Xornal21 nº 122

Page 1

Galicia

Galicia

A Xunta presentará o proxecto de comarcalización dos parques de Pontevedra e Vigo Nº 122 / Xuño 2018

www.xornal21.es

05

Provincia

Periódico galego de distribución gratuita

100 concellos reciben axudas da Xunta para as festas de Interese Turístico

Cheo total para as visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso

06

Axudas ás asociacións e clubs deportivos da provincia para as súas actividades

03

07

Motor

O Porriño

Audi Q8: a nova imaxe da familia Q

19

Saúde

Os perigos de utilizar chanclas no verán

21

Deportes

Comezan as obras para levar auga potable ao barrio do Contrasto

O Concello de Mos patrocina a nova equipaxe do equipo feminino da Unión Deportiva

12

Tui

>

Medio Ambiente constitúe un comité científico para abordar o tratamento do lindano en Galicia

Comeza a xestión de residuos previoa ao desentullo na zona afectada pola explosión de Paramos

>

> >

COMARCAS A Louriña

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

08 - 15

O Condado

16

Baixo Miño

18

Val Miñor

17

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

Nigrán | Gondomar | Baiona

18

04

Provincia

Os #Ríasbaixasfests voltan as Rías Baixas este verán 05

20


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Xuño 2018

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

O liderado e a súa importancia

O fracaso é un requisito para o éxito. Se queres triunfar rápido, duplica o número dos teus fracasos. Brian Tracy

X uño

ARÁN FEIJOO COVELO Hoxe en día o termino liderado está en boca de moitos aínda que realmente poucos o entenden, o líder é un ‘primus interpares’, é dicir o primeiro entre iguais, o que outros recoñecen como líder de forma natural. En ocasións confúndese liderado con xefatura, o xefe… ambos os termos non son iguais. O xefe pode selo porque paga ou simplemente porque se lle designa como tal, os homes e mulleres subordinados a el ou ela non necesariamente respéctano pero obedéceno como unha obrigación, expresións porque me paga ou simplemente é o xefe son habituais de escoitar e denotan como transfondo semántico que no momento que deixe de pagarlles ou perda a xefatura deixasen de atender as súas peticións. O líder é aquel que é respectado polos que o seguen, pode ostentar a xefatura evidentemente e así sería un circulo perfecto pero como xa dixen non é necesariamente certo. Para que un proxecto ou organización alcance os seus obxectivos debe dotarse de líderes eficaces. Non exclusivamente de xefes, en ocasións e dependendo da organización a xefatura é menos importante porque a figura do representante é máis ou menos testemuñal aínda que non hai que incorrer no erro de permitir que por carencia de candidatos calquera poida alcanzala, a pesar de que pague moito, se, estimado

Cita

lector en ocasións as xefaturas cómpranse. Cando isto sucede está a colocarse como representante dunha organización a alguén que realmente non entende a dimensión do que representa nin o proxecto que subxace detrás tan só quere comprar recoñecemento co perigoso risco de que enlode o nome da organización que di representar ao xogar co seu nome como cartón de presentación e usalo nin tan sequera para os seus lexítimos intereses persoais senón tan só para cuestións meramente superficiais. En ocasións hai lideres cunha visión clara e un proxecto definido que non se atreven a dar o paso de cargar, se dixen cargar, porque o liderado amigo lector é unha amarga carga, unha responsabilidade non un xogo de nenos. É un grave erro, necesitamos lideres ostentando a xefatura das organizacións xa que así estas mellorarían e consolidarían o proxecto que representan xa que o senten como seu, SE, consolidarían o proxecto porque o entenden aínda que na súa modestia non se vexan como líderes se o son, porque teñen sentido da responsabilidade, saben onde queren chegar. Eu persoalmente traballaría para un Xefe se o tivese pero serviría lealmente a un líder se se atrevese a dar o paso. Pero para iso haberá que esperar ao momento xusto, a ver qué pasa.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

A GUARDA Concello 986 61 00 00 Policía Local 986 61 00 25 Centro de Saúde 986 61 44 50

AS NEVES Concello 986 64 80 38 Policía Local 986 64 80 38 Centro de Saúde 986 64 88 37

BAIONA Concello 986 38 50 50 Policía Local 986 35 80 11 Centro de Saúde 986 38 51 60

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

OIA

986 36 21 25 986 36 23 44

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

O ROSAL Concello 986 62 50 00 Centro de Saúde 986 62 60 35 MONDARIZ Concello 986 66 43 06 Policía Local 680 46 11 51 Centro de Saúde 986 65 61 38 MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 65 61 36 Centro de Saúde 986 66 24 36

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Staff

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Whatsapp: 692 150 055 Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348 106

Redacción: redaccion@xornal21.es

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21. Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 30 31 25 26 27 28 29

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

FESTIVOS LOCAIS

Ponteareas: 04 de xuño | Mos: 13 de xuño (Festa da Rosa) | Nigrán: 29 de xuño (San Pedro) | Gondomar: 11 de xullo (San Bieito) | A Guarda: 16 de xullo (Virxe do Carme) | Mondariz-Balneario: 16 de xullo (Virxe do Carme) | As Neves: 30 de xullo | O Porriño: 11 de xullo (San Bieito) | Salceda de Caselas: 16 de xullo (Luns do Cristo)

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

TOMIÑO 986 62 22 85 M. del Carmen Pardo Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15 O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

Teléfonos de interese

X ullo

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS 986 641 795 Farmacia Elduayen, 7 Farmacia Picoto, 3 - Areas 986 642 215 Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034 TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811 TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 332 003

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO MOLINA GAMARRA, TOMÁS

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra a violencia de xénero

Número 122 / do 15 de Xuño ao 15 de Xullo de 2018 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán).

Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urgente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 | Whatsapp: 692 150 055 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia

Xuño 2018

Xornal 21

3

Feijóo avanza a nova convocatoria do Bono Concilia

Un centenar de concellos benefícianse das axudas da Xunta para as festas de Interese Turístico A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaba este mes na Festa da Rosa de Mos, unha das preto do centenar de festas de Interese Turístico de Galicia que este ano se benefician da liña de subvencións que convoca este departamento autonómico para apoiar, promover e difundir estas celebracións e que conta cun investimento global de 300.000 euros. Estas axudas, de concorrencia competitiva, enmárcanse no compromiso de Turismo de Galicia polo mantemento e impulso de festas como a de Mos, polas súas características e singularidades, axudan a converter a Comunidade galega nun destino diferenciado. Neste sentido, a Estratexia do turismo de Galicia 2020 dedica o unha das súas 11 liñas a potenciar os valores que singularizan a Comunidade a través dunha actividade que os protexa e

No seu compromiso por potenciar os valores e actividades que singularizan a Comunidade galega, Turismo de Galicia destina máis de 300.000 euros impulse permitindo aos turistas integrarse coa cultura, tradición e enogastronomía. Coa posta en marcha deste tipo de liñas de axuda a entidades locais, Turismo de Galicia continúa no seu compromiso por reforzar a competitividade do destino, afondando na desestacionalización da demanda ao apoiar a festividades de Interese Turístico de Galicia de calquera época do ano, e afondando tamén na diversificación e especialización da nosa oferta, xa que as subvencións están repartidas polos diferentes concellos da Comunidade galega. Deste xeito, distribúense os beneficios económicos, sociais e culturais que a actividade turística xera.

POSTA

EN VALOR DAS TRADICIÓNS

A Festa da Rosa de Mos está dedicada á rosa de Quirós, presente nas insignias representativas deste concello. Reúne ano a ano a milleiros de visitantes e conta cunha intensa programación de actividades nas que se implica o tecido asociativo do municipio para traballar a prol da cultura e a tradición. É o caso da Asociación de Palleir@s de Mos, que esta fin de semana organizaron o Encontro de Palilleir@s da Festa da Rosa á que asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e que contou con numerosos participantes que puxeron en valor a importancia destes oficios artesanais.

Uns 30 auxiliares nativos de fala inglesa se incorporarán ao ensino galego O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e Stewart Tuttle, copresidente estadounidense da Comisión Fulbright de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América, veñen de asinar dous convenio de colaboración, un deles en materia de plurilingüismo e outro en beneficio dos posdoutorandos do Sistema Universitario de Galicia. Ao acto asistiron tamén o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; o director xeral de Educación, FP e Innovación educativa, Manuel Corredoira; e o director executivo da Comisión, Alberto López San Miguel. Ao abeiro do primeiro dos acordos, o sistema educativo galego contará o vindeiro curso con 30 auxiliares de alto perfil académico seleccionados pola Comisión Fulbright, o que supón un 25% máis ca no presente curso. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a presenza de persoas nativas de

fala inglesa cun alto perfil académica nos centros plurilingües galegos, contribuíndo ao fomento das vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñarías e Informática), así como á competitividade futura do alumnado nestes eidos, nos que o dominio da lingua inglesa é fundamental. Estes nativos sumaranse aos aprobados no pasado Consello da

Xunta, así como aos que se incorporarán ao sistema educativo galego, ben financiados pola Consellería, ben a través da colaboración interinstitucional co propio Ministerio, co Instituto Confucio, co Instituto Camões e coa Académie de Amiens; ata sumar un total de 617 auxiliares de conversa prestando apoio ao alumnado galego no vindeiro curso 2018/19.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a nova convocatoria do Bono Concilia, destinado a financiar prazas de 0 a 3 anos en escolas infantís. Segundo explicou Feijóo, o crédito co que contará “poderá incrementarse na medida en que sexa preciso, co fin de atender a todas as solicitudes e que haxa lista de espera cero para as escolas infantís”. O titular da Xunta recordou que o bono aboarase directamente e de xeito mensual ás familias e será compatible con outras axudas destinadas tamén a pagar a escola infantil, sempre que non supere o custo da praza. Neste senso, indicou que poderán optar ao bono as familias que tivesen un fillo ou filla despois do 31 de decembro de 2015 e terán prioridade aqueles nenos e nenas que xa recibiran o Bono Concilia o ano pasado, ademais daqueles que xa teñan un irmán ou irmá escolarizado na mesma escola infantil que solicitan. Tamén poderán optar ao bono aquelas familias que obtivesen unha praza pública, pero nas que os dous pais traballan pola tarde ou en quendas rotativas e a praza non lles chega para cubrir o seu horario. Trátase dun bono para axudar ás familias que non obteñan praza

noutras modalidades de escola infantil ou que vivan nun concello onde non existan escolas infantís sostidas con fondos públicos. Así, a través desta axuda, facilítase ás familias entre 45 e 250 euros mensuais para pagar a escola infantil. Cómpre recordar que o ano pasado recibiron o Bono Concilia 3.650 familias, máis do triplo das persoas que obtiveran anualmente esta axuda entre 2009 e 2016. Co obxectivo de seguir aumentando a ratio de cobertura, que ao longo destes anos pasou do 22% (en 2009) ao 41% no vindeiro curso, Feijóo precisou que o próximo curso Galicia contará con máis de 24.000 prazas de escola infantil sostidas con fondos públicos, 1.600 máis que neste curso.


4

Galicia

Xornal 21 Xuño 2018

Medio Ambiente constitúe un comité científico para abordar o tratamento do lindano en Galicia Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, vén de constituír o Comité Científico-Asesor que marcará a folla de ruta para abordar o tratamento do lindano en Galicia. Trátase dun dos tres comités,

A Xunta de Galicia presentará o proxecto de comarcalización dos parques de bombeiros directamente aos concellos de Pontevedra e Vigo. Farao deste xeito para tratar de “desbloquear a parálise que presenta o plan de mellora da atención as emerxencias na provincia de Pontevedra, onde, a diferencia de na Coruña, Ourense e Lugo, non se puido chegar a ningún acordo coa Deputación” explican. A proposta partiu do presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García. Así o anunciou o director xeral de Emerxencias, Luis Menor, trala reunión do Grupo de Traballo polas Emerxencias celebrada en Santiago. Ademais de Menor e García. ao encontro acudiron tamén a directora xeral de Administración local, Marta Fernández-Tapias, e representantes das catro deputacións provinciais.

xunto co institucional e social, que abordarán o estudo e diagnose sobre o estado actual da presencia desta substancia en terreos da Comunidade galega, co obxectivo de avaliar as posibles e máis axeitadas liñas de actuación. A Dirección Xeral de Calidade

Ambiental vén de impulsar a constitución deste Comité Científico, que está integrado por 17 expertos con formación multidiscliplinar, bioloxía, química, xeoloxía e enxeñaría de camiños pertencentes ás tres universidades galegas, con recoñecida valía e contrastada ex-

periencia na materia, co fin de que contribúan dende unha perspectiva multidisciplinar a orientar a adopción de solucións que máis se axusten á realidade identificada. Así, por parte da Universidade da Coruña participarán Soledad Muniategui Lorenzo, Francisco

A Xunta presentará o proxecto de comarcalización dos parques de Pontevedra e Vigo

O director xeral confiou en que “deste xeito a Deputación de Pontevedra abandone a súa oposición e os concellos máis achegados ás

dúas cidades se poidan beneficiar da comarcalización e dunha atención máis eficaz e rápida”. Esta vía foi respaldada desde o principio

polo Grupo de Traballo polas Emerxencias, no que están integrados tódalas administracións implicadas, gobernadas por forzas políticas de

Javier, Francisco Javier Sanz Larruga, e Francisco Javier Samper Calvete; mentres que por parte da Universidade de Santiago de Compostela, está confirmada a participación de Rafael Cela Torrijos, Alejo Ocaña Carballeira, Pilar Bermejo Barrera, Jesús Simal Gándara, Mª Carmen Monterroso Martínez, Natalia Caparrini Marín e Pastora Bello, Bugallo, entre outros. Este comité será o encargado de asesorar e guiar a toma de decisións que a importancia da materia require, dentro do Plan de estratéxico de loita integral contra a contaminación dos residuos xerados pola fabricación de lindano na Comunidade Autónoma de Galicia, que se está a elaborar. A directora xeral indicou que as achegas deste comité ofrecerán o máximo rigor á hora de tomar decisións para a implantación de técnicas para a remediación dos solos ou para activar determinadas liñas de actuación, baseadas no rigor científico que aportan os expertos a un tema moi concreto. Nesta primeira reunión tivo lugar a presentación do Comité Científico, abordouse a situación actual, as accións levadas a cabo dende a Xunta de Galicia e estableceuse un plan de traballo con reunións periódicas.

distinto signo. Este consenso permitiu pactos, no que vai de ano, cos concellos de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol. Unha vez mantidas as reunións con Pontevedra e Vigo, abordarase o proxecto coa Deputación de Pontevedra. Cómpre lembrar que as institucións provinciais son as competentes en materia de emerxencias para concellos de menos de 20.000 habitantes e a súa participación económica é imprescindible para desenvolver as comarcalizacións. A comarcalización dos parques das cidades e a creación de novos servizos nas zonas de sombra, previstas pola Xunta de Galicia e abordadas no Grupo de Traballo polas emerxencias, permitirán que, cando se produza unha incidencia, se estenda o tempo de resposta de 20 minutos dun 65 a un 90% do territorio e dun 87 a un 95% da poboación.


Provincia

Xuño 2018

Xornal 21

5

Redacción Xornal21.es

A presidenta da Deputación Carmela Silva, acompañada do deputado de Turismo Santos Héctor e coa presenza das persoas responsables dos festivais e das alcaldesas e alcaldes dos concellos nos que se celebran, presentou no Palacete das Mendoza e por terceiro ano consecutivo os #RíasBaixasFests, que se celebrarán na provincia de Pontevedra entre o 5 de xullo e o 19 de agosto. Durante a presentación, a presidenta recordou o nacemento de #RíasBaixasFests, fai tres anos, da man de “homes e mulleres talentosos e talentosas, con ideas, creatividade, intelixencia, compromiso co territorio, que nos formularon a posibilidade de presentar conxuntamente baixo unha mesma marca os festivais da provincia de Pontevedra para convertela nunha referencia”. Deste xeito, tal e como asegurou Silva, “o único que fixemos foi escoitar a súa idea e apostar por ela, xa que a industria musical ten unha gran potencia na provincia, capaz de impulsar o crecemento económico e xerar emprego”. Ao longo destes tres anos de vida, os #RíasBaixasFests convertéronse nun dos piares da promoción turística do destino Rías Baixas. De feito, a presidenta da Deputación puxo en valor a súa capacidade de internacionalización e atracción “porque se celebran en lugares incomparables, promovendo ademais a nosa gastronomía e o sector primario da provincia”. Neste contexto, Silva recordou que “o ano pasado máis de 200.000 persoas acudiron aos #RíasBaixasFests, aloxáronse en hoteis da nosa provincia,

Os #Ríasbaixasfests voltan as Rías Baixas este verán A presidenta da Deputación, Carmela Silva, puxo en valor a importancia dos festivais como “un espazo moi potente para cambiar as conciencias” consumiron nos nosos restaurantes e cafeterías e estiveron coñecendo os recursos turísticos da provincia e, estou segura, este ano imos superar con creces esta cifra”. E xunto á capacidade de converter á provincia nun destino máis atractivo, a presidenta da Deputación tamén destacou o valor dos festivais “como espazos

moi potentes para cambiar as conciencias”. Carmela Silva enxalzou que os #RíasBaixasFests “son espazos de exemplo, de como se pode facer empresas e apostar pola industria musical e como iso non está rifado co beneficio social”. Neste aspecto, a presidenta da Deputación referiuse ás campañas de concienciación “Somos historias, somos

sostibles” e “Conta comigo, eu respéctote” que se van desenvolver durante os festivais. Os #RíasBaixasFests comezan o 5 de xullo en Caldas con PorAmérica (5-7 de xullo), continúan na Illa de Arousa con Atlantic Fest (20-22 de xullo), en Nigrán con Vive Nigrán (2021 de xullo) e na Illa de San Simón con SinSal Son Estrella

Galicia (26-29 de xullo). En agosto, as citas chegan a Bueu co SonRías Baixas (2-4 agosto) e O Mariquiño de Vigo (1012 agosto), para rematar en Vilaxóan (Vilagarcía de Arousa) entre o 17 e 19 de agosto. Carmela Silva animou ás persoas presentes no acto a anotar as datas nas súas axendas para “vivir ben e ser feliz”.


6

Provincia

Xornal 21 Xuño 2018

As visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso comezaban o pasado 16 co primeiro grupo de visitantes, visitas que continuaban ao día seguinte, o domingo 17, e os vindeiros días 29 e 30 de xuño. Non queda unha soa praza dispoñible para ningunha delas, xa que se esgotaron ás dúas horas de abrir o prazo de inscricións. As persoas que participen desta iniciativa poderán coñecer dun xeito diferente parte da historia de Galicia a través do Castelo de Sobroso. Van guiar a visita a raíña Dona Urraca, que estivo presa na fortaleza e fuxiu por un pasadizo, e Pedro Madruga, quen o reconstruíu tras as revoltas irmandiñas. Trátase dunha visita que, ao mesmo tempo, tamén serve para pór en valor a natureza, a paisaxe e o patrimonio do Castelo de Sobroso. As persoas que estes días gozen das visitas teatralizadas tamén poderán realizar a “Senda do Bosque Atlántico”, unha senda ambiental para coñecer a historia e a natureza do Castelo a través de audioguías e de có-

As prazas para as outras visitas programadas dos vindeiros 29 e 30 de xuño tamén se esgotaron nada máis abrirse as inscricións

Cheo total para as visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso digos QR que se poden ir descargando no percorrido. Ade-

Once municipios recibirán máis de 450.000 euros do Plan Concellos Cambados, Cuntis, Gondomar, Mos, Nigrán, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Vilaboa e Vilagarcía recibirán achegas para amortizacións, pagamento de débedas e gasto corrente Redacción Xornal21.es

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de 453.101,06 euros destinadas a 11 concellos da provincia para realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos. Máis polo miúdo, os municipios que forman parte desta relación da Liña 2 do Plan Concellos aprobada polo goberno provincial son Cambados, Cuntis, Gondomar, Mos, Nigrán, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Vilaboa e Vilagarcía. En concreto, Cambados beneficiarase de achegas por valor de 39.097,61 euros para gasto corrente novo. Pola súa banda, Cuntis, 17.083,32 euros para actividades culturais e deportivas e Gondomar recibirá 7.413 euros para gasto corrente novo.. En canto a Mos, recibirá 91.765,95 euros para o servizo público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria e Nigrán beneficiarase de 94.877,46 euros para actividades deportivas, espectáculos musicais e outras diferentes actividades lúdicas. Pola súa banda, Ponte Caldelas recibirá

14.399 euros para a asistencia técnica para contratación do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria e Ponteareas, 55.000 euros para gasto corrente novo co que se financiarán actividades culturais e festivas. Para O Porriño, a Deputación de Pontevedra achegará 18.613 euros para os programas “Xoves Teatrais” e “Venres Musicais” e para O Rosal, 21.500 euros destinados á Feira do Viño e ao Campamento de inglés Por último, Vilaboa beneficiarase de 48.160,93 euros para actividades culturais e Vilagarcía de Arousa recibirá 45.190,7 euros para o servizo de mantemento dos semáforos do concello e o programa de sensibilización e formación en igualdade e recuperación persoal dende a perspectiva de xénero. Con esta nova relación, xa son 47 os concellos que se están a beneficiar da liña 2 do Plan Concellos, que está permitir ás vilas da provincia desenvolver proxectos culturais, sociais e deportivos así como afrontar gasto corrente novo e o pago de subministracións. Ata o momento, o goberno provincial xa distribuíu 3.061,582,61 euros, o que supón o 76,54% da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos catro millóns de euros.

mais, outra iniciativa posta en marcha recentemente para im-

pulsar o Castelo de Sobroso é a creación dun “Xardín do Cor-

pus”, no que se cultiven especies florais e arbustos propios desta festa de interese turístico internacional tan ligada precisamente a Ponteareas. Todas estas iniciativas enmárcanse dentro da estratexia da Deputación de Pontevedra de posta en valor do Castelo de Sobroso, cuxos obxectivos son converter a fortificación nun importante foco de atracción de visitantes, ao igual que xa sucede co Castelo de Soutomaior, e lograr ademais manter así o patrimonio da provincia en condicións óptimas. Ata o momento, o Goberno provincial leva investido máis de 500.000 euros na mellora da edificación e no acondicionamento do Castelo de Sobroso. As últimas actuacións, polas que o recinto estivo pechado, foron para acometer diversas obras de conservación polas que se actuou tanto na parcela como na muralla, na capela e na propia edificación. Unhas actuacións que supuxeron un investimento de máis de 314.000 euros.

A intermodal de Pontevedra licitarase despois do verán A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou que a Xunta licitará a finais de verán as obras do conxunto da intermodal de Pontevedra co obxectivo de iniciar os traballos a comezos de 2019. A conselleira, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou o deseño da estación intermodal, cuxos proxectos definitivos estarán dispoñibles en xullo. Vázquez Mourelle indicou que se trata dun conxunto de actuacións coordinadas e complementarias que permitirán, en definitiva, a humanización do espazo para acadar un conxunto intermodal pensado para as persoas. Precisou que este obxectivo requirirá dun investimento de 5,2 M€, que se

eleva ata os case 5,5 M€ ao ter en conta as asistencias técnicas necesarias, dos que máis de 4 millóns

desenvolvemento de todos os traballos e que ratifique os compromisos xa asumidos pola Xunta e

serán achegados pola Xunta e aproximadamente 1 millón de euros polo Concello. A conselleira explicou que cómpre asinar un novo convenio que concrete os parámetros de

o Concello. Neste sentido, hoxe trasladoulle ao rexedor un borrador de convenio para que, ao tempo que se avanza no deseño e se ultiman os proxectos, se adiante a tramitación administrativa.

A Deputación adxudica a unha empresa do Porriño o contrato para “Depoemprende II” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar, por procedemento aberto, o contrato para a prestación do “Servizo de Asesoramento e Mentorización no marco DepoEmprende II, cofinanciado polo Fondo Social Europeo”. Ó concurso presentáronse un total de 6 empresas sendo adxudicada a Norformación S.L., por un valor de 131.202,72 €. O prazo de execución do contrato será de mes e

medio dende a data de formalización e, en todo caso, finalizará o 20 de xuño de 2018. Este servizo consistirá en formar, asesorar e supervisar aos alumnos na actividade económica. Mediante titorías individuais, tanto online como presenciais, o obxectivo da empresa adxudicada será resolver dúbidas e necesidades particulares de cada unha das persoas, así como acompañar o establecemento dos primeiros contactos e

relacións iniciais con clientes, provedores e socios. “DepoEmprende II”, que conta cun orzamento de 600.975 euros, ten por obxectivo mellorar as capacidades das mozas e mozos que queiran ser emprendedores e emprendedoras a través da formación e do asesoramento, ao tempo que permite loitar contra o despoboamento do medio rural da provincia fomentando a igualdade de oportunidades no acceso á formación.


Provincia Axudas para normalización e dinamización lingüística O Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra xa está comunicando aos 34 concellos e á Entidade Local Menor de Bembrive a aprobación das súas solicitudes ao abeiro da liña de axudas para dinamización lingüística. Hai que lembrar que esta liña de subvencións foi creada nesta lexislatura e que na convocatoria deste exercicio incrementou a dotación orzamentaria ata os 300.000 euros. Estas axudas promoven que os concellos da provincia poidan contar con apoio ou ben para a creación ou mantemento dun servizo de normalización municipal, ou ben para o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua. Con respecto ás solicitudes aprobadas cabe salientar que se percibe un incremento de concellos que apostan pola opción de creación e mantemento do servizo municipal de normalización. Así, aos concellos que xa na anterior convocatoria se acolleran a esta modalidade –Nigrán, Vilagarcía de Arousa, O Grove, A Cañiza e Gondomar–, este ano súmanse Gondomar, Ponteareas e Redondela. En canto á modalidade de promoción de programas de dinamización da lingua galega, esta liña esixe que as entidades solicitantes desenvolvan accións transversais en ao menos tres eidos dun total de oito: ensino, comercio, tecnoloxías da información, turismo, premios e distincións, urbanismo e medio natural, e benestar social.

Xuño 2018

Xornal 21

7

Redacción Xornal21.es

A Deputación de Pontevedra aprobou, en Xunta de Goberno, as bases das subvencións dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas durante este ano 2018. O obxecto destas axudas é financiar os campionatos, actividades e eventos deportivos que levan a cabo clubs e entidades ao longo deste ano. O Goberno provincial achega a esta iniciativa un orzamento total de 500.000 euros, 50.000 euros máis que o ano pasado. En 2017 beneficiáronse destas partidas 196 entidades de 44 concellos diferentes. Estas axudas para actividades deportivas de asociacións e clubs deportivos concédense en réxime de concorrencia competitiva, con criterios fixos e obxectivos. Segundo as bases aprobadas, os criterios a ter en conta serán: número de deportistas ou de equipos participantes, ámbito territorial do evento, antigüidade e consolidación do evento, número de xornadas do evento, orzamento de gastos e ingresos, achega da propia entidade para o financiamento, interese turístico da actividade e promoción do deporte base, feminino e de persoas con discapacidade funcional.

Axudas ás asociacións e clubs deportivos da provincia para as súas actividades A Xunta de Goberno aprobou as bases para estas axudas, que se conceden por concorrencia competitiva e que as entidades poderán solicitar en canto se publiquen No que vai de ano, a Deputación de Pontevedra xa ten aprobado outras axudas de apoio ao deporte da provincia cun importe total de preto de

2 millóns de euros: 600.000 euros destínanse aos clubs que participan en competicións federadas de ámbito inferior a nacional, outros 775.000 euros

son para os que compiten no ámbito nacional, e por último, unha partida de 500.000 euros achégase para o deporte náutico (remo, vela e piragüismo).


8

Xornal 21 Xuño 2018

Mos

Canto Conto fixo as delicias dos máis pequenos

O festival organizado polas Maimiñas e Reviravolta Producións leva tres anos celebrándose como prato forte da programación infantil das Festas da Rosa A III Edición do Festival Canto Conto que se atopa incluído, como sempre desde o seu nacemento, na programación das Festas da Rosa, celebrouse “contando con dous momentos estelares nos que os cativos participante e as súas familias disfrutaron especialmente, que foron a actuación dos Titiriteros de Binéfar (Huesca) e a festa da auga, que fixo as delicias dos presentes nunha xornada na que o bo tempo e a calor foron os protagonistas”, explicaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro. A festa da auga que permitiu refescar a xornada de onte e que os nenos e nenas pasárano en grande foi posible grazas á co-

laboración de Rodrigo Iglesias, coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, que

A Louriña

A Comunidade de Augas Mina do Ferreiro de Guizán mellora as súas instalacións A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e concelleiros do equipo de goberno local visitaron a Comunidade de Augas Mina do Ferreiro en Guizán e comprobaron “o gran labor de coidado que está a facer nas suas instalación”s. Os representantes municipais, acompañados da directiva da Comunidade de Augas, puideron comprobar de primeira man os resultados dos traballos de mellora; acometidos grazas ás subvencións dos anos 2017 e 2018 do Plan Específico de Acción Comunitaria destinado a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Ademais trataron a finalidade da axuda que lles foi concedida con cargo a este mesmo Plan de Acción Comunitaria no presente 2018, e que ascende a un total de 10.764,78 euros, que non será outra que a realización de obras de mellora na traída de augas,

consistentes no cambio de 10 arquetas de formigón que, polo paso do tempo (teñen máis de 40 anos), atopábanse moi deterioradas presentando roturas. Ademais pretenden levar a cabo o arranxo do pozo de bombeo e a alambrada que o rodea. Polo tanto, as actuacións a realizar son: a retirada de 10 arquetas de formi-

gón deterioradas e substitución por outras novas do mesmo material ou de fundición, segundo necesidade; desmontar o peche do pozo de bombeo, retirando os escombros, e realizar de novo a cimentación, bloque de formigón, postes e tela metálica; e subministro e colocación de dous postes para tendido eléctrico.

garantiu a diversión mediante o líquido elemento cos camións motobomba do Concello.

Denuncian a conductores temerarios a carón da ludoteca de San Rafael

Mos investirá 51.400 euros en contratar a 6 desempregados grazas a axudas autonómicas Os contratados serán 4 peóns forestais e 2 socorristas

Un pai denuncia que, cando acudía a buscar a súa filla á ludoteca de San Rafael (Mos), sorprendeu a “un coche acababa de facer uns trompos na explanada que hai na entrada da ludoteca, derramando combustible e deixando marcas de neumático”-tal e como pode apreciarse nas imaxes-. O veciño asegura que estes coches “entran ou saen do bar que hai a 50 metros da ludoteca”. Este veciño amosa a súa preocupación polo perigo que supo-

ñen para os demais usuarios da vía e os peóns este tipo de conductores temerarios. “Calquera día un coche descontrolarase, atropellará a algún neno que entra ou sae da ludoteca e mátao” afirma preocupado. Os veciños piden a actuación contundente das autoridades locais competentes para poñer freo a este tipo de conductas incívicas de conductores ‘kamikaces’ que pensan que as estradas son un circuito de velocidade.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural para este ano 2018 e Mos se beneficia dela como único Concello Emprendedor. A administración local mosense contratará grazas a esta axuda autonómica a 4 peóns forestais, durante 9 meses, cun coste total de 45.000 euros. O obxectivo é impulsar o emprego no eido rural para incentivar a contratación de desempregados, durante 9 meses a tempo completo, para que realicen tarefas de silvicultura, biomasa ou limpeza de montes. E ademais os desempregados de Mos contarán cunha oportunidade para acceder ao mercado laboral. Os contratos teñen que estar relacionados coa valorización do

sector forestal, ao tempo que se priorizan nestes apoios aos Concellos Emprendedores. É dicir, tiveron prioridade no Aprol Rural as administracións locais que se adheriron ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para fortalecer a captación de investimento en Galicia, un acordo enmarcado dentro da nova Lei de implantación empresarial. Ningún Concello Emprendedor que solicitou a axuda quedou sen ela e, de media, recibiron ao redor de 22.000 euros máis que o resto de concellos beneficiarios (o dobre de axudas) e dous traballadores máis que o resto de municipios. Este é o caso de Mos, único da área. O Goberno galego priorizará

este ano máis de 80 millóns de euros para os Concellos Emprendedores a través de diferentes convocatorias de obradoiros e programas integrados de emprego, Aprol Rural e contratación de axentes locais de emprego; parques empresariais, viveiros industriais e biomasa; e apoios aos mercados excelentes e espazos activos de emprendemento.

MONITORES -SOCORRISTAS Por outra banda a Xunta subvenciónalle tamén ao Concello de Mos a contratación de dous monitores-socorristas para velar pola seguridade dos bañistas na piscina de San Eleuterio durante a tempada estival. O contrato terá unha duración de dous meses e o importe subvencionado ascende 6.400 euros.


A Louriña

Xuño 2018 Xornal 21

Mos

9

Ata o 25 o xuño aberta a inscrición no campamento ‘Mañás de Verán’ A concellería de Educación mosense que dirixe o edil Camilo Augusto recorda que ainda se atopa aberto o prazo de inscrición no campamento infantil estival Mañás de Verán. O campamento levarase a cabo nas instalacións do colexio Mestre Martínez Alonso (CastroMos), en horario de 9.00 a 14.30 horas. Os días 25 de xullo, 7 e 15 de agosto non haberá campamento, xa que son días festivos. O día 31 de agosto, realizarase unha festa, á que poderán asistir os nenos/as de todas as quendas. A inscrición atópase aberta ata o 25 de xuño, para todas as quendas.

InformaBANDOMOVIL incorpora 136 usuarios O Concello de Mos presentaba este mes na Axencia de Colocación a nova aplicación móbil municipal que leva por nome “Mos Informa-BANDOMOVIL” e que xa se atopa operativa e en funcionamento. Dende ese momento xa son 136 os/as usuarios/as que descargaron e instalaron a app nos seus teléfonos (114 usuarios de Andoid e 22 de IOS –Apple-) e 72 as visitas realizadas á web. Os usuarios rexistrados xa interactuaron na ferramenta municipal remitindo un total de 6 consultas, 5 propostas e 2 incidencias.

Recoñecemento ós éxitos deportivos das categorías base da Unión Deportiva Mos A Corporación Municipal mosense recibiu no Salón de Sesións do Concello aos nenos dos equipos Alevín, Prebenxamín e Benxamín da Unión Deportiva Mos “para recoñecer os bos resultados acadados na Liga que recentemente acaba de concluir”, segundo declararon a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo. Os xogadores, que veñen de realizar unha fantástica tempada,

Os alevíns ascenderon a Primera Autonómica e os prebenxamíns e benxamíns quedaron campións e subcampións de Copa, respectivamente acudiron á recepción acompañados dos seus pais e nais, do presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio, do director deportivo do club, Cristian Taibo, e dos seus adestradores. O equipo de alevíns quedou subcampión de Liga logrando o ascenso a Primeira Autonómica, máxima categoría nestas

idades. Pola súa banda os prebenxamíns e benxamíns, que xa xogan en Primeira Autonómica, quedaron campións e subcampións de Copa, respectivamente. Ambos xogaron a final contra o Val Miñor. Ademais os prebenxamíns disputaron a Fase Final do Campionato Galego quedando

en terceira posición. Presidente e director deportivo do club, Alonso Serodio e Cristian Taibo, destacaron que “o recoñecemento municipal dos éxitos deportivos acadados por estes cativos nesta última tempada ven a reforzar a aposta deportiva que dende a U.D. Mos facemos polas categorías base”.


10

Xornal 21 Xuño 2018

Mos rexistra a cifra de paro máis baixa dende fai trece anos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, informaron da "histórica baixada do paro que está a experimentar o municipio mosense, acadando índices de desemprego do ano 2005 e rexistrando a menor taxa de paro do Concello dende fai 13 anos". En maio de 2005 eran 1.041 as persoas en situación de desemprego existentes en Mos, fronte ás 1.022 rexistradas en maio de 2018. Fai 13 anos eran incluso 19 parados máis respecto dos que hai a data actual. A creación de emprego mosense estase producindo "a un ritmo notable, pois tan só durante o último ano a lista de desempregados descendeu en 208 persoas, o que representa unha baixada porcentual do 20,35%. En maio de 2017 eran 1.230 os parados mosenses e en maio de 2018, 1.022". Os representantes municipais Arévalo e Soto declararon a este respecto que “con estes datos constátase a recuperación do emprego no noso Concello, e por tanto a recuperación da actividade empresarial. A recuperación trasládase ao mercado laboral mosense e cada vez chega a un maior número de persoas. O mercado laboral mellora gradualmente e o emprego que se crea vai gañando progresivamente en calidade a medida que se asenta a recuperación”.

Mos

O Celta asina convenios cos clubs deportivos de Mos

A Unión Deportiva Mos e o Club Louro-Tameiga beneficiaranse en diversos aspectos da colaboración con equipo e Fundación celestes A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, Baldomero Lorenzo, e os presidentes dos clubs deportivos Unión Deportiva Mos e Club Louro-Tameiga, Pablo Alonso Serodio e Patricio Farrapeira, respectivamente, acudiron esta mañá á sede do Real Club Celta en Vigo para asinar sendos convenios co Presidente do R.C. Celta, Carlos Mouriño, e co Director da Fundación Celta, Germán Arteta. Cada un dos clubs mosenses asinou dous convenios de colaboración co Celta, un para a creación das Escolas Deportivas de Fútbol e outro para a posible incorporación de xogadores de diferentes categorías da U.D. Mos e do Club Louro aos equipos de Fútbol Base do Real Club Celta. No caso dos convenios para a creación dunha Escola Depor-

21 cativos participaron no obradoiro de cociña do Colexio de Atín O alumnado de 5º de Primaria do CEIP Atín-Cela impartiu na Ludoteca de San Rafael un taller de repostería promovido pola concellería de Participación Cidadá, no que participaron un total de 21 nenos e nenas mosenses. Os escolares do Colexio de Atín están a demostrar que, ademais de pequenos grandes xornalistas, son uns magníficos cociñeiros. Recentemente fíxose público que os cativos do CEIP Atín-Cela gañaron dous segundos premios no concurso de Faro da Escola: Mellor Xestión de Negocio e Mellor Uso Audiovisual e de Novas Tecnoloxías, polo traballo realizado de confección dun xornal no que incluíron unha entrevista á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, redactada polos alumnos/as de 5º curso. O proxecto do xornal foi levado a cabo conxuntamente entre os alumnos

A Louriña

e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria e nel participou todo o alumnado do colexio. Pois ben, agora estes rapaces e rapazas do CEIP Atín-Cela conti-

núan a despuntar organizando conxuntamente coa concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro, un obradoiro de cociña no que prepararon receitas incluídas nun libro escrito por eles mesmos, que leva por título “Recetas para caerse muert@” e que está inspirado na obra de Ledicia Costas, “Escarlatina a cociñeira defunta”.

tiva e de Fútbol, mediante a súa sinatura a Fundación Celta comprométese a organizar unha escola de fútbol entre os meses de agosto e xuño de cada ano, desde a categoría prenemxamín á categoría infantil; con clases que se desenvolverán de luns a venres en horario de 17.00 horas a 21.00 horas. A Escola realizarase no máis alto standard de actuación da Fundación Celta coa estruturación das sesións de adestramento enfocada a conseguir unificación de ideas e modelo de xogo. Implantarase a metodoloxía do modelo de tecnificación baseado en Categorías Inferiores do Real Club Celta e fomentarase a xeración de hábitos (escola de valores, nutrición, dirección de equipos...) así como obradoiros de formación continua a partir dunha implantación metodoló-

xica característica do R.C. Celta. Haberá un responsable específico do departamento de coordinación deportiva do R.C. Celta para o control e seguemento do traballo realizado nos clubs mosenses e este monitor estará nas sesións de adestramento dos clubs alomenos unha vez á semana. Os adestradores/monitores dos clubes de Mos tamén asistirán aos adestramentos do fútbol base do Celta en A Madroa para ver in situ e/ou participar activamente nas sesións. Sempre permanecerá aberta unha canle de comunicación continua entre os clubes e o Celta para a valoración de accións comúns ao longo da tempada. O convenio de Escola Deportiva e de Fútbol ten unha duración de tres tempadas, 2018-2019, 2019-2020 e 20202021, prorrogable.

Por outra banda, no caso dos convenios para a posible incorporación de xogadores de diferentes categorías da U.D. Mos e do Club Louro aos equipos de Fútbol Base do Real Club Celta, estes nacen do interese do Real Club Celta nos xogadores que os clubs mosenses veñen formando nas súas diferentes categorías e que o club celeste estaría interesado en incorporar aos seus equipos de Fútbol Base. Coa sinatura destes convenios Unión Deportiva Mos e Club Louro Tameiga poñen a disposición do Celta aos xogadores adscritos aos seus equipos federados correspondentes ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. A posta a disposición dos xogadores necesitará sempre do consentemento do club de orixe, dos xogadores e dos seus pais e/ou titores.

Empresarios de Mos subscriben o contrato de explotación da súa escola infantil A Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) subscribiu xa o contrato de explotación da futura gardería que se situará no polígono da Veigadaña. “Entendemos moi necesarios dar este servizo, do que detectamos unha importante demanda da comunidade empresarial, axudando así á conciliación laboral e familiar da traballadores da área industrial”, indica Francisco Domínguez, xerente de Aemos. Con todo, o acceso á escola infantil non está restrinxido aos asociados, quen con todo “si obterán diferentes bonificacións sobre o resto de usuarios”. O centro contará con dúas aulas máis das previstas, é dicir, un total de cinco, albergando a un máximo de 82 usuarios. Nos últimos días Aemos asinou coa empresa Gobe Decaba o acordo para prestar o servizo da escola infantil, que se fará seguindo as directrices da franquía nacional Trastes. “Bilingüismo real, comunicación coas familias e proxecto educativo propio é o que nos diferencia de calquera

outro modelo”, explica Óscar Fraga, responsable de Trastes, unha marca cento por cento galega presente en diferentes puntos da xeografía nacional e que na provincia de Pontevedra a de Mos sería a segunda escola infantil que o implantaría. Introdúcese o inglés a través do traballo diario co alumnado: nas cancións, na asemblea diaria, con expresións cotiás... “achegámonos ao idioma de forma natural todos os días e é que o idioma por onde primeiro entra é por oído por iso é polo que desde o persoal docente ata o de cociña falen as dúas linguas. Incluír o inglés na aula ten por obxectivo incrementar aínda máis todas as capa-

cidades de comunicación, pensamento lóxico e coñecemento da contorna social, proporcionando aos nenos novas formas de expresarse e comunicarse, contribuíndo así ao seu desenvolvemento integral”. O proxecto educativo “é innovador, en continua evolución e inclúe toda unha gama de materiais didácticos propios, desenvolvidos por un equipo de profesionais especializados en educación infantil” explican. Nel establécense os obxectivos educativos concretos para cada grupo de idade que son estimular o desenvolvemento das capacidades intelectuais, motrices, sociais e emocionais dos nenos; potenciar a creatividade, o interese e a curiosidade por descubrir; garantir a súa seguridade e cubrir as súas necesidades fisiolóxicas; transmitir hábitos que lles permitan conseguir autonomía, seguridade e facilítenlles a adquisición de novas aprendizaxes na súa evolución persoal e potenciar a convivencia, xa que favorece a igualdade entre sexos, culturas e capacidades físicas e psíquicas.


A Louriña

Xuño 2018 Xornal 21

O Porriño

11

O Goberlo Local xunto con hostaleiros e Acipor organizan o ‘1º Pinchoneno’ Tería lugar os días 14 e 15 do mes de setembro coincidindo coa antesala das festas locais

A alcaldesa pedirá a Ábalos a eliminación do paso do tren polo centro A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de remitir unha carta ao novo ministro de Fomento, José Luis Ábalos, na que solicita unha xuntanza dos voceiros da Corporación con él coa finalidade de tratar a supresión do paso do tren polo centro da vila. Na carta a alcaldesa subliña que “ata hoxe as xestións realizadas con ADIF e o Ministerio de Fomento do anterior Goberno non son non deron froitos senón que xeraron entre os responsábeis político locais e os veciños un considerable enfado polo trato recibido e pola falla de vontade política para acometer este proxecto”. Eva García de la Torre sinala

que o pasado 1 de xuño O Porriño foi escenario dunha concorrida manifestación esixindo a Fomento a eliminación do paso a nivel e lembra que O Porriño está reclamando dende 1948 que o tren deixe de pasar polo casco urbano, onde chega a velocidades de 140 quilómetros por hora, transitando a moi preto de edificios de vivendas e da praza de abastos, e subliña que en setembro de 2016 no Porriño houbo un accidente no que morreron catro persoas e outras 50 resultaron feridas de distinta consideración. A alcaldesa adxunta a esta comunicación a carta enviada o 23 de abril, e que non obtivo resposta, ao anterior titular de Fomento, Íñi-

go de la Serna, na que facía un resumo da actuación de ADIF nos anos anteriores (dende a xuntanza cos seus directivos en Madrid en setembro de 2015, pasando pola visita a O Porriño da directora de Infraestruturas deste organismo e finalmente, a dunha delegación o 12 de abril, “sen ningúns resposta concreta e limitándose a expoñer a partida de 800.000€, incluída no borrador dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 para a realización dun estudo previo para a supresión do paso a nivel sen ter en conta o proxecto de 2007, modificado en 2011, sobre a ‘saída sur’ que caduca en novembro deste mesmo ano”).

A campaña de loita contra a Vespa Velutina conquire eliminar a 25.000 raíñas A campaña de loita contra a ‘Vespa Velutina’, que comezara a mediados do mes de febreiro, e que consistía en repartir 500 trampas -300 máis que o ano pasadoe 175 litros de líquido atraínte deste insecto, en todas as parroquias do Porriño, deu coma resultado a eliminación de máis de 25.000 exemplares de raíñas. Hai que lembran que a finais da campaña do 2017, as trampas lograran acabar con algo menos de 4.000 raíñas, polo cal o concelleiro de Medio Ambiente, Marcelino Coto, non dubida en cualificar o resultado deste ano de “espectacular”. Hai que lembrar que nesta campaña o Goberno local optara por involucrar ás veciñas e veciños dirixidos por avicultores, coma José Pampillón, Antonio Pérez

Oliveira e José Porto, que foron os encargados de que houbese, a ,lo menos, dúas persoas en cada unha das parroquias que colocasen as trampas nos lugares máis acaídos de cada unha, se asegurasen que tiñan sempre o atraínte, controlasen o número de exemplares que caían nos mesmos e, ao final da campaña, recuperasen as tram-

pas, que poderán empregarse, de novo na vindeira campaña. Os tres subliñan que a colocación das trampas, “algunhas delas ata a 40 metros de altura”, fíxose “no momento e nos lugares axeitados: dende mediados de febreiro a principio de maio e onde hai flores da camelia, que é a onde acoden a velutina estes meses”.

O Concello do Porriño está a traballar na iniciativa de participación infantil e adolescente, enmarcada na candidatura do Porriño ao recoñecemento de ‘Cidade Amiga da Infancia’, de UNICEF, que trata de facer un concello máis transparente e próximo, pero sobre todo pretende coñecer as opinións, intereses e necesidades dos veciños e veciñas máis novos, co compromiso de que estas serán atendidas. Froito deste traballo é a creación do ‘Consello Municipal de Infancia’, que representa a tódolos nenos, nenas e adolescentes do Porriño e que acordou no último Pleno, entre outras iniciativas, a realización de un Pinchorriño Infantil, que se chamará “Pinchoneno’. O “Pinchoneno’, que tería lugar os días 14 e 15 do mes de setembro, de 7 da tarde a 10 da noite, coincidindo coa antesala das festas locais, foi unha proposta que saíu dos propios escolares e que logo de ser traballada nas aulas, e debatida, foi aprobada por unanimidade no Pleno infantil do pasado mes de abril. O Concello quere atender e darlle resposta a esta iniciativa que serviría para reforzar a nosa candidatura ao recoñecemento outorgado por UNICEF e para isto, precisaríamos contar coa participación e colaboración do seu colectivo. Aqueles hostaleiros que decidan sumarse a esta iniciativa e

colaboren no proxecto, serán recoñecidos a nivel local pola distinción que se lles otorgará desde o Concello coma ‘Socios impulsores do 1º Pinchoneno’, informando de dita distinción a Unicef , o dereito a publicidade conxunta e cartelería e poder dispoñer do invitado - Participante do programa de televisión Master Chef - para a visita ó seu local e promocionar ó seu pincho durante os dous días que dura a actividade. O Goberno local confía no compromiso do sector hosteleiro do Porriño coa infancia, apoiando esta iniciativa xurdida dende os propios nenos e nenas porriñeses e que sen dúbida contribuirá a incrementar a imaxe e prestixio da nosa vila a nivel gastronómico e hostaleiro, involucrándonos todos para situar a O Porriño como un referente no respecto e atención aos dereitos dos nenos e das nenas. Os hostaleiros e hostaleiras interesados en en participar ou en recibir máis información poden dirixirxe aos seguintes teléfonos: 986337624 de 15:0019:00 horas.- OMIX do Concello; .- 986334000 de 9:30-14:00 horas, Asociación de Comerciantes e Industriais deo Porriño (ACIPOR), ou contactando con José Manuel Fernández, presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño. O prazo de inscrición remata o mércores día 20 de xuño.


12

Xornal 21 Xuño 2018

O Porriño

Empezan as obras para levar o rede municipal de abastecemento a todas as vivendas do barrio do Contrasto

Estan sufragadas íntegramente polo Concello do Porriño cun investimento de 350.000€

Preto de 350.000€, que son sufragados na súa totalidade polo Concello, son os que se investirán en levar a rede municipal de abastecemento de auga ao barrio do Contrasto, en Torneiros. As obras, que se axustan exactamente ás instrucións da Dirección Xeral de Saúde Pú-

O Concello, lembra a alcaldesa, asumiu ata hoxe a totalidade dos custos das accións que se levaron a cabo no Contrasto: o subministro de auga para o consumo diario,a colocación nas vivendas afectadas depósitos de 1.000 litros -nalgún caso ata dous-“que se enchen cando o demandan as veciñas e veciños”; a contratación dos servizos dunha empresa especializada en tratamento da terra na que apareceron restos de lindano, “seguindo as indicacións, criterios e normas do Servizo de Xestión de Residuos e da Administración Autonómica”, ou o dobre asfaltado da zona na que se realizaron as obras do saneamento no seu día. Polo que respecta ao proxecto para levar a rede municipal de saneamento ata O Contrasto, o Consorcio de Augas do Louro, do cal a alcaldesa do Porriño é a presidenta, rematara o mesmo no pasado mes de decembro, apenas un mes despois de que aparecesen os restos do lindano, e presentouse á Xunta para a súa avaliación e autorización.

blica, dependente do Goberno de Galicia, comezaron esta mesma semana e, segundo salientou a alcaldesa, Eva García de la Torre, estarán rematadas no prazo de 3 meses o cal suporá que a finais do verán “todas as vivendas desta zona do Porriño terán auga da traída”.

García dela Torre cumpre deste xeito o compromiso, persoal, que asumira coas veciñas e veciños afectados logo da aparición de refugallos de lindano, tal e coma asegurara nas diferentes xuntanzas que mantivo con eles ao longo dos meses pasados.

O PP denuncia que "o Goberno Municipal renuncia ás axudas para a prevención de incendios" "O Goberno Municipal do Porriño continúa facendo unha política en contra dos intereses dos cidadáns para beneficiar a empresas privadas, gastando o que non ten e endebedando ao Concello" explican dende o PP local. "Pese ao elevadísimo e inxustificado gasto en desbroces e limpeza viaria, máis de tres millóns de euros que están a ser investigados xudicialmente, a coalición PSOEUDDL segue apostando pola privatización destes servizos, contratando empresas privadas a para a limpeza e mantemento dos viais municipais, mentres o persoal propio e a maquinaria municipal está

parada e sen funcións. A barredora e o tractor propiedade do Concello permanecen aparcados mentres os porriñeses e porriñesas pagamos para que empresas privadas dispoñan a súa maquinaria e persoal para estes traballos" aseguran dende o PP local nun comunicado. Segundo os populares "chama a atención a incapacidade do Goberno do Porriño para optimizar e xestionar os recursos propios e públicos escudándose na loita contra lume e a prevención. O executivo PSOE-UDDL renuncia ás axudas autonómicas que lles corresponden para a defensa contra os incendios forestais”.

A Louriña

Doazón de Sangue no Porriño o 28 e 29 de xuño A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias. Unha destas unidades móbiles desprazarase ata O Porriño e estará diante da Cafetería ‘Scala’, na rúa Domingo Bueno, o vindeiro xoves , día 28 de xuño, e o venres, 29, de 16:00 ás 21:00 horas.

A ‘2ª Andaina dos Sentidos’ celébrase o vindeiro domingo día 1 de xullo A ‘II Andaina dos Sentidos’, programada para o pasado día 10 de xuño e que finalmente tivera que ser aprazada por mor do mal tempo, xa ten nova data: será o vindeiro domingo 1 de xullo. Hai que lembrar que a mesma forma parte do ‘Proxecto de Prevención de Drogo-dependencias 2018-2019’, que está impulsada pola concellería de Formación e Emprego de Salceda de Caselas, que dirixe Loli Castiñeira, e pola de Benestar, Emprego e Igualdade do Porriño, que ten á fronte a Soledad Girón, e que conta coa subvención da Xunta de Galicia. As familias de Salceda de Caselas e do Porriño que queiran participar nesta andaina que descorrerá polo medio da natureza, aínda poden inscribirse chamando ao teléfono 679151574.


Xuño 2018 Xornal 21

Publicidade

San Bieito O Porriño

n

2018

13


14

Xornal 21 Xuño 2018

Salceda de Caselas

Para o PP, "o Bipartito da Deputación é un goberno ao que "lle faltan os feitos"

O deputado do grupo provincial do Partido Popular e presidente local do partido en Salceda, Santiago Rodríguez Davila, reuniuse cos alcaldes e voceiros do PP do Partido Xudicial de Tui para interesarse polas necesidades e demandas dos seus concellos.

Todos coinciden en denunciar que "este Bipartito da Deputación é un goberno de moita publicidade, moitos titulares, moitas mentiras e moi poucos feitos". Santiago Rodríguez explica que "hai xusto un ano, PSOE e BNG anunciaron na Deputación

investimentos de 22 millóns de euros en 2017 para actuacións en un total de 29 estradas provinciais, pero a realidade é que a día de hoxe, doce meses despois, só gastaron 2,4 millóns en pequenas actuacións en 13 delas”. “Que pasou co resto? Xa non

son necesarios os investimentos? Si, claro que son necesarios, nesas e noutras tantas estradas provinciais que levan tres anos abandonadas á súa sorte, pero este é o Bipartito dos anuncios e non dos feitos, son incapaces de executar o que prometen”, engade. Como exemplo, Davila recorda que este Goberno da Deputación bateu récord en 2017 ao deixar sen executar máis da metade do orzamento da institución provincial. Así, dos 152 millóns de euros que había no orzamento provincial de 2017, só se executou o 49%. “Esta cifra fala por si soa. As palabras baleiras demóstranse con feitos, e a conta xeral da deputación do ano 2017 demostra con datos contundentes que PSOE e BNG son incapaces de xestionar de forma eficaz e eficiente o diñeiro de todos os pontevedreses”. Ademais, Davila recorda que "ano a ano estase incrementando o diñeiro da caixa da Deputación, e neste caso baten tamén récord este ano porque teñen 163 millóns de euros sen gastar”. Así, sinala que “as administracións non teñen que aforrar, o que teñen que facer é xestionar

A Louriña

os fondos que reciben e canalizalos cara máis investimentos, recursos e servizos para os concellos. Polo que non ten sentido que a Deputación deixe ano tras ano todo este diñeiro sen gastar, iso quere dicir que non están xestionando eficazmente. O que terían que facer é destinar e redistribuír practicamente o cen por cento do que reciben entre os concellos, que esa é a función da Deputación”. Con estas cifras, os populares lamentaron que "a día de hoxe Carmela Silva non destinase nin un só euro da Deputación en axudas para paliar os danos da vaga de lumes de outubro nos concellos da provincia. Seguimos esperando a que nos aclaren onde están os 90 millóns de euros que ían repartir entre os concellos afectados,”, recorda o popular. “Hai cartos” para poder facer fronte a esta ou outras axudas, “o problema é que non hai vontade real”. Nesta liña, engade, “este Goberno e esta presidenta levan tres anos de discursos baleiros de contido, con moitas palabras e anuncios que buscan un impacto mediático, pero con moi pouca xestión”.

Obras de mellora da seguranza viaria na estrada provincial de Cerquido-Borraliño en Salceda de Caselas O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que a empresa adxudicataria rematou o pintado da sinalización horizontal O Departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra encara xa a recta final das obras de mellora da seguranza viaria na estrada provincial Ep2503 entre Cerquido e Borraliño no Concello de Salceda de Caselas. Segundo explicou o deputado provincial Uxío Benítez, a empresa adxudicataria (Covsa) está a finalizar os traballos de aglomerado e o pintado da nova sinalización horizontal, que marcará os novos carrís de incorporación na intersección do lugar de Budiño, polo que "a Deputación cumprirá unha demanda histórica do Concello". A actuación nesta vía provincial en Salceda de Caselas fora unha prioridade que o alcalde trasladara tanto ao anterior Goberno provincial como ao actual deputado de Mobilidade, xa que o acceso supoñía un punto negro

para o tráfico rodado, destacando pola súa alta sinistralidade. No lugar, de feito, conflúen a estrada provincial e outras vías municipais que dan acceso a diferentes puntos de centralidade: o polígono industrial de O Cerqueiro, o centro cultural de Budiño, a área recreativa de O Coto, o CRA Raíña Aragonta, o parque etnográfico, e a igrexa e cemiterio de Budiño. O novo Goberno provincial deu o visto bo deseguido tras a petición, e o Departamento de Mobilidade redactou o proxecto con urxencia, mais o inicio das obras demorouse debido á presentación de alegacións por parte das persoas propietarias dos terreos expropiados para ampliar o cruzamento. Unha vez solventadas estas complicacións e aprobado definitivamente o proxecto (cun orzamento de licitación de 115.745 euros), os traballos co-

mezaron no mes de abril e rematan xusto no prazo establecido: dous meses. O proxecto para resolver a intersección incluíu a creación dunha nova área pavimentada para delimitar novos carrís de incorporación e agarda no cruza-

Regades asiste en Salceda de Caselas á inauguración da área recreativa de Rubás O deputado de Cooperación, David Regades, asistiu o pasado día 16 en Salceda de Caselas á inauguración da área recreativa de Rubás, unha actuación financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cunha achega de 45.169,03 euros. O ob-

xectivo do proxecto foi recuperar unha zona pública para usos recreativos, aproveitando os elementos naturais existentes, realizando traballos de acondicionamento do terreo e introducindo as obras necesarias para un mellor aproveitamento do espazo.

O Plan Concellos da Deputación destinou o ano pasado a Salceda de Caselas preto de 640.000 euros. Neste ano, a institución provincial incrementou a contía aportada nun 75,4 %, polo que ten posto a disposición deste municipio algo máis de 1,1 millón de euros.

mento. A maiores da ampliación da plataforma, corrixíronse os peraltes tendo en conta o alto número de camións que pasa pola zona cara ao polígono industrial de O Cerquido, e implantáronse dous elementos redutores de velocidade en forma de pasos de

peóns sobreelevados en ámbolos extremos de actuación, limitando a velocidade a 30 quilómetros hora. Tamén se instalou novo alumeado, potenciándoo na zona de cruzamento con sete novas luminarias tipo led e retirando as catro anteriores.


Publicidade

XuĂąo 2018 Xornal 21

15


16

Xornal 21 Xuño 2018

Mondariz | Mondariz Balneario | As Neves | Salvaterra de Miño | Ponteareas

O Condado

Lazoiro pídelle a Sanidade e Concello que garantan a salubridade da auga de consumo no concello A Escola de Música de Xinzo abre a súa matrícula para o curso escolar 2018/2019 Recentemente a asociación Lazoiro recibiu un escrito da Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade no que fai a seguinte mención: “En relación a praia de Cordeiro, un informe da Confederacion Hidrográfica Miño-Sil, pon de manifesto a existencia de verteduras de augas residuais a 350m augas arriba da zona de baño, o que pode supoñer un perigo obxectivo para os bañistas, polo que o Concello de Salvaterra de Miño deberá sinalizar a zona como non apta para o baño, mentres non realicen as xestións oportunas para que os vertidos dos

núcleos situados augas arriba incorporen sistemas de desinfección aos tratamentos de depuración das súas augas residuais”. Esta información fai saltar a alarma na asociación Lazoiro cando os veciños da zona do Cordeiro lles confirman a esta asociación que o concello de Salvaterra na zona intermedia entre a praia fluvial do Cordeiro e lugar dos vertidos 350m augas arriba está collendo auga do río para o abastecemento por medio dun bombeo que a envía ao deposito do monte do Castelo do que se abastece o municipio.

A asociación Lazoiro acaba de dirixirse ao Concello de Salvaterra, Consellaría de Sanidade e Confederación Hidrográfica Miño Sil para que se garanta a salubridade da auga de consumo no concello de Salvaterra e se procedan a efectuar as obras necesarias para rematar cos vertidos de augas residuais ao río Tea na zona do Cordeiro. Tamén se lle pide ao concello de Salvaterra tal como indica a consellaría de Sanidade se proceda a sinalizar a zona de baño do Cordeiro como zona non apta para o baño mentres continúen os vertidos.

Mondariz adherido xa á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística Mondariz súmase aos 67 concellos galegos adheridos á Axencia Pública de Legalidade Urbanística (APLU), organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que naceu hai dez anos co obxectivo de axudar aos municipios a velar pola protección do territorio e o respecto á legalidade vixente. A adhesión do Concello de

Mondariz á APLU será efectiva logo da publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio que este mes referendaron a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o rexedor local, Xoán Carlos Montes, e en virtude do cal encoméndaselle á axencia as competencias municipais en materia de disciplina urbanística. Así, mediante este conve-

nio o organismo autonómico asumirá os traballos de inspección, supervisión e restablecemento da legalidade urbanística establecidas nos artigos 152 e seguintes da Lei do Solo de Galicia, en relación coas obras e usos do solo que se executen no ámbito do Concello de Mondariz sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións.

A Escola de Música de Xinzo abre a súa matrícula para o curso escolar 2018/2019 que dará comezo o día 1 de setembro ás 20:00h coa elección de horarios nas instalacións da Escola de Música, situadas no Centro Cultural de Xinzo. O período de matriculación rematará o vindeiro 31 de xullo

para o alumnado que continúa estudos e ata o 31 de agosto para os que inician estudos. A matrícula poderase enviar por correo electrónico (pdf recheable) ou entregarse de forma presencial no buzón da oficina da Banda de Música, situado na planta -2 do Centro Cultural de Xinzo.

Un libro que recolle a mirada artística de 15 fotógrafas e fotógrafos sobre o impacto dos lumes forestais nas Neves O volume leva por título Extinción e inclúe un texto do escritor Xabier Queipo Extinción é precisamente unha palabra que, aínda que poida referenciar o traballo preciso para apagar a vaga de lumes que sufriu o sur da provincia, tamén debe facer referencia a que non se debe extinguir o espírito solidario que o pobo galego intrinsecamente ten e que sobresae ante as adversidades ambientais e sociais tan duras que levamos padecido ao longo da nosa historia". Así define Xosé Leal, o deputado de Cultura e Lingua, a natureza do libro que recolle a mirada artística de 15 fotógrafas e fotógrafos do Colectivo Latente e un texto do escritor Xabier Queipo e que será presentado o vindeiro domingo ás 19 horas no Auditorio das Neves. A presentación deste traballo, que precisamente se titula Extinción, enmárcase nun acto institucional co que o Concello das Neves quere agradecer e recoñecer o labor de todas as institucións e persoas voluntarias e doantes que contribuíron á normalización da vida no concello despois dos estragos padecidos a causa da vaga de lumes do pasado mes de outubro.

Para realizar Extinción as e os 15 artistas achegáronse aos lugares das Neves afectadas polos incendios e deitaron a súa mirada singular sobre os efectos que o lume causou no territorio, no patrimonio e nas persoas. O resultado é un compendio de imaxes diversas e desde ópticas moi persoais e diferentes que, en conxunto, ofrecen un percorrido poliédrico e de gran fondura emocional e psicolóxica. As fotógrafas e fotógrafos que achegan o seu traballo artístico a este volume son Alana Murinelly, Alberte Maceira, Alberto Granada, Alessander Ochoa, Cé Tomé, Cristina Brea, Eutropio Rodríguez, María Arias, Puri Díaz, Rafael Juliana, Rocío Álvarez, Rubén de Torres, Sandra MG, Sara Âlver, e Xabier Queipo. Este último achega ademais un texto introdutorio que baixo o título "Lume no corazón, xeo nas veas" pon letra á problemática dos lumes na Galiza tanto desde unha perspectiva persoal e de recordos familiares da infancia como desde un ángulo máis político e analítico.


Val Miñor

Xuño 2018 Xornal 21

Nigrán | Gondomar | Baiona

As fontes recuperan a potabilidade despois dos incendios As novas análises encargadas polo Concello de Nigrán das fontes de todo o municipio revelan que a maioría das situadas nas parroquias de Camos e Chandebrito xa son aptas para o consumo (tralos incendios de outubro o Concello detectou que máis do 50% delas eran temporalmente non potables debido aos estragos do lume). En total, analizaronse 36 fontes nestas parroquias e só 6 aínda non son actualmente aptas (Escampado, Levada, Reboreda e Río en Camos;

Pracíns de abaixo e Regueiro en Chandebrito). Entre as recuperadas figura Fonte da Cruz, Borreiros, Tomadas ou o Castro. Tralo

incendio do 15 de outubro e, debido á forte seca, só se puideron analizar 21 manancias. Esta información foi trasladada xa ás entidades veciñais das parroquias e o Concello procederá inmediatamente a sinalizar cada unha delas, repetíndose periodicamente as análises para manter unha información actualizada. En calquera caso, pídeselle á veciñanza que preste atención á sinalización e non beba mentres se indique unha fonte como non apta para consumo.

Baiona terá o seu primeiro mural urbano da man de Lula Goce Baiona terá o seu primeiro mural urbano e o Concello de Baiona ha decido encargarllo ao seu a artista con maior proxección internacional do momento, Lula Goce. O Consistorio aposta pola arte urbana e encargará á artista baionesa pintar un dos seus famosos murais nunha parede situada na intersección da rúa Laureano Salgado coa recentemente humanizada Marqués de Quintanar, xusto na nova zona de esparexemento e recreo que se creou tras a humanización. A arte urbana é aquel que comunmente vemos en muros en distintas partes das cidades. Algunhas destas pinturas son moi orixinais xa que os artistas poden expresar a súa maneira de pensar a través dos debuxos ou imaxes, e Lula Goce é unha mestra neste campo. O tamaño da parede no que Lula deixará o seu sinal é de 70 metros cadrados.

17

Nigrán estrea un punto limpo móbil

A concesionaria da recollida de lixo, Cespa Ferrovial, estrea estea semana punto limpo móbil que percorrerá tódalas parroquias do municipio co obxectivo de facilitar á veciñanza a reciclaxe de pequenos residuos especialmente contaminantes sen necesidade de desprazarse ao punto limpo fixo situado na rúa Gándara. Este punto móbil, pioneiro

en toda a comarca, consiste nun remolque habilitado ex-profeso para poder depositar en compartimentos diferenciados pequenos electrodomésticos, pilas, aceite, halóxenos, baterías, radiografías ou aerosois, residuos que se xeneran en tódolos fogares en pequena cantidade pero que raramente os cidadáns achegan ata o punto limpo fixo pese a súa alta toxicidade.

O Monte Real Club de Iates cumpre seis anos normalizando a diversidade funcional

Arrancan as obras na contorna do castro de Chandebrito O delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, puido comprobar de primeira man o bo ritmo dos traballos que se están a executar na contorna do Castro de Chandebrito no Concello pontevedrés de Nigrán. Unha actuación á que a Consellería de Medio Rural destina 64.432,46 euros e que responde á proposta técnica encargada á Universidade de Vigo. Despois do informe elaborado pola ETSE de Minas e Enerxía que descartaba a existencia dun “perigo inminente” e e unha vez recompilados os datos básicos de topografía, xeoloxía, xeotécnica, sísmica e meteoroloxía os

autores do estudo propúxeron unha serie de actuacións que se están a levar a cabo. A actuación contempla a instalación de 100 metros lineais de barreiras dinámicas, separadas en dous tramos e cunha capacidade de absorción de enerxía de 500 quiloxulios. Ditas barreiras metálicas teñen unha altura máxima de tres metros, con postes cada 10 metros. Os traballos arrancaron na primeira semana de xuño, toda vez que se obtiveron as autorizacións necesarias para a intervención, correspondentes ás posibles afeccións a elementos patrimoniais no perímetro.

O Monte Real Club de Iates celebrou en Baiona os sextos aniversarios da súa Escola de Vela Adaptada, creada no 2012 co obxectivo de achegar o mundo da vela a persoas con diversidade funcional, promovendo así a súa integración na sociedade. Durante o últimos seis anos, máis de 300 alumnos con discapacidades físicas, psicosociais, cognitivas e sensoriais navegaron nos barcos adaptados do club grazas aos cursos de vela inclusivos que o Monte Real ha organizado co apoio de Fundación Repsol e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Deporte Galego. Mellorar o nivel físico e emocional das persoas con discapacidade, aumentar a súa autoestima, incentivar as relacións entre compañeiros, xerarlles motivación e que gocen en contacto directo coa natureza, achegándoos ao mar, son os principais beneficios que se conseguen con este tipo de actividades,

impulsadas desde a única escola do noroeste peninsular que funciona ao longo de todo o ano. Os últimos alumnos que pasaron polo Monte Real para participar no seu programa de “Vela para todos” son usuarios de asociacións como o Centro Juan María de Nigran, o Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela ou a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares ( ASEM Galicia). Asistiron a cursos de vela lixeira e cruceiro, fixeron travesías pola baía de Baiona e chegaron a participar en competicións de alto nivel como o Trofeo Príncipe de Asturias. Durante o evento, o presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, lembrou como a educación e o emprego foron, desde sempre, os dous alicerces básicos para chegar á plena inclusión social, e como o club apostou –dixopor un terceiro alicerce, o da práctica deportiva.


18

Xornal 21 Xuño 2018

A Guarda | o Rosal | oia | Tomiño | Tui

Baixo Miño

A Deputación adxudica a COVSA as obras da nova avenida-variante de Tomiño

Comeza a xestión de residuos previoa ao desentullo na zona afectada pola explosión de Paramos Esta semana contrátase a retirada do amianto na zona afectada pola explosión de Paramos. Unha vez adxudicado este traballo, cun orzamento que poderá superar os 300 mil euros, a retirada deste material contaminante realizarase dende a área máis alonxada do punto da explosión até chegar a zona cero, onde terase que contar coa autorización da xuíza que leva o caso. Tamén será contratado o estudio para xestión de residuos, documento preciso para poder levar a cabo o desentullo. Así o explicou aos afectados o alcalde, Carlos Vázquez Padín, na reunión celebrada no Centro Cultural de Guillarei, na que estivo acompañado polo concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e a traballadora social, Carmen González. O obxectivo do encontro foi informalos dos distintos pasos que se están a dar na xestión desta catástrofe e que “o concello está implicado ao máximo en axudalos e resolver o grave problema que teñen” mantendo unha interlocución directa cos veciños afectados, dicía Carlos Vázquez Padín. O goberno da Deputación de Pontevedra, que preside Carmela Silva informou ao alcalde, e ás distintas administracións “a total dispoñibilidade do executivo provincial para cambiar as prioridades marcadas polo Concello de Tui na súa relación de proxectos a acometer este ano 2018 con cargo ao Plan Concellos a fin de que ese diñeiro, cuantificado en 752.383 euros, poida destinarse a Paramos. Do mesmo xeito, Font sinalou que do Plan Concellos 2017 o goberno de Tui ten aínda sen executar un total de 735.881 euros que, igualmente, pode destinar á catástrofe. Amais, o deputado instou ao alcalde de

Tui a que utilice os fondos da Liña 1 do Plan de 2019, dotado para Tui con case 740.000 euros, diñeiro que precisamente adiantouse a este ano por si algún concello tiña emerxencias O deputado instou ao alcalde de Tui a que utilice estas axudas, cuantificadas en total en 2.727.982 euros, xa que é o goberno municipal que ten que marcar as prioridades da súa veciñanza no modelo de respecto á autonomía municipal que defende o goberno da nova Deputación. Pola súa banda o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou no Parlamento galego a orde que inclúe as axudas destinadas á recuperación da vivenda dos afectados pola explosión de Tui, e que vén a desenvolver o decreto aprobado polo Consello da Xunta a semana pasada. Na súa intervención, Rueda reafirmou o compromiso do Goberno galego con todas as vítimas, tal e como vén demostrando desde que se tivo coñecemento do suceso. Lembrou, neste sentido, que se habilitou un punto de atención aos afectados, que a Administración autonómica participa no gabinete de crise, e que se publicou un decreto de axudas en tempo récord. A orde “atende ás necesidades en materia da vivenda, un dos asuntos prioritarios para os veciños de Paramos. Estará dotada cun orzamento total duns 7 millóns de euros, e simplifica ao máximo a tramitación. Ademais, para facilitar a reconstrución, non esixirá o adianto dos cartos”. Tal e como se adiantou habilitaranse subvencións directas de ata 125.000 euros -incluído o enxoval doméstico- para quen perdera por completo a súa vivenda, que poderá reconstruírse no mesmo lugar ou noutro.

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que o orzamento final será de 1.920.116,65 euros A Deputación de Pontevedra adxudicou á empresa Construcciones Obras y Viales S. A. (COVSA) a construción das obras da nova avenida-variante de Tomiño que servirá para retirar o tráfico de paso do núcleo da vila. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou que a Xunta de Goberno provincial aprobou a contratación, que finalmente terá un orzamento de execución de 1.920.116,65 euros. Nos vindeiros días a empresa terá que asinar o contrato formalmente, presentar o seu Plan de seguridade e saúde para as obras, así como a acta final de reformulamento. Estes trámites coincidirán coa finalización do proceso de levantamento de actas para a ocupación dos terreos necesarios para a nova vía. Segundo explica o deputado de Mobilidade, persoal técnico da Xunta e da consultora responsable das expropiacións estiveron a pasada semana no Concello de Tomiño levantando as actas previas, que terán que resolverse definitivamente

SOS Tomiño-Baixo Miño cumpre dez anos A asociación asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño, cumpre o seu 10º aniversario. Para celebralo, organiza un xantar solidario co fin de “dar as gracias a todas as persoas voluntarias que colaboran coa entidade”. A comida solidaria terá lugar o día domingo 24 de xuño ás 13.30 horas no Colexio dos Maristas de Tui, seguindo a costume de ir alternándoa e facela cada ano nun concello diferentes. Poranse á venda 200 convites a un prezo de 20 euros para os adultos e 10 para os menores. Dende a asociación advirten que as persoas que non poidan asistir ao xantar, terán a posibilidade de mercar uns tíckets solidarios por valor de 5 euros.

para facer os pagos ás persoas propietarias. O deputado agarda que o proceso burocrático estea totalmente pechado o vindeiro mes de xullo para poder iniciar as obras, que terán un prazo de execución máximo de 12 meses. O proxecto da nova avenidavariante de Tomiño enlazará polo sur coa estrada provincial EP3102 e polo norte coa PO-344 (rúa Gondomar), proporcionando unha saída natural á rúa da República Arxentina e, de forma complementaria, ao camiño do Alivio e ao camiño da Pedra cara o leste do núcleo. Tamén enlazará coa futura Vía de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda. O trazado da nova vía esténdese durante 1.318 metros. A sección abrangue 16 metros de largo medio, 10 metros dedicados a unha plataforma de dobre sentido de circulación e seis metros dedicados a unha senda peonil e ciclista pola marxe esquerda e a unha separación intermedia coa calzada. Ademais, o proxecto complétase mediante o deseño das in-

terseccións co viario existente, incluíndo cinco glorietas. A primeira glorieta estará no punto 0+000. Serve de conexión da variante coa EP-3102, coa PO344 e coa rúa Gondomar, terá catro ramais de entrada e un radio de calzada de 18,65 metros. A segunda glorieta (no punto 0+230) serve de conexión da variante co camiño do Alivio, con catro ramais de entrada, un único carril de circulación e un radio exterior de 14,68 metros. A terceira glorieta (0+480) entronca coa avenida República Arxentina, que é un dos principais accesos ao núcleo do Seixo desde a PO-552. Terá dobre carril e un radio de 19 metros. Segundo explica o deputado Benítez, a intención é darlle a esta glorieta un "tratamento máis urbano e de calidade", seguindo o estilo e o deseño que terá no futuro a avenida República Arxentina, que o Concello quere peonalizar ata o edificio da casa consistorial con cargo ao programa provincial DepoRemse.


Motor

Xuño 2018

Xornal 21

19

Audi Q8: a nova imaxe da familia Q O Audi Q8 combina a elegancia dun coupé de luxo de catro portas e a versatilidade propia dun SUV de gran tamaño. Amplamente conectado, cun completo equipamento e preparado para a esixencia que supón poder rodar fose do asfalto, o Q8 é un perfecto compañeiro para as viaxes de lecer e negocio. O Audi Q8 lanzarase ao mercado europeo no terceiro cuadrimestre de 2018. Claro e distintivo: controis e pantallas Co concepto operacional MMI touch response no Audi Q8, pódese acceder a case todas as funcións a través de dúas grandes pantallas. A superior, de 25,6 cm

(10,1 polgadas), controla os sistemas de infotainment e de navegación. A pantalla inferior, de 21,8 cm (8,6 polgadas), permite ao condutor manexar as funcións de climatización, confort e de entrada de texto, mentres que a man do condutor pode descansar de forma cómoda e ergonómica sobre o selector do cambio.

El nuevo Jeep® Renegade 2019 revelado en el salón del automóvil de Turín

La marca Jeep® revela el nuevo Renegade 2019 por primera vez en Europa. La versión más reciente del Jeep Renegade presenta un aspecto renovado y nuevos motores. La ubicación se ha elegido para rendir homenaje al modelo que establece un nuevo referente en el segmento B-SUV combinando la legendaria capacidad todoterreno de la marca Jeep con dimensiones y un carácter perfecto para disfrutar de un estilo de vida urbano. El nuevo Renegade 2019 garantiza

que la marca Jeep se mantenga siempre a la vanguardia del mercado y de las demandas de los clientes.

Traballadores de PSA Vigo proban os exoesqueletos que lle axudarán no seu traballo O Centro de Vigo de Groupe PSA, coa colaboración de CTAG (Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia) e de MUTUA UNIVERSAL, está a realizar desde hai meses un estudo de dispositivos de asistencia física (exoesqueletos). Os exoesqueletos son dispositivos que facilitan asistencia á actividade muscular de determinadas zonas anatómicas a través de medios activos (con enerxía) ou pasivos (con redistribución mecánica a outras zonas musculares), contribuíndo así á prevención de trastornos musculo- esqueléticos. A colaboración das tres entidades enmárcase na importancia que Groupe PSA outorga á preservación da saúde e o benestar do conxunto dos traballadores e permite unha análise rigorosa e en profundidade sobre as achegas deste tipo de dispositivos. Groupe PSA achega a súa experiencia no proceso de fabricación en liña e nas melloras ergonómicas, os expertos internacionais en exoesqueletos da área de Procesos/Innovación de CTAG analizan a apropiación e eficiencia nos procesos e os ex-

pertos do Laboratorio de Ergonomía de MUTUA UNIVERSAL desenvolven as técnicas de medición neurofisiológica da actividade muscular por electromiografía de superficie e a análise de movemento 3D. Antes de iniciar as probas, estes expertos (médicos, ergónomos, fisioterapeutas, psicólogos e enxeñeiros) definiron conxuntamente uns protocolos metodolóxicos co fin de garantir a coherencia entre os resultados finais do estudo e os obxectivos buscados. Os protocolos constituíronse en varias fases sucesivas con probas a superar. Segundo o Responsable do Servizo Médico do Centro de Vigo, Dr. Jose Luís MartinezMurillo Méndez, “o primeiro que se lle pide a calquera dispositivo deste tipo é que supoña unha axuda para o usuario, facilitándolle a realización de determinadas tarefas, pero sen xerar efectos contrarios para o seu confort ou a súa saúde”. A Responsable de Ergonomía da planta, María Isabel Fontano Branco, explica que, por esta razón, “é importante realizar estudos previos antes de adoptar

este tipo de dispositivos, xa que non todos os dispositivos dispoñibles no mercado resultan adecuados para o confort e a saúde das persoas, ao mostrar máis inconvenientes para o seu uso que vantaxes (peso excesivo, incomodidade de uso, etc.)”. Os test realizados no Centro de Vigo inclúen varias fases obxectivas (medicións técnicas) e subxectivas (análises da percepción dos usuarios tras o seu uso). Ao final de cada fase de probas realízase un balance dos resultados que se concreta nunha decisión de “ GO” (continuar o estudo) ou “NON GO” (non continuar o estudo e descartalo). Actualmente, o Centro de Vigo está a realizar a fase final do estudo (test en liña de Montaxe) dun exoesqueleto, que asiste nas operacións con brazos levantados (postos baixo caixa), transmitindo as cargas (o propio peso dos brazos) ás cadeiras-pernas a través dun eixo vertical que fai as veces de columna vertebral. A finalización destes test está prevista para inicios do mes de xullo e os seus resultados serán compartidos co resto das plantas de Groupe PSA.


20

Xornal 21 Xuño 2018

Deportes

O Concello de Mos patrocina a nova equipaxe do equipo feminino da Unión Deportiva

A SCDA Matamá campioa dunha emocionante e igualada final da Copa Deputación Redacción Xornal21.es

Redacción Xornal21.es

A Corporación Municipal mosense recibiu no Salón de Sesións do Concello ás xogadoras do equipo feminino da Unión Deportiva Mos “para recoñecer os bos resultados acadados na Liga que recentemente acaba de concluir e para facerlles entrega da nova equipaxe coa que xogarán a partir de agora e coa que quixemos agasallalas por ser un auténtico exemplo de mulleres loitadoras e

cun gran espíritu de esforzo e superación, así como cunha inmensa capacidade de traballo”, segundo declararon a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo. As xogadoras, que veñen de realizar unha fantástica tempada, acudiron á recepción acompañadas do presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio, do director deportivo do club, Cristian Taibo, e do seu adestrador.

O U.D. Mos Feminino quedou 6º na Liga, sendo equipo nobel na categoría. E opta ao Premio de Equipo Revelación da Tempada 2017-2018. As xogadoras do U.D. Mos Feminino levan dous anos xogando en Fútbol 11. O ano pasado ascenderon e este ano quedaron en sexta posición na Liga. O equipo naceu fai catro anos e os dous primeiros xogaron en Fútbol 7 gañando a Liga os dous anos consecutivos.

Nun partido con título en xogo non hai inimigo pequeno nin é tan relevante a diferenza de categoría. A 90 minutos todo é posible, e o Umia achegouse a ese soño. As Viquingas de Barrantes plantaron cara a un conxunto vigués que buscou moito fútbol directo e que só se mostrou algo máis cómodo nos primeiros

minutos do segundo período. Matamá convertíase no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa Deputación tras A Oliveira (2016) e Sárdoma (2017). Na entrega de premios, o Matamá fixo o corredor ao Umia e as xogadoras do equipo do Salnés corresponderon co corredor ás campioas. Lección de clase. Todo ben.

As rapazas do Penedo Teimporta conquistan o bronce no IV torneo da liga Nacional Iberdrol Este mes tivo lugar, na Malata, en Ferrol, o IV torneo da 1ª División Nacional Iberdrola onde as nosas rapazas se mediron contra os mellores equipos do panorama nacional de kayakpolo. Despois de perder por un lixeiro marxe na semifinal que daba acceso a

O Club Deportivo Choco campión da Copa Deputación masculina de Fútbol Redacción Xornal21.es

Póker de títulos para o Club Deportivo Choco, que xa é equipo récord da Copa Deputación ao impoñerse no Lourambal, con excelente entrada, ao Agrupación

Estudantil (4-1). O equipo de Redondela era o favorito (un 3ª División fronte a un Preferente Norte) para sumar o seu cuarto título consecutivo e así o demostrou ao sumar a súa vitoria nú-

mero 25 no torneo provincial desde que iniciou a súa senda triunfal pola proba en 2015 e deixou sentenciada a final ao sexto minuto de xogo, o que tardou Pablo Couñago en marcar.

final A, remataron por impoñerse con autoridade na final B conseguindo finalmente o bronce. Sen dúbida, un gran resultado que non fai máis que confirmar o bo estado de forma das padexeiras do Penedo Teimporta poñendo o broche a unha gran tempada.

El Club Montaña Quixós vence en Ponteareas

El Club Montaña Quixós se hacía con el triunfo de la cuarta competición de la Liga Gallega de Promoción de Slalom Olím-

pico al sumar 195 puntos, por delante del Club Deportivo Miño con 148 puntos y el Piragüismo Penedo con 130 puntos.


Saúde

Xuño 2018

Xornal 21

21

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Os perigos de utilizar chanclas no verán

O calzado estival é divertido, fresco, cómodo e en aparencia inofensivo, con todo pode producir fascitis plantar, gretas e diversas lesións se se utiliza máis horas do necesario. Fisioserv, a primeira clínica de fisioterapia a domicilio, explica todo o que hai que saber sobre as ameazas que entraña o uso destas populares e queridas pezas estivais.

OS

RISCOS E DORES MÁIS COMÚNS

Fascitis plantar: prodúcese ao abusar das chanclas ou de zapatos planos (bailarinas, merceditas, etc). A fascitis plantar é unha inflamación e dexeneración de toda a fascia composta por tecido conectivo que vai desde o óso do talón ata os dedos. Estas estruturas das plantas dos pés desenvolven unha importante función biomecánica, xa que axudan á musculatura para manter o arco plantar, absorber e transmitir a enerxía durante o movemento ao resto da musculatura do membro inferior. Esta doenza adoita corrixirse cunha combinación de masaxe deportiva e exercicios diarios.

Dores de xeonllo, costas e cadeira: Utilizando chanclas o apoio á ponte do pé é limitado, o que co seu uso frecuente pode producir a quen as utiliza, molestas dores de costas, cadeira ou xeonllo. Lesións: o uso prolongado de chanclas pode, ademais da fascitis, producir lesións como, por exemplo, escordadura de nocello, pola nula suxeición que achegan. Rozaduras, bochas etc., excederse no uso de chanclas no verán pode causar abrasións nos pés e nos dedos. Estas feridas abertas fan que a persoa afectada sexa máis susceptible ás infeccións e aos xermes.

Dano solar: ao utilizar chanclas, o pé está exposto ao sol un gran número de horas, o que fai que se poidan queimar con moita facilidade. Xoanetes: cando se utilizan chanclas non se pisa da maneira adecuada, polo que un distribúe o peso do pé de maneira distinta, sobrecargando zonas que poden terminar crecendo por sobrecarga de esforzo.

Os problemas renais elevan a creatinina Os riles son os encargados de filtrala para a súa eliminación polos ouriños. A creatinina é unha substancia orgánica que se xera como consecuencia da degradación da creatina. Esta é un composto dos músculos. A enfermidade renal ou os problemas musculares poden aumentar os seus índices. Así mesmo, unha dieta inadecuada pode disparar os seus niveis Christian Pérez / Natursan

A creatinina perfílase como un composto que é o resultado final do metabolismo e indica como están a traballar os riles. Obtén proteínas a través do sistema sanguíneo. Por iso, os problemas renais ou musculares poden elevar os seus índices. Créase a través dos músculos e é un xerador de enerxía. O metabolismo e os riles determinan o seu funcionamento diario. Así, os seus valores poden variar cada día. O metabolismo controla o proceso de refugallos que se perden polos ouriños. Deste xeito, o aumento dos valores de creatinina é indicador de que os riles ou o aparello renal non están a funcionar de maneira adecuada. A proba que se emprega para determinar os niveis de creatinina é a análise de sangue, que se repite pasados uns meses. O especialista valora tamén a dieta do paciente, outro factor de risco para que suba esta substancia, así como se está a tomar suplementos nutricionais ou fármacos que poidan aumentar estes niveis. Outros síntomas que indican un exceso de creatinina Por unha banda, pódense atopar alteracións nos ouriños. Esta varía de cor, que pasará de ser rosado a avermellado. Ao mesmo tempo, aumenta a frecuencia da micción ou se experimenta dor ao ouriñar. No caso de que o aumento da creatinina débase a un dano renal grave, pódese observar escuma nos ouriños. Por outra banda, a persoa presenta fatiga e dor de cabeza, así

O Xenxibre axuda ao aparello dixestivo

O xenxibre, procedente do sur de Asia, é un froito que brinda múltiples beneficios. Entre eles destacan a mellora da dixestión e a prevención do estreñimiento. Así mesmo, mellora a circulación sanguínea e está indicado para previr o cancro de colon e ovarios. Trátase dunha raíz cunha forma moi especial e un sabor peculiar que se pode aproveitar para elaborar salsas, sopas, infusións, marinados, pratos principais, incluso algunhas sobremesas. Pero máis aló dos seus usos culinarios, atópanse as súas propiedades medicinais, xa descubertas por pobos antigos.

como náuseas, vómitos ou falta de apetito. Os picores na pel adoitan ser frecuentes e sente hinchazón en pés e mans. Ademais, pérdese peso sen razón aparente.

Causas engadidas para o seu aumento Ademais dos problemas renais, a creatinina pode aumentar por patoloxías musculares: lesións que provoquen a descomposición das fibras musculares, distrofia muscular, entre outras.

Así mesmo, un exceso de exercicio físico pode ser causa dunha desorde na creatinina. Igualmente ocorre se a persoa sofre alteracións nas vías urinarias. É o caso, por exemplo, de cálculos na vejiga, que impiden a súa correcta eliminación.

Cambios na dieta para reducila O recomendable en pacientes que sufran de creatinina elevada é que transformen a súa inxesta diaria e inclúan alimentos e bebidas saudables. En primeiro lugar, o paciente ha de levar a machada a recomendación de tomar polo menos cinco pezas ou racións de froitas, verduras e hortalizas frescas.

En segundo termo, ha de optar por alimentos diuréticos como a cebola, os espárragos, a piña ou as alcachofas. É aconsellable, doutra banda, que se beba a suficiente auga. O paciente ha de consultar co seu médico a cantidade de líquido que pode beber, xa que as persoas con enfermidade renal non poden tomar moitos fluídos. O consumo de proteínas, especialmente a carne vermella, está contraindicado porque contén creatina que, ao cociñala, transfórmase en creatinina. No seu lugar, recoméndase a carne branca ou magra como o pavo, o pito, o coello ou os peixes brancos, que tamén achegan proteínas. Suxírese que a persoa inxira máis fibra alimentaria. Esta non só equilibra o sistema dixestivo, senón tamén contribúe a reducir os niveis de creatinina. Por outra banda, quedan exentos da dieta os alimentos ricos en purinas como os legumes, as vísceras, os embutidos, o marisco ou o peixe azul. Por último, a alimentación poderá complementarse coa inxesta de infusións de determinadas plantas medicinais, cuxas propiedades axudan a mellorar a función renal. É o caso da cola de cabalo, a grama, o ginseng, o dente de león, a canela ou a manzanilla. En todo momento, o paciente haberá de consultar a adecuación coa medicación que está a tomar. En definitiva, combinar unha adecuada inxesta de líquidos cunha alimentación específica, sa e equilibrada é sinónimo dun equilibrio nos niveis de creatinina.


22

Xornal 21 Xuño 2018

Actualidade

Punto de lectura

Este mes recomendamos...

CUN

CASSETTE E UN BOLI BIC

TEMPOS

DE ARROZ E SAL Ano 1349. A peste negra invadiu Europa e os cadáveres amontóanse nas rúas de pobos, aldeas e cidades. En pouco máis dun ano, Europa quedará despoblada e o cristianismo empezará a converterse nunha anécdota da historia universal. A través dos ollos de B. e K., que van reencarnándose sucesivamente en soldados, mulleres, reis, escravos, eunucos ou alquimistas, presenciamos sete séculos dunha historia alternativa, na que se forxa de forma paulatina unha nova orde política, social e relixioso.

Poemario que aúna poemas e prosa poética, na mesma liña que os publicados anteriormente polo autor e cun contido que entusiasmará aos lectores: a cotidianidad, a paixón, o desamor, a amizade, os momentos doces, a tristeza, a infancia, os territorios do agarimo, a esperanza nun mundo mellor e, sobre todo, o convencemento de que o amor pode con todo. A vida pasando. ISBN: 9788467052640

ISBN: 9788445077221

Data de Edición: 5-xuño-2018

Data de Edición: 7-outubro-2008

Editorial: ESPASA CALPE

Editorial: MINOTAURO

OHumordeCosme

Cinema Superaxente canino Estrea: 22/06/2018 Sinopse ......................................... Despois do seu errado intento para rescatar a un bebé de cuadrilla roubado, o oficial canino Max (un solitario e forte Rottweiler) deberá traballar xunto a Frank (un axente humano do FBI) e infiltrarse no seguinte obxectivo dos ladróns: un certame canino en Las Vegas. Os dous axentes atoparanse inmersos nun mundo de cans con pedicuras, botox, depilacións brasileiras e bocas antincendios chapadas en ouro. Se queren rescatar ao cuadrilla deberán deixar ao carón o seu machismo e aprender a traballar como compañeiros.

Sicario:

O día do soldado Estrea: 29/06/2018 A guerra contra os cárteles da droga intensificouse na fronteira entre EE. UU. e México a medida que comezaron a traficar con terroristas. Para facer fronte a esta guerra, o axente federal Matt Graver (Josh Brolin) volve facer equipo co volátil Alejandro Gillick (Benicio del Toro).

CUPÓN ANUNCIOS BREVES TEXTO DO ANUNCIO

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es >Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

(Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

______________________________________________________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:___________________________________ APELIDOS*:_______________________________________________________________

S i n o p s e

D.N.I. ou Pasaporte*:______________________________________ Lugar de residencia*:___________________________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________ Categoría: _____________________________________________ c Retirar anuncio c Publicar anuncio

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

Firma

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.


Xuño 2018 Xornal 21

Anuncios Breves

Alugeres RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 VIVENDA económica amoblada no Porriño 671 35 74 26 APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727 NAVE Polígono A Granxa 400 m² con oficinas equipadas. 609 83 78 08 VIVENDA amoblada, tres cuartos, cociña americana, baño, terraza. No Cerquido – O Porriño. 300 € 637 740 114 - 629 390 206 PRAZA garaxe moi económica en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 VIGO VIVENDA 2 DORMITORIOS, CACIÑA, BAÑO E SALÓN. Próxima a ‘El Corte Inglés’ 609 83 78 08 VIVENDA barata busco. Son xubilado con pouca paga. 605 785 292 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75

Animais SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175 COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776 GATIÑA PELUDA, se ten unha e non a queres chámame 650.610.633

Automóbiles MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353. PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327 OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659 Vendo Opel Frontera B Límited. Bo estado. Ano 1999. 225.000 km. 3800 € Tel.: 651078705 KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548

Contactos HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67 FUNCIONARIO de 55 años, natural de Mos, busca parella. 631 36 70 14 RAPAZA busca rapaz entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20 RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040 RAPAZ de 44 anos busca rapaza de 35 a 45 anos para amizade ou o que surxa. De Mos, O Porriño, Redondela ou arredores. Seriedade. 677112868.

LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330 CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717 Licenciado imparte clases de inglés, todos os niveis. 653349289 EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64 PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776 RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85 INGLÉS, todos os niveis. 656 87 33 00 PROFESORA FRANCÉS nativa, alta diplomada da cursos todos os niveis. Isabelle 986 660 890 PROFESOR de Kung-Fu Monitor de Tai-Chi e Instrutor de Artes Marciais Mixtas. 629 325 431

Casas FORNELOS (Salvaterra) casa dous andares, cenador, terreo de 1300 m² 674 970 655

INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322 CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19 TOMIÑO terreo de 1.200 m² Prezo 17.000 e negociables. Tel.: 608.523.586 FINCA en Tomiño 500 m² Prezo 5.000 euros 608 523 586 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351

Compras varias

MEL da casa. Tamén disponible con etiqueta para a venda en tendas. Tlf.: 606106887

ROUPEIROS artesáns con espello. 630 60 73 19

RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34

UTENSILIOS para elaboración de viño: lagareta grande, estruxadora grande, encorchadora, barcal, barriles… 663 54 22 62

Outros

POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78

RAPAZ de Vigo recolle de balde sillas de bebe, de paseo, sillas de coche… 637 228 667

RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112-633036768 (con coche)

DORMITORIO clásico 135 cabezal, somier, 2 mesiñas, cómoda, e espello 250 € Tel. 646370171 PORTAIS pequenos segunda man, conxunto 2 unidades 98x163 e 100x 163 cm 295 euros 619 304 963 PORTAL, balcóns e peche de ferro segunda man 663 54 22 62 MOBLE RECIBIDOR clásico con dúas portas 109 x 82 cm 50 € 646 37 01 71

CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08

PORTAIS ferro. Dúas unidades: 145 x 100 cm + 143 x 199 cm Por 165 euros. 619 304 963

COCIÑA de gas con forno en bo estado. Económica 679 141 813

CÁMARAS ocultas, micrófonos, alarmas, … toda a tecnoloxía no teléfono 677337434

OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor O-X22DTH Tel.: 651 078 705

DOUS NICHOS no cemiterio de Sanguiñeda – Mos 667 431 946

MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688

PORTAS sapelli con marco e pñeiro branco lacadas para reformas. 615 32 02 82

COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136

BICICLETA ESTÁTICA en bo estado. 661 545 727

ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634

PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209

MUEBLE de baño exclusivo modelo italiano. 606 611 673

RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838

DETECTIVES económicos. 677337434 BUSCA coñecer a súa filla na Escola Viguesa de Maxisterio CARLOS 651774295 MODISTA fanse arranxos de roupa. Tameiga 616.82.42.39

RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos - Puxeiros. Nathaly 699514112 CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051

SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641 SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21

SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646 725 195

RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35

COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m², hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634 459 555

SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70

Pisos VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92

RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827

SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09

SEÑORA para labores domésticas e coidado de maiores. Moi responsable. Tel.: 698 47 64 08

ÁTICO EN O PORRIÑO. A estrear na Avda. Galicia. 65 m². 637 25 21 81

LOURIÑA para pasar o ferro ou limpeza, tamén cortar pelo a domicilio- 60897.55.72

PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122

MOZO de confianza fai mantemento de casa e xardín. 627 95 20 66

TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91

MARMOLISTA carnet carretilleiro, encargado almacén dous anos. Con experiencia. 686 22 12 95

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090

RAPAZ de 32 anos busca traballo do que sea. Carnets C –C1 –C – BTP – E. Carretilla e manipulador de alimentos. 622 025 016

VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379 TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705 O Porriño - 98 m² e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04 VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semiamoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491 BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

Vendas varias

CABECEIROS camas carballo idénticos, cama 90, bo estado e 1 cabeceiro único de 90. 986 33 23 30 PORTA aluminio acristalada con marco 1,57x2,02 m 120 € 646 37 01 71 MALETA “VINTAGE” ANOS 70 interior estampada a cuadros, bo estado. 30 euros. 986 33 23 30

VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 50 € 671 35 74 26

CHAQUETA militar sargento ‘vintaxe’ máis dúas gorras. Talla 42. 986 33 23 30

Te me ofreceches a baixar botellas o 22/05/2017 no Día O Porriño? Chámame. 695967704

XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02

TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21

DEPÓSITO de auga poliéster cuadrado 500 l. prezo a convir 671 35 74 26

FUNCIONARIO busca relación seria con rapaza, 43 anos. 638622549

BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353

RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31

SANGUIÑEDA terreo 600 m² zona Adoa. 648 909 059

SEÑORA 50 anos, seria, busca cabaleiro serio para amizade. 687 69 15 08

CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64

ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m2. 658.312.090

BUSCO terreo edificable para a zoa do Porriño, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas… Avisar a Dani 675813033

RAPAZ de 47 anos busca rapaza de entre 30 e 37 anos para relación estable. Seriedade 659 133 899

MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84

ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13

TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00

Solares e Terreos

SEÑORA busca amigas para saír (Tui ou arredores) Tel.: 687 691 508

REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887

CASA RÚSTICA con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02

DORMITORIO XUVENIL moi económico, con escritorio. 606611673

RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304

23

TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351

Ensino

FINCA 1100 m para solar edificable en Sanguiñeda, preto da igrexa. 667 431 946

LICENCIADO en Inglés, imparte clases, todos os niveis 10 euros / hora. 658 358 798

TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993

TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426 MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673

REFORMAS, cantería, albanelaría, pintura... 676.85.76.79 PINTOR profesional para pintar piso no Porriño 986 33 01 78 VÉNDESE ou CÁMBIASE APARTAMENTO en Torrevieja (Alicante) por apartamento, piso ou outros en provincia de Pontevedra. De 2 hab. 1 cociña 1 salón terraza zona estival. T. 619.985.001

SILLA de bebé plegable en cor vermello 10 € 671 35 74 26

FREGADEIRO usado 20 € varios modelos. 651078705

EMPREGO

Demandas

BUSCO traballo Vigo, Salvaterra, limpeza, cociña, coidado persoas maiores, nenos, auxiliar odontoloxía. 674 49 42 33

AIRE acondicionado 661 545 727

Caldeira a Gasoil, depósito 500 l. e radiador de ferro. Prezo a convir. 679.75.11.58

Viño ALBARIÑO E MENCÍA BOA CALIDADE. 617 268 659

DEPOSITO AUGA inxox 200 l. con patas. Prezo de coste. 627 95 20 66

PLANTACIÓN DE ALBARIÑO vendo en Mos, sobre 500 m2, en plena producción, bo acceso e a carón da estrada. 617268659

CUBAS de inox 300 e 400 l sen estrear. Prezo de coste. 627 95 20 66

ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13

VIÑO calidade país menos dun euro litro. 986 333 049

CAMA ARTICULADA e colchón, ideal para persoas enfermas. Seminova. 175€ 629 390 206 – 617 90 19 15

RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285

VIÑO do país económico, boa calidade. Adeguatar na bodega. Prezo a convir. 647 925 502

VENTAS DE ALUMINIO segunda man, con marco 138x144,5x70 cm (70 €) e 109x147,5 (50 €) 986 33 23 30

RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, Porriño. Yolanda 606 77 31 97

LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es

RAPAZ, traballo do que sexa. Carnés B - C1 - C - BTP, carretillero, manipulador de alimentos. 627.100.623 CONDUCTOR con todos os carnets. Experiecia nacional. 680 959519 FONTANEIRO con experiencia en instalacións de calefacción, gas, propano, caldeiras e reparacións urxentes vivendas, comunidades. T. 698177740 RAPAZ de 37 anos busca traballo calqueira ocupación. Carné de conducir, coche, manipulador alimentos. 633 097 608

Ofertas

COMERCIALES - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. ou datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.) COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20 COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066


IVA, transporte y montaje no incluido.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.