Xornal21 nº 100

Page 1

Galicia A Xunta activa as liñas de microcréditos para apoiar investimentos de emprendedores, autónomos e microempresas

páxs. 13-22 www.xornal21.es

Nº 100 / Agosto 2016

Periódico galego de distribución gratuita

Deportes

Provincia

O novo Goberno da Deputación destina preto de 700.000 € ós clubs deportivos da provincia Deportes

Iván Alonso e Diego Piña gañan o Descenso do Miño 28

Un renovado Construcións Castro-BM Porriño ponse en marcha Motor

Salvaterra de Miño

28

29

A esperanza de vida aumentou en 5 anos desde o ano 2000

23

O Porriño

Medio milenio de historia e un nome que naceu ao calor do forno

04

Edición especial deportiva: Audi Q2 Edition Saúde

Salvaterra contará cun pantalán na zona fluvial do río Miño

03

10

Cheo nas Rías Baixas cunha ocupación turística do 82%

>

Os turistas que nos visitaron durante o pasado mes foron principalmente españois (85,25%), que se decantan por un turismo en familia ou en parella (44%), que están interesados pola cultura (25%) e o desfrute do ocio en xeral (25%). Estes visitantes, con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos (53%), chegan ata as Rías Baixas en coche, alóxanse en hoteis (51%) por un período medio de 7 a 15 días (41%) e non coñecían o noso destino (70%). A Presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer os datos de ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra durante o pasado mes de xullo. Os resultados, tal e como subliñou Silva, “son os mellores da última década” xa que a ocupación media na provincia foi do 82%, superior ás propias estimacións da institución provincial que prevían unha media do 72%. 05

COMARCAS A Louriña

07 - 12

O Condado

23 - 24

Baixo Miño

25

Val Miñor

26

Mos | O Porriño Salceda de Caselas

>

27

Mondariz | Mondariz Balneario As Neves | Salvaterra de Miño Ponteareas

>

A Guarda | O Rosal | Oia Tomiño | Tui

>

Nigrán | Gondomar | Baiona


2

Axenda Opinión

Xornal 21 Agosto 2016

Opinión...

Máis artigos de opinión en www.xornal21.es

Os nenos do Pelargón Despois de pasar máis dunha noite en branco oíndo a brutal movida dos botellóns na rúa onde vivo na nosa cidade, gustaríame alentar a moitos deses mozos que se entreteñen bebendo e esnaquizando o mobiliario urbano que cando tomamos contacto coa vida, con esas vidas non mediatizadas polas pantallas, entón pásanos algo importante. E é que sentimos a invitación para involucrarnos no que pasa ao noso ao redor. Trátase de dicirlles a eses mesmos mozos, xa sexan mozos ou mozas, que pensen máis en cultivar outros valores porque hai moitas situacións no mundo e ata en nosa propia cidade, que aínda que poden resultar "afastadas" ou non com-

prender do todo porque ven o mundo a través do seu celular ou da pantalla da computadora, que ante esas situacións e conflitos fíxense máis no próximo xa que lles axudará a entender o que sucede máis aló das nosas fronteiras. A solución non é deixarse embriagar polas saídas fáciles do alcol, senón que para vencer a violencia que a propia sociedade exerce ás veces sobre as persoas, a resposta a ese mundo que nos están dando ten un nome ben diferente que se chama solidariedade. Ante a alienación de quen sofre estas inxustizas, sempre haberá quen prefire ver a estes mozos "atontados" pola droga do alcol para dominarlles mellor e convertelos en meros obxec-

Cita

"Vale máis tentar salvar a un culpable que condenar a un inocente." Voltaire

tos de consumo. Ante a imaxe desa mocidade que pasa os días e as noites de botellón: aos nenos do Pelargon (nunha época, un sucedáneo de leite materno destinado a lactantes), creo que sen ánimo de ofender, é momento de sacudir as súas conciencias máis ben para animarlles a que se involucren en construír esa sociedade mellor, ás veces empezando por ser conscientes do que pasa ao noso lado. Desa xente que vive nas rúas na nosa cidade, poño o caso. Ou desa bolsa oculta de xente sen teito que son os máis de seiscentos desamparos que acoden aos comedores sociais na cidade. Se non o fan así, algún día a sociedade encargarase de pasarlles factura.

A gosto

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31

FESTIVOS LOCAIS

Farmacias de garda

MOS Mercedes Abellás 986 333 487 A Florida, 127 Francisco Javier Carrillo 986 486 550 Peiandor, 29 - Torroso Carlos Lorenzo 986 336 013 Gándara, 144 (MOS) Mª Carmen Otero 986 487 094 Puxeiros, 60 - Tameiga Mª Jesús Rodríguez 986 330 330 Barrio Monte, 132 - Sanguiñeda Leónides Vázquez 986 486 245 Avda.Rebullón, 40 - Puxeiros Carmen Carrera 986 487 094 Avda. Vigo, 52 - Puxeiros

TOMIÑO M. del Carmen Pardo 986 62 22 85 Avda. 18 de Julio, 6 Juan Ignacio Troncoso 986 62 00 10 Avda. Ordoñez, 15 - Goián Iglesias X. Iglesias A. C.B. 986 25 20 31 República Argentina, 8 - Seixo Manuel Alonso 986 62 42 62 Lubiáns, 2 A - S. Salvador de Tebra Mª Luisa González 986 63 37 53 Carregal de Arriba, 15 O PORRIÑO Mª Jesús Fernández A Cabadiña - Mosende Mª del Mar Corriente Palomar - Budiño Beatriz Presa Ramón González, 22 José Vázquez Covelo - Rocha - Atios Peralba Diz, C.B.

A GUARDA Concello 986 61 00 00 Policía Local 986 61 00 25 Centro de Saúde 986 61 44 50

AS NEVES Concello 986 64 80 38 Policía Local 986 64 80 38 Centro de Saúde 986 64 88 37

BAIONA Concello 986 38 50 50 Policía Local 986 35 80 11 Centro de Saúde 986 38 51 60

GONDOMAR Concello 986 360 125 Centro de Saúde 986 360 781 Policía Local 986 389 191 Taxis 986 360 244

Concello Centro de Saúde

OIA

986 36 21 25 986 36 23 44

O PORRIÑO Concello 986 335 000 Centro de Saúde 986 338 869 Policía Local 620 404 040 Taxis 986 330 014

O ROSAL Concello 986 62 50 00 Centro de Saúde 986 62 60 35 MONDARIZ Concello 986 66 43 06 Policía Local 680 46 11 51 Centro de Saúde 986 65 61 38 MONDARIZ BALNEARIO Concello 986 65 61 36 Centro de Saúde 986 66 24 36

MOS Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis Serv. Permanente

Director Técnico: Pablo Freijeiro

Publicidade: Consulte tarifas en: www.grupoxornal21.es Axencias / Dpto. propio publicidade@xornal21.es / Tel.: 986 348106 Redacción: redaccion@xornal21.es

Fotografía: Juan Cella, Óscar Martínez e Arquivo Xornal21. Colaboradores: Beti Rey, J. Pablo Cella, A. Fuentes, Francisco J. Baquero, Hernández, José M. Pena, Luis Enrique Veiga Rodríguez, Gala Fernández, David Debén e Severiano Lago.

986 331 200 986 486 667 686 777 777 986 488 989

NIGRÁN Concello 986 365 000 Centro de Saúde Casa do Mar Panxón 986 365 042 Centro de Saúde A Xunqueira A Ramallosa 986 352 600 Policía Local 986 383 929 Taxis Nigrán 986 365 409 Taxis A Ramallosa 986 350 009 PONTEAREAS Concello 986 640 000 Centro de Saúde 986 661 000 Policía Local 986 640 001 Taxis 986 640 988

Staff

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

Gondomar: 16 de agosto (San Roque) | Salvaterra de Miño: 10 de agosto (San Lourenzo) | Mos: 8 de agosto (San Mamede) Mondariz: 16 de agosto (San Roque) | Tomino: 12 de setembro (Luns do Alivio) | Baiona: 26 de setembro (San Cosme e San Damián) | A Guarda: 23 de setembro (Santa Trega) | O Porriño: 26 de setembro (Santísimo Cristo da Agonía) Oia: 29 de setembro (San Miguel) | Ponteareas: 29 de setembro (San Miguel Arcanxo)

Por Luís Enrique Veiga Rodríguez

Teléfonos de interese

s etembro

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

986 337 055 986 346 529 986 331 307 986 333 212 986 331 373

C/ Servando Ramilo, 1 Javier Hernández C/ Antonio Palacios, 58 Beatriz Iglesias C/ La Relva, 8 - Torneiros

986 344 006

TUI Carmen Suárez Martínez C/ Alcalde Casal Aboy 13 M. C. Pazo Diz Pº Calvo Sotelo, 1 Consuelo Álvarez Durán C/ Augusto González B. 6 Farmacia Areses Pº Calvo Sotelo, 30

986 60 32 89 986 60 00 62 986 60 01 55 986 60 00 57

PONTEAREAS Farmacia Elduayen, 7 986 641 795 986 642 215 Farmacia Picoto, 3 - Areas Farmacia Plaza Mayor, 26 986 640 023 Farmacia Raimonde, 21 - Guillade 986 653 680 Farmacia Real, 12 986 640 832 Farmacia Ruiz de Alda, 13 986 640 022

SALCEDA de CASELAS M. José Díaz 986 349 353 Vendanova, 23 – San Xurxo Juan Pablo Peleteiro 986 343 003 A. Pérez Vidal, 16 Farmacia Ramón Cuiña 986 340 742 Joaquin Fernández Sestelo nº 42 Bajo D

SALVATERRA de MIÑO Lucía Molares As Fraguiñas, 17 - Fornelos Elena Rey San Roque, 15 - Cabreira Juana Nelida Rodríguez

SALCEDA DE CASELAS Concello 986 349 003 Policía Local 639 821 377 Centro de Saúde 986 349 008 SALVATERRA DE MIÑO Concello 986 658 126 Centro de Saúde 986 659 000 Policía Local 699 090 934 Taxis 986 658 034 TOMIÑO Concello 986 622 003 Centro de Saúde 986 623 411 Policía Local 986 622 006 Taxis Tomiño 986 622 811 TUI Concello Centro de Saúde Policía Local Taxis R/Calvo Sotelo Taxis Guillarei

986 332 003

986 603 625 986 601 936 986 603 677 986 600 791 986 600 160

986 649 266 986 343 057 986 657 672

San Roque, 2 - Leirado

Cándido Teijeiro / Renfe, 39

986 658 035

Rosa Teijeiro / Rosalía de Castro, 19 986 658 158

Claudia

Vidal

986 658 108

/ Avda.

Portugal,

NIGRÁN

ABAL LOURIDO, MARINA

986 350 252

Manuel Lemos, 34 - A Ramallosa

ALÉN DE LA TORRE, Mª TERESA Jesús Espinosa, 7 (Panxón)

ALONSO BRAVO, JORGE

Rúa dos Pazos, 142 - Camos

986 368 046

986 366 252

ALONSO-MACÍAS JORRETO, Mª CARMEN Pablo Iglesias, 14 – Priegue

986 380 170

NIMO SOTELO, SONSOLES 986 365 794

Rosalía de Castro, 10 - Villamean

PRIETO ESTURILLO, CB.

Rua do Mariñeiro, 3 - Panxón

986 365 894

VIVES HERMIDA, SUSANA Mª 986 353 106 Rans, 31 - Praia America (Apdo. 44) GONDOMAR

ABIZANDA LOSADA, MARIANA Avda. de La Feria, 8

986 389042

Telleiro, 9 - Donas

986 354954

ALONSO A. - CIVIDANES C., C.B.

CASTELO ZAMORANO, JULIÁN IGNACIO San Miguel Peitieiros - Fonte

986 389066

Hervillas, 8 - Vincios

986 363476

Avda. Del Conde, 22

986 360002

Eduardo Iglesias, 2

986 360028

MOLINA GAMARRA, TOMÁS

NUÑEZ GESTAL, Mª CONCEPCIÓN VILLOCH S. - VILLOCH S., COPRO.

TELÉFONOS DE INTERESE XERAL

Deputación Provincia Información sobre ó estado das estradas DXT RENFE FENOSA Averías URXENCIAS MÉDICAS INFORMACIÓN TOXICOLÓXICA GARDA CIVIL INCENDIOS FORESTAIS

986 804 100 900 123 505

902 240 202 986 435 833 061 91 562 04 20 062 085

teléfono contra a violencia de xénero

Número 100 / do 15 de agosto ao 15 de setembro de 2016 / Periódico galego de distribución gratuita Distribución: mediante buzoneo e puntos fixos de reparto chegamos ás comarcas da Área Metropolitana e Vigo e os concellos do sur da provincia de Pontevedra: A LOURIÑA (Mos, O Porriño, Salceda de Caselas); BAIXO MIÑO (Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia); O CONDADO (Ponteareas, Salvaterra de Miño; Mondariz, Mondariz Balneario e As Neves); VAL MIÑOR (Baiona, Gondomar e Nigrán).

Dpto. Circulación Dpto. propio / Envialia Urgente

Maquetación e Deseño: Dpto. propio / imaxe@xornal21.es Impresión: Celta de Artes Gáficas

Depósito legal: VG 1138 – 2007

11

Imprimido en papel reciclado, desta forma contribuímos á conservación da natureza. O contido dos artigos de opinión son responsabilidade dos seus autores e non son necesariamente compartidos pola editorial. Tódalas marcas comerciais pertencen ós rexistros das súas respectivas compañías. O contido dos anuncios publicitarios é responsabilidade única do Cliente anunciante. Queda expresamente prohibida a reproducción, total ou parcial, de calquera dos contidos desta publicación, sen a previa autorización por escrito da sociedade editora. Periódico independente e gratuito editado por Publicidade Terceiro Milenio Sociedade Limitada Unipers. (B36344430) ® Marcas rexistradas: “Xornal21” e “Xornal21 o gratuito que non se vende” son marcas rexistradas, queda prohibido o seu uso en calquera medio ou formato sen autorización expresa.

CORREO POSTAL PARA OS DEPARTAMENTOS DE REDACCIÓN E PUBLICIDADE: Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Mos) Pontevedra (ES) Centraliña: 986 348 106 Web: www.xornal21.es Redes sociais: @Xornal21 www.tuitter.com/Xornal21 www.facebook.com/Xornal21


Galicia

Agosto 2016

Aberto o prazo de inscricións para a party informática Xuventude Galicia Net 2016 Celebrarase do 9 ao 11 de setembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA. A party informática Xuventude Galicia Net (XGN), que celebra a súa décimo sexta edición do 9 ao 11 de setembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, xa ten aberto o prazo de inscricións para participar na súa zona Intranet. Este pecharase o día 5 de setembro ás 12 do mediodía. O prezo da entrada será de 20 euros e poderase comprar directamente na web entradas.abanca.com ou

ben a través da páxina da XGN, www.xuventudegalicia.net. A XGN 2016 contará, por unha parte, con esta zona Intranet, orientada a inscritos, os cales disporán durante tres días dun posto con conexión de altas prestacións para o seu equipo informático e poderán acampar dentro do pavillón, así como participar en numerosas actividades e torneos exclusivos. Por outra banda, incluirá

unha zona Extranet, a cal terá un completo programa con multitude de actividades ás que poderán acceder tanto os inscritos como os visitantes que acudan ao recinto. Esta party informática, impulsado pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, volverá a contar ademais cun pequeno espazo expositivo complementario no que se amosarán tanto produtos relacionados coa informática e o ocio electrónico como pezas de artesanía.

Xornal 21

3

A Xunta activa as liñas de microcréditos para apoiar investimentos de emprendedores, autónomos e microempresas O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras destas axudas do Igape para a bonificación de xuros para créditos de ata 25.000 euros. Redacción Xornal21.es

Turismo "presume" de Galicia Baixo a premisa de que entre todos podamos dar a coñecer e potenciar a enorme riqueza turística que atesoura a nosa comunidade, o Clúster Turismo de Galicia lanza unha orixinal e divertida campaña coa que quere implicar tanto a galegos como a visitantes para convertelos en “superpresumidores” de Galicia. A través de fotografías achegadas por todos os participantes, e que se irán subindo na web e webapp da comunidade Presume de Galicia (www.presumedegalicia.com), a plataformas irá nutríndose das

experiencias, recunchos e espazos que nos mostran os propios usuarios desta comunidade, a través de imaxes. Unha iniciativa coa que o Clúster de Turismo quere ofrecer “unha maneira de buscar información turística máis enfocada a mostrar Galicia desde as emocións e non só a través dun mapa” A base desta iniciativa é un banco de fotografías obtido a partir da comunidade de facebook Presume de Galicia no que centos de persoas ensínannos localizacións especiais que persoalmente recomendan e

que recolle a opinión de máis de trinta mil “presumidores” entre os que hai galegos residentes ou vivindo no estranxeiro, e visitantes habituais. Con esta webapp Presume de Galicia, o Clúster busca crear un punto de encontro para namorados desta terra, no que tamén se poden atopar referencias á gastronomía ou a actividades culturais que se desenvolven nas catro provincias tanto a través da webapp como nas redes sociais da comunidade (Facebook, Twitter, Instagram e Youtube).

O Plan de Residuos Industriais de Galicia inicia o trámite de exposición publica A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2ayJ2C0) o Plan de Residuos Industriais de Galicia (2016-2022), co que se inicia a segunda e definitiva exposición publica antes da súa aprobación, tal e como establece a Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Os interesados poderán facer alegacións ao Plan e o Estudo Ambiental Estratéxico, colgados tamén no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://sirga.xunta.gal), ata o vindeiro 27 de setembro. A partir desa data, a Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitirá a Declaración Ambiental

Estratéxica. Unha vez emitida, o Plan deberá elevarase ao Consello da Xunta para a súa aprobación. As previsións son que se poida aprobar este documento no outono do 2016, co que se culminará unha importante tarefa en materia de planificación e xestión de residuos e se dará cumprimento á Directiva marco de residuos.

A Xunta vén de activar, a través da publicación çno Diario Oficial de Galicia (DOG), as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos de financiamento dos microcréditos de ata 25.000 euros destinados a financiar investimentos, con fondos ICO, por emprendedores, autónomos e microempresas. A través do Igape, a Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará bonificacións de xuro a microcréditos de 1,5 puntos con carácter xeral, e de 2 puntos no caso de emprendedores e proxectos do sector industrial. Inclúense tamén axudas á comisión do aval financeiro, se a operación está garantida por algunha das sociedades de garantía recíproca que colaboran coa Xunta neste programa. Ademais, os microcréditos poderán ter un apoio adicional do 15% sobre o tramo do préstamo destinado a financiar activos fixos. Os microcréditos poderán destinarse a financiar activos fixos produtivos, tanto novos como de segunda man, vehículos industriais ou custos de adquisición de

empresas. Tamén poderán financiar circulante, co límite do 50% do financiamento. O prazo de presentación de solicitudes ao abeiro deste programa está aberto ata o próximo 31 de outubro, pero poderán acollerse á bonificación de xuros todas as operacións formalizadas nas entidades financeiras, con fondos ICO, desde o pasado 1 de xaneiro. O programa de microcréditos favorece o apoio ao financiamento dos investimentos promovidos en Galicia por autónomos, microempresas ou emprendedores. Esta liña complementarase coa destinada á bonificación de xuros dos préstamos, desde 25.000 ata 100.000 euros, para facilitar os investimentos das pemes, segundo o programa que se publicará nos próximos días. En ambos casos, o obxectivo é facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais de investimento, reducindo os custos financeiros. Mediante os programas de microcréditos e de apoio financeiro a pemes, a Xunta prevé apoiar 750 proxectos de investimento de microempresas e pemes, mobilizando préstamos por importe de 45 millóns.


4

Provincia

Xornal 21 Agosto 2016

Carmela Silva presenta DepoEmprende como a ferramenta para converter as ideas en proxectos profesionais

Deputación de Pontevedra e concello de Ponteareas impulsan a posta en valor do castelo de Sobroso A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, acompañados da corporación municipal, visitaron este mes o castelo de Sobroso para coñecer o avance das obras de adecuación e conservación que se están levando a cabo, grazas ao convenio de colaboración subscrito entre Deputación e Concello. Ambas administracións amosaron o seu compromiso total e absoluto para continuar na posta en valor do castelo de Sobroso, para o que está en marcha un convenio de colaboración polo que se invisten 315.000 € nas obras de adecuación deste ben de interese cultural. Ademais, a Presidenta da Deputación anunciou que na próxima Xunta de Goberno se levará a proposta dun novo convenio para a realización de obras complementarias que recollan certas melloras que non estaban previstas no convenio inicial e que son necesarias para unha boa rehabilitación do castelo. Carmela Silva destacou que é necesario que Goberno provincial e municipal traballen xuntos nun “proxecto de futuro que faga que o castelo de Sobroso se converta nunha das grandes xoias turísticas, culturais e históricas, non só da comarca do Condado, senón do conxunto da provincia e de Galicia”. Lembrou que Sobroso, xunto ao de Soutomaior tamén, “son castelos impresionantes que non teñen nada que envexar aos castelos do val do Loira en Francia que visitan milleiros de persoas”. Pero para lograr que isto sexa unha realidade, asegurou que hai que traballar conxuntamente para a súa valorización e impulso.

Nesta liña de traballo conxunto entre Deputación e Concello, a Presidenta tamén explicou que ambas Administracións colaborarán para conmemorar os 900 anos do asedio do castelo de Sobroso por parte da irma e dos fillos de Urraca I, Raiña de Castela e León que se atopaba no seu interior. “Hoxe comprometémonos en que imos traballar xuntos para que eses 900 anos sexan un fito, non só para Ponteareas, senón para toda a comarca e para toda a provincia”, asegurou. Pola súa banda, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, explicou a importancia deste proxecto complementario de actuacións que se van levar a cabo e que veñen cubrir unha serie de deficiencias que se tiñan detectado no proxecto inicial. “É vital que todos camiñemos da man para lograr recuperar un espazo tan impresionante coma este castelo de Sobroso, que ten que converterse nun espazo de referencia, non só para a nosa vila e a nosa comarca, e non só polo seu gran valor histórico e arquitectónico, senón tamén polo seu valor medioambiental”, manifestou Represas para referirse tamén á importante riqueza do contorno de Sobroso, que alberga máis de 60 especies arbóreas autóctonas.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou nunha xornada de presentación do proxecto DepoEmprende, posto en marcha en colaboración coa Fundación Incyde das cámaras de comercio da provincia e financiado polo Fondo Social Europeo. Trátase dun programa que pretende fomentar a cultura emprendedora entre os mozos e mozas sen emprego na provincia, logrando así incorporar ao mercado laboral a 120 xóvenes que son os que participarán na iniciativa. “No noso país non educamos para emprender e iso é un problema. Porque hai moi boas ideas, pero non hai as estruturas nin os recursos para levalas a cabo. E para iso nace DepoEmprende, como unha ferramenta útil para converter as ideas dos nosos mozos e mozas en proxectos profesionais de futuro”, explicou Silva. Engadiu ademais que, con DepoEmprende, a Deputación de Pontevedra fai o que debería facer calquera outra Administración, “buscar proxectos e iniciativas que permitan crear emprego entre os máis novos, que por desgraza son un dos colectivos máis afectados polo paro e pola crise”. Poden anotarse neste proxecto todos os mozos e mozas da provincia, menores de 30 anos, que nestes momentos estean sen estudar e sen traballar e con ins-

crición no Sistema de Garantía Xuvenil. Serán seleccionados e seleccionadas 120, que contarán, durante seis meses, cun plan personalizado de formación e capacitación para mellorar a súa inserción laboral con especial fincapé no emprendemento. O programa DepoEmprende desenvólvese a través da Fundación Incyde das cámaras de comercio da provincia e conta coa participación ademais de concellos, confederacións de empresarios, universidades, asociacións de empresarios e outras Administracións. “O obxectivo de todos é común: lograr que 120 mozos e mozas acaden as habilidades e as capacidades precisas para poder encontrar emprego ou crealo eles e elas mesmas”, explicou a Presidenta. O proxecto conta cun orzamento de 256.668 euros. Durante todo este mes de agosto, dende a Deputación de

Pontevedra tamén se van desenvolver outras xornadas de presentación de DepoEmprende para dalo a coñecer a mozos e mozas por toda a provincia. Será o 23 en Vilagarcía de Arousa; o 24 en Barro-Meis; o 26 en Tui; e o 30 de agosto en Lalín. A Presidenta lembrou ademais que a Deputación ten no emprego xuvenil un dos seus obxectivos prioritarios de traballo, co Plan de Práctica Laboral para deputación e concellos, que xa está en marcha, así como o Plan para empresas e organizacións non gobernamentais, cuxo prazo para anotarse está aberto agora. Ademais tamén se desenvolve o programa Practicum Depo para facilitar a estadía formativa no estranxeiro de mozos e mozas con estudos de formación profesional, así como o convenio coa Universidade de Vigo para complementar a estudantes beneficiarios de becas Erasmus.

O novo Goberno da Deputación destina preto de 700.000 € ós clubs deportivos da provincia A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este mes a concesión de subvencións dirixidas a entidades e clubs deportivos da provincia que participen en competicións federadas de ámbito nacional durante o ano 2016. En total, 56 clubs pertencentes a 20 concellos da provincia recibirán preto de 700.000 € para poder competir a nivel nacional. Esta é a primeira vez que os clubs que compiten a nivel nacional teñen unha liña de subvencións específicas reguladas mediante unhas bases que lles vai permitir dispor de cartos públicos, por concorrencia competitiva, para o seu funcionamento e actividades con total e absoluta garantía de equidade. Neste contexto, para a concesión destas axudas, aplicáronse criterios obxectivos como o nivel de competición da entidade, o número de licencias federativas ou o número de equipos participantes por categorías. En concreto, serán 14 clubs de balonmán, 9 de fútbol, 5 de baloncesto, 4 de fútbol sala, 4 de ciclismo, 3 tenis de mesa, 2

de natación, 2 de squash, 2 de atletismo, 2 de voleibol e 1 das categorías de salvamento acuático, judo, ximnasia rítmica, béisbol, surf, rugby, loitas olímpicas, bádminton e ximnasia os que se beneficien de achegas que abranguen desde os 2.752 ata os 24.467 €. Por comarcas, 5 clubs de fútbol, 6 de balonmán, 4 de ciclismo, 3 de atletismo, 2 de fútbol sala, 2 de voleibol e 1 das categorías de tenis de mesa, judo, baloncesto, ximnasia rítmica, squash, surf e rubgi das comarca de Vigo e O Baixo Miño pertencentes ós concellos de Baiona (Club Fútbol Erizana), Gondomar (Agrupación deportiva Vincios), Nigrán (Club Ciclista Rías Baixas), O Porriño (Club Ciclista Spol), Redondela (C.D. Balonmán Chapela, Club Deportivo Choco Redondela, Club Deportivo Racing Cycling Team e a Sociedad Atlética de Redondela), O Rosal (Sociedad Deportiva Atl. Novas O Rosal) e Vigo (Asociación Deportiva Famu, Club Atletitsmo Feminino Celta, Club Balonmán Seis do Nadal, Club Ciclista Vigués, Club De-

portivo Bosco, Club Deportivo Mosteiro Bembrive F.S., Club Deportivo Xuvenil Teis, Club Maniotas, Club Rápido de Bouzas, Club Sociedad Deportiva Carballal, Club Vigo de Voleibol, Club Vigo Squash, Federación Viguesa de Peñas Recreativas El Olivo, Halcones de Vigo Beisbol Club, Prado Surf Clube, Real Club Celta de Atletismo, Sardoma C.F, Sociedad Deportiva Octavio Vigo, Talleres ABC Vigo Futbol Sala, Unión Balonman Lavadores e Vigo Rugby Club) van recibir un total de 380.000 €. Na comarca do Morrazo serán 2 clubs de balonmán e 1 club de fútbol pertencentes ós concellos de Bueu (Bueu Atlético de Balonmano) e Cangas (Alondras Club de Fútbol e Luceros) os que recibirán un total de 40.000 €. Pola súa banda, 3 clubs de fútbol, 2 de baloncesto, 1 de tenis de mesa e 1 de salvamento acuático da comarca do Salnés pertencentes ós concellos de Cambados (Club Cambados Tenis de Mesa e Club Xuventude de Baloncesto Cambados), Ribadumia (Club Deportivo Ribadumia), Sanxenxo

(PC Salvamento Sanxenxo) e Vilagarcía de Arousa (Agrupación Deportiva Cortegada Carril Vilagarcía, Club Arosa Sociedad Cultural e Club Atlético Arousana) van recibir un total de 85.021 €. Das comarcas da Paradanta e O Condado serán 1 club de balonmán e 1 de bádminton pertencentes ós concellos da Cañiza (Club Balonmán Cañiza) e As Neves (Club Bádminton As Neves) ós que a Deputación de Pontevedra achegará 20.000 €. Nas comarcas de Tabeirós-Terra de Montes e Deza 1 club de fútbol sala, 1 de balonmán e 1 de loitas olímpicas pertencentes ós concellos da Estrada (A Estrada Futsal), Lalín (Club Balonmano Lalín) e Vila de Cruces (Keltoi Cruces) van recibir un total de 20.000 €. Na comarca de Pontevedra serán 2 clubs de balonmán, 2 de baloncesto, 2 de natación e 1 club de fútbol, atletismo, fútbol sala, squash e tenis de mesa pertencentes ós concellos de Poio (E.D. Poio) e Pontevedra (Balonmán Pontevedra, Club Baloncesto Arxil de Pontevedra, Club Baloncesto

Peixefresco Marín, Club Cisne Balonmano, Club de Ximnasia Pontevedra, Club Leis 26 F.S. Pontevedra, Club Natación Galaico, Club Squash Pontevedra, Club Natación Sincronizada Pontevedra e Tenis de Mesa Monte Porreiro) os que recibirán un total de 131.000 €. Na actualidade a Deputación está a manter máis de 3,3 millóns de euros en axudas para o fomento ó deporte na provincia, na gran aposta polo desenvolvemento das actividades deportivas como un eixo non só saudable senón tamén como dinamizador da xuventude. Entre as axudas principais están as que hoxe foron aprobadas en Xunta de Goberno por valor de 500.000 € para o deporte náutico, as de deporte base federado dotadas de 600.000 euros que se aprobaron a semana pasada, as de clubs en competicións nacionais con preto de 700.000 euros que se aprobaron hoxe, as de actividades ordinarias dos clubs que están dotadas de medio millón de euros, ademais das actividades extraordinarias para deportistas individuais e os olímpicos.


Provincia

Agosto 2016

Cheo nas Rías Baixas cunha ocupación turística do 82%

A Presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer os datos de ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra durante o pasado mes de xullo. Os resultados, tal e como subliñou Silva, “son os mellores da última década” xa que a ocupación media na provincia foi do 82%, superior ás propias estimacións da institución provincial que prevían unha media do 72%. Carmela Silva adiantou ademais que “a falta de reservas de última hora, as que se fagan a través de Internet, estimamos que no mes de agosto a ocupación será de case o 84% nas Rías Baixas”. Por comarcas, en Pontevedra a ocupación hoteleira en xullo foi do 90%, 25 puntos por riba das estimacións de Turismo Rías Baixas, e está previsto que en agosto os establecementos hoteleiros acaden o 90%. A Presidenta da Deputación de Pontevedra comentou que a cidade do Lérez rexistrou os mellores índices de ocupación da última década e en Poio o incremento foi do 9% con respecto a xullo do ano pasado. A ocupación hoteleira en xullo na comarca de Vigo ascendeu ó 82%, sete puntos por riba das estimacións realizadas pola Deputación de Pontevedra a comezos do verán, e agárdase superar o 90% no mes de agosto. No caso desta comarca, a Presidenta da institución pro-

vincial asegurou que na cidade de Vigo os establecementos hoteleiros estiveron ocupados no 85%, os mellores resultados dos últimos anos, e informou que o cámping das Cíes xa non ten prazas dispoñibles durante os fins de semana de agosto. O Salnés rexistrou unha ocupación do 82,56% en xullo, 12 puntos por riba das estimacións de Turismo Rías Baixas, e está previsto que en agosto os establecementos hoteleiros acaden o 95%. Carmela Silva subliñou que hoteis de categoría superior ás catro estrelas estiveron ocupados ó 90% e os cámpings superaron o 70%. Tamén falou do caso concreto de Sanxenxo, onde tiveron os mellores datos dos últimos 12 anos, e do Grove, onde a ocupación foi 20 puntos superior ó mesmo mes de 2015. Pola súa banda, O Morrazo tivo unha ocupación do 95% en xullo e agarda para agosto o 100%, tal e como a Deputación de Pontevedra sinalaba a comezos do verán. A Presidenta da institución provincial asegurou que nesta comarca se detectou un incremento do turismo do norte de España e dos turistas internacionais. Caldas superou en 40 puntos as estimacións de Turismo Rías Baixas, chegando o 90% e está previsto que en agosto supere o 55%. A ocupación hoteleira en

xullo na comarca do Baixo Miño foi do 81,34% e estímase que en agosto os establecementos hoteleiros cheguen ó 91%. As comarcas do Condado e da Paradanta rexistraron en xullo unha ocupación do 70%, igual que o estimado pola Deputación de Pontevedra a comezos do verán, e agardan para agosto superar o 80%. Pola súa banda, as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes rondaron o 70% da ocupación no mes de xullo e esperan resultados similares para agosto. A Presidenta da Deputación de Pontevedra fixo fincapé no caso dos establecementos de turismo termal, nos que a ocupación superou o 88%, e sinalou que os establecementos de turismo rural superaron o 60% da ocupación, agardando para agosto cifras por riba do 71%. Amais, Carmela Silva deu a coñecer que as e os turistas que nos visitaron durante o pasado mes de xullo foron principalmente españois (85,25%), que se decantan por un turismo en familia ou en parella (44%), que están interesados pola cultura (25%) e o desfrute do ocio en xeral (25%). Estes visitantes, con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos (53%), chegan ata as Rías Baixas en coche, alóxanse en hoteis (51%) por un período medio de 7 a 15 días (41%) e non coñecían o noso destino (70%).

Detido o presunto autor de tres incendios forestais intencionados no Covelo Axentes da Xefatura da Policía Autonómica en Vigo informaron hoxe da detención dun home como presunto autor de tres incendios forestais intencionados no concello pontevedrés do Covelo. Os lumes producíronse entre os días 9 e 10 de agosto na parroquia de Piñeiro, no Covelo, e afectaron a unha superficie aproximada de 5 hectáreas de

Durante este ano, a policía da Xunta investigou un total de 43 persoas por delitos relacionados con incendios nos montes galegos. monte, poñendo en perigo vivendas próximas. Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 1

de Ponteareas. Na actual campaña anti-incendios, a Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas a 43 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

Xornal 21

5


6

Provincia

Xornal 21 Agosto 2016

Mosquera anuncia 600.000 € para a liña de prevención, ordenación e mellora dos montes da provincia Terán cabida todo o que sexan proxectos de diversificación, ordenación, prevención e mellora do monte" sinalou esta semana o presidente en funcións da Deputación, César Mosquera, durante o anuncio da activación da liña dotada con 600.000 euros destinada a actuacións nos montes da provincia. Unha liña que vai orientada a "axudarlle ás Comunidades de Montes tanto nas zonas queimadas como nas que non se queimaron pero que poden ser melloradas" asegurou Mosquera, que ademais engadiu que "as actuación se realizarán a través dos concellos ou, en todo caso, en colaboración cos concellos". Con este anuncio asegurou ademais "a total implicación da Deputación" nas actuacións de prevención dos incendios. Para contar coa opinión e implicación dos concellos, o presidente en funcións explicou que xa está traballando para convocalos no transcurso das vindeiras semanas. "O que queremos é coñecer a súa opinión e ver de encaixar as iniciativas e darlle saída, e ver as actuacións máis razoables de cara ao futuro" sinalou, ao tempo que xa anunciou que "se hai iniciativas e compromiso, desde a Deputación estudaremos a posibilidade de aumentar as cifras desta liña para o ano que vén". Mosquera fundamentou a

necesidade deste tipo de proxectos na "situación preocupante" derivada dos lumes e no "deterioro ecolóxico masivo que implican, que tamén é do menos se fala". Neste sentido, tamén fixo referencia á "preocupación

dos concellos polos incendios tan potentes que vimos de padecer". O obxectivo, segundo explicou, será acometer actuacións conxuntas "porque o lume non entende onde acaba un concello e onde comeza outro", e que aseguren a ordenación e a mellora do monte de cara ao futuro. Insistiu en que

non se "trata de facer actuacións puntuais que despois quedan abandonadas e non valen para nada, o que queremos é un compromiso e que se asegure unha viabilidade". Como exemplos de actua-

cións sustentables citou "proxectos que combinen monte con gandaría, ou ordenacións de zonas forestais destinadas a ser desfrutadas pola xente". Puxo o foco na necesidade de "evitar actuacións urxentes ou para saír do paso", e asegurou que "un bosque de frondosas unha vez que se consolide leva-

Última quenda dos campamentos deportivos de Príncipe Felipe A deputada de Deportes, Chelo Besada, recibiu nas instalacións de Príncipe Felipe aos rapaces e rapazas que compoñen a última quenda dos campamentos polideportivos que durante todo o verán celebráronse nas instalacións do centro. Besada recordou os cincuenta rapaces e rapazas poderán participar en todas as actividades deportivas de Príncipe Felipe sempre baixo a atenta mirada dos monitores que os acompañan. Precisamente nese extremo incidiu a deputada e o director do campamento ante os pais e nais para tranquilizalos sobre a participación dos seus fillos e fillas neste campamento. Estes cincuenta nenos e nenas desenvolven actividades relacionadas coa natureza, deporte, aire libre, xogos, xogos de sala, arte, parque multiaventura, deportes en equipo, actividades acuáticas, obradoiros… Todas elas co obxectivo de ensinar ás mozas e mozos a desenvolverse nun medio non habitual, poten-

ciando a súa maduración, desenvolvendo a sociabilidade e o dinamismo multicultural, inculcando hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicio físico e fomentando tamén o respecto polo medio ambiente e a conservación da natureza. As 300 nenas e nenos se aloxan en réxime de pensión completa e estarán atendidas e atendidos por un equipo técnico formado por persoal especializado. Ademais, a institución provincial

aportará todo o material necesario para o desenvolvemento das actividades. Como actividades máis dinámicas destaca a única saída que os nenos e nenas realizan ao exterior é ao ecoparque de Marín, onde poden desfrutar de xogos como a tirolina. Este ano ademais dos deportes habituais, como minibasket ou balonmán, incluíuse o “lacrosse”, que está a ter unha gran aceptación entre os rapaces e rapazas.

ralle o seu tempo arder, pero un bosque desas características non se consegue dun día para outro". Outro dos obxectivos mencionados por Mosquera será evitar os lumes ou en todo caso conseguir que sexan menos voraces e máis controlables. "Hai quen di que os lumes se apagan no inverno, nós pensamos que fan falta moitos invernos" engadiu. César Mosquera insistiu en que, a pesar de que a idea é manter o monte ordenado e coidado e sobre todo previr os lumes forestais, esta liña vai enfocada tanto a zonas de monte queimado como a zonas que non arderon pero que convén ordenar e mellorar a súa xestión. AGRADECEMENTO AO PARQUE DE BOMBEIROS César Mosquera aproveitou a comparecencia ante os medios para agradecerlle publicamente os esforzos ao persoal do Parque de Bombeiros, dos que dixo que "traballaron moi por riba do esixido". Asegurou que os efectivos do Parque de Bombeiros, baixo a demanda da Xunta, estiveron traballando "ao límite da súa capacidade" e que "incluso os traballadores en descanso se incorporaron voluntariamente". Agradeceu o que denominou "un esforzo voluntario" e sobre todo a súa actuación nas zonas de incendios nas que estiveron ameazas as vivendas.

Ryanair abre unha nova ruta entre Vigo e Milán para o verán de 2017 Ryanair anunciou unha nova ruta para o verán de 2017 desde Vigo a Milán, con 2 voos semanais que empezará a operar a partir do próximo mes de marzo. Este lanzamento é o primeiro do calendario de verán 2017 para Vigo de Ryanair, que será anunciado na súa totalidade proximamente. A compañía quixo celebrar o lanzamento da súa nova conexión desde Vigo a Milán poñendo á venda asentos a partir de 24,99 euros para viaxar en abril e maio. Estes asentos estarán dispoñibles para o seu reserva ata a medianoite do luns 22 de agosto a través da súa web. José Espartero, de Ryanair, comentou: “Estamos encantados de anunciar este novo servizo desde Vigo a Milán, que empezará a partir de marzo con dous voos semanais. Trátase da primeira ruta da nosa programación de voos para o verán de 2017, que será desvelado na súa totalidade proximamente. Clientes de Vigo e visitantes poderán descubrir as novas melloras que Ryanair está a poñer en marcha, como interiores de cabina reformados, novos uniformes e máis rutas grazas ao noso programa ‘Sempre Mellorando’, mentres seguimos ofrecendo moito máis que só as tarifas máis baixas”.


A Louriña

Agosto 2016 Xornal 21

mos

Urbanismo concedeu preto de 200 licenzas no que vai de ano Este mes fixéronse públicos os últimos datos de produtividade do departamento municipal de Urbanismo, cun crecemento ascendente que se demostra coa comparativa do número de licenzas concedidas entre o pasado ano e o actual 2016, nos períodos comprendidos entre os meses de xaneiro e xullo. En canto ó número de licenzas de obra maior concedidas en Mos de xaneiro a xullo de 2015, foron un total de 21, fronte ás 30 concedidas no mesmo período deste ano. Respecto das licenzas de primeira ocupación foron 6 en 2015 e 10 en 2016. O número de licenzas de actividade, comunicación previa e declaración responsable foron 42 en 2015 e 64 en 2016. E o cómputo resumo total de licenzas incluíndo comunicación previa e declaración responsable, obra maior, primeira ocupación, actividade, fóra de ordenación, obras menores, taxis e vados; é tamén superior no período de xaneiro a xullo de 2016 respecto ó mesmo período de 2015: en 2015 o total ascendeu a 170 e este ano ascende a 194, que representa un incremento do 14%.

Festa da 3ª Idade Unha das celebracións máis emblemáticas do Concello de Mos, a Festa dos Maiores, chega este ano á súa vixésimo quinta edición que se celebrará o vindeiro domingo, día 28 de agosto. O Concello de Mos organiza un ano máis a Festa da 3ª Idade dirixida aos maiores de Mos, que se celebrará en Costoias, parroquia de Tameiga, cunha Misa Cantada previa na Capela da Virxe da Pena de Francia, tamén en Tameiga. Este ano a celebración cumpre a XXV edición e contará coa asistencia dos matrimonios homenaxeados que cumpren as súas vodas de ouro ou 50 anos de casados, acompañados dos seus familiares e amigos.

7

Alcaldesa e conselleiro de Política Social asinan o convenio para a construción da Escola Infantil da Veigadaña O pasado 9 de agosto asinouse no Concello de Mos, por parte da alcaldesa, Nidia Arévalo, e do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a administración local mosense para a construción dunha nova Escola Infantil na Veigadaña. No acto de sinatura estiveron presentes tamén o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, e os concelleiros mosenses Luis Alonso, Óscar Soto e Cándido Pérez. Grazas a este convenio o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar financiará a construcción e equipamento da gardería da Veigadaña, investindo unha cantidade 800.000 euros do orzamento total da obra que ascende a 1.031.141,55 euros. Tras a sinatura do convenio, o seguinte paso será a licitación da obra. Será o Consorcio quen desenvolverá o procedemento de licitación pública e de adxudicación dos traballos de execución das obras correspondentes ao proxecto da Escola Infantil, redactado e aprobado polo Concello. Unha vez licitada a obra, poderanse iniciar os traballos de construción do novo edificio, que se estima será de cara ao vindeiro inverno. Con esta nova Escola Infantil “Mos convertirase nun Concello de referencia a nivel autonómico no que respecta ao número de prazas de Escolas Infantiles ofertadas”, segundo declaraban hoxe os representantes autonómico e local, Rey Varela e Arévalo, respectivamente.

O pasado mes de maio o Concello de Mos recibía o informe favorable do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da consellería de Política Social da Xunta de Galicia sobre o proxecto da Escola Infantil de Veigadaña, cuxo documento básico foi aprobado pouco despois en Xunta de Goberno Local. Concretamente o 27 de xuño, levouse a aprobación en Xunta de Goberno Local o proxecto de execución da nova Escola Infantil da Veigadaña. A futura nova Escola Infantil da Veigadaña será a terceira para o Concello de Mos. E estímase que a súa apertura realizarase o vindeiro ano 2017, tal e como se contemplaba dende un principio. O novo centro infantil de 0-3 anos emprazarase na Veigadaña. Esta escola vaise converter no terceiro centro da rede autonómica ‘A Galiña Azul’ na localidade e vai elevar ata 164 as prazas públicas de educación infantil do Concello. O novo edificio constará de 82 prazas e 6 unidades. Ademais deste novo centro na

Veigadaña, a Xunta de Galicia puxo en marcha a Escola Infantil de Cototorrón (41 prazas), que abriu as súas portas en xuño de 2011. Unha vez aberta a futura gardería da Veigadaña vanse multiplicar por catro as prazas públicas de educación infantil existentes en 2009. O Concello de Mos dispón xa de 82 prazas distribuídas en dúas escolas: a de Porteliña, que oferta 41 prazas, e a de Cototorrón, con outras 41 prazas. A nova Escola Infantil da Veigadaña terá unha superficie útil de 600 metros cadrados, situada no núcleo rural de Veigadaña. A terceira Escola Infantil da localidade mosense será pronto unha realidade. A alcaldesa de Mos explica neste sentido que “a necesidade dunha nova gardería era de vital importancia, dada a enorme demanda de prazas, demanda que ademais crece cada ano, e motivo polo cal a día de hoxe temos máis de 50 nenos e nenas en lista de espera para matricularse nas dúas Escolas Infantís existentes: Porteliña

e Cototorrón”, declarou Nidia Arévalo. Dada a gran demanda de prazas de gardería que aumenta anualmente de xeito substancial, a nova Escola Infantil que se construirá en Mos será do formato de seis módulos, que é o máis grande de entre os existentes. O proxecto da nova Escola Infantil en Veigadaña configúrase cunha xeometría circular, optimizando a superficie e o aproveitamento da luz solar do edificio. Para formular a disposición dos distintos elementos, realizouse un estudo das orientacións da parcela, de modo que a zona de aulas disponse na parte sur e oeste, recibindo a máxima achega solar, mentres que a zona de servizos disponse na parte norte. Dispóñense ademais diferentes espazos libres interiores para a realización de actividades de ocio. Formúlase a utilización de sistemas de xeración de enerxía pasivos, tratando de adaptar o deseño do edificio aos estándares de sostibilidade. O proxecto pretende xerar un espazo interior de calidade no que alumnos e profesores poidan desenvolverse e gozar do proceso de aprendizaxe, unha actividade fundamental en idades tan temperás. O proxecto foi realizado polos arquitectos Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Estefanía Grandal Leirós; esta última é ademais unha novísima profesional veciña de Mos, que fará unha contribución de gran relevancia ó seu Concello con esta innovadora construcción de importantísima función social.


8

Xornal 21 Agosto 2016

mos

A Louriña

Mos investirá preto de 17.000 euros na restauración do Cruceiro dos Cabaleiros Trátase do Cruceiro do Santísimo Cristo da Victoria nos Cabaleiros, datado de 1612, protexido por Patrimonio e situado en pleno Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

Participación Cidadá organiza unha excursión ó Parque Acuático de Amarante A concellería mosense de Participación Cidadá organiza unha excursión ao Parque Acuático de Amarante (Portugal), que se realizará o vindeiro 4 de setembro. O prazo de inscrición nesta actividade rematará o 26 deste mesmo mes. O prezo da viaxe será de 8 euros para nenos de 5 a 11 anos de idade e adultos maiores de 65, e de 15,50 euros para o resto de

persoas de 12 a 64 anos. As inscricións poderanse facer no Rexistro Xeral do Concello de Mos en horario de 09.00 horas a 14.00 horas e os interesados en obter máis información sobre esta excursión poden chamar ó número de teléfono da OMIX 986 33 94 04. A partida da viaxe o día 4 de setembro farase ás 09.30 horas da mañá e o regreso será ás 21.00 horas.

Mos completa o Plan Concellos cunha achega para unha ludoteca en Louredo O plan provincial supuxo investimentos para o municipio por un total de 888.114,43 €. A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar unha achega económica de 91.000 € para o concello de Mos, que se van destinar para o proxecto básico e de execución para a rehabilitación dunha construción como ludoteca en Louredo. Trátase dunha contía incluída na liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2016, que así queda completado ao 100% neste municipio, cunhas contías globais de 888.114,43 €. Dentro da liña 1, esta achega vén sumarse ás outras xa aprobadas para Mos, por un importe de 449.751,14 € para actuacións de mantemento de reparacións das instalacións deportivas na piscina municipal Óscar Pereiro, para a construción dun novo muro de pedra

para a contención dun talude e para a humanización do Camiño das Pozas. Así mesmo, dentro da liña 2 tamén se aprobaron 121.297,78 € para a limpeza de cunetas, marxes e mantemento de estradas e camiños. Na liña 3 -actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais- achegáronse 33.304,29 € para a promoción de hábitos saudables e prevención de drogodependencias, a actividade "Mos Familiar", a formación inicial en intervención social e voluntariado, a Festa da Rosa, a Cabalgata de Reis e o Entroido. Na liña 4 -dedicada ao emprego- foron destinados 192.761,22 € para a contratación de 20 traballadores e traballadoras que desenvolven diversas tarefas municipais.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou que o Concello xa ten finalizado o proxecto técnico de restauración do Cristo da Victoria, situado nos Cabaleiros, parroquia de Mos, en pleno Camiño Portugués a Santiago de Compostela e protexido por Patrimonio por datar de 1612. A primeira escritura na que figura o cruceiro é do ano 1673. O proxecto de restauración, cun orzamento total de obra que ascende a 16.348,90 euros, consistirá en eliminar líquenes e contras (mediante diferentes técnicas de limpeza e aplicación de biocidas), eliminar o encintado de cemento e policromía sintética actuáis, eliminación das intervencións pouco adecuadas como: o repintado, a colocación de valo metálico, a estrutura metálica para luces na parte superior e o amaño da contorna. A restauración de todo o conxunto, coa eliminación de pintura, estrutura superior e pechado, ademais de cubrir con pedra a zona do primeiro chanzo, cambiar a liña que vai por encima, e as hornacinas para as velas, ten un or-

O voluntariado ábrese paso en Mos A alcaldesa de Mos e a concelleira mosense Julia Loureiro informaron que a consellería de Política Social da Xunta de Galicia, que dirixe o conselleiro José Manuel Rey Varela, concedeulle ó Concello unha subvención de preto de 5.000 euros para o Programa de Servizo de Voluntariado Xuvenil. Dito programa constará de 8 voluntarios/as que colaborarán no mesmo un mínimo de 6 horas ó día durante un total de 60 días colaborando na Aula de Integración para alumnos/as expulsados/as do IES de Mos, no campamento infantil matinal Mañás de Verán, na Ludoteca Municipal de San Rafael durante a tempada estival; así como en outras actividades educativas e lúdicas para a poboación infantil e xuvenil, de dinamización medioambiental, relacionadas coa cultura e o turismo para poñer en valor o patrimonio cultural municipal e de apoio ás persoas dependentes e/ou con discapacidade.

zamento aproximado duns 10.000 euros, ós que hai que sumarlles unha inversión duns 7.000 euros para a acometida do soterramento da liña eléctrica que afea o ben. En total adicaranse os preto de 17.000 euros arriba indicados á optimización do Cruceiro dos Cabaleiros.

O cruceiro, que está catalogado e protexido por ser Patrimonio Cultural de Galicia, data do ano de 1612. A súa medida total é de 5,80 metros de altura aproximadamente. Atópase colocado nun cruce de camiños por onde transcorre o Camiño de Santiago Portugués e, neste sentido, Nidia Arévalo destacou que “ademais de que a restauración deste singular elemento patrimonial da parroquia de Mos era unha importante demanda veciñal, o interese por parte da administración local de rehabilítalo e mellorar o seu estado e aspecto ven dado tamén polo gran interese deste Concello na posta en valor do Camiño ó seu paso por Mos, xa que é un dos nosos principais e máis relevantes recursos turísticos, patrimoniais e históricos”, explicou a alcaldesa mosense. Para a restauración deste cruceiro a Deputación de Pontevedra ven de conceder unha subvención de 10.851,55 euros. Os traballos de recuperación deberán estar rematados antes do 30 de xuño de 2017.


A Louriña

Agosto 2016 Xornal 21

mos

9

Comeza a funcionar a zona azul na Avenida de Sanguiñeda O pasado luns 1 de agosto deu comezo, na Avenida de Sanguiñeda, o estacionamento gratuíto con horario limitado (Zona Azul) para un total de 32 prazas de aparcadoiro. Esta medida ten como obxectivo a rotación e reparto igualitario das prazas de estacionamento de vehículos do termo municipal de Mos. É por tanto necesario colocar nun lugar visible un disco horario no que figure a hora de chegada ao estacionamento. Estes discos están a disposición dos veciños no Rexistro Xeral do Concello e na sede da Policía local de Mos, aínda que tamén son válidos os discos horarios doutros termos municipais da zona, como os de Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, A Guarda, O Rosal, etc., e incluso, en caso de urxencia ou necesidade, será válido escribir a hora de chegada nun papel. Quedan prohibidos nesta zona de estacionamento regulado, os vehículos que realicen operacións de carga e descarga, os ciclos, ciclomotores e motocicletas, e os vehículos con P.M.A. superior a 3.500 quilos. Todos aqueles vehículos que infrinxan as normas que regulan o estacionamento con horario limitado, serán sancionados. Neste sentido consideraranse infraccións leves sobrepasar o tempo estipulado nun período igual ou inferior a 30

minutos, estacionar o vehículo novamente na mesma rúa, sen que transcorresen 2 horas dende a hora de chegada e ocupar dúas prazas ou non axustarse ó espazo marcado para o vehículo. Por outra banda serán consideradas infraccións graves sobrepasar o tempo estipulado nun período superior a 30 minutos, modi-

ficar a hora de chegada despois do estacionamento, falta do disco comprobante ou colocación que non permita unha axeitada comprobación do seu contido e estacionamento na zona azul dos vehículos expresamente prohibidos. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, explicaba que “tras o éxito de implantación do sis-

A Volta pasou por Mos na súa segunda etapa

A 2ª etapa da Volta a España, pasou por Mos nunha xornada practicamente chaira entre Ourense e Baiona que sumaba 149 quilómetros para os ciclistas que mantiñan as forzas intactas. O belga Gianni Meersman

(Etixx-Quick Step) foi o gañador desta etapa onde se impuxo ao sprint ante Michael Scharzmann (BoraArgon 18) e Magnus Cort Nielsen (Orica-BikeExchange), mentres que o cuarto posto do polaco Michal Kwiatkowski (Team Sky) valeulle

para ser o novo líder da carreira. Os corredores contaron coa presenza de afeccionados en todo o seu percorrido para darlles ánimos e observar toda a caravana que acompañou á Volta Ciclista a España nesta xornada.

tema da Zona Azul en Puxeiros, que permitiu ordear o aparcadoiro na zona, permitindo que agora sempre queden lugares libres para aparcar, agora dámoslles estas mesmas facilidades os condutores que desexen e/ou precisen estacionar en Sanguiñeda”. Esta medida, que xa repercutiu positivamente en Puxeiros, farao

agora tamén na Avenida de Sanguiñeda, posto que se trata doutra zona con gran presencia de servizos e negocios, así coma de tráfico tanto rodado coma peonil e unha crecente actividade. A implantación da Zona Azul tradúcese nunha visible optimización da ordenación do aparcadoiro neste tipo de zonas. Ademais a rexedora local mosense anunciou tamén que, ó igual que en Puxeiros, é efectiva a implantación do disco vermello para o estacionamento de minusválidos na Zona Azul de Sanguiñeda. Os vehículos para persoas con discapacidade poden estar máis tempo aparcados na Zona Azul tanto de Puxeiros como da Avenida de Sanguiñeda, duplicando a estancia, que pode ser de ata tres horas de duración, en lugar de unha e media como o resto de vehículos. O de Mos caracterízase por ser un Concello concienciado coa discapacidade e moi volcado cos colectivos de persoas discapacitadas. No resto dos casos o estacionamento gratuíto con horario limitado (Zona Azul) regúlase co disco xenérico de cor azul que os interesados tamén teñen dispoñible, como xa se dixo, no Concello. Estes discos están a disposición dos veciños no Rexistro Xeral do Concello e na sede da Policía local de Mos.


10

Xornal 21 Agosto 2016

o Porriño

A Louriña

A verdadeira historia do Pan do Porriño (II PARTE)

Medio milenio de historia e un nome que naceu ao calor do forno Tras continuar coas súas investigacións nos arquivos de Pontevedra, Vigo e Tui, o historiador e etnógrafo mosense, Javier Baquero, plantexa a nada desatinada hipótese sobre a orixe do nome do Porriño, que podería non ser outra que o seu pan. De confirmarse esta hipótese, que como a continuación poderán comprobar, ten moito de lóxica, o nome procedería da palabra forno, en diminutivo forniño, que de ahí derivaría a Porriño. E así plantexa Baquero que é posible que un dos primeiros poboadores do Porriño instalase o

primeiro forno de pan onde cocía e vendía o producto e, para indicar que dun forno se trataba, puxese un cartel indicativo; xa que o lugar atopábase ubicado nunha zona de gran tránsito de persoas por ser cruce das dúas estradas reais: a de Braga a Santiago e a da Franqueira a Baiona. Pois ben, este letreiro, precursor dos actuáis carteis publicitarios indicadores de negocios e áreas comerciais, levaría escrito “O Forniño”, por ser un fornopequeno; e tal e como demostra Javier Baquero aportando escrituras antigas, é posible que a letra “f ” puidese ser confundida co “p” e o ”n” por defecto fose tomado

Javier Baquero descobre novos e curiosos datos sobre O Porriño e o seu famoso Pan. polo “r”, derivando do “Forniño” ao “Porriño” e nacendo así o nome desta localidade do Val da Louriña, famosa polo seu pan que parece que, ademais, lle deu nome fai xa 500 anos (bastantes máis dos 350 anos que se manexan na versión oficial). En documentos do século XVI, que aporta Javier Baquero, a letra “f ” tiña un enorme pare-

cido coa letra “p” e o “r” co “n”. De feito existe unha escritura do ano 1553 na que a palabra Porriño está escrita de tal forma que parece que di Forniño. Noutros escritos dos anos 1596 e 1575 pódese comprobar o parecido entre as letras “p” e “f ”, así como as variacións da letra “r”. Ademais curiosamente, existe outro dato que parece ser algo máis que mera coincidencia, a día de hoxe existe na Estrada unha panadería chamada O Forniño, cuxo actual dono ven de familia de panadeiros, oficio xa dos

seus ancestros. Polo que parece que era habitual sinalizar como “forniño” os fornos de pan de reducido tamaño. A fábrica de pan do Porriño xa tiña na primeira metade do século XVII un “veedor” (que podería ser un inspector, encargado, persoa que rexistra as acción dos outros) chamado Antonio Tineo, que faleceu no ano 1664. Segundo a Historia Civil e Eclesiástica da Cidade de Tui, Capítulo IX – Tomo II, o nome do Porriño atópase xa expresado o 8 de xullo do ano 1516, nunha escritura de concordia entre o bispo de Tui, D. Martín Zurbano, e o abade do Monasterio de Melón.

Se faiuns 500 anos probablemente nacera o nome do Porriño derivado do seu primeiro forno de pan, fai 420 anos o pan no Porriño tiña prezo e xa se vendía. E é que nun testamento de 1595 de Gonzalo Blanco de Castro, veciño e capitán da Vila do Porriño, que Javier Baquero atopou no Ar-

quivo do Concello de Vigo, confírmase a existencia, xa naquela época, da igrexa de Santa María do Porriño, do hospital, e fálase do prezo do pan. Literalmente o testamento fai referencia ó prezo do pan en varias ocasións, entre elas, atópase a seguinte frase literal: “y mandamos que en el día del entierro se dé limosna a cada uno de los pobres que allí se hallaren cuatro maravedíes de pan y medio cuartillo de vino y dos maravedíes de sardinas”. O hospital atopábase situado no lado sur da casa que hoxe coñecemos como Librería Paz. E na

igrexa de Santa María enterraron ós pais da muller de Gonzalo Blanco de Castro, Biolante Pérez, o que quere dicir que construiríase sobre mediados do século XVI. Don Gonzalo tamén estaba moi vinculado á veciña localidade de Mos, concretamente á parroquia de Louredo, xa que

construiu a capela de Santa Catalina, no interior da Igrexa de Louredo, no ano 1575, e pediu ser enterrado nela. Gonzalo Blanco de Castro era irmán de Sebastián de Castro, señor da Casa de Atín Cela Mos, que xunto coa súa muller, Dona Benita Núñez Tavares, señores do mayorazgo de Atín, construíron no século XVI a Capela de San Xosé de Atín. O CULTIVO DOTRIGO Tan vinculado está O Porriño e O Val da Louriña en xeral á historia do pan que, tal como demostra Javier Baquero, a principios do século XVI na Louriña xa se cultivaba o trigo, como así consta no Foro de Saramajal no ano 1542. O 7 de setembro do ano 1552 polo lugar que chaman do Pazo en Pereiras (Mos) pagábase de pensión 12 celemines de trigo, 12 de centeo e 6 de millo. Mentres que no ano 1553 en Pereiras no lugar da Proba pagábase de Foro 13 celemines de trigo, 13 de centeo e 8 de millo. Na comarca da Louriña a primeira festa do pan chamábase “Festa da Hogaza” e facíase en Pereiras fai máis de 200 años, sobre mediados do século XVIII, como así consta nos libros da Igrexa da devandita parroquia mosense. O MUÍÑEIRO DE PONTE DO VALO A 15 de xullo de 1575 o muiñeiro de Ponte de Valo, lugar da Gándara (PereirasMos), era Sebastián Rodríguez, que pagaba a D. Fernando Pérez de Lanzos unha pensión anual polo muíño de 23 fanegas de trigo e 6 celemines de centeo, mentres que o 27 de agosto do ano 1585 a pensión é de 21 fanegas de trigo e o 4 de setembro deste mesmo ano o señor Fernando redúcelle a pensión de 21 a 18 fanegas. Pagos que Sebastián facía na Casa de San Antoíño (Louredo-Mos).


A Louriña

Agosto 2016 Xornal 21

o Porriño

11

A alcaldesa do Porriño e o conselleiro de Economía estudian polo miudo a situación dos traballadores de Frigolouro

O Porriño obrigará aos propietarios de montes a extremar as medidas de prevención de incendios

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Emprego, Soledad Girón, entrevistouse o pasado día 8, en Santiago de Compostela, co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para tratar varios asuntos relacionados co desenrolo económico e industrial da vila e coa problemática laboral de Frigolouro. Eva García de la Torre plantexou ao conselleiro varias das necesidades dos polígonos industriais de A Granxa e As Gándaras, en especial o arranxo e mellora de infraestructuras de os mesmos, e a "axilización" dos distintos trámites legais que deben de cumprir as empresas que queren radicarse neles. A alcaldesa agredeceu o interese de Francisco Conde, o seu coñecemento desta circunstancia e a súa disposición a que as partidas orzamentarias xa previstas para acometer estas melloras, sexan transferidas unha vez se presenten os correspondentes plans e proxectos de reforma, de xeito que as obras poidan realizarse coa maior axilidade. Do mesmo xeito, o conselleiro coincidiu na necesidade de facilitar o máximo posibel a tramitación dos permisos que precisan os empresarios que queiran instalarse no Porriño e, como pediulle a rexedora, ao mesmo tempo considerar as diferentes alternativas para a redución

O Alcalde Accidental do Concello do Porriño, Manuel Carrera, presidiu o 16 de agosto unha reunión co fin de coordinar as actuacións para obrigar aos propietarios de leiras e montes a extremar as medidas de prevención de incendios, manténdoos limpos de maleza e respectando as franxas de seguridade establecidas pola lei na proximidade de vivendas illadas e núcleos habitados.

mas”, asegura Manuel Carrera. A Policia Local fará un estrito seguimento dos requirimentos de limpeza tramitados desde o Concello para, en caso de incumprimento, iniciar o procedemento sancionador establecido por lei. Na reunión tamén se acordou facer un inventario das leiras e montes cuxos propietarios non están identificados, “co fin de garantir unha franxa de seguridade cos

Na reunión participaron o Xefe do Distrito Forestal XVIII, Pedro Luís Alfonso; os concelleiros de Medio Ambiente e Limpeza do goberno local, Marcelino Coto e Orlando Márquez, respectivamente; responsables da Policia Local, Protección Civil e técnicos do Concello. “Imos ser contundentes cos propietarios que non realicen as tarefas de limpeza obrigatorias e, especialmente, cos que poñan en perigo vivendas próxi-

núcleos habitados” explica o Acalde Accidental. “Os propietarios de leiras e montes están obrigados a efectuar a limpeza antes do 30 de xuño de cada ano. En caso contrario, o Concello pode instarlles a realizar a mesma nun prazo de quince días e, se se incumpre, ordenar os traballos de limpeza esixindo os custos aos propietarios que ademais serán sancionados” explican dende o Concello.

do custe do solo para facer máis "atractiva" a chegada de máis firmas ao concello, ás que "recibiremos con brazos abertos", subliñou García de la Torre. Conde e García de la Torre cincidiron na necesaidade de impulsar medidas para a mellora da contratación e a reducion do paro, coma o obradoiro de que na actualidade se está a desenvolver no concello nas especialidades de albanelería e xardinería. Os alumnos e alumnas que están a participar nesta iniciativa rehabilitarán a escola unitaria de Covelo en Atios e levarán a cabo a restauración medioambiental do Centro de Avistamento de Aves das Gándaras. A alcaldesa e o consellleiro salientaron a importancia dos obradoiros de emprego que ademais de impulsar a formación de calidade fomentan a colaboración institucional entre Concello e Goberno de Galicia, xa que se levan a cabo coa coordinación da Administración local.

O momento máis intenso da reunión foi o referido ás condicións laborais de Frigolouro que, como indicou García de la Torre, veñen de ser denunciadas, en constantes manifestacións e mobilizacións, polos trabaladores. O conselleiro, salientou a alcaldesa, garantiu que cada denuncia estaba en mans da Inspeción de Traballo, subliñou que coñecía "polo miudo" as queixas dos empregados, posto que moitas delas chegaron á Consellería, e asegurou que estas denuncias seguirían os seu trámite legal. Pola súa banda, a rexedora sinalou que hai unha evidente precarización do emprego, coa redución de traballadores con contrato laboral fixo que foron substituidos por autónomos que, "como veñen alertando, están nunhas condicións laborais moi precarias, duras e difíciles" nas que dependen dunha empresa interposta que establece uns requisitos "intolerabeis". En base a isto, García de la Torre incidiu na necesidade de unha maior vixiancia para que non se empreguen fórmulas contractuais contrarias á lei e que, obrigatoriamente, se respecten os dereitos dos traballadores dunha industria que leva moitos anos no Porriño e que, lembrou a alcaldesa, ocupa chan municipal nunha zona na que limita o desenrolo urbanístico.

O Balonmán Porriño rebaixa os abonos ata o 2 de setembro O Club Balonmán Porriño está envorcado na captación de afeccionados para a tempada que arrincase o vindeiro mes de setembro. A entidade que preside Fernando Godoy presentou nos últimos días as súas propostas para Cámpaña de Seareiros 2016-2017 baixo o slogan “Damos a cara por ti!”. Un dos principais descontos que se ofrece é a rebaixa dos

abonos xerais ata o 2 de setembro entre 5 e 10 euros. “O pasado verán vos socios tiveron a posibilidade de obter ou carné máis barato durante un curto período de tempo, funcionou moi ben, e decidimos manter esta iniciativa unha tempada máis”, recoñece o presidente Fernando Godoy. Os abonados que retiren a súa carné antes do 2 de setembro teránn

un desconto de 5 euros nas modalidades de Xove, Sub-30 e Estudante, que- dando as tarifas en 20, 25 e 35 euros, respectivamente. As categorías Adulto e Máster, tamén na súa versión de Dobre, tendrán unha rebaixa máis elevada (10 euros). Os prezos especiais serán de 55 euros para Adulto -90 euros en Adulto Dobre-, e de 45 euros para Máster -80 euros Máster Dobre-.


12

Xornal 21 Agosto 2016

salceda de Caselas

A Louriña

Os populares trasladan aos provedores a súa proposta para a aprobación do recoñecemento extraxudicial O Partido Popular de Salceda de Caselas ven de ter unha xuntanza cos provedores, co fin de explicarlles a súa postura ante a situación que se está a vivir debido” a mala xestión económica do equipo de goberno, e as múltiples acusación de culpabilidade do impago das súas facturas por parte do alcalde” explican. Os populares presentaron e entregaron aos provedores as propostas feitas na reclamación o orzamento rexistradas no concello. As cales foron explicadas con detalle polo voceiro do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila: “para pagar e amortizar ata 110.000 euros anuais, que permitirían baixar a débeda dos catro millóns de euros que temos na actualidade, sen necesidade de subir impostos aos veciños, pondo fin a esta práctica co beneficio a maiores de poder pagar as facturas en tempo, así como facilitar ca nosa abstención o pago deste recoñecemento, advertindo que teñen que cumprir o acordado, de non modificar as partidas do orzamento que conteñen os créditos para facer fronte os gastos correntes, de non ser así, esta situación de recoñecementos extraxudiciais tan elevados, repetirase no futuro”. Coñecedores da aprobación definitiva do orzamento en comisión de goberno sen que tivesen en conta, unha vez máis a reclamación feita polo grupo popular, estes recordan e afirman, “que o orzamento podese modificar, e polo tanto variar as partidas de gasto, podendo así facer efectiva a proposta de aforro, ou incorporando outras que de seguro poidan aportar outros grupos”. Transmiten os populares “a tristeza de que algúns, (a minoría) empresarios asistisen a reunión informativa co único afán de entorpecer, con claros exemplos de estar defendendo a xestión do Alcalde, que precisamente é o único responsable da situación” Por outra banda, o voceiro do PP de Salceda lamenta que

varios empresarios asistisen a reunión informativa cunha clara intención de, “entorpecer a mesma e dificultar a explicación aos demais provedores, coa defensa da xestión económica do Alcalde, que precisamente é o único responsable de habelos contratado sen ter os cartos para poder pagarlles, non só en trinta días como marca a lei, senon no ano da emisión da factura, lamento que empresarios estén dacordo co Alcalde en non cobrar os seus traballos ou servizos, no ano en que foron feitos”. "Os concelleiros populares non van aceptar ameazas nin presións de ninguén, e pregúntanse si esa actitude mostrada onte por parte de algúns provedores, foi a mesma na reunión que convocou o Alcalde con eles, ou si pola contra foron benevolentes con quen lles creou a situación de impago, non aceptamos que se nos meta no mesmo saco, unha cousa e ser concelleiro/a da Corporación, e outra moi distinta e ser concelleiro/a do goberno, que son os que chaman e contratan os provedores para prestar servizos ou facer obras”. Os populares salientan, pola contra, que a gran maioría de empresarios estiveron correctos nas formas e nos seus argumentos, “non se trata en que teñan que darnos a razón, se non de respectar a lexitima decisión do grupo popular de non ser cómplices de seguir endebedando o Concello, de non seguir permitindo que se gasten 640.000 € nun exercicio a maiores do que se ingresa, e si de intentar que o Alcalde negocie unha redución do gasto en torno os 110.000 € anuais para ir amortizando débeda e pagar os empresarios en tempo, e non un ano e medio despois, como é o caso de varias facturas de principios do ano 2015, incluso de traballos realizados no ano 2014 e facturados nese ano 2015”. Recordan tamén, que o Partido Popular non goberna Salceda de Caselas dende xuño do ano

Verónica Tourón presenta ós provedores do concello un Plan Económico para resolver a débeda de Marcos Besada O Grupo Municipal Socialista de Salceda de Caselas mantivo unha reunión coas empresas acredoras do concello de Salceda para presentarlles un plan económico para dar solución aos 640.000 euros que lles debe o alcalde Marcos Besada, "quen contratou a estas empresas sen partida económica con reparos do interventor municipal e algunhas delas durante a campaña electoral de 2015". A voceira socialista de Salceda de Caselas, Verónica Tourón presentou ós acredores unha solución á súa débeda, a través dun documento no que se recollen os compromisos que o Concello de Salceda debe aprobar para que se cumpra a legalidade e que esta situación non se volva a repetir. “Se este documento se aproba, mañá mesmo se poderán pagar as facturas. Só depende de que o alcalde acepte que esta situación non se pode

repetir e adopte no pleno uns compromisos que non son máis que o cumprimento da legalidade”. Segundo a portavoz socialista Verónica Tourón, estes compromisos axudarán a endereitar a actual situación económica do Concello e evitarán que os provedores volvan a atoparse nesta situación no futuro. Na mesma reunión, tanto provedores como socialistas, acordaron que os empresarios solicitarían ao Alcalde que acceda a unha reunión onde estean presentes acredores e corporación, na procura dunha solución definitiva á cal están abertos os socialistas, xa que levan solicitando esta xuntanza dende o primeiro pleno deste asunto. Para isto, os socialistas presentan este documento aberto as modificacións e puntualizacións que nela se poidan acordar na xuntanza, aínda que sempre na liña de

2007, (a pesar de gañar as elección no ano 11 quedando a 67 votos da maioría absoluta), polo tanto non foron partícipes das decisión de aprobar orzamentos inflados, irreais e con partidas de ingresos que nunca se cumpriron dos últimos anos, “un claro exemplo son as concesión dos postos da praza de abastos, onde un ano si e outro tamén, prevían ingresar 200.000 € cando en realidade se ingresou cero euros, o que significa que si gastaron eses 200.000 € que se trasladaron a débeda, non pagando facturas o non dispor deses cartos”. Nese sentido, os populares subliñan que non era o PP o que mentía cando desde hai anos “víñamos advertindo e avisando da mala situación económica, e as consecuencias que nos traerían de seguir con esa política de gastar o que non se tiña, reiteradamente en notas de prensa, nos diferentes escritos presentados en rexistro e nos múltiples plenos municipais e comisións informativas o manifestamos”. O voceiro popular deixa claro ademais que se hai alguén que non ten nada que ver, nin ten ni unha soa responsabilidade coa contratación e adxudicacións de obras, servizos ou suministros, “pagados ou non pagados, é o Partido Popular, pois non estamos no goberno, polo tanto nos estamos na comisión de goberno que é onde se decide as adxudicacións e se aproban os contratos de servizo ou suministros”. Por todo elo, os populares pídenlle ao Alcalde que non se esconda e que acepte a realidade, asuma a responsabilidade e non pretenda impor o que no pleno non pode facer, polo que lle piden que convoque unha reunión de traballo con todas as partes, “se tivera un mínimo de vontade política e un mínimo de responsabilidade para solucionar o problema que él creou, sentaríase a falar cos grupos e cos provedores para poder chegar a un acordo entre todos”. comezar a cumprir a lei por parte do goberno, pois o PSdeG non se vai mover da legalidade e vai esixir que se cumpra. Os socialistas agardan que esta proposta xa presentada aos acredores, sexa aceptada polo alcalde para poder solucionar a situación e que os empresarios poidan cobrar. “Marcos Besada non debe ser un freo a que os acredores poidan cobrar. Só lle pedimos que respecte a legalidade, afirmou a tamén concelleira socialista Gela Ledo, e que non se volvan a gastar cantidades tan alarmantes como 640.000 € sen orzamento porque é unha irresponsabilidade e compromete as partidas do orzamento actual”. “Temos que corrixir a errática deriva da Concellería de Economía e Facenda do Concello de Salceda, porque non podemos vernos nesta situación dentro dun ano e con novos provedores que non poidan cobrar”, afirma a voceira socialista.

Sae a concurso o servizo de cafetería do Centro Social A Devesa A Xunta de Goberno Local de Salceda de Caselas aprobou o expediente de adxudicación da concesión demanial para a explotación da cafetería do Centro Social A Devesa. A xestión da cafetería adxudicarase por un periodo de seis anos. Tras a aprobación dos pregos, haberá que esperar ata a súa publicación no BOP, e será entón cando se abra o prazo de vinte días para que os e as interesados/as poidan presentar as súas ofertas. O Centro Social da Devesa, ubicado na rúa Vigo, acolle di-

versas actividades de ocio ao longo de todo ano (coro, teatro, zumba, ioga, guitarra…), ademáis de iniciativas de índole social, como o Programa de Respiro Familiar para os enfermos/as de Alzheimer. Así mesmo, serve de sede para asociacións sociais como a de Mulleres Rurais ou a de Xubilados e Pensionistas. Toda esta actividade garante unha presenza continua de usuarios/as no edificio, polo que o servizo de cafetería do mesmo resulta de gran importancia, e así o levan demandado diversos colectivos.

Salceda de Caselas recibe preto de 200.000 € do Plan Concellos para un proxecto de humanización de rúas A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achega ao concello de Salceda de Caselas ao abeiro do Plan Concellos 2016. Nesta ocasión, a vila recibirá unha axuda de preto de 200.000 €, 196.308,14 € en concreto, destinados á elaboración dun proxecto de humanización das rúas Compostela, A Coruña e parte de Rafael Tilve Adrio. Este investimento forma parte da liña 1 do Plan Concellos 2016. A contía súmase ás entregadas anteriormente pola institución provincial ao abeiro do Plan Concellos 2016. Ata o momento a Deputación leva entregados 97.188,65 € en liña 1 para a adquisición dunha mini-pala escavadora e dun camión con grúa e volquete e para a repa-

ración da cuberta do seu pavillón municipal, outros 85.208,29 €, correspondentes á liña 2, destinados á iluminación pública. Ademais, 21.302,07 €, na liña 3, para o financiamento da Festa dos Callos 2016, un programa de asesoramento en materia de xénero, a "Carreira Popular 10k" e o programa de atención ás demencias neurodexenerativas, e, por último, 127.812,44 € na liña 4 co que se contrataron a 24 traballadoras e traballadores que están a desempeñar as súas profesións nos diversos servizos municipais da localidade. No que levamos de 2016 a Deputación provincial leva investidos na vila 527.819,59 €, o que representa o 93% do total destinado a Salceda de Caselas dentro de Plan Concellos 2016.


Especial número cen

(parte I)

A quen non lle gusta o número 100? Unha cifra case máxica que implica necesariamente que seguimos crecendo. Nestes case dez anos de traballo repartimos gratuitamente máis dun millón de xornais entre os veciños do sur da provincia de Pontevedra. Mes tras mes fomos crecendo e afianzándonos grazas á gran acollida popular e ao apoio de todos aqueles anunciantes que apostaron polo noso medio de comunicación para chegar aos seus clientes.

Nesta edición e nunha próxima, que estamos a preparar, faremos un percorrido progresivo por todas as nosas portadas, ademais poderán ver quen está detrás do noso xornal, todo un recoñecemento aos nosos lectores, anunciantes, as distintas institucións que nos apoiaron e todos os que nalgún momento tiveron nas súas mans un exemplar de Xornal21.

Desde estas liñas queremos mostrarlles a todos noso máis profundo agradecemento.

Imaxes: F. J. Baquero / Hernández / Alonso / O. Martínez


14

Agosto 2016

Algúns dos integrantes da Coral Polifónica Ventos do Val

Especial número cen (I)

Arturo Grandal Vaqueiro, alcalde en Salvaterra de Miño, lendo a portada do Xornal21

Juana Pérez Rodríguez presidenta do Centro Comercial Aberto do Porriño MOREA - ACIPOR


Agosto 2016

Especial número cen (I)

Veronica Tourón Domínguez, portavoz do PSdG-PSOE en Salceda Membros da Banda de Música de Salvaterra lendo as novas do Xornal21 Gerardo Chamorro Xerente do Club Ciclista Rías Baixas

Veciñas de Dornelas lendo o Xornal21

Pablo Serodio Alonso, presidente da Unión Deportiva Mos

Juan Pablo Castillo Amigo, o alcalde do Covelo, infórmase a través do Xornal21

15


16

Agosto 2016

O alcalde de Mondariz - Balneario, José Antonio Lorenzo Rodríguez, observa un exemplar impreso do Xornal21

Especial número cen (I)

Compoñentes da Coral Polifónica Ventos do Val

O fotógrafo e colaborador do Xornal21 Óscar Martínez


Agosto 2016

Especial número cen (I)

Ángel Rodal Almuiña alcalde de Baiona

Un grupo de personas en Torneiros

Vicky traballa como dependenta no Porriño e infórmase a través do Xornal21

17


18

Agosto 2016

O escritor Javier Vaquero, colabora co Xornal21

Especial número cen (I)

Xoán Carlos Montes Bugarín alcalde de Mondariz cun exemplar do Xornal21

Julia Loureiro, concelleira en Mos, lendo un exemplar do Xornal21


Agosto 2016

Especial número cen (I)

Enrique Cabaleiro González, alcalde de Tui

Enrique Míguez Gómez, medallista olímpico

O secretario xeral para o Deporte, JoséRamón Lete Lasa

19


20

Agosto 2016

O Presidente de AEMOS, Manuel Castro cun exemplar do Xornal21

Especial número cen (I)

Miguel Adolfo Domínguez Alfonso, Alcalde da Cañiza cun exemplar do Xornal21

O alcalde XoséRepresas Giráldez, no concello de Ponteareas cun exemplar do Xornal21


Agosto 2016

Especial número cen (I)

Pablo Freijeiro é o Deseñador Gráfico encargado de que todo no Xornal21 este no seu sitio

Membros da directiva de ACIPOR co Xornal21 Un grupo de amigos co Xornal21

Santiago Iglesias, presidente da AVPC Mos

O concelleiro porriñés de Vías, Obras e Deportes Manuel Carrera

Julio C. García-Luengo Pérez é rexedor en Crecente, infórmase tamén co Xornal21

21


22

Agosto 2016

Especial número cen (I)

O alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, lendo un exemplar da publicación gratuita

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves lendo as novas do Xornal21

O escultor e debuxante Severiano Lago

Continuará na vindeira edición...


O Condado

Agosto 2016 Xornal 21

mondariz | mondariz balneario | As Neves | salvaterra de miño | Ponteareas

23

Turismo de Galicia e Salvaterra asinan un convenio para a instalación dun pantalán na zona fluvial do río Miño Estará situado na contorna do Ponte Internacional Joâo Verde e Armador Saavedra que comunica as localidades de Salvaterra e encóntrase moi próxima ao parque público da Canuda. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, asinaron recentemente un convenio de colaboración para a instalación dun pantalán no dito concello pontevedrés. A construción estará situada na contorna do Ponte Interna-

cional Joâo Verde e Armador Saavedra, que comunica as localidades de Salvaterra, encontrándose moi próxima ao parque público da Canuda. Ademais ao pantalán se poderá acceder a través dun embarcadoiro existente, que era utilizado antigamente para o trans-

Ponteareas convoca a segunda edición do Certame de Fotografía O concurso baixo o título Ponteareas no obxectivo ten coma finalidade involucrar á veciñanza no coñecemento do entorno para dar a coñecer as diferentes realidades da vila. “Coido que unha iniciativa moi atractiva porque promovemos o coñecemento do noso fermoso entorno, por unha banda, e por outra, é ao mesmo tempo, os participantes inmortalizan coas súas cámaras momentos e lugares da vila”, explica a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista. Os participantes no certame deberán facer fotografías relacionadas con Ponteareas con diferentes temas: a xente, a paisaxe, os lugares, os monumentos, o urbanismo, os eventos, festas e romarías ou as labores tradicionais, por exemplo. As fotogra-

fías deben ser orixinais e inéditas e non premiadas noutros concursos. Poderán ser realizadas en branco e negro ou en cor, en calquera técnica. Poderán entregar un máximo de 3 fotografías nun tamaño mínimo de 18 x 24 e máximo de 40 x 50 impresas en papel fotográfico na Biblioteca Municipal de Ponteareas, sita na rúa da Perillana 9-11. As demais condicións do certame poderán ser consultadas na páxina web do Concello ou no departamento de Cultura, sito na Biblioteca Municipal da rúa da Perillana 9-11. O prazo de admisión de orixinais manterase aberto desde o día seguinte da data de publicación destas bases ata o 15 de setembro de 2016.

bordador Salvaterra-Monçao, e que protexerá a instalación das correntes do río. Durante o acto, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que o obxectivo é aumentar con el as posibilidades de desfrute

Nava Castro sinalou que o obxectivo é aumentar as posibilidades de desfrute que ofrecen estas zonas fluviais a carón do río Miño que ofrecen estas zonas fluviais a carón do río Miño que, segundo afirmou, constitúen un gran reclamo turístico e importantes zonas de lecer tanto para os ve-

ciños do pobo como para os visitantes do concello. Neste senso, Nava Castro explicou que, deste xeito, se potenciará a oferta turística do concello de Salvaterra do Miño mediante a potenciación do uso do pantalán como un espazo natural no que se poderán desenvolver actividades relacionadas co ocio e co turismo.

INCREMENTO DA DEMANDA DA RÍA DE VIGO E BAIXO MIÑO Por outra parte, Nava Castro resaltou que esta actuación con-

tribuirá a manter a senda de crecemento que se está a producir nos viaxeiros e nas pernoitas dos establecementos hoteleiros da ría de Vigo e Baixo Miño, en concreto, e de Galicia, en xeral. No primeiro semestre do ano o xeodestino ría de Vigo e Baixo Miño rexistrou un incremento da súa cifra de viaxeiros aloxados, do 15,91% en relación ao mesmo período de 2015, acadando os 214.280. Esta mellora trasladouse tamén ás pernoitas que se situaron nas 404.974, o que supuxo un incremento do 22,84%.


24

Xornal 21 Agosto 2016

mondariz | mondariz balneario | As Neves | salvaterra de miño | Ponteareas

O Condado

Ethel Vázquez destaca que un terzo das obras da primeira fase dos sistemas xerais da Plisan xa están executadas Vázquez Mourelle indica que un total de 60 persoas e 35 máquinas están a traballar para que a plataforma loxística estea operativa no vindeiro ano coa fin de que as empresas poidan comezar a instalarse. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou a principios de mes as obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais da plataforma loxística SalvaterraAs Neves (PLISAN), onde salientou que un terzo destes traballos, cun orzamento de 13,5 millóns de euros, xa está executado, polo que finalizarán no vindeiro mes de abril, o que permitirá que as empresas poidan comezar a instalarse en 2017. A esta visita tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; a delegada do Consorcio Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa; e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga. Vázquez Mourelle indicou que un terzo das actuacións nesta primeira fase están xa executadas e paralelamente estase a traballar para poder licitar, a finais deste ano, os primeiros terreos a urbanizar para que as empresas que así o desexen poidan comezar a instalarse no próximo exercicio. Estas obras dos sistemas xerais comprenden a construción e pavimentación do viario e inclúen o alumeado e as condu-

Preto de 50 participantes na LIV Edición do Festival Internacional de Karaoke

O Festival de adultos contou coa participaron 30 homes e mulleres vidos de varios puntos da provincia e de Galicia. Según recalcaron os propios membros do Xurado, “cada ano é mais dificil a valoración e elección dos gañadores”. Así mesmo Marta Valcárcel, Primeira Tenente de Alcalde do Concello destacou “o gran papel que xogan os concursantes e que fan que este festival sexa o que é”, e deu as gracias “aos rapaces e rapazas que participaron no karoke infantil, recalcando que veñen pisando moi forte”. Resultados 1º Clasificado: Dario Carrera Fernández de Vigo 2º Calsificado: Cristina Rozas de Ponteareas 3º Clasificado: Fernando Míguez García de Salvaterra de Miño

cións necesarias para os sistemas de abastecemento, saneamento, electricidade, gas e telecomunicacións. Son traballos

traza (pluviais, media tensión, telecomunicacións...); e agora estase traballando nas capas inferiores dos firmes. A conselleira salientou que nos próximos días vaise iniciar a construción da glorieta de conexión da PLISAN coa estrada que une Salvaterra-As Neves, a PO400; e tamén de maneira inmediata, neste mes de agosto, procederase á instalación superficial do alumeado e de gas natural.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, supervisou hoxe as obras de urbanización da primeira fase dos sistemas xerais da plataforma loxística Salvaterra - As Neves (PLISAN)

que deixarán habilitados 700.000 m² da zona máis próxima ao enlace coa autovía e darán servizo á totalidade das empresas que se instalen nas parcelas das distintas áreas incluídas dentro da PLISAN. Nestes momentos están traballando na zona arredor de 60 persoas e 35 máquinas e xa está realizado todo o movemento de terras; executáronse os servizos principais ao longo de toda a

Vázquez concluíu que desde as tres administracións implicadas estase a traballar intensamente para darlle un pulo á PLISAN, avanzando nas obras para darlle a opción, aos empresarios que queiran instalarase aquí, de acceder ao solo baixo a fórmula de dereito de superficie e ofrecéndolle condicións moi vantaxosas para acceder ás parcelas, xa que os primeiros 100.000 m² se porán á venda a un prezo de 50 €/m².

O Plan Concellos aporta a MondarizBalneario 85.000 € para a rehabilitación da praza de abastos Co 100% acadado, o investimento en Mondariz-Balneario por parte do Goberno provincial sitúase en 286.605,29 €. O concello de Mondariz-Balneario xa acadou o 100% de adxudicación do Plan Concellos 2016. Faino despois de que esta semana a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobase un proxecto de rehabilitación da praza de abastos da vila, que recibirá unha achega por parte do Goberno provincial de 84.167,47 €. Esta partida atópase dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016. Ata o momento o Goberno provincial xa entregou as seguintes cantidades ao abeiro do Plan Concellos a Mondariz-Balneario: na liña 1, 108.883,67 € por mor das renovacións do alumeado exterior da rúa Ramón Peinador e da es-

trada PO-254 á altura da rúa Constitución e das melloras na rúa Troncoso. Na liña 3, 6.269,42 € que financian o Campionato de Fútbol Sala, a actividade "Cine na Rúa", o Torneo de Golf e a peregrinación ao santuario da Franqueira. E no último lugar, á liña 4 de emprego se lle destinaron 58.987,32 € para a contratación de 14 traballadoras e traballadores que están a desempeñar as súas funcións nos servizos municipais. Acadar o 100% do orzamento destinado a Mondariz-Balneario dentro do Plan Concellos 2016 supón que o investimento na vila, ao abeiro deste programa, por parte do Goberno provincial é de 286.605,29 €.

A renovación das pistas de tenis do Parque A Canuda estarán rematadas antes de finalizar o ano O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Alcalde de Salvaterra de Miño asinan o convenio para a renovación das Pistas de Tenis do Parque Público A Canuda, por un importe de 40.000€. Salvaterra de Miño é un Concello de preto de 10.000 habitantes que ao longo do mes é visitado por miles de persoas, non so da comarca, senón de toda a provincia, resto de Galicia e norte de Portugal, sobre todo pola gran e variada oferta que ofrece unha das súas instalacións lúdico deportivas máis importantes, o Parque Público A Canuda,, un dos espacios naturais con máis afluencias nestes momentos. Máis de 200.000 m2 de zonas verdes, zona de xogos, merendeiro, auditorio, circuíto víal, parque biosaudable, lago, horta, zona de animais, sendeiros, carril bici, piscinas, pista polideportiva, pista de skate e dúas pistas de tenis. Estas últimas son moi concurridas, tanto polos veciños e veciñas do municipio como por persoas que se desprazan a Salvaterra para practicar deporte. Coa si-

natura deste convenio, que implica que as obras empezarán de inmediato, buscase a mellora dun espacio moi demandado, que ten xa varios anos e moito uso. Es acción englobase dentro da mellora dos equipamentos deportivos que está a levar adiante o Concello. Este proxecto valorado en 40.000€, pretende mellorar os servicios ofrecidos a todos os habitantes do Concello, mellorando o firme deteriorado con labores de limpeza e executando unha capa drenante estabilizadora, ademais de limpar os drenaxes existentes, para rematar aplicarase un pavimento novo e marcaranse as liñas de xogo. Ademais colocaranse redes novas, con postes e mecanismo de tensado. O obxetivo principal desta obra é mellorar o servicio ofrecido aos usuarios destas pistas.

ECOVIÑO INFORMA O VITICULTOR Enfermidades Fúngicas MILDIU Clima moi favorable para o fungo por estas choivas e a temperatura, usar produtos penetrantes mais contacto. OIDIUM Perigo de contaxio nos acios debido ao comezo do envero, sobre todo en follas novas. BOTRITIS CINEREA Este fungo instalarase nas baias abertas polo OIDIO e as picaduras da polilla de acio. Atención especial aos acios de loureiro, treixadura e godello.


Baixo Miño

Agosto 2016 Xornal 21

A guarda | o rosal | oia | tomiño | tui

25

O Concello de Tomiño apúntase á compostaxe

A rúa Bispo Salvado pasa a ser de sentido único A rúa Bispo Salvado pasará a ser dun só sentido. Tendo en conta os informes existentes da Policía Local e dada a estreiteza da rúa dende o cruzamento con Martínez

Padín ata a ponte sobre o río Tripes dende o goberno municipal acordouse a partir de mañá que este tramo será de sentido único en dirección a Martínez Padín.

Oia recibe preto de 50.000 € para saneamento A Deputación de Pontevedra, mediante resolución presidencial, vén de aprobar unha nova achega ao concello de Oia. Nesta ocasión, trátase de 46.465,67 € cos que Oia realizará saneamentos en Pedornes e abastecementos en Oia, unha actuación que se atopa enmarcada na liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2016. Con anterioridade, o Plan Concellos xa destinou a Oia 154.385,67 € na liña 1 para a realización dun inventario de bens rústicos e urbanos, o subministro de vallas publicitarias, a mellora das instalacións do parque infantil de Viladesuso e do campo de fútbol das Tornas, os subministros de postes de luz, de sinais e puntos de información, de mobiliario urbano, de material eléctrico e de tubos para a canalización de pluviais no municipio, a realización dun acondicionamento no camiño de Refoxos e a realización de es-

cavacións de preparacións de terreos destinados a albergar un depósito e unha zona de práctica de parapente. Outros 49.265,70 € na liña 2 para gastos correntes, 93.445,95 € na liña 4 de emprego para financiar a contratación de 15 traballadoras e traballadores nos servizos municipais e, na liña 3, 15.570 € que se corresponden ás seguintes actividades: "Intercambio con Oia", a Festa do Rei Sol, actividades infantís de maxia e teatro, o ciclo de concertos polas parroquias da vila, os concertos de primavera, o ciclo de concertos de Nadal, a Festa da Bicicleta e o Festival Costa dos Castros. Polo de agora, a institución provincial xa leva entregado o 86,5% do destinado a Oia ao abeiro do Plan Concellos 2016, o que supón que o concello xa recibiu a cantidade de 359.133,17 € por parte da Deputación de Pontevedra.

Ata o 4 de setembro amósase en Tui

Exposición “Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago” A Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica acolle dende o luns, 8 de agosto, e ata o 4 de setembro a exposición “Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago”. Na mesma recóllense fotografías realizas por Manuel G. Vicente achegándonos a súa propia visión da peregrinación a Santiago.

O luns ás 19.30h a mostra será visitada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao bispo da diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela. A exposición abrirá de luns a venres de 9 a 21h e os sábados de 9 a 13h.

O Concello de Tomiño ven de instalar nos puntos establecidos dos núcleos urbanos de Goián e Tomiño os Centros de Compostaxe Comunitaria. A iniciativa enmárcase no Programa “Revitaliza” da Deputación de Pontevedra, na que participan 23 concellos. O programa piloto, no que participarán casi 300 veciños e veciñas dos núcleos de Goián e Tomiño, inclúe a instalación dos módulos de compostaxe, financiados pola Deputación, así como a formación para os participantes, impartida por unha persoa técnica especialista, e a supervisión técnica do proceso, co fin de correxir erros, minimizar molestias e garantir un correcto resultado. Esta medida forma parte da estratexia integral municipal para a mellora do funcionamento da recollida do lixo, na que ademáis se contemplan intervencións

para a optimización da separación de residuos para a súa reciclaxe posterior, a creación de centros de depósitos para os restos de podas e herbas, e a mellora da recollida a grandes produtores. O Concello aposta pola reco-

llida selectiva e a compostaxe como ferramentas para reducir os residuos do contenedor verde, reducindo así os custes para o concello e ademáis cumplindo coas normativas actuais en materia de residuos urbanos.

Remata o curso de graffiti celebrado na Guarda Tras dúas semanas nas que os participantes do curso adornaron cos seus graffitis o muro da praia de Fedorento, este luns día concluíu o curso de graffiti organizado pola Deputación de Pontevedra en colaboración con Concello da Guarda, dentro do programa Depo RúARTE. Ao acto de clausura que tivo lugar na propia praia de Fedorento acudiron as concelleiras de Turismo e Xuventude do Concello da Guarda, Montse Magallanes e

Elena Baz, e tamén a deputada provincial de Xuventude, Digna Rosa Rivas, que xa presenciaran a inauguración do mesmo. Nesta última xornada do curso puideron comprobar o resultado final de todo o traballo realizado e as técnicas aprendidas. Ademais intercambiaron impre-

sións cos participantes para saber que lles parecera a experiencia e lles fixeron entrega dun diploma.

O 24 de setembro celebrarase o II Torneo de Xadrez da Eurocidade O sábado, 24 de setembro, celebrarase o II Torneo de Xadrez da Eurocidade organizado polos clubs Xadrez Tui e Xadrez Infortui xunto ao Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença. A presentación desta actividade tivo lugar hai uns días na Cámara de Valença por parte dos responsables de deportes das dúas cidades, Laureano Alonso e José Monte, o director técnico do torneo e representante de Xadrez Galega, Roberto Paramos, e o presidente do club Xadrez Tui, Luís Fernández. O concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, explicou coma o xadrez será a segunda modalidade deportiva, despois

do fútbol sala veterano, da que a Eurocidade conte cun club. Ao tempo destacou o interese por potenciar a práctica do xadrez por parte dos dous clubs tudenses o Xadrez Tui e o Xadrez InforTui. Amais o vereador de Desporto de Valença, José Monte, avanzou que en setembro no novo curso escolar o xadrez pasará a ensinar nas escolas valencianas. Roberto Paramos de Xadrez Galego destacou que este II Torneo de Xadrez da Eurocidade é un evento único en Europa ao celebrarse entre dous países. Ao tempo subliñou que a súa celebración fará da Eurocidade un referente do xadrez tanto a nivel galego, nacional coma internacional. No mesmo culminará o

traballo de formación de xadrez que se realizará ao longo do ano. Por último o presidente de Xadrez Tui, Luís Fernández, amosou a total colaboración do seu club e a intención de estreitar lazos cos xogadores de Valença. O II Torneo de Xadrez da Eurocidade celebrarase o sábado 24 de setembro de 10 a 20h. Pola mañá a competición terá lugar na Área Panorámica de Tui e pola tarde na Praça da República de Valença, onde se disputarán as finais. Está previsto a participación de 120 xogadores dende A Coruña ata Faro, sendo a metade de cada país. A inscrición está aberta ata o mes de setembro en xg@xadrezgalego.net ou no teléfono 986 26 02 59.


26

Xornal 21 Agosto 2016

Nigrán | gondomar | baiona

Val Miñor

Campaña para alcanzar un mínimo de 700 doazóns de sangue antes de rematar o ano O Concello de Nigrán e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) lanzan o reto de acadar un mínimo de 700 doazóns de sangue no municipio antes de que remate o ano. O obxectivo é superar as 378 extraccións feitas en todo o 2015 e que arroxan unha taxa de 21 por cada mil habitantes, unha media moi insuficiente segundo os propios datos da Organización Mundial da Saúde, que a sitúa nun mínimo de 40-60 por cada mil habitantes para ter cubertas as necesidades hospitalarias en Galicia (precísanse 10.000 cada mes). Estas cifras negativas de Nigrán contrastan incluso coa media da comunidade autónoma, que é de 41 por cada mil habitantes (supera a estatal de 36 doazóns por cada mil habitantes). Baixo este reto Nigrán acolle a campaña solidaria "Súmate. Doa Sangue" , que traerá a vindeira semana unha unidade móbil ao municipio (o luns 22 de 16.00 a 18.00 horas na Carrasca e de 18.30 a 21.00 na Alameda de A Ramallosa e o martes 23 diante do Concello de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas). A súa presenza no verán non é casualidade, xa que é a época do ano con maior dificultade para a doazón. "Somos un pobo solidario e temos a oportunidade de demostralo de verdade acudindo a doar; é un xesto que nos leva entre 5 e 7 minutos e que a cambio axuda a recuperar a saúde de moitos enfermos ou mesmo a salvarlles a vida", sinala o alcalde, Juan González. Nigrán conta con 1.704 doadores censados que realizaron 6.831 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidade móbil en 1995, unha

cantidade que serve para máis de 3.400 intervencións quirúrxicas ou transfundir plaquetas a máis de 1.100 enfermos de cancro ou leucemia. Sen embargo, as doazóns recollidas durante todo o ano en Nigrán son tan escasas que non chegan nin para cubrir as necesidades de compoñentes sanguíneos dos hospitais durante un día (precísanse entre 400 e 500). Se en 2014 foron 372 doazóns, no 2015 chegaron ás 378 e agora o reto e alcanzar as 700. O CTG envía unha vez ao mes unha unidade que visita Panxón, Priegue, Parada, A Ramallosa, IES Proval, IES Val Miñor e a empresa Marine Instruments. De feito, cada día 10 unidades móbiles percorren os concellos galegos para atender as persoas que desexan realizar este acto altruísta. As doazóns de sangue recollidas nas unidades móbiles e nos locais de doazón das 7 grandes cidades e contorna, envíanse a diario ao CTG para o seu procesamento,análise e conservación e establecese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para desenvolver a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias. Podese doar sangue nas 10 unidades móbiles que cada día percorren Galicia ou nas 7 salas de doazón atendidas por persoal sanitario do CTG nas sete grandes cidades galegas. Para saber onde doar sangue ou resolver dúbidas: Teléfono 900 100 828 / 881 546900, correo electrónico (doadoressangue.ctg@sergas.es) ou páxina WEB (http://ctg.sergas.es).

O belga Gianni Meersman gaña en Baiona a Segunda etapa da Volta O belga Gianni Meersman (Etixx-Quick Step) proclamouse gañador da segunda etapa da Volta a España onde se impuxo ao sprint ante Michael Scharzmann (BoraArgon 18) e Magnus Cort Nielsen (Orica-BikeExchange), mentres que o cuarto posto do polaco Michal Kwiatkowski (Team Sky) valeulle para ser o novo líder da carreira. Baiona foi newsta ocasió punto de chegada dos corredores que fixeron 149 quilómetros dende Ourense nunha xornada practicamente chaira.

HOMENAXE A MOLIST Ata o día 1 de setembro pode visitarse agosto no Auditorio Municipal a exposición en homenaxe a Luis Molist, coleccionista e ex corredor de 94 anos.

Nesta exposición temporal haberá medio centenar de bicicletas e accesorios relacionados. Estarán presentes dende os primeiros velocípedos do siglo XIX prestados para a ocasión por Manuel Pazó, ás bicicletas antigas de Luis Molist e ás clásicas de Antonio Pino (estas últimas todas da marca vasca Orbea ou da inglesa Raleigh).

“Rats on fire” Premio Nacional de Vela Terras Gauda al mejor barco. /Foto © Nico Martinez

“O Rats on Fire” e “Rayco Tabares”, Premios Nacionais de Vela Armado polo catalán Rafael Carbonell o “Rats on Fire” é desde hai anos uno dos referentes máis destacados da vela en cruceiro tras gañar sete Trofeos Conde de Godó e catro Copas do Rey ademais de varios campionatos de España e do mundo Redacción Xornal21.es

O “Rats on Fire” do armador catalán Rafael Carbonell e o regatista canario Rayco Tabares serán recoñecidos o próximo mes de setembro en Baiona cos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda ao mellor barco e patrón do ano. Os prestixiosos galardóns, que o Monte Real Club de Iates entrega desde hai 24 anos coincidindo coa celebración do seu histórico Trofeo Príncipe de Asturias, distinguen a aquelas persoas e institucións que ao longo do ano destacaron polos seus valores humanos e deportivos, así como polo seu traballo a favor do mundo da vela. No caso do “Rats on Fire”, o barco é, desde hai anos, un dos referentes máis destacados da ver cruceiro, tras gañar sete Trofeos Conde de Godó e catro Copas do Rey, ademais de varios campionatos de España e do mundo. Á cabeza deste Swan 45 do Club Náutico de Arenys de Mar está Rafael Carbonell, un armador catalán que leva máis da metade

da súa vida ligado ao mar, do que recoñece estar namorado. Di que empezou tarde a navegar, pero que soubo rodearse dos mellores e ser capaz de aprender todo o que lle ían ensinando. No 2007 decidiu facerse co “Rats on Fire” e desde entón non fixo máis que cultivar éxitos. “Cando gañamos a primeira Copa do Rey case nin nolo criamos -di- e a partir de aí fóronse sucedendo outras regatas e outras vitorias. Sempre poñemos o máximo na preparación do barco e de cada proba, e parece que non o facemos mal do todo”. Carbonell móstrase, sempre con modestia, orgulloso dos seus triunfos pero, sobre todo, da súa tripulación, da que fala marabillas. Di que máis que un equipo son xa unha familia, “a familia Rats”, e que parte dos éxitos que lograron ata o momento débense á boa relación que existe entre todos, e a que gozan enormemente co que fan. Membro destacado desa tripulación é o canario “Rayco Ta-

Nigrán amplía o prazo para participar no programa Alzheimer O Concello de Nigrán amplía ata o 31 de agosto o prazo para participar no programa municipal de atención a persoas con demencia neurodegenerativa en

fase leve (tipo Alzheimer) xestionado desde a adxudicataria AFAGA (Asociación de familiares enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia) e

bares”, que recibirá o Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao mellor patrón. O lanzaroteño escribiu neste 2016 o seu nome na historia da vela en España ao conseguir, con apenas 32 anos, o seu terceiro campionato do mundo da clase J80, un fito que ninguén lograra ata o momento. Desde que con 6 anos empezou a navegar en Optimist, Tabares tocou practicamente todos os paus. Navegou en Cadete, en Snipe, dirixiu un proxecto olímpico de 470, alcanzou a cima en J80 e, mentres pensa xa en navegar en novas clases, segue anotándose vitorias con grandes barcos como o “Rats on Fire”, co que gañou varios Conde de Godó e Copas do Rey. Este regatista, patrón, táctico e adestrador suma agora, ademais, unha nova distinción ao seu currículo como deportista, o Premio Nacional de Vela Terras Gauda ao mellor patrón do ano, que recollerá o próximo 3 de setembro en Baiona no marco da celebración do Trofeo Príncipe de Asturias, no que ten previsto navegar.

cuxo obxectivo é ofrecer un servizo integral e especializado. As familias interesadas deben presentar no Rexistro do Concello a solicitude xunto co diagnóstico médico correspondente. O programa desenvolverase no centro educativo de Panxón os martes e venres de 17.00 a 20.00 horas (a partir de setembro).


Saúde

Agosto 2016

Xornal 21

27

A información desta páxina foi elaborada por un equipo de profesionais e/ou procede de fontes de total solvencia. Aínda así a información proporcionada por Xornal21 e www.xornal21.es foi formulada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre o lector e o seu médico. Se ten problemas de saúde, consulte sempre co seu médico.

A esperanza de vida aumentou en 5 anos desde o ano 2000

Redacción Xornal21.esDesde o ano 2000 a esperanza de vida rexistrou avances espectaculares, aínda que persisten desigualdades importantes nun mesmo país e dun país a outro, segundo despréndese das Estatísticas Sanitarias Mundiais deste ano (World Health Statistics: Monitoring Health for the SDGs). A esperanza de vida incrementouse en 5 anos entre 2000 e 2015, o aumento máis rápido desde os anos 60. Eses avances invirten os descensos rexistrados durante os anos 90, nos que a esperanza de vida reduciuse en África pola epidemia de sida, e en Europa do Leste como consecuencia do derrube da Unión Soviética. O maior aumento rexistrouse na Rexión de África da Organización Mundial da Saúde (OMS), na que a esperanza de vida aumentou en 9,4 anos ata chegar aos 60 anos, debido principalmente ás melloras na supervivencia infantil, os progresos na loita contra o paludismo e a ampliación do acceso aos antirretrovíricos para o tratamento do VIH. «O mundo avanzou a grandes pasos na redución do sufrimento innecesario e as mortes prematuras por mor de enfermidades que poden previrse e tratarse», sinalou a

Dra. Margaret Chan, Directora Xeral da OMS. «Pero os progresos foron irregulares. O mellor que podemos facer para que ninguén quede relegado é apoiar aos países para lograr a cobertura sanitaria universal sobre os cimentos dunha atención primaria sólida».

A esperanza de vida difire en función do lugar de nacemento A escala mundial, a esperanza de vida dos nenos nados en 2015 era de 71,4 anos (73,8 anos para as nenas e 69,1 para os nenos), pero as perspectivas de cada neno en particular dependen do lugar de nacemento. No informe indícase que os recentemente nacidos de 29 países -todos eles de ingresos altos- teñen unha esperanza media de vida igual ou superior a 80 anos, mentres que os recentemente nacidos doutros 22 países -todos eles no África subsahariana- teñen unha esperanza de vida inferior a 60 anos. As mulleres xaponesas, cuxa vida se prolonga de media 86,8 anos, son as máis lonxevas. No caso dos homes, é en Suíza onde máis tempo viven, con 81,3 anos de media. A poboación de Serra Leona ten a esperanza de vida máis baixa de todo o mundo para ambos os sexos: 50,8 anos para as mulleres e 49,3 anos para os homes.

O consumo de drogas por estudantes de ESO en Galicia é inferior á media estatal Redacción Xornal21.es

A prevalenza do consumo de drogas por mozos galegos de entre 14 e 18 anos é inferior á media estatal, segundo se desprende dos resultados da Enquisa sobre o uso de drogas en ensinanzas secundarias en España (ESTUDES), realizada pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre drogas. Segundo explicaba recentemente o subdirector xeral de Programas de Fomento e Estilos de Vida Saudables, Jorge Suanzes, en 2014 -ano da última mostraxe- analizáronse 18 sustancias psicoactivas, e a enquisa amosa que, en Galicia, a substancia máis consumida polos estudantes é o alcohol, por encima do tabaco e o cánnabis. Tamén constata que o consumo de drogas ilegais está máis estendido nos homes e o de drogas legais -tabaco, alcohol ou hipnosedantes- entre mulleres. En todos os casos, excepto no de hipnosedantes, aumenta coa idade.

Consumo de alcohol En comparación coa enquisa anterior -que se realizara en 2012- a prevalenza do consumo de alcol “algunha vez na vida” baixou seis puntos porcentuais, “nos últimos 12 meses” baixou sete puntos e “nos últimos 30 días” baixou nove puntos. Ademais, as borracheiras bai-

xaron oito puntos porcentuais, e o binge drinking -consumo intensivo de alcohol- baixou 10 puntos. En todos os casos, os datos son inferiores á media estatal, como tamén o é a prevalenza de asistencia a botellóns, que oscila entre o 10% aos 14 anos e o 65% aos 18. A prevalenza nestes dous casos é máis elevada nos homes e aumenta coa idade.

Consumo de tabaco e cánnabis No que atinxe ao consumo de tabaco vén baixando de forma sistemática dende o 2008, e no caso do consumo diario pasou dun 15,4% en 2008 ao 8% en 2014. O 49,5% dos estudantes conviven con persoas que fuman diariamente. Ademais, segundo a enquisa, 1 de cada 10 estudantes probaron algunha vez un cigarrillo electrónico. O comportamento con respecto ao cánnabis é similar ao tabaco, e as prevalenzas están a diminuír de xeito constante dende 2008. O 77% dos enquisados considéranse ben informados con respecto ás drogas. As vías máis habituais de comunicación

sobre este tema son o profesorado, a familia e os medios de comunicación.

Obxectivos de ESTUDES Dende 1994 o Plan Nacional sobre Drogas realiza cada dous anos este estudo co obxectivo de

coñecer a situación e as tendencias do consumo de drogas, os patróns de consumo, os factores asociados e as actitudes ante este tema dos estudantes de ensinanzas secundarias de 14 a 18 anos. Isto permite orientar o desenvolvemento e avaliación de intervencións destinadas a reducir o consumo e os problemas asociados. Para a última mostraxe, de 2014, foron entrevistados 37.486 estudantes de 941 centros educativos de toda España, dos que 2.102 eran galegos.

A esperanza de vida sa, pola que se miden os anos de boa saúde que un neno nado en 2015 pode esperar gozar, é de 63,1 anos a escala mundial (64,6 anos para as mulleres e 61,5 anos para os homes).

2015. No informe sublíñanse importantes deficiencias nos datos que será necesario emendar para poder facer un seguimento fiable dos progresos cara aos ODS relacionados coa saúde.

No mundo actual…

As Estatísticas Sanitarias Mundiais 2016 ofrecen unha visión xeral dos datos anuais máis recentes en relación coas metas relacionadas coa saúde dos ODS, e ilustran a magnitude do problema. Non será posible mellorar estas cifras sen combater os factores de risco que contribúen á enfermidade.: • 1100 millóns de persoas fuman tabaco;

• 156 millóns de menores de 5 anos sofren atraso do crecemento e 42 millóns de menores de 5 anos teñen sobrepeso; • 1800 millóns de persoas beben auga contaminada e 946 millóns de persoas defecan ao aire libre;

• 3100 millóns de persoas dependen principalmente de combustibles contaminantes para cociñar. As Estatísticas Sanitarias Mundiais deste ano reúnen os datos máis recentes sobre as metas relacionadas coa saúde dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), adoptados pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en setembro de

Por exemplo, estímase que un 53% das mortes en todo o mundo non se rexistran, aínda que varios países (entre eles o Brasil, China, a República Islámica de Irán, Sudáfrica e Turquía) conseguiron avances considerables nese ámbito.


28

Xornal 21 Agosto 2016

Deportes

Iván Alonso e Diego Piña gañan o Descenso do Miño

Iván Alonso e Diego Piña, do Kaiak Tudense, cumpriron co prognóstico e impuxéronse no Descenso do Miño ante Brais Sánchez e Tom Palmás, do Club Piragüismo Vilaboa. O duelo entre ambas as embarcacións en K2 resolveuse nos últimos metros. Os tudenses proclamáronse campións tras unha intensa loita e ademais lograron un novo rexistro histórico ao deter o cronómetros en 54 minutos e seis segudnos. Nunca antes logrouse ese tempo. O Club Náutico de Ponche dá Lima foi o campión por clubs, co segundo posto para o Kaiak Tudense. O arxentino Franco Balboa, do Club O Bigua, foi o gañador. A regata, na que participaron 385 embarcacións e case 600 padeeiros, demostrou un alto nivel. A saída resultou espectacular en Salvaterra, lugar de partida para percorrer os 17 quilómetros ata

Tui. Ese momento, sempre tenso para todos os participantes, resolveuse sen moitos incidentes a pesar da gran cantidade de embarcacións que se xuntaron na auga nun espazo bastante reducido. Iván Alonso e Diego Piña, que partían co cartel de favoritos despois de gañar o Campionato de Europa de maratón, non arriscaron na saída. Pronto se coloca-

ron primeiros. Pero foron vixiados moi de preto por Brais Sánchez e Tom Palmas, tamén candidatos a gañar a proba. Estas dúas embarcacións de K-2 foron deixando atrás aos seus rivais co paso dos quilómetros. Os catro demostraron atoparse nun bo momento de forma. Os dous barcos chegaron ao tramo final igualados. A loita foi

Un renovado Construcións Castro-BM Porriño ponse en marcha O Construcións Castro - Bm. Porrinño comeza este mes a súa andaina. O equipo que, unha tempada máis dirixirá Miguel Sánchez Santorio, tivo o 9 de agosto a súa primeira sesión de pretemporada no Pavillón Polideportivo de O Porriño. Así, os porteiros Samuel Diéguez e Jesús Soliño (fichaxe); os pivotes Roberto Couso (fichaxe), Xurxo Ojea, Adrián Rodríguez, Pablo Martínez e Iván González; os primeiras líneas Samuel e Alejandro Pereiro, Iván Correa, Ángel Soliño (fichaxe), David Escudeiro (fichaxe) e Gabriel Isidro; e o extremos Coque Fontenla (fichaxe), Sergio Pereira e David Moreiras pondranse ás ordes de Miguel Sánchez co comezo da Primeira Estatal (23 de setembro) en mente. Na presentación de Fontenla, Couso, Escudeiro e Jesús e Ángel Soliño, o adestrador do persoal xa apuntou que estas incorpora-

Couso, Pereira, Castro, Escudero, Soliño, Fontenla, Jesús Soliño y Miguel Sánchez, en la presentación.

cións “dan un salto numérico e de calidade ao conxunto” e permiten ademais “afrontar con maior tranquilidade as nove baixas sufridas este verán”. Agora, co

respaldo da empresa Construcións Castro, “primaránn a clasificación e os resultados”, xa que “o obxectivo debe ser mais ambicioso que a permanencia”.

intensa. Cada un tentou destacarse, pero a marcaxe foi férreo. Cada acelerón era respondido polo adversario. Así se pasou por abóiaa situada na Mariña. Foi nese momento cando Iván Alonso e Diego Piña se aprestaron a realizar un último esforzo. Cos catro padeeiros xa moi cansos, os compoñentes do Kaiak Tudense mantiveron o primeiro posto ata a liña de chegada. Os deportistas do Club Piragüismo Vilaboa non renunciaron nunca á posibilidade de gañar. Loitaron ata o último metro. Iván Alonso e Diego Piña, que dentro dun

saba Olaberri, do Club Piragüismo Pamplona, unha das favoritas. Joana Sousa , do Ponche de Lima, foi segunda, e Ana Varela, do Kaiak Tudense, terminou na terceira posición. En C-1 foi Ton Campos, do Breogán do Grove, o que dominou ao competición con autoridade. Os seus compañeiro de equipo Diego Romeu foi terceiro e o portugués Nuno Barros ocupou o segundo lugar. acompañáronlle no podio. En C-2 tamén gañaron os de Breogán do Grove, con José Manuel Sánchez e Miguel López como vencedores. En

mes afrontarán o Mundial de maratón en Alemaña, lograron un novo rexistro histórico de tempo, xa que pararon o cronómetro en 54 minutos e 6 segundos. Na modalidade de K-1 impúxose Franco Balboa, do Club O Bigua de Arxentina. Demostrou unha gran autoridade e fortaleza física, xa que superou en moito tempo a Iago Monteagudo, do Club Naval de Pontevedra. Franco Balboa é un mozo que desde hai algunhas semanas adéstrase no Kaiak Tudense. Roi Rodríguez, nunha regata que non é a súa especialidade, viuse prexudicado na saída ao sufrir un envorco a súa embarcación. Na categoría feminina, a gañadora foi foi Ou-

K-2 feminino, a vitoria foi para Tania Alvárez e Nuria Villacé, do Breogán do Grove, mentres Jeniffer Casal, do Cidade de Pontevedra, impúxose en C-1. O Club Náutico Ponche dá Lima ocupou o primeiro posto por equipos, seguido polo Kaiak Tudense e o Club de Mar Ría de Aldán Irmáns Gandón. O Club Naval de Pontevedra foi cuarto e As Torres Romaría Viquinga terminou quinto. No Descenso do Miño participaron un total de 21 equipos. Ademais dos galegos, houbo unha notable representación de padeeiros españois, arxentinos, italianos, portugueses e franceses. A 45 edición da regata pode considerarse como histórica.

Rías Baixas obtivo a segunda praza por equipos no GP Anicolor Unha conxunto Elite e Sub23 como o Club Ciclista Rías Baixas estivo a piques de sorprendrer a estruturas profesionais de Portugal e adxudicarse a clasificación por equipos do Grande Prémino Anicolor. O proxecto que preside José Luis Chamorro rexistrou o mesmo tempo que o Anicolor, pero a escuadra lusa levou a vitoria por postos. A formación dirixida por Marcos Serrano tívose que conformar coa segunda praza

despois de que catro dos seus representantes terminasen a carreira no reducido pelotón de 30 unidades que se xogou a vitoria.


Motor

Agosto 2016

edición especial deportiva: Audi Q2 edition Audi eleva o listón para o lanzamento ao mercado do seu novo SUV compacto cunha versión especialmente deportiva. O Audi Q2 Edition #1 preséntase cunha exclusiva cor de carrocería gris quantum, detalles exteriores en negro e gris Manhattan, lamias de 19 polgadas e unha ampla listaxe de elementos no seu equipamento de serie. Os clientes poderán realizar os seus pedidos a partir de setembro. O Audi Q2 Edition #1 ofrece no seu exterior a imaxe do paquete de equipamento S line incorporando paragolpes e faldones deportivos así como un difusor traseiro distintivos. Dispoñibles unicamente para esta edición especial son os elementos na parte inferior da carrocería acabados en cor gris Manhattan, que salientan o robusto carácter do SUV compacto. O acabado en cor negra do alicerce C, que loce os catro aros en cor branca, e as carcasas que protexen os espellos retrovisores acabadas en negro son outras das características exclusivas desta edición especial. O mesmo sucede coa pintura gris quantum utilizada para a carrocería: dependendo de como reciba a luz, o ton escuro percíbese tanto de forma completamente homoxénea como creando un intenso xogo entre luces e sombras. O paquete de personalización Audi exclusive titanium black acen-

túa a imaxe da grella Singleframe e dos paragolpes. As lamias de 19 polgadas de Audi Sport están acabadas en cor negra antracita e contan cun deseño rotor de cinco brazos. De serie incorpora luces LED para os grupos ópticos dianteiro e traseiro ?estas últimas con intermitentes de xiro dinámicos?, o que completa a imaxe tecnolóxica que ofrece o Audi Q2 Edition #1. No interior, a edición especial impresiona polos elementos de equipamento de Audi design selection. Asentos deportivos regulables en altura, volante deportivo

Ford Anuncia un Vehículo totalmente Autónomo para Uso Compartido en 2021 Ford anunciaba este mes a súa vontade de dispoñer dun coche de gran volume, totalmente autónomo ao nivel SAE, 4 plenamente operativo en 2021 en utilización compartida. Para conseguir isto, a Compañía está a investir ou colaborando con catro startups para potenciar o desenvolvemento do seu vehículo autónomo, duplicando o seu equipo en Sillicon Valley e aumentando as súas

instalacións en máis do dobre. “A próxima década estará marcada pola automatización do automóbil e veremos como os vehículos autónomos terán un impacto moi importante na nosa sociedade, tal e como o fixo hai máis de 100 anos a fabricación en serie de Ford” declarou Mark Fields, presidente de Ford. “Estamos envorcados en poñer nas estradas un coche autónomo que me-

multifunción forrado en pel, gornecidos en coiro, así como os protectores de aluminio iluminados co emblema S nos limiares das portas tamén son elementos de serie. Os asentos están tapizados nunha combinación de tea e pel en cor negra e amaretto; a cor ambiente predominante é o gris titanium. De noite, o paquete de iluminación ambiental realza os atractivos do interior. Guías de luz LED retro-iluminan as bandas que percorren o panel da instrumentación e a consola central. Brillan cunha sutil e homoxénea luz cuxo cor se pode elixir entre os 10 que permite seleccionar o sistema desde o mando do MMI. O Audi Q2 Edition #1 está dispoñible con todas as variantes mecánicas da gama. As reservas poden realizarse desde primeiros de setembro e a edición especial chegará aos concesionarios a finais de outono.

A Compañía tamén duplicou o equipo de Sillicon Valley e incrementou en máis do dobre as súas instalacións llore a seguridade e resolva os desafíos sociais e ambientais que afectan a millóns de persoas, non só a aqueles que se poden permitir coche caros”. Os coches autónomos de 2021 son parte de Ford Smart Mobility, o plan da Compañía para converterse no líder en vehículos autónomos, así como en conectividade, mobilidade, experiencia de usuario e análise de datos.

Xornal 21

29

o mazda6 2017

estará dispoñible en europa este outono

Este outono sairá á venda en Europa o Mazda6 2017, en versións sedán e wagon. O modelo gañou calidade en distintas categorías e segue demostrando que o pracer de condución, o carácter práctico e o refinamiento non teñen por que estar rifados entre si. Desde hai anos, o Mazda6 está considerado como un dos vehículos máis atractivos e con mellor comportamento do seu segmento. Agora volve subir o listón, incorporando por primeira vez en Europa o sistema G-Vectoring Control (GVC). O GVC é a primeira dunha serie de novas tecnoloxías, denominadas SKYACTIV-VEHICLE DYNAMICS, que proporcionan un control integrado do motor, a transmisión, o chasis e a carrocería. O seu obxectivo é profundar na experiencia Jinba Ittai, esa sen-

sación de conexión entre o condutor e o seu vehículo que diferencia a Mazda doutros fabricantes de automóbiles. Este sistema baséase nunha idea revolucionaria: mellorar o comportamento do chasis a través da optimización do motor. Así, o GVC é a primeira tecnoloxía do mundo que axusta o par do motor en resposta ao movemento do volante. A gama de motores do Mazda6 2017 está formada por dúas unidades de gasolina: o 2.0 l. SKYACTIV-G de 145 CV, dispoñible con transmisión manual, e o 2.5 l. SKYACTIV-G de 192 CV, con transmisión automática. A gama de motores a completa un motor diésel 2.2 l. SKYACTIV-D, en dúas versións de 150 CV e 175 CV, dispoñibles en transmisión manual ou automática.


30

Xornal 21 Agosto 2016

Actualidade

Punto de lectura

Cinema

Este mes recomendamos...

'O SOÑO DO KOALA', UN THRILLER IMPOSIBLE, ADICTIVO E NARCÓTICO «Chámanme Martin, sen tache na i. Padezo un caso estraño de insomnio crónico do que tento espertar». Así comeza O soño do Koala, debut literario do madrileño Alberto do Vao. Un thriller negro que destaca pola orixinalidade do seu argumento, os seus personaxes atípicos e a súa axilidade. Sen a sombra dos clásicos detectives que poboan as obras deste xénero, O soño do Koala percorre a cidade de Madrid ao ritmo duns protagonistas emparentados polo seu xene canalla: un mozo hedonista con insomnio crónico, un pirata informático con sobrepeso de ironía e un exdrogadicto impulsivo amante da loita extrema. Co obxectivo de resolver un crime, os tres amigos descenderán aos sumidoiros da industria farmacéutica onde sicarios, policías e médicos sen escrúpulos viran inoculados de cobiza ao redor dunhas pastillas. O soño do Koala é unha novela aceda ben construída e sen pretensións, a combinación perfecta para pasar un intre entretido. Non decepciona.

KUBO E AS DÚAS CORDAS MÁXICAS Kubo non ten máis remedio que fuxir e Kubo e as dúas cordas máxicas é unha película unirse a Mona (a osde acción e aventuras, cun Xapón máxico de carizada Charlize Thepano de fondo, producida por LAIKA, o aclamado ron) e a Escaravello estudo de animación. O intelixente e bondadoso (o oscarizado MatKubo (ao que presta a súa voz na versión orixinal thew McConaughey) da película Art Parkinson, a serie "Xogo de para salvar á súa fatronos") gáñase a vida como pode contando his- milia e resolver o mistorias tan marabillosas como fantásticas aos ha- terio que rodea ao bitantes dunha aldeíña costeira entre os que están seu deshonrado pai, Hosato (George Takei), Akihiro (Cary-Hiroyuki o máis grande de toTagawa) e Kameyo (Brenda Vaccaro, nomeada dos os samuráis que a un Óscar). Pero a súa tranquila existencia cambia xamais existiu. Coa de golpe cando, accidentalmente, chama a un axuda da súa shaespírito mítico que regresa dos ceos decidido a misen, un instrumento máxico, levar a cabo unha vinganza milenaria. Kubo enfróntase a deuses e a monstros como o vengativo Rey Lúa (Ralph Fiennes, nomeado pola Academia de HollyFicha técnica wood) e as malévolas xemelgas (RoReparto: Art Parkinson, Mat- oney Mara, nomeada pola Academia Xénero: Animación de thew McConaughey, Charlize acción e aventuras. de Hollywood) para descubrir o seTheron, Rooney Mara, Ralph Dirección: Travis Knight. gredo da súa herdanza, reunirse coa Fiennes, Cary-Hiroyuki Tagawa, súa familia e cumprir o heroico desGuión: Marc Haimes George Takei, Brenda Vaccaro. tino que lle está reservado. e Chris Butler. Estrea 26 agosto

O que dixeron dela: «Moi intelixentemente construída ao redor dunha trama que só se pode inventar un escritor valente. É a primeira novela que coñecemos dun tipo descoñecido, pero quereremos saber máis de el». «Novela negra de suspense cun toque fantástico moi orixinal. Os personaxes destilan ironía en cada comentario. Ollo ao dúo protagonista, sobre todo a Hacker Mate. O entretemento está garantido». «Ten os mellores ingredientes do xénero negro clásico e unha frescura que se agradece, diálogos elocuentes e ironía fina». FOTOS DE ARQUIVO

Redención

Esta mañá sopra vento do norte e as lousas de pedra que conforman o solado da ponte reflexan a tenue luz das luminarias aínda acesas. O río parece cuberto dunha bruma leitosa que penetra no corpo aterido para quedarse. Na zona de sempre, a uns poucos pasos da torre, pousa o vello gorro de lana bruta abríndoo con infinita calma de mans duras envellecidas pola intemperie para formar un receptáculo para as moedas. Axeónllase coas plantas dos pes mirando cara á baranda de pedra escura. As durezas dos xeonllos, curtidas de tantas e tantas horas na mesma posición evitan que se propague o frío e a humidade do chan. A feliz xuventude quedou xa moi atrás e os ósos resíntense ó adoptar a posición habitual de súplica. A pesar de todo, na súa mente desquiciada

OHumordeCosme

D avi d Deb én

polo sufrimento, ten mais do que merece. O concello ofreceulle traballo e unha cálida habitación con dereito a cociña onde podería pasar o inverno pero, ¿que dereito ten el a calquera comodidade? Xa son moitos anos nas rúas, tentando espiar o seu grande pecado. Tentando que a súa mente, entre bagoas, oracións e alcohol, se esqueza de todo aquilo, lográndoo apenas nalgún pequeno instante no que a negrura da súa alma se difumina entre escuras néboas etílicas. Erguéndose cada mañá, co raiar do sol, coa desagradable sensación de se ter que soportar a si mesmo un día mais. Coa penuria da soidade e a culpa proendo incesantemente. Coa derradeira imaxe da súa muller, reflexada no pequeno espello retrovisor do seu coche tentando controlar a respiración e a dor.

>Enviar este cupón cuberto a: Xornal21 (BREVES) Aptdo. de Correos 1091 – 36416 Puxeiros (Tameiga) MOS Pontevedra. Tamén dende xornal21.es

CUPÓN ANUNCIOS BREVES TEXTO DO ANUNCIO (Non esqueza engadir un teléfono de contacto. Máximo 15 palabras)

>Os anuncios breves son de balde para particulares e empresas*. Anuncios publicados gratuitamente durante tres meses. Para retiralo antes enviar cupón marcando a casilla “RETIRAR ANUNCIO”. Anuncios de CONTACTOS so por correo postal coa copia do DNI ou pasaporte. *Gratis para empresas na sección de ofertas e demandas de emprego. Resto de seccións 15 € + IVE / módulo a toda cor. +info 986 348 106 publicidade@xornal21.es

________________________________________________________________________________________________________________________________________________ _____________________________________________________________________________________________________________________________________________ NOME*:_____________________ APELIDOS*:___________________________________________________ D.N.I. ou Pasaporte*:________________________________ Lugar de residencia*:_______________________________ Telf.:______________________ E-mail:___________________________

c Alugueres c Animais

c Automóbiles c Ensino

c Casas c Contactos

c Pisos c Solares e terreos

c Traspasos c Compras varias

c Vendas varias c Outros

c EMPREGO

c Retirar anuncio c Publicar anuncio

c Ofertas c Demandas

Firma

* A cumplimentación dos campos sinalados ten carácter obrigatorio para control interno e non aparecerán publicados

AVISO LEGAL: De acordo co establecido na L.O.P.D. (15/1999), Publicidade Terceiro Milenio S.L. Unipers., informa de que os datos persoais que nos facilitas voluntariamente serán incorporados a un ficheiro titularidade desta empresa, coa finalidade de levar acabo o mantemento da relación contractual/precontractual. Os seus datos serán ou poderán ser comunicados a aqueles organismos públicos / privados obrigados pola normativa correspondente. Poderá exercer en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lexislación vixente enviando un escrito e unha copia do DNI do interesado á dirección: Xornal21 Aptdo. de Correos 1091 - 36416 Puxeiros - Tameiga Mos (Pontevedra). No caso de producirse algunha modificación dos seus datos, rogamos comuníquenolo debidamente por escrito coa finalidade de manter os seus datos actualizados.


Agosto 2016 Xornal 21

Anuncios breves

Alugeres PRAZA garaxe en Avda. Galicia (O Porriño) 648 90 90 59 VIVENDA en Tameiga (Mos) 270 €/Mes 651078705 RAPAZ COMPARTE piso en Ponteareas 200 EUR todo incluído. 697 84 42 12 VIVENDA amoblada, tres cuartos, cociña americana, baño, terraza. No Cerquido – O Porriño. 300 € 637 740 114 - 629 390 206 HABITACION con baño no Porriño 160 €/Mes. 651078705 HABITACIÓN preto de Puxeiros. 635396200 VIVENDA económica no Porriño 671 35 74 26 APARCADOIRO R/ Colón Urb. Seijas. Novo. 50 € Mes. 606 606 727 LOCAL COMERCIAL preparado e en boa situación (O Porriño) T. 986.33.01.75 TORNEIROS Fase 1 – 1º amueblado, 3 dormitorios, baño e salón – cociña. Próximo INEM. 676 47 34 78

Animais SHARPEI con pedigree xenética azul busca noiva 619 537 175 GATIÑA PELUDA, se ten unha e non a queres chámame 650.610.633 ADESTRAMENTO canino a domicilio: Obediencia básica, iniciación, adestramento en cachorros, estereotipias, corrección de condutas etc. T. 606503943 COELLOS BELIER a 40 euros. Moi limpos. T. 630 808776

Automóbiles PEUGEOT 405 TDI. 1.9 diesel. 1200 € negociables. Cor granate. Tel.: 609.38.04.15 KEEWAY 125. 2700 Km. Véndese por non utilizar T. 687.348.548 OPEL CORSA 1.3 CDTI moi coidado, moitos extras, ano 2007. 5700 € Tlf. 600 79 19 60 COMPRO Opel Frontera B Limited X22DTH para despece Tel.: 651 07 87 05

SEÑORA busca amigas para saír (Tui ou arredores) Tel.: 687 691 508 HOME busca señora de 55 a 60 anos relación seria. 662 22 31 67 RAPAZ de 47 anos busca rapaza de entre 30 e 37 anos para relación estable. Seriedade 659 133 899

RAPAZ de 27 boa presenza, licenciado, busca rapaza para amizade ou posible relación. 664.281.590

CARPINTERO DE ALUMINIO, se ofrece para reparacións. Presupuesto sen compromiso. 649947051

REFORMAS, cantería, albanelaría, pintura... 676.85.76.79

TAREFAS do fogar ou coidado de persoas maiores. 672 03 27 00

PINTOR profesional para pintar piso no Porriño 986 33 01 78

SEÑORA moi responsable. Sen cargas familiares busca traballo para coidado persoas maiores. 671876641

PRANCHADO de pelo ou tirabuzóns 10 € - Tameiga – Mos Dominfos e fectivos. 986 33 23 30

O Porriño - 98 m/2 e 3 dormitorios. Totalmente reformado 691 537 04

MUEBLE de baño exclusivo modelo italiano. 606 611 673

RUSO clases de conversación con nativa. 693 22 38 85

MALETA “VINTAGE” ANOS 70 interior estampada a cuadros, bo estado. 30 euros. 986 33 23 30

REDÁCTANSE e corrixen todo tipo de textos. Rápido, profesional, económico. T. 606.106.887

LICENCIADA en traducción e interpretación imparte clases de inglés e francés. 986 332 330

Solares e Terreos

VESTIDO de raso negro, escote palabra de honor, largo con capa por 50 € 671 35 74 26

BUSCA coñecer a súa filla na Escola Viguesa de Maxisterio CARLOS 651774295

INGLÉS, todos os niveis. 656 87 33 00 CLASES particulares ou a colectivos de Aerobic, Pilates, Yoga... Tel. 618419717 PROFESOR de Kung-Fu Monitor de Tai-Chi e Instrutor de Artes Marciais Mixtas. 629325431 PROFESOR CON EXPERIENCIA: clases de ESO e bacharelato de todas as materias agás matemáticas e física. T. 630 808 776 EN TUI mestra terapeuta da cursos de Reiki, todos los niveles 627 37 08 64 PROFESORA FRANCÉS nativa, alta diplomada da cursos todos os niveis. Isabelle 986660890

Casas COVEO (Lamosa) casa a restaurar 132 m2, hórreo, terreo 1810 m2. Bo acceso. Bo prezo. 634459555 ARBO 145.000 €. Casa 2 plantas amoblada con terreo. Zona habilitada horto e galiñeiro de obra. Cociña de leña, galería 15 m2. 658.312.090 CASA RÚSTICA con terreo de 528 m2, 180 m² construídos. Situada a 5 minutos do Balneario de Cortegada (Ourense). Prezo 39.065 euros., Máis información: 986.33.35.02

TUI terreo edificable de 1926 m² 60.000 euros T. 634885993 INTERESADA en terreo edificable en Salvaterra Tel.: 607485322 BEMBRIVE 600 m² edificable e con licenza en vigor. 150.000 euros 652345353 CASA con TERREO 844 metros cadrados. En Caldelas de Tui. 630 60 73 19 XINZO (Ponteareas)EDIFICABLE, amplo e soleado terreo, superficie 1.628 m². Con planos e permisos. Prezo 51.086 €uros Teléfono: 986 33 35 02 TOMIÑO terreo de 1.200 m² Prezo 17.000 e negociables. Tel.: 608.523.586 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas 655909351 FINCA en Tomiño 500 m² Prezo 5.000 euros 608 523 586 TERREO de 3.148 m² edificable en 504 m². Con plantación de viñedo Albariño, non está pechado. Contén pozo de Barrena. Acometida de luz e rede de sumidoiros. Edificabilidade de 250 m² para vivenda unifamiliar de 2 plantas. Zona de Curtiñas 655909351

TORNEIROS catro habitacións, totalmente exterior 78.000 € T.651078705

Contactos

TUI. Piso 100 m² totalmente exterior excelentes vistas. Bo prezo. Tel. 619.44.15.91

TRAXE galego de nena (9-10 anos) Bo prezo. 630 75 74 21 TRAXE raso negro Talla 44 25 €. Capa de raso amplia 25 €. 671 357 426 MOBLE DE BAÑO negro e prata, un seno. Económico. 606611673 AIRE acondicionado 661 545 727

OPEL FRONTERA, cinco portas, non importa o seu estado. Motor OX22DTH Tel.: 651 078 705

Vendas varias MOBLE RECIBIDOR clásico con dúas portas 109 x 82 cm 50 € 646 37 01 71 BICICLETA ESTÁTICA en bo estado. 661 545 727 RADIADORES. 646 37 01 71

PISO AMPLO en San Eleuterio (Tameiga) Mos, con cociña amoblada. 628.625.122

ALBARIÑO 2,70 € botella 617268 659

ÁTICO EN O PORRIÑO. A estrear na Avda. Galicia. 65 m². 637 25 21 81

PORTA madeira interior 10 €/ Ud. 8 cegas e una acristalada 646 37 01 71

VIVENDA económica catro dormitorios en Vigo, zona Peritos a carón da Universidade Tfno 688.903.379

CÁMARAS ocultas, micrófonos, alarmas, … toda a tecnoloxía no teléfono 677337434

RAPAZA con informes para labores de limpeza ou coidado de persoas maiores. 608 07 83 34

VERTEDOIRO de cociña dun seno con escurridor bo estado eb 15 euros. 671 35 74 26

Outros Has perdido las llaves del coche ¿Qué hacer? CERRAJERIA BERMA 986 33 74 07 / 649 66 66 55 O PORRIÑO Urbanización El Sol c/ Cruceiro, 23 bajo. Somos profesionales expertos en seguridad y cerrajería. CERRAJERÍA DEL AUTOMOVIL: Apertura de vehículos; Codificación de llaves por código; Tallado de llaves por código; Creación de llaves partiendo de la cerradura del vehículo, sin desmontar cerradura; Reparación de mandos y llaves; Igualamientos - Amaestramientos bombines de puertas y contacto. Profesionales altamente cualificados con atención personalizada y rápida. VÉNDESE ou CÁMBIASE APARTAMENTO en Torrevieja (Alicante) por apartamento, piso ou outros en provincia de Pontevedra. De 2 hab. 1 cociña 1 salón terraza zona estival. T. 619.985.001

SEÑORA moi responsable busca traballo de tarefas do fogar. Zona O Porriño ou Mos. 986 33 41 70 RAPAZ novo busca traballo de repoñedor de supermercado, mozo de almacén, limpeza ou o que xurda. 691 670 827

MOZO de confianza fai mantemento de casa e xardín. 627 95 20 66 MARMOLISTA carnet carretilleiro, encargado almacén dous anos. Con experiencia. 686 22 12 95 RAPAZ de 32 anos busca traballo do que sea. Carnets C –C1 –C – BTP – E. Carretilla e manipulador de alimentos. 622 025 016 RAPAZ, traballo do que sexa. Carnés B - C1 - C - BTP, carretillero, manipulador de alimentos. 627.100.623

CAMA ARTICULADA e colchón, ideal para persoas enfermas. Seminova. 175€ 629 390 206 – 617 90 19 15

REMOLQUE tenda económico 900 euros. 659 209 505

RAPAZA responsable busca calquera traballo por horas ou media xornada. Experiencia, referencias, carnet e coche. 677 35 83 35

LOURIÑA para pasar o ferro ou limpeza, tamén cortar pelo a domicilio- 60897.55.72

MAMPARA de bañeira de 98,5 (50 €) wc, lavabo e bidet (50 €) xaboneira, portarolos (5 €) Tel.: 986 332 330

VENTAS DE ALUMINIO segunda man, con marco 138x144,5x70 cm (70 €) e 109x147,5 (50 €) 986 33 23 30

SEÑORA para traballar como Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou o que xurda. 630 75 74 21

SEÑORA para labores domésticas e coidado de maiores. Moi responsable. Tel.: 698 47 64 08

CUBAS de inox 300 e 400 l sen estrear. Prezo de coste. 627 95 20 66

SECADOR profesional 1800 w con accesorios. Novo. 40 €. 637 16 76 57

COMPRO LIBROS antigos tamén pintuara galega. 676165136

LIMPEZA ou dependienta, con experiencia, carnet de conducir. Por horas. Tel. 687 97 40 08

DEPOSITO AUGA inxox 200 l. con patas. Prezo de coste. 627 95 20 66

BIOMBO para ducha medida 95 cm. T. 608.97.55.72

MOTOCULTOR pequeno de gasolina. T.986.210.491

Demandas

Caldeira a Gasoil, depósito 500 l. e radiador de ferro. Prezo a convir. 679.75.11.58

Compras varias CINTA de correr eléctrica compro 687 69 15 08

EMPREGO

FREGADEIRO usado 20 € varios modelos. 651078705

ROUPEIROS artesáns con espello. 630 60 73 19

MUÍÑO de MILLO. T. 619.473.688

Pisos

PORTAS sapelli con marco e pñeiro branco lacadas para reformas. 615 32 02 82

RAPAZA NOVA responsable para traballar por horas, de mañá. Para limpar o cuidar meniños, zona Mos - Puxeiros. Nathaly 699514112

CARTAS, péndulo, arreglos costura… 627 37 08 64

VIGO. Apartamento 1 hab. Exterior, todo independente, semi. amoblado, 125.000 euros negociables. 646653883

Ensino

MOTO PEUGEOT ELISEO, para pezas. Chamar o 662601353.

RAPAZA busca amigas para saír (O Porriño ou arredores) 653 32 41 31

MONO de moto muller talla 38 novo económico. 680 26 17 84

DETECTIVES económicos. 677337434

VALENÇA. Apartamento 82 m² novo 2 dormitorios e baño 105.000 € Tel. 986 332 090

FUNCIONARIO busca relación seria con rapaza 43 anos. 638622549

PORTA aluminio acristalada con marco 1,57x2,02 m 120 € 646 37 01 71

MODISTA fanse arranxos de roupa. Tameiga 616.82.42.39

ALBARIÑO de excelente calidade a 3 €/litro. Degustación sen compromiso. 986 334 985

QUAD ECONÓMICO Yamaha Blaster 200 matrícula agraria. Ano 2006 cor negra e vermello. Tlf. 667646327

RAPAZA busca RAPAZ entre 37 a 40 anos para relación estable. Seriedade 652413040

SALCEDA 2 dormitorios exterior, a estrear, fronte piscinas municipais. Tel. 986 33 01 09

SEÑORA 50 anos, seria, busca cabaleiro serio para amizade. 687 69 15 08

MOS casa independente preto de San Antoiño. 4 cuartos, 2 baños, cociña grande, salón con cheminea, armarios encaixados, barbacoa, piscina.... Aluguer con opción compra. Prezo 280.000. Tel. 605082556.

RAPAZA busca rapez entre 44 a 55 anos para relación estable. Seriedade. 634 76 02 20

MESA formica estructura ferro 95,5 x 65 cm. lixeira, bo estado. 20 euros. 986 33 23 30

RAPAZA busca xente para patinar días puntuais 672419304

SALVATERRA casa de 3 cuartos, 2 baños, salón e cociña. Ademais terreo de 1300 m² con outra construción lóbrega. Véndese (posibilidade subrogación hipoteca) ou alúgase. T.646725195

CITROËN Xsara 1.9 diesel. 193.000 km Precio 3000 euros- 617.268.659

VENTA ou ALUGUER en Salceda centro. Piso 2 habitacións amoblado. Tel. 667 39 87 92

31

CONDUCTOR con todos os carnets. Experiecia nacional. 680 959519

ELOY portes e mudanzas económicos. Dispoño de furgón carrozado de 3.500 kg con plataforma elevadora. Vigo teléfono 664537532 email yotuel39@yahoo.es RAPAZ novo busca traballo urxente de limpeza, repoñedor en supermercado, almacén ou o que xurda. 633 514 285 ALBANEL con 30 anos de experiencia. Para traballar en empresas ou particulares. 630 61 81 13 POR HORAS, traballos xardinaría ou arranxos na casa. 886.13.55.78 ROZA TERREOS E XARDINARÍA por horas. Xesús 630 61 81 13 RAPAZA BUSCA TRABALLO asistenta fogar por horas Zona Vigo, Mos, O Porriño. Yolanda 606 77 31 97 RAPAZ 23 anos responsable para desbroce de fincas e derivados do campo, mozo de almacén, aprendiz de pintor, Adolfo 699514112633036768 (con coche) ALBAÑIL REALIZA REFORMAS, de baños, cociñas, aplacados de pedra...Particular. BO PREZO. 620 730 634 RAPAZA seria e responsable para traballar porla mañá tarefas do hogar e nenos. Vanessa 620464209 RAPAZA seria e responsable con experiencia da clases particulares a domicilio a cativos de primaria ou axuda cos deberes. Zona Mos, O Porriño, Vigo e aredores. 8 euros/hora. Ana 615 403 838

Publica gratuitamente os teus anuncios en www.xornal21.es

FONTANEIRO con experiencia en instalacións de calefacción , gas, propano ,caldeiras e reparacións urxentes vivendas, comunidades. T. 698177740 RAPAZ de 37 anos busca traballo calqueira ocupación. Carné de conducir, coche, manipulador alimentos. 633 097 608 RAPAZ novo busco traballo, Medio, Mantemento ou Cociña. 633.375.785 SEÑORA ofrécese para acompañar anciáns de noite ou tarefas do fogar por horas 651344532

Ofertas

RAPAZA de apoio para coidado de eprsoa maior, 1 ou ½ hora pola tarde en Mos. 646 37 01 71 COMERCIALES - PUBLICITARIOS para zona A LOURIÑA – BAIXO MIÑO – O CONDADO – VAL MIÑOR. Empresa editorial selecciona comerciais autónomos, partners colaboradores, axencias de publicidade… Retribución COMISIÓN. Valorarase experiencia en publicidade, medios e Internet. Interesados enviar C.V. ou datos de contacto a publicidade@xornal21.es ou chamar ao teléfono 986 348 106 (de 16 a 20 h.) COMERCIAL INMOBILIARIO seleccionamos persoa con vehículo propio e informática a nivel usuario. Enviar curriculum a info@riasbaixas07.net 600 56 00 20 COMERCIAIS para o sector enerxético. 627952066 PROFESOR DE PIANO. BUSCO persoa que imparta clases particulares de piano e se desplace a domicilio en Mos. 605082556



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.