Xornal21 nº 121

Page 1

Galicia

Provincia

A Xunta destinará máis de 18 millóns á segunda edición do programa Fábrica Intelixente www.xornal21.es

Nº 121 / Maio 2018

Periódico galego de distribución gratuita

Feijóo inaugura a apertura da Autovía do Morrazo

Un novo decreto completará o proceso de simplificación nas cortas de madeira

04

Provincia

Pontevedra consegue este ano 55 bandeiras azuis Motor

05

05

07

Alfa Romeo no salón do automóbil de Madrid 2018

Provincia

27

Saúde

Como distinguir o ecolóxico do que non é? Deportes

O Club de Natación Ponteareas ascende e competirá en primeira división Galega

Arévalo ‘ficha’ ao mosense Brais Méndez coma pregoeiro das festas O “novo” Castelo de Soutomaior reconvertido nun “auténtico museo" 06

Mos celebra un ano máis as súas Festas da Rosa que florecen e cobran protagonismo no vindeiro mes de xuño no Concello de Mos. A Festa, declarada de Interese Turístico, terá este ano coma pregoeiro, segundo adianta a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ao futbolista mosense Brais Méndez que está a despuntar no fútbol sendo titular no primeiro equipo do Real Club Celta, e que ven de realizar unha espectacular tempada. As festas deste ano, contarán cun acto sobre a emigración mosense e rememorará a experiencia vivida pola comitiva que viaxou á capital Arxentina fai un mes, ademáis contará coa presenza dos músicos Xulio Lorenzo, integrantes de A Vacaloura Vermella, Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras, Andrea Pousa e o Bruxo Queiman. Especial Festas da Rosa / 10 - 15

> >

> >

COMARCAS A Louriña

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

29

28

09 - 22

O Condado

26

Baixo Miño

23

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

Val Miñor

24 - 25

Nigrán | Gondomar | Baiona


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Maio 2018

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

A 55 por hora, o principio do fin para unha autovía maldita

M aio 2018

A GUARDA Concello 986 61 00 00 Policía Local 986 61 00 25 Centro de Saúde 986 61 44 50

AS NEVES Concello 986 64 80 38 Policía Local 986 64 80 38 Centro de Saúde 986 64 88 37

BAIONA Concello 986 38 50 50 Policía Local 986 35 80 11 Centro de Saúde 986 38 51 60

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

Por iso anunciaron a que parece que será a nai de todas as solucións: un investimento de 337 millóns de euros na nova autovía Vigo – O Porriño, pasando por Mos, que se conducirá no seu maior parte por un ‘ megatúnel’. Os veciños, condutores e empresarios vemos con moi boa cara as solucións que poñan fin a demasiados anos de sufrimento, pero pedimos unha nova receita mellorada. Unha receita que deberá de ter obrigatoriamente ingredientes sans e naturais, sen demasiadas afeccións, sen esnaquizar a nosa paisaxe, sen que teñamos que seguir pagando con eternas molestias debido a prazos eternos de execución, sen siglas de gobernos, sen siglas de oposicións e sen máis escusas. Mentres todo isto chega, previsiblemente antes do ano 2021, os “arranxos” realízanse con lentitude, concretamente seguimos a 55 quilómetros por hora, pois a partir de 60 km/ h temos garantida unha única receita: a de Tráfico por superar os límites establecidos nalgúns dos tramos dese viario.

OIA

986 36 21 25 986 36 23 44

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

O ROSAL Concello 986 62 50 00 Centro de Saúde 986 62 60 35 MONDARIZ Concello 986 66 43 06 Policía Local 680 46 11 51 Centro de Saúde 986 65 61 38 MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 65 61 36 Centro de Saúde 986 66 24 36

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Whatsapp: 692 150 055 Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348 106

Redacción: redaccion@xornal21.es

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21. Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Staff

X uño 2018

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

FESTIVOS LOCAIS

Mondariz-Balneario: 21 de maio | Oia: 21 de maio | Salvaterra de Miño: 24 de maio (Festividade de San Lourenzo) | Mondariz: 21 de maio | Ponteareas: 04 de xuño Mos: 13 de xuño (Festa da Rosa) | Nigrán: 29 de xuño (San Pedro)

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

TOMIÑO M. del Carmen Pardo 986 62 22 85 Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15 O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

Teléfonos de interese

Se a oportunidade non chama, constrúe unha porta. Milton Berle

EMILIO T.

Foron necesarios demasiados meses de espera e as protestas dos veciños para forzar o reinicio das obras de “mellora” da A-55, agora moitos esperan ver os resultados que promete Fomento para un dos tramos feito cunha pésima receita de tres ingredientes: un concentrado de accidentes; acompañado sempre das velocidades máis baixas e unha boa cantidade de radares que acosan aos condutores durante o curto traxecto de VigoMos – O Porriño. Á vista das obras non parece que vaia a haber grandes cambios na configuración do viario, quizais unha mellora leve nalgúns dos seus accesos e saídas, pero o perigo do trazado vai continuar existindo e miles de condutores que a usamos seguiremos coméndonos o menú con este prato único, por non dicir outra cousa. Quizais desde o Ministerio de Fomento sexan conscientes de que este “parche” non terminaría co problema, non vai funcionar e ímonos a seguir partindo os dentes en todas e cada unha das súas curvas.

Cita

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 986 641 795 986 642 215 Farmacia Picoto, 3 - Areas Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034 TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811 TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 332 003

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

MOLINA GAMARRA, TOMÁS

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra a violencia de xénero

Número 121 / do 15 maio ao 15 de xuño de 2018 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán).

Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urgente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 | Whatsapp: 692 150 055 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Publicidade

Maio 2018 Xornal 21

3


4

Galicia

Xornal 21 Maio 2018

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, explicou no Parlamento galego que este ano se convocarán a través deste procedemento 109 prazas de auxiliares e 39 de policía.

Preto do 40% dos concellos con Policía Local delegaron na Xunta o proceso selectivo de acceso a estes corpos Case o 40% dos 129 concellos galegos que contan actualmente con Policía Local decidiron delegar na Xunta os procesos selectivos de acceso ás prazas de

auxiliares e policías. En total, 50 concellos asinaron o convenio para adherirse a esta convocatoria centralizada que será liderada pola Academia Galega

O decreto de vivendas de uso turístico cumpre o seu primeiro ano en vigor O decreto de vivendas de uso turístico cumpriu o seu primeiro ano en vigor, un período no que funcionou, segundo explican dende a Xunta de Galicia, dun xeito “satisfactorio” e acadou os seus obxectivos “ao ofrecer un marco de seguridade xurídica para os interesados en comercializar estes servizos e para os usuarios e a sociedade en xeral”. A normativa que regula esta nova tipoloxía de aloxamento, que representa unha tendencia a nivel global, permitiu neste tempo a or-

denación de máis de 5.400 vivendas de uso turístico en todo o territorio da Comunidade. A través desta norma autonómica, trabállase por garantir a calidade e contrólase a competencial desleal, harmonizando amais usos e actividades. A boa marcha deste decreto autonómico, no que se materializa o traballo do Goberno galego neste eido nos últimos anos, radica na súa sinxela aplicación e no feito de que foi deseñado en diálogo co sector e tendo en conta tanto o interese xeral como o marco comunitario.

Un estudo da USC constata que os Camiños de Santiago poden acoller aínda máis peregrinos A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou esta semana a segunda parte do Estudo do impacto socioeconómico do Camiño de Santiago titulado Perfís, dinámicas e percepción dos peregrinos. Os resultados constatan que a capacidade de acollida real é moi superior ao número de peregrinos que fan a ruta xacobea actualmente. Descártase así unha posible saturación, malia que existen elevadas densidades de ocupación puntuais concentradas en etapas concretas e en días do verán. O estudo foi realizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) por iniciativa da Xunta de Galicia co obxectivo de coñecer a realidade da peregrinación para facilitar a toma de decisións tanto das administracións públicas como das entidades privadas e contribuír á xeración de coñecemento que poida ser empregado polos investigadores e divulgadores. Para súa elaboración, analizouse

a capacidade de carga física, a capacidade de carga real e a capacidade de carga efectiva, tendo en conta aspectos como as horas de luz, a distancia mínima entre grupos ou posibles condicionantes meteorolóxicos, sociais e ambientais. Das súas conclusións, despréndese que a percepción dunha alta afluencia é unha realidade subxectiva para un amplo número de peregrinos e non se reflicte que sexa un elemento que cambie a súa valoración positiva da experiencia. De feito, obsérvase un nivel de satisfacción moi alto: para un 64% dos peregrinos, a experiencia foi mellor ou moito mellor do esperado e só un 5,8% afirma que resultou menor do previsto. Esta valoración propicia que o 98,6% dos peregrinos recomenden facer o Camiño de Santiago. Ademais, ata un 53% confesa que, con seguridade, repetirá a experiencia percorrendo outro dos itinerarios e un 31% prevé que volverá peregrinar pola mesma ruta xacobea.

de Seguridade Pública (AGASP). Así o explicaba o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, nunha resposta parlamentaria na que explicou que

as oposicións centralizadas deste ano suman un total de 109 prazas de auxiliares e 39 de policía dos concellos que comunicaron vacantes para esta convocatoria. O proceso selectivo dos auxiliares é o que máis avanzado está. Onte mesmo o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a lista de admitidos, que deberán presentarse ás probas físicas este sábado, 19 de maio, e ao exame teórico o próximo 26 de maio. Posteriormente, realizarán o curso selectivo e procederán á elección de concellos, de xeito que os contratos poidan iniciarse nos primeiros días do mes de xuño e cumprir así a demanda dos concellos de contar con este persoal para a tempada estival. Pola súa banda, as bases do procesos para as prazas de Policía xa foron aprobadas polo grupo de traballo de desenvolvemento normativo. O obxectivo é convocar as probas desta pri-

meira promoción no mes de xuño, cando xa estea rematado o procedemento dos auxiliares. Esta iniciativa é froito da sinatura dun protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta e a Federación Galega de Municipio e Provincias (Fegamp), que se plasmou posteriormente coa publicación no DOG do decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma cos concellos galegos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local. A posta en marcha deste proceso supón un importante avance que permitirá mellorar a profesionalización da Policía Local, ao tempo que facilita a xestión dos concellos, evitando cargas e posibilitando a cobertura de vacantes e a mellora dos cadros de persoal destes corpos.

Un novo decreto completará o proceso de simplificación nas cortas de madeira Feijóo sinala que coa dita norma brindaranse maiores facilidades a un sector que é referente a nivel estatal ao tempo que se preservan os valores naturais. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou do inicio da tramitación do decreto que regulará os aproveitamentos forestais, tanto as cortas de madeira e leña, como de cortiza, pastos ou micolóxicos nos montes de xestión privada. Como resultado, abundou, brindaranse maiores facilidades a un sector que é referente a nivel estatal ao tempo que se preservan os valores naturais. A este respecto, sinalou que a dita norma incorporará toda unha serie de novidades, por unha banda, consolidará a declaración responsable como requisito principal nos seguintes casos: nos aproveitamentos en montes ordenados, das especies que non sexan frondosas e non estean en espazos protexidos, das cortas para uso doméstico, en zonas afectadas por unha expropiación, nas cortas obrigadas pola normativa de defensa contra os incendios ou en casos de praga ou enfermidade. Así mesmo, outra das novidades é que establecerá claramente os supostos nos que é preciso presentar unha autorización administrativa, estes son: cando os montes estean poboados por frondosas e coníferas autóctonas, can-

do formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección, cando estean afectados por algunha lexislación de protección do dominio público, cando se trate de aproveitamentos de madeira queimada susceptible de uso comercial ou os aproveitamentos de corta de sobreiras nos montes de xestión privada non conten cun instrumento de ordenación. Do mesmo xeito, consolidará a canle telemática coa finalidade de acurtar os tempos de corta de madeira. Así, nos casos de declaración responsable, esta presentarase unha soa vez e, nos casos de necesaria autorización, establece-

rase un único procedemento administrativo na Consellería do Medio Rural, pasando de seis autorizacións a unha soa. Todo isto, dixo, permitirá acurtar de seis a un máximo de dous meses os prazos para a emisión dunha autorización única. Tamén se modificará o silencio administrativo que pasará a ser positivo. En definitiva, o obxectivo é que os propietarios destes terreos forestais poidan levar a cabo os aproveitamentos madeireiros nun menor tempo de tramitación, con menos visitas á administración e cun só pagamento ante a Xunta.


Galicia

Maio 2018

Feijóo salienta que a apertura da Autovía do Morrazo marca un antes e un despois na seguridade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a apertura da Autovía do Morrazo marca un antes e un despois na seguridade, mobilidade e competitividade de toda comarca. “Estamos a falar dunha infraestrutura que proporcionará máis seguridade viaria e unha mellor mobilidade, ademais de ser decisiva para facilitar a conectividade de toda a comarca”, aseverou. Durante o acto de posta en servizo, Feijóo incidiu en que esta obra supón o maior investimento que ten en marcha a Xunta nunha infraestrutura viaria: con, practicamente, 56 millóns que se materializan na apertura destes dous treitos, entre Rande e Meira, 7 quilómetros que supoñen máis do 65% do trazado e nos que se rexistran as maiores densidades de

tráfico, con case 20.000 coches en época estival; e que antes do verán de 2019 sumarán 4 quilómetros máis, ata o enlace de Cangas, rematando para sempre cos atascos e completando a totalidade do eixe de comunicación que os veciños do Morrazo precisan e agardan. Así mesmo, recordou a máxima adecuación da súa execución ás necesidades reais da comarca e dos seus habitantes, acadando a fórmula para executar o último treito da Autovía mantendo o corredor aberto ao tráfico; atendendo todas as cuestións que trasladaron os cidadáns afectados dalgún xeito polas obras; reforzando os servizos de Transporte Metropolitano e de ambulancia; e dialogando cos alcaldes todas as decisións relevantes relacionadas coa construción da Autovía.

PRESERVACIÓN DO CASTRO DE MONTEALEGRE Como proba desa vontade de escoitar e de responder, destacou a solución singular e única en España que se adoptou para preservar integramente o Castro de Montealegre, co desdobramento do túnel desde dentro. Así mesmo, subliñou que co obxectivo de poñer o Catro de Montealegre á disposición da cidadanía, este mesmo ano contrataranse as obras que permitan coñecer os restos que a Autovía do Morrazo sacou á luz. “Será un novo elemento de valor patrimonial e atractivo turístico para esta comarca e para o Concello de Moaña que poñeremos á disposición do patrimonio de todos os galegos”, abundou. Ao longo da súa intervención,

o responsable do Goberno galego incidiu tamén na complexidade técnica desta infraestrutura: non só polas peculiaridades do terreo, que dificultan especialmente os traballos nos desmontes, senón tamén pola necesidade de construír 4 viadutos en apenas 11 quilómetros, 3 deles concentrados nos treitos que hoxe se inauguran. Así como pola vontade de poñer en sintonía ao máximo estes traballos cos da ampliación da AP9, cun acceso directo situado sobre a rotonda de Rande. Sobre este punto, e ante a apertura da autovía, Feijóo destacou a necesidade de que as tarefas de conservación da ponte de Rande finalicen este mes o antes posible. No eido da seguridade, Feijóo precisou que o Morrazo é a comarca galega que acapara un

Xornal 21

5

Confirma que antes do verán de 2019 estará completado a totalidade do eixe de comunicación que os veciños do Morrazo precisan e agardan. maior investimento nesta materia, xa que, ademais desta vía de altas prestacións, se está a traballar para que, entre este ano e o que vén, as estradas autonómicas que atravesan Moaña, Cangas, Bueu e Marín: queden libres de treitos de concentración de accidentes; e se convertan en vías máis humanas, mediante a construción de sendas peonís que faciliten os desprazamentos seguros dos seus veciños. O presidente da Xunta aproveitou a súa intervención para facer un chamamento para que se active o transporte metropolitano, “porque todos os alcaldes do Morrazo, da área metropolitana e de Galicia, temos un compromiso cos veciños e os habitantes de Vigo e do Morrazo merecen ter unha tarxeta de transporte co mesmo custo que o resto das cidades”, dixo, cualificando de sorprendente que un cidadán de Cangas, Bueu ou Moaña, por exemplo, poida ter un desconto coa súa tarxeta na cidades da Coruña, Santiago ou Ferrol e non poida ter ese desconto na cidade de Vigo. Feijóo concluíu recordando que, despois da posta en servizo da Autovía do Morrazo, o seguinte compromiso é a autovía entre Vigo e O Porriño, anunciada polo presidente do Goberno central, cun investimento de máis de 335 millóns de euros. Feijóo salienta que a apertura da Autovía do Morrazo marca un antes e un despois na seguridade.

A Xunta destinará máis de 18 millóns á segunda edición do programa Fábrica Intelixente ca, o forestal, a automoción, a O presidente do Goberno pedra, a agroalimentación e as galego, Alberto Núñez Feijóo, telecomunicacións. ven de anunciar a convocatoria Segundo explicou o titular da segunda edición do prograda Xunta, esta segunda edición ma Fábrica Intelixente, que contará cun orzamento de 18,2 millóns A axuda pública cubrirá entre o 15 e o de euros para 80% do orzamento do proxecto, segundo seguir avanzando no duo tipo de iniciativa e de empresa plo obxectivo desta iniciatimobilizará preto duns 70 miva: consolidar unha industria llóns de euros e apoiará entre 8 galega moderna e crear postos e 10 proxectos empresariais. de traballo cualificados. Como principal novidade, esta En concreto, esta segunda convocatoria ábrese despois dun- nova convocatoria diríxese ás pequenas e medianas empresas, ha fase de consulta ao mercado pola que se interesaron 12 em- polo que o importe mínimo dos proxectos baixa dos 20 millóns presas de sectores estratéxicos da economía galega, como a pes- de euros da primeira convoca-

toria aos catro desta segunda, cun máximo de 10 millóns de euros por proxecto. Deste xeito, poderán acollerse a este programa empresas de menor tamaño que PSA e Televés. E é que na primeira convocatoria, que contou cun orzamento de máis de 55 millóns de euros, beneficiáronse dous proxectos industriais innovadores: un no eido da automoción, liderado por PSA Peugeot Citroën coa colaboración do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG); e outro no sector TIC, a través do grupo tecnolóxico Televés. Co obxectivo de que ningún proxecto con potencial quede sen apoio, Feijóo sinalou que esta nova convocatoria manterase

Esta nova convocatoria mobilizará preto duns 70 millóns de euros e apoiará entre 8 e 10 proxectos empresariais. aberta todo o ano. A ela, poderán acceder tanto proxectos individuais como outros feitos en colaboración entre empresas e organismos de investigación.

En total, entre as dúas convocatorias, o programa Fábrica Intelixente 4.0 mobilizará un investimento público-privado de preto de 240 millóns de euros.


6

Provincia

Xornal 21 Maio 2018

O “novo” Castelo de Soutomaior reconvertido nun “auténtico museo" Centos de persoas acudiron a espectacular gala de reapertura do Castelo na que María Vinyals e o Doutor Lluria cobraron vida propia para conducir o evento. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ás deputadas e deputados do goberno provincial, inaugurou no transcurso dunha espectacular gala chea de sorpresas, música, teatro e audiovisuais, o esperado proxecto de musealización do Castelo de Soutomaior. A través desta iniciativa, posta en marcha pola institución provincial, tal e como asegurou a súa presidenta, “queremos que Soutomaior sexa o corazón de todas as historias que temos que contar porque na provincia de Pontevedra “Somos historias” e practicamente todas elas cobran vida propia no Castelo”. O proxecto de musealización, “á altura dos mellores Castelos do

facelo cun Castelo renovado, cheo de contidos que poñen de manifesto a importancia deste enclave tanto para a provincia como para o resto de Galicia e do Estado”, asegurou a presidenta provincial, que tamén tivo un agradecemento especial para “as veciñas e veciños do pobo de Soutomaior”, presentes na Gala. Centos de persoas do mundo público, social, económico, cultural, turístico, deportivo e veciñal da provincia se deron cita no evento, no que a través de María Vinyals e o Doutor Lluria, púxose en valor a historia do Castelo xunto ao o variado e singular patrimonio da provincia de Pontevedra. O acto comezou cunha repre-

musical Cómplices interpretaba pezas musicais en directo. No patio de Armas proxectouse un vídeo de dous minutos no que se presentaron as actuacións acometidas pola Deputación no recinto, convidando á cidadanía a que o visite e coñeza o proxecto de musealización no que se pon en valor “o legado das Rías Baixas como nunca antes foi contado”. Amais, Vinyals e Lluria repasaron a historia do Castelo, dende o medievo, pasando polo século XIX, ata o actual proxecto de musealización. Neste eido, a propia Vinyals destacou que o Ben de Interese Cultural conta desde agora con “dez salas, con vídeomapping, proxeccións en 3D, audiovisuais interactivos,

por Teo Cardalda que foi tamén o tema central da campaña turística da Deputación de Pontevedra. Este novo audiovisual, que formará parte das accións promocionais da Deputación a partir de hoxe mesmo, ten como nexo común a melodía de “Cómplices” a través dun piano branco –o mesmo que estivo presente tamén durante a gala en Soutomaior- situado nos diferentes elementos do patrimonio fortificado da provincia de Pontevedra. A través das imaxes e da música o vídeo recolle desde castelos como os de Soutomaior e Sobroso (Mondariz), a fortalezas como as de Baiona e Goián (Tomiño), torres como as da Lanzada (Sanxenxo) e Tebra (To-

dernos e postais coa imaxe do Castelo de Soutomaior. Tamén se dispuxo un libro de visitas, que vai quedar no Castelo desde hoxe, para que as persoas que acudan ata o recinto histórico deixen as súas impresións sobre a visita.

mundo e dotada da máis avanzada tecnoloxía”, é un paso máis na aposta do goberno de Carmela Silva por recuperar este recinto histórico para a cidadanía da provincia. “Queremos abrir á xente, ás familias, un espazo que é de todas e de todos e queremos

sentación simbólica da sinatura da acta de entrega do Castelo por parte da presidenta provincial, Carmela Silva, da man de Vinyals e Lluria. Trala sinatura, na porta de acceso ao Castelo, as autoridades e convidados entraron no patio de Armas mentres o dúo

reproducións de documentos históricos, xogos e maquetas que recollen a historia do castelo desde o século XII ata a actualidade”. Finalmente proxectouse un vídeo de catro minutos que leva como banda sonora “Un lugar en el mundo”, a peza composta

miño), a capela da Peneda de Soutomaior, vistas da Guarda e de praias como as de Nigrán con Cíes ao fondo. Ao remate da gala serviuse un aperitivo no que o espumoso de Albariño foi protagonista e entregáronse ás persoas convidadas ca-

Para as vindeiras xornadas de portas abertas, os días 20, 21, 22, 24 e 25 de maio, a Deputación de Pontevedra mantén a visita libre aberta a toda a cidadanía, xa que as prazas para as visitas guiadas están completamente esgotadas.

ESGOTADAS AS

PRAZAS PARA AS VISITAS GUIADAS DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

A primeira xornada de portas abertas resultou “un éxito absoluto, rexistrándose preto dun millar de persoas, con ata grupos de homes, mulleres e moitos nenos e nenas procedentes de Portugal e Alemaña”, indicou a presidenta provincial.


Provincia

Maio 2018

Pontevedra consegue este ano 55 bandeiras azuis

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción polo número de galardóns obtidos pola provincia en canto a bandeiras, sendeiros e centros azuis que se coñeceron esta semana e que “mostran unha vez máis que estamos a facer ben as cousas e cun obxectivo claro, facer que Pontevedra sexa unha provincia de turismo sustentable”. A presidenta puxo en valor que Pontevedra conseguira este ano 55 bandeiras azuis. “Son dúas

máis que o ano pasado, co que xa somos a segunda provincia do Estado con máis praias galardoadas“. Silva tamén considerou “excepcional o número de galardóns nos sendeiros azuis, tanto que por segundo ano consecutivo a provincia volve a ser a vencedora no territorio español, alcanzando ata 17 carreiros premiados. É potentísimo”, dixo. En canto a Centros Azuis, os distintivos que se entregan a aqueles concellos con praias de Bandeira Azul, Pontevedra si-

túase como líder dentro de Galicia con oito centros en seis concellos da provincia. Silva provincial tamén felicitou a Mourente (Pontevedra) porque a Festa do Caldo, que leva 27 anos en desenvolvemento, acaba de ser declarada de interese turístico de Galicia tras acreditar o seu valor cultural, de arraigo e singularidade. Con esta declaración, Pontevedra reúne xa 51 festas de interese turístico (galego, nacional e internacional).

Xornal 21

7

O centro asociado da UNED de Pontevedra atende a preto de 4.500 estudantes de toda a provincia A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo o primeiro encontro de traballo coa nova directora do centro da UNED de Pontevedra, María Troncoso Abalo quen informou que para este curso 2017-2018 o centro pontevedrés ten unha matrícula de preto de 4.500 alumnos e alumnas de toda a provincia. Na actualidade o centro asociado de Pontevedra inclúe na súa oferta de estudos 28 títulos de grao EEES, 10 graos combinados, 71 másters universitarios EEES e 19 programas de doutoramento EIDUNED. A matrícula de alumnos e alumnas está conformada por 4.466 que se reparten entre 3.255 da capital, 864 de Vigo e os 64 da aula de Tui. O alumnado repártese entre os 3.752 que cursan algún grado, os 293 que cursan idiomas a distancia, os 215 que cursan o acceso a universidade e 206 que cursan posgraos. A actividade formativa do alumnado a desenvolven un total de 147 profesores e profesoras. Durante o curso 2017/2018 o centro asociado e as súas aulas locais acolleron 186 actividades de extensión universitaria nas que participaron un total de 4.096 alumnos e alumnas. Entre estas actividades, ás que aínda fal-

tan por engadir os cursos de verán, no centro de Pontevedra, desenvolvéronse 91 actividades que reuniron a 2.543 alumnos e alumnas. Na aula de extensión universitaria de Portas realizáronse 28 actividades con 367 alumnos e alumnas. En Tui desenvolvéronse 25 actividades ás que asistiron 352 alumnos e alumnas; e en Vigo 42 actividades as que asistiron 834 alumnos e alumnas. Ademais destas actividades formativas, o centro asociado de Pontevedra participa no Programa Formativo UNED Senior desde o curso 2008/2009, sendo un dos primeiros centros asociados de toda España en adherirse ao mesmo. Este programa, dirixido a maiores de 55 anos, contou con 185 matriculados nas seis materias ofertadas no Centro Asociado de Pontevedra (3 por cuadrimestre) aos que se sumarían os 23 matriculados neste programa na materia ofertada na aula de Vigo durante o primeiro cuadrimestre. Por último, a nova directora da UNED de Pontevedra, destacou a súa ilusión, responsabilidade e compromiso co centro pontevedrés para mellorar a oferta formativa e dar un mellor servizo a todos e cada un dos alumnos e alumnas das distintas aulas.


8

Provincia

Xornal 21 Maio 2018

A Semana Verde acollerá unha proba de cabalos árabes “Aljassimya Farm Amateur Challenge”

O Consorcio Provincial Contra Incendios participa nun simulacro no Tramo Internacional do Miño Efectivos dos Parques do Consorcio Provincial Contra Incendios participaron no simulacro de salvamento que tivo como escenario XI do Tramo Internacional do Río Miño. As probas, que se desenvolveron en ambas beiras do río, están enmarcadas dentro do MARSEC (Maritime Security) e foron organizadas pola Comandancia Naval do Miño. A primeira das incidencias nas que participaron os operativos e operativas do Consorcio consistiu nun exercicio de rescate dunha persoa caída tras un accidente de barco, co seu posterior traslado á costa e asistencia por parte da unidade de urxencias sanitarias. Ademais, nas seguintes probas, os efectivos do Consorcio interviñeron na busca dunha persoa desaparecida, en colaboración coa Marina española e portuguesa, e no salvamento dun suxeito afogado que localizou o equipo de mergulladores e mergulladoras.

Coincidindo cos obxectivos do MARSEC, o que se persegue con estes exercicios é comprobar a capacidade de coordinar incidencias de seguridade marítima entre os organismos competentes, proporcionar un enfoque integral nas incidencias relacionadas coa seguridade marítima, verificar os protocolos de condución de operacións, adestrar as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e axencias civís, así como reforzar a Comunidade Marítima Outros dos organismos españois participantes no simulacro de salvamento do Tramo Internacional do Río Miño foron a Comandancia Naval do Miño, a Unidade de Mergullo de Ferrol (UBUFER), Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)- Unidade de Drons, Urxencias Sanitarias061. Así mesmo, institucións portuguesas tamén se desprazaron ata a provincia para participar no exercicio.

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal celebrará a súa 41ª edición do 7 al 10 de xuño, contará cun atractivo programa de actividades ecuestres. Entre elas destacará a celebración do Concurso Internacional de Cabalos de Pura Raza Árabe que este ano vai pola 6ª edición, coñecido como Galician Championship E.C.A.H.O Internacional C, organizado pola Asociación Galega de Criadores de Cabalos Árabes (AGCCA). Esta competición, que ten lugar por sexto ano consecutivo no recinto feiral, xa se celebrou nas dúas últimas edicións con carácter internacional E.C.A.H.O, sendo as tres primeiras un concurso A.E.C.C.A Nacional. A el

acudirán exemplares de ganderías e presentadores recoñecidos cun importante palmarés tanto nacional como internacional. Unha das novidades deste VI Galician Championship será a inclusión dunha das tres únicas probas que se celebran en España (todas elas en Galicia) da liga internacional Aljassimya Farm Amateur Challenge, competición baixo o patrocinio da gandería Aljassimya, da cal forma parte un recoñecido xeque árabe. Así, esta proba únese en España á levada a cabo na Illa de A Toxa (O Grove) o pasado mes de abril e á que se celebrará en Ourense, no hipódromo de Antela, os vindeiros días 21 e 22 de xullo, ademais de ás que están a acontecer noutros países do mundo.

A Deputación de Pontevedra inicia as actuacións de restauración no Castro de Santa Trega da Guarda A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, vén de anunciar o inicio de novas actuacións en dous castros da provincia de Pontevedra enmarcados no protocolo asinado co Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia. Concretamente, a partir de hoxe a institución provincial comezará as tarefas de restauración e consolidación no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega, que durarán cinco meses, e desde o 22 de maio un equipo de arqueoloxía da Deputación levará a cabo as tarefas de restauración, durante un período de seis meses. O pasado 14 de maio, tras obter a autorización de Patrimonio, a institución provincial comezaba a

consolidación e restauración de 2.642 metros cadrados no barrio Mergelina do xacemento de Santa Trega. Neste caso, Carmela Silva informou que “o orzamento é de

367.719 euros. Ningunha administración destina tantos recursos ao noso patrimonio”. A restauración e consolidación do xacemento guardés estenderase

durante cinco meses e unha semana e será executada por Terra Arqueos baixo a coordinación de Rafael Rodríguez, o arqueólogo da Deputación que dirixiu a intervención realizada no Trega entre setembro de 2015 e abril de 2016. Unha vez rematada a actuación, tal e como explicou a presidenta provincial, será o Ministerio de Fomento quen entre no castro para levar a cabo o proxecto de musealización. Carmela Silva recordou que durante a fase de escavación do barrio Mergelina do Trega “puidemos constatar que o castro foi ocupado antes do que pensábamos, desde o século IV A.C. Tamén sacamos á luz 43 novas estruturas arquitectónicas que compoñen 11 unidades familiares e ata 43.833 pezas”.

Aberto o prazo de preinscrición para Másteres Oficiais A UNED abriu o seu prazo de admisión e preinscrición para os seus 76 Másteres Oficiais. Os estudantes de novo ingreso poderán solicitar o seu acceso en convocatoria ordinaria ata o próximo 10 de xullo ou ata o 19 de xuño no caso do Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria e o Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Do 3 ao 10 de setembro abrirase unha nova convocatoria extraordinaria para solicitar a admisión naqueles másteres nos que aínda sexa posible. En calquera caso, a matrícula formalizarase do 5 de xullo ao 23 de outubro deste ano. Tanto o proceso de admisión como o de matrícula realizaranse de forma on-line. Os estudantes antigos de máster realizarán a súa preinscrición do 10 de setembro ao 1 de outubro, excepto os matriculados no Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, que o farán do 3 ao 10 de setembro. Unha vez admitidos, poderán matricularse ata o 23 de outubro. No caso dos estudos de Grao, o prazo de admisión manterase aberto do 15 de xuño ao 23 de outubro. A matrícula formalizarase do 5 de xullo ao 23 de outubro. Finalmente, a Escola Internacional de Doutoramento abrirá o seu período de admisión para novos estudantes do 12 de xuño ao 12 de xullo de 2018. A matrícula concretarase do 15 de outubro ao 15 de novembro.

300 prazas para a “Depo Andaina” que visitará as Illas Cíes A Deputación de Pontevedra ten aberto o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar na segunda quenda da terceira edición do programa gratuíto “Depo Andainas”, organizado pola Deputación. Esta nova actividade será a ruta que partirá de Moaña e na que se poderá visitar as Illas Cíes, polo tanto é unha das quendas máis demandadas deste programa da institución provincial. Esta “Depo Andaina” ten unha dificultade baixa e o seu percorrido será de 8 quilómetros. O prazo permanecerá aberto, cun límite de 300 prazas, ata o vindeiro mércores 6 de xuño a través dun formulario web en www.depo.gal/depo-andainas. Esta ruta, como actividade complementaria, terá unha pequena charla sobre as aves que habitan nas illas Cíes e a importancia deste espazo para a súa conservación e a súa reprodución. Este hábitat foi declarado como Zona de Especial Protección para as Aves, e as súas zonas húmidas están protexidas dentro da Rede Natura 2000.


A Louriña

Maio 2018 Xornal 21

Mos

A Xunta subvencionará con 240.000 € o viveiro de empresas da Veigadaña Este proxecto que xestionara o Concello conxuntamente con AEMOS esta valorado en 300.000 € e supón unha aposta decidida pola dinamización empresarial do municipio.

O Concello de Mos, acollido á iniciativa Doing Business Galicia, creará un Centro de Servizos Avanzados para a Industria, ao abeiro desta subvención, cuxo obxectivo é crear un centro que posibilite recursos e xenere negocios, que acompañe á actividade produtiva de cada emprendedor, desenvolvendo sinerxias que permitan a todas as empresas mellorar asúa competitividade, amplair as súas expectativas de crecemento e garantizar a supervivencia a longo prazo. Este proxecto xestouse nun convenio asinado o pasado mes de abril entre o Concello de Mos e a Asociación de Empresarios de Mos ,AEMOS, na que ésta realiza a cesión parcial do dereito de superficie da parcela necesaria a favor do Concello de Mos que dará lugar á subrogación pola administración local que se compromete a executar unha edificación indus-

trial con destino a viveiro de empresas no espazo obxecto do convenio. Para elo o Concello de Mos asignará a axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización do mesmo, consistente en 240.000 euros, que representa o 80% da inversión total de 300.000 euros. A Asociación de Empresarios de Mos aportará, de fondos propios, un importe do 20% da inversión total, é dicir, 60.000 euros. O Viveiro de empresas de Mos proxectase como un instrumento básico no proceso de creación e fortalecemento da microempresa e das PEMES. A través do mesmo, as empresas nas súas etapas iniciáis obterán formación, asesoramento, apoio na busca de financiación,… Incentivaráse a cultura da innovación, a promoción empresarial, a formación de novos emprendedores, e a cooperación empresarial.

Irisarri e Piñera desenvolverán o proxecto da cidade deportiva do RC Celta en Mos

O consello de administración do RC Celta designou ao proxecto presentado por Irisarri e Piñera para o desenvolvemento da nova cidade deportiva do

ga, G. Quijada e Portolés e Alfonso Penela polas súas propostas, todas elas magníficas, para este ilusionante proxecto que marcará o futuro do club.

club en Mos. O C Celta quere expresar o seu sincero agradecemento aos arquitectos De Fra-

O proxecto de Irisarri e Piñera colma as expectativas do RC Celta para desenvolver

Mos acollerá a Fase Final do Campionato Galego de Fútbol-8 Mos acollerá a Fase Final do Campionato Galego de Fútbol-8 (Alevín, Benxamín e Prebenxamín) que se disputará o vindeiro sábado, 26 de maio, a partires das 11.00 horas da mañá e ao longo de todo o día, no mosense Campo de Fútbol das Baloutas.

9

unha cidade deportiva funcional e moderna, respectuosa ao máximo co medioambiente e con sobrada capacidade para satisfacer de maneira brillante as necesidades tanto da canteira como do primeiro equipo. Irisarri e Piñera expoñen a cidade deportiva do Celta “como unha árbore que se planta, pero cun futuro aberto, onde este desenvólvase, creza e bote as ramas n e c e s a r i a s” . Un proxecto “coa mesma capacidade vexetal de integrarse na contorna natural, e pasar a formar parte da xeracións vindeiras, que á súa vez farán que creza, transfórmese e evolucione con elas”.


10

Xornal 21 Maio 2018

Festas

Saúda da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo

da

Rosa

Un ano máis é un pracer para min como alcaldesa saudarvos, veciños e veciñas de Mos, con motivo das Festas da Rosa 2018. O mes máis fermoso e festivo na localidade mosense é o de xuño e por iso espero que nesta ocasión voltemos a celebrar este mes da Rosa xuntos, toda a veciñanza, acollendo coa hospitalidade que nos caracteriza aos visitantes doutros municipios que se animen a compartir connosco. A rosa, emblema e símbolo municipal, nome da nosa principal celebración que é ademais Festa de Interese Turístico, florece e cobra protagonismo cada mes de xuño no Concello de Mos. E ademais este ano faino dun xeito moi especial tendo como pregoeiro a outro mosense que está a despuntar no fútbol sendo titular no primeiro equipo do Real Club Celta, Brais Méndez, que realizou unha espectacular tempada. Méndez únese ao porteiro de Guizán, Rubén Blanco, que foi pregoeiro da Rosa en 2016, e convírtese na segunda figura futbolística celeste a destacar do Concello de Mos. Somos en Mos xentes de bo facer, así o demostran os moitos deportistas mosenses que como Brais e Rubén compiten e destacan en diferentes disciplinas deportivas. Así o demostran os integrantes do tecido asociativo do municipio que traballan de xeito inmellorable a prol da cultura e a tradición, como a Asociación de Palilleir@as de Mos que organizan o Encontro de Palilleir@as da Festa da Rosa, ou a Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, que se encargan o día 13 de xuño da Exaltación da Empanada de Pan de Millo. Así o demostran incluso as asociacións mosenses que se atopan a 11.000 quilómetros de distancia, como a Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, que grazas ao seu bo facer logrou a permanencia no tempo do seu encomiable labor e celebran este ano o seu centenario. Centenario que é tamén indiscutible protagonista da Festa da Rosa deste ano, cun acto sobre a emigración mosense que rememorará a experiencia vivida pola comitiva que viaxamos á capital Arxentina fai un mes e que contará coa presenza dos músicos Xulio Lorenzo, integrantes de A Vacaloura Vermella, Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras, Andrea Pousa e o Bruxo Queiman. Aproveito polo tanto a oportunidade para agradecerlles a todos/as os/as os que fan posible que o Concello de Mos sexa un Concello caracterizado pola excelencia e aos/ás que fan posible que, ano tras ano, a da Rosa sexa unha festa excelente. E conclúo animando a tódolos mosenses, cativos e maiores, a participar nos concursos da Festa da Rosa que temos este ano: o concurso infantil de relatos ‘Que significa o Celta para ti’, e os tradicionais concursos de rosas e de empanada de pan de millo.

Boas festas Mos. E feliz Rosa 2018!


Publicidade

Maio 2018

Xornal 21

11


12

Festas

Xornal 21 Maio 2018

da Rosa

Programación Cultural e Deportiva Festas da Rosa 2018 SÁBADO 2 DE XUÑO III TROFEO DE PATINAXE “Rosaleira Vila de Mos” Horario: a partir das 16:30 h Lugar: pavillón Óscar Pereiro

SÁBADO 9 DE XUÑO PRESENTACION DA ALDEA ALFACUCA por EVD (Esclavas Virxen Dolorora) Horario: 12:00 h Lugar: Aldea Alfacuca, Louredo

DOMINGO 3 DE XUÑO II TROFEO DE PATINAXE “Rosaleira Vila de Mos” Horario: a partir das 10:00 h e ao longo de todo o día Lugar: pavillón Óscar Pereiro

VIII TROFEO DE FÚTBOL Memorial Juan Estévez “Nené” Horario: a partir das 18:00 h Lugar: Campo de fútbol Coto Torrón

II FESTIVAL “ABRENTE FOLK” Horario: 18:00 h Lugar: Auditorio Centro Dotacional de Torroso VENRES 8 DE XUÑO SHOW COOKING, Chef IVAN MENDEZ ALVAREZ Horario: 20:00 h Lugar: auditorio exterior Pazo de Mos

CONCERTO “UN VERSO UN CANTAR” Horario: 20:00 h Lugar: Auditorio do Centro Dotacional de TORROSO CONVIDADAS: ANDREA POUSA e MULLERES DE TEATRO EN IGUALDADE DE MOS. DOMINGO 10 DE XUÑO FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA Horario: 17:30 h Lugar: Centro Dotacional de TORROSO


Festas

da Rosa

Maio 2018

Programación Cultural e Deportiva Festas da Rosa 2018 MERCORES DÍA 13 DE XUÑO CELEBRACIÓN DO DÍA GRANDE DA ROSA Na praza do concello A partir das 10:00 h e ata ás 11:00 h exposición e apertura do concurso de rosais. Ás 11:00 h misa solemne Ás 12:00 h pregón a cargo de Brais Mendez, xogador do R.C.Celta Ás 12:30 h veredicto dos Concurso de

VENRES 15 DE XUÑO CINE AO AIRE LIBRE Horario: 21:30 h Lugar: Urbanización de San Eleuterio SABADO 16 DE XUÑO XI XUNTANZA DE PALILLEIRAS de MOS Lugar: en Costoias – Tameiga Horario: a partir das 11:00 h e ao longo de todo o día DOMINGO 17 DE XUÑO III FESTIVAL CANTO CONTO Horario: 11:00 h ao longo de todo o día Lugar: exteriores do Pazo de Mos

Rosas, Concurso de Empanadas de pan de millo e concurso infantil “Que significa o Celta para ti” Ás 13:00 h Actuación Xulio Lorenzo

VENRES 22 DE XUÑO CINE AO AIRE LIBRE Horario: 21:30 h Lugar: Parque da Feira - Puxeiros

& Banda. Fin de festa coa “Exaltación da empanada de pan Millo” a cargo de Mulleres Rurais.

DOMINGO 24 DE XUÑO FESTIVAL DE CORAIS MEMORIAL CONSTANTE LAGO Lugar: Pazo de Mos Horario: 19:00 h

Xornal 21

13


14

Xornal 21 Maio 2018

Festas

da Rosa


Festas

da Rosa

Maio 2018

Xornal 21

15


16

Xornal 21 Maio 2018

Mos

Mos Limpo Ponse en marcha

Neste plan de actuación traballarán coordinadamente unha brigada municipal de parques e xardíns que chegará a contar con 15 membros xunto con 3 empresas: a de mantemento de parques e xardíns, a concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza de viais urbanos e, por último, a empresa responsable do desbroce e limpeza de cunetas. Redacción Mos

O Concello de Mos adxudicou o pasado mércores 9 de maio o servizo de desbroce e limpeza de cunetas das vías municipais. Con esta última contratacion bota a andar este servizo que formará parte do plan Mos Limpo, tal e como informaron a al-

caldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Limpeza Viaria e Parques e Xardíns, Cándido Pérez. Este plan integral permanecerá a pleno rendemento ata outono, sobre o mes de outubro aproximadamente, para acadar o obxectivo de manter os lugares

públicos en estado de máxima limpeza. Este cronograma de actuación ven marcado polas condicións climatolóxicas destes meses, que favorecen o maior crecemento da vexetación, así coma a celebración de máis actividades ao aire libre nas que se xeneran unha maior cantida-

“O Son do Pazo” convoca o segundo Concurso de Relatos Curtos sobre música galega A participación está aberta a escolares de entre 6 e 12 anos, que poderán depositar os traballos nas caixas instaladas nos colexios, na Biblioteca Municipal e no Pazo de Mos. A cuarta edición do Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ celebrarase na contorna do Pazo de Mos o venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro de 2018, pero a programación paralela xa botou a andar coa convocatoria do segundo Concurso de Relatos Curtos sobre a música galega dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. O Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, entidade organizadora do festival, volverá poñer en marcha o concurso co obxectivo de espertar o interese dos cativos pola cultura e as tradicións de Galicia. Tralo éxito de participación do ano pasado, no que se reco-

de de residuos e desperdicios nos espazos públicos. Para elo empréndese un plan de actuación a tres bandas máis, no que traballarán coordinadamente catro equipos: a brigada municipal de mantemento de parques e xardíns cun responsable á cabeza, o camión moto-

A Louriña

bomba de propiedade municipal (co seu correspondente conductor) para realizar o apoio ás labores de rego e baldeos, a empresa adxudicataria do servizo de mantemento de parques e xardíns, fontes e lavadoiros e demais espazos verdes públicos e a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza de viais urbanos. As brigadas municipais faranse cargo tamén do mantemento de fontes e lavadoiros, da limpeza de determinados viais, do mantemento do paseo do río Louro así como o camiño de Santiago. Prestarase especial atención e coidado ao mantemento en perfecto estado do mobiliario urbano (marquesinas autobús, bancos, papeleiras, etc) para elo esta brigadas foi reforzada neste mes de maio trala contratación de novos operarios para as brigadas de limpeza. Tratase dun equipo de 5 persoas (4 peóns e 1 conductor), solicitados con cargo ao Plan concellos, e que xa comenzaron a traballar neste mes de maio, dando apoio ás brigadas municipais. Tamén se solicitou por parte do Concello á contratación de 2 persoas preceptoras do RISGA (que comezarían a traballar en xullo) e na contratación de 4 peóns forestais solicitados a través do programa APROL da Xunta (que comenzarían no mes de xuño), como acción preventiva de lumes e para evitar queimas incontroladas. Dito persoal adicarase tamén á limpeza de maleza en fincas e taludes. Deste xeito, nun prazo de medio ano (de maio a outubro), o goberno local mosense pretende lograr un Mos Limpo con maiúsculas para uso e disfrute das persoas.

Mos organiza a súa duodécima Marcha BTT A inscrición anticipada estará aberta ata o 8 de xuño.

lleron máis de 30 redaccións elaboradas por escolares de Mos e dos concellos limítrofes, a segunda edición do certame contará cun xurado conformado polo profesor e investigador da música galega Xaime Estévez, a compoñente do grupo as Lagharteiras Tamara Costas e o actor e titiriteiro Andrés Giráldez. Os participantes poderán depositar as súas redaccións, cunha

extensión máxima dunha cara dun folio, nas caixas de correos instaladas nos distintos colexios públicos do concello de Mos, na Biblioteca Municipal e no propio Pazo. Os relatos poden estar escritos tanto a man como a ordenador e deben ser en galego. O gañador levará un set de xogos para o aire libre, o segundo finalista un set de xogos tradicionais e o terceiro clasificado un set de xogos de lóxica.

O vindeiro 10 de xuño celebrarase a XII Marcha BTT Concello de Mos que terá saída ás 09.30 horas da mañá dende o Pavillón Óscar Pereiro. A proba ciclista contará con presencia e asistencia da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos. O prezo de participación é de 5 euros por persoa con inscrición anticipada ata as 13.00 horas do día 8 de xuño, e de 8 euros por persoa con inscrición o propio día da marcha a partir das 08.30 horas. En ambos casos o prezo leva o seguro incluído. O percorrido da proba será de 32 quilómetros a ruta normal e de 40 quilómetros a ruta competitiva. En ambas rutas haberá avituallamento gratuíto. Ao final da proba serviranse uns pinchos para os participantes, que tamén disporán de servizo de lavado de bicis de balde. Ademais haberá duchas e sorteo de agasallos.

Todos os participantes deberán levar casco obrigatoriamente e os menores, de 15 a 17 anos de idade, terán que presentar unha autorización dos seus pais para poder participar. Os interesados en obter máis información sobre a BTT mosense poden chamar aos teléfonos 678 928 960 e 645 898 404.


A Louriña

Maio 2018 Xornal 21

Mos

Redacción Xornal21.es

O Ministerio de Fomento reiniciaba o pasado 7 de maio os traballos correspondentes ás obras de “Adecuación e mellora da seguridade viaria. Autovía A-55. Tramo: Vigo – Mos - O Porriño. Provincia de Pontevedra”, unha vez “finalizados os trámites administrativos necesarios para a continuidade dos traballos” explican desde o seu gabinete de prensa. Trátase dunha actuación de mellora das condicións de seguridade viaria da devandita autovía no tramo citado, que se desenvolve nos termos municipais de Vigo e Mos, entre os PP. KK. 3+000 e 13+000 da autovía A-55. Esencialmente, proxéctanse a mellora das condicións xeométricas dos accesos existentes, mediante a ampliación de lonxitudes de carrís de aceleración e deceleración, ou carrís de trenzado entre entradas e saídas consecutivas, que permitan canalizar os movementos dunha forma máis adecuada. Así mesmo, reordénanse e limitan os accesos á autovía, co obxecto de mellorar a explotación da estrada e a seguridade viaria. Igualmente, actuarase sobre a sinalización, horizontal e vertical, e sobre o balizamento dos tramos afectados. O orzamento de adxudicación ascende a 5.983.006,27 euros (IVE engadido).

17

Fomento reinicia as obras de adecuación e mellora da seguridade viaria da autovía A-55 Os traballos continúan despois das manifestacións das veciñas e veciños que esixían a finalización das obras.

Ata 15 de xuño pódese solicitar permiso para as fogueiras de San Xoan e San Pedro tricos ou telefónicos, A concellería de e ter conta de que Medio Ambiente, nos arredores non que dirixe o edil haxan produtos inCándido Pérez, inflamables. forma de que quen Queda expresateña intención de remente prohibida a alizar unha fogueira queima de pneumáa noite de San Xoan ticos, plásticos, latas, e/ou San Pedro botellas, materiais pode solicitar autocon PVC en xeral e rización no Rexistro similares, así como Xeral do Concello botar aerosois, aceiou no departamentes ou líquidos comto municipal de Mebustibles e calesquedio Ambiente, e ten ra substancias explode prazo para facelo sivas, etc. Tamén se dende o vindeiro prohibe facer fogueiluns 28 de maio e ras preto de elemenata o venres 15 de tos que constitúen xuño, ambos días ino patrimonio históclusive, especificanrico, ós efectos de do nome, enderezo, evitar calquera tipo teléfono e D.N.I. de dano. dos/das responsaNo suposto de bles, seguro de resque a fogueira se ponsabilidade civil faga sobre terreos de cunha cobertura por uso públicos lousaimporte de 150.000 dos, asfaltados ou euros e un plano de A autorización pertinente debe pedirse no pintados, os/as orsituación coa indiRexistro Xeral do Concello ou no ganizadores/as, encación do lugar no cargaranse de proteque se vai realizar o departamento municipal de Medio Ambiente. xer o pavimento e lume, que se deberá pintura cunha capa solicitar na oficina metros de diámetro nin os 3 metros de area de 10 cm. en toda a supermunicipal de Urbanismo. ficie da fogueira. Os elementos da fogueira de- de altura. Ao finalizar a fogueira, e, anA separación entre as fogueiras berán estar colocados con dous días naturais de antelación á súa queima, e os edificios, árbores e demais ob- tes de abandonar o lugar desta, para que, o Servizo de Emerxencias xectos que poidan resultar danados, os/as responsables da organizae Protección Civil do Concello poi- será como mínimo de 12 metros. ción coidarán que as cinzas queda levar a cabo a revisión e control Ademais porase especial coidado den totalmente apagadas, e prodesta. O volume de material com- de non situalas preto dunha zona cederán á limpeza inmediata do bustible non poderá superar os 8 forestal, nin baixo tendidos eléc- espazo autorizado.

Rematado o muro de contención fronte á Escola Infantil da Porteliña Xa se atopan prácticamente rematadas as obras de acometida dun muro de contención na Porteliña, fronte á Escola Infantil, a falla tan só de que sexan acometidos os labores de axardinamento. Estes traballos tiveron un prazo de execución de algo máis dun mes e “constitúen unha importante mellora para a zona da Porteliña, na parroquia de Petelos, xa que o anterior muro carecía dunha cimentación axeitada. E tratábanse dunha demanda veciñal que é xa unha realidade ao darlle resposta o goberno local a esta solicitude da veciñanza. Coa realización desta obra optimízase tamén a seguridade viaria, xa que

pola parte superior do muro transcorre un vial” como así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso. O devandito novo muro, de 175 metros cadrados, acometeuse tras os traballos de demolición, en pedra Rosa O Porriño e leva un bordillo de perpiaño. Así mesmo instaláronselle 44 metros lineais de barandilla de protección en aceiro galvanizado. O orzamento desta obra ascende a 36.396,80 euros financiados con fondos propios municipais. Inclúe un doble muro entre o que se creará unha pequena zona axardinada e cuxos labores de axardinamento.


18

Xornal 21 Maio 2018

O Porriño

A Louriña

A alcaldesa denuncia que os buses que fan o traxecto O Porriño-Vigo non contan con rampla de minusválidos

O Festival de Cans celebra as súas 15 primaveras do 23 ao 26 de maio O encontro presenta unha edición que busca o equilibrio entre os traballos de cineastas debutantes e consagrados, así como entre as súas seccións xa habituais e as novas incorporacións. O deseño do novo cartel do Festival de Cans énchese este ano de flores para reflectir as 15 primaveras que celebrará o certame porriñés do 23 ao 26 de maio. A Xunta de Galicia volve colaborara economicamente co evento a través dunha achega de máis de 25.000 euros, resultado da adxudicación das subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a festivais do sector audiovisual. Os principais contidos da edición deste ano foron adiantados pola organización nun acto no que tamén participou Jacobo Sutil, director da Agadic, xunto aos representantes do resto de entidades e empresas colaboradoras. Na súa intervención, Sutil fixo fincapé nas razóns polas que o festival que organiza a Asociación Cultural Arela pode considerarse un modelo a seguir desde o punto de vista da xestión cultural. Entre estas características, destacou a orixinalidade nos seus xeitos de exhibición, a súa condición de celebración lúdica que vén reforzar a proxección social do audiovisual galego dentro e fóra da nosa Comunidade e a súa consolidación como marca sólida, diferenciada e única, así como a implicación dos propios veciños da parroquia porriñesa que lle dá nome ao encontro.

HOMENAXE A CHELO LOUREIRO “Cans é, sen dúbida, un evento estratéxico para a difusión da creación audiovisual e para o asentamento de públicos”, sinalou o director da Agadic, quen quixo sumarse ao homenaxe que a organización lle renderá nesta edición á produtora Chelo Loureiro, “pioneira en moitos ámbitos do noso audiovisual”. Xunto con Chelo Loureiro, outros nomes destacados do apartado audiovisual do programa son Fernando Trueba, Gracia Querejeta, Borja Cobeaga, Anxos Fazáns, Isabel Naveira, Nieve de Medina, Roque Cameselle, Berta Ojea, Ángel Filgueira, Nerea Barros, Isabel Blanco ou Felipe Lage. A organización destaca a convivencia entre os cineastas debutantes e as figuras consagradas en todas as competicións da sección oficial: curtametraxes de ficción, animación, videoclips e, como nova incorporación este ano, un concurso de traballos de non ficción baixo o nome de FuraCans. En canto ás longametraxes, Cans contará cunha dobre sesión de apertura cos filmes A estación violenta, opera prima de Anxos Fazáns, e British Winters, primeira longa en imaxe real de Roque Cameselle. O festival será tamén o escenario para a estrea de Sevilla y Gomorra, de Ángel Filgueira, ade-

mais de para a proxección do documental de creación Versogramas, de Belén Montero e Juan lesta. De novo, haberá lugar para seccións habituais como Coloquios na leira, Fillas e fillos de Cans, A que andas?, os coloquios AISGE ou o roteiro cinéfilo-literario con Carlos Meixide, ademais de inaugurar a sección ExtraCans, que porá o foco nas conexións dos profesionais galegos cos doutros países, ou o programa especial Contra o lume.

CONCERTOS A música e a súa relación co audiovisual volverá proporcionar algúns dos pratos fortes da programación, como é o caso do cartel de concertos. Este ano tocarán en Cans Burning, Familia Caamagno, Triángulo de Amor Bizarro, Depedro, Pardo, Tanxugueiras, Kevin Weatherill (líder dos Inmaculate Fools, Pantis, Magín Blanco, Tino Baz ou Esteban & Manuel, entre outros. Esta ampla programación complétase con outras seccións habituais como MiniCans e Cans do futuro para o público infantil e xuvenil, a Can Parade para descubrir novos valores artísticos de Galicia ou a ollada gastronómica cara á sétima arte con Tapas de cinema, mencionando só algunha das actividades que terán lugar nesta décimo quinta edición.

O Goberno local do Porriño vén de esixir á Xunta de Galicia que corrixa de xeito inmediato a actual situación que teñen que soportar os porriñeses con diversidade funcional que non poden empregar os autobuses de ‘Faibus’ para desprazarse de Vigo a O Porriño. A alcaldesa, Eva García de la Torre, facéndose eco das denuncias de numerosas persoas, cualifica de “intolerable e inxustificable” o feito de que os autocares que fan este servizo conten no seu interior con espazos acaídos para persoas con diversidade funcional e non estean preparados para que estas persoas poidan subir ao bus con unha cadeira de rodas. A xuízo de García de la Torre, esta situación é “denigrante e vexatoria” e subliña que dentro dos buses está sinalizada unha parte reservada para estas cadeiras, e que as mesmas contan cos métodos de subxección e os botóns de aviso para solicitar as paradas adaptados a persoas con diversidade funcional, pero que, coma recoñecen os mesmos condutores destes vehículos, os mesmos

non teñen rampla de acceso para que sexa posible que as persoas en cadeira de rodas suban ao bus algo que é “ridículo e vergoñento”. A alcaldesa lembra que hai xa dous anos que veciños do Porriño con diversidade funcional manifestáronse para esixir que rematase esta discriminación que os obriga a empregar un coche particular, ou a ir en taxi, cando teñen que ir a Vigo para facer algún trámite ou acudir ao médico, e insiste en que “neste tempo a Xunta non tomou medida algunha”. García de la Torre sinala que á Xunta “éncheselle a boca falando das bondades do transporte metropolitano que, por certo, pagamos en unha porcentaxe moi importante os concellos, pero non garante que poidan beneficiarse do mesmo todas as persoas por igual”. Na súa opinión, o Goberno de Galicia limitouse a poñer en marcha un plan de transporte procurando, unicamente, que “fose o máis barato posible, pero non se preocupou de que todos os cidadáns puidesen facer uso del”.

Máis de 200 triatletas tomarán a saída o vindeiro sábado, día 26 de maio, no VI Triatlón Concello do Porriño A proba chega a este ano a súa sexta edición sendo, segundo o propio presidente da Federación Galega, unha das máis importantes que se disputan en Galicia. O deportista Kike Morán salienta a importancia de que xunto coas e cos triatletas que disputarán a proba central, haxa 45 rapazas e rapaces de 4 a 10 anos que competirá no ‘MiniTriatlón’, o cal salientou, asegura a permanencia desta modalidade. Son os máis cativos os primeiros que abrirán a competición, ás 12 menos cuarto da mañá, na piscina Municipal, nadando 25 metros; de seguido, montarán nas bicicletas para facer 700 metros, pasando polo Cristo dos Cachos, ata a Igrexa de Santa María e, finalmente, correrán 300 metros ata a

Praza de Antonio Palacios, diante do Concello. Pola súa banda, os triatletas que competirán na proba absoluta, sairán ás 5 da tarde-categoría masculina e 5 e 10 minutos, a feminina- do Porto Deportivo de Tui para nadar 750 metros no Miño; logo farán a primeira transición na Comandancia Naval do Miño, collendo a bicicleta para completar 20 quilómetros ata a rúa Domingo Bueno onde, xa na segunda transición, sairán correndo para completar, nun circuito polo centro do Porriño, 5 quilómetros de carreira. Estímase que os primeiros clasificados fagan un tempo por debaixo da hora e que prácticamente todos os competidores completen a proba en 1 hora e 30 ou 1 hora 40 minutos.


A Louriña

Maio 2018 Xornal 21

O Porriño

19

A Deputación inicia as obras da glorieta do lugar da Costeira, na intersección de Cerquido-Budiño

Manifestación o 1 de xuño para esixir a eliminación do paso a nivel Nunha xuntanza convocada a instancia de todos os membros da Corporación do Porriño, integrantes de todos os grupos políticos da mesma, con entidades veciñais, sociais e culturais, comunidades de montes, representantes de sindicatos, de colectivos económicos e empresariais, de clubes deportivos, asociacións de comerciantes, de hostaleiros ou gremios de toda a vila, decidiuse iniciar mobilizacións para esixir ao Goberno de España que tome en serio a demanda, que cumpre xa 70 anos, de eliminar o paso a nivel do Porriño. Todos os representantes dos grupos municipais, sen excepción, consideraron que acabou o tempo de pedir a ADIF e ao Goberno que o tren deixe de pasar polo centro da vila e chegou xa o de que as porriñeses e os porriñeses saia a rúa, de xeito constante, masivo e continuado para que os responsábeis públicos decidan acabar con esta situación.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, fixo un repaso do que pasou dende o ano 2007, cando o Ministerio de Fomento elaborara un proxecto no que se recollía a supresión do paso a nivel logo do desvío da actual traxectoria da vía e que, advertiu, “caducará en novembro deste mesmo ano”. García de la Torre lembrou a xuntanza mantida en Madrid, en setembro de 2015 con dirixentes de ADIF; o accidente de setembro de 2016 no que morreron 4 persoas e outro medio centenar resultaron feridas; a visita a O Porriño da directora xeral de Infraestruturas de ADIF, en setembro do ano pasado, cunha proposta, “rexeitada, sen fisuras por toda a Corporación”, que pasaba por ‘emparedar’ a vía tras uns muros abrindo un paso soterrado para peóns e vehículos. Finalmente, sinalou, foron ata “cinco representantes de ADIF os que viñeron o pasado 17 de abril para, salientou a al-

caldesa, “preguntarnos cómo estábamos e qué queríamos, sen plan ou proposta algunha para quitar o paso a nivel”. Foi esta actitude a que levou á Corporación a decidir que había que prescindir das negociacións con ADIF logo do que parecía unha ‘tomadura de pelo’ e tener coma único interlocutor ao Ministerio de Fomento, polo cal o 23 de abril remitiuse unha carta a ministro, Íñigo de la Serna, pedindo unha xuntanza, carta que non tivo resposta a día de hoxe. Ante todas estas circunstancias, e dacordo con todas as asociacións, clubes, colectivos e entidades locais, acordouse conxuntamente cos voceiros dos grupos políticos municipais, convocar para o vindeiro 1 de xuño,venres, ás 8 da tarde unha manifestación, á que se pide a asistencia de todas as veciñas e veciños, para esixir o desvío da vía do tren do centro do Porriño e a supresión do paso a nivel.

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar as obras da nova glorieta de ordenación do tráfico no cruce da intersección da estrada provincial EP-2405 Cerquido-Budiño con dúas vías municipais no lugar de A Costeira. Segundo explicou o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, xa están derrubadas a antiga marquesiña de autobús e os galpóns expropiados para ampliar a zona de actuación, e tamén se están a realizar estudos sobre as canalizacións existentes na zona co que o persoal técnico denomina unha ‘toupeira’. Estímase, segundo o nacionalista, que se non se producen complicacións a obra poderá estar rematada no mes de xullo. O concelleiro de Vías e Obras Manuel Carrera, que estivo visitando os traballos, subliña que os mesmos comezan logo de ser “longamente demandados por veciñas e veciños desta zona” e lembra que xa pedirá ao anterior goberno da Deputación,

“sen que nos fixeran caso”, que acometeran esta obra. Carrera agradece aos actuáis responsábeis do organismo provincial que tomaran en conta a reivindicación do Porriño, e salientou que ista é unha actuación “moi necesaria” dada a perigrosidade deste lugar , con “moi pouca visibilidade” e dificultades para circular sen correr riscos. Hai que lembrar que as obras en A Costeira estaban paralizadas debido a que no momento en que a empresa adxudicataria, Construcciones Vale SL, asinara o contrato e pressentara a acta de replantexamento había unha climatoloxía moi adversa debido á chuvia. Unha vez mellorou o tempo a actuación comezou tan pronto a empresa estivo dispoñible. O orzamento global do proxecto ascendeu a 220.336,36€, sendo 21.534 para expropiacións e o resto á execución da obra. Finalmente a licitación pechouse por un prezo menor: 132.719,68€.

Aberta a inscrición para os Campamentos de Verán Xa está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán do Concello do Porriño, que baixo o nome de ‘Leo e as viaxes polo tempo’, ten coma obxectivo, tal e como sinala a concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón, “ofrecer unha alternativa de lecer e tempo libre ás nenas e nenos do Porriño durante o verán e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ás porriñesas e porriñeses”. Os campamentos, que están cofinanciados pola Deputación de Pontevedra, abranguen do 2 de xullo

ao 10 de agosto e están abertos a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos de idade- nados entre 2006 e 2013. As quendas para os mesmos serán: 1ª.- do 2 ao 6 de xullo; 2ª.- do 9 ao 13 de xullo; 3ª.- do 16 ao 20 de xullo; 4ª.- do 23 ao 27 de xullo; 5ª.- do 30 de xullo ao 3 de agosto e 6ª.- do 6 ao 10 de agosto. As inscricións poden facerse no Centro de Información á Muller (CIM), no 3º andar do Concello, de 9 da mañá a 2 da tarde. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 337 429.


20

Xornal 21 Maio 2018

O Goberno local do Porriño acometerá a reforma e humanización integral da Avenida de Galicia, un proxecto que disporá dun orzamento total de 600.000€ e que estará financiado con cargo ao ‘Plan Concellos 2018’ da Deputación de Pontevedra. A alcaldesa, Eva García de la Torre, subliña que o obxectivo principal é o de “recuperar espazos públicos para os veciños” e para o cal, engade , “haberá elementos que van a dar resposta ás demandas dos cidadáns”, coma un parque infantil, zonas verdes, espazos de lecer e partes que disporán de sombra de xeito que se poida gozar dos mesmos nos meses do verán. Ao tempo que “se integra esta zona na nosa vida cotiá, creando un lugar con atractivo e personalidade propia”, tamén “apostamos polo impulso económico dunha das arterias do Porriño”, buscando o incremento de número de establecementos e negocios de todo tipo, dende hostaleiros ata de novas tecnoloxías, cubrindo un déficit

O Porriño

dotacional e acabando coa falla de atractivo desta parte da vila pola que pasan cada día milleiros de persoas. O prazo de realización dos traballos, unha vez sexan licitados e adxudicados, será duns 6 meses e os mesmos acometeranse sobre unha distancia total duns 450 e máis de 2.270 metros cadrados de superficie, incluíndo a medianeira que separa os carrís de cada sentido de circulación. Considerando que a Avenida de Galicia é unha das principais vías de acceso ao casco urbano, as obras vanse realizar en dúas fases coa finalidade de reducir ao máximo as molestias que poidan ocasionar. Os traballos, ademais das melloras dotacionais e estéticas, abranguerán unha nova rede de conexión de pluviais, instalación de luminarias e xardineiras, adiamento da praza e das beirarrúas, reposición de pavimentos e mobiliario urbano, plantación de árbores, colocación de xardíns ou a instalación dunha pérgola de folla.

A reforma da Avenida de Galicia contará cun investimento de 600.000€ do ‘Plan Concellos 2018’

A Biblioteca Municipal do Porriño unha das catro mellores bibliotecas públicas de Galicia A Biblioteca Municipal do Porriño, que depende directamente da Alcaldía, é segundo os datos proporcionados pola Xunta, unha das 4 mellores bibliotecas públicas de Galicia. Na actualidade, dacordo cos devanditos datos, a Biblioteca Municipal do Porriño é a primeira biblioteca galega en número de préstamos por habitante, superando un crecemento do 1.000% nos últimos 11 anos, un aumento que, dacordo coas estatísticas do primeiro trimestre deste 2018, indican que o número de préstamos aumentou un 30% en relación co mesmo período do ano pasado. Hoxe a Biblioteca Municipal ten preto de 6.100 usuarios, está recoñecida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) coma unha das 350 me-

llores bibliotecas do Estado, recibindo esta distinción ata en 13 ocasións entre os anos 2002 e 2017 e, entre outros recoñecementos conta con Premio Mes de Abril da Xunta de Galicia, Mención Especial do Premio María Moliner de Animación á Lectura,

A Louriña

do Ministerio de Cultura ou o 1º Premio Nacional de Animación á Lectura. En febreiro de 2017 a Consellería de Cultura elixiu á Biblioteca do Porriño para integrarse na renovada Rede de Bibliotecas de Galicia baseada na pla-

taforma de software de código aberto Koha; un ano antes puxo en marcha un programa de actividades, que seguiu en 2017 e 2018, no que participaron varios centos de persoas. As devanditas actividades abranguen obradoiros de alfabetización dixital para persoas maiores, clubs de lectura, grupos de conversa en alemán e inglés con profesores titulados, obradoiros de fotografía dixital con profesionais, de escritura creativa, roteiros, cursos de cociña ou documentais. Ese 2018, a Biblioteca ten en marcha o programa ‘Bibliocultura’, que supón a realización dunha obra de teatro infantil ao mes coa finalidade de animar á lectura e achegar as artes escénicas á poboación infantil: trátase de 9 actuacións de 9 compañías de teatros e monicreques de Galicia.

O BNG propón que se nomee a praza da Alameda como “Praza Oito de Marzo” O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego propón que a actual praza da Alameda se nomee como Praza Oito de Marzo. Os nacionalistas lamentan que hoxe en día no rueiro do Porriño non haxa nomes de muller. A moción, para a súa deliberación e debate no pleno da corporación, preséntase como unha “oportunidade de contribuír á visibilización desta loita para mudar a situación actual e como recoñecemento ao gran paso adiante dado precisamente este ano polas mulleres, facendo que a data do oito de marzo dea nome a unha praza deste Concello, feminizando e galeguizando ao tempo o noso rueiro”.


A Louriña

Maio 2018 Xornal 21

O Porriño

21

A inserción laboral acada altas cotas en Ledisson AIT

Membros do PP do Porriño achegaronse a coñecer o traballo que está a firma porriñesa. A tecnoloxía 4.0 e a innovacion ten selo porriñés. Recentemente membros do PP local achegáronse a coñecer polo miudo o traballo que está a firma porriñesa Ledisson AIT na súa sede situada no Polígono Industrial de A Granxa. Da man do seu coordinador xeral, Óscar Rodríguez, coñeceron in situ os proxectos que está a desenvolver esta compañía especializada en programación robótica, situada xa á cabeza nun sector incipiente no que todavía queda moito que aportar. Dende que iniciara a súa actividade alá polo 1998 a traxectoria de Ledisson estivo vinculada sempre aos avances tecnolóxicos e á innovación aplicada á automatización de procesos. Dende entón a súa actividade dsenvolveuse por todo o mundo participando en diferentes proxectos. A principal liña de negocio desta empresa, de capital cen por cen galego, é a programación de robots que aporten solucións. A través de diferentes spin outs punteiras no seu sector e respaldadas polo cluster da automoción, Ledisson AIT deu un salto e mergullouse de cheo na cobótica. Da man do programa BFA (Business Factory Auto), constituiu a Human Cobotic, adicada exclusivamente á cobótica, robótica colaborativa, deseñada para integrarse nos procesos productivos. Tecnoloxía sensitiva con selo porriñés que da resposta aos problemas demoitas empresas que non poden incluir os robots convencionais nas súas liñas de producción. Estes "cobots" non modifican en exceso a cadea de producción da factoría e poden traballar man a man cos operarios sen supoñer ningún risco para eles e incluso levar a cabo traballos que os operarios non poden realizar. Así, o cobot apoia ao traballador e o traballador apoio ao cobot. Por outra banda, e directamente tutelados por PSA Citroen, naceu a spin out IIoR, un proxecto moi ambicioso para conectar os robots

e plc de todas as plantas de PSA no mundo e poder controlalas dende a súa sede en Vigo. Como explica Óscar Rodríguez, ademais de traballar para as principais marcas da automoción, Ledisson AIT xa comezou a expandirse a outros sectores como o da madeira da man do líder no sector, o aeronáutico ou o alimentario ademais de facer unha importante aposta polo I+D onde a firma está plantexando xa a súa primeira patente. A profesionalidade e compromiso de Ledisson provocaron que o 90% da súa facturación neste momento proveña da exportación, sendo proveedores habituais das maiores enxeñerías centroeuropeas. Rusia, Israel ou Tanger son algúns dos lugares onde a empresa porriñesa estivo presente, actualmente están programando para Porsche Stuttgart e rematando de programar o novo Clase A en Finlandia.

UNHA APOSTA

FIRME POLO EMPREGO E A FORMACIÓN

O equipo de Ledisson AIT está composto por profesionais altamente cualificados e con experiencia na programación das principais marcas de robots e automatismo do mercado. Dispoñen de instalacións formativas, onde realizan actualizzacións do seu equipo profesional e onde ademais forman ao persoal para o día a día das emrpesas. "Apostamos polo talento, a profesionalidade e a excelencia. O noso valor son as persoas que forman o equipo de Ledisson AIT, sendo a súa adicación e entrega a nosa mellor garantía", apunta Rodríguez. Unha aposta que permite que moitos porriñeses e porriñesas se formen neste eido de futuro non seu propio pobo "nunca é tarde para mergullarse no mundo da programación e a robótica". Ademais, conscientes da súa capacidade, Ledisson AIT non da a espalda ao seu pobo e colabora en numerosas iniciativas de caracter social no municipio.

A Escola de Cociña EFA A Cancela realizará un “Show Cooking” na Feira do Pan do Porriño Queda aberto o prazo para presentar equipos ao concurso “Empanadas non Ring”. Redacción O Porriño / Xornal21.es

“Show Cooking” de maridaxe A Feira do Pan do Porriño, de produtos con Pan de Poorganizada por ACIPOR e a rriño, que será o indubidable Asociación de Panadeiros de protagonistas. Os futuros coPorriño en colaboración e co ciñeiros e chefs de EFA A patrocinio do Concello de Po- CANCELA, elaborarán varias rriño, a través da Concellería preparacións de pratos nos de Comercio e Industria que que brillará o pan de Porriño, dirixe Marcelino Coto Tron- salgadas e doces. Na preparacoso, está xa en marcha para ce- ción deste “Show Cooking” lebrar os próximos 1 e 2 de xa traballa o equipo de alumXuño a súa IIIª Edición, unha edición que desde a organización queren que sirva para consolidar O día 30 de Maio e ampliar o seu impacto como a única feira de rematará o prazo de pan artesán da provincia de Pontevedra. inscrición no Iº concurso Desde a organización veñen de informar que o ciclo de Panadede empanadas ría Repostería da escola de Formación Profesional EFA A CANCELA situada nas Neves, participa- nos buscando combinacións e rán novamente organizando maridaxes que fagan brillar o “Show Cooking” da Feira este produto, que en si só xa do Pan do Porriño, unha co- ten un valor gastronómico laboración que desde ACI- moi importante, que non POR e a organización da quixo desvelar aínda as prepaFeira do Pan, afirman “servirá racións para dar a sorpresa o para consolidar unha intere- día do evento. “Seguro que sante colaboración e dará un van sorprender”, afirman salto de calidade na organiza- desde a organización” ción da mesma”. A escola de formación proDesde ACIPOR e a Aso- fesional EFA A Cancela aposta ciación de Panadeiros, quixe- desde hai anos por formar aos ron tamén destacar o gran la- seus alumnos no campo da pabor desenvolvido en 2017 no nadería artesá, buscando a esen-

cia do bo pan, utilizando procesos moi similares aos do pan do Porriño, (as longas fermentacións, trigos de gran calidade, masa nai, etc.). Desta paixón polo pan, desde a Feira do Pan do Porriño considerouse moi positivo contar coa colaboración de EFA A Cancela para visibilizar esta profesión e a necesidade de combinar a tradición coa formación e a innovación, ao entender que o futuro da panadería pasa por formar profesionais que volvan posicionar o pan nos estándares de calidade que se merece. ABERTO

O PRAZO PARA INSCRIBIR EQUIPOS NO CONCURSO “EMPANADAS NO RING”

Así mesmo, desde a organización da Feira do Pan, informaron que se abriu o prazo que durará ata o día 30 de Maio, para que se poidan inscribir equipos no Iº concurso de empanadas “Empanadas no Ring”. Calquera persoa pode presentar un equipo, composto dun mínimo de 3 e un máximo de 5 persoas que competirán presentando a súa empanada ao xurado o día 2 de Xuño. Poderanse presentar ata 8 equipos, un por parroquia, polo que a organización anima aos interesados a que participen no evento dirixindo as súas solicitudes a comunicacion@acipor.es ou no teléfono 693407755. As bases do concurso pódense ler xa na web https://pandoporrino.wordpress.com/


22

Xornal 21 Maio 2018

Salceda de Caselas

Unha enquisa online pregunta aos salcedenses pola mobilidade nas rúas Dentro proceso de elaboración do I Plan de Mobilidade Sustentable de Salceda de Caselas, despois da xornada de xuntanzas con colectivos, asociación e partidos políticos, abre agora a participación da veciñanza de Salceda, que terá opción de cubrir unha enquisa online na que poderán recoller as súas inquedanzas e propostas como residentes, nun cuestionario de ca-

rácter anónimo ao que calquera veciño ou veciña poderá acceder mediante a páxina web ou as redes sociais oficiais do Concello. A enquisa estará dispoñible ata o vindeiro 15 de xuño, e dende o Concello animan a toda a veciñanza a participar na mesma, para que o I Plan de Mobilidade Sustentable recolla as aportacións de todos e todas. O proceso comezou xa o pa-

sado 3 de maio coas xuntanzas que mantivo a empresa redactora do Plan cos grupos políticos da oposición, PP e PSOE, para continuar con tres quendas con representantes veciñais, contando tanto cos colectivos e asociacións veciñais como coas ANPAS dos centros de ensino públicos, asociacións culturais e deportivas ou comunidades de montes das parroquias.

O CEP Altamira de Salceda pon en funcionamento unha aula multisensorial Nun paso máis para facilitar a inclusión, o CEP Altamira de Salceda de Caselas puxo en funcionamento unha novidosa aula de estimulación multisensorial, unha iniciativa que resulta moi innovadora nun centro ordinario, polo que tivo recibido os parabéns de diferentes instancias do mundo educativo. A súa posta en funcionamento foi sufragada na súa totalidade pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, asumindo parte da man de obra o concello de Salceda de Caselas. Precisamente, o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares visitou a innovadora aula para coñecer o resultado das obras.

O obxectivo principal da estimulación multisensorial é o de mellorar as condicións de vida, traballar as sensacións, a percepción e o sensorial que son capacidades básicas do ser humano. Búscase así mellorar a asimilación da información sensorial que se lles ofrece optimizando a súa relación coa contorna e as súas aprendizaxes. Nun ambiente con estímulos controlados, trabállanse as sensa-

cións tendo, o neno, a liberdade para explorar, descubrir e gozar de diversas experiencias sensoriais. Un paso máis que contribúe á mellora da calidade educativa no centro.

A Louriña

Akka Eaasadaoui arrasa unha vez máis na VI Corre X Salceda O pasado domingo 6 de maio Salceda de Caselas acolleu a VI edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas. Un ano máis o evento foi un éxito, contribuíndo á consolidación do mesmo entre as probas destacadas da provincia. Baixo o nome “Corre X Salceda”, as/os participantes percorreron os espazos naturais de Salceda, así como os diferentes tramos de sendas polos Ríos Caselas e Landres, nun percorrido que foi calificado como “fermoso” ou “interesante” por moitos/as dos/das atletas participantes. Para a categoría absoluta, con saída ás 10:30, os/as participantes podían elexir entre facer 5 ou 10 km. Os/as nacidos/as entre 2003 e 2005 fixeron un circuito de 2.500 metros, 1.000 metros para os/as nacidos/as entre 2.006 e 2.008, 500 metros para os/as nacidos/as entre 2.009 e 2.011, 150 metros para a categoría “Pitufos A”, que englobou aos nenos e nenas nacidos entre 2.012 e 2.014, e 100 metros para os “Pitufos B”, nacidos en 2.015 e 2.016 . Todas as categorías realizaron a súa saída dende a Praza do

Concello. Ademáis, no caso das categorías inferiores, todas elas contaban con un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida. A proba contou ademáis con unha vertente solidaria, xa que as categorías inferiores tiñan como requisito de participación a aportación de alimentos non perecedeiros para o Programa Municipal de Alimentos, recaudándose máis de 300 kilos que sen dúbida servirán de axuda a moitas familias que non están a pasar o seu mellor momento. Máis de 50 persoas voluntarias garantiron o correcto desenrolo da proba baixo a dirección da Policía Local, encargándose da loxística, control de cruces, avituallamento, entrega de dorsais, etc. Así mesmo, o Concello contou tamén coa colaboración de diversos clubes da localidade, con Protección Civil e coa Garda Civil.


Baixo Miño

Maio 2018 Xornal 21

a Guarda | o Rosal | oia | Tomiño | Tui

Tomiño solicita do Plan Concellos preto de 950.000 euros

Tui solicita 1.029.918 para a execución de 13 proxectos Antes de finais de ano presentaranse novos proxectos por importe de 739.718€ para 2019 ao tratarse nesta convocatoria dun plan plurianual.

A obra máis salientable é a reforma da contorna da Igrexa de Figueiró que, dados os numerosos visitantes que atrae o santuario de San Campio, foi proposta polo goberno para ser mellorada este ano. O concello de Tomiño solicitou, ao abeiro do Plan Concellos, preto de 950.000 euros que repercutirán en melloras en distintas parroquias do municipio. A obra máis salientable é a reforma da contorna da Igrexa de Figueiró; unha das prazas máis fermosas do concello, que debido aos numerosos visitantes que recibe o santuario de San Campio de Lonxe, foi proposta polo goberno local para ser mellorada este ano. O proxecto, ao que se destinarán 440.000 euros, será amosado aos veciños e veciñas, o vindeiro martes, 22 de maio, nunha reunión que terá lugar no Centro de Figueiró. Previamente foi presentado ao párroco, bispado, comunidade de montes e asociación veciñal. Nestes momentos, concretamente, está pendente da autorización do bispado, e conta co informe favorable de Patrimonio, autorización sectorial necesaria para levar adiante as obras. Na actualidade, a praza de Figueiró utilízase coma aparcamento de vehículos e pouco máis, non sendo posible un uso para goce das persoas. Segundo o deputado provincial e edil to-

miñés Uxío Benítez “a idea é convertela nun referente, coma se fixo ca Praza do Seixo, un lugar de encontro, para as persoas, e preferentemente peonil”. A este proxecto destinarse un total de 440.000 euros. Ademáis da mellora da Praza de Figueiró, vaise acondicionar tamén, a contorna da Igrexa de Amorín; obra valorada en 180.000 euros. Asemade, acometeranse melloras en distintas estradas de competencia municipal, por un importe de 325.000 euros, e substituirase a herba natural do campo de fútbol do Alivio por herba sintética, co fin de poder usalo máis seguido e aforrar en mantemento. Por último continuarase coa mellora da contorna da Alameda, e do entorno da escola de música de Goián. Finalmente, é necesario lembrar que parte do Plan Concellos foi destinado xa ao fomento do emprego, por un importe de 270.000 euros que permitiron contratar a 25 persoas nos sectores de xardinería, limpeza, carpintería, electricidade, administración e outros.

23

A elaboración de cartografía Six, ortofotodixital, e rede topográfica do municipio é o proxecto de maior importe, 90 mil euros, solicitado polo Concello de Tui ao abeiro do Plan Concellos 201819. En concreto foron presentados trece proxectos de investimento por un importe total de 752.383,38 dentro da liña 1. Contémplase así a mellora das pistas de tenis municipais en Areas, cun importe de 64.245,22€; unha área lúdico recreativa no CEIP de Rebordáns por importe de 42.442,18€; unha área recreativa na aula de Ponte Internacional do CRA Mestra Clara Torres nas Bornetas cun in-

vestimento de 31.495,86€; e a mellora dos vestiarios no pavillón polideportivo vello por importe de 59.817,58€. Na solicitude figuran tamén 70.714,71€ para a demolición do edificio municipal na Avenida da Concordia; 63.120,32€ para a substitución da cuberta da nave de maquinaria do concello e 64.673,46€ para a construción dunha nave industrial para garaxe de camións nas instalacións municipais en Guillarei. Outras actuacións para as que se solicitou a achega provincial ao abeiro do Plan Concellos son a separación das augas pluviais e reparación de beirarrúas nas estrada cara

Baiona por 78.602,96, e a mellora da pavimentación no acceso ao núcleo da Malladoura por 49.476,88€. Por outra parte ao abeiro da liña 2 para o financiamento de actos culturais foi solicitada unha achega de 44.577,61€ para a celebración do Pacto de Tui. Mentres na liña 3 de emprego para a conservación e mantemento de bens e servizos municipais o importe concedido é de 232.957,83€. Para a contratación de 20 traballadores, en concreto 7 peóns de horticultura - xardinería, 2 oficiais de segunda albaneis, 1 oficial de segunda carpinteiro, 1 oficial condutor de camión, 1 oficial de segunda soldador de estruturas metálicas lixeiras, 4 animadores turísticos, 2 auxiliares administrativos de biblioteca e 2 auxiliares administrativos de servizos xerais. En total tense solicitado un total de 1.029.918,83€.

Nava Castro amadriña en Tomiño a primeira ruta de navegación nun embarcadoiro inclusivo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, amadriñou o pasado día 10 en Tomiño a botadura dunha das dúas embarcacións que inauguraban a primeira ruta turística no

embarcadoiro inclusivo do Espazo Natural do Río Miño, unha infraestrutura que se realizou ao abeiro dun convenio de colaboración asinado o pasado ano entre este concello

pontevedrés e Turismo de Galicia e que garante a accesibilidade de embarque e desembarque das persoas con diversidade funcional nesta parte do río Miño.


24

Xornal 21 Maio 2018

Nigrán | Gondomar | Baiona

Val Miñor

Triunfo do Bribón Movistar Clásico e o Evelina na Regata 525 Aniversario da Arribada

Foto de familia Regata 525 Aniversario Arribada Pinta. /© Rosana Calvo

Concello e Fundación ‘La Caixa’ brindan axuda ás vítimas dos incendios O Concello de Nigrán, a través da Fundación La Caixa, ven de entregar 10.000 euros en concepto de axuda de emerxencia social á familia que perdeu a súa

casa e tódalas súas pertenzas no fatídico incendio do 15 de outubro en Chandebrito. A Obra Social, tras analizar cos Servizos Sociais do Concello de Nigrán a situación

de Noemí Fialho e a súa nai, quixo axudar a esta familia que actualmente reside nunha vivenda prestada por un veciño e que deben abandonar proximamente.

Técnicos de Augas de Galicia e de Baiona elaboran o Plan de Emerxencia da presa de Baíña O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu a primeira reunión informativa sobre a implantación do Plan de Emerxencia da Presa de Baíña en Baiona. Á cita acudiron o subdirector Xeral de Xestión de Dominio Público de Augas de Galicia, Roberto Arias Sánchez, acompañados por outros técnicos do servizo, técnicos da Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, a técnica de Medio Ambiente do

Concello de Baiona e o Alcalde de Baiona, Anxo Rodal. Alí asistiron ás explicacións dadas polos técnicos de Augas de Galicia e da empresa encargada

do plan, sobre o estado da xestión. Unha das cuestións que se abordou foi o radio de afectación ante un posible escenario de emerxencia. Ademais, decidiuse que os sistemas de alerta á poboación incluirán a implantación de dúas sirenas de aviso de emerxencia. Tamén se establecerán puntos de encontro para a poboación. Rodal cualificou a reunión como de “alta produtividade” e garantiu a colaboración do Concello.

O Bribón Movistar Clásico do Real Club Náutico de Sanxenxo, patroneado polo medallista olímpico santanderino Jane Abascal, e o Evelina, do club finlandés Nyländska Jaktklubben, con Henrik Andersin á cabeza, levaron este domingo os dous ouros que se repartían na Regata do 525 Aniversario da Arribada da Carabela Pinta. Ambas as tripulacións chegaron líderes á última etapa da competición e foron capaces de sentenciar a clasificación nunha xornada que ofreceu á frota de 6 metros internacional unhas condicións envexables para a navegación, sen choiva, con pouco mar e un vento establecido desde os primeiros mo-

mentos, tanto en dirección como en intensidade. Na categoría dos barcos máis antigos, o Bribón Movistar Clásico do Real Club Náutico de Sanxenxo, con Abascal á cana, foi sen dúbida o mellor. Asinou tres primeiros postos nas catro probas disputadas, e só se deixou arrebatar unha manga polo Mena de Violeta Álvarez, do Royal Yacht Squadron (Cowes, Reino Unido) que, a pesar de completar unha moi boa regata, tivo que conformarse coa prata. O bronce levoullo o Titia do Presidente da Asociación Española de 6 metros, Mauricio Sánchez-Bela, que colleu impulso na xornada final e subiu da quinta posición á terceira.

A Mancomunidade do Val Miñor e os Concellos apoian o Parque de Bombeiros na comarca Durante o último mes, nos plenos celebrados nos concellos do Val Miñor, Baiona, Gondomar e Nigrán foron aprobadas mocións nas que se mostraba o apoio á Iniciativa non lexislativa popular para a Creación dun Parque de Bombeiros de xestión pública directa con base nalgún dos Concellos da comarca miñorana, no que se integre o actual persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Mancomunidade do Val Miñor, así como que se instaba a todos os grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia a que asumisen dita iniciativa popular. Nestes plenos, a moción de apoio á iniciativa popular foi apoiada por todos os grupos, agás o do BNG, que se abstivo en todas as institucións do Val Miñor nas que ten representación. Porén, no pleno da Deputación, esta moción de apoio á ini-

ciativa popular, defendida polo deputado da coalición SON, Xosé Lois Jácome, foi rexeitada ao votar en contra os grupos do PP, PSOE e BNG. A Comisión Promotora lamenta que "esta moción, que en si non era máis que un apoio á Iniciativa popular para darlle máis forza cando se debata no Parlamento de Galicia, fora rexeitada co argumento de que non propoñía unha solución global para toda a provincia. No pleno da Deputación apróbanse mocións sobre cuestións que afectan unicamente a zonas concretas da provincia, en todo caso, a creación dun parque de bombeiros pode formar parte da solución provincial de cara á dotación a toda a provincia dun servizo de bombeiros axeitado, sen zonas onde o tempo de resposta sexa superior ao adecuado", sinalan integrantes da promotora.


Val Miñor

Maio 2018 Xornal 21

Nigrán | Gondomar | Baiona

25

Unha brillante alumna baionesa conseguiu Baiona inaugurará a unha bolsa da Fundación Amancio Ortega nova biblioteca en xullo O Concello de Baiona formalizou o contrato coa empresa Sirvent S. L que fornecerá o mobiliario da biblioteca municipal por 38.778,08 euros e EUN Sistemas S. L., dos do arquivo municipal por 15.067,75. O Concello asinou en decembro un convenio coa Xunta polo que a Administración autonómica achegaba 40.000 euros ao equipamento do servizo, valorado en 75.000 euros. Destináronse 15.000 a equipos informáticos e administrativos e montante restante destinarase á compra de andeis rodantes, xa que a sala dispón de andeis fixos, mesas e cadeiras. Segundo o contratado de adxudicación rubricado este mañá o mobiliario deberá estar colocado nun prazo dun mes e medio. A Concelleira de Cultura, María Iglesias, sinalou que “Cando se instale o novo material xa estará todo listo para a reapertura do edificio”. Ade-

mais, destacou “que no próximos quince días procederase ao traslado de libros e material audiovisual para colocalos nos novos andeis en canto cheguen a finais de xuño. A primeira semana de xullo xa estará todo listo para a inauguración” Pola súa banda, o Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destacou que “Se trata do último trámite que faltaba para poder abrir a Biblioteca Municipal” e engadiu que coa rehabilitación do edificio Sancti Spiritus “Estamos ante unha obra espectacular, tanto polo seu deseño como polas súas dimensións e comodidade. Os veciños e veciñas de Baiona poderán gozar dunha dotación cultural de gran calidade e funcionalidade”. A rehabilitación do Hospital Sancti Spiritus levou a cabo cun investimento superior aos 1,1 millóns achegados polo Ministerio de Fomento, grazas ao plan denominado 1,5% Cultural.

Aberto o prazo de inscrición no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar Durante todo o mes de Maio estará aberto o prazo de inscrición para o acceso ao Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2018/2019. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola,

Nigrán reanuda o traballo de redacción do PXOM O Concello de Nigrán poderá retomar os traballos de redacción do PXOM despois de que a cesión do contrato de Eptisa a Alfonso Botana S.L.

guitarra ou piano, e actividades complementarias como Orquestra e Coro. Máis información: 986 360 746 (mañás) ou 986 389 283 (tardes) ou na páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/cmu selementalgondomar/ fose aprobada no pleno extraordinario deste mes cos votos a favor do goberno, en contra de Nigrán Decide e a abstención dos demais grupos. A cuestión regresaba dúas semanas despois a pleno tras ampliar o goberno a documentación coa proposta de cesión, tal e como lle solicitara a oposición.

O Alcalde de Baiona, Anxo Rodal, e a concelleira de Educación, Beatriz González, ofreceron unha recepción á alumna do Instituto Primeiro de Marzo, Paola Dei Pietro Alar, que recibiu unha bolsa da Fundación Amancio Ortega para estudar nun ‘High

School’ do estado de Ontario, Canadá, o próximo curso. A alumna acudiu á recepción acompañada polos seus pais. A baionesa foi seleccionada entre máis de 9.000 candidatos de toda España para gozar da bolsa e foi unha das gañadoras

das 500 bolsas da Fundación Amancio Ortega, dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois, para estudar Primeiro de Bacharelato nun ‘High School’ en Canadá ou Estados Unidos o próximo curso escolar 2018-2019.

Nigrán mantén as tres 'Bandeira Azul' en Panxón, Patos e Praia América "O distintivo ven a corroborar unha vez máis a calidade excelente das augas e os servizos nas principais praias do municipio”, sinala o alcalde de Nigrán, Juan González. O Concello de Nigrán ven de acadar 'Bandeira Azul' para os areais de Praia América, Patos e Panxón, ademais do sendeiro litoral de Panxón-Praia América. O Concello mantén así as tres enseñas do ano anterior, as mesmas que solicitara a ADEAC para este ano 2018 tras comprobar que gozaban

dunha calificación anual ‘Excelente’ das súas augas, requisito indispensable para optar a ela. "O distintivo ven a corroborar unha vez máis a calidade excelente das augas e os servizos nas principais praias do municipio”, sinala o alcalde de Nigrán, Juan González, quen recorda que Panxón a recuperou xa no 2017 tras non ondear nela dende 2010. Ademáis das bandeiras azuis, o municipio goza de catro bandeiras Ecoplayas, sendo Praia América a pri-

meira en obter este certificado en 2010 (o mesmo ano en que naceu ATEGRUS “Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente, quen as outorga) no 2011 sumouse Panxón, no 2012 Patos e no 2013 Area Fofa. Dende entón as catro manteñen este distintivo grazas a política de conservación dunar, ás actividades medioambientais e deportivas que nelas teñen lugar ou a conservación do entorno natural.


26

Xornal 21 Maio 2018

Mondariz | Mondariz Balneario | as Neves | Salvaterra de Miño | Ponteareas

O Condado

Lucía Rodríguez, campioa de España en Dobres Mixtos

Xinzo entrégase ao novo director da súa Banda de Música e ás sete mulleres que a fundaron O pasado domingo 13 de maio o auditorio do Centro Cultural de Xinzo completaba o seu aforamento con má s de 300 persoas que xa o enchían media hora antes de comezar o XXIV Festival de Bandas de Música. Esta nova edición do Festival serviu para presentar ao novo Director da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, o lalinense Javier Branco González, e para homenaxear ás mulleres que fundaron a Banda de Música en 1979. Quedou constatado unha vez máis, o enorme apoio social que recibe a Banda de Música de Xinzo de todos os veciños da súa parroquia, así como tamén de moitos afeccionados á música bandística de dentro e fóra da comarca do Condado. Contando tamén con familiares e achegados da banda convidada, a Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia. Ademáis, esta cita contoou cun destacado apoio institucional, dado que estiveron presentes diversos representantes políticos do Concello de Ponteareas, encabezados polo Alcalde, Xosé Represas, a Tenente Alcalde, Chus Garrote, o portavoz de Es-

querda Unida, Liño Costas e a nova Presidenta e portavoz municipal do Partido Popular de Ponteareas, Belén Villar. A expectación de todos os veciños de Xinzo era máxima por coñecer ao novo Director da Asociación que representa por

pre un pracer atoparse o auditorio cheo e comprobar o gran apoio que ten a Banda. É para o min unha gran motivación de fronte ao futuro”. Por outra banda, as sete mulleres homenaxeadas por fundar a Banda de Música Xuvenil de

No municipio cacereño de Villanueva de la Vera celebrouse do 11 ao 13 de maio o Campionato de España sub15 de bádminton. A salvaterrense Lucía Rodríguez, do Club Bádminton As Neves, proclamouse campioa de España na modalidade de Dobres Mixtos xunto ao vigués Jacobo Fernández (Club do mar San Amaro, A Coruña), mérito aínda máis destacable

ao ser a primeira tempada que compiten xuntos. Na modalidade individual e sendo o seu primeiro ano na categoría, Lucía realizou unha magnífica competición alcanzando a final sen ceder nin un só set e conseguiu proclamarse subcampioa de España. Pola súa banda, o seu compañeiro Jacobo Fernández alzábase co ouro no individual.

Lazoiro organiza unha andaina botánica o vindeiro sábado 26 de maio en Salvaterra Será impartida polo divulgador Carlos Venade. excelencia a esta parroquia Ponteareá, sempre coñecida pola súa afamada Banda de Música. O novo Director, Javier Branco, declara que “o meu inicio na Banda de Xinzo está sendo moi bo, pasamos unha tarde moi especial con inesquecibles momentos que vivimos grazas á música como gran protagonistas. É sem-

Xinzo en 1979; Isabel Giráldez (frauta), Milagres Carreira (clarinete e frauta), Mª Carmen Giráldez (clarinete e oboe), Neves Ibáñez (clarinete), Carmen Rodríguez (clarinete e tuba), Ana Isabel Troncoso (clarinete) e Purificación Giráldez (clarinete), recibiron o agradecemento e a calor de toda a súa parroquia.

A Asociación Lazoiro organizará unha andaina botánica que percorrerá as marxes do río Tea e Miño, será o vindeiro sábado día 26 de maio, con saída dende a entrada do Parque A Canuda ás 9:30 da mañá. Esta actividade estará destinada a todos os públicos, tratase pois dunha oportunidade para aprender e pasalo ben tanto para os maiores

coma para os máis novos. A actividade estará guiada polo divulgador Carlos Venade, que conta con gran prestixio en Galicia e Portugal impartindo charlas e rutas de botánica. O prezo da actividade custará 2€ e será de balde para os menores de 18 anos, inda que é necesario apuntarse por whatsapp nos números 639249005 / 699444437


Motor

Maio 2018

Xornal 21

27

Esta primavera á venda o novo Mercedes-aMG GT S Roadster Na primavera, MercedesAMG estende a súa carteira de vehículos deportivos co novo AMG GT S Roadster (consumo combinado: 11.5 l/100 km; emisións de CO2 combinadas: 262 g/km)1 como un atractivo modelo para a condución ao descuberto. Con esta nova incorporación, a familia AMG GT

aluminio, un motor V8 biturbo, un cambio de dobre embrague e sete velocidades, un bloqueo de diferencial traseiro e unha suspensión deportiva de aluminio de dobres triángulos. O motor AMG de 4.0 litros V8 biturbo do AMG GT S Roadster desenvolve unha potencia de 384 kW (522 CV) e un

De -40 a 910 graos:

temperaturas extremas que alcanza o teu coche O pobo de Oymyakon, en Siberia, con 50 graos negativos, considérase o punto habitado máis frío do planeta. A localidade da o Aziziya, en Libia, con máximas de 57 graos, a zona máis cálida do mundo. Para garantir que un coche poida circular por lugares con condicións climáticas tan dispares, as pezas e os prototipos tamén se someten a temperaturas extremas. Así varía o termómetro tanto na fase de desenvolvemento como na de fabricación:

conta agora cunha ducia de membros: catro Coupés de dúas portas, tres Roadsters, dous vehículos de competición para clientes privados e tres Coupés de catro portas. A base das altas prestacións do AMG GT S Roadster é a combinación do lixeiro chasis spaceframe de

par máximo de 670 Nm. Este está dispoñible nun amplo rango de revolucións desde 1.900 ata5.000 rpm. A aceleración de 0 a 100 km/ h realízase en 3.8 segundos. E a dinámica entrega de potencia continúa ata alcanzar o 308 km/ h de velocidade punta.

alfa Romeo no salón do automóbil de Madrid 2018

Os automóbiles Alfa Romeo deleitaron aos amantes dos coches durante 108 anos co seu estilo italiano, que evoca as prestacións, a tecnoloxía e o pracer de condución que esperan desatarse con só pulsar o botón de arranque. Este ano, os visitantes do Salón do Automóbil de Madrid percibirán claramente que a marca evolucionou cara a

prestacións e unha exclusividade máis extremas. O exclusivo Stelvio Quadrifoglio, o novo acabado Executive dispoñible en Giulia e en Stelvio, o espectacular 4 C Spider e o Giulietta Sport fascinarán aos entusiastas e visitantes coas súas novidades, enfocadas no deseño, as prestacións, a seguridade e a tecnoloxía de última xeración.

Motores a lume vivo a 910 graos: Esta é a temperatura que alcanzan os motores durante os ensaios, de 12 horas, previos á súa fabricación. Revoluciónanse ata as 6.500 rpm para simular a súa vida útil en todo tipo de circunstancias. O obxectivo é certificar a máxima potencia controlando o consumo e as emisións. Do frío ártico aos 45 graos do deserto: Cadros de mandos, asentos e volantes, entre outras partes do coche, póñense a proba nunha cámara climática do Centro Técnico de SEAT. No seu interior, as temperaturas oscilan entre os 40 graos baixo cero e os 110 graos positivos. Os prototipos tamén se testan en condicións reais de frío e calor. Nun punto próximo ao Círculo Polar Ártico, sométense a máis de 60 análise, 30.000 quilómetros a 35 graos negativos e un lago xeado como pista de circulación. No outro extremo do planeta, nunha zona desértica, a 45 graos centígrados, re-

alízanse probas de tracción, de aspiración de po e de circulación por grava miúda. Con estes ensaios quérese asegurar a resistencia e funcionalidade de todas as pezas. Un asento que alcanza os 40 graos: Os asentos calefactables chegan a esta temperatura en 15 minutos. Para comprobar que a temperatura se distribúe de maneira uniforme, colócase o vehículo nunha cámara a -20 graos centígrados e analízase a través dunha cámara termográfica. O obxectivo, garantir o confort do futuro condutor. A que cheira un volante a 60 graos?: A calor axuda a diferenciar máis facilmente os cheiros. Por iso un equipo de especialistas do departamento de Calidade de SEAT, quenta o coche por encima de 60 graos para, logo, entrar dentro del e comprobar como cheiran os distintos materiais. O obxectivo é detectar posibles cheiros que poidan chegar a resultar desagradables. A 900 graos para garantir a durabilidade: Temperaturas altas para testar o vehículo, pero tamén para producir algunhas das pezas. Para a fabricación dos cambios de marchas, por exemplo, é necesario fundir 15.000 toneladas de aluminio a 700 graos. Unha vez fabricados, poden pasar ata 14 horas nun forno a 900 graos; con iso conséguese multiplicar o seu durabilidad por 5.000.


28

Xornal 21 Febreiro 2018

Deportes

O Club de Natación Ponteareas ascende e competirá en primeira división Galega

O Guardés, mellor club de Galicia por segunda vez O Club Balonmán Atlético Guardés foi elixido de novo como a entidade feminina máis destacada de Galicia. A Secretaría Xeral para ou Deporte deu a coñecer hai escasos días os nomes dos gañadores dos Premios Deporte Galego 2017, que nesta edición conta con 17 categorías. A entidade do Baixo Miño, presidida por José Manuel Silva, xa recibiu esta distinción no ano 2015. Esta vez o merecido galardón chega tras a conquista do primeiro título nacional e do debut na liga de Campións. “Ten moito mérito recibir de novo este premio”, apunta Silva, “e máis para un club de balonmán feminino dun pobo como A Guarda con 10.000 habitantes”. “En categoría masculina está o Celta, un club cun potencial económico maiúsculo e dunha cidade de case 400.000 habitantes”, sinalou ao facer fincapé no valor que ten para o Guardés recibir semellante recoñecemento.

Deporte asina o convenio de colaboración coa Federación Galega de Piragüismo O Sábado 28 de Abril disputouse a final da liga autonómica de Natación de segunda división con a participación dos clubs que, esta tempada, integraban o grupo desta categoría: C. N. Vigo Rias Baixas, C. N. Monforte, C. N. Xove, C. N. Narón, C. N. Arzúa e C. N. Ponteareas. A proba disputábase na piscina Municipal da Cañiza en dobre sesión, mañá e tarde. Os clubs xogábanse, por unha banda, ser campión da liga e por outro, ascender á primeira categoría. Ao final da xornada, o C. N. Ponteareas facíase coa vito-

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, e o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea, asinaron na sede da Secretaría Xeral o convenio de colaboración entre as dúas entidades para a realización das actuacións, actividades, funcións e tarefas que, conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, asumen as federacións deportivas en réxime de exclusividade. Segundo o convenio, a Secretaría Xeral para o Deporte concédelle á Federación Galega de Piragüismo unha subvención por un importe máximo de ata 266.824 euros para a realización dos seus respectivos programas de promoción deportiva para a anualidade 2018.

ria, ademais de proclamarse Campión de segunda división, o que lle dará dereito a ascender de categoría, de modo que a próxima tempada pasará a competir na primeira división Galega de Natación. Familiares, amigos e público xeral déronse cita nas bancadas da piscina para animar aos equipos; os seguidores de C. N. Ponteareas e de CN Rías Baixas foron os máis felices ao terminar a competición, posto que ambos os clubs conseguiron o obxectivo do ascenso á primeira División Galega.

Aberto o prazo de inscrición para as tres DepoRutas BTT

O Club Baloncesto Baiona campión de Copa en categoría Infantil Masculino O Club Baloncesto Baiona proclamouse campión de Copa en categoría Infantil Masculino

vencendo na final a Defensores do Morrazo por 76 a 47. Isto súmase ao título de Liga en ca-

tegoría Junior Feminino conseguido polo CB Baiona hai unhas semanas.

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nas tres DepoRutas BTT que organiza a Deputación de Pontevedra por segundo ano consecutivo. Deste xeito, a institución provincial dálle continuidade a unha iniciativa que estreouse con rotundo éxito no 2017, coas probas celebradas en Sabucedo e no Pontillón do Castro. En concreto, neste 2018 as tres DepoRutas BTT terán lugar en Sabucedo, o 17 de xuño; en Caldas de Reis, Portas e Barro, o 2 de setembro, e, en Vigo, o 30 de setembro. Igual que aconteceu nas probas organizadas en 2017, as inscricións serán gratuítas e poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos ata un máximo de 300 participantes por proba. A DepoRuta de Sabucedo, cunha distancia de 32 quilómetros, iniciarase nun marco espectacular como é o curro da Rapa das Bestas e continuará pola zona norte de Sabucedo alternando treitos de dificultade baixa con outro mais técnicos para, a partir do segundo

terzo do percorrido, ir enlazando e cruzando diferentes parroquias do concello da Estrada, desfrutando ao seu paso de elementos de enorme valor cultural. Pola súa banda, a DepoRuta que acollerán Caldas, Portas e Barro terá un percorrido de 25 quilómetros que arrancará na Carballeira de Caldas de Reis para dirixirse ao entorno da Fervenza de Segade. A partir deste punto tomarán dirección cara ao parque natural do Rio Barosa, achegándose despois ao concello de Barro para acabar regresando ao punto de inicio. Trátase dunha ruta asumible por tratarse dun percorrido bastante plano. Por último, a DepoRuta BTT dos Montes de Vigo será a máis longa, con 40 quilómetros. A ruta discorre pola parroquia viguesa de Candeán, aproveitando parte da coñecida Ruta da Auga, na que os participantes poderán desfrutar dunhas magníficas vistas sobre a Ría de Vigo. Esta proba, malia ser máis longa, tampouco ten demasiadas complicacións técnicas.


Saúde

Febreiro 2018

Xornal 21

29

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Como distinguir o ecolóxico do que non é? O consumo de produtos orgánicos está a estenderse e algúns comercios inclúen algúns destes produtos na súa oferta, pero Cando se pode dicir que un produto é realmente orgánico? Unha plataforma online especializada neste tipo de produtos ensínanos a distinguir os produtos ecolóxicos dos que non o son. "A principal garantía de que un produto é orgánico é o selo coñecido como ‘Eurofolla’, que confirma que este produto superou os controis que esixe a lexislación da Unión Europea en cada paso da cadea de elaboración", afirma o equipo directivo da compañía. En España, esta supervisión está transferida ás comunidades autónomas, xa que a ‘Eurofolla’ vai acompañada do selo da comunidade correspondente. QUE GARANTÍAS DÁ A ‘EUROFOLLA’? Que o alimento cumpra restricións moi severas sobre pesticidas e fertilizantes químicos, que está libre de transxénicos, que se produciu de forma sustentable e respectando a natureza ou que os animais gozaron de benestar e saúde.

QUE PALABRAS UTILÍZANSE PARA CONFIRMAR QUE UN PRODUTO É ORGÁNICO? En 2007 realizouse un Regulamento sobre a produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos, no que se recolleron 23 palabras protexidas pola Lei para etiquetar estes produtos; por tanto, lelas na etiquetaxe é unha garantía. Para España son ‘ecolóxico’, ‘biolóxico’, ‘eco’ e ‘bio’.

QUE SON AS CERTIFICADORAS PRIVADAS? Existen cer tificadoras privadas como Sohiscert (SHC), Nature et progrès, Demeter, Ecocer t, Natrue ou International Organic and Natural Cosmetics Corporation. Un produto que só leve estes selos, pero non o da UE, non pode considerarse ecolóxico, segundo a normativa comunitaria. Isto non significa menos calidade eco-

lóxica, senón diferentes criterios. Por exemplo, a certificación Demeter está considerada como un paso máis aló dos criterios da UE. As certificadoras teñen presenza no apartado de hixiene, cosmética e limpeza, onde por agora non existe un selo público.

Segundo os expertos pódense diferenciar ambos os produtos prestando atención aos selos. Cales garanten que se cumpra a normativa de alimentos ecolóxicos? Que estratexias usan as tendas para que os seus produtos parezan ecolóxicos?.

COMO DISTINGUIR OS PRODUTOS FRESCOS E A GRANEL ORGÁNICOS?

En canto aos produtos frescos, a garantía dáa o propio establecemento ao anunciar que unha sección (froitos secos, sementes, etc.) determinada ten orixe orgánica.

CONFUSIÓNS FRECUENTES As tendas e supermercados que combinan o orgánico co convencional poden dar lugar a equívocos. "Existen seccións de alimentación sa na que se poden atopar produtos ecolóxicos xunto a outros que non o son. A etiquetaxe destes produtos pode levar palabras como ‘natural’ ou ‘san’ sen selo, por iso, o mellor é mirar os selos", afirma Nacho López, xerente de de esta plataforma especializada. En canto a los ingredientes é bo lembrar que, nalgunhas ocasións, os fabricantes utilizan o nome completo de ingredientes como o E-463 como, ‘hidroxipropil celulosa’, pero trátase do mesmo composto e non ten nada de natural. VEXETARIANO É O MESMO QUE ECOLÓXICO?

Outra confusión frecuente é asociar o vegano ou vexetariano ao ecolóxico. Existen selos que indican que un alimento é, por exemplo, apto para veganos (non leva nada de orixe animal), como é o logotipo Vegan Society, pero isto non indica que os ingredientes sexan orgánicos. Pódese comer nun restaurante vegano, pero os ingredientes poden ser de orixe e distribución convencional, e por tanto, levar aditivos químicos, pesticidas ou transxénicos.

Consellos contra as varices nos meses de calor Expertos en saúde aconséllannos para lidar coa insuficiencia venosa crónica nos meses máis cálidos. A insuficiencia venosa crónica agrupa unha serie de enfermidades que teñen en común a existencia dunha disfunción no sistema venoso da extremidade inferior, aceptándose que o seu punto de inicio é a incompetencia das válvulas das veas, que eleva a presión venosa a niveis patolóxicos. De forma xeral, os principais síntomas adoitan ser sensación de pesadez, cansazo das extremidades, hinchazón, sensación de calor e/ou picor, así como a manifestación máis evidente da insuficiencia venosa crónica: as varices. Na actualidade existen “centros médicos dedicados ao diagnóstico e tratamento de todo tipo de patoloxía venosa cun enfoque integral, que inclúe a investigación e incorporación da tecnoloxía máis vangardista”, explican desde unha destas clínicas. Consellos contra as varices, como coidalas cando chega a calor? Cando as temperaturas superan os 25 graos, as persoas con varices e insuficiencia venosa adoitan sufrir complicacións. Isto débese para o efecto vasodilatador da calor, é dicir, o fenómeno polo cal os vasos sanguíneos aumentan o seu tamaño. Por este motivo, o coidado das mesmas debe ser aínda maior nos meses de primavera e verán, seguindo unha serie de medidas

efectivas para que non empeoren: Evitar a exposición prolongada ao sol, especialmente durante as horas de máxima calor. En calquera caso, sempre se fará con crema protectora. Aplicar duchas frías de forma regular, ademais de xeles co devandito efecto mediante masaxes en sentido ascendente. Se se vai á praia, convén bañarse de cando en vez para activar a circulación das pernas. “Nadar un pouco alternándoo con paseos pola beira”, recomendan. En caso de sentirse canso, deitarse e poñer as pernas no alto, por encima do corazón. Do mesmo xeito que o resto do ano, evitar a roupa cinguida, os zapatos moi altos e ter unha vida sedentaria. “As varices combátense con exercicio”.


30

Xornal 21 Maio 2018

actualidade

Este mes recomendamos...

VENTO

Punto de lectura

E CHUVIA . MITOLOXÍA DA ANTIGA GALLAECIA

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia. Esta “edición de campo” incorpora novos contidos con respecto á anterior, e que se substancia nun prólogo adicional para esta edición e toda unha serie de notas acompañando cada un dos relatos, con interesantes propostas para profesores, pais e rapaces para explorar e viaxar polo territorio galego, gozando da arqueoloxía e podendo xogar coa interacción entre historia e ficción que se propón todo o tempo nas historias dos deuses.

OHumordeCosme

NON

HAI NOITE TAN LONGA

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. Oencontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre. En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI.

Han Solo: Unha historia de Star Wars

Cinema

O home que matou a Don Quixote Estrea: 01/06/2018

Estrea: 24/05/2018

Inicio da saga Star Wars, na que se coñecerán os primeiros pasos que deu o personaxe de Han Solo, desde mozo ata converterse no antihéroe que vimos en "Unha nova esperanza", antes de que se atopase con Luke e Obi- Wan na cantina de Mos Eisley.

CUPÓN ANUNCIOS BREVES TEXTO DO ANUNCIO

Toby, un director de anuncios moi cínico vese envolvido nos estrafalarios delirios dun vello zapateiro español que se cre o mesmo Don Quixote. Ao longo das súas aventuras cómicas, e cada vez máis surrealistas, Toby vese abocado a enfrontarse coas tráxicas repercusións da película que rodou cando era un mozo idealista, unha película que cambiou os soños e esperanzas dun pequeno pobo español para sempre. Poderá Toby reparar os danos e recuperar a súa propia humanidade? Poderá Don Quixote sobrevivir á súa propia tolemia e morte inminente? O amor conquistarao todo?

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es >Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

(Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

______________________________________________________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:___________________________________ APELIDOS*:_______________________________________________________________ D.N.I. ou Pasaporte*:______________________________________ Lugar de residencia*:___________________________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________ Categoría: _____________________________________________ c Retirar anuncio c Publicar anuncio

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

Firma

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.


Maio 2018 Xornal 21

anuncios Breves

Alugeres RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 VIVENDA económica amoblada no Porriño 671 35 74 26 APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727 NAVE Polígono A Granxa 400 m² con oficinas equipadas. 609 83 78 08 VIVENDA amoblada, tres cuartos, cociña americana, baño, terraza. No Cerquido – O Porriño. 300 € 637 740 114 - 629 390 206 PRAZA garaxe moi económica en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 VIGO VIVENDA 2 DORMITORIOS, CACIÑA, BAÑO E SALÓN. Próxima a ‘El Corte Inglés’ 609 83 78 08 VIVENDA barata busco. Son xubilado con pouca paga. 605 785 292 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705

LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330

INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322

VIÑO calidade país menos dun euro litro. 986 333 049

CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19

VIÑO do país económico, boa calidade. Adeguatar na bodega. Prezo a convir. 647 925 502

Licenciado imparte clases de inglés, todos os niveis. 653349289

TOMIÑO terreo de 1.200 m² Prezo 17.000 e negociables. Tel.: 608.523.586

EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64

FINCA en Tomiño 500 m² Prezo 5.000 euros 608 523 586

MEL da casa. Tamén disponible con etiqueta para a venda en tendas. Tlf.: 606106887

PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776

TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351

CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717

RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85 INGLÉS, todos os niveis. 656 87 33 00 PROFESORA FRANCÉS nativa, alta diplomada da cursos todos os niveis. Isabelle 986 660 890 PROFESOR de Kung-Fu Monitor de Tai-Chi e Instrutor de Artes Marciais Mixtas. 629 325 431

Casas

LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75

FORNELOS (Salvaterra) casa dous andares, cenador, terreo de 1300 m² 674 970 655

Animais

CASA RÚSTICA con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02

COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776 GATIÑA PELUDA, se ten unha e non a queres chámame 650.610.633

Automóbiles MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353. PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327 OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659 Vendo Opel Frontera B Límited. Bo estado. Ano 1999. 225.000 km. 3800 € Tel.: 651078705 KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548

Contactos HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67

COCIÑA de gas con forno en bo estado. Económica 679 141 813 OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor O-X22DTH Tel.: 651 078 705

HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200

SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175

Compras varias CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08

MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688

Ensino LICENCIADO en Inglés, imparte clases, todos os niveis 10 €/hora. 658 358 798

Outros

RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112-633036768 (con coche)

RAPAZ de Vigo recolle de balde sillas de bebe, de paseo, sillas de coche… 637 228 667

PORTAL, balcóns e peche de ferro segunda man 663 54 22 62

REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887

MOBLE RECIBIDOR clásico con dúas portas 109 x 82 cm 50 € 646 37 01 71

MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84

PORTAIS ferro. Dúas unidades: 145 x 100 cm + 143 x 199 cm Por 165 euros. 619 304 963

CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64

CÁMARAS ocultas, micrófonos, alarmas, … toda a tecnoloxía no teléfono 677337434

PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13 ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838

Pisos

RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35

VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92

SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70

SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09

RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827

ÁTICO EN O PORRIÑO. A estrear na Avda. Galicia. 65 m². 637 25 21 81

SEÑORA para labores domésticas e coidado de maiores. Moi responsable. Tel.: 698 47 64 08

PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122

LOURIÑA para pasar o ferro ou limpeza, tamén cortar pelo a domicilio- 60897.55.72

TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91

MOZO de confianza fai mantemento de casa e xardín. 627 95 20 66 MARMOLISTA carnet carretilleiro, encargado almacén dous anos. Con experiencia. 686 22 12 95

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090

RAPAZ de 32 anos busca traballo do que sea. Carnets C –C1 –C – BTP – E. Carretilla e manipulador de alimentos. 622 025 016

BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

SEÑORA 50 anos, seria, busca cabaleiro serio para amizade. 687 69 15 08

POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78

SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21

VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semiamoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

RAPAZ de 47 anos busca rapaza de entre 30 e 37 anos para relación estable. Seriedade 659 133 899

ROUPEIROS artesáns con espello. 630 60 73 19

COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m², hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634 459 555

MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491

RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31

RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34

SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641

O Porriño - 98 m² e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04

FUNCIONARIO busca relación seria con rapaza, 43 anos. 638622549

VENTAS DE ALUMINIO segunda man, con marco 138x144,5x70 cm (70 €) e 109x147,5 (50 €) 986 33 23 30

SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646 725 195

COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136

Te me ofreceches a baixar botellas o 22/05/2017 no Día O Porriño? Chámame. 695967704

RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, Porriño. Yolanda 606 77 31 97

TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00

TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705

SEÑORA busca amigas para saír (Tui ou arredores) Tel.: 687 691 508

CAMA ARTICULADA e colchón, ideal para persoas enfermas. Seminova. 175€ 629 390 206 – 617 90 19 15

CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051

RAPAZA busca rapaz entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20

RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304

PORTAIS pequenos segunda man, conxunto 2 unidades 98x163 e 100x 163 cm 295 euros 619 304 963

RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285

ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m2. 658.312.090

VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379

RAPAZ de 44 anos busca rapaza de 35 a 45 anos para amizade ou o que surxa. De Mos, O Porriño, Redondela ou arredores. Seriedade. 677112868.

DORMITORIO clásico 135 cabezal, somier, 2 mesiñas, cómoda, e espello 250 € Tel. 646370171

MAMPARA de bañeira de 98,5 (50 €) wc, lavabo e bidet (50 €) xaboneira, portarolos (5 €) Tel.: 986 332 330

RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos - Puxeiros. Nathaly 699514112

FUNCIONARIO de 55 años, natural de Mos, busca parella. 631 36 70 14

RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040

UTENSILIOS para elaboración de viño: lagareta grande, estruxadora grande, encorchadora, barcal, barriles… 663 54 22 62

31

Solares e Terreos BUSCO terreo edificable para a zoa do Porriño, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas… Avisar a Dani 675813033 XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02 BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353 SANGUIÑEDA terreo 600 m² zona Adoa. 648 909 059 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas -655909351 FINCA 1100 m para solar edificable en Sanguiñeda, preto da igrexa. 667 431 946 TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993

Vendas varias DORMITORIO XUVENIL moi económico, con escritorio. 606611673 MESA formica estructura ferro 95,5 x 65 cm. lixeira, bo estado. 20 euros. 986 33 23 30

DOUS NICHOS no cemiterio de Sanguiñeda – Mos 667 431 946 PORTAS sapelli con marco e pñeiro branco lacadas para reformas. 615 32 02 82 BICICLETA ESTÁTICA en bo estado. 661 545 727 CABECEIROS camas carballo idénticos, cama 90, bo estado e 1 cabeceiro único de 90. 986 33 23 30 PORTA aluminio acristalada con marco 1,57x2,02 m 120 € 646 37 01 71 MALETA “VINTAGE” ANOS 70 interior estampada a cuadros, bo estado. 30 euros. 986 33 23 30

VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 50 € 671 35 74 26

SILLA de bebé plegable en cor vermello 10 € 671 35 74 26

TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21

CHAQUETA militar sargento ‘vintaxe’ máis dúas gorras. Talla 42. 986 33 23 30

TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426

DEPÓSITO de auga poliéster cuadrado 500 l. prezo a convir 671 35 74 26

MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673

FREGADEIRO usado 20 € varios modelos. 651078705

AIRE acondicionado 661 545 727

Caldeira a Gasoil, depósito 500 l. e radiador de ferro. Prezo a convir. 679.75.11.58

Viño ALBARIÑO E MENCÍA BOA CALIDADE. 617 268 659 PLANTACIÓN DE ALBARIÑO vendo en Mos, sobre 500 m2, en plena producción, bo acceso e a carón da estrada. 617268659

MUEBLE de baño exclusivo modelo italiano. 606 611 673 DETECTIVES económicos. 677337434 BUSCA coñecer a súa filla na Escola Viguesa de Maxisterio CARLOS 651774295 MODISTA fanse arranxos de roupa. Tameiga 616.82.42.39 REFORMAS, cantería, albanelaría, pintura... 676.85.76.79 PINTOR profesional para pintar piso no Porriño 986 33 01 78 VÉNDESE ou CÁMBIASE APARTAMENTO en Torrevieja (Alicante) por apartamento, piso ou outros en provincia de Pontevedra. De 2 hab. 1 cociña 1 salón terraza zona estival. T. 619.985.001

EMPREGO Demandas

BUSCO traballo Vigo, Salvaterra, limpeza, cociña, coidado persoas maiores, nenos, auxiliar odontoloxía. 674 49 42 33

RAPAZ, traballo do que sexa. Carnés B - C1 - C - BTP, carretillero, manipulador de alimentos. 627.100.623 CONDUCTOR con todos os carnets. Experiecia nacional. 680 959519 FONTANEIRO con experiencia en instalacións de calefacción , gas, propano ,caldeiras e reparacións urxentes vivendas , comunidades. T. 698177740 RAPAZ de 37 anos busca traballo calqueira ocupación. Carné de conducir, coche, manipulador alimentos. 633 097 608

Ofertas

COMERCIALES - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. ou datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.)

DEPOSITO AUGA inxox 200 l. con patas. Prezo de coste. 627 95 20 66

LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08

COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20

CUBAS de inox 300 e 400 l sen estrear. Prezo de coste. 627 95 20 66

ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13

COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.