Xornal21 nº 135

Page 1

Galicia Política Social subliña o liderado de Galicia nos campamentos de verán

Mos

Os investigados polas facturas falsas presuntos “falsificadores” e “estafadores”

www.xornal21.es

Nº 135 / Xullo 2019

Periódico galego de distribución gratuita

10

04

03

Provincia A Provincia de Pontevedra seguirá liderando este verán o turismo en Galicia cunha “prudente” estimación do 70%

06

Pepa Pardo e Jorge Cubela serán os voceiros do PP na Deputación

O Porriño

06

Saúde A salmonelosis, líder na clasificación de intoxicacións máis frecuentes no verán 21

Deportes Os deportistas do Kaiak Tudense Axuda Paramos logran 19 medallas no Campionato de España

A Xunta compromete a mellora da seguridade na Travesía da Vaquería 11

O novo goberno provincial vertebrarase arredor da “transición ecolóxica, igualdade, dereitos e cultura”

Tui

A Avenida de Portugal será remodelada cun investimento de 750 mil € antes do 2021

Galicia investirá 40m€ na renovación do parque de vehículos de particulares e empresas

17

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente provincial César Mosquera, informaron en rolda de prensa da composición e estrutura do novo goberno provincial, coa distribución de áreas, así como das deputadas e deputados que integrarán a Xunta de Goberno. Tal e como destacou Silva, a distribución responde aos catro “grandes obxectivos” do novo mandato que se vertebrará arredor da transición ecolóxica, da igualdade e do respecto á diversidade, dos dereitos da cidadanía e da cultura e desenvolvemento. 05

> > >

> >

COMARCAS A Louriña

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

20

07 - 14

Baixo Miño

17

O Condado

16

Redondela

15

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

Val Miñor

Nigrán | Gondomar | Baiona

Galicia

A Xunta renova máis do 80% dos vehículos dos axentes e vixilantes ambientais

03

O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, ven de informar da renovación de máis do 80% dos vehículos dos axentes ambientais e vixilantes de recursos naturais da Consellería de Ambiente, Territorio e Vivenda, de cara á seguir traballando por unha Galicia da vindeira década máis verde. “É misión de todos os galegos coidar, conservar, manter e, se é posible, agrandar o noso patrimonio, contribuír a facer cada día máis, se cabe, unha Galicia máis verde”, asegurou. Durante o acto de entrega de 81 vehículos, nos que a Xunta investiu 2,4 millóns de euros, Feijóo lembrou o compromiso da Administración autonómica para que os axentes e vixilantes desempeñen o seu traballo nas mellores condicións, reflectido no pacto de melloras laborais alcanzado en outubro do pasado ano, tanto en retribucións como en condicións; no plan de renovación do parque móbil, fixado para os próximos cinco anos; e na aprobación este mes dun incremento de 4 novas prazas de axente ambiental destinadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, que pasarán de 161 a 165 –a maiores das 101 existentes para vixilantes de recursos naturais-.

18


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Xullo 2019

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Cita

"A vida non se xulga polo tempo, senón polos recordos dos momentos especiais que vivimos"

Unha solución centrada na vivenda A crise das persoas sen fogar empeora, aínda que nos queiran facer ver o contrario. Despois dalgunhas campañas, do desenvolvemento de estratexias integrais, como é isto posible? A resposta ben podería estar en que os camiños cara á falta de vivenda son moi rápidos, e os camiños para saír da falta de vivenda son moi lentos. É dicir, que a exclusion social vai moito máis aprisa que a Inclusión. A menos que logremos investir esta tendencia, evitando que as persoas queden sen casa, e podamos aloxalos dunha maneira rápida, os números sorprenderannos unha e outra vez. Por sombrío que isto resulte, outras cida-

Leonid S. Sukhorukov

X ullo

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

des están a ver carencias importantes na súa falta de vivenda e cada ano centos de familias son desafiuzadas. Pero hai unha causa que podemos atallar que é a dispoñibilidade da vivenda alcanzable para a xente de baixos ingresos. A vivenda de acceso directo ou vivenda alcanzable é un modelo para seguir para axudar aos sen fogar; a pesar diso, algúns non poderán esperar a estas vivendas. Un 29% dos afectados son crónicos. O modelo transicional que deriva do albergue-ponte ou a vivenda compartida, poderían ser parte dunha solución transitoria que sen requirir longas esperas pode ser auto xestionada en parte polos afectados.

FESTIVOS LOCAIS

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

TOMIÑO M. del Carmen Pardo 986 62 22 85 Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15 O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

A GUARDA Concello 986 610 000 Policía Local 986 610 025 Centro de Saúde 986 614 450

AS NEVES Concello 986 648 038 Policía Local 986 648 038 Centro de Saúde 986 648 837

BAIONA Concello 986 385 050 Policía Local 986 358 011 Centro de Saúde 986 385 160

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

O ROSAL Concello 986 625 000 Centro de Saúde 986 626 035 MONDARIZ Concello 986 664 306 Policía Local 680 461 151 Centro de Saúde 986 656 138

MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 656 136 Centro de Saúde 986 662 436

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Whatsapp: 692 150 055 Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348 106

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21.

Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 362 125 986 362 344

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

Staff

Redacción: redaccion@xornal21.es

OIA

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

Gondomar: 11 de xullo (San Bieito) / 16 de agosto (San Roque) | O Porriño: 11 de xullo (San Bieito) Salceda de Caselas: 22 de xullo (Lúns do Cristo) | As Neves: 29 de xullo (Santa Marta) / 5 de agosto Nigrán: 1 de agosto (San Fiz) | Mos: 7 de agosto (San Mamed) | Oia: 7 de agosto (San Mamed) Mondariz: 16 de agosto | Vigo: 16 de agosto (San Roque)

LUÍS ENRIQUE VEIGA RODRÍGUEZ

Teléfonos de interese

A gosto

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 332 003 986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 986 641 795 986 642 215 Farmacia Picoto, 3 - Areas Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

REDONDELA Concello 986 400 300 Centro de Saúde 986 400 387 Policía Local 986 402 610

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034

TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

MOLINA GAMARRA, TOMÁS

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra EMERXENCIAS a violencia GALICIA de xénero

Número 135 / do 15 de Xullo ao 15 de Agosto de 2019 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán) e Redondela. Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urxente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 | Whatsapp: 692 150 055 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, ven de informar da renovación de máis do 80% dos vehículos dos axentes ambientais e vixilantes de recursos naturais da Consellería de Ambiente, Territorio e Vivenda, de cara á seguir traballando por unha Galicia da vindeira década máis verde. “É misión de todos os galegos coidar, conservar, manter e, se é posible, agrandar o noso patrimonio, contribuír a facer cada día máis, se cabe, unha Galicia máis verde”, asegurou. Durante o acto de entrega de 81 vehículos, nos que a Xunta investiu 2,4 millóns de euros, Feijóo lembrou o compromiso da Administración autonómica para que os axentes e vixilantes desempeñen o seu traballo nas mellores condicións, reflectido no pacto de melloras laborais alcanzado en outubro do pasado ano, tanto en retribucións como en condicións; no plan de renovación do parque móbil, fixado para os próximos cinco anos; e na aprobación este mes dun incremento de 4 novas prazas de axente ambiental destinadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, que pasarán de 161 a 165 –a maiores das 101 existentes para vixilantes de recursos naturais-. Ao longo da súa intervención, o responsable autonómico aseverou que o Goberno galego seguirá apostando por unha xestión e ordenación eficiente dos nosos espazos naturais. Así, a Comunidade ten un Parque Nacional, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que conta cun plan reitor de uso e xestión para garantir unha maior protección e conservación, e facilitar así a súa declaración como Patrimonio da Humanidade. E ten 6 parques naturais -o Complexo

Xullo 2019

Xornal 21

3

A Xunta renova máis do 80% dos vehículos dos axentes e vixilantes ambientais Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán; o Monte Aloia, as Fragas do Eume e a Baixa Limia-Serra do Xurés-; ademais dos parques naturais de O Invernadeiro e o da Serra da Enciña da Lastra, que contarán este mesmo ano cos seus plans reitores de uso e xestión (PRUX), despois de que o Consello da Xunta dera onte o seu visto e prace. Cómpre salientar que o Goberno galego está a traballar nos PRUX dos restantes parques naturais e, de feito, xa están moi avanzados o de Monte Aloia e o do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, co obxectivo de que poidan ser aprobados este mesmo ano. Dentro do obxectivo de contar cun marco normativo claro e actualizado, salienta o obxectivo de contar este mes cunha nova Lei de Patrimonio Natural, que servirá para realizar unha protección total da nosa riqueza natural

“E contamos tamén con 6 Reservas da Biosfera , que representan un 25% do noso territorio e aglutinan: ámbitos protexidos da Rede Natura 2000; con zonas de especial conservación ou de protección de aves; con monumentos naturais; e con outras figuras de conservación establecidas de forma internacional”, explicou, recordando que a Rede Galega de Reservas da Biosfera púxose en marcha como tal en 2017, co desexo de que se poida ampliar en breve coa candidatura da Ribeira Sacra, unha proposta que aglutina a unha vintena de concellos de Lugo e Ourense, cun alto valor paisaxístico e cultural e que conta coa declaración de Ben de Interese Cultural. “Agardamos que esta sexa a sétima Reserva da Biosfera de Galicia, o que significaría que máis dun 34% do territorio da Comunidade estea protexida baixo esta figura”, subliñou.

Un

marco normativo actUalizado

Así mesmo, e dentro dun marco normativo claro e actualizado, o titular da Xunta destacou o obxectivo de contar este mes cunha nova Lei de Patrimonio Natural, que servirá para realizar unha protección total da nosa riqueza natural. “E remitiremos ao Parlamento a nova Lei de Pesca Continental, unha normativa que recollerá aspectos importantes, como a promoción da pesca sen morte ou a pesca fluvial sustentable”, engadiu, afirmando que estas dúas normativas súmanse a outros instrumentos normativos que permiten un desenvolvemento racional e sustentable encamiñado a preservar a riqueza natural como: o Plan de Ordenación do litoral; as Directrices de Ordenación do Territorio; a Lei do solo de Galicia; a Estratexia da Paisaxe de Galicia; o Catálogo das Paisaxes de Galicia; a Rede de itinerarios de interese

paisaxístico; e diversas guías de intervención paisaxística. “Sen esquecernos, por suposto, da aprobación do Plan Director da Rede Natura 2000, que protexe un 12% do noso territorio (400.000 hectáreas) en 215 concellos. Unha cifra que sitúa a Galicia á cabeza das comunidades que se axustan ás directivas europeas en canto a catalogación e planificación do seu territorio”, matizou. Feijóo concluíu aseverando que todas estas novidades están dirixidas a garantir o máximo respecto polo ambiente, sen que este sexa incompatible cunha explotación racional do mesmo. Non en van, máis do 42% das persoas que nos visitaron o pasado ano fixérono pola nosa natureza, cultura e paisaxe. O titular da Xunta aproveitou o acto para agradecer o traballo de todos os axentes ambientais e vixilantes de recursos naturais o seu traballo.

Galicia investirá 40m€ na renovación do parque de vehículos de particulares e empresas O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar o novo programa de axudas á mobilidade eficiente co que a Administración galega favorecerá a renovación do parque de vehículos de particulares, autónomos e empresas. Con esta iniciativa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria busca facilitar a substitución de 2000 vehículos con 10 anos de antigüidade como mínimo por novos modelos máis eficientes e respectuosos co ambiente. Deste xeito, tamén se redundará en importantes aforros económicos para os condutores e na xeración de actividade económica na industria galega da automoción, sobre todo entre concesionarios e puntos de venda autorizados. A previsión é que nos próximos meses se mobilicen 40 millóns de euros e se creen 320 postos de traballo directos. A Xunta de Galicia trata de contribuír á mellora das vendas de automóbiles en Galicia, que segundo os últimos datos rexistrados levan 11 meses de caídas consecutivas (entre agosto de 2018 e xuño deste

ano) debido ás incertezas xeradas por unha transición enerxética “desordenada a nivel estatal” que está afectando de maneira especial ao futuro da industria da automoción. Este programa autonómico, consensuado co sector, ten como principais obxectivos ofrecer aos galegos e galegas información sobre a aposta que se está facendo por realizar investimentos que contribúan a contar con vehículos máis eficientes e sostibles. Os novos modelos de turismos e furgonetas permiten reducir tanto os custos enerxéticos –o que se traduce na mellora da calidade de vida da sociedade e no impulso da competitividade do tecido empresarial– como o consumo de enerxía, aumentando a eficiencia enerxética e a utilización de novas tecnoloxías na fabricación dos vehículos.

Posibles beneficiarios A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dispón este ano de 1,1 millóns de euros para este programa de re-

novación do parque móbil. En concreto, as axudas diríxense a persoas físicas residentes na Comunidade (800.000 euros) e a autónomos e empresas con domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia (300.000 euros). A nova orde permitirá a adquisición de vehículos de ata 40.000 euros, impostos incluídos. Poderán ser tanto turismos como furgonetas. No caso dos primeiros, que deberán contar coa clasificación enerxética A, existen dúas modalidades: turismos que emitan ata 100 gramos de CO2 por quilómetro e os que emitan como máximo 120 gramos. Nas furgonetas, os modelos subvencionables non superarán os 137 gramos de CO2 por quilómetro. As persoas físicas poderán acollerse ás axudas para comprar un turismo ou unha furgoneta, mentres que empresas e autónomos terán a posibilidade de adquirir unha ou dúas furgonetas. As axudas da Xunta serán de 750 euros para os particulares que compren un turismo que emita como máximo 100 gramos de CO2 por quilóme-

tro; e de 500 euros para persoas físicas que adquiran un coche con emisións de ata 120 gramos, ou para particulares, empresas e autónomos que compren furgonetas que cumpran cos criterios establecidos. A estas axudas da Xunta hai que engadir un desconto similar por parte do concesionario, polo que o cliente poderá beneficiarse de aforros de 1.500 euros ou de 1.000 euros, en función do modelo, na compra do vehículo. Ademais de dinamizar a compra de novos turismos e furgonetas, este programa da Xunta facilita a renovación do parque móbil, retirando das estradas as unidades con tecnoloxías máis obsoletas e, por tanto, menos respectuosas co am-

biente. Así, para o pagamento da axuda, ademais de acreditarse a baixa definitiva dun automóbil a achatarrar, este turismo ou furgoneta deberá estar matriculado en España, ter 10 anos de antigüidade como mínimo, coa ITV en vigor e o futuro beneficiario debe ser o seu titular polo menos desde un ano antes de formalizar a solicitude de axuda. As entidades colaboradoras, neste caso, concesionarios e puntos de venda autorizados en Galicia, encargaranse de pedir as axudas en nome dos seus clientes. Todo o proceso de tramitación será por vía telemática (solicitude, consulta do estado do expediente e da documentación presentada).


4

Galicia

Xornal 21 Xullo 2019

Política Social subliña o liderado de Galicia nos campamentos de verán Díxoo nunha resposta no Pleno do Parlamento autonómico na que deu conta da Campaña de Verán 2019 da Xunta, que achega á xuventude 10.000 prazas en campamentos, programas de intercambios con outras comunidades autónomas, actividades concertadas, actividades para maiores de 18 anos e campos de voluntariado. Na súa intervención, Fabiola García destacou que a través desta iniciativa o Goberno galego promove a participación das rapazas e rapaces en actividades cunha vertente formativa, ao tempo que facilita ás familias a posibilidade de conciliar tamén na época estival. Tamén salientou que dinamiza o sector da educación de tempo libre. Ademais, a conselleira afirmou que a ampla programación desta

Campaña de Verán dá resposta á vitalidade, gañas de aprender e de vivir experiencias positivas da mocidade galega. Así mesmo, indicou que representa unha aposta polo voluntariado e a formación e reflexa o compromiso do Goberno galego coas propostas, inquedanzas e proxectos da xente nova. Baixo a lenda O verán que queres vivir, a Xunta abre a participación nesta campaña a mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30, con independencia das súas capacidades ou necesidades especiais. Así mesmo, as persoas con discapacidade entre os 11 e os 40 anos de idade teñen unha convocatoria específica. Tamén hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.

A Xunta aproba o Plan Galego de Hospitalización a Domicilio 2019-2023 Feijóo sinala que non só se reforza un sistema que funciona e que os galegos valoran ben, senón que se prepara a sanidade pública para as vindeiras décadas O presidente do Goberno ga- complicacións relacionados coa lego, Alberto Núñez Feijóo, in- asistencia sanitaria. formou do visto e prace ao Plan Deste xeito, insistiu, non só galego de hospitalización a domi- se reforza un sistema que funcilio 2019-2023. O orzamento ciona e que os galegos valoran co que estará dotado será de ben, senón que se prepara a Sa2,5M€. En concreto, ampliará a cobertura destes coiDi que contempla dados de rango hospitaimportantes novidades, lario necesarios que hoxe tales como a aposta reciben no domicilio 6.000 pacientes ao pola equidade na 100% do territorio os prestación do servizo 365 días do ano. ”De non existir este servicio, as persoas que hoxe o reciben terían que estar hospitali- nidade Pública para as vindeiras zadas”, engadiu. décadas tendo en conta o enveSegundo explicou o titular da llecemento da poboación e a Xunta, trátase dunha alternativa atención á cronicidade. que os pacientes valoran porque Co obxectivo de potenciar e repercute na súa calidade de vida, consolidar esta modalidade asisna das súas familias e reduce as tencial, o plan aprobado hoxe con-

A Xunta estuda a afectación que pode ter nas contas públicas “o impago de 700 millóns do executivo central” O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta está a estudar a afectación que pode ter o impago de 700 millóns do Executivo central nas contas públicas galegas e pedirá ao Goberno actual unha solución inmediata. “Só hai unha única alternativa posible: pagar o que se debe”, dixo, incidindo en que Galicia solicitará formalmente, de acordo co Parlamento, “os 700 millóns para seguir pagando facturas, pagando nóminas e pagando o que se debe na Comunidade autónoma”. Nesta liña, Feijóo advertiu de que esta situación nunca se ten producido e xa está a provocar tensións de tesourería nas contas da Comunidade Autónoma, e lembrou que xa hai precedentes de que un Goberno en funcións aprobe decretos lei, referíndose a modo de exemplo aos reais decretos aprobados polo Executivo en 2016 en materia de activación do emprego e de medidas tributarias para reducir o déficit.

“Estamos entrando no último semestre do ano e só temos escusas: a escusa de que o Goberno está en funcións, pero o Consello de Ministros se reúne; a escusa de que non houbo orzamentos, pero todos lembramos os venres sociais, nos que se aprobaron decenas de reais decretos leis pero ningún en relación coa sanidade, a educación e os servizos sociais das comunidades autónomas”, abundou, facendo fincapé en que a inestabilidade política que padece España non é culpa de ningunha comunidade autónoma e “con escusas non podemos pagar as nóminas nin as facturas.” “Nos presupostos galegos faltan 530 millóns e o total da débeda contraída polo Goberno de España coa Comunidade ascende a 700 millóns”, resume, recalcando que, de non solucionarse, Galicia recibirá eses 530 millóns no verán do 2021 Na rolda de prensa do Consello, Feijóo explicou que as cantidades pendentes de recibir do exercicio

2019 son: 330 millóns da actualización das entregas a conta do exercicio 2019; 200 millóns da devolución da mensualidade do IVE do exercicio 2017; e 170 millóns do incentivo á comunidades cumpridoras. E precisou que Galicia incluíu nos seus orzamentos de 2019 os 330 millóns das entregas a conta porque é a cifra que o Goberno comunicou en xullo de 2018; e outros 200 millóns da mensualidade do IVE porque a ministra de Facenda comprometeuse a solucionar esta cuestión. “Nos presupostos da Comunidade autónoma faltan 530 millóns de euros e o total da débeda contraída polo Goberno de España coa Comunidade ascende a 700 millóns de euros”, resumiu o presidente, recalcando que, de non solucionarse este asunto, a Comunidade recibirá os 530 millóns, “un diñeiro que é noso”, no verán do 2021, unha vez liquidado o sistema de financiamento autonómico do exercicio 2019.

templa importantes novidades, tales como a aposta pola equidade na prestación do servizo. De xeito progresivo pasarase da cobertura actual do 75% ao 100% coa activación da asistencia a domicilio todos os días do ano. Ademais, para garantir a calidade do servizo incrementarase un 33% o número de equipos, pasando dos 45 actuais aos 60, o que será posible grazas ao aumento en 45 profesionais da dotación en recursos humanos. Tamén se aumentará a flota con 15 novos vehículos. Así, o dito plan permitirá mellorar e ampliar este servizo co establecemento dos novos modelos asistenciais de HADO, coa organización asistencial, co desenvolvemento de sistemas de información e coa programación da formación e a investigación.

Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro no último ano Galicia segue reducindo o paro a nivel anual e mensual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo dos últimos meses. De feito, posiciónase no último ano como a comunidade na que máis baixa o paro, superando ao Estado en máis de catro puntos (Galicia:-8,71%; España: -4,63%). A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou os datos na visita que realizou en Santiago de Compostela á empresa Spa AYC Bienestar Galicia, onde salientou que a cifra de desempregados (155.249) é a menor rexistrada desde setembro de 2008. Na evolución anual, Toca explicou que o paro baixa en 14.816 persoas, é dicir, nun -8,71%, o que supón que Galicia xa suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de xuño. Ademais, a cifra sitúa á Comunidade galega en niveis de paro inferiores aos de hai unha década.

A creación de emprego, ademais, continúa en crecemento. A Comunidade volve a superar o millón de cotizantes á Seguridade Social, situándose en 1.025.192, a cifra máis alta desde agosto de 2010. O desemprego, ademais, baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta: as mulleres (8,05%), os parados de longa duración (-15,34%) e os menores de 30 anos (-9,75%). A secretaria xeral de Emprego subliñou que entre os menores de 30 anos o paro caeu nun 58,68% nos últimos 11 anos (desde xuño de 2009), reducíndose en máis da metade. Con respecto aos parados de longa duración, apuntou que 9 de cada 10 persoas que saíron do paro no último ano pertencen a este colectivo. A cifra de mulleres desempregadas é inferior á que había en xuño do ano 2008, o ano de inicio da crise económica.


Provincia

Xullo 2019

O novo goberno provincial vertebrarase arredor da “transición ecolóxica, igualdade, dereitos e cultura” Carmela Silva e Cesar Mosquera presentan a composición do novo goberno provincial A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o vicepresidente provincial César Mosquera, informaron en rolda de prensa da composición e estrutura do novo goberno provincial, coa distribución de áreas, así como das deputadas e deputados que integrarán a Xunta de Goberno. Tal e como destacou Silva, a distribución responde aos catro “grandes obxectivos” do novo mandato que se vertebrará arredor da transición ecolóxica, da igualdade e do respecto á diversidade, dos dereitos da cidadanía e da cultura e desenvolvemento. “Configuramos un goberno único, potente, cunha folla de ruta ben marcada e na que todos os acordos se deciden conxuntamente, de forma consensuada e atendendo a uns obxectivos claros

e definidos”, asegurou a presidenta que tamén adiantou que o vindeiro martes terá lugar o Pleno de organización da Deputación. En canto á Xunta de Goberno, estará composta por dez persoas. Carmela Silva será quen presida o órgano e formarán parte do mesmo como vogais, por parte do PSdeG, Carlos López Font, Santos Héctor Rodríguez, Isaura Abelairas, Gorka Gómez, Noemí Outeda, Ana Laura Iglesias e Iria Lamas, e por parte do BNG, César Mosquera (quen actuará como presidente naquelas ocasións nas que a presidenta se teña que ausentar) e María Ortega. En relación ás áreas de goberno, “temos feito un reparto ben pensado, atendendo ademais aos perfís profesionais das deputadas e deputados, que teñen un grande

35 concellos no programa “Tecendo Lazos 2019” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a solicitude de adhesión de 35 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes ao programa “Tecendo Lazos 2019”, ao que a institución provincial destina este ano 59.455,76 euros. Esta iniciativa, que se desenvolve por cuarto ano consecutivo, está dirixida a persoas de todas as xeracións co obxectivo de, precisamente, crear espazos onde as persoas dunha mesma familia e doutras poidan xuntarse e intercambiar experiencias arredor das temáticas de cada obradoiro. A Deputación tamén busca promover valores que creen lazos afectivos entre elas e que así, os máis pequenos e pequenas adquiran habilidades novas e empatía cara a outras xeracións e, para as maiores, facilitarlles un envellecemento activo e san. Máis polo miúdo, o obradoiro máis solicitado, cun total de 11 peticións, foi “Risos en familia”, que busca crear un espazo no que as persoas participantes aprendan a rir en contornas familiares. Pola súa banda, a acción “Faino ti”, que é un taller de expresión plástica e

traballo manual con obxectos reciclados e reutilizados, foi solicitado por 10 concellos. No caso de “Xogos e xoguetes tradicionais”, un total de 8 concellos solicitaron este obradoiro no que non só compartirán xogos tradicionais cos que xogaban as máis maiores, senón que deberán construílos e ao contrario: as cativas e cativos tamén lle poderán ensinar ás xeracións maiores os xoguetes cos que xogan agora. Por último, 6 concellos da provincia solicitaron “O noso son: bailes de agora e de sempre”, que traerá á actualidade os bailes e cancións típicas da zona. “Tecendo Lazos 2019”, dirixido a persoas que teñan entre 6 e 99 anos, chegará aos concellos de Poio, Ponte Caldelas, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, A Lama, Vilaboa, Valga, Barro, Portas, Moraña, Gondomar, Vila de Cruces, Forcarei, Bueu, A Illa de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Campo Lameiro, A Guarda, Pontecesures, Salceda de Caselas, A Cañiza, Caldas de Reis, Moaña, Cuntis, Covelo, Meis, Rodeiro, O Rosal, Baiona, Silleda, Ribadumia, O Porriño e Nigrán.

coñecemento das áreas que van desenvolver”, destacou a presidenta. “Trátase dun reparto moi paritario e atendendo aos grandes obxectivos do goberno que son a transición ecolóxica, a igualade e respecto á diversidade, os dereitos da cidadanía e a cultura e o desenvolvemento”. Deste xeito, Cooperación Municipal será dirixida por Santos Héctor quen tamén se fará cargo do SAIM (Servizo de Asistencia Intermunicipal). Pola súa banda Isaura Abelairas volverá a encargarse de Igualdade e outro dos deputados que repiten mandato, Carlos López Font, será o responsable de Réxime Interior, Economía, Facenda e Novas Tecnoloxías e do ORAL. Cultura será dirixida por Vicky Alonso, Deportes por Gor-

ka Gómez, Cohesión Social por Olga García, Turismo e Xuventude por Ana Laura Iglesias e Infraestruturas e Vías provinciais por Gregorio Agís. Pola súa banda o Centro Príncipe Felipe, a Escola de Enfermería e a de Cantería serán responsabilidade de Noemí Outeda, e a Finca de Mouriscade, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o CAAN de Manuel González. Amais, a deputada Raquel Giráldez encargarse de Promoción Económica e Emprego e Iria Lamas de Proxectos Europeos, Arquitectura e Transición Ecolóxica e Ambiente. Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera confirmou que será o encargado do Museo de Pontevedra e do Plan Revitaliza e Uxío Benítez, que tamén repite mandato, levará Mobilidade alter-

Xornal 21

5

nativa e Espazos Públicos así como Cooperación Transfronteiriza e a AECT Río Miño. Amais, a deputada María Remedios Ortega será a responsable de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Patrimonio Material (etnográfico, arqueolóxico e arquitectónico) e Memoria Histórica, Normalización e Servizos Lingüísticos. Ao igual que Carmela Silva, Mosquera amosouse convencido de que se fixo a mellor distribución posible para avanzar os vindeiros catro anos. “A vez pasada logrouse máis do que era previsible e seguro que neste mandato vai suceder o mesmo ou mellor, xa que sabemos que obxectivos e limitacións ten esta casa”, insistindo en que é fundamental poñer obxectivos máis alá das competencias impropias que asume a Deputación, xa que do contrario “sería un desgoberno”. Mosquera asegurou que “impulsar, mover, actualizar, e dar novos obxectivos a calquera área precisa moita enerxía, moito coñecemento, moita dispoñibilidade” e indicou “con toda a seriedade” que “se alguén pensa que nestes momentos o BNG leva pouca cousa, podo dicir que levamos demasiado”. Fixo referencia, así, a áreas como Memoria Histórica ou o Museo, do que dixo “darlle un salto para adiante vai dar ben de traballo e dedicación”. Finalmente, o vicepresidente pediu ao Partido Popular que neste mandato “deixe a actitude esquizofrénica e bipolar que tivo a vez pasada”, lembrando que se ben nun principio os ‘populares’ amosaran o seu acordo, de repente, pasado o pleno de organización, e no seguinte pleno montaron “a marimorena sen vir a conto”. “Polo ben do PP e da institución, da que se pode sacar case todo e satisfacer demandas, agardo que cambien a actitude”, subliñou.


6

Provincia

Xornal 21 Xullo 2019

Pepa Pardo e Jorge Cubela serán os voceiros do PP na Deputación

Pepa Pardo, concelleira de Pontevedra, e Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, serán os voceiros do grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra os próximos catro anos. Así o anunciou esta semana o presidente provincial, Alfonso Rueda, que se reuniu cos once deputados que o mércores van tomar posesión no Pazo Provincial, encontro ao que tamén asistiron a vicepresidenta provincial do PP, Nidia Arévalo, e a secretaria de organización, Luisa Piñeiro. Rueda destacou a “experiencia” de Jorge Cubela, e “a traxectoria e os resultados” de Pepa Pardo neste ano como secretaria xeral do PP local de Pontevedra. “Buscamos a experiencia, e a ten a persoa que cando foi elixida era o alcalde máis novo de España e leva oito anos gobernando porque gana eleccións no seu concello con maioría absoluta, e demostrou un reto engadido

que foi refrendar o seu apoio despois de facer unha fusión. E estará apoiado por Pepa Pardo, que ben é certo que é unha incorporación recente á vida política, pero que na súa traxectoria profesional vén de exercer unha carreira exitosa de abogada e que neste ano demostrou moitas cousas no partido nesta cidade. Unha magnífica campaña e, polo tanto, ela ten unha parte de responsabilidade nos bós resultados que tivo o PP nesta cidade”. Ademais, o líder provincial destacou a “absoluta renovación” dos once deputados, que van representar “ao partido que máis maiorías absolutas obtivo nas eleccións municipais, que máis alcaldías conseguiu e que máis concelleiras e concelleiros ten na provincia”. Estas once persoas, elixidas por consenso entre todos os concelleiros e concelleiras da provincia, “son os que mellor nos poden representar a todos”, engadiu.

Victoria de Cristina Gado na "Depo Desafío 2019” Cunha participación de máis de 200 deportistas, Combarro acolleu a competición do “Depo Desafío 2019”, a travesía a nado de 1.500 metros que rematou con vitorias de Cristina García e Enrique Touza desta segunda proba da competición provincial tras a carreira ciclista BTT que percorreu As Neves o pasado 9 de xuño. En categoría feminina Cristina García foi a vencedora con un tempo de 31 minutos e 19 segundos. A súa vitoria produciuse con

rotundidade, pois a segunda clasificada, Anais Rivas, chegou a case dous minutos e Helena Conde, a preto de tres minutos e medio. De feito o tempo marcado por Cristina García foi o cuarto mellor na clasificación xeral da proba. Pola súa banda, en categoría masculina, o triunfo, nun axustado final, foi para Enrique Touza, que cruzou a meta cun tempo de 30 minutos e 20 segundos, tan só 2 segundos por diante de Marcos González e con 4 de vantaxe sobre Pablo Pérez.

A Provincia de Pontevedra seguirá liderando este verán o turismo en Galicia cunha “prudente” estimación do 70% A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou das estimacións de ocupación na provincia de Pontevedra para os meses de xullo e agosto. “As previsións son dun 68% de ocupación nos establecementos hoteleiros, cun 62,7% estimado en xullo e un 71,6% en agosto”. Trátase de previsións “prudentes e á baixa, en base á información que nos facilitou o sector, xa que consideran que a partir da primeira semana de xullo moveranse un 40% das reservas” e, polo tanto, “os resultados poderán ser superiores en bastantes puntos respecto ás estimacións”. Deste xeito, Carmela Silva asegurou que “as Rías Baixas van ser seguramente a provincia que siga a recibir máis visitantes de toda Galicia”. Por comarcas, Turismo Rías Baixas estima un 62,7% en xullo e un 77,5% en agosto no Salnés, fronte aos datos reais de ocupación do 68,5% en xullo e 88,7% en agosto en 2018. Na comarca de Pontevedra prevese un 65,8% en xullo e un 73,8% en agosto. O ano pasado acadou un 68,2% en xullo e un 82,9% en agosto. No Morrazo, a previsión é en xullo do 74,3% e en agosto do 84,2%. Os datos reais de 2018 foron do 77,6% en xullo e do 90,7% en agosto. En Caldas está prevista unha ocupación en xullo do 76,1% e en agosto do 75,8%, fronte aos datos reais do ano pasado: 83% en xullo e 89,3% en agosto. Na comarca de Vigo, Turismo Rías Baixas estima

unha ocupación en xullo do 70,8% e do 80,3% en agosto. O pasado verán acadou un 72,7% en xullo e un 87,2% en agosto. No Baixo Miño as estimacións son do 53,7% en xullo e dun 70,2% para o mes de agosto, e os datos reais de 2018 foron do 62,7% en xullo e do 82,3% en agosto. No Condado e A Paradanta, prevese en xullo un 48,1% e en agosto un 50,8%, mentres que o ano pasado acadou un 56,3% en xullo e un 75% en agosto. Por último, en Deza e Tabeirós-Terra de Montes, está prevista unha ocupación do 49,7% en xullo e do 60,7% en agosto, cuns datos reais do 48,1% en xullo e do 74,8% en agosto de 2018. Carmela Silva tamén sinalou que “a previsión que temos para turismo rural é dunha ocupación media na provincia de Pontevedra dun 60,9% en xullo e dun 76,6% en agosto”. Por comarcas, a Presidenta provincial sinalou que as previsións son as seguintes: 59,5% en xullo e 80,9% en agosto no Salnés (2018: 90% en xullo e 86,4% en agosto); 60,2% en xullo e un 72,3% en agosto en Pontevedra (2018: 55,4% en xullo e 74,1% en agosto); 70,5% en xullo e 79,5% en agosto no Morrazo (2018: 90,5% en xullo e 88,2% en agosto); 70% en xullo e un 87% en agosto en Caldas (2018: 59% en xullo e 83,8% en agosto); 64% en xullo e 81% en agosto en Vigo (2018: 45,3% en xullo e 65,3% en agosto); 72,5% en xullo e 77% en agosto no Baixo Miño (2018:

O Programa “O teu primeiro emprego” contratará a 108 persoas que realizarán prácticas nos concellos Un total de 108 mozos e mozas beneficiaranse do plan “O Teu Primeiro Emprego” que a Deputación de Pontevedra porá en marcha en breve despois de que a Xunta de Goberno dese luz verde as súas contratacións para realizar prácticas en 43 concellos da provincia. Á convocatoria deste programa de fomento da empregabilidade, dirixido a titulados universitarios ou de formación profesional de ciclos superiores sen experiencia laboral previa, presentáronse 45 concellos, dos que foron admitidos 43 para as devanditas 108 contratacións. Os obxectivos desta iniciativa da

institución provincial, que substitúe ao antigo Plan de Práctica Laboral ao converter as bolsas en contrat0s en prácticas, son que as persoas beneficiarias poidan acceder a un primeiro emprego adecuado ao seu nivel de estudos, adquirir experiencia profesional e facilitar a súa inserción no mercado laboral, como sinalara a presidenta do Goberno provincial, Carmela Silva, tras a aprobación das bases da convocatoria. Serán agora os concellos admitidos os que se encargarán de levar a cabo a selección das persoas a contratar, que se realizará entre demandantes de emprego ou co cartón de

mellora de emprego, inscritos no Servizo Público de Emprego e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas, segundo as bases reguladoras aprobadas pola Deputación de Pontevedra. Once concellos contarán con catro beneficiarios deste programa. Trátase de Cambados, Cangas, Sanxenxo, Tomiño, Vilagarcía, A Guarda, Lalín, Moaña, Poio, Ponteareas e O Porriño. Outros catro concellos, Bueu, O Grove, Marín e Redondela terán tres persoas contratadas en prácticas, mentres que 24 terán dúas persoas. Son Barro, Caldas de

Reis, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Crecente, Cuntis, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Mondariz-Balneario, Moraña, As Neves, Pazos de Borbén, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Valga, Vila de Cruces e Vilaboa. Por último, Campo Lameiro, Covelo, Forcarei e Ponte Caldelas contarán cunha persoa empregada ao abeiro deste plan. Os perfís das persoas que traballarán nos concellos incluirá diplomados ou graduados en Traballo Social, titulados no Ciclo Superior de Administración e Finanzas, gra-

85% en xullo e 98% en agosto); 51,9% en xullo e 75% en agosto no Condado e A Paradanta (2018: 48,5% en xullo e 85,2% en agosto); e 38,8% en xullo e 59,1% en agosto en Deza e Tabeirós-Terra de Montes (2018: 40,1% en xullo e 63,8% en agosto). Nos albergues, Carmela Silva informou de que “agardamos un 72,2% de ocupación media na provincia en xullo, e un 78,9% no mes de agosto”. Así, en Pontevedra, O Salnés e O Morrazo prevese un 75% en xullo e un 81,7% en agosto, na comarca de Vigo un 57,3% en xullo e un 71,4% en agosto, no Baixo Miño, O Condado e A Paradanta un 75% en xullo e un 76,3% en agosto, en Caldas un 88,8% en xullo e un 93,8% en agosto e en Deza e Terra de Montes un 65% en xullo e 71,7% en agosto. “As previsións son altísimas nos albergues porque o Camiño de Santiago cada vez atrae e máis persoas que empregan estes establecementos”, valorou a Presidenta provincial. Ademais, tamén bos datos de estimación nos cámpings da provincia, onde “agardamos un 54,9% de ocupación en xullo e un 76,2% en agosto”, sinalou Carmela Silva. Por comarcas, naquelas que os teñen, os datos serían os seguintes: 64,4% en xullo e 77,5% en agosto no Salnés; 65% en xullo e 100% en agosto no Morrazo; 60% en xullo e 83,3% en agosto en Vigo; 30% en xullo e 40% en agosto no Baixo Miño e 55% en xullo e 80% en agosto no Condado e a Paradanta.

duados ou licenciados en Dereito, diplomados ou graduados en Educación Social, titulados no Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas, diplomados ou graduados en Relacións Laborais, diplomados en Xestión e Administración Pública, graduados en Educación Primaria, licenciados ou graduados en Relacións Públicas, graduados en Arquitectura e Enxeñería Técnica de Obras Públicas ou titulados no Ciclo Superior en Sistemas de Telecomunicación e Informáticos. A través de “O Teu Primeiro Emprego”, presupostado en 1,9 millóns de euros, a Deputación financiará unha parte do custo laboral dos contratos en prácticas por un período de seis meses, e doutros seis meses máis en caso de prórroga.


A Louriña

Xullo 2019 Xornal 21

Mos

Aposta polas persoas e o entorno na distribución de concellerías en Mos

O novo concelleiro do equipo de goberno, Leopoldo Costas, asume o departamento de Ambiente Sostible; e créase a nova área de Servizos para a Mellora do Hábitat Urbán que leva o edil Baldomero Lorenzo O goberno de Nidia Arévalo comeza unha lexislatura baseada nun proxecto de xestión no que o primeiro serán as persoas, o Mos das Persoas, no que prime o Benestar Social e as políticas de Formación e Emprego para acadar a taxa cero de paro no municipio e a convivencia da veciñanza nun entorno no que se relacione de xeito sostible. A folla de ruta de Arévalo para os vindeiros 4 anos inclúe seguir apostando por mellorar

Mos para facelo máis habitable cun plan de humanizacións, potenciar o lugar das mulleres na sociedade mosense, loitar por defender cultura, a tradición, a industria, a empresa, o monte, e a auga mosenses. E traballar para que os veciños mosenses teñan as mesmas ou máis oportunidades que os que viven noutros municipios, achegando ao Concello de Mos servizos que ata o de agora non existían, como é o caso da Residencia de Maiores e Centro

de Día no Rebullón. E seguir a defender o porvir de Mos reclamando, como ata agora, apoio en todas as administracións. Para a designación de áreas dos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local celebrouse o pasado venres 21 de xuño no Pazo de Mos o Pleno de Organización da Corporación Municipal no que se daba conta da constitución de grupos políticos, integrantes e voceiros. A alcaldesa (que seguirá a levar

persoalmente á Policía Local) resolvía no mesmo o nomeamento de Tenentes de Alcalde, membros da Xunta de Goberno Local e delegacións de competencias. Os Tenentes Alcalde son Camilo Augusto Martínez, tamén concelleiro de Desenvolvemento urbán e revalorización de espazos públicos, Vías e obras, e Coordinación coas Asociacións Veciñais; e Alberto Méndez Lago, edil de Urbanismo, Patrimonio, Facenda, Contratación, Transparencia e bo goberno.

7

Pola súa banda Julia Loureiro Campo leva as carteiras de Promoción económica, desenrolo empresarial e emprego, Educación, Persoal e Réxime Interno. Leopoldo Costas Alonso leva Emerxencias, Ambiente sostible, Novas Tecnoloxías e Mocidade. Begoña Toucedo Rodríguez dirixirá os departamentos de Participación Cidadá e Deportes. Baldomero Lorenzo García leva a nova concellería de Servizos para a mellora do hábitat urbán. Sara María Cebreiro Alonso continúa coas carteiras de Política Social, Igualdade, Cultura e turismo. E pola súa banda, Gonzalo Alonso Táboas, será o responsable de Alumeado e eficiencia enerxética e Recollida de residuos. En canto á proposta de recoñecemento de dedicacións exclusivas totais ou parciais destaca o aforro en salarios dos membros do goberno municipal. Este aforro será posible xa que o número de dedicacións exclusivas redúcese de 5 a 4, e non hai ningunha dedicación parcial (ó igual que na lexislatura pasada). As catro dedicacións exclusivas corresponderán á rexedora local e a tres concelleiros: Sara Cebreiro, Julia Loureiro e Baldomero Lorenzo. Na sesión plenaria extraordinaria tamén se determinaba a periodicidade das sesións do Pleno, que se convocará como se viña facendo ata o de agora mensualmente, o último luns de cada mes ás 10.00 horas da mañá no Pazo de Mos. Pola súa banda, a periodicidade das sesións da Xunta de Goberno Local será semanal e estará integrada, ademais da alcaldesa, por Leopoldo Costas, Begoña Toucedo, Gonzalo Alonso, Camilo Augusto e Alberto Méndez.


8

Xornal 21 Xullo 2019

Mos

Rematada e en funcionamento a pista de pádel do Santiaguiño

Xa se atopa rematada e en funcionamento a pista de pádel sita no Santiaguiño, cuxa posta en marcha se anunciaba o pasado mes de maio dende o Concello de Mos. A pista de skate que tamén inclúe a obra de recuperación de área recreativadeportiva en Santiaguiño, será instalada e quedará operativa nos vindeiros días. Para facer uso da pista de pádel, os interesados deben anotarse previamente (alomenos un día antes) presencial ou telefónicamente. Actualmente e ata o 2 de setembro poden facelo nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos das Pozas (tlf. 986 33 94 04) en horario de 10.00 a 14.00 horas e a partir do 2 de setembro durante todo o día no Pavillón Óscar Pereiro (tlf. 986 33 40 70). O disfrute da pista, totalmente gratuíto, realizarase en turnos de hora e media, sendo a primeira sesión ás

09.30 horas da mañá e a última ás 21.30 horas da tarde. O peche das instalacións deportivas é ás 23.00

Adxudicados 24.000 metros cadrados no parque empresarial de Mos

horas e o horario de uso das mesmas é ininterrumpido durante toda a xornada, sen peche ao mediodía.

A Louriña

Novos horarios de verán no Bus Urbano de Mos Durante os meses de xullo e agosto estarán operativas tres liñas do Plan Municipal de Transporte do Concello de Mos, dúas delas circulares. A primeira liña é unha fusión das liñas azul e verde que ten saída ás 07.15 horas dende Herville pasando polas parroquias de Cela, Pereiras, Sanguiñeda, Mos, Louredo, Guizán, Tameiga, e con chegada ás 08.05 horas ao Centro de Saúde no Rebullón. As outras dúas liñas son circulares con saída e chegada ao Centro de Saúde. A liña verde ten dúas saídas, ás 08.35 horas e ás 11.25 horas, dende o Centro de Saúde para percorrer a continuación Cela, Pereiras, Sanguiñeda (con paradas nas Angustias e no supermercado Eroski), Petelos, Tameiga, Puxeiros e regreso ao Centro de Saúde. A liña azul ten outras dúas saídas, ás 09.35 horas e ás 12.25 horas, dende o Centro de Saúde para percorrer a continuación Tameiga, Dornelas, Torroso, Petelos, Tameiga de novo, Louredo, Santiaguiño, Mos, Sanguiñeda (con paradas no cruce de Carracido, na notonda de Mercadona e nas Angustias) e regreso ao Centro de Saúde.

O Concello subvenciona con 57.000 euros a Banda e a Escola de Música de Torroso

O consello de administración de Xestur declarou proxecto empresarial singular o presentado por Aemos para a adxudicación de 18 parcelas a empresas vinculadas ao sector da automoción A Xunta de Galicia declarou superficie poderá adquirir as parproxecto empresarial singular a celas no futuro se o desexa. proposta presentada pola asociaO investimento total previsto ción de empresarios de Mos (Ae- rolda os oito millóns de euros desmos) para a adxudicación de 18 tinados á construción de instalaparcelas a un grupo de empresas cións e dotación das mesmas, polo principalmente vinculadas ao que sumado ao custe do solo o sector da industria do automóbil investimento total supera os 10 e auxiliares. millóns de euros, o que permitirá Ao mesmo tempo que decla- a creación de arredor de 40 novos rou o proxecto empresarial sin- postos de traballo. gular, o Consello de Administración de Xestur Galicia adxudicou as 18 parcelas inNove das empresas cluídas no mesmo, que comadxudicatarias están poñen media mazá do parrelacionadas co sector da que empresarial e que teñen unha superficie total de automoción, e as outras 24.000 metros cadrados e dúas co metal e a pedra parcelas con superficies comprendidas entre 1.245 e 1.985 metros cadrados. As 18 parcelas adxudícanse a Dende que en 2015 se imun total de 11 empresas, xa que plantou a bonificación do 30 por cinco dela solicitaron dúas ou cento sobre o prezo, no parque máis parcelas. Dese total, 15 par- empresarial de Mos adxudicáronse, celas (10 empresas) adxudícanse ademais dos 24.000 metros caen réxime de compravenda, cun drados adxudicados hoxe, outros prezo total de 2.048.550 euros, 119.414 metros cadrados de solo, despois de aplicar sobre o prezo dos que 99.530 metros cadrados de venda a bonificación do 30 foron adxudicados en comprapor cento vixente no parque de venda (cunha bonificación de Mos, o que supón unha redución 4.521.120 euros) e 19.884 metros de 877.950 euros. cadrados foron adxudicados en As tres parcelas restantes ad- dereito de superficie. xudícanse a unha única empresa Actualmente hai dispoñibles en dereito de superficie, cun canon para adxudicación nove parcelas, anual de 10.102,5 euros. A em- cunha superficie total de 41.819 presa adxudicataria en dereito de metros cadrados.

Este mes asinábase no salón de sesións do Concello de Mos sendos convenios anuais de colaboración entre a administración local mosense, a Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Escola de Música de Mos. O acto de sinatura formalizouse entre a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e Iván Rey Grandal, en calidade de presidente da Banda de Música Xuvenil de Torroso e do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, que xestiona a Escola de Música de Mos; en presenza da concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro. O convenio de colaboración coa Banda de Música Xuvenil de Torroso implica unha achega económica do Concello de 12.000 euros pola que a Banda comprométese a organizar obradoiros musicais infantís, visitas guiadas á Escola de Música para o alumnado dos centros educativos de Mos, a actuar na Festa da Rosa e na Festa dos Maiores e á organización do concerto de Santa Icía.

A Banda de Música Xuvenil de Torroso creouse no ano 1987 no seo do Centro Recreativo e Cultural de Torroso e, na actualidade, conta con máis de 65 compoñentes con idades comprendidas entre os 10 e os 40 anos. A agrupación musical acadou numerosos premios, no Certame Provincial de Bandas de Música: 3º premio na III edición, 2º premio na IV edición, 1º premio e mención de honra na V edición, 2º premio na sección II da XI edición e 1º premio na XII edición; ademais do 1º premio na segunda sección do II Concurso Zonal de Bandas de Música Populares do sur de Pontevedra. O Concello de Mos e a Banda de Música Xuvenil de Torroso levan organizando conxuntamente, dende o ano 1999, o Certame de Bandas de Música de Mos. O Convenio de colaboración entre o Concello de Mos e o Centro Recreativo e Cultural de Torroso para o funcionamento da Escola de Música de Mos (sita no

Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso) durante o ano 2019 implica unha subvención municipal ó Centro como xestor da Escola de 45.000 euros. O importe da axuda establécese en función do número de alumnos da Escola, en concreto a contía anual concedida é a que corresponde ao superar os 140 alumnos/as matriculados/as. Actualmente o número de alumnos da Escola de Música de Mos ascende a 450. O obxectivo desta subvención de carácter nominativo a favor do Centro Recreativo e Cultural de Torroso para o funcionamento da Escola de Música que leva a cabo dita entidade é o de proporcionar formación musical á cidadanía mosense, así como fomentar entre a mesma a difusión da cultura musical, tan rica no Concello de Mos. A Escola de Música de Mos é tamén conservatorio e conta, dende o ano 2003, coa súa propia Banda Orquestra Sinfónica Escola de Música de Mos B.O.S.E.M.M.


A Louriña

Xullo 2019 Xornal 21

Mos

O PSOE de Mos presenta unha moción para “desconxestionar a zona urbana de Puxeiros”

Dende o Grupo Municipal Socialista aseguran ter recibido “queixas pola veciñanza da zona de Puxeiros polas que reclaman unha solución para o problema que xa presentaron no concello en múltiples ocasións e que lle supón un prexuizo para a súa vida cotiá". "O transito de camións causan temblores, ruídos e interrumpen o tráfico da zona". Denuncian que "se está usando un dos edificios da contorna de correos, onde viven case 50 familias, a modo de glorieta. Ademais da conxestión de tráfico que provocan para unha zona na que hai un supermercado, correos, unha gardería, un quiosco e diversos bares". "Tanto a veciñanza coma o PSdG-PSOE de Mos non queremos confrontar cas empresas da zona, solo propoñen medidas para convivir da mellor forma posible. Por elo presentamos unha moción na que reclamamos que os camións usen a entrada que da acceso o Lugar Faquiña, fixar unha tonelaxe máxima no Camiño do Monte de Cabral e facer un estudo para abrir un acceso dende as empresas da zona ata a autovía para librar de tráfico pesado toda a zona urbana anunciado en prensa polo Con- xecto levarase a cabo durante esta de Puxeiros" explican. cello a principios de ano. nova lexislatura e informou de A alcaldesa mosense, Nidia Durante meses a Policía Local, que non se puxo en marcha ata Arévalo, lamenta "ter que comezar coa colaboración de técnicos es- o de agora porque estaban acoa lexislatura sacándolle os colores pecializados, traballou nun ambi- meténdose as obras do nó de Sanao Partido Sociaguiñeda e da Estrada Pulista de Mos e á xeiros-Peinador. Unha súa voceira, Vicvez rematadas, xa se pode Arévalo dí que as medidas xa foron toria Alonso, que iniciar a instauración desanunciadas polo gobernó do PP veñen de enviar te plan de eliminación unha nota de de tráfico pesado das zoprensa anunciannas urbanas residenciais. do que levarán a Pleno unha mo- cioso proxecto de eliminación do Neste senso a rexedora local ción sobre un tema xa anunciado tráfico pesado das zonas urbanas lamenta “o descoñecemento dos polo goberno local fai meses". residenciais do municipio. actuais membros do PSOE de Trátase da supresión do tráAs zonas das que se eliminará Mos, que nin leron a prensa nin fico pesado en Puxeiros, sobre a o tránsito de vehículos pesados a web do Concello no seu día, que a Policía Local conta cun tales coma camións, trailers, etc. nin se informaron cos seus comproxecto elaborado dende o pa- son Sanguiñeda e Puxeiros. pañeiros socialistas predecesores sado mes de febreiro e que fora Arévalo explicou que o pro- na Corporación, nin contrastaron

Dedicábase aparentemente á compra-venda de palés, así como á fabricación de pequenos mobles e estruturas derivadas da reciclaxe destes

A Policía Local de Mos desmantela unha actividade ilegal de palés de madeira O pasado venres día 5 de xullo, axentes da Policía Local de Mos procederon a desmantelar unha actividade ilegal dedicada aparentemente á compra-venda de palés de madeira, así como á fabricación de pequenos mobles e estruturas derivadas da reciclaxe destes, que se atopaba na Estrada Alcalde Segundo Pampillón, na parroquia de Sanguiñeda. Tras varias queixas veciñais e posterior seguimento por parte

dos axentes da actividade en cuestión, púidose comprobar nunha primeira actuación o día 15 de xuño, que o seu titular, veciño de Mos, atopábase traballando sen figurar inscrito en ningún réxime da seguridade social e sen estar dada de alta a actividade no Concello de Mos, procedendo os axentes encargados á realización das respectivas denuncias. A Policía Local de Mos, seguiu virando visitas polo lugar e reali-

zando as investigacións pertinentes, e así o venres día 5, levou a cabo unha actuación por parte de 4 axentes, na que se iniciaron os trámites que derivaron en denuncias ante a inspección de traballo e seguridade social, estranxeiría, facenda e tráfico, así como nun atestado policial por un presunto delito de defraudación de fluído eléctrico. Na operación identificáronse, a parte do titular da actividade, que seguía sen darse de alta na seguridade social, a dous traballadores máis en situación irregular, un deles de nacionalidade venezolana. Comprobouse así mesmo, que o inmoble, en réxime de aluguer, presuntamente non declarado, permanecía enganchado á rede eléctrica de xeito clandestino, e para finalizar, utilizaban un camión para o transporte de palés, que permanecía sen ser presentado á ITV desde o ano 2012.

ou se asesoraron coa propia Policía Local antes de presentar unha moción tan atrevida e coa que fan, literalmente, o ridículo”. E insta ao PSOE e á súa voceira, Victoria Alonso, a que se absteñan de presentar ao Pleno do Concello de Mos mocións sobre medidas xa realizadas. detalles do Proxecto Na parroquia de Sanguiñeda actuarase en catro tramos, a Avenida de Sanguiñeda, o tramo que vai desde a rotonda do Costilleta ata a rotonda das Angustias sentidos ascendente e descendente, a rúa Areas que vai cara ó supermercado Día; e o tramo desde As Angustias ao supermercado Merca-

9

dona; e na zona de Puxeiros actuarase na rúa Ludeiro e na propia Avenida de Puxeiros. Pola zona de Sanguiñeda, segundo estimacións da Policía Local, pasan diariamente unha media de 1.000 vehículos dos cales sobre 100 son pesados, é dicir, un 10% do total. E pola zona de Puxeiros, a Policía Local de Mos fai un cálculo de paso de tránsito rodado duns 9.000 vehículos ó día, dos que 1.800 son vehículos pesados, o que representa unha porcentaxe do 20%. Arévalo, rexedora local, e Gerardo Álvarez, Xefe da Policía Local de Mos, explicaron sobre este proxecto que “se tratou dun traballo arduo e complexo, de ahí que se prolongase durante meses, porque son zonas cunha elevada actividade empresarial, moitas empresas asentadas ás que hai que darlle alternativas de paso para o transporte que leva e trae mercadorías, producto e materias primas ás mesmas. Non se pode deixar ás empresas sen acceso e servizos, pero ao mesmo tempo a necesidade existente de eliminar o tráfico pesado destas tres zonas é acuciante, de ahí o labor intenso e pormenorizado que se está a facer valorando pros, contras, posibilidades, alternativas… todo para regular o máis óptimamente posible o tránsito rodado e que as medidas adoitadas repercutan en moito na mellora da calidade de vida dos nos nosos veciños e veciñas”. A existencia dos polígonos industriais da Portela, Rebullón e Monte Faquiña na zona de Puxeiros fai especialmente delicado o traballo, ao requerir dunha complexa reorganización do tráfico (só ata o alto de Puxeiros se desprazan diariamente entre 2.000 e 3.000 persoas a traballar, estudar, mercar, facer xestións… etc.).


10

Xornal 21 Xullo 2019

Mos

Os investigados polas facturas falsas da auga enfróntanse a un delito “de falsedade en documento público e estafa” Ante as últimas informacións oficiais e os avances producidos na investigación sobre o caso do envío de recibos de auga falsos en Mos, convocouse aos medios de comunicación para aportar novos datos a este respecto durante unha rolda de prensa que se celebrou esta mañá no Salón de Sesións do Concello de Mos. Nela compareceron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, e demais concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local. Arévalo, rexedora local, apuntou que daba esta rolda de prensa para dar respostas aos habitantes de Mos e aos que no seu momento lle esixiron que dera explicacións insinuando que o caso se trataba dunha farsa e unha montaxe súa. “En primeiro lugar quero darlle respostas á veciñanza de Mos (veño avalada polos seus votos o pasado 26 de maio, que lle calaron a boca aos que falaban de montaxe). Estou obrigada a informar aos veciños de Mos, a darlles toda a información que se merecen, porque intentaron burlarse deles”, dixo. E insistiu en que “tamén quero responderlle aos que me pediron explicacións e me esixiron que ‘esclarecera canto antes este asunto’ do ‘suposto envío de facturas falsas’

que foron GañaMos e a Plataforma Auga e Vida que está formada por Traídas de Auguas e a Comunidade de Montes de Tameiga, e que ademais tivo o atrevemento de falar de ‘falsas acusacións e montaxe do Partido Popular’ e negou ‘rotundamente calquera vinculación’ ademais de esixirme que pedira desculpas públicamente cando isto se esclarecera”. “Pois ben, hoxe comparezo públicamente, non para pedir desculpas senón para dar resposta ao caso dos recibos da auga falsos, que se trata

dunha trama política contra min, contra a alcaldesa de Mos, iniciada fai exactamente un ano”, sentenciou a alcaldesa. "Trama que incluiu a convocatoria de Asambleas na Comunidade de Montes de Tameiga e nas Comunidades de Augas, manifestacións, pancartas en vivendas (unha delas colocada nunha das casas das que partiron os recibos falsos), mentiras para xerar alarma social como que a auga de Pereiras estaba contaminada, e o colofón final previo ás eleccións: os recibos

falsos" segundo explicou Arévalo. Arévalo considera que “esta trama foi orquestada e organizada por GañaMos como brazo político da Comunidade de Montes de Tameiga e co beneplácito do PSOE e do BNG que non se posicionaron en contra”. "En innumerables ocasións GañaMos e a Plataforma Auga e Vida dixeron que o caso dos recibos falsos era unha montaxe e Román González, voceiro de GañaMos, no seu perfil persoal de Facebook escribiu literalmente que era unha

Rematan as Xornadas Multiaventura do Concello de Mos O concelleiro de Mocidade, Leo Costas, e a edil de Participación Cidadá e Deportes, Begoña Toucedo, visitaron aos 36 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos que participaron nas Xornadas Multiaventura do Concello de Mos.

A iniciativa consistiu nun obradoiro de surf que se desenvolveu na Praia de Patos, impartido polo clube deportivo Prado Surf. Os participantes puideron beneficiarse de sendos cursos de iniciación e perfeccionamento ó surf.

Mos busca ás súas parellas douradas Unha das celebracións máis emblemáticas do Concello de Mos, a Festa dos Maiores, chega este ano á súa vixésimo novena edición que se celebrará o domingo 25 de agosto. As parellas de Mos casadas en 1969 que queiran participar nesta homenaxe, poden acudir ou chamar (tlf. 986 33 94 04) ás oficinas do Multiusos das Pozas para identificarse e anotarse. Como sempre a festa contará cunha Misa Cantada previa na Capela da Virxe da Pena de Francia. Ademais da asistencia dos matrimonios homenaxeados que

cumpren as súas vodas de ouro ou 50 anos de casados, espérase contar, como ven sendo tradición, coa compaña dos seus familiares e amigos. A emblemática festa goza cada ano dun éxito rotundo. Está concebida dende a administración local como parte do programa destinado ós maiores mosenses, coa finalidade de impulsar a participación social activa e a integración deste colectivo de idade na comunidade; así como lograr a participación en distintas actividades creativas e lúdicas.

Mos felicita a súa primeira Campioa de España de Xadrez Maia Pérez Sousa, do Club Xadrez Mos, proclamouse Campioa de España de Xadrez o pasado domingo 23 de xuño do 2019. Para felicitala por tan grande logro á súa curta idade dende o Concello de Mos organizóuselle

unha recepción oficial no Salón de Sesións, na que a acompañaron o seu adestrador e tesoureiro do Club Xadrez Mos, Brais Otero Nogueira, o seu pai e secretario do Club Xadrez Mos, César Pérez Novás, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a

A Louriña

'factura pantasma', unha 'montaxe' e pediu para este tema 'máxima transparencia e que non quedara no baúl do esquecemento' ”. “Afirmacións moi graves que terán consecuencias. Non me vou quedar de brazos cruzados e próximamente anunciarei medidas esixindo responsabilidades”, advertiu a rexedora local mosense.

datos da investigación “Nos atopamos ante un delito moi grave de falsedade en documento público e estafa”, lamenta Nidia Arévalo, quen aportou en rolda de prensa datos sobre os implicados investigados. C. R., empregado da Comunidade de Montes de Tameiga levou as 4.000 cartas a Correos e declarou que quen lle mandou facelo foi G. P., coordinador da Comunidade de Montes de Tameiga e 8º na lista electoral de GañaMos; ademais de man dereita de A. C., presidente da Comunidade de Montes de Tameiga, de cuxas vivendas, casualmente, partiron os recibos falsos emitidos. Unha das vivendas está a nome de E. C., muller de A. C. A outra está a nome de R. G., falecido que lla deixou en herdanza ao primo político de A. C. Ademais a alcaldesa avanzou que “vai a haber aínda máis nomes e apelidos e máis membros de GañaMos implicados” porque, pregúntase Arévalo “onde se confeccionaron e se imprimiron as cartas? quen as pagou? e estes son os que nos chaman caciques a nós?”.

concelleira de Deportes, Begoña Toucedo, e demais membros do equipo de goberno local e da Corporación Municipal. Aos seus 8 anos de idade, a nova promesa do Xadrez Mos, Maia Pérez Sousa, proclamouse Campioa de España de Xadrez na Categoría Sub8. O torneo celebrouse na localidade Granadina de Salobreña, onde se deron cita un total de 99 xogadoras e xogadores, os talentos máis novos do xadrez español. O torneo deu comezo o xoves día 20 e finalizou o domingo 23 de xuño. Catro días de competición durante os que todos os participantes disputaron un total de 9 roldas. A pesar de non ter un comezo de competición ideal, perdendo as dúas primeiras partidas, Maia conseguiu sobrepoñerse e alcanzar un total de 6.5 puntos dos 9 posibles que a proclamaron Campioa en Categoría Feminina, e 11º Clasificada na Xeral. Unha actuación brillante na súa primeira participación a nivel Nacional, que pon peche a unha gran tempada para Maia, que finalizara ademais 4ª no Campionato Autonómico, logrando unha bolsa da Federación Galega para participar no Campionato de España, do que finalmente se proclamou Campioa. Este gran resultado permite a Maia representar á delegación española no Campionato de Europa de Xadrez en Categoría Sub-8, que se celebrará as dúas primeiras semanas do vindeiro mes de agosto en Bratislava, Eslovaquia.


A Louriña

Xullo 2019 Xornal 21

O Porriño

O novo goberno do Porriño contará con seis adicacións exclusivas

A Corporación Local do Porriño terá catro grupos políticos (PP, PSOE, BNG y EU Son) e un concelleiro polo grupo mixto que será Manuel Carrera. Conforme a lexislación vixente Carrera non pode constituirse en grupo político da UDDL por ter tan só un concelleiro. Asimesmo determinaronse os voceiros de cada grupo: polo PP, Manuel Alejandro Lorenzo; polo PSOE, Lourdes Moure; polo BNG, Pedro Pereira; por EU Son Porriño, Pedro Ocampo y Manuel Carrera polo grupo mixto. A sesión tamén determinou por maioría (PSOE, BNG, EU Son e Carrera) a periodicidade dos plenos corporativos que serán mensuais, o último mércores, ás 18 horas. Na semana anterior e tamén en mércores, terán lugar as reunións das comisións muni-

cipais informativas. En ambos puntos, o PP abstívose porque entendía mellor celebrar plenos cada dous meses e do mesmo xeito coas comisóns. Finalmente haberá sete comisións informativas: Urbanismo, Ambiente, Obras e Infraestructuras, Economía, Fazenda e Persoal, Contas, Seguridade, Policía, Protección Civil e Mobilidade, Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados, Deportes, Cultura, Xuventude e Festas e finalmenete Servizos Sociais e Igualdade. En cada comisión o PP terá 4 concelleiros; PSOE, 2; BNG, 1; EU Son, 1 e o Grupo Mixto, 1. O derradeiro punto da orde do día determinaba as adicacións e retribucións do mebros do goberno municipal. Así acordaron que haberá seis adicacións exclusivas que

corresponden á Alcaldesa Eva García e ós concelleiros Lourdes Moure, Sergio Casal e David Alonso, polo PSOE, e Pedro Pereira e Ana Belén Crespo, polo BNG como resultado do pacto de goberno que está “prácticamente negociado entre ambas as dúas forzas políticas”. As retribucións dos membros do goberno municipal serán as mesmas contempladas no Orzamento Municipal en vigor sen o incremento que debería engadirse polo que determina o Real Decreto 24/2018. Os votos dos 8 concelleiros do PP e os 2 de EU Son Porriño, derrotaron a proposta que votaban PSOE, BNG e Manuel Carrera. Deste xeito e ata a elaboración dun novo orzamento Municipal, as retribucións dos membros do goberno serán as mesmas que tiñan en 2018.

11

A Xunta comprometeuse cun proxecto de mellora da seguridade vial na Travesía da Vaquería

A Xunta de Galicia tén de prazo ata o 11 de outubro para presentar un proxecto de mellora da seguridade viaria na travesía do barrio A Vaquería, en Budiño, segundo o compromiso adquirido ante a alcaldesa do Porriño e unha representación vecinal. Nun encontro celebrado en Vigo na sede da Delegación Territorial da Xunta, con Francisco Menéndez, Director da Axencia Galega de Infraestructuras, acadouse ese compromiso. Segundo explicóu Eva García, despois da reunión de dúas horas de duración, “achegamos posturas entre vecinos de A Vaquería e

Xunta de Galicia para unha mellor solución ós problemas de seguridade viaria da travesía da estrada autonómica PO-510 por ese barrio de Budiño”. A alcaldesa explicou que o Director da Axencia Galega de Infraestructuras aceptou incorporar dúas rotondas, un semáforo con pulsador e sendas para peóns para mellorar a seguridade dos veciños. Cando sexa presentado o proxecto, “os veciños disporán dun período de alegacións para formular as súas aportacións que poidan ser incorporadas co correspondete aval dos técnicos da Consellería”, declarou Eva García.

Anulada a senteza que absolvía a Eva García dun presunto delito de falsedade en documento oficial Eva García reitera a súa confianza na xustiza e mantén a súa folla de ruta para a formación do goberno municipal Eva García de la Torre expresou a súa “confianza na Xustiza” e afirmou que a decisión da Audiencia Provincial que “non afecta a miña actividade política nin a meu cargo como alcaldesa e polo tanto manteño a folla de ruta para a formación de novo goberno municipal do Porriño. A Sala Cuarta da Audiencia de Pontevedra anulou a senteza que dictou o Xulgado Penal nº1 da capital que absolvía a Eva García dun presunto delito de falsedade en documento oficial pola denuncia duns particulares durante o seu exercicio profesional como avogada. “A Audiencia revoca esa sentenza ó entender que o Xulgado Penal non contemplou un presunto delito de

deslealdade profesional que fora imputado pola Fiscalía contra mín durante a vista oral e polo tanto se retrotraen as actuacións ó Xulgado Penal para que o seu titular se pronuncie sobre ese suposto” explicou a propia afectada. Eva García reiterou a súa confianza en acadar de novo unha sentenza absolutoria como xa acontecera no anterior xuizo y manifestou a súa confianza no Poder Xudicial. Por outra banda esclareceu que este feito xudicial “é alleo á miña actividade política polo tanto non afecta a miña condición de alcaldesa ni modificará a miña folla de ruta para rematar as negociacións e formar goberno municipal de progreso para O Porriño”, segundo dixo.


12

Xornal 21 Xullo 2019

O Porriño

A Louriña

Alejandro Lorenzo será o deputado provincial polo partido xudicial de Tui

Establecementos do Porriño sumaronse á iniciativa para reciclar con premio O Concello do Porriño, a plataforma “Tropa Verde” e directivos da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN) presentaron en rolda de prensa a iniciativa de recollida e reciclaxe de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fora de uso. Por terceiro ano consecutivo “Tropa Verde” e o Concello do Porriño manteñen a súa colaboración coa finalidade de concienciar ós porriñeses sobre a importancia da reciclaxe, “unha cooperación que agradecemos de xeito moi especial”, segundo valorou a alcaldesa Eva García que estivo presente no arranque da rolda de prensa e logo tivo que ausentarse por outros compromisos. Sergio Casal, concelleiro de Limpeza manifestou o seu desexo de “poder establecer con Tropa Verde e a asociación ADEN máis accións de fomenta da reciclaxe que poderían extenderse ás parroquias do concello.” Este ano tres establecementos de venda de electromésticos do Porriño súmanse como entidades colaboradoras habilitándose 3 puntos novos onde facer a entrega de aparellos eléctricos en desuso. Son “Master Dani”, en rúa Progreso, 15; “Connecta Bugarín” no lugar de Abelenda, 2 en Pontellas; e “Tien 21 Reverendo” en rúa Ramiráns, 13. Cada vez que unha persoa acuda a unha destas tendas a entregar un vello electrodoméstico, recibe un cheque con estrelas que pode trocar por recompensas en forma de premios e descontos en comercios e hostalaría local que colaboran. Neste intre xa son cincoenta establecementos comerciais e de hostalaría que se vencellaron á iniciativa. Para estimular a participación da veciñanza do Porriño “Tropa

Verde” vai realizar “unha laboura de buzoneo para contrarrestar a falla de información que moitas veces dificulta a reciclaxe”, manifestou Marta Morán, responsable de “Tropa Verde”. Pola súa banda Javier de la Cerda, secretario xeral e Paula Paz, directora técnica da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos, explicaron que esta organización patronal “engloba ás cadeas de distribución e as tendas de venda de electrodomésticos que son comercios locais ou de proximidade que teñen un maior grande compromiso co ambiente”. “Nós representamos a máis de 600 establecementos polo que estamos presentes en máis de 170 concellos de Galicia e sumamos unha superficie de venda na nosa comunidade que supón 96.000 metros cadrados máis do que teñen as grandes superficies comerciais”, engadiu Paula Paz.

Proxecto troPa verde Este ano tres establecementos de venda de electrodomésticos do Porriño sumánse a iniciativa “Tropa Verde” para que os habitantes da nosa cidade poidan facer entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fóra de uso. Lembremos que o principio desta colaboración entre a plataforma “Tropa Verde” e a cidade do Porriño arranca en maio do 2017. A empresa ‘Teimas Desenvolvemento’, en colaboración coa concellería de Limpeza do Porriño poñen en marcha o proxecto ‘Tropaverde’ cuxa finalidade é concienciar aos porriñeses sobre a importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos. O obxectivo de Tropaverde é incentivar as boas accións ambien-

tais e a reciclaxe a través de recompensas directas aos cidadáns comprometidos. Cada vez que unha persoa acode a un centro habilitado como entidade colaboradora a entregar residuos, recibe un cheque con estrelas que pode trocar por recompensas en forma de premios e descontos que achegan os comercios e hostalería locais de O Porriño. Os establecementos de venda de electrodomésticos asociados a ADEN, (Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos), do Concello do Porriño, súmanse como entidades colaboradoras, habilitándose 3 puntos novos onde se pode facer entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos unha vez que estes chegan ao final da súa vida útil. Estes centros no exercicio 2018, xestionaron máis de 28 toneladas de Residuos (550 aparellos ao final da súa vida útil) e o obxectivo e incrementar a recollida destas fraccións a través desta colaboración. Este ano 2019 sumanse : • MASTER DANI: Rúa Progreso, 15. • CONNECTA BUGARÍN: Lg. Pontellas Abeleda, 2. • TIEN 21 REVERENDO: Rúa Ramiranes, 13. Con esta ampla rede de novos centros, particípase activamente no labor de concienciación ambiental dirixida aos cidadáns, e promóvese o desenvolvemento sustentable chegando a ser un elemento crave da da Economía Circular, ademais de dar resposta a unha das demandas máis frecuentes dos veciños, que é recibir recompensas polo seu esforzo á hora de colaborar na recollida selectiva de residuos.

O representante do PP na Deputación de Pontevedra polo partido xudicial de Tui será Alejandro Lorenzo, candidato do Partido Popular do Porriño. Así o decidiron os representantes locais dos concellos que conforman este partido xu-

dicial –Mos, Salceda, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, A Guarda e O Porriño- na reunión que mantiveron esta tarde co presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda e co secretario xeral, Xosé Manuel Cores Tourís.

USO denuncia diante da Inspección de Traballo a Pescanova-O Porriño pola "discriminación no lavado de roupa" USO-Galicia presentou #ante Inspección de Traballo unha denuncia contra Pescanova, no seu centro industrial de Porriño, pola discriminación que sofre a categoría de operario, a única á que a empresa non lles presta o servizo de lavado e pasado o ferro da roupa de traballo. “É unha reivindicación de máis de dez anos, que non se ha resolvido nin nos convenios colectivos nin no primeiro plan de igualdade que se fixo no centro e que, supostamente, ía contemplar este dereito para todas as categorías. Así que nos toca deixar de lado a negociación e pasar á denuncia”, expón Teresa Pérez, responsable de USO-Vigo. A referencia ao plan de igualdade débese, explica, “a que é a única categoría da empresa onde a maioría dos traballadores son

mulleres, un 75% segundo o último censo. Por tanto, non só supón unha discriminación dunha categoría, senón tamén por razón de sexo”. Dentro dos operarios, hai unha excepción, e son parte de quen realiza funcións de carretilleros, “aínda que non a todos e sen ningún criterio de selección. Esas funcións, por exemplo, só fanas homes. Así, aos traballadores de mantemento, 100% homes, préstaselles ese servizo, e tamén aos técnicos, con dous terzos de persoal masculino. Aos operarios e operarias, simplemente, déronselles unhas indicacións de como lavar e pasar o ferro a súa roupa de traballo para que o fagan no seu domicilio, co correspondente prexuízo de tempo e diñeiro para eles”, continúa detallando Teresa Pérez.

O PP denuncia a pérdida dunha subvención para un skate park Segundo eo PP do Porriño "a Alcaldesa fixo oficial o pasado 28 de xuño a súa renuncia á subvención concedida pola Xunta ao abeiro da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para a construción dunha pista de Skate en Torneiros". Así o decretou a rexedora quen xustificou esta decisión por "non ter iniciado ainda os trámites para proceder á licitación da instalación" e por conseguinte, resultar imposible levar a cabo a mesma en tempo e forma, renunciando a levar a cabo a obra. "Pese a terse anunciado en campaña este proxecto a renuncia dábase

practicamente por feita, unha vez máis, pola mala xestión do goberno municipal", apuntou o concelleiro Alejandro Lorenzo. E é que o proxecto presentado para recibir a achega localizábase nas pistas deportivas do parque do Piñeiro, no Centro Cultural Alba, máis, no recinto onde estaba proxectada a instalación da pista de Skate, coincidindo coa campaña electoral e como consecuencia das reiteradas denuncias dos populares e da veciñanza, levaronse a cabo obras de acondicionamento e mellora. A obra proxectada ascendía a preto de 60.000 euros aportanto a Xunta 25.700,83 euros.


A Louriña

Xullo 2019 Xornal 21

O Porriño

MS e PSdeG-PSOE asinan o acordo para o Goberno do Concello de Salceda

12 vehículos calcinados nun incendio O incendio declarado o pasado día 2 nunha nave dedicada á restauración de vehículos clásicos, situada no Pomar de Suso, calcinou mais dunha trintena de vehículos. Así mesmo, o lume afectou á estrutura e ao tellado do inmoble. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Debido á magnitude do incendio e á alta temperatura acadada foi preciso aumentar a intervención dos efectivos de extinción, por iso, desde a posta en marcha do operativo, ás 17:30 horas, traballaron arreo os bombeiros de Baixo

Tal como xa se adiantou a Alcadía será rotatoria iniciando o mandato Loli Castiñeira por Movemento Salceda, e continuando Verónica Tourón polo PSdeG dentro de 2 anos. As dúas formacións estableceron tamén a distribución de áreas e responsabilidades que quedará do seguinte xeito. Persoal, Igualdade e Coordinación de proxectos, Loli Castiñeira (MS); Cultura, festexos, normalización lingüística, asociacionismo, novas tecnoloxías, mocidade e patrimonio, Alex Rodríguez (MS); Vías e Obras, Parques e Xardíns e Servizos Municipais e Mobilidade, Miguel González (MS); Facenda, Réxime Interior, Seguridade e Tráfico e Turismo,

Lucía Pereira (MS); Urbanismo, comercio e industria, participación cidadá, emprego e formación, Verónica Tourón (PSOE); Ensino, Infancia, benestar social, sanidade e voluntariado, Ángela Ledo (PSOE) e Deportes, ambiente e medio rural, Rubén González (PSOE). Ademáis o acordo recolle as liñas estratéxicas fundamentais para o Goberno de coalición. Por un lado establécese o compromiso de iniciar de inmediato os trámites para someterse á Mediación laboral, tal como xa se comprometera o equipo de goberno de Movemento Salceda ao igual que o PSdeG ante os representantes sindicais antes das eleccións. MS e PSdeG acordaron tamén

sacar adiante en paralelo a RPT e o Convenio Colectivo. Por outra banda o equipo de Goberno iniciará os traballos para aprobar os orzamentos de 2019 canto antes. Asi mesmo o pacto de goberno recolle a elaboración de Orzamentos participativos a partires do ano 2020. MS e PSOE asinaron este acordo, no que se reflexan moitos puntos entre os que se atopan as medidas anteriores e outras que se irán pondo en marcha ao longo da lexislatura, co obxetivo fundamental "de crear un goberno forte, compacto, leal e que traballe en equipo, nunha situación de maioría que lles permita seguir co proceso de cambio e transformación de salceda iniciado no ano 2007".

Rodríguez Davila: “agora en Salceda temos tres alcaldes” O PP de Salceda de Caselas, a través do seu portavoz no Concello Santiago Rodríguez Davila, advirte a todos os veciños de que do pleno do pasado sábado 15 de xuño saíron tres alcaldes, dúas mulleres “mal avenidas” que se “enfrontaron duramente durante catro años” e Marcos Besada, “que moverá os fíos na sombra sen necesidade de mancharse as mans nin ser diana das críticas”. Así, afirma que “a retirada de Besada non foi un paso atrás senón unha estratexia para engañar e para seguir as ordenes do PSdeG provin-

cial, con Verónica Tourón e o seu xefe como inductores e impositores, que é quen orquestrou esta tricefalia ilóxica e vergoñenta para o noso pobo”. Neste sentido, Davila asegura que Verónica Tourón “ninguneou á asemblea dos socialistas salcedenses e ignorou o seu decisión de votarse a se mesmos e non MS” para “acatar órdes do seu superior” e, de camiño, “poder conseguir unha remuneración no Concello” a pesar de “perder as eleccións” e “ser o partido menos votado polos salcedenses”. “Moito tivo que tra-

gar e, peor aún, o que queda que tragar e aguantar. Ela é consciente diso e así demostrábao a súa cara, os seus xestos e as súas incoherentes xustificacións no pleno do sábado, só uns minutos despois de pechar un acordo no que nin ela mesma cre”, augura o portavoz popular que reta a Tourón a explicarlle a todos os veciños “porqué ela e a Sra. Dores Castiñeira chegaron á sesión de investidura 15 minutos tarde e xuntas”. “Toda unha falta de respecto, un desprezo e unha tomadura de pelo xa antes mesmo de empezar”.

13

Miño e do Morrazo. Tamén, os bombeiros de Ponteareas, efectivos de Protección Civil e os axentes da Garda Civil e Policía Local formaron parte do dispositivo posto en marcha polo 112 Galicia, ademais dunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, que permaneceu no lugar ata finalizadas as tarefas de extinción, por se fose necesario ofrecer asistencia nalgún momento. Unha vez extinguidas as lapas e arrefriada a zona, sobre as 22:00 horas, os bombeiros deron por rematado o operativo.


14

Xornal 21 Xullo 2019

A Louriña

Salceda de Caselas

A Xunta aproba o proxecto para a construción dunha senda peonil e ciclista en Parderrubias

O Goberno de Salceda solicitará a mediación para resolver o conflicto laboral Tal como xa anunciara antes das elección municipais, o equipo de goberno iniciará os trámites para someterse ao servizo de mediación e rematar así co conflicto laboral do Concello. O equipo de goberno cumple así co seu compromiso, recollido no pacto de goberno asinado polas dúas forzas (MS e PSOE) para esta lexislatura, e no que se especificaba a necesidade de intentar solucio-

nar a situación laboral e as solicitudes trasladadas por parte da plantilla municipal. A Alcaldesa, Loli Castiñeira, que ademáis ostenta a área de persoal, trasladoulle xa á plantilla municipal nunha reunión informativa o pasado 27 de xuño a intención de acudir ao servizo de mediación, polo que en breve se procederá ó inicio das xestións pertinentes.

O equipo de goberno pretende así chegar a un acordo, polo que lles pide aos traballadores e traballadoras municipais un marxe de confianza para que poida botar a andar o proceso. Con todo, este goberno e partidario de levar a cabo a mediaciòn no momento no que realizen as eleccións sindicais correspondentes e agarda chegar a un acordo cos Sindicatos nese senso.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de resolver a aprobación o expediente de información pública e definitiva do proxecto de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, á altura de Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas. Esta actuación conta cun orzamento autonómico duns 900.000 euros, no que se inclúe o pagamento aos titulares das 94 fincas necesarias para executar esta actuación. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten previsto a licitación do contrato das obras a finais de verán e o levantamento de actas previas está previsto no terceiro trimestre de 2019. Trátase da execución dunha senda compartida peón – bici de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude na estrada de titulari-

En liberdade o detido pola súa presunta participación no crime de Salceda O Xulgado número 1 do Porriño acordou a posta en liberdade do único detido pola súa presunta participación no crime de Salceda de Caselas, no que falecera un mozo da localidade. Segundo as ampliacións do atestado presentadas pola Garda Civil no xulgado onde se fai referencia a existencia dun

O Penedo Redondo mellora as súas instalacións para a vindeira tempada O Concello de Salceda iniciará nestes días as obras da primeira fase do proxecto de mellora das instalacións deportivas municipais de Penedo Redondo, ubicadas na parroquia de Parderrubias. Nesta primeira fase contémplase a construción dunha sala de usos múltiples á que se accederá dende a fachada sur do edificio actual, na que se contará con un vestiario. Ademais crearase unha cantina con acceso dende o lateral do propio campo, xerando así percorridos diferenciados para espectadores e xogadores. Esta cantina contará ademais cun almacén e dous aseos accesibles. Por último, prevese a construción dunha pérgola metálica con cobertura de brezo para crear unha zona de sombra. O proxecto, cun orzamento de 87.688,13 €, executarase con cargo ao Plan Concellos 2018/2019. O campo de fútbol do Penedo Redondo, construído no ano 2010

nos terreos da comunidade de montes de Parderrubias con un acordo de cesión de dereito de superficie ao Concello de Salceda de Caselas, conta na actualidade con máis de 250 usuarios habituais, pois acolle aos máis de 250 nenos e nenas das Escolas de Fútbol Denis Suárez, a Sociedade Deportiva de Parderrubias (equipos A e B), o equipo de fútbol 8 femenino das Escolas Deportivas de Salceda e o equipo de Veteranos do Caselas, así como os adestramentos do propio Caselas F. C. As dinámicas actuais e os esforzos en ofrecerlles aos nenos e nenas as mellores instalacións, fan precisas importantes obras de reforma no campo, que con esta primeira fase se verán en parte solucionadas, a espera de seguir acometendo melloras en vindeiros anos, segundo as posibilidades do Concello. Rubén González, Concelleiro de deportes, Verónica Tourón, Tenenta de Alcalde e Loli Castiñeira,

Alcaldesa de Salceda, visitaron as instalacións xunto cos encargados da empresa adxudicataria para coñecer de primeira man os últimos preparativos de cara ao comezo da obra, que terá lugar nos vindeiros días. Rubén González, Concelleiro de Deportes: “Dende a área de deportes seguiremos a mellorar as instalacións existentes e a poñer en marcha novos espazos na medida do posible para dar cabida a que a veciñanza que queira practicar deportes o poida facer no noso municipio”. Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Dende o Goberno Municipal somos conscientes do potencial que supón que se instauren no noso municipio proxectos da envergadura das Escolas de Fútbol Denis Suárez, polo que centraremos os nosos esforzos en garantir que este tipo de proxectos conten coas mellores condicións para o seu funcionamento”.

dade autonómica PO-411, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual e cun ancho que oscilará entre os 1,80 metros e os 2,30. Esta actuación no núcleo de Parderrubias se desenvolve en tres treitos, un na marxe dereita do vial de acceso ao IES Pedras Rubias, outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985, e o terceiro tamén pola marxe dereita da vía autonómica, entre os puntos quilométricos 5+970 e 6+250. Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no puntos quilométrico 3+715, a ampliación do paso sobre o regato de Landres, a mellora das interseccións e accesos ás vivendas. Nas obras se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento.

posible erro na identificación, a xuíza entendeu que non se xustifica o mantemento da prisión provisional. Segundo a información publicada en varios medios unha testemuña recoñeceuno pero a existencia doutros testemuños contraditorios poñen en cuestión tal identificación do presunto autor dos feitos.


Xullo 2019 Xornal 21

Redondela

Redondela pon en valor o papel das mulleres á sustentabilidade do mar A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu á Confraría e á Asociación o seu interese por acoller a mostra itinerante “Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar” na lonxa de Cesantes, e destacou que gracias a ela foi posible “ver e emocionarse coa nosa historia, xa que Redondela está unida ao mar dende sempre, dende fai moitísimos anos”. A alcaldesa lembrou que boa parte da veciñanza de Redondela tivo e segue a ter nas súas familias “bisavoas, avoas, e nais, mulleres bravas todas elas que pescaban, mariscaban e sacaban do mar o sustento para levar a casa”. “Esta mostra, dixo Rivas, fala de nós, do que fomos e do que seguimos a ser”. Digna Rivas agradeceu tamén a presenza da presidenta da Deputación na inauguración “xa que se trata do meu primeiro

acto oficial como alcaldesa e nada podía emocionarme tanto como estar hoxe aquí”. A lonxa de Cesantes acollía esta mostra ata o 7 de xullo a mostra que “achega as mulleres do mar” pasou por Redondela tras múltiples lugares da provincia, ademais tamén de polo campus de Ourense. Así, estivo xa no centro da UNED en Pontevedra, no auditorio municipal de Cangas, na Sala de Exposicións do Concello do Rosal, nos salóns de plenos de Cambados e de Nigrán, no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio, na Praza de Abastos de Mondariz, no Museo do Mar da Guarda e nos Campus de Vigo e de Pontevedra. De feito, foi neste último campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha ex-

posición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos. A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o ocultado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.

15

Xosé Ricardo Losada gaña o Premio Viadutos 2019 de novela A obra A casa xunto ao volcán impúxose por unanimidade aos demais orixinais presentados nesta segunda edición que será publicada pola Editorial Galaxia o próximo outono. Reunido nas dependencias municipais do Concello de Redondela o pasado sábado 29 de xuño, o xurado composto polas escritoras Iolanda Zúñiga e Anna R. Figueiredo (gañadora da pasada edición), a xornalista María Jesús Argibay, a profesora Patricia Arias Chachero, e a editora Malores Villanueva decidiu declarar gañadora a obra A casa

xunto ao volcán do autor Xosé Ricardo Losada. O xurado destacou a fortaleza dunha voz feminina en construción que evoluciona ao longo do relato na busca da súa identidade. A través dunha adolescente o autor móstranos o pensamento crítico dunha sociedade na que a filosofía pode e debe ter un papel relevante e necesario. Losada logra ademais unha voz feminina plenamente crible e sorprendente. A casa xunto ao volcán é unha novela rebelde que convida a cuestionarse a orde social establecida.

Primeira sesión plenaria do novo goberno O novo goberno que nacía das últimas eleccións estará formado polo bipartito PSOE-AER e terá que liquidar un mandato en minoría con dez concelleiros a só un da maioría absoluta. A localidade de Redondela

acollía o pasado día 12 a primeira sesión plenaria do novo goberno na que se aprobaron as propostas do réxime retributivo dos novos compoñentes da Corporación Municipal e a asignación aos grupos políticos.


16

Xornal 21 Xullo 2019

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | salvaterra de Miño | Ponteareas

Lete Lasa supervisa a nova pista de pádel de Salvaterra O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Salvaterra do Miño, Marta Valcárcel, para abordar novas liñas de colaboración para mellorar o conxunto do deporte do concello pontevedrés. Así tamén, o mandatario galego supervisou o estado da obra de construción dunha nova pista de pádel que completará as ins-

talacións deportivas do Casal, na zona de Vos Ramallás. Esta nova pista ten un custo duns 47.819,08 euros achegados integramente pola Xunta de Galicia. O secretario xeral, destacou que “a oferta de instalacións deportivas do Goberno autonómico sempre será coherente coas demandas da poboación co fin de que cada vez máis persoas practiquen actividade física”.

A Xunta remata a senda peonil entree Fiolledo e As Chans A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar a senda peonil na estrada PO-402, que conecta os núcleos de Fiolledo e As Chans, no Concello de Salvaterra de Miño. Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade supuxo un investimento autonómico superior aos 48.000 euros. Tratase dunha intervención que ten por obxectivo a mellora das condicións de seguridade vial neste tramo da estrada autonómica que comunica Oleiros e Vilasobroso, na parroquia de Fiolledo.

Os traballos permitiron a execución dun itinerario peonil pola marxe esquerda desta estrada de 240 metros de lonxitude e case 2 metros de ancho, entre os puntos quilométricos 1+330m conexión coa beirarrúa de Fiolledo e 1+570 (inicio da senda executada en 2017) ata o punto quilométrico 2+265, á altura das Chans. Nestas obras incluíuse a canalización para a recollida das augas de drenaxe, e preinstalación para alumeado público e telecomunicacións, así como como a correspondente sinalización.

As alfombras florais de Corpus manteñen a Ponteareas no top ten das festas máis afamadas Á espera de cifras oficias, o goberno de Ponteareas quere agradecer a todos os que fixeron posible esta nova edición das festas do Corpus. “Alfombristas, hostaleiros, traballadores municipais, comerciantes, delegacións internacionais, medios de comunicación e veciñanza en xeral conseguiron que este ano se mantiveran as cifras do ano pasado en canto a afluencia de público”, adianta o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas Giráldez, unha vez consultados os rexistros das oficinas de turismo instaladas en distintos puntos do concello e tras as conversas mantidas con hostaleiros e comerciantes da vila. Os hostaleiros da vila trasladan ao concello un balance moi positivo destacando que esta festividade chega a supor unha facturación equivalente a tres meses de traballo. A chuvia non puido apagar o brillo das nosas alfombras florais que unha vez posicionaron

BNG e PSdG-PSOE asinan un acordo para dotar As Neves dun "goberno estable" O Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE) das Neves chegaron a un acordo que permitirá dotar ao Concello dun Goberno local estable, integrado por seis concelleiras e concelleiros. Segundo o pacto asinado este pasado luns, As Neves contará con seis departamentos e dúas tenencias de alcaldía artelladas do seguinte xeito: Dinamización económica, comercial, laboral e turística, que estará dirixida polo propio alcalde, e que abrangue as áreas de Emprego, Formación, Contratación, Réxime Interior, Economía, Comercio, Turismo, Transportes, Patrimonio, Vivenda, Urbanismo e Participación e Mercado. Marcelino Couto Martínez será o Tenente de Alcalde e responsables de Obras, auga e Facenda, que inclúe: Vías, Obras, Augas, Sanea-

mento, Alumeado e Facenda Óscar González Álvarez será o 2º Tenente de Alcalde e concelleiro de Servizos Públicos, Medio, Innovación Tecnolóxica e Deporte. Este departamento será o encargado do Persoal, Parque Móbil, Tráfico, Medio Urbano e Rural, Parques e Xardíns, Tecnoloxía para a Administración e a Cidadanía e Deportes.

O Condado

Pilar González Casas será a concelleira de Ensino e Benestar Social, a cargo de Ensino, Lingua, Servizos Sociais, Voluntariado e Sanidade. Rocío Barreiro Rodríguez asumirá o departamento de Cultura, Mocidade e Comunicación. O mesmo abrangue Cultura, Mocidade, Ocio e Comunicación institucional.

as festas do Corpus de Ponteareas no top ten das festas máis destacadas de Galicia. Visitantes de toda Galicia, de Portugal e do resto do estado español ateigaron as rúas de Ponteareas e distintos medios de comunicación cubriron as distintas actividades para informativos e magacines de alcance estatal. Os e as nosas alfombristas deixaron o seu testumuño nas diferentes entrevistas e reportaxes de prensa, radio e televisión levando o nome de Ponteareas ás canles de caracter estatal e mesmo nas súas emisións internacionais. Catro cámaras webs permitiron que dende calquera punto do mundo se puidera desfrutar dalgúns dos nosos tramos alfombrados que se amosaron vía dixital dende a web do Concello. Ao igual que o ano pasado, destácase a grande afluencia de público de Portugal que acudiron de xeito individual e tamén organizados en autobuses.

Ademais, visitantes de toda a área metropolitana achegáronse a divertirse co paso das carrozas etnográficas dos veciños e veciñas e da animación de rúa que acompañou non só ás carrozas se non aos e as alfombristas durante esta última semana. A concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba destaca a participación por décimo ano consecutivo dos alfombristas de Monçao e a visita da delegación de alfombristas mexicano de La Octava Noche que confeccionaron na Praza Maior unha alfombra de 14 por 7 metros e que quixeron arroupar coa súa presenza cada acto organizado polo concello. Pola súa parte, Cristina Fernández, responsable dos eventos municipais quere agradecer a implicación de todo o persoal, de voluntarios, alfombristas e delegacións internacionais facendo posible que esta última edición mantivera o listón nas cotas máis altas.

Gran éxito de público no torneo de fútbol “Champions Lama Mixto 2019”

O torneo levouse a cabo con gran afluencia de público, calcúlase que durante a xornada pasaron pola área recreativa do Abelán cerca de mil persoas. Durante os partidos o seguidores dos equipos animaron constantemente aos participantes. Os equipos amosaron unha gran deportividade e xunto co bo facer dos árbitros durante o transcurso do torneo, non foi necesario acudir ao VAR, pero si a cantina para refrescarse e repoñer forzas. A final a xogaron os equipos Varcelona e Vodka Junior, o partido estivo moi igualado, resultando gañador o equipo Vodka

Junior por un gol a cero. Aos gañadores ademais do trofeo agasallóuselles cunha cea e aos segundos un xamón. Aos equipos dos nenos se lles entregou unha medalla da Champions Lama a cada xogador. A organización quere agradecer ao grupo musical Tiquismiquis, que actuaron o venres pola noite, ao responsable do son, as casas publicitarias, aos propietarios das fincas do campo de xogo e aparcadoiros, concello, xogadores e demais colaboradores que grazas a súa colaboración foi posible levar a cabo con tanto éxito este torneo.


Baixo Miño

Xullo 2019 Xornal 21

A guarda | o Rosal | oia | tomiño | tui

A Avenida de Portugal será remodelada cun investimento de 750 mil € antes do 2021

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a súa satisfacción polo compromiso do goberno central para levar a cabo a remodelación da Avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento co Parador de Turismo. Así llo confirmou a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba, na reunión que mantiveron este mediodía na casa do concello. O alcalde lembrou que esta era unha vella demanda da cidade que fóra xa obxecto dunha moción plenaria en 2011 e que cando chegaron ao goberno en 2015 foi a primeira memoria valorada que realizaron. Destacou Enrique Cabaleiro que se trata unha vía estratéxica por ser porta de entrada dende

Portugal, e por ser amais o inicio do Camiño Portugués en Galicia, por onde destacaba pasan milleiros de peregrinos cada ano. Deste xeito con estas obras solucionarse a situación de precariedade na que se atopa este vial. Agradeceu o mandatario tudense a celeridade coa que a subdelegada do Goberno en Pontevedra, atendeu a petición realizada polo rexedor para reunirse para abordar distintos temas na cidade, e achegar xa este compromiso para a humanización da Avenida de Portugal, na que o Ministerio de Fomento investirá aproximadamente 750 mil euros. Segundo o exposto por Maica Larriba, subdelegada do goberno en Pontevedra, a obra es-

tará rematada antes do Xacobeo 2021, xa que prevén licitar o proxecto definitivo a comezos do próximo ano e posteriormente a obra. Explicou que o proxecto de remodelación ten por obxectivo mellorar a seguridade vial nun tramo de medio quilómetro. Para iso reordenarase a sección actual da N-551 entre a intersección coa N-550 e o edificio da antiga Alfándega mellorando as seccións para os itinerarios peonís, a mellora do entorno e a reordenación do tráfico no entorno do edificio da policía fronteiriza. Prevese a ampliación de beirarrúas e a construción dunha rotonda entre a Avenida de Portugal, o cruzamento do Parador e a estrada N-550.

A Deputación destinará 200.000 € ao acondicionamento do Espazo Fortaleza de Goián A Deputación de Pontevedra vén de abrir o proceso de licitación para adxudicación de obras de mellora e acondicionamento do Espazo Fortaleza de Goián, en Tomiño, no marco do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% por fondos FEDER. As actuacións contan cun orzamento total que ascende a 199.963,43 € e consistirán na mellora da accesibilidade e da integración ambiental e paisaxística da contorna da fortaleza. A data límite para a presentación de ofertas é o vindeiro 2 de xullo, ás 10:00 horas. As obras forman parte das accións de "Cualificación e valorización da rede de sendeiros verdes transfronteirizos" do proxecto Visit Rio Minho, e teñen por obxectivo a mellora da accesibilidade por medio da ordenación e o acondicionamento dos percorridos de acceso, tanto ao recinto fortificado coma ao parque e á praia fluvial. Tamén está previsto a creación dun espazo polivalente para a dinamización do parque, enfocado á posta en valor da fortaleza de San Lourenzo. Buscase ademais, lograr unha maior integración e interpretación do monumento da fortaleza

no seu contorno, de forma que se consiga unha maior visibilidade da construción histórica e a revalorización do conxunto. Debido ao emprazamento da fortaleza de San Lourenzo en zona protexida pola Rede Natura, todas as actuacións que se executen deberán ser respectuosas co ambiente.

Primeiro ParqUe transfronteirizo de lecer de eUroPa

As actuacións están orientadas á creación do primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa, resultado da conexión do Espazo Fortaleza de Goián e o parque do Castelinho de Vila Nova de Cerveira, mediante a creación dunha ponte

internacional que una ambos espazos de ocio. Visit Rio Minho é un proxecto de cooperación europea cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. Son socios de Visit Rio Minho a Deputación de Pontevedra (socio principal), a AECT Rio Minho, o Centro Tecnolóxico do Mar - CETMAR, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho - CIM Alto Minho, o Centro de Estudios Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal (FCEER), a Universidade de Vigo e os concellos de Vila Nova de Cerveira, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura e Valença.

17

Enrique Cabaleiro da a coñecer as delegacións de funcións no equipo de goberno A través dunha Resolución da Alcaldía a distribución de funcións queda como segue: María Yolanda Rodríguez Rodríguez: Urbanismo, Facenda e parque e xardíns, Rafael Estévez Martínez: Deporte e Medio Rural, José Ramón Magán Rivera: Persoal, Seguridade e Protección Civil, Ismael Diz Garrido: Servicios Sociais e Ambiente, Laureano Alonso Álvarez: Turismo e Camiño de Santiago, Novas Tecnoloxías e Patrimonio, María Sonsoles Vicente Solla: Ensino e Cultura. Ana María Núñez Álvarez: Emprego e Formación, Igualdade e Xuventude e Javier Rodríguez Gómez: Parque Móvil. A dirección e xestión das areas

de Eurocidade, Relacións Supramunicipais, Cordinación de Proxectos e Vías e Obras, serán competencia da alcaldía Por outra banda tamén resolveu Enrique Cabaleiro, nomear as tenencias de Alcaldía como se detallan a continuación: 1º Tenencia de Alcaldía: Rafael Estévez Martínez, segunda tenencia: María Yolanda Rodríguez Rodríguez, 3ª Tenencia: Jose Ramón Magán Rivera e 4ª: Laureano Alonso Álvarez. Finalmente a Xunta de goberno local estará composta por: Enrique Cabaleiro, Rafael Estévez, María Yolanda Rodríguez, José Ramón Magán, Ismael Diz e Laureano Alonso.

A Alcaldía da Guarda nomea a concelleiros delegados e delegación de competencias O venres 28 de xuño tivo lugar un pleno extraordinario no que se deu conta do Decreto de Alcaldía para o nomeamento de concelleiros delegados e delegación de competencias para esta nova lexislatura. Quedan nomeados do seguinte xeito: Patrimonio, Deportes, Facenda e Persoal: Dona Montserrat Magallanes Álvarez. Servizos á cidadanía e infraestruturas no medio rural: Don Miguel Ángel Español Otero. Festas e Festexos Populares e Conservatorio de Música:

Dona Elena Baz Rodríguez. Educación, formación e promoción do emprego; participación cidadá e voluntariado: dona Fátima Rodríguez Marcos. Mobilidade e modelo urbano, e comercio: don Anxo Lois Baz Vicente. Tráfico e emerxencias, e ambiente: don Xan Lois Lomba Alonso. Turismo e Servizos Sociais: dona Beatriz Lomba Rodríguez. Igualdade: dona María Begoña González Martínez e Cultura e normalización lingüística: don Xosé Manuel Méndez Díaz.

Reabre o Centro de Interpretación do Camiño O Centro de Interpretación “Tui, Porta do Camiño Portugués de Santiago”, situado no convento de San Domingos, en pleno trazado do Camiño de Santiago, está novamente aberto ao público. Alumnos e profesores do Obradoiro de Emprego xunto a técnicos da Oficina de Turismo son os encargados de atender aos visitantes que se acheguen até este punto, podendo realizar tamén aquí o selando

a Credencial do Peregrino. O horario de apertura é de luns a venres de 9 a 14 h. A través de distintos paneis informativos, en varios idiomas, achéganse ao visitante diversos aspectos das peregrinacións xacobeas que dende os seus inicios ligaron á cidade de Tui a este Camiño de Santiago, destacando amais o feito de ser a porta de entrada do Camiño en Galicia.


18

Xornal 21 Xullo 2019

Nigrán | gondomar | Baiona

Val Miñor

Campaña informativa para propietarios de cans

Nigrán celebra o primeiro pleno para acordar a organización política O Concello de Nigrán celebrou o seu primeiro pleno do mandato, de carácter extraordinario para poder determinar a nova organización política e funcionamento, conformando a corporación un total de 17 concelleiros (13 do PSOE e 4 do PP). A proposta aprobada polo goberno inclúe que o alcalde asumirá a área de Contratación e a nova concellería de 'Axenda 2030- Obxectivos de Desenvolvemento Sostible', unha das premisas máis importantes na que traballa o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que González preside. "Dende o goberno local sí podemos contribuír a acadar no noso territorio estes obxectivos de desenvolvemento sostible aprobados pola asamblea xeral da ONU, e por iso considero esta nova concellería fundamental no 'Nigrán para todos' que estamos a construír", indicou. Pola súa banda, Raquel Giráldez, nova deputada provincial, levará igualmente Economía, Facenda e Emprego. Ase-

mesmo, Rubén Rial e Diego Gar- mercio); e María Mayán (Terceira para favorecer a toda a corporación cía, manterán as súas dedicacións Idade). A maiores e sen adicación, e non prexudicar á oposición, anexclusivas coas mesmas áreas (Ur- Nuria Lorenzo levará Cultura; José teriormente as comisión informabanismo, Ambiente e Mobilidade, Luis Sanromán repite en Deportes; tivas eran 125 €) e 250 € por asisRéxime Interior e Persoal Diego Alfonso Vázquez continúa tamén tencia a plenos. As persoas con García e Vías e Obras, Servizos en Sanidade, Abastos, Mercados, adicacións non perciben retribuUrbanos e Seguridade, Rubén Turismo Social e Festexos Popu- ción por estas cuestións. Rial). A maiores, Rial, anterior se- lares; Marina Vidal en Educación; Como novidade, e tamén co gundo teniente de alcalde e Secre- e Ladislao Alonso asume Relacións voto favorable de toda a corporatario Xeral do PSOE de Nigrán, Veciñais, Medio Rural e Activida- ción, os plenos ordinarios pasarán asumirá agora a tenencia de Al- des Marítimas. a celebrarse os últimos luns de caldía, sendo para Mames ás 12:00 horas. rina Vidal (nova con"Despois de 8 anos celleira de Educación) con plenos ás 20:00 Toda a corporación votou a favor da a segunda tenencia. horas temos comproconstitución dos grupos políticos, O total dos 13 bado que ese horario periodicidade e novo horario dos concelleiros terán áreas non propiciaba a asisde responsabilidade e tencia de máis xente plenos, composición das comisións... levarán areas novas e, pola contra, dificomo Terceira Idade, cultaba o traballo dos Medio Rural e Actividades MaríCo voto favorable de toda a medios que querían asistir para timas, Voluntariado, Educación corporación determinouse pola cubrilo e informar á cidadanía. e Deportes divídense en sendas súa banda que a Xunta de Gober- En casos puntuais (temas como concellerías... Os catro edís con no Local esté composta por Rubén PXOM, Modificación das Nordedicacións parciais serán Bibiana Rial, Nuria Lorenzo, José Luís mas...) proporase á corporación a Peixoto (Servizos Sociais); Cristina Sanromán, Alfonso Vázquez e Ma- súa realización no Auditorio MuDosil (Xuventude, Turismo e Par- rina Vidal. Aprobouse 150 € por nicipal e no horario que todos ticipación Cidadá); Patricia Diego xuntas de goberno e comisións in- consideremos máis favorable", su(Igualdade, Voluntariado e Co- formativas (igualase a cantidade liñou González.

A Policía Local de Nigrán emprenderá durante as vindeiras dúas semanas unha campaña informativa entre os propietarios de cans para conciencialos das obrigas legais que conleva ter unha mascota. Así, os axentes vixiarán especialmente que os animais conten co microchip obrigatorio, o sistema electrónico de identificación que se lle implanta no veterinario e que permite un recoñecemento legal de que somos os donos e titulares do mesmo, sendo especialmente útil en caso de perda do mesmo pero tamén para evitar o abandono (circunstancia que a lei castiga con sancións). Ademais, controlarán que a documentación esté en regla (calendario de vacinas ou a licencia dos cans de razas perigosas). Outro dos aspectos dos que a Policía Local informará é da obligatoriedade de levar aos cans atados pola vía pública (con máis requerimentos se é can de raza perigosa), de recoller os excrementos ou a prohibición de levalos á praia entre o 1 de xuño e 30 de setembro. Todo elo son cuestións de civismo e boa conviencia cidadá que a Policía Local desexa infundir na veciñanza, especialmente nesta época do ano no que Nigrán conta con máis poboación e, consecuentemente, hai máis propietarios de cans. "Trátase dunha campaña orientada a apelar ao civismo dos propietarios e as obligacións que conleva ter un animal", resumen dende a Policía Local.

A Xunta instala megafonía no pavillón de Baiona O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou o concello de Baiona onde asinou co seu alcalde, Carlos Gómez, o convenio para acometer a instalación dun equipo de megafonía no pavillón deportivo municipal.

200 atletas poderán participar gratis no Vertiatlón Solidario de Baiona

A empresa de papel de alta calidade para uso doméstico Foxy colaborará co evento solidario do Monte Real pagando as inscricións dos atletas que queiran participar na proba que se celebra o próximo 14 de setembro. 200 atletas poderán participar gratis na quinta edición do Vertiatlón Solidario que se celebrará o vindeiro sábado 14 de setembro en Baiona baixo a organización do Monte Real

Club de Iates e co patrocinio de Verti Seguros. A empresa de papel de alta calidade para uso doméstico Foxy apoiará o evento pagando as inscricións dos atletas que queiran participar na proba coa que se recadarán fondos para que persoas con diversidade funcional poidan navegar en igualdade de condicións. O único que terán que facer os deportistas que queiran parti-

cipar será inscribirse antes de que se peche a cota de 200 participantes, un límite establecido dadas as características da proba, que volverá ser sprint, con 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 quilómetros de carreira. A Federación Galega de Tríatlon, que se encarga da loxística do evento, acaba de abrir o prazo de inscrición a través da plataforma Rock the sport.

Paco Ferreira toma posesión do seu cargo á fronte do Concello Coa ampla maioría absoluta que lle proporcionaron as urnas diante dun auditorio cheo o alcalde de Gon-

domar, o socialista Francisco Ferreira, revalidou o seu cargo xunto aos seus oito concelleiros.


Motor

Xullo 2019

Xornal 21

19

As situacións de condución probadas nesta nova fase do programa común apóianse nunha comunicación ampliada entre o vehículo autónomo e a infraestrutura

o vehículo autónomo supera unha nova etapa grazas a groupe PsA e Vinci Autoroutes

O día 11 de xullo, VINCI Autoroutes e Groupe PSA profundaron nos ensaios de condución autónoma a velocidade de cruceiro e de franqueo das barreiras de peaxe en modo autónomo. As probas desenvolvéronse entre as localidades de Dourdan e Ablis (Autoestradas A10 / A11) cun prototipo Peugeot 3008 de Groupe PSA, que forma parte da frota de vehículos autónomos do programa AVA “Autonomous Vehicle for All”. Carla GOHIN, Chief Technology Officer de Groupe PSA declarou: “estas probas supoñen

unha fase suplementaria no despregamento do vehículo autónomo. Tratábase, dous anos despois das primeiras probas, de integrar novas situacións excepcionais no uso real reforzando a comunicación entre o coche autónomo e a infraestrutura para ampliar o campo de acción do sistema garantindo, ao mesmo tempo, a seguridade. Estas probas demostran o carácter innovador e concreto da colaboración entre Groupe PSA e VINCI Autoroutes, indispensable para o desenvolvemento dos vehículos autónomos”.

o ‘concept car’ Alfa Romeo tonale recibe o premio Readers’ Choice

A configuración 100 % street legal de Mopar Un dos modelos máis destacados do Camp Jeep 2019 será o novo Jeep Wrangler 1941 deseñado por Mopar

O ‘concept car’ Alfa Romeo Tonale foi galardoado co premio Readers' Choice Design Award do importante concurso Auto Express Awards 2019, poucos días despois de sorprender ao público con motivo do seu debut no Reino Unido no Festival de Velocidade de Goodwood. O premio foi outorgado po-

los lectores de revístaa Auto Express, o que fai que o galardón sexa realmente especial para o equipo de deseño do Centro Stile FCA de Turín. Steve Fowler, editor en xefe de Auto Express, declarou: "Non debería sorprender que Alfa Romeo ocupase o primeiro lugar na nosa enquisa sobre

deseño. Despois de todo, a marca conta con máis de 100 anos de experiencia na creación dalgúns dos coches máis belos do mundo. O Tonale é, sen dúbida, un dos maiores éxitos de Alfa Romeo e estamos ansiosos por descubrir como este concept car evolucionará cara a un modelo de serie".

A configuración especial inclúe un kit de elevación da suspensión de 5 cm (2”), proteccións laterais inferiores Rock Rails de altas prestacións, cantoneras negras, tapa de combustible e pasos de roda negros, alfombrillas all-weather e unha toma de aire opcional tipo snorkel. Esta configuración complétase co adhesivo 1941 que conmemora un ano importante para a marca Jeep. Foi o ano do nacemento do Willys, tamén representado noutros detalles do vehículo, como as rodas, o pomo do

cambio e a mesa no portón traseiro. Cada Wrangler 1941 tamén pode enriquecerse con outros Authentic Accessories seleccionados de entre as máis de 200 opcións existentes para o Jeep Wrangler, como a grella dianteira de sete ranuras, as luces todoterreo e as carcasas dos retrovisores de cor negra mate. O novo Jeep Wrangler 1941 estará dispoñible no mercado español despois do verán nas versións de 2 e 4 portas con motor diésel de 2.2 litros e exclusivamente no acabado Rubicon.


20

Xornal 21 Xullo 2019

Deportes

Os deportistas do Kaiak Tudense Axuda Paramos logran 19 medallas no Campionato de España Os padeeiros do Kaiak Tudense Axuda Paramos lograron 19 medallas no Campionato de España de verán que se disputou en Trasona (Asturias), o que lle permitiu ao equipo ser terceiros na clasificación xeral por clubs, o mesmo posto final na prestixiosa Liga de Pista Hernando Quella, gañador da Copa do Rey e segundos na liga Feminina. Foron 25 os deportistas que lograron clasificarse para as finais, é dicir, estiveron entre os nove primeiros. Roi Rodríguez, con cinco medallas, catro de ouro e unha de prata, converteuse nun dos referentes. Foi a mesma ‘colleita’ de Albert Martí, con dous ouros, e con tres metais, dous deles de ouro, ter-

minou Rubén Millán. Tamén Lara Feijóo, na categoría xuvenil, conquistou unha medalla de ouro, dous de prata e outra de bronce. É unha dos novos valores da canteira do Kaiak Tudense Axuda Paramos, que espera aumentar nas próximas semanas. Entre a categoría xuvenil e sénior, os tudenses volveron demostrar o seu enorme potencial deportivo. Durante tres xornadas esgotadoras nas que se disputaron 319 regatas nas modalidades de kaiak e canoa e nas distancias de 1.000, 500 e 200 metros, os tudenses tiraron de esforzo colectivo para volver ser terceiros de España, o que lle converte tamén no club que leva máis tempadas de forma

consecutiva no podio. O mérito corresponde a un grupo unido e poderoso. Roi Rodríguez, con cinco medallas e un cuarto posto, foi o estandarte, aínda que os seus compañeiros tamén achegaron unha gran cantidade de méritos deportivos. O tomiñés gañou en K-1 1.000 metros, K1 500 metros, K-2 500 metros e K-4 500 metros. A estes triunfos de debe unir o segundo lugar en K-2 500 metros mixta formado equipo con Ana Varela. Tamén foi cuarto en K-2 200 metros. Albert Martí tamén foi un dos que mantivo unha gran regularidade. Gañou en K-2 500 metros e en K-4 500 metros. Foi segundo en K-1 500 metros e ter-

ceiro en K-1 1.000 metros e en K-2 500 metros mixta con Tania Fernández. Completou a súa participación co cuarto lugar en K2 200 metros. Rubén Millán colgouse as medallas de ouro en K-4 1.000 e en K-4 500, Pedro Vázquez en K-4 1.00 metros, Sebas Delegado en K-4 1.000, Aarón Diéguez en K4 500, Tania Fernández en K-4 500, Ana Varela en K-4 500 e Sara Ouzande en k-1 500 metros. Todos eles lograron ademais varias medallas de prata e bronce. Outros padeeiros contribuíron de forma decisiva para sumar puntos para o seu equipo. José Manuel Sánchez e José Luis Bouza cumpriron cun mag-

nífico campionato. Lograron as medallas de prata en C-2 e C-4 1.000 metros. Ademais, estiveron presentes en varias probas decisivas, o que é unha mostra da súa regularidade. Pola súa banda, Manuel Garrido estivo presente en cinco finais. O seu mellor posto foi o segundo en C-4 1.000 metros. O conxunto tudense tamén destacou de forma brillante na nova modalidade de K-2 500 metros mixta. Era a primeira que se disputaba. Sete foron as embarcacións que formou o Kaiak Tudense. Dous elas lograron chegar á final e ademais colocáronse no podio. Roi Rodríguez e Ana Varela foron segundos, mentres Albert Martín e Tania Fernández ocuparon o terceiro posto. Ningún outro equipo logrou tan bos resultados nesta especialidade. O Kaiak Tudense Axuda Paramos presentouse no Campionato de España de verán cunha formación poderosa. Demostrouno cos padeeiros que alcanzaron as finais: Albert Martí, Pedro Vázquez, Sebas Delgado, Rubén Millán, Roberto Rodríguez Leituga, Roi Rodríguez, José Manuel Sánchez, Manuel Garrido, José Luis Bouza, Raimon Castaño, Matías Valentín Otero, Rubén Dasilva, Aarón Diéguez, Ana Varela, Tania Fernández, Carla Pérez Coya, Sara Ouzande, Leticia Piña, Lara Feijóo, Candela Fernández, Nuria Romero, Carmen Villar, Mario González, Víctor Hernández, Cristina Sotelo e Lucía Sotelo. A entidade tudense, que ten aberto o prazo para acoller na súa canteira a novos deportistas, atópase agora na fase de preparación do Descenso do Miño. Ademais da regata de competición tamén haberá unha regata popular, como é tradicional nos últimos anos. As inscricións xa están abertas.

Marcos Vila, Xoel Rodríguez e Pablo Martín gañan a travesía a nado Costa Serena correron o último quilómetro en pa- (00:12:14) e Paula Eijo Gil (00:12:35). O nadador ourensán, Marcos Esta proba disputouse en paralelo á Vila Cid, cun tempo de 00:50:02, ralelo ao areal. Na proba de 2.700 metros, o ven- costa e contou con preto de 100 parimpúxose na IX edición da travesía ticipantes. A saída arrincou desde a cedor na categoría masculina foi Xoel a nado Costa Serena, que se celebrou canle principal de entrada e saída das Rodríguez Abad (00:36:58), segundo en Praia América (Nigrán) con preto embarcacións e a chegada á beira do de 500 nadadores. Marcos Vila che- foi David Moya Bracero (00:37:10) posto de Protección Civil de Panxón. gou a meta por diante do David Ro- e, terceiro, Daniel Martín Gómez Tamén se entregaron premios es(00:40:19). Na categoría feminina dríguez Lago (00:50:22) e Roque peciais ao Centro Juan María de Niimpúxose Irene Ribadulla Mallo Oca Pernas (00:53:01). Na categoría grán, ao nadador máis feminina, a vencedora no novo, Roig Martín Massó, percorrido de 4.000 metros Preto de 500 nadadores de sete e ao nadador máis vetefoi a nadadora Cristina Garpaíses, con idades comprendidas rano, Francisco Paniagua. cía cun tempo de 00:58:38. Preto de 500 nadadoEn segunda posición cheentre os 5 e 71 anos, participaron na res de 7 comunidades augou Inés Castaño García competición celebrada en Praia tónomas (Galicia, Astu(00:59:48), completando América (Nigrán) rias, País Vasco, Castelao podio a súa irmá Carla León, Madrid, Andalucía Castaño García cun tempo e Cataluña), Italia, Alemaña, Vene(00:44:23), por diante de Esther do de (00:59:49). O percorrido de 4.000 metros, Monte (00:44:29) e María Cotos Suá- zuela, Arxentina, Emiratos Árabes Unidos e unha importante represenno que participaron máis de 200 na- rez (00:45:54). No percorrido de 800 metros ga- tación de Portugal, con idades comdadores, consistiu nun triángulo de ñou Pablo Martín Novás (00:09:55), prendidas entre os 5 e 71 anos, par4 quilómetros con saída e chegada ticiparon este domingo na IX edición seguido de Ricardo Matías Santos na canle central de embarcacións. Os da Travesía a nado Costa Serena, en nadadores bordearon a baliza de Ca- (00:11:10) e David Daporta Méndez bezo de San Juan, situada a 1,3 qui- (00:11:11). Na categoría feminina, Nigrán. Esta travesía consolídase como a proba popular con maior participagañou Verónica Carrera (00:12:09) lómetros de distancia, regresaron cara ción de toda Galicia. á costa polo lado sur da praia e per- superando a Uxía Gómez Fernández

Xoel Rodríguez, ganador de 2.700


Saúde

Xullo 2019

Xornal 21

21

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

A salmonelosis, líder na clasificación de intoxicacións máis frecuentes no verán

A chegada do período estival, ademais de festas, vacacións e moita calor, trae consigo un gran inimigo: o aumento das intoxicacións alimentarias

A chegada do período estival, ademais de festas, vacacións e moita calor, trae consigo un gran inimigo: o aumento das intoxicacións alimentarias. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), cada ano, as enfermidades de transmisión alimentaria afectan a unha de cada 10 persoas e provocan a perda de 33 millóns de anos de vida saudable. Ademais, poden chegar a ser mor tais, especialmente en menores de 5 anos. Cada ano prodúcense 420.000 mortes por esta causa e 1 de cada 3 afecta a nenos. Por iso, a Dra. Amalia Sánchez López, médico xeral de mediQuo , aconsella ter especial coidado no verán, e explica que hai diversos factores que favorecen estas intoxicacións e que é necesario coñecer e evitar: “Por unha banda, hai unha maior tendencia a comer fóra de casa (grelladas, picnics...), onde os controis de seguridade non son os mesmos que nunha cociña doméstica”, explica a Dra. Sánchez. Ademais, as causas naturais así o favorecen. É dicir, as bacterias, que están presentes no chan, o aire ou a auga, crecen máis rápido nos meses de calor xa que as temperaturas propíciano. E, por último, prodúcese unha certa relaxación das pautas máis básicas de manipulación de alimentos. De feito, segundo a OCU, a orixe de máis do 50% de casos de intoxicación alimentaria está nos fogares. “Unha das intoxicacións alimentarias máis frecuentes nos meses de verán é a salmonelosis, pero non é a única”, advirte a Dra. Sánchez. Tamén se incrementan os casos de intoxicacións provocadas por Listeria monocytogenes ou Escherichia coli.

Salmonelosis “Verán e Salmonella son un binomio inseparable cada ano”, afirma a doutora de mediQuo. Esta bacteria atópase de forma natural no intestino do ser humano e dos animais, polo que as feces son un foco de contaminación dos alimentos e da auga. Os alimentos máis implicados adoitan ser os ovos crus, en preparacións como a maionesa, ou pouco cociñados (o ovo causa o 23% das toxiinfecciones alimentarias por salmonella no verán), aves mal cocidas (este tipo de carne branca produce o 5% das intoxicacións) e alimentos cociñados que se deixaron a temperatura ambiente varias horas. Diarrea, vómitos, febre e dor de cabeza son algúns dos síntomas da salmonelosis. Para evitar os riscos de salmonelosis a través dos ovos, a Dra. Sánchez recomenda non lavalos, xa que a casca é moi porosa e a humidade facilita

a penetración de bacterias no interior, nunca usar ovos rotos, conservalos sempre na neveira e lavar o prato onde se bateu ou manipulado o ovo cru. En canto á carne, aínda que parece obvio, cociñala ben para asegurarnos de que non queda crúa.

Escherichia coli Pola súa banda, a Escherichia coli, está presente sobre todo en carne crúa ou pouco cociñada, leite cru ou produtos frescos crus. Os síntomas da infección por E. coli, normalmente comezan tres ou catro días despois da exposición á bacteria, aínda que tamén poden aparecer ao día seguinte ou máis dunha semana despois. Algúns deles son diarrea, cólicos abdominais, dor ou sensibilidade e náuseas e vómitos. A súa prevención pasa por someter os alimentos a un proceso de cocción coidadoso no que se cociñe ben toda a peza, de forma especial o centro, evitar o consumo de leite non pasteurizado ou auga non potable e desinfectar os vexetais que se vaian a tomar crus. Listeria monocytogenes “Esta bacteria multiplícase de forma rápida en alimentos refrixerados e alimentos listos para consumir, como o leite cru, verduras ou produtos en conserva”, explica a Dra. Sánchez. A gravidade dunha intoxicación e os síntomas que presente unha persoa dependerán da cantidade de alimento contaminado inxerido, da persoa e do tipo de organismo que provoque a contaminación. Os primeiros síntomas adoitan aparecer entre 2 e 6 horas despois da inxesta. Os máis habituais son malestar de estómago, diarrea, febre, vómitos, cambras abdominais, deshidratación, debilidade xeneralizada e dor de cabeza. Para a médico xeral de mediQuo, os mellores métodos de prevención pasan por evitar o almacenamento prolongado de vexetais (aínda que sexa a temperaturas de refrixeración), limpar ben as superficies e utensilios cos que se manipulan os alimentos crus, cociñar de maneira homoxénea e manter unha rigorosa hixiene da neveira. “Non podemos controlar as características do ambiente, pero si os controis de seguridade e as pautas básicas de manipulación de alimentos”, afirma a Dra. Sánchez. “Se crees que estás a ter os primeiros síntomas dunha intoxicación alimentaria, a mellor recomendación que podo dar é preguntar no chat para saír de dúbidas e poder tomar medidas canto antes”, recomenda a Dra. Amalia Sánchez López, médico xeral de mediQuo.

As lentes de sol con cristais non homologados, un risco para a saúde visual

A maior exposición á radiación ultravioleta (UV) propia dos meses estivais é un factor de risco para a saúde visual. Tal e como recolle un estudo publicado pola revista científica JAMA Ophthalmology, por cada hora de exposición solar no verán increméntase un 4% a posibilidade de desenvolver alteracións na visión. Por esta razón, é máis impor tante que nunca extremar as medidas de protección, entre as que destaca o uso de lentes de sol con cristais homologados. Con todo, tal e como alerta o Colexio Nacional de Ópticos-Optometristas, o 30% das lentes de sol compradas en España non contan con ningún tipo de control sanitario, porcentaxe que sofre un especial repunte durante a época estival.“É fundamental que teñamos claro que a principal función das lentes de sol é protexer a saúde visual fronte á exposición solar. Só usando lentes debidamente homologadas poderemos previr a fatiga visual e o desenvolvemento de problemáticas como cataratas ou lesións de córnea ou retina, entre outras patologías”, indica a Dra. Marta Ópeixe Tomás, E-Health Medical Manager de Cigna España. Existen diversas razóns de por quéfacer uso de lentes que non pasasen ningún control é prexudicial para a saúde visual. O equipo médico de Cigna explica as tres principais: Potencia de graduación superior á admitida (neutra). Según un estudo realizado pola Universidade Complutense de Madrid, os cristais de mala calidade poden presentar unha potencia de graduación superior á admitida (neutra), provocando borrosidad na imaxe retiniana. Aínda que pode non ser evidenciada polo usuario, debido á capacidade de acomodación do sistema visual, sépoden existir síntomas asociados ao esforzo, como a fatiga ou o cansazo visual. Distorsiones da visión nos laterais. También poden presentar burbullas, rugosidades ou aberracións prismáticas que provocan imáxenes deformadas en posicións de mirada non primaria. Este problema é especialmente importante durante a conducción.

Vía libre para a entrada da radiación UV. O ollo ten un mecanismo de protección natural para protexerse do sol (contracción de pupila). Da mesma forma, cando está nun contexto escuro (ambiente que crean as lentes de sol), a pupila dilátase para deixar pasar máis cantidade de luz. Se as lentes que se utilizan non teñen protección UV, a radiación dañina penetra en maior medida no interior. Por tanto, sería mellor non utilizar lentes que usar unhas de mala calidade.

quéter en conta á hora de elixir unhas lentes de sol? Elixir a cor en función do uso e as características visuais do usuario. Hai tres colorees principais: marrón, verde e gris. O seu elección dependerá do uso das lentes e das características da vista do usuario. A cor marrón mellora o contraste, reduce o cansazo e o deslumbramiento e é unha boa elección para os miopes. O verde produce pouca alteración nas cores, é especialmente adecuado durante a realización de deportes ná uticos e está principalmente indicado para hipermétropes. O gris é o que menos altera a percepción das cores naturais e é o máis acertado para a conducción. Asegurarse da súa comodidade e maior protección: tamaño, forma e axuste adecuado.. Lasgafas máis amplas e curvadas ofrecen unha maior protección. En canto á comodidade, hai que ter en conta que se axusten ben na zona nasal e que o grao de cobertura sexa o adecuado (que non haxa rozamento de pestañas ou que a lente non se apoie na fazula). Maior protección con nenos. Os nenos preséntanvos un cristalino inmaturo, máis transparente e que deixa pasar maior cantidade de raios UV. Por iso, necesitan unha protección maior: lentes con categoría de filtro 3 ou 4, polarizadas ou con melanina Adquirilas nun centro homologado. Algo imprescindible á hora de comprar un complemento deste tipo é asegurarse de acudir a unha óptica, centro oftalmológico, farmacia ou tenda especializada. Con iso, o comprador asegúrase de que cumpre coa normativa europea.


22

Xornal 21 Xullo 2019

Actualidade

Cinema

Cold pursuit Estreo: 26/07/2019

Estrea: 26/07/2019

Dirección: Hans Petter Moland Actores: Liam Neeson, Laura Dern, Emmy Rossum, Julia Jones, William Forsythe, Elysia Rotaru, Tom Bateman, Aleks Paunovic, John Doman, Domenick Lombardozzi, Raoul Trujillo, Ben Hollingsworth, Emily Maddison, Nathaniel Arcand, Victor Zinck Jr., Arnold Pi País: Reino Unido Xénero: Acción - Thriller Cualificación: Pendente de cualificación Distribuidora: Ao contraxeito films

Dirección: Olivia Wilde Actores: Kaitlyn Dever, Beanie Feldstein, Lisa Kudrow, Jason Sudeikis, Jessica Williams, Will Forte, Mike Ou' Brien, Molly Gordon, Billie Lourd, Skyler Gisondo, Noah Galvin, Diana Silvers, Mason Gooding, Vitoria Ruesga, Austin Crute, Eduardo Franco, Nin País: EE. UU Xénero: Comedia Cualificación: Pendente de cualificación Distribuidora: eOne-Films

Un condutor de quitaneves leva unha vida tranquila ata que a morte repentina do seu fillo fai que se vexa envolvido nunha guerra entre narcotraficantes, armado só con maquinaria pesada e a sorte do principiante. Remake da película norueguesa "Un tras outro".

Punto de lectura Este mes recomendamos...

O CLUB

DE

“Súper empollonas”

BATAS BRANCAS

Unha novela gráfica divertidísima e entrañable sobre a importancia da amizade e a verdadeira vocación. A novela gráfica escrita e debuxada por doutores que desmitifica esta profesión. Bruno acaba de comezar a súa residencia de medicina de familia nun importante e céntrico hospital de Madrid. Cando só leva uns poucos meses traballando, convídano a unha misteriosa cea, onde coñecerá a varios dos seus compañeiros: Antonio, o residente de psiquiatría; Cayetana, de uroloxía; Pieter, de cirurxía; e Jordi, de medicina interna. Conforme avanza o menú, Bruno irá descubrindo os grandes secretos que esconde este hospital público: reclamacións varias, obxectos en orificios perturbadores, pacientes exasperados e moito pero moito máis.

MASTER THE MARKETS O comportamento da bolsa parece simple e, como calquera outro mercado que opere en liberdade, móvese en función da oferta e a demanda: se hai máis compradores que vendedores a bolsa sobe e se hai máis vendedores que compradores a bolsa baixa. Con todo, na práctica non funciona exactamente así e é moi posible que a miúdo se nos escapen as forzas ocultas que moven o mercado. Tom Williams parte dos estudos de Richard Wyckoff para implantar a través de sistemas automatizados a metodoloxía do Volume Spread Analysis, unha forma de análise técnica dos movementos do prezo en relación ao volume que nos permite monitorar con exactitude que ocorre no mercado. Este libro non só che ensinará por que ocorren os movementos, senón tamén a recoñecer o funcionamento das forzas subxacentes nos mercados fi nancieros e a seleccionar accións individuais para trading con información limitada. Unha lectura imprescindible para comprender os mercados de valores.

Dous excelentes estudantes e grandes amigas, na véspera da súa gradación do seu instituto, de súpeto danse conta de que poderían esforzarse algo menos en clase e haberse divertido máis. Así que deciden facer algo respecto diso para compensar tanto estudo e tan pouca diversión: recuperar os anos perdidos nunha noite tola.

OHumordeCosme


Xullo 2019 Xornal 21

Anuncios Breves Alugeres

Pisos

Outros

NAVE Polígono A Granxa 400 m² con oficinas equipadas. 609 83 78 08 APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727 RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 PRAZA garaxe moi económica en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 VIGO VIVENDA 2 DORMITORIOS, CACIÑA, BAÑO E SALÓN. Próxima a ‘El Corte Inglés’ 609 83 78 08 VIVENDA barata busco. Son xubilado con pouca paga. 605 785 292 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090 VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92 SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09 PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122 TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91 VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379 TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705 O Porriño - 98 m² e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04 VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semiamoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887 MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84 AFORRA máis de 200 euros ó ano na factura da luz 627952066 FESTAS par locais cerrados e pequenos con equipo propio. DJ TUNING SHOW 642 649 328 CHE gustaría conseguir unha mellor versión de ti? O momento é agora! 657 295 997 RAPAZ de Vigo recolle de balde sillas de bebe, de paseo, sillas de coche… 637 228 667 CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64 PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

Animais Compro ou adopto can Roteailer 687691508 COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776 SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175

Automóbiles KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548 OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353. PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327 CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659

Solares e Terreos

EMPREGO

TOMIÑO dúas fincas 600m² e 120m² con castiñeiros e una entrada de coche. 626 26 46 56 BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353 BUSCO terreo edificable para a zoa do Porriño, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas… Avisar a Dani 675813033 XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02 SANGUIÑEDA terreo 600 m² zona Adoa. 648 909 059 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351 FINCA 1100 m para solar edificable en Sanguiñeda, preto da igrexa. 667 431 946 TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993 INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322 CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19

Contactos

Compras varias

HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67 RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304 RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31 RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040 RAPAZA busca rapaz entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20 RAPAZ de 44 anos busca rapaza de 35 a 45 anos para amizade ou o que surxa. De Mos, O Porriño, Redondela ou arredores. Seriedade. 677112868.

MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688 CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08 COCIÑA de gas con forno en bo estado. Económica 679 141 813 OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor O-X22DTH Tel.: 651 078 705 COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136 MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491 BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

Ensino

MAQUINA ESCRIBIR marca Oliveti e eléctrica 608 523 586 MOBLES ANTIGOS para uso ou restauración (mesillas, aparador, péndulo, etc.) 687 77 69 87 VIÑO de calidade da casa. En Goián 627145256 COCIÑA calefactora Hergón nº 9. Bo estado. Prezo a convir 639 970 314 – 986 333 854 DORMITORIO completo dúas camas xemelgas e moble de sala. 687 77 69 87 VIÑO calidade económico, bagazo de herbas e branca. 647 925 502 DISFRACES. 671 35 74 26 VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 20 € 671 35 74 26 DORMITORIO XUVENIL moi económico, con escritorio. 606 611 673 PORTAIS ferro. Dúas unidades: 145 x 100 cm + 143 x 199 cm Por 165 euros. 619 304 963 TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21 TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426 MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673 AIRE acondicionado 661 545 727 PLANTACIÓN DE ALBARIÑO vendo en Mos, sobre 500 m², en plena producción, bo acceso e a carón da estrada. 617268659 MEL da casa. Tamén disponible con etiqueta para a venda en tendas. Tlf.: 606106887 UTENSILIOS para elaboración de viño: lagareta grande, estruxadora grande, encorchadora, barcal, barriles… 663 54 22 62 PORTAIS pequenos segunda man, conxunto 2 unidades 98x163 e 100x 163 cm 295 euros 619 304 963 PORTAL, balcóns e peche de ferro segunda man 663 54 22 62

Licenciado imparte clases de inglés, todos os niveis. 653349289 LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330 EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64 LICENCIADO en Inglés, imparte clases, todos os niveis 10 euros / hora. 658 358 798 CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717 PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776 RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85

Casas ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m2. 658.312.090 SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646 725 195 FORNELOS (Salvaterra) casa dous andares, cenador, terreo de 1300 m² 674 970 655 CASA RÚSTICA con terreo de 528 m², 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02 COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m², hórreo, terreo 1810 m². Bo acceso. Bo prezo. 634 459 555

Vendas varias

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es CUPÓN ANUNCIOS BREVES TEXTO DO ANUNCIO

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es >Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

(Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

______________________________________________________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:___________________________________ APELIDOS*:_______________________________________________________________

S i n o p s e

D.N.I. ou Pasaporte*:______________________________________ Lugar de residencia*:___________________________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________ Categoría: _____________________________________________ c Retirar anuncio c Publicar anuncio

23

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

Firma

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.

Demandas

BUSCO traballo Vigo, Salvaterra, limpeza, cociña, coidado persoas maiores, nenos, auxiliar odontoloxía. 674 49 42 33 LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08 ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13 RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285 RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, O Porriño. Yolanda 606 77 31 97 RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34 POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78 RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112-633036768 (con coche) ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13 ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, O Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838 SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641 SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21 RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35 SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70 RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827 RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos Puxeiros. Nathaly 699514112 CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051 TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00

Ofertas

Obteña diñeiro extra e aumente as súas ganancias. Negocio independiente. 686567945 COMERCIALES - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR – REDONDELA - VIGO. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Venda de espazos publicitarios nos medios de comunicación. Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. ou datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.) COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a HYPERLINK "mailto:info@riasbaixas07.net" info@riasbaixas07.net 600 56 00 20 COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.