bucais derivadas dunha hixiene dental deficiente. Os expertos de Sanitas Dental elaboraron unha listaxe de alimentos que se deben incluír na dieta diaria para minimizar o risco de padecelas. 1. Iogures e lácteos: O calcio, presente en alimentos como os lácteos, é un compoñente esencial

para evitar a aparición de carie. Produtos como o leite ou os iogures son unha importante fonte deste mineral que axudará a conseguir unha dentadura forte e sa. Ademais, outros lácteos como o queixo teñen a capacidade de neutralizar a formación de ácidos que deterioran o esmalte. Como alternativa a estes alimentos, os cereais, as verduras ou hortalizas de cor verde escura tamén teñen un alto contido en calcio. 2. Apio e cenorias: Consumir cenorias crúas axuda a fortalecer os dentes e as enxivas, xa que, ao masticarlas, evitamos que as bacterias se adhiran aos dentes, ademais de mellorar a rega sanguínea. Esta hortaliza activa tamén as glándulas salivares, clave para eliminar as bacterias da cavidade oral, e contén flúor, un mineral fundamental para manter o esmalte e evitar a aparición de carie. Da mesma forma, o apio tamén favorece a produción de saliva grazas ao ácido málico, que axuda a limpar a dentadura e impide a aparición de manchas nos dentes. 3. Peixe azul: A acumulación de bacterias, presentes nos restos de comida, é a principal causa de problemas periodontales como a xenxivite. A vitamina D facilita a absorción do calcio e o fósforo, facendo as enxivas e dentes moito máis resistentes a este tipo de infeccións. Esta vitamina está presente, por exemplo, en peixes azuis como o atún, as sardiñas ou o salmón. 4. Ovos e legumes: Da mesma maneira que o calcio, o fósforo é outro elemento imprescindible para o correcto mantemento da estrutura dos dentes. Os ovos son un alimento cun alto contido deste mineral presente en dentes e ósos, que tamén pode atoparse en legumes como garavanzos ou lentellas. 5. Mazás e kiwi: Morder unha mazá, froita rica en fibra, contribúe á limpieza.


30

Xornal 21 Setembro 2019

Actualidade

Cinema

Punto de lectura Este mes recomendamos...

Rambo: Last Blood

SIDI (HISPANICA)

Estrea: 27/09/2019 John Rambo (Sylvester Stallone) está en horas baixas e vivindo nun rancho en Arizona, pero cando recibe a noticia de que a súa neta desapareceu, tras cruzar a fronteira a México para ir a unha festa, Rambo decide ir na súa procura.

A nova novela de Arturo Pérez-Reverte

Dirección: Adrian Grunberg Actores: Sylvester Stallone, Paz Vega, Marco da Ou, Sergio Peris-Mencheta, Óscar Jaenada, Yvette Monreal, Adriana Barraza, Rick Zingale, Louis Mandylor, Jessica Madsen, Nick Wittman, Sheila Shah, Díana Bermudez, Atanas Srebrev, Aaron Cohen, Manuel País: EE. UU / Xénero: Acción - Aventura Cualificación: Pendente de cualificación

Joker Estrea: 04/10/2019 Arthur Fleck (Phoenix) é un home ignorado pola sociedade, cuxa motivación na vida é facer rir. Pero unha serie de tráxicos acontecementos levaranlle a ver o mundo doutra forma. Película baseada no popular personaxe de DC Cómics Joker, coñecido como archivillano de Batman, pero que neste filme tomará un cariz máis realista e escuro. Dirección: Todd Phillips Actores: Joaquin Phoenix, Robert De Niro, Frances Conroy, Zazie Beetz, Brett Cullen, Dante Pereira- Olson, Douglas Hodge, Jolie Chan, Bryan Calen, Shea Whigham, Brian Tyree Henry, Mary Kate Malat, Glenn Fleshler, Marc Maron, Bill Camp, Josh Pais, Leig País: EE. UU

OHumordeCosme

Non tiña patria nin rei, só un puñado de homes fieis. Non tiñan fame de gloria, só fame. Así nace un mito. Así se conta unha lenda. «Nel fúndense dun modo fascinante a aventura, a historia e a lenda. Hai moitos Cid na tradición española, e este é o meu.» Arturo Pérez-Reverte

MINDFULNESS PARA PRINCIPIANTES

(CLAVE) Unha brillante introdución á práctica do mindfulness Mindfulness para principiantes é unha invitación para que o lector modifique a súa relación co modo en que pensa, sente, ama, traballa ou xoga; e esperte e encarne de forma plena o que realmente é.

TI E OUTROS DESASTRES NATURAIS (CROSSBOOKS) Harper planificou ata o último detalle do seu futuro. Pronto acabará os seus estudos e logrará o traballo polo que tanto se esforzou. Terá a vida que desexa. Con todo, unha triste perda fará que o seu plan perfecto, aquilo que cría querer máis que nada, transfórmese de novo en confusión, dúbidas e inseguridades. Porque os segredos non poden gardarse para sempre. Porque hai camiños destinados a cruzarse. Porque unha soa decisión pode cambialo todo e nada dá máis medo que arriscarse polos teus soños. Porque a vida non se trata de sobrevivir á tormenta, senón de aprender a bailar baixo ela.


Setembro 2019 Xornal 21

Anuncios Breves Alugeres RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 NAVE Polígono A Granxa 400 m² con oficinas equipadas. 609 83 78 08 PRAZA garaxe moi económica en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727 VIVENDA barata busco. Son xubilado con pouca paga. 605 785 292 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 VIGO VIVENDA 2 DORMITORIOS, CACIÑA, BAÑO E SALÓN. Próxima a ‘El Corte Inglés’ 609 83 78 08 LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75

Animais Compro ou adopto can Roteailer 687691508 COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776 SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175

Automóbiles VÉNDESE Mercedes Benz Mos. 300 SEL 697730160 PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327 OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353. CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659 KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548

Contactos RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304 RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31 RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040 HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67 RAPAZA busca rapaz entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20 RAPAZ de 44 anos busca rapaza de 35 a 45 anos para amizade ou o que surxa. De Mos, O Porriño, Redondela ou arredores. Seriedade. 677112868.

Ensino LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330 EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64 LICENCIADO en Inglés, imparte clases, todos os niveis 10 euros / hora. 658 358 798 CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717 Licenciado imparte clases de inglés, todos os niveis. 653349289 PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776 RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85

Casas SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646 725 195 FORNELOS (Salvaterra) casa dous andares, cenador, terreo de 1300 m² 674 970 655 CASA RÚSTICA con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02 ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m². 658.312.090 COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m², hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634 459 555

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090 VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92

TEXTO DO ANUNCIO

Outros

SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09 PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122 TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91 VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379 TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705 O Porriño - 98 m² e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04 VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semiamoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

AFORRA máis de 200 euros ó ano na factura da luz 627952066 FESTAS par locais cerrados e pequenos con equipo propio. DJ TUNING SHOW 642 649 328 CHE gustaría conseguir unha mellor versión de ti? O momento é agora! 657 295 997 RAPAZ de Vigo recolle de balde sillas de bebe, de paseo, sillas de coche… 637 228 667 REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887 MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84 CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64 PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

Solares e Terreos TOMIÑO dúas fincas 600m² e 120m² con castiñeiros e una entrada de coche. 626 26 46 56 BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353 BUSCO terreo edificable para a zoa do Porriño, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas… Avisar a Dani 675813033 XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02 SANGUIÑEDA terreo 600 m² zona Adoa. 648 909 059 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351 FINCA 1100 m para solar edificable en Sanguiñeda, preto da igrexa. 667 431 946 TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993 INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322 CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19

Compras varias MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688 CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08 COCIÑA de gas con forno en bo estado. Económica 679 141 813 OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor O-X22DTH Tel.: 651 078 705 COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136 MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491 BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

Vendas varias VIÑO de calidade da casa. En Goián 627145256 COCIÑA calefactora Hergón nº 9. Bo estado. Prezo a convir 639 970 314 – 986 333 854 DORMITORIO completo dúas camas xemelgas e moble de sala. 687 77 69 87 VIÑO calidade económico, bagazo de herbas e branca. 647 925 502 DISFRACES. 671 35 74 26 VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 20 € 671 35 74 26 MOBLES ANTIGOS para uso ou restauración (mesillas, aparador, péndulo, etc.) 687 77 69 87 DORMITORIO XUVENIL moi económico, con escritorio. 606 611 673 PORTAIS ferro. Dúas unidades: 145 x 100 cm + 143 x 199 cm Por 165 euros. 619 304 963 TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21 TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426 MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673 AIRE acondicionado 661 545 727 PLANTACIÓN DE ALBARIÑO vendo en Mos, sobre 500 m², en plena producción, bo acceso e a carón da estrada. 617268659 MEL da casa. Tamén disponible con etiqueta para a venda en tendas. Tlf.: 606106887 UTENSILIOS para elaboración de viño: lagareta grande, estruxadora grande, encorchadora, barcal, barriles… 663 54 22 62

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es >Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

(Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

______________________________________________________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:___________________________________ APELIDOS*:_______________________________________________________________

S i n o p s e

D.N.I. ou Pasaporte*:______________________________________ Lugar de residencia*:___________________________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________ Categoría: _____________________________________________ c Retirar anuncio c Publicar anuncio

PORTAIS pequenos segunda man, conxunto 2 unidades 98x163 e 100x163 cm 295 euros 619 304 963 PORTAL, balcóns e peche de ferro segunda man 663 54 22 62

Pisos

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es CUPÓN ANUNCIOS BREVES

31

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

Firma

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.

EMPREGO

Demandas

BUSCO traballo Vigo, Salvaterra, limpeza, cociña, coidado persoas maiores, nenos, auxiliar odontoloxía. 674 49 42 33 LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08 ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13 RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285 RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, O Porriño. Yolanda 606 77 31 97 RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34 POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78 RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112-633036768 (con coche) ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13 ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, O Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838 RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos Puxeiros. Nathaly 699514112 CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051 TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00 SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641 SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21 RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35 SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70 RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827

Ofertas

Obteña diñeiro extra e aumente as súas ganancias. Negocio independiente. 686567945 COMERCIAIS - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR - REDONDELA e VIGO. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade. Interesados enviar datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 19 h.) COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20 COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.