Xornal21 nº 123

Page 1

Galicia Máis de 50 concellos galegos reforzan este verán o persoal das súas oficinas de turismo

Galicia

www.xornal21.es

Nº 123 / Xullo 2018

Periódico galego de distribución gratuita

Feijóo ofrece novas axudas para paliar os danos da explosión de Tui

03

Conde en Vigo: “a formación impulsa as novas oportunidades de emprego que supón a Industria 4.0” 03 Provincia A FP Dual oferta 11 novos ciclos na provincia de Pontevedra

07

Carmela Silva: "Vigo e Pontevedra están de parabéns con estimacións de ocupación para outro verán de récord 05

04

Motor Comeza en Vigo a produción dos novos comerciais lixeiros

Provincia

19

O goberno de Carmela Silva oferta este ano 166 obradoiros do programa “Depo en Marcha”

Saúde Lucir un bronceado bonito ou coidar a pel? Os expertos dannos as craves 21

Deportes Lucas Costa, David Moya e Juan Carlos Mesquita reinan na travesía “Costa Serena” 20

07

Salceda de Caselas

A multinacional alemá Benteler creará 250 postos de traballo en Mos Traballadores do concello de Salceda fan visible a súa protesta no Pleno Municipal 15

O polígono da Veigadaña, en Mos, foi o lugar escollido pola multinacional Alemá Benteler para construír a súa nova planta na que ten previsto realizar un investimento de 30 millóns de euros. A industria do automóbil chega así, pisando forte, ao municipio do Val da Louriña que se beneficiará da creación de aproximadamente 250 novos postos de traballo. A multinacional abre, desta forma, as súas portas a mozos e parados que buscan traballo no sector do automóvil na comarca de Vigo. 09

> >

> >

COMARCAS A Louriña

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

08 - 15

O Condado

16

Baixo Miño

18

Val Miñor

17

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

Nigrán | Gondomar | Baiona


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Xullo 2018

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Cita

Os Orzamentos Xerais do Estado perpetúan as desigualdades sociais POR VICTORIA PORTAS. VOCEIRA DA COORDINADORA ESTATAL EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS (COESPE)

para as pensións minimas dos PGE Ante a grave situación de pobreza 2018 (persoa maior de 65 sen cónsevera que golpea a unha gran parte xuxe a cargo 9196.60€/anuais) senón da nosa xente, a centos de miles de como referencia os PGE 2017 familias, aos sectores máis vulnerables (7347,99€/ ano) pasando a percibir como a infancia, as mulleres, as permensualmente de 524.86 € a 539.29 soas maiores, etc. € producíndose unha fenda entre as O 4 de xullo sairon pubricados pensións mínimas con respeito a míos Orzamentos Xerais do Estado para nima establecida nos PGE 2018 o 2018. Uns orzamentos moi lonxe (656.9€/mes) de 17,90%. da situación real da nosa sociedade. Si ignorando isto, nos remitimos Para os que dubiden de esa sio IPC atopámonos que a mínima tuación de extrema urxencia social, que establecen os PGE para aplicar podemos decir que máis da metade o 3% os as que no ano 2010 corresdos concellos galegos teñen máis pondían a 601.40 €, paradóxicamente pensionistas que traballadores, enuVictoria Portas. incluso superiores oito anos máis tarmerar que un de cada catro galegos de, si a esas mínimas se houbera aplié maior de 65 anos, aproximadamente unhas 761.075 persoas, cunha pensión media cado o IPC alcanzarían hoxe os 656.66 €/mes. O resto das pensións seguirán perdendo poder adde 783 €/mes, cunha fenda dun 15% por baixo da estatal, si o dato o damos por rexímenes atopámonos que autó- quisitivo a paso axigantados, as viuvas non verán nas súas nomos e agrarios están nunha media das pensión en nóminas a subida, soamente os PGE liberaranse do pago 612.23 €, si este dato damos en perpectiva de xénero de complementos e se cargará novamente o esforzó a atopámonos con que a pensión media das mulleres é de caixa da Seguridade Social. Ningunha das medidas se prorrogarán máis alá de 698 € situándose a fenda nun 37.62% superior a fenda salarial que se atopa en 23-24%. As pensións de viudedade decembro do 2019, nen se está a levar a cabo nengún esatópase en 555,82 euros; a orfandade en 377,63 euros; tudio de ingresos necesario e imprescindibles para o e a favor de familiares en 483,89 euros. Todas elas por Sistema de Seguridade Social, así que non sirven para baixo do umbral da pobreza. Engandindo a éste colectivo solventar o problema nin do Sistema nin, por suposto, a a clase traballadora que se enfrenta a unha taxa de des- de millóns de pensionistas, nin mulleres, nin desempregados, nin enfermos. Non, tan só é un aprazamento dos emprego dun 14.71%. Rematouse o 2016 cunha tasa de risco de pobreza problemas para pasar o proceso electoral de 2019. Según Informe da Unión Europea vivir por debaixo ou exclusión social no 20.33%. E onde o 62.90% dos nosos pensionistas malviven por ter prestacións por baixo do Umbral da pobreza é vivir por debaixo da metade da renda per cápita. España sítua a súa renta per cápita 2017 do umbral da pobreza. Os Orzamentos Xerais do Estado, non soamente igual a 24.998 € a súa metade 1041.58 €/mes (12499 esquecen a Galiza, senón que o fai esquecendo a nova €/anuales). Pois o 50.89% en el caso dos homes e un situación social da clase traballadora que vive no te- 79.87% das mulleres atópanse nesa situación e a solución unha vez máis non se atopa nos novos PGE 2018. rritorio español. O que non solventaron os PGE2018 do Estado, loiQuedámonos cunha escenificación dun burdo engano con promesas vacías, fálase dunha subida do 3 taremolo nos Orzamentos Galegos de Setembro. Ou se % para as pensións mínimas, pero como xa se dá por goberna para o pobo ou o pobo terá que rectificar as súas percibido o 0.25 % a subida real será do 2.75% e non ideas, senon queremos acabar na máxima indixencia.

Teléfonos de interese

A GUARDA Concello 986 61 00 00 Policía Local 986 61 00 25 Centro de Saúde 986 61 44 50

AS NEVES Concello 986 64 80 38 Policía Local 986 64 80 38 Centro de Saúde 986 64 88 37

BAIONA Concello 986 38 50 50 Policía Local 986 35 80 11 Centro de Saúde 986 38 51 60

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

OIA

986 36 21 25 986 36 23 44

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

O ROSAL Concello 986 62 50 00 Centro de Saúde 986 62 60 35 MONDARIZ Concello 986 66 43 06 Policía Local 680 46 11 51 Centro de Saúde 986 65 61 38 MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 65 61 36 Centro de Saúde 986 66 24 36

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Staff

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Whatsapp: 692 150 055 Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348 106

Redacción: redaccion@xornal21.es

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21. Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

“Es o que crees que es”

X ullo

Paulo Coelho

A gosto

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 30 31 25 26 27 28 29

3 4 5 10 11 12 17 18 19 24 25 26 31

1 2 6 7 8 9 13 14 15 16 20 21 22 23 27 28 29 30

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

FESTIVOS LOCAIS

Gondomar: 11 de xullo (San Bieito) | O Porriño: 11 de xullo (San Bieito) | A Guarda: 16 de xullo (Virxe do Carme) | Salceda de Caselas: 16 de xullo (Luns do Cristo) | MondarizBalneario: 16 de xullo (Virxe do Carme) | As Neves: 30 de xullo | Nigrán: 1 de agosto | Mos: 7 de agosto (San Mamede) | As Neves: 7 de agosto | Oia: 7 de agosto (San Mamede) | Salvaterra de Miño: 10 de agosto (San Lourenzo) | Gondomar: 16 de agosto (San Roque) | Mondariz: 16 de agosto | Vigo: 16 de agosto (San Roque)

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

TOMIÑO 986 62 22 85 M. del Carmen Pardo Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15 O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS 986 641 795 Farmacia Elduayen, 7 Farmacia Picoto, 3 - Areas 986 642 215 Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034 TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811 TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 332 003

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO MOLINA GAMARRA, TOMÁS

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra a violencia de xénero

Número 123 / do 15 de Xullo ao 15 de Agosto de 2018 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán).

Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urgente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 | Whatsapp: 692 150 055 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia

Xullo 2018

Xornal 21

3

Conde en Vigo: “a formación impulsa as novas oportunidades de emprego que supón a Industria 4.0”

A Xunta agarda que os fondos europeos 2021-2027 permitan mellorar a integración da economía galega en Europa A Xunta agarda que os fondos da política de cohesión para o novo período comunitario 2021-2027 permitan seguir mellorando a integración da economía galega en Europa, co obxectivo de seguir avanzando cara a Galicia máis intelixente, máis verde, máis conectada, máis social e máis próxima á cidadanía. Así o manifestou o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, durante a inauguración en Santiago do Foro de Economía e Política Rexional. Durante o acto, o titular de Facenda lembrou que Galicia constitúe “un claro exemplo dos efectos positivos da política de cohesión, que nos permitiu

reforzar notablemente a integración económica e política da comunidade autónoma e mellorar a gobernanza”. Neste sentido, destacou que o efecto positivo dos fondos estruturais en Galicia “é moi notable e perceptible polos cidadáns”. En total, ata o período 2014-2020, investíronse máis de 21.000 millóns de euros, unha achega que ten contribuído de forma significativa ao desenvolvemento económico de Galicia nestes últimos 30 anos. De feito, Valeriano Martínez recordou que o PIB per capita de Galicia supoñía o 60% da media comunitaria no momento da adhesión de España a Europa

en 1986. “Os últimos datos de 2016 mostran como Galicia recupera o crecemento económico, situándose nun 82% da media comunitaria”, incidiu o titular de Facenda. Ademais, o conselleiro recordou que neste momento está sobre a mesa o debate do futuro de Europa, unha cuestión que “ocupa un lugar protagonista na axenda política da Unión Europea”, polo que se fai necesario lembrar o papel fundamental que xogou a política de cohesión como ferramenta única para fortalecer o proxecto europeo. “A cohesión é o principal instrumento de solidariedade da Unión Europea”, concluíu. Oficina de Turismo de Baiona.

Máis de 50 concellos galegos reforzan este verán o persoal das súas oficinas de turismo Durante este verán, máis de 50 concellos galegos reforzan o persoal das súas oficinas de turismo coa intención de mellorar a atención aos visitantes á Comunidade completando os servizos de información turística. Este reforzo é posible ao abeiro da liña de axudas convocada un ano máis pola Xunta de Galicia destinada aos concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos galegos. Na edición deste ano benefícianse un total de 44 concellos das catro provincias e tres entidades locais –a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Mancomunidade

de concellos de O Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro– que integran á súa vez máis de 30 concellos. Turismo de Galicia avanza así no seu traballo por impulsar a mellora da experiencia turística na nosa Comunidade e por continuar colaborando coas administracións locais. Esta liña de axudas inclúese no programa de subvencións que Turismo de Galicia convocou este ano e que conta cun investimento global de preto de 6 millóns de euros dirixidos ao sector turístico, ás entidades locais e a diversos colectivos. Para o sector, inclúense actuacións de mellora nas infraestruturas dos establecementos tu-

rísticos de aloxamento e tamén para a cooperación entre pequenos operadores. Para os concellos e entidades locais, ademais de colaborar na contratación de persoal nas oficinas de turismo dos municipios turísticos e xeodestinos, tamén se impulsan as actuacións de mellora nas súas infraestruturas e recursos. Ademais, inclúese unha partida para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Tamén se convocaron os Premios Camiño de Santiago e os Galicia Parabéns, co que a Xunta premia os esforzos dos concellos pola preservación das paisaxes.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientaba o pasado dia 4, na presentación do simulador de operacións portuarias no que colaboran a Autoridade Portuaria de Vigo, o Grupo Davila e a súa filial Transglobal, que esta ferramenta forma parte da Industria 4.0, poñendo a tecnoloxía ao servizo da actividade portuaria para facela máis eficiente sen deixar de lado a formación, que permite impulsar as novas oportunidades que supón esta industria en termos de emprego. O conselleiro, que estivo acompañado pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, e do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, apuntou así mesmo que o simulador constata que xa todos os sectores da nosa industria están inmersos nesta transformación dixital, e constata, ademais, que a colaboración entre tecido empresarial e administracións é a mellor fórmula para dar resposta aos principais obxectivos que trae consigo. Neste ámbito, o conselleiro sinalou que a Xunta está a buscar unha alianza coas empresas para que sexan elas as que definan as súas propias necesidades en materia de formación, para que axuden a identificar cales son os novos perfís profesionais que demanda o mercado e para que así se lle poida ofrecer unha oferta de cursos de formación á súa medida. Así, Conde fixo fincapé en que o Goberno galego está a ser pioneiro na implantación dun modelo formativo flexible e adaptado ás necesidades do tecido produtivo, poñendo o foco en sectores estratéxicos

da Industria 4.0, contando coa implicación directa das empresas. Así, tense logrado que o Estado homologue 27 novas especialidades que a partir de agora poderán ser impartidas a través das Unidades Formativas en Empresas, e que, polo tanto, será unha cualificación profesional con validez en toda España. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria apuntou que precisamente hoxe arranca coa súa convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), a segunda convocatoria destas Unidades Formativas, unha formación financiada ao 100% na que a Xunta inviste 4 millóns de euros e que permitirá formar 2400 traballadores en activo ou desempregados. Tal e como sinalou Conde, o carácter bianual da convocatoria permite unha maior calidade nos cursos formativos porque se poderán prolongar ata o vindeiro ano. A iniciativa súmase á primeira edición destes programas que se acaban de resolver, polo que, en global, o Goberno galego apoiará este ano a través das dúas convocatorias -cun orzamento de 9,5 millóns de euros- a formación de máis de 5000 persoas. Segundo apuntou o conselleiro, 7 de cada 10 unidades formativas están relacionadas co naval, a automoción ou sector TIC, sectores estratéxicos que están a demandar man de obra cualificada porque son onde maior impacto están a ter as novas ferramentas da Industria 4.0. Por iso, Francisco Conde recordou que, ademais das Unidades Formativas en Empresas, tamén se financia a través do Igape cursos de formación en tecnoloxías dixitais como a robótica ou a automatización de procesos.


4

Galicia

Xornal 21 Xullo 2018

Os fogares galegos aforraron 83 millóns de euros en 2017 grazas a rebaixa de impostos nas herdanzas

Feijóo avanza novas liñas de axudas para paliar os danos da explosión pirotécnica no concello de Tui

Os fogares galegos aforraron o pasado ano 83 millóns de euros no pago de impostos á Xunta en herdanzas e no medio rural, a consecuencia da rebaixa fiscal aprobada polo Goberno galego e que está en vigor desde xaneiro de 2016, segundo mostran os datos da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga). A directora deste organismo, María Victoria González, informaba este mes e no Parlamento da actividade desenvolvida pola Atriga durante o pasado exercicio. No eido fiscal, destacou que 2017 foi o primeiro ano no que a baixada de impostos aprobada pola Xunta tivo un efecto completo. Por mor disto, un total de 98.141 contribuíntes galegos recibiron unha herdanza e non pagaron nin un euro no Imposto sobre Sucesións, xa que máis do 99% dos galegos non pagan este imposto cando reciben unha herdanza dun familiar directo. Ademais, outros 17.816 contribuíntes beneficiáronse do programa de Impostos cero no rural, máis do dobre que o ano anterior. Este programa deixa libre de impostos á Xunta a adquisición dun

ben rústico ou a ampliación dunha explotación agraria, e foi ampliado en 2017 á adquisición dunha vivenda habitual no medio rural para todos os menores de 36 anos, as persoas con discapacidade e as familias numerosas. No actual exercicio volveu ser ampliado con novas medidas para fomentar o alugueiro de inmobles rústicos, a participación en cooperativas agrarias ou os investimentos asociados ás sociedades de xestión forestal. María Victoria González tamén sinalou que a Atriga obtivo o pasado ano 6,9 euros por cada euro investido nas actuacións de loita contra a fraude fiscal, o que permitiu aflorar 144 millóns de euros de débeda non declarada polos contribuíntes. Este organismo comprobou no último exercicio máis de 325.000 autoliquidacións do Imposto de transmisións patrimoniais e do Imposto sobre sucesións e doazóns, xa que ambos tributos concentran a maior parte dos ingresos tributarios xestionados pola Xunta. Isto supuxo un aumento do 16% respecto ás autoliquidacións comprobadas no exercicio anterior.

A FP Dual oferta 11 novos ciclos na provincia de Pontevedra A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicaba no Diario Oficial de Galicia a oferta de ciclos formativos para o curso 2018/19, a través do que se ofrecen 9.604 prazas en primeiro curso en centros públicos na provincia de Pontevedra (en números moi similares ao curso anterior), en 383 ciclos e programas formativos autorizados nas diferentes modalidades e réximes. Esta oferta avanza na implantación da FP Dual, unha das apostas do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a

empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos. Amplíase ademais a oferta en ciclos en réxime ordinario e de adultos con importante demanda de emprego, como o caso da familia de Informática e comunicacións no IES de Teis. Neste sentido cómpre sinalar que o motivo mesmo de modificar a oferta de ciclos para cada curso vén derivado da necesidade de dar resposta ao tecido socio-produtivo de cada comarca e á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ven de anunciar a aprobación de novas liñas de axudas para paliar os danos da explosión pirotécnica no Concello de Tui que ata o de agora ascenden a máis de 7 millóns de euros no ámbito da vivenda. Feijóo lembrou que a Xunta actuou coa maior axilidade posible desde o primeiro momento, con atención médica e psicolóxica aos afectados; ofrecendo solucións para que os dous menores que quedaron orfos poidan continuar coa súa vida -unha reposta na que están implicados tanto os servizos de menores da Xunta, que son os que teñen a tutela, como unha familia de acollida-; e coas axudas ás familias afectadas. Sobre este último punto, precisou que o 30 de maio a Xunta xa aprobara un Decreto de medidas urxentes para axudar á reparación dos danos e o 5 de xuño, dúas semanas despois da explosión, publicáronse no DOG esas medidas urxentes para pagar os gastos de aloxamento das persoas que non puideron seguir vivindo nas súas casas e para reparar os danos nas vivendas. Máis polo miúdo precisou

redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos.

APOSTA POLA FP DUAL A oferta incorpora as súas principais novidades na FP Dual. Así, na provincia de Pontevedra entrarán en funcionamento 3 ciclos de grao medio e 8 de grao superior nesta modalidade. En concreto destaca o incremento de ciclos formativos de dual nos centros da comarca de Vigo, en liña co proxecto de Campus de FP nesta zona que ten previsto desenvolver a Xunta de Galicia. Neste sentido, dos 11 novos ciclos de dual da provincia, 6 están en Vigo e un no Porriño, duplicando a oferta desta modalidade existente ata agora na comarca.

que, a día de hoxe, as axudas para afrontar os gastos de aloxamento provisional recibiron 14 solicitudes, das que 13 están resoltas, concedidas e pagadas xa as mensualidades correspondentes e hai unha que está en tramitación que foi presentada este mesmo luns. Segundo lembrou, o prazo para solicitalas remata o vindeiro luns 9 de xullo e os afectados só teñen que presentar un certificado do concello. Sobre as axudas para reparar os danos nas casas e no enxoval, recibíronse 34 solicitudes, 12 das cales ao longo da última semana (desde o 27 de xuño). Delas, 14 están xa resoltas e concedidas e 8 pediron o seu pago anticipado, que se lles concedeu este mesmo mércores. O resto de expedientes están en tramitación dado que moitas se presentaron os últimos días. Logo de avanzar que a Xunta vai valorar as necesidades económicas dos dous menores que quedaron orfos e buscar a forma de axudar as familias de acollida ou, directamente os orfos, o titular do Goberno galego anunciou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria en-

cargarase de compensar os danos provocados pola explosión para establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís. A Xunta vai achegar ata 500.000 euros ampliables no caso de que fose preciso, cun prazo dun mes para resolver as solicitudes e 15 días para pagar. Por último, a Consellería do Medio Rural, ocuparase de axudar aos titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras que sufriron danos por mor da explosión, a través de tres liñas: a primeira estará destinada á reparación de bens, maquinaria, equipamento ou medios de produción das explotacións agrícolas ou gandeiras, cun límite máximo de 25.000 euros por explotación. A segunda terá como obxectivo a compensación pola perda total ou parcial da produción agrícola das explotacións agrícolas e gandeiras, cun límite máximo por persoa beneficiaria de 15.000 euros. E a terceira liña compensará pola morte de gando ou a perda de colmeas en explotacións apícolas, con diferentes importes segundo a especie e cun límite por persoa de 15.000 euros.


Provincia

Xullo 2018

Xornal 21

5

Carmela Silva: "Vigo e Pontevedra están de parabéns con estimacións de ocupación para outro verán de récord" "A provincia de Pontevedra está de parabéns, con datos de ocupación extraordinarios e con datos de rendibilidade e de emprego que nos sitúan entre as provincias máis avanzadas. Non se pode pedir máis". A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu os datos das estimacións de ocupación hoteleira en Pontevedrarovincia para o verán de 2018, que sinalan que, mentres que "de media na provincia superaremos o 80 %", no caso da comarca de Vigo as estimacións sitúanse en torno ao 90 %, isto é, preto de 10 puntos máis que a media provincial. Deste xeito, a comarca de Vigo tería unhas estimacións de ocupación do 97 % durante o mes de xullo e do 92 % durante o mes de agosto. "Trátase dun incremento moi significativo fronte ás estimacións do verán pasado, xa que estamos a falar de sete puntos máis do agardado en 2017",

sinalou Carmela Silva. A presidenta provincial asegurou que "estou segura de que imos incrementar os resultados definitivos de 2017", que foron do 87,55 % na provincia (84 % en xullo e 91,1 % en agosto). Este optimismo estaría en sintonía con entidades como Feprohos que, informou Carmela Silva, "asegura que a ocupación media este ano será un 3 % superior á definitiva acadada o verán pasado". Ademais, con datos xa pechados, a presidenta da Deputación de Pontevedra sinalou que a ocupación durante o mes de xuño foi do 70 % na comarca de Vigo, fronte ao 68 % rexistrado a nivel provincial, dun 68 % no Baixo Miño e dun 65 % no Condado e A Paradanta. A presidenta resaltou que durante este mes "houbo unha elevada ocupación na cidade de Vigo" grazas en boa parte ao turismo de congresos, xa que a cidade olívica "acolleu en xuño máis dun-

ha ducia de citas profesionais que encheron ao 100 % numerosos hoteis da cidade". Carmela Silva tamén sinalou o papel líder que ten Vigo no turismo de congresos a nivel galego, xa que "durante o primeiro semestre do ano o 48 % entrou polo Porto de Vigo". Respecto ao que levamos de ano, segundo o INE de xaneiro a maio de 2018, a provincia xa recibiu a preto de 380.000 visitantes, de quen o 75 % eran estatais (máis de 286.000) e o 25 % restante eran persoas estranxeiras (preto de 93.000 persoas). "Nestes primeiros cinco meses do ano recibimos xa preto de 3.000 persoas máis que o ano pasado, cando nos visitaron algo menos de 376.300 persoas", informou a presidenta. Carmela Silva sinalou que "de todas esas persoas, Vigo acolleu a máis de 142.000 das que 40.000 procedían do estranxeiro", isto é, o 28 % fronte ao 21 % de 2013. Estes datos sinalan que Vigo recibe

ao 32,3 % das persoas que visitan #PontevedraProvincia e o 9 % das que visitan toda Galicia. "No 2017, a cidade rexistrou 421.000 visitantes, un ano de récord que este 2018 vai polo mesmo camiño", asegurou a presidenta.

PEINADOR

FUNDAMENTAL

Ademais, Peinador é un dos factores que a provincia de Pontevedra rexistre un incremento da rendibilidade económica das actividades turísticas, fronte ao descenso xeneralizado do Estado. "A provincia aumenta un 11,9 % en canto a ingreso medio por habitación dispoñible e un 7,7 % no emprego" e isto está ligado, informou Carmela Silva, ao turismo do interior e "á notable afluencia de turismo estranxeiro con fortes mellores da nosa conectividade aérea". A presidenta incidiu en que "levamos tempo dicíndolle á Xunta que se aposta polo Aeroporto de Vigo terá consecuencias

moi positivas para Galicia". A presidenta provincial resaltou que o Aeroporto de Peinador, "malia aos problemas que está a ter ultimamente co sistema antinéboa, que ninguén entende que se faga agora, rexistrou xa este ano preto de 416.500 pasaxeiras e pasaxeiros". Este ano supón un incremento do 9 % respecto ao mesmo período de 2017. Deste xeito, o Aeroporto de Vigo é o que máis medra de Galicia, fronte ao 8,6 % de Alvedro e o 4,6 % de Lavacolla. Carmela Silva valorou que "este ano o máis seguro é que superemos a cifra do ano pasado, que foi superior ao millón de viaxeiras e viaxeiros". Peinador une #PontevedraProvincia con 16 destinos durante este verán: 9 cidades españolas (Barcelona, Bilbao, Eivisa, As Palmas, Madrid, Menorca, Palma de Mallorca, Tenerife Norte e Valencia) e 7 internacionais (Bolonia, Dublín, Edimburgo, Lisboa, Londres, Milán e París).


6

Provincia

Xornal 21 Xullo 2018

O Museo de Pontevedra bate récords e acada 57.444 visitantes O Museo de Pontevedra bateu novos récords de visitas cos datos acadados no primeiro semestre de 2018. Nos primeiros seis meses recibíronse un total de 57.444 visitantes, o que supón máis de 3.300 persoas máis que no mesmo período do ano anterior, cando a cifra chegou aos 54.127. Segundo afirmaron tanto o deputado de Cultura Xosé Leal como o director do Museo Carlos Valle, os bos resultados débense principalmente ao "tirón" das exposicións programadas, pero tamén ao extenso e variado abano de actividades que teñen lugar diariamente nas instalacións provinciais. O responsable de Cultura Xosé Leal destacou a súa satisfacción polo crecemento sostido no número de visitas e manifestou a importancia tanto de consolidar a asistencia habitual ás actividades do Museo, pero tamén, e sobre todo, de achegar a programa-

ción a novos públicos. Leal lembrou as ‘Visitas cruzadas' que nesta edición de 2018 foron un grande éxito incluso

no Museo. "Estase a ver a potencialidade que ten o Museo de Pontevedra, tanto polos seus fondos como polas expo-

superando a boa acollida de 2017, dado que esgotaron as súas prazas en apenas minutos para coñecer desde unha perspectiva diferente obras que están en exposición permanente

sicións temporais. Estamos en boa liña e seguiremos a traballar para incrementar e diversificar aínda máis a tipoloxía das citas que se programan", apuntou Leal.

Carmela Silva informa na Mesa do Camiño de melloras en materia de mobilidade e seguridade peonil A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou na Mesa do Camiño das actuacións que a institución provincial vai a acometer en tres viais provinciais que percorren tramos do Camiño así como das últimas cifras de repunte das persoas que están a facer o tramo portugués que pasa pola provincia de Pontevedra. Así Silva destacou que o tramo Portugués tanto pola costa como polo tradicional "aumentou entre xaneiro e xuño que creceu nun 15 por cento as e os usuarios e no caso da Costa duplicou as persoas visitantes e a Vía da Prata creceu nun tres por cento, en canto o Camiño do Inverno creceu nun dous por cento". A Mesa do Camiño está conformada pola Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e os concellos de Barro, Soutomaior, Nigrán, Caldas de Reis, Portas, Pontecesures, Baiona, A Guarda, Vilaboa e Tui e pola Asociación de Amigos do Camiño Portugués. Na xuntanza de hoxe estiveron presentes os alcaldes de Barro, Xosé Manuel Abraldes; Soutomaior, Agustín Reguera; e de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, ademais de concelleiros e concelleiras dos outros concellos; o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores; e Rafael Sánchez, xerente do Xacobeo. A presidenta da Deputación tamén informou os presentes que

ten solicitado unha entrevista co novo delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para "traballar de cara a que as infraestruturas que dependen do Goberno central estean en óptimas condicións xa que non podemos esquecer que o ano 2021 é Xacobeo e polo tanto as infraestruturas da Deputación, da Xunta e do Goberno teñen que estar como unha patena", recalcou Silva. Con respecto a sinalización a presidenta informou que o proxecto que desenvolve a Deputación prevé unha mellora "substancial do Camiño Portugués" en todas as infraestruturas dependentes da institución provincial. Igualmente Carmela Silva tamén realizou unha breve referencia ás distintas promocións que desde a institución provincial desenvolvéronse nas localidades de Madrid, Córdoba, Porto e Braga e na feira de Fitur onde o Camiño Portugués na provincia tivo un importante protagonismo. Por último, Carmela Silva destacou a súa satisfacción polo descorrer da Mesa do Camiño que vai asumindo todos os compromisos acadados durante os últimos anos e mantén un vínculo trimestral de información entre todas as administracións presentes "traballando de xeito unido para mellorar a promoción e as infraestruturas dos concellos polos que percorre o Camiño na provincia".

As "Barbies intervidas" chegan a Mondariz

Conclúen as obras de execución da beirarrúa na PO-331 A Xunta de Galicia vén de finalizar as obras que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) executou na PO-331, na estrada de Zamáns a Fonte do Seixo. Unha intervención na que, segundo informou o delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, investíronse máis de 58.000 euros. Na visita á zona de actuación,

á que acudiu acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas, José Luis Díez, o representante autonómico explicou que o obxectivo desta obra era dar continuidade ao itinerario peonil existente, actuando sobre un tramo de beirarrúa na marxe dereita, entre os p.q. 9+430 e 9+680.

As obras esixiron operacións previas de demolición e escavación ao obxecto de acondicionar os terreos, de dominio público adscritos á AXI. Unha vez rematada a escavación en caixa, que se encheu cos materiais necesarios para preparar o terreo, executouse o pavimento de fibrocemento coloreado.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada provincial Isaura Abelairas, polo alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes, e de dúas das artistas creadoras da mostra, Isabel Blanco e Irene Silva, inauguraban a principios de mes na praza de Abastos da vila, a exposición "Rompe. Xoga en igualdade". Esta mostra de igualdade foi inaugurada en Pontevedra con motivo do 8 de marzo e tras o seu paso polo Pazo provincial comezou o seu percorrido en Vigo e Ponteareas para chegar agora a Mondariz. A exposición está protagonizada polas famosas bonecas "Barbie", que foron intervidas para denunciar de forma impáctante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres. Consta de 18 paneis cheos de poesía visual que teñen por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias. Así, as protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, vio-

lencia e discriminación que viven as mulleres desde nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. A boneca seleccionada para a mostra foi a "Barbie" por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo. Pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas das nenas e nenos. Desta maneira, as artistas creadoras da mostra interviñeron as bonecas para romper e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade para que se poña fin á discriminación e á violencia machista. Trátase dunha mostra cun importante valor simbólico e, por iso, diante de cada peza haberá un martelo co fin de trasladar a idea de romper con esta situación.


Provincia

Xullo 2018

Xornal 21

7

O goberno de Carmela Silva oferta este ano 166 obradoiros do programa “Depo en Marcha”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda adxudicación de obradoiros do programa “Depo en marcha” que oferta ata 166 actividades durante o ano 2018. Ata o momento tíñanse xa aprobadas 100 accións formativas que, coa adxudicación das 66 aprobadas na Xunta de Goberno, completa o programa dirixido ás persoas maiores da provincia. “Depo en marcha” oferta obradoiros dirixidos a entidades de persoas maiores, pensionistas, prexubiladas ou xubiladas, así como a outras entidades sociais da provincia. Os principais obxectivos do programa son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, promover a participación e a seguridade para mellorar a calidade de vida, establecer rela-

cións sociais e optimizar o estado anímico, potenciar movementos de participación, promover espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecer a independencia das persoas maiores para evitar o illamento e situacións de soidade. O programa, que este ano será xestionado pola empresa Formagal Formación e Servizos e conta cun orzamento de 120.000 euros, beneficiará ata a 166 entidades da provincia de Pontevedra a través de obradoiros englobados en oito áreas: “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En Rede”. O ano pasado participaron en “Depo en marcha” preto de 3.000 persoas da provincia de Pontevedra.

A Deputacion de Pontevedra á cabeza de todo o estado no pago a proveedores A Deputación de Pontevedra que preside Carmela Silva, volveu a liderar o ranking do pago a proveedores no primeiro semestre deste ano 2018 segundo o Informe elaborado pola Federación Nacional de Asociaciones de Traballador@s Autónom@s (ATA). Cun tempo medio de pago de 17 días, a Deputación pontevedresa é a administración provincial de toda España que antes abona as súas facturas, situándose por diante doutros entes locais como as Deputacións da Coruña ou Palencia

A Escola de Cantería manterá aberto o proceso de preinscrición ata o vindeiro 14 de setembro É preciso posuír o título de graduado escolar ou equivalente para acceder a estes estudos, con 25 prazas dispoñibles e de tres anos de duración A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra manterá aberto o prazo de preinscrición para acceder aos estudos de canteiro ou canteira, ata o 14 de setembro. As persoas interesadas só teñen que cubrir un formulario dispoñible na páxina web da Escola, e posteriormente, do 17 ao 26 de setembro, terían que formalizar a matrícula achegando toda a documentación necesaria. Para acceder aos estudos de cantería é necesario posuír un título de graduado escolar ou equivalente. Son tres anos de formación teórica pero sobre todo práctica e hai 25 prazas dispoñibles para cada curso. Os ámbitos profesionais futu-

ros ao rematar os estudos céntranse sobre todo na construción, na escultura, na restauración e na rehabilitación. Ademais de manter aberto o prazo para estes estudos de cantería, dende a Escola tamén está activo o prazo para anotarse nos estudos de mestre ou mestra canteiro ou canteira. Son dous anos de formación e para acceder é preciso posuír o título de canteiro ou canteira. Ademais, tamén está dispoñible o prazo para preinscribirse nos estudos de formación específica da Escola para aquelas persoas profesionais ou artesáns que queiran aprender ou mellorar a técnica. Os estudos que realizan as alumnas e alumnos na Escola

de Cantería son eminentemente prácticos e supoñen a realización de múltiples obras. Moitas delas, como cruceiros, monolitos, conxuntos escultóricos, bustos, peanas ou construcións arquitectónicas están a ser situadas en lugares de toda Galicia, de toda España e tamén do estranxeiro, como en Brasil, México, Arxentina, Panamá ou Portugal. Ademais, antigos alumnos e alumnas están traballando en sitios emblemáticos, coma na restauración do Capitolio de Washington e do barrio de Chiado de Lisboa, así como actuacións de rehabilitación da Catedral de Santiago, de Westminster en Londres e de construción da Sagrada Familia de Barcelona.

O goberno provincial de Carmela Silva expresou a súa satisfacción polos datos. “Estamos a traballar arreo para que as boas prácticas sigan a ser a nosa sinal de identidade” que, cun periodo de 20 días, se sitúan en segundo lugar, e moi lonxe dos 33 días de tempo de pago da Xunta de Galicia. Tras coñecer o informe de ATA, o goberno provincial de

Carmela Silva expresou a súa satisfacción polos datos. “Estamos a traballar arreo para que as boas prácticas sigan a ser a nosa sinal de identidade”, dixo a Presidenta.

Deputación destina 60.000 euros á compra dun inmoble na Guarda A Xunta de Goberno da Deputación aprobou unha nova achega para o concello da Guarda, dentro da liña 1 do Plan Concellos 2018, por un valor total de 60.000 euros. Máis polo miúdo, con esta axuda a institución provincial financiará a compra dun inmoble na rúa Ireira núm. 10 no concello da Guarda, que pasará a formar parte do patrimonio do concello. En concreto, a edificación conta cun patio anexo que favorecerá o tránsito entre as rúas Ireira e rúa do Muro. Con esta achega, A Guarda xa ten recibido

616.148,14 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 45,68 % do plan provincial. Neste senso, co Plan Concellos 2018, a Deputación de Pontevedra pon a disposición do concello un total de 1.348.813,20 euros, o que supón un 76,09 % máis que o ano pasado. Este ano a institución provincial pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.


8

Xornal 21 Xullo 2018

Mos

A Louriña

Rematadas as obras de saneamento en Roublín

Este mes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro Camilo Augusto, xunto coa enxeñeira municipal, recepcionaron as xa finalizadas obras de saneamento en Roublín de mans de técnicos da Xunta de Galicia e do Consorcio de Augas do Louro. A obra de acometida da rede de saneamento en Roublín-Pereiras, foi posible grazas a un convenio de colaboración entre a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Mos, polo que a Xunta destinou unha dotación de 500.000 euros para financiar íntegramente estes traballos. O de Roublín trátase dun

convenio de colaboración a tres bandas entre Augas de Galicia (dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio), o Consorcio de Augas do Louro e o Concello de Mos para execución da rede de saneamento nesta zona da parroquia de Pereiras. As obras en Roublín consistiron na execución de nove ramais de colectores que finalizan nun pozo de bombeo, e a súa correspondente impulsión. Os colectores executados nesta primeira fase suman unha lonxitude total de 2.058 metros e dan servizo a 114 vivendas e preto de 250 persoas.

40 rapaces mosenses gozaron das Xornadas Multiaventura 2018 A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro, visitaron na praia de Patos aos 40 mozos e mozas mosenses que participaron nas “Xor-

nadas Multiaventura 2018”. Estes rapaces, con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos de idade, están distribuídos en dous grupos, un de iniciación formado por 22 integrantes, e

outro de perfeccionamento con 18 membros. As “Xornadas Multiaventura” comezaron o pasado luns 25 de xuño e prologáronse durante os días, 26, 27, e 29.

Reciben 4.157 horas mensuais de aistencia nas súas casas

Preto dun cento de vecinos beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar

“Botellón” no parque de Torroso antes de ser inaugurado Con restos de lixo, vasos, latas de cervexa e licores de alta gradación así amenceu o parque biosaludable de Torroso tras unha noite de botellón celebrada antes da súa inauguración oficial. A senda e parte do mobiliario urbano atópase na actualidade accesible e xa son utilizados por veciños e visitantes que gozan deste novo espazo verde, nunhas obras polas que a Comunidade de Montes de Torroso pagou máis de 255.000 euros (42 millóns das antigas pesestas)

NOVO APARCADOIRO Paralelamente a estes traba-

llos a Comunidade de Montes acomentía obras de recheo e compactación dunha parcela ubicada na estrada Mos – Puxeiros co obxecto de acondicionala para ser utilizada como aparcadoiro de turismos. Os traballos consistiron na ampliación dun muro de contención de terras xa existente que incrementará a súa capacidade de recheo ademáis de elevar nuns dous metros a cota de nivel no terreo. Con esta nova obra gáñase as prazas de aparcadoiro perdidas coa construción de dúas pistas polideportivas a carón do novo auditorio de Torroso.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social, Sara Cebreiro, informaban este mes de que o Concello presta o Servizo de Axuda no Fogar, SAF, ao maior número de usuarios da historia do municipio, un total de 92 beneficiarios: 13 de Básico e 79 de Dependencia. O SAF de Dependencia presta 4.157 horas mensuais de asistencia. As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, destacaron respecto do SAF que “se trata dun servizo de primeira para as persoas dependentes da localidade mosense, nas que estamos volcados tanto dende o Concello en xeral, como dende o departamento de Política Social, en particular”. En setembro de 2017 a concellería de Política Social da Xunta de Galicia aprobou concederlle á administración local mosense 6.812 horas anuais máis para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) en Dependencia, o que supón 567,66 horas mensuais a maiores. En total o Concello de Mos investiu no SAF en 2017 640.022,82 euros. Os beneficiarios do Servizo de Axuda no Fogar son preferentemente persoas maiores con

déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu contorno inmediato, así comoi fogares con menores nos que se observa necesidade

prestación de atención a distancia, adaptacións funcionais do fogar, servizo de podoloxía e servizo de fisioterapia. O SAF ten por obxecto prestarlles un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha Actualmente a media perspectiva integral e normalizadora, naquede idade dos usuarios las situacións nas que do SAF en Mos ronda teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos os 90 anos casos de desestruturación familiar, facilitando a permanencia no seu dunha intervención de carácter propio contorno de convivencia, socioeducativo. O Servizo de favorecendo a súa calidade de Axuda no Fogar tamén dá unha vida e evitando ou retardando resposta preventiva e socializa- a súa posible institucionalizadora a diversas situacións de fa- ción. Os obxetivos do Servizo milias mosenses en risco de ex- de Axuda no Fogar son mellorar clusión social. a calidade de vida das persoas Este servizo cobre asistencias usuarias, posibilitar a permaós beneficiarios nos seus respec- nencia das persoas no seu contivos domicilios tales coma aten- torno de convivencia habitual, cións de carácter persoal na re- favorecer e potenciar a autonoalización de actividades básicas mía persoal no propio domicina vida diaria, atención das ne- lio, manter, mellorar e recuperar cesidades de carácter doméstico as redes de relación familiar e e da vivenda, atencións de ca- social; previr situacións de derácter psicosocial e educativo e, pendencia ou exclusión social, con carácter complementario, retardar ou evitar a institucioeste servizo tamén incorpora nalización e reforzar a solidaoutros tipos de atención como riedade e potenciar o voluntaactividades de acompañamento, riado social.


A Louriña

Xullo 2018 Xornal 21

Mos

A multinacional alemá Benteler creará 250 postos de traballo en Mos

Imaxe da parcela que ocupará en breve Benteler.

O polígono da Veigadaña, en Mos, é o lugar escollido pola multinacional Alemá Benteler para construír a súa nova planta na que ten previsto realizar un investimento de 30 millóns de euros. A industria do automóbil chega así, pisando forte, ao municipio do Val da Louriña que se beneficiará da creación de aproximadamente 250 novos postos de traballo. A multinacional abre, desta forma, as súas portas a mozos e parados que buscan traballo no sector do automóbil. Finalmente Benteler inves-

tirá nesta nova planta situada na área de Vigo debido á súa proximidade co seu centro de Valadares, deixando fose outros emprazamentos como Portugal, que foi descartado. A parcela ocupa 25.000 metros cadrados, dos que se edificarán uns 17.000, quedando os 8.000 restantes reservados para futuros usos. Contará con varias liñas de soldadura para prover a PSA Vigo e as previsións son que comece a funcionar a principios do ano 2019. BENTELER Automotive ofrece desenvolvemento, pro-

dución e servizo en todo o mundo tendo sempre como obxectivos primordiais a calidade, a seguridade e a eficiencia. Os seus produtos inclúen compoñentes e módulos para o tren de rodaxe, a carrocería, o motor e os sistemas de escape. Entre os seus clientes atópanse case todos os principais fabricantes de vehículos. UN PARQUE EN CRECEMENTO Na actualidade son varias as firmas interesadas en ocupar un

espazo neste novo Parque Empresarial de Mos, así outra empresa do sector automoción constrúe en dúas parcelas de 4.156 e 3.917 metros cadrados. Tamén unha empresa frigorífica ultima as obras nunha parcela de 2.000 metros cadrados e outra de vending constrúe noutra parcela de 1200 metros cadrados. Entre todas suman xa unha trintena de empresas.

9

O Concello inicia en breve o saneamento en Tameiga Por fin a parroquia mosense de Tameiga verá feito realidade un importante proxecto de saneamento despois de que complicacións co Ministerio de Fomento, coa Xunta de Galicia, co Consorcio de Augas do Louro e coas cesións demoraron unha obra de vital importancia que por fin se fai realidade. Recentemente semana aprobouse en Xunta de Goberno Local a proposta de adxudicación da mesma á empresa construtora. Os traballos comezarán en breve, tal e como informaban Arévalo, rexedora municipal mosense, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto. A obra “Conexión do saneamento de Tameiga coa rede de colectores do Louro”, de imperiosa necesidade, requeriu que o Concello de Mos aprobara unha operación de préstamo. Esta obra, que fóra comprometida e ía ser financiada polo Consorcio de Augas do Louro (que incluso iniciara no ano 2016 o proceso de adxudicación á empresa construtora) pero que por un erro administrativo (de defectos na tramitación) do Consorcio, decidiuna asumir a administración local mosense; dada a urxencia da realización desta actuación e da premura e a demanda veciñal que existen sobre a mesma, segundo explica a propia rexedora local. Realizando un reconto do número de vivendas existentes ás que se daría servizo, e multiplicando por un coeficiente corrector de 1,50, para considerar o máximo crecemento poblacional futuro, obtense un total de 397 vivendas beneficiarias desta obra. Considerando unha media de 3 persoas/vivenda, a poboación que se vai beneficiar deste servizo básico é de case 1.200 persoas.


10

Xornal 21 Xullo 2018

Mos

A Louriña

As mulleres de EVD Galicia presentan o seu proxecto para a Aldea Alfacuca en Louredo O pasado venres 22 de xuño as usuarias do Centro Ocupacional de EVD Galicia de Petelos presentaron o seu proxecto para a Aldea Alfacuca en Louredo. O acto de presentación celebrouse na propia Alfacuca ás 19.00 horas, contando coa asistencia da alcal-

desa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro. A presentación consistiu nunha xornada de convivencia á que as mulleres de EDV Galicia convidaron aos veciños e veciñas de San Antoíño, zona contigua á Aldea Alfacuca, para que coñeceran de primeira man o proxecto que, dende xa, van a comezar a poñer en marcha. O acto contou cunha actuación das Pandereteiras ‘Meigas Fóra’ da A.C. Tangaraño e unha ponencia do mosense Javier Baquero sobe a historia de Alfacuca. Tamén se convocara para a ocasión, enmarcada dentro da pro-

gramación de actos da Festa da Rosa 2018, un concurso de debuxo no que había que representar unha rosa e do que se fixo público o fallo do xurado das obras gañadoras durante a tarde do venres. O xurado estaba composto por Javier Baquero, a atleta mo-

sense Soledad Castro, que é tamén pintora, e as artesanas Gladis di Toro e Alba Tourón. Os gañadores do concurso creativo ‘Unha Rosa’ foron Noa Piñeiro na categoría de 6 a 8 anos de idade, André Vilas, na categoría de 8 a 12 anos, e Rosa María Veloso na categoría de adultos.

PROXECTO O pasado mes de marzo asinábase no Concello de Mos o documento de formalización da concesión demanial sobre o complexo Alfacuca en favor de EVD Galicia. A sinatura foi formalizada o 15 de marzo pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e por Leví Olivares

en calidade de Director Xerente de EVD Galicia; en presencia do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, responsable do proxecto Alfacuca. A cesión de uso de Alfacuca foi o primeiro paso Plan Integral de Integración promovido polo Concello para promover a plena integración social das mulleres usuarias do Centro EDV Galicia sito en Petelos. Toda unha serie de iniciativas enfocadas cara ao fin último de que estas mulleres sexan e se sintan plenamente autónomas, autosuficientes e realizadas. O proxecto de EVD Galicia para Alfacuca trata de aproveitar os recursos existentes na zona e acondicionalos para facer da aldea un lugar de lecer. Nel están contempladas diversas accións para atraer visitantes, tales coma talleres, zonas axardinadas, actividades para escolares, etc. Todo respectando e preservando tanto a tipoloxía arquitectónica da aldea coma o entorno natural. As actividades estarán orientadas a tódolos públicos e pretenderase que a Aldea Alfacuca sexa un espazo de participación, autoxestión, creatividade e tamén un lugar de encontro intercultural e interxeracional, a través de experiencias enmarcadas no ámbito rural e en contacto coa natureza. Búscase, deste xeito, ofrecer aos visitantes un espazo no que disfrutar de actividades lúdicas, educativas, sociais, culturais, de ocio e tempo libre, preservando en todo momento o privilexiado marco natural e rural no que se enmarca Alfacuca.

Mos recoñece o labor xornalístico do alumnado do Colexio de Atín Os 21 alumnos de 5º do Colexio de Atín-Cela foron recibidos este mes xunto co seu profesor, Óscar Rodríguez, pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o concelleiro de Educación, Camilo Augusto, e a edil de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, no Salón de Sesións do Concello de Mos en recoñecemento por ter gañado o seu centro educativo dous segundos premios no concurso de Faro da Escola: Mellor Xestión de Negocio e Mellor Uso Audiovisual e de Novas Tecnoloxías. No proxecto de Faro da Escola,

no que o CEIP de Atín participou elaborando un diario xornalístico conxuntamente entre o alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria, os 21 rapaces de 5º que esta mañá estiveron na Casa Consistorial contribuíron redactando unha entrevista á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quen o pasado 6 de abril desprazábase ata a súa aula para ser entrevistada. O proxecto do xornal foi levado a cabo en colaboración entre os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria e nel participou todo o alumnado do colexio.

O BNG de Mos denuncia a “non aplicación da lei de protección contra os incendios” Dende o BNG esixen ao goberno do PP que “de xeito inmediato asuma a súa responsabilidade e comece a esixir , que por seguridade de toda a cidadanía se cumpra a Lei 3/2007 de prevención de incendios”. Os nacionalistas sinalan que “quen percorra o noso concello, atopará que a gran maioría de víaas teñen as árbores practicamente enriba da estrada, incumprindo a normativa gravemente”.

Para o BNG “o goberno local non quere asumir esa responsabilidade porque non quere enfrontarse aos veciños, pero quedar ben con todo o mundo non é viable en política. No caso dun incendio e se quedan atrapadas persoas na estrada, a quen se lle vai botar a culpa?. O responsable é o concello por non esixir o cumprimento da lei e por non facela cumprir aínda que sexa subsidiariamente” aseguran.

Sanidade asume os gastos do Centro de Saúde mosense O PSOE de Mos critica o “desinterese do goberno local cas instalacións públicas” Dende a bancada socialista censuran o “comportamento do goberno local fronte o mantemento das instalación públicas do Concello de Mos”, xa que o pasado luns unha parte do muro do edificio de

Protección Civil derrubouse. O muro erguido o carón dun río “non tivo as tarefas de mantemento oportunas e co transcurso do tempo e a acción erosiva do río provocaron o seu derrube” seguran.

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou, por unanimidade dos seus membros, o convenio entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Mos polo que o Servizo Galego de Saúde asume os custos de mantemento do Centro de Saúde sito no Rebullón. O devandito documento, asinado polo conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde, Jesús Vázquez Almuíña, e pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, establece as bases de cooperación entre ambas administracións para a cesión da propiedade do centro ao SERGAS e para a asunción por parte

deste organismo, dos gastos de mantemento do mesmo. Dende o Concello de Mos levábanse anos traballando na

xestión desta cesión que, segundo declarou a rexedora local, Nidia Arévalo, “por fin é xa unha realidade”.


A Louriña

Xullo 2018 Xornal 21

Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os deputados provinciais, Carlos López Font, Digna Rivas e Elena Muñoz, vistaron o pasdo día 7 as recentemente rematadas obras de humanización na Avenida de Puxeiros, acompañados de membros da Corporación Municipal mosense e veciñanza. Para celebrar a devandita mellora, a partir do mediodía e ao longo da xornada está instalado, no lugar obxecto dos traballos de optimización, un tobogán xigante acuático para divertimento de pequenos e maiores. A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, foi una das usuarias desta atracción, da que gozou na compaña da súa filla. O tobogán xigante e outros xogos acuáticos para nenos e nenas comezaron a funcionar ás 12.00 horas e permaneceron operativos durante toda a xornada. Fai tres meses que se iniciou a obra de humanización na Avenida de Puxeiros, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Mos e o acceso á Autovía A-55 no punto quilométrico 9. Esta obra foi contratada pola administración local mosense e está financiada mediante unha subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Os traballos na Avenida de Puxeiros consistiron nun muro de contención, instaláronse as tuberías para a canalizacións

das auguas pluviais e do alumeado público, os sumideiros para pluviais e realizáronse as bases para as farolas led de baixo consumo que melloran en moito a iluminación da zona, así coma instalación das mesmas e acometida dos bordillos e o formi-

11

Arévalo tírase a piscina na inauguración das obras de humanización de Puxeiros Un tobogán acuático xigante foi o protagonista da xornada

gonado das beirarrúas e colocación da plaqueta. Tamén se realizou a instalación de mediana axardinada na estrada, dotada de bordillo, e asfaltado e pintado da sinalización horizontal do vial. O pintado inclúe a senda peonil e ciclista en ver-

mello na beira da estrada na que non hai beirarrúa. A Avenida de Puxeiros é un tramo da antiga estrada nacional

N-120, cedida por Fomento ao Concello de Mos. Atopábase humanizada parcialmente, entre a glorieta da que parten a EP-2603

(Puxeiros-Peinador) e a EP-2604 (Puxeiros-Rebullón) e a glorieta da que parte a EP-2601 (Puxeiros-Mos).


12

Xornal 21 Xullo 2018

O Porriño

A Louriña

A Xunta adxudicará unha vivenda en alugueiro a unha familia en risco de exclusión social

A taxa de paro no Porriño situouse en xuño en niveis de hai 10 anos O número de desempregados no Porriño estaba, a finais do pasado mes de xuño a niveis de hai dez anos. En total, 1.430 personas estaban anotadas coma demandantes de emprego na vila, 66 menos que o pasado mes de maio, o que representa un descenso do paro dun 0,7%. A taxa de desmprego no Porriño, dacordo cos datos publi-

cados polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, situouse na vila no 15,3%, o que “supón preto de 8 puntos menos que cando o actual Goberno Local empezara o seu mandato: daquela 2.139 porriñeses –o 23,1% da poboación en idade de traballar- estaba sen traballo,

703 máis que na actualidade” sinalan dende o Concello. En relación co mes de xuño de 2017, o número de veciñas e veciños anotadas coma demandantes na oficina do Servizo Galego de Emprego baixou de 1.705 a 1.430, o que supón que hai 275 traballadoras e traballadores máis no Porriño e que en so un ano o paro caeu en 3 puntos.

Os veciños de Pego advirten do perigo de derrube dunha torreta de media tensión Os veciños do barrio de Pego advirten do perigo que reviste o estado dunha torreta de media tensión que se ubica a escasos metros das súas vivendas. O poste metálico que soporta o tendido eléctrico está visiblemente inclinado, o que provoca unha excesiva tirantez nos cables. Isto fai temer aos veciños polo risco de rotura do cableado, coas consecuencias que iso podería traer. O tendido atravesa unha zona de arborado moi denso e está tocando directamente as polas e nalgúns casos o propio tronco das árbores. Os veciños quéixanse ademáis da “falla de limpeza da zona. O trazado está cuberto pola maleza e Gas Natural Fenosa (agora Naturgy) non fixo os labores de desbroce e clareo do tendido a que está obrigada por lei”. O portavoz do BNG, que estivo en Pego cos veciños, faise eco desta denuncia veciñal e lamenta que “tanto a compañía eléctrica, propietaria da liña, como o Servizo de Emerxencias 112, dependente da Xunta, como o propio concello do Porriño, desoísen as reiteradas denuncias formuladas ante todos eles polos residentes no barrio”.

A Xunta de Galicia adxudicará unha vivenda no Concello do Porriño a unha familia, con menores, en risco de exclusión social unha vez que a Comisión Provincial de Vivenda aprobou a proposta de adxudicación. A vivenda que se entregará unha vez asinado o contrato de alugueiro foi cedida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo por SAREB para ser destinada a alugueiro

Deputación aproba novas achegas por importe de 715.427€ A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas para o concello do Porriño dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”, por importe de 715.427,49€.

Máis polo miúdo, o concello recibe por parte da Deputación unha achega de

“Apoiamos aos veciños na súa reclamación, atendemos a súa preocupación polo perigo que

reviste o mal estado da instalación e demandamos unha solución urxente”.

social e atópase emprazada neste concello pontevedrés. Desde o ano 2015 a Xunta realoxou a 190 familias en situación de extrema necesidade en vivendas propiedade da Administración autonómica ou cedidas por Abanca, Sareb, Banco Sabadell e CaixaBank. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas polo Goberno galego.

463.007,15€ para financiar a beirarrúa A Pontenova-A Guia-Atios e outra axuda de 252.420,34€ para a rotonda en A Pontenova. Con esta achega, O Porriño xa ten recibido 1.165.255,69€ do Plan Concellos 2018, é dicir, o 61.8 % do plan provincial.


A Louriña

Xullo 2018 Xornal 21

O Porriño

13

O Goberno Local do Porriño inicia as obras de mellora da cuberta do CEIP de Atios Coma sinalara a alcaldesa hai uns días, e dacordo “co compromiso que adquirirá o pasado día 7 coa Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Plurilingüe de Atios, o Concello do Porriño” iniciou xa as obras de mellora do tellado do centro que, subliña Eva García de la Torre, “asume na súa totalidade o Concello, por medio da Concellería de Educación, maila que a competencia de realización das mesmas é da Xunta de Galicia, como establece o regulamento”. No mesmo centro, e como a alcaldesa asegurara ás Nais e Pais e ao director do CEIP de Atios, o Goberno local fixo unha avaliación do estado no que se atopan os baños e, tamén, realizará os traballos de

substitución dos mesmos. En total, subliña Eva García de la Torre, o Concello do Porriño “investirá máis de 15.000€ nestas obras que, insiste, son competencia da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o mesmo que os danos estruturais nas fachadas que causan filtracións de auga provocando curtocircuítos no sistema eléctrico”. A alcaldesa repite que “o Goberno local fará todo canto sexa preciso para que as nenas e nenos que estudan nos centros educativos do Porriño acudan a clase coa máxima seguridade e que estuden en colexios en perfectas condicións, algo que, polo que se ve, non preocupa moito á Xunta”.

Publicadas as bases do concurso de comparsas e ‘Porrigalia 2018’

O Concello do Porriño vén de publicar as Bases e Convocatoria para a concesión de premios a Comparsas e Asociacións Culturais e Veciñais do Porriño que partici-

pen na celebración de 'Porrigalia 2018'. As devanditas bases, que rexirán a Convocatoria do Concurso de Comparsas e Coplas, estarán suxeitas á Lei

38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións, RD. 887/2006, de 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da devandita lei e demais normativa de aplicación.

Dous porriñeses participan no “mundial” dos Djs Split, Croacia. Esta cidade convertíase durante os días 6, 7 e 8 de Xullo na concentración dos mellores DJs do mundo, ULTRA EUROPE, a edición europea do principal festival mundial dedicado á música electrónica Ultra Music Festival que se celebraba en Miami. Dous galegos conseguiron 'coarse' nesta importantísima cita. Trátase de André Vázquez e Pau D'Afonso, máis coñecidos como Groove Amigos. Sen dúbida, están a vivir o seu mellor momento. No último ano, a súa paixón pola música levounos a visitar países como México, Ecuador, Finlandia, Polonia, Noruega, Alemaña ou EE.UU, onde xa son habituais na prestixiosa Miami Music Week, onde actuaron nos últimos 5 anos. Groove Amigos está a revolucionar a escena musical en España onde souberon posicio-

narse entre os mellores Djs de música electrónica. O pasado sábado 7 de Xullo subíronse ao escenario de Ultra Europe onde se coderon con artistas de talla mundial como David Guetta,

Stev Angello, Hardwell, entre moitos outros. Era a primeira vez que Galicia estaba representada nun festival de leste calibre, e é que ademais de ser os primeiros, xunto a Paco Osuna serán os únicos españois en actuar na edición deste ano.


14

Xornal 21 Xullo 2018

O Porriño

A Louriña

Vías e Obras acomete a mellora de camiños en Pontellas A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, vén de acometer, con cargo á subvención do ‘Plan Marco 2018’, da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a mellora de camiños na parroquia de Pontellas, unha vella reivindicación dos veciños da mesma que, salienta Carrera, agora faise realidade. Nos vindeiros días rematarase o asfaltado, cunha capa de calidade D12, de 5 centímetros de grosor, e sinalización das liñas horizontais da calzada, nos camiños de O Cor-

Completan os traballos de saneamento realizados nesta mesma parroquia o pasado mes de febreiro consistiron na colocación dun total de 190 metros lineais de tubaxes para o saneamento, 10 metros de colectores para recollida de pluviais e 6 pozos de saneamento, cun in-

O Concello cederá una parcela para construír una gardería no polígono da Granxa

zón, onde se completará unha superficie de 1.000 m2; A Rotea, con 1.680 m2, Abelenda e a contorna do Torreiro de San Pelaio.

COMPLETAN AS OBRAS DE SANEAMENTO REALIZADAS EN FEBREIRO

En total estes traballos contan cun orzamento de 63.367,70€, e veñen a completar os acometidos pola Concellería de Vías e Obras, en febreiro deste mesmo ano, que

vestimento de 15.000 €, todo, lembra o tenente de alcalde, “cuberto con fondos municipais”. Manuel Carrera subliña que esta nova obra non podería realizarse sen a inestimable colaboración de varios veciños da zona que cederon, “de xeito desinteresado e para beneficio do ben común”, parte dos terreos que permitiron aumentar o ancho destes camiños “mellorando deste xeito a seguridade para vehículos e peóns”.

O PP advirte de "irregularidades nas facturas" incluídas no recoñecemento de crédito Dende o Partido Popular do Porriño explican que "apenas un mes despois de aprobar os Orzamentos Municipais, o Goberno Local volve evidenciar o descontrol financieiro que está a imperar no Concello do Porriño levando a pleno un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que evidencia a falta de control e xestión económica da coalición PSOE-UDDL". "Un montante de facturas plagadas de irregularidades" que segundo os populares "omiten en todo momento os trámites de fiscalización previa e que responden a gastos atrasados do exercicio 2017. Un importante número das mesmas foron rexistradas no 2017 e rexeitadas polos concelleiros ou

alcaldesa, sendo presentadas novamente no ano 2018”. Para o PP local o recoñecemento extraxudicial “é unha excepción contemplada para sanar situacions puntuais irregulares que adolecen dun vicio constitutivo de nulidade e non para realizar sistemáticamente gastos sin a suficiente consignación presupuestaria como na practica así se constata”, conclúen, “cabe recordar que no 2017 realizóuse o mismo procedemento de recoñecemento extraxudicial con facturas de importe superior os 2.700.000€, finalizando que o recoñecemento de facturas non as convalida, polo que as irregularidades existentes nas mesmas deben ser revisadas”.

Aumentar a seguridade vial coa construción de tres novas rotondas, controlar o cumprimento da ordenanza municipal que limita as horas de estacionamento de camións ou que o transporte metropolitano chegue ata o polígono industrial, foron algún dos temas tratados pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e empresarios da Entidade Urbanística de Conservación da Granxa, co seu presidente, Indalecio Cuevas, á cabeza, nunha xuntanza que as dúas partes cualificaron de “moi positiva”. Os empresarios trasladáronlle á alcaldesa os asuntos principais tratados hai días na Asemblea Xeral da Entidade Urbanística de Conservación da Granxa, entre os que cabe salientar a necesidade urxente, coma sublimaron os empresarios e a propia García de la Torre, que “entre xa en funcionamento a extensión do transporte

metropolitano ata o polígono industrial”, no que traballan milleiros de persoas e polo que circulan, a diario, varios milleiros máis. Outro asunto tratado na xuntanza foi o da necesidade de suprimir a peaxe de AP-9 para camións no treito Vigo-O Porriño. As dúas partes salientaron que é unha oportunidade para aproveitar mellor as infraestruturas, posto que “ademais de optimizar o uso da autoestrada rebaixaríase a densidade de tráfico da A-55”. Outra das demandas dos empresarios da Granxa, da que informaron á alcaldesa, é a necesidade da construción e posta en funcionamento dunha Central de Transporte na Área de Vigo, “a ser posible no Porriño”, que dea servizo ao sector, sendo esta unha iniciativa que está en mans do Consorcio da Zona Franca de Vigo onde xa hai partida orzamentaria para facelo.

GARDERÍA Tamén tratouse dun dos principais obxectivos dos empresarios: que haxa unha gardería en A Granxa. Neste senso informouse á alcaldesa que a Entidade Urbanística de Conservación da Granxa, colabora coa Consellería de Política Social, para poder dotar ao polígono desta escola infantil. Neste senso, Eva García de la Torre ofreceu a colaboración do Concello para poñer unha parcela dotacional municipal, no PPI6 sector 2, ao servizo desta iniciativa. Por último, a alcaldesa amosou a súa total disposición á seguir realizando melloras, “de xeito continuado”, nas estradas, beirarrúas, limpeza e mantemento de zonas verdes que, para os empresarios é un tema de grande importancia, en especial para os usuarios e traballadores do parque empresarial.


A Louriña

Xullo 2018 Xornal 21

Salceda de Caselas

"Os cargos políticos deste concello teñan unha partida de 242.807,80 € anuais para os seus salarios e dietas fronte os 208.177,01 euros que cobran todos os traballadores e traballadoras laborais da plantilla municipal xuntos" aseguran.

Besada xa de Alcalde. Para os traballadores municipais de Salceda "non é de recibo que se acuda a Compostela todos os primeiros de maio coa pancarta, que se acompañe a colectivos nas súas xustas reivindicacións como aos traballadores de Madeiras Iglesias, e despois non se aprobe ningún Convenio Colectivo, non se aprobe unha RPT xusta, non se abone a antigüidade, non se negocie o cobro das baixas tal e como establece a normativa asinada polo Goberno central e os sindicatos". "Non é de recibo que nunha plantilla de escasos 35 traballadores modélicos (un dos ratios máis baixos de Galicia), que asumen na maioría dos casos moitas mais competencias das que lles corresponde por categoría e salario, se ameace coa apertura de expedientes disciplinarios, e incluso xa se abrise un, se mostran o seu desacordo con esta inxusta situación" lamentan. Asi mesmo califican de “nefasta ” xestión de persoal no Concello de Salceda que "caracterizouse nos últimos anos pola permanente xudicialización, pola incapacidade e incompetencia dos xestores municipais, así se teñen presentado ata 20 demandas de traballadores e traballadoras, e nos vindeiros meses caerán outras tantas, por despidos improcedentes, equiparación salarial, indefinicións, recoñecementos de anti-

Os representantes dos traballadores aseguran que "sempre se fala desigualdades herdadas do goberno anterior, cando os casos máis sangrantes e corrixidos polo xulgado recentemente (como o dunha traballadora social e unha administrativa, as que lle recoñeceron a indefinición e a equiparación salarial), son con persoal contratado a partir do ano 2008 con Marcos

güidade... con infinidade de cartos aboados en indemnizacións e atrasos que pagan todos os veciños e veciñas de Salceda nos xulgados (máis os gastos na contratación dos avogados)". Para os empregados do Concello "esta é a mostra de talante e dialogo que ten este equipo de goberno, que nas mesas e en boca do Alcalde di publicamente que está obrigado a negociar cos sin-

Traballadores do concello de Salceda fan visible a súa protesta no Pleno Municipal Recriminan que "os cargos políticos deste concello teñan unha partida de 242.807,80 € anuais para os seus salarios e dietas fronte os 208.177,01 euros que cobran todos os traballadores e traballadoras laborais da plantilla municipal xuntos". Os empregados públicos do concello de Salceda de Caselas, se manifestaron no pleno celebrado no concello onte venres día 22 de xuño. Os funcionarios e laborais de Salceda aseguraron que "están entre os máis precarios do país, segundo afirman distintos sindicatos con representación no concello (CC OO, CSIF e CIG), pois se manteñen desigualdades existentes entre o persoal laboral e o funcionario, con niveis mínimos en vías e obras onde hai traballadores con salarios de menos de 800 €, sen cobrar ningunha antigüidade ou complementos, a pesares de levar traballando no concello entre 10 e 20 anos, non hai promoción interna, nin horario de verán, nin conciliación familiar..." "Non existe ningún Convenio Colectivo que regule os de-

reitos e obrigacións dos empregados, a pesares de presentar máis de 4 borradores para negociar na Mesa Xeral de Negociación por parte da representación sindical, ao longo dos últimos 10 anos" lamentan. O II Acordo para a mellora do emprego público e de condicións de traballo dos empregados públicos asinado en Madrid hai uns meses entre o Goberno e os Sindicatos, obriga as distintas administración públicas a negociar unha serie de melloras cos representantes legais dos traballadores. En Salceda tras varias peticións por escrito (16 de marzo e 29 de maio), e unha Asemblea que acordou por unanimidade iniciar distintas mobilizacións, "so temos a calada por resposta" explican. A única Mesa Xeral de Negociación que se convocou en toda esta lexislatura, foi para presentar un borrador de RPT que califican de “miserable” que "baixaba de salario e categoría a traballadores e traballadoras modélicos con más de 20 de antigüidade, e o que é peor ía en contra da Lei" aseguran os traballadores municipais.

Os socialistas de Salceda piden accesibilidade no Pavillón Municipal "Salceda dispón dun Pavillón Municipal con numerosas actividades deportivas, tanto de entrenamento, como campionatos e exhibicións. Ademais, en moitas ocasións tamén acolle actividades culturais e solidarias. Sen embargo, esta infraestructura non dispón de ningún tipo de accesibilidade para aquelas persoas que teñen problemas de mobilidade”, afirma a voceira Verónica Tourón. Doutra banda, destacan as concelleiras socialista, que “dende o noso grupo consideramos prioritarias todas aquelas actua-

cións que nos levan a ser unha sociedade máis igualitaria e que eliminen as barreiras de accesibilidade que este colectivo sufre no día a día. Xa na pasada lexislatura, cando xestionábamos a concellería de deportes, comezouse o estudo, e solicitáranse diversos orzamentos para dar solución a este problema, que se podían agora retomar”. Entenden ademais que "se debe priorizar aquelas obras máis necesarias e darlle prioridade á eliminación de barreiras, posto que como é lóxico sería imposible realizalas todas".

15

dicatos... pero NON a chegar a acordos... esa e a filosofía de negociación de boa fe”. Ademais hai que engadir a apertura de tres conflitos colectivos ou denuncias no contencioso administrativo, o primeiro no ano 2014 con sentencia a favor dos traballadores, o segundo no 2017, recorrida pola representación sindical no TSXG e outra en trámites no 2018. Pero para os empregados municipais "a mostra maior de desprezo de cara a representación sindical, foi a presentación dun recurso do Concello contra o procedemento democrático de elección de delegados sindicais no ano 2015, onde o Sr. Alcalde e o seu concelleiro de persoal levaron un varapalo monumental ante a Inspección de Traballo de Vigo. Esta mesma Inspección xa multou ao concello con máis de 6.000 € por non converter aos traballadores en fraude de Lei (a metade da plantilla municipal) en traballadores indefinidos, tal e como establece a lexislación laboral vixente, e que agora as distintas sentencias están corrixindo". O ALCALDE PIDE REMATAR COS PROCESOS XUDICIAIS ANTES DE SENTARSE NEGOCIAR

A pesar de que a moción na que se pedían os trienios para o persoal laboral non era competencia plenaria, o Alcalde admitiu a solicitude de debate e de intervención por parte dos representantes sindicais do Concello. Ditos representantes solicitaron a negociación do convenio colectivo para o Concello de Salceda, e o equipo de goberno incidiu na necesidade de rematar cos procesos xudiciais abertos por parte dos traballadores e traballadoras para poder retomar as negociacións. O Goberno Local lembra que no ano 2009 chegouse coa negociación á proposta de arbitraxe por parte do Inspector Xefe da Delegación de Vigo, Jose María Casas de Ron, proposta aceptada polo Equipo de Goberno e rexeitada polos representantes sindicais daquel entón. De ter sido levada adiante dita arbitraxe, dende aquel mesmo momento o Concello de Salceda contaría co seu Convenio Regulador.


16

Xornal 21 Xullo 2018

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | salvaterra de Miño | Ponteareas

Tarque e Leiva, ao fronte de Gran Cañón, cabezas de cartaz do Rock in Rio Tea 2018

Encabezando o cartel Gran Cañón unha banda moi especial, da que forman parte músicos consagrados da escena nacional, que ten ó fronte a voz máis importante do Rock and Roll en español na actualidade. Un motivo polo que Carlos Tarque sempre foi a aspiración mais ilusionante para a organización do festival pero non o único; a especial relación de Tarque con Ponteareas, de donde é a súa nai e donde aínda reside boa parte da súa familia, fai que poder gozar do músico e compositor sobre un escenario da vila sexa un orgullo para o Rock in Río Tea, e se converta no acontecemento musical máis esperado en moito tempo.

O sábado 21 de Xullo, compartirán cartel con Terbutalina, outra banda moi desexada pola organización que aportará ese punto de loucura garaxe-punk que fará bailar a todo o que se acerque polo parque da feira vella. Os Madrileños The Parrots, completarán esa enerxía garaxeira e gamberra coa que triunfan dentro e fora das nosas fronteiras no escenario “Mahou”. Basanta, que están a arrasar co seu último traballo “Colorama” levarán a maxia o misterio e o fuzz ó escenario “Aguas de Mondariz”, no que abrirán o festival os gañadores do concurso de Bandas 2018 Atomic Lemons. Os lisboetas Her Name Was Fire completarán o

cartel do sábado subindo os decibelios co seu stoner arrasador. O venres 20 de Xullo teremos a unha das bandas galegas con mais proxección do momento. Stoned At Pompeii, que xa están a xirar por todo o mundo co seu traballo “Ancroidal”, paticipando en festivais tan importantes como o Resurrection Fest, encabezará a proposta do venres. A banda local MET, que xa participaran na primeira edición do festival volven a casa co seu espirito indie. Abrirán a xornada do venres os alumnos da CDM (Rock School) de Ponteareas, o futuro do Rock and Roll, que namoran co seu precoz talento e a súa espontaneidade.

Lazoiro e o Concello impulsan a protección das andoriñas A andoriña das vilas e a andoriña das barreiras, son duas especies de aves que forman colonias en zonas urbanas, preto de rios ou grandes masas de auga. As andoriña das vilas construen os seus niños en edificios, pontes, ou muros, e fano xuntando boliñas de barro que cementan co seu propio cuspe, dando lugar a unhas curiosas construccións redondas. A vila de Salvaterra de Miño conta cunha das maiores poboacións de avións de toda Galiza, contando no ano 2016 con arredor de 400 niños de parellas reprodutoras. A pesar disto, nos últimos tempos, tense producido un grave e acentuado descenso desta poboación debido ao uso de pesticidas e diversos tipos de químicos, así como pola redución do seu hábitat de caza. Por outra banda, o deseño dos edificios modernos, que carecen de lugares axeitados para aniñar, engadido á destrución dos niños

por parte dos humanos (actividade que está penada con multas entre 5.000 e 200.000 € de multa), repercute de forma moi negativa nestas poboacións. Esta situación non só é preocupante dende o punto de vista da biodiversidade, senón que por engadido, a base alimentar destas especies son os mosquitos, trazas e outros insectos , actuando deste xeito como regulador das poboacións destes invertebrados. Por todo isto, dende Lazoiro

e co apoio do Concello e da A.G.P.L.C.B. inician unha campaña de concienciación e protección destas aves. Para isto realizouse unha limpeza das zonas sensíbeis de ser usadas como niño por estas aves, así como a colocación de carteis informativos, acompañados dunha labor explicativa sobre os beneficios destes animais. Como conclusión, esta campaña contará ademais cunha segunda parte, onde Lazoiro solicitou a construción dun muro que sirva de emprazamento principal para os niños destas aves, permitindo así unha mellor protección, a realización de estudos avanzados e minimizando as molestias aos veciños. Esta solicitude conta co visto bo por parte do Concello, que xa solicitou un proxecto de xeito a comezar canto antes as obras e asegurar a protección destas curiosas e alegres veciñas.

O Condado

A Fundación Musical de Xinzo busca persoas e empresas colaboradoras A Fundación Musical de Xinzo inicia unha campaña de búsqueda de entidades e persoas colaboradoras para o desenvolvemento do seu obxectivo fundacional: a promoción do patrimonio musical galego a través da potenciaón da Escola e da Banda de Música de Xinzo. Cabe destacar a obtención importantes beneficios fiscais na declaración da renda ou no imposto de sociedades, para aquelas persoas ou empresas que realicen algunha aportación económica. En palabras do Presidente da Fundación Musical de Xinzo, Francisco Represas, “doar algunha cantidade económica sempre tendrá para quen o doe, importante beneficios fiscais, por exemplo, se unha persoa doa 100€, bonificásesellé n 75€ na súa declaración da

renda, ou se unha empresa doa 1.000€ beneficiásesé dun total de 350€ no Imposto de Sociedades. Pero sobre todo, estará contribuíndo dunha forma significativa a un proxecto musical e cultural que cada vez ten un maior recoñecemento en todo Galicia”. Polo que desde o Padroado da Fundación animamos a todas as persoas e empresas a realizar a súa donación e sumarse así a este importante proxecto, nacido na Banda de Música Xuvenil de Xinzo, e recoñecido como a Primeira Fundación deste tipo catalogada de Interés Galego pola Xunta de Galicia. Os interesados podrán poñerse en contacto coa Fundación a través dos teléfonos 986 642 096 oú 638 245 382, ou do correo electrónico fundacionmusicaldexinzo@gmail.com.

Convenio para o fomento da produción de castaña A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde das Neves, asinou o convenio de colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega para o fomento da produción de castaña na provincia de Pontevedra que este ano, sobre todo, estará centrado no concello do Condado tras a vaga de lumes que converteu o municipio na zona cero da ca-

tástrofe do pasado outubro. En total, a institución provincial vai achegar 35.000 € a través dos cales se porá en marcha un proxecto piloto e un programa formativo a través do cal se darán a coñecer as posibilidades da produción, cultivo e comercialización da castaña en terreos agroforestais da provincia de Pontevedra durante o último semestre do 2018.

O Concello de Ponteareas denuncia a "desaparición" dun vehículo todoterreo O goberno de Ponteareas denuncia ante a Garda Civil a desaparición e apropiación dun vehículo todoterreo cedido pola Xunta de Galicia ao concello no ano 2003 para a Policía Local e solicita a baixa temporal do vehículo en Tráfico. Unha multa de tráfico por non terse sometido o vehículo reseñado á inspección técnica periódica e tampouco terse detido ao tentalo parar os axentes da Garda Civil destapou a existencia dun vehículo do que, ata o de agora, non tiña constancia o goberno de Ponteareas. Trátase dun Nissan Terrano II, un vehículo cedido pola Xunta de Galicia ao concello de Ponteareas en propiedade segundo o establecido na orde do 9 de abril

de 2003. Este vehículo supuña un apoio aos corpos da Policía Local de Galicia e foron moitos os concellos que se beneficiaron destas cesións. Coa chegada desta multa e dunha seguinte por exceso de velocidade comezáronse as pertinentes xestións e o goberno procedeu á súa denuncia que, segundo a información recollida, “o vehículo desapareceu alomenos no ano 2010, no que o concello deixou de aseguralo. Non se descarta que esta desaparición estea relacionada coa compra, a prezo simbólico, dun vehículo Citroen C-15, pero o Concello non podía dispor do todoterreo, pois a día de hoxe aínda é a Xunta de Galicia a propietaria do vehículo desaparecido”.


Val Miñor

Xullo 2018 Xornal 21

Nigrán | gondomar | Baiona

Baiona inaugura a Biblioteca Municipal O pasado 7 de xullo Baiona materializaba “un dos proxectos máis ambiciosos dos últimos anos no municipio” e non é outro que a rehabilitación do edificio Sancti Spiritus que acolle

a Biblioteca Municipal da Vila. As novas dependencias albergan o maior arquivo histórico da comarca e un dos máis importantes de Galicia na súa renovada edificación. Ao acto de inauguración

Nigrán Decide propón ao pleno unha baixada do IBI dun 5%

Volve o Conde de Gondomar

NIGRÁN DECIDE presentou ao pleno unha moción para baixar o Imposto de Bens Inmobles un 5 por cento. En concreto pide que “o tipo de gravame para os bens inmobles urbanos pase do 0,5% actual ao 0,475%, medida que tería efectos no recibo do ano 2019”. NIGRÁN DECIDE considera que “o aumento dos ingresos do Concello de Nigrán, como consecuencia da aplicación da regularización catastral no Imposto de Bens Inmobles, pode ser compensado cunha rebaixa do tipo de gravame dese imposto, sen causar unha diminución dos ingresos do Concello”.

acudiu a presidenta do Congreso dos Deputados e ex ministra de fomento, Ana Pastor, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o Conselleiro de Sanidade e Ex Alcalde de Baiona, Jesús

Vázquez Almuiña, o Alcalde de Baiona, Anxo Rodal, a Concelleira de Cultura, María Igrexas e demais membros da corporación local. O equipo de goberno con-

Una de las salidas de la anterior edición del Conde de Gondomar. /© Rosana Calvo

17

seguiu que a rehabilitación leve a cabo cun investimento superior aos 1,1 millóns achegados polo Ministerio de Fomento, grazas ao plan denominado 1,5% Cultural. A pretensión sempre foi a de continuar coa liña de recuperación de inmobles e espazos de interese cultural e histórico para a vila que se iniciou hai uns anos. A empresa UTE Orega Coviastec foi a encargada das obras de rehabilitación, deseñadas polo estudo de arquitectura Murado e Elvira, gañador do concurso de ideas convocado polo goberno local para a reforma. O inmoble, que combina vanguardismo e funcionalidade, foi rehabilitado totalmente cun deseño innovador. O proxecto gañador foi o denominado «Concéntrico» e o resultado do mesmo para o edificio é unha harmonización de elementos e materiais. A unión dos distintos espazos e engadidos construídos ao longo de séculos, así como dotar ao edificio da máxima funcionalidade, eliminando barreiras arquitectónicas e dando protagonismo tanto ás escaleiras como ao patio interior do edificio.

Este mes de xullo regresa ás rías galegas o Conde de Gondomar, unha das regatas máis emblemáticas do panorama náutico español, que este ano cumpre o seu cuadraxésimo terceira edición, patrocinada un ano máis por Banco Sabadell. A histórica competición, disputada sen interrupción desde a súa creación en 1976, volverá ser un ano máis Campionato de España de Altura de Cruceiros, ao incluír a mítica subida ao Carrumeiro Mozo, na ría de Corcubión, de case 100 millas de percorrido. O Monte Real Club de Iates, que presentará oficialmente o trofeo o próximo 17 de xullo, acaba de anunciar as datas para a súa celebración, que serán este ano os días 21, 22 e 25 de xullo, e de abrir o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar.


18

Xornal 21 Xullo 2018

O International Keyboard Festival & Masterclass da Eurociudad Tui- Valença - IKFEM abrirá o próximo 20 de xullo a súa sexta edición no Paseo Fluvial de Tui. Este lugar icónico a beiras do río Miño acollerá unha xornada inaugural deseñada cun obxectivo solidario: estará dedicada ás persoas afectadas pola explosión de material pirotécnico ocorrida en Tui. O Paseo Fluvial, unha contorna de gran beleza paisaxística, é o marco seleccionado para dar o pistoletazo de saída á sexta edición do festival de música de instrumentos de teclado da Eurociudad Tui – Valença. Durante toda a tarde do día 20, e ata a noite, as persoas que se acheguen ata o lugar poderán gozar de diversos concertos como os de Júlio Resende e Najla Shami, entre outros; participar en actividades de ioga, kaiak e lecer infantil e gozar da gastronomía na zona de foodtrucks. Cos actos deste ano, o Paseo Fluvial incorpórase por primeira vez ao repertorio de escenarios de IKFEM, que

A guarda | o Rosal | oia | tomiño | tui

Baixo Miño

Unha xornada solidaria á beira do Miño abrirá a sexta edición de IKFEM

Máis info www.xornal21.es son sempre espazos emblemáticos da Eurociudad Tui- Valença. Na pasada edición do

festival a inauguración celebrouse na Ponte Internacional, que acolleu un especta-

cular concerto de 10 pianos simultáneos ao que asistiron 3.000 persoas. En 2018, IK-

FEM volve á contorna do río Miño cunha xornada de apertura solidaria.

Dez traballadores incorpóranse no Concello

Tomiño pon en marcha as actividades de verán Un centenar de nenos e nenas acoden dende esta semana ao campamento urbano organizado polo Concello de Tomiño, dentro das actividades de verán. Todas as mañás, de 9 a 14 horas, debuxan, aprenden, fan manualidades, xogos cooperativos e un longo etcétera. Divididos en dous grupos, por idades (3 a 6 e 7 a 12 anos), comparten as súas inquedanzas con nove monitores, tres de eles en prácticas. Esta semana terán cociña e a visita do mago “Samu” coma novidades. Algúns repiten experiencia e outros veñen por primeira vez, coma Xabi, 8 anos, de Barrantes, ou Marta, 9 anos, de Areas (Tui). Ao primeiro gústalle todo o que fan, mentres que a segunda prefire os xogos en grupo.

Unha das monitoras, Lorena Méndez, de Chirlo Mirlo, corrobórao: “o que máis lles gusta son os xogos libres”. Nesta semana comezaron tamén os campus de tenis e padel, con máis de 50 persoas apuntadas. O monitor Fabián Gutiérrez Corvetto, salienta a aceptación cada vez maior deste tipo de deportes até o de agora minoritarios, situación que no caso de Tomiño é posible tamén polas pistas da Área do Mosteiro, anexas ao colexio Pedro Caselles, arranxadas polo Concello recentemente. Paralelamente, están a piques de empezar outras actividades, coma o campus de rugby, piragüismo e fútbol; este último, do 16 ao 28 de xullo, nos campos do Regatiño e da Carballa, ou as actividades artísticas, para público infantil e adul-

to, organizadas polo Concello na Aula Museo Pintor Antonio Fernández, e outras nas que se conta coa participación do Grupo de Voluntariado Local, constituíndo un complemento ideal para a programación cultural de verán (O Son da Praza, visitas guiadas por rutas de valor ambiental, histórico, arqueolóxico, etc.). A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta o carácter amplo e inclusivo da axenda de verán, deseñada pensando en ofrecer actividades para todos os públicos, de xeito que tomiñeses e tomiñesas teñan alternativas de ocio de calidade e, na súa maioría, de balde, durante a época estival. Asemade, dende o Concello búscase axudar a conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan fora da casa.

Dez persoas comezaron este mes a traballar no Concello de Tui coma peóns grazas á achega de 103.260,15 concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao Concello de Tui para a contratación persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA. O contrato terá unha duración de sete meses. Por outra parte dende hai unha semana dúas bolseiras do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra están a realizar a súa estadía laboral no Concello de Tui por un período inicial de 6 meses, prorrogables outros 8. Trátase dunha graduada en Xornalismo que realiza a súa formación na Radio Municipal e Gabinete de comunicación e outra persoa co Ciclo superior produción audiovisual e espectáculos formarase no Departamento de Cultura.


Motor

Xullo 2018

Xornal 21

19

Comeza en Vigo a produción dos novos comerciais lixeiros

o turismo eléctrico de carreiras e- Racer roda nun circuíto CUPRA levou o e- Racer ata un circuíto de velocidade en Zagreb (Croacia), co obxectivo de probar por primeira vez en rodaxe a integración das baterías eléctricas co resto do vehículo. Todos os sistemas eléctricos, electrónicos, de batería, refrixeracións e propulsión probáronse por separado. Na pista de Zagreb, integráronse por primeira vez todos os elementos e puxéronse a rodar, cunhas sensacións moi optimistas para o equipo de CUPRA. As condicións da pista, de-

bido á calor durante as xornadas de test, confirmaron que o CUPRA e- Racer está preparado para afrontar os retos en competición. Do primeiros test extraéronse conclusións moi positivas. A batería deste turismo de carreiras 100% eléctrico, está formada por 6.072 pilas cilíndricas, o equivalente á batería de 9.000 teléfonos móbiles. Con estas cifras, a autonomía do eRacer fai que sexa perfectamente competitivo para afrontar carreiras do novo E- TCR (Campionato de Turismos Eléctricos).

Novo Peugeot 508

Pola súa estética de coupé, a súa eficiencia e as súas prestacións o Novo Peugeot 508 chega con argumentos renovados para conquistar o mercado das berlinas do Segmento D. Pero a súa vocación transgresora non queda aí, ao ofrecer ademais novas sensacións ao condutor e aos pasaxeiros grazas á terceira xeración do iCockpit® Amplify, que se estrea neste modelo. Este revolucionario posto de condución permite elixir entre "Boost" e "Relax", dous ambientes totalmente personalizables deseñados para espertar os sentidos. Así, o i-

Cockpit® Amplify estimula a vista, ao xogar coa intensidade da iluminación e as posibilidades de cambio de ambiente cromático nas pantallas. Tamén dá protagonismo ao oído, cos parámetros de ambiente musical e ao tacto, coas masaxes multipunto nos asentos. No Novo Peugeot 508, i- Cockpit® Amplify tamén actúa nas prestacións dinámicas do vehículo por medio do selector de modo de condución (ECO/Sport/Confort/Normal), ademais de permitir o control da amortiguación en versións equipadas con suspensión electrónica.

O Centro de Vigo de Groupe PSA comezou a produción en serie da nova xeración de vehículos comerciais lixeiros das marcas Peugeot, Citroën e Opel/Vauxhall, que serán tamén fabricados no Centro de Mangualde (Portugal), cun potencial industrial conxunto nas dúas fábricas de 350.000 vehículos ano.

Nace o novo Ford Focus, que ofrece máis estilo, espazo e tecnoloxías de condución avanzadas que nunca para os usuarios de coches familiares de tamaño medio. A partir deste mes xa está dispoñible para pedidos na rede Ford de toda España. Os enxeñeiros de Ford colaboraron estreitamente con usuarios para desenvolver o novo Focus de cinco portas e os aínda máis prácticos modelos de Focus familiar en versións diferenciadas, cada unha coa súa propia personalidade, incluíndo o elegante Focus Titanium, o deportivo Focus STLine e o exclusivo Focus Vignale. O novo modelo crosso-

Para responder á demanda comercial dos novos Peugeot Partner/ Rifter, Citroën Berlingo/Berlingo Van e Opel/Vauxhall Combo púxose en marcha unha cuarta quenda de traballo no Centro de Vigo, constituído por 900 persoas, e un terceiro equipo, con 225 persoas, en Mangualde. Por primeira vez na súa historia,

a fábrica de Vigo producirá vehículos das marcas Opel e Vauxhall. As factorías de Vigo e de Mangualde, que forman parte do Polo Industrial Ibérico de Groupe PSA, levaron a cabo importantes transformacións no útil industrial para acoller a produción dos novos vehículos co mellor nivel de eficiencia.

Novo Ford Focus

ver Focus Active presenta un estilo deportivo que in-

clúe altura de condución elevada e barras de teito.


20

Xornal 21 Xullo 2018

Deportes

Lucas Costa, David Moya e Juan Carlos Mesquita reinan na travesía “Costa Serena”

A VIII edición da Travesía a nado “Costa Serena” celebrouse o pasado 8 de xullo de 2018 en Praia América (Nigrán) e constou de tres probas de 800, 2.700 e 4.000 metros. Ademais, houbo dúas probas de 50 e 150 metros para nenos. A proba xuntou a centos de nadadores de todo o noroeste peninsular, pois se trataba dunha das citas máis importantes e atractivas do calendario de natación de augas abertas de Galicia. Lucas Costa logrou impoñerse na VIII edición da travesía

a nado “Costa Serena” parando o crono en 00:49:38. En segundo lugar clasificouse Marcos Vila (00:49:42) mentres que David Rodríguez (00:53:05) facíao en terceira posición. En mulleres, a vencedora en 4.000 metros foi Cristina García cun crono de 01:03:00. Seguíaa moi de preto Mónica Incera (01:03:37), en terceiro lugar chegaba Cristina Torres Hervés, con 01:06:42. En 2.700 metros, alcanzando o mais alto do podium na categoría masculina, clasifi-

Óscar Graña e Diego Romeu logran a medalla de ouro no europeo de Croacia Óscar Graña xunto a Diego Romeu conquistou o ouro en C2 senior, por diante das piraguas de Polonia e Hungría na última xornada do campionato de Europa. A representación galega no campionato de Europa de maratón pecha a súa participación nesta edición 2018 cunha medalla de ouro conseguida pola parella de Óscar Graña e Diego Romeu na carreira de C2 senior. Nesta mesma competición Ton Campos e Jose Sánchez ocuparon a quinta posición. O padeeiro pontevedrés agora nas filas do Breogán do Grove Óscar Graña agranda a súa lenda e suma unha medalla máis ao seu longo historial deportivo. Nesta

cábase David Moya (00:43:11), en segundo lugar Gabriel Alarcón (00:43:56) e completaba a clasificación en terceira posición Daniel Martín (00:45:48). Na categoría feminina vencía Paola Fernández (00:48:58), despois chegaba Ester do Monte (00:48:58) seguida de Carme André (00:50:54) en terceira posición. Na proba de 800 metros vencía Juan Carlos Mesquita, cun crono de 00:12:16 na categoría masculina, en segunda posición quedaba Gabriel Figueroa (00:13:44) seguido de Juan González (00:15:17). En mulleres, venceu Irene Rivadulla (00:15:14), seguida de Ana Paula Eijo Gil (00:15:18) e Azucena García González (00:15:27).

ocasión Graña participaba co vilagarcián e compañeiro de equipo Diego Romeu. A aposta deste úl-

timo pola embarcación dobre foi clara desde o primeiro momento e por este motivo renunciaba á

súa participación no barco individual no cal tiña a praza. A dupla de Graña e Romeu que tomaba a saída ás 8:00 dominou os tempos durante os 30 quilómetros que durou a proba, sempre na cabeza e acompañados polas piraguas de Polonia, Hungría e España foi na quinta volta cando se descolgaban os españois Campos e Sánchez. Pola súa banda Graña e Romeu continuaban ao seu desgastando aos seus rivais. A falta dunha volta o tándem español aproveitou unha ciaboga na que os polacos envistieron aos húngaros, para realizar un tirón que lles permitiu escaparse e palear de forma clara cara ao máis alto do podio. O C2 español cruzaba a liña de meta despois de 01:55:33.46 milésimas superando aos seus rivais máis próximos os polacos Mateusz Orgiel xunto a Mateusz Zuchora en 00:00:15.43 milésimas e en 00:00:20.56 aos húngaros Dániel Laczó e Gergely Nagy. Doutra banda, ás 10:10 dábase a saída á carreira das mulleres senior en K2 na que tomaban parte as deportistas Tania Fernández e Tania Álvarez. Na súa primeira competición internacional xuntas as galegas terminaron en meritoria cuarta posición, nunha regata na que o podio os o completaban en primeira e segunda posición as K2 de Hungría e o terceiro posto foi para as españolas Eva Barrio e Amaia Ousaba.

CN PONTEAREAS "dando guerra" no Campionato Galego Alevín

O pasaso fin de semana, Sabado 30 Xuño e Domingo 1 de Xullo, disputouse na piscina Rosario Donas de Ourense o Campionato Galego Alevín de Verán. 21 Clubs de toda a xeografía galega dábanse cita cos seus equipos para participar nas 4 sesións na que estaba estruturado o evento. O CN Ponteareas contaba cun equipo que, a pesar de non ser moi numeroso, prometia dar moita guerra. E asi foi. Os nadadore s conseguiron 6 medallas de OURO, cunha Mellor Marca Galega da categoría para Pablo Cabana incluída, 3 de PRATA e 3 de BRONCE. Todos os integrantes do equipo competiron a bo nivel, demostrando seriedade e compromiso e buscando mellorar tempos e lograr puntos para a clasificación final por equipos que quedou encabezada polo CN Ferrol, seguido do CN Galaico (Pontevedra) e o CN Coruña en terceira posición, ocupando o CN PONTEAREAS o 6° lugar.


Saúde

Xullo 2018

Xornal 21

21

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Lucir un bronceado bonito ou coidar a pel? Os expertos dannos as craves Expoñerse ao sol ten consecuencias a curto, medio e longo prazo. Ademais, leva a chamada ´memoria acumulada´: desde nenos estas horas de sol acumúlanse na pel, aumentando o envellecemento cutáneo e o risco de sufrir cancro de pel. Que sería do verán sen gozar con amigos das terrazas ou sen tirarse horas tombados na piscina ou na praia? Coa chegada da época estival, empezan as ganas de ir quitándose capas de roupa e entran as présas por lucir un bronceado bonito para verse un máis guapo. Por iso, para non renunciar a verse me-

llor, hai que protexer a pel dos raios do sol empregando unha protección adecuada. Hai que ser conscientes do que pode chegar a sufrir a epidermis a curto, medio e longo prazo. O motivo? O sol é o maior cancerígeno coñecido, mesmo máis que o tabaco. Por tanto, a protección é clave. Segundo Judit Calpe, directora médica e doutora de Medicina Familiar de mediQuo - unha app de chat médico 24 horas, os 7 días da semana, "sempre se creu que unha cara sonrosada polo sol dá un aspecto saudable, cando en realidade ese ton avermellado ou moreno que se ve na pel despois da exposición solar é a imaxe do dano producido na nosa pel, que crea máis pigmentos para reaccionar ante a agresión". A exposición ao sol produce ´memoria acumulada´: desde nenos estas horas de sol acumúlanse na pel, aumentando o envellecemento cutáneo e o risco

de sufrir cancro de pel. Por iso é polo que sexa tan importante protexerse ben.

Como protexerse dos raios do sol para que non afecte á pel? Tentar minimizar a exposición ao sol, que non sexan moitas horas e evitar que sexa ao mediodía, é dicir, que non coincida coas horas centrais do día. Utilizar cremas co factor de protección solar adecuado e resistentes á auga. Ademais, non hai que esquecer aplicalas de forma frecuente, abundante e sen esquecer ningunha par te do corpo. A Dra. Calpe, lembra que "unha boa crema solar é para reducir os efectos do sol, non para aumentar o tempo de exposición". A protección nunca está de máis cando se vai á piscina ou á praia. Por iso, hai que levar antucas, chapeus, gorras, lentes de sol etc. Hidratar a pel e o corpo. É fundamental aplicarse crema hidratante con protección tanto uns días antes como despois da exposición solar. Ademais, a directora médica e doutora de Medicina Familiar de mediQuo recomenda "beber moito líquido (auga se é posible) e completar a dieta con alimentos que axudan á protección como, por exemplo, a clásica cenoria, á que podemos acompañar con alimentos con vitamina C, soia, froita e hortalizas". Coidado e precaución se se está tomando algún medicamento ou se se está embarazada: pódense crear manchas na pel polo contacto co sol. Así mesmo, a Dra. Calpe lembra que a pel se dana tanto nun día asollado como nun día nubrado. Por iso, a protección solar ha de ser diaria, faga sol ou haxa nubes, sexa verán ou inverno. Sempre hai que protexer as partes do corpo expostas ao sol. En definitiva, gozar das vacacións de verán e, de paso, coller algo de cor non ten por que ser nada malo, a condición de que expoñerse ao sol sexa dunha forma responsable.

Citroën lanza as primeiras lentes que evitan marearse ao viaxar

Pronto chegan as vacacións de verán e as viaxes. Un momento esperado por todos. Pero, nos traxectos, con máis tempo e oportunidades para ler no Smartphone, na Tablet, etc, grandes e pequenos poden marearse. De feito, máis de 30 millóns de persoas en Europa sofren este tipo de mareo de forma crónica. Para facer fronte a este problema, Citroën, a marca que fai do confort o seu leitmotiv, presenta SEETROËN, as primeiras lentes que eliminan o mareo nas viaxes, tamén coñecido como “mal de movemento”.

Como funcionan exactamente? Hai que poñerse as lentes cando se notan os primeiros síntomas. Tras uns 10 ó 12 minutos, o dispositivo permite á mente resincronizarse co movemento percibido polo oído interno, mentres que os ollos mantéñense fixos nun obxecto inmóbil como un Smartphone ou un libro. Despois poderá quitarse as lentes e gozar do resto da viaxe.

Serven para adultos e nenos a partir de 10 anos, as lentes non teñen cristais, pódeas compartir toda a familia, compañeiros de viaxe, etc.Tamén se poden usar encima doutras lentes. As lentes SEETROËN están á venda por 99€.

A deshidratación: un dos grandes problemas de facer deporte no verán Cando chega o verán téndese a abandonar as rutinas de exercicio para gozar das vacacións e descansar. Con todo, o exercicio físico é unha práctica que non se debe esquecer en ningunha época do ano, aínda que no verán debe cambiarse a forma de practicalo para non cometer erros nin arriscar a saúde. O especialista en Medicina Deportiva Enrique Pérez de Ayala dá cinco consellos indispensables para que o deporte no verán tamén resulte beneficioso A chegada do verán fai que, en moitas ocasións, abandónense as rutinas de exercicio para gozar das vacacións e descansar. Pero o exercicio físico é unha práctica que non se debe esquecer en ningunha época do ano, aínda que é importante saber que no verán hai que cambiar a forma de practicar deporte para non cometer erros nin poñer en risco a saúde. Para evitar calquera tipo de problema, o especialista en Medicina Deportiva Enrique Pérez de Ayala dá cinco consellos indispensables para que o deporte no verán tamén resulte beneficioso. Aproveitar as vacacións para seguir practicándoo. É importante seguir facendo depor te no verán. Pódese utilizar a praia ou a auga do mar para efectuar traballos que non se realizan o resto do ano. Camiñar e mesmo trotar coa auga á altura do xeonllo pode mellorar a potencia e a resistencia. Tamén se pode nadar na praia, onde aumenta a flotabilidad do corpo, así que é un método que pode axudar á práctica depor tiva xeral. Hidratarse. A deshidratación é un dos grandes perigos ao que enfrontarse no verán. Aínda que non faga sol, cando a temperatura é superior a 20 graos hai que ter preparada unha estratexia para ir bebendo líquido durante o tempo que se estea realizando a actividade. O máis efectivo son as bebidas isotónicas, pero se non se ten a posibilidade de consumilas mentres se fai deporte, hai que beber auga e despois, para recuperar, consumir bebidas isotónicas

ou froitas. É recomendable tomar auga cada 20 ou 30 minutos e para iso, pódese levar un bidón. Aproveitar as primeiras e as últimas horas do día. Convén evitar as horas centrais do día, xa que é o momento no que a radiación é máis alta e a calor é máis intenso. O mellor é aproveitar as primeiras e as últimas horas do día, xa que así se evita a calor, o exercicio faise máis ameno e diminúense os posibles riscos.

Coñecer as condicións físicas. Cada persoa ten que ser consciente de cales son as súas condicións e saber cal é o plan de adestramento que máis lle convén. As persoas que non estean afeitas facer deporte deben ter se cabe unha idea máis precisa do que poden e non poden facer. A práctica do deporte debe ser gradual, non convén empezar por deportes que requiran grandes esforzos ou unha alta intensidade. Utilizar roupa adecuada e protexerse. Convén utilizar roupa que transpire e elixir cores claras que axuden evacuar a suor. Unha das pezas que non se pode esquecer é a gorra, xa que pode dar problemas que a cabeza reciba un nivel de radiación moi intenso. En canto á protección solar, hai que utilizala sempre, sobre todo na cara e nas zonas máis sensibles. Non influirá no rendemento e, seguro, salvará de queimaduras e outros posibles problemas.


22

Xornal 21 Xullo 2018

Actualidade

Este mes recomendamos...

ESCOLLE

Punto de lectura

A TÚA PROPIA TOLEMIA

PESCAR

Editorial: MONTENA O libro de Hamza, o rei de Instagram! Así é a miña vida, cando pensaba que nada máis TOP podía pasarme, vólvese todo moito máis TOLO... Atoparse un iPhone X nun bar é unha tolemia. Unha tolemia que se amplifica cando te dás conta de que este móbil ten superpoderes. Poderes en plan besta! Poderes que che converten nun superheroe: ABDULMAN. E como todo superheroe, agora teño un archienemigo, un vilán malísimo, mesmo peor que Fatema e a súa zapatilla. Pero iso é só o principio. Hai máis. Moito máis. Pero non vou facerche SPOILER, porque neste libro TI podes elixir o que me sucede. Si, como o oes. Por iso pon «escolle a túa propia tolemia», non é que se me foi a pinza. Depende do que decidas facer en cada páxina, atoparasche cunha ou outra versión da historia. O que me pase neste libro está nas túas mans. Coma se estivese tolo ou coma se tivese poderes. Ou as dúas cousas á vez. Á fin e ao cabo, se eu vinme metido nesta lea, ti tamén!

OHumordeCosme

NAS MINCHAS ISBN: 9788408187035 Data de Edición: 24-maio-2018 Editorial: Planeta Eric chega en pleno inverno á illa onde tantas veces veraneara con Claudia, disposto a enfrontarse voluntariamente a unha interminable rutina de días grises. Miña, a moza encargada da limpeza dos bungalós onde se aloxa, pídelle axuda para tratar a Xullo, un home ao que a rapariga leva buscando toda a súa vida, dunha aparente demencia que lle impide lembrar o seu pasado. A peculiar relación que Eric establecerá con Xullo supoñerá para Eric a posibilidade de reconciliarse consigo mesmo e, á vez, descubrir os segredos que esconde o ancián. Pescar nas minchas, a primeira novela de Mikel Izal, se balancea entre o thriller e a viaxe emocional. Unha historia intensa e cativadora.

Hotel Transilvania 3

Cinema

Estrea: 13/07/2018 A nosa familia de monstros favorita embárcase nun cruceiro de luxo para que por fin Drac poida tomarse un descanso de prover de vacacións ao resto no hotel. É unha navegación tranquila para a cuadrilla de Drac, xa que os monstros entréganse a toda a diversión a bordo que ofrece o cruceiro, desde o voleibol de monstros e as excursións exóticas, a poñerse ao día cos seus bronceados de lúa. Pero as vacacións de ilusión convértense nun pesadelo cando Mavis dáse conta de que Drac namorouse da misteriosa capitá da nave, Ericka, quen esconde un perigoso segredo que podería destruír a todos os monstros.

Misión: Imposible Fallout Estrea: 27/07/2018 Sexta entrega da saga. Nesta ocasión presenta a Ethan Hunt (Tom Cruise) e o seu equipo IMF (Alec Baldwin, Simon Pegg, Ving Rhames), con algúns aliados coñecidos (Rebecca Ferguson, Michelle Monaghan), nunha loita contrarreloxo despois de que unha misión salga mal.

CUPÓN ANUNCIOS BREVES TEXTO DO ANUNCIO

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es >Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

(Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

______________________________________________________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:___________________________________ APELIDOS*:_______________________________________________________________

S i n o p s e

D.N.I. ou Pasaporte*:______________________________________ Lugar de residencia*:___________________________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________ Categoría: _____________________________________________ c Retirar anuncio c Publicar anuncio

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

Firma

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.


Xullo 2018 Xornal 21

Anuncios Breves

Alugeres RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 VIVENDA económica amoblada no Porriño 671 35 74 26 APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727 NAVE Polígono A Granxa 400 m² con oficinas equipadas. 609 83 78 08 VIVENDA amoblada, tres cuartos, cociña americana, baño, terraza. No Cerquido – O Porriño. 300 € 637 740 114 - 629 390 206 PRAZA garaxe moi económica en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 VIGO VIVENDA 2 DORMITORIOS, CACIÑA, BAÑO E SALÓN. Próxima a ‘El Corte Inglés’ 609 83 78 08 VIVENDA barata busco. Son xubilado con pouca paga. 605 785 292 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75

Animais SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175 COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776 GATIÑA PELUDA, se ten unha e non a queres chámame 650.610.633

Automóbiles MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353. PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327 OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659 Vendo Opel Frontera B Límited. Bo estado. Ano 1999. 225.000 km. 3800 € Tel.: 651078705 KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548

Contactos HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67 FUNCIONARIO de 55 años, natural de Mos, busca parella. 631 36 70 14 RAPAZA busca rapaz entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20 RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040 RAPAZ de 44 anos busca rapaza de 35 a 45 anos para amizade ou o que surxa. De Mos, O Porriño, Redondela ou arredores. Seriedade. 677112868. RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304 SEÑORA busca amigas para saír (Tui ou arredores) Tel.: 687 691 508

LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330 CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717 Licenciado imparte clases de inglés, todos os niveis. 653349289 EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64 PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776 RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85 INGLÉS, todos os niveis. 656 87 33 00 PROFESORA FRANCÉS nativa, alta diplomada da cursos todos os niveis. Isabelle 986 660 890 PROFESOR de Kung-Fu Monitor de Tai-Chi e Instrutor de Artes Marciais Mixtas. 629 325 431

Casas FORNELOS (Salvaterra) casa dous andares, cenador, terreo de 1300 m² 674 970 655

INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322 CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19 TOMIÑO terreo de 1.200 m² Prezo 17.000 e negociables. Tel.: 608.523.586 FINCA en Tomiño 500 m² Prezo 5.000 euros 608 523 586 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351

Compras varias CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08 COCIÑA de gas con forno en bo estado. Económica 679 141 813 OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor O-X22DTH Tel.: 651 078 705 MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688 COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136

PLANTACIÓN DE ALBARIÑO vendo en Mos, sobre 500 m2, en plena producción, bo acceso e a carón da estrada. 617268659 MEL da casa. Tamén disponible con etiqueta para a venda en tendas. Tlf.: 606106887 UTENSILIOS para elaboración de viño: lagareta grande, estruxadora grande, encorchadora, barcal, barriles… 663 54 22 62 DORMITORIO clásico 135 cabezal, somier, 2 mesiñas, cómoda, e espello 250 € Tel. 646370171 PORTAIS pequenos segunda man, conxunto 2 unidades 98x163 e 100x 163 cm 295 euros 619 304 963 PORTAL, balcóns e peche de ferro segunda man 663 54 22 62 MOBLE RECIBIDOR clásico con dúas portas 109 x 82 cm 50 € 646 37 01 71 CÁMARAS ocultas, micrófonos, alarmas, … toda a tecnoloxía no teléfono 677337434 DOUS NICHOS no cemiterio de Sanguiñeda – Mos 667 431 946 PORTAS sapelli con marco e pñeiro branco lacadas para reformas. 615 32 02 82

Outros RAPAZ de Vigo recolle de balde sillas de bebe, de paseo, sillas de coche… 637 228 667 REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887 MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84 CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64 PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30 MUEBLE de baño exclusivo modelo italiano. 606 611 673 DETECTIVES económicos. 677337434 BUSCA coñecer a súa filla na Escola Viguesa de Maxisterio CARLOS 651774295 MODISTA fanse arranxos de roupa. Tameiga 616.82.42.39 REFORMAS, cantería, albanelaría, pintura... 676.85.76.79

POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78 RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112-633036768 (con coche) ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13 ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, O Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838 RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos - Puxeiros. Nathaly 699514112 CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051 TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00

CASA RÚSTICA con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02

SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641

ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m2. 658.312.090

SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21

SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646 725 195

RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35 SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70

COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m², hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634 459 555

RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827

Pisos VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92

SEÑORA para labores domésticas e coidado de maiores. Moi responsable. Tel.: 698 47 64 08

SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09

LOURIÑA para pasar o ferro ou limpeza, tamén cortar pelo a domicilio- 60897.55.72 MOZO de confianza fai mantemento de casa e xardín. 627 95 20 66

ÁTICO no PORRIÑO. A estrear na Avda. Galicia. 65 m². 637 25 21 81

MARMOLISTA carnet carretilleiro, encargado almacén dous anos. Con experiencia. 686 22 12 95

PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122

RAPAZ de 32 anos busca traballo do que sea. Carnets C –C1 –C – BTP – E. Carretilla e manipulador de alimentos. 622 025 016

TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91 VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090

RAPAZ, traballo do que sexa. Carnés B - C1 - C - BTP, carretillero, manipulador de alimentos. 627.100.623

VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379 TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705 O Porriño - 98 m² e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04 VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semiamoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

Solares e Terreos BUSCO terreo edificable para a zoa do Porriño, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas… Avisar a Dani 675813033

CONDUCTOR con todos os carnets. Experiecia nacional. 680 959519

MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491

BICICLETA ESTÁTICA en bo estado. 661 545 727

PINTOR profesional para pintar piso no Porriño 986 33 01 78

FONTANEIRO con experiencia en instalacións de calefacción , gas, propano ,caldeiras e reparacións urxentes vivendas , comunidades. T. 698177740

BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

CABECEIROS camas carballo idénticos, cama 90, bo estado e 1 cabeceiro único de 90. 986 33 23 30

VÉNDESE ou CÁMBIASE APARTAMENTO en Torrevieja (Alicante) por apartamento, piso ou outros en provincia de Pontevedra. De 2 hab. 1 cociña 1 salón terraza zona estival. T. 619.985.001

RAPAZ de 37 anos busca traballo calqueira ocupación. Carné de conducir, coche, manipulador alimentos. 633 097 608

Vendas varias VIÑO calidade país menos dun euro litro. 986 333 049 DORMITORIO XUVENIL moi económico, con escritorio. 606 611 673 VIÑO do país económico boa calidade a degustar na bodega. Prezo a convir. 647 925 502

PORTA aluminio acristalada con marco 1,57x2,02 m 120 € 646 37 01 71 MALETA “VINTAGE” ANOS 70 interior estampada a cuadros, bo estado. 30 euros. 986 33 23 30 SILLA de bebé plegable en cor vermello 10 € 671 35 74 26

Te me ofreceches a baixar botellas o 22/05/2017 no Día O Porriño? Chámame. 695967704

XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02

FUNCIONARIO busca relación seria con rapaza, 43 anos. 638622549

BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353

RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31

SANGUIÑEDA terreo 600 m² zona Adoa. 648 909 059

PORTAIS ferro. Dúas unidades: 145 x 100 cm + 143 x 199 cm Por 165 euros. 619 304 963

FREGADEIRO usado 20 € varios modelos. 651078705

RAPAZ de 47 anos busca rapaza de entre 30 e 37 anos para relación estable. Seriedade 659 133 899

TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351

TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21

Caldeira a Gasoil, depósito 500 l. e radiador de ferro. Prezo a convir. 679.75.11.58

SEÑORA 50 anos, seria, busca cabaleiro serio para amizade. 687 69 15 08

CHE gustaría conseguir unha mellor versión de ti? O momento é agora! 657295997

23

Ensino

FINCA 1100 m para solar edificable en Sanguiñeda, preto da igrexa. 667 431 946

LICENCIADO en Inglés, imparte clases, todos os niveis 10 euros/hora. 658 358 798

TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993

VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 50 € 671 35 74 26

TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426 MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673 AIRE acondicionado 661 545 727 Viño ALBARIÑO E MENCÍA BOA CALIDADE. 617 268 659

CHAQUETA militar sargento ‘vintaxe’ máis dúas gorras. Talla 42. 986 33 23 30 DEPÓSITO de auga poliéster cuadrado 500 l. prezo a convir 671 35 74 26

DEPOSITO AUGA inxox 200 l. con patas. Prezo de coste. 627 95 20 66

EMPREGO

Demandas

BUSCO traballo Vigo, Salvaterra, limpeza, cociña, coidado persoas maiores, nenos, auxiliar odontoloxía. 674 49 42 33 LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08 ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13 RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285

CUBAS de inox 300 e 400 l sen estrear. Prezo de coste. 627 95 20 66

RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, O Porriño. Yolanda 606 77 31 97

CAMA ARTICULADA e colchón, ideal para persoas enfermas. Seminova. 175€ 629 390 206 – 617 90 19 15

RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es

Ofertas

Obteña diñeiro extra e aumente as súas ganancias. Negocio independiente. 686567945 COMERCIALES - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. ou datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.) COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20 COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.