Xornal21 nº 133

Page 1

O Porriño

Provincia

Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse á programación de Cans

Carmela Silva sinala a importancia da UE para “unha provincia con máis recursos e máis dereitos”

18

07

Galicia

Galicia

A Xunta inspeccionará 1600 pontes e obras de paso nos próximos 5 anos Nº 133 / Maio 2019

www.xornal21.es

Periódico galego de distribución gratuita

Provincia

Aprobadas as bases que regulan axudas para deportistas de alto nivel

09

Saúde

O Goberno Galego propón conxelar os prezos das matrículas de graos e impulsar a FP dual

Case 8 de cada 10 españois xa non poden vivir sen o seu móbil

29

Deportes

Juan Rivera a piques de dar o salto ao ring profesional

06

Mos

A Gala do Deporte Feminino galego fai un canto unánime á igualdade

Arévalo proxecta unha residencia de maiores cun centro de día no Rebullón 10

Os VII Premios do Deporte Feminino Galego encheron o Auditorio Municipal de Vilagarcía de éxito, talento, esforzo e igualdade. Preto dunha vintena de mulleres deportistas e entidades vinculadas a este ámbito foron galardoadas na gala organizada pola Deputación de Pontevedra e impulsada pola Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA). 08 Galicia

A Xunta defende un financiamento autonómico inspirado nas necesidades dos territorios

> > >

> >

COMARCAS

03

28

A Louriña

10 - 20

Baixo Miño

23 - 24

O Condado

25 - 26

Redondela

19

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

Val Miñor

21 - 22

Nigrán | Gondomar | Baiona

O Porriño

03

Aberto o prazo de inscrición na IIª Edición do Certame de Empanadas do Porriño

16


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Maio 2019

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Políticas públicas locais

Moitos analistas políticos coinciden en sinalar que “na maioría das corporacións locais púxose o foco na calidade democrática e nos problemas económicos e sociais, e menos no modelo de desenvolvemento”. Quizais sexa o momento de telo máis en conta e para iso desenvolver unha estratexia e unha

Henry Ford

Se ti crees que podes, podes. Se ti crees que non podes, non podes. Tanto se pensas unha cousa como a outra, estás no certo. M aio

1 2 6 7 8 9 13 14 15 16 20 21 22 23 27 28 29 30

planificación a longo prazo, priorizando actuacións e xestionando adecuadamente as políticas públicas.

3 4 5 10 11 12 17 18 19 24 25 26 31

As novas corporacións locais que saian do próximo 26 de maio terán que poñerse as pilas para, entre outras cuestións básicas, fomentar a participación cidadá en toda actuación pública e crear oportunidades para traballos de calidade e que se evite así o éxodo masivo dos mozos. Ademais os novos rexedores terán que ser persoas con capacidade de diálogo e negociación, con valores inclusivos que busquen o traballo participativo e, en todo momento, tendentes á procura do consenso para a mellora da calidade de vida dos veciños, sen esquecerse dos plans de mobilidade sustentable tan necesarios para garantir uns pobos e cidades para todos.

AS NEVES Concello 986 648 038 Policía Local 986 648 038 Centro de Saúde 986 648 837

BAIONA Concello 986 385 050 Policía Local 986 358 011 Centro de Saúde 986 385 160

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

O ROSAL Concello 986 625 000 Centro de Saúde 986 626 035 MONDARIZ Concello 986 664 306 Policía Local 680 461 151 Centro de Saúde 986 656 138

MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 656 136 Centro de Saúde 986 662 436

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Whatsapp: 692 150 055 Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348 106

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21.

Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 362 125 986 362 344

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

Staff

Redacción: redaccion@xornal21.es

OIA

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

FESTIVOS LOCAIS

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

A GUARDA Concello 986 610 000 Policía Local 986 610 025 Centro de Saúde 986 614 450

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

Salvaterra de Miño: 13 de maio (Festividade da Virxe de Fátima) e 10 de xuño | Mondariz: 10 de xuño | Mondariz Balneario: 10 de xuño | Oia: 10 de xuño (Virxe do Mar) | Mos: 13 de xuño (Festa da Rosa) | Redondela: 20 de xuño (Xoves de Corpus) | Nigrán: 24 de xuño (San Xoan) | Ponteareas: 24 de xuño

TOMIÑO M. del Carmen Pardo 986 62 22 85 Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15

Teléfonos de interese

X uño

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

JOSÉ MANUEL PENA

Xa nos atopamos inmersos nunha nova campaña electoral, neste caso para as eleccións nas diferentes corporacións locais, e é por iso que sería importante resaltar para que os novos rexedores e as súas corporacións teñan en conta e tomen boa nota de que os municipios debería deixar de ser meros prestadores de servizos e pasar a deseñar e implementar políticas públicas no ámbito da seguridade, urbanismo, medioambiente, protección social, promoción económica, educación, cultura, vivenda, etc. .

Cita

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 332 003 986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 986 641 795 986 642 215 Farmacia Picoto, 3 - Areas Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

REDONDELA Concello 986 400 300 Centro de Saúde 986 400 387 Policía Local 986 402 610

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034

TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

MOLINA GAMARRA, TOMÁS

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra EMERXENCIAS a violencia GALICIA de xénero

Número 133 / do 15 de Maio ao 15 de Xuño de 2019 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán) e Redondela. Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urxente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 | Whatsapp: 692 150 055 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, defendeu o pasado 6 de maio un financiamento autonómico inspirado nas necesidades dos territorios e poboacións, e non pola presión de formacións insolidarias que ven en cada negociación un paso máis cara a fragmentación. “Defendemos uns servizos públicos que están condicionados pola demografía, a xeografía e a orografía; unha asimetría fundamentada nas necesidades das persoas que viven nas diferentes comunidades e non en privilexios insolidarios”, incidiu, propugnando ademais unhas infraestruturas que cumpran o triplo obxectivo de vertebrar as autonomías, integralas máis en España e acercalas ao resto de Europa. Durante o encontro especial 10 anos do foro económico: Desafíos socioeconómicos das rexións atlánticas, no que tamén participou o presidente de Castela e León, Juan Vicente Herrera, Feijóo avogou, xunto a unha política conxuntural, composta por pactos de corto percorrido –pero que non debesen afectar ao núcleo básico do Estado, onde se atopa o desenvolvemento harmónico e xusto dunha nación-, por establecer outra de longo alcance, onde non só participen os partidos, senón tamén as comunidades autónomas en foros multilaterais.

Maio 2019

A Xunta defende un financiamento autonómico inspirado nas necesidades dos territorios “Nesa política de longo alcance e logros concretos queren estar e estarán Castela e León e Galicia”, dixo, sinalando que son precisamente as autonomías o mellor antídoto contra a insolidariedade que predica o independentismo. Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta reivindicou o autonomismo fronte a quen os rexeitan desde posicións extremas, incidindo en que o autonomismo é parte da solución e ha de estar plenamente incorporado ao espazo

da moderación. “O contrapunto do independentismo non é un retorno ao centralismo obsoleto senón un robustecemento do autonomismo constitucional”, sentenciou, facendo fincapé na importancia de combater democraticamente políticas que só ven a marxe dereita do mapa de España. Sobre este punto, e como exemplo, lembrou que o AVE que comparten Castela e León e Galicia foi obxecto de numerosos ataques co pretexto de que unha infraestrutura custosa só

debe plantexarse en territorios situados en cabeza dentro dos parámetros económicos. Sinala que as autonomías son o mellor antídoto contra a insolidariedade que predica o independentismo; e para combater democraticamente políticas que só ven a marxe dereita do mapa de España Diante disto, Feijóo sostivo que un Estado moderno como é o español non pode guiarse por unha “especie de darwinismo” que condene ás nosas re-

Xornal 21

3

xións, “e menos facelo debido a pactos destinados a soster gobernos necesitados de maiorías suficientes”, matizou. O presidente da Xunta sinalou que o presente que nos tocou vivir non admite illamentos e advertiu de que esixe con urxencia alianzas. Ao respecto, afirmou que tanto Castela e León como Galicia entenderon esa dinámica crucial para o futuro, non en clave de enfrontamento con outras partes do territorio nacional, senón seguindo a pauta da reclamación serena e a reivindicación ben fundamentada. “Neste últimos anos marcamos xuntos unha senda que se afasta tanto do silencio ante os esquecementos de que somos obxecto como da algarabía propia dos nacionalismos excluíntes”, lembrou, afirmando que Galicia síntese partícipe dunha política que, lonxe de dicir que o Estado sobra, afirma que o Estado falta cando desatende os desequilibrios territoriais. Feijóo concluíu a súa participación no foro económico facendo fincapé en que España intérnase nun período de incertezas no que son máis necesarias que nunca a centralidade e a moderación. “En ocasións esquécese que ambas virtudes son amplamente maioritarias en comunidades como Castela e León e Galicia”, aseverou.

A Xunta inspeccionará 1600 pontes e obras de paso nos próximos 5 anos A conselleira de Infraestruturas e Movilidad, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, informaba da licitación do novo contrato que garantirá máis de 1.600 inspeccións en pontes e obras de paso nas estradas autonómicas nos próximos 5 anos, cun investimento máximo de 1,5 millóns de euros. Vázquez Mourelle destacou que este contrato permitirá realizar inspeccións na práctica totalidade das

pontes e obras de paso nas vías autonómicas, co obxectivo de traballar pola seguridade das infraestruturas e, en consecuencia, pola das persoas. Fixo fincapé en que se inspeccionarán estas estruturas e actuarase nas que sexa necesario para previr e anticiparse a posibles problemas que poidan vir. As empresas de enxeñería interesadas na realización deste contrato teñen de prazo ata o próximo 17 de xuño para a presentación das súas ofertas.


4

Galicia

Xornal 21 Maio 2019

Homenaxe a Antonio Fraguas na semana grande das Letras Galegas

Menores de 14 anos e maiores de 65 poderán pescar sen licenza en Galicia Redacción Xornal21.es

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mes que Galicia contará cunha nova Lei de Pesca Continental que apostará “pola substitución xeracional; a educación, a sensibilización e o respecto da conservación dos ríos; o fomento da pesca sen morte e o desenvolvemento do rural tanto no ámbito económico como turístico”. “Estamos a falar dunha lei que permitirá converter aos máis novos, a futura poboación adulta, nos primeiros defensores do ámbito fluvial; impulsar a pesca sen morte aos poucos, pero de forma determinante, como un modelo sustentable; empregar a pesca como ferramenta de desenvolvemento turístico, económico e social do medio rural; e dotarnos dunha boa planificación estratéxica de xestión da pesca para optimizar a xestión dos recursos”, insistiu. En relación á substitución xeracional, Feijóo destacou que o texto impulsará a posta en marcha das escolas de río, co fin de implicar e educar aos máis pequenos na conservación dos ecosistemas acuáticos continentais. Engadiu, como novidade, que as persoas de idade igual ou inferior a 14 anos poderán practicar pesca deportiva e recreativa sen necesidade

de licenza, sempre acompañados dun adulto; e a gratuidade de taxas “estenderase tanto aos menores de idade como aos maiores de 65 anos”, precisou. O novo documento fomentará tamén a pesca sen morte, que vai gañando adeptos en España e constitúe a regra común na maioría dos países con tradición no ámbito da pesca. “O obxectivo é que aumente progresivamente a súa implantación e que se consiga un equilibrio entre esta modalidade e a tradicional”, dixo, e especificou que para logralo o anteproxecto recolle medidas como actividades de promoción e divulgación; programas de formación específica dentro da Estratexia galega de educación ambiental; a gratuidade dos permisos de pesca sen morte para os menores de idade; e a limitación desta modalidade como a única permitida no caso dos escenarios deportivos, sociais e de formación. Sobre este punto, Feijóo precisou que se incluirá unha nova clasificación para os máis de 14.000 km de ríos de certa entidade, con dúas novas categorías. “Manterase a categoría de masas de auga de especial interese para a riqueza piscícola. E, engadiranse as categorías de: escenarios deportivos, sociais e de formación,

e de augas de aproveitamento privado”, afirmou. No tocante ao fomento da pesca como instrumento de desenvolvemento turístico do medio rural, Feijóo subliñou que se prevé a concesión de aproveitamentos piscícolas en tramos de ríos, encoros e lagoas, a empresas turísticas, prioritariamente asociacións. E, incluirase a especial protección e regulación para determinadas actividades tradicionais de pesca continental, como as pesqueiras do río Ulla e as estacadas do Tea. Outra das novidades é a prohibición do emprego de substancias ou aparellos paralizantes, tranquilizantes, atrayentes ou repelentes de peixes, así como pesos que conteñan chumbo e a pesca con peixes vivos. “Ademais, introducirase un sistema de autoguiado para o caso dos reos, no que o propio pescador será o que comunique á administración os datos dos reos capturados a través dunha aplicación informática”, precisou. “En Galicia hai aproximadamente uns 55.000 pescadores de pesca continental e 14.000 quilómetros –do 30.000 km de ríossusceptibles de pesca. Incorporamos á lei medidas co fin de poñer a funcionar este activo da mesma forma que noutros países”, concluíu.

Aberto o prazo de solicitude de axudas para a certificación da marca Q no sector turístico O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mes a resolución da convocatoria das axudas que a Consellería de Cultura e Turismo, a través de Axéncia Turismo de Galicia, dirixe ao sector turístico galego para a certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Como detalla a resolución, poden concorrer establecementos de turismo rural e hostaleiro, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos, axencias de viaxes,

cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos complementarios. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Considéranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes ao ano 2019 e que se inicien a partir de 1 de xaneiro de 2019. Inclúense, entre outros, os custos de auditoría externa

facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE e tamén os derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2019, unha vez conseguida a certificación, o seguimento e/ou a renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento. As bases completas da convocatoria, para a que estará aberto o prazo ata o 13 de xuño, pódense consultar no Diario Oficial de Galicia e a presentación de solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.

A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski homenaxean a Antonio Fraguas Fraguas na semana grande das Letras Galegas e volven poñer en marcha, por noveno ano consecutivo, a campaña Letras Galegas para festexar o 17 de maio cunha tirada especial de bolsas e carteis que chegarán aos fogares galegos desde hoxe nos Eroski Center, Autoservizos Familia e Hipermercados Eroski. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao acto de presentación da iniciativa no compostelán Eroski Center da Choupana. “Un ano máis, empezamos a semana grande das Letras da man de Vegalsa-Eroski cunha importante homenaxe a Fraguas desde un dos ámbitos máis importantes para a promoción social do idioma: o socioeconómico, desde onde a figura do autor homenaxeado chegará aos fogares dos galegos e das galegas coa bolsa da compra”, destacou Valentín García. Co, participaron no acto a directora de Relacións Institucionais a directora de RSE, Comunicación e Área Cliente de Vegalsa-Eroski,

Gabriela González; o director da liña de Negocio Eroski/ Center e hipermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; o director de Marketing, Julián Hernández; o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; e o representante da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Liño Lema.

PRETO DE BOLSAS

1,3

MILLÓNS DE

Unha tirada de 500 exemplares da lámina titulada Amor a Galicia, das 10 que integran a mostra Coa de agarimo e F de folclore coa que o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) fíxose este ano, por segunda vez, co Premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2019, e 1.256.000 bolsas de edición especial contribuirán a visibilizar a celebración das Letras Galegas desde a cesta da compra dos establecementos Eroski Center, Autoservizos Familia e Hipermercados Eroski. Trátase dunha acción que Vegalsa-Eroski engloba no seu compromiso cos atributos propios de Galicia, que teñen no idioma propio un dos seus máximos expoñentes, e que conta un ano máis coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A industria galega someterase este ano a máis de 3.000 inspeccións A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Plan de inspección en materia de seguridade industrial para o ano 2019, que contempla a realización de 3.245 inspeccións na comunidade autónoma co obxectivo de avanzar na prevención e seguridade, á vez que se mellora a competitividade do tecido produtivo galego. Este plan anual de seguridade industrial inclúe nesta ocasión cinco programas de inspección: instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial e postas en servizo este ano; instalacións xa en servizo con anterioridade a 2019 e que tamén están sometidas aos devanditos regulamentos; declaracións responsables de empresas ins-

taladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial presentadas este ano; empresas instaladoras ou mantedoras que xa están en servizo con anterioridade a 2019; e accidentes graves. A maior parte das inspeccións centraranse nos dous primeiros programas. En concreto, serán 2000 controis a instalacións postas en marcha este ano, e 1000 máis para aquelas que están en servizo con anterioridade a 2019. En ambos os casos, as inspeccións levarán a cabo nos seguintes tipos de instalacións: eléctricas de baixa tensión, térmicas en edificios, con equipos a presión, de seguridade contra incendios en establecementos industriais, receptoras de gases combustibles, instalacións frigoríficas e ascensores.


Galicia

Maio 2019

Xornal 21

5


6

Galicia

Xornal 21 Maio 2019

O Goberno Galego propón conxelar os prezos das matrículas de graos e impulsar a FP dual O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacaba a comezo de mes a proposta do Goberno galego de conxelar, por noveno ano consecutivo, os prezos das matrículas de graos e avanzou, ademais, un investimento de preto de 5 millóns de euros no impulso da FP dual. En relación ao novo decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos no Sistema Universitario de Galicia para o curso 2019-2020, Feijóo subliñou que “Galicia é a comunidade autónoma máis accesible desde o punto de vista de estudios universitarios”. Un estudante galego aforraría case 340 euros ao curso en matrículas con respecto á media de España. Deste xeito, e no caso dos estudos de grao, o prezo medio manteríase nos 11,89euros/crédito, o que supón para as familias un aforro de 5,66euros/crédito. En Cataluña, por exemplo, o prezo medio está en 33,52euros/crédito. No tocante aos máster non habilitantes, Galicia seguiría a ser a cuarta máis baixa do Estado cun custe de matrícula de 26,49 euros/crédito. “A media estatal está en 32,24 euros”, dixo. No caso das familias galegas cuxos fillos cursen un máster habilitante o vindeiro curso nas universidades galegas aforrarían unha media de 1.872 euros por curso en comparación coa media estatal. “En definitiva, estamos a falar dunha medida que supón un aforro de preto de 20 millóns de euros en matrículas para as familias

Feijóo avanzou as condicións que rexerán a contratación de 133 comedores escolares por un importe de 18,4 M€, entre as que destaca a valoración positiva da inclusión nos menús de produtos de tempada galegas con fillos estudantes universitarios”, abundou.

APOSTA POLA FP DUAL Ao longo da rolda de prensa, Feijóo destacou tamén a aposta decidida pola formación profesional dual, cun investimento de 5 millóns de euros -a través do plan de dinamización que xa está en marcha- e co obxectivo de incrementar a matrícula un 40% nos próximos dous anos. Nesta liña, o titular da Xunta precisou que, a través da Rede galega de dinamización da FP dual, coñecida como REGADual, nomeáronse 47 centros dinamizadores en toda Galicia, cun profesor responsable da dinamización no ámbito do seu centro de FP o do contacto entre os profesores, as empresas e os alumnos. “Apostaremos tamén por impulsar novos proxectos, fomentando a colaboración con todo tipo de empresas, independentemente do seu tamaño; con asociacións empresariais e sectoriais, e coas empresas punteiras en sectores estratéxicos para Galicia”, sinalou. Ademais, eliminarase o límite superior de idade para participar nestes proxectos, que era de 29 anos. E crearase este 2019 o Pre-

Educación executará este verán 22 obras de rehabilitación para centros de ensino A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional executará este verán un total de 22 obras de rehabilitación integral en centros de ensino das catro provincias galegas ao amparo dos fondos de superávit, por un importe total de 21,4 millóns de euros. Así o sinalou o secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, nunha comparecen-

cia no Parlamento de Galicia na que explicou que isto será posible grazas a que o seu departamento encargou os proxectos destas intervencións no mes de decembro de 2018. Ademais, dado que a execución das obras é necesario o outorgamento das licenzas municipais, “os proxectos foron todos remitidos na segunda quincena de abril aos

mio FP Dual Galicia que contará con categorías dirixidas aos titores, ás pemes, ás grandes empresas e ás organizacións . Outra iniciativa relevante será a de poñer a disposición dos distintos actores recursos e materiais específicos como unha guía para centros, outra para empresas e información ao alumnado. E impulsarase a formación específica dirixida ás persoas dinamizadores de REGADual.

COMEDORES ESCOLARES Por último, e tamén no eido educativo, o responsable do Executivo autonómico destacou o visto e prace ao prego de prescricións técnicas que rexerá a contratación da xestión de 133 comedores escolares, xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o vindeiro curso 2019/20, por un importe de 18,4 millóns de euros. Nesta convocatoria valorarase con 5 puntos o uso de produtos de tempada na elaboración dos menús, ao igual que o emprego de produtos lácteos de proximidade. E valorarase tamén que a materia prima empregada na confección dos menús sexa adquirida en establecementos de proximidade.

concellos, polo que estimamos que haberá tempo suficiente”, indicou. Jesús Oitavén destacou que a plataforma de Contratos de Galicia publica este mes a licitación das 22 rehabilitacións, o que permitirá adxudicar as obras a finais de xuño e comezalas a mediados do mes de xullo, a condición de que se outorguen as pertinentes licencias municipais. Deste xeito, a maior parte das obras de maior impacto e incomodidade podería quedar finalizada no comezo do curso, de tal maneira que as restantes obras interfiran o menos posible na actividade lectiva.

A exposición do IES Álvaro Cunqueiro dará a coñecer a figura de Fraguas A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, entregaron o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas ao IES Álvaro Cunqueiro (Vigo) polo traballo Insuela, nun acto celebrado neste instituto vigués. O certame escolar conta tamén coa colaboración de Feiraco, que estivo representada polo seu presidente, José Montes Pérez. Carmen Pomar felicitou a alum-

nado e docentes pola súa implicación na elaboración dos carteis e guía didáctica gañadores, que recollen os valores de Antonio Fraguas, “un home que dedicou a súa longa existencia a recoller e protexer do esquecemento todo o que se estaba perdendo da Galicia tradicional”, ademais dun “mestre con verdadeira entrega e vocación ao ensino”. As exposición gañadora difundirase no Portal da Lingua Galega e será distribuída por máis de 2000 puntos de interese.

Os concellos dispoñen de 2 anos para adaptar as licencias ao novo catálogo de espectáculos públicos O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a Comisión de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, encontro no que se presentou e analizou o proxecto de Decreto polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público de Galicia. A finalidade principal deste novo texto é adaptar o catálogo anterior, de 2004, ás necesidades reais actuais e ás novas formas de ocio, asegurando a compatibilidade entre o dereito ao lecer e o dereito ao descanso da cidadanía. O texto foi elaborado de acordo cos dous grupos de traballo constituídos no seo desta Comisión e foi sometido tamén ao trámite de información pública. O proxecto de Decreto establece unhas disposicións de carácter xeral e inclúe como anexo un Catálogo no que se recollen as diversas tipoloxías de establecementos públicos, espectáculos públicos e actividades recreativas. Desta forma, dótase tanto aos titulares de establecementos como aos organizadores dun marco normativo estable.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu onte a Comisión de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, encontro no que se presentou e analizou o proxecto de Decreto polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público de Galicia. A finalidade principal deste novo texto é adaptar o catálogo anterior, de 2004, ás necesidades reais actuais e ás novas formas de ocio, asegurando a compatibilidade entre o dereito ao lecer e o dereito ao descanso da cidadanía. O texto foi elaborado de acordo cos dous grupos de traballo constituídos no seo desta Comisión e foi sometido tamén ao trámite de información pública. O proxecto de Decreto establece unhas disposicións de carácter xeral e inclúe como anexo un Catálogo no que se recollen as diversas tipoloxías de establecementos públicos, espectáculos públicos e actividades recreativas. Desta forma, dótase tanto aos titulares de establecementos como aos organizadores dun marco normativo estable.


Provincia

Maio 2019

Carmela Silva sinala a importancia da UE para “unha provincia con máis recursos e máis dereitos”

A Deputación lidera 15 programas para a modernización industrial, a sustentabilidade, a xestión transfronteiriza e a mellora do emprego, formación, emprendemento e o turismo da provincia A presidenta da Deputación de Pontevedra reivindicou con motivo do Día de Europa a importancia da Unión Europea para a construción “dunha provincia con máis recursos e máis dereitos”. Para Carmela Silva “hoxe é un día moi importante” e para elo recordou que a institución está a liderar ata 15 proxectos europeos dotados con 24 millóns de euros para mellorar a vida da cidadanía da provincia. “A xente ten que saber canto nos xogamos por defender

que siga habendo unha Unión Europea, xa que moitos proxectos que desenvolven as administracións públicas para mellorar a calidade de vida da cidadanía e desenvolver o territorio teñen que ver cos recursos que chegan de Europa”, asegurou a presidenta. Para Silva “non hai mellor forma de celebrar o Día de Europa que dando a coñecer todos os proxectos e iniciativas que se desenvolven con recursos que achega a Unión Europea á Deputación”.

Neste eido, a presidenta destacou que co financiamento europeo se están a impulsar ata 15 actuacións dotadas con 24 millóns de euros para fortalecer o medio ambiente, impulsar o desenvolvemento económico e a modernización industrial, dinamizar os sectores primarios, poñer en valor o turismo e promover o emprego, emprendemento e a formación. Máis polo miúdo, tal e como detallou Silva, a Deputación con financiamento europeo está a mo-

dernizar a industria da provincia con iniciativas como IN 4.0 de adaptación do modelo de industria 4.0 ao sector da construción naval. Tamén actuacións para impulsar un territorio máis sustentable como o proxecto Estraee (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) e a iniciativa de eficiencia enerxética a través de iluminación exterior sustentable e substitución de caldeiras de gasóleo por caldeiras de biomasa. A través de achegas da Unión Europea, a Deputación de Pontevedra está a configurar unha Eurorrexión Norte de Portugal–provincia de Pontevedra que aposte por impulsar experiencias piloto de xestión e turismo transfronteirizo e proxectos que impulsen o emprego a ambas beiras do Miño a través dos proxectos Visit Minho e Smart Minho. No eido do emprego, o emprendemento e a formación a presidenta da Deputación de Pontevedra mencionou ata nove proxectos en marcha con recursos europeos entre os que se atopan DepoEmprende 2016 e 2017, PracticumDepo, o coworking de Barro, DepoIntegra Xoven, Labora 2020, Millenials, Depoverde e Depoapicultura. Amais, a institución provincial está tamén a impulsar con financiamento europeo iniciativas encamiñadas á mellora do sector turístico como Tourist Inside Rías Baixas e Protura. O Día de Europa celébrase o 9 de maio en recordo da “Declaración Schumann”, o discurso pronunciado o 9 de maio de 1950 por Robert Schumann relativo á cooperación política entre as nacións de Europa. Carmela Silva recordou que este discurso, “pronunciado fai xa 69 anos converteuse no xerme do que hoxe coñecemos como Unión Europea”.

Xornal 21

7

A Deputación identificará o gando equino dos montes A Deputación de Pontevedra e o Colexio Oficial de Veterinaria acaban de acordar a identificación de ata 400 exemplares de gando equino que viven en réxime de liberdade ou semiliberdade nos montes da provincia, dando así resposta á inquedanza das comunidades de montes e ante a inacción da Xunta de Galicia. En total, a institución provincial inviste na actuación 9.600 euros co obxectivo de preservar o valor etnográfico, turístico, medioambiental e sostible das explotacións gandeiras tradicionais, ao tempo que impulsar o cumprimento da normativa vixente relativa á identificación dos équidos. Para a presidenta da Deputación, Carmela Silva, "hai moitas experiencias para vivir na provincia de Pontevedra e, no caso do gando equino, falamos de tradicións, de algo que nos identifica dunha forma moi especial, que vive libre nos nosos montes onde desenvolve un papel fundamental no coidado e preservación do medio ambiente". Neste eido, Silva incidiu na necesidade de apoiar este tipo de explotacións gandeiras "con todas as garantías" e na importancia de identificar os équidos para cumprir a normativa vixente. Pola súa banda, o presidente do Colexio Oficial de Veterinaria, Luis Núñez Desiré, agradeceu o compromiso da Deputación "que aínda que non ten competencias, con esta axuda para identificar o gando equino marca unha referencia a nivel galego xa que é a primeira administración que o fai". Neste contexto, Núñez explicou que a aportación da Deputación para a identificación dos équidos permite reducir o 70 % do custo que suporía esta actuación para as persoas gandeiras.


8

Provincia

Xornal 21 Maio 2019

A Gala do Deporte Feminino galego fai un canto unánime á igualdade

A Deputación de Pontevedra recibiu o premio de “Institución pública amiga do deporte feminino” pola súa promoción da igualdade en todas as disciplinas deportivas Os VII Premios do Deporte Feminino Galego encheron o Auditorio Municipal de Vilagarcía de éxito, talento, esforzo e igualdade. Preto dunha vintena de mulleres deportistas e entidades vinculadas a este ámbito foron galardoadas na gala organizada pola Deputación de Pontevedra e impulsada pola Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA), un evento que ten por obxectivo darlle máis visibilidade aos triunfos que cada ano colleita o deporte feminino galego para que sexa máis recoñecido pola sociedade. A Gala converteuse tamén nun canto unánime á igualdade que estivo presente nas intervencións das autoridades asistentes como o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a presidenta de MUDEGA, Mercé Barrientos, o secretario xeral do Deporte, Lete

Lasa, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva. Silva, que recolleu o premio á “institución pública amiga do deporte feminino” pola súa promoción da igualdade en todas as disciplinas deportivas, quixo nomear a cada unha das deportistas premiadas “porque o que non se nomea non existe”. A presidenta lembrou “o moito que nos custa todo ás mulleres e especialmente no deporte, para acadar o que nos pertence, porque somos o 52% da poboación e queremos a metade de todo. É querémolo agora, engadiu, porque xa son chegados os tempos”. Carmela Silva sinalou que “o deporte tivémolo vetado pero tamén é certo que cando chegamos somos unha forza imparable. Os grandes éxitos deportivos no noso país teñen nome de muller, o medalleiro ten nome

de muller, aínda que non ocupemos os espazos mediáticos que merecemos”. Silva agradeceu a MUDEGA o seu traballo “para que esta gala se realice, a gala máis importante que se fai orque amais de recoñecer a mulleres potentísimas, é un berro reivindicativo que aínda é necesario e que será necesario algún tempo máis. Temos avanzado moito, dixo, pero ese avance ten que ser o noso impulso para seguir a loitar“ Ao longo do gala entregáronse galardóns en quince categorías que premiaban distintos aspectos deportivos. A atleta ribeirense Ana Peleteiro foi proclamada “Mellor deportista feminina” e recoñeceuse o seu gran salto internacional no 2018, ano en que logrou a medalla de bronce no Mundial de Pista Cuberta de Birmingham e o bronce no Europeo ao aire libre de Ber-

O PP de Pontevedra reúne aos seus candidatos ás Alcaldías da provincia

lín. As xogadoras de fútbol Tere Abilleira e Malena Mieres, campioas de Europa sub 19, foron premiadas como “Mellor deportista feminina galega”. A longa carreira deportiva de Nieves Gamallo recoñeceuse co “Premio á traxectoria”, por ser todo un referente no balonmán feminino galego, no que foi xogadora, adestradora, delegada e fundadora dun club. En canto á categoría de “Mellor deportista feminina con diversidade funcional” a galardoada foi Susana Rodíguez Gacio tras coroarse como campioa do Mundo de paratríatlon en Gold Coast e subcampioa de Europa. O premio ao “Mellor equipo feminino” foi para ao Atlético Guardés, que acadou o título da Liga na máxima categoría do balonmán feminino en 2017 e, ao ano seguinte, quedou como se-

O PP de Pontevedra reuniu aos seus candidatos ás Alcaldías da provincia coa vista posta na campaña das eleccións municipais, que afrontará “con forza”. Antes do encontro, o presidente provincial, Alfonso Rueda, indicou que os populares están “con ilusión e con moitas gañas” e que, “como facemos sempre, o vindeiro día 26 vamos sair a gañar”. “As sensacións que percibimos en todos os lugares onde estamos presentando aos nosos candidatos son moi positivas, con moito apoio dos veciños, enchendo sempre. Nótanse o compromiso e as gañas de traballar dos nosos”, dixo. Nesta liña, apelou a unir o

gundo clasificado. O galardón a “Mellor club” recolleuno o Cidade de Lugo Fluvial polos seus éxitos no 2018: Campioas da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon, campioas de España de Dúatlon por clubs, campioas da Copa do Rei de tríatlon e sextas no Campionato de Europa de Tríatlon por clubs. Carla Abad foi recoñecida como “Mellor adestradora do deporte feminino”, ao ser a técnica de Balonmán Cañiza e seleccionadora galega infantil feminina, coa que acadou a medalla de bronce no campionato de España 2018. Zulema González, galega de Terceira División e árbitra da primeira categoría de fútbol feminino, converteuse na “Mellor árbitra”. Tamén a directiva do Burela F.D. obtivo o recoñecemento de “Mellor directiva” por facer historia ao asinar o primeiro convenio colectivo de fútbol sala feminino. Ademais, o premio a “Medio de comunicación amigo do deporte feminino” concedeuse ao Faro de Vigo e ao Diario de Pontevedra. O premio para a “Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino” foi para Rodosa, unha empresa que patrocina tanto a deportistas como a clubs femininos e eventos deportivos. O de “Institución pública amiga do deporte feminino” foi para a Deputación de Pontevedra, pola promoción do igualdade no deporte. En “Mellor iniciativa a prol do deporte feminino” o premio recaeu na Escola de Fútbol Feminino Rosalía (Ourense), fundada en 2018 para dar saída a todas esas nenas que queren xogar ao fútbol e non atopaban acomodo noutros clubs. No transcurso da gala, tamén se fixo entrega dunha mención especial á esgrimista Judith Rodríguez, que o pasado ano, volvendo da disputa dun campionato, sufriu un grave accidente de tráfico, do que se está a recuperar. Ademais, a título póstumo, o deporte feminino galego homenaxeou a Manuel González Soto, ex presidente do Chapela de balonmán, pola súa aposta polo balonmán feminino, e a Micalea Sinde, que levou a bandeira galega ata o Polo Norte e apostou polo deporte na loita contra a enfermidade.

voto en torno ao PP, que definiu como “a única alternativa viable aos gobernos de esquerdas” e puxo en valor a experiencia e o saber facer dos populares nos gobernos municipais ao longo de moitos anos. “Hai quen na súa carta de presentación presume de que nunca fixo nada en política. O PP pon a súa experiencia de xestión e o sue balance de servizo en Galicia”. Por último, Alfonso Rueda chamou aos seus a traballar en equipo e con unidade, “como sabemos facer no PP”, polo que amosou a súa confianza en obter un gran resultado en todos os concellos da provincia. “Todas as nosas listas teñen carácter gañador”, suliñou.


Provincia

Maio 2019

Aprobadas as bases que regulan as bolsas de axuda para deportistas de alto nivel

Xornal 21

9

O BOE publica o convenio da agua para resolver o abastecemento en toda a comarca de Vigo O Boletín Oficial del Estado (BOE) publicaba o venres 10 a resolución do 24 de abril de 2019 do convenio entre o Concello de Vigo, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Aguas de Galicia para a mellora da garantía de abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra.

O acordo ten como obxectivo a busca dunha solución conxunta para poñer fin aos problemas de abastecemento que sofre a comarca de Vigo de forma reiterada. O convenio permitirá definir as medidas a tomar para garantir a auga a toda a poboación de forma definitiva e evitar a escaseza en períodos de seca.

A Deputación destina máis de 90.000 euros para o festival PortAmérica Rías Baixas

Carmela Silva resaltou que “con estas bolsas axudaremos ás e aos deportistas da provincia a preparar os seus obxectivos coa maior tranquilidade e a maior dedicación posible” Redacción Xornal21.es

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras para a concesión de bolsas ás e aos deportistas que xa teñen o recoñecemento da marca provincial na categoría de deportistas de alto nivel (DEPO-DAN) e na de deportistas promesa (DEPO-PROMESA). As bolsas, dotadas cun total de 200.000 euros, destinaranse a apoiar e posibilitar a súa participación nas competicións internacionais e nacionais para o ano 2019 e así axudarlles na consecución dos logros que lles permitan acadar a súas futuras metas deportivas. Esta nova marca de alto rendemento deportivo da Deputación conta con 116 deportistas na categoría DEPO-DAN e 74 en DEPO-PROMESA. En total 87 mozas e 103 mozos. Carmela Silva relatou que “tras publicar as bases reguladoras do proxecto no mes de decembro e unha vez publicouse no BOPPO a listaxe definitiva de mozos e mozas deportistas da provincia que obtiveron o recoñecemento da nova marca da Deputación, agora apromanos as bases reguladoras para que as e os interesa-

dos poidan solicitar as axudas”. As solicitudes deberán realizarse preferentemente por medios electrónicos nun prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria e do extracto no BOPPO. A presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que “as e os deportistas están divididos en dous grupos de axudas, grupo A, para deportistas con recoñecemento de DEPO-DAN, e grupo B, para deportistas con recoñecemento DEPO-PROMESA”. Máis polo miúdo, no grupo A haberá catro categorías: A1, con 2.000 euros, para deportistas que acrediten un podio nun Campionato do Mundo; A2, con 1.250 euros, para deportistas do 4º posto en adiante no Campionato do Mundo ou podio no Europeo; A3, con 900 €, do 4º posto en adiante nun Campionato de Europa ou podio no Campionato de España, ou A4, 500 €, do 4º posto en adiante no Campionato de España ou podio no Campionato Galego. O mesmo ocorrerá co grupo B, deste xeito as e os do B1 recibirán 1.200 euros; do B2, 800 euros; do B3,

Novas achegas de Europa para impulsar a eficiencia enerxética A presidenta da Deputación informou de novas achegas do Fondo Social Europeo por valor de 712.373,15 euros para a mellora da eficiencia enerxética nos concellos de Tui, A Guarda, Ni-

grán, Barro, Cambados, Caldas, Portas, Rodeiro, Meis e Salvaterra. Estes novos recursos enmárcase no proxecto europeo que lidera a institución provincial que, cun orzamento total

500 euros, e do B4, 300 €. Máis polo miúdo, en canto á categoría de Deportista de Alto Nivel (DEPO-DAN), obtiveron a marca da Deputación deportistas dos seguintes concellos: A Estrada (3), A Guarda (4), Barro (1), Cambados (1), Cangas (10), Catoira (3), Cerdedo-Cotobade (1), Gondomar (1), Illa de Arousa (2), Lalín (1), Marín (3), Moaña (4), Mos (1), O Grove (5), Oia (1), Poio (3), Pontevedra (26), Salceda de Caselas (2), Salvaterra do Miño (1), Sanxenxo (3), Tomiño (2), Tui (12), Valga (1), Vigo (20), Vila de Cruces (1), Vilaboa (1), Vilagarcía de Arousa (2), Vilanova de Arousa (1). Pola súa banda, en canto ás e aos deportistas que obtiveron a marca DEPO-PROMESA, rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos, pertencen aos seguintes concellos: A Estrada (1), A Guarda (1), Caldas de Reis (1), Cambados (1), Cangas (2), Gondomar (2), Marín (2), Moaña (6), Moraña (1), O Grove (4), O Rosal (1), Poio (2), Ponteareas (2), Pontecesures (2), Pontevedra (16), Salvaterra (2), Tomiño (5), Tui (1), Valga (1), Vigo (17), Vilagarcía (2), Vilanova de Arousa (2).

de 4 millóns de euros, vai impulsar a eficiencia enerxética en 43 concellos da provincia. Coa nova aprobación de 712.373,15 euros, que se suma aos 1,72 millóns de euros xa concedidos a comezos de abril, a Deputación dispón de 2.432.373,10 euros para substituír 6.134 puntos de luz por luminarias LED que xerarán un aforro estimado do 61% en 34 concellos da provincia. Así, xunto aos dez concellos para os que se veñen de aprobar recursos, tamén se benefician xa do proxecto Tomiño, Covelo, Meaño, Poio, Vilanova de Arousa, O Porriño, Silleda, Pontecesures, Crecente, As Neves, Oia, Arbo, Fornelos de Montes, O Grove, A Illa de Arousa, Mos. Moraña, Baiona, Soutomaior, Mondariz, Pazos de Bordén, Moaña, O Rosal e Cuntis.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 90.750 euros ao festival PortAmérica Rías Baixas 2019, que terá lugar en Caldas de Reis do 4 ao 6 de xullo. O festival, integrado nos #RíasBaixasFests, é en palabras da presidenta provincial Carmela Silva "un elemento de atracción turística potentísimo, que amosa a nosa creatividade, o noso talento e que confirma que a industria musical da provincia é das máis relevantes de Galicia". PortAmérica celebrarase na contorna natural da carballeira de Caldas e, como todos os anos, combinará gastronomía e música ao tempo que tende pontes entre a provincia de Pontevedra e América. Nos anos 2015, 2017 e 2018 o festival recibiu o Premio Fest como "mellor zona gastronómica" xa que a través do ShowRocking, comisionado por Pepe Solla, concentra a estrelas Michelín e soles

Repsol que ofrecen pinchos gourmet a prezos populares. Este ano está previsto que PortAmérica conte con grupos da talla de Madness, Andrés Calamaro, Rozalén, Carlos Sadness, Depedro, Amaia, La Casa Azul, Mon Laferte, Zahara, Sidecars, Monsieur Periné, Morgan, Vega, Carolina Durante, Elefantes, Combo Viramundo, Los Espíritus, Trending Topics, Él mató a un policía motorizado, Cuarteto de Nos, Natalia Ferviú DJ, Miss Bolivia, Pablo Lesuit, Santi Araújo, Presumido, Nixon, Anarchickcs, Cándida, El lado oscuro de la broca, Trapical Minds, Sonidos Mans ou La Duendeneta. PortAmérica está integrado na marca #RíasBaixasFest, que impulsou a Deputación de Pontevedra no ano 2016, e na que se integran tamén o Atlantic Fest, Vive Nigrán, SinSal, SonRías Baixas, Revenidas e O Marisquiño.


10

Xornal 21 Maio 2019

Mos

A programación das Letras Galegas en Mos inclúe música e teatro O Concello de Mos informa da programación municipal con motivo do Día das Letras Galegas 2019 dedicado a Antón Fraguas. O programa de actividades comezará un día antes das Letras, o xoves 16 de maio, cun concerto de Andrea Pousa ás 22.00 horas nos exteriores do Pazo de Mos. Pousa contará coa colaboración da bailarina acróbata aérea Rebeca Santos nun espectáculo incluído no Musigal e organizado polo Concello de Mos coa colaboración da Deputación de Pontevedra. O propio Día das Letras Galegas, venres 17 de maio, dará comezo ás 11.30 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, o Festival Letras Galegas 2019 en Homenaxe a Antón Fraguas. O sábado 18 de maio ás 20.00 horas haberá un concerto de Rosa

Cedrón e da Banda de Música Xuvenil de Torroso no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. E por último, o domingo 19 de maio ás 18.00 horas a programación das Letras 2019 clausurarase cunha actividade do programa municipal Ocio en Familia consistente nunha actuación de Migallas Teatro que representarán, tamén no auditorio de Torroso, a obra “Un avó moi especial”. Función teatral sobre como normalizar entre o público infantil a existencia da doenza do Alzhéimer nun membro da familia. Trátase dunha iniciativa con motivo do 25 aniversario de AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia) que xestiona o Centro de Día de Petelos e traballa conxuntamente co Concello de Mos.

A Louriña

Nidia Arévalo proxecta unha residencia de maiores cun centro de día no Rebullón

Curso de atención sociosanitaria no fogar Xa se atopa aberto o prazo de inscrición Desde o Concello de Mos ofértase un curso de atención sociosanitaria no fogar que se impartirá nas instalacións da Axencia de Colocación os martes e xoves pola tarde. O horario das clases teóricas será pola tarde de 16:30 horas a 20:30 horas e o das clases prácticas será de mañá. Trátase dunha acción formativa totalmente gratuíta e poden participar todas as persoas maiores de 18 anos, sexan ou non do Concello de Mos, tendo preferencia as empadroadas no Concello. O prazo de inscrición rematará o 22 de maio. Os interesados deberán inscribirse no Rexistro do Concello ou na

Axencia de Colocación do Concello de Mos (antigo CDL). Realizarase unha entrevista individual ás persoas que soliciten a participación no curso, como criterio de selección. A lista de admitidos/as publicarase o 24 de maio na Axencia de Colocación e nas oficinas de Servizos Sociais. O número de prazas dispoñible é de 15 por grupo por rigorosa orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello. O curso terá unha duración de 140 horas (40 horas de teoría e 100 de prácticas). Para acadar o diploma correspondente, ós participantes deberán realizar o 80 por cento das horas determinadas.

Mos aproba as pistas de pádel e skate no Santiaguiño O Concello de Mos ven de aprobar a proposta de adxudicación da empresa que acometerá a obra de de recuperación de área recreativadeportiva en Santiaguiño con subministro de pistas de pádel e skate. Obra que será subvencionada, -a través dun convenio de colaboración xa asinado coa administración local mosense-, pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia cun importe total de 36.300 euros. Co subministro e instalación das pistas de pádel e skate en Santiaguiño preténdese revitalizar esta zona, recuperar unha área recreativa deportiva e poñela en valor. Deste xeito dinamizarase a zona de Santiaguiño, área de espazos ao aire libre, verdes e deportivos, que nos

últimos anos está sendo obxecto de rexeneración e creación de elementos dinamizadores para a xuventude, tanto ambientais como deportivos. Coa revitalización desta zona aténdese ademais á demanda veciñal.A pista de pádel a instalar terá unhas dimensións de 20 x 10 metros e a rampa para skateboard será de 140 de radio e medidas de 9 x 2,50 x 1,40 metros. A actuación realizarase nunha parcela municipal na que actualmente existe unha pista deportiva de futbito que, con esta actuación, verá diversificado o seu uso deportivo recuperando a zona e sumándose ao xa existente circuíto deportivo de elementos de ximnasia ao aire libre, situado na zona verde que se atopa a escasos metros de distancia.

A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, anunciou nunha visita ás actuais instalacións do centro acompañada de Fabiola García, conselleira de Política Social, que impulsará un proxecto de rehabilitación do Rebullón para transformalo nun espazo social que incluirá unha residencia de maiores e un centro de día. Esta é a promesa máis destacada de Nidia Arévalo dentro do seu programa electoral en materia de política social para a próxima lexislatura.

Medio Ambiente bonifica 16.730 m² no parque da Veigadaña A Xunta de Galicia acaba de adxudicar un total de 69.494,53 metros cadrados de solo empresarial nos parques de Carballo, Santiago de Compostela, Negreira, Lugo, Viveiro, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Mos. Así se acordou esta mañá durante a reunión da comisión executiva de Xestur Galicia, empresa pública dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Para continuar facilitando o acceso a solo empresarial nalgún dos parques existentes da comunidade, a Consellería de Medio Ambiente puxo este ano a disposición das empresas galegas ou daquelas de fóra interesadas en asentarse na comunidade máis de 1,25 millóns de metros cadrados pertencentes a Xestur e ao IGVS con prezos de venta bonificados nun 50% ou nun 30%, dependendo da zona onde se empracen as parcelas. Concretamente no parque Empresarial de Mos adxudicouse unha parcela de 16.730 m² cunha bonificación de 569.321,90 euros.

Mos é un concello, segundo lembrou a candidata á alcaldía, “que adica a súa maior partida orzamentaria a asuntos sociais”. O Rebullón pertence á Xunta de Galicia e acolle nestes intres obradoiros impartidos pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) e o 061, que conta cunha base de ambulancias nestas instalacións. Outras cuestións que forman parte do programa electoral de Arévalo en materia de política social son o impulso de “Mos

Axuda”, a través dos servizos sociais municipais, o impulso do Centro de Día de Petelos co programa de Respiro ás familias, obradoiros e charlas, e especial atención as enfermos de Alzheimer, o mantemento das actuais oito vivendas sociais, conseguir a lista de espera “0” no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), a continuación do servizo de teleasistencia e o programa Xantar na Casa, así como o continuo apoio ás organizacións de Mos como Asodifisi, EVD Galicia, Aceesca e Cogami.


A Louriña

Maio 2019 Xornal 21

Mos

11

O Mestre Gaiteiro José Martínez, homenaxeado no ABRENTE FOLK

O colexio Estudo gaña o II Encontro de Debate Escolar O Castro British School acolleu por segundo ano consecutivo o II Encontro de Debate Escolar, que se celebrou nas instalacións deste colexio situado en Mos. O evento, organizado por CODE, patrocinado por WEDU Sociedade&Educación, O Castro British School e o Concello de Mos e a colaboración da asociación Retórica da Universidade de Vigo, congregou a máis de 70 escolares de ESO de sete entidades de Vigo e a súa área metropolitana, entre os que figuraron HH Carmelitas, O Castro British School, Colexio Estudo, Escola Rosalía de Castro, Inventiva Asociación ou Aldeas Infantís. En total, participaron 32 equipos compostos por dous membros cada un, que mediron as súas

habilidades de oratoria baixo a fórmula Debate Parlamentario. Equipos do colexio anfitrión,

O Castro British School, da asociación Inventiva e do colexio Estudo foron os que conseguiron chegar ás roldas finais do encontro, que finalmente gañou un equipo do colexio Estudo O evento contou coa participación do gran comunicador, Roberto Pérez Marijuán, que ofreceu

unha charla inspiradora a todos os asistentes, e do orador, Iván Olmos, subcampión mundial de debate en español. Ademais, no transcurso do evento fíxose entrega do premio ao finalista do I Concurso de Oratoria, dirixido a alumnos de 3º a 6º de Primaria matriculados naqueles colexios ou institucións que participaron no II Encontro de Debate Escolar, así como doutros centros escolares públicos, privados e concertados do Concello de Mos e área metropolitana de Vigo. O Director do colexio, Mr. Nathan Parry, o tenente de alcalde Alberto Méndez, e Silvia Lobato, Presidenta de CODE, foron os responsables de entregar os premios aos finalistas.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta do Círculo Cultural Abrente, María Romero Lago, -acompañadas pola concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, e o músico Xaime Estévez Vila- comunicáronlle no salón de Sesións da Casa Consistorial mosense ao Mestre Gaiteiro José Martínez García, que o Concello xunto coa directiva do Círculo Cultural Abrente, decidiron organizarlle un acto homenaxe. A devandita homenaxe pretende conmemorar a traxectoria de Martínez, de 83 anos de idade, que foi un dos pioneiros Mestres Gaiteiros do municipio e o primeiro profesor de gaita de varias agrupacións culturais mosenses, tales coma Anduriñas de Dornelas, A Cividade de Louredo, C.R.C de Torroso, Santa Eulalia de Mos, C.C. Herville, As Pedriñas (no Campo da Feira) e C.C. Abrente, entre outras. Ademais dalgunhas tamén fóra de Mos. José Martínez exerceu durante un total de 35 anos de mestre de gaita, dende os 35 ata os 70 anos. A rexedora local e a presidenta

do Abrente destacaron sobre José que “é para nós un gran orgullo contar en Mos cun veciño coa súa vagaxe musical, a pesares de ser autodidacta, e co seu bo facer tanto como gaiteiro como docente de nenos e adultos, que o lembran con grandes afecto e admiración. Mostra da súa valía é o cariño incondicional que lle profesan referíndose sempre a el como o señor José, o gaiteiro”. Nacido na parroquia de Mos, pasou a maior parte da súa vida en Dornelas, onde segue a vivir na actualidade. Alí é un vecño querido e admirado pola súa calidade humana, cercanía e humildade. Por todos estes motivos será o primeiro homenaxeado dentro do Festival “ABRENTE FOLK” que terá lugar o vindeiro 2 de xuño ás 18.30 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, coa colaboración do Concello de Mos. Arévalo e Romero concluíron “esperando que a José lle faga tanta ilusión este acto homenaxe como aos membros do Abrente e desta Corporación Municipal”.

Natación Mos ofrece un mes gratis para iniciarse neste deporte Dende o Club Natación Mos informan de que están a ofertar un mes gratuíto para que os nenos/as que estean interesados en iniciarse neste de porte e desexen probar poidan facelo.

“Cremos que ofertar un mes gratuíto é o mellor xeito de que os rapaces poidan adestrar connosco, coñecer o funcionamento diario do club e animarse a formar parte del se realmente lles gusta”, explican dende o Club.


12

Xornal 21 Maio 2019

Mos

A Louriña

Os acordeóns protagonistas nun concerto especial celebrado no Auditorio de Torroso

Gañamos inicia campaña en Tameiga O acto de apertura de campaña de Gañamos celebrouse o venres 10 de maio no salón do CDL en Puxeiros. No evento tamén participaron deputadas do parlamento galego. Deste xeito Gañamos presentaba oficialmente ás persoas inte-

grantes da súa candidatura e tamén amosaban un destacado do seu programa de medidas “para un Mos con futuro”. Dende a formación política sinalaban que “a necesidade de cambiar de goberno en Mos vai máis aló das diferencias ideolóxicas. Te-

grupo ‘Argonat Band’. Nesta ocasión contaron, coma invitada especial, coa espectacular actuación da ‘Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao’.

tiron diferentes agrupacións, entre elas, Acordeóns do Palomar, Acordeón Monte da Mina (Castrelos), Acordeóns da Escola de Música de Mos, Acordeón de Tomiño e o coñecido

O concerto foi organizado polo profesor e director Juan Bande quen contou coa a axuda dos profesores da Escola, para acompañar aos grupos coa súa música.

mos que sumar entre todas para erradicar do noso Concello a pésima xestión do Partido Popular que está levádonos á ruína económica e á quebra social. Non pode continuar este goberno que enfronta e divide á veciñanza para acadar os seus propósitos”.

O BNG de Mos presentou o seu programa electoral en Torroso O BNG de Mos abriu a campaña electoral en Torroso, cun acto público que serviu para presentar as propostas recollidas no seu programa para os próximos catro anos. O candidato á alcaldía, Gustavo Barcia, indicou que se presenta ”cun proxecto para gobernar” e marcouse o obxectivo de “cambiar Mos, da man da veciñanza, tralas eleccións do próximo 26 de maio”. Arroupado polos membros da súa candidatura, manifestou o seu desexo de “construír un concello máis social, máis verde, feminista e que defenda á veciñanza fronte os especuladores”. O programa do BNG recolle medidas para mellorar os servizos públicos, como estender o saneamento ás zonas onde agora non chega ou ampliar a rede de autobús urbano para conectar todas as parroquias entre si e cos concellos de arredor. Inclúe tamén propostas concretas para os servi-

O pasado 13 de abril tiña lugar a quinta edición do Concerto-Audición de acordeóns, celebrado no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. Como todos os anos asis-

Comeza o traslado da firma Bimba e Lola ao seu centro loxístico de Mos

Mellorar os servizos públicos, reformar o PXOM ou crear espazos de convivencia con humanizacións en todas as parroquias son algunhas das propostas zos sociais, a rexeneración democrática do Concello, o medio ambiente ou o urbanismo, que é, para os nacionalistas, unha liña de actuación prioritaria. Gustavo Barcia lembrou que o BNG votou en contra do actual Plan Xeral, pero indicou que “a solución non é tiralo abaixo, porque un PXOM costa moito diñeiro e leva moito tempo facelo”. Defendeu a necesidade de modificar o actual documento para revisar, entre outros aspectos, o ancho das vías e puxo como exemplo do que non se debe facer a construción da senda peonil de Torroso a Petelos. Referiuse a ela coma “o paseo da mor-

te” e indicou que “non ten sentido reformar unha estrada para manter as mesmas curvas e deixala máis estreita”.

HUMANIZACIÓNS AS PARROQUIAS

EN TODAS

Entre as propostas que se expuxeron no acto de apertura de campaña está a de desenvolver traballos de humanización en todas das parroquias. Segundo Barcia, “o modelo do Pazo de Mos, que é crear unha contorna fermosa onde a xente se pode reunir, podemos trasladalo ao resto do concello”. O seu proxecto para Torroso é “humanizar a contorna da Igrexa” dixo.

A firma téxtil Bimba e Lola iniciou a operatividade do seu novo centro de loxística situado na zona de Santiaguiño en Mos, onde realizou un investimento de sete millóns de euros, destinados á modernización e automatización das súas novas instalacións. Desde Bimba e Lola explicaban que a culminación deste proxecto complementa o esforzo dun equipo humano que aumentou o seu persoal nun 16% o pasado

ano. Ademais, o seu conxunto de activos, persoal e loxística da compañía quedarán integrados nunha nova sociedade pertencente ao mesmo grupo (Bimba e Lola Loxística S.L.) A compañía española ha rexistrado no último ano unha facturación de 201,3 millóns de euros, dato que supón un incremento do 11,4 % máis que o exercicio anterior. A compañía opera en 272 tendas en 14 países do mundo.


A Louriña

Maio 2019 Xornal 21

Mos

Arévalo incorpora tres novos nomes entre os nove primeiros postos da candidatura popular

A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, preséntase ás eleccións municipais cunha candidatura na que aposta polo traballo desenvolto neste catro anos polo seu actual equipo de goberno. Se o lema de Arévalo na precampaña baséase nos feitos desta lexislatura e a defensa de “Mos por riba de todo” na súa xestión, esta é a liña que aplica ao seu equipo colocando nos postos de saída aos actuais concelleiros. Nestes postos hai espazo tamén para a renovación, coa incorporación de tres nomes (Leopoldo Costas, Begoña Toucedo e Gonzalo Alonso) que combinan xuventude e experiencia. Segundo Arévalo, “trátase dunha lista feita para defender os futuros intereses

de Mos e pensado nas necesidades de cada unha das parroquias xa que todas están representadas. A

mellora de Mos nos últimos catro anos é consecuencia directa do traballo ben feito do equipo que me

acompañou durante esta lexislatura”. O equipo, que foi presentado nun acto na praza do Pazo de Mos, conta con 27 mosenses (17 titulares e 10 suplentes). Nos titulares da candidatura hai espazo para seis caras novas e a lista de suplentes preséntase renovada na súa totalidade (só repite un) con moitos xóvenes (5 deles teñen menos de 21 anos), todo con respecto ao equipo que lle acompañou nas eleccións de 2015. “Unha mistura perfecta de experiencia e xuventude, cercana

13

e ao servizo dos veciños de Mos e na que todos mantemos a mesma forza e ilusión do primeiro día. É un equipo de Mos para Mos”, comentou a cabeza de lista. Como número dous, Arévalo aposta por Camilo Augusto Martínez, presidente do comité local dos populares mosenses e actual concelleiro, ao que lle segue Sara Cebreiro Alonso, de Dornelas, Alberto Méndez Lago, de Torroso. De número 5, incorpórase Leopoldo Costas, ex presidente de novas Xeracións de Mos, e veciño da parroquia de Pereiras. Segundo Arévalo, “Leo é un mosense loitador que coñezo ben. Leva ao meu carón dez anos traballando por este municipio. Ten moitísimo que aportar”. De número seis sitúase outra das súas concelleiras, Julia Loureiro Campo, de Guizán, á que lle segue outra nova incorporación que aposta pola xuventude. Trátase de Begoña Toucedo Rodríguez, veciña de Sanguiñeda, de 25 anos, traballadora da automoción e “moi deportista e con gañas de traballar por Mos”, destaca dela a candidata á alcaldía. De número oito está Gonzalo Alonso Táboas, “veciño incansable que leva toda a vida loitando por Cela, a súa parroquia”, subliña Arévalo. De nove, segue Baldomero Lorenzo García, de Louredo, outro concelleiro do equipo actual de goberno de Mos; de dez, José Areal Giráldez, de Petelos; de once, Óscar Soto Abadín, de Tameiga; de 12, Camilo Grandal Pérez; de Torroso; de 13, Pedro Loureiro Rodríguez, de Torroso; de 14, Lara das Dores González, de Pereiras; de 15, María Lourdes Castro Pérez, de Louredo; de 16, Isidoro José Táboas Moldes, de Sanguiñeda, e de 17, Lucía Blanco Campo, actual presidenta das Novas Xeracións de Mos.


14

Xornal 21 Maio 2019

Mos

A Louriña

Socialistas e Populares inician a campaña na Praza do Concello

As asociacións de Mos terán un desconto do 95% no imposto do IBI O Pleno Ordinario do Concello de Mos, na súa sesión do mes de abril, con tódolos puntos da orde do día aprobados pola unanimidade dos membros integrantes da Corporación Municipal asistentes á sesión plenaria. Concretamente a aprobación de dous dos puntos da orde do día resulta de especial relevancia para o tecido asociativo da localidade mosense. Trátase da ‘Modificación da Ordenanza Reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Introdución de bonificación fiscal’ e da ‘Aprobación do inicio do expediente de desafectación do inmoble da antiga escola de San Rafael’. Coa modificación da Orde-

nanza do IBI aprobase a bonificación do 95% no pago do IBI (Imposto de Bens Inmobles) a seis asociacións mosenses agora que a lei o permite. As asociacións que terán bonificado o pago do IBI a partir de 2020 dos seus locais sociais son A.V.V. Nosa Terra de Pereiras, A.V.V. Chan do Bosque, A.V.V. e Cultural Ledicia, Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado, Centro Cultural e Social de Herville, e A.V.V. San Rafael de Pereiras. A bonificación entrará en vigor o vindeiro ano 2020, xa que a modificación da ordenanza tivo que ser aprobada en Pleno e o orzamento de 2019 se atopa aprobado e en vigor.

As dúas mulleres candidatas, Victoria Alonso (PSOE) e Nidia Arévalo (PP) coinciden no inicio da campaña O pasado venres 10 de mayo ás 00.00 horas iniciábase en Mos a tradicional pegada de carteis que marcaba o comenzo oficial da campaña electoral. As e os candidatos terán ata o vin-

A candidata socialista Victoria Alonso.

diero 24 de maio para convencer aos votantes de que o programa que presentan é o mellor

Deputación e Concello reúnense para coordinar a humanización da estrada Puxeiros-Mos A finais de abril a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Alberto Méndez, o edil de servizos, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e o voceiro do grupo municipal do BNG, Miguel Anxo Aldesa Moscoso, reuníronse no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso con representantes das Asociacións das parroquias afectadas (Mos, Torroso, Dornelas e Tameiga) pola estrada provincial Puxeiros-Mos -dende o seu inicio no alto de Puxeiros ata a súa confluencia coa estrada Nacional 550-; e co deputado de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez. No encontro abordáronse as deficiencias e necesidades do devandito vial, acordándose a redacción por parte da administración provincial dun Plan Director co que optimizar esta estrada. Dentro deste Plan Director a Deputación estimará a inversión

necesaria para acometer a humanización integral, de principio a fin, deste vial. Os membros do tecido asociativo tiveron onte un papel fundamental xa que son os que mellor coñecen as necesidades da estrada, ao vivir ao seu carón, e aportaron as súas suxerencias para poder decidir por onde empezar este plan de mellora integral e detectar onde se atopan as necesidades de optimización da seguridade vial prioritarias. O Concello de Mos xa mantivera cos representantes das Asociacións unha reunión previa para abordar este tema ante a preocu-

A candidata popular Nidia Arévalo.

pación da veciñanza e por iso se solicitou a xuntanza de onte con Uxío Benítez. A principal problemática desta estrada é a elevada afluencia de tráfico e a elevada velocidade á que soen transitar os vehículos, xunto coas escasas zonas de paso seguro para peóns e ciclistas. Os viandantes e bicicletas abundan tamén neste vial ao existir ao longo do mesmo varios núcleos poboacionais importantes cun elevado fluxo de persoas como son as zonas do Colexio Pena de Francia, da Igrexa de Santa Mariña en Dornelas, do Centro Dotacional de Torroso e do Pazo de Mos. De ahí a necesidade de habilitar ao longo da estrada provincial Puxeiros-Mos rutas peonís humanizadas e seguras. No Plan Director da Deputación proxectaranse as zonas desta estrada onde é inminente a necesidade de actuación, e polas que se comezará a obra de humanización integral.

para o Concello. O primeiro cartel colocouno a candidata á alcaldía polo

PSOE, Victoria Alonso. Instrantes despois publicaba no taboleiro o seu cartel a candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo. Ámbalas dúas candidatas escolleron coma ubicación para dar inicio a esta campaña a emblemática praza do Concello de Mos. Mentras tanto o candidato nacionalista á alcaldía, Gustavo Barcia, e o cabeza de lista por Gañamos, Román González, escollían outras ubicacións do municipio para dar inicio a súa pegada de carteis.

Medio Rural asfaltará dous novos camiños en Guizán Subvencionarase a pavimentación dos viais de Coviñas e Mosqueira A consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, ven de concederlle ao Concello de Mos unha subvención relativa ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020. Este Plan promove actuacións dirixidas a fomentar os investimentos en infraestruturas viarias de titularidade municipal co obxectivo último de xerar cohesión social e territorial, e mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural,

contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal, segundo versa na resolución de concesión de axuda da consellería. Con dita axuda autonómica mellorarase a pavimentación de dous camiños na parroquia mosense de Guizán, Coviñas e Mosqueira. O orzamento total destes traballos ascende a 54.372,56 euros, subvencionando Medio Rural a contía de 44.936 euros e facendo a administración local unha aportación de 9.436,56 euros.


A Louriña

Maio 2019 Xornal 21

O Porriño

Carril bici, transporte público, un paseo polo Louro ou espazos de lecer as peticións dos máis cativos

15

O BNG presenta a candidatura para "avanzar na transformación real"

Pedro Pereira encabeza unha lista coa que pretenden “devolverlle a dignidade á acción política no Porriño e recuperar o tempo perdido durante nove anos de gobernos de dereitas, primeiro co PP e ultimamente co PSOE”

Vinte representantes de 10 centros educativos do Porriño (dous por centro) participaron a principios de maio no Pleno Infantil que o Concello celebra cada ano para promover a participación de nenos, nenas e adolescentes. Tratábase de visibilizar a súa opinión e dereito a participar na xestión da cidade recollendo as súas propostas, tal e como sinala a Convención sobre os Dereitos do Neno. Previamente a alcaldesa e a concelleira de Educación, en compañía dos nenos e nenas representantes dos centros de ensino máis os seus profesores e titores, acudiron ata a entrada do termo municipal pola

Avenida de Galicia onde instalouse un dos catro sinais informativos que lembran a condición do Porriño como “Cidade Amiga da Infancia”. A continuación, de volta na casa consistorial, a alcaldesa deu a benvida ós representantes de cada centro. Eva García lembrou que o mérito de esa declaración da UNICEF a favor do Porriño que acadou o Concello e recibiu en Oviedo hai meses, “tamén é un mérito de todos vós e da comunidade educativa da cidade”. Entre as propostas que os rapaces realizaron durante o Pleno Infantil moitas delas insistiron nunha maior dotación de espazos

de lecer e para practicar deporte; demandaron carril bici e transporte público en autobús para comunicar as parroquias e o centro urbán do Porriño. Asimesmo representantes de varios centros coincidiron en pedir un paseo polo río Louro xunto co saneamento do caudal e as súas marxes. A alcaldesa Eva García agradeceu as aportacións de todos os representantes de colexios e institutos participantes. Ó remate do pleno infantil a alcaldesa e a concelleira de Educación, Lourdes Moure entregaron agasallos e una placa conmemorativa a cada centro escolar participante.

García de la Torre candidata socialista á reelección no Porriño A candidata socialista á reelección no Porriño asegura seguir "firme" no seu compromiso de traballar “por cada un de vós, por cada unha das vosas necesidades” “É moi difícil que cando eu me comprometo con algo tire a toalla” aseguraba Eva García de la Torre que se comprometeu “a traballar por cada un de vós, por cada unha das vosas necesidades”. A candidata socialista á reelección no Porriño recordaba que fai catro anos “fixemos historia e por primeira vez unha

muller socialista chegou ao goberno do Porriño”. “Quero seguir gobernando”, confesou de la Torre, que denunciou a labor da oposición liderada polo Partido Popular. Pola súa parte David Regades asegurou que “o Partido Socialista ten unha especialidade, as eleccións municipais”, e puxo de exemplo o gran traballo levado a cabo por alcalde socialistas en Galicia e no resto de España. “Tierno Galván en Madrid; Pasqual Maragall en Barcelona; ou

sen irnos tan lonxe, Abel Caballero en Vigo”, puxo como exemplo o secretario xeral provincial. “Ninguén máis ten a capacidade que ten Eva de entender ao Porriño e poñer os recursos que precisa para seguir avanzando”, asegurou, Carmela Silva. A presidenta da Deputación de Pontevedra describiu á García de la Torre como unha muller “forte, do século XXI, intelixente e sensible”, que ademais “é unha namorada do Porriño, do seu pobo”.

Abriu o acto a responsable local do BNG, Ana Bastos, quen destacou a necesidade de desenvolver dende o concello políticas transformadoras, que melloren a vida das persoas; e de implicar a toda a sociedade, en especial á mocidade, na loita pola igualdade. Seguidamente interveu Sandra González, alcaldesa do concello de Tomiño e artífice do cambio radical que está a experimentar para ben a vila do Baixo Miño. Tomou a palabra despois o deputado autonómico Luís Bará, un dos grandes valores políticos do nacionalismo galego, polo seu traballo a prol da cultura, da recuperación da memoria histórica e dos proxectos máis innovadores para Galicia. Destacou na súa intervención “o valor que ten para

Galicia que o BNG teña representación no Congreso dos Deputados en Madrid”. Pechou o acto o candidato Pedro Pereira, quen subliñou a profunda transformación que para O Porriño significaron os gobernos do BNG de 2003 e 2007, dos que formou parte. Avances en calidade democrática, en transparencia, en modernización dos servizos, en apertura de espazos públicos para a veciñanza. Unha transformación que se truncou coa chegada dos gobernos da dereita, que estiveron máis preocupados polos seus intereses persoais que polo benestar da cidadanía. Anos en que a actividade política estivo máis centrada nos tribunais que no salón de plenos.


16

Xornal 21 Maio 2019

O Porriño

Alejandro Lorenzo presenta "un equipo para reconstruir O Porriño"

A Louriña

O exalcalde do Porriño, Nelson Santos, absolto do suposto delito de prevaricación A Audiencia Provincial de Pontevedra confirmou o pasado día 2 de abril a absolución do ex alcalde do Porriño, Nelson Santos Argibay e do seu exteniente de alcalde, José Manuel Jacobo, dun suposto delito de prevaricación continuada. A Fiscalía acusaba aos dous edís de adxudicar supostamente contratos de forma directa, sen licitación e sen seguir os leitos

administrativos pertinentes. Pola súa banda a Audiencia acordou desestimar este recurso presentado polo Ministerio Fiscal contra o Sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Pontevedra, que absolvía aos dous políticos. Contra esta sentenza da Audiencia de Absolución non cabe recurso algún polo que a súa absolución é firme.

Alejandro Lorenzo presentou oficialmente á candidatura que o acompañará nas próximas eleccións municipais. Un grupo de persoas "implicadas, eficaces e traballadoras dispostas a dar todo polo Porriño" O candidato dos populares á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, presentou ás 27 persoas que o acompaña no equipo cara as vindeiras eleccións municipais. Arroupado polo presidente provincial, Alfonso Rueda, e por centos de simpatizantes e amigos que acudiron ao acto, Lorenzo presentou oficialmente ao seu equipo, un grupo comprometido coas súas parroquias e o seu pobo", mulleres e homes de todas as idades que traballarán arreo ao lado do que para eles é o mellor alcalde para O Porriño. O candidato destacou deles a súa validez e capacidade de traballo. "Para min hai unha palabra que define a un bo alcalde: traballo. Estar ao servizo da veciñanza supón renunciar ao egoísmo, aos teus intereses persoais, e adicarte en corpo e alma a procurar o mellor para O Porriño. Esto é o que esixo a quen da este paso conmigo", inicidiu, "E por iso hoxe presento orgulloso e seguro a este equipo que me acompaña, un grupo de persoas implicadas, eficaces e traballadoras que están dispostas a dar todo por este pobo". Alejandro Lorenzo lembrou que nos atopamos "nun momento decisivo" e comprometeu a "máxima implicación, servizo á veciñanza e traballo en equipo" para levar a O Porriño a mellor. "Temos o proxecto, temos a capacidade e temos as ganas", suliñou. "Tras catro anos de oscurantismo, de parálise municipal, co Concello sumido nun

pozo de débedas e mala imaxe, chegou o momento de reconstruir O Porriño. Chegou o momento de cambiar as cousas porque a veciñanza o merece. Merece respecto e merece ser escoitada". Pola súa banda, o presidente provincial, Alfonso Rueda, afirmou que Alejandro Lorenzo Alonso é o alcalde que necesita O Porriño “para recuperar a ilusión e o tempo perdido estes catro anos” e volver a un goberno serio que devolva á localidade, “unha referencia dentro da provincia”, ao lugar que merece. Rueda suliñou a honestidade, o carácter, a determinación e a ilusión por mellorar a vida dos seus veciños do candidato, ao que definiu como unha persoa dialogante, moi cercana e das que sabe da importancia de ter boa interlocución co resto das administracións para conseguir acordos beneficiosos. O presidente provincial chamou a unir ás forzas en torno aos populares como “única alternativa de goberno en O Porriño”, onde se presentan “co mellor equipo”, cun programa ambicioso e coa consigna de gañar ás eleccións para ofrecer un mandato estable e capaz de sacar adiante os proxectos de futuro necesarios.

UN

EQUIPO “CAPAZ E ILUSIONANTE”

A lista presentada por Lorenzo está encabezada nos dez primeiros postos polo presidente e adestrador do “Club Balomano Porriño”, 2.Abel Estévez, 3.Carolina Gon-

MODEPEN da Louriña organiza unha concentración o luns 20 O Movemento Pola Defensa das Pensións (MODEPEN) da Louriña organiza unha concentración o próximo día 20, Luns. MODEPEN

LOURIÑA convoca unha concentración na praza do Concello do Porriño, ás 20:00 h., en defensa dunhas “pensións dignas e públicas”.

zález, profesora no CEIP Plurilingue de Atios, 4. Ramón Porto, empresario do sector do transporte que repite tras catro anos como concelleiro da corporación, 5. Antía Carrera, opositora, 6. José Carlos González, traballador do sector da automoción e presidente da AVV de Orbenlle que volve concurrir tras catro anos como concelleiro, 7. Bienvenido Estévez, delineante proxectista e membro da CM Pontellas e da directiva da AC San Xurxo de Mosende, 8. Ana María Martínez Paradela, profesora de Educación Infantil que repite como concelleira, 9. Rosario Costas, técnico de orientación laboral e 10. Marcos Martínez, vicepresidente da AVV de Cans. No 11.José Manuel Estévez, hostaleiro e actual concelleiro da corporación, 12. Antonio Barros, cantante, 13. Rosa Isabel Alonso, administrativo e directiva da ANPA do CEIP Cruz Budiño, 14. Ricardo Losada, economista e directivo do Porriño Baloncesto Base, 15. Soraya Perez, traballadora do sector da automoción, 16. Miguel Ángel Martínez, traballador do sector plástico,17. Aida Oya, opositora a Notarías. Como suplentes 18. Anxo Pazo, 19. Matilde Campos, 20. André Vázquez, 21.Barbara María Troncoso, 22. Sergio Bugarín, 23. Sergio Iglesias, 24. Jorge Rodríguez, 25. María Josefa Calvar, 26. Pedro Besada e pechando a lista, a que fora concelleira de Cultura, María José Iglesias.

Aberto o prazo de inscrición na IIª Edición do Certame de Empanadas do Porriño O pasado venres 10, a Comisión Organizadora da IVª Feira do Pan do Porriño, aprobou as bases que rexerán a IIª Edición do Certame de Empanadas do Porriño, coñecida como "Empanadas no Ring". Nesta edición, aplicáronse varias modificacións para permitir unha maior participación de equipos no mesmo, sendo o equipo mínimo de 2 persoas. O Xurado, composto polas panaderías participantes máis unha persoa proposta pola organización, valorará 3 aspectos á hora de xulgar cada proposta: a forma (4 puntos), o sabor (4 puntos) e a historia e tradición da empanada (2 puntos). O concurso funcionará en 3 fases: valoración inicial, semifinal e

final. O único requisito das empanadas é que teñen que ser con masa de pan de trigo, pero poden ter carlquer forma e recheo. No ano 2018, a empanada gañadora foi unha exquisita e tradicional empanada de xoubas, seguida por unha empanada de Balallau con pasas O gañador desta nota edición, levará un premio consistente nunha experiencia Smartbox para dúas persoas, cortesía de Seguros Reale O Porriño, patrocinadora do evento O certame celebraráse o 1 de Xuño ás 19:00 horas e os participantes poden apuntar a súa empanada ata o xoves 29 de Maio enviando un email a comunicacion@acipor.es ou chamando ao 693407755.


Publicidade

Maio 2019 Xornal 21

17


18

Xornal 21 Maio 2019

O Porriño

Rodrigo Sorogoyen e o Gran Wyoming súmanse á programación de Cans

A Casa do Cid acolleu a presentación da programación completa do Festival de Cans, cando quedan poucos días para que arrinque esta XVI edición. Recentemente desvelouse unha das novas máis destacadas do programa: a visita do cineasta Rodrigo Sorogoyen, que participará no Coloquio no Espazo Estrella Galicia da Leira de Alicia. O director madrileño chega a Cans para conversar sobre o seu cinema no ano da súa consagración logo de ter gañado os Goya á Mellor Dirección, á Mellor Película ou o Mellor Guión por El reino, e ser nominado aos Oscar pola curta Madre. Esta peza poderá verse en Cans xunto con Timecode, de Juanjo Giménez, no Jalpón dos Oscar, unha sección especial que xuntará aos dous cineastas no Jalpón de Alicia. A parte musical do Festival trae a visita doutra cara imprescindible no audiovisual español: o Gran Wyoming, que chega a Cans para celebrar os 10 anos da súa banda, para colocar a súa estrela no Torreiro e repasar a historia do rock acompañado por Los Insolventes. Os grandes nomes e o completo de actividades non impiden que o foco do Festival de Cans estea posto, coma sempre, nas curtametraxes, das que se revelaron as seccións oficiais de Ficción e Animación, con dez e cinco filmes respectivamente, e apostas como a de ExtraCans (cuxas entradas xa están á venda na tenda oficial), con pezas de diversos lugares do mundo que achegarán ata Cans cineastas chegados de Armenia, Estados Unidos, Francia ou Suíza, nas que participan profesionais galegos. Alfonso Pato,director do festival, destacou precisamente o carácter cada vez máis internacional do Festival, que este ano inclúe tamén a retrospectiva a Hannes Stöhr e pezas de Paulo Furtado ou Pedro Maia, "formando así programación composta por 152 obras audiovisuais 16 estreas absolutas de curtametraxes e máis de 40 actividades". Resaltou "tamén unha das liñas transversais da programación desta edición que ten á muller como centro e que se reflicte na sección Ultravioleta, filmes realizados con perspectiva feminista, pero tamén nas actuacións musicais do Escenario Fundación SGAE, ou o decálogo de visibilidade das mulleres de Cans. O director da Agadic, Jacobo Sutil, felicitou á organización por “realizar un festival cuns sinais de identidade ben marcados e a vinculación coa veciñanza”, mentres Xosé Leal, Deputado de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, celebrou

que "Cans ademáis de ser un certame que atrae talentos de aquí e fóra, ten unha función importante na súa labora de educar a todo de públicos través do cinema”. Repasando as novidades do programa, Alfonso Pato sinalou a riqueza do cartel musical, que ademais de Wyoming y Los Insolventes incorpora o pop electrónico de Aries, o verbo combativo de Dakidarría en formato acústico, o particular soul de Patricia Moon, o folk reformulado de Raiceira, e a canción de autora de MJ Pérez ou Su Garrido Pombo. Tamén fixo especial fincapé na sección Fillas e fillos de Cans, na que cineastas con conexión co Festival ofrecen ao público o privilexio de ver imaxes inéditas dos seus filmes antes de estrealos. Desta volta coñeceránse filmes como o documental Beiras. Vivir 2 veces, de Jorge Coira, que chegará a Cans acompañado do político Xosé Manuel Beiras, protagonista do documental, ou El Santa Isabel, de Paula Cons. Ese vínculo duradeiro que Cans constrúe con cada cineasta tamén se deixa ver, como subliñou Pato, na presenza na Sección Oficial a Concursode vellas e vellos coñecidos do Festival como Sandra Sánchez, Fran X. Rodríguez, Pedro Sancho, David Fidalgo Omil ou Borja Santomé. As caras familiares comparten protagonismo con figuras emerxentes do audiovisual galego, como as que representan na mesma competición directoras da xuventude de Nacho Ozores, Lucía Estévez, Noelia Muíño ou Aldara Pagán. A delegada en Galicia da Fundación AISGE, Isabel Blanco, falou sobre a parte da programación que eles mesmos coordinan, e destacou tamén a importancia de Cans como espazo de debate para público, profesionais e asociacións nos diferentes encontros desta edición: o encontro “20 anos de Mareas Vivas” con actrices e actores como Camila Bossa, Víctor Mosqueira ou Miguel de Lira; Proxecto Orballo e Pioneiras e Pioneiros. Así mesmo, a presentación contou coa presenza de Cris Iglesias, unha das compoñentes do Xurado de Ficción e Animación e actriz do Grupo Chévere (cuxa obra máis aclamada, Eroski Paraíso, se pre-estreará en Cans en formato cinematográfico). Iglesias, que compartirá a deliberación cos cineastas Andrés Goteira, Alberto Vázquez, Zaza Ceballos e Juanjo Giménez, a tamén actriz Melania Cruz e o músico Xosé Manuel Budiño, destacou "o apoio do festival á intérpretes e creadores que está comezando”. O Xurado de FuraCans, a sección de

Non Ficción, confórmano nesta edición dous cineastas (Xacio Baño e Liliana Torres) e a xornalista de Radio France International Isabelle Le Gonidec, presente gracias ao Programa de Internacionalización da Cultura Española de Acción Cultural Española (AC/E). O Xurado de Videoclips composto polo realizador e músico Carlos Alberto Alonso, a cantante e compositora Patricia Moon e o músico e realizador Paco Serén. Os xurados complétanse, como é tradición, co da veciñanza de Cans: Suso de Placer, Mercedes da Graña, Lourdes do Monte, Mucha de Luis e Iván Táboas. A programación xunta este ano ao mundo artístico entretecéndoo coas veciñas e veciños de Cans, co cinema funcionando como eixo dunha atención a públicos diversos. O programa Cans Participa atende así a persoas de todas as idades, fomentando a súa creatividade e aprendizaxe en actividades como o roteiro CanSonoro (con Xurxo Souto), os roteiros cinéfilo-literarios (con Carlos Meixide e Xosé Antonio Perozo) ou Cans do Futuro, centrada en “Oficios Invisibles”, na que a rapazada se achegará a traballos como o vestiario, a dirección de fotografía ou a montaxe a través de profesionais como Alicia Saturna, Lucía C. Pan ou Diana Toucedo. As nenas e nenos (e quen os acompañe) terán tamén unha programación ben completa na sección MiniCans, que conta ademais co patrocinio de Gadis, con música, proxeccións e numerosos obradoiros para os máis pequenos. A alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre, parabenizou á organización pola programación e suliñou o tan merecido Premio da Cultura Galega que recibiu este ano o Festival. Tamén estiveron presentes na Casa do Cid representantes de varios colaboradores e patrocinadores do Festival, como José Redondo, delegado de Estrella Galicia de Vigo, que neste ano que inicia unha colaboración nun dos espazos máis emblemáticos do Festival, Juan Rivas, da Fundación SGAE, comentou a ledicia de continuar participando en Cans co escenario do Cans Voulevar. A programación desta edición complétana actividades que abren a relación do Festival con outras artes e modos de expresión, como a gastronomía, co showcooking de Kike Piñeiro de A Horta d'Obradoiro, co apoio de Galicia Calidade; a fotografía (coa primeira exposición da historia do festival Outra pel, outro rostro de Cris Andina) ou a literatura (coa nova sección LendoCine).

A Louriña

Benjamín Blanco será o candidato de Cidadáns no Porriño

Benjamín Blanco será o candidato de Cidadáns no Porriño para as próximas Eleccións Municipais do 26 de maio. Blanco, de 39 anos, leva traballando na Policía Local do Porriño desde o ano 2011 e está especializado en violencia de xénero, acoso e ciberacoso. "O Porriño necesita un cambio político, e ese cambio só pode chegar da man de Cidadáns. Somos un equipo formado por xente corrente, do pobo. Non somos

políticos profesionais nin pretendemos selo. Somos persoas sinxelas, con valores como o respecto, a humildade, a honestidade e a responsabilidade, que queremos traballar por e para O Porriño", asegura o candidatod e a formación laranxa. Benjamín Blanco explica que "temos un proxecto ambicioso á vez que realista, elaborado co fin de atender as necesidades dos veciños e mellorar os servizos públicos".

As mozas do ‘BM O Porriño’ de primeira estatal logran o histórico ascenso a División de Honra Prata feminina As pupilas de Miguel Sánchez realizaron unha excepcional fase de ascenso ante o seu público e lograron o tan ansiado ascenso á segunda categoría do balonmán nacional feminino O BM O Porriño logrou a fazaña. As xogadoras ata agora militantes na Primeira División Estatal Feminina lograron no último e decisivo partido da fase, o tan ansiado ascenso a División de Honra Prata, tras derrotar ao BM Zamora por 28-26. As pupilas dirixidas por Miguel Sánchez conseguen así o ascenso á segunda categoría do balonmán nacional feminino tras lograr unha inmaculada fase de ascenso celebrada no Porriño, con tres partidos gañados de tres disputados. Derrotaron con solvencia na primeira xornada ao KTM Valsebike por 35-22 e na segunda ao EMD Aceuchal por 35-14, polo que se xogaban o todo polo

todo no duelo dominical #ante o outro equipo imbatido ata o momento, o BM Zamora. Nun duelo moi igualado, o BM O Porriño impuxo o seu xogo nos tramos importantes, e logrou ir por diante no marcador na maior parte do encontro, o que lle permitiu aplacar os nervios e xogar coa tranquilidade necesaria como para contemporizar nos momentos clave. Nun final de partido de infarto, as xogadoras do bloque porriñés mantiveron a calma, e amarraron o triunfo que lles deu un ascenso histórico, situando ao filial do Godoy Maceira na División de Honra Prata na próxima tempada.


Maio 2019 Xornal 21

Redondela

19

As mellores lectoras do ano 2018

Carmela Silva sinala á Deputación como a entidade que máis inviste na comarca Silva destaca que desde a chegada das e dos socialistas implantouse “un modelo no que os recursos se reparten con criterios obxectivos e chegan a todos os concellos, sexan da cor política que sexan” A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou no acto organizado pola dirección provincial do partido en Redondela, no que destacou os case 38 millóns de euros postos a disposición dos concellos de Fornelos de Montes, Mos, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas e Soutomaior. “É o maior investimento feito nunca por esta Deputación nestes concellos”, indicou. Acompañada polas candidatas e candidatos á alcaldía das vilas de Mos, Victoria Alonso, Fornelos de Montes, Emiliano Lage, e de Redondela, Digna Rivas (o resto de candidatas e candidatos non puideron asistir por motivos persoais), Silva sinalou que a Deputación de Pontevedra converteuse durante este mandato na entidade provincial de toda España que máis transferencias fai aos municipios. Unhas transferencias de capital feitas a través de diferentes programas e respectando sempre a autonomía local. En total, os investimentos feitos polo goberno provincial arroxan unha cifra de 446,24 euros por habitante destes concellos, permitindo que “a totalidade da veciñanza teña garantidos os servizos básicos e os dereitos”. Silva manifestou o seu orgullo polo traballo feito durante estes catro anos. “A xente ten dereitos e nós temos a obrigación de facilitarlles que constrúan un proxecto de vida”, sinalou. “A xente cando vota pon en nós os seus desexos, as súas necesidades. Temos que escoitarlles, ser respectuosos e facer un esforzo para resolver o que che propón. As novas formas na política do S. XXI exixen saber escoitar”, apuntou Silva. “Estamos aquí para cambiar a vida da xente”, engadiu. A presidenta quixo facer especial fincapé no reparto equitativo, “baseado nun modelo no que os recursos se reparten con criterios obxectivos e chegan a

todos os concellos, sexan da cor política que sexan”. A dispersión xeográfica dos habitantes do concello ou a súa idade convértense en factores que se teñen en conta á hora de asignar fondos, rematando coa época na que o presidente Louzán tiña á súa 20 millóns de libre disposición que repartía arbitrariamente. Silva entrou máis polo miúdo nas cifras dos investimentos que chegarán ao final do mandato a cada un dos concellos: Fornelos de Montes percibirá case 5 millóns de euros; Mos, 6,4 millóns; 2,7 para o concello de Pazos de Borbén; 7,6 millóns de euros para o do Porriño. Pola súa banda, Redondela percibiu 7,1 millóns de euros, mentres que en Salceda a cifra alcanzou os 4,9 millóns e en Soutomaior 4,1 millóns. Estas cifras supoñen un aumento dun 20,08% no caso do Porriño, ou un 18,86% para Lalín no que respecta aos investimentos feitos en 2015, cunha media de crecemento nestes concellos dun 14,27%. A presidenta dou conta de onde foron parar gran parte destes investimentos. O Servizo de Cooperación cos Concellos é o responsable de máis da metade destas cifras. En total, máis de 24,7 millóns de euros, un 66,10%, que van parar á realización de ata 213 actuacións de diferentes índole, así como á contratación de 529 persoas para garantir a prestación de servizos por parte dos Concellos. A través da Liña 1 do Plan Concellos, eixo da acción de Goberno durante este mandato, “e que está a ser o reflexo no que se miran moitas outras Deputacións”, téñense realizado 125 actuacións, que van desde a mellora do patrimonio municipal, con obras novas e melloras de outras xa existentes (61 actuacións entre as sete vilas e máis de 5,5 millóns investidos); melloras urbanísticas nas vilas (26 actuacións e 1,7 millóns de euros); melloras medioambien-

tais nas redes de saneamento, coa súa reparación ou creación (16 obras, 1,6 millóns); ou melloras dos servizos a través da adquisición de bens e equipamentos (22 actuacións, case 400.000 euros). Estas cifras corresponden ao investimento realizado no que vai de mandato, e habería que sumarlles a 31 obras novas previstas para este 2019 nos sete concellos, algunhas das cales xa están postas en marcha e que suman 3,5 millóns de euros de investimento. Ademais, e coa vontade de resolver desigualdades entre os diferentes territorios da provincia, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha tres plan: Reequilibrio, DepoRemse e PICEI (Plan de investimentos en equipamentos e infraestruturas) destinados a concellos de menos de 20.000 habitantes. Estes plan permitiron levar a cabo ata sete obras diferentes ao longo destes sete concellos cun investimento de 3,1 millóns de euros, como por exemplo a urbanización, ximansio e pista de pádel en Fornelos de Montes, a urbanización do antigo Campo da Feira da Devesa, en Salceda de Caselas, ou un módulo de atletismo no Porriño. O xa nomeado Plan Concellos consta tamén doutras dúas liñas de acción. A Liña 2, destinada a amortizacións, gasto corrente e actividades dos concellos; e a tamén mencionada Liña 3, que permitiu a contratación de 413 persoas: 44 en Fornelos de Montes; 34 traballadoras e traballadores en Mos; en Pazos de Borbén a cifra chegou ata os 55; 107 incorporados aos equipos municipais do Porriño; en Redondela 76; en Salceda de Caselas 45 novas contratacións; e en Soutomaior, 52. Para este 2019 estes concellos suman un total de 116 novas contratacións dispoñibles con fondos da Deputación, o que fará que ao final do mandato 529 novos empregos.

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o pasado 23 de abril, a Bibliotecas Municipais de Redondela quixeron recoñecer, como en edicións anteriores, aos lectores que fixeron un maior uso do servizo de préstamo. Foron dúas lectoras, Elena María Álvarez, na Biblioteca Municipal Xela Arias (Chapela), e Eugenia Rodríguez na Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela, as galardoadas nesta edición, atendendo aos datos estatísticos de ambas as bibliotecas. O premio consistiu en senllos lotes de libros.

Os lectores infantís galardoados foron Antón Pekka, de catro anos, na Biblioteca P. M. ValleInclán de Redondela e Raquel Rodríguez, de 8 anos, na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela (Redondela) que recibiron os seus obsequios na Gala Infantil do 50 aniversario das Bibliotecas o pasado mes de xaneiro. O recoñecemento aos Mellores Lectores do Ano , ten como obxectivo o fomento da lectura e premiar aos usuarios máis activos no servizo de préstamo nas bibliotecas de Redondela.

Clases de Cociña italiana Actividade organizada pola A concellería de Xuventude de Redondela organiza Clases de Cociña Italiana O vindeiro 25 de maio de 2019 de 17:00 a

19:00 parta xóvenes nados entre 2000 e 2003. Para a inscrición e necesario cubrir un formulario n aweb do Concello de Redondela. As prazas son limitadas.

O BNG volverá a demandar en Madrid a Rotonda dos Valos A volta do nacionalismo galego, a traverso do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento español, vai ser aproveitada para demandar melloras na seguridade viaria “na nosa bisbarra en xeral, e no Alto dos Valos en particular”, apuntan. Este punto negro da rede de estradas estatais debe desaparecer, para converterse nun cruzamento máis seguro, tanto para os vehículos particulares, transportistas, “pero especialmente para a veciñanza da contorna”, aseguran.

Por esta intersección, confluencia de tres concellos e estradas provinciais e estatais, circulan arredor de 15.000 vehículos diariamente. “Isto supón, que malias as limitacións de velocidade, se rexistren a cotío situacións potencialmente perigosas”.


20

Xornal 21 Maio 2019

Salceda de Caselas

A Louriña

Centos de persoas arroupan a Rodríguez Davila na presentación da candidatura Os socialistas de Salceda presentaron "un equipo preparado para gobernar" O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, non quixo perder a oportunidade de visitar Salceda para coñecer persoalmente os membros do equipo e saudar os numerosos veciños que se atopaban na praza do Concello Santiago Rodríguez Davila presentou oficialmente ao equipo de persoas coas que concorrerá ás eleccións do próximo 26 de maio nun acto arroupado por centenares de veciños que abarrotaron o auditorio municipal incluso moito antes da hora de inicio do acto. O candidato popular á alcaldía de Salceda referiuse aos membros da súa candidatura como persoas traballadoras, novas, comprometidas co seu pobo, formadas e preocupadas polo futuro do municipio. A través dunha coidada posta en escena a través de cubos co nome de cada unha das sete parroquias, Davila foi desvelando

os seus nomes e as parroquias ás que pertencen. Rodríguez Davila, encargado de pechar o acto, quixo recoller no seu discurso a valía das persoas que o acompañan neste equipo e expuxo parte das propostas coas que pretende axudar aos veciños mellorando o seu benestar, aliviando a súa economía e dotando a Salceda dos servizos dos que carece. Neste sentido, o líder popular referiuse á baixada de impostos recollida no seu programa electoral mediante a eliminación da taxa de nova apertura de establecementos ou á redución do 10% no imposto de rodaxe e na taxa do lixo. A isto unirase en materia de

benestar social e inclusión a construción dun centro de día ou a reforma do Centro Social da Devesa, para unha mellor conciliación das familias e prevé dotar de servizo de comedor ás aulas unitarias das parroquias ou a construción dun parque temático vinculado ao auga na contorna da piscina municipal, no parque dá Gándara. Unha nova escola infantil A Galiña Azul, un novo campo de fútbol en O Borralliño ou a circunvalación ao centro urbano son outras iniciativas que “serán unha prioridade” se Santiago Rodríguez Davila consegue o apoio dos veciños para gobernar Salceda.

Besada volve a encabezar a candidatura de MS

Movemento Salceda deu a coñecer este mes a candidatura coa que concorre ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio, nun acto que se celebrou no Auditorio Municipal. A lista, formada por 10 mulleres e 13 homes, está encabezada polo actual Alcalde, Marcos Be-

sada, e nela participa ao completo o seu equipo de goberno, "abalando así o traballo realizado nos doce anos que levan gobernando". As sete parroquias están representadas na candidatura, que ademais "combina a experiencia coa xuventude, ofrecendo así o grupo de persoas que mellor pode

representar aos salcedenses para dirixir o Concello de Salceda. Fundamental resulta tamén a enorme vinculación dos candidatos e das candidatas co tecido asociativo do municipio, con representación en moitas das asociacións existentes no Concello" segundo explican.

Os Socialistas de Salceda de Caselas, presentaron a súa candidatura ás eleccións municipais. Tras o éxito electoral nas eleccións xerais presentou ante a veciñanza de Salceda de Caselas a candidatura que Verónica Tourón definiu como “un equipo preparado para gobernar”. O acto foi presentado por Iván Vaqueiro, que foi tenente alcalde do Porriño durante dúas lexislaturas, e Ana Valiño militante do PSdeG-PSOE e destacada dirixente da UXT, ante un auditorio cheo e entregado. A presentación comezou cunha introdución por parte dos dous presentadores do acto e a chamada o escenario de todas as persoas que con-

forman a candidatura, seguido da exposición dun vídeo onde cada un deles resumía a razón pola que se unía ó equipo de Verónica Tourón. Verónica Tourón, candidata á alcaldía pechou o acto, comezando polo agradecemento ó traballo realizado polas persoas da agrupación socialista durante todos estes anos. Mostrou tamén as liñas de goberno das que asegurou “non se ían desviar”: servizos públicos e de calidade, polígono industrial, plan xeral, planificación con sentido común, política económica eficiente e tendo sempre como eixo central a veciñanza de Salceda, nun goberno transparente, rigoroso e participativo.

O BNG de Salceda presenta a súa candidatura O BNG presentaba en Salceda de Caselas unha candidatura formada por 17 persoas que representan "a unha cidadanía plural e diversa; que integra o conxunto do territorio municipal e contan con experiencia acreditada para desenvolver unha xestión eficaz no Concello". Son persoas que "se comprometen a conformar unha administración municipal para as persoas; que dea resposta ás demandas dunha cidadanía esixente; veciñas e veciños ás que consultar e escoitar nas súas opinións" explican. Encabeza a candidatura Xosé Manuel Suárez Estévez, quen re-

toma a actividade pública no eido municipal; veterano na política local de Salceda, representando sempre ao BNG, foi candidato á Alcaldía nos procesos electorais dos anos 1991, 1995 e 1999; desenvolveu, como concelleiro até o ano 2008, a portavocía grupo municipal do BNG; e coa chegada ao goberno municipal no 2007 e 2008, tivo baixo a súa responsabilidade ás áreas de réxime interior, facenda e persoal. Con este acto a organización nacionalista inicia unha intensa campaña electoral, con actos públicos en tódalas parroquias e barrios de Salceda de Caselas.


Val Miñor

Maio 2019 Xornal 21

Nigrán | Gondomar | Baiona

21

Baiona o segundo concello coa habilitación completa no patrimonio

A Consellería de Cultura e Turismo acaba de habilitar ao Concello de Baiona para autorizar as intervencións patrimoniais en todo o seu ámbito municipal, tal como queda establecido no convenio asinado esta semana entre o conselleiro Román Rodríguez, e o alcalde Ángel M. Rodal Almuíña; ao que tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves. Deste xeito, Baiona convértese no segundo concello de Ga-

licia que acada esta habilitación patrimonial dun xeito completo, para todo o seu territorio, logo de que a nova lei do Patrimonio Cultural (lei 5/2016) incorporase esta técnica descentralizadora. Desde o pasado ano 2018 tamén os concellos de Mondoñedo e Ourense teñen esta habilitación, aínda que no caso da Cidade das Burgas é tan só de carácter parcial, porque atinxe unicamente ao núcleo de Seixalbo.

Os Populares de Nigrán alertan sobre o estado das instalacións Dunas de Gaifar O candidato popular á alcaldía de Nigrán, Carlos Abal, denuncia o estado de abandono no que se atopa a instalación deportiva municipal Dunas de Gaifar, en Panxón. Láminas de cristal das antigas pistas de pádel tiradas no chan, a zona verde totalmente descoidada e sen ningún tipo de mantemento, luminarias rotas e mobiliario abandonado, “esa é a triste estampa dunha instalación municipal actualmente en uso, e

en plena Semana Santa”, sinala o candidato popular. Unha situación que se prolonga xa desde o pasado mes de outubro, cando o alcalde Juan A. González, rescindía o contrato coa concesionaria aludindo incumprimento do contrato, Como explicaba o alcalde aos medios no seu día, “a adxudicación obrigábao manter limpas as instalacións, tanto os exteriores como os vestiarios, e a arrombar os xardíns…”.

Apertura do prazo de solicitude para comedor escolar en Gondomar Dende o Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, comunican a apertura do prazo de presentación de solicitudes do Servizo de Comedor Escolar e Material Escolar Infantil para situacións de emerxencia Social, correspondentes ao vindeiro curso 2019-2020. Todas aquelas familias intere-

sadas poden presentar a solicitude ata o 21 de xuño, sendo este o prazo estipulado ao que se terán que acoller os interesados para optar á praza de comedor escolar e as axudas de emerxencia social de acordo coa Ordenanza Municipal de Emerxencia Social, aceptando fora de prazo sóa aqueles casos por causas debidamente xustificadas.

Campaña de compostaxe en Gondomar O produto final dun proxecto educativo dos alumnos de 4º da ESO na materia de Ciencias aplicadas á actividade profesional tivo coma resultado unha campaña a prol da compostaxe na que traballaron todos os aspectos relacionados coa actividade, sempre coa

idea de facer unha campaña na Vila de Gondomar para activar o uso das dúas composteiras comunitarias existentes no centro urbano. As alumnas e alumnos deseñaron un logo co que se fixo un imán, elaboraron un tríptico explicando distintos aspectos

Paco Ferreira presenta o seu proxecto "para seguir avanzando" "Co obxectivo de seguir avanzando na revolución que está a converter a Gondomar nun dos motores económicos do sur da provincia de Pontevedra", o candidato á reelección como alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, encheu o auditorio

Lois Tobío nun acto no que presentou o seu proxecto para os vindeiros catro anos e a candidatura que o acompañará. “En catro anos conseguimos darlle unha volta completa a este concello, dándolle un pulo decisivo

da compostaxe e distintos carteis e panfletos para repartir e pegar nos distintos locais de Gondomar. Toda esta información será exposta no congreso de compostaxe do Proxecto Revitalízate da Deputación de Pontevedra que terá lugar na última semana de Maio.

e neste camiño temos que continuar, con máis forza”, explicou Ferreira, quen fixo un chamamento aos seus conveciños para acadar unha vitoria rotunda que lle permita continuar o proxecto iniciado neste mandato. Na presentación Ferreira estivo acompañado do secretario do PSdeG-PSOE de Pontevedra, David Regades, a quen lle agradeceu especialmente o seu apoio no desenvolvemento do polígono industrial da Pasaxe como delegado da Zona Franca de Vigo. A través dela se está a levar adiante a fase 2 do polígono o que supón un investimento de máis de 20 millóns de euros só no proceso de ordenamento e urbanización dos terreos da ampliación pero que está a permitir a transformación decisiva deste polígono, situado estratexicamente entre Vigo e O Porriño.


22

Xornal 21 Maio 2019

Nigrán | Gondomar | Baiona

Valverde: “sairemos a gañar sen facer ningún cálculo partidista”

Valverde móstrase confiado en ser unha forza determinante para impulsar un novo modelo de desenvolvemento tanto económico como social, tras obter nas pasadas eleccións xerais 1.030 votos (13,5%). Adolfo Valverde, enxeñeiro de profesión, encabeza unha lista moi representativa da sociedade civil, na que tamén destaca o seu número dous, Rosa Piñeiro, funcionaria do concello con 27 anos de carreira, así como avogados, politólogos, sanitarios, estudantes universitarios, mariñeiros, comerciantes, empresarios… “un equipo unido de profesionais sen pasado político”. Cs Baiona preséntase “coa firme idea de modernizar Baiona e integrar a todas as parroquias nun proxecto colectivo de futuro”. “Queremos que os baioneses esquezan estes catro anos de mala xestión e ausencia dunha oposición real. Queremos alternativas para os mozos e sabemos que somos a única opción crible porque polo menos 3 dos candidatos que concorren ás eleccións xa formaron parte de equipos de goberno no noso pobo, xa sabemos o que nos poden ofrecer e desgraciadamente non é positivo”, destacou Valverde. Cidadáns Baiona irá debullando nestes días o seu programa elec-

O candidato á alcaldía de Cidadáns en Baiona para as eleccións Municipais, Adolfo Valverde, presentou a lista coa que tentará “facer de Baiona un lugar para vivir e para traballar” toral, un proxecto cuxas liñas fundamentais serán “converter Baiona nunha cidade moderna na que podamos vivir e traballar”. No seu programa, Cidadáns fará unha aposta decidida polo emprego, o turismo, o medio ambiente e a conciliación familiar. Entre os seus principais obxectivos de campaña destacan a súa aposta pola economía azul coa creación dun Parque Tecnolóxico que aproveite os recursos mariños do municipio, medidas para impulsar o Camiño de Santiago, modernizar as praias coa iniciativa “Smart Beach” ou acabar coas algas na praia Ladeira, así como loitar por un proxecto para Cabo Silleiro e para descontaminar o estuario da Foz do Miñor. Todo isto, xunto á creación dunha gardería que dará servizo 24 horas, para paliar o déficit de prazas e axudar aos traballadores con horarios especiais, serán os eixos fundamentais do seu proxecto. “O turismo é moi importante para o noso concello, potenciar

o camiño de Santiago e rexenerar as nosas contornas naturais como a Foz do Miñor son unha prioridade. Pero Baiona necesita diversificar a súa económica para fixar a súa poboación, por iso nosa principal aposta é polo mar. Necesitamos un parque tecnolóxico baseado na economía azul. Unha industria sustentable, que aproveite os recursos mariños e dea emprego tanto a licenciados que xorden do campus do mar de Vigo, como aos profesionais do mar, principalmente mulleres e maiores de 55 anos”, subliñou o candidato de Cs. Cidadáns Baiona leva un ano e medio traballando, no que presentaron unha vintena de propostas municipais e reuníronse cos principais actores sociais de Baiona, así como cos seus veciños nas 12 carpas informativas realizadas. “Sairemos a gañar en Baiona sen facer ningún calculo partidista, non imos ser a bisagra de ninguén porque somos unha alternativa política seria e temos un proxecto innovador para Baiona”, asegurou Valverde para finalizar.

Carlos Abal pide á Xunta o PXOM e unha bolsa de aluguer para mozas e mozos O PXOM e a creación da primeira bolsa de aluguer de vivendas para mozas e mozos, dúas dos temas máis destacados abordados na reunión con Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. O candidato popular á Alcaldía de Nigrán, Carlos Abal, desprazouse a Santiago de Compostela a semana pasada para abordar algunhas das necesidades urxentes do municipio coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, e o vicepresidente de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Na reunión mantida coa titular de Vivenda o candidato popular

abordou algunhas necesidades “urxentes e prioritarias” para o municipio e os seus veciños, por exemplo, entre as que se atopan a aprobación urxente do Plan Xeral de Ordena-

ción Municipal e o desenvolvemento de medidas que impidan a fuxida dos mozos de Nigrán a outros municipios da comarca máis “amables” para o inicio dunha nova vida.

Val Miñor

Dúas bandeiras azuis ondearán este verán no Muíño e Area Grande

Na listaxe de praias españolas recoñecidas con bandeira azul para esta tempada estival atópanse os areais guardeses de Area Grande (marítimo) e O Muíño (fluvial). Ámbalas dúas praias renovan un ano máis o distintivo acadado dende o ano 2009 (Area Grande) e 2010 (O Muíño) e co que se salienta a súa calidade medioambiental e de servizos. Así, os areais volverán contar este verán cos criterios esixidos polo distintivo de bandeira azul: paneis informativos, actividades

de educación ambiental, análise da calidade das augas, servizo de limpeza e recollida de residuos, servizo de salvamento e socorrismo, e instalación como duchas e aseos. Amais do recoñecemento ás praias, A Guarda conta coa Senda Litoral recoñecida como Sendeiro Azul. O sendeiro, que renova tamén o distintivo dende o ano 2013, comunica as praias do Muíño e Area Grande pasando polos areais de Fedorento e O Carreiro, con preto de 5 km de lonxitude en total.

UCN propón unha redución de impostos en Nigrán O candidato da formación independente UNIÓN CENTRISTA DE NIGRAN (UCN), Antonio Fernández Comesaña, presenta porta a porta as súas propostas en materia económica, na que propón non só a redución de Impostos a empresas, autónomos e familias, senón tamén derrogar a ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre o Incremento de Va-

perdas, así como as herdanzas. Tamén propoñeremos unha redución de impostos municipais a familias e empresas, como motor para reactivar a actividade económica” sinala Antonio Fernández engadindo que apostarán por “unha política de adelgazamento da administración municipal, delegando na Deputación Provincial a xestión recadatoria de todas

lor dos Terreos de Natureza Urbana -máis coñecida como PlusValia-, por tratarse dun imposto de carácter voluntario e non obrigatorio para os Concellos. “Levaremos a cabo a supresión do Imposto de PLUSVALIAS, por ser inxusto ao gravar incluso as vendas con

as Taxas e Impostos. A contención do gasto corrente con políticas austeras e eliminando gastos superfluos”. “Queremos unha administración transparente e próxima ao cidadán, avanzando no progreso e o benestar dos veciños” asegura o portavoz de UCN.


Baixo Miño

Maio 2019 Xornal 21

A Guarda | O Rosal | Oia | Tomiño | Tui

Carmela Silva esíxelle á Xunta que poña en marcha un fondo de cooperación local

23

timentos feitos en 2015, cunha media de crecemento nestes concellos dun 20%. A presidenta dou conta de onde foron parar gran parte destes investimentos. O Servizo de Cooperación cos Concellos é o responsable de máis da metade destas cifras. En total, máis de 18,5 millóns de euros, un 62,17%, que van parar á realización de ata 228 actuacións de diferentes índole, así como á contratación de 357 persoas para garantir a

VALORACIÓN

DAS CANDIDATAS E CANDIDATOS

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou o luns 8 no acto organizado pola dirección provincial do partido en Tui, no que destacou os case 30 millóns de euros postos a disposición dos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia. “É o maior investimento feito nunca por esta Deputación nestes concellos”, indicou. Acompañada polas candidatas e candidatos á alcaldía das vilas de Tui, Enrique Cabaleiro, A Guarda, Antonio Lomba, Tomiño, Violeta de Santiago, e Oia, Gerardo Rodríguez, Silva exixiulle a Feijóo que poña en marcha “un fondo de cooperación cos concellos dotado con suficientes recursos”, seguindo o modelo do Plan Conce-

llos da Deputación, é dicir, “repartidos con criterios obxectivos entre todos os concellos de Galicia”. “A Deputación de Pontevedra converteuse durante este mandato na entidade provincial de toda España que máis transferencias fai aos municipios. Unhas transferencias de capital feitas a través de diferentes programas e respectando sempre a autonomía local. En total, os investimentos feitos polo goberno provincial arroxan unha cifra de 600,49 euros por habitante destes concellos, permitindo que a totalidade da veciñanza teña garantidos os servizos básicos e os dereitos” explicou. Silva manifestou o seu orgullo polo traballo feito durante estes catro anos. “A xente ten dereitos

e nós temos a obrigación de facilitarlles que constrúan un proxecto de vida”, sinalou. “A xente cando vota pon en nós os seus desexos, as súas necesidades. Temos que escoitarlles, ser respectuosos e facer un esforzo para resolver o que che propón. As novas formas na política do S. XXI exixen saber escoitar”, apuntou Silva. “Estamos aquí para cambiar a vida da xente”, engadiu. A presidenta quixo facer especial fincapé no reparto equitativo, “baseado nun modelo no que os recursos se reparten con criterios obxectivos e chegan a todos os concellos, sexan da cor política que sexan”. A dispersión xeográfica dos habitantes do concello ou a súa idade convértense

en factores que se teñen en conta á hora de asignar fondos, rematando coa época na que o presidente Louzán tiña á súa 20 millóns de libre disposición que repartía arbitrariamente. Silva entrou máis polo miúdo nas cifras dos investimentos que chegarán ao final do mandato a cada un dos concellos: Tui percibirá case 6,8 millóns de euros; en Tomiño os investimentos ascenden ata os 9,3 millóns; 7,8 millóns foron para ás arcas da Guarda; no Rosal, 2,4 millóns; e finalmente en Oia recibiron transferencias por valor de case 2,5 millóns de euros. Estas cifras supoñen un aumento dun 31,20% no caso de Tomiño, ou un 26,32% para A Guarda no que respecta aos inves-

Enrique Cabaleiro, candidato á alcaldía de Tui e anfitrión do acto, denunciou a “parálise obvia” na que vive o concello “desde que en 2017 nos desaloxaron do goberno coa moción de censura”, engadindo que a cifra de investimentos paralizados supera o medio millón de euros. A candidata de Tomiño, pola súa banda, mostrou o seu orgullo polo traballo feito desde o goberno de Carmela Silva. “O PSOE é o partido dos dereitos e a igualdade, e eu síntome orgullosa do traballo feito desde a Deputación nestes eidos”, explicou, dos que dixo que a institución provincial “é referente”. Na mesma liña se expresou Gerardo Rodríguez, destacando a introdución de criterios obxectivos no reparto de fondos da Deputación como unha das grandes decisións deste executivo provincial. “Unha medida que beneficia a todos os concellos, sexan da cor que sexan”, afirmou o candidato á alcaldía de Oia. Por último, o candidato á reelección na Guarda, Antonio Lomba, sinalou que a chegada das e dos socialistas á Deputación supuxo “un balón de osíxeno e independencia” para o seu concello. “Louzán tíñanos afogados e quería que seguísemos así”, denunciou.

Comeza a tempada de curros en Oia

A igualdade protagonista do mural do IES Indalecio Pérez Tizón

A tempada de rapas das bestas en Oia comezaba o domingo día 12 co tradicional curro da Valga, que tiña lugar a primeira hora da mañá. A partir das 9.00 horas os gandeiros comezaban a xuntar as bestas que viven nos montes, actualmente estímanse uns 250 adultos e arredor de 50 poldros. O curro da Valga celebrouse no seu habitual ambiente festivo, con cantina e postos de comida onde as persoas que se achegaron ata o lugar para gozar desta xornada de actividade gandeira e celebración popular. Despois do curro de Valga, en Oia desenvolverase os curros de Torroña (2 de xuño) e Mougás (9 de xuño).

A igualdade de xénero é a temática escollida polo alumnado do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui para participar no programa DepoRúARTE 2019, impulsado por cuarto ano consecutivo pola Deputación de Pontevedra. Máis de 50 alumnas e alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato participaban, na presentación dun mural realizado, baixo o nome “Des-Igualdade”, para facer fincapé na necesidade de romper con todas as desigualdades ás que nos enfrontamos día a día, especialmente na desigualdade de xénero.

COIDADO DO MEDIO Dende o concello lembran, en relación á próxima celebración dos curros, que soamente está permitido facer fogueiras nos lugares habilitados para elo. No caso de que o IRDI (Índice

de Risco Diario de Incendio Forestal) teña un nivel elevado ese día, os lumes quedarán totalmente prohibidos. Por outra banda, solicítase a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio

ambiente, evitar danar o arborado e manter a contorna libre de lixo. Na zona haberá contedores para depositar os refugallos. Finalmente, lembran que na zona tampouco está permitido realizar acampadas.

DepoRúARTE xira este ano arredor dos Obxectivos de desenvolvemento Sostible (ODS), ofrecéndolles aos mozos e mozas espazos de encontro e intercambio de experiencias, así como novas alternativas de actividades artísticas e lúdicas arredor das artes urbanas.


24

Xornal 21 Maio 2019

A Guarda | O Rosal | Oia | Tomiño | Tui

Reaberta a zona cero de Paramos

Foron concedidas 9 licenzas e 12 solicitudes máis de obra maior en tramitación. Está ultimándose o proxecto de urbanización da zona O Concello de Tui ten concedido xa 9 licenzas de obra maior para a reconstrución de vivendas na zona cero de Paramos e outras 12 solicitudes están agora en tramitación. Así o avanzou o alcalde, Carlos Vázquez Padín, na propia zona cero de Paramos, onde foron retirados os valados tras completar hai unhas semanas os labores de desentullo. Alí compareceu ante os medios de comunicación xunto ao concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e os arquitectos Pablo Rivas e Juanma Rodríguez. Car-

losVázquez Padín sinalou que “a zona ábrese porque xa non hai motivos para mantela pecha e para facilitar o movemento de vehículos e das empresas construtoras que van traballar na reconstrución”.Explicou o alcalde de Tui que a limpeza de toda a zona, coa retirada do entullo e do material contaminante coma amianto, foi “un paso necesario e imprescindible”para que se poida iniciar areconstrución da zona. Dicía que case un ano despois “comeza a verse a luz ao final do túnel”.

Alfonso Rueda: “Carmen Alonso garante traballo e xestión eficaz para O Rosal” O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou que Carmen Alonso “garante traballo e xestión eficaz” para que O Rosal poda seguir avanzando nos vindeiros catro anos. Neste sentido, puxo en valor a súa experiencia de 15 anos ocupando distintas responsabilidades no Concello da localidade, contribuíndo e dando impulso, xa como alcaldesa dende 2018, á labor desenvolvida polo seu precedesor, Jesús María Fernández Portela. Durante o acto de presentación da lista coa que Carmen Alonso concorrerá ás eleccións

municipais do 26 de maio, o presidente provincial destacou o talante “dialogante e integrador” da candidata, así como a súa vocación de servizo, compromiso incansable cos veciños e determinación por sacar adiante os proxectos clave para O Rosal en infraestruturas, saneamento, urbanismo ou instalacións deportivas, entre outras materias. “Carmen Alonso é das persoas que saben pedir, que saben negociar e que saben ter boa interlocución co resto das administracións para conseguir sacar adiante os pláns necesarios”, suliñou.

Baixo Miño

O Alcalde de Tui asegura que denunciará ao edil Laureano Alonso por presuntas "denuncias falsas"

Vázquez Padín comparecerá coma investigado a tres días das eleccións O alcalde, Carlos Vázquez Padín, deberá comparecer o próximo xoves 23 de maio, ás 10.30 h nos xulgados de Vigo ante a fiscalía coma investigado tras as dúas denuncias presentadas, e admitidas a trámite, polo concelleiro Laureano Alonso en representación de Son de Tui. O rexedor tudense, Carlos Vázquez Padín, compareceu en rolda de prensa, respaldado polos seus compañeiros do equipo de goberno Mila González, Mª Jesús da Silva e Eduardo Freiría, para anunciar a súa vez que "presentará denuncia contra Laureano Alonso por 'denuncia falsa', sen descartar tampouco outras accións legais". O alcalde de Tui recibiu as dúas citacións da fiscalía polas dúas denuncias presentadas o pasado mes de xaneiro, e sobre as que terá que comparecer coma investigado a tres días de que se celebren as eleccións municipais.

A primeira denuncia presentada contra o alcalde refírese "á xestión de residuos da apertura da rúa Ourense, na que Laureano Alonso solicita da fiscalía que investigue se poden ser constitutivo de delito a retirada da pedra dos inmobles existentes e posterior venda pola empresa adxudicataria das obras". O alcalde explicou ante os medios de comunicación que "no proxecto de apertura da rúa Ourense, que data de 2016 cando Laureano Alonso era membro do equipo de goberno, non figura que ningún material tivera que quedar en propiedade do concello". Precisaba nese senso que se “algún erro ten o proxecto non é achacable ao equipo de goberno actual, senón ao anterior”. A segunda denuncia pola que terá que comparecer tamén o alcalde de Tui refírese "á contratación dun asesor externo en materia

urbanística". Puntualizaba o alcalde que "esta denuncia foi presentada por Laureano Alonso o 21 de xaneiro, cando non foi até o 28 de xaneiro cando o mesmo concelleiro solicitou a documentación no concello, e dous días despois o alcalde asinou a resolución dándolle acceso a esta documentación, o que significa que presentou a denuncia sen ter consultado o expediente". Aclarou Carlos Vázquez Padín que "é falso que se incumprira a Lei de Contratos, porque esta persoa non tiña outro contrato en vigor co concello, e o asesor asinou un contrato de Protección de Datos de Carácter Persoal, co que se garante a confidencialidade dos expedientes aos que ten acceso". Avanzou o alcalde que solicitará da fiscalía que se anticipe a súa comparecencia, para non coincidir coas datas finais da campaña electoral.

O proxecto “Más Goián” reestrutura os espazos públicos da parroquia O Concello de Tomiño está ultimando a adxudicación, estes días, dunha parte das obras incluídas no proxecto “Máis Goián”, de reestruturación e mellora dos espazos públicos desta parroquia. As obras que se adxudican nestes días son Ampliación e mellora da accesibilidade á Alameda de Goián. Fase I e Fase II (incluídas no Plan Concellos 2017 e 2018/2019 da Deputación de Pontevedra, con 187.401,57€ e 430.000,00€, respectivamente). Á mesa de contratación da primeira fase das obras, presentáronse 10 empresas e á da segunda fase, 11. O proxecto “Máis Goián” é un proxecto para o que xa se dispón de 1,4 millóns de euros, e que pretende gañar espazos para as persoas, convertendo a Praza da Igrexa no eixo dun espazo público e peonil para o goce da veciñanza, recuperando a Carballeira e a Alameda para uso público, e multiplicando

En breve executarase a primeira fase do proxecto integral de reconfiguración do núcleo, para o que xa se teñen conqueridos 1,4 millóns de euros

por tres os espazos verdes. Ademais, contémplanse medidas para facilitar a conectividade entre os distintos espazos da contorna, dando prioridade a peóns e ciclistas e cre-

ando tres accesos peonís que actúen como conexión entre a Praza e o auditorio, o pavillón e o campo de fútbol, e entre a Alameda e a parada de autobús.


O Condado

Maio 2019 Xornal 21

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | Salvaterra de Miño | Ponteareas

25

Alfonso Rueda: “Raul Castro é o alcalde que As Neves merece. Serio e traballador”

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou que “Raul Castro Rodríguez é o alcalde que merece As Neves. Serio e traballador”. Nesta liña pediu aunar o voto no PP para obter “unha maioría absoluta potente” neste concello, cun proxecto “serio e viable”, que permita un goberno estable durante os vindeiros catro anos. Durante a súa participación

nun mitin que serviu de presentación da lista que acompañará a Raul Castro Rodríguez na súa candidatura á Alcaldía de As Neves nas eleccións municipais, no que tamén estiveron presentes Ana Pastor e José González, Rueda incidiu en que os populares “van sair a gañar o vindeiro 26 de maio en todos os concellos da provincia”. Puxo en valor a experiencia de

Raul Castro, “que sabe o que terá que facer dende o primeiro día que chegue ao Concello”, suliñando que o PP é un partido unido e forte. Deste xeito se amosou convencido de que os populares obterán un gran resultado nas eleccións municipais. “Temos os mellores candidatos, temos as ideas e temos a capacidade para levalas a cabo”, finalizou.

Garrote presenta “un proxecto de cidade para Ponteareas” A candidata socialista á alcaldía de Ponteareas, Chus Garrote, posicionou a súa candidatura como "a única capaz de converter a Ponteareas nunha cidade de futuro e oportunidades para os veciños e veciñas da vila do Corpus". Ante os máis de cen veciños e veciñas que asistiron a cea de presentación da lista socialista, Garrote afirmou contar cunha candidatura formada, con experiencia de goberno pero tamén comprometida coa veciñanza. “A experien-

cia e a formación é importante pero aínda o é máis contar cunha lista que coñeza a realidade de Ponteareas

e os problemas dos veciños e veciñas” sinalou Garrote. Chus Garrote, quen valorou positivamente a súa xestión á fronte do goberno, sinalou que o Partido Socialista é o único partido capaz de consolidar o cambio iniciado hai catro anos. Por outra banda, a socialista sinalou o seu programa de goberno como unha garantía de progreso e futuro. “Somos o partido que conseguiu cinco millóns de euros para un proxecto de cidade. Este é só comezo” adiantou Garrote.

Chus Garrote propón empregar a realidade virtual para a promoción internacional do Corpus Para Chus Garrote o Corpus debe vertebrar todas as accións de promoción turística do Concello de Ponteareas. Por este motivo cre necesario conectar a tradición máis senlleira e centenaria da vila do Tea coas novas tecnoloxías como mecanismo de difusión e promoción internacional que se complementa á perfección con outras como a confección de alfombras en países como Italia, Portugal e Bélxica. Para a socialista os avances en realidade virtual a través dos teléfonos móbiles intelixentes (smartphones) é unha oportunidade única para achegarse a todos os recunchos do planeta. “Quero que calquera cidadán do mundo poida desfrutar das alfombras do Corpus Christi desde calquera punto parte do mundo” afirma Garrote. Grazas a tecnoloxía 360 graos coa que por exemplo Go-

ogle ofrece os Street View, os socialistas apostan pola súa aplicación para a creación dun espazo virtual co que pasear polas rúas alfombradas de Ponteareas en calquera época do ano. “Esta acción non só serviría para achegar a nosa tradición ao exterior, senón como reclamo para atraer máis turistas a nosa cidade. Isto suporía máis ingresos para o comercio, hostalería e hospedería. É dicir, máis economía local” asegura a candidata socialista á alcaldía. Por outra banda, Garrote propón a creación dun Centro de Interpretación do Corpus para a experimentación e creación de alfombras con novos materiais florais. Así mesmo, a socialista aposta polos talleres de debuxo técnico e artístico gratuítos para os mestres alfombristas. “Debemos apostar polo Corpus en todas as súas dimensións” afirma Chus Garrote.


26

Xornal 21 Maio 2019

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | Salvaterra de Miño | Ponteareas

Alfonso Rueda: “Belén Villar vai devolver a ilusión a Ponteareas” O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou o pasado 6 de maio que Ponteareas necesita un cambio de rumbo liderado por Belén Villar, “que vai devolver a ilusión aos veciños cun proxecto integrador que impulse o emprego e as oportunidades”. Durante o acto de presentación da lista que acompañará a Belén Villar na súa candidatura á Alcaldía da localidade nas vindeiras eleccións municipais, Rueda puxo en valor o traballo realizado estes meses por todo o seu equipo, no que se combina a renovación coa experiencia, e comprometeu todo o apoio do PPdeG. Neste sentido, incidiu en que os populares “saen a gañar o 26 de maio”, situando a Belén Villar como a persoa axeitada para relanzar a labor desenvolvida durante a etapa de Salvador González Solla, ao que agradeceu os seus anos de esforzo e o seu com-

promiso con Ponteareas e coa actual candidatura. Finalmente, o presidente provincial chamou á unidade en torno ao PP para poder conformar un goberno sólido e estable na localidade, definindo á candidata

como unha persoa “valiente”, que pon ao seu concello por riba de todo. “Vai ser unha gran alcaldesa, con ideas novas, con vontade de ter boa interlocución co resto de administracións para avanzar nos proxectos necesarios e cun partido que ten experiencia de goberno e que sabe facer as cousas”. Pola súa banda, Belén Villar afirmou que “o proxecto que que-

remos para Ponteareas, e que devolverá a ilusión ao noso pobo, pasa por crear oportunidades de emprego, coa instalación de espazos coworking e o desenvolvemento de solo industrial como o de A Lomba”. Pasa tamén, abundou na súa intervención, “por xerar proxectos de ocio como as piscinas lúdicas ou a renovación dos nosos parques infantís”. “No camiño, tamén traballamos no que será o I Plan Estratéxico de Deportes de Ponteareas, para impulsar e apoiar estilos de vida saudables”, dixo, ademáis de “fomentar a marca Condado e o noso Corpus como a mellor sinal de identidade”. “Sí gañamos o 26 de maio, as parroquias terán o mesmo trato que o pobo, porque xa é hora de que servizos tan básicos como o saneamiento cheguen ao rural”, engadiu a candidata á Alcaldía, lembrando a súa pertenza a parroquia de Ribadetea.

O Condado

Xosé Represas: “A candidatura do BNG representa o mellor de Ponteareas”

Ante varios centos de persoas que encheron o salón de actos do C.A.Sportivo, o BNG de Ponteareas presentou o pasado sábado a súa candidatura completa ás eleccións municipais. Ademais do alcalde e candidato á reelección, Xosé Represas, no acto interviñeron diferentes candidatos, entre eles os actuais edís Miguel Bouzó, Verónica Carrera e Cristina Fernández, así como o anterior portavoz nacionalista Roberto Mera. Represas afirmou que a candidatura do BNG é “unha representación do mellor que temos en Ponteareas; persoas preparadas, cualificadas, con experiencia política e profesional para poder

avanzar aínda máis nos vindeiros catro anos”. O candidato do Bloque asegurou que “en catro anos sacamos ao concello da ruína e agora, que por fin temos recursos económicos, vén o mellor. Por iso precisamos outros catro anos, para demostrar o que somos capaces de facer para mellorar Ponteareas e as súas parroquias”. Ademais, Represas lembrou que “nunhas eleccións municipais vótase especialmente ás persoas” e pediu aos veciños e veciñas que “comparen as diferentes candidaturas, porque chegarán á conclusión de que o equipo que ofrece o BNG é o mellor e a garantía doutro futuro mellor para Ponteareas”.

ACIP presenta un plan de axuda ao comercio e hostelería

Rocío Bernárdez encabeza a candidatura socialista en Salvaterra O grupo o forman un conxunto de 12 mulleres e 11 homes de distintos ámbitos no que se combina a xuventude coa experiencia por unha banda, e a militancia no partido socialista con xente independiente que simplemente quere traballar polo cambio en Salvaterra. Encabezan a candidatura, xunto a candidata, os actuais concelleiros Anselmo Domínguez e María Pérez,

os que lles seguen Felipe González, estudiante de economía, natural da parroquia de Meder, Silvia Serodio, graduada social, natural do barrio do Casal, séguelle Felix Gonzalez, xestor público e veciño da parroquia de Oleiros, Paz Gonzalez de Alxen, veterana das filas socialistas de Salvaterra ao igual que José Luis Vilas de Leirado, Fátima Alves de Fornelos e a sempre incombustible Manuela Rodríguez de Pesqueiras.

Día das Letras Galegas en Salvaterra O concello de Salvaterra de Miño conmemora o Día das Letras Galegas, adicadas este ano a Antón Fraguas. A Praza do Concello será o epicentro das diferentes actividades que se desenvolverán durante a tarde noite do xoves 16 de maio. Arrancarán as 17.00h

con xogos infantís e ás 18.30 haberá teatro infantil con obradoiro incluído. Pechará a xornada un concerto das Banda de Música de Salvaterra en colaboración cos Orfeóns coro Tradicional Tirapuxa de Trasmaño e o Orfeón Popular O Coto do Carballal, a partires das 22.00h.

ACiP ven de presentar un plan de acción que levaría a cabo nos cen primeiros días de goberno “se a cidadanía outórganos o seu apoio”. Entre as medidas de dinamización, presentadas polo candidato de ACiP á alcaldía, Juan Carlos González Carrera, e o responsable de tráfico e seguridade na andidatura deste partido, Pablo Araújo, o plan contempla a creación de 500 prazas de aparcadoiro público gratuíto repartidas en catro aparcadoiros que se situarán de forma estratéxica en puntos do centro urbano da vila: na zona do Paseo

Outras medidas para os cen primeiros días de goberno contemplan “a creación de 500 prazas de aparcadoiros públicos ou a mellora da seguridade nos pasos de peóns” Matutino e que contará con 200 prazas e a comunicación co propio paseo ademais de con o viarioque accede polo lateral de Trobador Xoán García de Guillade. Tamén contemplan aparcadoiros na rúa Castelao, baixada de Rúa Braña, cun aparcadoiro

que contaría con 70 prazas e narúa Sarmiento Rivera, fronte ao cuartel da Garda Civil, cunha capacidade de máis de 200 prazas. Por últimno rúa Redondela, fronte á panificadora, haberá un aparcadoiro con capacidade para 70 vehículos.


Motor

Maio 2019

Renault, formou parte, unha vez máis, do Automobile Barcelona, acompañando na celebración do 100º aniversario do Salón do Automóbil. Facíao a través dunha ampla caseta de 700 m2, onde presentaba as súas novidades, e dunha zona de boxes exterior onde se podía probar dinámicamente os modelos das gamas Renault e Dacia. Renault mira cara á mobilidade do futuro e mostra a súa visión do transporte de persoas sustentable ao alcance de todos. Unha mobilidade eléctrica, conectada e autónoma. E faio presentando, en primeiro lugar, o Concept EZ- GO, que prefigura un RouboTaxi do futuro non moi afastado. O Renault EZ- GO é un «robot-vehículo», un vehículo compartido autónomo e sen chofer, con motorización 100% eléctrica, que fai funcións de roubo-taxi. Destinado a circular en cidade e nas zonas periurbanas, está a pensar para o transporte de persoas -ata 6 pasaxeiros ao mesmo tempo. Ademais dun vehículo, EZ- GO constitúe á vez un servizo, unha peza, por tanto, do ecosistema das cidades intelixentes que se están construíndo entre as autoridades públicas, os municipios e o sector privado, e a súa plataforma modular dá pé a toda unha variedade de usos e de carrocerías. Outro referente del stand de Renault

Xornal 21

27

Renault presenta a mobilidade do futuro

en Automobile Barcelona es ZOE, el modelo 100% eléctrico y cero emisiones. ZOE ostenta el reconocimiento de ser, a día de hoy, el vehículo 100% eléctrico más vendido en la historia de España. En 2018 fue también el modelo de esta categoría más vendido en España y en Europa. Por añadidura, ZOE es el prota-

gonista del car-sharing ZITY, que triunfa en Madrid cerca de 200.000 usuarios en su primer año de vida. ZITY conta actualmente con 650 unidades de ZOE, que están dispoñibles na capital de España para transportar, de maneira limpa e compartida, aos usuarios madrileños por todas as zonas da cidade

e os seus arredores, como Alcobendas, Pozuelo de Alarcón ou o aeroporto, e segue medrando no seu ámbito de influencia, A denominada “Zona Centro”, delimitada polo Concello de Madrid para uso privilexiado de vehículos respectuosos co medio ambiente, tamén está incluída, naturalmente, no seu universo de acción.

Bridgestone embárcase nunha misión espacial internacional

O Grupo Bridgestone participará nunha misión espacial internacional xunto coa Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (JAXA, polas súas siglas en inglés) e Toyota Motor Corporation. Anunciada por JAXA e Toyota no último mes, os obxectivos desta misión inclúen a expansión do dominio da actividade humana e o desenvolvemento da propiedade intelectual na exploración espacial. A participación de Bridgestone incluirá a investigación das necesidades de rendemento dos pneumáticos para o seu uso en ró-

vers tripulados e presurizados para axudar a estes astromóviles a facer mellor contacto coa superficie da lúa. A compañía líder mundial na fabricación de pneumáticos e produtos derivados do caucho asociouse con ambas as organizacións para investigar esta próxima fase da exploración humana. Esta colaboración baséase, á súa vez, nunha asociación de investigación conxunta con JAXA para examinar o punto de contacto entre os róvers e a superficie lunar, e servir como socio técnico para o proxecto do róver de Toyota.

as matriculacións de vehículos electrificados, híbridos e de gas medran un 37% en abril O pasado mes de abril as matriculacións de vehículos electrificados, híbridos e de gas (turismos, cuadriciclos, vehículos comerciais e industriais e autobuses) incrementáronse nun 37% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Alcanzaron deste xeito as 12.149 unidades no terceiro mes do ano, das que 11.515, o 95%, foron turismos, cun crecemento do 36%. No primeiros catro meses do ano matriculáronse un total de 44.069 turismos electrificados, hí-

bridos e de gas o que supón un incremento do 45,4% respecto ao primeiro trimestre de 2018 no que se matricularon 30.311 unidades. Por tipo de vehículo, destaca o incremento de entregas de híbridos enchufables, que triplicaron as súas entregas, sobre todo no segmento de turismos. Por CCAA, a Comunidad de Madrid acapara a metade das matriculacións destes vehículos, con 6.254 entregas do total e un crecemento en abril do 63,5%.

o exclusivo Smart ushuaïa con só 75 unidades fabricadas Foi presentado no Automobile Barcelona o novo smart EQ fortwo Ushuaïa Limited Edition 2019, un vehículo nado do acordo entre Ushuaïa Eivissa Beach Hotel e Mercedes-Benz España, coa colaboración de

BRABUS. Xa se poden realizar pedidos deste exclusivo modelo cuxa comercialización, limitada a 75 unidades, realizarase entre os meses de maio a xullo. O seu prezo de partida é de 25.988 €.


28

Xornal 21 Maio 2019

Deportes

Brillante ascenso do Caselas

O CB.Caselas senior masculino acadou un brillante ascenso a Terceira División A Autonómica logo de vencer ao Seis do Nadal nun pavillón de Salceda volcado co seu equipo. Ambos equipos, xa ascendidos, xogabanse a honra de ser campións desta fase, o que finalmente lograron os de Salceda. No medio dun ambiente espectacular e unha bancada chea de público, os dous equipos ofreceron un baloncesto bonito, intenso e físico, con moito contacto e un ritmo de xogo altísimo por ocasións. A igualdade era a tónica e nadie conseguía despegarse no electrónico: 11-12 no primeiro cuarto e 21-24 ao descanso. Na segunda metade, os de Adrián Salgado, empurrados por un público que non paraba de animar, levaron o ritmo do partido, con accións rápidas e

Juan Rivera a piques de dar o salto ao ring profesional

CB.CASELAS 60 60 SEIS DO NADAL COIA 53

CB.CASELAS (60): Jano Durán 9, Jose Castro, Darío Álvarez 23, Roberto Álvarez, David Ledo 15. QUINTETO. Xur Jorreto 3, Jorge Domínguez 2, Roberto Temporao 2, Toni Machado 3, Freddy 3 e Nico Cereceto. Non xogou Sergio Alonso. SEIS DO NADAL COIA (53): Alberto Román 3, Rubén Fervenza 7, Julián Álvarez 5, Daniel Rodríguez 4, Jorge Juan 2. QUINTETO. Esteban López 2, Miguel Alonso, Andrés Álvarez 11, Guillermo Rodríguez 12, Mario Álvarez 3, Adrián Covelo 2 e Sergio Domínguez. PARCIAIS: 11-12 / 10-12 / 18-14 / 21-15. maior porcentaxe no tiro. Pero o 39-38 deixaba o suspense para o cuarto final. No cuarto periodo, o Caselas xogou os seus mellores minutos perante un gran rival,

cun gran xogo de equipo e totalmente volcados no ataque como reflexan os 21 puntos anotados neste cuarto que sentenciaron o partido perante a ledicia da bancada.

O Kick Boxing Mos segue acumulando vitorias. O equipo adestrado por Juan Alonso convértese nunha fábrica de campións. Todo ocorreu o pasado sábado 20 no concello de Foz, nesta ocasión acudiron con tres competidores, dous na modalidade de kickboxing (Lowkick) onde Alberto Simón venceu aos puntos a Arias Maira colocándose así na final do Campionato Galego de Kick Boxing que se celebrará posiblemente no mes de Maio. Ares García, o Junior do club, debuta dunha forma expectacular

contra un rival que lle sacaba máis de cinco quilos e co combate gañado no último asalto sufriu unha fractura de tabique nasal por un golpe accidental cun cóbado tendo que parar a pelexa por decisión médica, e por último o xa máis que coñecido Juan “o diamante” Rivera, na modalidade de k1 venceu a un experimentado rival como é Adán Macareno, o seu adestrador cóntanos que está listo para dar o salto ao profesionalismo. Actualmente o equipo mosense adestra nun ximnasio do Porriño.

O aeroporto de Vigo organiza a súa ‘I Carreira Solidaria’ O Aeroporto de Vigo acollerá o domingo, 16 de xuño, ás 10:45 horas, a ‘I Carreira Solidaria Aeroporto de Vigo’, a favor da ONG Aviación Sen Fronteiras (www.asfspain.org). A carreira, duns 7,5 quilómetros por terreo asfaltado, percorrerá o camiño perimetral que bordea a pista, parte do campo de voos e finalizará no exterior da terminal. A participación na mesma está limitada a 400 corredores de máis de 16 anos (os menores de idade terán que ir acompañados por un responsable maior de idade) e estableceranse dúas categorías, feminina e masculina, con trofeos aos tres mellores tempos de cada unha. Os máis pequenos tamén poderán participar nesta xornada, a través de distintas probas específicas para eles, que se establecerán en función da idade e terán lugar a partir das 10:00 horas do mesmo día. Para estas probas non hai límite de prazas, aínda que será necesaria a ins-

crición previa gratuíta (a ONG aceptará donativos de 3€ pola inscrición dos menores). Todos os participantes recibirán unha medalla polo seu esforzo. A ONG Aviación Sen Fronteiras, que será a beneficiaria do importe total das cotas de inscrición (10 €), é a responsable da organización da carreira, do rexistro das inscricións e da cobranza das cotas. A inscrición xa está aberta na web: https://championchipnorte. com/evento/detalle/ide/1824/i-carreira-solidaria-aeroporto-de- vigo. Debido á singularidade do percorrido, a través da zona de acceso restrinxido do Aeroporto, os participantes deberán cumprir unha serie de requisitos entre os que está seguir todas as indicacións do persoal da organización, non levar líquidos, auriculares ou mochilas, e estar no edificio terminal unha hora e media antes do inicio da carreira.

Ascenso do C. N. Ponteareas á División de Honra O pasado sábado 28 de Abril disputouse a final da liga galega de clubs na piscina do Real club Náutico de Vigo. A cita outorgaba 2 prazas para participar, a próxima tempada, na máxima categoría da Natación Galega, a Categoría de Honra. Ao finalizar a competición, os equipos de R.C. Nautico de Vigo e C.N. Ponteareas alzáronse coa

1.ª e 2.ª posición, respectivamente, e asinaban así o seu pase a unha categoría na que loitarán os 6 mellores equipos galegos. Desde a tempada 2011-2012 non militaba o C.N. Ponteareas nesta máxima categoría, o que dá idea clara da dificultade que supón que un equipo dunha cidade de pouco máis de 20000 habitantes como Ponteareas quede encadrado nese selecto grupo de Clubs.

Por tanto, desde a directiva do Club, queren dar o "parabén a todos os nadadores que contribuíron a este resultado e agradecer ao público e patrocinadores a súa implicación neste proxecto deportivo que cada día sorpréndenos con noticias positivas". "Cun equipo que reúne a experiencia e experiencia dalgúns dos seus integrantes e a mocidade e ilusión doutros que chegan das Categorías basee, esperamos que o próximo ano poida competir por manter esta categoría, algo que será un verdadeiro reto deportivo" sinalan.


Saúde

Maio 2019

Xornal 21

29

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Unha auténtica “epidemia” afecta ao 53% dos usuarios de smartphones que sofre ansiedade ao perder o seu dispositivo ou ao quedar sen batería, segundo o Centro de Estudos Especializados en Trastornos de Ansiedade

Case 8 de cada 10 españois xa non poden vivir sen o seu móbil Redacción Xornal21.es

Segundo o Informe de Sinistralidade Laboral elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo en 2018 aumentaron o número de falecidos nun 5,5%, marcándose así a maior sinistralidade laboral desde o ano 2011. Aínda que é interesante

destacar que desde o 1988 os falecidos por accidentes laborais en España descenderon ata un 62,7%. Do total destas mortes producidas no traballo un 33% por cento das mesmas producíronse por enfermidade cardiovascular, entre as que se atopa a parada cardíaca.

Entre as causas de falecemento cardiovasculares, os infartos, derrames cerebrais e outras causas naturais supón case o dobre das mor tes derivadas dos accidentes de tráfico. En canto aos sectores o de servizos é onde se produciu a gran maioría, seguido de industria, construción e o sector agrario

o máis seguro. E por sexo morreron máis home que mulleres, en concreto 602 homes fronte a 50 mulleres. A cardioprotección de espazos de traballo converteuse nun elemento fundamental nas estratexias de prevención e innovación para combater os accidentes de traballo xa que non se debe esquecer que o 80% das paradas cardíacas prodúcense no traballo ou no domicilio ao ser os lugares onde se está a maior parte do tempo. Segundo Nuño Azcona, Director Xeral de B+ Safe (Grupo Almas Industries), empresa líder en España na cardioprotección de espazos “cada ano prodúcense centos de accidentes cardíacos nos espazos de traballo, así que a cardioprotección permite unha resposta inmediata para tentar minimizar o seu impacto, o que podería axudar a salvar moitas vidas. Afortunadamente a cardioprotección chegou á nosa contorna laboral para quedar. As nosas comunidades autónomas están a implantar leis que estan protexendo as contornas laborais e isto é un gran acerto. Pero queda moito por facer e debemos reflexionar sobre o feito de dispoñer dun desfibrilador no posto de traballo significa “a diferenza entre a vida ou a morte”, xa que poden manter o corazón dunha persoa funcionando ata que cheguen os sanitarios".

O inicio rápido do tratamento, clave no manexo do doente con VIH

Comezar o tratamento de forma rápida, sen necesidade de que as persoas con VIH modifiquen o seu estilo de vida, contribúe a alcanzar antes unha carga viral indetectable, mellora o control da infección e estudos recentes demostraron que pode reducir a mortalidade. Neste sentido, é importante destacar que a indetectabilidad dos doentes minimiza o risco de transmisión e contribúe a un mellor control da infección e unha redución de novos casos. Esta é unha das principais conclusións da xornada “Conectamos coa innovación no VIH”, organizada por Gilead Sciences que se celebrou en Santiago. Os tratamentos antirretrovirais han evolucionado de forma moi satisfactoria nos últimos anos cara a réximes máis sinxelos e mellor tolerados. Neste sentido, hai que destacar a importancia da tripla terapia, que permitiu transformar a vida dos doentes e conver ter unha enfermidade

mor tal en crónica e levoulle a converterse no standard of care desde hai dúas décadas. Os expertos destacaron que hoxe en día e con acceso a un tratamento apropiado, os doentes con VIH poden vivir case tanto tempo como a poboación en xeral. Con todo, as investigacións revelan que teñen un risco máis elevado de sufrir comorbilidades relacionadas coa propia patoloxía, o tratamento e a idade. Por iso, a evolución dos tratamentos antirretrovirais ha permitido unha transformación da infección e introduciu novos retos no manexo dos doentes co obxectivo de seguir mellorando a súa calidade de vida e reducir os efectos adversos derivados do tratamento. Por iso, tanto o tratamento como o coidado dos doentes con VIH debe ir máis aló do control da carga viral e prestar atención a aspectos como a durabilidade, a alta barreira xenética, a redución de toxicidades e interaccións, a sim-

plicidade e a posibilidade dun inicio rápido do tratamento. Ademais hai que ter en conta que a chegada de novos tratamentos antirretrovirais en tripla terapia facilita a decisión do prescritor ao axuntar, por primeira vez, alta eficacia, alta barreira ás resistencias e un destacado perfil de seguridade en comparación con outras alternativas. En palabras do Dr. Daniel Podzamczer, xefe da Unidade de VIH do Servizo de Enfermidades Infecciosas do Hospital Universitario de Bellvitge, “a pesar de que houbo grandes avances na última década no campo da investigación en fármacos para a infección por VIH, aínda quedan varios puntos de mellora. O que pedimos a un fármaco para a infección por VIH é que as taxas de eficacia sexan moi altas, que nas análises por intención de tratar á semana 48 os doentes están indetectables en máis do 90%, o que significa que na práctica, se

unha doente toma de forma correcta o tratamento, este non vai fallar. Un segundo requisito sería a tolerabilidad, xa que os clínicos queremos que os tratamentos sexan moi ben tolerados, que non

teñan efectos secundarios nin interaccións con outros fármacos. Outro punto impor tante sería a comodidade, tratamentos nun só comprimido e que o seu tamaño permita unha cómoda inxesta”.


30

Xornal 21 Maio 2019

Actualidade

Cinema

Punto de lectura Este mes recomendamos...

OS 88 BANZOS

DA

XENTE FELIZ

ANXO PÉREZ

Aladdin Estrea: 24/05/2019

Hellboy

Aladdin (Mena Massoud) é un adorable pero desafortunado ladronzuelo namorado da filla do Sultán, a princesa Jasmine (Naomi Scott). Para tentar conquistala, acepta o desafío de Jafar (Marwan Kenzari), que consiste en entrar a unha cova en metade do deserto para dar cunha lámpada máxica que lle concederá todos os seus desexos. Alí é onde Aladdín coñecerá a l Xenio (Will Smith), dando inicio a unha aventura como nunca antes imaxinara.

A Axencia para a Investigación e Defensa Paranormal (AIDP) encomenda a Hellboy a tarefa de derrotar a un espírito ancestral: Nimue, coñecida como "A Raíña do Sangue". Nimue foi a amante do mismísimo Merlín durante o reinado do Rey Arturo, del aprendeu os feitizos que a levaron a ser unha das bruxas máis poderosas… Pero a tolemia apoderouse dela e aprisionó ao mago para toda a eternidade. Hai séculos conseguiron acabar con esta vilá, enterrándoa profundamente, pero volveu de entre os mortos coa intención de destruír á humanidade coa súa maxia negra.

Os 88 Banzos da Xente Feliz é o libro con maior impacto para a túa felicidade que lerás xamais. Por que? Porque contén a fórmula para eliminar calquera tipo de sufrimento ou amargura da túa vida, explicada mediante 88 pasos (Banzos) que representan o secreto n° 1 para unha vida feliz. «O único motivo polo que non somos máis felices é porque ninguén nos contaba o secreto para selo, paso a paso e cunha claridade esmagadora. Se este libro contivese o secreto do Éxito Interior (e conteno), entón será o mellor investimento que poidas facer na túa vida. Ninguén que saiba o que significa vivir na luz elixiría nin por un segundo continuar na sombra.»

Estrea: 17/05/2019

OHumordeCosme

VIAXE AO PAÍS DOS BRANCOS A ODISEA DUN MOZO QUE ARRISCOU A SÚA VIDA POR UN FUTURO MELLOR. O meu nome é Ousman Umar. Sei que nacín un martes, non sei de que mes nin de que ano porque na miña tribo iso non importa. Crecín na sabana africana. Camiñaba sete quilómetros para ir á escola. A miña vida era feliz e sinxela, ata que un día, entre xogos, vin un avión voar. Desde ese momento quixen ser piloto, enxeñeiro, todo, menos negro. A curiosidade por coñecer o mundo empuxoume a facer unha viaxe sen retorno cara ao País dos Brancos. Aos trece anos crucei o Sahara a pé, o mar en patera e vin morrer no camiño á maioría dos meus compañeiros de viaxe, entre eles ao meu mellor amigo. Catro anos despois de comezar esa fazaña, logrei chegar a España e, tras varios meses durmindo na rúa, acolleume unha familia. A primeira noite que durmín na súa casa, a pesar das comodidades e o confort, púxenme a chorar como un neno. Por que sufrira tanto? Por que tanta loita? Que fixera mal? Agora, necesito contar esta historia, ata que non haxa máis historias como esta que contar.

APRENDE A ALMORZAR A primeira comida do día tomou as redes sociais e as revistas de receitas e saúde con defensores e detractores que se enfrontan armados de ingredientes extravagantes e estudos científicos de maior ou menor rigor. Falar do almorzo é moito máis que compartir unhas bonitas fotos. Detrás del hai todo un mundo de verdades, falsos mitos e hábitos culturais. Un bo exemplo é o almorzo occidental, que composto basicamente por bolería, pan branco e azucre, deixou de ser a comida máis importante do día para converterse na máis perigosa. Pero se o zume de laranxa, os cereais de almorzo, as galletas ou, mesmo, a torrada con aceite e un lisco de pavo non son a mellor opción, que almorzamos? este libro dá resposta a esta pregunta e inclúe máis de oitenta receitas de almorzos sans e saborosos para toda a familia, ideas para aforrar tempo de preparación na cociña, alternativas caseiras para levar a clase ou á oficina e multitude de consellos para gozar as mañás como corresponde.


Maio 2019 Xornal 21

Anuncios Breves Alugeres APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727 RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 NAVE Polígono A Granxa 400 m² con oficinas equipadas. 609 83 78 08 PRAZA garaxe moi económica en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 VIGO VIVENDA 2 DORMITORIOS, CACIÑA, BAÑO E SALÓN. Próxima a ‘El Corte Inglés’ 609 83 78 08 VIVENDA barata busco. Son xubilado con pouca paga. 605 785 292 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75

Animais COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776 Compro ou adopto can Roteailer 687691508 SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175

Automóbiles OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353. PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327 CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659 KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548

Contactos RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304 RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31 RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040 HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67 RAPAZA busca rapaz entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20 RAPAZ de 44 anos busca rapaza de 35 a 45 anos para amizade ou o que surxa. De Mos, O Porriño, Redondela ou arredores. Seriedade. 677112868.

Ensino LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330 EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64 LICENCIADO en Inglés, imparte clases, todos os niveis 10 euros / hora. 658 358 798 CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717 Licenciado imparte clases de inglés, todos os niveis. 653349289 PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776 RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85

Casas SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646 725 195 FORNELOS (Salvaterra) casa dous andares, cenador, terreo de 1300 m² 674 970 655 CASA RÚSTICA con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02 ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m². 658.312.090 COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m², hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634 459 555

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090 VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92

TEXTO DO ANUNCIO

Outros

SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09 PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122 TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91 VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379 TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705 O Porriño - 98 m² e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04 VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semiamoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

AFORRA máis de 200 euros ó ano na factura da luz 627952066 FESTAS par locais cerrados e pequenos con equipo propio. DJ TUNING SHOW 642 649 328 CHE gustaría conseguir unha mellor versión de ti? O momento é agora! 657 295 997 RAPAZ de Vigo recolle de balde sillas de bebe, de paseo, sillas de coche… 637 228 667 REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887 MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84 CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64 PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

Solares e Terreos TOMIÑO dúas fincas 600m² e 120m² con castiñeiros e una entrada de coche. 626 26 46 56 BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353 BUSCO terreo edificable para a zoa do Porriño, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas… Avisar a Dani 675813033 XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02 SANGUIÑEDA terreo 600 m² zona Adoa. 648 909 059 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351 FINCA 1100 m para solar edificable en Sanguiñeda, preto da igrexa. 667 431 946 TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993 INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322 CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19

Compras varias MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688 CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08 COCIÑA de gas con forno en bo estado. Económica 679 141 813 OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor O-X22DTH Tel.: 651 078 705 COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136 MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491 BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

Vendas varias VIÑO de calidade da casa. En Goián 627145256 COCIÑA calefactora Hergón nº 9. Bo estado. Prezo a convir 639 970 314 – 986 333 854 DORMITORIO completo dúas camas xemelgas e moble de sala. 687 77 69 87 VIÑO calidade económico, bagazo de herbas e branca. 647 925 502 DISFRACES. 671 35 74 26 VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 20 € 671 35 74 26 MOBLES ANTIGOS para uso ou restauración (mesillas, aparador, péndulo, etc.) 687 77 69 87 DORMITORIO XUVENIL moi económico, con escritorio. 606 611 673 PORTAIS ferro. Dúas unidades: 145 x 100 cm + 143 x 199 cm Por 165 euros. 619 304 963 TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21 TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426 MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673 AIRE acondicionado 661 545 727 PLANTACIÓN DE ALBARIÑO vendo en Mos, sobre 500 m², en plena producción, bo acceso e a carón da estrada. 617268659 MEL da casa. Tamén disponible con etiqueta para a venda en tendas. Tlf.: 606106887 UTENSILIOS para elaboración de viño: lagareta grande, estruxadora grande, encorchadora, barcal, barriles… 663 54 22 62

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es >Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

(Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

______________________________________________________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:___________________________________ APELIDOS*:_______________________________________________________________

S i n o p s e

D.N.I. ou Pasaporte*:______________________________________ Lugar de residencia*:___________________________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________ Categoría: _____________________________________________ c Retirar anuncio c Publicar anuncio

PORTAIS pequenos segunda man, conxunto 2 unidades 98x163 e 100x163 cm 295 euros 619 304 963 PORTAL, balcóns e peche de ferro segunda man 663 54 22 62

Pisos

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es CUPÓN ANUNCIOS BREVES

31

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

Firma

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.

EMPREGO

Demandas

BUSCO traballo Vigo, Salvaterra, limpeza, cociña, coidado persoas maiores, nenos, auxiliar odontoloxía. 674 49 42 33 LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08 ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13 RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285 RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, O Porriño. Yolanda 606 77 31 97 RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34 POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78 RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112-633036768 (con coche) ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13 ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, O Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838 RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos Puxeiros. Nathaly 699514112 CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051 TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00 SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641 SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21 RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35 SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70 RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827

Ofertas

Obteña diñeiro extra e aumente as súas ganancias. Negocio independiente. 686567945 COMERCIAIS - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR - REDONDELA e VIGO. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade. Interesados enviar datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 19 h.) COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20 COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.