Xornal21 nº 103

Page 1

PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra contará cun orzamento de 152,4 millóns de €

06

Provincia

O PORRIÑO

Mellora da estrada que une o Meixoeiro co CUVI, entre Mos e Vigo

www.xornal21.es

Nº 103 / Novembro 2016

Periódico galego de distribución gratuita

O PReSideNTe dA XuNTA NOMeA O GOBeRNO GAleGO

O Concello do Porriño en “débeda cero”

Máis de 1.800 nenas e nenos da provincia participarán nas “DEPOrte Escolas”

11

Saúde Unha aplicación activará ós voluntarios para prestar auxilio en paradas cardiorrespiratorias

Feijóo durante a toma de posesión en Santiago. /Imaxe F. Javier Baquero

Núñez Feijóo volve a contar cos mesmos conselleiros da pasada lexislatura 08

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou, o pasado día 13 de novembro, o decreto de nomeamento dos membros do Executivo. 04

>

A Louriña

O Condado

16

Baixo Miño

17

Val Miñor

18

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

>

21

07 - 15

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

>

19

COMARCAS Mos | O Porriño Salceda de Caselas

>

20

20

Motor Subaru desvela en primicia mundial o concept Viziv-7

MOS

Mos aprobará este mes o orzamento municipal para 2017

Deportes Raúl Fernández e Desirée Duarte asinaron o dobrete do Fornelos na Copa Galicia do Rosal

05

Nigrán | Gondomar | Baiona


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Novembro 2016

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Peonalización de centros urbanos A mellora da calidade ambiental do medio urbano no que se refire á contaminación acústica e atmosférica, ao sacar os vehículos privados dos centros urbanos; o aumentar a seguridade por dotar de vida a rúas e prazas así como o potenciar o desenvolvemento económico ao reconverter unhas zonas en decadencia nun gran centro comercial aberto son, sen dúbida, algunhas cuestións que moveron, a moitas grandes cidades levar adiante grandes proxectos de peonalización dos seus centros urbanos ou centros históricos. Nas medianas ou grandes cidades xa ninguén discute da importancia de proceder á humanización dos seus centros urbanos. Nos EE.UU, a principios do século XIX, xa comezaba a ser algo habitual e a mediados do século XX xa era común a moitos países europeos. O problema

Cita

"Vale máis tentar salvar a un culpable que condenar a un inocente." Voltaire

xorde nas pequenas poboacións, de pouco máis de 10.000 habitantes, onde pode saír prexudicado o comercio tradicional. Nestas pequenas poboacións é importante e necesario o acordar cos afectados, antes da toma de decisións, xa que para revitalizar o centro das mesmas, primeiro habería que proceder a un cambio de hábitos por parte dos veciños e visitantes; o dispoñer dun transporte público alcanzable e eficiente; desenvolver campañas de publicidade e fomento das compras locais, así como a creación de zonas azuis, de aparcadoiro aberto, no perímetro das zonas peonís, entre outras cuestións fundamentais. Hai que ter moito coidado con facer as cousas a treo porque poderiamos dar a puntilla definida ao comercio tradicional fronte aos supermercados, grandes superficies e hipermercados.

N ovembro

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

Teléfonos de interese

A GUARDA Concello 986 61 00 00 Policía Local 986 61 00 25 Centro de Saúde 986 61 44 50

AS NEVES Concello 986 64 80 38 Policía Local 986 64 80 38 Centro de Saúde 986 64 88 37

BAIONA Concello 986 38 50 50 Policía Local 986 35 80 11 Centro de Saúde 986 38 51 60

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

OIA

986 36 21 25 986 36 23 44

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

O ROSAL Concello 986 62 50 00 Centro de Saúde 986 62 60 35 MONDARIZ Concello 986 66 43 06 Policía Local 680 46 11 51 Centro de Saúde 986 65 61 38 MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 65 61 36 Centro de Saúde 986 66 24 36

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Staff

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348106

Redacción: redaccion@xornal21.es

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21. Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

Farmacias de garda

TOMIÑO 986 62 22 85 M. del Carmen Pardo Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15

José Manuel Pena.

D ecembro

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS 986 641 795 Farmacia Elduayen, 7 Farmacia Picoto, 3 - Areas 986 642 215 Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034 TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811 TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 332 003

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO MOLINA GAMARRA, TOMÁS

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra a violencia de xénero

Número 103 / do 15 de novembro ao 15 de decembro de 2016 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán).

Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urgente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Publicidade

Novembro 2016 Xornal 21

3


4

Galicia

Xornal 21 Novembro 2016

O presidente da Xunta nomea o Goberno galego

Núñez Feijóo volve a contar cos mesmos conselleiros da pasada lexislatura Feijóo durante a toma de posesión en Santiago. /Imaxe F. Javier Baquero Redacción Xornal21.es

ALFONSO RUEDA VALENZUELA Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior. Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza, e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta, ocupou os cargos de xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. Na actualidade é presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra

VALERIANO MARTÍNEZ GARCÍA Conselleiro de Facenda Naceu en Aldán (Cangas) en 1961, é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración. Desde 1985 é funcionario do corpo superior de administración xeral da Consellería de Economía e Facenda. Ata o seu nomeamento como conselleiro de Facenda en febreiro de 2015 exerceu como secretario xeral da Presidencia da Xunta de Galicia. Anteriormente, entre outras responsabilidades, foi director xeral de Recursos Humanos do Sergas, director xeral de Transporte e auditor do Consello de Contas de Galicia.

BEATRIZ MATO OTERO Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio Naceu no ano 1965. É enxeñeira industrial con especialidade en Organización Empresarial pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao. Ten o Máster de Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios MBA homologado pola Universidade da Coruña, é Técnico de Sistemas na multinacional IBM ademáis de Técnico comercial da multinacional RANK XEROX ESPAÑA S.A. Formou parte do Igape, o Instituto Galego de Promoción Económica, onde puxo en marcha a Unidade de Información Empresarial adscrita ao mesmo e foi delegada da súa oficina territorial na Coruña. Ademáis é Técnico do departamento de calidade na empresa de enxeñería NORCONTROL S.A. Foi delegada provincial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña. Como deputada no Parlamento de Galicia, na VII Lexislatura ocupou a Portavocía de Traballo.

ETHEL VÁZQUEZ MOURELLE Conselleira de Infraestruturas e Vivenda Nacida en Santiago de Compostela hai 41 anos, Ethel Vázquez Mourelle é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña. Desde setembro de 2010 ata o seu nomeamento como conselleira en xuño de 2014 foi directora da Axencia Galega de Infraestruturas (antes Dirección Xeral de Infraestruturas). Con anterioridade foi presidenta de Augas de Galicia e da EPOSH (maio 2009 – setembro 2010), organismo no que traballou desde o ano 2003.

ROSA QUINTANA Conselleira do Mar Naceu no ano 1959. É licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Bioloxía coa tese ‘Contribución ao coñecemento do desenvolvemento gonadal do mexillón galego cultivado’. Comezou a traballar como funcionaria na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura como inspectora pesqueira. Ocupou os postos de xefa de sección de Inspección Pesqueira, xefa do Servizo de Marisqueo e de delegada territorial da devandita Consellería en Vigo. Foi nomeada directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Desde a súa licenciatura ata a actualidade participou como poñente en diversos cursos relacionados co mundo da pesca e publicou distintos traballos, tamén relacionados coa pesca, o marisqueo e a acuicultura. No ano 2007, participou como experta da Unión Europea na celebración de seminarios sobre lexislación alimentaria na UE para produtos da pesca e acuicultura en Puerto Varas (Chile).

JOSÉ MANUEL REY VARELA Conselleiro de Política Social Naceu en Ferrol en 1975. É licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e especialista en Liderado e Xestión Pública polo IESE Business School. Foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e concelleiro no Concello de Ferrol. Entre os anos 2011 e 2015, exerceu como alcalde de Ferrol, municipio no que foi edil desde 2002 ata 2015 e onde tamén foi concelleiro de Facenda, Patrimonio, Emprego e Xuventude entre 2003 e 2007. Foi deputado provincial na Coruña entre os anos 2007 e 2011 e presidente do Consello da Xuventude de Ferrol e tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia.

Mato Otero; Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle; Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López; Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto e Conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo.

ROMÁN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Nado en Lalín en 1968, é doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, na que se licenciou con premio extraordinario e onde é profesor titular. Posúe un título de Máster en Desenvolvemento Local. É deputado autonómico e desempeñou o cargo de viceportavoz no Grupo Parlamentario Popular, así como portavoz nos eidos de Educación e Ordenación do Territorio. Formou parte da corporación local de Lalín como tenente alcalde.

ÁNGELES VÁZQUEZ MEJUTO Conselleira do Medio Rural

JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA Conselleiro de Sanidade

FRANCISCO CONDE LÓPEZ Conselleiro de Economía, Emprego e Industria Naceu en Monforte de Lemos en 1968. É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade. Foi profesor da Universidade CEU San Pablo entre 1995 e 2009, onde ocupou diferentes responsabilidades: Director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman e Secretario do Instituto de Estudos Europeos; Foi Vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de 2002 a 2004 ademáis de Director de Relacións Internacionais de 2004 a 2005 e Vicerreitor de Relacións Internacionais de 2005 a 2009. Foi asesor do presidente da Xunta de Galicia de 2009 a 2012Na actualidade é presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asinou, o pasado día 13 de novembro, o decreto de nomeamento dos membros do Executivo, que queda conformado do seguinte xeito: Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela; Conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez García; Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz

Naceu en Baiona en 1962. É licenciado en Medicina e Cirurxía Xeral pola Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. É especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, experto universitario en Admisión e Documentación Clínica pola Universidade Complutense de Madrid e ten un Máster en Dereito Sanitario pola Universidade da Coruña. Foi alcalde de Baiona entre os anos 2004 e 2015 e deputado provincial en Pontevedra desde 2003 ata 2015. Foi director provincial do Sergas de Pontevedra, así como director-xerente, coordinador do servizo de Admisión, Documentación Clínica e Atención ao Paciente e médico do Servizo de Admisión do hospital Meixoeiro. Con anterioridade, foi coordinador dos servizos de Arquivo e Documentación Clínica e Atención ao Paciente en Povisa, así como xefe do Servizo de Recepción e Xestión de Pacientes no mesmo centro e médico no servizo de Urxencias. Tamén exerceu como médico de Medicina Familiar e Comunitaria na Unidade Docente de Segovia.

Naceu en Melide en 1972. Acadou a licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Así mesmo, é técnica en Información e Cultura. Foi alcaldesa de Melide entre os anos 2004 e 2007 e 2011 e 2015. Previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de Comunicación. Foi deputada provincial na Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia. Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación.


Provincia

Novembro 2016

Xornal 21

5

A feira ABANCA CIMAG-GANDAGRO cita de referencia para a raza frisona Xornal21.es

O Consorcio Provincial Contra Incendios aproba un orzamento de 3.285.000 euros para 2017 A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presidiu o pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios que aprobou o seu orzamento para o ano 2017 que ascende a 3.285.000 euros. Ao mesmo tempo, reuniuse o consello asesor do Consorcio no que participan representantes dos concellos de Ribadumia, Vilagarcía, O Porriño e Bueu. Este consello asesor foi informado do convenio entre a Deputación de Pontevedra e Autopista do Atlántico (AP-9) para que os vehículos do Consorcio podan usar as vías de telepeaxe en lugar de deterse nas cabinas de cobro. Deste xeito garantírase unha maior rapidez no traslado dos vehículos de emerxencia cando teñen que usar

a autopista do Atlántico. Este convenio foi aprobado tamén polo plenario do Consorcio. O plenario do Consorcio, do que forman parte a Xunta de Galicia e a Deputación, aprobou tamén a conta xeral do ano 2015 e informou dos prazos de pagos do segundo e terceiro trimestre de ano dacordo co previsto na lei 3/2004 contra a morosidade nas administracións públicas, situadas entorno aos 27 días. O Consorcio Provincial Contra Incendios conta con catro parques nos concellos de O Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía e desde eles prestase o servizo de extinción de incendios aos concellos da provincia salvo a Pontevedra e Vigo, que por lei teñen os seus propios servizos.

Mellora da estrada que une o Meixoeiro co CUVI, entre Mos e Vigo O deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, presidiu a mesa de contratación na que a Deputación de Pontevedra continuou o proceso de contratación das obras relativas á sinalización da estrada E.P. 2005, que une o Meixoeiro co CUVI, entre Mos e Vigo, coa apertura das plicas dos sobres nos que se contiñan os criterios avaliables mediante fórmulas matemáticas despois de que a semana pasada se abrisen as correspondentes a criterios non avaliables por este procedemento. A este concurso público presentáronse 14 empresas. A execución da obra de mellora da sinalización na estrada

provincial 2005 entre o Meixoeiro e o CUVI, en Vigo, ten un presuposto de licitación de preto de 100.000 euros (99.319,95 €). Dentro desta obra vanse acometer accións, entre outras, de pintado sobre os pavimentos, o subministro e colocación de sinais, placas, barreiras de seguridade, lamas de aluminio ou a xestión de residuos de construción e demolición. A Deputación de Pontevedra acomete estas obras despois de ter observada a necesidade de mellorar a seguridade viaria nesta estrada a través da colocación de diversos sinais e pintado do pavimento, o que fixo necesaria a execución deste proxecto.

Terceira edición do desfile para deseñadores emerxentes A plataforma sen ánimo de lucro e de apoio a novos deseñadores Runway Galicia organiza a terceira edición do desfile para deseñadores emerxentes. As actividades celebraranse o sábado 26 de novembro na sala de exposicións do Consorcio da zona franca de Vigo. Durante todo un día darán apoio e visibilidade a novas em-

presas de moda e deseñadores de toda Galicia. Durante a xornada haberá degustación de produtos gastronómicos, desfile de mozos emprendedores con menos de 1 ano como empresas de moda, desfile de novos deseñadores de moda e xoiería ou actuacións de maxia entre outras moitas actividades.

A II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, ABANCA CIMAG-GANDAGRO 2017, a cal se celebrará do 26 ao 28 de xaneiro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, volverá a ser marco dos concursos da Federación Frisona Galega (Fefriga). Así, ao longo do venres 27 e o sábado 28 de xaneiro terán lugar o XXVI Concurso Autonómico da Raza Frisona FEFRIGA´17 e o XXXIV Open Internacional da Raza Frisona GandAgro´17, os cales se converterán en punto de encontro da mellor cabana bovina tanto galega como de fóra da comunidade. Estes exemplares competirán polos títulos de Campioa de Galicia e Campioa Internacional (en función do concurso) nas categorías de becerra, xovenca, vaca xoven, vaca intermedia e vaca adulta;

e polo de Gran Campioa de Galicia e Gran Campioa Internacional (segundo o concurso) nas de xovenca e vaca. Tamén se recoñecerá ao Mellor Criador de Galicia e ao Mellor Criador Internacional. Así mesmo, como novidade nestes certames, entregarase un galardón máis, tanto no Concurso Autonómico como no Internacio-

nal. Será á Mellor Gandería de Nova Participación, outorgándose un primeiro e un segundo premio ás dúas mellores explotacións que non participaran con anterioridade ao 2017. Ademais, tamén será novidosa respecto á pasada edición a entrega de premios en metálico á xovenca e vaca “Gran Campioa” de ambos certames.


6

Provincia

Xornal 21 Novembro 2016

A Deputación de Pontevedra contará cun orzamento de 152,4 millóns de euros Redacción / Xornal21.es

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o Vicepresidente, César Mosquera, presentaron este mes os orzamentos da institución provincial que ascenden ate 152,4 millóns de euros o que representa un 0,3 por cento máis que o ano 2016. O orzamento consolidado, sumando a Fundación da Escola Universitaria de Enfermaría, o Consorcio Provincial Contra Incendios e o Consorcio contra incendios Deza-Tabeirós acada a cifra de 155,4 millóns de €. A Presidenta destacou que o orzamento é o instrumento para o desenrolo das políticas do novo goberno provincial no que son catro os eixos principais que vertebran a xestión da Deputación de Pontevedra: os concellos, o emprego, a igualdade e a cohesión social. O vicepresidente César Mosquera sinalou, pola súa banda, que o feito de que a Deputación sexa a primeira institución da provincia que presenta os orzamentos para o ano 2017 é unha demostración de que o goberno ten “unha saúde de ferro”, así como indicador de “solvencia, boa xestión e facilidade de entendemento”. En canto ó primeiro obxectivo, os concellos, Carmela Silva subliñou que o novo goberno da Deputación “recuperou o protagonismo dos concellos, cun trato de igual a igual, de colaboración, apoio e asistencia no desenvolvemento das súas competencias, respectando sempre a autonomía local e baseado na cooperación municipal para garantir a sustentabilidade económica-financiera dos mesmos”. Silva engadiu que “no 2017, ó igual que no 2016, non vai haber reparticións discrecionais senón criterios obxectivos, claros e transparentes”. Neste contexto, o Plan Concellos 2017 contará cun orzamento de 41,2 millóns de €, 1,2 millóns de € máis, para garantir a sostenibilidade económica dos concellos con menos de 50.000 habitantes, “ó que – tal e como engadiu Silva – hai que sumar todo o financiamento das diversas áreas que repercuten directamente nos mesmos. De feito, o 27% do total de gastos do orzamento da Deputación no 2017, un 1% máis que no 2016, destínase directamente ós concellos e o Plan Concellos triplica esta media”. Como novidade, este ano contémplanse máis recursos para os concellos máis pequenos. A Presidenta da Deputación manifestou ó respecto que “se ben no 2016 se destinaba un 30% ós concellos de menos de 10.000 habitantes, un 40% ós de entre 10.001 e 20.000 e un 30% ós de entre 20.001 e 50.000, no 2017 o reparto será do 40% para os concellos de menos de 10.000

A Presidenta e o Vicepresidente, Carmela Silva e César Mosquera, presentaron os catro eixes principais das políticas económicas do novo goberno provincial.

habitantes, do 35% para os que teñan entre 10.001 e 20.000 e o 25% para aqueles que teñan poboacións comprendidas entre os 20.001 e 50.000 habitantes”. Así mesmo, Mosquera destacou que se están a cumprir os compromisos adquiridos cos concellos porque “temos un programa de goberno que marca a nosa folla de ruta que imos executando cos orzamentos de cada ano”. Nese sentido, o nacionalista recoñeceu que as contas para 2017 son “profundamente continuístas” porque buscan a aplicación

Mobilidade e seguranza viaria nas estradas de titularidade provincial. De 70 dispoñibles, 60 van aos concellos: máis imposible, xa que só quedarían non pagar a luz para poder aportar máis aos municipios. Son cifras ‘gordas’ e inapelables”, salientou. Tamén se incrementan os recursos para axudar ós concellos na sustentabilidade do seu medio natural, destinado case 4 millóns de € para o tratamento e xestión de residuos, para o subministro de composteiros, para a mellora dos montes e dos siste-

vés do Plan Concellos. En total, tal e como deu a coñecer a Presidenta da institución, “falamos de 13 millóns de €, o 8,5% do orzamento, para o fomento do emprego e a aposta pola formación e inserción laboral, ós que hai que engadir máis dun millón de euros para a modernización, innovación e maior competitividade das pemes da provincia e 500.000 € para rematar as infraestruturas de solo industrial e dotar ós polígonos de Barro e Lalín de maior atractivo para a implantación de empresas”.

Carmela Silva e César Mosquera, presentaron os catro eixes principais das políticas económicas do novo goberno provincial.

duns eixos de goberno polos que se aposta claramente: “Malo sería se houbera un cambio de liña, xa que remataría todo nun desastre. Estamos contentos de ir resolvendo os problemas que nos transmiten os concellos e seguiremos sendo continuístas en que non haxa fondos de libre disposición e en desenvolver a estratexia de turismo, compostaxe ou mobilidade, porque atenden necesidades”. En demostración do compromiso do goberno provincial cos concellos, Mosquera explicou que deixando a un lado os gastos propios de persoal (nóminas), o gasto corrente (luz, auga, pago de facturas), fondo de continxencia e pago de débedas que supoñen 80 millóns de euros-, a institución provincial dispón de 70 millóns para organizar e distribuír. “Hai 28 millóns en transferencias correntes e 32 de transferencias de capital para os concellos. É dicir, 60 millóns van para os concellos e o gasto propio queda en apenas dez millóns para actuacións de

mas produtivos agropecuarios e pesqueiros. Silva manifestou que “ampliamos nun 44,2% as axudas para acompañar ós concellos na formación, orientación e despegue destes traballos, con persoal experto pero tamén con recursos económicos necesarios. Amais, a investigación que se desenvolve en Mouriscade e Areeiro recibirá un 1,3% máis de financiamento que no 2016”. En canto á asistencia municipal, destinarase un 89% máis para ampliar os medios humanos e materiais para que os concellos poidan avanzar nas prestacións de servizos e xestionar administrativamente nas mellores condicións. Tamén se investirá un millón de € no programa de anticipos que seguirá sen xuros e sen comisións. O segundo dos obxectivos da Deputación é o fomento do emprego e da actividade económica. Neste eido, as liñas para o fomento do emprego medran o 6,34% ata acadar 4,1 millóns de € ós que hai que engadir 9 millóns destinados ó emprego a tra-

Carmela Silva tamén informou que 16,2 millóns de e se destinarán á mell0ra das infraestruturas provinciais, dotando de maior accesibilidade á provincia e de estradas de calidade para a veciñanza. En canto ó turismo, a Deputación de Pontevedra destinará 4 millóns de euros, un 10,7% máis que no 2016, a apostar por esta actividade para, en palabras de Silva, “continuar reforzando un modelo de atracción turística que permita o desenvolvemento económico da provincia”. O terceiro obxectivo dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o 2017 é a igualdade, co fin de incrementar estruturas que desenvolvan políticas de igualdade e xeren recursos suficientes para o seu funcionamento. A Presidenta da institución provincial fixo fincapé en que “a igualdade entre mulleres e homes é unha das liñas de actuación prioritaria do goberno, xa o demostramos coa creación do servizo de igualdade pero agora queremos reforzar os

seus medios destinando máis dun millón de €, un 41,3% máis que no 2016, para incorporar o principio de igualdade como un factor de cohesión social”. O cuarto grande obxectivo é acadar unha maior cohesión social, apostar polos servizos, a xuventude, a cultura e o deporte. Neste campo, o servizo de cohesión social contará cun orzamento de 5,5 millóns de € para o impulso dos servizos sociais municipais, un 7,4% máis que no 2016. Tamén a xuventude, a través do centro da Lanzada contará cun 6% máis de orzamento e 10,9 millóns de € se destinarán ó Centro Príncipe Felipe. En canto ós servizos lingüísticos e promoción cultural, se destinarán 3,7 millóns de €, un 6,5% máis que no 2016, e a xestión do Museo e o patrimonio documental e bibliográfico recibirá máis de 6 millóns de e. O Museo recibirá un 4% máis que no 2016 e a Escola de Cantería tamén incrementará un 4,5% o seu orzamento. Pola súa banda, o deporte recibirá máis de 4 millóns de €, un 47% máis que no 2016. Para finalizar, o vicepresidente manifestou a súa esperanza por que se consolide a liña de traballo do actual goberno, apostando por proxectos e financiamento claros, “e que os cantos de serea” que piden un cambio para “que se volva a funcionar cos cheque non volvan”. “Os cartos son dos cidadáns e nós estamos de paso. Temos que gastalos para maior aproveitamento e beneficio dos administrados”, insistiu. Mosquera rematou a súa intervención cun “Parabéns, presidenta!” en recoñecemento do traballo e o acordo polos orzamentos, palabras que foron seguidas dun apertón de mans entre ambos dirixentes. En conclusión, e en palabras da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “este orzamento e estes obxectivos, que veñen a incrementar as políticas dirixidas ás persoas, se poden resumir nun 30% do orzamento do gasto destinado ós concellos, con 41,2 millóns máis 3,3 millóns en liñas de axuda noutras áreas; nun 22,6% ó emprego, actividade económica e infraestruturas, con 34,5 millóns dirixidos a este fin; e 32,4 millóns para a igualdade, cohesión social, cultura, xuventude e deportes, un 21,1% do orzamento. En total, o 85,6% do orzamento de gastos da Deputación de Pontevedra no 2017 destinarase a estes grandes obxectivos globais”. Amais, Silva engadiu que “para poder facer fronte a este grande reto e como mostra da xestión desenvolvida durante este ano, os servizos de xestión da administración provincial fixeron un notable esforzo reducindo os seus gastos en 5,5 millóns de €”.


A Louriña

Novembro 2016 Xornal 21

mos

7

A Biblioteca Municipal de Mos recibe o seu oitavo premio María Moliner

Un ano máis se celebrou a Campaña de Animación á Lectura María Moliner, creada coa intención de contribuír á promoción da lectura e auspiciada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-Cola. Este ano cúmprese a súa XVII edición. A convocatoria ten por obxecto premiar a aquelas bibliotecas municipais que leven a cabo un proxecto que integre tanto as accións de animación á lectura, como un uso eficiente dos seus recursos, o labor bibliotecario desenvolvido polo persoal ao seu cargo e a integración social das persoas en risco de exclusión na súa comunidade,

ademais do uso das novas tecnoloxías ou TIC. A Biblioteca Pública de Mos co seu proxecto ‘Se queres medrar san e sabio, inclúe un libro na túa dieta’ foi unha das 300 seleccionadas pola comisión de valoración da devandita campaña como beneficiaria dun lote de libros. Deste xeito a Biblioteca mosense suma o seu oitavo premio María Moliner demostrando a súa excelencia no fomento da lectura e o apio á cultura. Excelencia que ven avalada tamén con actividades periódicas organizadas pola concellería de Cultura nas instalacións da Biblioteca Municipal coma o obradoiro audiovisual infantil recentemente realizado para celebrar o Día da Biblioteca.

O Concello implícase contra a Violencia de Xénero Mos celebrou onte unha Mesa Local contra a Violencia de Xénero á que asistiu a xefa do Servizo contra a Violencia á Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, María Paz Pérez Asorey, a directora do Centro para MulleresVítimas de Violencia de Xénero en Vigo, Elena Molanes, a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a edil responsable da concellería de Política Social, Sara Cebreiro, a psicóloga e unha traballadora social de dito departamento municipal do Concello de Mos, representación da Policía Local mosense, da Garda Civil, do Centro de Saúde de Mos, dos centros educativos do municipio, así coma representantes dos grupos políticos da Corporación Municipal. Na Mesa presentouse o protocolo de acceso á rede galega de aco-

llemento para mulleres que sofren violencia de xénero da Secretaría Xeral de Igualdade dependente da Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Dito protocolo, xa en funcionamento, constitúe un marco fundamental cunha importancia capital na coordinación de tódolos organismos, entidades e institucións que traballan conxuntamente no apoio e protección ás mulleres maltratadas. Entre outras medidas, este protocolo habilita un número de teléfono gratuíto e activo as 24 horas, denominado Teléfono de Información ás Mulleres, que actuará como Centro de Coordinador de axuda a todas as posibles mulleres vítimas de violencia machista. O número é o 900 400 273.

Unha senda peonil unirá Torroso cas Pozas Pasados os 25 anos da inauguración do Colexio de Petelos, que entrou en funcionamento no curso 1990-1991, a zona das Pozas onde se ubica o devandito centro educativo, converteuse na principal zona de servizos do Concello de Mos e a que máis cambiou nas últimas dúas décadas. Nela atópanse asentados o CEIP de Petelos, o Instituto, o Pavillón Óscar Pereiro que alberga a Piscina Municipal e o centro Multiusos, que conta con auditorio, as oficinas das concellería de Educación e Participación Cidadá, a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), a sede de Asomamos (Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos), etc. O seguinte en chegar ó lugar das Pozas sería o IES de Mos, activo tamén dende a década dos noventa, dende o curso 19941995 concretamente. Tras el, e recén estreado o século XXI, no ano 2001, comezaría a dar servizo a principal infraestrutura deportiva do municipio mosense, o Pavillón Óscar Pereiro, dotado de piscina, ximnasio e pista cuberta polideportiva. O último en instalarse nas Pozas sería o edificio Multiusos, inaugurado no ano 2007.

A conxunción de todos estes servizos: educativos, deportivos e culturais fixo posible a construción da actual da identidade desta zona da parroquia de Petelos que constitúe, sen dúbida, a de maior progreso evolutivo de toda a localidade. O 25 aniversario do inicio do “cambio” en As Pozas coa chegada do CEIP de Petelos viu acompañado de máis melloras para a zona, como son as actuais obras en execución de humanización do tramo que une o Multiusos coa Capela de San Amaro; ou a propia optimización da cuberta do edificio Multiusos que acaba de rematarse. Tamén se construiu unha pista de skate moi demandada pola mocidade, entre ela, os propios alumnos/as do Instituto. Melloras que non quedarán ahí, senón que, tal e como hoxe anunciaba a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo “continuaremos a traballar para centralizar servizos no lugar das Pozas e acometer as dotacións necesarias a tal fin”. Xustamente esta mañá Arévalo visitaba a zona e departía cos veciños, acompañada polo edil da parroquia de Petelos e responsable de Vías e Obras, Luis Alonso, e a concelleira de Educación e Par-

ticipación Cidadá (departamentos municipais instalados no Multiusos), Kely Monzón. A rexedora local aproveitou a visita para anunciar a futura acometida dunha senda peonil que una a zona das Pozas con Torroso e de cuxa obra se está a redactar o proxecto nestes intres. Consistirá en proxectar a execución dunha nova senda para peóns e ciclistas de 2 metros de ancho, cunha lonxitude aproximada de 1,4 quilómetros, entre a glorieta situada no Camiño das Pozas (Contorna do Edificio Multiusos) e o cruzamento dela Estrada do Adrovello e Cesáreo Iglesias. A nova senda estará ao mesmo nivel que o aglomerado de circulación de vehículos, para o que será necesario ampliar a plataforma viaria actual. Onde sexa necesario, proxectaranse muros de pedra para contención da nova senda. Nestes momentos está a estudarse a marxe máis conveniente para executar a senda. Tamén se están estudando diferentes acabados de pavimentos para a senda a nivel, como aglomerado coloreado ou xabre arenoso tratado con cemento branco, por exemplo.


8

Xornal 21 Novembro 2016

mos

Mos aprobará este mes o orzamento municipal para 2017 A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentoulle recentemente o orzamento municipal para o vindeiro ano 2017 que xa se atopa rematado a toda a Corporación Municipal, facéndolle entrega dunha copia do documento a cada un dos voceiros dos grupos políticos integrantes. Trátase dun presuposto que ascende a 9.874.000 euros e que é un pouco superior ó do actual ano 2016. Incremento que é posible grazas "a eficiente xestión do goberno" explican nun comunicado de prensa. Arévalo, rexedora local, destacou a este respecto que “presentamos un ano máis en tempo e forma, e antes do inicio do novo exercicio económico, o orzamento local anual. Este é o noveno presuposto que elaboro como rexedora municipal e se repite, por novena vez consecutiva, o feito de presentalo en tempo e forma antes do inicio do novo exercicio. E é que os nove orzamentos elaborados por este Concello sendo eu alcaldesa presentan tres constantes fundamentais que se repiten en todos e cada un deles, incluído este último, e que son: a súa presentación antes do inicio do exercicio económico correspondente, que se trata dun documento que só contempla os ingresos reais e que non inclúe ningún tipo de operación de préstamo bancario”. Destacan, en primeiro lugar e en relación “con estas tres constantes, as medidas de aforro” que dende o equipo de goberno local adóitanse para reducir a débeda municipal. Entre ditas medidas, mencionan que no orzamento de 2017 (ó igual que nos outros oito precedentes) “non haberá operacións de préstamo” para financiar o plan de inversións municipal, senón que "manteranse os esforzos por acadar axudas en forma de achegas económicas doutras administracións". Salientan tamén que "o orzamento de 2017 é “un presuposto realista no que non se vai realizar ningunha operación de crédito, no que se contemplan os ingresos que corresponden, non se gasta por riba das posibilidades reais”, e destaca “sobre todo o orde e a austeridade para equilibrar a balanza entre os capítulos de gastos e ingresos”. Polo que, insisten en que “o capítulo de ingresos tan só contempla os ingresos reais e está avalado polo Informe de Intervención". Apuntan "a continuación que a elaboración do orzamento para o ano 2017 vínculase novamente á austeridade do gasto público de xeito que se eliminan os gastos innecesarios, sen que en ningún caso se vexan afectados o gasto social, que se incrementa en case 200.000 euros respecto de 2016 acadando a contía dun millón de euros; sendo, sen dúbida, a partida que máis crece no presuposto de 2017". En canto ó referido gasto en

Benestar Social, nela inclúese a construcción da nova Escola Infantil da Veigadaña (80.000 euros) e auméntase un día máis á semana o servizo que AFAGA presta no Centro de Día de Petelos a maiores enfermos de Alzheimer e outras demencias (para tal incremento dótase esta partida en 8.000 euros máis, ata acadar os 25.000 euros), así como potenciar o servizo de

A débeda no orzamento do 2017 redúcese en máis dun 10% respecto do 2016 Axuda no Fogar (cuxa partida se incrementa en 146.000 euros e alcanza o total de 548.000 euros por novas altas de usuarios). Tamén se creou unha nova partida para equipamento de vivendas sociais que ascende a 8.500 euros. No caso do departamento de participación cidadá increméntase en 7.000 euros a partida do ‘Pro-

grama Maiores’ ata chegar ós 17.000 euros. En materia social estableceranse bonificaciones e facilidades de pago de impostos e taxas municipais a persoas con necesidades especiais (usuarios dos Servizos Sociais municipais, familias numerosas, etc.). No orzamento municipal do ano 2017 o goberno local segue apostando polo fomento do emprego, materia na que o Concello de Mos investirá un total de 220.000 euros para destinar, entre outras iniciativas, a un novo plan de emprego e dous obradoiros de emprego. Unha inversión importantísima, dos case 10 millóns de euros ós que ascende o orzamento municipal para 2017, irá destinada á mellora de servizos municipais tales coma limpeza viaria e mantemento de zonas verdes e parques e xardíns cunha partida que acada a contía total de 400.000 euros. E é que esta constitúe a maior demanda veciñal, polo que se dota esta partida con case medio millón de euros para dar resposta aos veciños. Priorizarase a instalación de rego automático en todos os espa-

zos verdes. Tal é a prioridade que se lle dá dende o Concello a estas melloras que, para que poidan ser iniciadas a data 1 de xaneiro de 2017 e todo se atope en perfectas condicións no mes de marzo do ano que ven, estase a realizar a tramitación anticipada da contratación das mesmas pero con cargo ó novo orzamento. Un millón de euros vai destinado á partida de benestar social, que é a que máis se incrementa ascendendo en 200.000 euros E poténciase tamén no orzamento do 2017 o Servizo de Transporte cunha partida de 60.000 euros que contempla tanto o Transporte Urbano de Mos, que comezou a funcionar o pasado 24 de outubro, coma o Transporte Metropolitano. No apartado de obras de mantemento e conservación de estradas dótanse 850.000 euros. Cantidade que dende o goberno consideran necesaria para manter en óptimas condicións as infraestruturas municipais. Esta partida dará así resposta ao plan anual de mantemento que cada ano pónse en marcha para dar resposta ás necesidades locais e demandas veciñais. Destacar en materia de cultura e educación, que se incrementa a

A Louriña

partida para subsanar as deficiencias causadas polo abandono da administración local a numerosos colectivos e entidades mosenses, tal é o caso da Escola de Música-Conservatorio de Torroso. Deste xeito, a subvención municipal para a Escola de Música pasa de 40.000 euros a 45.000 euros en 2017; e contémplase tamén unha partida destinada a Asociacións Veciñais. En deportes auméntanse en case 62.000 euros a partida total. Pasando de 421.297,56 euros en 2016 a 482.683,07 euros en 2017. Auméntanse neste sentido cada unha das partidas dirixidas aos clubes de fútbol locais, Unión Deportiva Mos e Louro-Tameiga. E o máis salientable é a creación de catro novas subvencións deportivas para o Fútbol Sala Concello de Mos, Mos Feminino, Clube Tiro Con Arco e Clube Ciclista Avance. Ademais da partida para mellora de equipamentos deportivos. Todo isto no capítulo de gastos, mentres que no capítulo de ingresos: increméntase en 400.000 euros o IBI (Imposto de Bens Inmobles) como consecuencia das novas revisóns de altas que se están a levar a cabo, increméntase tamén a subvención da Xunta de Galicia para servizos sociais en 50.000 euros; e axústanse previsións á alza e baixa (pequenos axustes) en función dos datos liquidados. En xeral o orzamento de 2017 caracterízase polo aumento da maioría das partidas, a continuidade da amortización da débeda e a contención do gasto. Arévalo rematou informando tamén de que “por suposto estou a realizar a miña ronda anual de finais de ano polas administración supramunicipais para xestionar o plan de axudas ao Concello de Mos que nos permitiron, dende que son alcaldesa, non ter que recorrer a ningunha operación de crédito bancario e, polo tanto, ir reducindo progresivamente, ano a ano, a débeda municipal”. A alcaldesa rematou anunciando que o documento definitivo do orzamento de 2017 será aprobado no Pleno do presente mes de novembro, antes de finais de ano como ven sucedendo dende que ela é alcaldesa; e segundo considera “como debe de ser pois os orzamentos municipais teñen que ser aprobados en tempo e forma”, concluiu.


A Louriña

Novembro 2016 Xornal 21

mos

9

A reducción dos tempos nas rutas, eixo central da reestructuración do bus urbano de Mos A conexión con Vigo e o desprazamento de estudantes á Universidade son outros dous aspectos que se implementan e reforzan coa nova proposta. Redacción Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Mobilidade, Kely Monzón, informaron recentemente da proposta de modificación das rutas do bus urbano presentado o pasado 24 de outubro. Naquela data as representantes municipais xa anunciaban que tras as dúas primeiras semanas de funcionamento do servizo eleboraríase un informe técnico coa valoración de afluencia e satisfacción dos usuarios. Pois ben, dito informe realizouse tras trece días de servizo, e en base ao mesmo propúxose unha modificación das rutas que implica un cambio de sentido para facer máis efectivas as paradas de Peinador e Alto de Puxeiros, e a chegada con viaxeiros ao CUVI. Por outra banda, acortouse e reduciuse o tempo da liña verde para aumentar a afluencia de usuarios na mesma, xa que se detectou que non era operativa xa que duraba máis dunha hora. A este respecto o equipo de goberno mantivo varias reunións cos voceiros dos demais grupos da Corporación. Na primeira destas xuntanzas comunicóuselle aos corporativos o número de usuarios rexistrados en cada unha das liñas durante os primeiros trece días

de servizo de transporte municipal e anunciouse que se detectara que o principal erro atopado na liña verde era o tempo de percorrido, que motivou a pouca demanda da devandita liña. Durante os 13 primeiros días de servizo a liña verde só tivo 10 usuarios en total, mentres que a azul rexistrou unha media diaria de entre 10 e 20 viaxeiros/as. Por iso se fixo un reaxuste do tempo e o percorrido e onte celebrouse unha nova reunión con representantes de toda a Corporación Municipal para acordar se se aprobaba esta reestructuración, que inclúe as propostas veciñais que eran viables así coma as dos diferentes grupos políticos da Corporación. Así mesmo, acordouse poñer en funcionamento esta nova proposta a principios de decembro, sempre que para entón xa se atope asinado o convenio coa Xunta de Galicia para incluír o transporte municipal mosense no Transporte Metropolitano. Sen embargo os estudios técnicos e a comisión de seguemento para mellorar o servizo de bus urbano non quedarán ahí, senón que cada mes emitirase un novo informe de uso das distintas liñas, incluso das paradas máis utilizadas; e en maio de 2017 farase unha

posta en común e unha valoración fundamentada no uso do servizo para plantexar entón a posibilidade de que o bus urbano de Mos chegue a puntos que agora mesmo non están incluídos como Amieirolongo, a zona comercial de Sanguiñeda, así como tamén unha posible ampliación de horarios.

e Louredo e as deixa en Peinador para que poidan coller o Vitrasa a Vigo, así como tamén recolle aos universitarios para deixalos en Puxeiros e que poidan coller a lanzadeira que os leva ao CUVI (que conta cunha expedición de ida en horario de mañá e dúas de volta: unha pola mañá e outra

acortar tempos o que se fixo foi trasladar parte da ruta á estrada PO-331 que vai de Porriño a Gondomar. Antes a liña introducíase polo interior das parroquias de Cela e Pereiras e agora evita esas voltas transcurrindo pola estrada Porriño-Gondomar. E por último, por unha razón

PRINCIPAIS MELLORAS DA ACTUAL REESTRUCTURACIÓN

pola tarde). Aspectos estes que antes xa se contemplaban pero tan só na liña verde e agora faise nas dúas: verde e azul. No caso da liña verde redúcese o tempo do traxecto de 1 hora 15 minutos a 55 minutos. Para

de operatividade, hai dúas paradas na parroquia de Petelos que antes estaban na liña verde e que agora pasan á azul que son: Camiño das Barxas (Capela de San Amaro) e Camiño das Barxas (Porteliña).

Unha moi importante incorporación do bus urbano na liña azul é que recolle á xente das parroquias mosenses de Tameiga, Guizán, Torroso, Dornelas, Mos


10

Xornal 21 Novembro 2016

mos

A Louriña

AEMOS inaugura novas instalacións en Puxeiros Remata a polémica instalación das sinais nas Igrexas

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) inauguraba o martes 8 de novembro as súas novas instalacións, trasladándose a un novo local próximo ao utilizado ata entón. O novo emprazamento sitúase no número 64 da Avenida de Puxeiros, en Mos, desde o cal os seus integrantes seguirán prestando o seu labor asociativo. Ao acto de inauguración asistiron Manuel Castro, presidente de AEMOS; José Mañas, ex presidente de AEMOS; Nidia Arévalo, alcaldesa do Concello de Mos e Jorge Cebreiros, presidente da CEP, ademais dun importante número de empresarios da zona. A nova sede de Aemos ocupa un baixo de 140 metros

O Concello de Mos ven de informar que xa se atopan concluídos os traballos de instalación dos sinais indicativos das igrexas, ermidas e capelas do termo municipal mosense, que constitúen un dos principais recursos turísticos do medio rural do Concello. Dita dotación de sinais turísticos foi posible grazas á subvención para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos do medio rural do Concello de Mos, concedida por Turismo de Galicia e cofinanciada polo Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2014-2020. A obra foi adxudicada a empresa ourensá Barreras de Seguridad, S.L. que contou cun presuposto de preto de 50.000 euros para instalar 40 sinais.

cadrados que alberga as oficinas nas que traballan os seus cinco técnicos, e unha sala de

negocios pensado para celebrar encontros, xornadas técnicas e reunións.

151,20€ e o módulo de aluminio dobre por 805,67€ resultando en proporción o simple por 403,00€, aplicando estos prezos ás unidades de contrato a oferta resultaria dun importe non maior de 20.000€”, aseguran dende Gañamos. Respecto a calidade da súa instalación indican que “esta deixa moito que desexar, atopandonos sinais caidas por cimentación moi escasa ou colocadas de calquer xeito”. O BNG CALIFICA DE “LAMENTABLE” A SITUACIÓN DA SINALIZACIÓN

GAÑAMOS CRITICA O IMPORTE A formación de Francisco Vázquez Troitiño asegura que pediu ofertas “dos mesmos elementos, calidades e cantidades fixadas no contrato a mesma empresa fabricante de sinalización” e que a súa oferta “era moito máis baixa que a que presentou para resultar adxudicataria do contrato. Concretamente ofertounos a frecha metálica por

Miguel Anxo Aldea Moscoso, Portavoz do BNG en Mos, asegura que o gasto “é incompleto e desorbitado para o traballo que se fai". Ademáis o nacionalista cargou contra o goberno local o considerar que "o estado da sinalización en todo o concello é lamentable”. Engade que “a inexistencia de sinalización e a disparidade de modelos impide calquer información mínimamente clara ao respecto. Temos moitos exemplos de caos de sinalización, e o que facemos e ir sinalando a medidas que chega unha subvención, pero sen un criterio claro para unificar e clarificar os sinais” explica.

saneamento aproveitando a realización das obras de adecuación e mellora da seguridade vial na devandita autovía que

promove o Ministerio de Fomento. O feito de simultanear ambas actuacións evita futuras molestias ós veciños.

Preto de 300 vivendas da parroquia de Tameiga poderán conectarse ao saneamento A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, informaron de que foi aprobado en Xunta de Goberno Local o proxecto da obra de conexión do saneamento de Tameiga coa rede de colectores do Louro no termo municipal de Mos. Estes traballos, unha vez aprobado o proxecto pola administración local mosense, serán acometidos polo Consorcio de Augas do Louro e contan cun orzamento de preto de 500.000 euros. A parroquia de Tameiga pasou dunha poboación de

2.971 habitantes no ano 2000 a unha poboación de 3.235 habitantes en 2010, polo que sufriu un importante aumento (9%). A execución deste tramo de rede de saneamento repercutirá moi positivamente en canto ao aumento de número de vivendas e habitantes que poderán dispoñer deste servizo básico e tan necesario, como é o saneamento. Concretamente, os núcleos rurais que se verán beneficiados e que se poderán conectar á nova rede separativa de saneamento por gravidade son Gándara, Seixo, Caamaña, Pazo-Madán e Levantada. Este

ámbito de actuación sigue o trazado da Autovía A-55 e os novos colectores amplían e melloran a rede municipal de


A Louriña

Novembro 2016 Xornal 21

o Porriño

Meijón e Galovart levarán Congreso a eliminación do paso a nivel do Porriño

A alcaldesa recibiu aos deputados por Pontevedra no Congreso, Guillermo Meijón e Dolores Galovart, para tratar dos temas máis importantes que afectan na actualidade a O Porriño e que poden ser expostos polos dous parlamentarios na Cámara baixa. Eva García de la Torre, subliñou como “esencial” a eliminación do paso a nivel do tren do centro da vila e obtivo o compromiso dos deputados de expor unha pregunta ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, en que punto está o estudo e o proxecto da ‘Saída Sur de Vigo’ que contempla a eliminación do paso ferroviario polo centro do concello. Meijón e Galovart inNo Multicentro Municipal de Torneiros

Actividades SmartPeme Entre as distintas actividades que desenvolve SmartPeme do Porriño están as sesións de capacitación tecnolóxica gratuitas que terán lugar durante o mes de novembro na súa sede, no Multicentro Municipal de Torneiros. O luns 21 impártese ‘Cómo utilizar Instagram para promover a túa empresa’, e o luns 28: ‘Imos chamar á porta dos teus clientes. Posicionamento SEO’.. Para asistir os eventos, os interesados poden reservar a súa praza, indicando evento, e data e para isto, ten a súa disposición as seguintes canles: chamar ao teléfono 886 20 20 20, vía email ao enderezo: oporrino.smartpeme@depo.es ou entrando en www.smartpeme.depo.es.

sistirán, ademais, na inclusión dunha partida orzamentaria para acometer esta iniciativa nos vindeiros Presupostos Xerais do Estado para 2017. Neste eido, García de la Torre expuxo a necesidade de que a variante contemple a creación de apeadeiros nos polígonos industriais porriñeses. A alcaldesa tamén indicou a importancia de que os Presupostos Xerais contemplen a cesión ao Concello do Porriño do treito da estrada N-120, ao seu paso pola parroquia de Cans. Neste sentido, Eva García de la Torre insistiu na necesidade “irrenunciábel” de que a devandita cesión sexa coa correspondente partida orzamentaria

para acometer a humanización correspondente de xeito que “esta zona pase a ser unha rúa máis da vila”. Eva García de la Torre tamén pediu aos deputados que preguntasen ao Goberno cal é a evolución do número e contía das multas que se puxeron na popularmente coñecida como ‘Autovía Vigo-O Porriño’ entre 2010 e 2016. A rexedora salientou que “xa está ben de ter aos veciños da zona sur da provincia coma petos, so para recadar sen xustificación, cando en Fomento saben que hai que cambiar canto antes o trazado desta estrada para que non se perda nin unha vida nin os cartos dos contribuíntes”.

11

O Concello do Porriño en “débeda cero”

Eva García de la Torre.

O Concello do Porriño está xa, dende inicio do mes de outubro,en “débeda cero”. Como indicou a alcaldesa, Eva García de la Torre, unha “xestión económica modélica” e o feito de que haxa partidas orzamentarias que non se esgoten, fai posible que se veña de engrosar o remanente de Tesourería que, dacordo cos seus cálculos, superaría os 6 millóns de euros netos. “Isto supón que nos orzamentos municipais de 2017”, engade a rexedora, “non sexa necesario dotar partida algunha para o pago de débeda”, aínda que García de la Torre considera que “é unha anomalía acumular

un remanente de Tesourería tan importante” e, considerando esta circunstancia, agarda poder pactar os novos presupostos,“para destinar esa cantidade a inversións necesarias para O Porriño, coma todas as que propoñen os grupos da oposición nos Plenos da Corporación”. A alcaldesa subliña que estas cantidades poderían dedicarse aos proxectos pendentes de saneamento, fomento do emprego, Benestar, á mellora de infraestruturas, como estradas e camiños, vías e obras, necesidades das parroquias ou parques públicos, ”entre moitísimas outras demandas das veciñas e veciños da vila”.


12

Xornal 21 Novembro 2016

o Porriño

A Louriña

O PP esixe unha solución urxente para os veciños da Vaquería

AIMEN participa no desenvolvemento dun innovador robot colaborativo O robot autónomo desenvolvido no marco do proxecto permitirá automatizar operacións loxísticas e de ensamblaxe en colaboración cos operarios. Redacción O Porriño / Xornal21.es

AIMEN Centro Tecnolóxico participa no proxecto europeo ColRobot, que persegue o desenvolvemento de solucións robóticas autónomas que permitan automatizar operacións loxísticas e de ensamblaxe en colaboración con operarios, co obxectivo de crear fábricas máis produtivas, flexibles e áxiles ante as demandas do mercado. Os resultados desta iniciativa, na que participan empresas, universidades e centros de investigación de cinco países, validaranse en plantas de automoción e da industria aeroespacial, concretamente para operacións de ensamblaxe sobre vehículos en Renault e sobre satélites en Thales Alenia, respectivamente. O robot desenvolvido no marco do proxecto poderá desprazarse por si só pola planta produtiva e colaborará co operario nas operacións loxísticas e de

ensamblaxe, sostendo pezas para ensamblar mentres o operario traballa sobre elas ou ben entregando ferramentas ou compoñentes aos traballadores. Ao mesmo tempo, poderá realizar de forma autónoma algunhas das operacións de ensamblaxe. Así mesmo, as persoas poderán interactuar co robot mediante xestos, ordes táctiles e programación por demostración. Con esta solución robótica búscase automatizar operacións de ensamblaxe que na actualidade presentan problemas ergonómicos para a súa execución manual, o que contribuirá a obter contornas de traballo máis saudables, mellorando as condicións dos operarios e minimizando os riscos laborais asociados á execución de tarefas non ergonómicas. Ademais, ao compartir espazo e traballo entre robots e humanos, os resultados do proxecto poden in-

fluír significativamente no deseño de plantas de produción nas que non existan barreiras entre robots e operarios, o que supoñería un aforro estimado entre o 10% e o 15% de espazo nas fábricas. Colaboración internacional O proxecto ColRobot está liderado pola Ecole Nationale Supérieure d'Arts et Métiers, ParishTech (Francia) e nel participan, ademais de AIMEN, as universidades de Coimbra (Portugal) e Módena e Reggio Emilia (Italia), Fraunhofer IFF (Alemaña), INESC TEC (Portugal), Technaid S.L. (España), CITC Contactless Technologies / EuraRFID (Francia), AKEO Plus SAS (Francia), Renault SAS (Francia) e Thales Alenia Space France SAS (Francia). A iniciativa, financiada o Programa competitivo Horizonte 2020, conta cun orzamento de 4,3 millóns de euros. AIMEN está a cargo do deseño da arquitectura de control, a integración das tecnoloxías desenvolvidas polos demais socios, así como a programación das tarefas para executar polos manipuladores móbiles en cada un dos escenarios de demostración contemplados.

O pleno da corporación local do Porriño abordou a moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular solicitando que se inicien as xestións necesarias para dar solución á problematica que sofren os veciños do barrio de Vaquería, na parroquia de Budiño, por mor da existencia dunha liña contínua entre os puntos quilométricos 2,000 e 3,000 da PO-510. "Debido a esta circunstancia, desde hai varios anos estes veñen padecendo problemas de mobilidade e accesibilidade ao non poder cruzar dita estrada, tal e como o viñan facendo con anterioridade, véndose obrigados a percorrer uns dous quilómetros aproximadamente para poder cruzar a estrada en cuestión", explica o portavoz popular Carlos Martínez.

Así mesmo, os populares poñen de manifesto que, desde sempre, a liña que dividía os carrís da PO-510, entre os puntos quilométricos 2,200 e 2,600, era discontínua e todos os veciños, o gando e a maquinaria agrícola podían cruzar dita estrada sen ningún tipo de problema. Con todo, a día de hoxe, e para poder cruzar ao lado contrario cara á casa dun veciño ou familiar ou cara a unha leira ou un monte, téñen que percorrer pola beiravía uns dous quilómetros. Ademais, o feito de que o gando teña que percorrer esa distancia pola beiravía para poder levalo a unha leira no lado contrario da estrada ou que un tractor cargado teña que ir pola propia calzada, crea situacións de perigo e problemas de seguridade tanto para os animais, os seus donos e condutores.

Operarios do Obradorio de Emprego rematan os traballos de conservación e limpeza Participantes no Obradoiro Municipal de Emprego, todos eles perceptores da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA), desenrolan dende setembro, diferentes labores en distintos lugares do Porriño. Oito deles, homes e mulleres, seleccionados pola Oficina do Servizo Galego de Emprego, que ata o vindeiro mes de marzo, ademais de mellorar os seus coñecementos de albanelaría ou tarefas forestais, farán un traballo remunerado e, porén, estarán dados de alta na Seguridade Social, desenvolven diferentes cometidos para a Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera. Nas pasadas semanas,fixeron labor de conservación e limpeza en distintas parroquias, como Pon-

tellas, Atios, Budiño ou Torneiros, na zona sur, que xunta dous dos polígonos industriais do Porriño, A Granxa e As Gándaras, e remataron co acantoamento do primeiro deles que, nalgunhas das partes nas que estiveron presentaba un estado de abandono. Manuel Carrera subliña o “excelente labor” e a “implicación e interese” deste grupo de homes e mulleres, que non so “están a realizar un traballo perfecto”, senón dunha “grande importancia” para as veciñas e veciños da vila. Carrera cita coma “esencial” a actuación para desobstruír os desaugadoiros , “agora que empezaron as choivas” evitando que a as follas tapen os sumidoiros e a auga cause danos nas pistas, estradas e beiravías.


A Louriña

Novembro 2016 Xornal 21

o Porriño

13

A alcaldesa entrega os diplomas aos participantes nos talleres de informática impartidos na Aula CeMIT do Porriño

Últimos días para desfrutar do “Pinchorriño” A undécima edición das xornadas de degustación de pinchos do Porriño, o popular “Pinchorriño”, está a piques de rematar, durante este mes de novembro esperan repartir 72.000 tapas de balde durante os venres e sábados –de 7 da tarde a 11 da noite– sinalan os seus organizadores. Entre as tapas que inda poden degustar quenes se acheguen aos bares, restaurantes e cafeterías do Porriño, están as empanadiñas vexetais, hamburguesas veganas, croquetas crocantes, tostas quentes en pan do Porriño, Garabano con nécora, albóndegas en salsa

verde, hot dog en 3 salsas ou chupito de tortilla de patacas. Ademáis haberá tapas sen glute, como a piruleta de solombo de polo crocante con toque asiático, ou pratos vexetais, para quenes queiran gozar do Pinchorriño sen renunciar a súa dieta. Todas as propostas de tapas, ademais dos nomes e enderezos de cada un dos establecementos que participan no Pinchorriño, o resultado do sorteo, entre os participantes no mesmo, de dúas fines de semana en casas de turismo rural poden consultarse baixando a APP “Quedamos de Tapas”.

A Xunta cederá ao Concello as rúas Bos Aires e Progreso A Xunta de Galicia cederá a titularidade das rúas Progreso e Bos Aires ao Concello de Porriño. É unha das conclusións do encontro que tivo lugar a finais de outubro entre a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, coa alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o tenente

de alcalde, Manuel Carrera. A cesión implicará a correspondente dotación orzamentaria para acometer as melloras que previstas, tales como nova iluminación, saneamento, canalización de auga, beirarrúas e cambio do firme ou ben con todas estas obras xa executadas.

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Traballo e Benestar , Soledad Girón, entregou este mes os diplomas aos participantes nos talleres de impartidos pola Aula CeMIT do Porriño. Preto de 70 persoas de distintas idades participaron nestes cursos e seminarios os últimos meses e completaron os mesmos que versaron todos eles sobre temas relacionados coa informática. García de la Torre felicitou aos asistentes e subliñou a importancia que ten a aprendizaxe e, aínda máis, a que relacionada coas novas tecnoloxías.

A alcaldesa salientou a necesidade de mellorar a formación coma canle para acceder ao mercado la-

boral e reiterou que a creación de emprego é a primeira prioridade do Goberno local do Porriño.

En marcha a poda das máis de 3.500 árbores de titularidade municipal A Concellería de Limpeza, que dirixe Orlando Márquez, está a pique de rematar os traballos de poda das árbores de titularidade municipal en todo o concello, unha labor que, dacordo coas previsións iniciais, debería de estar rematada durante este mes de novembro. O Concello ten programado realizar dúas veces ao ano as actuacións nas árbores do Porriño pero, tendo en conta o elevado número eles, máis de 3.500, dase prioridade a aqueles nos que é máis urxente a poda, tendo en conta que presenten problemas de roturas das polas, que ao medrar empezasen a afecten a fachadas e balcóns e aqueles que estean xa secos ou empezasen a torcerse.


14

Xornal 21 Novembro 2016

o Porriño

A Louriña

O Instituto Pino Manso celebra os 50 primeiros anos de vida do centro

A alcaldesa, Eva García de la Torre, o tenente de alcalde, Manuel Carrera, e os concelleiros Marcelino Coto, Lourdes Moure e Orlando Vázquez, acudiron este pasado venres, 28 de autubro, aos actos centrais da celebración do 50 aniversario do Instituto de Ensino Secundario (IES) Pino Manso. Coa presencia da maioría dos preto de 500 alumnos e 50 profesores do centro, ademais de descubrirse un monolito no que se fai referencia a este medio século de vida do mesmo, o seu director, en nome de todo o claustro, lembrou a “todos aqueles que hoxe

non están entre nós e que deixaron a súa pegada neste instituto”. Juan Aguilar amosou o seu orgullo por estar á fronte “dun equipo coma o que formamos”, e que, salientou, abrangue ás alumnas e alumnos, aos profesores, e ao persoal non docente, que fan posible non so que o Pino Manso sexa unha referencia para moitos das veciñas e veciños do concello, senón que forme parte da propia historia do Porriño. Pola súa banda, a alcaldesa, logo de agradecer a invitación para acudir á celebración deste cumpreanos “tan especial por-

que aquí estou vendo ao futuro da nosa sociedade, non so do Porriño”. Eva García de la Torre sinalou a importancia de que Porriño conte cun centro que teña formado “a cabeza, os valores, o sentimento e a forma de ser de todas as persoas que pasaron polo Pino Manso en estes cincuenta anos”. Estou segura, concluíu a rexedora, de que “levaredes con vós todo o aprendido e todo o vivido aquí” e asegurou que “institucións como este instituto son esenciais para “democratizar á sociedade e axudan a crear homes e mulleres libres”.

ASEXTRA desenvolve un proxecto para a mellora da prevención nas súas empresas A Asociación de Escavadores e Transportistas de Pontevedra (ASEXTRA), con sede no Porriño, acaba de completar o seu primeiro “Estudo técnico sobre a maquinaria de movemento de terra e sistemas de seguridade en relación con aspectos críticos en materia de prevención de riscos laboráis”, un estudo que foi realizado en colaboración e co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. ASEXTRA é unha entidade asociativa que agrupa ás grandes, medianas e pequenas empresas, dedicados ao sector do movemento de terras, escavacións e transporte dentro da provincia de Pontevedra que agrupa a máis de vinte empresas do sector. Mediante este estudo, ASEXTRA foi pioneira en co-

ñecer o estado actual da maquinaria en relación con aspectos de seguridade e promover oportunidades de mellora, así como en potenciar a información e concienciación sobre o uso preciso e adecuado dos dispositivos de seguridade relacionados coa prevención de riscos. O sector das escavacións e transportes foi tradicionalmente un sector cunha importante sinistralidade laboral, un feito co que desde o primeiro momento ASEXTRA estivo sensibilizado e por iso realizouse este estudo, que servirá para realizar melloras en materia de prevención. No estudo participaron un importante número de empresas e avaliáronse 116 vehículos e dispositivos de traballo entre os cales destacan Pas mixtas, Mini pas mixtas, retro escavadoras, Pas cargadoras, Compac-

tadoras, Perforadoras, Niveladoras e Camións. Como conclusións principais do estudo, destácase a proposta de mellora en aspectos de seguridade e ergonomía dos dispositivos para evitar posibles factores críticos ou futuras enfermidades profesionais e serviu para difundir entre os asociados de ASEXTRA propostas concretas de mellora para cada empresa. O presidente de ASEXTRA, Arturo Gándara Vaqueiro agradeceu o apoio das empresas de ASEXTRA e da Xunta de Galicia polo seu apoio a un estudo que en palabras do presidente “axúdanos a mellorar as nosas accións de mellora da prevención e con iso a seguridade dos nosos traballadores/as e da nosa actividade, minimizando custos e posibles sinistros e mellorando con iso nosa competitividade”.

A CIG esixe a Frigolouro "garantir o futuro da planta do Porriño" A Federación da Alimentación da CIG sae ao paso dos recentes planos da empresa e rexeita a paralización dos investimentos na planta de Frigolouro no Porriño, “cuestión que a dirección liga á apertura de novas instalacións en Portugal e que para a central supón o inicio dun proceso de deslocalización”. O recente anuncio realizado pola dirección de Frigolouro acendeu as alarmas entre o persoal de Frigolouro, que padece nos últimos anos unha situación de precariedade crecente ao abeiro da incorporación de cooperativas “sen dereitos” como Servicarne. Porén, esta redución dos custos laborais non parece suficiente para a empresa, que pretende agora abrir unha nova planta en Portugal mentres paraliza os investimentos no Po-

rriño, algo que para a FGAMTCIG supón un plano para reducir a competitividade das instalacións galegas e realizar no futuro un ERE extintivo “que podería afectar a maioría do persoal”. Ante iso, desde a central nacionalista vaise esixir que a empresa cumpra coa legalidade vixente, incluído o pagamento puntual dos salarios “que a empresa utiliza ás veces como arma para desmobilizar, enfrontar e amedrentarnos”. Velarán, ademais, por fixar as funcións, número, condicións mínimas de dignidade e equiparación do persoal cooperativista co resto de persoal de Frigolouro. “Non rexeitamos as cooperativas en si, se non a precariedade que sofren ao non aplicárselle nen o convenio nen o Estatuto dos Traballadores/as”, aclaran.

Plan de Igualdade de Oportunidades O Concello do Porriño, por medio da Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, ven de iniciar a elaboración do III Plan de Igualdade de Oportunidades co financiamento da Deputación de Pontevedra. O Plan, sinala a concelleira, abranguerá unha “cantidade notábel de medidas dirixidas a promover unha igualdade real e efectiva entre os homes e mulleres do Porriño”. A intención do Goberno local é que o Plan sexa “ferramenta estratéxica” de traballo que terá coma finalidade axustarse á realidade e adaptarse ás necesidades da vila neste eido e neste momento. Soledad Girón explica que

o Plan de Igualdade de Oportunidades estará artellarase en tres áreas: a de Promoción da Igualdade de Mulleres e Homes, co obxectivo de “xerar un cambio de valores que fomente a eliminación dos estereotipos de xénero”; a Área de de Participación Social e Empoderamento, para impulsar a participación da cidadanía na loita para acadar a igualdade de mulleres e homes e, finalmente a Área de Concienciación Social e Prevención da Violencia de Xénero, coa finalidade de concienciar á sociedade sobre a violencia de xénero coma a expresión máxima da desigualdade entre mulleres e homes.


A Louriña

Novembro 2016 Xornal 21

Salceda de caselas

15

O PP urxe á Deputación a que mellore a seguridade vial na estrada provincial de San Xurxo

Uxío Benítez anuncia obras para eliminar un punto negro en Salceda de Caselas O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou recentemente que a Deputación provincial realizará obras de mellora na estrada provincial EP-2503 entre Cerquido e Borraliño para eliminar un punto negro que coincide coa intersección con dúas estradas municipais. Segundo Benítez, prevese que a actuación, que ten un orzamento de licitación de 115.745 euros, estea finalizada na primavera. Segundo manifestou Benítez, a Deputación de Pontevedra está a priorizar as actuacións relativas á seguranza viaria, dándolle "prioridade absoluta" á mellora e reforma de zonas de alta sinistralidade. "Temos identificados puntos perigosos en toda a provincia aos que estamos dando solución. No caso de Salceda de Caselas a demanda de acondicionamento deste cruce é histórica, polo que atendemos a solicitude do alcalde", sinalou o nacionalista. Benítez anunciou as obras ao rexedor de Salceda de Caselas, quen solicitara a actuación nun encontro xusto antes do verán. A partir de aí mantivéronse varias reunións técnicas entre a Deputacion e o Concello de nas que se certificou a conveniencia de mellorar a intersección, sendo a solución a adoptar diferente á que a propia Deputación de Pontevedra plantexara anos atrás, consistente na instalación de dous illotes. A partir de aí, os técnicos da Deputación realizaron un novo levantamento topográfico da zona para poder avaliar

as mellores solucións posibles e contratouse unha asistencia técnica para a redacción do proxecto. Este incorpora a ampliación do radio de curvatura da estrada principal (EP2503), así como o ancheamento do propio cruce na súa marxe oeste co fin de aumentar a visibilidade. Para resolver a intersección dos camiños municipais, segundo explicou Benítez, prevese a ocupación de nove parcelas privadas que permitirán crear unha nova área pavimentada para delimitar novas carrís de incorporación e agarda. En canto á pavimentación, farase un fresado e extensión dunha nova capa de rodaxe na calzada actual para corrixir os peraltes. Ademais, para a elección do novo firme tívose en conta a importante densidade de camións que pasa pola zona, cun tránsito estimado de entre 100 e 199 vehículos pesados por día por ser unha zona preto de áreas industriais como o polígono industrial de O Cerquido. Así mesmo, implantaranse dous elementos redutores de velocidade en forma de pasos de peóns sobreelevados en ámbolos extremos de actuación, limitando a velocidade a 30 quilómetros hora. Tamén se remodelará o alumeado, potenciándoo na zona de cruce con sete novas luminarias tipo led e retirando as catro actuais. Finalmente, será preciso recuar un poste de formigón de telefonía e instalarase nova sinalización vertical e horizontal adecuada á nova configuración prevista no proxecto.

O grupo provincial do Partido Popular proporá ao goberno da Deputación de Pontevedra que mellore a seguridade vial na estrada EP-2501 Salceda-Picoña, na parroquia de San Xurxo en Salceda de Caselas, e por iso defenderá unha moción no pleno deste venres no que urxen a construción de beirarrúas e melloras na sinalización horizontal e vertical no tramo que une a PO 407 e o cemiterio parroquial. A voceira do grupo, Nidia Arévalo, o deputado provincial Julio Alén, e o presidente local do PP, Santiago Rodríguez, acompañados por veciños desta zona, visitaron onte esta estrada provincial para comprobar o perigo ao que se expoñen diariamente os peóns que transitan por ela. Santiago Rodríguez explicou que esta é unha zona cun tráfico moi denso, xa que une a igrexa, co cemiterio e dúas parroquias importantes, A Picoña e Santa María, polo que isto sumado a que en ocasións os coches circulan a velocidades elevadas, provoca que se sucedan con frecuencia episodios perigosos para as persoas que teñen que camiñar polo asfalto, porque non só non hai beirarrúas, senón que tampouco existe un sendeiro delimitado para eles. Nesta liña, apunta que a esta si-

tuación agrávase nos días de cerimonias ou de enterros. Santiago Rodríguez explica que “é unha zona cun tráfico denso, incluso velocidades elevadas, e na que os peóns camiñan polo asfalto”.

apoio do resto dos grupos da corporación provincial para que inclúan, canto antes, este proxecto para garantir a seguridade vial dos veciños de San Xurxo. Ademais, Nidia Arévalo recordou o que está pasando coas

A voceira popular, Nidia Arévalo, compartiu esta preocupación, e engadiu que se ao pintado moi deficiente da estrada, se lle engaden as curvas pronunciadas e con pouca visibilidade ou que os peóns teñan que invadir os carrís de circulación para camiñar, o perigo é máis que evidente. Por iso, amosou a súa confianza de que este venres o PP reciba o

estradas provinciais. “É un despropósito, están totalmente abandonadas desde hai un ano. Hai estradas provinciais que as teñen que limpar os propios concellos porque a Deputación pasa literalmente, e outras nas que a maleza invade a vía ou o asfalto está deteriorado, mentres o Parque de Maquinarias da Deputación está infrautilizado”.

Abel Losada visita Salceda para coñecer a problemática da estrada PO511 Despois de que o grupo municipal socialista conseguise sacar adiante no último pleno unha moción para instar á Xunta de Galicia a que instale puntos de luz na PO-511 (antiga PO-510) ó seu paso polo termo municipal de Salceda de Caselas, o Deputado galego visitou a zona. Abel Losada, xunto coa voceira socialista e compañeiros da agrupación local, visitaron varias zonas da estrada, onde a falta de iluminación provoca, entre outros, problemas de visibilidade para os condutores e tamén para os veciños e veciñas que camiñan con inseguridade a diario polas vías de servizo paralelas a esta estrada. Neste senso, o deputado explicou, que no día de onte o grupo parlamentario socialista presentou unha proposición non

de lei sobre este tema no Parlamento Galego. Na mesma, ademais de solicitar a instalación de puntos de luz nesta estrada, o grupo insta a que a Xunta de Galicia desenvolva un Plan Autonómico de mellora das condicións de seguridade das estradas de titularidade autonómica.

Na súa opinión, Losada incide en que “as drásticas políticas de recortes que o goberno do Partido Popular ven de desenvolver dende 2009 ata a actualidade, ten afectado a múltiples aspectos das condicións e calidade de vida dos cidadáns, en moitos ámbitos, un dos máis relevantes é a política de mantemento e seguridade da rede de estradas de Galicia, cunha caída orzamentaria moi notable”. Verónica Tourón, voceira municipal, afirma que, “son necesarios investimentos da administración autonómica na seguridade vial e nese ámbito a estrada PO510 que é moi transitada ó seu paso polo noso termo municipal é un claro exemplo de inseguridade, atopándonos sen ningún tipo de alumeado a pesares da proximidade de zonas con elevada densidade de poboación.”


16

Xornal 21 Novembro 2016

mondariz | mondariz balneario | As Neves | Salvaterra de miño | Ponteareas

A Deputación continúa o proceso de contratación das obras no campo de fútbol de herba sintética en Salvaterra de Miño O Deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, presidiu a mesa de contratación na que a Deputación de Pontevedra continuou o proceso de contratación das obras relativas ao campo de fútbol de Fornelos-Oural, en Salvaterra do Miño, e de reposición do céspede artificial do campo de fútbol de Camballón, en Vila de Cruces, coa apertura das plicas dos sobres nos que se contiñan os criterios avaliables mediante fórmulas matemáticas despois de que a semana pasada se abrisen as correspondentes a criterios non avaliables por este procedemento. A estes concursos públicos presentáronse, respectivamente, 20 e 22 empresas. Lembramos que no campo de fútbol de Fornelos-Oural formulouse a reforma do campo de fútbol de terra existente para instalar un pavimento de céspede artificial, instalar unha rede de rego, unha nova instalación de iluminación e mellorar todas as necesarias para a súa correcta utilización. Este proxecto ten un orzamento de 442.389,62 € dos que a institución provincial achega o 75% (331.792,21 €) e o concello

de Salvaterra do Miño o 25% restante. Pola súa banda, no campo de Camballón reporase a manta de céspede artificial ao presentar un elevado deterioro, mesmo tendo desaparecido ou cunha lonxitude mínima en distintas zonas. Estas circunstancias provocan tanto efectos nocivos para a práctica deste deporte como lesións nos xogadores e xogadoras. O orzamento para esta actuación é de 208.165,71 € e, nesta ocasión, será a Deputación de Pontevedra quen achegue o total do investimento. Ambas as dúas cantidades teñen o IVE engadido e supoñen un investimento por parte da institución provincial situado en 539.957,92 €. A Deputación de Pontevedra, deste xeito, continúa o seu compromiso con estas dúas actuacións que foron asinadas a través de cadanseu convenio de colaboración con estes dous concellos, seguindo os procedementos administrativos pertinentes e os parámetros legais que permitirán, nas datas próximas, adxudicar ambas as dúas obras ás empresas gañadoras dos concursos públicos e que así os proxectos se poidan levar a cabo.

ECOVIÑO INFORMA

Curso de elaboración de licores artesanais Os próximos sábados días 26 de Novembro e 3 de Decembro, impartirase un CURSO DE ELABORACIÓN DE LICORES ARTESANAIS nas nosas instalacións de Rúa Galicia 24. Aproveita esta oportunidade para aprender a facer licores e sorprender a todos. Horario de 10 a 14 h. 1º Día. Recolección, secado, e conservación de raíces, follas,

flores e froitos; Métodos de elaboración: Destilación, Maceración, Adición, etc.; Cálculo de grao alcohólico. 2º Día. Preparación de almibares e mesturas. Licores a escoller: Café, Noz, Eucalipto, Laranxa, Coñac caseiro, Cilantro, etc. Interesados en facer u curso, chamar para saber os ingredientes que teñen que traer, segundo vos licores.

Curso teórico-práctico de poda en viña O próximo sábado día 17 de Decembro, impartirase un CURSO TEORICO-PRACTICO DE PODA EN VIÑA nas nosas instalacións de Rúa Galicia 24. Horario de 10 a 13:30 e de 15 a 18 h. Identificar enfermidades / Metodos de poda / Tipos de poda / Corte e desinfección / Prevención de enfermidades da madeira.

Inscricións en ECOVIÑO Rúa Galicia nº 24 Teléfonos: 986 18 25 05, 637 37 11 90 e 637 39 16 61

O Condado

Terceira Festa do Viño Espumoso D.O. Rías Baixas

O Concello de Salvaterra de Miño presenta a terceira edición da Festa do Viño Espumoso, unha festa orientada a promoción e divulgación dun produto novedoso e que ten unha forte presenza na nosa comarca. Como ven se sabe, Salvaterra de Miño é a Capital do Viño do Condado

converténdose o propio Concello nun verdadeiro impulsor dun produto tan importante para a súa economía local, e a cal se uniu nos últimos anos un novo produto, o viño espumoso que busca a súa propia posición e cuota de mercado. Dende o Concello animan a

participar desta festa, que terá lugar o próximo 3 e 4 de decembro, a que todos aqueles que queiran disfrutar deste produto se acheguen ao Recinto Amurallado, ademais a propia festa ofrece unha diversidade de actuacións e cursos para aqueles que queiran profundizar neste mundo.

Ponteareas instalará desfibriladores en varios campos de fútbol As instalacións deportivas de Areas, Angoares e Pardellas, onde se practica fútbol de base e hai unha afluencia de público elevada, serán as primeiras en contar con este equipamento sanitario. “A nosa intención é que Ponteareas sexa unha vila cardioprotexida”, declara a concelleira de Seguridade Cidadá, Sanidade e Promoción da Saúde, Vanesa Fernández. “A instalación destes tres desfibriladores é un primeiro paso. Ano tras ano, iremos ampliando a outras instalacións deportivas e tamén a instalacións municipais de outro tipo, onde haxa unha afluencia elevada de xente”, engade. Recentemente reuníronse cos clubs que usan habitualmente as instalacións deportivas escollidas á que asistiron a edil de Sanidade, Vanesa Fernández, o edil de Deportes, Benito Márquez, e o xefe de Bombeiros de Ponteareas, Roberto Castro. A edil explica que o motivo polo que se comeza polos campos de fútbol é para evitar os casos de morte súbita na práctica do deporte, que teñen afectado a campos tanto de fútbol profesional como de categoría amadora e base. “Estes dispositivos non só axudarán aos deportistas ou público asistente, se non ta-

mén aos veciños próximos a esas instalacións, xa que é máis efectivo usar este que esperar pola ambulancia. Hai que ter en conta que cada minuto que pasa nun cadro de ataque cardíaco redúcense as probabilidades de supervivencia nun 10%”, indica

cun adestramento básico poda usalo”, indica a edil de Sanidade. O Concello de Ponteareas organizará nas próximas semanas cursos para adestradores e outros responsables deportivos para instruílos no manexo deste tipo de equipamento sanitario.

o concelleiro de Deportes, Benito Márquez. “Os desfibriladores automáticos externos (DEA), como os que instalamos, salvan moitas vidas, son sinxelos de manexar e están deseñados para que calquera

O DEA é un dispositivo seguro e fiable con un microprocesador que analiza o ritmo cardíaco e recomenda o nivel das descargas con exactitude, motivo para localizalos en lugares onde a afluencia de público é alta.


Baixo Miño

Novembro 2016 Xornal 21

A Guarda | o rosal | oia | Tomiño | Tui

17

“Antón Alonso Ríos”, nome escollido por votación popular para o instituto de Tomiño Exposición de Rosa Mª Vila Iglesias na Sala Municipal.

A tudense Rosa Mª Vila expón a súa obra na Sala Municipal ata finais de mes

Rosa María Vila Iglesias presenta ata o 30 de novembro a súa obra pictórica na Sala de Exposición Municipal na Área Panorámica. A mostra recolle 37 obras en formato pequeno nas que amais dos cadros en plumilla, que a caracterizan, emprega tamén outras técnicas coma óleo e acuarela, mesturándoas entre sí. No seu traballo Tui é un dos grandes protagonistas plasmando panorámicas da cidade ou de Randufe, a Catedral, a igrexa de Santa Mariña de Areas ou a de San Barto-

lomé, así distintos recunchos da cidade, presenta tamén unha serie de portas pero tamén a natureza é obxectivo do seu pincel, xunto a outros lugares coma o Coliseo Romano ou a Catedral de Santiago. Rosa María Vila Iglesias, de formación autodidacta, ten realizado dende o ano 1998 numerosas exposicións tanto en Tui coma na Guarda, Vigo, Baiona, Valença ou Melgaço. A mostra pode visitarse de luns a venres de 9 a 21h e os sábados de 10 a 13h.

Caminha e A Guarda seguen traballando para declarar o Esteiro do Miño como Patrimonio da Humanidade Recentemente celebrouse no Concello da Guarda unha reunión de traballo para perfilar o expediente que a Cámara de Caminha e o Concello da Guarda, con Luis Miguel Alves, presidente do municipio portugués e Antonio Lomba, alcalde da Guarda, en representación dos seus concellos, presentarán para que o Esteiro do Miño entre na lista indicativa como Paisaxe Cultural da UNESCO. Os alcaldes revisaron a proposta realizada polos redactores do expediente César Abella, da empresa Trivium, e Jordi Tresserras, presidente de IBERTUR (Red de Patrimonio, Turismo y Desarrollo Sostenible) e consultor da UNESCO.

Nesta xuntanza os alcaldes tiveron a oportunidade de enriquecer a proposta naqueles aspectos que consideraban máis salientables da relación entre Caminha e A Guarda en canto a paisaxe, patrimonio, natureza e relacións humanas. Tamén se falou do procedemento que ten que seguir o expediente para chegar a formar parte da lista indicativa. Neste proceso intervirá a Xunta de Galicia e os gobernos español e portugués. Ó remate da reunión acordaron en facer a presentación definitiva da proposta ante os medios de comunicación antes de febreiro de 2017, momento no que aproveitarán para presentar o vídeo promocional desta iniciativa.

Antón Alonso Ríos foi o nome máis votado para bautizar ao IES de Tomiño, que pasará a chamarse IES Antón Alonso Ríos, logo dos resultados escrutados e previa ratificación do Consello Escolar. A elección de Antón Alonso Ríos foi apoiada por un total de 1026 votos, o 36% do total de votos emitidos. A participación na votación foi de 2.818 votos. A defensora das mulleres e dos movementos do campesiñado Isaura Gómez, foi o segundo nome máis votado, con 967 votos (34%). A terceira candidatura, o mantemento da súa actual denominación IES de Tomiño, foi votada por 825 persoas (29%). O Concello de Tomiño puxo en marcha un proceso pioneiro en Galicia para a proposta e elección participativa de un nome para o instituto de educación secundaria do municipio. O proceso comezou en outubro coa recepción de propostas de tódolos cidadáns, que foron seleccionadas por un comité de expertos. En total recibíronse 51 propostas de nomes diferentes, das que o comité se-

leccionou 5 e o consello escolar do instituto decidiu os tres nomes finalistas que se someteron a votación. A votación celebrouse durante 12 días (2-13 de novembro), en urnas situadas no instituto e na casa consistorial de Tomiño e tamén a través dun procedemento de votación on line. Finalmente procedeuse a apertura das urnas no Concello e ao proceso de reconto. Os resultados serán notificados ao consello escolar do IES de Tomiño que, unha vez aprobado, presentará unha solicitude formal de cambio de nome á Consellería de Educación. Antón Alonso Ríos (Silleda 1887 – Bos Aires 1980) foi un mestre e pedagogo intimamente ligado a Tomiño, especialmente na etapa da II República. En Tomiño dirixiu a escola Aurora del Porvenir, onde desenvolveu un modelo educativo innovador. O franquismo obrigouno a emigrar a América. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo, que presidiu logo da morte de Castelao, ata 1950. O instituto de Tomiño conta con 600 alumnos. O proceso

participativo para escoller o novo nome do instituto de Tomiño é unha iniciativa pioneira, incluída no programa Educación da boa, posto en marcha no curso pasado polo Concello de Tomiño , coa finalidade de promocionar o instituto e un ensino público de calidade. A alcaldesa explicou que a intención do equipo de goberno é lograr un maior vencellamento entre o instituto e os veciños e veciñas. “Por esta razón comezamos pola escolla do nome; queremos que os cidadáns participen máis na actividade e na mellora do IES, e que o IES se abra cada vez máis á sociedade. Cremos que é fundamental ter, mais tamén valorar unha educación pública de calidade”, salientou Sandra González. O programa Educación da boa inclúe, ademais do bautizo, unha análise das preferencias da comunidade escolar a través dunha enquisa, un programa de conferencias de orientación profesional para os alumnos do instituto e un plan comunicación e divulgación en redes sociais sobre as actividades do centro educativo.

A Rota dos Muíños do Folón e do Picón estrean nova sinalización

O Concello do Rosal ven de rematar estes días o proxecto de modificación e incremento da sinalización do sendeiro PR-G94 da Rota dos Muíños do Folón e do Picón. O trazado orixinal deste sendeiro xa fóra adaptado e sinalizado polo Concello hai anos, para a súa homologación e incorporación á listaxe de rutas sendeiristas potenciadas pola Xunta de Galicia. Recentemente, comprobouse que existía un importante problema no seu percorrido na época

de choivas, xa que o río Folón, que no verán case está seco, viña crecido e a ruta se facía intransitable para os sendeiristas. Por tal motivo, propúxose unha modificación no seu trazado, facendo un cambio que permitira vadear o río, permitindo o paso a través dunha ponte xa instalada. Tal cambio supuxo unha nova sinalización e modificación dos contidos dos paneis xeral (no inicio da ruta) e local (un panel situado xunto o cambio de trazado). Por outra banda, co fin de ampliar

o percorrido de 3,5 kms. para aqueles que queran andar un pouco máis, o proxecto contemplou alongar a senda ata a ermida de San Martiño, ampliando o sendeiro en 900 metros máis. A tal efecto, instaláronse paneis interpretarivos (con códigos QR enlzados a webs de contidos turísticos e sendeiristas), postes e frechas, balizas e restante sinalización consonte ós manuais de sendeiros homologados. A actuación descrita foi financiada ascendeu a 4.217,10 €


18

Xornal 21 Novembro 2016

Nigrán | Gondomar | baiona

Val Miñor

Roteiro seguro para os alumnos do colexio Humberto Juanes

Sométese a información pública o proxecto da senda peonil e ciclista entre Gondomar e a Ramallosa Esta actuación conta cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros, que estarán cofinanciadas con Fondos FEDER A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista entre as poboacións de Gondomar e A Ramallosa (PO-340), concretamente, entre os puntos quilométricos 17+650 e 21+360, así como a relación individual de bens afectados. Esta actuación conta cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros, que estarán cofinanciadas con Fondos FEDER. Esta vía forma parte do Plan de Sendas de Galicia na área de Vigo, na que a Xunta destina un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios. Neste momento, o Executivo autonómico está a avanzar na tramitación para levar a cabo a contratación destas actuacións coa fin de que se inicien

o vindeiro ano. Este proxecto construtivo ten por obxecto a realización das obras precisas para a construción dunha senda mixta destinada ao tráfico peonil e ciclista, ao longo da marxe esquerda da PO-340, que permita comunicar os núcleos de Gondomar e A Ramallosa. A sección característica da senda dispón de 2,7 metros de ancho, cun separador vexetal de 0,5 metros e borde de formigón de 0,22 metros de ancho; executada en formigón coloreado e sobreelevada 3 centímetros respecto da cota da estrada. As obras previstas comprenden tamén, de xeito complementario e coa finalidade de garantir a funcionalidade e operatividade da actuación principal (senda peonil e ciclista), dúas actuacións máis. A primeira na intersección do PK 18+880 coa rúa Vilariño, moi próxima ao IES Escolas Pombal,

na que se construirá un cambio de sentido con carril central de espera, para facilitar os xiros, restrinxidos actualmente na maior parte do tramo obxecto da actuación. A segunda no cruce do PK 20+580 coa estrada da Deputación a Golada, moi próximo ao centro de saúde Val Miñor: neste caso aumentaranse as cuñas de cambio de velocidade e modificarase o illote existente transformándoo en semicircular para permitir os cambios de sentido neste punto. O proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de 30 hábiles, é dicir, ata o 26 de decembro, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado. Tamén se somete a información pública a relación das 85 bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes.

A Casa da Navegación reabre as súas portas con numerosas novidades

Os alumnos do Colexio Humberto Juanes contarán antes de que finalice o ano cun roteiro seguro para acceder camiñando ao colexio. O Concello de Nigrán está a levar a cabo actualmente as obras necesarias, que forman parte do proxecto que inclúe a reforma da pranta baixa do consistorio e cuxo obxectivo común é crear espazos accesibles. Este novo roteiro seguro implica a construcción de beirarrúas que discorrerán dende a Praza do Concello e ao ca-

rón das escolas infantís e antigas casas dos maestros, permitindo así un acceso peonil completamente seguro e que outorga máis protagonismo á Praza. “A mobilidad peonil é a forma máis natural e básica de desprazarse, actualmente nesta contorna o viandante ocupa un segundo plano, cando precisamente debe ser todo o contrario, máximo se estamos a falar de nenos que se desprazan cada día a pé ao colexio", explica o alcalde, Juan González.

Gondomar destina 56.000 euros a subvencións O Concello de Gondomar publicou as bases das subvencións de concorrencia competitiva. A Concelleira de Igualdade, Deporte, Xuventude e Cultura, Nuria Lameiro recorda que os case 56 mil euros están destinados o fomento de actividades, a realización de obras e a inversión en material e suministros de asociacións e colectivos cuxo obxetivo sexa cultural, deportivo, social ou comunitario. Nuria Lameiro confía en que as subvencións se traduzan nun mellor desenvolvemento das actividades que levan a cabo as asociacións deportivas, culturais e sociais nas que par-

ticipan os gondomareños. O prazo de presentación de solicitudes estará abierto ata o 26 de este mes. As persoas físicas poderán entregar a documentación necesaria, dispoñible para descargar na páxina Web do Concello de Gondomar , no Rexistro Xeral. Mentras que as persoas xurídicas, como asociacións, dende a entrada en vigor da lei 39/2015 deberán presentar a documentación de forma electrónica. Os veciños de Gondomar contan con un punto de información no Concello para as dubidas que poidan surxir en relación coa tramitación de documentación a través da sede electrónica.

Programa "Conciliación NADAL 2016" O pasado 18 de novembro, ás 13:00h, tras un mes de traballo a Casa da Navegación de Baiona abriu as súas portas tras un período de tempo pechada con motivo dos traballos de mellora e ampliación de fondos museolóxicos e equipamento museográfico que tanto o departamento de Cultura de Baiona como

a dirección do centro considerou oportunos, co obxectivo fundamental de facer un museo vivo e en constante cambio, renovándose periodicamente e incorporando novos discursos, como non pode ser doutra maneira nunha vila de antiga implantación como Baiona, cunha longa historia e rico patrimonio

cultural que supera a capacidade física do Museo. O reciento converteuse en centro cultural de referencia na vila mariñeira. Polas súas instalacións pasaron miles de visitantes. Ao longo do ano realízanse diferentes actividades co fin de achegar a cultura aos baioneses.

A Concellería de Igualdade de Baiona, a través do Centro de Atención á Muller, presenta o programa “Conciliación NADAL 2016”, que ten como obxectivo promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada polas familias participantes e

o Concello de Baiona. O programa, destinado a nenos/as de 3 a 12 anos, desenvolverase nas seguintes datas: o 22,23,26, 27, 28,29,30 de decembro de 2016 e os días 2,3,4 e 5 de xaneiro de 2017 no CPI Covaterreña en horario de 9:00 a 14:00 h.; aínda que por necesidade das e dos proxenitores, poderán acceder ao programa de 8:00 a 9:00 e saír de 14:00 a 15:00 horas.


Motor

Novembro 2016

Xornal 21

19

Subaru desvela en primicia mundial o concept viziv-7

o Nissan rogue, X-Trail en europa, terá a versión rogue one Star Wars Limited edition A asociación de nomes resulta obvia: o Nissan Rogue, denominado X-Trail en Europa, atópase con Rogue One: Unha Historia de Star Wars, a primeira historia independente xamais creada de Star Wars. Resulta apropiado que Nissan e Lucasfilm, o estudo encargado de crear

a última entrega do universo de Star Wars, colaboren para crear o primeiro vehículo de produción a tamaño real que incluirá elementos de Star Wars, o Nissan Rogue: Rogue One Star Wars Limited Edition. Este modelo está baseado no redeseñado crossover compacto

Novo Alfa romeo Stelvio Este mes debutou no Salón Internacional de Los Ángeles, a versión Quadrifoglio, a nova creación mecánica de Alfa Romeo: chámase Stelvio e é o primeiro SUV da marca en máis dun século de historia. Destinado a converterse en punto de referencia do segmento, o novo modelo encarna o auténtico espírito Alfa Romeo, incorporando os cinco elementos que a converten nunha das marcas de automóbiles máis desexadas no

mundo: deseño claramente italiano; motores de vangarda e innovadores; perfecta distribución do peso; solucións técnicas únicas; e excelente relación peso/potencia.

Novo e auténtico:

o Jaguar XKSS orixinal

Jaguar Classic presentou mundialmente no Petersen Museum de ‘Los Ángeles’ o primeiro Jaguar XKSS xenuíno que se fabricou en case 60 anos. O equipo de enxeñería de Jaguar Classic

creou este impresionante XKSS cun acabado en cor Sherwood Green como anticipo á produción de nove vehículos que se entregarán a clientes de todo o mundo en 2017.

Nissan Rogue 2017 e só fabricaranse 5.400 unidades Rogue One Star Wars Limited Edition; 5.000 para clientes de Estados Unidos e 400 para Canadá. Cada vehículo inclúe unha réplica exclusiva e numerada de coleccionista a tamaño real dun casco de Death Trooper.

O Subaru VIZIV-7, cuxo nome provén do termo “Vision for Innovation”, é un SUV de 7 prazas e xenerosas dimensións, que anticipa a visión futura que Subaru quere ofrecer aos seus clientes baseada no concepto de marca “enjoyment and peace of mind”. Con este novo concept, Subaru plasma a súa idea sobre como debería de ser o próximo SUV de gran tamaño da marca. Segundo Takeshi Tachimori, Vicepresidente de FHI “O VIZIV-7 expresa os nosos principais valores como marca, seguridade,

fiabilidade e máxima confianza para gozar de actividades ao aire libre”, “Sabemos que os consumidores neste segmento, demandan vehículos de grandes dimensións, por este motivo o noso próximo modelo contará cunha fila de asentos adicional e será o maior xamais producido”. Con 7 prazas dispoñibles e a actual filosofía de deseño de Subaru “Dinamic x Solid”, o novo Concept anticipa o camiño que seguirá a versión definitiva do novo SUV, que será presentado en Estados Unidos a principios de 2018.


20

Xornal 21 Novembro 2016

Deportes

Máis de 1.800 nenas e nenos da provincia participarán nas “DEPOrte Escolas” de fútbol da Deputación Raúl Fernández e Desirée Duarte asinaron o dobrete do Fornelos na Copa Galicia do Rosal A Asociación Deportiva Fornelos de Montes fíxose co triunfo nas dúas carreiras raíñas do XIX Trofeo Comunidade de Montes das Eiras, quinta xornada puntuable da Copa Galicia de Ciclocross 2016 celebrada este 19 sábado no concello pontevedrés do Rosal. O sub 23 Raúl Fernández conseguiu a súa primeira vitoria da temporada na proba absoluta masculina e Desirée Duarte sumou o seu segundo triunfo parcial do curso tras superar ao sprint a Irene Trabazo (Meruelo). Mauro González (Salvaterra) e Isabel Castro (Fornelos) continúan como líderes. O Clube Ciclista O Rosal organizou este evento que reuniu a 244 participantes e no que o vento, a chuvia, e como consecuncia o barro, foron gañando protagonismo. O circuíto da Praia das Eiras non ten segredos para o rosaleiro Raúl Fernández que foi profeta na súa terra. O representante do Fornelos soubo contrarrestar de inicio a aceleración de Mauro González e unha vez controlado ese primeiro ataque probou sorte en solitario. A súa aventura rematou despois dunha pequena caída que aproveitaron o sub23 Samuel González (Salvaterra) e o elite Darío Otero (Compostelano) para darlle caza. A partir de aí comezou unha loita a tres bandas na que Fernández foi o máis forte: “Estabamos moi igualados e atacándonos. Nun deses cambios de ritmo conseguín abrir oco, xa non vin máis para atrás e tirei a tope ata meta”. Cun tempo de 59 minutos e 49 segundos o ciclista do Rosal presentouse na liña de meta con 18” de vantaxe sobre Samuel González, 26” respecto a Darío Otero e a 33” rematou o líder ab-

soluto Mauro González. A carreira Elite e Sub23 de mulleres tamén ofreceu un emocionante espectáculo. Desirée Duarte atacou de saída e logrou poñer terra de por medio. A súa estratexia atopou a resposta de Irene Trabazo, que conseguiu neutralizala. “Cando vin que me estaban collendo, decidín baixar o ritmo”, explica a do Fornelos, que se viu sorprendida pola resposta da corredora do Meruelo: “Irene chegou a marcharse un pouco, pero fun collendo o meu ritmo e paulatinamente funme achegando”. As dúas alcanzaron xuntas os metros finais e xogáronse a vitoria nun man a man no que Duarte venceu a Trabazo. A terceira praza, a dous minutos, ocupouna a líder Isabel Castro. Outros finais ao sprint vivíronse na proba junior masculina con Adrián Barros (Coruxo) batendo a Guillermo García (Marín), na Máster-40 co portugués Antonio Sousa superando a Manuel Armada (Asoc. Galega) e a Juan José Saborido (Compostelano) e nas rapazas cadetes con Noela Saa (Maceda) entrando por diante da súa compañeira Antía Martínez. Carlos Canal (Maceda) nos cadetes, a lusa Jessica Silva (Vila do Conde) nas juniors, Luciano Carretero (Cambre) nos Máster-30 e Javier de la Fuente (Betanzos) nos Máster-50 foron os outros triunfadores da xornada. Nas clasificacións xerais Carlos Canal e Noela Saa dominan nos rankings cadetes, Sara Trigo (Cidade de Lugo) e Jorge Suárez (Cidade de Lugo) nos juniors, Andrés Calvete (Cambre) no Máster-30, Guillermo Álvarez (Fornelos) no Máster-40 e Javier de la Fuente no Máster-50/60.

O Mecalia Atlético Guardés disputará os oitavos de final Será a primeira vez na súa historia, o equipo do Baixo Miño Mecalia Atlético Guardés disputará os oitavos de final da prestixiosa competición europea tras

pechar a eliminatoria, o pasado día 20, da Copa Challenge vencendo ao Dnepryanka Kherson ucranianocon un balance final de 40-63.

Mecalia Atlético Guardés: Marisol Carratú, Maura Fernández, Raquel Lorenzo; Ana Cerqueira (1), África Sempere (5), Ronsel Doiro (2), Xeila Fervenza, Luciana Mendoza (4), Elena Onicas (2), Inés Hernández (3), Alesia Kurchankova (3), Haridian Rodríguez (5), Anthía Espiñeira (4), Gabriela Romeu (1), Rosario Urban, Marta Pombal. Dnepryanka Kherson: Valentyna Drembach, Kateryna Kandibey (6), Iana Reva (1), Alona Sorokina (3), Daryna Surhan (1), Tetyana Popovich (3), Maryna Potseluieva, Yuliia Tkachenko (3), Valeriia Kyryllova (1), Karolina Savchenko. Árbitros: Daniel Krause e Nicklas Mark Pedersen (DEAN). Excluíron dous minutos ás locais Mendoza e Hernández e ás visitantes Sorokina (2) e Surhan (2). Incidencias: Partido disputado no pavillón da Sangriña, cuns 700 espectadores nas bancadas.

A deputada de deportes, Chelo Besada, deu por inaugurada no campo de fútbol de Chaín en Gondomar, as “DEPOrte Escolas” de fútbol da Deputación nas que van a participar máis de 1.800 nenas e nenos de 28 concellos da provincia con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos. Este ano, como novidade principal e ademais do cambio de imaxe e denominación das escolas deportivas para convertelas nas “DEPOrte escolas”, mudou o funcionamento das mesmas co obxectivo de dotalas de transparencia e maior participación, respectando a autonomía municipal, sen competir coas escolas deportivas xa postas en marcha nos concellos da provincia. O renovado programa busca a implantación igualitaria e equilibrada no territorio, a promoción do deporte base, un maior incre-

mento da oferta de iniciación á práctica deportiva, a garantía de que cheguen ós concellos disciplinas deportivas non existentes, que as nenas e nenos poidan acceder ó deporte e, finalmente, a consolidación de todas as escolas que se vaian creando nos distintos concellos. Este esforzo por converter ás escolas nun programa máis transparente e participativo, impulsando actuacións de comunicación coa finalidade de achegar a información sobre as escolas ás familias, ANPAS e concellos,xa está a dar os seus froitos. De feito, nas “DEPOrte escolas” de fútbol participan este ano 100 nenas e nenos máis que o ano pasado, acadando os 1800 participantes fronte ós 1700. Tamén cómpre destacar que houbo solicitudes de tres concellos máis para poñer en marcha novas escolas de fútbol, sumando un total de 44 “DE-

POrte escolas” de fútbol para o curso 2016/2017 nos concellos de Ponteareas, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Nigrán, Valga, Oia, O Rosal, Tui, O Porriño, Mos, As Neves, Vilanova de Arousa, Tomiño, Pontevedra, Campo Lameiro, Vigo, Fornelos de Montes, Cangas do Morrazo, Moraña, Agolada, Rodeiro, Arbo, Crecente, Cambados, A Lama, Vilagarcía de Arousa e Redondela. As “DEPOrte escolas” da Deputación de Pontevedra ofertan as modalidades deportivas de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto. A súa implantación terá lugar de forma progresiva, a medida que a institución provincial teña a todas as nenas e nenos inscritos nas diferentes modalidades. De feito, ademais de fútbol comezaron xa as de patinaxe, judo e rugby.

Jon Ander Tomei e Rodrigo Enríquez únense ao proxecto do Club Ciclista Rías Baixas Na confección do seu persoal para a tempada 2017 o Club Ciclista Rías Baixas está a apostar principalmente por corredores do pelotón galego con proxección e nese perfil encaixa a súa última fichaxe. A entidade presidida por José Luis Chamorro pechou a incorporación de Jon Ander Tomei. O ciclista da localidade coruñesa de Sada Jon Ander Tomé. chega á estrutura do Val Miñor procedente do Cambre - miñorano, procedente do Supermercados Froiz, co Renault Caeiro. "É un corredor completo cunha obxectivo de continuar gran punta de velocidade que nos cunha progresión que o abre as portas nalgunhas carreiras levou a defender as cores na que estabamos un pouco cojos, da selección española Rodrigo Enríquez. por exemplo na Copa de España", sub23 durante a última nas filas do Lola Lola-Gomistar e apunta o seu novo director depor- campaña. O pasado mes de maio o ci- o seu potencial non pasou desapertivo Marcos Serrano, que ten moitas esperanzas depositadas no sa- clista de 22 anos disputou co com- cibido para o seleccionador Pasdense: "Deber ser un dos puntais binado rojigualda a Volta a Astu- cual Momparler. As fichaxes de Enríquez e Jon do equipo, aínda que xoga na súa rias compartindo pelotón con contra que lle falta coñecer o ca- formacións profesionais como o Ander súmanse ao do campión de Movistar ou o Caixa Rural. Unha Galicia júnior Daniel Rodríguez e lendario e as carreiras". Tamén se comprometía coa oportunidade que lle chegou na ao do cántabro Diego Tirilonte. entidade o ourensán Rodrigo En- súa segunda tempada competindo Nas próximas semanas a directiva ríquez. O corredor do Barco de en bicicleta. Enríquez decidira pro- da estrutura con sede en Nigrán esValdeorras ficha polo conxunto bar sorte no ciclismo un ano antes pera anunciar máis reforzos.


Saúde

Novembro 2016

Xornal 21

21

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

Unha aplicación activará ós voluntarios para prestar auxilio en paradas cardiorrespiratorias

O Servizo Galego de Saúde, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia- 061 está a poñer en marcha o programa Acude e Axuda. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, explicou que se trata dun proxecto realizado xunto coa Cruz Vermella de Galicia e a Sociedade Española de Cardioloxía para a atención precoz a todo o proceso de atención á parada cardiorrespiratoria fóra dos centros sanitarios -en lugares públicos- e realizado por voluntarios acreditados. Ata o de agora, a aparición dunha persoa con formación en reanimación cardiopulmonar no lugar do evento antes da chegada dos medios sanitarios era unicamente fortuíta. A coordinación a través do voluntariado dunha organización con experiencia como a Cruz Vermella fai que os tempos podan reducirse e con isto incrementar as posibilidades de supervivencia do paciente. Neste sentido, Vázquez Almuiña salientou que o 061 atende cada ano en Galicia arredor de 780 incidentes por morte súbita ocorridos fóra do hospital; e que nestes casos a probabilidade de supervivencia en persoas que foron reanimadas con masaxe cardíaca se duplica fronte a aqueles aos que non se lles aplicaron técnicas de reanimación cardiopulmonar. O proxecto Acude e Axuda pretende re-

matar cun rexistro de persoas formadas en soporte vital básico para poder ser activadas en caso de estar próximas a un evento; así como un rexistro e localización dos desfibriladores semiautomáticos (DESA) para achegalos no menor tempo posible á persoa que o precisa. Trata fundamentalmente de coordinar a persoal voluntario, inicialmente a rede de voluntarios da Cruz Vermella, que recibirán un aviso vía aplicación de smar tphone por parte do 061 ante a aparición dunha alerta

de parada cardíaca. A coordinación inclúe as decisións para mobilizar aos voluntarios máis próximos ao evento, tanto para a atención directa á parada como para recoller un desfibrilador na zona. Todo elo, por suposto, ata que cheguen os servizos sanitarios do 061. Durante o ano 2015, rexistráronse un total de 673 RCP que foron realizadas polos recursos de soporte vital avanzado ou soporte vital básico (DESA) de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

IV CONGRESO PARASANITARIO E DE MEDICAMENTO INTEGRATIVA

A saúde natural reúnese en Vigo Homeopatía, osteopatía, acupuntura, quiromasaxe e naturopatía son algunhas das terapias que serán abordadas no congreso Redacción Xornal21.es

Vigo é a cidade elixida para celebrar o próximo 3 de decembro o IV Congreso Parasanitario e de Medicamento Integrativa, evento organizado pola Escola Europea Panasanitaria no que participarán prestixiosos expertos nacionais e internacionais neste tipo de terapias. O principal obxectivo deste congreso é, segundo os seus responsables, difundir os beneficios dos tratamentos naturais e alternativos, que aínda son descoñecidos por gran parte da poboación. O congreso albergará conferencias sobre homeopatía, acupuntura, quiromasaxe e naturopatía, entre outras disciplinas médicas que, segundo devanditos profesionais, -permiten non só tratar as enfermidades e doenzas senón tamén previr-. O medicamento parasanitaria e integrativa incorpora ao medicamento convencional as terapias complementarias con evidencia científica, como a fitoterapia, a dietética, a meditación, o ioga e a acupuntura. Entre os relatores internacionais máis destacados que participarán no congreso atópase o doutor Kirill Yurievich Yarko “Kira”, pediatra da Universidade de San Petersburgo e doutor en medicamento osteopática pola Escola Superior Rusa de Medicamento Osteopática. Ade-

mais, a naturópata, homeópata e profesora de ioga alemá Siegrun Bischoff, xunto á homeópata, kinesióloga e masaxista Hanna Bruderer, explicarán en que consiste a “homeopatía clásica”. No que respecta aos expertos españois, José Antonio Sánchez, naturópata e quiromasajista con máis de 20 anos de experiencia, Marcos Vélez, presidente da Asociación Española de Naturopatía e Bioterapia

e Diego Alonso, doutor en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade de Vigo serán algúns dos participantes. Por outra banda, os organizadores do congreso lanzaron a “entrada solidaria”, mediante a que serán doados 5 kg de alimentos non perecedoiros ao Banco de Alimentos. Estes alimentos poderán ser entregados en calquera escola ou no propio hotel o día do congreso. O evento, que conta nesta edición co lema “Que a forza do natural acompañe”, terá lugar no Hotel Cidade de Vigo.

Case o 70% de alertas sobre produtos perigosos proceden de artigos chineses

A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) publicou na súa web durante o mes de outubro 53 produtos notificados a través da Rede de Alerta porque poden xerar un risco grave aos consumidores. Deles, 20 foron detectados en fronteira e rexeitouse a súa impor tación, mentres que outros 28 foron retirados do mercado e prohibida a súa comercialización. Nos 5 restantes, foi o propio fabricante quen, como obriga a normativa, comunicou ás autoridades de consumo a existencia de posibles riscos nos seus produtos e adoptou as medidas necesarias para palialos. Entre os produtos atópanse os xoguetes (23), produtos eléctricos (6) e moda infantil e accesorios (5), son os que reúnen maior número de notificacións, dados os requisitos esixidos pola normativa que os regula e, no caso de xoguetes pola especial vixilancia a que están sometidos polos servizos de inspección ao estar dirixidos a unha poboación vulnerable. China é o país de orixe que máis alertas ocasionou este mes de outubro cun total de 36 artigos que poderían xerar un risco grave aos consumidores.


22

Xornal 21 Novembro 2016

Actualidade

Punto de lectura

INFILTRADO

Este mes recomendamos...

CAZADORES, CAMPESIÑOS E CARBÓN DE IAN

Cinema Estrea 16 decembro de 2016

MORRIS

QUE DETERMINA OS PRINCIPIOS MORAIS DUNHA SOCIEDADE? Despois do éxito de Por que manda Occidente? por agora?, Ian Morris aborda a ambiciosa tarefa de explicar a evolución dos valores das sociedades humanas desde a prehistoria ata a actualidade. Este é un libro provocador que explica de onde proceden e como e por que evolucionaron os nosos códigos morais ao longo da historia. Nunha orixinal proposta, o libro incorpora capítulos escritos por críticos acérrimos de Morris: o historiador Richard Seaford, o sinólogo Jonathan D. Spence, a filósofa Christine M. Korsgaard e a escritora Margaret Atwood. Morris responde os seus argumentos de forma intelixente e incisiva. «Ian Morris é un escritor cunha ambición e unha capacidade que o sitúan á altura de eruditos como Jared Diamond ou David Landes?» Paul Cartledge «Incita á reflexión e divirte ao mesmo tempo; o seu alcance é amplísimo pero aínda así é preciso no detalle.» Jonathan Fenby

Baseada nunha historia real narra como un policía norteamericano infíltrase nunha banda de narcos colombianos. Para lograr ese obxectivo, Robert Mazur (Bryan Cranston) infiltrarase xunto Kathy Ertz (Diane Kruger), quen finxirá

TÍTULO: Cazadores, campesiños e carbón AUTOR: Ian Morris TRADUCIÓN: Claudia Casanova FORMATO: 15 x 23, 448 páxinas ENCADERNACIÓN: Tapa dura con sobrecubierta ISBN: 978-84-16222-21-6 PVP: 26,50 €

ser a súa futura esposa e Emir Abreu (John Leguizamo), un policía con métodos pouco tradicionais para relacionarse coa cúpula da organización criminal e ser parte da maior operación encuberta antidroga da historia.

Máis información na sección Cinema de xornal21.es

FOTOS DE ARQUIVO

OHumordeCosme

A NASTY TRICK IN THE WALL

Da vid D ebé n

A praza central vaise baleirando paseniño mentres a música, lixeiramente mais suave que hai un rato, segue a sonar marcando o paso canso dos acólitos que abandonan o lugar, coma mortos en vida, arrastrando os pes ate saír de alí ca testa enterrada entre os ombros. Os berros de ánimo esmoreceron hai rato, as consignas morreron polo camiño. A caprichosa esperanza esquivounos outra vez. Ficaron pampos, coa boca aberta, incrédulos. Como si se tratase dun mal soño do que non dan espertado. Algúns choran como prañideiras polo que poido ser e non foi, nunha caste de estado de shock. Os brazos baixos, rendidos, os carteis e pancartas á altura dos pés, arrastrándoas polo piso lixado de auga e barro. A pintura das caras comeza a esmorecer converténdose nunha masa informe de cores ó mesturarse co suor, as pingas de chuvia e as bagoas. Todo acabou. A ilusión crebou con cada dato, con cada número, con cada

porcentaxe. So lles queda tentar acomodarse a un futuro incómodo, que chega coma un tren sen control para o que nin sequera tiraron billete. O que naceu fai uns anos como unha grande esperanza foi sendo castrada, asolada e manipulada polos sectores que agora ven como todo remata nunha hecatombe de proporcións descoñecidas ate a data. Un resultado inesperado incluso para eles. E vos, sen culpa ningunha, sen voz, sen voto. ¿Que vai ser de vos? Os cambios sempre dan medo, pásanos a todos, a novidade, o descoñecemento, a incertidume ... Nada que non superarades antes, nada que vos faga esmorecer, nada que vos faga claudicar, nada que vos impida reivindicar o voso lugar no mundo, nada. A vosa loita continúa pois os pes seguen a bulir, as mans seguen a facer e a crear e a mente, esperta coma sempre estivo, segue a voar por enriba de calquera muro que poñan, por moi alto que sexa.

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es

CUPÓN ANUNCIOS BREVES TEXTO DO ANUNCIO (Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

>Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

________________________________________________________________________________________________________________________________________________ _____________________________________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:_____________________ APELIDOS*:___________________________________________________ D.N.I. ou Pasaporte*:________________________________ Lugar de residencia*:_______________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________

c Alugueres c Animais

c Automóbiles c Ensino

c Casas c Contactos

c Pisos c Solares e terreos

c Traspasos c Compras varias

c Vendas varias c Outros

c EMPREGO

c Retirar anuncio c Publicar anuncio

c Ofertas c Demandas

Firma

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.


Novembro 2016 Xornal 21

Anuncios breves

Alugeres PRAZA garaxe moi económica en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 TOMIÑO CASA amoblada. Planta baixa. Ubicada en Taborda. Finca amplia con barbacoa, garaxe, terraza, xardín. Dispón de 2 cuartos, cociña, 2 baños, sa de estar, galería con cheminea…Alúgase por 425 €/ mes. Tel. 986 33 35 02 VIVENDA barata busco. Son xubilado con pouca paga. 605 785 292 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705 RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 VIVENDA amoblada, tres cuartos, cociña americana, baño, terraza. No Cerquido – O Porriño. 300 € 637 740 114 - 629 390 206 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 VIVENDA económica no Porriño 671 35 74 26

HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67 RAPAZ de 47 anos busca rapaza de entre 30 e 37 anos para relación estable. Seriedade 659 133 899 RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304 SEÑORA 50 anos, seria, busca cabaleiro serio para amizade. 687 69 15 08

Ensino PROFESOR de Kung-Fu Monitor de Tai-Chi e Instrutor de Artes Marciais Mixtas. 629325431 CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717 RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85 LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330 INGLÉS, todos os niveis. 656 87 33 00

APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727

PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776

LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75

EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64

Animais

PROFESORA FRANCÉS nativa, alta diplomada da cursos todos os niveis. Isabelle 986660890

COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776 ADESTRAMENTO canino a domicilio: Obediencia básica, iniciación, adestramento en cachorros, estereotipias, corrección de condutas etc. T. 606503943 SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175 GATIÑA PELUDA, se ten unha e non a queres chámame 650.610.633

Automóbiles OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 COMPRO Opel Frontera B Limited X22DTH para despece Tel.: 651 07 87 05 PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548 CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659

Casas MOS casa independente preto de San Antoiño. 4 cuartos, 2 baños, cociña grande, salón con cheminea, armarios encaixados, barbacoa, piscina.... Aluguer con opción compra. Prezo 280.000. Tel. 605082556. COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m2, hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634459555

MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353.

VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379

Contactos

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090

SEÑOR de 45 busca SEÑORITA de 44 – 49 anos para relación estable no Baixo Miño. Rógase seriedade. 669 627 495

TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705 TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91 ÁTICO EN O PORRIÑO. A estrear na Avda. Galicia. 65 m². 637 25 21 81

RAPAZA busca rapez entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20

VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92

RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040

SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09

SEÑORA busca amigas para saír (Tui ou arredores) Tel.: 687 691 508

O Porriño - 98 m/2 e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04

DETECTIVES económicos. 677337434 REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887

EMPREGO

TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426

Demandas

MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673

BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353

FREGADEIRO usado 20 € varios modelos. 651078705

RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, Porriño. Yolanda 606 77 31 97

Caldeira a Gasoil, depósito 500 l. e radiador de ferro. Prezo a convir. 679.75.11.58

ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13

DEPOSITO AUGA inxox 200 l. con patas. Prezo de coste. 627 95 20 66

ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13

CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19 TOMIÑO terreo de 1.200 m² Prezo 17.000 e negociables. Tel.: 608.523.586 FINCA en Tomiño 500 m² Prezo 5.000 euros 608 523 586 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas 655909351

Compras varias MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491 COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136

CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08

OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor OX22DTH Tel.: 651 078 705

Vendas varias BICICLETA ESTÁTICA en bo estado. 661 545 727 PORTAS sapelli con marco e pñeiro branco lacadas para reformas. 615 32 02 82 DORMITORIO XUVENIL moi económico, con escritorio. 606611673 RADIADORES. 646 37 01 71 MOBLE RECIBIDOR clásico con dúas portas 109 x 82 cm 50 € 646 37 01 71

AIRE acondicionado 661 545 727

CUBAS de inox 300 e 400 l sen estrear. Prezo de coste. 627 95 20 66 MAMPARA de bañeira de 98,5 (50 €) wc, lavabo e bidet (50 €) xaboneira, portarolos (5 €) Tel.: 986 332 330 CAMA ARTICULADA e colchón, ideal para persoas enfermas. Seminova. 175€ 629 390 206 – 617 90 19 15

MODISTA fanse arranxos de roupa. Tameiga 616.82.42.39

CÁMARAS ocultas, micrófonos, alarmas, … toda a tecnoloxía no teléfono 677337434

VÉNDESE ou CÁMBIASE APARTAMENTO en Torrevieja (Alicante) por apartamento, piso ou outros en provincia de Pontevedra. De 2 hab. 1 cociña 1 salón terraza zona estival. T. 619.985.001

ALBARIÑO de excelente calidade a 3 €/litro. Degustación sen compromiso. 986 334 985 MALETA “VINTAGE” ANOS 70 interior estampada a cuadros, bo estado. 30 euros. 986 33 23 30

RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34

SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70 RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827

SEÑORA para labores domésticas e coidado de maiores. Moi responsable. Tel.: 698 47 64 08 LOURIÑA para pasar o ferro ou limpeza, tamén cortar pelo a domicilio- 60897.55.72 MOZO de confianza fai mantemento de casa e xardín. 627 95 20 66 MARMOLISTA carnet carretilleiro, encargado almacén dous anos. Con experiencia. 686 22 12 95 RAPAZ de 32 anos busca traballo do que sea. Carnets C –C1 –C – BTP – E. Carretilla e manipulador de alimentos. 622 025 016 RAPAZ, traballo do que sexa. Carnés B - C1 - C - BTP, carretillero, manipulador de alimentos. 627.100.623 CONDUCTOR con todos os carnets. Experiecia nacional. 680 959519 FONTANEIRO con experiencia en instalacións de calefacción , gas, propano ,caldeiras e reparacións urxentes vivendas , comunidades. T. 698177740

Outros

RAPAZ de Vigo recolle de balde sillas de bebe, de paseo, sillas de coche… 637 228 667

PORTA aluminio acristalada con marco 1,57x2,02 m 120 € 646 37 01 71

LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08

SECADOR profesional 1800 w con accesorios. Novo. 40 €. 637 16 76 57

PORTA madeira interior 10 €/ Ud. 8 cegas e una acristalada 646 37 01 71

MESA formica estructura ferro 95,5 x 65 cm. lixeira, bo estado. 20 euros. 986 33 23 30

RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112633036768 (con coche)

ROUPEIROS artesáns con espello. 630 60 73 19

MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84

RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35

TRABALLOS de fontanería, reparacións de tubarías, baños, colocación de louza, ... 609 961 393

VENTAS DE ALUMINIO segunda man, con marco 138x144,5x70 cm (70 €) e 109x147,5 (50 €) 986 33 23 30

Has perdido las llaves del coche ¿Qué hacer? CERRAJERIA BERMA 986 33 74 07 / 649 66 66 55 O PORRIÑO Urbanización El Sol c/ Cruceiro, 23 bajo. Somos profesionales expertos en seguridad y cerrajería. CERRAJERÍA DEL AUTOMOVIL: Apertura de vehículos; Codificación de llaves por código; Tallado de llaves por código; Creación de llaves partiendo de la cerradura del vehículo, sin desmontar cerradura; Reparación de mandos y llaves; Igualamientos - Amaestramientos bombines de puertas y contacto. Profesionales altamente cualificados con atención personalizada y rápida.

SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21

COIDADO de nenos ou paseo de mascotas. 640 359 013

XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02

MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688

PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122

RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31

TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993

MUEBLE de baño exclusivo modelo italiano. 606 611 673

BUSCA coñecer a súa filla na Escola Viguesa de Maxisterio CARLOS 651774295

TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas 655909351

ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m2. 658.312.090

Pisos

TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21

INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322

BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646725195

VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 50 € 671 35 74 26

Solares e Terreos

CASA RÚSTICA con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02

QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327

FUNCIONARIO busca relación seria con rapaza, 43 anos. 638622549

VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semi. amoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

23

RAPAZ de 37 anos busca traballo calqueira ocupación. Carné de conducir, coche, manipulador alimentos. 633 097 608 RAPAZ novo busco traballo, Medio, Mantemento ou Cociña. 633.375.785 RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285 POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78 ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838

SEÑORA ofrécese para acompañar anciáns de noite ou tarefas do fogar por horas 651344532

Ofertas

PROFESOR DE PIANO. BUSCO persoa que imparta clases particulares de piano e se desplace a domicilio en Mos. 605082556 COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20

REFORMAS, cantería, albanelaría, pintura... 676.85.76.79

CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051

PINTOR profesional para pintar piso no Porriño 986 33 01 78

TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00

COMERCIALES - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. ou datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.)

PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641

COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066

CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64

RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos - Puxeiros. Nathaly 699514112

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.