Xornal21 nº 136

Page 1

Galicia

O Porriño

Feijóo “a sanidade pública non entende de que o Goberno Central estea en funcións Nº 136 / Agosto 2019

www.xornal21.es

Periódico galego de distribución gratuita

Unha das vivendas máis caras de Galicia, en Nigrán

18

Provincia

Amazon abrirá este verán unha nova estación loxística no Porriño

Pedro Duque coñece o CTAG e o impacto da automoción na comarca de Vigo Saúde O 39,3% dos traballadores non desconecta do traballo cando está de vacacións

10

Redondela

Deportes Franco e Dardo Balboa cumpren o prognóstico e gañan o Descenso do Miño

Carmela Silva reivindica o apoio a cultura no rodaxe da película “María Solinha”

15

Salceda de Caselas

O novo centro de saúde estará operativo en 2020 13

Galicia lidera o crecemento turístico en España Galicia liderou durante o primeiro semestre do ano o crecemento turístico en España, un período no que superou por vez primeira a barreira dos dous millóns de viaxeiros. Así se recolle no balance correspondente aos seis primeiros meses, que foi presentado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, no Náutico de Sanxenxo, nun encontro cos medios no que estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e polo alcalde desta localidade pontevedresa, Telmo Martín. 04

A Guarda

A nova rúa Concepción Arenal un cambio do modelo urbano da Guarda

> > >

> >

COMARCAS A Louriña

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

04

05

21

20

07 - 14

Baixo Miño

17

O Condado

16

Redondela

15

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

Val Miñor

Nigrán | Gondomar | Baiona

18

Provincia

17

A Provincia de Pontevedra supera en xullo os seus resultados de ocupación

06


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Agosto 2019

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Instalados no NON Ultimamente dá a impresión de que nos instalamos no mundo dos necios e cando a necedad vai tomando o temón, só poderiamos terminar estrelándonos contra o primeiro arrecife. Creo por iso que cunhas nocións minimas de cosmología o señor Pedro Sánchez lograría resolver satisfactoriamente o quebracabezas do novo Goberno. Pero claro con este descoñecemento básico e instalados no NON como contrapunto de campaña, o resulta-

Cita

O fracaso é, ás veces, máis frutífero que o éxito. Henry Ford

A gosto

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

do final non podería ser outro. O mundo réxese polos antagonismos 'menos' e 'máis', onde toman corpo a esquerda e a dereita como polos que interaccionan. Evidentemente a dereita representa o Sí (a polaridade positiva) mentres que a esquerda representa o NON (a polaridade negativa). O que faría conveniente unha ligazón na que establecer os puntos de encontro; ou o sistema non funcionará. Isto é pura entropía.

FESTIVOS LOCAIS

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

TOMIÑO M. del Carmen Pardo 986 62 22 85 Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15 O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

A GUARDA Concello 986 610 000 Policía Local 986 610 025 Centro de Saúde 986 614 450

AS NEVES Concello 986 648 038 Policía Local 986 648 038 Centro de Saúde 986 648 837

BAIONA Concello 986 385 050 Policía Local 986 358 011 Centro de Saúde 986 385 160

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

O ROSAL Concello 986 625 000 Centro de Saúde 986 626 035 MONDARIZ Concello 986 664 306 Policía Local 680 461 151 Centro de Saúde 986 656 138

MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 656 136 Centro de Saúde 986 662 436

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Whatsapp: 692 150 055 Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348 106

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21.

Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 362 125 986 362 344

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

Staff

Redacción: redaccion@xornal21.es

OIA

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

Gondomar: 16 de agosto (San Roque) | As Neves: 5 de agosto | Nigrán: 1 de agosto (San Fiz) | Mos: 7 de agosto (San Mamed) | Oia: 7 de agosto (San Mamed) Mondariz: 16 de agosto | Vigo: 16 de agosto (San Roque) | Baiona: 26 de setembro (San Cosme y San Damian) | A Guarda: 23 de setembro (Santa Tecla) | O Porriño: 23 de setembro (Festa do Cristo) | Tomiño: 16 de setembro (Lúms de alivio)

POR LUÍS ENRIQUE VEIGA RODRÍGUEZ

Teléfonos de interese

s etembro

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 332 003 986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 986 641 795 986 642 215 Farmacia Picoto, 3 - Areas Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

REDONDELA Concello 986 400 300 Centro de Saúde 986 400 387 Policía Local 986 402 610

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034

TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

MOLINA GAMARRA, TOMÁS

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra EMERXENCIAS a violencia GALICIA de xénero

Número 136 / do 15 de Agosto ao 15 de Setembro de 2019 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán) e Redondela. Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urxente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 | Whatsapp: 692 150 055 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Agosto 2019 Xornal 21

Especial Turismo

3

O modelo de turismo tranquilo, hospitalario e sustentable ‘made in Galicia’ Os galegos ofrecen a turistas de todo o mundo un destino alternativo ás zonas masificadas e que lles faga sentir como na casa

O Centro Arqueolóxico do Areal Salinae–Vigo ofrece un interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada de todo o Imperio Romano. Redacción

Galicia ocupa cada vez un lugar máis destacado para os viaxeiros de todo o mundo. Así o corrobora, por exemplo, o feito de que fose a Comunidade española onde máis creceu o turismo no primeiro semestre do ano. Ou os máis de 200.000 peregrinos que percorreron este ano algún dos dez itinerarios oficiais do Camiño de Santiago cos que conta e que nun 98,7% dos casos recomenda vivir a experiencia.

“Os visitantes atopan en Galicia un destino comprometido por ser sustentable” Detrás de cifras como estas atópase un modelo de turismo tranquilo, hospitalario e sustentable polo que a Xunta de Galicia, da man dos profesionais do sector e grazas ao carácter acolledor dos galegos, traballa tamén durante este verán. É un turismo que busca o contacto co territorio e o respecto ao medio ambiente, que profunda na autenticidade de Galicia, naquilo que a identifica e a diferenza doutros destinos. Un turismo que traballa por mellorar a calidade de vida da poboación local, con especial inci-

dencia en zonas rurais da costa e o interior, creando emprego, diversificando a economía e potenciando o consumo de produtos autóctonos. O turismo representa o 10% do PIB de Galicia e xera o 11% dos postos de traballo. Ademais, como indica un recente de Exceltur, Alianza para a Excelencia Turística, permite recadar 1.363 millóns de euros cada ano a través de impostos. Cando falamos de turismo, ante unha actividade, que máis aló do propio sector, ten un importante efecto arrastre noutros

téxtiles ou asesoría e empresas, por citar algúns. Para permitir que os beneficios do turismo cheguen a todo

máis de 8 millóns de euros en aspectos de embelecemento, sinalización ou accesibilidade. Tamén o Goberno galego co-

llora de Aloxamentos Turísticos, destinado a modernizar e adaptar os establecementos ás necesidades actuais dos clientes. Estas medidas complétanse co traballo que leva a cabo Galicia “Unha ampla oferta que inclue máis de 140 para avanzar na confifestas de Interese Turístico Internacional, guración dun destino comprometido, que se Nacional e de Galicia” preocupa por ser sustentable e por dar a o territorio e propiciar unha des- labora economicamente coas benvida os viaxeiros que recibe. centralización dos fluxos turísti- máis de 140 festas de Interese Porque para que os turistas sencos, preto de 130 concellos gale- Turístico Internacional, Nacional tan en Galicia como na casa, a gos poderán mellorar en 2019 e de Galicia ou con axudas ás en- Xunta está a consolidar unha as súas infraestruturas turísticas tidades locais para a contratación oferta turística diversificada e desestacionalizada moi baseada en valores autóctonos. Este verán, por exemplo, é o primeiro no que se pode participar de experiencias turísticas como Un paseo de historia e vida, presentada na última edición de Fitur con toda unha serie de percorridos por preto de 30 centros históricos que pretenden fomentar o coñecemento do patrimonio, pero tamén o comercio local e a gastronomía de proximidade. E seguen en marcha iniciativas que poñen en valor oficios como a pesca ou as actividades nas lonxas ou visitas a adegas para coñecer o traballo do sector vitivinícola galego, entre outros. Con medidas como estas, e coa vista posta na oportunidade que Viaxeiros de todo o mundo valoran as zonas rurais da costa e do interior na súa viaxe. supón o Xacobeo 21, a Xunta traballa para seguir construíndo ámbitos como comercio comer- grazas á colaboración da Conse- de profesionais para as súas ofi- a mellor Galicia para visitar, que ciante polo miúdo, agricultura llería de Cultura e Turismo, que cinas de turismo. Ademais, está debe ser ao mesmo tempo a mee pesca, construción, empresas no últimos tres anos investiu en marcha o Plan MAT de Me- llor Galicia para vivir.


4

Galicia

Xornal 21 Agosto 2019

Galicia lidera o crecemento turístico en España

Foi durante o primeiro semestre con máis viaxeiros, máis emprego e mellores beneficios Redacción Xornal21.es

Galicia liderou durante o primeiro semestre do ano o crecemento turístico en España, un período no que superou por vez primeira a barreira dos dous millóns de viaxeiros. Así se recolle no balance correspondente aos seis primeiros meses, que foi presentado esta mañá polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, no Náutico de Sanxenxo, nun encontro cos medios no que estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e polo alcalde desta localidade pontevedresa, Telmo Martín. O titular de Cultura e Turismo salientou que os datos constatan que o turismo galego “medra en cantidade, pero sobre todo en calidade”. Así, segundo as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE), a nosa foi a Comunidade na que máis medrou a demanda turística, cun alza do 7,7% fronte ao 1,2% do resto de España, reflectindo que Galicia “é un destino turístico atractivo para os viaxeiros tamén en tempada media e baixa”.

Os datos sinalan un incremento porque o seu traballo está a perque se estende a todo tipo de via- mitir que a evolución de Galicia xeiros, ao rexistrarse unha suba de en todas as variables sexa superior preto do 5% no turismo interno ao conxunto do Estado. As cifran constatan, igualmen(o que realizan os propios galegos dentro da súa Comunidade) e dun te, un crecemento nos datos relacionados cos 6% no turisparámetros de mo nacional. Supéranse por primeira calidade ligados Román Rodrívez os 2 millóns de guez destacou ao turismo. Así, especialmente Román Rodríturistas na primeira a subida de guez explicou metade do ano preto do 15% que a rendibilidos viaxeiros dade hoteleira estranxeiros, que supoñen xa o mellorou a un ritmo moi superior 27% do total, e que atribuíu ao á media española, crecendo por esforzo da Xunta por posicionar enriba do 9% fronte ao 3,6% reGalicia nos mercados internacionais xistrado a nivel nacional, “o que a través de numerosas accións e ao reflexa que contamos cun sector empuxe do Camiño de Santiago. turístico cada vez máis competitivo e profesionalizado”. SECTOR “MÁIS COMPETITIVO Este feito tivo unha “imporE PROFESIONALIZADO” tante repercusión” no emprego “Non só chegan máis visitantes vencellado ao turismo. Neste senque nunca e mellor repartidos, se- tido, o conselleiro de Cultura e nón que cada vez máis os viaxeiros Turismo remarcou que segundo a quedan máis tempo na nosa Co- Enquisa de Poboación Activa, o munidade, fan máis gasto e per- sector turístico galego emprega un miten crear postos de traballo de 9% máis profesionais que hai un calidade durante todo o ano”, si- ano, un feito que reflicte que cada nalou o conselleiro. Neste sentido, vez “se crea máis emprego de califelicitou aos profesionais do sector dade durante todo o ano”, ao tem-

po que permite “xerar riqueza e fixar poboación nos distintos territorios”. Do mesmo xeito, remarcou a alza do 2,3% nas afiliacións á Seguridade Social no sector turístico e que encadean seis anos consecutivos de progresión. En canto ás tipoloxías de aloxamento, sobresaen os hoteis, que son a modalidade preferida polos turistas que visitan Galicia, pois concentran o 73,5% da demanda. En xeral, todas as tipoloxías de aloxamento rexistraron máis viaxeiros, tamén ás pensións, os apartamentos turísticos, os cámpings e os establecementos de turismo rural. En concreto, estes últimos xeraron 9.000 novos turistas, cunha suba próxima ao 12%.

DATOS

POR PROVINCIAS E CIDADES

Por provincias, en termos absolutos, A Coruña foi a que máis demanda recibiu, un 43%, seguida de Pontevedra cun 34%, mentres que Lugo e Ourense sumaron un 15 e un 8%, respectivamente. Non obstante, Lugo foi a que rexistrou un maior crecemento ao experimentar unha suba de preto do 10%.

Román Rodríguez atribuíu este feito ao esforzo do Goberno galego por poñer en valor os valores turísticos que caracterizan aos diferentes xeodestinos apoiando o turismo rural e as experiencia ligadas á nosa enogastronomía ou á nosa paisaxe e patrimonio cultural, “capaces de atraer viaxeiros durante todo o ano”. No referente aos sete principais destinos urbanos, Santiago sitúase como a cidade que máis viaxeiros recibe, superando os 300.000, seguida da Coruña, Vigo, Ourense, Lugo, Pontevedra e Ferrol. A capital galega foi tamén a que rexistrou un mellor comportamento durante o primeiro semestre, ao experimentar un alza de preto do 9%, seguida de Ourense, cun incremento do 11%, e da Coruña, cunha suba de case o 4%. No plano internacional, destacaron especialmente os viaxeiros procedentes de Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Italia e Reino Unido e o incremento dos Países Baixos, mentres que, no referente ao turismo nacional, as comunidades que máis turistas achegaron nese período foron Madrid, Castela e León, Andalucía e Asturias.

MELLOR

OFERTA E INFRAESTRUTURAS

O titular de Cultura e Turismo incidiu na necesidade de seguir traballando co obxectivo de continuar nunha liña ascendente “sempre da man da calidade e de xeito sustentable”. Precisamente, lembrou que a Xunta está promovendo iniciativas e experiencias turísticas ligadas a potenciar as singularidades turísticas de cada zona ou valores como o enoturismo, os festivais de música ou a oferta termal. Así mesmo, está a afondar na mellora permanente das instalacións e dos servizos ofrecidos, con liñas de axudas tanto aos concellos do rural como aos establecementos privados, neste caso coa posta en marcha do Plan MAT de mellora de aloxamentos turísticos. Nesta mesma liña, lembrou que o Goberno galego está impulsando accións como a estratexia Galicia Sabe, para potenciar a Comunidade como destino enogastronómico de referencia ou iniciativas como os Trens Turísticos ou FEST Galicia, entre outras.

Feijóo sinala que a sanidade pública non entende de que o Goberno Central estea en función O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que a Sanidade Pública non entende de que o Goberno Central estea en funcións e de que non aprobe a transferencia do diñeiro que adebeda ás Comunidades Autónomas. “A Sanidade Pública non se pode someter a un Goberno en funcións”, incidiu. Feijóo fixo esta valoración no transcurso da entrega de diplomas a profesionais sanitarios de Baiona organizada pola Asociación de Médicos Galegos (Asomega), onde tamén estivo presente o conselleiro de Sanidade,

Jesús Vázquez Almuiña. “O que precisamos é que todo o mundo traballe e, polo tanto, eu agardo que o Goberno central traballe”, manifestou o titular do Goberno galego, que agarda que o Goberno central non bloquee os servizos públicos das Comunidades Autónomas, tendo en conta que “o servizo fundamental é a Sanidade Pública”. Sobre isto último, Feijóo subliñou que “un dos grandes monumentos que a sociedade española construíu nos últimos anos é o sistema sanitario”. “Probablemente é o servizo público que

máis avanzou, un do que nos sentimos máis orgullos e o que máis nos diferenza do resto dos países da Unión Europea e do mundo”, abundou. Máis en concreto, sobre a Sanidade Pública galega afirmou que está “mellor hoxe que hai dez anos”. Así, lembrou que na actualidade en Galicia hai 2.300 profesionais máis que hai unha década; acadáronse os máximos históricos en intervencións, consultas e transplantes desde que hai rexistros; hai máis probas diagnósticas; existen novos tratamentos para a hepatite C; e as listas de espera están

tan controladas coma nunca. Con estes datos na man, expresou que a hai que ser “optimistas, non conformistas” e, entre os retos do futuro, ademais da mellora das infraestruturas de Atención Primaria e dos centros

hospitalarios, citou a aposta firme pola Hospitalización a domicilio (HADO) e que conta cun novo Plan aprobado recentemente, no que se recolle a premisa de facer que se faga extensible a todo o territorio galego.


Provincia

Agosto 2019

Xornal 21

5

Pedro Duque coñece o CTAG e o impacto da automoción na comarca de Vigo

A importancia da automoción no desenvolvemento socioeconómico presente e futuro de Vigo e da súa área de influencia foi protagonista na visita que xirou o Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e doutras autoridades, ás instalacións do Centro Tecnolóxico de Automo-

ción de Galicia (CTAG) no Porriño). O ministro mostrou a súa sorpresa pola innovación e adiantada tecnoloxía dos prototipos e dos novos produtos que se desenvolven no Centro e asistiu con Carmela Silva ás probas dun novo vehículo autónomo. A presidenta provincial explicou a Duque como a partir da instalación da factoría de Citroën cre-

áronse na cidade de Vigo e na súa comarca moitas empresas auxiliares e relacionadas coa automoción, ata chegar á actualidade “na que somos unha potencia mundial, cunha actividade produtiva enorme ligada ás novas tecnoloxías e á investigación“. A presidenta provincial puxo en valor a existencia “desta grande área de coñecemento e de talento, vinculado ao sector do

automóbil, que nos converte nunha referencia mundial en creación de novos produtos e moi internacionalizados, polo que hai un enorme interese para que esta industria da automoción siga tendo a opcións de maiores desenvolvementos”. Carmela Silva tamén puxo o aceno “nos moitos proxectos e novas inversións tanto tecnolóxicas como de todos os eidos, de gran

profesionalización, que xa están a ser pioneiras en Europa”. Amais da súa visita ás instalacións do CTAG, o Ministro completou a súa axenda en Vigo coa súa presenza a bordo do buque de investigación “Sarmiento de Gamboa” que inicia este mes unha nova campaña científica, e o percorrido polas instalacións do Centro Oceanográfico de Vigo en Cabo Estai.


6

Provincia

Xornal 21 Agosto 2019

Redacción Xornal21.es

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu a principios de agosto os datos de ocupación media na provincia de Pontevedra durante o mes de xullo, que salientan que “seguimos a ter uns resultados extraordinarios cunha media na provincia do 70,4%, 3 puntos máis que no mes de xullo de 2018”. Estes datos, ademais, compleméntanse coas valoracións do sector hostaleiro, que sinalan que “o gasto medio por visitante está a aumentar de forma substancial”, o que significa que na provincia de Pontevedra estase a crear “máis economía, máis riqueza e máis beneficio”. Por comarcas, como sinalou Carmela Silva, as ocupacións foron as seguintes: no Salnés un 71% (2,5% máis que en xullo de 2018) “con dúas localidades que quero salientar polos seus datos superiores: Sanxenxo, cun 82% , e O Grove cun 79%. En Pontevedra un 75% (7% máis), “cunha chamada especial para a cidade, onde se superou o 82%, informou a Presidenta provincial. No Morrazo un 79% (2,5% máis). En Caldas un 77,1% (levemente inferior ao ano pasado) pero con 100% de ocupación na primeira quincena de xullo na vila de Caldas “debido á atracción do PortAmérica”, matizou

A Provincia de Pontevedra supera en xullo os seus resultados de ocupación

Carmela Silva ofreceu os datos de Turismo Rías Baixas, que sinalan un incremento do 3% respecto a 2018, con importantes datos en Sanxenxo, O Grove, Vigo, Pontevedra e Baiona Carmela Silva, “grazas á grande idea que tivo a Deputación de promover os nosos festivais musicais e crear a marca conxunta #FestivaisRíasBaixas, idea que despois foi copiada por outras administracións”. No caso da comarca de Vigo, un 76,5% (4% máis), con men-

cións especiais á cidade de Vigo (82%) e a Baiona (77%). No Baixo Miño, un 70,2% (8% máis). No Condado e A Paradanta un 53,6% (3% menos que o ano anterior). En Deza e Tabeirós-Terra de Montes, un 60,7% (case 13% máis que o ano pasado). Carmela Silva asegurou que “o sector nos formula

O pleno designou a Santiago Villanueva como vicepresidente nunha sesión na que tamén foron designados os novos representantes da Deputación, mentres que da Xunta de Galicia seguirán a ser o delegado territorial en Pontevedra e a nova delegada en Vigo

que a ocupación dos primeiros 15 días de agosto xa está pechada e son datos importantes para o noso interior” xa que, lembrou, “un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Turismo era aposta polo noso interior e os datos reflicten que a aposta dá moi bos resultados”. Na ponte do 25 de xullo, por

comarcas, os resultados foron os seguintes: “de media na provincia, un 75,6%, un dato espectacular”. No Salnés: 85,2%. En Pontevedra: 84,5%. No Morrazo: 87,9%. En Caldas: 81,6%. En Vigo: 81,1%. No Baixo Miño: 83,7%. No Condado e A Paradanta: 40,6%. En Deza e Tabeirós-Terra de Montes: 60,5%. Carmela Silva valorou que “as zonas con maior ocupación son os destinos turísticos por excelencia e que xa están consolidados: Sanxenxo, O Grove, Vigo, Pontevedra e Baiona”. En canto ao perfil, “maioritariamente falamos dun perfil familiar, en torno ás catro persoas, cunha estancia media de oito días e procedencia sobre todo estatal”. O público estatal, informou Carmela Silva, “foi o 85,5%, principalmente de Madrid, Barcelona, Euskadi, Aragón ou Estremadura”. Pola contra, o turismo estranxeiro supuxo o 14,5% “sobre todo de Francia, a Alemaña, Portugal, Italia e a Arxentina”. En canto aos castelos, durante o mes de xullo achegáronse a eles preto de 4.000 persoas no caso de Soutomaior (3933 persoas) e outras 1824 ao de Sobroso. Carmela Silva tamén valorou os datos de mes de xullo nas principais illas, con “Cíes sen prazas durante todo o mes e xa esgotadas ata finais de agosto”, e “30.000 visitas a Ons con 6 días sen prazas”.

A Deputación oferta 149 obradoiros do programa “Depo en Marcha 2019” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda adxudicación de obradoiros do programa “Depo en Marcha”, que oferta ata 149 obradoiros para este ano 2019. Ata o momento tíñanse xa aprobadas 130 accións formativas que, coa adxudicación das 19 aprobadas na Xunta de Goberno para 11 concellos da provincia, completa o programa dirixido a persoas maiores da provincia. O programa “Depo en Marcha 2019” espalla pola provincia de Pontevedra obradoiros, de 30 horas de duración, englobados en oito grandes áreas temáticas “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natu-

reza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”. Os principais obxectivos deste programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade.

Preto de 600 novas prazas do programa “En Ruta coa Depo”

Carmela Silva reelixida presidenta do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento O pleno constitutivo do Consorcio Provincial para a prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento elixiu por unanimidade a Carmela Silva presidenta do organismo, cargo que a presidenta da Deputación de Pontevedra xa ostentou nos últimos catro anos. O pleno tamén elixiu como vicepresidente do Consorcio ao Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez, por delegación da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, xa que tal e como prevén os estatutos o cargo corresponde á persoa titular da Consellería con competencias en

materia de protección civil e xestión de emerxencias. Na sesión constitutiva tamén tomaron posesión as novas persoas representantes da Deputación de Pontevedra, neste caso, os deputados Carlos Font e Santos Héctor Rodríguez, mentres que pola Xunta de Galicia repite o seu delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e tomará posesión a nova delegada territorial en Vigo, Corina Porro. En canto ao funcionamento do pleno e da comisión especial de contas do Consorcio, estableceuse un

réxime de sesións ordinarias con periodicidade semestral a celebrar nos meses de abril e outubro, mentres que as sesións extraordinarias ou urxentes rexeranse polo disposto na normativa de réxime local e nos estatutos do consorcio. No decurso do pleno tamén deuse conta do inventario do Consorcio, cun valor do inmobilizado material de 4.438.089,92 €, e a acta de arqueo cun saldo en conta a 31.07.2019 de 4.306.870,00 euros, o que pon en valor “a boa xestión e de saneamento económico destes últimos catro anos” segundo sinalan.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda adxudicación das prazas do programa “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que que permite ás persoas participantes coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra. Máis polo miúdo, ofértanse 594 prazas correspondentes a 9 entidades que quedaron na lista de agarda da primeira adxudicación, quenda na que foron adxudicadas 19.951 prazas correspondentes a 296 entidades. “En Ruta Coa Depo 2019” oferta este ano máis de 20.000 prazas distribuídas en 32 rutas por lugares emblemáticos da provincia divididas en rutas temáticas, rutas culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais. Esta iniciativa pretende mellorar a participación, a convivencia e a cohesión

social dos distintos colectivos sociais, promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación da provincia. Amais, o obxectivo deste programa da Deputación de Pontevedra é dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo, e tamén promover os valores máis importantes das Rías Baixas para que a xente os coñeza, se poida sentir orgullosa deles, coide o ambiente e adquira novos valores de respecto ao entorno. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia e inclúe xantar e transporte.


A Louriña

Agosto 2019 Xornal 21

Mos

Corina Porro clausura o obradoiro de emprego Mos Rehabilita

A delegada territorial destacou a importancia destes programas mixtos de formación e emprego, por canto “a capacitación é clave para acceder ao mercado laboral” A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, achegouse ao Parque Costoias de Tameiga para participar no acto de clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego Mos Rehabilita, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense. A representante autonómica,

quen estivo acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, puxo en valor o ambicioso obxectivo da carteira autonómica en materia de formación e emprego. Así, tras felicitar ao alumnado que vén de rematar a súa

221 cativos mosenses participan este ano no campamento infantil estival Mañás de Verán A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, visitaron no Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos aos 27 nenos e nenas mosenses que están a participar na cuarta quenda do campamento infantil estival Mañás de Verán. Na cuarta quenda, que se desenvolve dende o día 1 de agosto ao 16 de agosto, participan 27 rapaces. Na primeira, que se celebrou do 24 de xuño ao 28 de xuño, houbo 13 participantes; na segunda (do 1 ao 15 de xullo) houbo 77 participantes, e na terceira (do 16 ao 31 xullo), 67 participantes. Nas dúas últimas quendas, a quinta e a sexta, aínda quedan prazas libres por se alguén está interesado en participar. Para facelo deben dirixirse á oficina da OMIX no Multiusos das Pozas ou chamar por teléfono ao número 986 33 94 04. Polo de agora na quinta quenda (do 19 ao 30 de agosto) están incritos 27 cativos e na sexta e última semana de campamento (do 2 ao 6 setembro) hai 10 inscritos. Deste xeito, o número de nenos e nenas que a día de hoxe participa nas Mañás de Verán do Concello de Mos é de 221. A primeira e última quendas do campamento teñen unha du-

ración dunha semana, mentres que as outras catro quendas do campamento teñen unha duración de quince días. Trátase dunha iniciativa dirixida a nenos e nenas 3 a 12 anos de idade. O campamento lévase a cabo nas instalacións do colexio Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), en horario de 9.00 a 14.30 horas. Na presente quenda os 27 cativos participantes farán dúas saídas, unha excursión á praia, que xa realizaron, e unha visita ao parque da auga da Pesqueira que se levará a cabo durante esta semana. As representantes locais, Arévalo e Loureiro, destacaron “a importancia que este programa municipal ten sobre todo no que respecta á conciliación da vida familiar e laboral nunha época do ano na que os nenos están de vacacións e os pais/nais deben seguir acudindo aos seus postos de traballo”. “Ademais de contribuír a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos proxenitores, ofertámoslles aos cativos unha alternativa de lecer educativo que combina didáctida e diversión, fomentando a educación en valores a través do xogo”, explicaron a rexedora local e a edil de Educación.

formación na especialidade de albanelería e xardinería, destacou a importancia destes programas mixtos de formación e emprego, por canto “a capacitación laboral é clave para acceder a un posto de traballo de calidade”. Porro animou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles

brindou”, exemplificou nestes programas o éxito da colaboración institucional e fixo especial fincapé no esforzo inversor do Goberno galego a prol do fomento do emprego, con medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral. Respecto a esta última edición

7

do Mos Rehabilita, a Administración autonómica destinou a este taller, no que se formaron 20 desempregados en albanelería e xardinería, de 318.300 euros. No que atinxe á área de Vigo, o Goberno galego investiu na vixente convocatoria 2018-2019 máis de 2 millóns de euros na posta en marcha de sete obradoiros duais para aumentar as oportunidades laborais de 140 desempregados. Uns programas a través dos que os beneficiarios contan cun período de formación de nove meses coa posibilidade de optar a un contrato laboral posterior de alomenos outros tres meses cando son obradoiros duais. En concreto, son beneficiarios desta iniciativa xunto con Mos (Mos Rehabilita), Vigo (Vigo Capacita V), Gondomar, Baiona e Nigrán (Valmiemprega), Redondela (Redondela Vila Bela), Soutomaior e Pazos de Borbén (Hostalería Río Pequeno), Moaña (Moaña Labora III) e Cangas (Granxa da Rúa VIII). Sistema de Garantía Xuvenil A maiores dos sete obradoiros xerais, aprobáronse outros 6 específicos para menores de 30 anos con Vigo (Formaweb e Maiv-Garantía Xuvenil), Mos (Mos coa Mocidade II), Moaña (O.E.Moaña Moza), Redondela (Redemprega) e O Porriño (Porriño Social) como concellos promotores. O número de alumnos é de 16 en todos os casos e a duración da formación e emprego de 6 meses. A Xunta destina a estes obradoiros máis dun millón de euros.

Grazas a IV edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0 o técnico de aplicacións web invidente, Christian Giráldez, atopa emprego

Programa Integrado de Emprego sen barreiras en Mos Christian Giráldez Seijo, veciño mosense da parroquia de Sanguiñeda gracias ao cal se intalou o primeiro semáforo para invidentes en Mos, é agora noticia polo seu éxito laboral a través do IV PIE Mos 3.0 (Programa Integrado de Emprego de Galicia da Axencia de Colocación do Concello de Mos). Comezou como usuario do Programa Integrado de Emprego o 15 de novembro de 2018 e o pasado 1 de xullo comezou a traballar en Altia, empresa con presenza en toda España e delegación en Vigo que conta con importantes clientes, como técnico en Desenvolvemento de Aplicacións Web; no que Christian posúe un título de Ciclo Superior.

Para poder levar a cabo o seu traballo a ONCE cedeulle un aparato (Línea Braille) cun sistema que compatibiliza o hándicap da falla de visión coas tarefas de deseño web e que ten un custe duns 3.000 euros. O contrato de Christian é inicialmente de 6 meses e, antes de conseguilo, foi un dos usuarios máis activos do Programa Integrado de Emprego, participando nun total de 5 accións formativas: charla sobre motivación e habilidades para a busca de emprego hoxe (29 de marzo, 3 horas), curso de habilidades de intelixencia emocional inter e intrapersoal (2 a 24 de abril, 20 horas), obradoiro de promoción do emprendemento (5 de abril, 3 horas), curso de téc-

nicas de busca activa de emprego (10 a 16 de maio, 20 horas), e charla sobre boas prácticas na busca de emprego no ámbito socioeconómico (27 maio). Christian Giráldez, é un mozo de 26 anos de idade que estudou un Ciclo Superior de Deseño Web, sobre o que a rexedora local, Nidia Arévalo, declarou cando o coñeceu (en febreiro deste ano, con motivo da instalación do semáforo que el solicitou na Avenida de Sanguiñeda) que “nos deu unha importante lección de vida, de auto superación e de sentido do humor. Foi todo un pracer coñecerlo, aprendín un montón de cousas novas e creo que é un exemplo de iniciativa para a mocidade mosense e para a veciñanza en xeral”.


8

Xornal 21 Agosto 2019

Mos

A Louriña

Créase a Unidade Medioambiental Municipal

Mos pecha agosto cunha gran festa para a mocidade A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Ambiente, Leo Costas, anunciaron “a creación da principal das promesas electorais e materia medioambiental, unha Unidade Medioambiental Municipal que vertebrará as accións e a colaboración conxuntas entre o Departamento de Ambiente, o Servizo Municipal de Emerxencias, a Policía Local, o Grupo de Voluntariado Medioambiental e a veciñanza en xeral”. A Unidade, que se atopa en proceso de constitución e que entrará próximamente en funcionamento, está integrada polo propio edil de Ambiente, Leo Costas, por un funcionario administrativo do Departamento de Ambiente, un membro do Sevizo Municipal de Emerxencias, un axente da Policía Local de Mos e polo Grupo de Voluntariado Medioambiental (que se atopa en fase de creación). Todas aquelas persoas que desexen pasar a formar parte do Grupo de Voluntariado Medioam-

biental de Mos poden inscribirse no mesmo chamando ao teléfono 986 33 94 04 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo omix@concellomos.es A creación deste grupo está pensada para a formación dos seus integrantes e posterior participación en labores de rescate de animais abandoados, feridos ou perdidos, rutas a pé polos sendeiros, parques e muíños mosenses -para a limpeza dos mesmos-, control e denuncia de posibles verquidos incontrolados, organización de campañas de concienciación medioambiental, etc. A veciñanza en xeral tamén ten cabida nesta Unidade Medioambiental Municipal, xa que a colaboración cidadá terá unha gran importancia e peso, posto que se lle dará voz a través dunha App para os teléfonos móbiles mediante a que os habitantes do Concello de Mos poidan informar de posibles infraccións medioambientais, problemas detectados, aportar suxerencias, etc.

Esta aplicación móbil permitirá a presencia de toda a cidadanía mosense que así o deexe na nova Unidade Medioambiental Municipal. A Unidade integrará tamén os Plans de Acción contra a Vespa Velutina que se levan a cabo dende a administración local e terá un papel importante na xestión do Centro de Interpretación da Natureza e Ecoloxía en Alfacuca que se quere poñer en marcha en colaboración con EVD Galicia e que contaría con diversas zonas para a realización de actividades ecolóxicas, así como de compostaxe verde, adestramento canino e refuxio e gardería de cans. Esta é unha das primeiras medidas do programa electoral do goberno local que se pon en marcha nesta lexislatura que recén comeza, unha das máis importantes da área de Ambiente, e que entrará a funcionar este mesmo ano. Segundo informou o concelleiro responsable da mesma, Leo Costas.

Mos recibe á presidenta da súa Asociación de Residentes en Bos Aires A actual presidenta da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, Isabel Vilela, está a realizar a súa primeira visita ao Concello de Mos dende que ocupa este cargo, e xa foi recibida no Pazo de Mos polos membros da Corporación Municipal ao completo, tras a celebración do Pleno ordinario do mes de xullo. No acto tamén estiveron presentes representantes da Asociación de Palilleiras de Mos, entre os que se atopaba a súa presidenta, Monserrat Pereira; que lle fixeron entrega a Vilela dun agasallo oficial das Palilleiras para Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires.

A presidenta da agrupación arxentina tivo tamén a ocasión de asinar o libro de ouro do Concello de Mos, no que deixou unha dedicatoria moi especial: “Es un honor para mí, como Presidenta de los Residentes de Mos en Buenos Aires, e hija de una mosense de Tameiga; y sobrina nieta de uno de los fundadores de la Institución, visitar este municipio tan querido y recordado desde el otro lado del Atlántico. Quiero expresar mi gratitud por el estrecho vínculo y la generosidad con que nos tratan. Somos Mos, somos vos. Mos, 29 de julio de 2019”.

A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou o gran labor da Asociación na emigración e o apoio a tantos emigrantes mosenses que, dende o ano 1918 (data na que se fundou a Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires), chegaron a un pais descoñecido e moitas veces adverso. A alcaldesa lembrou que o ano pasado a Asociación dos mosenses que se atopan a 12.000 kilómetros de distancia celebrou o seu centenario e insistiu no esforzo dos seus integrantes para manter vivas as raíces e tradicións dos seus ancestros.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co concelleiro de Mocidade, Leo Costas, e os tamén edís mosenses Begoña Toucedo, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, presentaron a Holi Party e o Festival Moseando, que terán lugar o vindeiro 31 de agosto. Ambos eventos celebraranse na contorna do Multiusos das Pozas, a Holi Party a partir das 18.00 horas e o Festival Mosendo a partir das 23.00 horas. Os dous terán entrada libre e de balde. Trátanse de dúas citas para a xuventude mosense promovidas e financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) e polo Xacobeo 2021; e organizadas polo Concello de Mos. Para a Holi Party os participantes deben ir de branco. A festa estará amenizada musicalmente polos Dj’s Xoel Muñoz e Juanma López. A multitudinaria festa dos pos de cores chega a Mos, onde todos os interesados poderán gozar da fusión da música e a cor

nunha tarde moi especial. Os pos de cores voarán cubrindo aos asistentes e ás súas vestimentas brancas, inundando de colorido os exteriores do Multiusos. A continuación, a partir das 23.00 horas, chegará o Festival Moseando con Brokktt como cabeza de cartel. O seu verdadeiro nome é Carlos Lago, pero artisticamente coñéceselle como Brokktt Skinny Boy. Este artista empezou no rap underground fai catro anos e agora é un dos creadores emerxentes máis potentes do movemento trap en Galicia. Actuou en sitios como a Discoteca Anubis con intérpretes como Kidd Keo, no Festival Perreo Party da Discoteca Queen, na discoteca Licuore de Tui, No Mariña Fest de Marín ou na Pool Party para blacklips en Vigo. “Pra Pum Pa“, canción na que colabora con Cristian Yennia e Alberto Malleiro, supera as 12.000 visitas tanto en Youtube como en Spotify. Completan o cartel do Festival os Dj’s Traffic House, Enter, Gabri Domínguez e o mosense Fergwell.

A Xunta de Galicia subvenciona de novo o Festival O Son do Pazo O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asinou co presidente da Fundación Pazo de Mos, Antonio Rial, un acordo de colaboración para a realización de actividades culturais en Mos a través de dita institución, nun acto no que tamén estivo presente a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e o tenente alcalde mosense, Camilo Augusto. O obxectivo principal desta colaboración por parte da Xunta de Galicia coa Fundación é promocionar o Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio mosense e darlle vida ao Pazo, un dos principais reclamos turísticos e culturais

do municipio e emblema do patrimonio histórico e arquitectónico da localidade. O documento rubricado contempla a realización dun concerto no V Festival Intercéltico O Son do Pazo no mes de setembro, que estará protagonizado por unha entidade musical senlleira de música tradicional de Galicia. Así mesmo, ao abeiro deste acordo, programarase un ciclo de cinema contemporáneo, diversas sesións de contacontos a cargo da compañía de teatro Os Ghazafellos e levarase a cabo o programa Nadal en Rede 2019. A realización destas accións contará cun investimento por parte da Xunta de Galicia de 11.000 euros.


A Louriña

Agosto 2019 Xornal 21

Mos

Mos asina un pacto para converterse nun Concello pioneiro en Igualdade A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro, veñen de reunirse en Santiago de Compostela coa Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, nunha xuntanza incluída na rolda de visitas que a rexedora local iniciou fai uns días co goberno de Galicia. O principal obxecto do encontro foi formalizar unha nova política transversal que inclúe á administración local e á Xunta de Galicia, neste caso en materia de igualdade. Trátase dun pacto polo que o Concello de Mos se compromete a incluír a concienciación igualitaria en dúas liñas: prevención da violencia de xénero e igualdade, en todas e cada unha das iniciativas e actividades municipais organizadas, tanto en materia de formación e emprego, como musicais, culturais, de ocio, deportivas…; así como tamén facelas extensivas á comunidade educativa achegándoas a profesorado, alumnado e familias; e ao voluntariado mosense: Protección Civil, Mos Axuda, Voluntariado Xuvenil, Vo-

luntariado Social (de acompañamento a persoas maiores usuarias do departamento municipal de Política Social) e ao Grupo de Voluntariado Medioambiental que se atopa en proceso de creación. “Deste xeito pretendemos que o Concello de Mos se convirta nun municipio pioneiro en materia de igualdade”, destacaron alcaldesa e concelleira. Outros dos temas tratados por Arévalo e Cebreiro coa representante autonómica foron algunhas necesidades do Concello de Mos en materia de igualdade entre as que se atopan dar continuidade a programas municipais de participación feminina dos que xa se realizaron anteriores edicións, seguir a potenciar e mellorar o CIM (Centro de Información á Muller de Mos), perfilar diferentes programas en materia de prevención da violencia de xénero que se porán en marcha a partir do vindeiro mes de setembro; e concretar actividades para mulleres de Mos, que se celebrarán tamén a partir de setembro.

Entre ditas actividades atoparase a segunda edición da viaxe ás Illas Cíes para mulleres, dando resposta á clamorosa demanda da poboación feminina mosense, xa que o ano pasado a saída tivo unha espectacular acollida e un incrible éxito de afluencia, agotándose en poucos días as 400 prazas ofertadas. Ademais as representantes municipais e a Secretaria Xeral, Susana López Abella, anunciaron a realización durante o mes que ven dunha iniciativa gratuíta para mulleres consistente nun curso de formación para o autocoñecemento para o bo trato. Impartirase no Multiusos das Pozas en horario de 09.30 horas a 13.30 horas todos os luns, martes e xoves de setembro a partir do día 2 do vindeiro mes. As interesadas en inscribirse para participar poden facelo dende xa e durante todo o mes de agosto no CIM de Mos. A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia financia este programa cunha aportación económica de 8.000 euros.

Especial Volta ao Cole

A metade da poboación non planifica os seus aforros para a “volta ao cole”

Despois do verán, chega a temida costa de setembro: un período no que moitas familias, tras investir gran parte dos seus aforros nas súas vacacións estivais, deben afrontar grandes gastos para preparar a volta ao colexio dos máis pequenos da casa. O Grupo KRUK, realizou un estudo para coñecer como afronta a poboación española os gastos asociados a este período. Segundo

esta investigación, o 52,9% das persoas enquisadas recoñecen que non planifican con antelación as compras que terán que realizar nese momento. As razóns polas que os españois e españolas non organizan os seus gastos asociados con “a volta ao cole” son diversas: un 15,1% declara que lle é imposible planificar porque os gastos varían de ano en ano, mentres que un 13,7% simplemente busca a maneira de financialos directamente cando se lle presentan, sen planificación previa. Outros non planifican porque non o necesitan, pois declaran que poden asumir estes gastos facilmente (24,1%). No outro lado da balanza, un 35,2% recoñeceu aforrar diñeiro para ter reservas no caso de que os gastos fosen maiores do previsto, aínda que as persoas máis organizadas declaran planificar o seu orzamento en función do gasto do ano anterior (28,7 %), unha porcentaxe que aumentou levemente con respecto ao ano pasado (3,3 puntos porcentuais).

Continúa lendo en www. xornal21.es

9


10

Xornal 21 Agosto 2019

Mos

Amazon abrirá este verán unha nova estación loxística no Porriño

A compañía expande a súa rede loxística en España coa súa primeira estación loxística en Pontevedra Redacción O Porriño / Xornal21.es

Amazon abrirá este verán unha nova estación loxística no municipio de O Porriño, Pontevedra, onde traballará con dúas empresas de repartición independentes para proporcionar a entrega rápida e fiable que os clientes de Amazon tanto valoran e na que confían. Amazon Logistics colabora con compañías de repartición independentes co obxectivo de facer crecer o seu propio negocio, á vez que estes suman capacidade e flexibilidade ás reparticións de Amazon, axudando así a satisfacer a crecente demanda dos clientes. Os centros loxísticos e de distribución de Amazon envían os paquetes a esta nova estación loxística para que sexan cargados nos vehículos responsables de facer as entregas aos clientes. Nesta nova estación loxística de 4.000 metros cadrados, Amazon creará máis de 30 postos de traballo. Ademais, as empresas de repartición independentes contratarán a máis de 30 condutores, que recollerán os paquetes na estación e entregaranllos aos clientes de Amazon na área de Vigo e arredores, e Pontevedra. "Estamos moi emocionados coa apertura desta estación loxística no O Porriño, onde os máis de 20

anos de experiencia operativa, os avances tecnolóxicos e o investimento da compañía suman capacidade e flexibilidade á nosa rede de repartición, permitindo unha entrega máis rápida que nunca

que unha empresa tan emblemática internacionalmente e coa repercusión que a nivel mundial ten Amazon, elixise O Porriño para establecer unha estación loxística. Para O Porriño é unha

para os clientes", dixo John Tagawa, Vicepresidente de Amazon Logistics en Europa. A alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre, afirmou que "Para esta vila da que son alcaldesa é unha enorme satisfacción saber

confirmación da importancia que temos económica e industrialmente. E a expectativa de creación de emprego e de negocio, tanto por contratación directa como indirecta, é algo do que todos debemos congratularnos".

O Porriño acometerá unha revisión catastral "urxente" Fernando Baena, xerente da Oficina do Catastro para a provincia de Pontevedra, reuniuse hai uns días coa alcaldesa Eva García, membros do equipo de goberno e staff técnico do Concello para prantexar “a urxente necesidade de abordar unha revisión dos valores catastrais

no termo municipal”. Segundo as explicacións de Baena, o Catastro advirte ó Concello do Porriño de que o retraso en revisar a ponencia de valores que está vixente dende 1985, “constitue un agravio comparativo cos outros concellos da provincia xa que existe a

obriga legal de revisión cada cinco ou dez anos”. Durante estes 34 anos intentouse actualizar os valores catastrais no periódo 2003/2010 pero a proposta de revisión tumbouse por falla de apoio político pola maioría da corporación municipal.

Amazon continúa investindo e innovando na súa infraestrutura loxística para ampliar a capacidade da súa cadea de subministración e acelerar as entregas en beneficio dos clientes.

MÁIS

DE 4.800 EMPREGADOS FIXOS

A rede loxística de Amazon en España arrincou co seu centro loxístico de San Fernando de Henares (Madrid), que comezou a operar en 2012, un ano despois da

A Louriña

posta en marcha de Amazon.es. Ao longo dos últimos 7 anos, a compañía abriu tres centros loxísticos situados no Prat, Martorelles e Castellbisbal (Barcelona), un en Xetafe (Madrid) e outro, sendo o máis recente, situado en Illescas (Toledo). Ademais, Amazon está a operar tamén dous centros loxísticos urbanos en Madrid e Barcelona, que proporcionan entregas ultrarrápidas aos seus clientes Prime nestas cidades mediante Prime Now; así como once estaciones loxísticas situadas en todo o país para reforzar os seus servizos de entrega en beneficio dos clientes e vendedores. Ademais destes investimentos na súa rede loxística europea situadas en España, Amazon abriu as súas oficinas corporativas en España en 2012 e en 2016 escolleu Madrid para instalar o seu centro de desenvolvemento no Sur de Europa. Os máis de 100 enxeñeiros que traballan no centro de desenvolvemento de Madrid desenvolven novos servizos e funcionalidades para as cinco webs europeas de Amazon. En outubro de 2017, Amazon abriu as súas novas oficinas corporativas en Madrid, no centro do emerxente distrito de negocios de Méndez Álvaro, con capacidade para máis de 1.000 empregados corporativos. En abril de 2018, a compañía inaugurou en Barcelona a súa Seller Support Hub, un equipo multilingüe que dá asistencia a pequenas empresas de Francia, Italia e España que venden en Amazon, e no verán abriu tamén en Barcelona un novo centro de investigación e desenvolvemento centrado en Machine Learning. Co tem-

po, Amazon prevé contratar a máis de 100 científicos e enxeñeiros de software neste centro. Desde 2011, Amazon investiu máis de 1.100 millóns de euros e xa conta cun persoal de máis de 4.800 empregados fixos en España.


A Louriña

Agosto 2019 Xornal 21

O Porriño

11

O Porriño tivo durante o ano pasado un saldo vexetativo positivo Os datos aportados polo Instituto Galego de Estadística (IGE) son concluintes: O Porriño é o concello da provincia que mellor combate a crise demográfica. No ano 2018 O Porriño tivo un saldo vexetativo positivo, é dicir, máis nacementos que defuncións. Segundo o departamento do padrón municipal en 2018 tiveron 180 nacementos e producironse 121 falecementos no Porriño. O dato inscríbese na tendencia positiva de crecemento poblacional que presenta O Porriño pois segundo recolle o Instituto Galego de Estadística, na última década O Porriño medrou poboación con 2.626 habitantes, unha excepción fronte a dinámica galega de desertización demográfica. “O Porriño está a medrar espectacularmente en todos os eidos. O crecemento demográfico está íntimamente vencellado coa recuperación económica que presenta noso pobo nos últimos anos, evidenciado en numerosos indicadores”, valorou Eva García de la Torre. A alcaldesa lembrou que o propio IGE refire que O Porriño “é o con-

cello con mellor ratio que conta con máis altas de cotizantes da Seguridade Social, presentando a mellor ratio entre os concellos pontevedreses incluso que Vigo con 7.714 altas nos derradeiros dez anos”. Tamén a alcaldesa citou o dato publicado hai un mes pola Zona Franca que refería que “O Porriño é o concello co segundo mellor índice de dinamismo empresarial no ámbito da Zona Franca, despois da cidade de Vigo”. Segundo datos dese organismo público no primeiro semestre en Vigo crearonse 287 empresas. E a continuación é O Porriño o concello con máis sociedades creadas, nada menos que 35 novas empresas, grazas ó seu gran peso industrial cos polígonos de A Granxa e As Gándaras. Con respecto a outros concellos da área metropolitana, O Porriño supera a Nigrán e Redondela que contabilizan 16 y 15 novas empresas respectivamente. Nese eido a alcaldesa refiriu como “última evidencia” a chegada de Amazon coa estación loxística que instala este verán no Porriño coa repercusión que acadou a noticia.

AIMEN participa nun novo sistema láser de alta potencia AIMEN Centro Tecnolóxico participa no proxecto PROMETHEUS, unha iniciativa europea enmarcada no programa Horizonte 2020. O obxectivo principal de PROMETHEUS é o desenvolvemento dun innovador sistema láser de alta potencia e cunha velocidade de proceso sen precedentes, que permitirá dotar de funcionalidades especiais a un amplo rango de materiais mediante o texturizado láser de precisión. PROMETHEUS busca implantar unha tecnoloxía como o texturizado láser, que permite dotar aos produtos dunha maior personalización e dun maior valor engadido por medio da funcionalización dos mesmos, nos procesos de produción convencionais. En particular, a tecnoloxía desenvolta en PROMETHEUS permi-

tirá dotar con distintas funcionalidades a materiais poliméricos, metais e cerámicas por medio dun proceso de texturizado láser superficial baseado na interferencia de feixes, técnica coñecida polo seu nome en inglés 'Direct Laser Interference Patterning' (DLIP). Entre as funcionalidades obxectivo atópase a xeración de texturas superhidrófobas ou a mellora das propiedades tribológicas. Espérase que a estación láser prototipo desenvolta en PROMETHEUS permita alcanzar velocidades de texturizado de entre 2-5 m2/ min e unha resolución por baixo da micra, cun mínimo impacto térmico sobre a peza de traballo. Ademais, o sistema láser desenvolto contará cun sistema óptico de inspección integrado, para a vixilancia e control en liña do proceso

de texturizado láser; o que permitirá detectar desviacións das texturas xeradas, con respecto ao caso ideal, e corrixir os parámetros de proceso necesarios durante o propio proceso de fabricación. O Centro Tecnolóxico AIMEN encargarase do desenvolvemento do sistema óptico de inspección. Ademais, poñerá ao dispor do proxecto os equipos láser dispoñibles nos seus laboratorios para o texturizado superficial de materiais, así como o seu coñecemento na xeración de texturas funcionais. O desenvolvemento do proxecto PROMETHEUS permitirá a AIMEN impulsar as súas liñas de investigación en texturizado láser superficial e monitoraxe/control de procesos láser, consolidando a bagaxe acumulada polo centro a nivel europeo durante os últimos anos.

A Xunta confirma ó concello a subvención para o obradoiro de emprego “O Porriño Xove”

O Porriño celebrará o I Rally Mix durante as Festas do Cristo O Concello do Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron a principios de mes dos detalles da organización do "I Rally Mix Concello do Porriño" que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o chamado "Recristo" e nas datas da Festa dos Callos. Tratase por tanto dun novo aliciente para a Semana Grande das festas patronais do Porriño. A organización do evento correrá a cargo da "Escudería Surco" de Salvaterra do Miño coa cola-

boración da Federación e co patrocinio do Concello. A proba terá dúas mangas: unha na tarde do sábado 28 e a segunda, na mañán do domingo 29 de setembro. Os detalles abordaron este mediodía nunha reunión de traballo celebrada no Concello do Porriño que presidiu Lourdes Moure, alcaldesa accidental na que participaron Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local, representantes da Escuderia Surco e Iván Corral, presidente da Federación Galega de Auto-

mobilismo e Benigno Vázquez Colino, responsable de marketing da mesma federación. O traxecto das dúas mangas será ó longo do termo municipal. Tendo en conta que un Rally Mix é unha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto e que o percorrido da proba non se desvela ata horas antes para imposibilitar os adestramentos, habera unha certa dose de misterio. Ademáis poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo.

A Xunta de Galicia, a través de Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de confirmar ó Concello a concesión dunha subvención de 180.021 € para a realización do obradoiro de emprego denominado “O Porriño Xove”. Dezaseis aspirantes serán seleccionados como alumnos traballadores nas seguintes especialidades formativas: a metade dos seleccionados cursarán atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións; e os outros oito seleccionados formaránse en operacións de gravación e tratamento de datos da Concellería de Emprego en Torneiros. As 8 personas que se formen para atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, deben ter como requisito indispensable o título da ESO. O Concello canalizará es-

tes cursos a través do departamento “Porremprego”. Trátase de contratos de formación e aprendizaxe que terán unha duración prevista de 6 meses. As actividades formativas impartiránse dende o vindeiro 30 de setembro ata o 29 de marzo de 2020. Pretendese formar a 16 persoas desempregadas menores de 30 anos e que estean anotados no Sistema de Garantía Xuvenil. Todas as persoas desempregadas que cumplan cos devanditos requisitos e que estean interesadas en formar parte do alumnado deste OBRADOIRO DE EMPREGO “O PORRIÑO XOVE”, deberán acudir á oficina de emprego do Porriño e anotarse en Obradoiros. As persoas que non estean inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil poderán inscribirse no mesmo día que solicitan anotarse en Obradoiros.


12

Xornal 21 Agosto 2019

O Porriño

A Louriña

O Secretario Municipal convoca o Pleno no que se instará á revisión de oficio da facturación rexeitada

Para o goberno este Pleno Municipal extraordinario "impedirá o pagamento ós provedores" O Porriño celebrará o 26 de agosto, á instancia do PP e pese á negativa da Alcaldesa, un pleno extraordinario para ordenar a revisión de oficio dos máis de 5 millóns de euros en facturas rexeitadas polo Goberno Municipal que permitirá abordar o pago con garantías aos provedores Dende o PP sinalan que "ante a negativa da Alcaldesa a convocar o pleno extraordinario solicitado polos populares o pasado 18 de xullo para abordar o impago a provedores e os múltiples incumprimentos en materia ecónomica do executivo socialista, o Secretario Municipal convocou onte a sesión solicitada polo PP para o vindeiro 26 de agosto". "Así, tras cumprirse os 15 días legalmente establecidos sen que Eva García convocara o pleno solicitado polo Grupo Municipal do PP, convócase obrigatoriamente dende a Secretaría Municipal. Coa pertinente documentación e informes, os populares instan á re-

visión de oficio da facturación pendente de pago dos anos 2016, 2017 e 2018, que ascende a máis de 5 millóns de euros, e que foi rexeitada de maneira sistemática polo goberno de Eva García, así como o inicio dunha investigación da facturación devolta que permita determinar canto se adebeda a cada provedor e elaborar a correspondente proposta de recoñecemento extraxudicial de crédito" explican os populares. "Pese aos impedimentos postos pola Alcaldesa, conseguiremos que se investigue a xestión e a forma de contratación desta facturación para poder pagar con garantías aos provedores que prestaron os seus servizos ao Concello do Porriño e levan, moitos deles, anos sen cobrar", apuntou o voceiro dos populares, Alejandro Lorenzo, "Eva García terá que responder tamén e explicar a arbitrariedade coa que durante estes anos abonou as facturas a determinadas empresas mentres outras

Acordan bloquear o acceso de bañistas ás canteiras Mellora do valado e peche perimetral; ampliación da sinalización de perigo e estudar posibles sancións tanto a vehículos como peons que ainda así accedan ás canteiras, son as tres medidas que se acordaron na reunión entre Concello do Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curíosos. Á reunión presidida por Eva García, asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de “Pocasa” (“Porriñesa de Canteiras”) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21” que é actualmente á que acuden máis bañistas e curiosos. Por par-

te municipal, ademáis da alcaldesa, a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, así como o enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado que asesora técnicamente ó Concello do Porriño. A medida máis inmediata que se vai acometer será impedir o acceso ás pistas mineiras mediante un portalón ó que só teña acceso o persoal autorizado. Tratase dun portalón xa existente que vaise a adiantar para colocarse noutro punto onde teña máis efecto disuasorio. Será executado de inmediato por persoal de “Pocasa” como titular da concesión.

continúan sen cobrar". Os populares pretenden deste xeito rematar coa opacidade coa que o Goberno Municipal do Porriño está encubrir a súa xestión económica, avalando estas explicacións á cidadanía cos correspondentes informes dos responsables de área e dos técnicos municipais sobre a manipulación ou duplicidade da facturación, os motivos polos que foi rexeitada, os prezos de mercado correspondentes a estes gastos así como os infomes sobre os administradores das empresas con maior facturación, coincidentes entre sí moitos deles. "Poden mentir unha e outra vez e seguir desacreditándonos pero, como prometín, imos chegar ata o final para salvar a grave situación económica na que este executivo sumiu ao Concello do Porriño e a moitas empresas e autónomos que padeceron as consecuencias da xestión de Eva García e do seu goberno. Non van a conseguir calarnos", concluíu Lo-

renzo.ntabamos no noso goberno na mesma partida e cos que asegurabamos sobradamente non só a celebración de Porrigalia, senón de todos os festexos que se celebraban na vila. Se é certo que xa non dispoñen de cartos nesa partida, deberán explicar ás veciñas e veciños do Porriño en que se gastaron eses 700.000 euros no que vai de ano".

“POLÍTICA DE ATRANCOS” Dende o Goberno Municipal do Porriño lamentan a que consideran "política de atrancos e maniobras que os concelleiros do PP e nomeadamente o seu voceiro, están a empregar para dificultar a gobernabilidade da nosa vila". Sinalan que "agora o PP está a sacar peito pola consecución dun pleno extraordinario convocado para o luns 26 de agosto cuia orde do día pretende realmente prolongar o pagamento a proveedores do Concello e persigue unha revisión de oficio da facturas de tres exer-

cicios e polo tanto a nulidade das facturas, algo inédito no municipalismo galego". O Goberno Municipal ten solicitados informes á Intervención Municipal e tamén á Deputación Provincial ante esta proposta. Namentres o Goberno Municipal lembra que "as maniobras do PP impediron xa hai case que duas semanas a celebración do pleno municipal que ía celebrarse o pasado 30 de xullo. Aquela sesión tivo que cancelarse ante un erro administrativo que o Partido Popular pretendía aproveitar para solicitar a invalidez dos posibles acordos que se adoptaran na sesión como o o propio PP anunciara". O goberno municipal sinala que "resulta altamente contradictorio que o PP reivindique o pago das facturas pendentes e cando atopámonos ante unha sesión plenaría na que figuraban duas propostas que facilitarían o pago de máis de dous millóns de euros en débedas, poñan impedimentos para a celebración do pleno. Lembramos que na sesión plenaria cancelada destacaban as propostas de aprobación de sendas modificacións de crédito extraordinario financiado con remanente de tesorería para dispoñer de líquidez e afrontar o pago de facturas pendentes dos últimos exercicios. Unha das propostas era para aboar ós acreedores que figuran na conta “413” por gastos relativos a moi diversos proveedores: telefonía, servicios, suministros, publicidade, reparación de vehículos, cultura, proxectos e direccións de obras, entre outros. O importe de todas esas facturas pendentes suma a cantidade 1.781.923 euros. A outra proposta era para aboar facturas reclamadas por vía xudicial que suman un importe global de 473.000 euros". Para o goberno "é o PP con ese pleno extra, o que quere botar abaixo toda a facturaración e soterrar ós proveedores a outro longa espera".


A Louriña

Agosto 2019 Xornal 21

Salceda de Caselas

13

O novo centro de saúde estará operativo en 2020 O equipo de goberno de Salceda visitou a semana pasada as obras de construcción do novo centro de saúde, na Rúa Mártires de Sobredo. O encargado da construcción do edificio trasladoulles á alcaldesa e aos concelleiros e concelleiras que a acompañaron o estado actual das obras, que avanzan a bo ritmo, e que neste momento se atopan no proceso de instalación dos elementos precisos para os diferentes suministros: electricidade, auga, climatización, gas, etc. As previsións apuntan a que no verán de 2020 o novo edificio poida entrar en funcionamento, pechando así o actual centro de saúde ubicado na Rúa Compos-

tela que a duras penas cumpre co seu cometido na actualidade. O novo edificio conta con unha superficie total de 1.321,11 m2, dividida en dúas plantas, aos que hai que sumar 168 m2 de espazos exteriores descubertos. A nova instalación albergará dúas consultas de pediatría, unha consulta de enfermería de pediatría, 5 consultas de medicina xeral con cadansúa consulta de enfermería anexa e unha consulta de matrona. No exte-

rior do edificio o Concello de Salceda executou xa as obras de urbanización da Rúa Mártires de Sobredo, incluídas no Plan Concellos 2017. Gela Ledo, Concelleira de Sanidade explicou que “ademais da posta en marcha do edificio, solicitaremos á Xunta de Galicia que se dote do persoal e material precisos para que o servizo ás veciñas e veciños sexa o que lle corresponde á nosa poboación”. Pola súa banda Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda dixo que “as obras avanzan a bo ritmo, e alegrámonos da previsión de apertura en tan só uns meses. O novo centro de saúde de Salceda será unha realidade no ano 2020”.

O PP de Salceda reprocha a visita “institucional” ao centro de saúde O PP de Salceda de Caselas reprocha ás alcaldesas que realicen unha visita “institucional” ás obras do novo centro de saúde, as mesmas que “torpedearon” durante unha década coa entrega dos terreos á Xunta por un interese “puramente electoralista”, “prexudicando” aos veciños que durante todo este tempo non puideron gozar duns servizos sanitarios adaptados ás necesidades do municipio. Para o portavoz popular no Concello salcedense, Santiago Rodríguez Davila, trátase dunha “basta” estratexia para “lavar a súa imaxe” despois de “mentir” ao pobo cun pacto “forzado” e “en contra do que decidiron os veciños nas urnas”. Para Davila, tanto Castiñeira como Tourón quedaron en “evidencia” despois de afirmar en reiteradas ocasións que o novo centro de saúde de Mártires de Sobredo nunca sería unha realidade. “Repetiron nos medios de comunicación, nas redes sociais e aproveitaron calquera oportu-

nidade para mentirlle aos veciños en beneficio propio, facendo campaña política en contra da verdade, que non era outra que a vontade da Consellería de Sanidade de investir 1,7 millóns de euros en Salceda como así fixo cando o goberno ao que pertencía Castiñeira permitiuno. Por iso, é lamentable que agora estas alcaldesas que tanto dano fixeron á sanidade dos salcedenses tenten vender unha obra na que non pagan nin un só euro e que negaron ao pobo durante dez anos”, relata. Precisamente, o vicepresidente da Xunta e presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, visitaron hai uns meses Salceda e, ao contrario do que fixeron as alcaldesas supervisaron as obras desde o exterior. “Por respecto, algo que non tiveron elas, nin se pensou en acceder o interior”, afirma o portavoz popular quen recrimina a Tourón e Castiñeira que si o fixesen “sen avisar nin solicitar permiso á propietaria dos terreos e do edificio, que é a

Xunta, e ademais ténteno vender mediáticamente”.

INVESTIMENTOS PRESUMIR

Os populares critican o uso da palabra “compromiso” con Salceda por parte de Castiñeira e Tourón e anímalles a explicar a todos os cidadáns cales son as obras nas que o Concello de Salceda investiu diñeiro para mellorar a calidade de vida dos veciños. “Quizá non poden presumir de ningunha porque non as hai, e as poucas que fixeron con diñeiro da Deputación executáronse tarde, rápido para terminar antes das eleccións e o resultado foi nefasto”, apostila Davila. Un exemplo diso son as obras da Devesa que se atopan nunha situación “bochornosa” e que supón un auténtico “perigo” para condutores e peóns. Para Rodríguez Davila, o que tiña que facer o bigobierno é “arranxar” as obras da súa competencia en lugar de “facerse fotos en terreos alleos”.

Salceda disporá dun gabinete de atención temperá a partir de setembro Concello de Salceda botará a andar a partir do mes de setembro un gabinete de atención temperá para atención á poboación infantil de 0 a 6 anos co obxectivo de dar resposta canto antes ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. O gabinete contará cun equipo especializado formado por un mínimo de tres integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e atenderá tres días da semana en Salceda e dous nas Neves. O servizo está financiado nun 80% pola

Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para o que ven de conceder unha partida de 15.603,17 € que o equipo de goberno solicitara na anterior lexislatura e que agora bota a andar a través da Concellaría de Benestar Social. A alcaldesa accidental Verónica Tourón e a Concelleira de Benestar Social, Ángela Ledo, reuníronse coa Concelleira de Benestar Social do Concello de As Neves, Pilar González, para coordinar a posta en marcha do servizo, que se fará nas vindeiras semanas, e que no caso de Salceda terá lugar no Centro Social da De-

DOS QUE

vesa. Verónica Tourón e Ángela Ledo coincidiron en apuntar que “estamos a falar dun servizo esencial nos primeiros anos dos nenos e nenas, xa que dunha boa diagnose pode depender o seu futuro persoal e académico”.


14

Xornal 21 Agosto 2019

Salceda de Caselas

A Louriña

O director do Igape visita a empresa Granilouro en Salceda O director do Igape, Juan Cividanes, salientou na súa visita ás instalacións da empresa Granilouro, en Salceda de Caselas, a boa evolución da presenza exterior das compañías galegas do sector da transformación da pedra natural, que no primeiro cuadrimestre do ano aumentaron as súas exportacións nun 10,4% con respecto ao mesmo período de 2018, acadando un valor de 101,7 millóns de euros. No mes de abril a suba tamén foi destacada, un 21,4%, cun volume total de vendas de 25,3 millóns. Cividanes quixo destacar que empresas como Granilouro, cun claro esforzo para incrementar

Salceda apela á responsabilidade veciñal para manter limpo o entorno O Concello de Salceda de Caselas lémbralle á veciñanza que conta cun servizo semanal de recollida enseres voluminosos para uso particular, polo que aqueles veciños e veciñas que precisen desfacerse de algún moble, electrodoméstico ou similar, poden poñerse en contacto co Concello para solicitar a recollida do mesmo. Lembran tamén dende o Concello que é obrigatorio avisar antes de depositar os obxectos na rúa, e que estes deixaranse unicamente nos puntos comunicados e autorizados polo Concello. Nos últimos tempos estanse a multiplicar os casos de abandono de enseres nas vías públicas sen notificación

previa, producindo unha imaxe pouco apropiada das rúas da vila, en moitas ocasións en pleno casco urbano e nas fins de semana ou nos días de festa. O servizo de recollida de enseres é un servizo público e gratuito ao que pode acceder calquera veciño ou veciña de Salceda, polo que o Equipo de Goberno insta á veciñanza a facer un uso apropiado do mesmo, e a non depositar obxectos na rúa sen aviso previo, obxectos que en moitas ocasión pasan días nas vías públicas ata que alguén dá aviso do mesmo para que o servizo de vías e obras do Concello proceda á súa retirada. Así mesmo, denuncian dende

o Equipo de Goberno a situación que se está a dar co servizo de reciclaxe de cartón, xa que en moitas ocasións as caixas de cartón son depositadas enteiras ó lado dos contedores, en vez de desmontadas dentro dos mesmos, dando tamén unha imaxe de suciedade pouco acaída para a vila. O Concello de Salceda de Caselas conta cunha ordenanza de ornato público que establece diferentes sancións para quen a incumpla. Dende o equipo de goberno apelan á responsabilidade da veciñanza para manter o entorno limpo e nas mellores condicións medioambientais sen necesidade de recurrir a este tipo de sancións.

A Xunta convoca os titulares dos terreos para a execución dunha senda en Parderrubias A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca os días 17 e 18 de setembro os titulares dos terreos necesarios para executar unha senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas, co fin de realizar o levantamento de actas previas. Os propietarios das fincas deberán acudir á Casa do Concello os citados días, no horario comprendido entre as 9.30 e as 13.30 horas. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://bit.ly/2Z6rhHS A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina a esta actuación un orzamento duns 900.000 euros, no cal se inclúe o pagamento aos titulares dos 94 predios necesarias para exe-

cutar esta actuación. Trátase da execución dunha senda de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude na estrada de titularidade autonómica PO411, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual e cun ancho que oscilará entre os 1,80 e os 2,30 metros. Esta actuación no núcleo de Parderrubias desenvólvese en tres treitos, un na marxe dereita da vía de acceso ao IES Pedras Rubias, outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985, e o terceiro tamén pola marxe dereita da vía autonómica, entre os puntos quilométricos 5+970 e 6+250. Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no punto quilométrico 3+715, a ampliación do

paso sobre o regato de Landres, a mellora das interseccións e accesos ás vivendas. Nas obras se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento. Cómpre lembrar que con esta nova actuación impulsada desde a Xunta se completa o Plan de Sendas de Galicia para a Comarca de Vigo. Nesta comarca implicou a mobilización dun investimento total de 5,9 M€, que está a permitir a execución de máis de 12 quilómetros de novas sendas peonís e ciclistas en estradas de titularidade autonómica. Estas actuacións son cofinanciadas con Fondos europeos do programa operativo Feader 2014-2020.

a súa presenza nos mercados internacionais e a diversificación da súa oferta, e cunha forte aposta pola modernización da súa produción, a través da investigación e das tecnoloxías e ferramentas 4.0, son boa mostra da senda de crecemento no exterior das pemes galegas. O número de compañías exportadoras da Comunidade galega superou no que vai de ano, entre xaneiro e abril, as 4000, ao tempo que se incrementaron nun 1,6%, sendo xa 2270, as empresas que venden produtos no estranxeiro regularmente, é dicir, que o fan cando menos durante os últimos catro anos de forma consecutiva.


Agosto 2019 Xornal 21

Redondela

15

Detectan vertidos en Cesantes

Carmela Silva reivindica o apoio a cultura no rodaxe da película “María Solinha” A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou na presentación do inicio da rodaxe da nova película de Ignacio Vilar, “María Solinha”, que se gravará integramente na provincia e que conta cun reparto cen por cen galego. No acto, que tivo lugar na lonxa de Cesantes (Redondela), estivo acompañada da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, do director do filme, Ignacio Vilar, das actrices protagonistas, Grial Montes e Laura Míguez, do responsable de Agadic, Jacobo Sutil, e outros participantes no proxecto. Na súa intervención, Silva fixo fincapé en que “un país non ten futuro se non ten cultura, se non ten cinema, se non apoia a creatividade e o talento” e engadiu que “dende a Deputación de Pontevedra queremos que a nosa provincia, as nosas rías, se convertan

nun plató de cine, porque iso nos sitúa en Galicia, en España, en Europa e no mundo”. “Hoxe estamos aquí para falar de creatividade, de talento galego, talento do sur de Galicia”, comezou a presidenta. Neste eido, Silva continuou explicando que as dúas actrices protagonistas estudaron no Centro de Artes Escénicas de Vigo, e destacou “o importante que é ter formación para que o teatro, o cinema, o audiovisual teña a forza que está a ter en Galicia e aquí, na provincia de Pontevedra”. En relación á película, a presidenta provincial amosou a súa felicidade porque “falemos das nosas mulleres, de mulleres galegas, que falan da nosa historia, de todas nós e, neste senso, María Solinha é unha desas tantas mulleres que foi perseguida, violentada e final-

mente asasinada”. “O traveso da historia, as mulleres tiveron que enfrontarse sempre a discriminacións e persecucións por querer ser independentes, por ter riqueza que o patriarcado non asumía que estivese nas mans femininas”, recordou Carmela Silva. “María Solinha” é un filme do director ourensán Ignacio Vilar que reconstrúe a historia de María Solinha, unha viúva rica acusada de bruxería e posteriormente queimada pola inquisición no ano 1621. Entre o seu elenco, cen por cen galego, destacan referentes do cine galego como Santi Prego, Antonio Durán “Morris”, ou Mabel Rivera, entre outros. O rodaxe da película, que será nos concellos de Cangas, Redondela e Vigo, iníciouse o luns 19 de agosto e esta previsto que se estenda ata o 20 de setembro.

Foi a principios deste mes de agosto cando se detectaron niveis de contaminación nas augas que provocaron esta incidencia na praia de Cesantes. O Concelleiro de Ambiente do Concello de Redondela, Roberto Villar, vén de remitir un escrito á Xunta de Galicia no que solicita “unha investigación e comprobación, das infraestruturas de saneamento da Illa de San Simón

e o sistemas de depuración e verteduras correspondente”. Ademais desde o Concello de Redondela póñense ao dispor da Xunta “para calquera colaboración” ademais indican que “seguiremos analizando a posible orixe desas verteduras en toda a zona aínda que a analíse do histórico de datos desa praia, sempre con boas analíticas, non nos fai pensar nunha vertedura desde terra”.

Taller de Emprego “Redondela Sostible” O Concello de Redondela acaba de recibir a resolución pola que lle concede unha nova subvención para realizar o proxecto do Obradoiro de Emprego “Redondela Sustentable” dirixido a persoas mozas incluídas no ficheir o do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Este Proxecto, cunha duración

de 6 meses, estará integrado por un total de 16 alumnos/as traballadores/as, distribuídos nas especialidades formativas de carpintería e deseño gráfico. Para poder participar no proceso de selección os interesados deberanas estar inscritos na Oficina de Emprego de Redondela correspondente.

Redondela celebra o seu Entroido de Verán máis familiar A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o titular de Cultura, Daniel Boullosa, veñen de presentar a programación do Entroido de Verán de Redondela 2019. Desde o Concello destacaban en redes sociais o cambio do evento para lograr erradicar o “macro botellón” dos últimos anos. Concertos e eventos para un público familiar centran a programación que comeza o sábado 24 aínda que a festa oficialmente in-

íciase o venres 23 de agosto co concerto dun de ‘De Vacas’. O Entroido de Verán de Redondela celébrase a partir das 22:00 horas no Palco Casa dá Torre. A programación estrearase o sábado 24 de agosto cun obradoiro de Baloncesto 3x3 e co concerto infantil de Paco Nogueiras, no Palco Alameda Castelao ás 12:15 horas. Os eventos da mañá pecharase coa batukada itinerante de "Son do Lila".


16

Xornal 21 Agosto 2019

mondariz | mondariz balneario | As Neves | salvaterra de miño | Ponteareas

Co PXOM iníciase "unha nova etapa de prosperidade", segundo Represas e Garrote

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote, manifestaron a súa satisfacción pola aprobación do PXOM no pleno de onte e sinalaron que o novo Plan “marca o inicio dunha nova etapa de prosperidade para Ponteareas”.

Represas asegurou que o Plan Urbanístico “ten o apoio da maioría dos ponteareáns. BNG e PSOE presentámonos ás eleccións dicindo claramente que aprobaríamos o Plan se lograbamos a maioría absoluta, PP e ACIP dixeron o contrario e a veciñanza

co seu voto puxo a cada un no seu lugar, dándonos a nós a maioría absoluta para aprobar o PXOM. Onte cumprimos co noso compromiso e demos reposta a un clamor social”. Chus Garrote engadíu que “aprobar o Plan era unha necesi-

dade inaprazábel que non admitía máis retraso despois de 17 anos de parálise urbanística que causou gravísimos problemas a Ponteareas e á súa economía. O PP e ACIP equivocáronse co seu voto en contra porque a maioría dos seus votantes tamén queren o Plan xa”.

O Condado

Represas e Garrote salientaron os efectos positivos que terá a aprobación do PXOM: “regularizaremos o Parque Empresarial da Lomba, fundamental para a instalación de novas industrias e a ampliación das existentes, disporemos de terreos públicos na vila para construir a nova escola infantil ou facer novos aparcamentos, entre outros, e poderemos abordar a apertura do vial de acceso ao IES O Barral, a creación do grande parque do Tea ou dun novo complexo deportivo”. O goberno local tamén destaca que coa aprobación do PXOM pasarán a ser propiedade municipal, entre outros, os terreos de Granitos de Galicia e a nave de Aceros del Tea. Represas e Garrote engaden que “o Plan suporá un aforro para o concello, pois deixaranse de pagar 1.500 euros mensuais polo parque Ferro Ucha, que tamén pasará a propiedade municipal, e evitarase ter que indemnizar con 180.000 euros aos propietarios da parcela cedida para o ximnasio do IES Pedra de Auga”. Entre outros efectos positivos do PXOM o goberno salienta a “seguridade xurídica que permitirá legalizar actividades e instalacións, algunhas con orde de demolición. Ademais tamén servirá para poñer fin á inxustiza que soportaban propietarios de fincas no rural non edificabeis, que agora deixarán de pagar a contribución”. Represas e Garrote agardan “responsabilidade por parte da Xunta de Galicia. Por lei dispoñen de tres meses para aprobar definitivamente o Plan e Ponteareas non pode permitirse máis retrasos. Agora non hai excusas porque o PXOM está corrixido como se nos esixíu”.

O BNG traslada ao Parlamento o “abandono” da Fonte de Troncoso

O Concello de Salvaterra de Miño solicita a mellora da rotonda na estrada PO-403 O Concello de Salvaterra de Miño aprobou no Pleno do pasado 29 xullo a solicitude á Xunta de Galicia das medidas necesarias para mellorar a seguridade na rotonda da PO 403, que por un lado da acceso ao Polígono Industrial Chan da Ponte, con mais de cincocentos empregados e moito tránsito pesado e que se encontra cun difícil e complicado acceso, e por outro lado por esa rotonda teñen que pasar todos os vehículos que entran polo noso pobo a través da Ponte Internacional e os propios

veciños e veciñas de Salvaterra que se desprazan ata Ponteareas ou ao enlace da A-52, co conseguinte tránsito de vehículos lixeiros e pesados que iso supón a diario. Por este motivo o Equipo de Goberno do Concello de Salvaterra ven de presentar en Pleno, coa aprobación por unanimidade da Corporación, a solicitude á Consellería de Infraestructuras e Mobilidade para que tome as medidas necesarias para mellorar a seguridade na rotonda da PO403 no PK + 0,870.

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, alertado polo Grupo Municipal do Bloque en Mondariz Balneario, visitou a Fonte de Troncoso para coñecer de primeira man o estado deste ben patrimonial tras o derrube da súa cuberta. “Fronte a ameaza de ruína total que sufre a Fonte de Troncoso, a actitude de pasividade absoluta do goberno municipal ante o risco de desaparición dun dos edificios mais emblemáticos de Mondariz Balneario e de Galiza, obriga ao BNG a dar un paso máis”, sinalou o

seu Portavoz Municipal, César Gil. Por iso o Bloque trasladará unha iniciativa ao Parlamento Galego “para instar a Xunta a que tome medidas urxentes e rehabilite a fonte”. “O estado actual de abandono non é casual, nin algo imprevisto polo concello. É o resultado da inexistencia dun proxecto urbanístico adecuado ás necesidade dunha vila histórica”, asegura César Gil. O BNG de Mondariz Balneario vén denunciando dende hai anos o abandono de moitos dos bens patrimoniais da Vila, “sendo a Fonte de Troncoso

A Xunta publica a transferencia ao Concello da vía que dá acceso á igrexa de Sabaxáns A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia a aprobación da transferencia ao Concello de Mondariz do treito do

viario provincial EP-4307, que dá acceso á igrexa de Sabaxáns. O Concello pontevedrés solicitou á deputación provincial o cambio de titularidade deste

o exemplo mais claro do desleixo por parte da administración”. Segundo declara Gil, “as ruínas son a triste realidade dun proxecto político obsoleto, que non foi capaz de aproveitar o potencial da vila termal”. Luis Bará, na súa visita a Mondariz Balneario, lembrou que “é competencia dos concellos ser garantes da protección dos bens patrimoniais protexidos, e responsabilidade última da Xunta a súa conservación”, polo que defenderá no Parlamento Galego o patrimonio material e inmaterial da localidade.

treito que discorre na súa maior polos núcleos rurais de Filgueiras e A Igrexa, na parroquia de Sabaxáns. A petición prodúcese tras coñecer a intervención proposta polo organismo provincial de acondicionamento neste viario e a súa replanificación en materia de mobilidade.


Baixo Miño

Agosto 2019 Xornal 21

A guarda | o rosal | oia | tomiño | tui

17

Tui licita os sete proxectos pendentes do Plan Concellos 2017

A nova rúa Concepción Arenal un cambio do modelo urbano da Guarda O Concello da Guarda estrea estes días a súa nova rúa Concepción Arenal tras as obras acometidas nos últimos meses nun proxecto cofinanciado pola Diputación de Pontevedra. Anteriormente esta rúa soportaba unha alta presión de tráfico rodado, e coa intervención acometida convertiuse nun espazo onde as guardesas e guardeses po-

Redacción Tui / Xornal21.es

O goberno municipal do Concello de Tui vén de licitar os sete proxectos que estaban pendentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra por un importe de 500 mil euros. Estas obras teñen que estar executadas antes do 30 de novembro deste ano, xa que en caso contrario se perderían as achegas da institución provincial. Durante este primeiro mes e medio de mandato o goberno municipal priorizou a licitación destas obras, que representan a metade dos proxectos presentados no seu día ao Plan Concellos 2017, e agora a súa principal preocupación é cumprir co prazo de remate das obras. O goberno municipal no último trimestre deste ano

agarda licitar a totalidade das obras do Plan Concello 2018, e a comezos de 2020 licitas as correspondente a este 2019, para ir cumprindo así coas anualidades e prazos de execución previstos. Outra das prioridades neste momento é a licitación do plan Deporemse, cun orzamento de 500 mil euros, para a urbanización do barrio da Torre en Paramos, que contempla a reposición de servizos. Dende o Concello presentouse á Deputación un modificado do proxecto inicial para melloralo, estando pendentes de aprobación por parte da institución provincial esa modificación. Unha vez se conte co visto e prace poderase proceder a súa licitación, xa que os pregos están xa redactados.

A praia de Goián permanecerá aberta até o mes de setembro

den pasear, mercar ou tomar algo nos establecementos da zona. Na actual configuración da rúa o tráfico rodado está restrinxido e toda a zona é prioritaria para os peóns. Esta rúa supón o pistoletazo de saída a un novo modelo de mobilidade na Guarda, que recuperará o espazo público no centro da vila para as persoas. Esta visión responde á necesidade de transformar

A Guarda amplía a cantidade de cursos ofertados na Aula CeMIT A Aula CeMIT da Guarda ven de ampliar a cantidade dos cursos ofertados cunha programación continua de actividades ao longo do ano, tanto para perfís básicos coma avanzados e para todas as idades. A Aula CeMIT da Guarda, emprazada no primeiro andar do Cen-

tro Cultural da Guarda, ofrece ademais acceso libre a internet e multitude de cursos entre os que destacan os de Informática básica para nenos e para adultos, mecanografía, procesador de textos, follas de cálculo, redes sociais, manexo de smartphones, entre outros.

Tomiño contratará a catros persoas a través do programa “O teu primeiro emprego”

A praia de Goián, situada xunto ao Espazo Fortaleza, ten contratados dous socorristas até o vindeiro 1 de setembro, entre as 13.00 e as 20.30 horas. O Concello vén de instalar unha cadeira de vixilancia para incrementar a seguridade das persoas

que se bañan nesta praia, que conta, ademais, cun pantalán adaptado para embarcacións náuticas e servizos coma ducha, baños, punto de información e recreo, préstamo de libros e xogos, espazo de lactancia, alquiler de kaiaks e bicicletas, etc.

o centro urbano nun espazo integrador, accesible e dinámico. O Concelleiro de Mobilidade, Modelo Urbano e Comercio e Teniente Alcalde, Anxo Baz sinala a importancia deste paso como o primeiro de moitos no camiño de transformación do centro da vila “no corazón do municipio cun novo modelo pensado nas persoas”.

Catro novas persoas incorporaranse nas vindeiras semanas ao cadro de traballadores do Concello de Tomiño, a través do programa da Deputación Provincial, “O teu primeiro emprego”. As persoas escollidas a través do respectivo proceso de selección de persoal, prestarán servizos na modalidade de prácticas, nos departamentos municipais de Benestar Social (titulada/o uni-

versitaria en traballo social); Servizos Administrativos (titulada en Administración e Finanzas); Ambiente (titulada universitaria en Ciencias Ambientais) e Urbanismo (titulada universitaria en Arquitectura). As persoas candidatas foron convocadas a través da Oficina de Emprego, pasando logo por un proceso selectivo de valoración de méritos. Os candidatos que

Todos aqueles que desexen estar informados sobre a oferta e programación de actividades da Aula CeMIT da Guarda poden contactar a través do enderezo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal ou chamando ao 986 61 1850.

non obteñan a praza neste proceso, pasarán a integrar unha lista de substitución por orde de puntuación en caso de producirse a renuncia da persoa seleccionada. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, explica que o Concello solicitou catro persoas, que foron concedidas pola Deputación, co fin de reforzar o traballo de áreas consideradas estratéxicas na labor municipal e que, ademais de beneficiar a catro persoas que se inician na súa vida profesional, esta medida de emprego permitirá desenvolver con maior eficacia os programas de intervención deseñados polo equipo de goberno.


18

Xornal 21 Agosto 2019

Nigrán | gondomar | baiona

Val Miñor

Unha das vivendas máis caras de Galicia, en Nigrán

Nigrán conclúe as obras de humanización da Rúa do Cean A propiedade está á venda nun coñecido portal da internet por un valor de 5.500.000 euros e podería ser de calquera que dispoña desta cantidade ou estea disposto a pagar unha hipoteca de pouco máis de 21.000 euros mensuais durante os próximos 30 anos. Aínda que a maioría das casas máis caras do país están situadas

entre a Costa do Sol e as Illas Baleares, dúas dos principais polos de atracción para as maiores fortunas do mundo, na localidade de Nigrán atopámonos cunha das vivendas en venda máis caras de Galicia. Trátase do “Pazo de CadavalUrzaiz unha construción que representa case sete séculos de his-

Inauguración das obras de mellora da EP-2202 Nun acto festivo, no que participaron peregrinas e peregrinos que están a facer o Camiño pola Costa, e veciñas e veciños de Baiona, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada polos deputados de Infraestruturas e Mobilidade, Gregorio Agís e Uxío Benítez, así como do alcalde de Baiona, Carlos Gómez e integrantes do goberno municipal, puxo en valor a recuperación de espazos para as persoas que está a acadar a institución no acto de inauguración

das obras de mobilidade peonil e seguridade viaria na EP-2203 de Baredo a Loureza e na EP-2202 de Baiona a Loureza. Estes traballos, que ademais da mellora dos sendeiros incluíron a instalación dun miradoiro, tiñan por obxecto mellorar a mobilidade e seguridade das persoas, tendo en conta que a zona é moi transitada xa que por ela transcorre o Camiño de Santiago. Neste senso, Silva e o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, destacaron que a obra leva a

toria dado que xa no século XIV existía esta construción que en diversas partes da casa presenta escudos e brasóns dos Cadaval, Figueroa, Ozores, Montenegro, Ceta, Correa e Urzaiz. A propiedade e as súas 4 hectáreas de campo galego repártense entre Casa, Torre, Capela, xardíns, prados e bosque.

pegada da Deputación de apostar por infraestruturas que teñan en conta ás persoas e o territorio. “O selo da Deputación de Pontevedra –afirmou a presidenta- é unha aposta clara pola transición ecolóxica, por construír un modelo diferente de facer política, economía, sociedade e de construír infraestruturas. No século XXI nós temos que pensar no Ambiente, nas persoas e na recuperación dos espazos públicos para a xente. Os vehículos son medios de transporte e de comunicación, pero non poden ser o centro da actuación das Administracións. Iso rematou; foi un erro do século XX e nós queremos rachar con el no século XXI”.

O Concello de Nigrán ven de rematar as obras de humanización da rúa do Cean (parroquia de Nigrán) dentro da política de mellorar a seguridade viaria e peonil dos espazos ruráis que vertebran o seu territorio. As obras, cun orzamento de 132.000€ ao cargo do Plan Concellos 2018, inclúen a construción de beiravías accesibles, habilitar aparcamentos en, reparar o firme, mellorar a instalación de pluviais, renovar o saneamento ou nova luminaria LED. Con este obxectivo, elimínanse as canaletas de formigón existentes para ter drenaxe soterrado, o que permite ampliar a estrada e pavimentar (neste sentido cabe destacar o retranqueo dun gran terreo privado cedido ao Concello, por iso é posible executar unha beiravía de 1,8 m. de ancho e unha zona de aparcamento en liña de 2,2 metros). Contémplase tamén a execución dun paso de peóns sobreelevado para a máxima seguridade dos peóns á altura do parque infantil. “Soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade

nun tramo moi frecuentado por unir o Cemiterio Municipal, a Biblioteca, o Parque infantil, a Igrexa de San Fiz e as instalacións do clube Bolos do Cean. Era algo moi demandado polos veciños”, sinala o alcalde, Juan González. O terreo cedido pechouse cun muro de bloques de formigón de contención e malla, manténdose os carballos existentes neste espazo. Asimesmo, fronte ao Cemiterio Municipal e co fin de preservar e por en valor esta contorna, a pavimentación realizouse en adoquín en granito con 6 alcorques onde se plantaron cipreses. O Cruceiro tamén foi posto en valor cun axardinamento do pé do mesmo. “Toda a obra de construción de beiravías accesibles, humanización e asfaltado, complétase co empedrado fronte ao Cemiterio Municipal e coa realización dun xardín con céspede e bordillo de granito ao rededor do Cruceiro do Cean, fronte á actual Biblioteca Municipal, o que engade calidade a unha contorna de tanto valor Patrimonial”, resume o rexedor.

O concello de Gondomar habilita un novo aparcamento no municipio

A exposición 'D´pedra' amosa en Praia América as 16 esculturas realizadas na Escola de Cantería da Deputación Redacción Tui / Xornal21.es

O alcalde de Nigrán, Juan González, e as deputadas Ana Laura Iglesias e Noemí Outeda, inauguraron no paseo de Praia América a nova exposición da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra “D’Pedra”. Trátase dunha colección de obras elaboradas polo alumnado do centro e composta por 16 pezas de granito de diversa temática, que na súa meirande

parte representan oficios, animais, sentimentos ou escenas da vida cotiá. Estará exposta ao público ata o vindeiro 9 de setembro. "O ano pasado tivemos a mostra anterior desta Escola e foi un éxito rotundo, a ubicación ao pé da praia é inmellorable e estamos encantados de poder repetir con esta nova, a calidade das pezas é asombrosa", sinalou o alcalde, Juan González, durante a presentación.

Desde este mes pódese utilizar o novo aparcamento que se construíu na contorna da Praza de Rosalía de Castro, que pondrá a disposición dos veciños do municipio un total de 25 novas prazas más. Esta nova infraestrutura enmárcase dentro da filosofía do actual goberno que aposta pola rehabilitación e recuperación do centro urbano para os habitantes de Gondomar, facilitando así que poidan acceder a él sen problemas á hora de buscar onde deixar os seus vehículos.

En total habilitáronse na Praza de Rosalía de Castro 25 prazas de estacionamento novas: 22 para coches, unha delas adaptada, así como tres para motociclistas. A remodelación da zona, que se licitou por algo mais de 77.000 euros, inclúese dentro do Plan Concellos da Deputación Provincial e complétase coa mellora da iluminación e a creación de diversas zonas verdes. Conclúese así esta primeira fase que se complétase nos próximos meses con novas actuacións que permitirán acceder directa-

mente desde a Circunvalación á Praza de Rosalía de Castro, buscando unha mellora na accesibidad dos veciños entre diferentes rúas e puntos da localidade. Estas políticas en materia de infraestrutura “perseguen ademáis de dinamizar e potenciar espazos do centro urbano promover unha maior cercaní áo pequeno e mediano comercio da zona, con medidas que faciliten aos cidadáns e cidadás acceder a él con comodidade, como a habilitación de prazas de aparcamento” sinalan dende o concello.


Motor

Audi responde á tendencia cara a unha mobilidade multimodal nas grandes urbes cun novo concepto de patinete eléctrico. O Audi e-tron Scooter, que combina as vantaxes dun patinete eléctrico e as dun monopatín, está deseñado para usuarios que buscan unha opción deportiva. Cun peso de 12 kg, o e-tron Scooter pode encartarse para ser transportado comodamente no maleteiro dun automóbil, ou para manexalo coma se fose un trolley con rodas á hora de acceder ao tren ou a un autobús. Destaca, sobre todo, polo seu manexo, que se asemella a surfear sobre as ondas. O piloto pode manexalo cunha man libre, o que lle permite mirar de forma segura á súa ao redor, e facer sinais. A produción e a comercialización están previstas para finais de 2020. Os clientes poderán adquirir o Audi e-tron Scooter a finais de 2020, por un prezo que se situará ao redor de 2.000 euros. Tamén será posible a súa utilización en frotas ou para grupos de usuarios específicos, por exemplo, residentes de modernas zonas urbanas. Unha opción adicional podería ser ofre-

Agosto 2019

Xornal 21

19

o novo patinete eléctrico de Audi

cer o patinete eléctrico como un extra aos clientes que adquiran un modelo Audi e-tron, nese caso, o e-tron Scooter po-

dería recargarse no maleteiro do vehículo a través dun enchufe. Os usuarios poden utilizar o patinete para cubrir con-

venientemente os seus “percorridos de último quilómetro” nas cidades, por exemplo, desde un lugar de estacionamento ou

un punto de recarga para o seu vehículo eléctrico ata o seu destino final, a unha velocidade de ata 20 km/h.

Citroën celebra 100 anos coa edición especial do sUV Compacto C3

opel Zafira Life:

para todos os usos Opel recupera o nome do seu monovolume compacto, Zafira, para bautizar ao que vai ser o seu monovolume para todo uso, o Zafira Life, de ata tres tallas e ata nove prazas, polivalente e dinámico co mellor equipamento e unha completa gama motriz que mesmo contará cunha variante completamente eléctrica en 2021. Opel recupera un nome consolidado na súa gama e bautiza como Zafira, agora na súa cuarta xeración como Opel, ao modelo que comparte na súa fabricación cos Citroën SpaceTourer, Peugeot Traveller ademais do Toyota Proace, os dous primeiros irmáns de grupo en PSA e o Toyota froito de acordo previo.

Realmente hai unha gran diferenza de tamaño entre o primitivo Zafira e o novo, o que quizais provoque algún descoido nos novos usuarios, que sen dúbida estarán encantados, en especial se a familia seguiu crecendo, porque agora hai moito máis espazo. Os novos Zafira, digamos monovolume de gran tamaño, digamos furgoneta sen desprezo algún, porque no seu tamaño grande de 5,3 metros de longo é case tan grande como o Vivaro Combi ao que vén substituír. Os Zafira son monovolúmenes atractivos e polivalentes con excelente presenza e un tacto de condución de auténtico turismo, dinámico, fácil e divertido ao volante.

O “Made in Spain” SUV Compacto Citroën C3 Aircross súmase ás celebracións polo centenario da marca coa edición especial Origins, coa aventura como aceno de identidade e os autocadenas Citroën Kegresse de 1922, que protagonizaron a fazaña de atravesar o Sahara en automóbil por primeira vez, como referente. No exterior, o SUV Compacto Citroën C3 Aircross Origins caracterízase polas cores elegantes da súa carrocería, dispoñible nos tons Blanco Banquise, Gris Artense ou Gris Platino, que se combinan co teito bitono Negro Onyx. Equipado con lamias de aliaxe lixeira de 16” Matrix Black, presenta toques de cor bronce anodizado en diversos elementos do exterior, como os embellecedores dos

faros e os retrovisores, un grafismo efecto persiana nos portelos de custodia traseiras e os adhesivos co logo “Origins since 1919”,

que conmemora os 100 anos de Citroën, nas portas dianteiras. No interior, esta edición especial incorpora o exclusivo ambiente interior “Origins”, que se inspira no universo das viaxes e nas artes decorativas e no que se puxo un

especial coidado nos materiais e os pequenos detalles, como os toques en cor bronce anodizado nos aireadores, que acentúan as sensacións de confort e habitabilidade. Os asentos contan cunha tapicería en cor Curitiba Gris específica, con pespuntes en ton Gold e a etiqueta “Origins”. No apartado de equipamento, a edición especial Origins do SUV Compacto Citroën C3 Aircross conta con pantalla táctil de 17,8 cm (7”), o navegador conectado Citroën Connect NAV, que ofrece información sobre o estado de tráfico en tempo real, Mirror Screen e axuda ao estacionamento traseiro. As prestacións e o pracer de conducir están garantidos pola motores gasolina PureTech 110 S& S 6v e diésel BlueHDi 100 S& S 6v.


20

Xornal 21 Agosto 2019

Deportes

Franco e Dardo Balboa cumpren as apostas e gañan o Descenso do Miño

Por primeira vez na historia do Descenso do Miño un compoñente do K-2 esperaba ao seu compañeiro na embarcación Redacción Xornal21.es

Franco e Dardo Balboa cumpriron cas apostas que lles colocaban como os favoritos para gañar o Descenso Internacional do Miño, unha das probas máis emblemáticas do piragüismo galego que organiza o Kaiak Tudense Axuda Paramos. O segundo posto correspondeu a Iván Alonso e Jaime Sobrado. As dúas embarcacións de K-2 xogáronse o título de cam-

pións nos últimos metros. Manuel Garrido gañou en C-1, Amaia Osama en K-1, José Luis Bouza e José Manuel Sánchez en C-2, e Carmen Villar e Miriam Vega en K-2, Jeniffer Casal en C-1 e Manuel Goicoechea en K-1. Participaron preto de 600 padeeiros. O guión cumpriuse para Franco e Dardo Balboa. Polo menos no resultado final. Os arxentinos, que foran cuartos hai unha se-

mana no Descenso do Sela, inspeccionaron o día anterior o río Miño. Pero non lles serviu de moito. Cambiaron as condicións. O caudal baixou e iso provocou que os deportistas tivesen que estar máis atentos. Por primeira vez na historia do Descenso do Miño un compoñente do K-2 esperaba ao seu compañeiro na embarcación. Foi unha das novidades. O que saíu desde

terra tiña que sortear un gran desnivel. A saída foi limpa e os arxentinos foron capaces de coller a mellor posición a pesar de ocupar o posto 25. Pronto deron mostras de atoparse en forma. Distanciáronse no liderado. Pero os seus rivais apertaron. Tanto que Franco e Dardo Balboa decidiron esperar o gran grupo que lles perseguía. Iso sucedeu no quilómetro 6 dos 17 que constaba a

proba. Pero un novo impulso levoulles a ser os líderes incontestables. Con todo, a esa superioridade contestaron Iván Alonso, gran coñecedor da regata, e Jaime Sobrado. As dúas embarcacións encamiñáronse cara á meta. Superaron zonas estreitas e evitaron algunhas situacións de perigo. E foi nos últimos metros cando se decidiu o gañador. O debate deportivo resolveuse a favor dos dous irmáns arxentinos, superiores aos seus rivais por escasa marxe. Foi unha das chegadas máis igualadas das últimas edicións. O Descenso do Miño coroou aos compoñentes do Club Ceppron, que dese xeito se resarcen tamén do mal sabor de boca que lles deixou ser cuartos no Descenso do Sela. Ambos continuarán en Tui para preparar o Mundial de Maratón que se disputará en China no mes de outubro. Manuel Garrido, en C-1, foi o outro dos gañadores da xornada. Jenifer Casal, do Ciudad de Pontevedra, impúxose na categoría feminina. Amaia Ousaba e o arxentino Manuel Goicoechea lograron o triunfo en K-1. Na categoría feminina, Carmen Villar e Miriam Vega, do Kaiak Tudense, triunfaron en K-2. Tamén José Luis Bouza e José Manuel Sánchez impuxéronse en C-2. Na clasificación por equipos, o Ciudad de Pontevedra logrou a vitoria cunha ampla marxe de puntos sobre os seus rivais. O Náutico de Pontecesures foi segundo e o Kaiak Tudense Axuda Paramos ocupou a terceira posición. Participaron padeeiros en representación de 31 clubs.

700 participantes no Descenso Popular do Miño

Redacción Xornal21.es

A novena edición do Descenso Popular do Miño converteuse nunha festa ilusionante e desafiante para os máis de 700 participantes. Organizado polo Kaiak Tudense Axuda Paramos, o evento xa está entre os mellores de Galicia neste tipo de especialidade. Xa foi declarado de interese turístico galego, un recoñecemento que tamén supón un impulso para o futuro. A Ribeira de Caldelas acolleu unha romaría, tamén como é tradicional. Foi o principio dunha

regata lúdica, na que familias enteiras aventuráronse a gozar dos cinco quilómetros de percorrido ata Tui. Alugnos o afrontraron relaxados, outros co obxectivo de chegar canto antes, pero nunca coa idea de abandonar. Esta aventura, iniciada fai nove anos polo Kaiak Tudense Axuda Paramos, xa está consolidada. “Cada ano hai máis persoas na Ribeira de Caldelas”, escóitase dicir. Os participantes disfrázanse e case todos visten a camiseta que regala a organización. É como un ritual para to-

dos os que gozan da festa. Notouse neste ano a chegada de persoas procentes doutros lugares de España e tamén de Portugal. Aínda que o aluguer de piraguas terminou hai unha semana, moitos non dubidaron en utilizar as súas propias para realizar o descenso. Algunhas delas mesmo eran bastante antigas. O Kaiak Tudense Axuda Páramos contou coa axuda das insticuiones públicas e varias privadas para poder realizar este evento, que tivo a súa continuación máis tarde

coa celebración da proba de competición. Na retina volverá quedar a imaxe do río Miño ao seu paso

por Caldelas, cheo de colorido, embarcacións e rostros tamén cargados de ilusión.


Saúde

Agosto 2019

Xornal 21

21

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Evita aos ‘ladróns do calcio’

A nosa masa ósea alcanza o seu pico máximo aos 20 anos de idade. A par tir dese momento comeza unha deterioración progresiva que, no caso da muller, acentúase ao chegar a menopausa. E aínda que non se pode deter o paso do tempo, se é posible loitar contra os ‘Iadrones do calcio’, unha serie de factores relacionados co noso estilo de vida que contribúen á deterioración dos nosos ósos que, cos anos, pode dar lugar á aparición de osteoporose. O Dr. Anxo Oteo Álvaro, coordinador da Unidade de Fraxilidade Ósea e Osteoporose do Hospital Universitario HM Madrid explica que a densidade mineral ósea depende de dous factores: “por unha banda, do pico de masa ósea que alcanzásemos ao redor dos 20 anos e, por outro, da perda que comeza a partir de entón”. Canto maior sexa ese pico de masa ósea mellores perspectivas. De feito, pode “predicir a aparición de osteoporose no futuro”, asegura o Dr. Oteo. Por iso, fai fincapé, na importancia de manter uns bo hábitos nos primeiros anos da infancia e a adolescencia. “A partir da segunda década da vida comézase a perder masa ósea aproximadamente entre un 0,5-1 % anual”, explica o especialista do Hospital Universitario HM Madrid. “Esta perda increméntase na muller no período premenopáusico e, especialmente, nos primeiros anos que seguen á menopausa”. Despois dos 65 anos, a perda ósea na muller se aletarga e equipárase á do home, cun ritmo de perda anual de aproximadamente o 0,7 %.

Ladróns do calcio

Tanto o pico de masa ósea como a perda están condicionado xeneticamente e tamén por factores que non podemos controlar, como a idade e, no caso da muller, a caída nos niveis de estrógenos. Pero tamén hai outros factores que inflúen na perda da masa

Dr. Anxo Otero.

A Unidade de Fraxilidade Ósea e Osteoporose do Hospital Universitario HM Madrid alerta de malos hábitos que propician a deterioración da masa ósea e a aparición da osteoporose ósea e sobre os que si é posible actuar, son os relacionados co noso estilo de vida, o que o Dr. Oteo chama “os Iadrones do calcio”. A masa ósea está condicionada xeneticamente e por factores que non podemos controlar, como a idade e o descenso de estrógenos, pero tamén por outros nos que si podemos actuar. O primeiro deles é a alimentación inadecuada. “Se non inxerimos alimentos que nos acheguen elementos indispensables, como proteínas, minerais –calcio e fósforo– e vitamina D, a nosa perda de masa ósea será maior”, asegura o coordinador da Unidade de Fraxilidade Ósea e Osteoporose do Hospital Universitario HM Madrid. Por iso, recomenda o consumo de produtos lácteos, vexetais e hortalizas de folla verde e de peixes, en especial azuis

O 39,3% dos traballadores non desconecta do traballo cando está de vacacións

As vacacións de verán son a época do ano máis esperada por todos os galegos. As palabras máis repetidas á hora de pensar en vacacións son descanso e desconexión. Moitos deles afróntano como un reto ante a dificultade de esquecerse temporalmente das responsabilidades da contorna laboral. Consciente da importancia que ten descansar e evadirse do traballo para poder continuar coa rutina dunha maneira sa e produtiva, Adecco, empresa líder mundial na xestión dos recursos humanos, realizou unha enquisa a máis de 700 traballadores co fin de analizar e poñer cifras a todas aquelas persoas que non desconectan do traballo en vacacións. Ademais, elaborou unha guía dobre que recolle, por unha banda, consellos básicos para que os tra-

balladores desconecten durante o período vacacional, e por outro, recomendacións para que as empresas poidan facilitar ese proceso aos seus traballadores. E é que a desconexión laboral empeza a ser un tema moi importante. En palabras de Carlos Viladrich, director de Recursos Humanos do Grupo Adecco: “a tecnoloxía é a gran aliada para compaxinar a vida persoal e profesional a través de medidas como o teletraballo, horarios máis flexibles e outras fórmulas parecidas, pero tamén, nalgúns casos, fainos dependentes do noso traballo e impídenos desconectar completamente das nosas tarefas laborais mesmo en períodos de descanso. Desde hai un ano, o artigo 88 da LOPD establece o dereito á desconexión dixital co obxectivo de garantir o res-

e pequenos, que se inxeren con espiñas e os envasados en conserva. Nalgúns casos, pode ser aconsellable o consumo de leite enriquecido con vitamina D. O sedentarismo é outro destes ‘Iadrones do calcio’, polo que é moi recomendable o exercicio físico, principalmente, nas primeiras etapas da vida. A partir dos 50 anos, os beneficios están máis relacionados coa prevención de caídas que coa masa ósea en si mesma. Por último “pero non menos importante”, sinala o Dr. Oteo Álvaro, estarían alcol e tabaco. Por iso, aconsella moderar o consumo do primeiro e evitar o segundo xa que, “Ias persoas maiores que son fumadoras teñen entre un 30% e un 40 % máis de probabilidade de fracturarse a cadeira que as non fumadoras da mesma idade”, conclúe. pecto aos tempos de descanso, permisos e vacacións, aínda que os datos da enquisa parecen contradicir o exercicio deste dereito”. As vacacións son unha época na que adoitamos durmir máis, practicar algún deporte, comer de maneira máis variada e dedicar tempo a gozar de cada momento sen estar pendentes do reloxo. Non cabe dúbida de que todo iso será moi beneficioso para reequilibrar o noso corpo e a nosa mente de todos os excesos cometidos con anterioridade. Cargar pilas axudará a que a volta ao traballo sexa máis eficiente e produtiva. Ademais, afastarse dos problemas axudará a pensar neles de maneira diferente, a relativizarlos e/ou a atopar novas solucións. Desconectar sempre será beneficioso; con todo, e dependendo das responsabilidades de cada un, será necesario ir preparándose para a volta. (…) Ver artigo completo en www. xornal21.es

Como coidar os teus pés se fas o Camiño de Santiago Os podólogos de Clínica Tecnopeu destacan a importancia de visitar a un especialista e realizarse un estudo biomecánico da pisada para previr lesións durante a realización do percorrido O Camiño de Santiago é un roteiro que acolle numerosos peregrinos en calquera época do ano. Con todo, as etapas dos roteiros xacobeos poden converterse nun inferno se non se realiza un determinado coidado dos pés, tanto antes de empezar como durante cada unha das etapas. Os podólogos destacan a importancia de visitar a un especialista e realizarse un estudo biomecánico da pisada para previr lesións durante a realización do percorrido. Unha vez realizado o estudo, o profesional valorará que calzado será o mellor para o paciente. Con todo, existen diferentes premisas que se deben ter en conta para evitar as comúns bochas durante as etapas do roteiro. Unha delas é evitar estrear un novo calzado, xa que pode provocar rozaduras importantes no

pé. Ademais do calzado, tamén é imprescindible a utilización de calcetíns 100% algodón e sen costuras, para que poidan transpirar e se é necesario cambialos durante as etapas. Segundo Roberto Chaves, de Clínica Tecnopeu, deberíase realizar unha visita ao podólogo para preparar tanto as uñas dos pés como a curación de durezas antes da saída. Ao igual, que cada peregrino deberá asegurarse de manter o pé ben hidratado antes da saída. Durante a realización das etapas o pé deberá estar ben lubricado, aplicando unha capa de vaselina antes de empezar cada unha das etapas e deixando os pés lixeiramente húmidos. Con todo, ao finalizar tamén será importante hidratar o pé con cremas específicas para a hidratación dos pés e deixalos respirar para a seguinte etapa.


22

Xornal 21 Agosto 2019

Actualidade

Cinema

Punto de lectura

A 47 metros 2 Estrea: 15/08/2019 Actores: John Corbett, Nia Long, Sophie Nélisse, Corinne Foxx, Sistine Rose Stallone, Brianne Tju, Davi Santos, Khylin Rhambo, Brec Bassinger / País: Reino Unido / Xénero: Terror Cualificación: NR Menores de 12 anos Duración: 89 Minutos Esta secuela de "47 Meters Down" traslada a mortífera acción das quenllas desde México a Brasil, e seguirá a un grupo de mozas en busca de aventuras na costa de Recife. Coa esperanza de saír do rutineiro carreiro turístico, as mozas escoitan algo acerca dunhas ruínas submarinas ocultas, pero descobren que baixo as ondas turquesas a súa Atlantis secreta non está completamente deshabitada.

Inferno baixo a auga Estreo: 23/08/2019 Dirección: Alexandre Aja / Actores: Kaya Scodelario, Anson Boon, Barry Pepper, Ross Anderson, George Somner, Ami Metcalf, Morfydd Clark, Annamaria Serda, Colin McFarlane / País: EE. UU / Xénero: Terror / Cualificación: Pendente de cualificación Unha muller (Kaya Scodelario) loita por salvar ao seu pai cando se produce en Florida un furacán de categoria 5. Con todo, mentres ambos tratan de fuxir, a tormenta déixalles encerrados detro dunha casa que se asolaga e na que terán que facer fronte a unha lexión de salvaxes depredadores.

OHumordeCosme

Este mes recomendamos...

ADESTRA

EN POSITIVO

A guía imprescindible para educar ao teu can desde o respecto con Enric en positivo, a canle de adestramento canino máis visto de España. Se queres adestrar ao teu can, ou corrixir problemas de comportamento sen ter que acudir a métodos baseados no medo e na dor, esta é o teu guía! En Adestra en positivo atoparás nocións básicas sobre psicoloxía canina, consellos para evitar malas condutas, e trucos e habilidades para ensinarlles desde o agarimo. Enric Rodríguez, titulado en adestramento canino desde fai máis de vinte anos e creador da canle de Youtube sobre adestramento máis visto de España, aposta por técnicas non violentas que che serán de utilidade para entender e mellorar o comportamento do teu can, pero, sobre todo, para educalo e enriquecer a vosa conexión como un membro máis da familia.

MAXIMUM BERSERK 13 Edición de luxo dunha das máis aclamadas series manga de todos os tempos. Unha viaxe épica e salvaxe a un reino de fantasía. Guts é un guerreiro vestido de negro dos pés á cabeza que porta unha xigantesca espada máis longa que a súa propia estatura.

A VOZ DA TÚA ALMA Laín é ex-deportista de elite, autor, conferenciante e coach. Despois dunha carreira exitosa no deporte, sentía un pequeno baleiro. Unha noite, soñou co libro A VOZ DA túa ALMA. Espertouse co título, a portada e o contido na cabeza. Ese mesmo día, deixou todo o que tiña que facer e empezou a escribir o libro que hoxe tes nas túas mans. Un ano despois, A VOZ DA túa ALMA expandíase a miles e miles de persoas axudando a todas elas a crecer na abundancia, coñecendo a verdade que tanto tempo estivo oculta. A mensaxe de Laín é claro: "Atopa o teu PROPÓSITO DE VIDA e pono ao servizo da humanidade. Viñemos aquí para axudar aos demais, pero para iso, primeiro debemos axudarnos a nós mesmos. Faiche GRANDE, alárgache, atréveche a BRILLAR; e cando esteas arriba, axuda aos teus irmáns humanos a subir". Este é un libro deseñado especificamente para axudarche a crecer, a facerche máis grande, a crear abundancia en todos os sentidos, para que despois axudes aos demais a facer o mesmo.


Agosto 2019 Xornal 21

Anuncios Breves Alugeres

Pisos

NAVE Polígono A Granxa 400 m² con oficinas equipadas. 609 83 78 08 APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727 RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 PRAZA garaxe moi económica en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 VIGO VIVENDA 2 DORMITORIOS, CACIÑA, BAÑO E SALÓN. Próxima a ‘El Corte Inglés’ 609 83 78 08 VIVENDA barata busco. Son xubilado con pouca paga. 605 785 292 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090 VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92 SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09 PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122 TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91 VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379 TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705 O Porriño - 98 m² e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04 VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semiamoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

Animais Compro ou adopto can Roteailer 687691508 COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776 SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175

Automóbiles KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548 OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353. PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327 CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659

Contactos RAPAZA de 55 anos busca RAPAZ para relación seria. 687 69 15 08 HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67 RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304 RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31 RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040 RAPAZA busca rapaz entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20 RAPAZ de 44 anos busca rapaza de 35 a 45 anos para amizade ou o que surxa. De Mos, O Porriño, Redondela ou arredores. Seriedade. 677112868.

Ensino Licenciado imparte clases de inglés, todos os niveis. 653349289 LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330 EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64 LICENCIADO en Inglés, imparte clases, todos os niveis 10 euros / hora. 658 358 798 CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717 PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776 RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85

Casas ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m² 658.312.090 SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646 725 195 FORNELOS (Salvaterra) casa dous andares, cenador, terreo de 1300 m² 674 970 655 CASA RÚSTICA con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02 COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m², hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634 459 555

Solares e Terreos TOMIÑO dúas fincas 600m² e 120m² con castiñeiros e una entrada de coche. 626 26 46 56 BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353 BUSCO terreo edificable para a zoa do Porriño, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas… Avisar a Dani 675813033 XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02 SANGUIÑEDA terreo 600 m² zona Adoa. 648 909 059 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351 FINCA 1100 m para solar edificable en Sanguiñeda, preto da igrexa. 667 431 946 TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993 INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322 CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19

Compras varias MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688 CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08 COCIÑA de gas con forno en bo estado. Económica 679 141 813 OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor O-X22DTH Tel.: 651 078 705 COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136 MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491 BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

Vendas varias TESTEIRA de cama de ferro forxado para 1.35 cm. Chamar ao 607459305 MAQUINA ESCRIBIR marca Oliveti e eléctrica 608 523 586 MOBLES ANTIGOS para uso ou restauración (mesillas, aparador, péndulo, etc.) 687 77 69 87 VIÑO de calidade da casa. En Goián 627145256 COCIÑA calefactora Hergón nº 9. Bo estado. Prezo a convir 639 970 314 – 986 333 854 DORMITORIO completo dúas camas xemelgas e moble de sala. 687 77 69 87 VIÑO calidade económico, bagazo de herbas e branca. 647 925 502 DISFRACES. 671 35 74 26 VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 20 € 671 35 74 26 DORMITORIO XUVENIL moi económico, con escritorio. 606 611 673 PORTAIS ferro. Dúas unidades: 145 x 100 cm + 143 x 199 cm Por 165 euros. 619 304 963 TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21 TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426 MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673 AIRE acondicionado 661 545 727 PLANTACIÓN DE ALBARIÑO vendo en Mos, sobre 500 m², en plena producción, bo acceso e a carón da estrada. 617268659 MEL da casa. Tamén disponible con etiqueta para a venda en tendas. Tlf.: 606106887 UTENSILIOS para elaboración de viño: lagareta grande, estruxadora grande, encorchadora, barcal, barriles… 663 54 22 62

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es CUPÓN ANUNCIOS BREVES TEXTO DO ANUNCIO

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es >Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

(Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

______________________________________________________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:___________________________________ APELIDOS*:_______________________________________________________________

S i n o p s e

D.N.I. ou Pasaporte*:______________________________________ Lugar de residencia*:___________________________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________ Categoría: _____________________________________________ c Retirar anuncio c Publicar anuncio

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

Firma

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.

23

PORTAIS pequenos segunda man, conxunto 2 unidades 98x163 e 100x 163 cm 295 euros 619 304 963 PORTAL, balcóns e peche de ferro segunda man 663 54 22 62

Outros REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887 MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84 AFORRA máis de 200 euros ó ano na factura da luz 627952066 FESTAS par locais cerrados e pequenos con equipo propio. DJ TUNING SHOW 642 649 328 CHE gustaría conseguir unha mellor versión de ti? O momento é agora! 657 295 997 RAPAZ de Vigo recolle de balde sillas de bebe, de paseo, sillas de coche… 637 228 667 CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64 PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

EMPREGO

Demandas

BUSCO traballo Vigo, Salvaterra, limpeza, cociña, coidado persoas maiores, nenos, auxiliar odontoloxía. 674 49 42 33 LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08 ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13 RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285 RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, O Porriño. Yolanda 606 77 31 97 RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34 POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78 RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112-633036768 (con coche) ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13 ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, O Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838 SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641 SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21 RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35 SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70 RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827 RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos Puxeiros. Nathaly 699514112 CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051 TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00

Ofertas

Obteña diñeiro extra e aumente as súas ganancias. Negocio independiente. 686567945 COMERCIALES - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR – REDONDELA - VIGO. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Venda de espazos publicitarios nos medios de comunicación. Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. ou datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.) COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20 COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.